1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA EUROPEA FRANCIA ALEMAÑA INGLATERRA ITALIA
2.
3. FRANCIA, O BERCE DO ROMÁNICO A rexión francesa de Borgoña é a máis xenerosa das igrexas románicas, grazas ao pulo de Cluny As igrexas son grandes e ben iluminadas, con muros ben articulados e ricamente decorados Nas rexións de Auvernia e o Languedoc séguense os modelos das igrexas de peregrinación Os monxes deste mosteiro promoveron peregrinacións e romarías: trazaron itinerarios, propagaron información e alentaron aos romeiros, para que, andando e cantando, sobre todo polos camiños que conducían a Santiago de Compostela, construíran na práctica a unidade de Europa. O Camiño foi o xérmolo dun grande intercambio de linguas, ideas e costumes, así como do nacemento dun longo itinerario de arte románica
4. A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII) Planta da abadía de Cluny III e sección transversal do coro (1080-1130). A planta do edificio inclúe cinco naves anchas , dobre transepto e un coro con xirola e cinco capelas radiais O conxunto está precedido por un nártex con tres naves e unha fachada porticada flanqueada por dúas torres Polas súas proporcións monumentais e a influencia da orde cluniacense, esta abadía xogou un papel moi destacado na historia da arquitectura románica
5. A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII) Destruída durante a Revolución Francesa de 1789, na actualidade só conservamos a chamada Torre do Reloxio (o brazo sur dun dos transeptos da igrexa abacial). Esta abadía foi, até a construción da Basílica de San Pedro en Roma, a igrexa máis grande da cristiandade
7. A ARQUITECTURA ROMÁNICA E O CAMIÑO DE SANTIAGO Nos s. XI e XII, as peregrinacións e as cruzadas deron paso a unha das épocas máis apaixonantes da civilización cristiá. As ordes monásticas, protexidas polos reis e a Igrexa, potenciaron as peregrinacións e encargáronse de construír ao longo dos itinerarios todo tipo de edificios de acollida para os peregrinos. Os destinos adoitaban ser: o Santo Sepulcro de Terra Santa, a tumba de San Pedro en Roma e a do apóstolo Santiago en Compostela O camiño de Santiago converteuse nunha grande empresa dos monxes de Cluny, que erixiron mosteiros, abadías, basílicas e colexiatas nun estilo románico pleno
8. Considerada como o punto de partida das igrexas de peregrinación, viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe No exterior, a cabeceira revela a excelente articulación dos volumes a diferente altura: as capelas dan lugar á ábsida e a ábsida ao ciborio octogonal do cruceiro IGLEXA ABACIAL DE SANTA FE DE CONQUES
9. O MODELO MÁIS ACABADO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN Basílica de Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)
10. ANÁLISE DUN TEMPLO ROMÁNICO: SAN SERNIN DE TOULOUSE MODELO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN O templo de San Saturnino de Toulouse, inspirado en San Martin de Tours, constitúe, tras a desaparición de Cluny, a máis grande edificación románica de Francia Construída en memoria de Saturnin, primeiro bispo de Toulouse e mártir , que viviu na primeira mitade do s. III Foi consagrada no ano 1096
11.
12.
13.
14.
15. No exterior , esta rica articulación acrecéntase polos diferentes niveis dos tellados, onde destaca a nave e o transepto das naves interiores e exteriores, a ábsida, o deambulatorio e as capelas radiais, polas bandas que reforzan os muros entre as xanelas e portais, e pola gran torre do cruceiro (rematada en época gótica e máis alta que o proxecto primitivo) Mais as dúas torres da fachada ficaron sen rematar, e só son tocos
16.
17.
18.
19.
20.
21. Santa Fe de Conques (fins do s.XI- principios do XII) Situada nunha rexión de difícil acceso, a abadía viviu unha época de gran esplendor grazas ás reliquias de Santa Fe , roubadas polos monxes a unha abadía veciña sobre o ano 880. Durante a Idade Media estes actos non eran excepcionais, como amosa o caso de Xelmírez e as reliquias de San Frutuoso de Braga Este edificio constitúe unha mostra da denominada « arquitectura de peregrinación »
22.
23.
24.
25.
26.
27. IGREXA DE PARAY LE MONIAL , BORGOÑA (s. XII) Paray-le-Monial pertencía a Cluny dende 999. A súa igrexa preséntase como unha copia reducida e modesta da súa casa nai Dada a súa curta comunidade renuncia ao dobre transepto, mais a cabeceira mantén un deambulatorio con tres capelas, tomando como modelo as chamadas igrexas de peregrinación Na ordenación do muro interior da nave central mantén o esquema: intercolumnio de arcos apuntados, falso triforio e orde de xanelas
30. STA. MARÍA MAGDALENA DE VEZELAY (s. XII) Vezelay (Borgoña) foi a prime ira vila de Francia onde se coñece o culto a María Magdalena. Mais parece que nos seus inicios o templo estaría dedicado á virxe María, por algunha razóns os monxes decidiron que esta abadía era o lugar de enterramento de María Magdalena, coñecéndose peregrinacións a este sepulcro dende polo menos 1030
35. CATEDRAL DE WORMS Sobre o ano 1171 comezou a construción da impoñente catedral da cidade renana de Worms A planta presenta tres naves e un amplo transepto, en cuxo centro se levanta unha grande cúpula Tras o transepto atopamos un coro cadrado que acaba nunha ábsida semicircular flanqueada por torres circulares
36.
37.
38. INGLATERRA As igrexas convértense en monumentais basílicas, con amplos transeptos e presbiterios moi profundos, que destacan polas súas fermosas e altas torres Catedral de Ely
42. ITALIA sinxeleza construtiva e cromatismo Unha Italia fragmentada politicamente e condicionada pola Antigüidade clásica, adoptará o Románico en cada rexión de forma diferente Catedral de Módena
43.
44.
45.
46.
47.
48. SAN AMBROSIO DE MILÁN Planta de San Ambrosio de Milán ( posterior a 1174) Un amplo adro porticado precede o edificio As tres naves divídense en tres tramos de planta cadrada —con bóvedas de crucería especialmente arqueadas— e dan a unha cabeceira con tres capelas graduadas No cruceiro álzase unha cúpula sobre trompas por riba dun ciborio con baldaquino