SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 5
De Monfero a Anantapur:

                Unha viaxe virtual a través do proxecto “School to School”.


Escrito por Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, responsables do proxecto Monferosolidario.




INTRODUCIÓN: Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de
educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto
Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía
impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan
todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de
secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de
2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para o
Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. No acto de entrega do premio, que tivo lugar na sede da AECID en
Madrid, mantivemos unha enriquecedora conversa con Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer e
continuador da súa labor humanitaria na India. Grazas a Moncho Ferrer soubemos da existencia do
proxecto School to School, e inmediatamente decidimos embarcarnos nunha fascinante aventura que
uniría dos puntos do planeta moi distantes: Monfero e Anantapur.

         School to School é un proxecto educativo enmarcado dentro das accións da Fundación Vicente
Ferrer, e consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre unha escola india e unha escola española.
O programa é anual e se desenvolve arredor dun tema concreto: educación, alimentación e cociña típica, a
unidade familiar, tempo de lecer, tradicións festivas, formas de vestimenta, etc. No inicio de curso a
escola inscrita no programa recibe unhas pautas de planificación para todo o ano, así como unha proposta
de actividades. Unha vez recibidas estas indicacións, en novembro de 2009, decidimos levar a cabo un
traballo intercisciplinar, seguindo as orientacións aportadas pola Fundación Vicente Ferrer e deseñando
outras actividades que adquirirían forma durante o resto do curso: charlas, obradoiros de danza e cultura,
exposición de libros e obxectos, gastronomía, e outras propostas, co fin de impregnar o noso centro dunha
atractiva atmosfera que invitara ao noso alumnado a coñecer outra cultura, establecer semellanzas e
diferenzas coa nosa propia cultura, para así valorar e respectar a diversidade como fonte de riqueza.




                                Alumnas de 3º da ESO impartindo a charla “A India Rural”




          “A India Rural e a Fundación Vicente Ferrer” é o título da charla que serviría como punto de
partida para comezar a nosa travesía cara á India, e que, segundo as orientacións da FVF, debería ser
impartida polo profesor/a responsable do proxecto School to School no noso centro. Mais nós quixemos
darlle un novo enfoque, tratando de reforzar o protagonismo e a implicación do noso alumnado, facendo
que os rapaces e rapazas da ESO se converteran nos mestres dos máis pequenos. Durante o mes de
novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO preparou unha exposición oral coa axuda dos departamentos de
Lingua Castelá e Ciencias Sociais, utilizando o material aportado pola FVF (unha serie de 64 diapositivas
con imaxes da India e guión explicativo) e elaborou cuestionarios e outros materiais necesarios para levar
a cabo a charla. Paralelamente á preparación da charla “A India Rural”, o alumnado de 3º e 4º da ESO,
guiado polo departamento de Ciencias Sociais, realiza un traballo de investigación sobre a Galicia rural.
Consiste na recollida de material fotográfico sobre a nosa cultura (tradicións, vida familiar, as tarefas no
campo, a aldea, etc.) coa finalidade de elaborar uns paneis con texto e imaxe que amosaran as
semellanzas e diferenzas entre Galicia e a India.

         Tras un complexo proceso de planificación, as charlas realizáronse no mes de decembro. Foron
dúas tardes de actividade intensa, xa que o alumnado de 3º da ESO e o de 4º da ESO impartían
simultaneamente as conferencias en dous espazos diferentes, así como obradoiros de cultura e música da
India na biblioteca escolar. Tratamos de enriquecer os contidos máis teóricos con actividades de carácter
lúdico. De novo os mozos e mozas de secundaria dirixían estes obradoiros, nos que os máis pequenos
aprenderon a distinguir as diferenzas entre as nosas vacas e as vacas da India e a recoñecer os elementos
básicos da vestimenta na India. Tamén disfrutaron movendo o seu corpo ao ritmo dos atractivos sons da
India, aprendendo algúns pasos básicos da danza na India. O Departamento de Música colaborou
deseñando as coreografías e seleccionando os arquivos de audio empregados nos obradoiros.
Obradoiro de danza india




          A través de reunións e circulares informativas convidamos a todo o profesorado do centro a
participar no proxecto, facilitándolles unha guía con varias actividades e publicitando unha visita á
exposición da India albergada na biblioteca escolar. Para organizar esta exposición contamos coa
colaboración de varios profesores/as e alumnos/as, que aportaron libros, películas, vestimentas e obxectos
relacionados coa India. Varios grupos visitaron esta exposición acompañados polos titores/as, e deste
xeito os nenos e nenas divertíronse manipulando os obxectos e disfrazándose coas vestimentas típicas da
India, adquirindo aprendizaxes máis significativas. Outra das accións encamiñadas a facilitar o
achegamento á cultura india consistiu na realización dunha xornada de gastronomía. Contamos coa
colaboración do comedor escolar para organizar esta actividade, que consistiu nun menú degustación da
gastronomía india a base de pakoras (unha especie de empanadillas), arroz con polo ao curry e batido de
froitas. Tamén o Departamento de Debuxo implicouse no proxecto, planificando obradoiros de mandalas
para todo o alumnado da ESO e organizando unha exposición cos traballos realizados.




                            Alumnado de Educación Infantil visitando a exposición sobre a India
Outra das actividades programadas pola FVF no proxecto School to School consistía nun
intercambio epistolar entre o alumnado do noso centro e o da escola da India. A través da materia
Educación para a Cidadanía, os mozos e mozas de 2º da ESO redactaron uns paneis de presentación,
incluíndo a súa fotografía e información sobre os seus gustos, os seus costumes, a súa familia, etc. A esta
proposta uníronse os nenos e nenas de Educación Infantil. Con todo o material elaborado realizouse unha
montaxe expositiva na biblioteca escolar.




                          Exposición sobre o intercambio epistolar na biblioteca escolar




          No mes de Marzo de 2010 a FVF asignounos unha escola, Konampalli School, situada no
distrito de Anantapur (India) para realizar o intercambio. Con todo o material e documentación relativa as
actividades desenvolvidas durante o primeiro e segundo trimestre de curso no proxecto School to School,
e coa colaboración do Departamento de Inglés para a tradución de textos, preparamos un paquete no que
incluímos:

•   Mapa xeral situando España e a India no mundo.
•   Mapa específico situando Monfero en Galicia, e Galicia en España.
•   Dossier en papel: presentación de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro
    do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010.
•   Dvds coa presentación audiovisual de Monferosolidario, e memoria audiovisual de actividades
    desenvolvidas dentro do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010.
•   Dossier gráfico sobre os libros da exposición “A India”.
•   Libro realizado polo alumnado de Educación Infantil.
•   Fotografías e presentacións realizadas polo alumnado de Educación Infantil e 2º da E.S.O.
•   Obxecto elixido polo centro: figura da Torre de Hércules, e explicación sobre este monumento.
Apertura do paquete enviado por Konampalli School




     A última fase do proceso, imprescindible para darlle sentido a un auténtico intercambio cultural, foi a
recepción do material procedente da Konampalli School, no mes de xuño de 2010. Quixemos facer un
acto significativo da apertura do paquete, e para iso convocamos na biblioteca escolar ao alumnado de
Educación Infantil e a o de 2º da ESO, protagonistas das actividade de intercambio epistolar. Con grande
expectación agardábamos descubrir o contido do sobre: un dossier con grande cantidade de información
en forma de textos e fotografías. Os mozos e mozas fixeron quendas para ler en voz alta mentres os máis
pequenos escoitaban con grande atención e observaban as fotografías da escola, do grupo de alumnos/a co
seu profesor, dos xogos que practican no tempo de lecer, incluso unha curiosa carta de presentación que
escribiron os nenos e nenas da India en dialecto telegu, utilizado na rexión de Anantapur, coa grafía
característica da escritura hindi. Para difundir todo este material ao resto da comunidade educativa,
elaboramos paneis expositivos con toda a información desta escola india, e organizamos unha exposición
na biblioteca escolar. E con esta acción marcamos o punto final do proxecto School to School para o
curso académico 2009-2010.

         No presente curso 2010-2011continuamos embarcados nunha segunda etapa da travesía. A
Fundación Vicente Ferrer asignounos unha escola diferente, Pinnadari School, situada no distrito de
Atmakur. Realizaremos un novo intercambio cultural, nesta ocasión centrándonos na temática da comida:
descubriremos as diferenzas, e por que non as semellanzas, entre a gastronomía india e a galega, os
hábitos alimenticios, as festas e tradicións relacionadas coa gastronomía, etc. Paralelamente ao
desenvolvemento de actividades, en Febreiro de 2011 tivemos a oportunidade de coñecer a realidade da
India desde moi preto, a través das testemuñas en primeira persoa de Lancy Dodem, o primeiro neno
apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer e actualmente portavoz desta institución, acompañado pola
fotógrafa Yolanda Ferrer, autora da exposición “A cidade do infinito”, con imaxes capturadas durante
unha viaxe polo sur da India.

     Somos dous os centros galegos que estamos a participar no proxecto School to School, e non
queremos despedir este artigo sen animar a todos os docentes que están a ler a nosa crónica a que
participen nesta interesante iniciativa que axuda ao noso alumnado a adquirir unha educación en valores e
a aprender e a respectar tanto a propia cultura como as outras culturas, algo imprescindible na aldea
global do s.XXI, para poder manter un xusto e equilibrio entre a tradición e a modernidade.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteEncarna Lago
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
Ponencia pura santiago
Ponencia pura santiagoPonencia pura santiago
Ponencia pura santiagofajuma12
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19Cid22
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolasatelite1
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08gueste512ad
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 

Was ist angesagt? (20)

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparteMemoria museo do mar 2010 1ªparte
Memoria museo do mar 2010 1ªparte
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Ponencia pura santiago
Ponencia pura santiagoPonencia pura santiago
Ponencia pura santiago
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
 
PDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNOPDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNO
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08
 
Proxecto Cans
Proxecto CansProxecto Cans
Proxecto Cans
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 

Ähnlich wie Monferosolidario de monfero a anantapur

Crónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da indiaCrónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da indiasatelite1
 
Crónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiaCrónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiasatelite1
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetesEncarna Lago
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Crónica entrega libriños pasaporte á india
Crónica entrega libriños pasaporte á indiaCrónica entrega libriños pasaporte á india
Crónica entrega libriños pasaporte á indiasatelite1
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Ceip Saco E Arce
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015satelite1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Dinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarDinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarbibliobaralla
 
English bulletin 2014:15
English bulletin 2014:15English bulletin 2014:15
English bulletin 2014:15mariagalvarez
 
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdf
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdfEdición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdf
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdfPrensasofan
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugosatelite1
 

Ähnlich wie Monferosolidario de monfero a anantapur (20)

Crónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da indiaCrónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da india
 
Crónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da indiaCrónica chegou o paquete da india
Crónica chegou o paquete da india
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Coñecemos marrocos
Coñecemos marrocosCoñecemos marrocos
Coñecemos marrocos
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
Crónica entrega libriños pasaporte á india
Crónica entrega libriños pasaporte á indiaCrónica entrega libriños pasaporte á india
Crónica entrega libriños pasaporte á india
 
Admision
AdmisionAdmision
Admision
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
PDI ARDORA
PDI ARDORAPDI ARDORA
PDI ARDORA
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Dinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarDinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolar
 
English bulletin 2014:15
English bulletin 2014:15English bulletin 2014:15
English bulletin 2014:15
 
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdf
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdfEdición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdf
Edición especial_Proxectos Erasmus + do centro.pdf
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
 

Mehr von satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Mehr von satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Monferosolidario de monfero a anantapur

  • 1. De Monfero a Anantapur: Unha viaxe virtual a través do proxecto “School to School”. Escrito por Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, responsables do proxecto Monferosolidario. INTRODUCIÓN: Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de 2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. No acto de entrega do premio, que tivo lugar na sede da AECID en Madrid, mantivemos unha enriquecedora conversa con Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer e continuador da súa labor humanitaria na India. Grazas a Moncho Ferrer soubemos da existencia do proxecto School to School, e inmediatamente decidimos embarcarnos nunha fascinante aventura que uniría dos puntos do planeta moi distantes: Monfero e Anantapur. School to School é un proxecto educativo enmarcado dentro das accións da Fundación Vicente Ferrer, e consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre unha escola india e unha escola española.
  • 2. O programa é anual e se desenvolve arredor dun tema concreto: educación, alimentación e cociña típica, a unidade familiar, tempo de lecer, tradicións festivas, formas de vestimenta, etc. No inicio de curso a escola inscrita no programa recibe unhas pautas de planificación para todo o ano, así como unha proposta de actividades. Unha vez recibidas estas indicacións, en novembro de 2009, decidimos levar a cabo un traballo intercisciplinar, seguindo as orientacións aportadas pola Fundación Vicente Ferrer e deseñando outras actividades que adquirirían forma durante o resto do curso: charlas, obradoiros de danza e cultura, exposición de libros e obxectos, gastronomía, e outras propostas, co fin de impregnar o noso centro dunha atractiva atmosfera que invitara ao noso alumnado a coñecer outra cultura, establecer semellanzas e diferenzas coa nosa propia cultura, para así valorar e respectar a diversidade como fonte de riqueza. Alumnas de 3º da ESO impartindo a charla “A India Rural” “A India Rural e a Fundación Vicente Ferrer” é o título da charla que serviría como punto de partida para comezar a nosa travesía cara á India, e que, segundo as orientacións da FVF, debería ser impartida polo profesor/a responsable do proxecto School to School no noso centro. Mais nós quixemos darlle un novo enfoque, tratando de reforzar o protagonismo e a implicación do noso alumnado, facendo que os rapaces e rapazas da ESO se converteran nos mestres dos máis pequenos. Durante o mes de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO preparou unha exposición oral coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá e Ciencias Sociais, utilizando o material aportado pola FVF (unha serie de 64 diapositivas con imaxes da India e guión explicativo) e elaborou cuestionarios e outros materiais necesarios para levar a cabo a charla. Paralelamente á preparación da charla “A India Rural”, o alumnado de 3º e 4º da ESO, guiado polo departamento de Ciencias Sociais, realiza un traballo de investigación sobre a Galicia rural. Consiste na recollida de material fotográfico sobre a nosa cultura (tradicións, vida familiar, as tarefas no campo, a aldea, etc.) coa finalidade de elaborar uns paneis con texto e imaxe que amosaran as semellanzas e diferenzas entre Galicia e a India. Tras un complexo proceso de planificación, as charlas realizáronse no mes de decembro. Foron dúas tardes de actividade intensa, xa que o alumnado de 3º da ESO e o de 4º da ESO impartían simultaneamente as conferencias en dous espazos diferentes, así como obradoiros de cultura e música da India na biblioteca escolar. Tratamos de enriquecer os contidos máis teóricos con actividades de carácter lúdico. De novo os mozos e mozas de secundaria dirixían estes obradoiros, nos que os máis pequenos aprenderon a distinguir as diferenzas entre as nosas vacas e as vacas da India e a recoñecer os elementos básicos da vestimenta na India. Tamén disfrutaron movendo o seu corpo ao ritmo dos atractivos sons da India, aprendendo algúns pasos básicos da danza na India. O Departamento de Música colaborou deseñando as coreografías e seleccionando os arquivos de audio empregados nos obradoiros.
  • 3. Obradoiro de danza india A través de reunións e circulares informativas convidamos a todo o profesorado do centro a participar no proxecto, facilitándolles unha guía con varias actividades e publicitando unha visita á exposición da India albergada na biblioteca escolar. Para organizar esta exposición contamos coa colaboración de varios profesores/as e alumnos/as, que aportaron libros, películas, vestimentas e obxectos relacionados coa India. Varios grupos visitaron esta exposición acompañados polos titores/as, e deste xeito os nenos e nenas divertíronse manipulando os obxectos e disfrazándose coas vestimentas típicas da India, adquirindo aprendizaxes máis significativas. Outra das accións encamiñadas a facilitar o achegamento á cultura india consistiu na realización dunha xornada de gastronomía. Contamos coa colaboración do comedor escolar para organizar esta actividade, que consistiu nun menú degustación da gastronomía india a base de pakoras (unha especie de empanadillas), arroz con polo ao curry e batido de froitas. Tamén o Departamento de Debuxo implicouse no proxecto, planificando obradoiros de mandalas para todo o alumnado da ESO e organizando unha exposición cos traballos realizados. Alumnado de Educación Infantil visitando a exposición sobre a India
  • 4. Outra das actividades programadas pola FVF no proxecto School to School consistía nun intercambio epistolar entre o alumnado do noso centro e o da escola da India. A través da materia Educación para a Cidadanía, os mozos e mozas de 2º da ESO redactaron uns paneis de presentación, incluíndo a súa fotografía e información sobre os seus gustos, os seus costumes, a súa familia, etc. A esta proposta uníronse os nenos e nenas de Educación Infantil. Con todo o material elaborado realizouse unha montaxe expositiva na biblioteca escolar. Exposición sobre o intercambio epistolar na biblioteca escolar No mes de Marzo de 2010 a FVF asignounos unha escola, Konampalli School, situada no distrito de Anantapur (India) para realizar o intercambio. Con todo o material e documentación relativa as actividades desenvolvidas durante o primeiro e segundo trimestre de curso no proxecto School to School, e coa colaboración do Departamento de Inglés para a tradución de textos, preparamos un paquete no que incluímos: • Mapa xeral situando España e a India no mundo. • Mapa específico situando Monfero en Galicia, e Galicia en España. • Dossier en papel: presentación de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010. • Dvds coa presentación audiovisual de Monferosolidario, e memoria audiovisual de actividades desenvolvidas dentro do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010. • Dossier gráfico sobre os libros da exposición “A India”. • Libro realizado polo alumnado de Educación Infantil. • Fotografías e presentacións realizadas polo alumnado de Educación Infantil e 2º da E.S.O. • Obxecto elixido polo centro: figura da Torre de Hércules, e explicación sobre este monumento.
  • 5. Apertura do paquete enviado por Konampalli School A última fase do proceso, imprescindible para darlle sentido a un auténtico intercambio cultural, foi a recepción do material procedente da Konampalli School, no mes de xuño de 2010. Quixemos facer un acto significativo da apertura do paquete, e para iso convocamos na biblioteca escolar ao alumnado de Educación Infantil e a o de 2º da ESO, protagonistas das actividade de intercambio epistolar. Con grande expectación agardábamos descubrir o contido do sobre: un dossier con grande cantidade de información en forma de textos e fotografías. Os mozos e mozas fixeron quendas para ler en voz alta mentres os máis pequenos escoitaban con grande atención e observaban as fotografías da escola, do grupo de alumnos/a co seu profesor, dos xogos que practican no tempo de lecer, incluso unha curiosa carta de presentación que escribiron os nenos e nenas da India en dialecto telegu, utilizado na rexión de Anantapur, coa grafía característica da escritura hindi. Para difundir todo este material ao resto da comunidade educativa, elaboramos paneis expositivos con toda a información desta escola india, e organizamos unha exposición na biblioteca escolar. E con esta acción marcamos o punto final do proxecto School to School para o curso académico 2009-2010. No presente curso 2010-2011continuamos embarcados nunha segunda etapa da travesía. A Fundación Vicente Ferrer asignounos unha escola diferente, Pinnadari School, situada no distrito de Atmakur. Realizaremos un novo intercambio cultural, nesta ocasión centrándonos na temática da comida: descubriremos as diferenzas, e por que non as semellanzas, entre a gastronomía india e a galega, os hábitos alimenticios, as festas e tradicións relacionadas coa gastronomía, etc. Paralelamente ao desenvolvemento de actividades, en Febreiro de 2011 tivemos a oportunidade de coñecer a realidade da India desde moi preto, a través das testemuñas en primeira persoa de Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer e actualmente portavoz desta institución, acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, autora da exposición “A cidade do infinito”, con imaxes capturadas durante unha viaxe polo sur da India. Somos dous os centros galegos que estamos a participar no proxecto School to School, e non queremos despedir este artigo sen animar a todos os docentes que están a ler a nosa crónica a que participen nesta interesante iniciativa que axuda ao noso alumnado a adquirir unha educación en valores e a aprender e a respectar tanto a propia cultura como as outras culturas, algo imprescindible na aldea global do s.XXI, para poder manter un xusto e equilibrio entre a tradición e a modernidade.