SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 15
Downloaden Sie, um offline zu lesen
1.- O conflito lingüístico. Definición causas e consecuencias.

       O ser humano é un ser social que convive con outros membros no seo dunha
sociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionan
entre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos a
mesma lingua, pois os pobos somos diferentes. A diversidade lingüística é tan grande que
atopamos 3000 linguas diferentes (ou 5000 para algúns estudosos menos estritos). O
falante dunha lingua interpreta de maneira diferente o falante doutra realidade. Así, por
exemplo, o pobo esquimó ten máis dunha ducia de termos para designar unha realidade que
nós coñecemos cun só vocábulo: “neve”.
       A pluralidade lingüística do planeta non é maldición bíblica, senón signo de variedade
humana e de progreso. Falar dunha única lingua como universal é un feito antihistórico.

          Situación lingüística mundial.
         Raramente coinciden as fronteiras lingüísticas coas políticas. Hai un número 30
veces maior de linguas ca de estados. A maior parte dos países do mundo enfróntanse
actualmente con situacións de linguas en contacto e de conflito cultural. A realidade
multilingüe está presente a escala mundial, condicionando numerosos problemas de orde
social, económica e política.
         A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial implica unha decisión
xurídico-política (usualmente de rango constitucional) que reflicta toda unha serie de
actitudes precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal disociar do acto
de autoridade. Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os cambios de status das linguas
oficiais teñen que ser relacionados cos cambios na organización política. O status oficial
dunha lingua específica non está fixado permanentemente, senón exposto a flutuacións de
acordo coas circunstancias sociopolíticas.
         O multilingüismo é, con frecuencia, o final dun longo proceso de decisións dun
sistema de reequilibrio de poder.
         A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos lingüísticos asentados no
territorio do Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplos
desta situación: o inglés na India, o francés no Líbano.

LINGUAS NACIONAIS E/OU OFICIAIS
Nacional sen recoñecemento político.             Nacional e oficial
Nacional recoñecida, oficial.                    Oficial, non nacional.

         A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos estados a miúdo
presenta unha situación de desequilibrio e desigualdade non só numérica (maioría/minoría),
senón tamén xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción, protección, defensa),
de status (oficial/particular) e de emprego. Esta realidade cristaliza nun conflito
lingüístico. As linguas non oficiais (minorizadas) sofren a competencia doutra asumida polo
Estado coma oficial.
         No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións:
         - eliminación directa ou indirectamente das linguas minorizadas en favor da que o
             Estado define coma “nacional” e “oficial”: uniformismo.
         - recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento formal coma
             idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada comunidade debe manter,
             conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para se
             comunicar con individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico.



Departamento de Lingua                       1                             Lama das Quendas
O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada unha das linguas
desempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións posíbeis para calquera
idioma.

         Dúas linguas nunha sociedade.
        Como xa dixen, ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas linguas no
seo dunha sociedade, estamos ante un feito antinatural, froito das vicisitudes históricas.
Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos:
        - os procesos de expansión e unificación política.
        - os movementos migratorios.
        - os contactos internacionais.
        Dos tres, o máis importante e frecuente é o primeiro. Estes acostuman ir unidos ao
aniquilamento das culturas e das linguas diferentes ás da sociedade que se expande.
Normalmente abranguen un longo período de tempo, dentro dun marco xurídico imposto, e
cunha introdución lenta da lingua e da cultura dos dominadores.
        Esta superposición acaba en moitos casos coa desaparición da lingua autóctona: o
caso do latín en Gallaecia. Esta situación é definida como substitución lingüística.



                                                   Bisavós
                                               (monolingües L1)


                                 Avós
                           (pseudobilingües)



                                 Fillos                        Netos
                              (bilingües)                  (monolingües L2)




        Noutros casos as dúas linguas conviven dentro da mesma comunidade, aínda que con
usos distintos: unha convértese en DOMINANTE (tamén chamada lingua A ou lingua de
cultura) e ocupa os ámbitos socialmente relevantes (escrita, cultura...) e a outra convértese
en lingua DOMINADA (tamén chamada lingua B, lingua minorizada ou idioma cuberto) e o
seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste caso
falamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas linguas No caso da
comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV: o
castelán é a lingua dominante e o galego é a dominada. Algo semellante sucede nas demais
comunidades españolas con dúas linguas.
        O CONFLITO LINGÜÍSTICO non é máis que o reflexo das tensións
sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua
dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante.
        A resolución do conflito é imprevisible. Será a lealdade lingüística dos falantes así
como a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e
económicas as que provocarán que se resolva: ou coa substitución lingüística da Lingua B
pola Lingua A, ou coa plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeira
dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda. Tamén hai que supón que se
pode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica.




Departamento de Lingua                         2                              Lama das Quendas
Exercicios

"...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistema
educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se
manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará
ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e
seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle
producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas
linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o
proceso de educación bilingües terá efectos aditivos.
         ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun
estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co
desenvolvemento cognitivo.
         Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a
proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo
social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin
tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a
escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda,
prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos
para ambas as dúas linguas."
                          Mackey/Siguán 1986.

CUESTIÓNS:
1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no texto.
2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde
tamén se produza esta situación.
3. Extrae as ideas principais do texto.
4. Fai unha valoración crítica destas ideas.


O galego como lingua útil.
        Tense dito mil veces, cen mil veces, millóns de veces, que o idioma galego non é un
idioma útil, o que é certo nun determinado sentido da utilidade. Nos que así pensan subxace
este esquema, estas tres premisas:
a) O galego non serve fóra das fronteiras do noso pequeno país; por conseguinte, o castelán
(e aínda máis o inglés) é de maior utilidade.
b) O galego, secularmente idioma non escalafonal, é unha lingua que non produce diñeiro;
sen embargo o castelán (e aínda máis o inglés) chaman polo diñeiro: teñen maior utilidade.
c) O galego ten sido (dito dun xeito moi impreciso) a lingua da xente non distinguida e/ou
non poderosa; polo tanto o outro idioma da polémica, o castelán, ten máis utilidade.
        ¿Para que -pregúntanse moitos pais, moitas nais- o ensino dunha lingua así? Desde
unha filosofía tan vulgar, tan inmoral da utilidade teñen toda a razón do mundo. Agora ben,
eses pais e esas nais deberían esixiren nos nosos institutos a disciplina "como asaltar
bancos e caixas de aforro con éxito", saber moito máis útil có castelán e o inglés xuntos.
Quizais os asustase tanta coherencia. Desde outra "moral" pódese pensar que o galego é un
idioma útil, entrañablemente útil.
        ¿Haberá maior utilidade espiritual que entendérmonos na voz natural e cálida da
maioría dunha comunidade?¿Haberá utilidade máis gratificante cá de non subestimar e
ferir a ninguén porque fale a súa lingua histórica?¿Haberá utilidade máis humana có feito




Departamento de Lingua                        3                             Lama das Quendas
de enfrontármonos coa construción do futuro sen rexeitarmos ou acomplexarmos, a
realidade presente?
        Xesús Alonso Montero, Lingua e administración.

CUESTIÓNS:
1. Que "utilidade" ten para ti o galego? e o español? e o inglés?
2. Por que di o texto que o castelán e o inglés "chaman polo diñeiro"?
3. En que idioma realizas ti cada unha das funcións da lingua? por que usas ese idioma? Cres
que o galego é valido para todas estas funcións? Xustifícao.


        "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen
sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase
insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu
encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería
desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente
o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a
factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo."
                               Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971.

1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno
lingüístico que se constata no relato.
2. Segundo a información do fragmento, cal pode ser o prestixio e cales as funcións
desempeñadas polo gaélico e o inglés?
         "Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un
complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán
era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de
Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben.
Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizar
barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catro
séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso
idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".
Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid.

CUESTIÓNS:
1. Que inxustizas denuncia Castelao no texto?
2. Que ton emprega no seu discurso? Por que cres que usa este e non outro calquera?
3. Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia?
4. Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"?


        J. Aparicio, actual ministro de Prensa e propaganda do réxime falanxista, no xornal
"El Pueblo" de Madrid:
        "A los gallegos hay que traerlos a Madrid, y meterlos en un campo de concentración
para inculcarles una reeducación de su sentido político, y cambiarles su alma gallega:"




Departamento de Lingua                        4                             Lama das Quendas
2.-   Lingua    minorizada     e   lingua   minoritaria.   definición.    Semellanzas     e
diferenzas.

        No mundo hai case vinte veces máis linguas que estados. A maior parte deles teñen
que enfrontarse aos problemas orixinados pola convivencia no seu territorio de varias
linguas. Habitualmente establécese unha relación de desequilibrio entre elas: unha das
linguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamente
os seus ámbitos de uso. Deste xeito, a esta última impídeselle desenvolverse con normali-
dade, limitando as súas posibilidades nos diferentes espazos comunicativos e
empobrecéndoa por falta de cultivo, e en moitos casos só aquela recibe o recoñecemento
oficial como idioma estatal. É o que se coñece como minorización lingüística: un proceso
polo que a lingua propia dun territorio vai perdendo protagonismo na vida da comunidade,
cedendo funcións e ámbitos de uso a favor doutra lingua máis poderosa coa que está en
contacto. Convértense así en minorizadas a linguas que se ben son minoritarias no conxunto
estatal son maioritarias no seu territorio lingüístico-cultural. Esta tensión de intentar
ampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca a
aparición do chamado conflito lingüístico.
        As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicábeis en termos numéricos a unha
lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. O español é
unha lingua minoritaria en Europa ou Estados Unidos ou en Galicia, pero maioritaria en
España.
        Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de
poboación que a usa é baixa, ben sexa pola chegada de poboación foránea, ben por abandono
do idioma por parte do grupo étnico-histórico que sempre a empregou. E, á súa vez, unha
lingua é maioritaria cando a porcentaxe que a usa é máis elevada.
        Unha lingua é minorizada cando os seus usos sociais están supeditados aos usos
doutra lingua (dominante), normalmente foránea, cando fronte a esta última está nunha
situación de desvantaxe ou desequilibrio. Unha lingua é maiorizada cando ten uns usos
sociais plenos e as súas funcións sociais están garantidas e normalizadas.
        Así, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por teren
restrinxidos os seus usos; pero tamén linguas minoritarias normalizadas, que son o
instrumento habitual de comunicación entre os seus falantes. E unha mesma lingua pode ter
un status diferente en función do territorio: o francés é unha lingua minorizada no Canadá
pero non en Francia, claro; o alemán tamén o é nos vales alpinos de Italia ou en Rusia, pero
non en Alemaña ou Austria.
        Vexamos algúns exemplos:
        - Linguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco
            en Flandres, etc.
        - Linguas maioritarias minorizadas: galego en Galiza, frisón en Frisia (Holanda),
            sardo en Sardeña (Italia), etc.
        - Linguas minoritarias minorizadas: é a tipoloxía máis común por ser produto da
            falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira político-
            administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres; do portugués en
            España; do grego en Italia e Albania; etc.
        Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias? Ás veces as
estatísticas confunden grupo étnico con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticos
maioritarios tenden a apropiarse de falantes doutras orixes, mentres os minoritarios e
minorizados sofren deserción dos falantes cara os maioritarios e maiorizados. A maioría
dos falantes das linguas non estatais son bilingües/diglósicos entre lingua propia/lingua



Departamento de Lingua                       5                            Lama das Quendas
estatal. As linguas minorizadas e minoritarias son tan faladas coma agochadas pola súa
comunidade. Por iso, as estatísticas menten, ben porque as fan os estados para verificar o
grao de homoxeneización nacional na única lingua oficial do Estado, ben porque a fan sen un
coñecemento profundo das comunidades lingüísticas.
         Unha das manifestacións dunha situación de minorización lingüística é a chamada
interposición ou mediatización, que consiste en que as relacións entre os falantes da lingua
minorizada e os doutras comunidades externas se establecen a través do idioma
hexemónico, obrigando aos falantes da minorizada a seren bilingües. E ante o perigo de
desaparición da riqueza que aporta a diversidade lingüística, o ecolingüismo defende o equi-
librio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve a
súa propia lingua e coñeza unha segunda exclusivamente para as relacións con outras
idiomaticamente diferentes.

         Linguas nacionais e nacionalismos lingüísticos.
         Os estados non son lingüisticamente homoxéneos. No mundo dáse unha grande
variedade de lexislacións e situacións lingüísticas. Non é o mesmo a férrea represión que
exerce a democrática Grecia có respecto e consideración igualitaria que aplica Suíza ás
súas catro linguas nacionais. Hai todo un abano de tratamentos diferentes a situacións moi
semellantes. As normas, declaracións e acordos internacionais son ineficaces por non seren
vinculantes.
         Decatémonos de que, agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situación
van coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira administrativa. A política e
economía dos poderosos impuxéronse historicamente sobre as linguas e nacións naturais.
Por iso non vale aplicar o adxectivo “estatal” ás linguas: o catalán non é só unha lingua
española, tamén o é francesa, andorrana e italiana. As linguas son do pobo que as creou e as
mantén vivas e non coñece pasaportes nin alfándegas. Hai estados que lles aplican ás súas
linguas estatutos territoriais, sen teren en conta a non coincidencia entre territorio
político e lingüístico. Outros estados aplican un estatuto persoal. A persoa pode empregar a
lingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto acontece en Finlandia co
finlandés e o sueco (pero non co saami). O problema que presenta este modelo é que resulta
antieconómico.
         En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992
unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidade
lingüística como unha riqueza cultural e declárase que é responsabilidade dos poderes
públicos a defensa dos idiomas minorizados. Pretende comprometer aos estados na
promoción destas linguas con medidas que rematen coa discriminación.

Artigo 12
1. No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver tódalas actividades na súas
lingua, se é a lingua propia de onde reside.
Artigo 29
1. Toda persoa ten dereito a recibi-la educación na lingua propia do territorio onde reside.

       No estado español, existen tres linguas minorizadas que a Constitución democrática
recoñeceu legalmente como cooficiais nos seus respectivos territorios. Pero os esforzos
normalizadores dos gobernos autónomos aprobando leis de normalización lingüística seguen
sendo fonte de conflitos políticos que buscan perpetuar a discriminación que favorece a
lingua maioritaria.
               Podemos establecer varias distincións en canto ao comportamento dos
Estados fronte á diversidade lingüística:


Departamento de Lingua                       6                            Lama das Quendas
-   Monolingüismo estatal real: é o caso de Islandia, onde o islandés é a única
           lingua falada pola totalidade da poboación.
       -   Monolingüismo estatal irreal: é o caso de Francia, Grecia, Letonia, Lituania,
           Estonia. Dentro das súas fronteiras hai falantes doutras linguas pero o Estado
           ignóraas e impón o monolingüismo na única lingua oficial.1
       -   Plurilingüismo estatal: pode ser oficial igualitario; en todo o Estado son
           cooficiais e válidas para todos os usos varias linguas. É o caso de Irlanda e
           Iugoslavia. Estatal oficial territorial; existe unha lingua nacional oficial en todo
           o Estado e, nalgúns territorios concretos, a lingua autóctona é cooficial. É o
           caso de España. Pode ser que coexistan varias linguas nacionais oficiais cada
           unha nun territorio do Estado. É o caso de Bélxica, onde a única lingua oficial de
           Flandres é o flamenco e a única lingua de Valonia é o francés.

        Os contactos das linguas.
        Os intercambios e contactos lingüísticos equilibrados, en pé de igualdade, non
afectaría en principio á vitalidade das linguas en cadanseus territorios. O problema comeza
cos contactos en desigualdade, cando teñen lugar desequilibrios e falla de reciprocidade.
Neste caso podémonos atopar perante de situacións de asimilación, hibridación e, co paso
do tempo, substitución dunha por outra.
        As asimilacións proveñen de históricas imposicións militares, de desprazamentos
masivos de poboación, do uso exclusivo da lingua dominante na ciencia, administración,
economía, igrexa, etc.; do uso dominante da lingua estatal nos núcleos urbanos; e do poder
cultural, político e/ou ideolóxico exercido pola sociedade que emprega a lingua dominante.
        Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno. A recuperación das
linguas menores pasa primeiramente pola lealdade familiar, pola continuidade da
transmisión xeracional, pola esixencia da lingua vehicular escolar, por medidas de
discriminación correctiva e, sobre todo, pola conciencia e vontade dos e das falantes. A
moitas destas linguas fáltalles conquistar prestixio, pois uso aínda teñen. Para modificar
esta situación cómpre un mínimo de poder político, unha mínima autonomía e vontade e
capacidade de xestión e decisión para poñer en práctica medidas de equilibrio e
discriminación positiva.

ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN

        Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas.
        En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte,
dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder en
pequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia en
liberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase un
conflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súa
propia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos.
Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moi
importante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia da
fórmula suíza.
        0 nacionalismo ten moitos aspectos. 0 nacionalismo pode significar un amor polo teu
país. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creo
que todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentido
do termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o

1
        Era o caso de Portugal ata que recoñeceu a existencia do mirandés.


Departamento de Lingua                        7                             Lama das Quendas
mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo do
nacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unha
nación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... )

Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que descubra o LSD)
publicada en BABELIA, revista de cultura, El País, o 11 de xullo de 1992.


TEXTO:
        "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen
sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase
insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu
encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería
desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente
o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a
factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo."
                                        Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971.

1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno
lingüístico que se constata no relato.
2. Segundo a información do fragmento, ¿cal pode ser o prestixio e cales as funcións
desempeñadas polo gaélico e o inglés?
3. ¿Coñeces algún outro contexto lingüístico (próximo a ti) onde se produza un fenómeno
semellante? Explica a súa situación.


TEXTO :
        "...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o
sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o
alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non
significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua
prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua
non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das
dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes
alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos.
        ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun
estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co
desenvolvemento cognitivo.
        Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a
proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo
social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin
tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a
escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda,
prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos
para ambas as dúas linguas."
                                                                         Mackey/Siguán 1986.

1. Busca no dicionario as palabras marcadas no texto.
2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde
tamén se produza esta situación.
3. Extrae as ideas principais do texto.



Departamento de Lingua                        8                             Lama das Quendas
3.- Bilingüismo e diglosia. Definición, causas e consecuencias.

        O contacto de linguas, a existencia de dous ou máis sistemas lingüísticos nun mesmo
territorio, ten repercusións sociais, culturais e psicolóxicas, xa que incide tanto no plano
social como no plano individual. O bilingüismo, ou coexistencia de dúas ou máis linguas,
considerado individualmente é un elemento enriquecedor, mais dentro dunha colectividade
ou nación é adoito xerme de conflitos e tensións, o que coñecemos como conflito lingüístico,
que cómpre superar.
        As distintas linguas pode estar repartidas de moi diversas maneiras:
        - A división pode ser territorial: segundo as zonas fálase unha lingua ou outra.
            Nesta situación, cada falante e cada comunidade ten unha soa lingua de
            instalación propia, pero a necesidade de convivencia e o intercambio
            comunicativo obrígaos a coñecer outra ou outras linguas de relación.
        - A división pode ser social: uns grupos sociais -definidos pola clase, a etnia, a
            relixión...- empregan unha lingua distinta doutros. Cada un deles está instalado
            nunha lingua e recorre a unha lingua de relación, que polo xeral é a do grupo
            dominante e máis prestixiado. Ademais, pode haber individuos ou grupos de
            individuos que procuren cambiar de lingua, tendendo a usar a dos mellor
            situados para evidenciar o seu ascenso na escala social.
        - A división pode ser funcional: unha lingua ten unha función alta (ensino,
            documentos, liturxia, medios de comunicación...) e outra unha función baixa
            (conversa familiar ou coloquial, uso cotián...). Este reparto desigual e xerárquico
            das funcións sociais é o que a sociolingüística denomina diglosia.
        Unha das variedades das linguas en contacto é o bilingüismo. Con este nome
defínese a situación dun individuo ou dunha poboación que empregan dúas linguas sen
especial aptitude cara unha ou outra. Cómpre distinguirmos dúas dimensións: individual e
social ou colectivo.
        - Do punto de vista individual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuo
para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar o
grao de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito.
        - Do punto de vista social falamos de bilingüismo cando no seo dunha comunidade se
empregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo condición
indispensábel que unha parte importante dos individuos desa sociedade sexan bilingües. Se
isto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo. Un exemplo disto é o caso
belga. En Bélxica existen oficialmente varias comunidades lingüísticas: no norte, en
Flandes, fálase flamengo, mentres que no sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o valón e
o francés. Hoxe recoñécense catro rexións lingüísticas, cada unha cun territorio
determinado. Tres delas son monolingües: a flamenga, a francesa (cos valóns falantes) e a
xermana. Só na capital, Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-flamengo; agora ben, a
poboación non é maioritariamente bilingüe. Tanto uns coma outros desenvolven a súa vida
social nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua,
asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventás
distintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas escolares
distintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo.
        No fenómeno do bilingüismo o primario non reside na dimensión individual, senón no
proceso histórico que puxo en contacto as dúas linguas, e nos factores sociais, políticos e
económicos que determinan o desenvolvemento dese contacto.




Departamento de Lingua                        9                             Lama das Quendas
O outro fenómeno que se produce cando se atopan dúas linguas en contacto é a
diglosia. Denominamos así o feito de que no interior dunha sociedade dúas linguas cumpran
funcións diferentes, sendo empregadas en situacións e contextos distintos. Unha delas (a
de maior prestixio: lingua A ou dominante) é a que se emprega nas situacións máis formais,
mentres que a outra (a de menos prestixio: lingua B ou dominada) só se emprega,
habitualmente, en situación coloquiais. A coexistencia entre as dúas linguas é tensa e
inestábel. Nesta situación hai tres grupos posíbeis: grupo monóglota en lingua foránea,
grupo diglósico e grupo monóglota na lingua propia. Se non se mudan as tendencias, as
situacións diglósicas camiñan cara o que Calvet denomina glotofaxia.
         A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas é a normalización
lingüística, isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación dunha sociedade. Cada
lingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis. Os procesos
normalizadores dependen da acción institucional da comunidade, materializada a través do
poder político, da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupan
para levar a cabo o proceso normalizador, e da acción individual, derivada da vontade de ser
das persoas que conforman a sociedade.
         O obxectivo final dun estado multilingüe e democrático non é “promover o
bilingüismo” senón garantir a utilización de dúas ou máis linguas na comunidade política
asegurando o seu futuro.
         En Galiza, a distribución social do galego e o castelán non é homoxénea nin
uniforme. O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clases
dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso; mentres que o galego chega a
identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a
tradición, o pasado... Esta situación caracterízase pola súa inestabilidade, tanto no tempo
(pode mudar segundo as circunstancias históricas) como na organización social: hai sectores
da nosa sociedade que teñen interiorizada a diglosia pero outros manteñen a conciencia
lingüística de posuírmos unha lingua propia, coa mesma dignidade e posibilidades que
calquera idioma. Existen, pois, colectivos e ámbitos de uso superadores desta situación
diglósica, deste uso condicionado das linguas, aínda que non dan contrarrestado as
tendencias desgaleguizadoras.
         Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de coñecemento e uso do
galego revelan que é entendido pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de
falalo; pero só posúen competencia escrita menos da metade dos falantes. O analfabetismo
en galego é xeral entre os adultos aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novas
xeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma propio.
         Pero as porcentaxes de uso varían en función de diversos factores socioculturais: o
hábitat rural ou urbano e os niveis cultural e económico. Nos centros urbanos e nas capas
sociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, sen
embargo, non ten exacta correspondencia se atendemos aos indicadores culturais.
         Nesta conxuntura, só existen dúas posibles saídas: a substitución lingüística, a
desaparición do galego en beneficio do castelán, ou a normalización, a súa consideración
como unha ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural,
e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos.
         O proceso de normalización lingüística pode avanzar se se inverte a tendencia a
empregar o castelán mesmo tendo competencia activa en galego. O poder político, con
iniciativas de planificación lingüística, e os medios de comunicación de masas poden xogar
un papel decisivo. En todo caso, a conciencia da sociedade galega de que o idioma é o noso
sinal de identidade será determinante no futuro.




Departamento de Lingua                      10                            Lama das Quendas
TEXTO:
"Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un
complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán
era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de
Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben.
Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizar
barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catro
séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso
idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".
                                               Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid.

CUESTIÓNS:
1. ¿Que inxustizas denuncia Castelao no texto?
2. ¿Que ton emprega no seu discurso?¿Por que cres que usa este e non outro calquera?
3. ¿Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e
violencia?
4. ¿Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"?



TEXTO:
“O galego coma obxecto metalingüístico”
         É así que, na política oficial, o que se pretende é converter o galego nunha peza da
metalingüística. O idioma non tería valor en por si, ao non se lle conceder validade social,
necesariedade de uso, presentabilidade pública, senón que a súa única valencia sería a do
seu estudo ou mención sentimental e, por suposto, a de referente preciso para a rede de
produtos culturais consentidos e patrocinados (sempre que pasen a “proba do nove”: non
competiren ou desprazaren o reino do español). A iso responde a asignaturización do galego,
non acompañada da necesaria galeguización do resto das materias; a iso responde
igualmente a política de exportación do galego, cando, intramuros, no seu propio país,
continúa a ser unha criatura raquítica.
         Lembramos a propaganda que acompañaba, hai algúns anos, o anuncio da publicación
dun dicionario trilingüe, español/inglés/galego. Rezaba así: “Los tres son importantes: el
primero por ser nuestro idioma oficial y por su importancia en el mundo. El segundo se hace
imprescindible para la vida moderna, representando en la sociedad y en el trabajo el idioma
universal. El tercero representa la identidad y las raíces de nuestro pueblo, haciéndose hoy
día imprescindible para enriquecer nuestra cultura y mantener viva nuestra Historia”. A
xerarquía na utilidade: o real e práctico versus o ideal, arqueolóxico, prescindíbel e inútil,ao
cabo. O mao, para semellantes propostas, é existirmos organizacións e persoas galegas que
queremos –e así o facemos valer- que o alego sirva para a vida práctica, o traballo, a
“sociedade”, a vida moderna e, por suposto, para a cultura integrada e funcional, non para a
inmobilizada e con maiúsculas...
                                                                     Pilar García Negro, 1993
1. Fai unha crítica fundamentada das ideas expostas no texto.




Departamento de Lingua                        11                             Lama das Quendas
4.- Identificación das linguas, territorio que ocupan e marco legal no
 que se desenvolven

         España é un dos estados lingüisticamente máis complexos da Unión Europea.
 Ademais das catro linguas máis coñecidas (o galego, o castelán, o catalán e o éuscaro),
 existen outras falas ou variedades con personalidade bastante diferenciada, como o bable
 ou o aranés. A poboación que vive nos territorios nos que as linguas minorizadas son
 actualmente oficiais representa máis do 40% do total do Estado. Este pluringüismo é unha
 manifestación da diversidade cultural, que historicamente non foi entendido como
 enriquecedora, desde un afán uniformizador negador da pluralidade das culturas que
 compoñen o estado e, por iso, fonte de conflitos. As circunstancias histórico-políticas
 converteron o castelán en lingua dominante, excluíndo de calquera uso público as outras
 linguas, ignorando os seus dereitos ou catalogándoas pexorativamente como dialectos.

         O catalán é unha lingua falada por uns 7,5 millóns de persoas e compréndena máis
 de 10,5 millóns en España, Francia (no Rosellón), Andorra e Italia (l’Alguer, onde é cooficial
 co sardo). Destes territorios só é lingua oficial no Principado de Andorra (cuns 35.000
 falantes), mentres que en Cataluña, Valencia e Baleares é cooficial co castelán.
         Ademais fálase na Franxa de Ponent, actualmente na comunidade de Aragón,
 formada polas comarcas de Ribagorça, Llitera, Baix Cinca e Matarranya, onde non é oficial,
 malia que desde 1990 gañou certo recoñecemento na lexislación autonómica. Unha pequena
 rexión de Murcia, coñecida como o Carxe, onde o catalán non é oficial.
         Unha denominación que intenta englobar a todas esas áreas é a de Países cataláns
 (Països catalans), popularizada por Joan Fuster no seu libro Nosaltres els valencians.

         El coneixement del català a Catalunya (2001)
         Segons les dades del cens lingüístic de l'any 2001, el 94,48% dels residents a
 Catalunya entén el català. El cens lingüístic del 2001 ha estat elaborat a partir dels
 resultats referits a la població de 2 i més anys, amb un total de 6.215.281 censats, amb
 desglossaments per grups d'edat, per procedències, per comarques i per municipis. Podeu
 consultar-ne els principals resultats:


                                         Xifres absolutes       Percentatge

L'entén                                  5.872.202              94,5 %

El sap parlar                            4.630.640              74,5 %

El sap llegir                            4.621.404              74,4 %

El sap escriure                          3.093.223              49,8 %

Total població major de 2 anys           6.215.281

Font: IDESCAT, Cens lingüístic de 2001


          Ao ser Cataluña unha comunidade cunha inmigración importante, a inmersión
 lingüística e a integración dos inmigrantes é un dos principais retos para o seu futuro.

         O valenciano é unha das versións estandarizadas do diasistema catalán-valenciano-
 balear. É cooficial nas tres provincias da Comunidade valenciana.
         A condición do valenciá é causa dun encarnizado debate político: algúns valencianos
 defenden a súa condición de lingua diferenciada do catalán, mentres que os cataláns e


 Departamento de Lingua                        12                             Lama das Quendas
outros valencianos insisten en que é un dialecto do tronco común do catalán. En calquera
caso, ninguén discute que se denomine "valenciá" na Comunidade Valenciana, o que é
tradicional desde o século XV.
        Sen embargo, a filiación do valenciano á lingua catalá non se discute en ningún
ámbito académico, nin da Comunidade Valenciana nin da lingüística internacional.
        Lo certo é que na lei 4/1983, do 23 de novembro, de uso e ensino do valenciano,
declárase que "o valenciano e o castelán son linguas cooficiais na comunidade valenciana"
pero en ningún caso explica especificamente que sexa unha lingua diferente do catalán.

        O Aranés. Está recoñecido polo Estatut catalán. O
aranés, é unha variante do gascón, dialecto do occitano oficial no
Vall d’Arán, Lleida, Comunidade Autónoma de Cataluña. Calcúlase
que unhas 5000 persoas falan aranés e unhas 7.000 son quen de
entendelo.
        Dispón dunha normativa oficial que, aínda que busca a
conservación do particular, non rompe coa unidade do conxunto.
        O aranés é idioma oficial no Vall de Arán (cunhas peculiaridades históricas que
están recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979). É lingua de aprendizaxe
obrigatoria e a lingua de uso do Conselh Generau d'Aran.

1. L’aranès, varietat de la llengua occitana i pròpia d’Aran, és oficial a la Vall d’Aran. També
ho són el català i el castellà, d’acord amb l’article 3 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya.
2. D’acord amb l’article 3.4 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya, l’aranès ha d’ésser
objecte d’ensenyament i d’especial respecte i protecció, i se n’ha de garantir l’ús tant en el
sistema educatiu com en l’activitat de l’Administració de la Generalitat i els mitjans
depenents de la Corporació Catalana de Ràdio i Televisió en el territori de la Vall d’Aran.
3. La Generalitat i les institucions d’Aran han d’adoptar les mesures necessàries per a
garantir el coneixement i l’ús normal de l’aranès i per a impulsar-ne la normalització.
4. La Generalitat i les institucions d’Aran han de vetllar per la conservació, la promoció i la
difusió de la cultura aranesa.

        O aranès é a lingua de aprendizaxe dos escolares de 3 a 7 anos e a lingua vehicular
en todos os centros de educación infantil e primaria no Vall d’Arán. Hai poucas edicións
nesta lingua entre as que destaca unha publicación semanal dentro de l'Avui.

        O Balear é unha variación do catalán falado nas Illes Balears. Distínguense as
variacións do Mallorquí, en Mallorca, Ibicenco (Eivissenc) nas Illas Pitiusas formadas por
Ibiza e Formentera e o Menorquí.

       O éuscaro é a lingua autóctona de Euskalherría (Euskadi, Nafarroa e Iparralde -
País Vasco francés con preto de 90.000 falantes). Das catro linguas, é a que conta con
menos falantes, e mesmo o seu uso é minoritario na propia sociedade vasca. A falta de
parentesco con outras linguas europeas provoca unha dificultade engadida para a súa
normalización, aínda que as políticas de inmersión lingüística do goberno autónomo están
conseguindo a súa recuperación entre a xente nova.
       Tras un período prolongado de declive estivo a piques de desaparecer, mais na
década dos 50 e principios dos 60 empeza recuperarse. Coa chegada da democracia, a
Constitución de 1978 e o Estatuto de Guernica recoñece na súa cooficialidade no País




Departamento de Lingua                        13                             Lama das Quendas
Vasco, onde pouco a pouco volveu á vida pública. Así mesmo, a súa cooficialidade nas zonas
euskalduns de Navarra está recoñecida polo “Amelloramento” do Foro de 1982.
       O euskara batua ("euskera unificado") foi creado a partir do ano 1968 pola
necesidade de unificar os diferentes dialectos cun mesmo conxunto de normas lingüísticas,
dada a dificultade de entenderse en éuscaro entre xentes que falaban diferentes
dialectos. No Congreso de Arantzazu (Arantzazuko Biltzarra) celebrado en 1968 e
convocado por Euskaltzaindia, establecéronse as liñas do que sería o euskera batúa,
versión oficial do idioma, sendo empregado no ensino, administración pública, medios de
comunicación e na maior parte da producción escrita.
       O galego (sobre 2.200.00 falantes) é recoñecido como lingua propia de Galicia polo
Estatuto de Autonomía do ano 1981. Posteriormente, no ano 1983, o Parlamento galego, a
proposta da Xunta, aproba a Lei de Normalización Lingüística, na que se declara que o
galego será a lingua de todos os Organismos autonómicos, que deberán comprometerse en
acadar a súa Normalización.
       Non só se fala galego en Galicia senón tamén en dezaoito concellos, pertencentes a
Asturias, León e Zamora. Actualmente estanse a desenvolver programas para que nalgúns
deses concellos se poida impartir o galego como materia optativa en certos niveis do ensino.
Tres concello de Cáceres conservan unha variedade de galego procedente da lingua
medieval. Xalimegu o a fala, falado no val do Xálima, en Ellas, Valverde do Fresno e San
Martín de Trevello, situadas na provincia de Cáceres, na zona de Estremadura.

      O astur-leonés recoñecido polo Estatuto asturiano, mais non é cooficial.
Eonaviego, fala de tránsito do asturiano co galego oriental. Leonés (Llïonés), León,
Zamora, Salamanca e Montañés o pasiegu, en Cantabria

       O aragonés tamén chamado fabla. O mesmo có anterior non ten carácter de
cooficial. Recluído nos vales próximos aos Perineos.

        Silbo gomero, na Gomera. É unha lingua non oral que coñecen os habitantes desta
illa.

       A situación das linguas no Estado Español experimentou mudanzas notábeis ao ritmo
das transformacións políticas. A Constitución Española de 1978, os Estatutos de Autonomía
e as Leis de Normalización Lingüística promulgadas nas comunidades con lingua propia
supuxeron o recoñecemento oficial das mesmas (a través da fórmula da cooficialidade).
       O castelán é considerada a lingua oficial do Estado, lingua que toda a cidadanía ten
o deber de coñecer e o dereito de usar. A continuación, recoñécese que as demais linguas
españolas serán tamén oficiais nas comunidades autónomas en que se falen, de acordo co
que se estipule nos respectivos estatutos de autonomía. Finalmente, establécese que as
diferentes «modalidades lingüísticas» representan un patrimonio cultural que deberá ser
obxecto de «especial respecto e protección».
       Aínda que o cambio con respecto á etapa franquista resulta cualitativamente moi
importante, cómpren avances normalizadores que impidan o unilingüismo. A Constitución
española de 1978 deixou abertos diferentes interrogantes sobre o modelo lingüístico do
Estado, que posteriormente o Tribunal Constitucional, a través de distintas sentenzas, foi
concretando.
       Un dos principais desafíos para a diversidade lingüística en España é o de modificar
calquera tipo de consideración negativa ante esa realidade plurilingüe e pluricultural que
conforma o noso mosaico sociolingüístico actual. A sensibilización da sociedade española


Departamento de Lingua                      14                            Lama das Quendas
cara á diversidade de linguas, vista non como unha limitación senón como unha oportunidade
e una riqueza desde calquera punto de vista, debe conducirnos a valorar na súa medida a
existencia de linguas e culturas diversas, e a apreciar o coñecemento e uso de tales
variedades.
         As linguas propias que se
recoñecen nos seus respectivos estatutos
son as seguintes: galego, catalán (en
Cataluña), catalán (nas Illas Baleares),
valenciano, éuscaro (no País Vasco) e
éuscaro (en Navarra). Outras linguas
tiveron     menos     fortuna     no     seu
recoñecemento estatutario: o asturiano e
o aragonés non foron consideradas linguas
propias no momento de redactaren os estatutos de autonomía e quedaron sumidas nun
proceso de institucionalización moito máis precario. E, no caso do aranés, recoñécese a súa
oficialidade no Estatuto de autonomía de Cataluña.
         Unha das consecuencias do escenario lingüístico constitucional e do
desenvolvemento do estado das autonomías foi a intensa xestión lingüística levada a cabo
na maior parte das comunidades con lingua propia, mediante un conxunto de políticas
lingüísticas aplicadas para manter e revitalizar o patrimonio lingüístico e cultural
respectivo. En Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Baleares
e, en menor medida, Asturias e Aragón, levouse a cabo unha intervención planificada sobre
as linguas propias. A intensidade da xestión lingüística non foi uniforme e podemos
distinguir entre comunidades con políticas lingüísticas de intensidade alta, media e baixa.

        O artigo 3º da Constitución establece:
1.O castelán é a lingua española oficial no Estado. Todos os españois teñen o deber de a
coñecer e o dereito de a usar.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades
Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que
será obxecto de especial respecto e protección.
        Considérase este artigo como un xerme de discriminación das linguas non estatais
polas seguintes razóns:
. Establécese un pluringüismo non igualitario, pois só se codifican os dereitos e deberes dos
cidadáns e cidadás con relación ao castelán, mentres que para as outras linguas só se cita o
dereito de as usar.
. Disponse unha territorialización impura, na que os castelán-falantes poden reclamar os
seus dereitos en calquera lugar do Estado, mentres que os falantes das outras linguas só os
poden facer efectivos dentro dos estritos límites da Comunidade Autónoma.
. Négase o dereito colectivo das comunidades con lingua diferente á oficial, pois para as
linguas diferentes do castelán só hai dereitos individuais.




Departamento de Lingua                       15                            Lama das Quendas

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoLuciano Fernández
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüERomán Landín
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)A profa Pilar Ponte
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.Marlou
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Marlou
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...IreneSeara
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2IreneSeara
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Marlou
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialSusana Ferreiro
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A SMarlou
 
Guía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguasGuía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguasMarlou
 

Was ist angesagt? (20)

O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráfico
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Unha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüEUnha Realidade PlurilingüE
Unha Realidade PlurilingüE
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
 
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundial
 
Galego finais sec xx
Galego finais sec xxGalego finais sec xx
Galego finais sec xx
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
E C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A SE C O L O XÍ A  D A S  L I N G U A S
E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S
 
A Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no EnsinoA Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no Ensino
 
Guía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguasGuía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguas
 

Ähnlich wie Apuntes lingua

As funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaAs funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaolgaamigodevesa
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxSinoSecundaria1
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
PlurilingüismoMarlou
 
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO cenlf
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMarlou
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaAnxo Lorenzo
 
Ano Linguas 2008
Ano Linguas 2008Ano Linguas 2008
Ano Linguas 2008endl
 
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de ElviñaCoordinadora Galega ENDL
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarCoordinadora Galega ENDL
 
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénPrexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénMarlou
 

Ähnlich wie Apuntes lingua (18)

As funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaAs funcions sociais da lingua
As funcions sociais da lingua
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
 
Linguas en galicia
Linguas en galiciaLinguas en galicia
Linguas en galicia
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Lingua e sociedade
Lingua e sociedadeLingua e sociedade
Lingua e sociedade
 
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
 
2ºEso Ud 04
2ºEso Ud 042ºEso Ud 04
2ºEso Ud 04
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
 
Linguas de diáspora
Linguas de diásporaLinguas de diáspora
Linguas de diáspora
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 
Ano Linguas 2008
Ano Linguas 2008Ano Linguas 2008
Ano Linguas 2008
 
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
 
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguénPrexuízo: O galego non o fala ninguén
Prexuízo: O galego non o fala ninguén
 

Mehr von xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 

Mehr von xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Apuntes lingua

  • 1. 1.- O conflito lingüístico. Definición causas e consecuencias. O ser humano é un ser social que convive con outros membros no seo dunha sociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionan entre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos a mesma lingua, pois os pobos somos diferentes. A diversidade lingüística é tan grande que atopamos 3000 linguas diferentes (ou 5000 para algúns estudosos menos estritos). O falante dunha lingua interpreta de maneira diferente o falante doutra realidade. Así, por exemplo, o pobo esquimó ten máis dunha ducia de termos para designar unha realidade que nós coñecemos cun só vocábulo: “neve”. A pluralidade lingüística do planeta non é maldición bíblica, senón signo de variedade humana e de progreso. Falar dunha única lingua como universal é un feito antihistórico. Situación lingüística mundial. Raramente coinciden as fronteiras lingüísticas coas políticas. Hai un número 30 veces maior de linguas ca de estados. A maior parte dos países do mundo enfróntanse actualmente con situacións de linguas en contacto e de conflito cultural. A realidade multilingüe está presente a escala mundial, condicionando numerosos problemas de orde social, económica e política. A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial implica unha decisión xurídico-política (usualmente de rango constitucional) que reflicta toda unha serie de actitudes precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal disociar do acto de autoridade. Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os cambios de status das linguas oficiais teñen que ser relacionados cos cambios na organización política. O status oficial dunha lingua específica non está fixado permanentemente, senón exposto a flutuacións de acordo coas circunstancias sociopolíticas. O multilingüismo é, con frecuencia, o final dun longo proceso de decisións dun sistema de reequilibrio de poder. A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos lingüísticos asentados no territorio do Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplos desta situación: o inglés na India, o francés no Líbano. LINGUAS NACIONAIS E/OU OFICIAIS Nacional sen recoñecemento político. Nacional e oficial Nacional recoñecida, oficial. Oficial, non nacional. A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos estados a miúdo presenta unha situación de desequilibrio e desigualdade non só numérica (maioría/minoría), senón tamén xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción, protección, defensa), de status (oficial/particular) e de emprego. Esta realidade cristaliza nun conflito lingüístico. As linguas non oficiais (minorizadas) sofren a competencia doutra asumida polo Estado coma oficial. No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións: - eliminación directa ou indirectamente das linguas minorizadas en favor da que o Estado define coma “nacional” e “oficial”: uniformismo. - recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para se comunicar con individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico. Departamento de Lingua 1 Lama das Quendas
  • 2. O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada unha das linguas desempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións posíbeis para calquera idioma. Dúas linguas nunha sociedade. Como xa dixen, ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas linguas no seo dunha sociedade, estamos ante un feito antinatural, froito das vicisitudes históricas. Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos: - os procesos de expansión e unificación política. - os movementos migratorios. - os contactos internacionais. Dos tres, o máis importante e frecuente é o primeiro. Estes acostuman ir unidos ao aniquilamento das culturas e das linguas diferentes ás da sociedade que se expande. Normalmente abranguen un longo período de tempo, dentro dun marco xurídico imposto, e cunha introdución lenta da lingua e da cultura dos dominadores. Esta superposición acaba en moitos casos coa desaparición da lingua autóctona: o caso do latín en Gallaecia. Esta situación é definida como substitución lingüística. Bisavós (monolingües L1) Avós (pseudobilingües) Fillos Netos (bilingües) (monolingües L2) Noutros casos as dúas linguas conviven dentro da mesma comunidade, aínda que con usos distintos: unha convértese en DOMINANTE (tamén chamada lingua A ou lingua de cultura) e ocupa os ámbitos socialmente relevantes (escrita, cultura...) e a outra convértese en lingua DOMINADA (tamén chamada lingua B, lingua minorizada ou idioma cuberto) e o seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste caso falamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas linguas No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV: o castelán é a lingua dominante e o galego é a dominada. Algo semellante sucede nas demais comunidades españolas con dúas linguas. O CONFLITO LINGÜÍSTICO non é máis que o reflexo das tensións sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante. A resolución do conflito é imprevisible. Será a lealdade lingüística dos falantes así como a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas as que provocarán que se resolva: ou coa substitución lingüística da Lingua B pola Lingua A, ou coa plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeira dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda. Tamén hai que supón que se pode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica. Departamento de Lingua 2 Lama das Quendas
  • 3. Exercicios "...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co desenvolvemento cognitivo. Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos para ambas as dúas linguas." Mackey/Siguán 1986. CUESTIÓNS: 1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no texto. 2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde tamén se produza esta situación. 3. Extrae as ideas principais do texto. 4. Fai unha valoración crítica destas ideas. O galego como lingua útil. Tense dito mil veces, cen mil veces, millóns de veces, que o idioma galego non é un idioma útil, o que é certo nun determinado sentido da utilidade. Nos que así pensan subxace este esquema, estas tres premisas: a) O galego non serve fóra das fronteiras do noso pequeno país; por conseguinte, o castelán (e aínda máis o inglés) é de maior utilidade. b) O galego, secularmente idioma non escalafonal, é unha lingua que non produce diñeiro; sen embargo o castelán (e aínda máis o inglés) chaman polo diñeiro: teñen maior utilidade. c) O galego ten sido (dito dun xeito moi impreciso) a lingua da xente non distinguida e/ou non poderosa; polo tanto o outro idioma da polémica, o castelán, ten máis utilidade. ¿Para que -pregúntanse moitos pais, moitas nais- o ensino dunha lingua así? Desde unha filosofía tan vulgar, tan inmoral da utilidade teñen toda a razón do mundo. Agora ben, eses pais e esas nais deberían esixiren nos nosos institutos a disciplina "como asaltar bancos e caixas de aforro con éxito", saber moito máis útil có castelán e o inglés xuntos. Quizais os asustase tanta coherencia. Desde outra "moral" pódese pensar que o galego é un idioma útil, entrañablemente útil. ¿Haberá maior utilidade espiritual que entendérmonos na voz natural e cálida da maioría dunha comunidade?¿Haberá utilidade máis gratificante cá de non subestimar e ferir a ninguén porque fale a súa lingua histórica?¿Haberá utilidade máis humana có feito Departamento de Lingua 3 Lama das Quendas
  • 4. de enfrontármonos coa construción do futuro sen rexeitarmos ou acomplexarmos, a realidade presente? Xesús Alonso Montero, Lingua e administración. CUESTIÓNS: 1. Que "utilidade" ten para ti o galego? e o español? e o inglés? 2. Por que di o texto que o castelán e o inglés "chaman polo diñeiro"? 3. En que idioma realizas ti cada unha das funcións da lingua? por que usas ese idioma? Cres que o galego é valido para todas estas funcións? Xustifícao. "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo." Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971. 1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno lingüístico que se constata no relato. 2. Segundo a información do fragmento, cal pode ser o prestixio e cales as funcións desempeñadas polo gaélico e o inglés? "Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados". Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid. CUESTIÓNS: 1. Que inxustizas denuncia Castelao no texto? 2. Que ton emprega no seu discurso? Por que cres que usa este e non outro calquera? 3. Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia? 4. Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"? J. Aparicio, actual ministro de Prensa e propaganda do réxime falanxista, no xornal "El Pueblo" de Madrid: "A los gallegos hay que traerlos a Madrid, y meterlos en un campo de concentración para inculcarles una reeducación de su sentido político, y cambiarles su alma gallega:" Departamento de Lingua 4 Lama das Quendas
  • 5. 2.- Lingua minorizada e lingua minoritaria. definición. Semellanzas e diferenzas. No mundo hai case vinte veces máis linguas que estados. A maior parte deles teñen que enfrontarse aos problemas orixinados pola convivencia no seu territorio de varias linguas. Habitualmente establécese unha relación de desequilibrio entre elas: unha das linguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamente os seus ámbitos de uso. Deste xeito, a esta última impídeselle desenvolverse con normali- dade, limitando as súas posibilidades nos diferentes espazos comunicativos e empobrecéndoa por falta de cultivo, e en moitos casos só aquela recibe o recoñecemento oficial como idioma estatal. É o que se coñece como minorización lingüística: un proceso polo que a lingua propia dun territorio vai perdendo protagonismo na vida da comunidade, cedendo funcións e ámbitos de uso a favor doutra lingua máis poderosa coa que está en contacto. Convértense así en minorizadas a linguas que se ben son minoritarias no conxunto estatal son maioritarias no seu territorio lingüístico-cultural. Esta tensión de intentar ampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca a aparición do chamado conflito lingüístico. As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicábeis en termos numéricos a unha lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. O español é unha lingua minoritaria en Europa ou Estados Unidos ou en Galicia, pero maioritaria en España. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben sexa pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo étnico-histórico que sempre a empregou. E, á súa vez, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe que a usa é máis elevada. Unha lingua é minorizada cando os seus usos sociais están supeditados aos usos doutra lingua (dominante), normalmente foránea, cando fronte a esta última está nunha situación de desvantaxe ou desequilibrio. Unha lingua é maiorizada cando ten uns usos sociais plenos e as súas funcións sociais están garantidas e normalizadas. Así, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por teren restrinxidos os seus usos; pero tamén linguas minoritarias normalizadas, que son o instrumento habitual de comunicación entre os seus falantes. E unha mesma lingua pode ter un status diferente en función do territorio: o francés é unha lingua minorizada no Canadá pero non en Francia, claro; o alemán tamén o é nos vales alpinos de Italia ou en Rusia, pero non en Alemaña ou Austria. Vexamos algúns exemplos: - Linguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco en Flandres, etc. - Linguas maioritarias minorizadas: galego en Galiza, frisón en Frisia (Holanda), sardo en Sardeña (Italia), etc. - Linguas minoritarias minorizadas: é a tipoloxía máis común por ser produto da falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira político- administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres; do portugués en España; do grego en Italia e Albania; etc. Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias? Ás veces as estatísticas confunden grupo étnico con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticos maioritarios tenden a apropiarse de falantes doutras orixes, mentres os minoritarios e minorizados sofren deserción dos falantes cara os maioritarios e maiorizados. A maioría dos falantes das linguas non estatais son bilingües/diglósicos entre lingua propia/lingua Departamento de Lingua 5 Lama das Quendas
  • 6. estatal. As linguas minorizadas e minoritarias son tan faladas coma agochadas pola súa comunidade. Por iso, as estatísticas menten, ben porque as fan os estados para verificar o grao de homoxeneización nacional na única lingua oficial do Estado, ben porque a fan sen un coñecemento profundo das comunidades lingüísticas. Unha das manifestacións dunha situación de minorización lingüística é a chamada interposición ou mediatización, que consiste en que as relacións entre os falantes da lingua minorizada e os doutras comunidades externas se establecen a través do idioma hexemónico, obrigando aos falantes da minorizada a seren bilingües. E ante o perigo de desaparición da riqueza que aporta a diversidade lingüística, o ecolingüismo defende o equi- librio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve a súa propia lingua e coñeza unha segunda exclusivamente para as relacións con outras idiomaticamente diferentes. Linguas nacionais e nacionalismos lingüísticos. Os estados non son lingüisticamente homoxéneos. No mundo dáse unha grande variedade de lexislacións e situacións lingüísticas. Non é o mesmo a férrea represión que exerce a democrática Grecia có respecto e consideración igualitaria que aplica Suíza ás súas catro linguas nacionais. Hai todo un abano de tratamentos diferentes a situacións moi semellantes. As normas, declaracións e acordos internacionais son ineficaces por non seren vinculantes. Decatémonos de que, agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situación van coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira administrativa. A política e economía dos poderosos impuxéronse historicamente sobre as linguas e nacións naturais. Por iso non vale aplicar o adxectivo “estatal” ás linguas: o catalán non é só unha lingua española, tamén o é francesa, andorrana e italiana. As linguas son do pobo que as creou e as mantén vivas e non coñece pasaportes nin alfándegas. Hai estados que lles aplican ás súas linguas estatutos territoriais, sen teren en conta a non coincidencia entre territorio político e lingüístico. Outros estados aplican un estatuto persoal. A persoa pode empregar a lingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto acontece en Finlandia co finlandés e o sueco (pero non co saami). O problema que presenta este modelo é que resulta antieconómico. En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992 unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural e declárase que é responsabilidade dos poderes públicos a defensa dos idiomas minorizados. Pretende comprometer aos estados na promoción destas linguas con medidas que rematen coa discriminación. Artigo 12 1. No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver tódalas actividades na súas lingua, se é a lingua propia de onde reside. Artigo 29 1. Toda persoa ten dereito a recibi-la educación na lingua propia do territorio onde reside. No estado español, existen tres linguas minorizadas que a Constitución democrática recoñeceu legalmente como cooficiais nos seus respectivos territorios. Pero os esforzos normalizadores dos gobernos autónomos aprobando leis de normalización lingüística seguen sendo fonte de conflitos políticos que buscan perpetuar a discriminación que favorece a lingua maioritaria. Podemos establecer varias distincións en canto ao comportamento dos Estados fronte á diversidade lingüística: Departamento de Lingua 6 Lama das Quendas
  • 7. - Monolingüismo estatal real: é o caso de Islandia, onde o islandés é a única lingua falada pola totalidade da poboación. - Monolingüismo estatal irreal: é o caso de Francia, Grecia, Letonia, Lituania, Estonia. Dentro das súas fronteiras hai falantes doutras linguas pero o Estado ignóraas e impón o monolingüismo na única lingua oficial.1 - Plurilingüismo estatal: pode ser oficial igualitario; en todo o Estado son cooficiais e válidas para todos os usos varias linguas. É o caso de Irlanda e Iugoslavia. Estatal oficial territorial; existe unha lingua nacional oficial en todo o Estado e, nalgúns territorios concretos, a lingua autóctona é cooficial. É o caso de España. Pode ser que coexistan varias linguas nacionais oficiais cada unha nun territorio do Estado. É o caso de Bélxica, onde a única lingua oficial de Flandres é o flamenco e a única lingua de Valonia é o francés. Os contactos das linguas. Os intercambios e contactos lingüísticos equilibrados, en pé de igualdade, non afectaría en principio á vitalidade das linguas en cadanseus territorios. O problema comeza cos contactos en desigualdade, cando teñen lugar desequilibrios e falla de reciprocidade. Neste caso podémonos atopar perante de situacións de asimilación, hibridación e, co paso do tempo, substitución dunha por outra. As asimilacións proveñen de históricas imposicións militares, de desprazamentos masivos de poboación, do uso exclusivo da lingua dominante na ciencia, administración, economía, igrexa, etc.; do uso dominante da lingua estatal nos núcleos urbanos; e do poder cultural, político e/ou ideolóxico exercido pola sociedade que emprega a lingua dominante. Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno. A recuperación das linguas menores pasa primeiramente pola lealdade familiar, pola continuidade da transmisión xeracional, pola esixencia da lingua vehicular escolar, por medidas de discriminación correctiva e, sobre todo, pola conciencia e vontade dos e das falantes. A moitas destas linguas fáltalles conquistar prestixio, pois uso aínda teñen. Para modificar esta situación cómpre un mínimo de poder político, unha mínima autonomía e vontade e capacidade de xestión e decisión para poñer en práctica medidas de equilibrio e discriminación positiva. ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas. En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte, dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder en pequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia en liberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase un conflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súa propia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos. Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moi importante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia da fórmula suíza. 0 nacionalismo ten moitos aspectos. 0 nacionalismo pode significar un amor polo teu país. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creo que todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentido do termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o 1 Era o caso de Portugal ata que recoñeceu a existencia do mirandés. Departamento de Lingua 7 Lama das Quendas
  • 8. mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo do nacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unha nación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... ) Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que descubra o LSD) publicada en BABELIA, revista de cultura, El País, o 11 de xullo de 1992. TEXTO: "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo." Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971. 1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno lingüístico que se constata no relato. 2. Segundo a información do fragmento, ¿cal pode ser o prestixio e cales as funcións desempeñadas polo gaélico e o inglés? 3. ¿Coñeces algún outro contexto lingüístico (próximo a ti) onde se produza un fenómeno semellante? Explica a súa situación. TEXTO : "...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co desenvolvemento cognitivo. Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos para ambas as dúas linguas." Mackey/Siguán 1986. 1. Busca no dicionario as palabras marcadas no texto. 2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde tamén se produza esta situación. 3. Extrae as ideas principais do texto. Departamento de Lingua 8 Lama das Quendas
  • 9. 3.- Bilingüismo e diglosia. Definición, causas e consecuencias. O contacto de linguas, a existencia de dous ou máis sistemas lingüísticos nun mesmo territorio, ten repercusións sociais, culturais e psicolóxicas, xa que incide tanto no plano social como no plano individual. O bilingüismo, ou coexistencia de dúas ou máis linguas, considerado individualmente é un elemento enriquecedor, mais dentro dunha colectividade ou nación é adoito xerme de conflitos e tensións, o que coñecemos como conflito lingüístico, que cómpre superar. As distintas linguas pode estar repartidas de moi diversas maneiras: - A división pode ser territorial: segundo as zonas fálase unha lingua ou outra. Nesta situación, cada falante e cada comunidade ten unha soa lingua de instalación propia, pero a necesidade de convivencia e o intercambio comunicativo obrígaos a coñecer outra ou outras linguas de relación. - A división pode ser social: uns grupos sociais -definidos pola clase, a etnia, a relixión...- empregan unha lingua distinta doutros. Cada un deles está instalado nunha lingua e recorre a unha lingua de relación, que polo xeral é a do grupo dominante e máis prestixiado. Ademais, pode haber individuos ou grupos de individuos que procuren cambiar de lingua, tendendo a usar a dos mellor situados para evidenciar o seu ascenso na escala social. - A división pode ser funcional: unha lingua ten unha función alta (ensino, documentos, liturxia, medios de comunicación...) e outra unha función baixa (conversa familiar ou coloquial, uso cotián...). Este reparto desigual e xerárquico das funcións sociais é o que a sociolingüística denomina diglosia. Unha das variedades das linguas en contacto é o bilingüismo. Con este nome defínese a situación dun individuo ou dunha poboación que empregan dúas linguas sen especial aptitude cara unha ou outra. Cómpre distinguirmos dúas dimensións: individual e social ou colectivo. - Do punto de vista individual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuo para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar o grao de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito. - Do punto de vista social falamos de bilingüismo cando no seo dunha comunidade se empregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo condición indispensábel que unha parte importante dos individuos desa sociedade sexan bilingües. Se isto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo. Un exemplo disto é o caso belga. En Bélxica existen oficialmente varias comunidades lingüísticas: no norte, en Flandes, fálase flamengo, mentres que no sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o valón e o francés. Hoxe recoñécense catro rexións lingüísticas, cada unha cun territorio determinado. Tres delas son monolingües: a flamenga, a francesa (cos valóns falantes) e a xermana. Só na capital, Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-flamengo; agora ben, a poboación non é maioritariamente bilingüe. Tanto uns coma outros desenvolven a súa vida social nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua, asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventás distintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas escolares distintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo. No fenómeno do bilingüismo o primario non reside na dimensión individual, senón no proceso histórico que puxo en contacto as dúas linguas, e nos factores sociais, políticos e económicos que determinan o desenvolvemento dese contacto. Departamento de Lingua 9 Lama das Quendas
  • 10. O outro fenómeno que se produce cando se atopan dúas linguas en contacto é a diglosia. Denominamos así o feito de que no interior dunha sociedade dúas linguas cumpran funcións diferentes, sendo empregadas en situacións e contextos distintos. Unha delas (a de maior prestixio: lingua A ou dominante) é a que se emprega nas situacións máis formais, mentres que a outra (a de menos prestixio: lingua B ou dominada) só se emprega, habitualmente, en situación coloquiais. A coexistencia entre as dúas linguas é tensa e inestábel. Nesta situación hai tres grupos posíbeis: grupo monóglota en lingua foránea, grupo diglósico e grupo monóglota na lingua propia. Se non se mudan as tendencias, as situacións diglósicas camiñan cara o que Calvet denomina glotofaxia. A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas é a normalización lingüística, isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación dunha sociedade. Cada lingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis. Os procesos normalizadores dependen da acción institucional da comunidade, materializada a través do poder político, da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupan para levar a cabo o proceso normalizador, e da acción individual, derivada da vontade de ser das persoas que conforman a sociedade. O obxectivo final dun estado multilingüe e democrático non é “promover o bilingüismo” senón garantir a utilización de dúas ou máis linguas na comunidade política asegurando o seu futuro. En Galiza, a distribución social do galego e o castelán non é homoxénea nin uniforme. O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clases dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso; mentres que o galego chega a identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a tradición, o pasado... Esta situación caracterízase pola súa inestabilidade, tanto no tempo (pode mudar segundo as circunstancias históricas) como na organización social: hai sectores da nosa sociedade que teñen interiorizada a diglosia pero outros manteñen a conciencia lingüística de posuírmos unha lingua propia, coa mesma dignidade e posibilidades que calquera idioma. Existen, pois, colectivos e ámbitos de uso superadores desta situación diglósica, deste uso condicionado das linguas, aínda que non dan contrarrestado as tendencias desgaleguizadoras. Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de coñecemento e uso do galego revelan que é entendido pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de falalo; pero só posúen competencia escrita menos da metade dos falantes. O analfabetismo en galego é xeral entre os adultos aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novas xeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma propio. Pero as porcentaxes de uso varían en función de diversos factores socioculturais: o hábitat rural ou urbano e os niveis cultural e económico. Nos centros urbanos e nas capas sociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, sen embargo, non ten exacta correspondencia se atendemos aos indicadores culturais. Nesta conxuntura, só existen dúas posibles saídas: a substitución lingüística, a desaparición do galego en beneficio do castelán, ou a normalización, a súa consideración como unha ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural, e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos. O proceso de normalización lingüística pode avanzar se se inverte a tendencia a empregar o castelán mesmo tendo competencia activa en galego. O poder político, con iniciativas de planificación lingüística, e os medios de comunicación de masas poden xogar un papel decisivo. En todo caso, a conciencia da sociedade galega de que o idioma é o noso sinal de identidade será determinante no futuro. Departamento de Lingua 10 Lama das Quendas
  • 11. TEXTO: "Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados". Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid. CUESTIÓNS: 1. ¿Que inxustizas denuncia Castelao no texto? 2. ¿Que ton emprega no seu discurso?¿Por que cres que usa este e non outro calquera? 3. ¿Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia? 4. ¿Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"? TEXTO: “O galego coma obxecto metalingüístico” É así que, na política oficial, o que se pretende é converter o galego nunha peza da metalingüística. O idioma non tería valor en por si, ao non se lle conceder validade social, necesariedade de uso, presentabilidade pública, senón que a súa única valencia sería a do seu estudo ou mención sentimental e, por suposto, a de referente preciso para a rede de produtos culturais consentidos e patrocinados (sempre que pasen a “proba do nove”: non competiren ou desprazaren o reino do español). A iso responde a asignaturización do galego, non acompañada da necesaria galeguización do resto das materias; a iso responde igualmente a política de exportación do galego, cando, intramuros, no seu propio país, continúa a ser unha criatura raquítica. Lembramos a propaganda que acompañaba, hai algúns anos, o anuncio da publicación dun dicionario trilingüe, español/inglés/galego. Rezaba así: “Los tres son importantes: el primero por ser nuestro idioma oficial y por su importancia en el mundo. El segundo se hace imprescindible para la vida moderna, representando en la sociedad y en el trabajo el idioma universal. El tercero representa la identidad y las raíces de nuestro pueblo, haciéndose hoy día imprescindible para enriquecer nuestra cultura y mantener viva nuestra Historia”. A xerarquía na utilidade: o real e práctico versus o ideal, arqueolóxico, prescindíbel e inútil,ao cabo. O mao, para semellantes propostas, é existirmos organizacións e persoas galegas que queremos –e así o facemos valer- que o alego sirva para a vida práctica, o traballo, a “sociedade”, a vida moderna e, por suposto, para a cultura integrada e funcional, non para a inmobilizada e con maiúsculas... Pilar García Negro, 1993 1. Fai unha crítica fundamentada das ideas expostas no texto. Departamento de Lingua 11 Lama das Quendas
  • 12. 4.- Identificación das linguas, territorio que ocupan e marco legal no que se desenvolven España é un dos estados lingüisticamente máis complexos da Unión Europea. Ademais das catro linguas máis coñecidas (o galego, o castelán, o catalán e o éuscaro), existen outras falas ou variedades con personalidade bastante diferenciada, como o bable ou o aranés. A poboación que vive nos territorios nos que as linguas minorizadas son actualmente oficiais representa máis do 40% do total do Estado. Este pluringüismo é unha manifestación da diversidade cultural, que historicamente non foi entendido como enriquecedora, desde un afán uniformizador negador da pluralidade das culturas que compoñen o estado e, por iso, fonte de conflitos. As circunstancias histórico-políticas converteron o castelán en lingua dominante, excluíndo de calquera uso público as outras linguas, ignorando os seus dereitos ou catalogándoas pexorativamente como dialectos. O catalán é unha lingua falada por uns 7,5 millóns de persoas e compréndena máis de 10,5 millóns en España, Francia (no Rosellón), Andorra e Italia (l’Alguer, onde é cooficial co sardo). Destes territorios só é lingua oficial no Principado de Andorra (cuns 35.000 falantes), mentres que en Cataluña, Valencia e Baleares é cooficial co castelán. Ademais fálase na Franxa de Ponent, actualmente na comunidade de Aragón, formada polas comarcas de Ribagorça, Llitera, Baix Cinca e Matarranya, onde non é oficial, malia que desde 1990 gañou certo recoñecemento na lexislación autonómica. Unha pequena rexión de Murcia, coñecida como o Carxe, onde o catalán non é oficial. Unha denominación que intenta englobar a todas esas áreas é a de Países cataláns (Països catalans), popularizada por Joan Fuster no seu libro Nosaltres els valencians. El coneixement del català a Catalunya (2001) Segons les dades del cens lingüístic de l'any 2001, el 94,48% dels residents a Catalunya entén el català. El cens lingüístic del 2001 ha estat elaborat a partir dels resultats referits a la població de 2 i més anys, amb un total de 6.215.281 censats, amb desglossaments per grups d'edat, per procedències, per comarques i per municipis. Podeu consultar-ne els principals resultats: Xifres absolutes Percentatge L'entén 5.872.202 94,5 % El sap parlar 4.630.640 74,5 % El sap llegir 4.621.404 74,4 % El sap escriure 3.093.223 49,8 % Total població major de 2 anys 6.215.281 Font: IDESCAT, Cens lingüístic de 2001 Ao ser Cataluña unha comunidade cunha inmigración importante, a inmersión lingüística e a integración dos inmigrantes é un dos principais retos para o seu futuro. O valenciano é unha das versións estandarizadas do diasistema catalán-valenciano- balear. É cooficial nas tres provincias da Comunidade valenciana. A condición do valenciá é causa dun encarnizado debate político: algúns valencianos defenden a súa condición de lingua diferenciada do catalán, mentres que os cataláns e Departamento de Lingua 12 Lama das Quendas
  • 13. outros valencianos insisten en que é un dialecto do tronco común do catalán. En calquera caso, ninguén discute que se denomine "valenciá" na Comunidade Valenciana, o que é tradicional desde o século XV. Sen embargo, a filiación do valenciano á lingua catalá non se discute en ningún ámbito académico, nin da Comunidade Valenciana nin da lingüística internacional. Lo certo é que na lei 4/1983, do 23 de novembro, de uso e ensino do valenciano, declárase que "o valenciano e o castelán son linguas cooficiais na comunidade valenciana" pero en ningún caso explica especificamente que sexa unha lingua diferente do catalán. O Aranés. Está recoñecido polo Estatut catalán. O aranés, é unha variante do gascón, dialecto do occitano oficial no Vall d’Arán, Lleida, Comunidade Autónoma de Cataluña. Calcúlase que unhas 5000 persoas falan aranés e unhas 7.000 son quen de entendelo. Dispón dunha normativa oficial que, aínda que busca a conservación do particular, non rompe coa unidade do conxunto. O aranés é idioma oficial no Vall de Arán (cunhas peculiaridades históricas que están recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979). É lingua de aprendizaxe obrigatoria e a lingua de uso do Conselh Generau d'Aran. 1. L’aranès, varietat de la llengua occitana i pròpia d’Aran, és oficial a la Vall d’Aran. També ho són el català i el castellà, d’acord amb l’article 3 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya. 2. D’acord amb l’article 3.4 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya, l’aranès ha d’ésser objecte d’ensenyament i d’especial respecte i protecció, i se n’ha de garantir l’ús tant en el sistema educatiu com en l’activitat de l’Administració de la Generalitat i els mitjans depenents de la Corporació Catalana de Ràdio i Televisió en el territori de la Vall d’Aran. 3. La Generalitat i les institucions d’Aran han d’adoptar les mesures necessàries per a garantir el coneixement i l’ús normal de l’aranès i per a impulsar-ne la normalització. 4. La Generalitat i les institucions d’Aran han de vetllar per la conservació, la promoció i la difusió de la cultura aranesa. O aranès é a lingua de aprendizaxe dos escolares de 3 a 7 anos e a lingua vehicular en todos os centros de educación infantil e primaria no Vall d’Arán. Hai poucas edicións nesta lingua entre as que destaca unha publicación semanal dentro de l'Avui. O Balear é unha variación do catalán falado nas Illes Balears. Distínguense as variacións do Mallorquí, en Mallorca, Ibicenco (Eivissenc) nas Illas Pitiusas formadas por Ibiza e Formentera e o Menorquí. O éuscaro é a lingua autóctona de Euskalherría (Euskadi, Nafarroa e Iparralde - País Vasco francés con preto de 90.000 falantes). Das catro linguas, é a que conta con menos falantes, e mesmo o seu uso é minoritario na propia sociedade vasca. A falta de parentesco con outras linguas europeas provoca unha dificultade engadida para a súa normalización, aínda que as políticas de inmersión lingüística do goberno autónomo están conseguindo a súa recuperación entre a xente nova. Tras un período prolongado de declive estivo a piques de desaparecer, mais na década dos 50 e principios dos 60 empeza recuperarse. Coa chegada da democracia, a Constitución de 1978 e o Estatuto de Guernica recoñece na súa cooficialidade no País Departamento de Lingua 13 Lama das Quendas
  • 14. Vasco, onde pouco a pouco volveu á vida pública. Así mesmo, a súa cooficialidade nas zonas euskalduns de Navarra está recoñecida polo “Amelloramento” do Foro de 1982. O euskara batua ("euskera unificado") foi creado a partir do ano 1968 pola necesidade de unificar os diferentes dialectos cun mesmo conxunto de normas lingüísticas, dada a dificultade de entenderse en éuscaro entre xentes que falaban diferentes dialectos. No Congreso de Arantzazu (Arantzazuko Biltzarra) celebrado en 1968 e convocado por Euskaltzaindia, establecéronse as liñas do que sería o euskera batúa, versión oficial do idioma, sendo empregado no ensino, administración pública, medios de comunicación e na maior parte da producción escrita. O galego (sobre 2.200.00 falantes) é recoñecido como lingua propia de Galicia polo Estatuto de Autonomía do ano 1981. Posteriormente, no ano 1983, o Parlamento galego, a proposta da Xunta, aproba a Lei de Normalización Lingüística, na que se declara que o galego será a lingua de todos os Organismos autonómicos, que deberán comprometerse en acadar a súa Normalización. Non só se fala galego en Galicia senón tamén en dezaoito concellos, pertencentes a Asturias, León e Zamora. Actualmente estanse a desenvolver programas para que nalgúns deses concellos se poida impartir o galego como materia optativa en certos niveis do ensino. Tres concello de Cáceres conservan unha variedade de galego procedente da lingua medieval. Xalimegu o a fala, falado no val do Xálima, en Ellas, Valverde do Fresno e San Martín de Trevello, situadas na provincia de Cáceres, na zona de Estremadura. O astur-leonés recoñecido polo Estatuto asturiano, mais non é cooficial. Eonaviego, fala de tránsito do asturiano co galego oriental. Leonés (Llïonés), León, Zamora, Salamanca e Montañés o pasiegu, en Cantabria O aragonés tamén chamado fabla. O mesmo có anterior non ten carácter de cooficial. Recluído nos vales próximos aos Perineos. Silbo gomero, na Gomera. É unha lingua non oral que coñecen os habitantes desta illa. A situación das linguas no Estado Español experimentou mudanzas notábeis ao ritmo das transformacións políticas. A Constitución Española de 1978, os Estatutos de Autonomía e as Leis de Normalización Lingüística promulgadas nas comunidades con lingua propia supuxeron o recoñecemento oficial das mesmas (a través da fórmula da cooficialidade). O castelán é considerada a lingua oficial do Estado, lingua que toda a cidadanía ten o deber de coñecer e o dereito de usar. A continuación, recoñécese que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas comunidades autónomas en que se falen, de acordo co que se estipule nos respectivos estatutos de autonomía. Finalmente, establécese que as diferentes «modalidades lingüísticas» representan un patrimonio cultural que deberá ser obxecto de «especial respecto e protección». Aínda que o cambio con respecto á etapa franquista resulta cualitativamente moi importante, cómpren avances normalizadores que impidan o unilingüismo. A Constitución española de 1978 deixou abertos diferentes interrogantes sobre o modelo lingüístico do Estado, que posteriormente o Tribunal Constitucional, a través de distintas sentenzas, foi concretando. Un dos principais desafíos para a diversidade lingüística en España é o de modificar calquera tipo de consideración negativa ante esa realidade plurilingüe e pluricultural que conforma o noso mosaico sociolingüístico actual. A sensibilización da sociedade española Departamento de Lingua 14 Lama das Quendas
  • 15. cara á diversidade de linguas, vista non como unha limitación senón como unha oportunidade e una riqueza desde calquera punto de vista, debe conducirnos a valorar na súa medida a existencia de linguas e culturas diversas, e a apreciar o coñecemento e uso de tales variedades. As linguas propias que se recoñecen nos seus respectivos estatutos son as seguintes: galego, catalán (en Cataluña), catalán (nas Illas Baleares), valenciano, éuscaro (no País Vasco) e éuscaro (en Navarra). Outras linguas tiveron menos fortuna no seu recoñecemento estatutario: o asturiano e o aragonés non foron consideradas linguas propias no momento de redactaren os estatutos de autonomía e quedaron sumidas nun proceso de institucionalización moito máis precario. E, no caso do aranés, recoñécese a súa oficialidade no Estatuto de autonomía de Cataluña. Unha das consecuencias do escenario lingüístico constitucional e do desenvolvemento do estado das autonomías foi a intensa xestión lingüística levada a cabo na maior parte das comunidades con lingua propia, mediante un conxunto de políticas lingüísticas aplicadas para manter e revitalizar o patrimonio lingüístico e cultural respectivo. En Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e, en menor medida, Asturias e Aragón, levouse a cabo unha intervención planificada sobre as linguas propias. A intensidade da xestión lingüística non foi uniforme e podemos distinguir entre comunidades con políticas lingüísticas de intensidade alta, media e baixa. O artigo 3º da Constitución establece: 1.O castelán é a lingua española oficial no Estado. Todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar. 2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección. Considérase este artigo como un xerme de discriminación das linguas non estatais polas seguintes razóns: . Establécese un pluringüismo non igualitario, pois só se codifican os dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás con relación ao castelán, mentres que para as outras linguas só se cita o dereito de as usar. . Disponse unha territorialización impura, na que os castelán-falantes poden reclamar os seus dereitos en calquera lugar do Estado, mentres que os falantes das outras linguas só os poden facer efectivos dentro dos estritos límites da Comunidade Autónoma. . Négase o dereito colectivo das comunidades con lingua diferente á oficial, pois para as linguas diferentes do castelán só hai dereitos individuais. Departamento de Lingua 15 Lama das Quendas