1. PLAN PROXECTA
Proxecto de Elaboración de “Micromovies” a prol do voluntariado
na Rede de Centros Escolares Solidarios
Proposta: Incidir no traballo ao redor da área de sensibilización, coa clara intención de contribuír á
construción dunha cidadanía que valore e participe socialmente a través da acción voluntaria, como un
dos seus piares fundamentais.
OBXECTIVOS:
-Desenvolver unha serie de 7 “Micromovies” a prol do voluntariado realizadas dende a participación
activa do alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios.
- Fomentar os valores da solidaridade e transformación social que hai trala acción voluntaria,
sensibilizando ao conxunto da comunidade educativa e a sociedade en xeral.
- Desenvolver en cada centro pertencente á Rede de Centros Escolares Solidarios, propostas educativas
adaptadas aos proxectos de voluntariado que están a executar.
- Mellorar as competencias do alumnado para a participación activa e a transformación social dos
proxectos que impulsan.
- Facilitar procesos de fortalecemento da Rede de Centros Escolares Solidarios, a través dun material
audiovisual que vertebre os valores comúns do alumnado participante no proxecto.
FASE 1: PRESENTACIÓN DO PROXECTO
Sesión dirixida en gran grupo ao alumnado de cada centro educativo, para explicar os obxectivos xerais
do proxecto, as súas fases estruturadas ao longo do curso, o carácter participativo do mesmo, así como
coñecer as súas percepcións, e xerar un espazo de achegas en base aos seus proxectos de
voluntariado.
Fase 1: Sesión presencial de presentación.
Duración: 1´5h. Data e hora:
Resultados pretendidos: Motivar ao alumnado para participar na fase de
construción colectiva de lemas, e contidos destinados ao audiovisual colectivo.
Valorizar a súa pertenza a Rede de Centros Escolares Solidarios.
Necesidades organizativas: Espazo amplo onde albergar ao alumnado
participante no proxecto e necesidades técnicas para presentación das
características do proxecto(canón, pantalla...).
2. FASE 2: CONSTRUÍNDO EN REDE
Coa intención de xerar un contido conxunto para a parte final das “micromovies” (audiovisual
colectivo), que permitan ensalzar os valores e beneficios da acción voluntaria, e por outra
banda para promover o fortalecemento do sentimento de pertenza á Rede de Centros Escolares
Solidarios, se xenera unha fase de traballo na que o alumnado dende o seu propio centro e
empregando as plataformas xa existentes dende a Dirección Xeal de Voluntariado, constituír un espazo
común dirixido a conquerir productos concretos en 2 liñas:
1) Recoller un lema que identifique, o traballo do alumnado na acción voluntaria, e que axude a
sensibilizar á comunidade educativa e a cidadanía en xeral sobre a importancia dos proxectos de
voluntariado.
2) Identificar os beneficios, e valores que hai trala acción voluntaria e que tanto aportan aos axentes
de acción voluntaria, no desenvolvemento dos diferentes proxectos. Esa identificación a través de
preguntas concretas, con respostas estruturadas que axudan a facer unha presentación didáctica e
atractiva.
Fase 2: Construíndo en Rede.
Duración: 2-3 semanas
Resultados pretendidos: A través dunha plataforma virtual constituirase un espazo para que o
alumnado realice achegas, que serán contidos construídos colectivamente dende a Rede, fortalecendo
o seu sentimento de pertenza á mesma. O alumnado terá a percepción de estar participando en rede
nun proxecto común, e que terá unha visualización concreta.
FASE 3: OBRADOIROS DE ACCIÓN VOLUNTARIA: “DO CÓMIC AO CINE”
Para o desenvolvemento desta fase, previamente o equipo técnico do proxecto recabará a información
necesaria sobre os proxectos de acción voluntaria que cada centro está a realizar, de feito que cada
centro traballe sobre cómics deseñados dende os seus centros de interese. A terceira fase do proxecto,
estrutúrase dende a celebración dun obradoiro en cada centro educativo, no que o alumnado
desenvolverá un proceso creativo, no que buscan cubrir 3
obxectivos:
Identificar as fortalezas da acción voluntaria no propio centro (vantaxes, satisfaccións persoais,
resultados conqueridos e agardados). Todo coa idea de identificar elementos argumentais que
poidan nutrir “didacticamente” a seguinte parte do obradoiro.
Ter claro os elementos argumentais dunha historia, para facilitar o traballo creativo que en
pequenos grupos se realizará en base ao cómic que traballará o grupo.
Xerar un proceso creativo e didáctico abundante, no que se proporcionen abundantes
solucións a historia presentada e que permitan ter moito material para o deseño final da
“micromovie” para conquerir tódolos obxectivos pretendidos.
Con tódalas propostas xeradas, o equipo técnico deseñará os cadros-escena necesarios para a
gravación da “micromovie”, dando cabida ao maior número de achegas para que o alumnado perciba o
proceso como propio.
Fase 3: Obradoiros de Acción Voluntaria: “Do cómic ao cine”
Duración: 2h.
Resultados pretendidos: Identificar os aspectos máis relevantes do voluntariado para o alumnado, adaptándoos
aos proxectos que promoven dende o centro educativo, e xerar un proceso creativo abundante sobre o
desenlace do cómic presentado, que permita deseñar o guión da “micromovie” na vindeira fase do proxecto.
3. FASE 4: VOLUNTARIADO EN ACCIÓN: “A NOSA MICROMOVIE”
Nesta cuarta fase, procederase a sesión de gravación. Nesta sesión o alumnado participará dende o
desenvolvemento de diferentes roles: actores e actrices, escenografía,axudante de dirección, atrezzo,
etc...
Ademais da gravación da micromovie, procederase a gravación dos aspectos vencellados ao
“audiovisual colectivo” no que participará alumnado de diferentes centros, para dar intencionalidade
educativa e didáctica ao material audiovisual.
Fase 4: Voluntariado en acción: “A nosa Micromovie”
Duración: 4h.
Resultados pretendidos: Realizar a gravación de todo o guión prefixado, ademais de gravar o
“audiovisual colectivo”, para que o equipo técnico de Arelar proceda a edición e montaxe de todo o
material gravado en cada un dos centros educativos.
CRONOGRAMA:
XANEIRO FEBREIRO MARZO ABRIL MAIO
FASE PREVIA
FASE 1
FASE 2
FASE 3
FASE 4