SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 61
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Historia da Lingua Galega
© Promocións Culturais Galegas, S. A.
 © Texto e debuxos, Pepe Carreiro
      ISBN 978-84-8341-464-4
    Depósito legal: VG 415-2010
     Impresión e acabamento:
    Norprint Artes Gráficas, S. A.
Pepe Carreiro




   Historia
      da
Lingua Galega
Do latín ao acento de Burgos




      Edicións A NOSA TERRA
A lingua dos habitantes dos castros

 É curioso, pero en Galicia non se falou sempre
 galego. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés.
 Na altura na que en Galicia non se falaba aínda
galego, hai máis de dous mil anos, en Madrid nin
sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais,
  aínda non existía. En Londres, que tampouco
     existía, tamén non sabían nada do inglés.
   Que se falaba logo aquí naquela altura? Pois,
  como os “galegos” de entón non escribían, da
 lingua que falaban pouco quedou. Só podemos
saber algo polos nomes dos lugares, que se foron
   transmitindo de xeración en xeración, e por
 algunas palabras que aínda conservamos: Samil,
   Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato,
                     touciño...




                      6
7
A chegada dos romanos

  Un día, polas lombas do sur deste territorio de
castros que hoxe chamamos Galicia, asomaron as
   plumas dos primeiros cascos romanos que os
  castrexos viron. Nun primeiro momento eran
  uns poucos dacabalo, exploradores, mais atrás
    deles ascendeu ás lombas a infantaría máis
grande xamais vista. Polo norte, asomaron tamén
por entre as ondas do mar as proas das naves de
 guerra romanas ao mando de Xulio César. Polo
     este subían a marchas forzadas as lexións
  acantonadas na meseta. Certamente, era unha
     invasión imparábel. Só uns tolos podían
     enfrontarse a aquela máquina de guerra.
  Os castrexos enfrontáronse. Mulleres e homes
subiron aos montes e presentaron batalla. Foron
                    esmagados.
     Por culpa desta derrota entrou o latín en
 territorio castrexo e o país, que antes nin nome
tería, pasou a chamarse oficialmente a Gallaecia.




                       8
Ferro!




  9
O latín vulgar

 Os romanos, como sabemos, falaban e escribían
    en latín, mais non era o mesmo latín o dos
  romanos cultos, coma o que escribían Cicerón
 ou Virxilio, que o dos romanos do montón, que
           moitos deles nin escribir sabían.
   A Galicia viñeron romanos de todas as clases:
    analfabetos, sabichas e cultos. E, entre eles,
viñeron tamén moitos bárbaros, é dicir, mozos de
    fóra do Imperio enrolados nas lexións, que
            falaban un latín macarrónico.
   Os galegos de entón aprenderon aquel latín
      variado e fórono axeitando ao seu xenio.
            Déronlle unha volta, digamos.
     Este novo latín macarrónico chámase latín
 vulgar. O outro, o ben falado e escrito, chámase
                      latín culto.
   Por outra parte, moitos mozos galegos, coma
     calquera outros bárbaros, marcharon coas
 lexións a coñeceren mundo e, de paso, levaron
    até as fronteiras do Imperio un latín ao seu
                         xeito.



                       10
Ferro!




         11
O galego

  Aquel latín vulgar, que os galegos aprenderon
dos romanos, converteuse pouco a pouco nunha
lingua nova: o galego. Este non foi un fenómeno
   raro, que ocorrese só en Galicia. O francés, o
     castelán, o catalán, o aranés, o italiano, o
  romanés, e todos os demais romances naceron
 da mesma maneira. A uns ocorreulles antes e a
                   outros despois.
O galego distanciouse do latín alá polo século X.
Nesta altura, da lingua prerrománica que falaran
    os castrexos xa nada se sabía e o latín culto
       coñecíano só uns poucos requintados.

Tamén quedaron na nosa lingua restos da lingua
 dos suevos, un pobo xermánico que fundou un
   reino en Galicia cando a caída do Imperio
  romano, aínda que a influencia foi pequena.
  Súas son palabras coma estas: pouta, espeto,
                roubar, albanel...




                      12
Ferro.        Fier.
Fer.
                             Hèr.
            Ferro.

        hierro.




                13
O galego e o portugués

    O galego era a lingua de toda a Gallaecia,
territorio que comprendía o que hoxe é Galicia,
   Portugal até Coimbra, e parte de Asturias e
León. Por iso, aínda hoxe oímos falar galego en
      lugares destes dous últimos territorios.
Mais no século XII nace o reino de Portugal e a
 Gallaecia fica dividida polo Miño. Desde aquela
 hai dous galegos, o que se fala do Miño cara ao
 norte e o que se fala do Miño cara ao sur. Esta
división influíu na súa evolución, mais o galego e
o portugués aínda non deixaron hoxe de seren,
           en orixe, unha mesma lingua.
 Os portugueses levaron o galego-portugués até
 Lisboa e o Algarve, terras que lles conquistaron
      aos mouros. E, como eran tan ousados,
  continuaron até o Brasil, a África e inclusive a
     China. Grazas a estas ansias imperialistas,
   podemos hoxe falar con máis de douscentos
       millóns de persoas en todo o mundo.




                      14
A Irmandinha!        A Canariña!




                15
Unha lingua normal

O galego era na Idade media a lingua que falaba
todo o mundo nas vilas e aldeas de Galicia. Si, si,
o galego falábano nesta altura tanto en Chantada
como nos Cantóns da Coruña. E falánbano tanto
    bispos coma feirantes. Era a lingua de uso
 normal, como a de calquera outro país normal.
   De maneira que a xente, como non tiña que
  estar preocupada día a día pola normalización
  do seu idioma, empregaba as súas enerxías en
               moitas outras cousas.
 Os trobadores, por pór un caso, gastaban a súa
 enerxía escribindo fermosísimas cantigas, cheas
    de ritmo. Cantigas de amigo, de amor e de
    escarnio e maldicer, que eran seguidas con
     entusiasmo polos compositores de moda.
  O mesmísimo rei Afonso X o Sabio de Castela
escribía en galego as súas composicións poéticas.




                       16
Descarguei todo
       Mendiño. Xa sabes...
Non hei i barqueiro, nen sei remar:
 morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend' meu amigo. E verrá?
             o


                   Alá!




            17
Best-séller en galego

  O Libro de Merlín, A Demanda do Santo Graal, a
 Crónica Troiana e outras moitas novelas, eran a
  narrativa de moda en toda a Europa da Idade
 Media. Best-seller, como se dirá en inglés séculos
                      máis tarde.
    Estas novelas estaban escritas en bretón e
  francés, que eran as linguas dos seus autores,
mais, debido ao éxito, foron traducidas a outras
                       linguas.
   En galego apareceron no século XIII. O que
 quere dicir que os galegos estaban ao tanto da
literatura que circulaba polo mundo. Non había
aínda radio nin televisión, nin redes sociais, nin
mp3, nin mp4, mais funcionaba moi ben o boca
a boca. O camiño de Santiago, por exemplo, por
onde xa ían e viñan peregrinos de toda Europa,
     era un bo medio de comunicación e de
     aprendizaxe entre as diferentes culturas.




                       18
Mamá, o
gato papoume
  Xerónimo
   Stilton!




        19
Os Séculos escuros

     Un día do século XV deitouse o sol polo
 occidente e, no canto de se erguer ao outro día
  polo oriente, non volveu saír até varios séculos
  máis tarde. Este período coñécese como o dos
 Séculos Escuros. É unha maneira de falar, claro.
O sol, naturalmente, seguiu a quentar en Galicia.
  O que se quere dicir é que desapareceu aquel
    esplendor da Idade media, aquela riqueza
   artística, aquela economía poderosa, aquela
lingua segura de si mesma. Desapareceu o ritmo
 lixeiro das cantigas e finalmente desapareceu a
                    literatura toda.
Os que sabían escribir foron deixando de o facer
                       en galego.
  Falar, si. A xente seguiu a falar galego, porque,
rico ou pobre, un país normal segue a falar igual
  que sempre. Agora dicían “morro de fame” en
 vez de “estou farto”, mais sen mudar de lingua.
 De momento, bispos e feirantes non cambiaron
                       de idioma.
               Mais, por pouco tempo.



                       20
Quen
 apagou a luz?
Así non hai quen
     escriba.




    21
O castelán entra en Galicia

A can fraco, todo son pulgas, xa se sabe. Castela
   non perdeu a ocasión. Viu Galicia abaixada,
  enfraquecida coma un can, e ordenou entrar
                  nela até a cociña.
Foi no século XV, famoso século no que a raíña
  Isabel de Castela e o rei Fernando de Aragón
ampliaron os seus dominios até as Novas Indias.
    A aventura de Colón, o descubrimento da
                América, e todo iso.
     E, se foron quen de conquistar terras tan
afastadas, non ían engurrarse por avanzaren uns
       cantos quilómetros pola nacional VI.
     E como a lingua do imperio acompaña o
   imperio alá onde for, o castelán penetrou en
 Galicia acompañando unha rea de funcionaros
    da meseta que se instalaron no noso país.
 A xente seguiu a falar galego, mais os bispos xa
non tanto. E quen di os bispos, di a aristocracia,
               algúns burgueses e así.




                      22
De las glorias deportivas
   que campean por España
 va el Madrid con su bandera
limpia y blanca que no empaña
 ¡Hala Madrid!, Hala Madrid!,
         Hala Madrid!




          23
O castelán, lingua oficial de Galicia

     Para sermos xustos, hai que dicir que en
trescentos anos houbo só 15 bispos galegos e 152
 de fóra. Non é estraño, logo, que os bispos non
               falasen a nosa lingua.
O imperio trouxo de todo: bispos, funcionarios e
                    aristócratas.
 O galego desapareceu dos documentos oficiais,
       porque, a partir de agora debían estar
   redactados en castelán. Os escribáns galegos
     tiveron que se examinar en Toledo, para
      acreditaren o dominio daquela lingua.
  Neste ambiente, moitos nobres galegos, para
 ascenderen socialmente, pasáronse ao castelán.
Querían falar a lingua que falaban os que tiñan o
                       poder.
O pobo, en troca, seguiu ao seu, falando galego,
     que era como mellor entendía o mundo.




                      24
Xa estou cheo de
ovellas. V estudar
          ou
 castelán para ser
     ministro.




       25
A diglosia

Como nos Séculos Escuros as clases altas falaban
  castelán, a xente común coidou que o galego
   valía só para falar nas feiras, cos colegas e as
    bestas. A ninguén se lle pasaba pola cabeza
 falarlle galego a un bispo ou a un conde. Sería
pólos á altura das mulas. Así que, o pobo galego
     acordou falar entre si na súa lingua e cos
                 señoritos castelán.
     A este fenómeno os lingüístas chámanlle
 diglosia. Queren dicir que, nunha situación de
  conflito entre dúas linguas, unha delas posúe
              privilexios sobre a outra.
     Desde esa, aínda falando galego, a xente
     comezou a dicir “hepatitis” por hepatite,
“gimnasio” por ximnasio, “mueble” por moble,
  “cohete” por foguete, “carretera” por estrada,
   “cuchillo” por coitelo, “lunes” por luns e así
                       seguido.




                       26
Mamá! Quero un
huevo, os ovos non
    me gustan.




27
O Século de ouro

 Arruinada e sen poder político para corrixir a
    situación, Galicia seguiu enfraquecendo.
 Os labregos galegos, homes e mulleres, tiveron
 que marchar a Castela, a procuraren sustento.
Ían segar aqueles anchos campos. Con tan mala
  sorte, que coincidiron co Imperio en pleno
 Século de ouro, con Lope de Vega, Quevedo,
  Calderón de la Barca, Góngora ou Tirso de
    Molina a toda máquina. Como di a lei de
 Murphy, cando as cousas poden saír mal, saen
mal. Aquí nos Séculos Escuros e alá no Século de
                       ouro.
  Miseria había tamén en toda Castela, pero os
  miserentos casteláns eran miserentos na súa
 terra, e os labregos galegos eran inmigrantes,
coma os que veñen hoxe en patera. De maneira
    que comezaron as burlas: “antes puto que
gallego”, “no fíes en perro que cojea ni en amor
           de gallega” e outros piropos.




                     28
No fíes en perro
 que cojea ni en
amor de gallega.




      29
O autoodio

    O nome de Paio era tan frecuente entre os
   galegos daqueles anos coma hoxe Pepe. Ou
   Borja. Se cadra, hoxe xa hai en Galicia máis
                 Borjas que Pepes.
   Paio era un dos santos con máis devotos en
Galicia. Entre os labregos que ían segar a Castela
     había, logo, moitos Paios. Tantos, que os
casteláns chamábanlle “paio” a todos os galegos.
Dicir paio era, para eles, como dicir galego. Mais
    de mal nome, era un insulto, coma se lles
                 chamasen parvos.
 Isto avergonzou de tal maneira aquela xentiña,
que Paio desapareceu de Galicia. Ningún galego
          quixo chamar así os seus fillos.
     A este complexo os psicólogos chámano
    autoodio: unha persoa humillada chega a
              desprezarse a si mesma.
    Agora xa non só a lingua era considerada
 inferior polos propios falantes, todo o que fose
     galego ou tivese relación con Galicia era
  automaticamente considerado tamén inferior.



                      30
Que horror!
Un galego!




     31
O Século das luces

   Non hai mal que cen anos dure. Os Séculos
  Escuros deixaron paso ao Século das luces, o
                       XVIII.
  Neste século Galicia saíu da crise económica.
 Digamos, que engordou. Proba disto é o vizoso
      barroco galego: esas poderosas igrexas,
      conventos e pazos de pedra traballada
                  artisticamente.
O millo e as patacas axudaron moito. O millo foi
   moi ben acollido polos labregos galegos tan
 pronto chegou da América. As patacas tardaron
máis en seren estimadas, porque, ao primeiro, a
    xente vía con receo aquel froito terroso e
  deforme, mais tamén as acolleron. Estes dous
    produtos americanos encheron as casas de
                      fartura.
E, seguramente, porque co bandullo cheo medra
a autoestima, algunhas persoas cultas comezaron
  a se interesar polas cousas do seu país, algúns
     mesmo se puxeron a escribir en galego.
   A xente do común nunca o deixara de falar.



                      32
P apá, aquí hai
 un ilustrado que
quere saber que é a
   gramalleira.




   33
Os ilustrados

As escolas, que eran todas católicas, aprendían os
  nenos en castelán e latín. De galego, nada. De
   maneira que nenos e nenas, que só oían falar
 galego na súa vida diaria, tiñan que se expresar
          en castelán ao chegaren á escola.
Este contrasentido pedagóxico foi criticado polo
                  padre Sarmiento:
“Todo mestre de Gramática que non fose galego
 e erudito na lingua patria, débese excluír de ser
    mestre de nenos galegos, aínda que sexa un
                      Cicerón”.
   O padre Feixoo, o padre Sarmiento e outros
ilustrados reclamaron a categoría de idioma para
    o galego. Isto ten importancia, porque nesa
  altura o galego era considerado un dialecto do
castelán. Pensábase que, aquela lingua poderosa
     e fermosa na que escribiran os trobadores
  medievais e falaba o pobo, era un castelán mal
                 falado, dexenerado.




                      34
Fento, no, niño.
            Helecho.


Fento.




               35
O Rexurdimento

   No século XIX o galego volveu aos libros. Os
     poetas Rosalía de Castro, Pondal e Curros
    Enríquez ergueron a lingua galega á altura
 artística que tivo na Idade media. Xurdiu tamén
neste século o galeguismo, que é un movemento
intelectual e político que defende Galicia e o seu
idioma. Este tempo de recuperación coñécese co
              nome de Rexurdimento.
A pesar de todo, o castelán seguía avanzando nas
  cidades e vilas de Galicia. O noventa por cento
   dos galegos seguía a falar galego, mais algúns
  comerciantes e profesionais xa consideraban o
 castelán unha lingua máis axeitada para os seus
   negocios. Un avogado, por pór un caso, non
   considera xuridicamente rigoroso chamarlle
    herdeiros aos “herederos”; nin un zapateiro
             chamarlle solas ás “suelas”.




                      36
¿Qué din os rumorosos
  na costa verdecente
  ao raio transparente
    do prácido luar?
 ¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
  co seu ben compasado
   monótono fungar?




               37
Castelán na escola

 Segundo avanzaba o século XIX, o goberno de
    Madrid, porque a Xunta aínda non existía,
   púxose a uniformar España, é dicir, a vestir a
   todos co mesmo uniforme, coma os soldados
      nun desfile. Querían que non houbese
   diferencias, que un catalán, un andaluz e un
galego, por pór un caso, falasen todos do mesmo
  xeito. A poder ser, sen acento que os puidese
 identificar. Porque, polo acento, logo se sabe se
un é da Coruña ou de Tordesillas, aínda falando
                   ben en castelán.
    O castelán foi logo declarada lingua oficial e
  exclusiva en todo o territorio. Para uniformar.
  O goberno impuxo o ensino obrigatorio nesta
  lingua e ameazou con castigar os mestres por
              falaren galego na escola.
    Naturalmente, con estes apoios, o castelán
campaba cada vez máis alegremente polas vilas e
                 cidades de Galicia.




                      38
39
Galicia dividida

Outra das decisións que para uniformar España
  tomou o goberno de Madrid, porque a Xunta
   seguía sen existir, foi dividir Galicia en catro
    provincias, rachando a unidade que aínda
mantiña o vello reino. De maneira que en 1833
Galicia ficou partida en catro anacos: A Coruña,
           Lugo, Ourense e Pontevedra.
Os galeguistas, que comezaban a xurdir daquela,
 opuxéronse a esta división. Eles querían o país
unido e o recoñecemento oficial do seu idioma.
Mais, polo que se ve, non lles fixeron moito caso,
 as provincias aínda seguen aí: A Coruña, Lugo,
              Ourense e Pontevedra.
     Un dos máis destacados destes primeiros
          galeguistas foi Antolín Faraldo.




                      40
41
Os Precursores

  Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Eduardo
 Pondal e Curros Enríquez seguiron os pasos dos
     primeiros galeguistas. Coñécense como os
  Precursores, por seren eles os que iniciaron a
        recuperación do galego na literatura.
  Murguía, ademais de escritor e moitas outras
cousas, foi historiador e, como tal, profundou na
 antigüidade de Galicia para demostrar que este
      país vén de lonxe. Foi tamén o primeiro
       presidente da Real Academia Galega.
 Aínda así, a pesar do esforzo destes escritores, o
  castelán non se acovardou. Xa non eran só os
    avogados ou os zapateiros os que o usaban,
   tamén os mozos que viñan de facer o servizo
 militar fóra de Galicia falaban xa con acento de
  Melilla: Cómo te ha ido por aquí, chica? Yo he
estado muy bien allá en África, junto a los moros.




                      42
E se somos
     un pobo sen
     historia, de
     onde sairía
         isto?




43
Unha lingua de orella

 Os escritores galegos do século XIX atopáronse
 cun grave problema: non había dicionarios nin
 gramáticas na súa lingua. Tiñan que escribir de
   orella. E escribir así é como para un mariño
      navegar sen cartas náuticas. Non debe
 estrañarnos, logo, atoparmos castelanismos nos
 seus libros, pois estes escritores aprenderon de
cativos a ler e escribir en gramáticas e dicionarios
casteláns. Non debemos esquecer, que o goberno
castigaba os mestres por falaren galego na escola.
    Así e todo, neste seculo XIX publícanse as
 primeiras gramáticas de galego: as de Francisco
  Mirás, Saco Arce, Cuveiro Piñol e Valladares.
 E publícanse tamén os primeiro dicionarios: os
 de Francisco Xavier Rodríguez, Cuveiro Piñol e
  Marcial Valladares. Aínda que estes son todos
                  galego-casteláns.




                       44
Mamá, papá, en que
 idioma falades, ho?
no dicionario non vén
ningunha palabra das
   que vós dicides.




         45
Unha lingua para poetas

   Co Rexurdimento, o galego volveu ser unha
 lingua escrita, mais limitada á poesía. En xeral,
  os galegos consideraban que o seu idioma non
valía para outra cousa que non fose falar na feira
cos colegas e coas bestas. Como moito, poderíase
escribir poesía en galego, pois a fin de contas era
   un enredo de catro tolos, mais de ningunha
           maneira de cousas científicas.
  Por este motivo, e por outros máis atravesados,
  algunha xente coida aínda hoxe que o galego
 non vale para as ciencias. Como se vai escribir o
        principio de Arquímedes en galego!
 “Todo corpo mergullado nun fluído en repouso
  sofre, por parte do fluído, unha forza vertical
para a cima, cuxa intensidade é igual ao peso do
          fluído desaloxado polo corpo.”
 Pode ser que non se entenda, mais porque non
    se sabe física, non porque estea en galego.




                      46
T por catro doce,
        res
      o meu repolo non coce.
   Sete por sete corenta e nove,
    collo o paraugas que chove.
       Seis por cinco trinta,
     púxenlle á gata unha cinta.




T que estudar así,
 en
porque o galego só
 vale para a poesía.




                       47
Unha lingua para científicos

Xa no século XX, os galeguistas da xeración Nós
  tiraron o galego do gueto da poesía. Castelao,
      Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, estaban
   convencidos de que o galego valía para todo.
   E, para o demostraren, escribiron en galego
              teatro, novela e ensaio.
 Estes galeguistas entendían Galicia como unha
nación. Eran, polo tanto, nacionalistas. Foi grazas
 a eles que o galego entrou en todos os saberes,
     como calquera outro idioma do mundo.
 Xa sen complexos nin autoodio, coa fundación
    polos galeguistas do Seminario de Estudos
 Galegos, a nosa lingua tratou todos os eidos do
       coñecemento: Arqueoloxía, Filoloxía,
Antropoloxía, Ciencia naturais, Etnografía, Artes
e letras, Historia, Prehistoria, Xeografía, Ciencias
    xurídicas e económicas, Ciencias aplicadas,
                     Pedagoxía.




                       48
Que fas, Rosa?
 En galego as
matemáticas non
  son exactas!




49
O Estatuto do 36

     O 14 de abril de 1931, un soleado día de
   primavera, proclámase a II República e o rei
         Alfonso XIII abandona a poltrona.
 Ese mesmo ano, os galeguistas fundan o Partido
   Galeguista, cuxo fin principal é o Estatuto de
                        Galicia.
     O texto referendado en 1936 comeza así:
       Art. 1º “Galicia organízase como rexión
     autónoma no Estado español, conforme a
Constitución da República e o presente Estatuto.
         O seu territorio é o dos municipios
      comprendidos dentro dos actuais límites
 administrativos das catro provincias da Coruña,
             Lugo, Ourense e Pontevedra.
Art. 4º Serán idiomas oficias en Galiza o castelán
 e o galego, mais nas relacións oficiais da Rexión
con autoridades doutras rexións e coas do Estado
              usarase sempre o castelán.
(...) Os funcionarios que se designen para actuar
  na Rexión deberán acreditar coñecemento de
                    lingua galega”.



                      50
CAMBIO
CHANGE
EXCHANGE
WESCHEL
TROCO




 51
O golpe do 36

   O 18 de xullo de 1936, un día soleado tamén,
 propio para gozar da praia, o galego volveu sufrir
outro ataque. Curiosamente, esta vez a ofensiva veu
   dun ferrolán: o xeneral Franco, xefe do golpe
 contra a República, que, polo visto, non tiña gana
                  de praia ese día.
  Mais Franco non estaba só. Millán Astray, outro
     galego coruñés e militar, acompañouno na
       aventura. E algúns galegos máis, claro.
   O primeiro que fixeron estes galegos foi botar
  abaixo o Estatuto de Galicia, xa referendado nas
urnas pola maioría dos galegos. Lembrades aquilo
                    do autoodio?
O ataque durou corenta anos. O poeta Celso Emilio
Ferreiro chamoulle a este período “longa noite de
   pedra”. Algo semellante aos Séculos Escuros.
  Para que ninguén esquecese o berce do xefe do
    golpe, Ferrol pasou a chamarse El Ferrol del
Caudillo. Ás rúas mudáronlles os nomes que tiñan
    polos de destacados golpistas: General Mola,
 General Queipo de Llano, José Antonio Primo de
                Rivera e así seguido.


                       52
53
A lingua desterrada

Nestes novos anos escuros, o galego desapareceu
   outra vez dos libros, porque o prohibiron os
    mesmos golpistas que mudaron o nome de
  Ferrol polo de El Ferrol del Caudillo e cousas
así. Mais non desapareceu só o galego dos libros,
     moitos dos seus defensores desapareceron
   tamén. Os galeguistas ou foron fusilados, ou
    fuxiron, ou tiveron que calar. Pasoulles aos
     galeguistas e a todos os que querían unha
      sociedade libre: comunistas, anarquistas,
           socialistas ou mesmo centristas.
 Bos Aires, México e outras cidades americanas
acolleron os galegos desterrados. E foi alí onde a
     nosa lingua volveu aos libros. Os exiliados
       fundaron editoriais e mesmo enviaron
    clandestinamente libros a Galicia. Sempre en
     Galiza, de Castelao foi un dos que chegou
          burlando a vixilancia aduaneira.




                      54
Eghem!
P coidei que
 ois
era unha guía
  turística.




     55
Unha lingua clandestina

   A longa noite de pedra, é dicir a ditadura do
    xeneral Franco, durou corenta anos, tempo
  abondo para os galegos se afaceren a andar ás
    escuras. De maneira que, por moita policía
 secreta e visíbel que houbese, a xente aprendeu
    a zafar, como ler ás agachadas os libros que
      chegaban clandestinamente da América.
   Xa nos anos 50, Franco e os seus tiveron que
 abrir a man unha migalla, para non apareceren
     ante o mundo coma os lobos que eran. Os
galeguistas que quedaran en Galicia aproveitaron
    a ocasión para fundaren a editorial Galaxia.
  O galego foi reaparecendo pouco a pouco nos
                       libros.
  Finalmente, xa nos últimos anos da ditadura, a
   policía non era quen de parar os mozos que
 bulían por todo o país. Cantaban, facían teatro,
     escribían, pintaban, militaban en partidos
   políticos clandestinos e asociacións culturais.
      Case todos estes mozos que loitaban pola
  liberdade falaban galego. O galego púxose de
        moda entre os chamados “progres”.


                      56
57
Galego non obrigatorio

 Franco morreu e con el marchou a longa noite
 de pedra. Tampouco imos dicir que chegou un
 día luminoso, como se Galicia entrase de golpe
 nun clima tropical, non. Digamos que se pasou
           da noite a un abrente brumoso.
   Coa Constitución de 1978, Galicia volveu ter
     Estatuto de Autonomía, non sen esforzo.
                Mais o seu artigo 5º di:
       “A lingua propia de Galicia é o galego.
    Os idiomas galego e castelán son oficiais en
 Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e
                      de os usar”.
  É dicir, que o Estatuto non obriga a coñecer o
 galego, como obriga a Constitución a coñecer o
  castelán en todo o Estado. De maneira que un
   valisoletano pode vir a Lugo e obrigar o con-
serxe do concello a falarlle castelán. En troques,
un lugués non pode esixirlle ao mesmo conserxe
        que lle fale galego, se este non quere.




                      58
Un momento!
Según el Estatuto
de Galicia, no tengo
obligación de hablar
 gallego, mocoso.




               59
Tranquilos!
     El gallego aún no ha muerto

   E chegamos ao día de hoxe. O castelán, que
    avanzaba alegremente polas vilas e cidades
    galegas, anda xa bailando polas aldeas. Os
feirantes aínda falan galego coas bestas, mais hai
 xa quen lle fala castelán aos cans, sobre todo, se
               son de razas exóticas.
Fóra o acento, en moitos lugares de Galicia hoxe
              fálase coma en Burgos.
Así e todo, hai quen ve o castelán en perigo. Din
 que se está a impor o galego. Que o galego non
é cordial co castelán. Que os escolares non teñen
     liberdade para falar, e cousas polo estilo.
     Pero que se chinchen, el gallego no va a
desaparecer. Aún somos muchos los que estamos
           dispuestos a defenderlo. Ok?




                       60
Hello,
mummy!




61
Historia da lingua
Historia da lingua

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

La Prehistoria y la Edad Antigua en España
La Prehistoria y la Edad Antigua en EspañaLa Prehistoria y la Edad Antigua en España
La Prehistoria y la Edad Antigua en Españadaroro78
 
Novela idealista renacentista
Novela idealista renacentistaNovela idealista renacentista
Novela idealista renacentistaalmujarillo
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
Hispania: conquista y romanización
Hispania: conquista y romanizaciónHispania: conquista y romanización
Hispania: conquista y romanizaciónartesonado
 
Los visigodos en Hispania
Los visigodos en HispaniaLos visigodos en Hispania
Los visigodos en Hispaniaprofeshispanica
 
Origen del castellano 3 ESO
Origen del castellano 3 ESOOrigen del castellano 3 ESO
Origen del castellano 3 ESOikoromi
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoLuciano Fernández
 

Was ist angesagt? (20)

UD 7. Los reinos cristianos hispánicos
UD 7. Los reinos cristianos hispánicosUD 7. Los reinos cristianos hispánicos
UD 7. Los reinos cristianos hispánicos
 
La Prehistoria y la Edad Antigua en España
La Prehistoria y la Edad Antigua en EspañaLa Prehistoria y la Edad Antigua en España
La Prehistoria y la Edad Antigua en España
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
Novela idealista renacentista
Novela idealista renacentistaNovela idealista renacentista
Novela idealista renacentista
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Lirica y epica medievales
Lirica y epica medievalesLirica y epica medievales
Lirica y epica medievales
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
LA EDAD MEDIA
LA EDAD MEDIALA EDAD MEDIA
LA EDAD MEDIA
 
Hispania: conquista y romanización
Hispania: conquista y romanizaciónHispania: conquista y romanización
Hispania: conquista y romanización
 
Milagros ..
Milagros ..Milagros ..
Milagros ..
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Los visigodos en Hispania
Los visigodos en HispaniaLos visigodos en Hispania
Los visigodos en Hispania
 
Origen del castellano 3 ESO
Origen del castellano 3 ESOOrigen del castellano 3 ESO
Origen del castellano 3 ESO
 
Powerpoint al andalus
Powerpoint al andalusPowerpoint al andalus
Powerpoint al andalus
 
Literatura Medieval 3º ESO
Literatura Medieval 3º ESOLiteratura Medieval 3º ESO
Literatura Medieval 3º ESO
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráfico
 
El ensayo en el siglo XVIII
El ensayo en el siglo XVIIIEl ensayo en el siglo XVIII
El ensayo en el siglo XVIII
 

Andere mochten auch

Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da linguaVinseiro
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAdrián
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galegoMarlou
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galegaalexinho97
 
Presentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaPresentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaMxlc199
 
Historia orixes
Historia orixesHistoria orixes
Historia orixesxenevra
 
Orixe e formación do galego
Orixe e formación do galegoOrixe e formación do galego
Orixe e formación do galegoMarlou
 

Andere mochten auch (7)

Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da lingua
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacion
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galego
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Presentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaPresentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galega
 
Historia orixes
Historia orixesHistoria orixes
Historia orixes
 
Orixe e formación do galego
Orixe e formación do galegoOrixe e formación do galego
Orixe e formación do galego
 

Ähnlich wie Historia da lingua

Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escurosDo esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuroscarmeveiga3b
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosmarloga
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Beatriz GM
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuroslanagl
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegavomig96891
 
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro MatoDe lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro MatoMarlou
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)Ana Moreda
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Do esplendor medieval ós séculos escuros.
Do esplendor medieval ós séculos escuros.Do esplendor medieval ós séculos escuros.
Do esplendor medieval ós séculos escuros.Carlos Piña López
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaRomán Landín
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosAdrián
 
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADA
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADAA HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADA
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADAcigformacion
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaAlfonso Blanco
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuros
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escurosO esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuros
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuroskathekatus
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da linguaMeri Rez
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da linguaMeri Rez
 

Ähnlich wie Historia da lingua (20)

Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escurosDo esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos seulos escuros
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallega
 
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro MatoDe lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato
De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
 
Do esplendor medieval ós séculos escuros.
Do esplendor medieval ós séculos escuros.Do esplendor medieval ós séculos escuros.
Do esplendor medieval ós séculos escuros.
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade Media
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADA
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADAA HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADA
A HISTORIA E A DIGNIDADE DO GALEGO. DE LINGUA ENXALZADA A LINGUA MORTIFICADA
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae Historia
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuros
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escurosO esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuros
O esplendor mediaval, a decadencia dos seculos escuros
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da lingua
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da lingua
 
Diana 2
Diana 2Diana 2
Diana 2
 

Mehr von aldeatotal

Pequen@s científic@s
Pequen@s científic@sPequen@s científic@s
Pequen@s científic@saldeatotal
 
Libro letras galegas 2014
Libro letras galegas 2014Libro letras galegas 2014
Libro letras galegas 2014aldeatotal
 
A biblioteca da nosa casa 2
A biblioteca da nosa casa 2A biblioteca da nosa casa 2
A biblioteca da nosa casa 2aldeatotal
 
A porta segreda
A porta segredaA porta segreda
A porta segredaaldeatotal
 
Cantares reis 2012
Cantares reis 2012Cantares reis 2012
Cantares reis 2012aldeatotal
 
O vello e a margarida 2
O vello e a margarida   2O vello e a margarida   2
O vello e a margarida 2aldeatotal
 
O vello e a margarida
O vello e a margaridaO vello e a margarida
O vello e a margaridaaldeatotal
 
boletín nadal
boletín nadalboletín nadal
boletín nadalaldeatotal
 
Ola nenas e nenos de quintela!
Ola nenas e nenos de quintela!Ola nenas e nenos de quintela!
Ola nenas e nenos de quintela!aldeatotal
 
Pequeno azul e pequeno amarelo
Pequeno azul e pequeno amareloPequeno azul e pequeno amarelo
Pequeno azul e pequeno amareloaldeatotal
 
Batalla de naipes
Batalla de naipesBatalla de naipes
Batalla de naipesaldeatotal
 
Nadarín presentación
Nadarín presentaciónNadarín presentación
Nadarín presentaciónaldeatotal
 
Coas mans baleiras presentacion
Coas mans baleiras presentacionCoas mans baleiras presentacion
Coas mans baleiras presentacionaldeatotal
 
Coas mans baleiras
Coas mans baleiras Coas mans baleiras
Coas mans baleiras aldeatotal
 

Mehr von aldeatotal (20)

Pequen@s científic@s
Pequen@s científic@sPequen@s científic@s
Pequen@s científic@s
 
Libro letras galegas 2014
Libro letras galegas 2014Libro letras galegas 2014
Libro letras galegas 2014
 
A biblioteca da nosa casa 2
A biblioteca da nosa casa 2A biblioteca da nosa casa 2
A biblioteca da nosa casa 2
 
A porta segreda
A porta segredaA porta segreda
A porta segreda
 
Bole celso
Bole celsoBole celso
Bole celso
 
Libro celso
Libro celsoLibro celso
Libro celso
 
Libro celso
Libro celsoLibro celso
Libro celso
 
Cantares reis 2012
Cantares reis 2012Cantares reis 2012
Cantares reis 2012
 
O vello e a margarida 2
O vello e a margarida   2O vello e a margarida   2
O vello e a margarida 2
 
O vello e a margarida
O vello e a margaridaO vello e a margarida
O vello e a margarida
 
boletín nadal
boletín nadalboletín nadal
boletín nadal
 
Noces
NocesNoces
Noces
 
Ola nenas e nenos de quintela!
Ola nenas e nenos de quintela!Ola nenas e nenos de quintela!
Ola nenas e nenos de quintela!
 
Pequeno azul e pequeno amarelo
Pequeno azul e pequeno amareloPequeno azul e pequeno amarelo
Pequeno azul e pequeno amarelo
 
Batalla de naipes
Batalla de naipesBatalla de naipes
Batalla de naipes
 
Nadarín presentación
Nadarín presentaciónNadarín presentación
Nadarín presentación
 
Nadarín
Nadarín Nadarín
Nadarín
 
Nadarín
Nadarín Nadarín
Nadarín
 
Coas mans baleiras presentacion
Coas mans baleiras presentacionCoas mans baleiras presentacion
Coas mans baleiras presentacion
 
Coas mans baleiras
Coas mans baleiras Coas mans baleiras
Coas mans baleiras
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Historia da lingua

  • 2. © Promocións Culturais Galegas, S. A. © Texto e debuxos, Pepe Carreiro ISBN 978-84-8341-464-4 Depósito legal: VG 415-2010 Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A.
  • 3. Pepe Carreiro Historia da Lingua Galega Do latín ao acento de Burgos Edicións A NOSA TERRA
  • 4. A lingua dos habitantes dos castros É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés. Na altura na que en Galicia non se falaba aínda galego, hai máis de dous mil anos, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, tamén non sabían nada do inglés. Que se falaba logo aquí naquela altura? Pois, como os “galegos” de entón non escribían, da lingua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunas palabras que aínda conservamos: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato, touciño... 6
  • 5. 7
  • 6. A chegada dos romanos Un día, polas lombas do sur deste territorio de castros que hoxe chamamos Galicia, asomaron as plumas dos primeiros cascos romanos que os castrexos viron. Nun primeiro momento eran uns poucos dacabalo, exploradores, mais atrás deles ascendeu ás lombas a infantaría máis grande xamais vista. Polo norte, asomaron tamén por entre as ondas do mar as proas das naves de guerra romanas ao mando de Xulio César. Polo este subían a marchas forzadas as lexións acantonadas na meseta. Certamente, era unha invasión imparábel. Só uns tolos podían enfrontarse a aquela máquina de guerra. Os castrexos enfrontáronse. Mulleres e homes subiron aos montes e presentaron batalla. Foron esmagados. Por culpa desta derrota entrou o latín en territorio castrexo e o país, que antes nin nome tería, pasou a chamarse oficialmente a Gallaecia. 8
  • 8. O latín vulgar Os romanos, como sabemos, falaban e escribían en latín, mais non era o mesmo latín o dos romanos cultos, coma o que escribían Cicerón ou Virxilio, que o dos romanos do montón, que moitos deles nin escribir sabían. A Galicia viñeron romanos de todas as clases: analfabetos, sabichas e cultos. E, entre eles, viñeron tamén moitos bárbaros, é dicir, mozos de fóra do Imperio enrolados nas lexións, que falaban un latín macarrónico. Os galegos de entón aprenderon aquel latín variado e fórono axeitando ao seu xenio. Déronlle unha volta, digamos. Este novo latín macarrónico chámase latín vulgar. O outro, o ben falado e escrito, chámase latín culto. Por outra parte, moitos mozos galegos, coma calquera outros bárbaros, marcharon coas lexións a coñeceren mundo e, de paso, levaron até as fronteiras do Imperio un latín ao seu xeito. 10
  • 9. Ferro! 11
  • 10. O galego Aquel latín vulgar, que os galegos aprenderon dos romanos, converteuse pouco a pouco nunha lingua nova: o galego. Este non foi un fenómeno raro, que ocorrese só en Galicia. O francés, o castelán, o catalán, o aranés, o italiano, o romanés, e todos os demais romances naceron da mesma maneira. A uns ocorreulles antes e a outros despois. O galego distanciouse do latín alá polo século X. Nesta altura, da lingua prerrománica que falaran os castrexos xa nada se sabía e o latín culto coñecíano só uns poucos requintados. Tamén quedaron na nosa lingua restos da lingua dos suevos, un pobo xermánico que fundou un reino en Galicia cando a caída do Imperio romano, aínda que a influencia foi pequena. Súas son palabras coma estas: pouta, espeto, roubar, albanel... 12
  • 11. Ferro. Fier. Fer. Hèr. Ferro. hierro. 13
  • 12. O galego e o portugués O galego era a lingua de toda a Gallaecia, territorio que comprendía o que hoxe é Galicia, Portugal até Coimbra, e parte de Asturias e León. Por iso, aínda hoxe oímos falar galego en lugares destes dous últimos territorios. Mais no século XII nace o reino de Portugal e a Gallaecia fica dividida polo Miño. Desde aquela hai dous galegos, o que se fala do Miño cara ao norte e o que se fala do Miño cara ao sur. Esta división influíu na súa evolución, mais o galego e o portugués aínda non deixaron hoxe de seren, en orixe, unha mesma lingua. Os portugueses levaron o galego-portugués até Lisboa e o Algarve, terras que lles conquistaron aos mouros. E, como eran tan ousados, continuaron até o Brasil, a África e inclusive a China. Grazas a estas ansias imperialistas, podemos hoxe falar con máis de douscentos millóns de persoas en todo o mundo. 14
  • 13. A Irmandinha! A Canariña! 15
  • 14. Unha lingua normal O galego era na Idade media a lingua que falaba todo o mundo nas vilas e aldeas de Galicia. Si, si, o galego falábano nesta altura tanto en Chantada como nos Cantóns da Coruña. E falánbano tanto bispos coma feirantes. Era a lingua de uso normal, como a de calquera outro país normal. De maneira que a xente, como non tiña que estar preocupada día a día pola normalización do seu idioma, empregaba as súas enerxías en moitas outras cousas. Os trobadores, por pór un caso, gastaban a súa enerxía escribindo fermosísimas cantigas, cheas de ritmo. Cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicer, que eran seguidas con entusiasmo polos compositores de moda. O mesmísimo rei Afonso X o Sabio de Castela escribía en galego as súas composicións poéticas. 16
  • 15. Descarguei todo Mendiño. Xa sabes... Non hei i barqueiro, nen sei remar: morrerei fremosa no alto mar. Eu atendend' meu amigo. E verrá? o Alá! 17
  • 16. Best-séller en galego O Libro de Merlín, A Demanda do Santo Graal, a Crónica Troiana e outras moitas novelas, eran a narrativa de moda en toda a Europa da Idade Media. Best-seller, como se dirá en inglés séculos máis tarde. Estas novelas estaban escritas en bretón e francés, que eran as linguas dos seus autores, mais, debido ao éxito, foron traducidas a outras linguas. En galego apareceron no século XIII. O que quere dicir que os galegos estaban ao tanto da literatura que circulaba polo mundo. Non había aínda radio nin televisión, nin redes sociais, nin mp3, nin mp4, mais funcionaba moi ben o boca a boca. O camiño de Santiago, por exemplo, por onde xa ían e viñan peregrinos de toda Europa, era un bo medio de comunicación e de aprendizaxe entre as diferentes culturas. 18
  • 17. Mamá, o gato papoume Xerónimo Stilton! 19
  • 18. Os Séculos escuros Un día do século XV deitouse o sol polo occidente e, no canto de se erguer ao outro día polo oriente, non volveu saír até varios séculos máis tarde. Este período coñécese como o dos Séculos Escuros. É unha maneira de falar, claro. O sol, naturalmente, seguiu a quentar en Galicia. O que se quere dicir é que desapareceu aquel esplendor da Idade media, aquela riqueza artística, aquela economía poderosa, aquela lingua segura de si mesma. Desapareceu o ritmo lixeiro das cantigas e finalmente desapareceu a literatura toda. Os que sabían escribir foron deixando de o facer en galego. Falar, si. A xente seguiu a falar galego, porque, rico ou pobre, un país normal segue a falar igual que sempre. Agora dicían “morro de fame” en vez de “estou farto”, mais sen mudar de lingua. De momento, bispos e feirantes non cambiaron de idioma. Mais, por pouco tempo. 20
  • 19. Quen apagou a luz? Así non hai quen escriba. 21
  • 20. O castelán entra en Galicia A can fraco, todo son pulgas, xa se sabe. Castela non perdeu a ocasión. Viu Galicia abaixada, enfraquecida coma un can, e ordenou entrar nela até a cociña. Foi no século XV, famoso século no que a raíña Isabel de Castela e o rei Fernando de Aragón ampliaron os seus dominios até as Novas Indias. A aventura de Colón, o descubrimento da América, e todo iso. E, se foron quen de conquistar terras tan afastadas, non ían engurrarse por avanzaren uns cantos quilómetros pola nacional VI. E como a lingua do imperio acompaña o imperio alá onde for, o castelán penetrou en Galicia acompañando unha rea de funcionaros da meseta que se instalaron no noso país. A xente seguiu a falar galego, mais os bispos xa non tanto. E quen di os bispos, di a aristocracia, algúns burgueses e así. 22
  • 21. De las glorias deportivas que campean por España va el Madrid con su bandera limpia y blanca que no empaña ¡Hala Madrid!, Hala Madrid!, Hala Madrid! 23
  • 22. O castelán, lingua oficial de Galicia Para sermos xustos, hai que dicir que en trescentos anos houbo só 15 bispos galegos e 152 de fóra. Non é estraño, logo, que os bispos non falasen a nosa lingua. O imperio trouxo de todo: bispos, funcionarios e aristócratas. O galego desapareceu dos documentos oficiais, porque, a partir de agora debían estar redactados en castelán. Os escribáns galegos tiveron que se examinar en Toledo, para acreditaren o dominio daquela lingua. Neste ambiente, moitos nobres galegos, para ascenderen socialmente, pasáronse ao castelán. Querían falar a lingua que falaban os que tiñan o poder. O pobo, en troca, seguiu ao seu, falando galego, que era como mellor entendía o mundo. 24
  • 23. Xa estou cheo de ovellas. V estudar ou castelán para ser ministro. 25
  • 24. A diglosia Como nos Séculos Escuros as clases altas falaban castelán, a xente común coidou que o galego valía só para falar nas feiras, cos colegas e as bestas. A ninguén se lle pasaba pola cabeza falarlle galego a un bispo ou a un conde. Sería pólos á altura das mulas. Así que, o pobo galego acordou falar entre si na súa lingua e cos señoritos castelán. A este fenómeno os lingüístas chámanlle diglosia. Queren dicir que, nunha situación de conflito entre dúas linguas, unha delas posúe privilexios sobre a outra. Desde esa, aínda falando galego, a xente comezou a dicir “hepatitis” por hepatite, “gimnasio” por ximnasio, “mueble” por moble, “cohete” por foguete, “carretera” por estrada, “cuchillo” por coitelo, “lunes” por luns e así seguido. 26
  • 25. Mamá! Quero un huevo, os ovos non me gustan. 27
  • 26. O Século de ouro Arruinada e sen poder político para corrixir a situación, Galicia seguiu enfraquecendo. Os labregos galegos, homes e mulleres, tiveron que marchar a Castela, a procuraren sustento. Ían segar aqueles anchos campos. Con tan mala sorte, que coincidiron co Imperio en pleno Século de ouro, con Lope de Vega, Quevedo, Calderón de la Barca, Góngora ou Tirso de Molina a toda máquina. Como di a lei de Murphy, cando as cousas poden saír mal, saen mal. Aquí nos Séculos Escuros e alá no Século de ouro. Miseria había tamén en toda Castela, pero os miserentos casteláns eran miserentos na súa terra, e os labregos galegos eran inmigrantes, coma os que veñen hoxe en patera. De maneira que comezaron as burlas: “antes puto que gallego”, “no fíes en perro que cojea ni en amor de gallega” e outros piropos. 28
  • 27. No fíes en perro que cojea ni en amor de gallega. 29
  • 28. O autoodio O nome de Paio era tan frecuente entre os galegos daqueles anos coma hoxe Pepe. Ou Borja. Se cadra, hoxe xa hai en Galicia máis Borjas que Pepes. Paio era un dos santos con máis devotos en Galicia. Entre os labregos que ían segar a Castela había, logo, moitos Paios. Tantos, que os casteláns chamábanlle “paio” a todos os galegos. Dicir paio era, para eles, como dicir galego. Mais de mal nome, era un insulto, coma se lles chamasen parvos. Isto avergonzou de tal maneira aquela xentiña, que Paio desapareceu de Galicia. Ningún galego quixo chamar así os seus fillos. A este complexo os psicólogos chámano autoodio: unha persoa humillada chega a desprezarse a si mesma. Agora xa non só a lingua era considerada inferior polos propios falantes, todo o que fose galego ou tivese relación con Galicia era automaticamente considerado tamén inferior. 30
  • 30. O Século das luces Non hai mal que cen anos dure. Os Séculos Escuros deixaron paso ao Século das luces, o XVIII. Neste século Galicia saíu da crise económica. Digamos, que engordou. Proba disto é o vizoso barroco galego: esas poderosas igrexas, conventos e pazos de pedra traballada artisticamente. O millo e as patacas axudaron moito. O millo foi moi ben acollido polos labregos galegos tan pronto chegou da América. As patacas tardaron máis en seren estimadas, porque, ao primeiro, a xente vía con receo aquel froito terroso e deforme, mais tamén as acolleron. Estes dous produtos americanos encheron as casas de fartura. E, seguramente, porque co bandullo cheo medra a autoestima, algunhas persoas cultas comezaron a se interesar polas cousas do seu país, algúns mesmo se puxeron a escribir en galego. A xente do común nunca o deixara de falar. 32
  • 31. P apá, aquí hai un ilustrado que quere saber que é a gramalleira. 33
  • 32. Os ilustrados As escolas, que eran todas católicas, aprendían os nenos en castelán e latín. De galego, nada. De maneira que nenos e nenas, que só oían falar galego na súa vida diaria, tiñan que se expresar en castelán ao chegaren á escola. Este contrasentido pedagóxico foi criticado polo padre Sarmiento: “Todo mestre de Gramática que non fose galego e erudito na lingua patria, débese excluír de ser mestre de nenos galegos, aínda que sexa un Cicerón”. O padre Feixoo, o padre Sarmiento e outros ilustrados reclamaron a categoría de idioma para o galego. Isto ten importancia, porque nesa altura o galego era considerado un dialecto do castelán. Pensábase que, aquela lingua poderosa e fermosa na que escribiran os trobadores medievais e falaba o pobo, era un castelán mal falado, dexenerado. 34
  • 33. Fento, no, niño. Helecho. Fento. 35
  • 34. O Rexurdimento No século XIX o galego volveu aos libros. Os poetas Rosalía de Castro, Pondal e Curros Enríquez ergueron a lingua galega á altura artística que tivo na Idade media. Xurdiu tamén neste século o galeguismo, que é un movemento intelectual e político que defende Galicia e o seu idioma. Este tempo de recuperación coñécese co nome de Rexurdimento. A pesar de todo, o castelán seguía avanzando nas cidades e vilas de Galicia. O noventa por cento dos galegos seguía a falar galego, mais algúns comerciantes e profesionais xa consideraban o castelán unha lingua máis axeitada para os seus negocios. Un avogado, por pór un caso, non considera xuridicamente rigoroso chamarlle herdeiros aos “herederos”; nin un zapateiro chamarlle solas ás “suelas”. 36
  • 35. ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? 37
  • 36. Castelán na escola Segundo avanzaba o século XIX, o goberno de Madrid, porque a Xunta aínda non existía, púxose a uniformar España, é dicir, a vestir a todos co mesmo uniforme, coma os soldados nun desfile. Querían que non houbese diferencias, que un catalán, un andaluz e un galego, por pór un caso, falasen todos do mesmo xeito. A poder ser, sen acento que os puidese identificar. Porque, polo acento, logo se sabe se un é da Coruña ou de Tordesillas, aínda falando ben en castelán. O castelán foi logo declarada lingua oficial e exclusiva en todo o territorio. Para uniformar. O goberno impuxo o ensino obrigatorio nesta lingua e ameazou con castigar os mestres por falaren galego na escola. Naturalmente, con estes apoios, o castelán campaba cada vez máis alegremente polas vilas e cidades de Galicia. 38
  • 37. 39
  • 38. Galicia dividida Outra das decisións que para uniformar España tomou o goberno de Madrid, porque a Xunta seguía sen existir, foi dividir Galicia en catro provincias, rachando a unidade que aínda mantiña o vello reino. De maneira que en 1833 Galicia ficou partida en catro anacos: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Os galeguistas, que comezaban a xurdir daquela, opuxéronse a esta división. Eles querían o país unido e o recoñecemento oficial do seu idioma. Mais, polo que se ve, non lles fixeron moito caso, as provincias aínda seguen aí: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Un dos máis destacados destes primeiros galeguistas foi Antolín Faraldo. 40
  • 39. 41
  • 40. Os Precursores Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Curros Enríquez seguiron os pasos dos primeiros galeguistas. Coñécense como os Precursores, por seren eles os que iniciaron a recuperación do galego na literatura. Murguía, ademais de escritor e moitas outras cousas, foi historiador e, como tal, profundou na antigüidade de Galicia para demostrar que este país vén de lonxe. Foi tamén o primeiro presidente da Real Academia Galega. Aínda así, a pesar do esforzo destes escritores, o castelán non se acovardou. Xa non eran só os avogados ou os zapateiros os que o usaban, tamén os mozos que viñan de facer o servizo militar fóra de Galicia falaban xa con acento de Melilla: Cómo te ha ido por aquí, chica? Yo he estado muy bien allá en África, junto a los moros. 42
  • 41. E se somos un pobo sen historia, de onde sairía isto? 43
  • 42. Unha lingua de orella Os escritores galegos do século XIX atopáronse cun grave problema: non había dicionarios nin gramáticas na súa lingua. Tiñan que escribir de orella. E escribir así é como para un mariño navegar sen cartas náuticas. Non debe estrañarnos, logo, atoparmos castelanismos nos seus libros, pois estes escritores aprenderon de cativos a ler e escribir en gramáticas e dicionarios casteláns. Non debemos esquecer, que o goberno castigaba os mestres por falaren galego na escola. Así e todo, neste seculo XIX publícanse as primeiras gramáticas de galego: as de Francisco Mirás, Saco Arce, Cuveiro Piñol e Valladares. E publícanse tamén os primeiro dicionarios: os de Francisco Xavier Rodríguez, Cuveiro Piñol e Marcial Valladares. Aínda que estes son todos galego-casteláns. 44
  • 43. Mamá, papá, en que idioma falades, ho? no dicionario non vén ningunha palabra das que vós dicides. 45
  • 44. Unha lingua para poetas Co Rexurdimento, o galego volveu ser unha lingua escrita, mais limitada á poesía. En xeral, os galegos consideraban que o seu idioma non valía para outra cousa que non fose falar na feira cos colegas e coas bestas. Como moito, poderíase escribir poesía en galego, pois a fin de contas era un enredo de catro tolos, mais de ningunha maneira de cousas científicas. Por este motivo, e por outros máis atravesados, algunha xente coida aínda hoxe que o galego non vale para as ciencias. Como se vai escribir o principio de Arquímedes en galego! “Todo corpo mergullado nun fluído en repouso sofre, por parte do fluído, unha forza vertical para a cima, cuxa intensidade é igual ao peso do fluído desaloxado polo corpo.” Pode ser que non se entenda, mais porque non se sabe física, non porque estea en galego. 46
  • 45. T por catro doce, res o meu repolo non coce. Sete por sete corenta e nove, collo o paraugas que chove. Seis por cinco trinta, púxenlle á gata unha cinta. T que estudar así, en porque o galego só vale para a poesía. 47
  • 46. Unha lingua para científicos Xa no século XX, os galeguistas da xeración Nós tiraron o galego do gueto da poesía. Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, estaban convencidos de que o galego valía para todo. E, para o demostraren, escribiron en galego teatro, novela e ensaio. Estes galeguistas entendían Galicia como unha nación. Eran, polo tanto, nacionalistas. Foi grazas a eles que o galego entrou en todos os saberes, como calquera outro idioma do mundo. Xa sen complexos nin autoodio, coa fundación polos galeguistas do Seminario de Estudos Galegos, a nosa lingua tratou todos os eidos do coñecemento: Arqueoloxía, Filoloxía, Antropoloxía, Ciencia naturais, Etnografía, Artes e letras, Historia, Prehistoria, Xeografía, Ciencias xurídicas e económicas, Ciencias aplicadas, Pedagoxía. 48
  • 47. Que fas, Rosa? En galego as matemáticas non son exactas! 49
  • 48. O Estatuto do 36 O 14 de abril de 1931, un soleado día de primavera, proclámase a II República e o rei Alfonso XIII abandona a poltrona. Ese mesmo ano, os galeguistas fundan o Partido Galeguista, cuxo fin principal é o Estatuto de Galicia. O texto referendado en 1936 comeza así: Art. 1º “Galicia organízase como rexión autónoma no Estado español, conforme a Constitución da República e o presente Estatuto. O seu territorio é o dos municipios comprendidos dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Art. 4º Serán idiomas oficias en Galiza o castelán e o galego, mais nas relacións oficiais da Rexión con autoridades doutras rexións e coas do Estado usarase sempre o castelán. (...) Os funcionarios que se designen para actuar na Rexión deberán acreditar coñecemento de lingua galega”. 50
  • 50. O golpe do 36 O 18 de xullo de 1936, un día soleado tamén, propio para gozar da praia, o galego volveu sufrir outro ataque. Curiosamente, esta vez a ofensiva veu dun ferrolán: o xeneral Franco, xefe do golpe contra a República, que, polo visto, non tiña gana de praia ese día. Mais Franco non estaba só. Millán Astray, outro galego coruñés e militar, acompañouno na aventura. E algúns galegos máis, claro. O primeiro que fixeron estes galegos foi botar abaixo o Estatuto de Galicia, xa referendado nas urnas pola maioría dos galegos. Lembrades aquilo do autoodio? O ataque durou corenta anos. O poeta Celso Emilio Ferreiro chamoulle a este período “longa noite de pedra”. Algo semellante aos Séculos Escuros. Para que ninguén esquecese o berce do xefe do golpe, Ferrol pasou a chamarse El Ferrol del Caudillo. Ás rúas mudáronlles os nomes que tiñan polos de destacados golpistas: General Mola, General Queipo de Llano, José Antonio Primo de Rivera e así seguido. 52
  • 51. 53
  • 52. A lingua desterrada Nestes novos anos escuros, o galego desapareceu outra vez dos libros, porque o prohibiron os mesmos golpistas que mudaron o nome de Ferrol polo de El Ferrol del Caudillo e cousas así. Mais non desapareceu só o galego dos libros, moitos dos seus defensores desapareceron tamén. Os galeguistas ou foron fusilados, ou fuxiron, ou tiveron que calar. Pasoulles aos galeguistas e a todos os que querían unha sociedade libre: comunistas, anarquistas, socialistas ou mesmo centristas. Bos Aires, México e outras cidades americanas acolleron os galegos desterrados. E foi alí onde a nosa lingua volveu aos libros. Os exiliados fundaron editoriais e mesmo enviaron clandestinamente libros a Galicia. Sempre en Galiza, de Castelao foi un dos que chegou burlando a vixilancia aduaneira. 54
  • 53. Eghem! P coidei que ois era unha guía turística. 55
  • 54. Unha lingua clandestina A longa noite de pedra, é dicir a ditadura do xeneral Franco, durou corenta anos, tempo abondo para os galegos se afaceren a andar ás escuras. De maneira que, por moita policía secreta e visíbel que houbese, a xente aprendeu a zafar, como ler ás agachadas os libros que chegaban clandestinamente da América. Xa nos anos 50, Franco e os seus tiveron que abrir a man unha migalla, para non apareceren ante o mundo coma os lobos que eran. Os galeguistas que quedaran en Galicia aproveitaron a ocasión para fundaren a editorial Galaxia. O galego foi reaparecendo pouco a pouco nos libros. Finalmente, xa nos últimos anos da ditadura, a policía non era quen de parar os mozos que bulían por todo o país. Cantaban, facían teatro, escribían, pintaban, militaban en partidos políticos clandestinos e asociacións culturais. Case todos estes mozos que loitaban pola liberdade falaban galego. O galego púxose de moda entre os chamados “progres”. 56
  • 55. 57
  • 56. Galego non obrigatorio Franco morreu e con el marchou a longa noite de pedra. Tampouco imos dicir que chegou un día luminoso, como se Galicia entrase de golpe nun clima tropical, non. Digamos que se pasou da noite a un abrente brumoso. Coa Constitución de 1978, Galicia volveu ter Estatuto de Autonomía, non sen esforzo. Mais o seu artigo 5º di: “A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”. É dicir, que o Estatuto non obriga a coñecer o galego, como obriga a Constitución a coñecer o castelán en todo o Estado. De maneira que un valisoletano pode vir a Lugo e obrigar o con- serxe do concello a falarlle castelán. En troques, un lugués non pode esixirlle ao mesmo conserxe que lle fale galego, se este non quere. 58
  • 57. Un momento! Según el Estatuto de Galicia, no tengo obligación de hablar gallego, mocoso. 59
  • 58. Tranquilos! El gallego aún no ha muerto E chegamos ao día de hoxe. O castelán, que avanzaba alegremente polas vilas e cidades galegas, anda xa bailando polas aldeas. Os feirantes aínda falan galego coas bestas, mais hai xa quen lle fala castelán aos cans, sobre todo, se son de razas exóticas. Fóra o acento, en moitos lugares de Galicia hoxe fálase coma en Burgos. Así e todo, hai quen ve o castelán en perigo. Din que se está a impor o galego. Que o galego non é cordial co castelán. Que os escolares non teñen liberdade para falar, e cousas polo estilo. Pero que se chinchen, el gallego no va a desaparecer. Aún somos muchos los que estamos dispuestos a defenderlo. Ok? 60