4. CIcD
Aprendizaxe
ao longo da vida
Autónoma
Reflexiva
Multidisciplinar
Cooperativa
Práctica
Opina
Resolve
Consulta Pon en práctica
críticos creativos independentes
EEES
5. CIcD
Fonte: Mirón Canelo, J.A., [et al.] (2013). Guía para la elaboración de trabajos científicos
Competencias informáticas
Idiomas
Competencias en información
etc.
EEES: aprendizaxe por competencias
coñecementos, habilidades,
actitudes e responsabilidades
propias de cada titulación
6. CIcD
Buscar, localizar e analizar
información
Recoñecer os tipos de fontes de
información
Crear novos coñecementos de forma
autónoma e ética
Realizar traballos académicos con
metodoloxía científica
8. CIcD
Está constituida por todos os
fondos bibliográficos e
documentais da USC.
A súa misión é:
facilitar o acceso e difusión dos
recursos de información
colaborar na creación de
coñecemento
É un servizo de apoio á aprendizaxe, á docencia e á
investigación.
A BUSC, a túa mellor aliada
11. CIcD
Curso de Formación en CIcD
Aula Cesga
http://aula.cesga.
es/
É virtual
É
interactivo
Está
titorizado
Obtense
diploma
12. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Metodoloxía
Calcúlase que se precisan non máis de 10 horas
para facelo
Para obter o APTO/A hai que respostar aos tests
de cada módulo e a un test final de avaliación (e
obter unha cualificación superior ao 50%)
O curso complétase cunha enquisa de avalición
inicial e unha enquisa de satisfacción final.
Obterás un Certificado de Aptitude expedido pola
USC
13. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.1: Antes de empezar. Que necesito saber?
M.2: Coñece a Biblioteca Universitaria (BUSC). Recursos TIC
da USC á túa medida
M.3: Buscar e avaliar a información
M.4: Como se fai un traballo académico
M.5: Comunicar e difundir a información
14. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.1: Antes de empezar. Que necesito saber?
1.1. Qué necesito aprender e para qué. As competencias en
información
1.2. Antes de empezar: planifica e xestiona o teu tempo
15. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.2: Coñece a Biblioteca Universitaria (BUSC). Recursos TIC á túa
medida
2.1. Coñece a Biblioteca Universitaria
- Que é? Para que serve? Que recursos me ofrece?
- A web da BUSC
2.2. Recursos TIC á túa medida
- A TUI
- Identidade e correo web
- Campus virtual
- A rede WiFi
- Campus na nube
16. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.3: Buscar e avaliar a información
3.1. As fontes de información
3.2. O proceso de busca e avaliación
3.3. Buscar na BUSC: o catálogo, as bases de datos ...
3.4. Buscar na Internet
17. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.4: Tratar a información. Cómo facer un traballo académico
4.1. Como facer un traballo académico
4.2. Uso ético e legal da información. O plaxio
Citas, referencias bibliográficas e bibliografía
Elaborar e ordenar as referencias bibliográficas segundo
os principais estilos ( APA, MLA, ISO …)
Xestores bibliográficos. Inserir citas nun texto de Word.
18. CIcD
Curso de Formación en CIcD. Contidos
M.5: Comunicar e difundir a información
5.1. A presentación do traballo
5.2. Compartir a información. A web social
A web social: Facebook, Twitter, Pinterest, Google+,
Blogs, RSS ...
Ferramentas e servizos da web social
Identidade dixital e seguridade na rede
O acceso aberto á información. O Acceso aberto na USC.
Minerva
19. CIcD
Esta é a páxina principal do Curso
Hai dúas áreas de acceso ás seccións
do curso: documentos, enlaces,
enquisas, … cada sección está
representada por unha icona difrente
Podes contactar co teu
titor/a premendo no seu
correo-e
20. CIcD
O módulos de contidos
O noso consello é que leas
a descrición do Curso e,
logo, fagas os módulos por
orde, intercalando os test,
segundo a axenda que teña
establecido o teu titor/a.
Recibirás avisos sobre o
teu seguimento do curso no
correo electrónico que
facilitaches ao rexistrarte na
plataforma.
21. CIcD
O formato normal para
as explicacións teóricas
é o texto en pdf, que
podes descargar e
gardar no teu pc.
Tamén atoparás videos
de apoio a esas
explicacións teóricas
(asegúrate de ter un
programa adecuado
para poder visualizalos,
como o VCL ou o
Windows Media Player)
O módulos de contidos
22. CIcD
En resumo, ao remate do curso serás capaz de…
Xestionar a información para o estudo e a
realización de traballos académicos con
metodoloxía científica.
Buscar, localizar, seleccionar, analizar información
e construír novos coñecementos de forma
autónoma, construtiva e ética de acordo cos teus
propósitos na Universidade.
Comunicar, difundir e compartir reflexivamente e
con responsabilidade a información a través das
redes sociais.
Lembra que a Biblioteca é a túa aliada!!
23. CIcD
Grazas pola túa atención!
Estamos en:
http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/
E nas redes sociais:
https://twitter.com/BUSCUSC
https://www.facebook.com/biblioteca.universitaria.santiago.compostela
https://plus.google.com/+BibliotecaUniversitariadeSantiagodeCompostelau/videos
https://www.flickr.com/photos/buscusc/
https://www.youtube.com/user/uscbusc
http://issuu.com/busc
Hinweis der Redaktion
Benvidos e benvidas á presentación do Curso de Competencias en Información na contorna Dixital, desenvolvido pola Biblioteca Universitaria da USC.
Seguro que te estarás preguntando … para que me ha servir este Curso? Que é iso de Competencias en Información? De onde sae?
Imos comezar pola última pregunta, xa que a orixe de todo isto está na adaptación da Ensinanza Universitaria no noso país ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior, que é o marco europeo que ven determinar a estrutura, a metodoloxía de traballo e aprendizaxe e por suposto tamén, o sistema ou sistemas de avaliación na Universidade.
O EEES trae consigo un cambio de enfoque, no que a docencia pasa a un segundo plano para deixarlle o protagonismo á aprendizaxe, isto é, vai esixir do alumnado máis tempo de traballo individual e en equipa, máis posta en práctica da teoría... esíxelle que aprenda a aprender!
Así, esta aprendizaxe ha ser autónoma, reflexiva, multidisciplinar... vai ser unha aprendizaxe ao longo de toda a vida. Trátase de non deixar nunca de aprender, para converternos en profesionais capaces de dar a nosa opinión con sentido crítico, de resolver problemas mediante a nosa creatividade e de por en práctica os nosos coñecementos de xeito ético e independente.
As orientacións da UE insisten na necesidade dunha aprendizaxe por competencias clave, como condición indispensable para alcanzar un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional, adaptado á Sociedade do Coñecemento na que vivimos.
O concepto de competencia supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións, e outros compoñentes sociais e de comportamento, que se mobilizan todos a un para logra unha acción eficaz.
Tradicionalmente distínguense as competencias específicas (propias da titulación que se estuda, formada polos coñecementos teóricos e prácticos vinculados ao sector profesional), e as competencias transversais, non vinculadas a un sector específico senón que atinxen a todos eles. É dicir, son competencias que toda a cidadanía debe adquirir, sexa cal sexa o seu perfil profesional ou a súa titulación. Entre estas competencias pódense citar as informáticas ou aquelas relacionadas coas TIC, cos idiomas, ou as competencias informacionais ou competencias en información.
Pero cales son esas Competencias en Información? Pois todas aquelas que teñen que que ver coa busca, localización e análise de información, para o que primeiro de nada temos que saber recoñecer a nosa necesidade de información, e aprender a prantexala.
Tamén se relaciona coa habilidade para recoñecer os distintos tipos de fontes e recursos de información, así como coa capacidade de crear, por un mesmo, novos coñecementos a partir da información recollida e analizada, e facelo respectando os dereitos de propiedade intelectual, é dicir, de xeito ético e legal, evitando o plaxio.
A comunicación destes novos coñecementos en forma de traballos académicos, débese realizar seguindo unha metodoloxía científica, que debemos aprender a empregar, sendo esta outra das competencias en información fundamentais.
Na adquisición de CI, a BUSC é a túa mellor aliada. Pode ser que te preguntes... e por qué non o Google?? A resposta é sinxela. Nin Google, nin ningún outro buscador é quen de atopar toda a información que está dispoñible na web. Moita desta información atópase na chamada “Internet profunda ou invisible” que non é outra que aquela que non pode ser rastrexada (ou indexada) polos buscadores, como por exemplo, os catálogos das bibliotecas ou as bases de datos.
A BUSC, na súa misión de facilitar o acceso e difusión dos recursos de información e colaborar na creación de coñecemento, é o servizo que a Universidade pon á túa disposición para servirche de apoio na túa aprendizaxe. E o medio polo que vas poder aprender a ser autónomo na busca de información, empregando calquera fonte ou recurso, en papel, ou na rede.
Así, na misión da Universidade respecto da Sociedade, de contribuír ao desenvolvemento persoal e profesional da cidadanía, a Biblioteca Universitaria é peza chave, xa que nela vas atopar a mellor aliada na túa formación de cara ao futuro.
Un dos principais servizos que che ofrece a BUSC é a formación de usuarios. Este curso de Competencias en Información na contorna Dixital é só unha das modalidades de formación que a Biblioteca ten para tí
Este curso é virtual e realízase a través da plataforma da Aula Cesga, unha contorna gratuita para a formación, traballo en equipo e experiencias de innovación e investigación na educación, desenvolvida polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia).
Como características xerais cabe destacar que é un curso interactivo, no que conta a participación de todos, tanto do titor/es como do alumnado (para o que empregaremos ferramentas como o Foro).
O titor/a do curso fará un seguimento do teu progreso e axudarache coas túas dúbidas.
Para aqueles de vos que acadedes o Apto no curso, expedirase un Diploma.
A duración total do curso adoita ser dunhas 2 semanas, desde que se abre a inscrición ata que remata o Curso, co Test Final e a Enquisa de Satisfacción. Mais mirar os contidos e facer as actividades non te levará máis de 10 horas! Podes, polo tanto, distribuír o tempo como mellor te conveña.
Para acadar o Apto/a deberás superar os tests de cada módulo cunha puntuación de, polo menos, o 50% de respostas correctas. Isto aplícase tamén ao Test Final, que é unha compilación ou repaso do aprendido. (Para saber máis sobre a avaliación, repasa a Descrición do Curso).
As Enquisas son tamén unha parte importante do Curso, xa que servirán para medir o teu progreso.
No que respecta aos contidos, o Curso estruturase en 5 módulos, o primeiro a modo de introdución ou presentación. Este é o índice xeral do Curso, pero vexamos os contidos mais polo miúdo
No módulo 0 repasaremos, nunha primeira parte, o que son as Competencias en Información e para que serven. Na segunda parte, ofrecémosche unha pequena axuda sobre a organización e xestión do tempo, como outra competencia clave coa que comezar a relacionarte, e que che resultará tremendamente útil para aumentar a túa eficacia na aprendizaxe
No módulo 1 coñeceremos, dunha banda a Biblioteca Universitaria: que é, para que serve, que recursos e servizos pon á túa disposición, como facerte usuario, etc. Doutra banda, falaremos dos recursos informáticos que che ofrece a USC, como a rede WiFi, as credencias de usuario USC ou o Campus virtual.
No módulo 2 entraremos de cheo nas Competencias en Información, dedicando este módulo á Busca de Información: como prantexamos a estratexia de busca, que tipos de recursos e fontes de información existen, como buscar na web da Biblioteca, como buscar na Internet, ...
No módulo 3 falaremos do tratamento e uso da información. Veremos, na primeira parte, como realizar un traballo académico cunha metodoloxía científica. Na segunda parte, falaremos do uso ético e legal da información e de como elaborar as citas e as referencias bibliográficas para evitar o plaxio. Tamén veremos que ferramentas informáticas nos poden axudar nestas tarefas.
Por último, no módulo 4, dedicarémonos a aprender a comunicar a información, tanto de persoa a persoa, nunha exposición oral ou por escrito, como compartindo a información, a través das redes sociais ou publicándoa na Web. Aprenderemos tamén a protexer a nosa identidade dixital.
Na páxina principal do curso atoparás, dunha banda, a descrición completa do mesmo, co índice de contidos, o sistema de avaliación, a metodoloxía empregada...; e doutra banda, atoparás dúas áreas de acceso as diferentes seccións ou ferramentas dispoñibles, representadas, cada unha, por unha icona diferente (consulta a guía breve da Aula Cesga para mais detalles).
Tamén poderás contactar directamente co teu titor ou titora, facendo clic no seu correo electrónico, cun compromiso de resposta de 48 horas (salvo para períodos non lectivos).
Para un bo seguimento do curso, o noso consello é que comeces por ler a descrición do mesmo e logo vaias lendo os documentos por orde, seguindo a numeración dos módulos e a axenda que teña establecido o teu titor/a. Resultarache mais doado se tras a lectura dos documentos e visualización dos vídeos, fas o test relativo a esa parte, así estará aínda fresco na túa memoria, polo que é bo que escollas un momento do día e un lugar no que saibas que ninguén che vai interromper, especialmente mentres fas os test.
Recibirás avisos sobre o teu seguemento do curso no correo electrónico que facilitaches cando te rexistraches na plataforma da Aula Cesga.
O formato habitual para as explicacións teóricas é o texto en pdf, que podes descargar e gardar no teu pc. Para velos precisas ter instalado o programa Adobe Acrobat Reader.
Tamén atoparás videos de apoio a esas explicacións teóricas (asegúrate de ter un programa adecuado para poder visualizalos, como o VCL ou o Windows Media Player)
E xa para rematar, apuntamos algunhas das competencias que adquirirás con este curso:
Serás quen de xestionar a información para o estudo e a realización de traballos académicos cunha metodoloxía científica.
Buscar, localizar, seleccionar, analizar información e construír novos coñecementos de forma autónoma, construtiva e ética de acordo cos teus propósitos na Universidade.
Comunicar, difundir e compartir reflexivamente e con responsabilidade a información a través das redes sociais.
A Biblioteca está a túa disposición para calquera dúbida que te xurda respecto do curso ou calquera necesidade de información que poidas ter.
Esperamos que o Curso se adapte as túas expectativas e que goces da aprendizaxe. Esperámoste!!