SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Tema 10 (II). A Función de relación
1.Os seres vivos relaciónanse.
Ningún ser vivo pode vivir alleo ao que ocorre no medio no que vive. Necesita capturar o alimento,
fabricalo,buscarparella,defenderse dos depredadores, elixir as condicións ambientais máis favorables
para a súa vida... en definitiva necesita relacionarse.
Así pois,a funciónde relación,permite aoservivocoñecermelloromedioque lle rodea para asegurar así
a súa supervivencia, respondendo o mellor posible ante posibles cambios.
A relacióné a funciónpolacal os seresvivosintercambianinformación,tantocoseumediointerno,como
co seu medio externo.
A función de relación ten lugar a nivel celular e nivel orgánico. Nos organismo unicelulares, o nivel
orgánico, xa que están formados por unha única célula. Nos organismos pluricelulares, a función de
relación prodúcese no nivel celular e no nivel orgánico.
Os animaispódense comunicarde diversasformas:de formavisual,sonora,olfativa ou táctil, estes sinais
son emitidasporunsanimaise recibidas por outros. As informacións emitidas son estímulos que poden
ser captadas polos outros animais mediante unha serie de receptores sensoriais. Esta información é
cedida ao sistema nervioso que non só rexistrará o sinal senón que emitirá unha resposta adecuada
elaborada polos seus músculos, glándulas ou vísceras que actúan como órganos efectores.
Relación a nivel celular:
As célulasdunorganismorecoñécenseentre sí,grazasa istopodenreaccionarcontra célulasestrañas. Ex:
os bugallosdoscarballos.Ex2:Nosvertebradososglóbulosbrancosatacan ás substancias alleas ao corpo.
As célulasdosanimaise dasplantastaménrespondenaestímulosquímicos.Ashormonassonsubstancias
químicas producidas por determinadas células do organismo que estimulan outras células do mesmo
organismo para que respondan dunha determinada maneira. Por ex a prolactina é a hormona que
estimula a produción de leite despois do parto
Relación a nivel orgánico.
As plantasrespondenaoscambiosque teñenlugarnomedioque habitan:poden desprazar as súas follas
para poder captar máis luz, abrir as flores polo día ou noite (en funcións da especie)
Algúns animais desprázanse para buscar o alimento, fuxir dun depredador ou buscar unha parella
reprodutora. Poden cambiar de cor par se camuflar e non ser vistos. Outros son capaces de pasar o
inverno durmindo para reducir o gasto enerxético.
2. A Coordinación
. Calqueravariaciónque oindividuodetecte noseuinteriorounolugaronde vive, provoca unha reacción
respecto diso. Vexamos algúns exemplos: un individuo pode detectar que lle falta glicosa, que os seus
niveisde CO2son demasiadoaltos,que nonhai nutrientesnolugaronde está,que faltaluz,que hai outro
individuo da súa especie, que chega un predador, etc.; todas estas variacións afectan ao ser vivo e
provocarán que inxira azucres, que expulse o CO2, que se vaia a outro lugar onde haxa máis nutrientes,
que busque luz, que se achegue cara ao individuo da súa especie, que fuxa do predador, etc.
Calqueravariación domediointernoouexternoque pode detectarunservivodenomínase estímulo,que
pode ser positivo ou negativo.
Ademais os estímulos poden ser:
Externos:cambiosnomedionoque vivenosseresvivosque soncaptadospolosreceptores dos sentidos:
gusto, olfacto, tacto, vista e oído.
Internos:variaciónsdentrodopropioorganismocaptadasporreceptoressituadosnosdiferentesórganos
internos. Ex os músculos ou as articulacións.
Coordinación nerviosa.
Unha vezque o ser vivorecibiuosestímulos,oseu sistemanerviosointegra e analiza a información. Este
sistemaé diferentesegundoogrupoanimal que se analice.Asío sistemanerviosode invertebrados pode
ser:
 Unha rede difusa: rede de células nerviosas distribuídas polo organismo, onde os estímulos
que chegan transmítense por todo o corpo do animal (celentéreos).
 Sistema ganglionar: onde as células nerviosas acumúlanse en ganglios, teñen un cordón
nerviosoonde se comunicanosgangliosa modo de escaleira e unha concentración de células
nerviosasnacabezaformandounha masa cerebral. Este tipo de sistema nervioso é propio de
animais de vida activa, onde as respostas aos estímulos deben ser rápidas (anélidos e
artrópodos).
 O sistema nervioso de vertebrados caracterízase por ter:
o Sistema nervioso central: cun cordón nervioso que percorre o corpo e ensánchase na
cabeza para formar un encéfalo
o Sistema nervioso periférico: formado por prolongación das células nerviosas e que
unen o sistema central coas vísceras, músculos e superficie do corpo.
o Sistema nervioso autónomo: que regula as funcións involuntarias do corpo como o
latexado cardíaco, a dixestión e a respiración.
Existen ademais actos reflexos: prodúcense de forma automática e sempre igual. Os estímulos non
chegan ao cerebro, só chegan á medula espinal (Ex.: cando o médico tócanos o xeonllo co martelo de
analizar reflexos).
Calqueraacciónrealizadapoloindividuoe provocadapoloestímulodenomínase resposta. Cada estímulo
ten a súa resposta, aínda que todas as respostas posibles pódense resumir en:
 Movemento: é unha resposta motora. O ser vivo produce un movemento como resposta a
certosestímulos.Pode ser un movemento de todo o individuo, achegándose ou afastándose
do estímulo,segundosexapositivo ou negativo. Tamén pode ser o movemento dunha parte,
unha extremidade, un órgano interno, etc. Nos vexetais reciben o nome de taxias ou
tropismos.
 Secreción: É unha resposta que consiste en que o ser vivo produce unha sustancia no seu
interior que se move polo organismo producindo algún efecto. Esas sustancias adoitan ser
hormonas.
 Enquistamento: Os rotíferos forman quistes de resistencia cando as súas condicións
ambientaisvólvense desfavorables.Dáse enseresunicelulares e algún pluricelular sinxelo. As
célulasrodéanse dunhacubertagrosae resistente que llespermite soportarcambios drásticos
no medio que poderían provocar a morte celular, formando un quiste. Cando volven as
condicións favorables, o quiste ábrese e o individuo segue a súa vida.
Nos animais a captación dos estímulos lévana a cabo os órganos dos sentidos controlados polo Sistema
Nervioso, e as respostas prodúcenas os órganos efectores motores (Sistema Muscular e Óseo,
extremidades) e humorais (Sistema Hormonal), que tamén son controlados polo Sistema Nervioso.
O Sistema Nervioso:
É un sistema que só existe nos animais. Os vexetais non teñen nada comparable.
O SistemaNerviosoestáformadoporunhascélulasmoi especializadaschamadas neuronas.A súafunción
é a de captar estímulos que son convertidos en impulsos nerviosos e transportados ata os chamados
centros de control. Alí é onde se interpretan os estímulos e elabóranse as respostas.
Os centros de control son os ganglios, nos animais invertebrados, e a medula espiñal e o encéfalo nos
animais vertebrados.
O transporte faise de neuronaa neurona nos animais máis primitivos, e polos nervios, nos animais máis
complexos.
Desde os animais máis primitivos, as esponxas, ata os máis evolucionados, os mamíferos, vaise
producindo un progresivo aumento na complexidade do Sistema Nervioso, sobre todo dos centros de
control.Este procesoculminaráco desenvolvementodonoso encéfalo, capaz de realizar funcións únicas
entre os seres vivos, como son a memoria, a intelixencia, a capacidade de razoar, a aprendizaxe, etc.
NosanimaisvertebradosexistentrescompoñentesdiferentesnoSistemaNervioso: (este miniapartado é
para sacar nota)
 SISTEMA NERVIOSO CENTRAL: formado pola medula espiñal e o encéfalo, onde están os
centros de control máis importantes que interpretan estímulos e elaboran respostas. Aquí tamén se
producenas respostas voluntarias e contrólanse instintos, tales como o fame e a sede, a necesidade de
aparearse, o coidado das crías, etc.
 SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO: formado polos nervios, que transportan estímulos e
respostas, e os ganglios, que son centros secundarios de control.
 SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO: tamén formado por nervios e ganglios. A súa función é
controlaro funcionamentodoorganismo,acirculaciónsanguínea,arespiración,adixestióne excreción,o
latexado cardíaco, etc. Está dividido en:
o SistemaNervioso simpático,que activaoorganismo,por exemplo, para a caza ou para
a fuxida.
o Sistema Nervioso parasimpático, que relaxa o organismo, por exemplo, para o soño.
Os sentidos animais:
Son órganosespecializadosencaptaros estímulos do medio en que vive un individuo. Os estímulos que
se poden captar son variadísimos. No entanto podémolos resumir nos seguintes:
1. Luz.
Detéctase medianteosfotorreceptores. Nos vexetais existen sistemas celulares capaces de detectar de
onde procede a luz para así dirixir cara alí aos órganos fotosintéticos, por exemplo as follas. Pero é nos
animais onde aparecen uns órganos especializados en captar a luz, que son os oolos. Aparecen xa en
moluscos como os caracois terrestres (os corniños) ou os cefalópodos, fanse máis eficaces nos insectos
(ollos compostos chamados tamén ocelos) e alcanzan o maior grao de complexidade nos vertebrados.
Os estímulos luminosos interpretados orixinan o sentido da vista.
2. Ondas mecánicas.
Detectadaspormecanorreceptores.Sóosanimaiscáptanas;os animais terrestres detectan sons a través
dunórgano denominado oído,que aparece xanosinsectos.Con todo, é nos vertebrados terrestres onde
alcanza o seu máximo desenvolvemento. .
Os animais acuáticos detectan vibracións e movemento da auga, mediante órganos sensoriais como o
neuromasto que pertencen ao sistema de liña lateral dos peixes.
3. Substancias químicas.
As bolboretas nocturnas (chamadas avelaíñas) son capaces de detectar moléculas illadas coas súas
antenas, para atoparse ata a quilómetros de distancia.
Detectadas por quimiorreceptores. A capacidade de captalas está máis desenvolvida nos vertebrados.
Poden ser sustancias químicas volátiles, libres no medio, que son captadas polos receptores olfativos,
producindoasensacióndo cheiro.Taménpodensersubstanciasintroducidasnaboca,disoltas na saliva e
captadas polos receptores gustativos. En insectos é moi rechamante o caso das feromonas, que son
substancias químicas producidas por uns individuos que son captadas por outros; así sucede, por
exemplo, coas que producen moitos insectos femia para atraer aos machos.
Nos vertebrados o sentido do olfacto adoita estar no nariz, pero nos invertebrados adoita atoparse nas
antenas.
4. Posición no espazo.
Detectada tamén por mecanorreceptores. É moi importante en animais de vida activa ou naqueles que
debenmanterdeterminadaposiciónnoespazo.Nosvertebradossuperiores atópase no órgano do oído e
produce o sentidodo equilibrio,comoolabirintodosmamíferosouo otolitodospeixes,que lles permite
colocarse nunha posición correcta para nadar.
5. Estado dos órganos e funcións orgánicas.
Esta información cáptana uns receptores internos que se achan distribuídos por todo o organismo e
envíaninformacióndoestado en que se atopan todos os órganos, como os propioceptores que recollen
información sobre o ton muscular nos mamíferos.
6. Frío e calor
Captados por termorreceptores. Os animais detectan perdas e ganancias de calor, o cal forma parte do
tacto. Existen animais como as carrachascapaces de detectar a calor doutros animais, ou as serpes que
localizanassúas presascoa axudada fosaloreal,órganosituadonacara capaz de detectara caloremitida
polos seus posibles presas.
7. Tacto.
Detéctase mediante mecanorreceptores. Permite identificar formas e texturas, tamaños, temperatura,
orientación dun obxecto, etc. Na especie humana atópanse receptores por toda a pel e pola boca,
noutros vertebrados atópase nos bigotes ou vibrisas, e en invertebrados existen os palpos dos
Artrópodos,que sonauténticosdedose taménasantenasactúancomo receptorestáctiles, como sucede
nas formigas.
8. Dor.
A dor cáptase por receptoresinternos que se atopandistribuídosportodooorganismo.Estánasociados a
outros órganos sensoriais e detectan situacións de perigo para o organismo, producindo un sinal de
alarma que é a sensación de dor.
As funcións de relación nos vexetais:
Os vexetais non se poden desprazar, con todo son capaces de detectar os cambios no ambiente no que
vivene reaccionarante el de forma adecuada.Asrespostasque emitenante osestímulosson: tropismos,
que son movementosporcrecementodesigual dosórganosdovexetale as nastias que son movementos
sendirecciónque se repitencadacertotempo(aperturae peche dasfloresen24 horas);movementos de
contacto: candoos órganosdunha plantarozancun obxectoe móvense (movemento de peche das follas
das plantas carnívoras canto o insecto toca a folla) e fotoperiodicidade: movementos coincidentes con
distintas épocas do ano en función da duración das horas de luz (floración, caída das follas...).
En vexetais non existe algo comparado ao Sistema Nervioso, aínda que se existen respostas moi
características a determinados estímulos, chamadas tropismos :
 Fototropismo:Se é positivo,aplantaachégase caraá luz,como sucede coas follas; se é negativo,
a planta afastarase da luz, como sucede coas raíces.
 Xeotropismo:Se é negativo, a planta tende a afastarse do chan onde crece, como fan os talos, e
se é positivo, a planta tende a crecer cara ao chan, como fan as raíces.
 Hidrotropismo: orixinado como resposta á humidade.
Nastias: están provocados por estímulos externos que cumpren as seguintes condicións: non son
movementos permanentes e a dirección na que se recibe o estímulo non inflúes no movemento da
estrutura.Un exemploseríaotrevoque tenas follasestendidaspolodíae pregadaspolanoite. Algunhas
plantascomo a Droserarespondenaocontacto,de xeitoque se algotoca uns pelossensitivosque tennas
follas, estas péchanse de súpeto atrapando o que desencadeou a resposta.
Actividades:
1. Podería existir algún organismo que carecese da capacidade de se relacionar co medio?
2. Que estruturas celulares serven para que a célula se desprace no medio no que viven?
3. Saberíasexplicarporque as endosporassonformasde resistencia dalgunhas bacterias?(buscaen
internet)
4. Ponexemploparaxustificaraseguinte afirmación: “ A resposta é a capacidade que posúe un ser
vivo para reaccionar a un cambio que se produce no medio”.
5. Que son os órganos efectores?
6. Que función desenvolven as hormonas?
7. Investiga que é a insulina e cal é a súa función.
8. Que é un acto reflexo?
9. Que tipos de estímulos poden captar os receptores?
10. Onde se analiza a información que procede dos receptores?
11. Como podemos manter o equilibrio as persoas?
12. Por que é esencial para os seres vivos a capacidade para responder aos estímulos do medio?
13. Que diferenza hai entre un tropismo dunha nastia?
14. En que se diferenza o movemento das plantas do dos animais?

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos
juanapardo
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
Eva Garea
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Fiz
 

Was ist angesagt? (17)

Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 
01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
 
O estudo dos ecosistemas
O estudo dos ecosistemasO estudo dos ecosistemas
O estudo dos ecosistemas
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
Tema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino PlantasTema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino Plantas
 
Bioloxía
BioloxíaBioloxía
Bioloxía
 
Tema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relaciónTema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relación
 
Resumo t4 naturais_6
Resumo t4 naturais_6Resumo t4 naturais_6
Resumo t4 naturais_6
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6
 
Información seres vivos
Información seres vivos Información seres vivos
Información seres vivos
 
Sesion 1
Sesion 1Sesion 1
Sesion 1
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6
 
Naturais resumo tema_8_quinto
Naturais resumo tema_8_quintoNaturais resumo tema_8_quinto
Naturais resumo tema_8_quinto
 

Ähnlich wie 2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación

Ähnlich wie 2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación (20)

Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
 
Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conductaO Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESOTema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Trabajo cuerpo humano
Trabajo cuerpo humanoTrabajo cuerpo humano
Trabajo cuerpo humano
 
Intelixencia e cerebrob
Intelixencia e cerebrobIntelixencia e cerebrob
Intelixencia e cerebrob
 
Nutrición animais
Nutrición animaisNutrición animais
Nutrición animais
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Reino animal tema 1
Reino animal tema 1Reino animal tema 1
Reino animal tema 1
 
Tema 5 o sistema nervioso e os órganos dos sentidos
Tema 5 o sistema nervioso e os órganos dos sentidosTema 5 o sistema nervioso e os órganos dos sentidos
Tema 5 o sistema nervioso e os órganos dos sentidos
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantas
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriais
 
SISTEMA NERVIOSO CON LETRA
SISTEMA NERVIOSO CON LETRA SISTEMA NERVIOSO CON LETRA
SISTEMA NERVIOSO CON LETRA
 

Mehr von Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

Mehr von Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación

  • 1. Tema 10 (II). A Función de relación 1.Os seres vivos relaciónanse. Ningún ser vivo pode vivir alleo ao que ocorre no medio no que vive. Necesita capturar o alimento, fabricalo,buscarparella,defenderse dos depredadores, elixir as condicións ambientais máis favorables para a súa vida... en definitiva necesita relacionarse. Así pois,a funciónde relación,permite aoservivocoñecermelloromedioque lle rodea para asegurar así a súa supervivencia, respondendo o mellor posible ante posibles cambios. A relacióné a funciónpolacal os seresvivosintercambianinformación,tantocoseumediointerno,como co seu medio externo. A función de relación ten lugar a nivel celular e nivel orgánico. Nos organismo unicelulares, o nivel orgánico, xa que están formados por unha única célula. Nos organismos pluricelulares, a función de relación prodúcese no nivel celular e no nivel orgánico. Os animaispódense comunicarde diversasformas:de formavisual,sonora,olfativa ou táctil, estes sinais son emitidasporunsanimaise recibidas por outros. As informacións emitidas son estímulos que poden ser captadas polos outros animais mediante unha serie de receptores sensoriais. Esta información é cedida ao sistema nervioso que non só rexistrará o sinal senón que emitirá unha resposta adecuada elaborada polos seus músculos, glándulas ou vísceras que actúan como órganos efectores. Relación a nivel celular: As célulasdunorganismorecoñécenseentre sí,grazasa istopodenreaccionarcontra célulasestrañas. Ex: os bugallosdoscarballos.Ex2:Nosvertebradososglóbulosbrancosatacan ás substancias alleas ao corpo. As célulasdosanimaise dasplantastaménrespondenaestímulosquímicos.Ashormonassonsubstancias químicas producidas por determinadas células do organismo que estimulan outras células do mesmo organismo para que respondan dunha determinada maneira. Por ex a prolactina é a hormona que estimula a produción de leite despois do parto Relación a nivel orgánico. As plantasrespondenaoscambiosque teñenlugarnomedioque habitan:poden desprazar as súas follas para poder captar máis luz, abrir as flores polo día ou noite (en funcións da especie) Algúns animais desprázanse para buscar o alimento, fuxir dun depredador ou buscar unha parella reprodutora. Poden cambiar de cor par se camuflar e non ser vistos. Outros son capaces de pasar o inverno durmindo para reducir o gasto enerxético. 2. A Coordinación . Calqueravariaciónque oindividuodetecte noseuinteriorounolugaronde vive, provoca unha reacción respecto diso. Vexamos algúns exemplos: un individuo pode detectar que lle falta glicosa, que os seus niveisde CO2son demasiadoaltos,que nonhai nutrientesnolugaronde está,que faltaluz,que hai outro individuo da súa especie, que chega un predador, etc.; todas estas variacións afectan ao ser vivo e provocarán que inxira azucres, que expulse o CO2, que se vaia a outro lugar onde haxa máis nutrientes,
  • 2. que busque luz, que se achegue cara ao individuo da súa especie, que fuxa do predador, etc. Calqueravariación domediointernoouexternoque pode detectarunservivodenomínase estímulo,que pode ser positivo ou negativo. Ademais os estímulos poden ser: Externos:cambiosnomedionoque vivenosseresvivosque soncaptadospolosreceptores dos sentidos: gusto, olfacto, tacto, vista e oído. Internos:variaciónsdentrodopropioorganismocaptadasporreceptoressituadosnosdiferentesórganos internos. Ex os músculos ou as articulacións. Coordinación nerviosa. Unha vezque o ser vivorecibiuosestímulos,oseu sistemanerviosointegra e analiza a información. Este sistemaé diferentesegundoogrupoanimal que se analice.Asío sistemanerviosode invertebrados pode ser:  Unha rede difusa: rede de células nerviosas distribuídas polo organismo, onde os estímulos que chegan transmítense por todo o corpo do animal (celentéreos).  Sistema ganglionar: onde as células nerviosas acumúlanse en ganglios, teñen un cordón nerviosoonde se comunicanosgangliosa modo de escaleira e unha concentración de células nerviosasnacabezaformandounha masa cerebral. Este tipo de sistema nervioso é propio de animais de vida activa, onde as respostas aos estímulos deben ser rápidas (anélidos e artrópodos).  O sistema nervioso de vertebrados caracterízase por ter: o Sistema nervioso central: cun cordón nervioso que percorre o corpo e ensánchase na cabeza para formar un encéfalo o Sistema nervioso periférico: formado por prolongación das células nerviosas e que unen o sistema central coas vísceras, músculos e superficie do corpo. o Sistema nervioso autónomo: que regula as funcións involuntarias do corpo como o latexado cardíaco, a dixestión e a respiración. Existen ademais actos reflexos: prodúcense de forma automática e sempre igual. Os estímulos non chegan ao cerebro, só chegan á medula espinal (Ex.: cando o médico tócanos o xeonllo co martelo de analizar reflexos). Calqueraacciónrealizadapoloindividuoe provocadapoloestímulodenomínase resposta. Cada estímulo ten a súa resposta, aínda que todas as respostas posibles pódense resumir en:  Movemento: é unha resposta motora. O ser vivo produce un movemento como resposta a certosestímulos.Pode ser un movemento de todo o individuo, achegándose ou afastándose do estímulo,segundosexapositivo ou negativo. Tamén pode ser o movemento dunha parte, unha extremidade, un órgano interno, etc. Nos vexetais reciben o nome de taxias ou tropismos.  Secreción: É unha resposta que consiste en que o ser vivo produce unha sustancia no seu interior que se move polo organismo producindo algún efecto. Esas sustancias adoitan ser hormonas.  Enquistamento: Os rotíferos forman quistes de resistencia cando as súas condicións ambientaisvólvense desfavorables.Dáse enseresunicelulares e algún pluricelular sinxelo. As
  • 3. célulasrodéanse dunhacubertagrosae resistente que llespermite soportarcambios drásticos no medio que poderían provocar a morte celular, formando un quiste. Cando volven as condicións favorables, o quiste ábrese e o individuo segue a súa vida. Nos animais a captación dos estímulos lévana a cabo os órganos dos sentidos controlados polo Sistema Nervioso, e as respostas prodúcenas os órganos efectores motores (Sistema Muscular e Óseo, extremidades) e humorais (Sistema Hormonal), que tamén son controlados polo Sistema Nervioso. O Sistema Nervioso: É un sistema que só existe nos animais. Os vexetais non teñen nada comparable. O SistemaNerviosoestáformadoporunhascélulasmoi especializadaschamadas neuronas.A súafunción é a de captar estímulos que son convertidos en impulsos nerviosos e transportados ata os chamados centros de control. Alí é onde se interpretan os estímulos e elabóranse as respostas. Os centros de control son os ganglios, nos animais invertebrados, e a medula espiñal e o encéfalo nos animais vertebrados. O transporte faise de neuronaa neurona nos animais máis primitivos, e polos nervios, nos animais máis complexos. Desde os animais máis primitivos, as esponxas, ata os máis evolucionados, os mamíferos, vaise producindo un progresivo aumento na complexidade do Sistema Nervioso, sobre todo dos centros de control.Este procesoculminaráco desenvolvementodonoso encéfalo, capaz de realizar funcións únicas entre os seres vivos, como son a memoria, a intelixencia, a capacidade de razoar, a aprendizaxe, etc. NosanimaisvertebradosexistentrescompoñentesdiferentesnoSistemaNervioso: (este miniapartado é para sacar nota)  SISTEMA NERVIOSO CENTRAL: formado pola medula espiñal e o encéfalo, onde están os centros de control máis importantes que interpretan estímulos e elaboran respostas. Aquí tamén se producenas respostas voluntarias e contrólanse instintos, tales como o fame e a sede, a necesidade de aparearse, o coidado das crías, etc.  SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO: formado polos nervios, que transportan estímulos e respostas, e os ganglios, que son centros secundarios de control.  SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO: tamén formado por nervios e ganglios. A súa función é controlaro funcionamentodoorganismo,acirculaciónsanguínea,arespiración,adixestióne excreción,o latexado cardíaco, etc. Está dividido en: o SistemaNervioso simpático,que activaoorganismo,por exemplo, para a caza ou para a fuxida. o Sistema Nervioso parasimpático, que relaxa o organismo, por exemplo, para o soño. Os sentidos animais: Son órganosespecializadosencaptaros estímulos do medio en que vive un individuo. Os estímulos que se poden captar son variadísimos. No entanto podémolos resumir nos seguintes: 1. Luz. Detéctase medianteosfotorreceptores. Nos vexetais existen sistemas celulares capaces de detectar de onde procede a luz para así dirixir cara alí aos órganos fotosintéticos, por exemplo as follas. Pero é nos animais onde aparecen uns órganos especializados en captar a luz, que son os oolos. Aparecen xa en moluscos como os caracois terrestres (os corniños) ou os cefalópodos, fanse máis eficaces nos insectos
  • 4. (ollos compostos chamados tamén ocelos) e alcanzan o maior grao de complexidade nos vertebrados. Os estímulos luminosos interpretados orixinan o sentido da vista. 2. Ondas mecánicas. Detectadaspormecanorreceptores.Sóosanimaiscáptanas;os animais terrestres detectan sons a través dunórgano denominado oído,que aparece xanosinsectos.Con todo, é nos vertebrados terrestres onde alcanza o seu máximo desenvolvemento. . Os animais acuáticos detectan vibracións e movemento da auga, mediante órganos sensoriais como o neuromasto que pertencen ao sistema de liña lateral dos peixes. 3. Substancias químicas. As bolboretas nocturnas (chamadas avelaíñas) son capaces de detectar moléculas illadas coas súas antenas, para atoparse ata a quilómetros de distancia. Detectadas por quimiorreceptores. A capacidade de captalas está máis desenvolvida nos vertebrados. Poden ser sustancias químicas volátiles, libres no medio, que son captadas polos receptores olfativos, producindoasensacióndo cheiro.Taménpodensersubstanciasintroducidasnaboca,disoltas na saliva e captadas polos receptores gustativos. En insectos é moi rechamante o caso das feromonas, que son substancias químicas producidas por uns individuos que son captadas por outros; así sucede, por exemplo, coas que producen moitos insectos femia para atraer aos machos. Nos vertebrados o sentido do olfacto adoita estar no nariz, pero nos invertebrados adoita atoparse nas antenas. 4. Posición no espazo. Detectada tamén por mecanorreceptores. É moi importante en animais de vida activa ou naqueles que debenmanterdeterminadaposiciónnoespazo.Nosvertebradossuperiores atópase no órgano do oído e produce o sentidodo equilibrio,comoolabirintodosmamíferosouo otolitodospeixes,que lles permite colocarse nunha posición correcta para nadar. 5. Estado dos órganos e funcións orgánicas. Esta información cáptana uns receptores internos que se achan distribuídos por todo o organismo e envíaninformacióndoestado en que se atopan todos os órganos, como os propioceptores que recollen información sobre o ton muscular nos mamíferos. 6. Frío e calor Captados por termorreceptores. Os animais detectan perdas e ganancias de calor, o cal forma parte do tacto. Existen animais como as carrachascapaces de detectar a calor doutros animais, ou as serpes que localizanassúas presascoa axudada fosaloreal,órganosituadonacara capaz de detectara caloremitida polos seus posibles presas. 7. Tacto. Detéctase mediante mecanorreceptores. Permite identificar formas e texturas, tamaños, temperatura, orientación dun obxecto, etc. Na especie humana atópanse receptores por toda a pel e pola boca, noutros vertebrados atópase nos bigotes ou vibrisas, e en invertebrados existen os palpos dos
  • 5. Artrópodos,que sonauténticosdedose taménasantenasactúancomo receptorestáctiles, como sucede nas formigas. 8. Dor. A dor cáptase por receptoresinternos que se atopandistribuídosportodooorganismo.Estánasociados a outros órganos sensoriais e detectan situacións de perigo para o organismo, producindo un sinal de alarma que é a sensación de dor. As funcións de relación nos vexetais: Os vexetais non se poden desprazar, con todo son capaces de detectar os cambios no ambiente no que vivene reaccionarante el de forma adecuada.Asrespostasque emitenante osestímulosson: tropismos, que son movementosporcrecementodesigual dosórganosdovexetale as nastias que son movementos sendirecciónque se repitencadacertotempo(aperturae peche dasfloresen24 horas);movementos de contacto: candoos órganosdunha plantarozancun obxectoe móvense (movemento de peche das follas das plantas carnívoras canto o insecto toca a folla) e fotoperiodicidade: movementos coincidentes con distintas épocas do ano en función da duración das horas de luz (floración, caída das follas...). En vexetais non existe algo comparado ao Sistema Nervioso, aínda que se existen respostas moi características a determinados estímulos, chamadas tropismos :  Fototropismo:Se é positivo,aplantaachégase caraá luz,como sucede coas follas; se é negativo, a planta afastarase da luz, como sucede coas raíces.  Xeotropismo:Se é negativo, a planta tende a afastarse do chan onde crece, como fan os talos, e se é positivo, a planta tende a crecer cara ao chan, como fan as raíces.  Hidrotropismo: orixinado como resposta á humidade. Nastias: están provocados por estímulos externos que cumpren as seguintes condicións: non son movementos permanentes e a dirección na que se recibe o estímulo non inflúes no movemento da estrutura.Un exemploseríaotrevoque tenas follasestendidaspolodíae pregadaspolanoite. Algunhas plantascomo a Droserarespondenaocontacto,de xeitoque se algotoca uns pelossensitivosque tennas follas, estas péchanse de súpeto atrapando o que desencadeou a resposta. Actividades: 1. Podería existir algún organismo que carecese da capacidade de se relacionar co medio? 2. Que estruturas celulares serven para que a célula se desprace no medio no que viven? 3. Saberíasexplicarporque as endosporassonformasde resistencia dalgunhas bacterias?(buscaen internet) 4. Ponexemploparaxustificaraseguinte afirmación: “ A resposta é a capacidade que posúe un ser vivo para reaccionar a un cambio que se produce no medio”. 5. Que son os órganos efectores? 6. Que función desenvolven as hormonas? 7. Investiga que é a insulina e cal é a súa función. 8. Que é un acto reflexo? 9. Que tipos de estímulos poden captar os receptores? 10. Onde se analiza a información que procede dos receptores?
  • 6. 11. Como podemos manter o equilibrio as persoas? 12. Por que é esencial para os seres vivos a capacidade para responder aos estímulos do medio? 13. Que diferenza hai entre un tropismo dunha nastia? 14. En que se diferenza o movemento das plantas do dos animais?