Tradución ao galego do documento da IAU "Big Ideas in Astronomy"; segunda edición, decembro de 2020. Publicación feita co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses.
Presentación realizada por dúas alumnas de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía nos últimos días de curso en recoñecemento ao labor de divulgación científica que desde o Programa ConCiencia se desenvolve desde a USC.
Dúas alumnas de "Filosofía da Ciencia" do IES Otero Pedrayo de Ourense elaboraron esta presentación para axudar a espallar a relevancia do Premio Fonseca dentro do Programa ConCiencia da USC
Tradución ao galego do documento da IAU "Big Ideas in Astronomy"; segunda edición, decembro de 2020. Publicación feita co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses.
Presentación realizada por dúas alumnas de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía nos últimos días de curso en recoñecemento ao labor de divulgación científica que desde o Programa ConCiencia se desenvolve desde a USC.
Dúas alumnas de "Filosofía da Ciencia" do IES Otero Pedrayo de Ourense elaboraron esta presentación para axudar a espallar a relevancia do Premio Fonseca dentro do Programa ConCiencia da USC
El documento proporciona consejos para reducir el estrés de Martín, una persona con autismo, durante sus interacciones. Estos incluyen hacer las actividades predecibles, hablar con frases cortas y vocabulario simple, ser explícitos y darle tiempo para cumplir instrucciones sin presionarlo constantemente. También recomienda no gritar, corregirlo sin dramatismo y felicitarlo con gestos, mantener la calma si tiene una rabieta, y entender que los comportamientos problemáticos tienen una función para él y no intenta fastidiar.
Traballo sobre o machismo na mecánica realizado pola alumna de 4º da ESO María Besteiro Valiño, durante o curso 2016 - 2017 no CPI de Castroverde, Lugo.
Sobre as revoltas sociais que rematan coa morte dos señores na Baixa Idade Media. Tradución ó galego e actualización da anterior versión "Violencia y muerte del señor en Galicia a finales de la Edad Media", Studia Histórica. Historia Medieval, Salamanca, vol. IX, 1991, pp. 125-157.
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeiesasorey
Descrición da paisaxe do río Umia, que foi fonte de inspiración de poetas e do que xurdiron lendas que quedaron fixas na tradición oral galega. Elaborada por Aldara Rey Blanco, de 3º ESO B
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
1. Tema 1 Antigo Réxime (continuación)
A Revolución Científica dos séculos XVII e XVIII
O século XVIII estudámolo para entender a Idade Contemporánea, coma quen estuda a infancia para entender o que é a
idade adulta. No caso das ciencias debemos remontarnos ao século XVII, porque é neste século cando se sentan as bases do
queserá a cienciaactual. Non é que antes do século XVII non se fixeran estudos e descubrimentos importantes, pero a partir do
século XVII, a ciencia irá conformándose tal e como a coñecemos hoxe en día.
A revolucióncientíficadoséculoXVII abarcoutodosos campos.Osprogresosen matemáticas foron tan importantes que as
modificaron por completo. Desenvolvéronse ou naceron a álxebra, a teoría dos números, a xeometría analítica e proxectiva, o
cálculo de probabilidades e o cálculo infinitesimal. Alinguaxe matemática aplicouse a todas as ciencias físicas: a mecánica, a
dinámicaceleste,aóptica.Nocampoexperimental,osprogresos fundamentaisforonainvención das lentes e o microscopio, e o
comezo dos estudos químicos e sobre a electricidade e o magnetismo. Nas ciencias biolóxicas, o arranque estivo no
descubrimentoda circulación maior do sangue, e o nacemento da anatomía microscópica e da fisioloxía vexetal. Os progresos
repercutiron no avance da medicina.
Pero máisimportantequeentenderosprogresosconcretos que houbo en cada materia, é entender o cambio que
houbo no mododecoñeceren xeral. O feito de maior importancia para o porvir é que se produciu unha evolución no
espírito e nos métodos da
ciencia. Os pensadores e
pensadoras1 do século XVII
estableceron os principios
básicos e os fundamentos da
ciencia moderna. Nace o
método científico.
Para ser chamado científico
un métodode investigación, debe
basearse no empírico e na
medición, é dicir, debe estar
baseado na experiencia e na
observación dos feitos. O método
científico que nace no século
XVII, consiste na observación
sistemática, a medición, a experimentación, a formulación, a análise e a modificación das hipóteses. Debe basearse en dous
1 Durante os séculos XVII e XVII, as mulleres da aristocracia tiñan certo poder e prestixio social, pero os historiadores da ciencia só lles
conceden un papel pasivo. As mulleres da nobreza ou da alta burguesía, recibían educación en casa. As mulleres nos séculos XVII e XVIII
están presentes en todos os campos do saber: química, botánica, ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía, astronomía e matemáticas. Na España
do século XVIII destacou, por exemplo, María Andrea Casamayor y de La Coma. Pero na Europa da ilustración houbo moitas máis mulleres,
como por exemplo as italianas Maria Agnesi, Laura Bassi o as francesas Sophie Germain ou Emile du Chatelet, por citar algunhas.
B1.3. Arte e ciencia en Europa no século XVIII. B1.3. Coñecer os avances da Revolución
Científica desde os séculos XVII e XVIII.
XHB1.3.1. Aprecia os avances científicos e a súa
aplicación á vida diaria, e contextualiza o papel
dos científicos na súa propia época.
XHB1.3.2. Comprende as implicacións do
empiricismo e o método científico nunha
variedade de áreas.
2. alicerces:oexperimentodebedarseacoñecer,paraquepoidaser reproducido por outra persoa noutro sitio distinto e, se non se
dan os resultados esperados, poida ser refutado. Así é como a comunidade científica verifica os resultados obtidos. As
conclusións científicas non se consideran nunca absolutamente verdadeiras, senón unicamente non refutadas.
Nesta época tamén se foi impoñendo o uso das linguas nacionais en lugar do latín, por parte dos filósofos e científicos en
Europa. O uso do latín, como lingua universal dos sabios e sabias de toda Europa, significou un precioso instrumento de
comunicación entre todos eles que saltaba por enriba das fronteiras culturais e das diferenzas idiomáticas, pero o uso da lingua
común, facilitou o coñecemento da ciencia por un maior número de persoas2.
No séculoXVII fundaransemoitas academiasporEuropa paraacoller e congregar aos sabios de diversas procedencias. As
universidades oficiais eran reticentes a saír do pensamento tradicional, e estaban quedando anquilosadas. Así que se foi
difundindoaideadas academias,comoinstitucións culturais onde, fora do ámbito da universidade, que quedara anquilosada na
escolástica3, posibilitábase o contacto e intercambio de ideas entre a multiplicidade de disciplinas intelectuais. En Roma, por
exemplo, fundouse a Academia dei Licei (1603), baixo os auspicios do príncipe Federico Cesi, á que pertenceu Galileo. Había
dous modelos de organización: mentres que a Royal Society4 inglesa era un club privado cuxos membros pagaban cotas, a
Academia das Ciencias francesa de París era unha institución pública pagada polo Estado.
Pronto comezaron a publicarse tamén as primeiras revistas científicas. Ao principio os científicos e científicas
comunicábanse por carta, pero coa crecente propagación do método experimental, a correspondencia comezou a facerse
insuficiente.Así queaproveitandoas posibilidadesqueabríaaprensaperfeccionadaporGuttenbergséculosantes, comezaron a
facersecomúnsosdiariosacadémicos e revistas científicas, promovidas polas mesmas academias. Xurdiron tamén os
gabinetesdehistorianatural, ou as colecciónsmineralóxicas, xardíns botánicos e observatorios astronómicos particulares. Afins
do século XVII abríronse os primeiros observatorios estatais modernos, o de París (1672) e o de Greewich (1675).
A física aristotélica ou escolástica, que era a que se desenvolvía dende o Renacemento, entendía a natureza como unha
organización de sustancias, formas e cualidades. A nova ciencia substituíu esta concepción pola dun conxunto ordenado de
masas,movementosefenómenoscuantitativos.Dende1609 Kepler demostraraaposibilidadedeaplicarocálculomatemáticoao
coñecementodanatureza. Galileo,polasúabanda,emprendeua medición da forza da gravidade, convencido de que a natureza
está escrita en linguaxe matemática. Aaplicación do método matemático permitiu o desenvolvemento das ciencias físicas.
GalileoGalilei é considerado xeralmente o pai da ciencia moderna porque
sitúan nel a orixe do método científico. Tamén Isaac Newton (1642 – 1727)
sostivo que o método correcto para
investigar as propiedades das cousas
era deducilasa partir de Experimentos.
A arte da óptica realizou
avancesimportantísimos no século
XVII, permitindo así o avance
científico en dousimportantesáreas:
a observacióndo máispequeno,o microscópico que escapa á nosa simple
2 O labor de tradución das obras científicas, correu a cargo de mulleres en moitas ocasións. Por exemplo, claudine Picardet, traballou nun
laboratorio e aprendeu sueco e alemán para traducir os volumes das “Memorias de Química” de Scheele e probablemente axudou ao seu
home, Morveau, na tradución e comentarios dos dous volumes de Bergman.
3 Escolástica: a escolástica viña sendo a forma de pensamento medieval, que intentaba mesturar razón e fe, aínda que subordinándose
demasiado á fe e aos argumentos de autoridade e prescindindo en moitos casos da comprobación empírica.
4 Un dos seus presidentes foi o astrónomo Isaac Newton, con quen chegou á súa máxima resonancia universal a ciencia inglesa.
Ilustración 2 Lección de anatomía. Rembrandt. Esta obra
deixa patente a importancia crecente da investigación
directa
Ilustración 1 Galileo Galilei
3. vista, e a observación do máis grande, o Universo. O telescopio e o microscopio pronto se converteron en próteses
obrigatorias da nova mirada científica.
Outra ciencia que se desenvolveu de forma destacada durante o século XVII foi a medicina, ao abandonar algúns antigos
prexuízos e ideas de orixe medieval. No século XVII, por exemplo, aínda se cría na xeración espontánea. Crían que as
plantasou algúnsanimaispodíanxurdirda unión decorpúsculosinanimados.O médicotoscanoFrancescoRedi,sostivo que a
vida só podía proceder da vida. Redi demostrou que os vermes non nacen espontaneamente coa putrefacción dos cadáveres e
quese a carneseprotexe docontactodasmoscasnoncríavermes, xa queestes procedendos ovos depositados polos insectos.
A difusión dosavancescientíficos,moitasvecescoaoposición de amplos sectores sociais, en especial da Igrexa,
permitiu unha mellora da investigación e , ao mesmo tempo, do nivel xeral de vida en Europa.
O progresocientíficoacabou producindoun gran progresotecnolóxico.O progreso tecnolóxico,cosseusinventos,
foi transformando a economía e a vida das persoas. Isto é o que veremos coa Revolución Industrial.
4.
5.
6. Bibliografía:
- Lo delas mujeresprincipalmentede https://lanaveva.wordpress.com/2010/06/23/mujeres-cientificas-del-siglo-xvii-y-xviii/ y
luegobuscandonombresconcretos fui tirando del hilo: https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Andrea_Casamayor
- El texto de libros de la biblioteca de la diputación de Coruña.
- Gran historia de la humanidad 9/211 (varios tomos).
- Enciclopedia Planeta 9/185 (varios tomos).
- Historia Universal. Siglo XVII Instituto Gallach 9/178 (tomo 6, hayvarios tomos).