SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Por Violeta Corujo
                                      CARNOTA
                                  O areal vese desde o monte
                                       desde o ceo,
                                       desde os ollos
                                       que non miran
                                       desde a area
                                 que reverdece, acougo de paxaros.
                                                         Paco Souto

    Vindo de Paxareiras, ao volcar a montaña, antes do lugar de Louredo, ofrécenos
Carnota un regalo para os sentidos. A vista da costa é espectacular pola súa beleza
natural, e os sentidos acrecéntanse e actívanse se cabe máis, unha vez ao pé dela.
      O topónimo Carnota, que da nome ao concello, parece proceder da voz precelta
“carn” ou “corn”, que significa pedra ou lugar pedregoso, moi abundante na zona,
pedra que unha vez erosionada xunto coa acumulación de caparazóns de organismos
mariños dará lugar ao fermoso areal de gran interés natural que se extende desde a punta
de Caldebarcos ao norte, ata a Punta dos Remedios ao sur, formando un amplio arco ou
media lúa duns cinco kilómetros de lonxitude dos que máis de tres son praia.

       No percorrido podemos diferenciar claramente catro zonas distintas pero moi
relacionadas entre si: a zona de praia, a zona de dunas, a zona intermareal e a zona de
marismas.
     A zona de praia que está comprendida entre a liña de costa e a zona de dunas e está
aberta ao Atlántico, contén areas brancas de sedimentación (polos grans de cuarzo
resultantes da erosión do granito e polos carbonatos procedentes da mineralización de
cunchas) finas e soltas.
   Se a maré está suficientemente baixa é doado atravesar o río de Louredo e as canles
que forma e poder achegarnos á “caseta do sal”, unha construcción de principios do
século XX que servía como almacén das mercadorías de tellas, cemento, viño e
fundamentalmente sal (de aí o seu nome), que chegaban a Carnota por mar.
     A praia forma conxunto coa lagoa mareal de Caldebarcos, e nesta zona é moi
importante a acción das marés xa que a praia queda totalmente cuberta pola auga
durante a preamar formando solos con lodos putrefactos no que existe un banco natural
de berberechos.
    É aquí onde se poden observar algunhas aves de pequeno tamaño como os
pilros(Calidris curlibico) e gran cantidade de gaivotas “escuras” e “choronas” todas elas
peteirando onde morren as ondas na procura de comida (vermes, moluscos e
crustáceos).
  Este complexo de humedais está formado por dúas lagoas costeiras separadas do mar
por unha frecha litoral sobre a que se desenvolve un sistema dunar. A desembocadura
no mar dase nunha boca común para as dúas lagoas, boca con fortes correntes á altura
do denominado “Boca do Río” onde varias persoas perderon a vida e outras levaron
algún forte susto. Na parte máis retrasada está a marisma, de grande extensión e
coincide coa desembocadura dos ríos Louredo e Valdebois, formando unha masa de
auga salobre separada da costa por unha barra areosa sulcada por gran cantidade de
canles producidos polos moitos regatos e torrentes que baixan dos diferentes lugares
cara a súa desembocadura no mar constituíndo unha zona encharcada.
    Está situada tralas dunas, dividida en dúas zonas: unha é a propia marisma de
Caldebarcos, chamada “A Berberecheira “ ao norte que deixa na baixamar unha zona
cha moi ampla, e ao sur está a lagoa, zona moi extensa que recibe auga de varios ríos
pequenos e de moi escaso caudal pero que aportan auga doce e suficiente humidade case
permanente, que determinan as especies que colonizan estas zonas predominantemente
aves (patos, garzas, corvos mariños, araos, rapaces...).
    É unha zona cha onde é facil observar algunha especie de Alevanco real e, se somos
bos observadores, poderemos ver as numerosas pegadas nas pequenas charcas que a
maré baixa deixa na auga.
Nestas marismas de Caldebarcos existe unha das mellores población nidificantes de
chortitejo patinegro de Galicia así como grupos de aves limícolas. Trátase de un grupo
de aves pertencentes ao grupo Charadriformes que viven polo xeral en medios húmidos
como praias, marismas, xunqueiras, lagoas... que se alimentan de pequenos
invertebrados que hai na superfície ou a pouca profundidade na area ou no limo, de
aquí o seu nome. Son aves de picos especializados e sensibles, de patas longas e ás
tamén longas e afiadas que lles permiten un voo rápido e áxil. Teñen plumaxe de cores
pouco chamativos e realizan longos voos xeralmente en bandadas.Exemplo destas aves
son as lavercas e as píllaras que acuden ás dunas próximas en busca de materiais para
facer os niños. Unha destas especies, a píllara real (Cheradrius Hiatícula) está en perigo
en Galicia, xa que so aniñan unhas cincuenta parellas.
O xunco (Juncos Acutus) é unha planta abundante nesta zona de desembocadura de
regatos e tamén podemos atopala na zona de dunas. Estas xunqueiras son un importante
refuxo para a fauna e ata hai poucos anos as xentes do lugar empregábannas para
facerlle a cama ao gando. Por encima destas xunqueiras hay campos de sega hoxe en día
bastante abandonados, salpicados de salgueiros e vimbieiras que utilizan maiormente os
homes dos lugares de Carnota para facer cestos que logo utilizan para as labores do
campo.
       A zona de marismas e dunas dan cobixo a variedade de aves migratorias como a
garza real ( Arderea Rinerea), que é unha habitante das marismas en Caldebarcos unha
vez sobrepasada a Berberecheira. Esta especie habita estas zonas durante o outono e
inverno.
                Ao ser esta unha zona tan amplia favorece que non exista ningunha
construcción ou edificación cercana á praia o que acrecenta a espectacularidade do
lugar.
   A zona de dunas son o resultado de depósitos areosos transportados polos ventos do
Noroeste, aquí chamado vento Nordés que tanto afectan a esta zona.
       Son dunas terciarias ou semifixas, de pequena altura aínda non estabilizadas,
fixadas pola vexetación onde habitan todo tio de aves, réptiles e anfibios. Nestas dunas
o efecto do vento disminúe e a mobilidade da area é menor.As especies vexetais están
moi adaptadas ao hábitat arenícola e á relativa sequía e destacan o cardo de ribeira, feo,
grama mariña, cebola das gaivotas, xunco e herba de namorar. Se se visitan convén non
andar por riba delas, respetalas, pois o seu equilibrio é fráxil.
       A sabiduría popular acepta e recolle o ensino do mar como o demostran os
seguintes refráns da zona que as xentes de Carnota non dubidan en aplicar cando a
ocasión é propícia: “Borraxeira do mar, vento á terra ven buscar”,”Encarnado o mar,
colle os bois e vai labrar”,”Encarnado por Fisterra, colle os bois e labra a
terra”,”Gaivotas en terra, mariñeiros á merda”, “Barra de lado a lado, nordés
declarado”.
     Toda esta gran paraxe está enmarcada por unha multitude de grandes e pequenas
formas que adopta o granito, e fai que esta praia non se nos vaia dos sentidos e sempre a
conservemos, dentro de nós, unha vez que a coñecemos.
                                                            Violeta Corujo Quinteiro

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviño
cenlf
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
María Rei Vilas
 

Was ist angesagt? (20)

O Rosal, a costa
O Rosal, a costaO Rosal, a costa
O Rosal, a costa
 
Espazo natural Río Grande
Espazo natural Río GrandeEspazo natural Río Grande
Espazo natural Río Grande
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 
Cervo, a costa
Cervo, a costaCervo, a costa
Cervo, a costa
 
Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviño
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Río Mero
Río MeroRío Mero
Río Mero
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
 

Andere mochten auch

Presentatie Biomimicry en Project Management
Presentatie Biomimicry en Project ManagementPresentatie Biomimicry en Project Management
Presentatie Biomimicry en Project Management
Ingeborg Siroen
 
Papeleria el rinconcito
Papeleria el rinconcitoPapeleria el rinconcito
Papeleria el rinconcito
angie_marce
 
Style&swagga muzik
Style&swagga muzikStyle&swagga muzik
Style&swagga muzik
guest1956f4
 
La educación desde la tecnología, la ciencia
La educación desde la tecnología, la cienciaLa educación desde la tecnología, la ciencia
La educación desde la tecnología, la ciencia
nashka83
 
Virtual vs presencial
Virtual vs presencialVirtual vs presencial
Virtual vs presencial
wbeimar777
 
English astronomie
English astronomieEnglish astronomie
English astronomie
Paulo Bachur
 
Practicapp 1
Practicapp 1Practicapp 1
Practicapp 1
danypollo
 
Amaneser de una red
Amaneser de una redAmaneser de una red
Amaneser de una red
guest61926b
 
Blockchain Agenda
Blockchain AgendaBlockchain Agenda
Blockchain Agenda
Kevin Beims
 

Andere mochten auch (20)

Contrato Educativo
Contrato EducativoContrato Educativo
Contrato Educativo
 
Presentatie Biomimicry en Project Management
Presentatie Biomimicry en Project ManagementPresentatie Biomimicry en Project Management
Presentatie Biomimicry en Project Management
 
Menu principal
Menu principalMenu principal
Menu principal
 
Hoe leer ik koken
Hoe leer ik kokenHoe leer ik koken
Hoe leer ik koken
 
Papeleria el rinconcito
Papeleria el rinconcitoPapeleria el rinconcito
Papeleria el rinconcito
 
10 04-20 d. sabadell sarsuela
10 04-20 d. sabadell sarsuela10 04-20 d. sabadell sarsuela
10 04-20 d. sabadell sarsuela
 
Style&swagga muzik
Style&swagga muzikStyle&swagga muzik
Style&swagga muzik
 
La educación desde la tecnología, la ciencia
La educación desde la tecnología, la cienciaLa educación desde la tecnología, la ciencia
La educación desde la tecnología, la ciencia
 
Trabajo 18
Trabajo 18Trabajo 18
Trabajo 18
 
Shama ok
Shama okShama ok
Shama ok
 
Virtual vs presencial
Virtual vs presencialVirtual vs presencial
Virtual vs presencial
 
A noiva da cidade
A noiva da cidadeA noiva da cidade
A noiva da cidade
 
Trabajo 12
Trabajo 12Trabajo 12
Trabajo 12
 
English astronomie
English astronomieEnglish astronomie
English astronomie
 
Trabajo 3
Trabajo 3Trabajo 3
Trabajo 3
 
Practicapp 1
Practicapp 1Practicapp 1
Practicapp 1
 
Amaneser de una red
Amaneser de una redAmaneser de una red
Amaneser de una red
 
Storyboarding levels
Storyboarding levelsStoryboarding levels
Storyboarding levels
 
Blockchain Agenda
Blockchain AgendaBlockchain Agenda
Blockchain Agenda
 
„Get to know your playing field“ – 6 Auswege aus dem Bermuda-Dreieck
„Get to know your playing field“ – 6 Auswege aus dem Bermuda-Dreieck„Get to know your playing field“ – 6 Auswege aus dem Bermuda-Dreieck
„Get to know your playing field“ – 6 Auswege aus dem Bermuda-Dreieck
 

Ähnlich wie Violeta Corujo: Carnota

Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
sagipe
 

Ähnlich wie Violeta Corujo: Carnota (20)

LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
B A L D A I O
B A L D A I OB A L D A I O
B A L D A I O
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
 
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udra
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
Folleto udra final
Folleto udra finalFolleto udra final
Folleto udra final
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masma
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
LIC Costa da Vela
LIC Costa da VelaLIC Costa da Vela
LIC Costa da Vela
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeo
 

Mehr von violeta Corujo

Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011
violeta Corujo
 
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
violeta Corujo
 

Mehr von violeta Corujo (18)

Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011
 
Libro de cumpleanos de Alba
Libro de cumpleanos de AlbaLibro de cumpleanos de Alba
Libro de cumpleanos de Alba
 
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
 
Guía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
Guía transición primaria secundaria por Violeta CorujoGuía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
Guía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
 
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
 
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrElUxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
 
Violeta Corujo: A Moa
Violeta Corujo: A MoaVioleta Corujo: A Moa
Violeta Corujo: A Moa
 
Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
 
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
 
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
 
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
 
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
 
Boletín
BoletínBoletín
Boletín
 
Boletín
BoletínBoletín
Boletín
 
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
 
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes climaMeteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Violeta Corujo: Carnota

  • 1. Por Violeta Corujo CARNOTA O areal vese desde o monte desde o ceo, desde os ollos que non miran desde a area que reverdece, acougo de paxaros. Paco Souto Vindo de Paxareiras, ao volcar a montaña, antes do lugar de Louredo, ofrécenos Carnota un regalo para os sentidos. A vista da costa é espectacular pola súa beleza natural, e os sentidos acrecéntanse e actívanse se cabe máis, unha vez ao pé dela. O topónimo Carnota, que da nome ao concello, parece proceder da voz precelta “carn” ou “corn”, que significa pedra ou lugar pedregoso, moi abundante na zona, pedra que unha vez erosionada xunto coa acumulación de caparazóns de organismos mariños dará lugar ao fermoso areal de gran interés natural que se extende desde a punta de Caldebarcos ao norte, ata a Punta dos Remedios ao sur, formando un amplio arco ou media lúa duns cinco kilómetros de lonxitude dos que máis de tres son praia. No percorrido podemos diferenciar claramente catro zonas distintas pero moi relacionadas entre si: a zona de praia, a zona de dunas, a zona intermareal e a zona de marismas. A zona de praia que está comprendida entre a liña de costa e a zona de dunas e está aberta ao Atlántico, contén areas brancas de sedimentación (polos grans de cuarzo resultantes da erosión do granito e polos carbonatos procedentes da mineralización de cunchas) finas e soltas. Se a maré está suficientemente baixa é doado atravesar o río de Louredo e as canles que forma e poder achegarnos á “caseta do sal”, unha construcción de principios do século XX que servía como almacén das mercadorías de tellas, cemento, viño e fundamentalmente sal (de aí o seu nome), que chegaban a Carnota por mar. A praia forma conxunto coa lagoa mareal de Caldebarcos, e nesta zona é moi importante a acción das marés xa que a praia queda totalmente cuberta pola auga durante a preamar formando solos con lodos putrefactos no que existe un banco natural de berberechos. É aquí onde se poden observar algunhas aves de pequeno tamaño como os pilros(Calidris curlibico) e gran cantidade de gaivotas “escuras” e “choronas” todas elas peteirando onde morren as ondas na procura de comida (vermes, moluscos e crustáceos). Este complexo de humedais está formado por dúas lagoas costeiras separadas do mar por unha frecha litoral sobre a que se desenvolve un sistema dunar. A desembocadura no mar dase nunha boca común para as dúas lagoas, boca con fortes correntes á altura do denominado “Boca do Río” onde varias persoas perderon a vida e outras levaron algún forte susto. Na parte máis retrasada está a marisma, de grande extensión e coincide coa desembocadura dos ríos Louredo e Valdebois, formando unha masa de auga salobre separada da costa por unha barra areosa sulcada por gran cantidade de canles producidos polos moitos regatos e torrentes que baixan dos diferentes lugares cara a súa desembocadura no mar constituíndo unha zona encharcada. Está situada tralas dunas, dividida en dúas zonas: unha é a propia marisma de Caldebarcos, chamada “A Berberecheira “ ao norte que deixa na baixamar unha zona
  • 2. cha moi ampla, e ao sur está a lagoa, zona moi extensa que recibe auga de varios ríos pequenos e de moi escaso caudal pero que aportan auga doce e suficiente humidade case permanente, que determinan as especies que colonizan estas zonas predominantemente aves (patos, garzas, corvos mariños, araos, rapaces...). É unha zona cha onde é facil observar algunha especie de Alevanco real e, se somos bos observadores, poderemos ver as numerosas pegadas nas pequenas charcas que a maré baixa deixa na auga. Nestas marismas de Caldebarcos existe unha das mellores población nidificantes de chortitejo patinegro de Galicia así como grupos de aves limícolas. Trátase de un grupo de aves pertencentes ao grupo Charadriformes que viven polo xeral en medios húmidos como praias, marismas, xunqueiras, lagoas... que se alimentan de pequenos invertebrados que hai na superfície ou a pouca profundidade na area ou no limo, de aquí o seu nome. Son aves de picos especializados e sensibles, de patas longas e ás tamén longas e afiadas que lles permiten un voo rápido e áxil. Teñen plumaxe de cores pouco chamativos e realizan longos voos xeralmente en bandadas.Exemplo destas aves son as lavercas e as píllaras que acuden ás dunas próximas en busca de materiais para facer os niños. Unha destas especies, a píllara real (Cheradrius Hiatícula) está en perigo en Galicia, xa que so aniñan unhas cincuenta parellas. O xunco (Juncos Acutus) é unha planta abundante nesta zona de desembocadura de regatos e tamén podemos atopala na zona de dunas. Estas xunqueiras son un importante refuxo para a fauna e ata hai poucos anos as xentes do lugar empregábannas para facerlle a cama ao gando. Por encima destas xunqueiras hay campos de sega hoxe en día bastante abandonados, salpicados de salgueiros e vimbieiras que utilizan maiormente os homes dos lugares de Carnota para facer cestos que logo utilizan para as labores do campo. A zona de marismas e dunas dan cobixo a variedade de aves migratorias como a garza real ( Arderea Rinerea), que é unha habitante das marismas en Caldebarcos unha vez sobrepasada a Berberecheira. Esta especie habita estas zonas durante o outono e inverno. Ao ser esta unha zona tan amplia favorece que non exista ningunha construcción ou edificación cercana á praia o que acrecenta a espectacularidade do lugar. A zona de dunas son o resultado de depósitos areosos transportados polos ventos do Noroeste, aquí chamado vento Nordés que tanto afectan a esta zona. Son dunas terciarias ou semifixas, de pequena altura aínda non estabilizadas, fixadas pola vexetación onde habitan todo tio de aves, réptiles e anfibios. Nestas dunas o efecto do vento disminúe e a mobilidade da area é menor.As especies vexetais están moi adaptadas ao hábitat arenícola e á relativa sequía e destacan o cardo de ribeira, feo, grama mariña, cebola das gaivotas, xunco e herba de namorar. Se se visitan convén non andar por riba delas, respetalas, pois o seu equilibrio é fráxil. A sabiduría popular acepta e recolle o ensino do mar como o demostran os seguintes refráns da zona que as xentes de Carnota non dubidan en aplicar cando a ocasión é propícia: “Borraxeira do mar, vento á terra ven buscar”,”Encarnado o mar, colle os bois e vai labrar”,”Encarnado por Fisterra, colle os bois e labra a terra”,”Gaivotas en terra, mariñeiros á merda”, “Barra de lado a lado, nordés declarado”. Toda esta gran paraxe está enmarcada por unha multitude de grandes e pequenas formas que adopta o granito, e fai que esta praia non se nos vaia dos sentidos e sempre a conservemos, dentro de nós, unha vez que a coñecemos. Violeta Corujo Quinteiro