SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 3
Pindo

                                                                            Por Violeta Corujo

                           Quen é o que mora aquí, que entre xente

                              de bronce e ferro negro se acubilla

                                  nesta maxestuosa marabilla

                                tesa diante do mar omnipotente



                             Quen ten habitacion nestes penedos

                             de rosado esplendor, que pobo altivo

                              se refuxia no monte duro e esquivo

                              e coñece os seus íntimos segredos.



                            Quen brinca sobre as pedras cabaleiras

                             e ouvea coma os ventos espantosos

                                 de reventa-lo fero mar infindo



                              quen anda por aí nas penasqueiras,

                              quen mora os territorios tenebrosos

                              e as espeluncas máxicas do Pindo

                       Darío Xohán Cabana, do seu libro Patria do mar

  Os que vivimos na Costa da Morte e os que nos visitan, temos a sorte de poder disfrutar do
Monte do Pindo; unha maxestuosa mole granítica e rosada rematada en varios picos
redondeados que deixa á súa dereita a desembocadura do río Xallas.

Quizais sexa polas estranas formas das súas rochas, que o maxín humano ve nelas seres
monstruosos, por estar considerado Olimpo dos Celtas que facían sacrificios sobre as súas
pedras, polos restos de castelos construídos para defender as terras dos posibles ataques de
piratas medievais, por ser ara de cultos pagáns ou refuxo de republicáns na Guerra Civil, ou por
todo isto á vez, quizais sexa, polo que é considerado un dos montes máis míticos e máis citados
nas lendas de Galiza.
Según citan varios autores, o nome de Pindo débese a súa semellanza co monte grego do
mesmo nome, e desde o seu punto máis alto “ A Laxe da Moa”, pódese observar unha das máis
impresionantes vistas da costa galega. Desde a súa cima domínase unha boa extensión de
terra e mar, sobre todo o porto natural de Quilmas e a praia na que na alta idade media solían
varar as naves normandas para ser reparadas e carenadas. Daquela os corsarios do Norte
(vikingos), do Sul (marroquíes) ou do Este ( turcos) tiñan o costume de permanecer nesta costa
de Carnota dende os meses de abril e maio ata setembro, mes no que regresaban ás súas
bases levando todo o que roubaran, sobre todo gran e gando, así como as súas naves ben
reparadas. Nalgunhas publicacións recóllese que no Ézaro, chegaron a construir navios sen que
ninguén os interrumpise, tarefa na que eran axudados polos pobladores de Ézaro obligados a tal
labor sen percibir outro beneficio máis que o de non ser atacados ou roubados.
   Non se sabe o que hai de certo en isto, pero o que si se coñece é a predisposición dos veciños
do Ézaro para a construcción de pequenas embarcacións pesqueiras, de tal xeito que o que a
necesitaba construiaa el mesmo. Esta afección hoxe está en desuso en comparación con hai 60
anos. Xosé Barreiro Barral, nun dos seus numerosos escritos sobre este monte, pregúntase se
este feito non será “ o resultado dunha afección que os normandos inocularon ata a médula nos
seus antepasados”.
  Seguindo coa historia, o bispo Sisenando II transmite ao rei Ramiro II a súa inquedanza polas
intromisións dos piratas nas costas galegas xa que supoñían un grave risco de profanación e
saqueo da tumba de Santiago Apostol, e pídelle a construcción dunha fortaleza nestas terras.
Esta fortaleza pasou de man en man da igrexa á nobreza ata o ano 1028 que o rei BermudoIII a
donou á igrexa : “ Os concedemos toda la tierra que llaman Carnota según limita con el mar y la
tierra de Céltigos con sus dos castillos en ella fabricados, el de Canedo y el de Sant Jiurgium”.
No reinado de Alfonso VII volveu a mans da Coroa, pero ao pouco tempo o mesmo rei volveu
donalo á Igrexa de Santiago como pago dos sufragios que no seu día aplicarían pola súa alma.
   A partires de entón xa pertenceu á igrexa ata a revolta dos Irmandiños contra o feudalismo en
1467 que foi derribado e xa non se volveu reconstruir por impedilo as disposicións dos Reis
Católicos que limitaron o número de fortalezas indispensables para a seguridade do territorio
nacional xa entón unificado.. Aquela fortaleza tan estratégicamente situada e invisible desde o
mar, foi a que deu nome á zona e que a partir do século X era chamado “ O Casteliño” e máis
tarde debido ao esparcimento das rochas monte abaixo o lugar deu en chamarse “ O Pedrullo”,
nome actual daquela histórica prominencia.Hai setenta anos todavía quedaban anacos das súas
paredes, que foron pouco a pouco derrubándose polos buscadores de tesouros, xa que no Pindo
e no seu contorno existía a crenza de que alí estaba escondido o ouro pertencente o tesouro da
Raíña Lupa.
Para chegar á Moa que é a culminación deste precioso monte, hai varias rutas aínda que
a máis impresionante e directa é a que sae da parte posterior da igrexa parroquial de O
Pindo, percorrido que se fai en dúas hora e media aproximadamente..Cruzando un
pequeno regato o camiño estreitase e a subida discurre entre pedras, valados e
vexetación de arbustos entre os que destacan o loureiro, algúns pinos do país e, se
somos observadores tamén poderemos ver algún que outro acivro. A medida que que
avanza a subida o entorno cambia pouco a pouco e aparecen os primeiros outeiros de
granito ata chegar ao “Pedrullo”. De aquí o camiño vira á esquerda e vai directamente cara
os cumes máis elevados, e as rochas,que adoptan formas moi caprichosas como no “Outeiro do
Naris”, irán marcando as beiras do camiño a seguir ata o “ Chan de Lourenzo”ou “Chan da Mina”,
que é unha zona como o seu nome indica chá de aproximadamente 5 kilómetros cadrados
rodeada de picachos. Este espazo pequeno noutro lugar non tería importancia, pero no entorno
onde se atopa supón unha zona de agradecido descanso para o camiñante. É aquí onde se
poden observar restos dunha explotación de wolframio e estano que na época de postguerra
homes e mulleres da ribeira, sobre todo de O Pindo, traballaron para complementar a súa
modesta economía familiar. Tamén se poden observar os restos dunha pequena cabana de
pedra sen tellado, restos daquela industria, que os pastores utilizaron como refuxo anos máis
tarde levaban o gando a pastar.
    Máis abaixo en dirección Oeste, hai outo campo a 179 metros de altitude chamado
“ Chan das Lamas”, por onde corre o río “Dos Muíños” que o atravesa diagonalmente
antes de caer ao mar polo lugar de “ A Curra”, río que movía antigamente unha rea de
muíños fariñeiros que lle deron o nome. O “Chan das Lamas” repoboado forestalmente
o ano pasado tralo incendio que asolou esta zona , está actualmente abandonado pero
non hai moitos anos era moi frecuentado por ser o camiño máis curto entre O Pindo e o
val de Carnota. Aínda que a carretera de Muros a Cee rematouse no ano 1930, non
había moito tráfico de vehículos por non estar construído a ponte sobre o río Xallas no
Ézaro, e a xente tivo que continuar usando os camiños antigos do “Chan das Lamas” ata
o ano 1952 no que se abríu o tráfico da ponte do Ézaro.
   O que resta de subida esta protexida pola atenta mirada de “ O guerreiro”, un gran
coloso de pedra de máis de 7 metros de altura que a natureza se encargou de tallar. A
partires de aquí unha suave pendente dirixe a ruta ata un pequeno espazo arborado, onde
se atopa un pequeno bosque de carballo anano ( Quercus lusitánica) especie única en
Galiza, para comezar a bordear a Moa, onde está situado o punto geodésico rodeado de
curiosas pías formadas pola erosión que producen as borrascas tan características nesta
zona.
É o momento do descanso, de observar, pensar... e disfrutar deste maravilloso lugar,
miradoiro natural espectacular.
Non en vano foi sitio elexido para soterrar á mítica Raíña Lupa e agochar o seu tesouro,
según nos contan as lendas.
                                                         Violeta Corujo

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (6)

Berres
BerresBerres
Berres
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Fisterra
FisterraFisterra
Fisterra
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
O islam
O islamO islam
O islam
 

Andere mochten auch (6)

Guía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
Guía transición primaria secundaria por Violeta CorujoGuía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
Guía transición primaria secundaria por Violeta Corujo
 
Boletín
BoletínBoletín
Boletín
 
Communities Mk 2009
Communities Mk 2009Communities Mk 2009
Communities Mk 2009
 
Enfermidades Endócrinas
Enfermidades EndócrinasEnfermidades Endócrinas
Enfermidades Endócrinas
 
6 redes sociais
6 redes sociais6 redes sociais
6 redes sociais
 
Enfermidades aparello respiratorio
Enfermidades aparello respiratorioEnfermidades aparello respiratorio
Enfermidades aparello respiratorio
 

Ähnlich wie Violeta Corujo: A Moa

Foi nas illas lobeiras
Foi nas illas lobeirasFoi nas illas lobeiras
Foi nas illas lobeiras
guest6948a63
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
albela
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
Begoña Codesal
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
Encarna Lago
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
senlleiro2
 
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULES
bcode
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
xistina
 

Ähnlich wie Violeta Corujo: A Moa (20)

Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
Violeta corujo: foi nas illas lobeiras-
 
Foi nas illas lobeiras
Foi nas illas lobeirasFoi nas illas lobeiras
Foi nas illas lobeiras
 
Pobra do Caramiñal
Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULES
 
Turga126835
Turga126835Turga126835
Turga126835
 
Historia de ares
Historia de aresHistoria de ares
Historia de ares
 
Violeta Corujo: Carnota
Violeta Corujo: CarnotaVioleta Corujo: Carnota
Violeta Corujo: Carnota
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 

Mehr von violeta Corujo

Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011
violeta Corujo
 
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
violeta Corujo
 

Mehr von violeta Corujo (14)

Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011Calendario escolar 2010- 2011
Calendario escolar 2010- 2011
 
Libro de cumpleanos de Alba
Libro de cumpleanos de AlbaLibro de cumpleanos de Alba
Libro de cumpleanos de Alba
 
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
Graduación Ceip do Pindo 2009-2010
 
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
Violeta Corujo: "Aviso a navegantes"
 
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrElUxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
Uxío Novoneyra, o poeta do CoUrEl
 
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
 
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
Ceip do Pindo: Econtro con Lotina, adestrador do Deportivo da Coruña. Portada...
 
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
Lotina: ¿ Por qué llevais ocho partidos sin ganar?
 
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
 
Boletín
BoletínBoletín
Boletín
 
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
Ceip do pindo/5º curso- Ano 2009
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
Violeta Corujo fotografía "Antiguas Salinas De Carnota"
 
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes climaMeteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Violeta Corujo: A Moa

  • 1. Pindo Por Violeta Corujo Quen é o que mora aquí, que entre xente de bronce e ferro negro se acubilla nesta maxestuosa marabilla tesa diante do mar omnipotente Quen ten habitacion nestes penedos de rosado esplendor, que pobo altivo se refuxia no monte duro e esquivo e coñece os seus íntimos segredos. Quen brinca sobre as pedras cabaleiras e ouvea coma os ventos espantosos de reventa-lo fero mar infindo quen anda por aí nas penasqueiras, quen mora os territorios tenebrosos e as espeluncas máxicas do Pindo Darío Xohán Cabana, do seu libro Patria do mar Os que vivimos na Costa da Morte e os que nos visitan, temos a sorte de poder disfrutar do Monte do Pindo; unha maxestuosa mole granítica e rosada rematada en varios picos redondeados que deixa á súa dereita a desembocadura do río Xallas. Quizais sexa polas estranas formas das súas rochas, que o maxín humano ve nelas seres monstruosos, por estar considerado Olimpo dos Celtas que facían sacrificios sobre as súas pedras, polos restos de castelos construídos para defender as terras dos posibles ataques de piratas medievais, por ser ara de cultos pagáns ou refuxo de republicáns na Guerra Civil, ou por todo isto á vez, quizais sexa, polo que é considerado un dos montes máis míticos e máis citados nas lendas de Galiza.
  • 2. Según citan varios autores, o nome de Pindo débese a súa semellanza co monte grego do mesmo nome, e desde o seu punto máis alto “ A Laxe da Moa”, pódese observar unha das máis impresionantes vistas da costa galega. Desde a súa cima domínase unha boa extensión de terra e mar, sobre todo o porto natural de Quilmas e a praia na que na alta idade media solían varar as naves normandas para ser reparadas e carenadas. Daquela os corsarios do Norte (vikingos), do Sul (marroquíes) ou do Este ( turcos) tiñan o costume de permanecer nesta costa de Carnota dende os meses de abril e maio ata setembro, mes no que regresaban ás súas bases levando todo o que roubaran, sobre todo gran e gando, así como as súas naves ben reparadas. Nalgunhas publicacións recóllese que no Ézaro, chegaron a construir navios sen que ninguén os interrumpise, tarefa na que eran axudados polos pobladores de Ézaro obligados a tal labor sen percibir outro beneficio máis que o de non ser atacados ou roubados. Non se sabe o que hai de certo en isto, pero o que si se coñece é a predisposición dos veciños do Ézaro para a construcción de pequenas embarcacións pesqueiras, de tal xeito que o que a necesitaba construiaa el mesmo. Esta afección hoxe está en desuso en comparación con hai 60 anos. Xosé Barreiro Barral, nun dos seus numerosos escritos sobre este monte, pregúntase se este feito non será “ o resultado dunha afección que os normandos inocularon ata a médula nos seus antepasados”. Seguindo coa historia, o bispo Sisenando II transmite ao rei Ramiro II a súa inquedanza polas intromisións dos piratas nas costas galegas xa que supoñían un grave risco de profanación e saqueo da tumba de Santiago Apostol, e pídelle a construcción dunha fortaleza nestas terras. Esta fortaleza pasou de man en man da igrexa á nobreza ata o ano 1028 que o rei BermudoIII a donou á igrexa : “ Os concedemos toda la tierra que llaman Carnota según limita con el mar y la tierra de Céltigos con sus dos castillos en ella fabricados, el de Canedo y el de Sant Jiurgium”. No reinado de Alfonso VII volveu a mans da Coroa, pero ao pouco tempo o mesmo rei volveu donalo á Igrexa de Santiago como pago dos sufragios que no seu día aplicarían pola súa alma. A partires de entón xa pertenceu á igrexa ata a revolta dos Irmandiños contra o feudalismo en 1467 que foi derribado e xa non se volveu reconstruir por impedilo as disposicións dos Reis Católicos que limitaron o número de fortalezas indispensables para a seguridade do territorio nacional xa entón unificado.. Aquela fortaleza tan estratégicamente situada e invisible desde o mar, foi a que deu nome á zona e que a partir do século X era chamado “ O Casteliño” e máis tarde debido ao esparcimento das rochas monte abaixo o lugar deu en chamarse “ O Pedrullo”, nome actual daquela histórica prominencia.Hai setenta anos todavía quedaban anacos das súas paredes, que foron pouco a pouco derrubándose polos buscadores de tesouros, xa que no Pindo e no seu contorno existía a crenza de que alí estaba escondido o ouro pertencente o tesouro da Raíña Lupa. Para chegar á Moa que é a culminación deste precioso monte, hai varias rutas aínda que a máis impresionante e directa é a que sae da parte posterior da igrexa parroquial de O Pindo, percorrido que se fai en dúas hora e media aproximadamente..Cruzando un pequeno regato o camiño estreitase e a subida discurre entre pedras, valados e vexetación de arbustos entre os que destacan o loureiro, algúns pinos do país e, se somos observadores tamén poderemos ver algún que outro acivro. A medida que que avanza a subida o entorno cambia pouco a pouco e aparecen os primeiros outeiros de granito ata chegar ao “Pedrullo”. De aquí o camiño vira á esquerda e vai directamente cara os cumes máis elevados, e as rochas,que adoptan formas moi caprichosas como no “Outeiro do Naris”, irán marcando as beiras do camiño a seguir ata o “ Chan de Lourenzo”ou “Chan da Mina”, que é unha zona como o seu nome indica chá de aproximadamente 5 kilómetros cadrados rodeada de picachos. Este espazo pequeno noutro lugar non tería importancia, pero no entorno onde se atopa supón unha zona de agradecido descanso para o camiñante. É aquí onde se poden observar restos dunha explotación de wolframio e estano que na época de postguerra homes e mulleres da ribeira, sobre todo de O Pindo, traballaron para complementar a súa
  • 3. modesta economía familiar. Tamén se poden observar os restos dunha pequena cabana de pedra sen tellado, restos daquela industria, que os pastores utilizaron como refuxo anos máis tarde levaban o gando a pastar. Máis abaixo en dirección Oeste, hai outo campo a 179 metros de altitude chamado “ Chan das Lamas”, por onde corre o río “Dos Muíños” que o atravesa diagonalmente antes de caer ao mar polo lugar de “ A Curra”, río que movía antigamente unha rea de muíños fariñeiros que lle deron o nome. O “Chan das Lamas” repoboado forestalmente o ano pasado tralo incendio que asolou esta zona , está actualmente abandonado pero non hai moitos anos era moi frecuentado por ser o camiño máis curto entre O Pindo e o val de Carnota. Aínda que a carretera de Muros a Cee rematouse no ano 1930, non había moito tráfico de vehículos por non estar construído a ponte sobre o río Xallas no Ézaro, e a xente tivo que continuar usando os camiños antigos do “Chan das Lamas” ata o ano 1952 no que se abríu o tráfico da ponte do Ézaro. O que resta de subida esta protexida pola atenta mirada de “ O guerreiro”, un gran coloso de pedra de máis de 7 metros de altura que a natureza se encargou de tallar. A partires de aquí unha suave pendente dirixe a ruta ata un pequeno espazo arborado, onde se atopa un pequeno bosque de carballo anano ( Quercus lusitánica) especie única en Galiza, para comezar a bordear a Moa, onde está situado o punto geodésico rodeado de curiosas pías formadas pola erosión que producen as borrascas tan características nesta zona. É o momento do descanso, de observar, pensar... e disfrutar deste maravilloso lugar, miradoiro natural espectacular. Non en vano foi sitio elexido para soterrar á mítica Raíña Lupa e agochar o seu tesouro, según nos contan as lendas. Violeta Corujo