SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 4
Estamos ante unha catástrofe
demográfica en Galicia? Retos e
esperanzas
Santiago González Avión
Sociólogo / Asociación Diversidades

0.- Se non cambiamos nada, imos cara a unha catástrofe
Na miña opinión, se a dinámica demográfica non cambia, a mediados de século perderemos
case un terzo da poboación de Galicia (un millón de persoas menos en total). Unha perda de
poboación tan rápida pode ser comparada cos efectos das grandes crises demográficas, como
as que afectaron a Europa no século XIV ou a América no século XVI. Unha circunstancia así
ben pode ser cualificada de catástrofe demográfica, sobre todo porque non está unida a un
incremento repentino da mortaldade, senón a unha caída da natalidade sen precedentes na
historia humana. Certo que a caída da natalidade caracteriza o que os demógrafos chaman
transición demográfica. Pero esta consiste nunha caída parella da mortaldade e da natalidade
que acaba por estabilizar a poboación logo de facela crecer dunha forma que só ten
precedentes na revolución neolítica coa aparición da gandaría e a agricultura.

A demografía, a ciencia social máis exacta
A demografía é a ciencia social máis exacta.Non só coñecemos a poboación presente, senón
tamén as variables máis relevantes para facer predicións de futuro:


A taxa de mortalidade



A taxa de natalidade



As mulleres en idade fértil e o número de fillos/as por muller fértil.



A taxa de fecundidade.

Coñecendo esas variables, que tenden a ser moi estables nas poboacións modernas (por
causas sanitarias, pero tamén culturais, políticas e económicas) é doado describir o actual
movemento vexetativo da poboación e predicilo para o futuro, cunhas marxes de erro
relativamente pequenas.Para evitar certos erros, propóñense correccións, traballando en
escenarios que ofrecen variacións ás veces demasiado amplas.

As perspectivas da nosa poboación
Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galicia perderá
81.557 habitantes no período 2012-2021, o que supón unha diminución do 3% da súa
poboación. Por provincias, en Lugo e Ourense danse as maiores perdas de poboación en
termos relativos (un 6,7% e un 6,3%, respectivamente).
Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións mostran un progresivo
avellentamento da poboación.Así, en Galicia, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos pasa
do 22,4% en 2012 ao 25,2% en 2021.
A máis longo prazo, e segundo as proxeccións feitas para o ano 2051, o IGE establece tres
posibles escenarios de evolución, alertando o máis negativo deles da perda de até un millón de
habitantes. Segundo esa análise, Galicia quedaría con só 1.734.073 residentes. Este escenario
augura que, unha base da pirámide achatada como a que temos, producirán un efecto
multiplicador de despoboamento, baixa natalidade e alta mortaldade (dentro do réxime
moderno), concluíndo deste modo a segunda transición demográfica.
Unha proxección media debuxa unha posible poboación de 2.411.740 integrantes, 300.000
menos que na actualidade. As cousas continuarían como van, cunha perda arredor do 3% da
poboación cada década (respecto da poboación actual).
A previsión máis optimista estima que Galicia podería recuperar censo e alcanzar os 3.307.441
veciños, algo que semella imposible coa tendencia dos últimos exercicios e que requiriría
dunha inflexión demográfica similar á dos anos sesenta do século pasado, só que duradeira no
tempo.

Sen cambios moi importantes, non podemos manter a
situación actual
Na miña valoración persoal, o resultado intermedio require dunha intervención decidida por
parte das autoridades e un pacto xeracional en clave de futuro, ademais dun importante
cambio cultural.
En primeiro lugar, porque a pirámide de poboación non está saneada, e, daquela, aínda non é
estable. A previsión para 2021, a máis difícil de modificar, porque os tempos en demografía
son moi lentos, indica que haberá en Galicia case tres veces máis de persoas entre 45 e 60
anos que persoas entre cero e quince (nada estraño, dado que estamos a comparar os nacidos
nos felices sesenta cos fillos dos anos perdidos da crise de 2008).
En segundo lugar, e isto ten unha transcendencia decisiva, porque nos últimos 30 anos
cambiou máis a forma de habitar o noso territorio do que cambiara desde o inicio da idade do
ferro (nos últimos 3.000 anos). E ese cambio vai acabar de producirse en a penas outros 30
anos. Na metade do territorio de Galicia aproximadamente unha de cada tres persoas teñen
máis de 65 anos. Pero é que hai concellos e comarcas enteiras por riba do 40% de xente maior.
A consecuencia ineludible é un despoboamento moi rápido do interior e de certas zonas
costeiras e unha concentración da natalidade na franxa atlántica do país.
Para dicilo dunha forma gráfica, xa chegamos a un punto en que aínda poñendo garderías de
balde, no concello da Veiga en Ourense, non vai nacer ninguén, probablemente nos próximos
dez anos.

O problema fundamental non é económico
A base da primeira transición demográfica non foi fundamentalmente económico (o tránsito
do mercantilismo ao capitalismo), senón sanitario. Daquela, tampouco as bases da segunda
transición demográfica son de carácter exclusivamente económicas, sendo Xapón a vangarda
da segunda transición mentres que os Estados Unidos fica aínda lonxe dun horizonte de
estabilidade da poboación.
Se a natalidade estivese determinada pola economía, Nixeria non podería ter unha taxa de
natalidade superior a Suecia. Pódese argumentar que canto máis próspera unha sociedade,
menor é a natalidade. Pero a propia Suecia é máis próspera que España, pero ten unha maior
natalidade e non ten desequilibrios que presenta España.
Incluso nun mesmo contexto institucional, como pode ser ao interno de España, o noroeste
(especialmente as comunidades do Cantábrico e Galicia) teñen unha natalidade menor, cando
menos nos últimos cincuenta anos, perdendo progresivamente peso demográfico e o Sur
presenta unha maior natalidade. No Norte, non hai diferencias demasiado relevantes en
función da Renda Dispoñible, mentres que en variacións de renda moi inferiores, as diferenzas
entre Galicia por unha banda e Estremadura, Andalucía e Murcia por outra son moi notables.
As políticas sociais teñen un peso explicativo moi importante (e sobre iso falaremos
posteriormente) na corrección dos desequilibrios demográficos. Pero unha mellor política
social (desde logo Galicia presenta vantaxes indubidables respecto das rexións do Sur en
informes independentes) non garante un maior equilibrio demográfico. Acaso as mellores
políticas sociais en España son as do País Vasco, Navarra e Castilla y León, en ningunha delas
destaca por unha maior natalidade. As políticas sociais son significativas cando están centradas
nos problemas da natalidade e da familia. Mentres, non hai diferenzas marcadas pola política
social. É a cultura social a que resulta determinante.

A nosa cultura está instalada na derrota demográfica
Desde o meu punto de vista, a nosa cultura está instalada na derrota demográfica, cando
menos desde tres puntos de vista: desde a experiencia da superpoboación e da emigración,
desde os fondos desequilibrios territoriais e o abandono do mundo rural e desde o coñecido
como dilema do gorrón (free rider).
Desde a implantación dos novos cultivos e das novas políticas sanitarias do século XVIII ata ben
entrado o século XX, Galicia produce máis poboación da que pode manter o territorio coas
súas capacidades endóxenas. Pola súa condición periférica, a solución é exportar poboación en
forma de emigración (se fose central, importaría alimentos).
Logo, asóciase o éxito social coa emigración (interior ou exterior) e o atraso co medio rural. E,
cando reducimos a ocupación agraria de forma repentina, o mundo rural fica sen sentido
produtivo (en boa parte) e, sobre todo, reprodutivo: coa entrada na Unión Europea sobran tres
cuartos da poboación activa agraria, o que se converte de feito en que sobran tres cuartos da
poboación rural en idade reprodutiva.
E, ademais, xérase un discurso de derrota: “estamos aquí para morrer”; “cando nós faltemos,
xa non vai quedar ninguén”. Ese discurso dos últimos poboadores crea unha moral de derrota
colectiva (no nivel demográfico).
Por último, existe unha penalización evidente da natalidade e a reprodución na diminución no
nivel de renda mentres que a súa ausencia non ten ningunha penalización futura en forma de
diminución das rendas da xubilación por non producir cotizantes para mantelas no futuro. Ter
unha política de Estado que garante os dereitos económicos dos maiores pero non os dos
menores dá como resultado que a decisión de ter fillos sexa a menos funcional desde o punto
de vista económico (no curto e no medio prazo); e non ten ningunha repercusión económica
medible no longo prazo.
É o que se denomina “dilema do gorrón”. Se todos adoptan a postura de quen se beneficia das
vantaxes e non carga coas responsabilidades, a sociedade creba. Pero a propia sociedade non
oferta a penas incentivos para adoptar a conducta socialmente proactiva.

Cómpre unha cultura da responsabilidade e unha política a
prol do futuro demográfico
Veñen aquí as dúas conclusións que quería ofrecer neste coloquio: por unha banda, o
problema demográfico non é o produto dunha decisión política, senón dunha dinámica social.
E, concretamente, dunha cultura social que non confía no futuro colectivo e que procura
arranxar en exclusiva o futuro individual (para o que, a día de hoxe, non son necesarios os
fillos, e mesmo poden constituír un estorbo). Logo, a solución non se lles debe reclamar
exclusivamente aos políticos. Ou somos capaces de crear unha conciencia de que estamos ante
un problema e que debemos pensar en solucións socialmente desexables, ou o problema
demográfico tardará en entrar no centro da axenda política. Desde ese punto de vista debo
celebrar iniciativas como a do Museo do Pobo Galego para poñer no centro do debate a
cuestión demográfica.
E a política non comeza por ofrecer máis prazas de gardería ou cheques-bebé. É necesario un
pacto político que garanta a nosa supervivencia como pobo. Dito dunha maneira moi gráfica:
logo da xubilación temos unha esperanza de vida arredor de quince / vinte anos. E ninguén
discute que temos dereito a unha protección pública dese período da nosa vida. Temos un
dereito xa gañado a vivir sen traballar. Sen embargo, non hai un acordo similar respecto dos
menores. E, se ben pode ser certo que algúns deles non servirán para soster co seu traballo o
noso futuro, son unha condición necesaria (conditio sine qua non) para que este exista.
Hai que dicilo claro: nunca houbo menos nenos/as (proporcionalmente) e nunha houbo unha
porcentaxe máis grande de nenos/as pobres. Hai que desenvolver políticas de servizos moito
máis activas no ámbito dos servizos. Pero hai que crear unha conciencia da necesidade de
políticas de transferencia de rendas se queremos influír alí onde é posible facelo desde as
políticas públicas. A conciencia da necesidade dese cambio debe comezar agora. Do contrario,
imos de cara a un escenario moi sombrío (senón catastrófico) desde o punto de vista
demográfico en Galicia.
Vigo, 6 de novembro de 2013

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Unidade 1.a poboación mundial
Unidade 1.a poboación mundialUnidade 1.a poboación mundial
Unidade 1.a poboación mundialAsunTesouro
 
R5 sociais 6
R5 sociais 6R5 sociais 6
R5 sociais 6Fiz
 
A estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en GaliciaA estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en Galiciaprofesor historia
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014AGEeFerrolterra
 
A situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasA situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasLuisa
 
Transicion Demografica
Transicion DemograficaTransicion Demografica
Transicion Demograficaurraca60
 
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en GaliciaO movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en Galiciaprofesor historia
 
A poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de GaliciaA poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de Galiciarubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundialmasinisa
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea20minutos
 
PreseXeografía humana de galicia poboación
PreseXeografía humana de galicia   poboaciónPreseXeografía humana de galicia   poboación
PreseXeografía humana de galicia poboaciónccssdidactica ddoval
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundialrubempaul
 

Was ist angesagt? (15)

Unidade 1.a poboación mundial
Unidade 1.a poboación mundialUnidade 1.a poboación mundial
Unidade 1.a poboación mundial
 
R5 sociais 6
R5 sociais 6R5 sociais 6
R5 sociais 6
 
Os itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboralOs itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboral
 
A estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en GaliciaA estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en Galicia
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
A participación da muller
A participación da mullerA participación da muller
A participación da muller
 
A situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasA situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegas
 
Transicion Demografica
Transicion DemograficaTransicion Demografica
Transicion Demografica
 
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en GaliciaO movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
 
A poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de GaliciaA poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de Galicia
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 10 a poboación española
Tema 10   a poboación españolaTema 10   a poboación española
Tema 10 a poboación española
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea
 
PreseXeografía humana de galicia poboación
PreseXeografía humana de galicia   poboaciónPreseXeografía humana de galicia   poboación
PreseXeografía humana de galicia poboación
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundial
 

Andere mochten auch

Andere mochten auch (19)

Koller Grafik & Multiples 3. Dezember 2016
Koller Grafik & Multiples 3. Dezember 2016Koller Grafik & Multiples 3. Dezember 2016
Koller Grafik & Multiples 3. Dezember 2016
 
Que sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitanaQue sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitana
 
Consultas
ConsultasConsultas
Consultas
 
Introducción a la gestión del conocimiento
Introducción a la gestión del conocimientoIntroducción a la gestión del conocimiento
Introducción a la gestión del conocimiento
 
Medios informáticos en los procesos de enseñanza y
Medios informáticos en los procesos de enseñanza yMedios informáticos en los procesos de enseñanza y
Medios informáticos en los procesos de enseñanza y
 
Tarea number one
Tarea number oneTarea number one
Tarea number one
 
Consultas
ConsultasConsultas
Consultas
 
circuitos en serie y paralelo
circuitos en serie y paralelocircuitos en serie y paralelo
circuitos en serie y paralelo
 
Tarea number six
Tarea number sixTarea number six
Tarea number six
 
Linux
LinuxLinux
Linux
 
Practica1
Practica1Practica1
Practica1
 
Contexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en GaliciaContexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en Galicia
 
Gökhan AK - 130907047 - Tchibo
Gökhan AK - 130907047 - TchiboGökhan AK - 130907047 - Tchibo
Gökhan AK - 130907047 - Tchibo
 
Informe del mantenimiento de pc
Informe del mantenimiento de pcInforme del mantenimiento de pc
Informe del mantenimiento de pc
 
Internet
Internet Internet
Internet
 
Morfo
MorfoMorfo
Morfo
 
Researching the marketplace
Researching the marketplaceResearching the marketplace
Researching the marketplace
 
Soincil
SoincilSoincil
Soincil
 
2016 egineering projects
2016 egineering projects2016 egineering projects
2016 egineering projects
 

Ähnlich wie Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

Perfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maioresPerfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maioresgilmagarinos
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
Unidade 7 Poboación
Unidade 7 PoboaciónUnidade 7 Poboación
Unidade 7 Poboacióncamposseijo
 
A evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en GaliciaA evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en Galiciaprofesor historia
 
Unidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN MacUnidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN Maccamposseijo
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacionquiquehs
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
Tema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratoriosTema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratoriosrubempaul
 
A poboación
A poboaciónA poboación
A poboaciónecocabe
 
rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6Fiz
 

Ähnlich wie Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia (20)

Poboación
PoboaciónPoboación
Poboación
 
Tema 8 A poboación
Tema 8 A poboaciónTema 8 A poboación
Tema 8 A poboación
 
Perfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maioresPerfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maiores
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Unidade 7 Poboación
Unidade 7 PoboaciónUnidade 7 Poboación
Unidade 7 Poboación
 
Tema 6. 3º Eso
Tema 6. 3º EsoTema 6. 3º Eso
Tema 6. 3º Eso
 
A evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en GaliciaA evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en Galicia
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
Unidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN MacUnidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN Mac
 
Transicion demográfica
Transicion demográficaTransicion demográfica
Transicion demográfica
 
Poboacion EspañOla
Poboacion EspañOlaPoboacion EspañOla
Poboacion EspañOla
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Economía e poboación
Economía e poboaciónEconomía e poboación
Economía e poboación
 
Tema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratoriosTema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratorios
 
A poboación
A poboaciónA poboación
A poboación
 
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
Reconversión comercio ambulante
Reconversión comercio ambulanteReconversión comercio ambulante
Reconversión comercio ambulante
 
rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6
 

Mehr von Santiago González Avión

Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberesSantiago González Avión
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasSantiago González Avión
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoSantiago González Avión
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experienciaSantiago González Avión
 

Mehr von Santiago González Avión (19)

Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Presentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana MendozaPresentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana Mendoza
 
Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019
 
Unha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidadeUnha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidade
 
Neeli
NeeliNeeli
Neeli
 
Unha vida mellor
Unha vida mellorUnha vida mellor
Unha vida mellor
 
Aprender a convivir
Aprender a convivirAprender a convivir
Aprender a convivir
 
Inclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigranteInclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigrante
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberes
 
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobrezaPobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanas
 
Certificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidadeCertificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidade
 
O plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigoO plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigo
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
 
Mediación e acompañamento
Mediación e acompañamentoMediación e acompañamento
Mediación e acompañamento
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
 
Voluntariado e crise
Voluntariado e criseVoluntariado e crise
Voluntariado e crise
 
El chabolismo en galicia 2012
El chabolismo en galicia 2012El chabolismo en galicia 2012
El chabolismo en galicia 2012
 

Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia

  • 1. Estamos ante unha catástrofe demográfica en Galicia? Retos e esperanzas Santiago González Avión Sociólogo / Asociación Diversidades 0.- Se non cambiamos nada, imos cara a unha catástrofe Na miña opinión, se a dinámica demográfica non cambia, a mediados de século perderemos case un terzo da poboación de Galicia (un millón de persoas menos en total). Unha perda de poboación tan rápida pode ser comparada cos efectos das grandes crises demográficas, como as que afectaron a Europa no século XIV ou a América no século XVI. Unha circunstancia así ben pode ser cualificada de catástrofe demográfica, sobre todo porque non está unida a un incremento repentino da mortaldade, senón a unha caída da natalidade sen precedentes na historia humana. Certo que a caída da natalidade caracteriza o que os demógrafos chaman transición demográfica. Pero esta consiste nunha caída parella da mortaldade e da natalidade que acaba por estabilizar a poboación logo de facela crecer dunha forma que só ten precedentes na revolución neolítica coa aparición da gandaría e a agricultura. A demografía, a ciencia social máis exacta A demografía é a ciencia social máis exacta.Non só coñecemos a poboación presente, senón tamén as variables máis relevantes para facer predicións de futuro:  A taxa de mortalidade  A taxa de natalidade  As mulleres en idade fértil e o número de fillos/as por muller fértil.  A taxa de fecundidade. Coñecendo esas variables, que tenden a ser moi estables nas poboacións modernas (por causas sanitarias, pero tamén culturais, políticas e económicas) é doado describir o actual movemento vexetativo da poboación e predicilo para o futuro, cunhas marxes de erro relativamente pequenas.Para evitar certos erros, propóñense correccións, traballando en escenarios que ofrecen variacións ás veces demasiado amplas. As perspectivas da nosa poboación Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galicia perderá 81.557 habitantes no período 2012-2021, o que supón unha diminución do 3% da súa poboación. Por provincias, en Lugo e Ourense danse as maiores perdas de poboación en termos relativos (un 6,7% e un 6,3%, respectivamente).
  • 2. Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións mostran un progresivo avellentamento da poboación.Así, en Galicia, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos pasa do 22,4% en 2012 ao 25,2% en 2021. A máis longo prazo, e segundo as proxeccións feitas para o ano 2051, o IGE establece tres posibles escenarios de evolución, alertando o máis negativo deles da perda de até un millón de habitantes. Segundo esa análise, Galicia quedaría con só 1.734.073 residentes. Este escenario augura que, unha base da pirámide achatada como a que temos, producirán un efecto multiplicador de despoboamento, baixa natalidade e alta mortaldade (dentro do réxime moderno), concluíndo deste modo a segunda transición demográfica. Unha proxección media debuxa unha posible poboación de 2.411.740 integrantes, 300.000 menos que na actualidade. As cousas continuarían como van, cunha perda arredor do 3% da poboación cada década (respecto da poboación actual). A previsión máis optimista estima que Galicia podería recuperar censo e alcanzar os 3.307.441 veciños, algo que semella imposible coa tendencia dos últimos exercicios e que requiriría dunha inflexión demográfica similar á dos anos sesenta do século pasado, só que duradeira no tempo. Sen cambios moi importantes, non podemos manter a situación actual Na miña valoración persoal, o resultado intermedio require dunha intervención decidida por parte das autoridades e un pacto xeracional en clave de futuro, ademais dun importante cambio cultural. En primeiro lugar, porque a pirámide de poboación non está saneada, e, daquela, aínda non é estable. A previsión para 2021, a máis difícil de modificar, porque os tempos en demografía son moi lentos, indica que haberá en Galicia case tres veces máis de persoas entre 45 e 60 anos que persoas entre cero e quince (nada estraño, dado que estamos a comparar os nacidos nos felices sesenta cos fillos dos anos perdidos da crise de 2008). En segundo lugar, e isto ten unha transcendencia decisiva, porque nos últimos 30 anos cambiou máis a forma de habitar o noso territorio do que cambiara desde o inicio da idade do ferro (nos últimos 3.000 anos). E ese cambio vai acabar de producirse en a penas outros 30 anos. Na metade do territorio de Galicia aproximadamente unha de cada tres persoas teñen máis de 65 anos. Pero é que hai concellos e comarcas enteiras por riba do 40% de xente maior. A consecuencia ineludible é un despoboamento moi rápido do interior e de certas zonas costeiras e unha concentración da natalidade na franxa atlántica do país. Para dicilo dunha forma gráfica, xa chegamos a un punto en que aínda poñendo garderías de balde, no concello da Veiga en Ourense, non vai nacer ninguén, probablemente nos próximos dez anos. O problema fundamental non é económico A base da primeira transición demográfica non foi fundamentalmente económico (o tránsito do mercantilismo ao capitalismo), senón sanitario. Daquela, tampouco as bases da segunda transición demográfica son de carácter exclusivamente económicas, sendo Xapón a vangarda
  • 3. da segunda transición mentres que os Estados Unidos fica aínda lonxe dun horizonte de estabilidade da poboación. Se a natalidade estivese determinada pola economía, Nixeria non podería ter unha taxa de natalidade superior a Suecia. Pódese argumentar que canto máis próspera unha sociedade, menor é a natalidade. Pero a propia Suecia é máis próspera que España, pero ten unha maior natalidade e non ten desequilibrios que presenta España. Incluso nun mesmo contexto institucional, como pode ser ao interno de España, o noroeste (especialmente as comunidades do Cantábrico e Galicia) teñen unha natalidade menor, cando menos nos últimos cincuenta anos, perdendo progresivamente peso demográfico e o Sur presenta unha maior natalidade. No Norte, non hai diferencias demasiado relevantes en función da Renda Dispoñible, mentres que en variacións de renda moi inferiores, as diferenzas entre Galicia por unha banda e Estremadura, Andalucía e Murcia por outra son moi notables. As políticas sociais teñen un peso explicativo moi importante (e sobre iso falaremos posteriormente) na corrección dos desequilibrios demográficos. Pero unha mellor política social (desde logo Galicia presenta vantaxes indubidables respecto das rexións do Sur en informes independentes) non garante un maior equilibrio demográfico. Acaso as mellores políticas sociais en España son as do País Vasco, Navarra e Castilla y León, en ningunha delas destaca por unha maior natalidade. As políticas sociais son significativas cando están centradas nos problemas da natalidade e da familia. Mentres, non hai diferenzas marcadas pola política social. É a cultura social a que resulta determinante. A nosa cultura está instalada na derrota demográfica Desde o meu punto de vista, a nosa cultura está instalada na derrota demográfica, cando menos desde tres puntos de vista: desde a experiencia da superpoboación e da emigración, desde os fondos desequilibrios territoriais e o abandono do mundo rural e desde o coñecido como dilema do gorrón (free rider). Desde a implantación dos novos cultivos e das novas políticas sanitarias do século XVIII ata ben entrado o século XX, Galicia produce máis poboación da que pode manter o territorio coas súas capacidades endóxenas. Pola súa condición periférica, a solución é exportar poboación en forma de emigración (se fose central, importaría alimentos). Logo, asóciase o éxito social coa emigración (interior ou exterior) e o atraso co medio rural. E, cando reducimos a ocupación agraria de forma repentina, o mundo rural fica sen sentido produtivo (en boa parte) e, sobre todo, reprodutivo: coa entrada na Unión Europea sobran tres cuartos da poboación activa agraria, o que se converte de feito en que sobran tres cuartos da poboación rural en idade reprodutiva. E, ademais, xérase un discurso de derrota: “estamos aquí para morrer”; “cando nós faltemos, xa non vai quedar ninguén”. Ese discurso dos últimos poboadores crea unha moral de derrota colectiva (no nivel demográfico). Por último, existe unha penalización evidente da natalidade e a reprodución na diminución no nivel de renda mentres que a súa ausencia non ten ningunha penalización futura en forma de diminución das rendas da xubilación por non producir cotizantes para mantelas no futuro. Ter unha política de Estado que garante os dereitos económicos dos maiores pero non os dos menores dá como resultado que a decisión de ter fillos sexa a menos funcional desde o punto
  • 4. de vista económico (no curto e no medio prazo); e non ten ningunha repercusión económica medible no longo prazo. É o que se denomina “dilema do gorrón”. Se todos adoptan a postura de quen se beneficia das vantaxes e non carga coas responsabilidades, a sociedade creba. Pero a propia sociedade non oferta a penas incentivos para adoptar a conducta socialmente proactiva. Cómpre unha cultura da responsabilidade e unha política a prol do futuro demográfico Veñen aquí as dúas conclusións que quería ofrecer neste coloquio: por unha banda, o problema demográfico non é o produto dunha decisión política, senón dunha dinámica social. E, concretamente, dunha cultura social que non confía no futuro colectivo e que procura arranxar en exclusiva o futuro individual (para o que, a día de hoxe, non son necesarios os fillos, e mesmo poden constituír un estorbo). Logo, a solución non se lles debe reclamar exclusivamente aos políticos. Ou somos capaces de crear unha conciencia de que estamos ante un problema e que debemos pensar en solucións socialmente desexables, ou o problema demográfico tardará en entrar no centro da axenda política. Desde ese punto de vista debo celebrar iniciativas como a do Museo do Pobo Galego para poñer no centro do debate a cuestión demográfica. E a política non comeza por ofrecer máis prazas de gardería ou cheques-bebé. É necesario un pacto político que garanta a nosa supervivencia como pobo. Dito dunha maneira moi gráfica: logo da xubilación temos unha esperanza de vida arredor de quince / vinte anos. E ninguén discute que temos dereito a unha protección pública dese período da nosa vida. Temos un dereito xa gañado a vivir sen traballar. Sen embargo, non hai un acordo similar respecto dos menores. E, se ben pode ser certo que algúns deles non servirán para soster co seu traballo o noso futuro, son unha condición necesaria (conditio sine qua non) para que este exista. Hai que dicilo claro: nunca houbo menos nenos/as (proporcionalmente) e nunha houbo unha porcentaxe máis grande de nenos/as pobres. Hai que desenvolver políticas de servizos moito máis activas no ámbito dos servizos. Pero hai que crear unha conciencia da necesidade de políticas de transferencia de rendas se queremos influír alí onde é posible facelo desde as políticas públicas. A conciencia da necesidade dese cambio debe comezar agora. Do contrario, imos de cara a un escenario moi sombrío (senón catastrófico) desde o punto de vista demográfico en Galicia. Vigo, 6 de novembro de 2013