SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 11
Downloaden Sie, um offline zu lesen
A TECNOLOXÍA NA GLOBALIZACIÓN DO CAPITAL E NA HOMOXENEIZACIÓN
CULTURAL.
Sergio Fernández Alonso
http://acovadameiga.net/
https://twitter.com/sergioferal
Xa hai tempo que vense oíndo falar da globalización e, sobre todo nos primeiros
tempos, como algo positivo. Tense falado tamén moito de que o mundo estase a
converter nunha Aldea Global, onde todos podemos acceder a informacións de
tódolos recunchos do planeta nun tempo moi corto, así como ter contacto con
culturas e habitantes de todo o Globo. Isto pretende ser unha reflexión sobre a
complexidade deste tema, os posibles efectos negativos que pode ter (e está
tendo) na diversidade cultural do Mundo (e como consecuencia disto tamén os
efectos negativos sobre o equilibrio do planeta) e, como a tecnoloxía (unha das
principais bandeiras da cultura “depredadora” que está invadindo ao resto), pode
ser parte do problema ou da solución. Somos uns paranoicos? Non será para tanto
facer chegar a televisión e outras novas tecnoloxías aos países que non as tiñan, ou
si? A quen lle interesa que isto ocorra?¿É a tecnoloxía que lles chega axeitada (ou
sexa, eficiente, asimilable pola súa cultura e necesaria), ou estanse a crear
necesidades artificiais? A información que circula pola Aldea Global, é a real ou está
contaminada por certos intereses ?
GLOBALIZACIÓN, SÍ, PERO ... DE QUE?
Nos últimos tempos obsérvase en tódolos niveis como o entorno económico e
institucional é cada vez máis propicio para que se dea unha gran expansión nos
procesos de globalización económica (do capital). Isto influíu decisivamente na re-
configuración dos procesos produtivos, dos sistemas territoriais que os acompañan
e tamén nas estruturas sociais nas que se asentan (xa que os crecementos
económicos non son uniformes, contribuíndo á desigualdade social e xeográfica).
Todo isto, tal e como funciona o sistema económico predominante, fará que se
agudicen os impactos sobre o equilibrio de todo o planeta. Isto basicamente ocorre
porque o sistema neoliberal promove a explotación dos recursos cunha perspectiva
temporal moi reducida, que non está a dar cabida a conceptos como
1
desenvolvemento sustentable (non crecemento sustentable) ou economía social
(conceptos estes últimos que necesitan de tempo para o seu estabelecemento, o
que non é “rendible” en termos neoliberais). Dunha maneira moi simplificada, o que
se está a facer é aproveita-los recursos a un nivel cada vez maior sen ter en conta a
súa reposición nin os custes dos residuos que se deixan (as chamadas
externalidades negativas), que non teñen cabida no ecosistema natural. Ambas
cousas están a rematar coa capacidade de acollida do planeta para a especie
humana (en realidade, para moitas máis especies).
Así pois, as claves dos problemas deste sistema económico veñen dadas pola
insustentabilidade física do mesmo e pola desigualdade social que crea (con
poboación vulnerable sen acceso aos servizos máis básicos sen distinción de
fronteiras xa que, como veremos máis adiante, cando se fala de globalización non
ten sentido falar de fronteiras).
O que se comentou neste apartado foi a globalización económica por parte
dun determinado tipo de modelo de desenvolvemento. Nestes tempos é esta
globalización económica o motor do resto das globalizacións, como a cultural, a
social, etc. Noutros tempos pódese falar de outros tipos de globalización (unha moi
intensa e que tivo moitos efectos na historia da humanidade foi a relixiosa), pero
hoxe todas vense mediatizadas pola Globalización Económica (do capital).
QUÉ SON TODAS ESTAS SIGLAS? A QUEN BENEFICIAN AO FINAL?
Unha das probas máis visibles do avance imparable da globalización
económica é que son cada vez máis as grandes institucións supranacionais as que
comezan a tomar as decisións máis importantes, pero non as toman pensando nas
poboacións máis vulnerables, senón na minoría máis acaudalada e con máis
capacidade de influencia (cartos chaman a cartos). Un exemplo disto foron as
roldas da OMC (Organización Mundial de Comercio). A OMC busca basicamente a
liberalización comercial mundial, de xeito que os estados non lle podan poñer
condicionantes ás empresas que se instalen nos seus territorios (condicionantes por
exemplo de tipo social, como que non podan despedir indiscriminadamente, ou
fiscal como aranceis para a protección de pequenos produtores, se ben se que
poden poñer outro tipo de condicionantes que en xeral favorecen aos países con
máis capital e vantaxe tecnolóxica). Ademais, promoven a liberalización de tódolos
2
sectores para que sexan regulados por un mercado global (incluídos os que teñen
que ver con servizos básicos das persoas, como acceso a auga, alimentación,
saúde, etc.).
O aumento dos poderes do FMI (Fondo Monetario Internacional), que regula as
condicións das inversións mundiais cada vez a temas máis aló dos estritamente
económicos, e a coordinación cada vez máis estreita nas súas políticas entre o
propio FMI, a OMC e o BM (Banco Mundial), creou un marco de xogo onde as
capacidades de intervención autónoma dos chamados estados-nación (ou sexa, os
países) quedou cada vez máis mermada. Mesmo as Nacións Unidas, onde os países
eran protagonistas, sempre tenderon a adaptarse a nova orde mundial. As
declaracións que fixera Kofi Annan (ex-secretario xeral das Nacións Unidas) a favor
de involucrar ás empresas transnacionais (o que antes se chamaban multinacionais,
empresas que operan en moitos países, agora chámase transnacionais, que
transcenden aos propios países) na gobernabilidade mundial é una mostra clara do
que xa está a ocorrer. Todo isto, a pesar dalgunhas recomendacións de diversos
organismos dependentes da propia ONU desaconsellando incluír moitos dos
servizos básicos aos que ás persoas teñen dereito (segundo a declaración dos
dereitos humanos e moitas declaracións posteriores) nas negociacións da OMC.
As transnacionais queren impoñer o AMI (Acordo Multilateral de Inversións) a través
destas institucións mencionadas. O AMI permitiría a eliminación de calquera tipo de
restrición estatal á compra de terras, recursos (tamén os básicos como xa se
comentou, por exemplo cereais, cunha porcentaxe abrumadora en mans de 4
grandes empresas, as coñecidas como ABCD1
) e servizos de toda índole (incluíndo
culturais ou de abastecemento de auga), así como a supresión de calquera clase de
condicionamento á inversión transnacional (como poñer como condición uso de
mano de obra da zona, usos de tecnoloxías apropiadas, repatriación de beneficios,
etc.). Os únicos sectores á marxe do AMI ían ser defensa e policía (pero
indirectamente tamén están comezando a ser controlados polas grandes empresas
de seguridade, que xa se subcontratan cada vez máis para diversos ámbitos e a
tendencia parece crecente2
). Ademais, o AMI concede ás empresas e inversores
internacionais a potestade de levar ós gobernos ante un Xurado Arbitral da Cámara
1 http://www.oxfamblogs.org/fp2p/?p=11342
2 http://ccoopolicalocal.blogspot.com.es/2012/05/alemania-se-apunta-la-privatizacion-de.html
3
de Comercio Internacional, que defende os mesmos intereses que as
transnacionais, e que pode facer que os gobernos teñan que compensar
economicamente ás empresas se considerase que a actuación estatal ten diminuído
a súa capacidade de obter beneficios.
De todo o que se falou até o de agora podemos dicir que o que se está dando
é unha globalización económica, e quen se ve máis favorecido son as institucións
que representan este poder económico: as transnacionais, coa conivencia de
políticos que polo efecto das “portas xiratorias” pasan da política a ocupar cargos
nesas transnacionais e viceversa con gran facilidade. Esta globalización do capital e
da cultura homoxeneizadora hiperconsumista que lle fai o xogo, non leva aparellada
unha globalización dunha conciencia ecolóxica integral do planeta, ou de xustiza
social global para as persoas máis vulnerables (os muros crecen e crecen), nin por
suposto da tecnoloxía, que en demasiadas ocasións serve tanto para manter o
status quo (escalada en tecnoloxía militar ou, no caso do “optimismo tecnolóxico”,
para escudarse en que a tecnoloxía salvará ao planeta a tempo e non fai falta
cambiar o modelo de desenvolvemento), como para usala como fin último case a
modo de “fetichismo”, a felicidade do consumo tecnolóxico como un “ter”, en vez
de usar a tecnoloxía para vivir mellor.
COMO AXUDAN A QUE A BOLA DE NEVE SIGA RODANDO.
O proceso de globalización non só se da por actividades de aqueles que están
máis interesados en que se dea, senón, ás veces, polos desexos de axudar sen
coñecer a realidade dos lugares onde se desenvolven actividades de cooperación
ao desenvolvemento que levan aparelladas procesos de transferencia tecnolóxica
(que son case todos). Así, pódense dar situacións de introdución de novos
materiais, servizos e tecnoloxías que poden desequilibrar o modelo de vida da zona,
crear competencia desleal cos produtores locais ou, en resumo, que se non están
ben planificados e non son sustentables poden crear necesidades, dependencias ou
a inmersión acelerada no sistema occidental sen tempo a adaptarse, o que pode
levar ó exterminio completo de culturas e graves impactos socio-económicos
aumentando a fenda tecnolóxica e as desigualdades. Esta mesma situación pódese
dar de forma interesada por representantes das grandes empresas, pero hai outras
4
maneiras de axudar a expansión da globalización tecnolóxica vinculada ao modelo
hiper-consumista, unhas máis sutís e outras máis directas.
Un caso de maior sutilidade e a da manipulación da información e o
bombardeo con ideas da cultura occidental ao resto do mundo (facilitado
polo proceso de colonización histórico e as relacións asimétricas metrópole-colonia).
Aquí pode aparecer o debate de que a liberdade de información e de informarse
non se deben coartar. Así, nalgúns réximes integristas, por exemplo, a prohibición
de sintonizar cadeas de radio ou televisión occidentais pode interpretarse máis
como unha maneira de ter controlado o pobo, sen ideas revolucionarias, máis que
como unha maneira de evitar un colonialismo cultural ou consumista (o que
pretenden evitar os gobernantes de estes países é, en efecto, a caída do modelo
que a eles lles interesa, alegando que é parte da súa propia cultura, pero que lles
pregunten, por exemplo, ás mulleres de Irán, que opinan da súa cultura imposta
unha vez que tiveron a ocasión de traballar e pasear pola rúa sen necesidade de ir
cun home, como se conta no cómic, xa un clásico, Persépolis 3
). Pero tamén é
preocupante saber que, por exemplo, os nenos latinoamericanos pasen o duplo de
horas fronte a TV que nas aulas ou facendo outras actividades (e os de aquí?). Así a
ninguén lle estraña a desestruturación das culturas tradicionais, provocadas pola
importación de valores de hiperconsumo iniciados no países máis exportadores e
“industrializados”, valores que propoñen como modelo de felicidade xa non a
posesión de bens e servizos e o seu consumo, senón o aumentar cada vez máis
esta posesión e este consumo, sen ter en conta as condicións socioeconómicas que
impiden a igualdade de acceso ós bens nin a limitada capacidade de carga e uso da
Terra. O efecto bumerán estase a ver coa invasión de produtos que se fabrican en
China ou Taiwán, encargados por moitas das empresas transnacionais inicialmente
situadas en países de Europa ou EEUU, pero que non teñen problema en
deslocalizar a súa produción en aras duns maiores beneficios para os seus donos (e
non tanto para a baixada dos prezos), pero que agora xa son “imitadas” por
empresas destes países chamados “emerxentes”.
A outra parte desta invasión nos medios de comunicación ven dada pola
concentración da información en unhas poucas mans. Por exemplo, en 1988 (antes
da revolución de INTERNET), catro axencias de noticias controlaban o 90% da
3 http://es.wikipedia.org/wiki/Pers%C3%A9polis_%28historieta%29
5
información producida no mundo: dúas dos USA, unha francesa e outra inglesa. Así,
sen dúbida, esta concentración conduce cara unha redución do pluralismo na
comunicación e na cultura (outro dato é, por exemplo, a redución desde o século
XIX até hoxe en día desde 1000 idiomas nativos en Sudamérica a só 200). Trala
revolución de internet a cousa non mellorou demasiado, pero si se abriu unha
posibilidade que antes era máis complexa: así como a imprenta foi unha tecnoloxía
que facilitaba que puideran acceder a escritos e polo tanto a moita información
moitas máis persoas, a tecnoloxía dixital e posteriormente a internet fixo que
calquera poida de xeito bastante sinxelo xerar información e difundila (a pesar da
fenda dixital que aínda existe). Foron, pois, tecnoloxías que eran moi facilmente
utilizables para unha mellora da capacidade das persoas de decidir sobre o seu
modo de vida, a súa soberanía e a súa condición de “cidadáns” ou “cidadás”. Os
debates sobre estas novas tecnoloxías e o seu impacto seguen dando que pensar,
cos temas da privacidade, monopolio de uso de información e dos canais de
internet (con iniciativas centradas en “Internet como ben público” ou a “neutralidade
da rede”4
).
Pero ¿é posible ademais o control do pensamento a escala planetaria? Hai
quen pensa que si, e ven nos medios de comunicación instrumentos eficaces para a
dominación ideolóxica (e máis recentemente o propio google ou as redes sociais).
Pero non ten por que ser sempre así. Por exemplo a Pinochet no lle valeu te-lo
control dos medios para gaña-lo plebiscito e foi derrocado, ou mesmo Berlusconi,
que non conseguiu manterse no poder de Italia a pesar de controlar a maioría dos
medios de comunicación do seu país (se ben sempre amaga a súa volta). Pero non
hai dúbida de que estes medios poden influír na imaxe que temos dos países
empobrecidos. As veces, coma sempre, se empregan cun afán manipulador máis
directo. Outras veces ten que ver máis coa cultura hiperconsumista que xa nos
rodea, que tamén alimenta valores e activa marcos vinculados coa
imposibilidade de acadar unha sociedade xusta, sen persoas que non contan coas
mesmas oportunidades de desenvolvemento persoal polo simple feito de nacer
onde naceron 5
. Con estas mensaxes, non é casualidade que para moitos de nos a
fame de África sexa o vivo exemplo da incapacidade dos “negriños” para prosperar,
4 http://lasindias.org/la-neutralidad-de-la-red/
5 Buscando marcos: nuevas formas de implicar a la ciudadanía del Reino Unido con la pobreza global
https://docs.google.com/file/d/0B0IWq6o1NngLR0FsRUNySnJoekk/edit?pli=1 onde se pode ver unha figura moi
ilustrativa sobre como estes modelos se perpetúan no tempo http://acovadameiga.net/files/2013/02/iceberg_mental.jpg
6
unha catástrofe natural ou a corrupción endémica, sen relación cos procesos
económicos e políticos inducidos polos países occidentais. As zonas máis
empobrecidas do globo son só noticia cando hai algunha catástrofe natural, unha
guerra, fame ou para dar unha nota de color co seu exotismo ou, como moito, para
sacudir as consciencias dalgúns durante un momento e que as tranquilicen doando
parte do que lles sobra (mensaxes en demasiadas ocasións tamén impulsadas por
certo tipo de organizacións caritativas, que non empregan a razón de xustiza para
eses apoios, xa que a xustiza non emociona, e a emoción é o que se traduce como
doazón inmediata).
- Un exemplo de invasión con impunidade é o que fan algunhas transnacionais
en países que, ou ben están moi necesitados de inversións (aínda que a longo prazo
pouco lles vai quedar a eles), ou teñen un goberno corrupto, mero monicreque dos
países con intereses económicos nesa zona. Entre isto, e a desinformación
interesada que practican nestes países, prodúcense casos como a comercialización
de produtos de uso milenario en países empobrecidos, que patentan as grandes
empresas farmacéuticas; ou os casos de substitución de variedades autóctonas de
produtos agrícolas por sementes resistentes a herbicidas pero que producen froito
estéril, co que obrigan a xente a ter que comprarlles sementes tódolos anos (e
tamén herbicidas, que casualmente fabrican as mesmas casas que as sementes).
Este tipo de invasión é frecuente, e ante isto a xente está moitas veces
desamparada legalmente e ademais des-informada.
OS EFECTOS, E OS EFECTOS DOS EFECTOS...
Os efectos de esta globalización económica, e tamén cultural (como xa vimos en
gran parte mediatizada pola económica) son, en xeral, unha perda de diversidade
cultural e substitución de costumes, tecnoloxías e tradicións propias polas
propostas da cultura occidental (diversidade que é moito máis desexable para
calquera sistema que unha homoxeneización galopante de culturas e mentes6
). Isto
provoca que estas comunidades pasen a formar parte dun sistema económico que
se cadra non é mellor que o que tiñan. E o peor moitas veces non é isto, senón que
o cambio pode ser tan rápido e traumático que as comunidades non sexan
capaces de asimilalo, e queden absolutamente extintas, ou pasen de ser en certa
6 http://acovadameiga.net/2012/06/22/opciones-kowalsky/
7
medida autosuficientes ou polo menos a decidir sobre os recursos básicos para
vivir, a ter que vivir completamente supeditadas á axuda do goberno ou externas
(con moitas persoas en situación de vulnerabilidade).
Ao acabar cunha cultura que levaba ligada ás condicións propias do medio moito
tempo, se está creando non só un desequilibrio cultural e económico, senón tamén
ecolóxico, pois cambian nun corto período de tempo ás relacións dun compoñente
do ecosistema (o home) co resto, sen dar tempo á adaptación (adaptación que se
deu ó longo de moitos anos e tivo tempo de evolucionar). ¿Quen introduciu os
cambios tecnolóxicos? ¿Foi un cooperante cheo de boa vontade, ou unha
transnacional interesada? Os efectos serían os mesmos, pero no primeiro caso
cunha boa preparación e coñecemento da cultura local e, sobre todo, cunha
educación integral e baseada na xustiza global tanto nas persoas que vivían nese
territorio, como das autoridades, como dos promotores desa transferencia
tecnolóxica, podería terse evitado.
Así pois chegamos a algo importante: as culturas non están aí porque si, senón que
son un proceso de adaptación ao entorno que durou moito tempo. Isto fai que
podamos ver unha relación profunda entre a globalización e invasión cultural-
tecnolóxica (van indisolublemente unidos e cada vez a segunda ten máis
importancia na primeira) e o deterioro do equilibrio ecolóxico. Pero isto prantexa un
problema importante: cales dos compoñentes culturais podemos considerar como
bos dunha forma absoluta? Cal é o límite entre o que podemos considerar
satisfacción de necesidades reais que melloran significativamente o nivel de vida
(que ademais son demandados polas persoas) e as meras necesidades creadas que
crean ademais dependencias dun sistema que poden resultar fatais? Ás
comunidades que por calquera medio teñen acceso a avances non se lles pode
obrigar a non aceptalas, ou illalos para que non lles cheguen estes avances (que
moitas veces son melloras só de fachada). Pero a capacidade de elección debe
estar acompañada coa formación. Alguén que non ten información sobre os efectos
da súa elección ou ten información sesgada por intereses, pode ser inducido a
decisións con consecuencias catastróficas.
A un nivel máis macro, é a mesma disxuntiva que se debate cos xa mencionados
países emerxentes. Queren subir ao “tren do desenvolvemento”, para o que o
crecemento é clave. Os que xa están no tren tras perpetrar desfeitas ao longo e
8
ancho do planeta teñen algunha autoridade moral para poñer condicionantes (de
tipo ambiental, de xustiza social ou laboral, etc.) a estes países emerxentes, que
por riba están imitando o modelo que sempre lles “venderon” como ideal os
organismos internacionais?
Pode ser quizais a formación e a información una boa maneira de solucionar isto,
para todas as persoas (coñecer o que pasa e por que pasa). Pero, que tipo de
formación e información? Para quen?
¿HAY SOLUCIÓNS?
As solucións existen. Pero neste caso se cadra son das máis complexas de
acadar, xa que se trata de mellorar o mundo, o sono dos utópicos7
. Hai solucións
que parten dende “arriba”, dende as máis altas institucións internacionais ou
nacionais (top-down). Outras parten da “base” (bottom-up), da xente que máis
sofre o problema, e dos que realmente queren axudar ao cambio. Ambas as dúas
correntes deben atoparse (e non recorrer todo o camiño nun sentido, o que non
sería posible). O que semella claro é que a solución non está en deixar ás
comunidades illadas e evitar a evolución das culturas e a interacción entre elas.
Pero. en moitas ocasións, fronte ós poderosos movementos de invasión cultural,
numerosas culturas ofrecen unha resistencia moi forte e chegan a evolucionar
deixando a súa pegada. Por exemplo, bastantes países asiáticos teñen desenvolvido
o cine nacional (India é o máis coñecido). Para isto fai falla formación da cidadanía e
certo tempo de re-equilibrio (elementos ambos que desgraciadamente non están de
moda nunha sociedade onde se busca cada vez máis formar persoas homoxéneas8
e todo é para onte) . Parece clara a pertenza dos novos medios e tecnoloxías de
comunicación ao conxunto dos elementos fundamentais para o desenvolvemento
dos pobos. Aínda que os medios sexan “civilización” os contidos son “cultura”, e é
neles onde debe centrarse a afirmación da identidade cultural dos pobos. Non hai
que esquecer, ademais, que os mesmos medios de uniformidade cultural son
portadores en ocasións de avances técnicos e importantes conquistas dos Dereitos
Humanos. Desta forma o interese de preservar culturas autóctonas debe estar
matizado pola aproximación de culturas e Estados a un ideal que as transcende, e
non axudar a formar “ghettos” de resistencia contra el. O que ocorre é que non
7 http://acovadameiga.net/2013/03/25/gotas-de-friki-frescor-sandman-para-la-revolucion-que-falta-hace/
8 http://www.youtube.com/watch?v=AZ3JmuaUrxs
9
tódolos modelos culturais están igualmente próximos a este ideal civilizador.
Pódense prever, polo tanto, conflitos por esta causa, pero conflitos que non se
darán entre culturas, senón máis ben entre partidarios de primar ás culturas sobre
o ideal civilizador (ou civilización) contra os que priman á civilización sobre as
culturas. Polo tanto o que se busca coas solucións é acadar ese ideal civilizador
(que dende organismos como a ONU se trata de impulsar, se ben moi lastrados pola
súa propia incoherencia institucional, onde non valen o mesmo os votos duns países
ou outros), baseado nunha serie de valores distintos aos actuais. A continuación
coméntanse catro destes “chanzos” que se consideran básicos para acadar este
ideal:
- Acadar unha igualdade real, cun dereito internacional que defenda ós países máis
desamparados das tropelías das transnacionais, e orientar ós grandes organismos
internacionais cara outro xeito de actuar máis igualitario.
- Estabelecemento de estados de dereito (aínda que a existencia de leis non é unha
garantía de respecto dos dereitos individuais, un sistema xudicial que funcione de
maneira equitativa é a pedra angular da democracia) que posibiliten menos
corrupción e represións culturais, a pesares de que estes son procesos moi
complexos, pois necesitan de moita vontade do pobo e son procesos caros
(pódense promulgar leis, pero se non se asignan os fondos necesarios para
aplicalas non serven de nada).
- Información real e formación axeitada para que as persoas e as comunidades
podan por elas mesmas valorar os efectos da tecnoloxía sobre as súas estruturas
sociais e naturais, e podan facer chegar o mundo a súa propia visión da importancia
da súa cultura. Isto a través de internet pode ser máis doado, aínda que este tipo
de tecnoloxías poderían servir só para engadir outra liña divisoria de desigualdade
coa fenda tecnolóxica. Isto estase vivindo sobre todo en África, onde moi poucas
persoas teñen acceso a internet. Isto poda facer que se cree un novo elitismo da
información que exclúa á maioría da poboación mundial, o que pode solucionarse
intentando achegar estas tecnoloxías ós países máis deprimidos e tomando o
acceso da información como dereito humano (a necesidade de expresión e
defensa da cultura é un dereito básico, o que fai pensar que estas tecnoloxías
poden ser útiles para isto). O derradeiro remedio para esta asimetría (entre países e
entre persoas) nos intercambios de información reside na conquista dun verdadeiro
10
poder de informar o coñecerse a si mesmos (que non se podan dar casos como a
declaración do director dunha transnacional que dixo “Sabemos máis das riquezas
que posúe Brasil que o propio goberno de Brasil”).
- Axudas a adaptación o novo sistema, facéndoo un pouco máis xusto. Por exemplo
usar e promover tecnoloxías apropiadas e a creación de capacidades nos procesos
de transferencia tecnolóxica asociados tanto á cooperación ao desenvolvemento
como a calquera intercambio comercial. Hai que fuxir do tópico de que ás
tecnoloxías en si non son boas nin malas, senón neutrais. Non se pode
considerar unha tecnoloxía de forma illada, senón que hai que integrar o seu
impacto que varía segundo a zona onde se utilicen, esas externalidades das que
falamos. Tamén hai que promover a información e formación das persoas e
integralas a esas novas tecnoloxías, para que elas mesmas podan defender a súa
cultura e identidade, e tamén crear mecanismos de integración no novo sistema,
facéndoo un pouco máis xusto. Todo isto son elementos do enfoque de tecnoloxía
para o desenvolvemento humano9
, que está en construción pola interacción dos conceptos
de tecnoloxías con rostro humano, tecnoloxías intermedias ou apropiadas
(mencionadas a finais dos anos 60 no libro O Pequeno é Fermoso)10
coa nova xeración
da educación para o desenvolvemento: a educación para a cidadanía cosmopolita11
.
Cando se fala tanto de globalización e mundialización, hai que esixir que estas
non se fagan a costa do predominio de uns grupos ou culturas sobre outras, sen
perder a variedade que nos fai distintos pero tamén tolerantes e respectuosos con
outras culturas que, como vimos, teñen súa razón de ser. Sería lamentable que a
situación se convertera nun imperialismo cultural occidental máis que nunha
amalgama de culturas, e que se puxera as culturas por diante das persoas. Así, o
mellor non é ser “antiglobalizadores”, senón “alterglobalizadores”...
9 http://www.slideshare.net/esfgalicia/concepto-de-tecnologa-para-el-desarrollo-humano
10 http://es.wikipedia.org/wiki/Lo_peque%C3%B1o_es_hermoso
11 http://www.construmatica.com/construpedia/La_ED_de_Quinta_Generaci%C3%B3n._Educaci
%C3%B3n_para_la_Ciudadan%C3%ADa_Cosmopolita
11

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correx
mackerel100
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ecursocig
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
AGEeFerrolterra
 
Estatus e clase social manipulación e poder
Estatus e clase social manipulación e poderEstatus e clase social manipulación e poder
Estatus e clase social manipulación e poder
Lino Abelleira Castro
 
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
Manifesto cgt   cut (24-02-2012)Manifesto cgt   cut (24-02-2012)
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
cgtensinocoruna
 
A crise económica
A crise económicaA crise económica
A crise económica
acutareira
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
ousli07
 
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundoXEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
aialo1
 
Diptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_tDiptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_t
oscargaliza
 

Ähnlich wie A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural (20)

Globalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correxGlobalización e desigu pablo e álex correx
Globalización e desigu pablo e álex correx
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
Estatus e clase social manipulación e poder
Estatus e clase social manipulación e poderEstatus e clase social manipulación e poder
Estatus e clase social manipulación e poder
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
Manifesto cgt   cut (24-02-2012)Manifesto cgt   cut (24-02-2012)
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
A crise económica
A crise económicaA crise económica
A crise económica
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres SantoméUn currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo. Jurjo Torres Santomé
 
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIOS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
 
Globalización
GlobalizaciónGlobalización
Globalización
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
 
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundoXEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
 
Diptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_tDiptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_t
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Sensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFSensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESF
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 

Mehr von Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Mehr von Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 
Tecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón románTecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón román
 
Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013
 
Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013
 

A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

  • 1. A TECNOLOXÍA NA GLOBALIZACIÓN DO CAPITAL E NA HOMOXENEIZACIÓN CULTURAL. Sergio Fernández Alonso http://acovadameiga.net/ https://twitter.com/sergioferal Xa hai tempo que vense oíndo falar da globalización e, sobre todo nos primeiros tempos, como algo positivo. Tense falado tamén moito de que o mundo estase a converter nunha Aldea Global, onde todos podemos acceder a informacións de tódolos recunchos do planeta nun tempo moi corto, así como ter contacto con culturas e habitantes de todo o Globo. Isto pretende ser unha reflexión sobre a complexidade deste tema, os posibles efectos negativos que pode ter (e está tendo) na diversidade cultural do Mundo (e como consecuencia disto tamén os efectos negativos sobre o equilibrio do planeta) e, como a tecnoloxía (unha das principais bandeiras da cultura “depredadora” que está invadindo ao resto), pode ser parte do problema ou da solución. Somos uns paranoicos? Non será para tanto facer chegar a televisión e outras novas tecnoloxías aos países que non as tiñan, ou si? A quen lle interesa que isto ocorra?¿É a tecnoloxía que lles chega axeitada (ou sexa, eficiente, asimilable pola súa cultura e necesaria), ou estanse a crear necesidades artificiais? A información que circula pola Aldea Global, é a real ou está contaminada por certos intereses ? GLOBALIZACIÓN, SÍ, PERO ... DE QUE? Nos últimos tempos obsérvase en tódolos niveis como o entorno económico e institucional é cada vez máis propicio para que se dea unha gran expansión nos procesos de globalización económica (do capital). Isto influíu decisivamente na re- configuración dos procesos produtivos, dos sistemas territoriais que os acompañan e tamén nas estruturas sociais nas que se asentan (xa que os crecementos económicos non son uniformes, contribuíndo á desigualdade social e xeográfica). Todo isto, tal e como funciona o sistema económico predominante, fará que se agudicen os impactos sobre o equilibrio de todo o planeta. Isto basicamente ocorre porque o sistema neoliberal promove a explotación dos recursos cunha perspectiva temporal moi reducida, que non está a dar cabida a conceptos como 1
  • 2. desenvolvemento sustentable (non crecemento sustentable) ou economía social (conceptos estes últimos que necesitan de tempo para o seu estabelecemento, o que non é “rendible” en termos neoliberais). Dunha maneira moi simplificada, o que se está a facer é aproveita-los recursos a un nivel cada vez maior sen ter en conta a súa reposición nin os custes dos residuos que se deixan (as chamadas externalidades negativas), que non teñen cabida no ecosistema natural. Ambas cousas están a rematar coa capacidade de acollida do planeta para a especie humana (en realidade, para moitas máis especies). Así pois, as claves dos problemas deste sistema económico veñen dadas pola insustentabilidade física do mesmo e pola desigualdade social que crea (con poboación vulnerable sen acceso aos servizos máis básicos sen distinción de fronteiras xa que, como veremos máis adiante, cando se fala de globalización non ten sentido falar de fronteiras). O que se comentou neste apartado foi a globalización económica por parte dun determinado tipo de modelo de desenvolvemento. Nestes tempos é esta globalización económica o motor do resto das globalizacións, como a cultural, a social, etc. Noutros tempos pódese falar de outros tipos de globalización (unha moi intensa e que tivo moitos efectos na historia da humanidade foi a relixiosa), pero hoxe todas vense mediatizadas pola Globalización Económica (do capital). QUÉ SON TODAS ESTAS SIGLAS? A QUEN BENEFICIAN AO FINAL? Unha das probas máis visibles do avance imparable da globalización económica é que son cada vez máis as grandes institucións supranacionais as que comezan a tomar as decisións máis importantes, pero non as toman pensando nas poboacións máis vulnerables, senón na minoría máis acaudalada e con máis capacidade de influencia (cartos chaman a cartos). Un exemplo disto foron as roldas da OMC (Organización Mundial de Comercio). A OMC busca basicamente a liberalización comercial mundial, de xeito que os estados non lle podan poñer condicionantes ás empresas que se instalen nos seus territorios (condicionantes por exemplo de tipo social, como que non podan despedir indiscriminadamente, ou fiscal como aranceis para a protección de pequenos produtores, se ben se que poden poñer outro tipo de condicionantes que en xeral favorecen aos países con máis capital e vantaxe tecnolóxica). Ademais, promoven a liberalización de tódolos 2
  • 3. sectores para que sexan regulados por un mercado global (incluídos os que teñen que ver con servizos básicos das persoas, como acceso a auga, alimentación, saúde, etc.). O aumento dos poderes do FMI (Fondo Monetario Internacional), que regula as condicións das inversións mundiais cada vez a temas máis aló dos estritamente económicos, e a coordinación cada vez máis estreita nas súas políticas entre o propio FMI, a OMC e o BM (Banco Mundial), creou un marco de xogo onde as capacidades de intervención autónoma dos chamados estados-nación (ou sexa, os países) quedou cada vez máis mermada. Mesmo as Nacións Unidas, onde os países eran protagonistas, sempre tenderon a adaptarse a nova orde mundial. As declaracións que fixera Kofi Annan (ex-secretario xeral das Nacións Unidas) a favor de involucrar ás empresas transnacionais (o que antes se chamaban multinacionais, empresas que operan en moitos países, agora chámase transnacionais, que transcenden aos propios países) na gobernabilidade mundial é una mostra clara do que xa está a ocorrer. Todo isto, a pesar dalgunhas recomendacións de diversos organismos dependentes da propia ONU desaconsellando incluír moitos dos servizos básicos aos que ás persoas teñen dereito (segundo a declaración dos dereitos humanos e moitas declaracións posteriores) nas negociacións da OMC. As transnacionais queren impoñer o AMI (Acordo Multilateral de Inversións) a través destas institucións mencionadas. O AMI permitiría a eliminación de calquera tipo de restrición estatal á compra de terras, recursos (tamén os básicos como xa se comentou, por exemplo cereais, cunha porcentaxe abrumadora en mans de 4 grandes empresas, as coñecidas como ABCD1 ) e servizos de toda índole (incluíndo culturais ou de abastecemento de auga), así como a supresión de calquera clase de condicionamento á inversión transnacional (como poñer como condición uso de mano de obra da zona, usos de tecnoloxías apropiadas, repatriación de beneficios, etc.). Os únicos sectores á marxe do AMI ían ser defensa e policía (pero indirectamente tamén están comezando a ser controlados polas grandes empresas de seguridade, que xa se subcontratan cada vez máis para diversos ámbitos e a tendencia parece crecente2 ). Ademais, o AMI concede ás empresas e inversores internacionais a potestade de levar ós gobernos ante un Xurado Arbitral da Cámara 1 http://www.oxfamblogs.org/fp2p/?p=11342 2 http://ccoopolicalocal.blogspot.com.es/2012/05/alemania-se-apunta-la-privatizacion-de.html 3
  • 4. de Comercio Internacional, que defende os mesmos intereses que as transnacionais, e que pode facer que os gobernos teñan que compensar economicamente ás empresas se considerase que a actuación estatal ten diminuído a súa capacidade de obter beneficios. De todo o que se falou até o de agora podemos dicir que o que se está dando é unha globalización económica, e quen se ve máis favorecido son as institucións que representan este poder económico: as transnacionais, coa conivencia de políticos que polo efecto das “portas xiratorias” pasan da política a ocupar cargos nesas transnacionais e viceversa con gran facilidade. Esta globalización do capital e da cultura homoxeneizadora hiperconsumista que lle fai o xogo, non leva aparellada unha globalización dunha conciencia ecolóxica integral do planeta, ou de xustiza social global para as persoas máis vulnerables (os muros crecen e crecen), nin por suposto da tecnoloxía, que en demasiadas ocasións serve tanto para manter o status quo (escalada en tecnoloxía militar ou, no caso do “optimismo tecnolóxico”, para escudarse en que a tecnoloxía salvará ao planeta a tempo e non fai falta cambiar o modelo de desenvolvemento), como para usala como fin último case a modo de “fetichismo”, a felicidade do consumo tecnolóxico como un “ter”, en vez de usar a tecnoloxía para vivir mellor. COMO AXUDAN A QUE A BOLA DE NEVE SIGA RODANDO. O proceso de globalización non só se da por actividades de aqueles que están máis interesados en que se dea, senón, ás veces, polos desexos de axudar sen coñecer a realidade dos lugares onde se desenvolven actividades de cooperación ao desenvolvemento que levan aparelladas procesos de transferencia tecnolóxica (que son case todos). Así, pódense dar situacións de introdución de novos materiais, servizos e tecnoloxías que poden desequilibrar o modelo de vida da zona, crear competencia desleal cos produtores locais ou, en resumo, que se non están ben planificados e non son sustentables poden crear necesidades, dependencias ou a inmersión acelerada no sistema occidental sen tempo a adaptarse, o que pode levar ó exterminio completo de culturas e graves impactos socio-económicos aumentando a fenda tecnolóxica e as desigualdades. Esta mesma situación pódese dar de forma interesada por representantes das grandes empresas, pero hai outras 4
  • 5. maneiras de axudar a expansión da globalización tecnolóxica vinculada ao modelo hiper-consumista, unhas máis sutís e outras máis directas. Un caso de maior sutilidade e a da manipulación da información e o bombardeo con ideas da cultura occidental ao resto do mundo (facilitado polo proceso de colonización histórico e as relacións asimétricas metrópole-colonia). Aquí pode aparecer o debate de que a liberdade de información e de informarse non se deben coartar. Así, nalgúns réximes integristas, por exemplo, a prohibición de sintonizar cadeas de radio ou televisión occidentais pode interpretarse máis como unha maneira de ter controlado o pobo, sen ideas revolucionarias, máis que como unha maneira de evitar un colonialismo cultural ou consumista (o que pretenden evitar os gobernantes de estes países é, en efecto, a caída do modelo que a eles lles interesa, alegando que é parte da súa propia cultura, pero que lles pregunten, por exemplo, ás mulleres de Irán, que opinan da súa cultura imposta unha vez que tiveron a ocasión de traballar e pasear pola rúa sen necesidade de ir cun home, como se conta no cómic, xa un clásico, Persépolis 3 ). Pero tamén é preocupante saber que, por exemplo, os nenos latinoamericanos pasen o duplo de horas fronte a TV que nas aulas ou facendo outras actividades (e os de aquí?). Así a ninguén lle estraña a desestruturación das culturas tradicionais, provocadas pola importación de valores de hiperconsumo iniciados no países máis exportadores e “industrializados”, valores que propoñen como modelo de felicidade xa non a posesión de bens e servizos e o seu consumo, senón o aumentar cada vez máis esta posesión e este consumo, sen ter en conta as condicións socioeconómicas que impiden a igualdade de acceso ós bens nin a limitada capacidade de carga e uso da Terra. O efecto bumerán estase a ver coa invasión de produtos que se fabrican en China ou Taiwán, encargados por moitas das empresas transnacionais inicialmente situadas en países de Europa ou EEUU, pero que non teñen problema en deslocalizar a súa produción en aras duns maiores beneficios para os seus donos (e non tanto para a baixada dos prezos), pero que agora xa son “imitadas” por empresas destes países chamados “emerxentes”. A outra parte desta invasión nos medios de comunicación ven dada pola concentración da información en unhas poucas mans. Por exemplo, en 1988 (antes da revolución de INTERNET), catro axencias de noticias controlaban o 90% da 3 http://es.wikipedia.org/wiki/Pers%C3%A9polis_%28historieta%29 5
  • 6. información producida no mundo: dúas dos USA, unha francesa e outra inglesa. Así, sen dúbida, esta concentración conduce cara unha redución do pluralismo na comunicación e na cultura (outro dato é, por exemplo, a redución desde o século XIX até hoxe en día desde 1000 idiomas nativos en Sudamérica a só 200). Trala revolución de internet a cousa non mellorou demasiado, pero si se abriu unha posibilidade que antes era máis complexa: así como a imprenta foi unha tecnoloxía que facilitaba que puideran acceder a escritos e polo tanto a moita información moitas máis persoas, a tecnoloxía dixital e posteriormente a internet fixo que calquera poida de xeito bastante sinxelo xerar información e difundila (a pesar da fenda dixital que aínda existe). Foron, pois, tecnoloxías que eran moi facilmente utilizables para unha mellora da capacidade das persoas de decidir sobre o seu modo de vida, a súa soberanía e a súa condición de “cidadáns” ou “cidadás”. Os debates sobre estas novas tecnoloxías e o seu impacto seguen dando que pensar, cos temas da privacidade, monopolio de uso de información e dos canais de internet (con iniciativas centradas en “Internet como ben público” ou a “neutralidade da rede”4 ). Pero ¿é posible ademais o control do pensamento a escala planetaria? Hai quen pensa que si, e ven nos medios de comunicación instrumentos eficaces para a dominación ideolóxica (e máis recentemente o propio google ou as redes sociais). Pero non ten por que ser sempre así. Por exemplo a Pinochet no lle valeu te-lo control dos medios para gaña-lo plebiscito e foi derrocado, ou mesmo Berlusconi, que non conseguiu manterse no poder de Italia a pesar de controlar a maioría dos medios de comunicación do seu país (se ben sempre amaga a súa volta). Pero non hai dúbida de que estes medios poden influír na imaxe que temos dos países empobrecidos. As veces, coma sempre, se empregan cun afán manipulador máis directo. Outras veces ten que ver máis coa cultura hiperconsumista que xa nos rodea, que tamén alimenta valores e activa marcos vinculados coa imposibilidade de acadar unha sociedade xusta, sen persoas que non contan coas mesmas oportunidades de desenvolvemento persoal polo simple feito de nacer onde naceron 5 . Con estas mensaxes, non é casualidade que para moitos de nos a fame de África sexa o vivo exemplo da incapacidade dos “negriños” para prosperar, 4 http://lasindias.org/la-neutralidad-de-la-red/ 5 Buscando marcos: nuevas formas de implicar a la ciudadanía del Reino Unido con la pobreza global https://docs.google.com/file/d/0B0IWq6o1NngLR0FsRUNySnJoekk/edit?pli=1 onde se pode ver unha figura moi ilustrativa sobre como estes modelos se perpetúan no tempo http://acovadameiga.net/files/2013/02/iceberg_mental.jpg 6
  • 7. unha catástrofe natural ou a corrupción endémica, sen relación cos procesos económicos e políticos inducidos polos países occidentais. As zonas máis empobrecidas do globo son só noticia cando hai algunha catástrofe natural, unha guerra, fame ou para dar unha nota de color co seu exotismo ou, como moito, para sacudir as consciencias dalgúns durante un momento e que as tranquilicen doando parte do que lles sobra (mensaxes en demasiadas ocasións tamén impulsadas por certo tipo de organizacións caritativas, que non empregan a razón de xustiza para eses apoios, xa que a xustiza non emociona, e a emoción é o que se traduce como doazón inmediata). - Un exemplo de invasión con impunidade é o que fan algunhas transnacionais en países que, ou ben están moi necesitados de inversións (aínda que a longo prazo pouco lles vai quedar a eles), ou teñen un goberno corrupto, mero monicreque dos países con intereses económicos nesa zona. Entre isto, e a desinformación interesada que practican nestes países, prodúcense casos como a comercialización de produtos de uso milenario en países empobrecidos, que patentan as grandes empresas farmacéuticas; ou os casos de substitución de variedades autóctonas de produtos agrícolas por sementes resistentes a herbicidas pero que producen froito estéril, co que obrigan a xente a ter que comprarlles sementes tódolos anos (e tamén herbicidas, que casualmente fabrican as mesmas casas que as sementes). Este tipo de invasión é frecuente, e ante isto a xente está moitas veces desamparada legalmente e ademais des-informada. OS EFECTOS, E OS EFECTOS DOS EFECTOS... Os efectos de esta globalización económica, e tamén cultural (como xa vimos en gran parte mediatizada pola económica) son, en xeral, unha perda de diversidade cultural e substitución de costumes, tecnoloxías e tradicións propias polas propostas da cultura occidental (diversidade que é moito máis desexable para calquera sistema que unha homoxeneización galopante de culturas e mentes6 ). Isto provoca que estas comunidades pasen a formar parte dun sistema económico que se cadra non é mellor que o que tiñan. E o peor moitas veces non é isto, senón que o cambio pode ser tan rápido e traumático que as comunidades non sexan capaces de asimilalo, e queden absolutamente extintas, ou pasen de ser en certa 6 http://acovadameiga.net/2012/06/22/opciones-kowalsky/ 7
  • 8. medida autosuficientes ou polo menos a decidir sobre os recursos básicos para vivir, a ter que vivir completamente supeditadas á axuda do goberno ou externas (con moitas persoas en situación de vulnerabilidade). Ao acabar cunha cultura que levaba ligada ás condicións propias do medio moito tempo, se está creando non só un desequilibrio cultural e económico, senón tamén ecolóxico, pois cambian nun corto período de tempo ás relacións dun compoñente do ecosistema (o home) co resto, sen dar tempo á adaptación (adaptación que se deu ó longo de moitos anos e tivo tempo de evolucionar). ¿Quen introduciu os cambios tecnolóxicos? ¿Foi un cooperante cheo de boa vontade, ou unha transnacional interesada? Os efectos serían os mesmos, pero no primeiro caso cunha boa preparación e coñecemento da cultura local e, sobre todo, cunha educación integral e baseada na xustiza global tanto nas persoas que vivían nese territorio, como das autoridades, como dos promotores desa transferencia tecnolóxica, podería terse evitado. Así pois chegamos a algo importante: as culturas non están aí porque si, senón que son un proceso de adaptación ao entorno que durou moito tempo. Isto fai que podamos ver unha relación profunda entre a globalización e invasión cultural- tecnolóxica (van indisolublemente unidos e cada vez a segunda ten máis importancia na primeira) e o deterioro do equilibrio ecolóxico. Pero isto prantexa un problema importante: cales dos compoñentes culturais podemos considerar como bos dunha forma absoluta? Cal é o límite entre o que podemos considerar satisfacción de necesidades reais que melloran significativamente o nivel de vida (que ademais son demandados polas persoas) e as meras necesidades creadas que crean ademais dependencias dun sistema que poden resultar fatais? Ás comunidades que por calquera medio teñen acceso a avances non se lles pode obrigar a non aceptalas, ou illalos para que non lles cheguen estes avances (que moitas veces son melloras só de fachada). Pero a capacidade de elección debe estar acompañada coa formación. Alguén que non ten información sobre os efectos da súa elección ou ten información sesgada por intereses, pode ser inducido a decisións con consecuencias catastróficas. A un nivel máis macro, é a mesma disxuntiva que se debate cos xa mencionados países emerxentes. Queren subir ao “tren do desenvolvemento”, para o que o crecemento é clave. Os que xa están no tren tras perpetrar desfeitas ao longo e 8
  • 9. ancho do planeta teñen algunha autoridade moral para poñer condicionantes (de tipo ambiental, de xustiza social ou laboral, etc.) a estes países emerxentes, que por riba están imitando o modelo que sempre lles “venderon” como ideal os organismos internacionais? Pode ser quizais a formación e a información una boa maneira de solucionar isto, para todas as persoas (coñecer o que pasa e por que pasa). Pero, que tipo de formación e información? Para quen? ¿HAY SOLUCIÓNS? As solucións existen. Pero neste caso se cadra son das máis complexas de acadar, xa que se trata de mellorar o mundo, o sono dos utópicos7 . Hai solucións que parten dende “arriba”, dende as máis altas institucións internacionais ou nacionais (top-down). Outras parten da “base” (bottom-up), da xente que máis sofre o problema, e dos que realmente queren axudar ao cambio. Ambas as dúas correntes deben atoparse (e non recorrer todo o camiño nun sentido, o que non sería posible). O que semella claro é que a solución non está en deixar ás comunidades illadas e evitar a evolución das culturas e a interacción entre elas. Pero. en moitas ocasións, fronte ós poderosos movementos de invasión cultural, numerosas culturas ofrecen unha resistencia moi forte e chegan a evolucionar deixando a súa pegada. Por exemplo, bastantes países asiáticos teñen desenvolvido o cine nacional (India é o máis coñecido). Para isto fai falla formación da cidadanía e certo tempo de re-equilibrio (elementos ambos que desgraciadamente non están de moda nunha sociedade onde se busca cada vez máis formar persoas homoxéneas8 e todo é para onte) . Parece clara a pertenza dos novos medios e tecnoloxías de comunicación ao conxunto dos elementos fundamentais para o desenvolvemento dos pobos. Aínda que os medios sexan “civilización” os contidos son “cultura”, e é neles onde debe centrarse a afirmación da identidade cultural dos pobos. Non hai que esquecer, ademais, que os mesmos medios de uniformidade cultural son portadores en ocasións de avances técnicos e importantes conquistas dos Dereitos Humanos. Desta forma o interese de preservar culturas autóctonas debe estar matizado pola aproximación de culturas e Estados a un ideal que as transcende, e non axudar a formar “ghettos” de resistencia contra el. O que ocorre é que non 7 http://acovadameiga.net/2013/03/25/gotas-de-friki-frescor-sandman-para-la-revolucion-que-falta-hace/ 8 http://www.youtube.com/watch?v=AZ3JmuaUrxs 9
  • 10. tódolos modelos culturais están igualmente próximos a este ideal civilizador. Pódense prever, polo tanto, conflitos por esta causa, pero conflitos que non se darán entre culturas, senón máis ben entre partidarios de primar ás culturas sobre o ideal civilizador (ou civilización) contra os que priman á civilización sobre as culturas. Polo tanto o que se busca coas solucións é acadar ese ideal civilizador (que dende organismos como a ONU se trata de impulsar, se ben moi lastrados pola súa propia incoherencia institucional, onde non valen o mesmo os votos duns países ou outros), baseado nunha serie de valores distintos aos actuais. A continuación coméntanse catro destes “chanzos” que se consideran básicos para acadar este ideal: - Acadar unha igualdade real, cun dereito internacional que defenda ós países máis desamparados das tropelías das transnacionais, e orientar ós grandes organismos internacionais cara outro xeito de actuar máis igualitario. - Estabelecemento de estados de dereito (aínda que a existencia de leis non é unha garantía de respecto dos dereitos individuais, un sistema xudicial que funcione de maneira equitativa é a pedra angular da democracia) que posibiliten menos corrupción e represións culturais, a pesares de que estes son procesos moi complexos, pois necesitan de moita vontade do pobo e son procesos caros (pódense promulgar leis, pero se non se asignan os fondos necesarios para aplicalas non serven de nada). - Información real e formación axeitada para que as persoas e as comunidades podan por elas mesmas valorar os efectos da tecnoloxía sobre as súas estruturas sociais e naturais, e podan facer chegar o mundo a súa propia visión da importancia da súa cultura. Isto a través de internet pode ser máis doado, aínda que este tipo de tecnoloxías poderían servir só para engadir outra liña divisoria de desigualdade coa fenda tecnolóxica. Isto estase vivindo sobre todo en África, onde moi poucas persoas teñen acceso a internet. Isto poda facer que se cree un novo elitismo da información que exclúa á maioría da poboación mundial, o que pode solucionarse intentando achegar estas tecnoloxías ós países máis deprimidos e tomando o acceso da información como dereito humano (a necesidade de expresión e defensa da cultura é un dereito básico, o que fai pensar que estas tecnoloxías poden ser útiles para isto). O derradeiro remedio para esta asimetría (entre países e entre persoas) nos intercambios de información reside na conquista dun verdadeiro 10
  • 11. poder de informar o coñecerse a si mesmos (que non se podan dar casos como a declaración do director dunha transnacional que dixo “Sabemos máis das riquezas que posúe Brasil que o propio goberno de Brasil”). - Axudas a adaptación o novo sistema, facéndoo un pouco máis xusto. Por exemplo usar e promover tecnoloxías apropiadas e a creación de capacidades nos procesos de transferencia tecnolóxica asociados tanto á cooperación ao desenvolvemento como a calquera intercambio comercial. Hai que fuxir do tópico de que ás tecnoloxías en si non son boas nin malas, senón neutrais. Non se pode considerar unha tecnoloxía de forma illada, senón que hai que integrar o seu impacto que varía segundo a zona onde se utilicen, esas externalidades das que falamos. Tamén hai que promover a información e formación das persoas e integralas a esas novas tecnoloxías, para que elas mesmas podan defender a súa cultura e identidade, e tamén crear mecanismos de integración no novo sistema, facéndoo un pouco máis xusto. Todo isto son elementos do enfoque de tecnoloxía para o desenvolvemento humano9 , que está en construción pola interacción dos conceptos de tecnoloxías con rostro humano, tecnoloxías intermedias ou apropiadas (mencionadas a finais dos anos 60 no libro O Pequeno é Fermoso)10 coa nova xeración da educación para o desenvolvemento: a educación para a cidadanía cosmopolita11 . Cando se fala tanto de globalización e mundialización, hai que esixir que estas non se fagan a costa do predominio de uns grupos ou culturas sobre outras, sen perder a variedade que nos fai distintos pero tamén tolerantes e respectuosos con outras culturas que, como vimos, teñen súa razón de ser. Sería lamentable que a situación se convertera nun imperialismo cultural occidental máis que nunha amalgama de culturas, e que se puxera as culturas por diante das persoas. Así, o mellor non é ser “antiglobalizadores”, senón “alterglobalizadores”... 9 http://www.slideshare.net/esfgalicia/concepto-de-tecnologa-para-el-desarrollo-humano 10 http://es.wikipedia.org/wiki/Lo_peque%C3%B1o_es_hermoso 11 http://www.construmatica.com/construpedia/La_ED_de_Quinta_Generaci%C3%B3n._Educaci %C3%B3n_para_la_Ciudadan%C3%ADa_Cosmopolita 11