SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 52
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Portada
Monfero Solidario
1
2
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
“Monferosolidario: educando en valores a unha nova
xeración disposta ao cambio”
Febreiro de 2017
Índice:
Monfero Solidario. O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo…………………………..…… 3
Novas espectativas de futuro: o desenvolvemento do pensamento computacional ……………31
Actuacións educativas para o desenvolvemento de proxectos de centro: mediando coa innova-
ción educativa .......... ……………………………………………………………………………….41
Monfero Solidario
“Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio
O proyecto Monferosolidario tivo os seus tímidos e silenciosos inicios nas aulas do CPI
Virxe da Cela fai case unha década. A día de hoxe, aquela pequena pero potente semente
converteuse nunha robusta árbore, alimentada por salvia fresca que se renova ano tras
ano e que ao seu paso vai abrindo novas ramificacións e deixando numerosos froitos.
Este exemplar que tedes nas vosas mans trata de ser un pequeno observatorio dende o que
divisar o acontecido no noso centro ao longo de todos este anos; é obviamente un botón de
mostra de luces, que non de sombras. As luces ilumínannos este nobre camiño da educa-
ción, sérvennos de referente, motívannos para superarnos constantemente. As sombras,
que non aparecen, están aí gardadas no baúl da memoria, para lembrarnos do que temos
que prescindir e mellorar.
Foi aló polo ano 2008 cando as pegadas máis antigas foron rexistradas nas aulas de Ética e
Relixión, onde como docentes estabamos a traballar de maneira illada contidos relaciona-
dos coa Cultura da Paz, os Dereitos Humanos, os Obxectivos de Desenvolvemento do Mile-
nio…, iniciando así unha serie de colaboracións que derivaron nunha abordaxe cooperati-
va e interdisciplinaria fundamentada na concienciación, compromiso e participación dos
nosos alumnos/as a través de accións solidarias.
Para sacar o proxecto adiante e chegar ao punto no que nos encontramos hoxe, foron nece-
sarios ademais do esforzo persoal e as gañas de facer, unha escola pequena con un alumna-
do moi especial, o apoio da dirección do centro, a participación e a creación dunha metodo-
loxía propia e todas as axudas que chegaron desde o exterior. Todo isto fíxose grazas:
 Á colaboración dos distintos departamentos/ciclos e de todo o profesorado do centro (EI,
EP, ESO), coordinando esforzos encamiñados cara a mesma meta: implicar e dinamizar
o noso centro.
 Unha metodoloxía motivadora marcando liñas de actuación orientadas a captar a par-
ticipación: realización de actividades lúdicas, utilización das Novas Tecnoloxias, traba-
llo por proxectos, recoñecemento da participación, etc.
 Fomentar a intervención de toda a comunidade educativa –profesorado, alumnado, fa-
milias–, creando un clima de unidade e de convivencia.
 A inestimable colaboración de distintas ONGS e entidades: AECID, Entreculturas, Fun-
dación Vicente Ferrer, Ayuda en Acción, Save the Children, Cruz Roja, Asociación
Down Coruña, Voluntariado Galego, Solidariedade Internacional Galicia, USC., UDC…
3
4
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Foron moitas e diversas as actividades e proxectos que xurdiron nestes anos e o seu enfo-
que foise nutrindo con liñas de actuación de diversa natureza e con novas ferramentas TIC
e de innovación educativa, pero todas elas enfocadas a promover a participación, a re-
flexión, a educación en valores, o compromiso social e cívico e a solidariedade do noso
alumnado.
O rastro solidario, o proxecto School to School da FVF, a operación quilo, a carreira solida-
ria, o laboratorio de radio itinerante, os Encontros da Rede Solidaria de Entreculturas,
charlas e conferencias,talleres sobre consumo responsable, comercio xusto e igualdade de
xénero, o Proxecto Somos Paisaxe, somos vida; as Xornadas de Convivencia Universidade-
Escola, “Móvete” no CPI Virxe da Cela, da Rede de Centros Escolares Solidarios, o Proxecto
“Genios”, promovido pola Fundación Ayuda en Acción, a creación da Asociación Educati-
va Infantil e Xuvenil Soño Rural constituída polo alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria co-
mo fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha re-
valorización das formas de vida do rural, o Proxecto piloto de investigación-acción colabo-
rativa no que participa o noso centro, a ONGD
Solidariedade Internacional de Galicia e un equipo multidisciplinar da USC… son só algun-
has das moitas actividades levadas a termo en todos estes anos.
Sabemos que queda moito por facer, máis se conseguimos chegar ata aquí sen formación
específica inicial pero con grandes doses de esforzo, traballo, intuición e creatividade, e lo-
gramos facer crecer esta pequena semente, non será difícil acadar logros e utopías maiores
para conseguir esa educación que fomente nos nosos alumnos/as a apropiación de valores
como a autonomía, a reflexión crítica, a xustiza e o respecto, colaborando na construción
da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemen-
to como persoas.
Se nós como docentes somos o motor que move e dirixe toda a engrenaxe, Monferosolidario
non se podería levar a cabo sen a materia prima: o alumnado do CPI Virxe da Cela, os
auténticos protagonistas da nosa historia. Agradecémoslle á Dirección do noso centro que
apostase polo noso traballo desde os seus inicios, demostrando en todo este tempo o seu
apoio incondicional, algo imprescindible para que todo isto se puidese levar a termo. A pe-
sar da nosa longa andaina, queda aínda moito camiño que percorrer, xa que somos cons-
cientes de que educar en valores é unha aposta para o futuro.
Yolanda Castro López e Verónica Dopico Cancela (Coordinadoras do Proxecto Monferosoli-
dario)
5
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
1.- COMO NACE MONFERO SOLIDARIO?
Cando algo funciona a xente trata de buscar a receita, descubrir todos os ingredientes, desde os
máis básicos ate eses pequenos elementos que lle dan o puntiño de graza e aportan identidade.
Nós poderíamos encher liñas e máis liñas con teorías, explicacións, xustificacións, metodoloxías,
todas esas capas que revisten o proxecto Monfero Solidario. Pero antes de nada queremos desve-
lar a nosa fórmula máxica e compartila con todas as persoas interesadas na educación para o de-
senvolvemento, non queremos manter unha fórmula oculta como a da cocacola, xa que o mundo
precisa da proliferación de proxectos da mesma natureza. Esa fórmula maxistral é a combinación
de dous elementos moi simples pero imprescindibles: o compromiso persoal e as gañas de facer.
Un é o motor de arranque e o outro a enerxía que alimenta. O laboratorio é a nosa escola, o CPI
Virxe da Cela, e as enxeñeiras dúas persoas previamente sensibilizadas, concienciadas e predis-
postas ao cambio e á transformación social, que decidiron utilizar a educación como unha ferra-
menta para levar a cabo un proxecto de vida: Verónica Dopico e Yolanda Castro.
Esa é a semente, e por suposto fan falta unha serie de condi-
cións axeitadas para que poda xerminar e dar os seus froitos,
ao igual que unha boa dose de sorte para estar no lugar pre-
ciso e no momento adecuado: unha escola pequena con un
alumnado moi especial, o apoio da dirección do centro, e to-
das as axudas que chegaron desde o exterior.
O CPI Virxe da Cela (Monfero) é un centro de titularidade pública onde se imparte Educación In-
fantil, Educación Primaria, ESO. Fai anos acollía a centos de alumnos dos concellos de Monfero e
Irixoa, pero desde fai algo máis dunha década está a perder paulatinamente unha cantidade moi
significante de matrícula (isto é debido principalmente ao descenso da natalidade e a continua mi-
gración do rural á cidade) , e á par deste descenso de matrículas produciuse unha redución do
profesorado. Somos un dos poucos centros galegos que conserva xornada partida (as rutas e ho-
Ilustración 1: Verónica Dopico e Yolanda Castro, impulsoras do proxecto.
Ilustración 2: Carátula do blugue do proxecto
6
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Unha vez rematadas as clases mar-
chan todos os autobuses, tendo que
desenvolverse no recreo do mediodía
as actividades estraescolares. A estas
características do noso centro hai que
engadir as da nosa contorna. A poboa-
ción é escasa e vive espallada. A oferta
cultural e de ocio na zona é moi reduci-
da, existen algunhas actividades pun-
tuais ofertadas polos concellos e aso-
ciacións deportivas ás que grande par-
te do noso alumnado non pode acceder
xa que o transporte público é case ine-
xistente e os rapaces e rapazas teñen
poucas posibilidades de desprazamen-
to.
As familias dedícanse principalmente a
actividades agrarias e polo xeral non teñen
un grande poder adquisitivo. En moitas
casas non chega a cobertura telefónica nin
teñen acceso a internet. Tendo en conta
todos estes elementos o noso proxecto vai
estar desde o seu nacemento enfocado cara
á dinamización da nosa contorna,
fomentando a igualdade de oportunidades e
tratando de favorecer os procesos de
socialización do noso alumnado.
Ilustración 3: Centro educativo e paixase das Fragas do Eume
7
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
No curso 2008-2009 implántase a materia de Educación para a Cidadanía en 2º da ESO. A Lei
Orgánica da Educación (LOE, 2006), vainos ofrecer o marco perfecto para inxerir o noso proxec-
to, xa que contempla a EPC como unha ferramenta para a formación de mozos e mozas críticos
e comprometidos coa transformación social, resaltando a importancia da educación no respecto
aos demais, a igualdade entre homes e mulleres, o coñecemento crítico da realidade, o debate
en torno ás relacións entre desenvolvemento humano, medio ambiente e Dereitos Humanos, a
potenciación de valores como a xustiza, a equidade, a cooperación, a diversidade, a intercultura-
lidade. Verónica Dopico é a encargada de impartir a docencia desta materia, e xa nas primeiras
semanas de curso as dúas docentes comezan a establecer liñas de actuación conxuntas, com-
partindo materiais e recursos didácticos, programando actividades para realizar simultaneamen-
te, etc.
2.- COMO SE CONSOLIDA MONFEROSOLIDARIO?
Comezando por tanto cunha simple colaboración entre dous
docentes e realizando accións puntuais co alumnado da ESO,
o proxecto Monferosolidario foi crecendo e o seu campo de
acción acabou ampliándose ao resto de niveis educativos
impartidos no centro (EI, EP) á par que aumentando o número
de colaboradores. Trataremos de analizar neste apartado os
diferentes elementos que favoreceron á consolidación do
proxecto.
Ilustración 4: Logo da celebración dos 40 anos da escola
Ilustración 5: Logo do proxecto
8
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
 Traballo en equipo: Somos conscientes do produtivo que resulta o traballo en equipo, un feito
observado e recoñecido a través de diferentes correntes pedagóxicas, e recollido no currículo.
Desgraciadamente todos os/as docentes sabemos que moitas veces o traballo “interdiciplinar”
acaba sendo unha metodoloxía que figura nas programacións e que rara vez é levada á prácti-
ca. Por que? Porque o traballo en equipo require de tempo, de coordinación, de reparto de tare-
fas, de asignación de responsabilidades, de respecto ás aportacións dos outros, e de moitas ou-
tras prácticas ás que non estamos acostumados nesta sociedade que tende ao individualismo.
As coordinadoras de Monferosolidario considerámonos sumamente afortunadas xa que a nosa
unión deuse dun xeito natural, e traballar en equipo non é renunciar á nosa individualidade, se-
nón enriquecerse mutuamente e unir as nosas forzas cara un obxectivo común. Para moitos/as
resultou chocante e incluso insólito o binomio relixión-EPC, cando tanta polémica espertou tem-
po atrás a implantación desta materia no currículo. A clave do noso éxito como parella pedagó-
xica radica no entendemento, na voluntariedade e no auto-establecemento das nosas propias
metas, sen a imposición de normas férreas que limiten a nosa liberdade individual.
 Difusión do proxecto: Na sociedade massmediática na que estamos inmersos non existe o
que non se ve. Sabemos que para nós, como docentes, serviría con levar a cabo as actividades
que programamos. Non obstante, se queremos implicar a toda a comunidade educativa (o resto
dos docentes, o noso alumnado e as súas familias), non chega coas accións dentro da aula, se-
nón que creemos que é necesario facelas visibles e compartilas. Rexistrar todo o proceso, des-
de o deseño de ideas, a elaboración de notas informativas para organización e coordinación, as
propostas didácticas para o alumnado, as campañas de sensibilización previas, as accións en si
e toda a reflexión que podan xerar a posteriori. Poderiamos facelo simplemente a voz alzada e
con sinxelos paneis expositivos, pero consideramos que as novas tecnoloxías da información
nos ofrecen unha ferramenta inmediata, de baixo custe económico e moi ecolóxica, ademais de
ser un elemento moi motivador para o noso alumnado. O noso blogue constitúe a plataforma
ideal para rexistrar e difundir o noso proxecto, para almacenar todo tipo de recursos e para reco-
ller os comentarios, reflexións e suxestións do noso alumnado e de outros usuarios/as que ato-
paron nel un espazo interesante centrado na da educación en valores e na educación para o
desenvolvemento.
9
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
3.- CON QUE ONGS TRABALLAMOS E QUE NOS APORTAN?
Ao longo do ano diferentes ONGs diríxense aos centros educativos tratando de establecer cola-
boracións, e enviando materiais didácticos impresos. É unha magoa que moitas cartas e mate-
riais acaben nun caixón ou no lixo, e quizás deberíamos planificar unha labor conxunta para facer
máis efectivas as nosas prácticas de educación para o desenvolvemento. Neste apartado tratare-
mos de explicar como establecemos contactos con diversas ONGs e o grado e natureza das no-
sas colaboracións. Dedicaremos un espazo máis amplo para afondar no traballo con dúas ONGs
que teñen un peso moi importante no noso proxecto: Entreculturas e a Fundación Vicente Ferrer.
 Partindo dunha vinculación persoal coa Cruz Vermella de Betanzos
(accións de voluntariado a nivel individual), solicitamos a súa presenza
no noso centro. En abril de 2009 a Cruz Vermella impartiu un obradoiro
sobre “Imnigración” para o alumnado da ESO. A técnico e tres volunta-
rias falaron do “Programa de Atención ao Inmigrante”, e tres inmigrantes
senegaleses contaron en primeira persoa a súa experiencia, finalizando
a charla cun obradoiro de percusión e danza senegalesa. En xaneiro de
2011 a Cruz Vermella impartiu un novo obradoiro, “A diversidade é a no-
sa realidade”, dirixido ao alumnado de 1º da ESO.
 En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo:
Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e
2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun
“Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Fe-
rrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e
o funcionamento desta institución social.
 Aproveitando todo o potencial que podemos atopar no noso propio centro, en marzo de 2009
convidamos a Carmen Espiñeira, a profesora de Lingua Castelá, a impartir unha charla sobre
a súa experiencia como cooperante en Camerún coa ONG Kentaja. Carmen tratou de sensibi-
lizar ao alumando das diferenzas entre Norte e Sur, á vez que difundir iniciativas de volunta-
riado e cooperación.
Ilustración 6: Actividade coa Cruz Vermella
10
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
 A través da publicidade que enviou Save the Children ao centro decidimos unirnos a algunha
das súas propostas. En abril de 2009 realizamos un rastro solidario para axudar un proxecto
educativo que esta ONG estaba a desenvolver no Níxer, logrando a cantidade de 520 euros, e
durante dous anos consecutivos (2009 e 2010) realizamos o concurso “Marcapáxinas Solida-
rios”. A parte da recadación de fondos que implicaban ambas actividades, utilizamos os mate-
riais proporcionados por esta ONG (cadernos de traballo para o alumnado, guías didácticas pa-
ra o profesorado, carteis, folletos, etc.) para facer un traballo minucioso de sensibilización que
durou varias semanas e no que participou todo o centro.
 De xeito casual descubrimos o traballo que estaba a facer A cova da Terra, unha ONG que ten
a súa sede en Lugo. Puxémonos e contacto con eles e organizamos unha Xornada de Sensibili-
zación de Comercio Xusto e Consumo Responsable ( 21 de decembro de 2009) que constaba
de obradoiros de construción de regalos con obxectos de refugallo, charlas sobre consumo res-
ponsable un posto de Comercio Xusto.
 En novembro de 2009 unímonos á campaña “Shoes for África”, promovida pola marca de calza-
do Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, apostando de novo por unha labor de sensibilización previa.
De maneira similar tratamos de promover a reutilización de obxectos xa utilizados a través dou-
tras propostas, como a de Recoatrántico (reciclaxe de tóner). Desde o pasado curso académico
temos diferentes puntos para o depósito de tapóns de plástico sumándonos ás diversas iniciati-
vas de axuda ao finanzamento de tratamentos médicos que as familias de diversos nenos e ne-
nas con graves problemas de saúde s non poden costear.
Ilustración 7: Actividades de voluntariado
11
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
ENTRECULTURAS:
No caso de Entreculturas, o fío condutor é Sandra Rodríguez Couso, unha persoa dedicada cor-
po e alma ao seu traballo, e auténtico motor da delegación de Entreculturas en Galicia. Todos os
agradecementos serían poucos á hora de recoñecer o seu apoio incondicional. Visitou o noso
centro en numerosas ocasións, e mantén un contacto continuo connosco, enviándonos materiais,
informándonos de convocatorias e actividades e proporcionándonos todo tipo de axuda. Coñecer
a Sandra supuxo lanzarnos de cabeza e cos ollos pechados á aventura da Rede Solidaria da Mo-
cidade de Entreculturas, e desde entón asistimos a todas as xuntanzas que tiveron lugar en terri-
torio galego (A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Rianxo) así como as celebradas bianual-
mente en Guadarrama a nivel nacional.
Grazas á Rede Solidaria os nosos alumnos/as teñen a oportunidade de
coñecer e compartir experiencias con outros mozos/as coas mesmas in-
quietudes, á vez que formarse en valores a través da participación en xo-
gos, dinámicas e obradoiros nos que se abordan diferentes temáticas.
Para nós, as coordinadoras de Monferosolidario, ofrécesenos esa forma-
ción tan necesaria e tan difícil de atopar por vías máis institucionalizadas
e un espazo para o intercambio de ideas con outros docentes.
Froito dos contactos establecidos co responsable do grupo do IES Mone-
los (A Coruña) organizamos unha Xornada de Convivencia que tivo lugar
no Mosteiro de Monfero (13 outubro de 2009) na que os mozos e mozas de ambos centros tive-
ron a oportunidade de coñecerse mellor, participar en actividades e xogos en torno á temática da
interculturalidade, realizar un xantar conxunto, así como de valorar o noso patrimonio e respectar
as dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma. Como broche final selamos a nosa ami-
zade cun intercambio de regalos.
Ilustración 8: A educación cambia o mundo
Ilustración 9: Rede solidaria da mocidade (Entreculturas)
12
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Se falamos de campañas e actividades propostas por esta ONG, lembramos con cariño “Doa o teu
móbil”, de Entreculturas en colaboración coa Cruz Vermella, xa que foi a primeira actividade da no-
sa andaina (de setembro a decembro de 2008). Consistía na recollida de teléfonos móbiles para a
súa reutilización en proxectos humanitarios, sociais e de educación a favor dos colectivos e países
máis desfavorecidos, á par que faciamos unha reflexión sobre o consumo responsable e a recicla-
xe. Por outra banda temos que sinalar o éxito de todas as campañas da SAME (Semana de Acción
Mundial pola Educación), que ano tras ano traballamos durante o mes de abril a través de múltiples
actividades englobadas baixo un lema específico.
En 2009 esiximos aos representantes políticos que se garan-
tira o dereito de aprender a ler e escribir para todas as per-
soas a través de “A Gran Lectura”; en 2010 rogamos aos lí-
deres da comunidade internacional que lles deran prioridade
á educación nas súas axendas a través de “Un Gol pola
Educación”; en 2011, baixo o lema “A educación non é un
conto: polos dereitos das nenas e das mulleres” dúas alum-
nas do noso centro pediron ao goberno que fixera efectivo o seu
compromiso coa educación básica universal, nun acto celebrado no Congreso dos Deputados e nu-
nha rolda de prensa posterior; no 2012 alumnado e profesorado do centro traballaron conxunta-
mente na elaboración da “Gran Imaxe”, a base de fotografías e reflexións en torno á importancia da
atención e educación na primeira infancia, e baixo o lema “Con dereitos desde o principio: por unha
educación temperá e de calidade”.Outra das grandes aportacións de Entreculturas é facilitarnos
charlas, conferencias, obradoiros e formación de maneira gratuíta.
En outubro de 2009 contamos cunha conferencia sobre “Liderazgo Xuvenil” impartida por dúas co-
ordinadoras dese proxecto nos centros de “Fe e Alegría” en Nicaragua, na que incentivaron ao no-
so alumnado cara á participación en iniciativas semellantes e trataron de sentar as bases para a
creación dunha rede entre os grupos de Nicaragua e España. En abril de 2011 Anxo Moure visitou
o noso centro e obsequiounos cun interesante obradoiro de “Contos Solidarios”, nos que combina-
ba diferentes técnicas de expresión oral coa transmisión de diferentes valores solidarios, como o
amor, o compañeirismo e a cultura da paz.
Ilustración 10 : A educación cambia o mundo
13
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
Agradecemos toda a confianza que Entreculturas depositou no noso proxecto en todo momento
da traxectoria, a través de múltiples intentos de promoción e difusión de Monferolidario. En se-
tembro de 2009 convidounos a presentar a nosa iniciativa no Encontro de Profesores/ras de En-
treculturas, que tivo lugar en Santiago de Compostela. En novembro dese mesmo ano acompa-
ñounos ao CPI Cruz do Sar de Bergondo (A Coruña), onde un grupo de rapazas do noso centro
animaron ao alumnado de Bergondo a construír un proxecto de educación en valores.
Facilitounos un espazo para a divulgación das nosas prácticas ante un público de case duascen-
tas persoas entre docentes e ONGs, no panel de experiencias “Educando para o Desenvolve-
mento”, dentro do programa do Encontro Nacional de Entreculturas (Guadarrama, 7 febreiro de
2010) e tamén no Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia, no que presentamos as
nosas liñas de actuación ante un auditorio conformado por diferentes axentes galegos da coope-
ración (Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2011) .
Dous meses despois Entreculturas abriunos as portas á
Universidade, e a experiencia de Monferosolidario foi
presentada ao grupo de estudantes do Máster de Xes-
tión de Cooperación Internacional e ONGs da USC. E
somos conscientes de que a nosa intervención nas I
Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolve-
mento e o espazo de divulgación que nos ofrece a presente publicación son unha nova mostra do
apoio incondicional desta ONG.
Por toda esta axuda e apoio continuamos compartindo senda con Entreculturas, participando nas
súas propostas, dedicando parte do noso tempo e das nosas enerxías a sensibilizar e preparar a
rapaces y rapaces para que se unan e reforcen a Rede Solidaria, ofrecendo o noso punto de vista
e a nosas críticas construtivas para posibilitar unha avaliación máis real do seu traballo, e cons-
truíndo lazos de que van máis aló do profesional. Como mostra do noso compromiso confiamos a
esta ONG os 1701 euros recadados o través do “Rastro Solidario Emerxencia en Haití”, celebra-
do en xaneiro de 2010, para que Entreculturas os xestionara a través dos seus proxectos de axu-
da aos damnificados do terremoto.
Ilustración 11 : I Xornadas Galegas de Ed. para o desenvolvemento
14
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Por toda esta axuda e apoio continuamos compartindo senda con Entreculturas, participando nas
súas propostas, dedicando parte do noso tempo e das nosas enerxías a sensibilizar e preparar a
rapaces y rapaces para que se unan e reforcen a Rede Solidaria, ofrecendo o noso punto de vista e
a nosas críticas construtivas para posibilitar unha avaliación máis real do seu traballo, e construíndo
lazos de que van máis aló do profesional. Como mostra do noso compromiso confiamos a esta
ONG os 1701 euros recadados o través do “Rastro Solidario Emerxencia en Haití”, celebrado en
xaneiro de 2010, para que Entreculturas os xestionara a través dos seus proxectos de axuda aos
damnificados do terremoto.
FUNDACIÓN VICENTE FERRER:
A FVF é outra constante no noso proxecto, e isto é debido non só á calidade das súas propostas,
senón tamén ao vínculo afectivo que nos une con esta organización. En setembro de 2009 estive-
mos en Madrid na cerimonia de entrega do I Premio de Educación para o Desenvolvemento
“Vicente Ferrer”, e neste acto tivemos a oportunidade de coñecer e conversar con Moncho Ferrer,
fillo do cooperante Vicente Ferrer, a quen se dedicaba esta primeira edición do premio. Moncho
informounos da existencia dun programa denominado “School to School”, un intercambio entre as
escolas indias xestionadas pola FVF e diversas escolas españolas. De regreso a Galicia e inician-
do un novo curso escolar lanzámonos a esta nova aventura, xa que ademais de ofrecernos un
achegamento a outra cultura e a revalorización da nosa propia cultura desde o coñecemento e o
respecto, este proxecto daríanos a oportunidade de implicar a alumnado e profesorado de todas
as etapas educativas. A nosa colaboración coa FVF foi aumentando e afianzándose no transcurso
destes catro anos, complementando o proxecto inicial con novas propostas e iniciativas da nosa
propia colleita.
Ilustración 12: I Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”
15
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
Cada ano o proxecto “School to School” está centrado nunha temática específica (“A India rural e
a FVF”, “Gastronomía”, “A contorna natural”, “Festas e tradicións”). En torno a esta temática xira-
rán todas as actividades a desenvolver tanto no noso centro como na Konampalli School (escola
que nos foi asignada para este intercambio). A inicios de curso repartimos os materiais que nos
envía a FVF entre o profesorado interesado e lles explicamos as liñas de actuación. Co alumna-
do de 3º e 4º ESO, e en colaboración con outros departamentos (CCSS, Lingua Castelá, etc),
preparamos charlas coas imaxes e textos que nos envía a FVF. Tamén e deseñamos obradoiros
para que estes rapaces e rapazas impartan no segundo trimestre a todo o alumnado do centro
(gastronomía india, mandalas, danza, vestimenta, especias, lingua telugu, etc.).
Deste xeito os mozos/as convértense en axentes de dina-
mización, e actúan directamente no proceso de ensinanza-
aprendizaxe dos máis pequenos, feito que resulta de gran
motivación para ambas partes. Completamos a nosa pro-
gramación con outras actividades como exposicións, xorna-
das gastronómicas, intercambio epistolar, etc. A través de
“School to School” coñecemos diferentes aspectos da xeo-
grafía, política, sociedade e cultura india, á vez que investi-
gamos sobre todos estes aspectos na nosa propia realidade, para posteriormente elaborar mate-
rias gráficos e audivisuais que enviamos o terceiro trimestre á India (fotografías, gráficos, textos
traducidos ao inglés, vídeos). Estes materiais son de grande calidade e valor didáctico, mostra
disto é que “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”, traballo de aula elaborado polo alumna-
do e a mestra de 1º de primaria, foi galardoado en xuño de 2012 co Premio de Cooperativismo no
Ensino.
No último trimestre recibimos o paquete da Konampalli School. É un momento moi esperado, e
celebramos unha especie de acto de apertura xuntando alumnado de todas as etapas. Facemos
unha lectura colectiva, observamos con grande atención as fotos dos nosos amiguiños/as da In-
dia, descubrimos o seu curioso alfabeto e algunha outra sorpresa…
Ilustración 13: Alumnado como axentes dinamizadores
16
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Para ampliar a información sobre a India, a FVF ofrécenos a visita de Lancy Dodem, o primeiro ne-
no apadriñado pola fundación e que na actualidade, xa adulto, impar-
te charlas de sensibilización nas escolas españolas. Lancy estivo en
dúas ocasións no noso centro (febreiro de 2010 e novembro de
2011), en ambas acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, repre-
sentante da FVF na Coruña. Os rapaces e rapazas formularon nume-
rosas preguntas a Lancy, mostrando gran curiosidade pola realidade
social e cultural da India. Completando a xornada, Lancy percorreu as
instalacións do noso centro, compartiu xantar con todos nós no come-
dor escolar e desprazouse pola contorna visitando o noso patrimonio.
A presenza de Lancy foi decisiva para o nacemento dunha iniciativa
que partiu directamente dos alumnos/as de 4º da ESO, que tras coñecer o enorme xiro que deu a
súa vida sendo beneficiario deste programa de apadriñamento, decidiron ser un eslabón máis da
cadea. En xaneiro de 2011 acordaron iniciar un apradriñamento a través da FVF, comprometéndo-
se a aportar unha pequena cantidade cada un para cubrir os gastos mensuais que supón realizar
este importante compromiso. Pasadas unha semanas recibimos unha carta coa foto e os datos de
Pavani, unha nena india de 8 anos que desde entón conver-
teuse nunha “irmá adoptiva”. Tamén desde aquí os rapaces e
rapazas enviáronlle a Pavani unha carta coas súas fotos e un
texto explicando a grande satisfacción por ser partícipes desta
acción solidaria que transformará o futuro desta nena.
A medida que avanzábamos no proceso de intercambio, ía
medrando o noso nivel de simpatía e empatía con eses nenos
e nenas da India, e isto levounos a embarcarnos noutra aventura
de máis envergadura: a construción dunha escola na India.
Ilustración 14: visita de Lancy Dodem ao centro
Ilustración 15: Apadriñamento
17
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
Foron necesarias dúas edicións de rastro solidario, e unha coidada
campaña de sensibilización na que o alumnado de 4º da ESO visi-
tou as aulas animando a todos/as á participación nesta actividade,
tanto aportando obxectos para a súa venda no rastro como efec-
tuando compras no mesmo, así como o envío de cartas ás familias
solicitando a súa colaboración.
En abril de 2011 recadamos a través do rastro a cantidade de 930
euros, e en abril do ano seguinte 800 euros, aos que sumamos 300
euros da venda de flores efectuada en San Valentín. Mediante estes
dous pagamentos e coa colaboración doutros socios, os nenos e
nenas do pobo Rachepalli, no distrito de Anantapur, xa poden ir á
escola.
Completamos a nosa vinculación coa FVF con outras actividades.
Visitamos a la exposición “A cidade do infinito. Viaxe á Funcación Vicente Ferrer”, no Centro Cul-
tural Caixanova (Coruña, 8 novembro 2010), e “Mulleres, a forza do cambio na India”, unha expo-
sición itinerante albergada nun camión situado nos Xardíns Méndez Núñez (Coruña, 5 outubro
2012). Xa como voluntarias e fora do horario escolar, previa petición dos organizadores, as profe-
soras estivemos nesta exposición atendendo ao público visitante.
Outra colaboración consistiu na tradución de textos ao galego para a páxina web da fundación. E
sempre que podemos acudimos a calquera convocatoria deste organización para mostrar todo o
noso apoio, como por exemplo a inauguración dunha rúa dedicada a Vicente Ferrer na cidade da
Coruña.
Ilustración 15: Rastro Solidario
18
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
AYUDA EN ACCIÓN
Outra das máis importantes colaboracións que mantemos é con Ayuda en Acción dado que o pro-
xecto Monfero Solidario encaixa perfectamente coa filosofía de actuación que persegue esta ONG.
En decembro de 2013 firmamos o primeiro convenio de colaboración que se ven renovando ano
tras ano con iniciativas de actuación cada vez máis amplas. Estamos ante un compromiso conxun-
to, no que todas as partes unimos esforzos en prol dunha educación de calidade e inclusiva que
sexa quen de superar as dificultades do contexto e aproveitar as súas fortalezas. Todo isto dende
unha perspectiva de cidadanía global e esforzo compartido.
Grazas a esta colaboración participamos en iniciativas como "Ahora Toca..." , Reporteros en Acción
ou o proxecto GEN10S, pero sobre todo, vivimos o espírito da solidaridade dende unha perspecti-
va global que actúa no local de forma cooperativa dende a primeira infancia. Isto é posible grazas
ao esforzo compartido de toda a comunidade educativa, pero sen lugar a dúbida tamén, grazas ao
apoio que esta ONG nos brinda a través do programa “Aquí También” da Fundación Ayuda en Ac-
ción.
Con el aprendemos que para loitar contra a pobreza, a exclusión e desigualdade debemos ser quen
de desenvolver capacidades para crear un futuro digno e sostible. Este camiño de construción co-
munitaria, ao contrario do que pode parecer nun principio, non se dificulta pola falta de expectativas
de progreso ou de medios, xa que no seu transitar contamos co apoio de Ayuda en Acción.
Ilustración 16: Imaxes de diferentes actuacións da colaboración coa Fundación Ayuda en Acción
19
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
Grazas ao mesmo comprobamos que da igual cales sexan as nosas características persoais, que
sexamos mulleres ou homes; o principal é ter un obxectivo e por en marcha as nosas potenciali-
dades, porque actuando conxuntamente podemos ser quen de superar as dificultades.
Si falamos de desenvolver a nosa competencia lingüística, contamos, grazas a Ayuda en Acción
co Proxecto Glifing ou coa Radio Itinerante Creativa. O mesmo acontece coa competencia mate-
mática, contando co apoio da plataforma Smartick.
Tamén aprendemos que calquera pode estudar unha carreira técnica, crear un programa informá-
tico (proxecto GEN10S) ou deseñar un obxecto e imprimilo en tres dimensións (proxecto
MAK3RS BY RICOH).
Ademais, o seu apoio supón contar co financiamento necesario para realizar saídas didácticas
complementarias que permiten ao alumnado trasladar as habilidades, destrezas e competen-
cias traballadas a contextos reais. E algo tamén moi importante, coñecer a persoas e entidades
que de forma desinteresada deixan a súa pegada no camiño de construción dun mundo mellor.
Neste intre se nos veñen á mente a Fundación Repsol, a empresa Deloitte Touche Tohmatsu Li-
mited., Jóvenes Inventores, Ricoh, Google ou a Beatriz Varela Martínez-Barbeito.
Moitas grazas!
Ilustración 17: Final do taller emprendimiento e economía doméstica a cargo da empresa Deloitte
20
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
4.- LOGROS QUE SACAMOS NA NOSA TRAXECTORIA
Despois de catro anos de vida facemos unha valoración moi positiva.
Seguimos funcionando, imos crecendo día a día, e a maior conquista
é que continuamos tan motivados/as como o primeiro día, e sempre
atopamos novos retos que nos moven a seguir camiñando. Entre os
nosos logros destacamos:
Resultados visibles no noso alumnado: Este é o máis importante
de todos os logros, xa que o noso obxectivo inicial é incidir nos mo-
zos e mozas para que no seu futuro como adultos e cidadáns
loiten coas inxustizas e difundan e apliquen os seus valores
solidarios. Desde as primeiras accións xa comezamos a ob-
servar cambios nas condutas e nas actitudes, alcanzando un
alto grado de compromiso co paso do tempo. Os alumnos/as
máis implicados convertéronse en auténticos líderes e todo
un modelo para imitar polos seus compañeiros/as. Sabemos
que algúns dos nosos exalumnos/as están exercendo na ac-
tualidade un papel activo, realizando accións de voluntariado
en diferentes organizacións (un par de rapazas continúan vin-
culadas á Rede de Mocidade Entreculturas a través grupo
“+16”).
E o máis importante: sabemos que son moitos os que levan a
mochila cargada de actitudes solidarias para ir repartindo na
súa vida cotiá, na súa casa, no seu círculo de amizades e no
seu futuro como cidadáns responsables e comprometidos dun
mundo que está pedindo a berros unha transformación.
Ilustración 17: Voluntariado solidario
21
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
Monferosolidario é un exemplo a seguir: Unha vez visibles os nosos pequenos avances, ou-
tros centros e outros docentes comezaron a vernos como un exemplo a seguir. Solicitaron a nosa
colaboración para guiar ou orientar proxectos similares, ou para a axuda puntual nunha activida-
de determinada (por exemplo o IES As Mariñas de Betanzos ou o IES de Mugardos á hora de or-
ganizar un rastro solidario). O IES Terra de Trasancos (gañador do Premio Nacional de Educa-
ción para o Desenvolvemento na segunda edición) convidounos en febreiro de 2011 a presentar
o noso proxecto na “Semana de Educación para o Desenvolvemento”, sendo nesta ocasión dúas
alumnas de 3º da ESO as encargadas de difundir o espírito de Monferosolidario.
O CPI Virxe da Cela centro anfitrión da Rede Solidaria: Con moití-
simo orgullo aceptamos a invitación de Entreculturas para albergar no
noso centro o XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entrecul-
turas. “Zanmitay” foi o título deste encontro (amizade na lingua creoula
haitiana), que tivo lugar o 26 de novembro de 2011. Ser anfitrións su-
pón unha enorme responsabilidade, e tanto alumnos/as, exalumnos/as
coma profesores/as comprometéronse nas diferentes tarefas organi-
zativas e nos preparativos necesarios para dar unha cálida acollida a
todos os nosos convidados/as.
Quedamos cun agradable sabor de boca, recibindo os parabéns de
todos/as os asistentes (case 200 persoas, entre alumnos/as e profe-
sores/as), que gozaron plenamente dunha longa e intensa xornada de convivencia. Contamos
coa presenza activa da dirección do centro, coa representación do concello no acto de inaugura-
ción e coa visita de numerosas familias que asistiron ao final da tarde á clausura da xornada.
Ilustración 17: Programa XIII Encontro da Rede Solidaria
da Mocidade
22
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Apertura de canles para a difusión do Monferosolidario: Durante estes catro anos de traxecto-
ria tivemos a oportunidade de facer visible o noso proxecto máis aló dos muros da nosa escola a
través da prensa escrita (Diario de Ferrol, Voz de Galicia) da radio (“A Fenestra Solidaria”, Radio
Fene) redactando textos para a súa publicación (a través do CFR de Ferrol), ou mesmo impartindo
charlas e conferencias:
 I Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas na Educación para o Desenvolve-
mento na Educación Formal (Antigua, Guatemala, do 29 de agosto ao 6 de setembro de 2009).
 Reunión do Profesorado da Rede Solidaria de Entreculturas (Santiago, 26 de setembro de
2009).
 Xornadas de atención á diversidade. Mellora do clima de aula, (Pazo de Conferencias, Santiago
de Compostela, 11 de decembro de 2009).
 Panel de experiencias “Educando para o Desenvolvemento”, no Encuentro Nacional Entrecultu-
ras (Guadarrama, 27 de febreiro de 2010).
 Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia ( Santiago, 11 de marzo 2011).
 Máster de Xestión da Cooperación Internacional da USC (Santiago, 7 de maio 2011).
 I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento (Santiago, 19 outubro 2012).
23
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3
5.-MOTIVACIÓN PARA OS DOCENTES ASISTENTES ÁS XORNADAS
Falar da nosa experiencia, desde os seus inicios ate a actualidade, pode servir para motivar aos
docentes que asistiron a estas xornadas a poñer en marcha nos seus centros proxectos similares
ao noso, dando así un pulo á educación para o desenvolvemento no ámbito formal. Non fai falta
deseñar proxectos moi ambiciosos, marcarse metas fóra do noso alcance, tan só comezar por
unha pequena e simple acción que abra o camiño á experimentación.
E recordade que como dicía o lema dos nenos e nenas de 1º de primaria, “O camiño, entre todos,
é moito máis sinxelo”. Polo tanto tratade de contaxiar o voso espírito a outros docentes, buscade
a implicación do voso alumnado, gañádevos o respaldo das vosas direccións, e non vos esqueza-
des de que para a educación en valores e a solidariedade non é necesario moitos medios, senón
moitas ganas.
6.- REIVINDICACIÓNS PARA MELLORAR O NOSO TRABALLO
Despois desta visión global do noso proxecto e das recomendacións a outros docentes, quixera-
mos finalizar a nosa intervención con tres suxestións que sen dúbida algunha poderían mellorar
as prácticas de educación para o desenvolvemento:
Formación: Os/as docentes carecemos dunha formación inicial, temos que ir xogando coa nosa
propia intuición, ser en certo modo “autodidactas” e mergullarnos continuamente na captura de
recursos, estratexias, tácticas e fórmulas que nos axuden a realizar un traballo de calidade. Non
existe unha formación específica sobre Educación para o Desenvolvemento nin nas facultades de
Ciencias da Educación, nin no Máster de Formación do Profesorado. A oferta dos Centros de
Formación e Recursos é moi limitada, e en moitas ocasións temos que buscar a axuda de dife-
rentes ONGs ou colectivos que ofrecen monográficos ou formación específica, ou ben desprazar-
nos fóra da nosa comunidade autónoma, con todos os custos que iso supón.
24
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Espazos de intercambio de experiencias: Por parte da administración, da universidade, das co-
ordinadoras de ONG, deberíase tratar de crear máis espazos para o intercambio de experiencias
entre os diferentes axentes da educación para o desenvolvemento (docentes, estudantes, volunta-
rios, técnicos e especialistas, pedagogos, sociólogos, etc). e así analizar o estado actual e definir
posibles metas para o futuro.
Creación de redes de alumnado e profesorado. Tomando o exemplo de Entreculturas, deberían
crearse outras redes que permitan o contacto entre docentes e entre alumnos/as, a posibilidade de
xestación de proxectos de colaboración entre centros, e o intercambio de materiais e recursos di-
dácticos. A inicios deste curso académico a Xunta de Galicia lanzou o programa de Centros Escola-
res Solidarios a través do Plan Proxecta, e son seis (incluíndo o noso) os centros galegos que es-
tán a formar parte desta iniciativa. Consideramos que pertencer a esta rede vai supoñer como míni-
mo un enriquecemento mutuo e observaremos a final de curso os resultados desta nova iniciativa.
Monfero Solidario
25
A experiencia que aquí presentamos enmárcase ao abeiro do proxecto de desenvolvemento no sector educativo posto en marcha polo CPI Virxe da Cela de Monfero
(A Coruña) en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer (School to School), baixo a denominación global: “Monfero Solidario” e no que participan activamente
o profesorado e o alumnado das tres etapas educativas impartidas no centro (Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria) en estreita colaboración co
resto da comunidade educativa e cuxo desenvolvemento comeza no curso escolar 2008/2009, cun propósito de continuidade no tempo.
Dito proxecto configúrase como un intercambio cultural e de tradicións entre a escola complementaria da vila de Rachepalli, situada na rexión de B.K.Samudram
do distrito de Anantapur, na India, e o noso centro educativo. Ao tempo, o CPI Virxe da Cela, preocupado polo desenvolvemento social e cultural da comarca da
India na que se desenvolve a experiencia, especialmente desfavorecida, colaborou na construción do espazo físico que acolle esta escola e que ademais funciona
como clínica rural móbil e centro de dinamización social. Isto foi posible grazas ás contribucións da comunidade educativa a través do “Rastro solidario”, organi-
zado no centro para tal efecto. En definitiva, e seguindo os obxectivos do programa School to School, estamos ante un proxecto cuxas actuacións pretenden promo-
ver o enriquecemento mutuo a partir da reflexión crítica da comunidade educativa, abordando os problemas de desigualdade, exclusión económica e social, así
como as relacións Norte-Sur, dende a interacción cunha realidade concreta, neste caso a rexión de B.K.Samudram da India, e cun enfoque centrado nos valores de
cooperación e xustiza social, ao tempo que se potencian e reforzan actitudes e valores de solidariedade.
Para acadar ditos obxectivos as actividades deseñadas para cada curso escolar parten dun centro de interese capaz de suscitar a motivación cara ao coñecemento
mutuo de ambas comunidades educativas. Destacar que para o curso 2011/2012 o tema central establecido foi o medio natural, coa finalidade engadida de fomen-
tar o respecto ao medio ambiente e aos recursos naturais.
“O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”
Unha vez establecidas as características xerais do proxecto no que se enmarca a experiencia que nos ocupa, pasaremos a centrarnos propiamente nela. Con-
cretamente especificaremos as actuacións realizadas durante o curso 2011/2012 polo 1º Curso de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela a carón de devan-
dito proxecto, englobadas baixo o título “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”.
Obxectivos xerais
 Promover a reflexión crítica.
 Potenciar e reforzar actitudes e valores de convivencia
social entre os estudantes.
 Achegar dúas realidades culturais diferentes para o
enriquecemento mutuo.
Desenvolvemento
As actuacións coas que pretendemos acadar estes obxectivos abranguen actividades colaborativas a nivel de centro e propias da aula, que van dende a forma-
ción docente ata a edición dun portafolios onde se amosan as nosas singularidades culturais e educativas (onde as apartacións das familias foron fundamen-
tais), pasando polo desenvolvemento de talleres de educación en valores, o traballo na aula e na casa con bibliografía especifica en materia de comprensión
social e valoración das diferenzas ou, a nosa colaboración e participación activa no “Rastro solidario” do centro. En concreto estableceuse a seguinte secuen-
cia:
“O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
26
1ª Formación docente
Obxectivo específico:
Implicación do profesorado que imparte docencia no 1º curso de
Ed. Primaria.
O primeiro paso desta experiencia foi acadar a implicación do
profesorado do 1º Curso de Educación Primaria no deseño e desen-
volvemento das actuacións que formarían parte da experiencia.
Para iso establecéronse unha serie de reunións nas que, tras con-
cretar o marco conceptual (informe Delors, cooperación internacio-
nal, xénero e desenvolvemento, comunidades educativas, etc) e
analizar diferentes experiencias (Redes de Apoio para o desenvolve-
mento sustentable, actuacións educativas, etc) pasamos ao estable-
cemento da secuencia de actuacións, cuxa proposta metodolóxica
cumpría asentar nun deseño aberto, flexible e susceptible das preci-
sas modificacións, capaz de acadar o interese e a motivación do
alumnado, cun tratamento globalizado e interdisciplinar das dife-
rentes áreas educativas e da educación en valores, adaptada á
diversidade do alumnado e facilitadora da implicación da comuni-
dade educativa. Son as que a partir deste intre expoñemos.
2ª Coñecer a realidade sociocultural dos nenos e nenas da India a
través da visión persoal dos nenos e nenas participantes na expe-
riencia.
Obxectivos específicos:
 Valorar a diversidade cultural.
 Coñecer os dereitos da infancia.
 Identificar vías factibles de colaboración e de aprendizaxe
mutua.
Os estudantes da vila de Rachepalli elaboraron un traballo que
remitiron ao noso centro a través do cal puidemos coñecer as ca-
racterísticas da súa escola, os seus usos e costumes, o medio natural
no que se desenvolven e en definitiva, as súas formas de vida.
Pero, sobre todo, comprobamos que dá igual a nosa orixe, todos
somos nenos e nenas, aos que nos gusta xogar, aprender, debuxar„
e o máis importante, todos temos uns dereitos, que son universais, e
que igualmente non eximen de cumprir unhas obrigas (respecto,
tolerancia e valoración dos demais, etc ).
Destacar, que esta actividade de aula parte dunha posta en común
cos discentes coordinadores do proxecto en Educación Secundaria
Obrigatoria, onde ademais de localizar xeograficamente a zona
onde está situada a escola da India, realizamos unha primeira
aproximación ás formas de desenvolverse da súa xente, o que ade-
mais supuxo un estupendo punto de partida no intre de identificar
valores, tan importantes como o aprecio da diferenza, dun mesmo e
dos demais, etc.
Ilustración 2: Accións deseñadas
Ilustración 3: Formación docente
27
Monfero Solidario
3ª Elaborar un portafolios colaborativo onde o alumnado traslade a súa realidade aos nenos e nenas da escola da India.
 Obxectivos específicos:
 Valorar a propia identidade cultural.
 Identificar vías factibles de colaboración e de aprendizaxe mutua.
 Adquirir destrezas de aprendizaxe persoal.
 Valorar a competencia lingüística como vía de comunicación entre culturas.
Actividade colaborativa a nivel de aula que contou coa participación activa do profesorado e do alumnado, así como coa implicación das familias, sen as cales o
resultado da actividade non sería o mesmo. Con ela, propuxémonos identificar aqueles valores culturais que configuran a nosa identidade como pobo, facendo
especial fincapé nas formas de desenvolvernos que teñen unha especial relación co medio natural. Temos que ter en conta que estamos nunha zona rural de enor-
me riqueza patrimonial natural (Fragas do Eume) que determina usos e costumes, sociais e económicos, transmitidos de xeración en xeración. Igualmente recolle-
mos unha visión global das nosas formas de aprender, representadas a partir do traballo por proxectos (os animais), tarefas, pequenas investigacións, experimen-
tos, etc.
Para dar forma física á actividade, decidimos editala en formato de revista, baixo o titulo: “Así somos nós”. Empregamos como linguas vehiculares principais o
idioma galego e a lingua inglesa (cómpre sinalar, que a lingua de comunicación establecida entre as dúas comunidades educativas –india e galega– foi a inglesa,
dada a súa configuración como o idioma de comunicación internacional máis espallado na actualidade).
Neste intre queremos facer un pequeno receso e destacar a importancia da competencia en comunicación lingüística nestas dúas últimas actividades. Dita compe-
tencia facilita os coñecementos, destrezas e actitudes que posibilitarán tanto a comunicación oral e escrita como a capacidade de representación, interpretación e
comprensión de diferentes realidades, así como a construción e comunicación de coñecementos e a organización e autorregulación do pensamento, as emocións e
a conduta, todos eles elementos primordiais dos contidos traballados nas mesmas.
Igualmente, a competencia en lingua estranxeira favorece a comunicación en contextos diferentes ao propio, fomentando as relacións sociais e facilitando o acce-
so a novas fontes de información, comunicación e en definitiva, a novas vías de aprendizaxe.
Ilustración 4: Dosier informativo de Rachepalli
Ilustración 5: Portafolio coolaborativo
28
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
5ª Rastro Solidario.
Obxectivos específicos:
 Desenvolver un espírito crítico e a conciencia solidaria.
 Fomentar actitudes cidadás de participación e colaboración.
 Converter o esforzo colectivo en recursos.
Estamos ante unha actividade a nivel de centro, realizada coa finalidade
de contribuír ao desenvolvemento social e cultural da comarca da India
coa que colaboramos. A nosa aula participou activamente, tanto na orga-
nización como no seu desenvolvemento. Na edición deste curso académico
recadáronse 800 €.
4ª Pasaporte Solidario
Obxectivos específicos:
 Valorar a importancia da colaboración cidadá.
 Coñecer e realizar actuacións de acción solidaria.
O Pasaporte Solidario é unha proposta da Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de
Galicia na que se propoñen diversas actividades solidarias para desenvolver
ao longo do curso e na que o noso centro participa por segundo ano. Ten a
particularidade de implicar, tanto a alumnado como a familias e profesora-
do, e permitiunos adquirir conciencia da necesidade de apoiármonos os uns
nos outros e pautas de convivencia social.
7º Animación á lectura
Obxectivos específicos:
 Espertar o pracer pola lectura e pola beleza da linguaxe.
 Recoñecer e aceptar a dignidade das persoas e de todos os demais seres,
valorando a súa diversidade dende o respecto e tolerancia.
Actividade a nivel de aula, na que ao longo do curso traballamos a lectura,
tanto na aula como coas nosas familias, con bibliografía especifica en educa-
ción en valores. Destacamos referencias como a colección do programa PRO-
GRESS-IMSERSO.
6ª Obradoiros sobre educación en valores e cooperación.
Obxectivo específico:
 Potenciar o coñecemento do cooperativismo e os seus valores.
A participación, a actuación colectiva, a solidariedade, o espírito democrático
ou a solución de conflitos de forma pactada, foron os valores traballados a
través desta actividade, cunha metodoloxía participativa e adaptada ás carac-
terísticas do noso centro. Inclúense neles a nosa participación nos dous organi-
zados pola etapa de Educación Secundaria Obrigatoria e no obradoiro
"Cooperamos", organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o
Consello Galego de Cooperativas, e incluído dentro do programa "Cooperamos
2012”.
Ilustración 9: Esforzo compartido
Ilustración 7: Rastro Solidario
Ilustración 6: Pasaporte solidario
Ilustración 8: Obradoiros
29
Monfero Solidario
Reflexión critica
Neste intre, queremos destacar o feito que todas as actuacións anteriormente expostas teñen como finalidade fomentar a reflexión critica entre os participantes,
tanto de forma individual como colectiva, coa finalidade de construír, cuestionar, reformular e redefinir actitudes e valores de comportamento social.
Dito proceso parte das premisas de: participación, colaboración, coñecemento, dialogo, análise, detención de necesidades, pautas de convivencia e resolución
de conflitos. Quixemos, así, trasladar a realidade, os coñecementos, habilidades e destrezas traballados e actuar de forma dialogada ante as dificultades e pro-
blemáticas suscitadas, sempre dende a empatía e a tolerancia ante as diferenzas.
Dentro das propostas de mellora, destacaremos a necesidade de establecer novas vías de comunicación entre as dúas comunidades educativas, coa finalidade de
establecer un trato e unha aprendizaxe máis próximo e personalizado, e onde seguro que as tecnoloxías da información e a comunicación terán un peso funda-
mental.
8º Transmisión á comunidade educativa
 Desenvolver espazos de comunicación entre os membros da comunidade educativa e
reforzar a transmisión de valores de cooperación e solidariedade.
Actuación a nivel de centro e de aula coa cal quixemos realizar unha posta en valor do
proxecto en si mesmo (finalidades e prioridades) e do centro educativo en xeral, ao tempo
que resaltamos a implicación e a interdependencia dos diferentes membros da Comunida-
de educativa no proceso de desenvolvemento do proxecto. As vías establecidas foron a
difusión nos blogues de centro: Monfero Solidario (http://
cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/) e a A Zorregada (http://
azorregada.blogspot.com.es/), así como a edición impresa en formato revista do portafo-
lios colaborativo, baixo o titulo: “Así somos nós” e a súa exposición oral por parte do
alumnado de 1º Curso de Educación Primaria nas aulas de Educación Secundaria Obri-
gatoria. Igualmente a catalogación autoeditada das especies máis significativas da fauna
e flora das Fragas do Eume (esta última realizada polo alumnado de 3º Curso de Educa-
ción Primaria) configuran unha exposición permanente no centro.
Por último, como xa sinalamos anteriormente, destacamos a nosa participación no pro-
grama "Cooperamos 2012”, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o
Consello Galego de Cooperativas, acadando a nosa aula o 1º premio na modalidade de 1º
Ciclo de Educación Primaria.
Ilustración 10: EReflexión crítica
30
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Conclusión
Abrir as fiestras deste proxecto, supuxo para o noso centro escolar, e, como non!, para a aula do 1º Curso de Educación Primaria, poder gozar dos arumes dunha
educación inclusiva e cooperativa (Sapon-Shevin, 1994), onde as fragrancias da aprendizaxe compartida, creativa e práctica fixeron brotar e desenvolver valores
fundamentais de convivencia, tolerancia e respecto, entrelazados grazas ao coñecemento e valoración dunha nova realidade, neste caso a escola da vila de Rache-
palli (India).
Xanelas que están abertas a un futuro, que xa estamos a construír, co establecemento da continuidade do presente proxecto nos vindeiros cursos escolares.
En definitiva, participando e colaborando: “O traballo entre todos é moito máis sinxelo”.
Referencias bibliográficas
DELORS, J. (1996). La educación encierra un tesoro: Informe a la UNESCO de la comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO.
ELBOJ, C., PUIGDELLÍVOL, I., SOLER, M. & VALLS, R. (2002). Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Graó.
ESCAMILLA, A.(2008). Competencias básicas: claves y propuestas para su desarrollo en los centros. Barcelona: Graó.
ESCAMILLA, A. (2009). Las competencias en la programación de aula. Infantil y Primaria. Barcelona: Graó.
GOBIERNO VASCO. (2002). Comunidades de aprendizaje en Euskadi. Vitoria-Gasteiz: Servicio central de publicaciones del gobierno vasco.
NACIONES UNIDAS. (1989). Convención Internacional sobre los Derechos del Niño. Asamblea General de la ONU. (Transcripción en línea). Disponible: http://www.unicef.es/
infancia/derechos-del-nino . (Consulta: 2011,outubro 15)
ORTEGA. Mª Luz. (2010) “I premio nacional Educación para el Desarrollo -Vicente Ferrer- 2009. Buenas prácticas”.Ed. Ministerio de Educación.
PEARPOINT, J. & FOREST, M. (1992). Foreword. in: S. stainbach, & W. Stainbach, (Eds.). Curriculum Considerations in Inclusive Classrooms. Facilitating Learning for All
Students, (pp. XV-XVIII). Baltimore: Paul Brookes.
RACIONERO, SANDRA; ORTEGA, SARA; GARCÍA, ROCÍO; FLECHA, RAMÓN. (2012). Aprendiendo contigo. Barcelona: Hipatia Editorial.
SAPON-SHEVIN, M. (1994). PWng favorites: Gfled education and the disruption of community. Albany, NY: State University of New York Press.
Ilustración 10: Agradecemento
Resumen
A continuación presentamos unha experiencia educativa de introdución
da linguaxe computacional nas aulas de Ed. Primaria desenvolta ao
carón do proxecto GENIOS, iniciativa da Fundación Ayuda en Acción e
Google.org na que participan o redor de 5000 nenos e nenas de máis de
30 centros escolares, tres deles da Comunidade Autónoma de Galicia
(España) entre os que se atopa o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, centro
educativo da vila coruñesa de Monfero.
Palabras clave: tecnoloxía educativa, pensamento computacional, inno-
vación, competencias, educación primaria.
O EXEMPLO PRÁCTICO DO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA
AUTORES
Mª del Camino Pereiro González,
pereirogonzalez@edu.xunta.es
Mestra de Ed. Primaria
Yon Penas Busto,
yon.penas@gmail.com
Docente de programación e robótica
de Jóvenes Inventores Tecnología y
Educación S.L
NOVAS ESPECTATIVAS DE FUTURO: O DESENVOLVEMENTO DO
PENSAMENTO COMPUTACIONAL
A linguaxe computacional escollida para o seu desenvolvemento foi “Scratch", que nos ofrece ademais, un
programa de software libre en educación co cal se pode traballar tamén vía on-line e que nos permite introdu-
cirnos nos algoritmos propios da linguaxe de programación a través do desenvolvemento competencial.
O obxectivo da mesma foi establecer un proceso de ensinanza -aprendizaxe de calidade, integrador e motiva-
dor para o alumnado onte este se configurara como creador e verdadeiro protagonista da intervención educa-
tiva. É dicir, trátase de que os discentes adquiran as capacidades, habilidades e destrezas necesarias para en-
frontarse aos problemas da vida diaria coas decisións resolutivas precisas en cada situación. Falamos da ad-
quisición dun modelo de pensamento computacional que aplicado aos sistemas e procesos naturais e artifi-
ciais facilite a resolución de problemáticas da vida diaria.
Presentamos unha experiencia educativa de introdución da linguaxe computacional nas aulas de Ed. Prima-
ria desenvolta ao carón do proxecto Monfero Solidario, concretamente a través de GENIOS, iniciativa da
Fundación Ayuda en Acción e Google.org na que participan o redor de 5000 nenos e nenas de máis de 30
centros escolares, tres deles da Comunidade Autónoma de Galicia (España) entre os que se atopa o CPI Plu-
rilingüe Virxe da Cela da vila coruñesa de Monfero. O proxecto GENIOS ten como finalidade fomentar a
igualdade de oportunidades no tratamento das contornas dixitais e minar as barreiras socioeconómicas e de
xénero en contextos determinados.
A experiencia que se presenta aséntase nunha proposta educativa que ten como base a linguaxe computacio-
nal para acadar, ademais dun desenvolvemento competencial do alumnado, a apertura de posibilidades cara
ao emprendemento, a innovación e a novas expectativas de futuro a través da creación tecnolóxica.
1. Introdución
31
O contexto no que se leva a cabo a experiencia é o Centro Público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela, situado no
lugar do Xestal, pertencente ao concello de Monfero da provincia da A Coruña (España). Conta cunha poboa-
ción de 2037 habitantes (Fonte: INE, 2015). Falamos dunha comarca do rural galego, cun contexto socio- eco-
nómico xeral medio, sendo a fonte de ingresos maioritaria o sector agrícola- gandeiro.
A estrutura poboacional é, en xeral dispersa, afrontando nas últimas décadas as problemáticas propias do rural
galego, das que destacaremos o inverno demográfico (Martínez e Peón, 2015) caracterizado polo avellentamento
e pola perda de poboación progresiva o que supón o abandono progresivo das formas de vida tradicionais do
rural e menos posibilidades de relación entre os rapaces e rapazas da comarca fóra do ambiente familiar e esco-
lar. Como consecuencia as dinámicas sociais, económicas e culturais van en detrimento, encontrándonos que as
actividades escolares se converten nun dos eixes vertebrais das relacións comunitarias.Tamén destacaremos a
riqueza no eido do patrimonio natural, xa que esta situado no ámbito de actuación das Fragas do Eume, impor-
tante recurso educativo, así como o seu patrimonio monumental (Mosteiro de Monfero) e etnográfico (cultura,
oficios, lingua …) que configuran de forma salientable a identidade da comarca.
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela, preocupado polo futuro da comarca, cre na necesidade dun desenvolvemento
endóxeno sostible e intenta establecer actuacións que permitan identificar as fortalezas do medio, primando nes-
te caso, o valor humano, que sen dúbida será xermolo dun desenvolvemento social, cultural e económico susten-
table se conta coas destrezas, habilidades, capacidades persoais e sociais necesarias para reinventar o rural gale-
go dende o respecto e valoración do medio natural, da identidade cultural e do aproveitamento dos recursos e
dos avances tecnolóxicos para un verdadeiro desenvolvemento endóxeno.
Somos conscientes de que formamos parte dunha sociedade cada vez máis complexa e vertixinosa, onde os avan-
ces tecnolóxicos forman dunha nova configuración identitaria (Barrera, Chávez e Hernández, 2008) da que a
escola non pode excluírse. Polo tanto, a escola debe configurarse como un espazo de aprendizaxe real e útil que
parta da reflexión e da innovación, compensando as desigualdades dende un tratamento crítico dos avances tec-
nolóxicos para paliar os seus riscos e problemáticas (Rial, Gómez, Braña e Varela, 2014).
Isto significa entender as Tecnoloxías da información e da Comunicación (TIC) non unicamente como un recur-
so que permite abrir as súas fiestras ao mundo, senón como instrumento para a aprendizaxe e o coñecemento
dende o desenvolvemento competencial, pasando a ser tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC).
Así o destaca Vivancos (2009) citada por A. Tallada (2009), na fórmula: “TAC = e-learning + xestión do coñece-
mento”.
Asentamos estas premisas na evidencia do usos das TIC que as rapazas e rapaces de hoxe en día realizan. Pode-
mos observar cómo, normalmente, computadoras, tabletas electrónicas, teléfonos intelixentes, aplicacións, xo-
gos, redes sociais, entre outros, son empregados como obxecto de consumo e como elemento de seudo- relación
ou divertimento (Bernete, 2010).
Partimos, polo tanto na evidencia do usos das TIC que as rapazas e rapaces de hoxe en día realizan. Podemos
observar cómo, normalmente, computadoras, tabletas electrónicas, teléfonos intelixentes, aplicacións, xogos,
redes sociais, entre outros, son empregados como obxecto de consumo e como elemento de seudo- relación ou
divertimento (Bernete, 2010).
Polo tanto, resulta fundamental que as novas xeracións deixen atrás esta visión consumista e inmovilista para
integrar a creación como elemento de valor para comprender o seu funcionamento, posibilidades e riscos. Fala-
mos, como sinala Buckingham (2008): “a alfabetización con medios dixitais debera involucrar tanto a lectura
2. Xustificación
32
Monfero Solidario CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Ilustración 1. A dotación de recursos TIC na aula.
33
Monfero Solidario
crítica como a produción creativa". Se acadamos isto, fomentaremos un uso tecnolóxico social reflexivo, asen-
tado no valor da iniciativa persoal e do pensamento. É dicir, deixar de la do a visión da tecnoloxía como un ele-
mento máxico que nos proporciona información, que nos entretén e nos conecta cos demais. Seremos críticos
ante estas posibilidades e ante a vertente consumista da privacidade (Poullet e Dinant, 2007).
Asentándonos nestas premisas implementamos o proxecto que aquí presentamos, enmarcado nunha estratexia
global e integral para acadar que o conxunto da comunidade educativa adquira os coñecementos imprescindi-
bles para desenvolverse con eficacia pola sociedade do coñecemento e ser quen de formar parte dos procesos de
cambio enmarcados no empoderamento e a participación social a través das tecnoloxías (Reig, 2012).
Dentro de esta perspectiva o centro participa no Proxecto Abalar (dotación de recursos tecnolóxicos nas aulas e
formación docente, como se pode observar na ilustración 1), no Proxecto E-DIXGAL (entorno virtual de aprendi-
zaxe e recurso dixitais curriculares), en varias modalidades do Plan Proxecta (innovación educativa a partir do
desenvolvemento competencial), e dos Contratos Programa (mellora da calidade educativa e compensación das
desigualdades), así como no Plan de Mellora da Bibliotecas Escolares e no Plan Anual de Formación do Profeso-
rado, contando cun Proxecto de Formación e Asesoramento en centros (PFAC) no que se inclúe unha liña TIC.
Estas iniciativas están promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta
de Galicia.
Ilustración 2. Recortes de prensa sobre
Igualmente no centro educativo se desenvolven dous
proxectos propios de innovación educativa: Monfero Soli-
dario e Somos paisaxe, somos vida (dos que se fixo eco a
prensa, como se observa na ilustración 2), que asentan as
súas bases na calidade, a equidade, a inclusión, a compen-
sación das desigualdades e a formación para e durante a
vida, e onde prima o esforzo compartido para o establece-
mento de procesos educativos nos que o alumnado sexa
construtor e participe activo das súas aprendizaxes cun
sentido crítico, responsable, cooperativo e con repercusión
no medio e nas diferentes situacións as que se enfrontan
na vida. Dentro dos mesmos, colaboramos con diferentes
institucións públicas e privadas: ONGs, universidades,
asociacións de diferentes ámbito, entre outras, que permi-
ten participar da realidade social actual e establecer vías de actuacións ante as problemáticas que nos afectan
(Pereiro, 2013; Dopico e Castro, 2014).
Neste espazo educativo se enmarca a iniciativa que a continuación presentamos: "O desenvolvemento do pensa-
mento computacional a través da plataforma Scratch: o exemplo práctico do CPI Plurilingüe Virxe da Cela".
1.http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/
2.http://paisaxevida.blogspot.com.es/
A actuación abrangue o curso escolar 2015/2016, integra-
da no currículo nas área de Matemáticas, Lingua Galega e
Literatura e Ciencias Sociais, contando para o seu desen-
volvemento con dúas sesións semanais. Na mesma parti-
cipou o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, un total de
17 estudantes (sete alumnos e dez alumnas) e o profesora-
do que imparte ditas materias (tres docentes). Ademais
estableceuse formación especifica para o profesorado, un
curso de doce horas no que participaron doce docentes
(como se observa na ilustración 3) para facilitar a amplia-
ción das actuacións ao resto das etapas educativas do cen-
tro.Ilustración 3. Profesorado no curso de formación específica
Para o seu desenvolvemento escollese a plataforma Scratch, entorno virtual libre que posibilita o tratamento dos
algoritmos básicos da programación informática ao tempo que permite estimular as capacidades creativas do
alumnado e as relacións construtivas coa tecnoloxía e co traballo por proxectos e cooperativo. Ademais emprega-
mos os recursos tecnolóxicos do proxecto ABALAR (conexión a rede, proxector, encerado dixital e ultraportátiles
do alumnado).
Fundamental foi contar co apoio dun docente instrutor do proxecto GENIOS, que achegou tanto ao alumnado co-
mo ao profesorado aos principios básicos da programación, exercendo de elemento motivador para todos os invo-
lucrados no proxecto, pois de entrada ningún dos participantes tiña experiencia nesta temática.
3.1 Obxectivos
Os obxectivos aos que respondeu a experiencia foron:
 Posibilitar que o alumnado adquirira un modelo de pensamento computacional que aplicado aos sistemas e
procesos naturais e artificiais facilitase a resolución de problemáticas da vida diaria.
 Achegar ao alumnado a ámbitos formativos pouco frecuentes no seu contexto (carreiras o ámbitos profesio-
nais científicos e tecnolóxicos) para que poidan ser percibidos como algo próximo e viable como opción de fu-
turo.
 Establecer pautas de traballo cooperativo e de valoración posibilidades propias e alleas, sendo quen de re-
flexionar e aplicar valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos, o respecto e a diversidade e
a valoración da identidade cultural no ámbito tecnolóxico.
3. A experiencia
34
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
 Establecer novas formas de pensar e relacionarnos coa aprendizaxe, tanto do alumnado como do profesora-
do.
 Facilitar o transito académico do alumnado a seguinte etapa educativas.
 Estimular a innovación educativa a partir da formación docente.
3.http://paisaxevida.blogspot.com.es/2016/05/aprendo-programando.html
4.Xogo de persecución no que superando diferentes obstáculos acadamos o obxectivo.
3.2 Metodoloxía
Primeiramente partimos do debate e a reflexión nos órganos de coordinación docente para a integración curricu-
lar do proxecto establecendo unha proposta metodolóxica onde primase o desenvolvemento competencial e con-
cretando a organización horaria e a secuenciación do proxecto.
Escollemos unha metodoloxía centrada na Aprendizaxe Baseada
en Problemas (Bas, 2011), tomando como punto de partida un
proxecto integrado onde as diferentes áreas se entrelazan con
elementos transversais de primeira orde (alfabetización dixital,
coeducación, espírito emprendedor, esforzo compartido, entre
outros). Ditas liñas de traballo, acompañadas da formación es-
pecifica do profesorado permitiu establecer procesos educativos
asentados na investigación acción onde unha tecnoloxía
emerxente (entorno virtual de programación) exerce de nexo
de unión entre aprendizaxe e sociedade.Ilustración 4. Alumnado traballando cooperativamente por parellas
Partimos do debate grupal consensuado e do traballo individual e por parellas para introducirnos na temática
(características da linguaxe, estruturación do pensamento e establecemento das secuencias e iniciación básica
na programación) ampliando a grupos de oito en función da proposta de traballo.
Os compoñentes de cada grupo (de carácter rotatorio) contan cun rol predefinido (analista, deseñador ou pro-
gramador) con competencias seguindo a estrutura básica da edición en programación (equipos de traballo su-
mativos en liña).
Tamén creouse a figura do "Club Genios" alumnado programador cuxa misión é a de difundir as actuacións e
motivar a Comunidade Educativa a participar nas mesmas. Neste club, destaca a figura dos mentores: discentes
encargados de axudar nas situacións problemáticas e de dinamizar a participación das novas incorporacións ao
programa (docentes e alumnado de outras materias e etapas).
Dos produtos finais acadados, destacaremos dous xogos (un pilla pilla e un xogo de preguntas) que teñan a base
da súa temática no Camiño de Santiago, que podemos observar na ilustración 5, e varias producións que afron-
tan situacións problemáticas do contexto (xestión dos recursos de lecer, despoboamento da contorna, conviven-
cia, entre outros).
35
Monfero Solidario
Ilustración 5. Produtos finais relevantes da experiencia.
3.3. Desenvolvemento
Establecéronse cinco secuencias de aprendizaxe ao longo do curso
académico:
1º) Primeiro trimestre do curso (setembro a decembro):
A programación como avance tecnolóxico e a súa repercusión na
sociedade.
Funcionalidades e emprego da plataforma Scratch.
2º) Segundo e terceiro trimestre do curso (xaneiro a xuño):
Realización de proxectos en pequeno grupo.
Realización de proxectos e división do traballo en gran grupos.
A programación en Scratch aplicada á robótica.
A continuación exponse máis información de cada secuencia de
aprendizaxe.
36
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3.3.1 A programación como avance tecnolóxico e a súa repercusión na sociedade.
Nesta primeira parte achegámonos ao mundo tecnolóxico dende un punto de vista técnico para poder comprender que o
funcionamento das contornas virtuais e dos aparellos tecnolóxicos precisan de procesos exhaustivos de programación
que precisan da suma de diferentes potencialidades creativas e técnicas. Asentámonos na proposta de interrogantes, na
indagación e na reflexión crítica para establecer respostas consensuadas as cuestións suscitadas.
3.3.2 Funcionalidades e emprego da plataforma Scratch.
Dividiuse este bloque en tres subetapas: familiarización co entorno (Scratch), fundamentos de programación e proxecto
individual.
Na primeira (ilustración 6), para a familiarización co entorno, empregáronse dúas sesións onde nos introducimos no
entorno de Scratch e nas súas funcionalidades, tanto en
liña como fora de liña. Tratamos a interfaz gráfica en tres
partes: de visualización e obxectos, de bloques de progra-
mación e zona de programación, sen deixar de lado a
personalización e edición de fondos ou obxectos. Cabe
mencionar que nesta etapa vimos a importancia de em-
pregar os recursos da rede respectando os dereitos de
autor - licencias de autor Creative Commons- e establece-
mos criterios de procura e de edición de cultura libre.
Na segunda das subetapas, centrámonos nos fundamen-
tos da programación con Scratch, entendida como unha
secuencia de algoritmos que se executan nunha orde
lóxica. Foi un proceso de ensinanza-aprendizaxe gradualIlustración 6. Unha das sesións de familiarización co entorno.
do máis simple ao máis complexo. O primeiro paso foi entender aspectos fundamentais desta linguaxe computa-
cional, como poden ser o movemento e os xiros, a diferenza entre o posicionamento relativo ou absoluto, entre
outros, para poder incrementar a complexidade coa introdución do uso de bucles, condicións, bucles con condi-
ción, sensores, iterancións e mensaxes para poder chegar ata a captura e manexo de eventos e a comprensión e
uso de variables.
Neste proceso apareceron dificultades, xa que o alumnado debe ser quen de xerar unha rede de solucións. Aquí
foi fundamental desenvolver a iniciativa persoal e as pautas de traballo cooperativo entre iguais, así como a tole-
rancia ante a frustración para acadar o resultado esperado.
O papel do instrutor, era o de mero catalizador e mediador na aprendizaxe, e so en última instancia guiaba (que
non solucionaba) na posible resolución da problemática. De este proceso nacen os primeiros proxectos, deseña-
dos de forma individual. Para chegar aos mesmos, debíamos ter claro, que o punto de partida era saber o que
queremos e como o imos facer; e dicir, poñer en xogo a capacidade de abstracción, de anticipación asentada nun
deseño e nunha estruturación lóxica, entre outras competencias.
3.3.3 Realización de proxectos en pequeno grupo.
Nesta segunda parte a principal tarefa aséntase no traballo en equipo, incluíndo a resolución das problemáticas
técnicas e relacionais que poidan xurdir. Cada membro do equipo asume un rol, que pode ser variable en fun-
ción das circunstancias e necesidades.
Primeiramente, formáronse equipos de dous membros, sen ter en conta ningún criterio específico dende o punto
de vista da programación. O que se tentou foi que os grupos fosen o máis heteroxéneos posibles, tanto por idade
como por sexo. A temática dos proxectos era libre, de tal forma que o alumnado puidera usar libremente a súa
imaxinación e creatividade. De aquí nace o primeiro dos retos: negociar e chegar a un acordo sobre a temática do
proxecto.
Unha vez decidida a temática, toca asentar as regras e directrices do proxecto, que debían quedar plasmadas nun
documento que posteriormente serviría de guía de actuación. Unha
vez establecido o tipo de proxecto e como ía ser tocaba o deseño da
parte artística e técnica.
No tocante á técnica, resulta fundamental establecer que fondo ou
fondos precisamos e cales van a ser as personaxes ou obxectos e que
tipo de código precisan para interactuar no proxecto. Estamos no
momento no que se asume o rol de analista. Neste intre, xa estamos
preparados para programar, pero de forma consensuada, empregan-
do unicamente unha computadora. Estamos ante a fase de codifica-
ción. Ao contar cun único equipo informático a opción escollida polo
alumnado foi a de intercambiarse na colocación dos bloques. Asu-
mindo de forma rotativa o rol de programador e o de analista/ su-
pervisor.
Con estas aprendizaxes básicas toca deseñar dous obradoiros
nos que participaran, en cada un, trinta estudantes da Faculta-
de de Formación do Profesorado da Universidade da Coruña
(UDC), no marco das I Xornadas de Convivencia Escola – Uni-
versidade (véxase ilustración 7)
Responsabilidade, asunción do rol docente, empatía e asertividade póñense en xogo nunha proposta que traslada
á realidade as aprendizaxes adquiridas.
37
Monfero Solidario
Ilustración 7. Cartel das I Xornadas de Convivencia escola-Universidade.
38
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
3.3.4. Realización de proxectos e división do traballo en gran grupos.
Chegados a este punto, os equipos fórmanse por oito integrantes. A temática volve a ser libre, polo que é necesa-
rio acordar a mesma, escoller o tipo de programa así como as regras que este terá, sempre de forma consensuada
e redactando un documento guía que será a base da programación.
A continuación toca analizar as necesidades para a realización do seu proxecto, dende o deseño de personaxes,
obxectos, entre outros, ata como será a programación dos mesmos (asumimos o rol de analistas).
Unha vez rematada esta fase de análises os rapaces e rapazas volven a consensuar unha vez máis, nesta ocasión,
o reparto de tarefas en áreas, concretando o cometido de cada membro do grupo e como implimentar a axuda
nas situacións problemáticas. Cabe destacar que as problemáticas que van xurdindo precisan de pautas de co-
operación grupais asertivas.
Aínda que xa sen entenden e se usan os fundamentos básicos da programación, son moitas as dificultades que
xorden, no só a nivel técnico (deseño e escritura de códigos), se non tamén a nivel humano, determinadas moitas
veces pola estrutura de traballo en equipo dependente.
Estamos polo tanto, no momento máis álxido no desenvolvemento das habilidades sociais: o alumnado precisa
de capacidades e destrezas individuais e de grupo para a exposición de ideas; para a negociación; para a toma de
decisións conxuntas; para a de estruturación lóxica da secuencia de actuacións; para o reparto das tarefas; para a
asunción de diferentes roles; para coordinar a axudar entre os membros do grupo e como non, para a edición en
liña.
Todo este esforzo ten a súa recompensa, as familias do alumnado acoden a aula e se somerxen neste fascinante
mundo (ilustración 8). Son os discentes os que exercen de docentes, sendo mediadores no proceso de aprendi-
zaxe das familias.
Ilustración 8. Sesión coas familias
39
Monfero Solidario
3.3.5 A programación en Scratch aplicada á robótica.
Para o desenvolvemento desta secuencia empregamos os robots educativos Makeblock que poden ser progra-
mados a partir do editor Scratch coa ferramenta MBlock. Na mesma, establécense dúas secuencias de actuación.
Na primeira das partes realizamos unha introdución ó mundo dos robots, reflexionando sobre a noción de
máquina autónoma programada, que acompañamos da montaxe e ensamblaxe das diferentes pezas, vendo a fi-
nalidade que corresponde a cada unha delas e facendo especial fincapé nas placas electrónicas ou unidades
electrónicas.
Unha vez os robots ensamblados, o seguinte paso foi a acción libre para que o alumnado investigue e manexe a
maquina co programa que trae por defecto. É a primeira toma de contacto para ter unha idea xeral do funciona-
mento dos diferentes sensores integrados. Asentámonos polo tanto, na interacción e no xogo para comprender.
A continuación (segunda secuencia de actuación) vemos primeiramente que temos que ser quen de establecer a
finalidade da acción do obxecto tecnolóxico. Establecida a mesma vemos as peculiaridades e características da
contorna de programación e comezamos co traballo por equipos, seguido a secuencia interiorizadas nas anterio-
res actuacións (deseño, asunción de roles, codificación dos algoritmos, entre outros).
Por último, toca amosar ao resto da aula e do centro os resultados acadados e invitar as nosas familias a que par-
ticipen destas novas aprendizaxes.
3.4 Avaliación
O proceso de avaliación foi global, continúo e sistemático ao longo do proxecto, identificando as dificultades e
establecendo as propostas de mellora pertinentes, como se foron detallando ao longo do apartado de desenvolve-
mento. A valoración do logro acadado polo alumnado fíxose a través da observación sistemática e da análise das
producións, incluíndo coñecementos, destrezas, habilidades e actitudes adquiridas, establecendo indicadores de
logro que permitisen unha valoración cuantitativa e cualitativa do proxecto. Complementamos dito proceso coa
información aportada polas familias (enquisas individuais) e do alumnado da UDC (traballos sobre a actividade).
Por parte do profesorado avaliouse a formación recibida (enquisas en liña), a actuación docente, o desenvolve-
mento do proxecto e a adecuación aos plans e proxectos de centro.
4. Conclusión
Ilustración 9. Exemplos de momentos de traballo cooperativo.
Coa proposta de traballo presentada o alumnado ademais
de ser quen de empregar os algoritmos da linguaxe compu-
taciónal para crear produtos finais relevantes, desenvolveu
as competencias imprescindibles para solucionar pro-
blemáticas que neste caso, precisan de razoamento lóxico,
dun alto nivel de adstracción, secuenciación e de eficacia
na procura de solucións. Destrezas e habilidades necesarias
para comprender os conceptos matemáticos aos que se en-
fronta o alumnado a nivel curricular e para mellorar a súa
alfabetización dixital.
Igualmente desenvolveron a súa iniciativa persoal e a capa-
cidade de traballo en equipos cooperativos (ilustración 9),
asumindo diferentes roles en función das necesidades.
Ademais de valores como a convivencia, a resolución de conflitos, o respecto pola diversidade, a cooperación, a
igualdade, a non discriminación e a revalorización das potencialidades individuais e grupais. Ademais foron quen de
trasladar as aprendizaxes a situacións reais en diferentes contextos (obradoiros co alumnado universitario e coas
familias e produtos finais relevantes).P
or outra banda, o emprego da plataforma Scratch, supuxo contar cun gran abanico de ferramentas gráficas sinxelas
e visualmente atractivas para o alumnado que permitiu o traballo compartido e a difusión dos proxectos deseñados.
As dificultades sobre todo estiveron relacionadas, no tocante aos recursos cunha baixa calidade de conexión á rede.
Dende o punto de vista metodolóxico, relacionados coas pautas de traballo cooperativo. Pero ambas dificultades ao
estarmos ante unha experiencia continuada no tempo fóronse solucionando, adquirindo tanto alumnado como o
profesorado, as competencias necesarias para enfrontarnos a elas dende a reflexión crítica, o esforzo compartido, a
valoración das potencialidades e a visión do erro como elemento de superación e aprendizaxe.
Todo o exposto anteriormente, lévanos a determinar que propostas como a exposta son completamente viables nas
aulas. A tecnoloxía non debe ser entendida como un fin en si mesma, senón como un recurso fundamental para
trasladar a realidade a escola, con propostas educativas innovadoras que sexan quen de desenvolver as potencialida-
des de alumnado e profesorado en situacións reais aplicables a diferentes contextos, así como unha boa formula
para compensar as desigualdades. Falamos de escolas verdadeiramente inclusivas, equitativas e que preparen por e
para a vida.
Referencias bibliográficas
Barrera, M. D. R., Chávez F. J., e Hernández, H. A. (2008). Representaciones sociales de los sujetos en la sociedad del conoci-
miento. Ponencia del IX Encuentro Virtual Educa Zaragoza 2008.
Bas, E. (2011). Aprendizaje basado en problemas. Cuadernos de pedagogía, 409, 42-44.
Bernete, F. (2010). Usos de las TIC, relaciones sociales y cambios en la socialización de las y los jóvenes.Revista de estudios de
juventud, 88, 97-114.
Buckingham, D. (2008). Repensar el aprendizaje en la era de la cultura digital. Revista El monitor de la Educación, 18, 1-4.
Dopico, V. D., e Castro, Y. C. (2014). Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Eduga:
revista galega do ensino, (68), 48. Recuperado de http://www.edu.xunta.es/eduga/664/plan-proxecta/monferosolidario-
educando-valores-unha-nova-xeracion-disposta-ao-cambio
Martínez, X., e Peón, D. (2015). Patróns De Despoboamento Do Rural Galego: Unha Análise Por Comarcas. Revista Galega de
Economía, 24 (1), 63-80.
Pereiro M. D. C. (2013). Unha paisaxe única, unha escola única: desenvolvemento do proxecto" A nosa paisaxe, a nosa vida" no
CPI Virxe da Cela de Monfero (Programa 12 meses, 12 paisaxes). Eduga: revista galega do ensino, (66), 7. Recuperado de
http://www.edu.xunta.es/eduga/513/plan-proxecta/unha-paisaxe-unica-unha-escola-unica
Poullet, Y., e Dinant, J. M. (2007). Hacia nuevos principios de protección de datos en un nuevo entorno TIC. IDP: revista de
Internet, derecho y política= revista d'Internet, dret i política, (5), 33-46.
Reig, D. (2012). Disonancia cognitiva y apropiación de las TIC. Telos, 90, 9-12.
Rial, A., Gómez, P., Braña, T., e Varela, J. (2014). Actitudes, percepciones y uso de Internet y las redes sociales entre los adoles-
centes de la comunidad gallega (España). Anales de psicología, 30(2), 642-655.
Tallada, A. (2009). La competencia digital y las TAC. Revista BITS, (12). Recuperado de: http://bits.ciberespiral.org/
index2.php@option=com_content&do_pdf=1&id=30
Vivancos, J. (2010). De les TIC a les TAC: reflexiones sobre les tecnologies en l'educació. Perspectiva escolar, (344), 2-9.
40
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
41
Monfero Solidario
1. Introdución
Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas
educativas, é a innovación. Dita innovación debe asentarse nas potencialidades e necesidades contextuais para
que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa. De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí
presentamos e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educati-
vos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto.
Dito contexto no que nos enmarcamos para sustentar esta proposta de traballo é o Centro Público Integrado Plu-
rilingüe Virxe da Cela.
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela, preocupado polo futuro da comarca, cre na necesidade dun desenvolvemento
endóxeno sostible e intenta establecer actuacións que permitan identificar as fortalezas do medio, primando nes-
te caso, o valor humano, que sen dúbida será xermolo dun desenvolvemento social, cultural e económico susten-
table se conta coas destrezas, habilidades, capacidades persoais e sociais necesarias para reinventar o rural galego
dende o respecto e valoración do medio natural, da identidade cultural e do aproveitamento dos recursos e dos
avances tecnolóxicos para un verdadeiro desenvolvemento endóxeno.
Ilustración 1: Imaxe representativa do tratamento integral das propostas de centro en post dunha verdadeira innovación educativa.
ACTUACIÓNS EDUCATIVAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE CEN-
TRO: MEDIANDO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA
42
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
2. Eixos teóricos das actuacións
Neste senso, cómpre esclarecer os dous eixos principais deste proxecto: por un lado a educación para o desenvolve-
mento e cidadanía global e polo outro, as tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC).
Primeiramente, partimos da definición de educación para o desenvolvemento e cidadanía global que Ortega (2008:
19) entende polo: «proceso educativo (formal, no formal e informal) constante encaminado a promover una ciuda-
danía global a través de conocimientos, actitudes y valores capaces de generar una cultura de la solidaridad compro-
metida en la lucha contra la pobreza y la exclusión, así como con la promoción del desarrollo humano y sostenible»
E por outra banda, somos conscientes de que formamos parte dunha sociedade cada vez máis complexa e vertixino-
sa, onde os avances tecnolóxicos forman unha nova configuración identitaria (Barrera, Chávez e Hernández, 2008)
da que a escola non pode excluírse. Polo tanto, a escola debe configurarse como un espazo de aprendizaxe real e útil
que parta da reflexión e da innovación, compensando as desigualdades dende un tratamento crítico dos avances tec-
nolóxicos para paliar os seus riscos e problemáticas (Rial, Gómez, Braña e Varela, 2014).
Dentro de esta proposta integral de actuación, como xa sinalamos anteriormente, as tecnoloxías da comunicación e da
comunicación (TIC) son entendidas como unha porta de acceso á realidade que permite achegarnos á súa análise e á
súa comprensión. As mesmas, complementadas con formulacións epistemolóxicas pedagóxicas pasan a converterse
en tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC). Se a isto lle sumamos a súa dimensión social, destacando
dentro da mesma o poder relacional e de cuestionamento da realidade, poden dar lugar ao empoderamento responsa-
ble da cidadanía en contextos comunicativos a través da educomunicación (Gozálvez e Contreras, 2014). Falamos
de persoas activas, con capacidade de análise, cuestionamento e ao mesmo tempo, reflexivas e competentes
no intre de establecer propostas de acción en todos os ámbitos que configuran a realidade social.
Dita competencia, complementada coa responsabilidade na acción, suporá un reforzo para procesos de desenvolve-
mento sustentables que poden ter a súa base nos recursos endóxenos, pero que non deixan de lado o concepto de cida-
danía global. Aquí o papel da Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global complementará as posibilidades
que os recursos tecnolóxicos, mediáticos e comunicativos ofrecen, para desenvolver proxectos en contextos reais.
Polo tanto, resulta fundamental que as novas xeracións deixen atrás esta visión consumista e inmobilista para inte-
grar a creación de coñocemento como elemento de valor para comprender o seu funcionamento, posibilidades e ris-
cos. Falamos, como sinala Buckingham (2008): “a alfabetización con medios dixitais deberá involucrar tanto a lec-
tura crítica como a produción creativa". Se acadamos isto, fomentaremos un uso tecnolóxico social reflexivo, asen-
tado no valor da iniciativa persoal e do pensamento. É dicir, deixar de lado a visión da tecnoloxía como un elemento
máxico que nos proporciona información, que nos entretén e nos conecta cos demais. Seremos críticos ante estas
posibilidades e ante a vertente consumista da privacidade (Poullet e Dinant, 2007).
43
Monfero Solidario
3. Metodoloxía
Asentándonos nestas premisas o proxecto de centro que aquí presentamos enmárcase nunha estratexia global e
integral para acadar que o conxunto da comunidade educativa adquira os coñecementos imprescindibles para
desenvolverse con eficacia pola sociedade do coñecemento e ser quen de formar parte dos procesos de cambio
enmarcados no empoderamento e a participación social a través das tecnoloxías (Reig, 2012).
3.1 Punto de partida
Dentro de esta perspectiva o centro participa no Proxecto Abalar (dotación de recursos tecnolóxicos nas aulas e
formación docente), no Proxecto E-DIXGAL (entorno virtual de aprendizaxe e recurso dixitais curriculares), en
varias modalidades do Plan Proxecta (innovación educativa a partir do desenvolvemento competencial), e dos
Contratos Programa (mellora da calidade educativa e compensación das desigualdades), así como no Plan de
Mellora da Bibliotecas Escolares e no Plan Anual de Formación do Profesorado, contando cun Proxecto de For-
mación e Asesoramento en centros (PFAC) no que se inclúe unha liña TIC. Estas iniciativas están promovidas
pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Esta estratexia do centro educativo, concretada no seu proxecto educativo pasa por establecer procesos de ensi-
nanza -aprendizaxe de calidade, integradores e motivadores para o alumnado nos que estes últimos se configura-
ran como creadores e verdadeiros protagonistas da intervención educativa. É dicir, trátase de que o alumnado
adquira as capacidades, habilidades, destrezas e valores necesarios para enfrontarse ás problemáticas da vida
diaria coas decisións resolutivas precisas en cada situación. Pero non falamos de competencias unicamente indi-
viduais, senón tamén comunitarias, de forma que sexan quen de iniciarse nos valores da cidadanía critica e res-
ponsable que coñece e valora a bagaxe identitaria da construción social, respectando o medio natural e sendo
quen de identificar as problemáticas e potencialidades do contexto e así avanzar na construción dunha sociedade
cada vez máis xusta e capaz de crear un desenvolvemento sostible.
Como estamos a ver, estamos ante unha proposta integral a nivel de centro que pretende establecer procesos edu-
cativos e formativos de calidade e inclusivos que precisan do esforzo compartido por parte do conxunto da comu-
nidade educativa e ademais, de visibilidade e repercusión social para que se configuren como elemento de valor
tanto para o alumnado como para o contexto no que se enmarcan. Trátase de minar as barreiras socioeconómicas
e de xénero do contexto rural onde nos enmarcamos e crear dinámicas efectivas de desenvolvemento persoal e
social.
“….proposta integral a nivel de centro que pretende establecer procesos educativos e formativos
de calidade e inclusivos que precisan do esforzo compartido por parte do conxunto da
comunidade educativa e ademais, de visibilidade e repercusión social para que se configuren
como elemento de valor tanto para o alumnado como para o contexto no que se enmarcan.“
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidario

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariadoCrónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
satelite1
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
satelite1
 
Circular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariadoCircular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariado
satelite1
 
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
mackerel100
 

Was ist angesagt? (20)

Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsol
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro ed
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Circular familias rastro 16
Circular familias rastro 16Circular familias rastro 16
Circular familias rastro 16
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Crónica rastro solidario
Crónica rastro solidarioCrónica rastro solidario
Crónica rastro solidario
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
 
Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015
 
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariadoCrónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
Crónica campaña sensibilización día internacional do voluntariado
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
 
Circular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariadoCircular familias día internacional voluntariado
Circular familias día internacional voluntariado
 
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
 

Ähnlich wie Monografico monfero solidario

Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
satelite1
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
satelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
satelite1
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 nov
satelite1
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
satelite1
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
satelite1
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

Ähnlich wie Monografico monfero solidario (20)

Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
CONECTA JOVEN
CONECTA JOVENCONECTA JOVEN
CONECTA JOVEN
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 nov
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias galFolleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 

Mehr von satelite1

Mehr von satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Monografico monfero solidario

  • 3. 2 CPI Plurilingüe Virxe da Cela “Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio” Febreiro de 2017 Índice: Monfero Solidario. O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo…………………………..…… 3 Novas espectativas de futuro: o desenvolvemento do pensamento computacional ……………31 Actuacións educativas para o desenvolvemento de proxectos de centro: mediando coa innova- ción educativa .......... ……………………………………………………………………………….41
  • 4. Monfero Solidario “Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio O proyecto Monferosolidario tivo os seus tímidos e silenciosos inicios nas aulas do CPI Virxe da Cela fai case unha década. A día de hoxe, aquela pequena pero potente semente converteuse nunha robusta árbore, alimentada por salvia fresca que se renova ano tras ano e que ao seu paso vai abrindo novas ramificacións e deixando numerosos froitos. Este exemplar que tedes nas vosas mans trata de ser un pequeno observatorio dende o que divisar o acontecido no noso centro ao longo de todos este anos; é obviamente un botón de mostra de luces, que non de sombras. As luces ilumínannos este nobre camiño da educa- ción, sérvennos de referente, motívannos para superarnos constantemente. As sombras, que non aparecen, están aí gardadas no baúl da memoria, para lembrarnos do que temos que prescindir e mellorar. Foi aló polo ano 2008 cando as pegadas máis antigas foron rexistradas nas aulas de Ética e Relixión, onde como docentes estabamos a traballar de maneira illada contidos relaciona- dos coa Cultura da Paz, os Dereitos Humanos, os Obxectivos de Desenvolvemento do Mile- nio…, iniciando así unha serie de colaboracións que derivaron nunha abordaxe cooperati- va e interdisciplinaria fundamentada na concienciación, compromiso e participación dos nosos alumnos/as a través de accións solidarias. Para sacar o proxecto adiante e chegar ao punto no que nos encontramos hoxe, foron nece- sarios ademais do esforzo persoal e as gañas de facer, unha escola pequena con un alumna- do moi especial, o apoio da dirección do centro, a participación e a creación dunha metodo- loxía propia e todas as axudas que chegaron desde o exterior. Todo isto fíxose grazas:  Á colaboración dos distintos departamentos/ciclos e de todo o profesorado do centro (EI, EP, ESO), coordinando esforzos encamiñados cara a mesma meta: implicar e dinamizar o noso centro.  Unha metodoloxía motivadora marcando liñas de actuación orientadas a captar a par- ticipación: realización de actividades lúdicas, utilización das Novas Tecnoloxias, traba- llo por proxectos, recoñecemento da participación, etc.  Fomentar a intervención de toda a comunidade educativa –profesorado, alumnado, fa- milias–, creando un clima de unidade e de convivencia.  A inestimable colaboración de distintas ONGS e entidades: AECID, Entreculturas, Fun- dación Vicente Ferrer, Ayuda en Acción, Save the Children, Cruz Roja, Asociación Down Coruña, Voluntariado Galego, Solidariedade Internacional Galicia, USC., UDC… 3
  • 5. 4 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Foron moitas e diversas as actividades e proxectos que xurdiron nestes anos e o seu enfo- que foise nutrindo con liñas de actuación de diversa natureza e con novas ferramentas TIC e de innovación educativa, pero todas elas enfocadas a promover a participación, a re- flexión, a educación en valores, o compromiso social e cívico e a solidariedade do noso alumnado. O rastro solidario, o proxecto School to School da FVF, a operación quilo, a carreira solida- ria, o laboratorio de radio itinerante, os Encontros da Rede Solidaria de Entreculturas, charlas e conferencias,talleres sobre consumo responsable, comercio xusto e igualdade de xénero, o Proxecto Somos Paisaxe, somos vida; as Xornadas de Convivencia Universidade- Escola, “Móvete” no CPI Virxe da Cela, da Rede de Centros Escolares Solidarios, o Proxecto “Genios”, promovido pola Fundación Ayuda en Acción, a creación da Asociación Educati- va Infantil e Xuvenil Soño Rural constituída polo alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria co- mo fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha re- valorización das formas de vida do rural, o Proxecto piloto de investigación-acción colabo- rativa no que participa o noso centro, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e un equipo multidisciplinar da USC… son só algun- has das moitas actividades levadas a termo en todos estes anos. Sabemos que queda moito por facer, máis se conseguimos chegar ata aquí sen formación específica inicial pero con grandes doses de esforzo, traballo, intuición e creatividade, e lo- gramos facer crecer esta pequena semente, non será difícil acadar logros e utopías maiores para conseguir esa educación que fomente nos nosos alumnos/as a apropiación de valores como a autonomía, a reflexión crítica, a xustiza e o respecto, colaborando na construción da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemen- to como persoas. Se nós como docentes somos o motor que move e dirixe toda a engrenaxe, Monferosolidario non se podería levar a cabo sen a materia prima: o alumnado do CPI Virxe da Cela, os auténticos protagonistas da nosa historia. Agradecémoslle á Dirección do noso centro que apostase polo noso traballo desde os seus inicios, demostrando en todo este tempo o seu apoio incondicional, algo imprescindible para que todo isto se puidese levar a termo. A pe- sar da nosa longa andaina, queda aínda moito camiño que percorrer, xa que somos cons- cientes de que educar en valores é unha aposta para o futuro. Yolanda Castro López e Verónica Dopico Cancela (Coordinadoras do Proxecto Monferosoli- dario)
  • 6. 5 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 1.- COMO NACE MONFERO SOLIDARIO? Cando algo funciona a xente trata de buscar a receita, descubrir todos os ingredientes, desde os máis básicos ate eses pequenos elementos que lle dan o puntiño de graza e aportan identidade. Nós poderíamos encher liñas e máis liñas con teorías, explicacións, xustificacións, metodoloxías, todas esas capas que revisten o proxecto Monfero Solidario. Pero antes de nada queremos desve- lar a nosa fórmula máxica e compartila con todas as persoas interesadas na educación para o de- senvolvemento, non queremos manter unha fórmula oculta como a da cocacola, xa que o mundo precisa da proliferación de proxectos da mesma natureza. Esa fórmula maxistral é a combinación de dous elementos moi simples pero imprescindibles: o compromiso persoal e as gañas de facer. Un é o motor de arranque e o outro a enerxía que alimenta. O laboratorio é a nosa escola, o CPI Virxe da Cela, e as enxeñeiras dúas persoas previamente sensibilizadas, concienciadas e predis- postas ao cambio e á transformación social, que decidiron utilizar a educación como unha ferra- menta para levar a cabo un proxecto de vida: Verónica Dopico e Yolanda Castro. Esa é a semente, e por suposto fan falta unha serie de condi- cións axeitadas para que poda xerminar e dar os seus froitos, ao igual que unha boa dose de sorte para estar no lugar pre- ciso e no momento adecuado: unha escola pequena con un alumnado moi especial, o apoio da dirección do centro, e to- das as axudas que chegaron desde o exterior. O CPI Virxe da Cela (Monfero) é un centro de titularidade pública onde se imparte Educación In- fantil, Educación Primaria, ESO. Fai anos acollía a centos de alumnos dos concellos de Monfero e Irixoa, pero desde fai algo máis dunha década está a perder paulatinamente unha cantidade moi significante de matrícula (isto é debido principalmente ao descenso da natalidade e a continua mi- gración do rural á cidade) , e á par deste descenso de matrículas produciuse unha redución do profesorado. Somos un dos poucos centros galegos que conserva xornada partida (as rutas e ho- Ilustración 1: Verónica Dopico e Yolanda Castro, impulsoras do proxecto. Ilustración 2: Carátula do blugue do proxecto
  • 7. 6 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Unha vez rematadas as clases mar- chan todos os autobuses, tendo que desenvolverse no recreo do mediodía as actividades estraescolares. A estas características do noso centro hai que engadir as da nosa contorna. A poboa- ción é escasa e vive espallada. A oferta cultural e de ocio na zona é moi reduci- da, existen algunhas actividades pun- tuais ofertadas polos concellos e aso- ciacións deportivas ás que grande par- te do noso alumnado non pode acceder xa que o transporte público é case ine- xistente e os rapaces e rapazas teñen poucas posibilidades de desprazamen- to. As familias dedícanse principalmente a actividades agrarias e polo xeral non teñen un grande poder adquisitivo. En moitas casas non chega a cobertura telefónica nin teñen acceso a internet. Tendo en conta todos estes elementos o noso proxecto vai estar desde o seu nacemento enfocado cara á dinamización da nosa contorna, fomentando a igualdade de oportunidades e tratando de favorecer os procesos de socialización do noso alumnado. Ilustración 3: Centro educativo e paixase das Fragas do Eume
  • 8. 7 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 No curso 2008-2009 implántase a materia de Educación para a Cidadanía en 2º da ESO. A Lei Orgánica da Educación (LOE, 2006), vainos ofrecer o marco perfecto para inxerir o noso proxec- to, xa que contempla a EPC como unha ferramenta para a formación de mozos e mozas críticos e comprometidos coa transformación social, resaltando a importancia da educación no respecto aos demais, a igualdade entre homes e mulleres, o coñecemento crítico da realidade, o debate en torno ás relacións entre desenvolvemento humano, medio ambiente e Dereitos Humanos, a potenciación de valores como a xustiza, a equidade, a cooperación, a diversidade, a intercultura- lidade. Verónica Dopico é a encargada de impartir a docencia desta materia, e xa nas primeiras semanas de curso as dúas docentes comezan a establecer liñas de actuación conxuntas, com- partindo materiais e recursos didácticos, programando actividades para realizar simultaneamen- te, etc. 2.- COMO SE CONSOLIDA MONFEROSOLIDARIO? Comezando por tanto cunha simple colaboración entre dous docentes e realizando accións puntuais co alumnado da ESO, o proxecto Monferosolidario foi crecendo e o seu campo de acción acabou ampliándose ao resto de niveis educativos impartidos no centro (EI, EP) á par que aumentando o número de colaboradores. Trataremos de analizar neste apartado os diferentes elementos que favoreceron á consolidación do proxecto. Ilustración 4: Logo da celebración dos 40 anos da escola Ilustración 5: Logo do proxecto
  • 9. 8 CPI Plurilingüe Virxe da Cela  Traballo en equipo: Somos conscientes do produtivo que resulta o traballo en equipo, un feito observado e recoñecido a través de diferentes correntes pedagóxicas, e recollido no currículo. Desgraciadamente todos os/as docentes sabemos que moitas veces o traballo “interdiciplinar” acaba sendo unha metodoloxía que figura nas programacións e que rara vez é levada á prácti- ca. Por que? Porque o traballo en equipo require de tempo, de coordinación, de reparto de tare- fas, de asignación de responsabilidades, de respecto ás aportacións dos outros, e de moitas ou- tras prácticas ás que non estamos acostumados nesta sociedade que tende ao individualismo. As coordinadoras de Monferosolidario considerámonos sumamente afortunadas xa que a nosa unión deuse dun xeito natural, e traballar en equipo non é renunciar á nosa individualidade, se- nón enriquecerse mutuamente e unir as nosas forzas cara un obxectivo común. Para moitos/as resultou chocante e incluso insólito o binomio relixión-EPC, cando tanta polémica espertou tem- po atrás a implantación desta materia no currículo. A clave do noso éxito como parella pedagó- xica radica no entendemento, na voluntariedade e no auto-establecemento das nosas propias metas, sen a imposición de normas férreas que limiten a nosa liberdade individual.  Difusión do proxecto: Na sociedade massmediática na que estamos inmersos non existe o que non se ve. Sabemos que para nós, como docentes, serviría con levar a cabo as actividades que programamos. Non obstante, se queremos implicar a toda a comunidade educativa (o resto dos docentes, o noso alumnado e as súas familias), non chega coas accións dentro da aula, se- nón que creemos que é necesario facelas visibles e compartilas. Rexistrar todo o proceso, des- de o deseño de ideas, a elaboración de notas informativas para organización e coordinación, as propostas didácticas para o alumnado, as campañas de sensibilización previas, as accións en si e toda a reflexión que podan xerar a posteriori. Poderiamos facelo simplemente a voz alzada e con sinxelos paneis expositivos, pero consideramos que as novas tecnoloxías da información nos ofrecen unha ferramenta inmediata, de baixo custe económico e moi ecolóxica, ademais de ser un elemento moi motivador para o noso alumnado. O noso blogue constitúe a plataforma ideal para rexistrar e difundir o noso proxecto, para almacenar todo tipo de recursos e para reco- ller os comentarios, reflexións e suxestións do noso alumnado e de outros usuarios/as que ato- paron nel un espazo interesante centrado na da educación en valores e na educación para o desenvolvemento.
  • 10. 9 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 3.- CON QUE ONGS TRABALLAMOS E QUE NOS APORTAN? Ao longo do ano diferentes ONGs diríxense aos centros educativos tratando de establecer cola- boracións, e enviando materiais didácticos impresos. É unha magoa que moitas cartas e mate- riais acaben nun caixón ou no lixo, e quizás deberíamos planificar unha labor conxunta para facer máis efectivas as nosas prácticas de educación para o desenvolvemento. Neste apartado tratare- mos de explicar como establecemos contactos con diversas ONGs e o grado e natureza das no- sas colaboracións. Dedicaremos un espazo máis amplo para afondar no traballo con dúas ONGs que teñen un peso moi importante no noso proxecto: Entreculturas e a Fundación Vicente Ferrer.  Partindo dunha vinculación persoal coa Cruz Vermella de Betanzos (accións de voluntariado a nivel individual), solicitamos a súa presenza no noso centro. En abril de 2009 a Cruz Vermella impartiu un obradoiro sobre “Imnigración” para o alumnado da ESO. A técnico e tres volunta- rias falaron do “Programa de Atención ao Inmigrante”, e tres inmigrantes senegaleses contaron en primeira persoa a súa experiencia, finalizando a charla cun obradoiro de percusión e danza senegalesa. En xaneiro de 2011 a Cruz Vermella impartiu un novo obradoiro, “A diversidade é a no- sa realidade”, dirixido ao alumnado de 1º da ESO.  En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo: Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e 2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun “Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Fe- rrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e o funcionamento desta institución social.  Aproveitando todo o potencial que podemos atopar no noso propio centro, en marzo de 2009 convidamos a Carmen Espiñeira, a profesora de Lingua Castelá, a impartir unha charla sobre a súa experiencia como cooperante en Camerún coa ONG Kentaja. Carmen tratou de sensibi- lizar ao alumando das diferenzas entre Norte e Sur, á vez que difundir iniciativas de volunta- riado e cooperación. Ilustración 6: Actividade coa Cruz Vermella
  • 11. 10 CPI Plurilingüe Virxe da Cela  A través da publicidade que enviou Save the Children ao centro decidimos unirnos a algunha das súas propostas. En abril de 2009 realizamos un rastro solidario para axudar un proxecto educativo que esta ONG estaba a desenvolver no Níxer, logrando a cantidade de 520 euros, e durante dous anos consecutivos (2009 e 2010) realizamos o concurso “Marcapáxinas Solida- rios”. A parte da recadación de fondos que implicaban ambas actividades, utilizamos os mate- riais proporcionados por esta ONG (cadernos de traballo para o alumnado, guías didácticas pa- ra o profesorado, carteis, folletos, etc.) para facer un traballo minucioso de sensibilización que durou varias semanas e no que participou todo o centro.  De xeito casual descubrimos o traballo que estaba a facer A cova da Terra, unha ONG que ten a súa sede en Lugo. Puxémonos e contacto con eles e organizamos unha Xornada de Sensibili- zación de Comercio Xusto e Consumo Responsable ( 21 de decembro de 2009) que constaba de obradoiros de construción de regalos con obxectos de refugallo, charlas sobre consumo res- ponsable un posto de Comercio Xusto.  En novembro de 2009 unímonos á campaña “Shoes for África”, promovida pola marca de calza- do Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, apostando de novo por unha labor de sensibilización previa. De maneira similar tratamos de promover a reutilización de obxectos xa utilizados a través dou- tras propostas, como a de Recoatrántico (reciclaxe de tóner). Desde o pasado curso académico temos diferentes puntos para o depósito de tapóns de plástico sumándonos ás diversas iniciati- vas de axuda ao finanzamento de tratamentos médicos que as familias de diversos nenos e ne- nas con graves problemas de saúde s non poden costear. Ilustración 7: Actividades de voluntariado
  • 12. 11 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 ENTRECULTURAS: No caso de Entreculturas, o fío condutor é Sandra Rodríguez Couso, unha persoa dedicada cor- po e alma ao seu traballo, e auténtico motor da delegación de Entreculturas en Galicia. Todos os agradecementos serían poucos á hora de recoñecer o seu apoio incondicional. Visitou o noso centro en numerosas ocasións, e mantén un contacto continuo connosco, enviándonos materiais, informándonos de convocatorias e actividades e proporcionándonos todo tipo de axuda. Coñecer a Sandra supuxo lanzarnos de cabeza e cos ollos pechados á aventura da Rede Solidaria da Mo- cidade de Entreculturas, e desde entón asistimos a todas as xuntanzas que tiveron lugar en terri- torio galego (A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Rianxo) así como as celebradas bianual- mente en Guadarrama a nivel nacional. Grazas á Rede Solidaria os nosos alumnos/as teñen a oportunidade de coñecer e compartir experiencias con outros mozos/as coas mesmas in- quietudes, á vez que formarse en valores a través da participación en xo- gos, dinámicas e obradoiros nos que se abordan diferentes temáticas. Para nós, as coordinadoras de Monferosolidario, ofrécesenos esa forma- ción tan necesaria e tan difícil de atopar por vías máis institucionalizadas e un espazo para o intercambio de ideas con outros docentes. Froito dos contactos establecidos co responsable do grupo do IES Mone- los (A Coruña) organizamos unha Xornada de Convivencia que tivo lugar no Mosteiro de Monfero (13 outubro de 2009) na que os mozos e mozas de ambos centros tive- ron a oportunidade de coñecerse mellor, participar en actividades e xogos en torno á temática da interculturalidade, realizar un xantar conxunto, así como de valorar o noso patrimonio e respectar as dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma. Como broche final selamos a nosa ami- zade cun intercambio de regalos. Ilustración 8: A educación cambia o mundo Ilustración 9: Rede solidaria da mocidade (Entreculturas)
  • 13. 12 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Se falamos de campañas e actividades propostas por esta ONG, lembramos con cariño “Doa o teu móbil”, de Entreculturas en colaboración coa Cruz Vermella, xa que foi a primeira actividade da no- sa andaina (de setembro a decembro de 2008). Consistía na recollida de teléfonos móbiles para a súa reutilización en proxectos humanitarios, sociais e de educación a favor dos colectivos e países máis desfavorecidos, á par que faciamos unha reflexión sobre o consumo responsable e a recicla- xe. Por outra banda temos que sinalar o éxito de todas as campañas da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que ano tras ano traballamos durante o mes de abril a través de múltiples actividades englobadas baixo un lema específico. En 2009 esiximos aos representantes políticos que se garan- tira o dereito de aprender a ler e escribir para todas as per- soas a través de “A Gran Lectura”; en 2010 rogamos aos lí- deres da comunidade internacional que lles deran prioridade á educación nas súas axendas a través de “Un Gol pola Educación”; en 2011, baixo o lema “A educación non é un conto: polos dereitos das nenas e das mulleres” dúas alum- nas do noso centro pediron ao goberno que fixera efectivo o seu compromiso coa educación básica universal, nun acto celebrado no Congreso dos Deputados e nu- nha rolda de prensa posterior; no 2012 alumnado e profesorado do centro traballaron conxunta- mente na elaboración da “Gran Imaxe”, a base de fotografías e reflexións en torno á importancia da atención e educación na primeira infancia, e baixo o lema “Con dereitos desde o principio: por unha educación temperá e de calidade”.Outra das grandes aportacións de Entreculturas é facilitarnos charlas, conferencias, obradoiros e formación de maneira gratuíta. En outubro de 2009 contamos cunha conferencia sobre “Liderazgo Xuvenil” impartida por dúas co- ordinadoras dese proxecto nos centros de “Fe e Alegría” en Nicaragua, na que incentivaron ao no- so alumnado cara á participación en iniciativas semellantes e trataron de sentar as bases para a creación dunha rede entre os grupos de Nicaragua e España. En abril de 2011 Anxo Moure visitou o noso centro e obsequiounos cun interesante obradoiro de “Contos Solidarios”, nos que combina- ba diferentes técnicas de expresión oral coa transmisión de diferentes valores solidarios, como o amor, o compañeirismo e a cultura da paz. Ilustración 10 : A educación cambia o mundo
  • 14. 13 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 Agradecemos toda a confianza que Entreculturas depositou no noso proxecto en todo momento da traxectoria, a través de múltiples intentos de promoción e difusión de Monferolidario. En se- tembro de 2009 convidounos a presentar a nosa iniciativa no Encontro de Profesores/ras de En- treculturas, que tivo lugar en Santiago de Compostela. En novembro dese mesmo ano acompa- ñounos ao CPI Cruz do Sar de Bergondo (A Coruña), onde un grupo de rapazas do noso centro animaron ao alumnado de Bergondo a construír un proxecto de educación en valores. Facilitounos un espazo para a divulgación das nosas prácticas ante un público de case duascen- tas persoas entre docentes e ONGs, no panel de experiencias “Educando para o Desenvolve- mento”, dentro do programa do Encontro Nacional de Entreculturas (Guadarrama, 7 febreiro de 2010) e tamén no Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia, no que presentamos as nosas liñas de actuación ante un auditorio conformado por diferentes axentes galegos da coope- ración (Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2011) . Dous meses despois Entreculturas abriunos as portas á Universidade, e a experiencia de Monferosolidario foi presentada ao grupo de estudantes do Máster de Xes- tión de Cooperación Internacional e ONGs da USC. E somos conscientes de que a nosa intervención nas I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolve- mento e o espazo de divulgación que nos ofrece a presente publicación son unha nova mostra do apoio incondicional desta ONG. Por toda esta axuda e apoio continuamos compartindo senda con Entreculturas, participando nas súas propostas, dedicando parte do noso tempo e das nosas enerxías a sensibilizar e preparar a rapaces y rapaces para que se unan e reforcen a Rede Solidaria, ofrecendo o noso punto de vista e a nosas críticas construtivas para posibilitar unha avaliación máis real do seu traballo, e cons- truíndo lazos de que van máis aló do profesional. Como mostra do noso compromiso confiamos a esta ONG os 1701 euros recadados o través do “Rastro Solidario Emerxencia en Haití”, celebra- do en xaneiro de 2010, para que Entreculturas os xestionara a través dos seus proxectos de axu- da aos damnificados do terremoto. Ilustración 11 : I Xornadas Galegas de Ed. para o desenvolvemento
  • 15. 14 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Por toda esta axuda e apoio continuamos compartindo senda con Entreculturas, participando nas súas propostas, dedicando parte do noso tempo e das nosas enerxías a sensibilizar e preparar a rapaces y rapaces para que se unan e reforcen a Rede Solidaria, ofrecendo o noso punto de vista e a nosas críticas construtivas para posibilitar unha avaliación máis real do seu traballo, e construíndo lazos de que van máis aló do profesional. Como mostra do noso compromiso confiamos a esta ONG os 1701 euros recadados o través do “Rastro Solidario Emerxencia en Haití”, celebrado en xaneiro de 2010, para que Entreculturas os xestionara a través dos seus proxectos de axuda aos damnificados do terremoto. FUNDACIÓN VICENTE FERRER: A FVF é outra constante no noso proxecto, e isto é debido non só á calidade das súas propostas, senón tamén ao vínculo afectivo que nos une con esta organización. En setembro de 2009 estive- mos en Madrid na cerimonia de entrega do I Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”, e neste acto tivemos a oportunidade de coñecer e conversar con Moncho Ferrer, fillo do cooperante Vicente Ferrer, a quen se dedicaba esta primeira edición do premio. Moncho informounos da existencia dun programa denominado “School to School”, un intercambio entre as escolas indias xestionadas pola FVF e diversas escolas españolas. De regreso a Galicia e inician- do un novo curso escolar lanzámonos a esta nova aventura, xa que ademais de ofrecernos un achegamento a outra cultura e a revalorización da nosa propia cultura desde o coñecemento e o respecto, este proxecto daríanos a oportunidade de implicar a alumnado e profesorado de todas as etapas educativas. A nosa colaboración coa FVF foi aumentando e afianzándose no transcurso destes catro anos, complementando o proxecto inicial con novas propostas e iniciativas da nosa propia colleita. Ilustración 12: I Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”
  • 16. 15 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 Cada ano o proxecto “School to School” está centrado nunha temática específica (“A India rural e a FVF”, “Gastronomía”, “A contorna natural”, “Festas e tradicións”). En torno a esta temática xira- rán todas as actividades a desenvolver tanto no noso centro como na Konampalli School (escola que nos foi asignada para este intercambio). A inicios de curso repartimos os materiais que nos envía a FVF entre o profesorado interesado e lles explicamos as liñas de actuación. Co alumna- do de 3º e 4º ESO, e en colaboración con outros departamentos (CCSS, Lingua Castelá, etc), preparamos charlas coas imaxes e textos que nos envía a FVF. Tamén e deseñamos obradoiros para que estes rapaces e rapazas impartan no segundo trimestre a todo o alumnado do centro (gastronomía india, mandalas, danza, vestimenta, especias, lingua telugu, etc.). Deste xeito os mozos/as convértense en axentes de dina- mización, e actúan directamente no proceso de ensinanza- aprendizaxe dos máis pequenos, feito que resulta de gran motivación para ambas partes. Completamos a nosa pro- gramación con outras actividades como exposicións, xorna- das gastronómicas, intercambio epistolar, etc. A través de “School to School” coñecemos diferentes aspectos da xeo- grafía, política, sociedade e cultura india, á vez que investi- gamos sobre todos estes aspectos na nosa propia realidade, para posteriormente elaborar mate- rias gráficos e audivisuais que enviamos o terceiro trimestre á India (fotografías, gráficos, textos traducidos ao inglés, vídeos). Estes materiais son de grande calidade e valor didáctico, mostra disto é que “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”, traballo de aula elaborado polo alumna- do e a mestra de 1º de primaria, foi galardoado en xuño de 2012 co Premio de Cooperativismo no Ensino. No último trimestre recibimos o paquete da Konampalli School. É un momento moi esperado, e celebramos unha especie de acto de apertura xuntando alumnado de todas as etapas. Facemos unha lectura colectiva, observamos con grande atención as fotos dos nosos amiguiños/as da In- dia, descubrimos o seu curioso alfabeto e algunha outra sorpresa… Ilustración 13: Alumnado como axentes dinamizadores
  • 17. 16 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Para ampliar a información sobre a India, a FVF ofrécenos a visita de Lancy Dodem, o primeiro ne- no apadriñado pola fundación e que na actualidade, xa adulto, impar- te charlas de sensibilización nas escolas españolas. Lancy estivo en dúas ocasións no noso centro (febreiro de 2010 e novembro de 2011), en ambas acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, repre- sentante da FVF na Coruña. Os rapaces e rapazas formularon nume- rosas preguntas a Lancy, mostrando gran curiosidade pola realidade social e cultural da India. Completando a xornada, Lancy percorreu as instalacións do noso centro, compartiu xantar con todos nós no come- dor escolar e desprazouse pola contorna visitando o noso patrimonio. A presenza de Lancy foi decisiva para o nacemento dunha iniciativa que partiu directamente dos alumnos/as de 4º da ESO, que tras coñecer o enorme xiro que deu a súa vida sendo beneficiario deste programa de apadriñamento, decidiron ser un eslabón máis da cadea. En xaneiro de 2011 acordaron iniciar un apradriñamento a través da FVF, comprometéndo- se a aportar unha pequena cantidade cada un para cubrir os gastos mensuais que supón realizar este importante compromiso. Pasadas unha semanas recibimos unha carta coa foto e os datos de Pavani, unha nena india de 8 anos que desde entón conver- teuse nunha “irmá adoptiva”. Tamén desde aquí os rapaces e rapazas enviáronlle a Pavani unha carta coas súas fotos e un texto explicando a grande satisfacción por ser partícipes desta acción solidaria que transformará o futuro desta nena. A medida que avanzábamos no proceso de intercambio, ía medrando o noso nivel de simpatía e empatía con eses nenos e nenas da India, e isto levounos a embarcarnos noutra aventura de máis envergadura: a construción dunha escola na India. Ilustración 14: visita de Lancy Dodem ao centro Ilustración 15: Apadriñamento
  • 18. 17 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 Foron necesarias dúas edicións de rastro solidario, e unha coidada campaña de sensibilización na que o alumnado de 4º da ESO visi- tou as aulas animando a todos/as á participación nesta actividade, tanto aportando obxectos para a súa venda no rastro como efec- tuando compras no mesmo, así como o envío de cartas ás familias solicitando a súa colaboración. En abril de 2011 recadamos a través do rastro a cantidade de 930 euros, e en abril do ano seguinte 800 euros, aos que sumamos 300 euros da venda de flores efectuada en San Valentín. Mediante estes dous pagamentos e coa colaboración doutros socios, os nenos e nenas do pobo Rachepalli, no distrito de Anantapur, xa poden ir á escola. Completamos a nosa vinculación coa FVF con outras actividades. Visitamos a la exposición “A cidade do infinito. Viaxe á Funcación Vicente Ferrer”, no Centro Cul- tural Caixanova (Coruña, 8 novembro 2010), e “Mulleres, a forza do cambio na India”, unha expo- sición itinerante albergada nun camión situado nos Xardíns Méndez Núñez (Coruña, 5 outubro 2012). Xa como voluntarias e fora do horario escolar, previa petición dos organizadores, as profe- soras estivemos nesta exposición atendendo ao público visitante. Outra colaboración consistiu na tradución de textos ao galego para a páxina web da fundación. E sempre que podemos acudimos a calquera convocatoria deste organización para mostrar todo o noso apoio, como por exemplo a inauguración dunha rúa dedicada a Vicente Ferrer na cidade da Coruña. Ilustración 15: Rastro Solidario
  • 19. 18 CPI Plurilingüe Virxe da Cela AYUDA EN ACCIÓN Outra das máis importantes colaboracións que mantemos é con Ayuda en Acción dado que o pro- xecto Monfero Solidario encaixa perfectamente coa filosofía de actuación que persegue esta ONG. En decembro de 2013 firmamos o primeiro convenio de colaboración que se ven renovando ano tras ano con iniciativas de actuación cada vez máis amplas. Estamos ante un compromiso conxun- to, no que todas as partes unimos esforzos en prol dunha educación de calidade e inclusiva que sexa quen de superar as dificultades do contexto e aproveitar as súas fortalezas. Todo isto dende unha perspectiva de cidadanía global e esforzo compartido. Grazas a esta colaboración participamos en iniciativas como "Ahora Toca..." , Reporteros en Acción ou o proxecto GEN10S, pero sobre todo, vivimos o espírito da solidaridade dende unha perspecti- va global que actúa no local de forma cooperativa dende a primeira infancia. Isto é posible grazas ao esforzo compartido de toda a comunidade educativa, pero sen lugar a dúbida tamén, grazas ao apoio que esta ONG nos brinda a través do programa “Aquí También” da Fundación Ayuda en Ac- ción. Con el aprendemos que para loitar contra a pobreza, a exclusión e desigualdade debemos ser quen de desenvolver capacidades para crear un futuro digno e sostible. Este camiño de construción co- munitaria, ao contrario do que pode parecer nun principio, non se dificulta pola falta de expectativas de progreso ou de medios, xa que no seu transitar contamos co apoio de Ayuda en Acción. Ilustración 16: Imaxes de diferentes actuacións da colaboración coa Fundación Ayuda en Acción
  • 20. 19 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 Grazas ao mesmo comprobamos que da igual cales sexan as nosas características persoais, que sexamos mulleres ou homes; o principal é ter un obxectivo e por en marcha as nosas potenciali- dades, porque actuando conxuntamente podemos ser quen de superar as dificultades. Si falamos de desenvolver a nosa competencia lingüística, contamos, grazas a Ayuda en Acción co Proxecto Glifing ou coa Radio Itinerante Creativa. O mesmo acontece coa competencia mate- mática, contando co apoio da plataforma Smartick. Tamén aprendemos que calquera pode estudar unha carreira técnica, crear un programa informá- tico (proxecto GEN10S) ou deseñar un obxecto e imprimilo en tres dimensións (proxecto MAK3RS BY RICOH). Ademais, o seu apoio supón contar co financiamento necesario para realizar saídas didácticas complementarias que permiten ao alumnado trasladar as habilidades, destrezas e competen- cias traballadas a contextos reais. E algo tamén moi importante, coñecer a persoas e entidades que de forma desinteresada deixan a súa pegada no camiño de construción dun mundo mellor. Neste intre se nos veñen á mente a Fundación Repsol, a empresa Deloitte Touche Tohmatsu Li- mited., Jóvenes Inventores, Ricoh, Google ou a Beatriz Varela Martínez-Barbeito. Moitas grazas! Ilustración 17: Final do taller emprendimiento e economía doméstica a cargo da empresa Deloitte
  • 21. 20 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 4.- LOGROS QUE SACAMOS NA NOSA TRAXECTORIA Despois de catro anos de vida facemos unha valoración moi positiva. Seguimos funcionando, imos crecendo día a día, e a maior conquista é que continuamos tan motivados/as como o primeiro día, e sempre atopamos novos retos que nos moven a seguir camiñando. Entre os nosos logros destacamos: Resultados visibles no noso alumnado: Este é o máis importante de todos os logros, xa que o noso obxectivo inicial é incidir nos mo- zos e mozas para que no seu futuro como adultos e cidadáns loiten coas inxustizas e difundan e apliquen os seus valores solidarios. Desde as primeiras accións xa comezamos a ob- servar cambios nas condutas e nas actitudes, alcanzando un alto grado de compromiso co paso do tempo. Os alumnos/as máis implicados convertéronse en auténticos líderes e todo un modelo para imitar polos seus compañeiros/as. Sabemos que algúns dos nosos exalumnos/as están exercendo na ac- tualidade un papel activo, realizando accións de voluntariado en diferentes organizacións (un par de rapazas continúan vin- culadas á Rede de Mocidade Entreculturas a través grupo “+16”). E o máis importante: sabemos que son moitos os que levan a mochila cargada de actitudes solidarias para ir repartindo na súa vida cotiá, na súa casa, no seu círculo de amizades e no seu futuro como cidadáns responsables e comprometidos dun mundo que está pedindo a berros unha transformación. Ilustración 17: Voluntariado solidario
  • 22. 21 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 Monferosolidario é un exemplo a seguir: Unha vez visibles os nosos pequenos avances, ou- tros centros e outros docentes comezaron a vernos como un exemplo a seguir. Solicitaron a nosa colaboración para guiar ou orientar proxectos similares, ou para a axuda puntual nunha activida- de determinada (por exemplo o IES As Mariñas de Betanzos ou o IES de Mugardos á hora de or- ganizar un rastro solidario). O IES Terra de Trasancos (gañador do Premio Nacional de Educa- ción para o Desenvolvemento na segunda edición) convidounos en febreiro de 2011 a presentar o noso proxecto na “Semana de Educación para o Desenvolvemento”, sendo nesta ocasión dúas alumnas de 3º da ESO as encargadas de difundir o espírito de Monferosolidario. O CPI Virxe da Cela centro anfitrión da Rede Solidaria: Con moití- simo orgullo aceptamos a invitación de Entreculturas para albergar no noso centro o XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entrecul- turas. “Zanmitay” foi o título deste encontro (amizade na lingua creoula haitiana), que tivo lugar o 26 de novembro de 2011. Ser anfitrións su- pón unha enorme responsabilidade, e tanto alumnos/as, exalumnos/as coma profesores/as comprometéronse nas diferentes tarefas organi- zativas e nos preparativos necesarios para dar unha cálida acollida a todos os nosos convidados/as. Quedamos cun agradable sabor de boca, recibindo os parabéns de todos/as os asistentes (case 200 persoas, entre alumnos/as e profe- sores/as), que gozaron plenamente dunha longa e intensa xornada de convivencia. Contamos coa presenza activa da dirección do centro, coa representación do concello no acto de inaugura- ción e coa visita de numerosas familias que asistiron ao final da tarde á clausura da xornada. Ilustración 17: Programa XIII Encontro da Rede Solidaria da Mocidade
  • 23. 22 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Apertura de canles para a difusión do Monferosolidario: Durante estes catro anos de traxecto- ria tivemos a oportunidade de facer visible o noso proxecto máis aló dos muros da nosa escola a través da prensa escrita (Diario de Ferrol, Voz de Galicia) da radio (“A Fenestra Solidaria”, Radio Fene) redactando textos para a súa publicación (a través do CFR de Ferrol), ou mesmo impartindo charlas e conferencias:  I Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas na Educación para o Desenvolve- mento na Educación Formal (Antigua, Guatemala, do 29 de agosto ao 6 de setembro de 2009).  Reunión do Profesorado da Rede Solidaria de Entreculturas (Santiago, 26 de setembro de 2009).  Xornadas de atención á diversidade. Mellora do clima de aula, (Pazo de Conferencias, Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2009).  Panel de experiencias “Educando para o Desenvolvemento”, no Encuentro Nacional Entrecultu- ras (Guadarrama, 27 de febreiro de 2010).  Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia ( Santiago, 11 de marzo 2011).  Máster de Xestión da Cooperación Internacional da USC (Santiago, 7 de maio 2011).  I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento (Santiago, 19 outubro 2012).
  • 24. 23 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3 5.-MOTIVACIÓN PARA OS DOCENTES ASISTENTES ÁS XORNADAS Falar da nosa experiencia, desde os seus inicios ate a actualidade, pode servir para motivar aos docentes que asistiron a estas xornadas a poñer en marcha nos seus centros proxectos similares ao noso, dando así un pulo á educación para o desenvolvemento no ámbito formal. Non fai falta deseñar proxectos moi ambiciosos, marcarse metas fóra do noso alcance, tan só comezar por unha pequena e simple acción que abra o camiño á experimentación. E recordade que como dicía o lema dos nenos e nenas de 1º de primaria, “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”. Polo tanto tratade de contaxiar o voso espírito a outros docentes, buscade a implicación do voso alumnado, gañádevos o respaldo das vosas direccións, e non vos esqueza- des de que para a educación en valores e a solidariedade non é necesario moitos medios, senón moitas ganas. 6.- REIVINDICACIÓNS PARA MELLORAR O NOSO TRABALLO Despois desta visión global do noso proxecto e das recomendacións a outros docentes, quixera- mos finalizar a nosa intervención con tres suxestións que sen dúbida algunha poderían mellorar as prácticas de educación para o desenvolvemento: Formación: Os/as docentes carecemos dunha formación inicial, temos que ir xogando coa nosa propia intuición, ser en certo modo “autodidactas” e mergullarnos continuamente na captura de recursos, estratexias, tácticas e fórmulas que nos axuden a realizar un traballo de calidade. Non existe unha formación específica sobre Educación para o Desenvolvemento nin nas facultades de Ciencias da Educación, nin no Máster de Formación do Profesorado. A oferta dos Centros de Formación e Recursos é moi limitada, e en moitas ocasións temos que buscar a axuda de dife- rentes ONGs ou colectivos que ofrecen monográficos ou formación específica, ou ben desprazar- nos fóra da nosa comunidade autónoma, con todos os custos que iso supón.
  • 25. 24 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Espazos de intercambio de experiencias: Por parte da administración, da universidade, das co- ordinadoras de ONG, deberíase tratar de crear máis espazos para o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes da educación para o desenvolvemento (docentes, estudantes, volunta- rios, técnicos e especialistas, pedagogos, sociólogos, etc). e así analizar o estado actual e definir posibles metas para o futuro. Creación de redes de alumnado e profesorado. Tomando o exemplo de Entreculturas, deberían crearse outras redes que permitan o contacto entre docentes e entre alumnos/as, a posibilidade de xestación de proxectos de colaboración entre centros, e o intercambio de materiais e recursos di- dácticos. A inicios deste curso académico a Xunta de Galicia lanzou o programa de Centros Escola- res Solidarios a través do Plan Proxecta, e son seis (incluíndo o noso) os centros galegos que es- tán a formar parte desta iniciativa. Consideramos que pertencer a esta rede vai supoñer como míni- mo un enriquecemento mutuo e observaremos a final de curso os resultados desta nova iniciativa.
  • 26. Monfero Solidario 25 A experiencia que aquí presentamos enmárcase ao abeiro do proxecto de desenvolvemento no sector educativo posto en marcha polo CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer (School to School), baixo a denominación global: “Monfero Solidario” e no que participan activamente o profesorado e o alumnado das tres etapas educativas impartidas no centro (Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria) en estreita colaboración co resto da comunidade educativa e cuxo desenvolvemento comeza no curso escolar 2008/2009, cun propósito de continuidade no tempo. Dito proxecto configúrase como un intercambio cultural e de tradicións entre a escola complementaria da vila de Rachepalli, situada na rexión de B.K.Samudram do distrito de Anantapur, na India, e o noso centro educativo. Ao tempo, o CPI Virxe da Cela, preocupado polo desenvolvemento social e cultural da comarca da India na que se desenvolve a experiencia, especialmente desfavorecida, colaborou na construción do espazo físico que acolle esta escola e que ademais funciona como clínica rural móbil e centro de dinamización social. Isto foi posible grazas ás contribucións da comunidade educativa a través do “Rastro solidario”, organi- zado no centro para tal efecto. En definitiva, e seguindo os obxectivos do programa School to School, estamos ante un proxecto cuxas actuacións pretenden promo- ver o enriquecemento mutuo a partir da reflexión crítica da comunidade educativa, abordando os problemas de desigualdade, exclusión económica e social, así como as relacións Norte-Sur, dende a interacción cunha realidade concreta, neste caso a rexión de B.K.Samudram da India, e cun enfoque centrado nos valores de cooperación e xustiza social, ao tempo que se potencian e reforzan actitudes e valores de solidariedade. Para acadar ditos obxectivos as actividades deseñadas para cada curso escolar parten dun centro de interese capaz de suscitar a motivación cara ao coñecemento mutuo de ambas comunidades educativas. Destacar que para o curso 2011/2012 o tema central establecido foi o medio natural, coa finalidade engadida de fomen- tar o respecto ao medio ambiente e aos recursos naturais. “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo” Unha vez establecidas as características xerais do proxecto no que se enmarca a experiencia que nos ocupa, pasaremos a centrarnos propiamente nela. Con- cretamente especificaremos as actuacións realizadas durante o curso 2011/2012 polo 1º Curso de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela a carón de devan- dito proxecto, englobadas baixo o título “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”. Obxectivos xerais  Promover a reflexión crítica.  Potenciar e reforzar actitudes e valores de convivencia social entre os estudantes.  Achegar dúas realidades culturais diferentes para o enriquecemento mutuo. Desenvolvemento As actuacións coas que pretendemos acadar estes obxectivos abranguen actividades colaborativas a nivel de centro e propias da aula, que van dende a forma- ción docente ata a edición dun portafolios onde se amosan as nosas singularidades culturais e educativas (onde as apartacións das familias foron fundamen- tais), pasando polo desenvolvemento de talleres de educación en valores, o traballo na aula e na casa con bibliografía especifica en materia de comprensión social e valoración das diferenzas ou, a nosa colaboración e participación activa no “Rastro solidario” do centro. En concreto estableceuse a seguinte secuen- cia: “O camiño, entre todos, é moito máis sinxelo”
  • 27. CPI Plurilingüe Virxe da Cela 26 1ª Formación docente Obxectivo específico: Implicación do profesorado que imparte docencia no 1º curso de Ed. Primaria. O primeiro paso desta experiencia foi acadar a implicación do profesorado do 1º Curso de Educación Primaria no deseño e desen- volvemento das actuacións que formarían parte da experiencia. Para iso establecéronse unha serie de reunións nas que, tras con- cretar o marco conceptual (informe Delors, cooperación internacio- nal, xénero e desenvolvemento, comunidades educativas, etc) e analizar diferentes experiencias (Redes de Apoio para o desenvolve- mento sustentable, actuacións educativas, etc) pasamos ao estable- cemento da secuencia de actuacións, cuxa proposta metodolóxica cumpría asentar nun deseño aberto, flexible e susceptible das preci- sas modificacións, capaz de acadar o interese e a motivación do alumnado, cun tratamento globalizado e interdisciplinar das dife- rentes áreas educativas e da educación en valores, adaptada á diversidade do alumnado e facilitadora da implicación da comuni- dade educativa. Son as que a partir deste intre expoñemos. 2ª Coñecer a realidade sociocultural dos nenos e nenas da India a través da visión persoal dos nenos e nenas participantes na expe- riencia. Obxectivos específicos:  Valorar a diversidade cultural.  Coñecer os dereitos da infancia.  Identificar vías factibles de colaboración e de aprendizaxe mutua. Os estudantes da vila de Rachepalli elaboraron un traballo que remitiron ao noso centro a través do cal puidemos coñecer as ca- racterísticas da súa escola, os seus usos e costumes, o medio natural no que se desenvolven e en definitiva, as súas formas de vida. Pero, sobre todo, comprobamos que dá igual a nosa orixe, todos somos nenos e nenas, aos que nos gusta xogar, aprender, debuxar„ e o máis importante, todos temos uns dereitos, que son universais, e que igualmente non eximen de cumprir unhas obrigas (respecto, tolerancia e valoración dos demais, etc ). Destacar, que esta actividade de aula parte dunha posta en común cos discentes coordinadores do proxecto en Educación Secundaria Obrigatoria, onde ademais de localizar xeograficamente a zona onde está situada a escola da India, realizamos unha primeira aproximación ás formas de desenvolverse da súa xente, o que ade- mais supuxo un estupendo punto de partida no intre de identificar valores, tan importantes como o aprecio da diferenza, dun mesmo e dos demais, etc. Ilustración 2: Accións deseñadas Ilustración 3: Formación docente
  • 28. 27 Monfero Solidario 3ª Elaborar un portafolios colaborativo onde o alumnado traslade a súa realidade aos nenos e nenas da escola da India.  Obxectivos específicos:  Valorar a propia identidade cultural.  Identificar vías factibles de colaboración e de aprendizaxe mutua.  Adquirir destrezas de aprendizaxe persoal.  Valorar a competencia lingüística como vía de comunicación entre culturas. Actividade colaborativa a nivel de aula que contou coa participación activa do profesorado e do alumnado, así como coa implicación das familias, sen as cales o resultado da actividade non sería o mesmo. Con ela, propuxémonos identificar aqueles valores culturais que configuran a nosa identidade como pobo, facendo especial fincapé nas formas de desenvolvernos que teñen unha especial relación co medio natural. Temos que ter en conta que estamos nunha zona rural de enor- me riqueza patrimonial natural (Fragas do Eume) que determina usos e costumes, sociais e económicos, transmitidos de xeración en xeración. Igualmente recolle- mos unha visión global das nosas formas de aprender, representadas a partir do traballo por proxectos (os animais), tarefas, pequenas investigacións, experimen- tos, etc. Para dar forma física á actividade, decidimos editala en formato de revista, baixo o titulo: “Así somos nós”. Empregamos como linguas vehiculares principais o idioma galego e a lingua inglesa (cómpre sinalar, que a lingua de comunicación establecida entre as dúas comunidades educativas –india e galega– foi a inglesa, dada a súa configuración como o idioma de comunicación internacional máis espallado na actualidade). Neste intre queremos facer un pequeno receso e destacar a importancia da competencia en comunicación lingüística nestas dúas últimas actividades. Dita compe- tencia facilita os coñecementos, destrezas e actitudes que posibilitarán tanto a comunicación oral e escrita como a capacidade de representación, interpretación e comprensión de diferentes realidades, así como a construción e comunicación de coñecementos e a organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta, todos eles elementos primordiais dos contidos traballados nas mesmas. Igualmente, a competencia en lingua estranxeira favorece a comunicación en contextos diferentes ao propio, fomentando as relacións sociais e facilitando o acce- so a novas fontes de información, comunicación e en definitiva, a novas vías de aprendizaxe. Ilustración 4: Dosier informativo de Rachepalli Ilustración 5: Portafolio coolaborativo
  • 29. 28 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 5ª Rastro Solidario. Obxectivos específicos:  Desenvolver un espírito crítico e a conciencia solidaria.  Fomentar actitudes cidadás de participación e colaboración.  Converter o esforzo colectivo en recursos. Estamos ante unha actividade a nivel de centro, realizada coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento social e cultural da comarca da India coa que colaboramos. A nosa aula participou activamente, tanto na orga- nización como no seu desenvolvemento. Na edición deste curso académico recadáronse 800 €. 4ª Pasaporte Solidario Obxectivos específicos:  Valorar a importancia da colaboración cidadá.  Coñecer e realizar actuacións de acción solidaria. O Pasaporte Solidario é unha proposta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia na que se propoñen diversas actividades solidarias para desenvolver ao longo do curso e na que o noso centro participa por segundo ano. Ten a particularidade de implicar, tanto a alumnado como a familias e profesora- do, e permitiunos adquirir conciencia da necesidade de apoiármonos os uns nos outros e pautas de convivencia social. 7º Animación á lectura Obxectivos específicos:  Espertar o pracer pola lectura e pola beleza da linguaxe.  Recoñecer e aceptar a dignidade das persoas e de todos os demais seres, valorando a súa diversidade dende o respecto e tolerancia. Actividade a nivel de aula, na que ao longo do curso traballamos a lectura, tanto na aula como coas nosas familias, con bibliografía especifica en educa- ción en valores. Destacamos referencias como a colección do programa PRO- GRESS-IMSERSO. 6ª Obradoiros sobre educación en valores e cooperación. Obxectivo específico:  Potenciar o coñecemento do cooperativismo e os seus valores. A participación, a actuación colectiva, a solidariedade, o espírito democrático ou a solución de conflitos de forma pactada, foron os valores traballados a través desta actividade, cunha metodoloxía participativa e adaptada ás carac- terísticas do noso centro. Inclúense neles a nosa participación nos dous organi- zados pola etapa de Educación Secundaria Obrigatoria e no obradoiro "Cooperamos", organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas, e incluído dentro do programa "Cooperamos 2012”. Ilustración 9: Esforzo compartido Ilustración 7: Rastro Solidario Ilustración 6: Pasaporte solidario Ilustración 8: Obradoiros
  • 30. 29 Monfero Solidario Reflexión critica Neste intre, queremos destacar o feito que todas as actuacións anteriormente expostas teñen como finalidade fomentar a reflexión critica entre os participantes, tanto de forma individual como colectiva, coa finalidade de construír, cuestionar, reformular e redefinir actitudes e valores de comportamento social. Dito proceso parte das premisas de: participación, colaboración, coñecemento, dialogo, análise, detención de necesidades, pautas de convivencia e resolución de conflitos. Quixemos, así, trasladar a realidade, os coñecementos, habilidades e destrezas traballados e actuar de forma dialogada ante as dificultades e pro- blemáticas suscitadas, sempre dende a empatía e a tolerancia ante as diferenzas. Dentro das propostas de mellora, destacaremos a necesidade de establecer novas vías de comunicación entre as dúas comunidades educativas, coa finalidade de establecer un trato e unha aprendizaxe máis próximo e personalizado, e onde seguro que as tecnoloxías da información e a comunicación terán un peso funda- mental. 8º Transmisión á comunidade educativa  Desenvolver espazos de comunicación entre os membros da comunidade educativa e reforzar a transmisión de valores de cooperación e solidariedade. Actuación a nivel de centro e de aula coa cal quixemos realizar unha posta en valor do proxecto en si mesmo (finalidades e prioridades) e do centro educativo en xeral, ao tempo que resaltamos a implicación e a interdependencia dos diferentes membros da Comunida- de educativa no proceso de desenvolvemento do proxecto. As vías establecidas foron a difusión nos blogues de centro: Monfero Solidario (http:// cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/) e a A Zorregada (http:// azorregada.blogspot.com.es/), así como a edición impresa en formato revista do portafo- lios colaborativo, baixo o titulo: “Así somos nós” e a súa exposición oral por parte do alumnado de 1º Curso de Educación Primaria nas aulas de Educación Secundaria Obri- gatoria. Igualmente a catalogación autoeditada das especies máis significativas da fauna e flora das Fragas do Eume (esta última realizada polo alumnado de 3º Curso de Educa- ción Primaria) configuran unha exposición permanente no centro. Por último, como xa sinalamos anteriormente, destacamos a nosa participación no pro- grama "Cooperamos 2012”, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas, acadando a nosa aula o 1º premio na modalidade de 1º Ciclo de Educación Primaria. Ilustración 10: EReflexión crítica
  • 31. 30 CPI Plurilingüe Virxe da Cela Conclusión Abrir as fiestras deste proxecto, supuxo para o noso centro escolar, e, como non!, para a aula do 1º Curso de Educación Primaria, poder gozar dos arumes dunha educación inclusiva e cooperativa (Sapon-Shevin, 1994), onde as fragrancias da aprendizaxe compartida, creativa e práctica fixeron brotar e desenvolver valores fundamentais de convivencia, tolerancia e respecto, entrelazados grazas ao coñecemento e valoración dunha nova realidade, neste caso a escola da vila de Rache- palli (India). Xanelas que están abertas a un futuro, que xa estamos a construír, co establecemento da continuidade do presente proxecto nos vindeiros cursos escolares. En definitiva, participando e colaborando: “O traballo entre todos é moito máis sinxelo”. Referencias bibliográficas DELORS, J. (1996). La educación encierra un tesoro: Informe a la UNESCO de la comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. ELBOJ, C., PUIGDELLÍVOL, I., SOLER, M. & VALLS, R. (2002). Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Graó. ESCAMILLA, A.(2008). Competencias básicas: claves y propuestas para su desarrollo en los centros. Barcelona: Graó. ESCAMILLA, A. (2009). Las competencias en la programación de aula. Infantil y Primaria. Barcelona: Graó. GOBIERNO VASCO. (2002). Comunidades de aprendizaje en Euskadi. Vitoria-Gasteiz: Servicio central de publicaciones del gobierno vasco. NACIONES UNIDAS. (1989). Convención Internacional sobre los Derechos del Niño. Asamblea General de la ONU. (Transcripción en línea). Disponible: http://www.unicef.es/ infancia/derechos-del-nino . (Consulta: 2011,outubro 15) ORTEGA. Mª Luz. (2010) “I premio nacional Educación para el Desarrollo -Vicente Ferrer- 2009. Buenas prácticas”.Ed. Ministerio de Educación. PEARPOINT, J. & FOREST, M. (1992). Foreword. in: S. stainbach, & W. Stainbach, (Eds.). Curriculum Considerations in Inclusive Classrooms. Facilitating Learning for All Students, (pp. XV-XVIII). Baltimore: Paul Brookes. RACIONERO, SANDRA; ORTEGA, SARA; GARCÍA, ROCÍO; FLECHA, RAMÓN. (2012). Aprendiendo contigo. Barcelona: Hipatia Editorial. SAPON-SHEVIN, M. (1994). PWng favorites: Gfled education and the disruption of community. Albany, NY: State University of New York Press. Ilustración 10: Agradecemento
  • 32. Resumen A continuación presentamos unha experiencia educativa de introdución da linguaxe computacional nas aulas de Ed. Primaria desenvolta ao carón do proxecto GENIOS, iniciativa da Fundación Ayuda en Acción e Google.org na que participan o redor de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares, tres deles da Comunidade Autónoma de Galicia (España) entre os que se atopa o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, centro educativo da vila coruñesa de Monfero. Palabras clave: tecnoloxía educativa, pensamento computacional, inno- vación, competencias, educación primaria. O EXEMPLO PRÁCTICO DO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA AUTORES Mª del Camino Pereiro González, pereirogonzalez@edu.xunta.es Mestra de Ed. Primaria Yon Penas Busto, yon.penas@gmail.com Docente de programación e robótica de Jóvenes Inventores Tecnología y Educación S.L NOVAS ESPECTATIVAS DE FUTURO: O DESENVOLVEMENTO DO PENSAMENTO COMPUTACIONAL A linguaxe computacional escollida para o seu desenvolvemento foi “Scratch", que nos ofrece ademais, un programa de software libre en educación co cal se pode traballar tamén vía on-line e que nos permite introdu- cirnos nos algoritmos propios da linguaxe de programación a través do desenvolvemento competencial. O obxectivo da mesma foi establecer un proceso de ensinanza -aprendizaxe de calidade, integrador e motiva- dor para o alumnado onte este se configurara como creador e verdadeiro protagonista da intervención educa- tiva. É dicir, trátase de que os discentes adquiran as capacidades, habilidades e destrezas necesarias para en- frontarse aos problemas da vida diaria coas decisións resolutivas precisas en cada situación. Falamos da ad- quisición dun modelo de pensamento computacional que aplicado aos sistemas e procesos naturais e artifi- ciais facilite a resolución de problemáticas da vida diaria. Presentamos unha experiencia educativa de introdución da linguaxe computacional nas aulas de Ed. Prima- ria desenvolta ao carón do proxecto Monfero Solidario, concretamente a través de GENIOS, iniciativa da Fundación Ayuda en Acción e Google.org na que participan o redor de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares, tres deles da Comunidade Autónoma de Galicia (España) entre os que se atopa o CPI Plu- rilingüe Virxe da Cela da vila coruñesa de Monfero. O proxecto GENIOS ten como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades no tratamento das contornas dixitais e minar as barreiras socioeconómicas e de xénero en contextos determinados. A experiencia que se presenta aséntase nunha proposta educativa que ten como base a linguaxe computacio- nal para acadar, ademais dun desenvolvemento competencial do alumnado, a apertura de posibilidades cara ao emprendemento, a innovación e a novas expectativas de futuro a través da creación tecnolóxica. 1. Introdución 31
  • 33. O contexto no que se leva a cabo a experiencia é o Centro Público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela, situado no lugar do Xestal, pertencente ao concello de Monfero da provincia da A Coruña (España). Conta cunha poboa- ción de 2037 habitantes (Fonte: INE, 2015). Falamos dunha comarca do rural galego, cun contexto socio- eco- nómico xeral medio, sendo a fonte de ingresos maioritaria o sector agrícola- gandeiro. A estrutura poboacional é, en xeral dispersa, afrontando nas últimas décadas as problemáticas propias do rural galego, das que destacaremos o inverno demográfico (Martínez e Peón, 2015) caracterizado polo avellentamento e pola perda de poboación progresiva o que supón o abandono progresivo das formas de vida tradicionais do rural e menos posibilidades de relación entre os rapaces e rapazas da comarca fóra do ambiente familiar e esco- lar. Como consecuencia as dinámicas sociais, económicas e culturais van en detrimento, encontrándonos que as actividades escolares se converten nun dos eixes vertebrais das relacións comunitarias.Tamén destacaremos a riqueza no eido do patrimonio natural, xa que esta situado no ámbito de actuación das Fragas do Eume, impor- tante recurso educativo, así como o seu patrimonio monumental (Mosteiro de Monfero) e etnográfico (cultura, oficios, lingua …) que configuran de forma salientable a identidade da comarca. O CPI Plurilingüe Virxe da Cela, preocupado polo futuro da comarca, cre na necesidade dun desenvolvemento endóxeno sostible e intenta establecer actuacións que permitan identificar as fortalezas do medio, primando nes- te caso, o valor humano, que sen dúbida será xermolo dun desenvolvemento social, cultural e económico susten- table se conta coas destrezas, habilidades, capacidades persoais e sociais necesarias para reinventar o rural gale- go dende o respecto e valoración do medio natural, da identidade cultural e do aproveitamento dos recursos e dos avances tecnolóxicos para un verdadeiro desenvolvemento endóxeno. Somos conscientes de que formamos parte dunha sociedade cada vez máis complexa e vertixinosa, onde os avan- ces tecnolóxicos forman dunha nova configuración identitaria (Barrera, Chávez e Hernández, 2008) da que a escola non pode excluírse. Polo tanto, a escola debe configurarse como un espazo de aprendizaxe real e útil que parta da reflexión e da innovación, compensando as desigualdades dende un tratamento crítico dos avances tec- nolóxicos para paliar os seus riscos e problemáticas (Rial, Gómez, Braña e Varela, 2014). Isto significa entender as Tecnoloxías da información e da Comunicación (TIC) non unicamente como un recur- so que permite abrir as súas fiestras ao mundo, senón como instrumento para a aprendizaxe e o coñecemento dende o desenvolvemento competencial, pasando a ser tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC). Así o destaca Vivancos (2009) citada por A. Tallada (2009), na fórmula: “TAC = e-learning + xestión do coñece- mento”. Asentamos estas premisas na evidencia do usos das TIC que as rapazas e rapaces de hoxe en día realizan. Pode- mos observar cómo, normalmente, computadoras, tabletas electrónicas, teléfonos intelixentes, aplicacións, xo- gos, redes sociais, entre outros, son empregados como obxecto de consumo e como elemento de seudo- relación ou divertimento (Bernete, 2010). Partimos, polo tanto na evidencia do usos das TIC que as rapazas e rapaces de hoxe en día realizan. Podemos observar cómo, normalmente, computadoras, tabletas electrónicas, teléfonos intelixentes, aplicacións, xogos, redes sociais, entre outros, son empregados como obxecto de consumo e como elemento de seudo- relación ou divertimento (Bernete, 2010). Polo tanto, resulta fundamental que as novas xeracións deixen atrás esta visión consumista e inmovilista para integrar a creación como elemento de valor para comprender o seu funcionamento, posibilidades e riscos. Fala- mos, como sinala Buckingham (2008): “a alfabetización con medios dixitais debera involucrar tanto a lectura 2. Xustificación 32 Monfero Solidario CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 34. Ilustración 1. A dotación de recursos TIC na aula. 33 Monfero Solidario crítica como a produción creativa". Se acadamos isto, fomentaremos un uso tecnolóxico social reflexivo, asen- tado no valor da iniciativa persoal e do pensamento. É dicir, deixar de la do a visión da tecnoloxía como un ele- mento máxico que nos proporciona información, que nos entretén e nos conecta cos demais. Seremos críticos ante estas posibilidades e ante a vertente consumista da privacidade (Poullet e Dinant, 2007). Asentándonos nestas premisas implementamos o proxecto que aquí presentamos, enmarcado nunha estratexia global e integral para acadar que o conxunto da comunidade educativa adquira os coñecementos imprescindi- bles para desenvolverse con eficacia pola sociedade do coñecemento e ser quen de formar parte dos procesos de cambio enmarcados no empoderamento e a participación social a través das tecnoloxías (Reig, 2012). Dentro de esta perspectiva o centro participa no Proxecto Abalar (dotación de recursos tecnolóxicos nas aulas e formación docente, como se pode observar na ilustración 1), no Proxecto E-DIXGAL (entorno virtual de aprendi- zaxe e recurso dixitais curriculares), en varias modalidades do Plan Proxecta (innovación educativa a partir do desenvolvemento competencial), e dos Contratos Programa (mellora da calidade educativa e compensación das desigualdades), así como no Plan de Mellora da Bibliotecas Escolares e no Plan Anual de Formación do Profeso- rado, contando cun Proxecto de Formación e Asesoramento en centros (PFAC) no que se inclúe unha liña TIC. Estas iniciativas están promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ilustración 2. Recortes de prensa sobre Igualmente no centro educativo se desenvolven dous proxectos propios de innovación educativa: Monfero Soli- dario e Somos paisaxe, somos vida (dos que se fixo eco a prensa, como se observa na ilustración 2), que asentan as súas bases na calidade, a equidade, a inclusión, a compen- sación das desigualdades e a formación para e durante a vida, e onde prima o esforzo compartido para o establece- mento de procesos educativos nos que o alumnado sexa construtor e participe activo das súas aprendizaxes cun sentido crítico, responsable, cooperativo e con repercusión no medio e nas diferentes situacións as que se enfrontan na vida. Dentro dos mesmos, colaboramos con diferentes institucións públicas e privadas: ONGs, universidades, asociacións de diferentes ámbito, entre outras, que permi-
  • 35. ten participar da realidade social actual e establecer vías de actuacións ante as problemáticas que nos afectan (Pereiro, 2013; Dopico e Castro, 2014). Neste espazo educativo se enmarca a iniciativa que a continuación presentamos: "O desenvolvemento do pensa- mento computacional a través da plataforma Scratch: o exemplo práctico do CPI Plurilingüe Virxe da Cela". 1.http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/ 2.http://paisaxevida.blogspot.com.es/ A actuación abrangue o curso escolar 2015/2016, integra- da no currículo nas área de Matemáticas, Lingua Galega e Literatura e Ciencias Sociais, contando para o seu desen- volvemento con dúas sesións semanais. Na mesma parti- cipou o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, un total de 17 estudantes (sete alumnos e dez alumnas) e o profesora- do que imparte ditas materias (tres docentes). Ademais estableceuse formación especifica para o profesorado, un curso de doce horas no que participaron doce docentes (como se observa na ilustración 3) para facilitar a amplia- ción das actuacións ao resto das etapas educativas do cen- tro.Ilustración 3. Profesorado no curso de formación específica Para o seu desenvolvemento escollese a plataforma Scratch, entorno virtual libre que posibilita o tratamento dos algoritmos básicos da programación informática ao tempo que permite estimular as capacidades creativas do alumnado e as relacións construtivas coa tecnoloxía e co traballo por proxectos e cooperativo. Ademais emprega- mos os recursos tecnolóxicos do proxecto ABALAR (conexión a rede, proxector, encerado dixital e ultraportátiles do alumnado). Fundamental foi contar co apoio dun docente instrutor do proxecto GENIOS, que achegou tanto ao alumnado co- mo ao profesorado aos principios básicos da programación, exercendo de elemento motivador para todos os invo- lucrados no proxecto, pois de entrada ningún dos participantes tiña experiencia nesta temática. 3.1 Obxectivos Os obxectivos aos que respondeu a experiencia foron:  Posibilitar que o alumnado adquirira un modelo de pensamento computacional que aplicado aos sistemas e procesos naturais e artificiais facilitase a resolución de problemáticas da vida diaria.  Achegar ao alumnado a ámbitos formativos pouco frecuentes no seu contexto (carreiras o ámbitos profesio- nais científicos e tecnolóxicos) para que poidan ser percibidos como algo próximo e viable como opción de fu- turo.  Establecer pautas de traballo cooperativo e de valoración posibilidades propias e alleas, sendo quen de re- flexionar e aplicar valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos, o respecto e a diversidade e a valoración da identidade cultural no ámbito tecnolóxico. 3. A experiencia 34 CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 36.  Establecer novas formas de pensar e relacionarnos coa aprendizaxe, tanto do alumnado como do profesora- do.  Facilitar o transito académico do alumnado a seguinte etapa educativas.  Estimular a innovación educativa a partir da formación docente. 3.http://paisaxevida.blogspot.com.es/2016/05/aprendo-programando.html 4.Xogo de persecución no que superando diferentes obstáculos acadamos o obxectivo. 3.2 Metodoloxía Primeiramente partimos do debate e a reflexión nos órganos de coordinación docente para a integración curricu- lar do proxecto establecendo unha proposta metodolóxica onde primase o desenvolvemento competencial e con- cretando a organización horaria e a secuenciación do proxecto. Escollemos unha metodoloxía centrada na Aprendizaxe Baseada en Problemas (Bas, 2011), tomando como punto de partida un proxecto integrado onde as diferentes áreas se entrelazan con elementos transversais de primeira orde (alfabetización dixital, coeducación, espírito emprendedor, esforzo compartido, entre outros). Ditas liñas de traballo, acompañadas da formación es- pecifica do profesorado permitiu establecer procesos educativos asentados na investigación acción onde unha tecnoloxía emerxente (entorno virtual de programación) exerce de nexo de unión entre aprendizaxe e sociedade.Ilustración 4. Alumnado traballando cooperativamente por parellas Partimos do debate grupal consensuado e do traballo individual e por parellas para introducirnos na temática (características da linguaxe, estruturación do pensamento e establecemento das secuencias e iniciación básica na programación) ampliando a grupos de oito en función da proposta de traballo. Os compoñentes de cada grupo (de carácter rotatorio) contan cun rol predefinido (analista, deseñador ou pro- gramador) con competencias seguindo a estrutura básica da edición en programación (equipos de traballo su- mativos en liña). Tamén creouse a figura do "Club Genios" alumnado programador cuxa misión é a de difundir as actuacións e motivar a Comunidade Educativa a participar nas mesmas. Neste club, destaca a figura dos mentores: discentes encargados de axudar nas situacións problemáticas e de dinamizar a participación das novas incorporacións ao programa (docentes e alumnado de outras materias e etapas). Dos produtos finais acadados, destacaremos dous xogos (un pilla pilla e un xogo de preguntas) que teñan a base da súa temática no Camiño de Santiago, que podemos observar na ilustración 5, e varias producións que afron- tan situacións problemáticas do contexto (xestión dos recursos de lecer, despoboamento da contorna, conviven- cia, entre outros). 35 Monfero Solidario
  • 37. Ilustración 5. Produtos finais relevantes da experiencia. 3.3. Desenvolvemento Establecéronse cinco secuencias de aprendizaxe ao longo do curso académico: 1º) Primeiro trimestre do curso (setembro a decembro): A programación como avance tecnolóxico e a súa repercusión na sociedade. Funcionalidades e emprego da plataforma Scratch. 2º) Segundo e terceiro trimestre do curso (xaneiro a xuño): Realización de proxectos en pequeno grupo. Realización de proxectos e división do traballo en gran grupos. A programación en Scratch aplicada á robótica. A continuación exponse máis información de cada secuencia de aprendizaxe. 36 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3.3.1 A programación como avance tecnolóxico e a súa repercusión na sociedade. Nesta primeira parte achegámonos ao mundo tecnolóxico dende un punto de vista técnico para poder comprender que o funcionamento das contornas virtuais e dos aparellos tecnolóxicos precisan de procesos exhaustivos de programación que precisan da suma de diferentes potencialidades creativas e técnicas. Asentámonos na proposta de interrogantes, na indagación e na reflexión crítica para establecer respostas consensuadas as cuestións suscitadas. 3.3.2 Funcionalidades e emprego da plataforma Scratch. Dividiuse este bloque en tres subetapas: familiarización co entorno (Scratch), fundamentos de programación e proxecto individual. Na primeira (ilustración 6), para a familiarización co entorno, empregáronse dúas sesións onde nos introducimos no entorno de Scratch e nas súas funcionalidades, tanto en liña como fora de liña. Tratamos a interfaz gráfica en tres partes: de visualización e obxectos, de bloques de progra- mación e zona de programación, sen deixar de lado a personalización e edición de fondos ou obxectos. Cabe mencionar que nesta etapa vimos a importancia de em- pregar os recursos da rede respectando os dereitos de autor - licencias de autor Creative Commons- e establece- mos criterios de procura e de edición de cultura libre. Na segunda das subetapas, centrámonos nos fundamen- tos da programación con Scratch, entendida como unha secuencia de algoritmos que se executan nunha orde lóxica. Foi un proceso de ensinanza-aprendizaxe gradualIlustración 6. Unha das sesións de familiarización co entorno.
  • 38. do máis simple ao máis complexo. O primeiro paso foi entender aspectos fundamentais desta linguaxe computa- cional, como poden ser o movemento e os xiros, a diferenza entre o posicionamento relativo ou absoluto, entre outros, para poder incrementar a complexidade coa introdución do uso de bucles, condicións, bucles con condi- ción, sensores, iterancións e mensaxes para poder chegar ata a captura e manexo de eventos e a comprensión e uso de variables. Neste proceso apareceron dificultades, xa que o alumnado debe ser quen de xerar unha rede de solucións. Aquí foi fundamental desenvolver a iniciativa persoal e as pautas de traballo cooperativo entre iguais, así como a tole- rancia ante a frustración para acadar o resultado esperado. O papel do instrutor, era o de mero catalizador e mediador na aprendizaxe, e so en última instancia guiaba (que non solucionaba) na posible resolución da problemática. De este proceso nacen os primeiros proxectos, deseña- dos de forma individual. Para chegar aos mesmos, debíamos ter claro, que o punto de partida era saber o que queremos e como o imos facer; e dicir, poñer en xogo a capacidade de abstracción, de anticipación asentada nun deseño e nunha estruturación lóxica, entre outras competencias. 3.3.3 Realización de proxectos en pequeno grupo. Nesta segunda parte a principal tarefa aséntase no traballo en equipo, incluíndo a resolución das problemáticas técnicas e relacionais que poidan xurdir. Cada membro do equipo asume un rol, que pode ser variable en fun- ción das circunstancias e necesidades. Primeiramente, formáronse equipos de dous membros, sen ter en conta ningún criterio específico dende o punto de vista da programación. O que se tentou foi que os grupos fosen o máis heteroxéneos posibles, tanto por idade como por sexo. A temática dos proxectos era libre, de tal forma que o alumnado puidera usar libremente a súa imaxinación e creatividade. De aquí nace o primeiro dos retos: negociar e chegar a un acordo sobre a temática do proxecto. Unha vez decidida a temática, toca asentar as regras e directrices do proxecto, que debían quedar plasmadas nun documento que posteriormente serviría de guía de actuación. Unha vez establecido o tipo de proxecto e como ía ser tocaba o deseño da parte artística e técnica. No tocante á técnica, resulta fundamental establecer que fondo ou fondos precisamos e cales van a ser as personaxes ou obxectos e que tipo de código precisan para interactuar no proxecto. Estamos no momento no que se asume o rol de analista. Neste intre, xa estamos preparados para programar, pero de forma consensuada, empregan- do unicamente unha computadora. Estamos ante a fase de codifica- ción. Ao contar cun único equipo informático a opción escollida polo alumnado foi a de intercambiarse na colocación dos bloques. Asu- mindo de forma rotativa o rol de programador e o de analista/ su- pervisor. Con estas aprendizaxes básicas toca deseñar dous obradoiros nos que participaran, en cada un, trinta estudantes da Faculta- de de Formación do Profesorado da Universidade da Coruña (UDC), no marco das I Xornadas de Convivencia Escola – Uni- versidade (véxase ilustración 7) Responsabilidade, asunción do rol docente, empatía e asertividade póñense en xogo nunha proposta que traslada á realidade as aprendizaxes adquiridas. 37 Monfero Solidario Ilustración 7. Cartel das I Xornadas de Convivencia escola-Universidade.
  • 39. 38 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 3.3.4. Realización de proxectos e división do traballo en gran grupos. Chegados a este punto, os equipos fórmanse por oito integrantes. A temática volve a ser libre, polo que é necesa- rio acordar a mesma, escoller o tipo de programa así como as regras que este terá, sempre de forma consensuada e redactando un documento guía que será a base da programación. A continuación toca analizar as necesidades para a realización do seu proxecto, dende o deseño de personaxes, obxectos, entre outros, ata como será a programación dos mesmos (asumimos o rol de analistas). Unha vez rematada esta fase de análises os rapaces e rapazas volven a consensuar unha vez máis, nesta ocasión, o reparto de tarefas en áreas, concretando o cometido de cada membro do grupo e como implimentar a axuda nas situacións problemáticas. Cabe destacar que as problemáticas que van xurdindo precisan de pautas de co- operación grupais asertivas. Aínda que xa sen entenden e se usan os fundamentos básicos da programación, son moitas as dificultades que xorden, no só a nivel técnico (deseño e escritura de códigos), se non tamén a nivel humano, determinadas moitas veces pola estrutura de traballo en equipo dependente. Estamos polo tanto, no momento máis álxido no desenvolvemento das habilidades sociais: o alumnado precisa de capacidades e destrezas individuais e de grupo para a exposición de ideas; para a negociación; para a toma de decisións conxuntas; para a de estruturación lóxica da secuencia de actuacións; para o reparto das tarefas; para a asunción de diferentes roles; para coordinar a axudar entre os membros do grupo e como non, para a edición en liña. Todo este esforzo ten a súa recompensa, as familias do alumnado acoden a aula e se somerxen neste fascinante mundo (ilustración 8). Son os discentes os que exercen de docentes, sendo mediadores no proceso de aprendi- zaxe das familias. Ilustración 8. Sesión coas familias
  • 40. 39 Monfero Solidario 3.3.5 A programación en Scratch aplicada á robótica. Para o desenvolvemento desta secuencia empregamos os robots educativos Makeblock que poden ser progra- mados a partir do editor Scratch coa ferramenta MBlock. Na mesma, establécense dúas secuencias de actuación. Na primeira das partes realizamos unha introdución ó mundo dos robots, reflexionando sobre a noción de máquina autónoma programada, que acompañamos da montaxe e ensamblaxe das diferentes pezas, vendo a fi- nalidade que corresponde a cada unha delas e facendo especial fincapé nas placas electrónicas ou unidades electrónicas. Unha vez os robots ensamblados, o seguinte paso foi a acción libre para que o alumnado investigue e manexe a maquina co programa que trae por defecto. É a primeira toma de contacto para ter unha idea xeral do funciona- mento dos diferentes sensores integrados. Asentámonos polo tanto, na interacción e no xogo para comprender. A continuación (segunda secuencia de actuación) vemos primeiramente que temos que ser quen de establecer a finalidade da acción do obxecto tecnolóxico. Establecida a mesma vemos as peculiaridades e características da contorna de programación e comezamos co traballo por equipos, seguido a secuencia interiorizadas nas anterio- res actuacións (deseño, asunción de roles, codificación dos algoritmos, entre outros). Por último, toca amosar ao resto da aula e do centro os resultados acadados e invitar as nosas familias a que par- ticipen destas novas aprendizaxes. 3.4 Avaliación O proceso de avaliación foi global, continúo e sistemático ao longo do proxecto, identificando as dificultades e establecendo as propostas de mellora pertinentes, como se foron detallando ao longo do apartado de desenvolve- mento. A valoración do logro acadado polo alumnado fíxose a través da observación sistemática e da análise das producións, incluíndo coñecementos, destrezas, habilidades e actitudes adquiridas, establecendo indicadores de logro que permitisen unha valoración cuantitativa e cualitativa do proxecto. Complementamos dito proceso coa información aportada polas familias (enquisas individuais) e do alumnado da UDC (traballos sobre a actividade). Por parte do profesorado avaliouse a formación recibida (enquisas en liña), a actuación docente, o desenvolve- mento do proxecto e a adecuación aos plans e proxectos de centro. 4. Conclusión Ilustración 9. Exemplos de momentos de traballo cooperativo. Coa proposta de traballo presentada o alumnado ademais de ser quen de empregar os algoritmos da linguaxe compu- taciónal para crear produtos finais relevantes, desenvolveu as competencias imprescindibles para solucionar pro- blemáticas que neste caso, precisan de razoamento lóxico, dun alto nivel de adstracción, secuenciación e de eficacia na procura de solucións. Destrezas e habilidades necesarias para comprender os conceptos matemáticos aos que se en- fronta o alumnado a nivel curricular e para mellorar a súa alfabetización dixital. Igualmente desenvolveron a súa iniciativa persoal e a capa- cidade de traballo en equipos cooperativos (ilustración 9), asumindo diferentes roles en función das necesidades.
  • 41. Ademais de valores como a convivencia, a resolución de conflitos, o respecto pola diversidade, a cooperación, a igualdade, a non discriminación e a revalorización das potencialidades individuais e grupais. Ademais foron quen de trasladar as aprendizaxes a situacións reais en diferentes contextos (obradoiros co alumnado universitario e coas familias e produtos finais relevantes).P or outra banda, o emprego da plataforma Scratch, supuxo contar cun gran abanico de ferramentas gráficas sinxelas e visualmente atractivas para o alumnado que permitiu o traballo compartido e a difusión dos proxectos deseñados. As dificultades sobre todo estiveron relacionadas, no tocante aos recursos cunha baixa calidade de conexión á rede. Dende o punto de vista metodolóxico, relacionados coas pautas de traballo cooperativo. Pero ambas dificultades ao estarmos ante unha experiencia continuada no tempo fóronse solucionando, adquirindo tanto alumnado como o profesorado, as competencias necesarias para enfrontarnos a elas dende a reflexión crítica, o esforzo compartido, a valoración das potencialidades e a visión do erro como elemento de superación e aprendizaxe. Todo o exposto anteriormente, lévanos a determinar que propostas como a exposta son completamente viables nas aulas. A tecnoloxía non debe ser entendida como un fin en si mesma, senón como un recurso fundamental para trasladar a realidade a escola, con propostas educativas innovadoras que sexan quen de desenvolver as potencialida- des de alumnado e profesorado en situacións reais aplicables a diferentes contextos, así como unha boa formula para compensar as desigualdades. Falamos de escolas verdadeiramente inclusivas, equitativas e que preparen por e para a vida. Referencias bibliográficas Barrera, M. D. R., Chávez F. J., e Hernández, H. A. (2008). Representaciones sociales de los sujetos en la sociedad del conoci- miento. Ponencia del IX Encuentro Virtual Educa Zaragoza 2008. Bas, E. (2011). Aprendizaje basado en problemas. Cuadernos de pedagogía, 409, 42-44. Bernete, F. (2010). Usos de las TIC, relaciones sociales y cambios en la socialización de las y los jóvenes.Revista de estudios de juventud, 88, 97-114. Buckingham, D. (2008). Repensar el aprendizaje en la era de la cultura digital. Revista El monitor de la Educación, 18, 1-4. Dopico, V. D., e Castro, Y. C. (2014). Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Eduga: revista galega do ensino, (68), 48. Recuperado de http://www.edu.xunta.es/eduga/664/plan-proxecta/monferosolidario- educando-valores-unha-nova-xeracion-disposta-ao-cambio Martínez, X., e Peón, D. (2015). Patróns De Despoboamento Do Rural Galego: Unha Análise Por Comarcas. Revista Galega de Economía, 24 (1), 63-80. Pereiro M. D. C. (2013). Unha paisaxe única, unha escola única: desenvolvemento do proxecto" A nosa paisaxe, a nosa vida" no CPI Virxe da Cela de Monfero (Programa 12 meses, 12 paisaxes). Eduga: revista galega do ensino, (66), 7. Recuperado de http://www.edu.xunta.es/eduga/513/plan-proxecta/unha-paisaxe-unica-unha-escola-unica Poullet, Y., e Dinant, J. M. (2007). Hacia nuevos principios de protección de datos en un nuevo entorno TIC. IDP: revista de Internet, derecho y política= revista d'Internet, dret i política, (5), 33-46. Reig, D. (2012). Disonancia cognitiva y apropiación de las TIC. Telos, 90, 9-12. Rial, A., Gómez, P., Braña, T., e Varela, J. (2014). Actitudes, percepciones y uso de Internet y las redes sociales entre los adoles- centes de la comunidad gallega (España). Anales de psicología, 30(2), 642-655. Tallada, A. (2009). La competencia digital y las TAC. Revista BITS, (12). Recuperado de: http://bits.ciberespiral.org/ index2.php@option=com_content&do_pdf=1&id=30 Vivancos, J. (2010). De les TIC a les TAC: reflexiones sobre les tecnologies en l'educació. Perspectiva escolar, (344), 2-9. 40 CPI Plurilingüe Virxe da Cela
  • 42. 41 Monfero Solidario 1. Introdución Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas educativas, é a innovación. Dita innovación debe asentarse nas potencialidades e necesidades contextuais para que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa. De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí presentamos e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educati- vos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto. Dito contexto no que nos enmarcamos para sustentar esta proposta de traballo é o Centro Público Integrado Plu- rilingüe Virxe da Cela. O CPI Plurilingüe Virxe da Cela, preocupado polo futuro da comarca, cre na necesidade dun desenvolvemento endóxeno sostible e intenta establecer actuacións que permitan identificar as fortalezas do medio, primando nes- te caso, o valor humano, que sen dúbida será xermolo dun desenvolvemento social, cultural e económico susten- table se conta coas destrezas, habilidades, capacidades persoais e sociais necesarias para reinventar o rural galego dende o respecto e valoración do medio natural, da identidade cultural e do aproveitamento dos recursos e dos avances tecnolóxicos para un verdadeiro desenvolvemento endóxeno. Ilustración 1: Imaxe representativa do tratamento integral das propostas de centro en post dunha verdadeira innovación educativa. ACTUACIÓNS EDUCATIVAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE CEN- TRO: MEDIANDO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA
  • 43. 42 CPI Plurilingüe Virxe da Cela 2. Eixos teóricos das actuacións Neste senso, cómpre esclarecer os dous eixos principais deste proxecto: por un lado a educación para o desenvolve- mento e cidadanía global e polo outro, as tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC). Primeiramente, partimos da definición de educación para o desenvolvemento e cidadanía global que Ortega (2008: 19) entende polo: «proceso educativo (formal, no formal e informal) constante encaminado a promover una ciuda- danía global a través de conocimientos, actitudes y valores capaces de generar una cultura de la solidaridad compro- metida en la lucha contra la pobreza y la exclusión, así como con la promoción del desarrollo humano y sostenible» E por outra banda, somos conscientes de que formamos parte dunha sociedade cada vez máis complexa e vertixino- sa, onde os avances tecnolóxicos forman unha nova configuración identitaria (Barrera, Chávez e Hernández, 2008) da que a escola non pode excluírse. Polo tanto, a escola debe configurarse como un espazo de aprendizaxe real e útil que parta da reflexión e da innovación, compensando as desigualdades dende un tratamento crítico dos avances tec- nolóxicos para paliar os seus riscos e problemáticas (Rial, Gómez, Braña e Varela, 2014). Dentro de esta proposta integral de actuación, como xa sinalamos anteriormente, as tecnoloxías da comunicación e da comunicación (TIC) son entendidas como unha porta de acceso á realidade que permite achegarnos á súa análise e á súa comprensión. As mesmas, complementadas con formulacións epistemolóxicas pedagóxicas pasan a converterse en tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC). Se a isto lle sumamos a súa dimensión social, destacando dentro da mesma o poder relacional e de cuestionamento da realidade, poden dar lugar ao empoderamento responsa- ble da cidadanía en contextos comunicativos a través da educomunicación (Gozálvez e Contreras, 2014). Falamos de persoas activas, con capacidade de análise, cuestionamento e ao mesmo tempo, reflexivas e competentes no intre de establecer propostas de acción en todos os ámbitos que configuran a realidade social. Dita competencia, complementada coa responsabilidade na acción, suporá un reforzo para procesos de desenvolve- mento sustentables que poden ter a súa base nos recursos endóxenos, pero que non deixan de lado o concepto de cida- danía global. Aquí o papel da Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global complementará as posibilidades que os recursos tecnolóxicos, mediáticos e comunicativos ofrecen, para desenvolver proxectos en contextos reais. Polo tanto, resulta fundamental que as novas xeracións deixen atrás esta visión consumista e inmobilista para inte- grar a creación de coñocemento como elemento de valor para comprender o seu funcionamento, posibilidades e ris- cos. Falamos, como sinala Buckingham (2008): “a alfabetización con medios dixitais deberá involucrar tanto a lec- tura crítica como a produción creativa". Se acadamos isto, fomentaremos un uso tecnolóxico social reflexivo, asen- tado no valor da iniciativa persoal e do pensamento. É dicir, deixar de lado a visión da tecnoloxía como un elemento máxico que nos proporciona información, que nos entretén e nos conecta cos demais. Seremos críticos ante estas posibilidades e ante a vertente consumista da privacidade (Poullet e Dinant, 2007).
  • 44. 43 Monfero Solidario 3. Metodoloxía Asentándonos nestas premisas o proxecto de centro que aquí presentamos enmárcase nunha estratexia global e integral para acadar que o conxunto da comunidade educativa adquira os coñecementos imprescindibles para desenvolverse con eficacia pola sociedade do coñecemento e ser quen de formar parte dos procesos de cambio enmarcados no empoderamento e a participación social a través das tecnoloxías (Reig, 2012). 3.1 Punto de partida Dentro de esta perspectiva o centro participa no Proxecto Abalar (dotación de recursos tecnolóxicos nas aulas e formación docente), no Proxecto E-DIXGAL (entorno virtual de aprendizaxe e recurso dixitais curriculares), en varias modalidades do Plan Proxecta (innovación educativa a partir do desenvolvemento competencial), e dos Contratos Programa (mellora da calidade educativa e compensación das desigualdades), así como no Plan de Mellora da Bibliotecas Escolares e no Plan Anual de Formación do Profesorado, contando cun Proxecto de For- mación e Asesoramento en centros (PFAC) no que se inclúe unha liña TIC. Estas iniciativas están promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Esta estratexia do centro educativo, concretada no seu proxecto educativo pasa por establecer procesos de ensi- nanza -aprendizaxe de calidade, integradores e motivadores para o alumnado nos que estes últimos se configura- ran como creadores e verdadeiros protagonistas da intervención educativa. É dicir, trátase de que o alumnado adquira as capacidades, habilidades, destrezas e valores necesarios para enfrontarse ás problemáticas da vida diaria coas decisións resolutivas precisas en cada situación. Pero non falamos de competencias unicamente indi- viduais, senón tamén comunitarias, de forma que sexan quen de iniciarse nos valores da cidadanía critica e res- ponsable que coñece e valora a bagaxe identitaria da construción social, respectando o medio natural e sendo quen de identificar as problemáticas e potencialidades do contexto e así avanzar na construción dunha sociedade cada vez máis xusta e capaz de crear un desenvolvemento sostible. Como estamos a ver, estamos ante unha proposta integral a nivel de centro que pretende establecer procesos edu- cativos e formativos de calidade e inclusivos que precisan do esforzo compartido por parte do conxunto da comu- nidade educativa e ademais, de visibilidade e repercusión social para que se configuren como elemento de valor tanto para o alumnado como para o contexto no que se enmarcan. Trátase de minar as barreiras socioeconómicas e de xénero do contexto rural onde nos enmarcamos e crear dinámicas efectivas de desenvolvemento persoal e social. “….proposta integral a nivel de centro que pretende establecer procesos educativos e formativos de calidade e inclusivos que precisan do esforzo compartido por parte do conxunto da comunidade educativa e ademais, de visibilidade e repercusión social para que se configuren como elemento de valor tanto para o alumnado como para o contexto no que se enmarcan.“