4. En Lingua galega e literatura CCBB Disposición de amplas e variadas posibilidades para realizar tarefas de produción de podcast coas que desenvolver un conxunto de competencias básicas : comunicación lingüística -escoitar, falar, conversar e ler-, tratamento da información e dixital, autonomía... Oralidade O traballo con audio na rede (manexo das TIC, doada revisión...) pode contribuír a potenciar e mellorar a oralidade , factor fundamental na situación sociolingüística actual e cun valor no currículo que non soe corresponderse coas prácticas da aula
5. En Lingua galega e literatura Contidos implicados (sen graduar) 1. Participación activa, adoptando o rexistro adecuado e respectando as normas de interacción, en situacións de comunicación propias da vida social ( entrevistas, simposios, debates ...) e nas académicas como exposicións de informes sobre tarefas realizadas ou conclusións (en calquera bloque de contidos: en proxectos para o recoñecemento, análise ou enfrontamento dos prexuízos lingüísticos, en traballos sobre os contextos histórico-literarios, etc.)
6. En Lingua galega e literatura Contidos implicados 2 . Realización axeitada doutras producións orais planificadas, como exposicións de informacións de actualidade, narracións orais a partir dun guión e incluíndo descricións e valoracións dos feitos, etc. 3 . Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos e adecuada aos patróns fonéticos. Lectura expresiva e mais audición de textos dos diferentes xéneros literarios
7. En Lingua galega e literatura Contidos implicados 4 . Uso consciente dos elementos paraverbais (volume, entoación, velocidade, pausas) nas intervencións orais planificadas. 5 . Comprensión de textos orais diversos: os diferentes xéneros dos medios de comunicación, presentacións e exposicións do ámbito académico, etc.
8. En Lingua galega e literatura Contidos implicados 6 . Valoración das producións orais emitidas con boa fonética. Interese por producir enunciados non interferidos desde o punto de vista da pronuncia. Reflexión sobre aspectos fonético-fonolóxicos nos que se poden producir interferencias. 7 . Uso das TIC para elaborar textos escritos correctos, neste caso apoiándose na verbalización automática do escrito.
12. Posibilidades didácticas Proposta 1 Recolleita con gravadora dixital de intervencións da aula -como exposicións, debates, presentacións dos procesos de traballo seguidos no desenvolvemento de tarefas, etc.- con posterior edición e/ou revisión da adecuación, entoación, fonética, axustamento aos parámetros do xénero textual... [ 1, 2, 4, 6 ] Exemplo: Exposicións orais
13. Posibilidades didácticas Proposta 2 Recolleita de intervencións alleas de diversas situacións educativas (actuacións, charlas...) e de ámbitos sociais próximos, con posibilidade de exploralas para efectuar actividades de comprensión, valoración, presentación, recreación, etc. [ 5, 6 ] Exemplo: Só quedan, tal vez, as nubes
14. Posibilidades didácticas Proposta 3 T ransmisión de coñecementos en relación cos contidos curriculares: exposición didáctica de temas clave, presentación de -por exemplo- situacións sociolingüísticas, características textuais ou etapas e autores literarios, diálogo reflexivo ou de aproximación a determinados saberes... [ 1, (3) ] Exemplo: María Mariño Carou
15. Posibilidades didácticas Proposta 4 Presentación e comentario de diferentes novas dos medios audiovisuais e de experiencias, propias e alleas, en relación coa lingua e a súa situación sociolingüística. [ 2 ] Fóra do ensino: Exame da realidade
16. Posibilidades didácticas Proposta 5 Transmisión e comentario de novas (do Centro, do contorno ou escolmadas dos medios de comunicación), entrevistas a compañeiros/as ou persoas de interese e/ou práctica doutros xéneros xornalísticos orais, podendo constituír unha radio escolar. [ 1, 2, (3) ] Exemplos: Novos representantes no Consello / Radio Turonio
17. Posibilidades didácticas Proposta 6 Elaboración de diferentes xéneros e tipos textuais, como descricións, historias a partir de imaxes ou ilustradas, textos instrutivos, audioguías, monólogos ou diálogos humorísticos... [ 2 ] Exemplo: Tíralle da lingua
18. Posibilidades didácticas Proposta 7 Presentación, recreación e/ou lectura interpretativa de pezas literarias determinadas, podendo chegar a confeccionar unha antoloxía. [ 1, 3 ] Exemplos: Recitado de cidades / Corre, corre, cabaciña
19. Posibilidades didácticas Proposta 8 Recompilación comentada de literatura popular (lendas, poemas, contos do mundo...) recolleita entre informantes do contorno ou directamente lida polo alumnado; ou ben recompilación doutros saberes ao redor dun tema determinado, dentro de proxectos de traballo ou non. [ 3, 5, 6 ] Exemplo: Contes del Món
20. Posibilidades didácticas Proposta 9 Recomendación argumentada dun libro de lectura. Pódese, asemade, presentalo, comentalo, ler algún fragmento, debater sobre os seus contidos e as súas características, etc. [ 1, 3 ] Exemplo: Anxos en tempos de chuvia
21. Posibilidades didácticas Proposta 10 Realizar un mapa sonoro, localizando nun espazo xeográfico un conxunto de audios que ilustran o acontecido nunha viaxe, unha ruta literaria con textos dun autor, etc. [ 2, 3 ] Proba na aplicación woices
22. Posibilidades didácticas Proposta 11 Translación de textos escritos a audio cun conversor automático para apoiar a corrección textual, en especial a puntuación e acentuación. [ 6, 7 ] Exemplo de audio creado co conversor Cotovía
23. Posibilidades didácticas Outras propostas Crear xogos de recoñecemento (do que se fala nun diálogo, de prexuízos emitidos, da obra e da autoría do que se le...) Exemplificar contidos gramaticais e realizar reflexións metalingüísticas Etc.
24. Pasos e ferramentas máis prácticas para a creación dun podcast GRAVACIÓN Cunha gravadora dixital (ou mediante o computador -con micro- en aplicacións da rede como snapvine ). Se o precisamos, teremos en conta unhas pautas para a elaboración do guión . EDICIÓN Se queremos recortar, fusionar ou realizar outras manipulacións (engadir música de fondo , etc.) nos audios, podemos usar o software libre Audacity , ben intuitivo. PUBLICACIÓN E DIFUSIÓN Aloxaremos o mp3 nun servizo online que ofreza automaticamente reprodutor e opcións de descarga e subscrición, como box.net . Unha boa gravación pode evitar editar. / Audacity tamén ten función gravar.
25. Máis opcións de publicación Seguindo o proceso básico anterior, os nosos arquivos mp3 xa se poden oír na rede e calquera pode descargalos para o computador ou dispositivos portátiles, así como subscribirse ás nosas novas producións. Se dispoñemos dun blogue, incrustaremos o reprodutor pegando no HTML do editor o código Embed Pero tamén nos pode interesar: Máis, en Obradoiro Podcast Opcións Ferramentas posíbeis Presentar un conxunto de podcast nun reprodutor múltiple box.net, bigcontact Dispoñer dun espazo específico para todos os podcast, dun audioblogue blogaliza, clickcaster, bigcontact Acompañar os audios con imaxes sincronizadas, nun podcast enriquecido showbeyond Xeolocalizar as producións woices
26. Crédito da imaxe: http://www.flickr.com/photos/gaelx/1241210709/ Luciano Fernández Remexer Na Lingua