1. Aprendendo
a ser profe
• Unha experiencia persoal que non pretende
ensinar, senón compartir paixóns, rutinas ,
frustracións, soños...
2. Entrando por primeira vez nun
instituto como profe
• A sensación de Alicia a través do espello: agora os
meus son os do outro lado...
3. Un instituto por dentro
• Primeiro contacto: papeleo en secretaría co persoal
administrativo
• Equipo directivo
‐ Director/a: dirixe, coordina o centro, é a cabeza visible e
representante
‐ Xefe de estudos (Diúrno/nocturno/ de adultos...): encárgase dos
horarios, coordina e controla a actividade laboral do profesorado,
cuestións de convivencia
‐ Secretario/a: contabilidade, cuestións administrativas...
‐ Vicedirector/a: suple ao director, coordina actividades
extraescolares
4. ÓRGANOS DO CENTRO
• Claustro de profesores: reúnese para tratar temas académicos, aprobar
documentos, tratar problemas puntuais.
• CCP: comisión de coordinación pedagóxica, formada polos xefes de
departamento. Deciden cuestións relacionadas cos currículos, asuntos
académicos...
• Departamentos didácticos: profesores dunha mesma materia que se
coordinan a través do xefe de departamento, quen elabora a
programación didáctica.
• Consello Escolar: formado por representantes de toda a comunidade
educativa: equipo directivo, profesorado, alumnos, pais, persoal non
docente, concello...
• Grupos/equipos de traballo: Equipo de Normalización Lingüística, Equipo
da biblioteca, comisións, coordinación de titores, grupos de traballo para
realizar un proxecto concreto con recoñecemento da consellería... grupos
de traballo “extraoficiais” entre xente afín con intereses comúns (...que
soe funcionar moi ben)
5. PAPELEO: Documentos necesarios (?)
• Programacións didácticas dos departamentos
• ACIs: Adaptación Curricular Individualizada (para alumnos/as con problemas de
parendizaxe).
• PXA: Programación Xeral Anual
• PAT: Plan de acción titorial
• RRI: Regulamento de Réxime Interno
• Proxectos dos distintos grupos de traballo: biblioteca, normalización, sección bilingüe...
• Memorias
• .....
6. PUNTO DE PARTIDA
• ¿Como é o meu
material de traballo?
• Coordenadas do centro:
contexto xeográfico,
social, económico
• Coordenadas do
alumno/a: estrutura
familiar, características
socio‐económicas,
entorno...
7. TEÑO QUE DAR CLASE
• Contra medo escénico
e inseguridade:
TRABALLO E CLASES
CURRADAS
• Punto de partida:
contidos e obxectivos
na programación
didáctica.
8. MATERIAL DIDÁCTICO
• Libro de texto
• Materiais propios ou elaborados por compañeiras/os
e compartidos na rede.
• Exemplos de material (clásicas)
www.chironweb.org/: páxina colaborativa de profes de
clásicas
Blog: http://aspasiamelide.blogspot.com/
Documentos en SCRIBD: http://es.scribd.com/susanalosada
Documentos en ISSUU http://issuu.com/susanalosada
Diapositivas: http://www.slideshare.net/susanalosada/
9. MATERIAL DIDÁCTICO:
alumno/a só receptor/a?
• A auténtica revolución da
ensinanza consiste en
conseguir que sexa
colaborativa, que o
alumno/a participe
activamente no seu
proceso de aprendizaxe.
(Parafraseando a Carlos Cabanillas, profesor de
Clásicas en Extremadura)
10. Ferramentas para o traballo
colaborativo: web 2.0
• aulas virtuais
• wikis
• blogs
• Ferramentas de
google: docs, maps,
sites, groups...
• Redes sociais:
Facebook, Twiter,
Tuenti...
• ... NÓS TAMÉN
PODEMOS
APORTAR E CREAR
12. APRENDENDO FÓRA DA AULA
• Actividades extraescolares:
‐ Rompen co academicismo tradicional (clases maxistrais)
‐ Enfocan a aprendizaxe dun xeito máis participativo
‐ Favorecen a integración do alumnado no centro
‐ Fomentan a convivencia entre o alumnado, fortalecendo círculos de amizade
‐ Implican ás familias
‐ Involucran aos alumnos na problemática do entorno e do mundo actual
‐ ... o alumno aprende divertíndose
• Condición indispensable para a súa realización:
‐ Apoio dos compañeiros, traballo en equipo (mellor si é interdisciplinar)
‐ Apoio do Equipo directivo de da comunidade Educativa
‐ Apoio das familias
‐ Incluílas nos documentos de centro pertinentes: programacións didácticas,
PXA... para a súa aprobación polo consello escolar
15. Teatro
• Grupo Teiroa, IES de Melide:
‐ Adaptación das Asamblearias de Aristófanes, maio 2008, baixo a dirección de
Carmen Nieto
‐ Velada Teatral, decembro 2006, baixo a dirección de Marga Quintela
18. CLUB DE LECTURA
• Ademais de fomentar a lectura reforzan círculos de amizades e participación na vida do
centro
• Reunión do Club de lectura Papalibros do IES de Melide, comentando a novela gráfica
Nómades, obra do noso compañeiro Xosé Tomás
• Vídeo IV Xornada Club de Lectura, Compostela 2011
19. Visitas culturais: lúdicas
• Atopando un
petroglifo,
Porto do Son,
Xuño 2002
• Viaxe dun día,
con xornada de
praia, despois
de rematar as
clases.
21. VIAXES DE ESTUDOS
• Para comezar:
‐ Ter claros os obxectivos da viaxe, baseándose nos currículos da
nosa materia e outras (mellor interdisciplinar)
‐ Contar con apoio de profesorado afín
‐ Información e bo coñecemento dos lugares a visitar
‐ Seleccionar ao alumnado
‐ Deseñar actividades para un mellor aproveitamento da viaxe
‐ Coidar todos os aspectos legais e administrativos da viaxe
25. VIAXE A VALENCIA
• Un proxecto de todo un curso académico para un mellor aproveitamento: traballo
previo dos contidos, implicación das familias, participación nos talleres de Cultura
Clásica de Sagunt, encontro con alumnos/as de outros centros
• Viaxe a Valencia, IES de Melide, abril 2010
• Guía de viaxe
28. ACTIVIDADES EXTRESCOLARES E
COMPROMISO
Proxecto Palabras +, IES de Melide novembro 2006
• Conmemoracións: Día da Paz, Día da violencia
de Xénero, Día internacional da muller...,
carreiras solidarias, comercio xusto
30. EDUCACIÓN E COMPROMISO
• “Cando fun profesor non puiden ocultarlle aos meus
alumnos as experiencias que tiña vivido. A miúdo
pregúntome como se amañan moitos profesores para
pasar un ano cun grupo de estudantes sen revelarlles
nunca quen son, que vida levan, por que pensan como
pensan ou que esperan conseguir, sen dicirlles ata
onde aspiran a que cheguen os seus alumnos e o
mundo en xeral.
• Esa mesma ocultación revela algo terrible: que é
posible separar a propia vida e as conviccións máis
profundas que un ten sobre o ben e o mal do estudo
da literatura, da historia, da filosofía, da política e da
arte...”
LER MÁIS
Howard Zinn, Ninguén é neutral nun tren en marcha
31. SEMPRE HAI PROBLEMAS
• Conflitos na aula:
‐ Non conseguir un clima e ambiente de traballo necesarios
‐ Problemas de conduta
‐ Non podo dar clase
(... É que non me respectan!!!!)
33. Resolución de conflitos:
• Seguindo canles: (canto menos avancemos na cadea, mellor)
alumno/a titor/a familia xefatura de estudos
apertura de expediente académico (xuíz/a instrutor/a)
sanción (aprobada polo consello escolar)
• Ferramentas:
‐ Respecto
‐ Diálogo
‐ Coñecemento das distintas versión das partes implicadas nun
conflito
‐ Empatía (nada fácil!)
... Non hai fórmulas máxicas, pero é importante saber desculparse
cando se comete un erro.
34. COMO CONSEGUIR ESE “RESPECTO”?
• Factores importantes:
‐ número de alumnos/as por aula
‐ labor do titor/a
‐ traballo coas familias
‐ apoio do departamento de orientación
‐ apoio do equipo directivo
‐ apoio e labor do equipo docente da aula
• A “autoridade” non se impón, é
unha conquista longa e dura a
través da convivencia, traballo,
respecto, diálogo, tolerancia,
COHERENCIA ...
40. O NOSO FUTURO
• É posible un ensino público de calidade?
“Actualidad latinoamericana. El presidente de la hermana
República de Feudalia, mariscal Manuel Anzábal, toma el
juramento de práctica a nuevos ministros, en una ceremonia
que se lleva a cabo en el circo estatal capitalino. Juran los
nuevos ministros. De salud pública, general Roberto
Freggioni. De agricultura, contraalmirante Esteban Rómulo
Capdeville. De vías navegables, brigadier Jorge McLennon. Y
de educación y cultura, cabo 1º Anastasio López.”
Les Luthiers, Noticiarios cinematográficos 1973, Volumen 3
41. Aprendendo a ser profe
• Nestes vintetantos anos de profesión fun aprendendo a ser profe grazas a:
‐ Recibir unha boa educación, sempre en centros públicos
‐ Algúns profesores de primaria
‐ Bastantes profesores de secundaria (IES As Lagoas, Ourense)
‐ Algúns profesores da USC, facultade de filoloxía
‐ Moitos/as profes do IES de Melide, compañeiros e amigos (estou orgullosa da miña
”empresa”, pública)
‐ Moitísimos rapaces e rapazas do IES de Melide
‐ Unha chea de familias da vila de Melide
‐ Os mestres e compañeiros/as de clásicas de Chiron (de maior quero ser coma eles!)
‐ Ao traballo compartido na rede por tantos profesionais xenerosos/as
‐ A miña familia e amigos
‐ ... (continuará)
Susana Losada, profesora do IES de Melide (A Coruña)