O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
3. CRONOLOXÍA DA IDADE MODERNA
A Idade Moderna é o período histórico comprendido entre os séculos XV e
XVIII. Con todo, non existe acordo entre os historiadores sobre a data de
comezo, sendo as máis aceptadas a toma de Constantinopla polos
turcos (1453) ou o descubrimento de América (1492). O seu final está
marcado pola Revolución Francesa (1789).
Dentro da Idade Moderna adóitanse establecer, á súa vez, varios
subperíodos con trazos máis ou menos homoxéneos:
O século XVI, ou época do Renacemento.
O século XVII, ou época do Barroco.
O século XVIII, ou época da Ilustración e o Absolutismo.
4. CARACTERÍSTICAS XERAIS
O panorama internacional cambiou debido a unha serie de acontecementos
significativos:
A desaparición do imperio bizantino, tras a toma de Constantinopla polos
turcos en 1453.
Os descubrimentos xeográficos de portugueses e casteláns en África,
América e Asia ampliaron o mundo coñecido polos europeos.
A loita pola hexemonía europea enfrontou aos grandes estados; finalmente,
implantouse a española no século XVI.
O sistema feudal entrou en crise. os reinos feudais foron substituídos polo Estado
moderno e as monarquías autoritarias; a economía feudal deu paso ao
capitalismo comercial e a burguesía adquiriu importancia dentro da sociedade
estamental.
A unidade relixiosa do occidente europeo rompeu. Esta ruptura, provocada pola
Reforma protestante, orixinou graves conflitos armados coñecidos como «guerras
de relixión».
A cultura medieval foi substituída por unha nova mentalidade, o humanismo e
xurdiu un novo estilo artístico: o Renacemento.
6. O CRECEMENTO DEMOGRÁFICO
A desaparición das grandes epidemias e o aumento da natalidade
permitiron un paulatino incremento da poboación.
As cidades aumentaron a poboación.
7. SOCIEDADE. O AUXE DA BURGUESÍA.
A sociedade seguiu dividida, como na Idade Media, en tres
estamentos:
A nobreza: Dividida en alta e baixa nobreza. Era un dos estamentos
privilexiados.
O clero: Dividido entre alto e baixo clero, regular e secular. Era o
outro estamento privilexiado.
Terceiro estado: a maioría da poboación, non privilexiados:
A burguesía: o comercio e a banca fixo que os grandes
comerciantes e banqueiros amasaran grandes fortunas. A súa
riqueza baseábase na posesión de capital, non de terras.
Os artesáns e os pequenos comerciantes vivían modestamente.
O campesiñado seguiu soportando duras condicións de vida. En
Europa occidental desapareceu a servidume (servos), na oriental
non.
9. ECONOMÍA
Os séculos XV e XVI foron unha época de
prosperidade.
O crecemento da poboación incrementou a
demanda de alimentos, o que provocou un
aumento da produción agrícola e a posta
en cultivo de novas terra.
O comercio tanto terrestre como marítimo
revitalizouse.
A expansión do comercio incrementou a
produción artesanal e o crecemento de
cidades portuarias como Venecia, Lisboa,
Londres ou Sevilla.
O sistema económico capitalista
comezou a desenvolverse. Nos seus
inicios foi un capitalismo comercial, é
dicir, baseado na acumulación de capitais
procedentes do comercio.
10. NOVOS INSTRUMENTOS ECONÓMICOS
Os comerciantes asociáronse en compañías mercantís para compartir
tanto beneficios como perdas. Riscos: naufraxios, ataques piratas,....
A banca aumentou a súa importancia como prestamista de capitais sobre todo aos
comerciantes. Grandes banqueiros foron, por exemplo, os Médici en Florencia ou
os Fugger en Alemaña.
Apareceu a letra de cambio, un documento que facilitaba os pagamentos nas
transaccións comerciais. Un comerciante entregáballe unha cantidade de cartos a
un banqueiro que tiña delegacións noutros países, e este expedíalle unha letra de
cambio que garantía o seu diñeiro. Así, o comerciante podía realizar os seus
pagamentos en calquera outro lugar sen necesidade de transportar o diñeiro, que
naqueles tempos só existía en forma de moedas.
11. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO
Durante o século XV, os reis consolidaron un novo modelo de goberno: a
monarquía autoritaria, nacendo deste xeito o Estado moderno:
Os monarcas reforzaron o seu poder, impoñéndose sobre a alta
nobreza.
Crearon exércitos permanentes, formados por mercenarios.
Mellorou a administración: instauraron unha burocracia formada por
funcionarios e unha facenda para controlar os ingresos e mais os
gastos do reino.
Relacións internacionais: Crearon unha diplomacia de Estado
constituída por embaixadores para establecer relacións entre países.
Exemplos de monarquías autoritarias foron as dos Reis Católicos en
Castela, Luís XI en Francia e Henrique VIII en Inglaterra.
14. O MUNDO COÑECIDO POLOS EUROPEOS
Durante a Idade Media, a meirande parte da poboación europea cría que o
mundo era plano. No século XV os europeos tiñan un coñecemento
limitado do mundo:
Europa e as terras que bordean o mar Mediterráneo e o mar Negro eran
relativamente coñecidas.
Sabían da existencia de India, China e Xapón por viaxeiros e mercadores
como Marco Polo, que traían sedas ou especias dende Asia.
Non sabían case nada da África subsahariana, e descoñecían a
existencia de América, Oceanía e a Antártida.
16. O COMERCIO CON ORIENTE
Na Idade Media os mercadores traían os produtos de Extremo Oriente a
través da ruta da seda que unía Constantinopla con China.
En 1453, os turcos conquistaron Constantinopla e a ruta quedou
interrompida. Os europeos tiveron que buscar rutas alternativas para
chegar a Asia.
17. OS AVANCES NA NAVEGACIÓN
Ao longo do século XV difundiuse o uso
de varios instrumentos que melloraron
a navegación:
Compás: permitiu navegar sen ter a
costa á vista.
Astrolabio: posibilitaba calcular a
latitude.
Ampoleta: reloxo de area co que se
medía o tempo.
Carabela: embarcación que unía
velocidade e capacidade de carga.
Portolanos: cartas náuticas nas que
se representaban as costas, as rutas
marítimas e os obstáculos.
19. Os portugueses seguiron a ruta do Leste bordeando África na busca
dunha ruta cara a India.
Foi fundamental Henrique o Navegante fundador da Escola Náutica de
Sagres . O proceso foi o seguinte:
As primeiras viaxes: chegaron ás illas Azores (1419), Madeira (1431),
Cabo Verde (1446) e despois ao golfo de Guinea (1460), onde
estableceron factorías para obter ouro, marfil e escravos. Máis adiante,
Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza (1487),
deixando aberto o paso cara o océano Índico.
Expedición á India: a expedición de Vasco da Gama alcanzou a India
en 1498 e abriu o camiño para novas expedicións ás illas das Especias
(actual Indonesia).
24. CRISTOBAL COLÓN E O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
Cristobal Colón, un mariñeiro xenovés, pensaba que podía chegar a Asia
navegando cara ao Oeste, a través do Atlántico, sen ter que bordear África.
Estaba convencido de que a Terra era esférica, pero imaxinaba que o seu
diámetro era máis pequeno e descoñecía a existencia do continente americano
entre Europa e Asia.
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA DEBEUSE A UN ERRO DE CÁLCULO!!!!!
25. CRISTOBAL COLÓN E O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
Colón presentoulle primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal pero foi rexeitado.
Máis tarde, conseguiu dos Reis Católicos autorización e financiación para a
expedición, asinando as Capitulacións de Santa Fe (1492). Nelas establecíase que
as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón recibiría os
títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte
das riquezas que atopase.
26. Las cosas suplicadas e que Vuestras Altezas dan e otorgan a don Christóval de Colón, en alguna
satisfacción de lo que ha descubierto en las Mares Océanos y del viage que agora, con el ayuda de
Dios, ha de fazer por ellas en servicio de Vuestras Altezas, son las que se siguen.
1. Primeramente que Vuestras Altezas como sennores que son de las dichas mares Océanas fazen
dende agora al dicho don Christóval Colón su almirante en todas aquellas islas y tierras firmes
que por su mano o industria se descubrirán o ganarán en las dichas Mares Océanas para durante
su vida, y después de él muerto, a sus herederos […].
2. Otrosí, que Vuestras Altezas fazen al dicho Christóval Colón su Visorey e Governador General
en todas las dichas tierras firmes e islas que, como dicho es, él descubriere o ganare […].
3. Item que de todas e qualesquiere mercadurias, siquiere sean las piedras preciosas, oro, plata,
specieria, e otra cualesquiere cosas [...] dentro de los límites de dicho Almirantazgo, que desde
agora Vuestras Altezas fazen merced al dicho don Christóval e quieren que haya e lleve para sí la
dezena parte de todo ello.
Capitulacións de Santa Fe, 17 de abril de 1492
DOCUMENTO HISTÓRICO
27. CRISTOBAL COLÓN E O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo
de tres naves: a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron
o Atlántico aproveitando os ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de
Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron Cuba e A Española (actuais Haití e República
Dominicana).
Cando Colón e a súa tripulación chegaron ao Novo Mundo, crían ter alcanzado a costa
oriental de Asia, as Indias, termo utilizado desde a Idade Media para designar Asia. Por
iso,denominaron indios aos seus habitantes.
Colón efectuou tres viaxes máis. Morreu en 1506, crendo que chegara a Asia.
30. A REPARTICIÓN DO MUNDO
Para evitar conflitos con
Portugal, os Reis Católicos
asinaron o Tratado de
Tordesillas (1494): Este
documento establecía unha
liña imaxinaria, a 370 leguas
ao Oeste das illas de Cabo
Verde, que dividía as terras
que se ían colonizar: ao Oeste
do meridiano serían para
Castela, e ao Leste,para
Portugal. Creáronse os dous
grandes imperios ultramarinos
da Idade Moderna
O nome de América débese ao
navegante italiano Américo
Vespucio, que sostivo que as
terras descubertas por Colón
pertencían a un novo continente.
32. A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO
En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e
descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un novo
continente.
Entre 1519 e 1522 levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición,
dirixida por Fernando de Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como
capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos Atlántico e
Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.
35. OS POBOS PRECOLOMBINOS
Cando Colón chegou a América atopouse con prósperas civilizacións
coñecidas como precolombinas. Vívían da agricultura e eran politeistas.
Os pobos precolombinos máis importantes foron:
Os maias: vivían ao norte de América central e organizábanse en
cidades-Estado.
Os aztecas: desenvolveron un imperio no val de México, con capital
en Tenochtitlán.
Os incas: crearon un imperio nos altiplanos dos Andes, con capital en
Cuzco. O seu emperador era considerado un deus (fillo do Sol) e
recibía o nome de Inca.