2. A bandeira de galicia está inspirada na bandeira
da provincia marítima da Coruña.
3. O escudo de Galicia é un dos símbolos da comunidade
autónoma galega .Aparece escrito na lei 5/1984 do 29
de maio.
O motivo de que o escudo conteña sete cruces
correspóndese a anterior división dos territorios
galegos do antigo reino Galego . As sete provincias eran:
Santiago,Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo Ourense e A
Coruña .
4. O GOBERNO ESTÁ FORMADO POR UN PRESIDENTE,
UN VICEPRESIDENTE E OS CONSELLEIROS. TODOS
ELES ENCARGANSE DE GOBERNAR A COMUNIDADE
AUTÓNOMA E FAN DE ENLACE CO GOBERNO
CENTRAL
5. O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da
Comunidade Autónoma é o máximo órgano representativo do pobo galego.
Instaurouse nas primeiras eleccións autonómicas no 1981.
Actualmente está formado por 75 deputados . Destes 75, son elixidos 24 pola
provincia de Coruña, 22 pola de Pontevedra, 15 pola de Lugo e 14 pola de Ourense.
6. FUNCIÓNS
Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
Controlar a acción executiva da Xunta.
Aprobar os seus orzamentos.
Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da
Comunidade Autónoma galega.
Escoller de entre os seus membros ao presidente da xunta de Galicia.
Esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.
7. No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións, un que abrangue os meses de setembro a
decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en
sesións ordinarias que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan
a primeira fila de escanos, e o resto de deputados,
agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os
restantes, previamente asignados pola Mesa do
Parlamento.
8. A sede do Parlamento de Galicia está situada na cidade de Santiago de Compostela, na
actualidade na rúa do Hórreo