SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 26
2º ESO
OS REINOS CRISTIÁNS
PENINSULARES
NA
IDADE MEDIA.
O REINO DE GALICIA
1.- ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES
● Os musulmáns controlaron rapidamente a
maior parte da Península Ibérica dende a súa
chegada no 711, menos as zonas montañosas
do norte onde xurdiron núcleos de resistencia
cristiáns.
● Na zona de Asturias, a poboación indíxena
liderada polo nobre visigodo Don Pelayo
derrotou aos musulmáns na batalla de
Covadonga (722), feito que se considera como
o inicio da Reconquista. Este triunfo permitiu a
formación do Reino de Asturias.
● A zona dos Pirineos estivo controlada por
Carlomagno durante a segunda metade do
século VIII, foi a chamada Marca Hispánica. A
medida que a autoridade dos reis francos
diminuía, estes territorios foron gobernados por
familias nobres locais que acabaron por formar
o reino de Pamplona, os condados de
Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os
condados cataláns.
2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
● A Reconquista foi un proceso no que
os reinos e condados cristiáns trataron
de recuperar as terras peninsulares
dominadas polos musulmáns e que
antes pertenceran á monarquía
visigoda.
● Entre os séculos VIII e X o avance
cristián foi moi lento:
– O reino de Asturias trasladou a
capital de Oviedo a León,
orixinándose o reino de León. No
seu interior xurdiron zonas
diferenciadas como o reino de
Galicia e os condados de Castela
e de Portugal.
– Na zona oriental o reinos e
condados cristiáns ampliaron cara
o sur os seus dominios.
EXPANSIÓN DO REINO DE ASTURIAS (SS. VIII-X) REINOS E CONDADOS PIRENAICOS (SS. VIII-X)
A PENÍNSULA IBÉRICA NO SÉCULO X
● Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa
fragmentación nos reinos de taifas favoreceu o avance cristián cara ao sur:
– No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I, 1038), incorporando máis
tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia. No século XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva
entre os reinos de León e Castela (Fernando III, 1230).
– O núcleo navarro chegou ao seu apoxeo con Sancho III o Maior. Rei de Navarra entre os anos 1000-1035,
estendeu o seu poder a Aragón e Castela. Foi o monarca máis poderoso dos reinos cristiáns da Península Ibérica
no s. XI.
– No século XI, os condados aragoneses deron lugar ao reino de Aragón (Ramiro I, 1035), que se transformou no
século XII na Coroa de Aragón (Alfonso II, 1164) incorporando os territorios do principado de Cataluña e o reino
de Valencia no século XIII (Jaime I o conquistador, 1238).
– No século XII o condado de Portugal consegue a independencia do reino de León, xurdindo o reino de Portugal
(Afonso Henriques – Afonso I, 1143).
2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
● A finais do século XIII só quedaba na Península un reino musulmán: o reino
de Granada, independente ata o 1492, ano no que foi conquistado polos
casteláns. Remataba así a presenza musulmá e a Reconquista.
2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
A península ibérica no século XV
EVOLUCIÓN DAS FRONTEIRAS ENTRE OS REINOS CRISTIÁNS E AL-ANDALUS
3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS
● Paralelamente ao proceso de Reconquista tivo
lugar o da repoboación cristiá, é dicir, a
ocupación das terras que foran conquistadas e
logo abandonadas polos musulmáns.
● Entre os séculos VIII e X:
– Realizouse a repoboación das zonas
situadas ao norte do río Douro e dos vales
pirenaicos, terras que pasaban a ser
propiedade do rei que as conquistara.
– O rei autorizaba a particulares a
establecerse nun determinado territorio
que pasaba a ser propiedade de quen o
ocupase e cultivase (Presura). Os máis
beneficiados foron os nobres e os
monxes que fundaban mosteiros, pero
tamén houbo campesiños libres.
– Para atraer poboación, os reis cristiáns
concedían cartas de poboamento,
documentos que delimitaban o territorio e
liberaban de obrigas feudais aos seus
habitantes
TIPOS DE REPOBOACIÓN
3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS
● Nos séculos XI e XIII:
– Repoboáronse os vales do Ebro e do Texo
mediante un sistema denominado concejil.
– Os reis trataron de atraer poboación
concedendo liberdades e privilexios aos
poboadores de vilas ou cidades situadas en
zona perigosa e de fronteira.
– O repoboación baseouse na creación de
concellos e cidades ás que se dotou de Foros
ou Cartas Pueblas. Estes foros outorgaban
liberdades e privilexios aos seus habitantes:
exención dalgúns impostos, redución de penas
por certos delitos,...
● A partires do século XIII:
– Principalmente na zona estremeña e
andaluza, os monarcas estableceron o
sistema de repartimiento, é dicir, repartían
entre nobres e ordes militares grandes
extensións de terras para que as poboasen,
controlasen e defendesen. Formáronse, deste
xeito, grandes latifundios.
CARTA PUEBLA DE CIDADE REAL
(1255, ALFONSO X “O SABIO”)
4.- A EXPANSIÓN DA COROA DE ARAGÓN POLO MEDITERRÁNEO
● Ademais da conquista dos reinos musulmáns, os reis de Aragón expandíronse polo
Mediterráneo entre os séculos XIII e XV.
● As zonas ocupadas foron: Baleares, Sicilia, Sardeña, Malta, sur da península
italiana (reino de Nápoles) e os ducados de Atenas e Neopatria (Grecia).
● Nesta expansión tiveron un papel destacado as compañías de almogávares,
soldados mercenarios.
● A sociedade cristiá peninsular foi,
como no resto de Europa, unha
sociedade estamental e xerarquizada.
● Os grupos privilexiados eran os nobres e
os eclesiásticos. Polo servizos que lles
prestaron aos reis durante a
Reconquista obtiveron grandes
beneficios.
● A condición dos non privilexiados, é
dicir, o resto da poboación, variaba
segundo dependesen dun señor feudal
(laico ou eclesiástico) ou directamente
do rei.
5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL NOS REINOS CRISTIÁNS
PIRÁMIDE SOCIAL FEUDAL
5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL
● Os diferentes reinos medievais peninsulares
presentan os seguintes trazos comúns:
– O rei era o soberano, tiña o poder supremo
que, segundo a Igrexa, era concedido por
Deus.
– O reino era patrimonio dos reis, de modo
que podía dividilo entre os seus herdeiros. A
partires do século XIII considerouse que o
reino debía transmitirse íntegro, sen dividir.
– O poder do rei estaba baseado nas
relacións de vasalaxe que establecía cos
nobres e cos eclesiásticos.
– Aparecen as Cortes (León, 1188) nas que
estaban representados a nobreza, o clero e
os habitantes das cidades. A función
principal era a aprobación de novos
impostos. Podían facer peticións ao rei.
Fernando III de Castela
5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL
● Entre Castela e Aragón había notables
diferenzas en canto ao exercicio do poder
dos monarcas:
– Na Coroa de Castela o poder real foi
cada vez máis forte, de modo que os
reis impuxeron a súa autoridade
recortáronlles privilexios aos señores
e unificando os dereitos forais en todo
o territorio, agás no caso dos señoríos
vascos. As mulleres podían herdar o
reino. O herdeiro real recibía o título
de príncipe de Asturias.
– Na Coroa de Aragón os monarcas
seguían unha tradición pactista pola
que os reis debían comprometerse a
respectar as leis e institucións
(privilexios forais) de cada reino
(diferentes en Aragón, Cataluña e
Valencia). As mulleres non podían
reinar.
Escudo da Coroa de Aragón
6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO
● A economía dos reinos cristiáns ata o século
XI era rural e fundamentouse na gandaría e a
agricultura. A terra era a base da riqueza e do
poder. O desenvolvemento urbano e comercial
era moi débil.
● A partires do século XII:
– Melloraron os rendementos agrarios e
tiveron gran importancia os cultivos
destinados ao comercio como o trigo, a
vide e a oliveira.
– Produciuse un forte desenvolvemento
da gandaría, especialmente a ovina en
Castela. A la obtida das ovellas abastecía
os mercados peninsulares e era exportada
a Europa. O Honrado Concejo de la
Mesta (1273), institución da que formaban
parte os grandes propietarios de rabaños,
regulaba as actividades gandeiras.
A MESTA
6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO
● A revitalización das vellas cidades e a fundación doutras novas estivo
vinculada, en gran medida, coa produción téxtil e artesanal, o comercio e a
exportación de la.
● No caso de Castela, o comercio da la concentrábase en Burgos, e dende
alí transportábase aos portos do Cantábrico (Laredo, Bilbao, Castro
Urdiales) desde onde se embarcaba cara a Flandres, sobre todo a Bruxes.
Para este comercio xurdiron mercados e feiras como a de Medina del
Campo.
● Na Coroa de Aragón destacaron as cidades de Barcelona e Valencia
estimuladas polo comercio marítimo polo Mar Mediterráneo e cara a
Flandres. Nelas desenvolvéronse actividades artesanais e manufacturas
(téxtil, metalúrxica, construción naval).
● Nos portos principais do Mediterráneo creáronse os Consulados da Mar
para defender os intereses dos comerciantes da Coroa de Aragón,
principalmente cataláns. A prosperidade comercial entre os séculos XIII-XV
favoreceu o desenvolvemento dunha poderosa burguesía.
RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE CASTELA
RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE ARAGÓN
7.- CONFLITOS SOCIAIS E POLÍTICOS NA BAIXA IDADE MEDIA
● A mediados do século XIV a chegada da
epidemia de Peste Negra (1348) deu lugar a
un período de crise económica e social nos
reinos peninsulares. Producíronse revoltas
campesiñas, conflitos nas cidades e
enfrontamentos entre nobreza e monarquía.
● En Castela a nobreza enfrontouse en
diferentes momentos á monarquía para
recuperar os seus privilexios. O conflito máis
importante foi a guerra civil entre Pedro I,
apoiado polos burgueses, e Enrique II, co
soporte dos nobres. A vitoria deste último
inaugurou unha nova dinastía, a Trastámara
(1369), no trono castelán.
● Na Coroa de Aragón, a crise económica
provocou o colapso do comercio marítimo. O
territorio máis prexudicado foi Cataluña.
Ademais, un conflito político levou ao cambio
de dinastía, os Trastámara (Compromiso de
Caspe, 1412). En Cataluña desatáronse
graves conflitos sociais como as revoltas
remensas e unha guerra civil (1462-1472)
entre o rei, apoiado pola Busca (pequenos
artesáns e comerciantes), e a Biga
(oligarquía urbana).
8.- A GALICIA MEDIEVAL
● A presenza musulmá en Galicia foi
escasa. Os exércitos musulmáns
realizaron varias incursións de
saqueo e castigo no territorio
galego. A máis significativa foi a
dirixida por Almanzor no 997 contra
a cidade de Santiago.
● Durante os séculos IX e X as costas
galegas sufriron ataques e saqueos
dos vikingos, que chegaron ata o
interior (Santiago e Lugo). Para
defender a entrada a Santiago pola
ría de Arousa, os bispos de
Compostela levantaron fortalezas
como as Torres do Oeste en Catoira.
Reconstrución
Actualidade
8.- A GALICIA MEDIEVAL
● Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas
quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte de
Alfonso III no 910, foi creado o reino de Galicia e
outorgado en herdanza a un dos seus fillos, Ordoño II.
● Foi reino independente do reino de León en breves
períodos (910-914, 926-929, 1065-1071), sempre como
resultado de repartimentos hereditarios.
● A titulación de reis de Galicia entre os monarcas
medievais casteláns e os seus sucesores no reino de
España perviviu ata o século XIX.
● O condado de Portugal, que formara parte do reino de
Galicia, no século XII estaba gobernado por Afonso
Henriques, vasalo do rei Alfonso VII de León e Castela
que, en 1143, foi proclamado rei de Portugal (Afonso I).
● A separación portuguesa reduciu Galicia aos límites
actuais.
ORDOÑO II
8.- A GALICIA MEDIEVAL
CASTELO DE DOIRAS
MOSTEIRO DE OSEIRA
● O establecemento do réxime feudal en Galicia permitiu a
concentración do poder e da propiedade da terra nas mans da
nobreza, os bispos e os mosteiros.
● Entre os séculos VIII e XIII, os nobres máis poderosos foron
os condes pertencentes a poderosas familias: Présaras,
Traba. Conseguiron formar grandes patrimonios grazas ás
doazóns reais como pago polos servizos prestados.
● Entre os séculos XIV e XV, a vella nobreza condal foi
desprazada por novas liñaxes (Osorio, Andrade, Lemos,
Altamira, Sarmiento, Soutomaior), a chamada nobreza dos
cabaleiros, favorecida con mercés e patrimonios por Enrique
de Trastámara pola axuda que lle prestaran na loita contra
Pedro I.
● Os señores eclesiásticos formaban o grupo máis poderoso
da sociedade galega polas propiedades que tiñan e rendas
que percibían:
– Destacaron os mosteiros (Sobrado, Oseira, Meira, Oia,
Celanova,...) que acumulaban terras procedentes de
doazóns de fieis, compras e concesións dos reis.
Realizaban a explotación mediante granxas.
– As sedes episcopais, especialmente a de Santiago,
acumularon grandes propiedades e dominaron extensos
territorios.
8.- A GALICIA MEDIEVAL
DIEGO XELMÍREZ
CATEDRAL DE SANTIAGO: RECONSTRUCIÓN
● O descubrimento, no 813, dunha tumba
que, segundo a tradición, conservaba os
restos do apóstolo Santiago permitiulle á
cidade de Compostela e aos seus bispos
beneficiarse do seu culto.
● O máis destacado dos seus bispos foi
Diego Xelmírez quen se dedicou a
potenciar a cidade e o seu señorío,
organizando as peregrinacións, dándolle un
importante empuxe construtivo á catedral e
conseguindo do Papa, en 1122, o privilexio
do Ano Santo (todos os anos nos que o 25
de xullo coincida en domingo).
● O labor de Xelmírez permite falar da era
compostelá como a época de florecemento
de Santiago de Compostela e o seu señorío
no século XII.
8.- A GALICIA MEDIEVAL
● A poboación galega sometida aos señores
(non privilexiados) vivía no campo, nas vilas e
nas cidades:
– A maioría dos labregos galegos
traballaban terras arrendadas en foro. Os
foros eran contratos de longa duración
nos que unha persoa (señor) ou institución
(mosteiro, igrexa) propietaria lle cedía a
outra o uso dunha terra a cambio dunha
renda, case sempre en especie.
– Os burgueses cobraron importancia a
partires do século XIII pola reactivación da
vida urbana.
– As vilas e cidades que máis se
desenvolveron foron as sedes episcopais
(Mondoñero, Tui, Ourense, Lugo e
Santiago), as que estaban situadas no
camiño de peregrinación a Santiago
(Portomarín, Melide, Arzúa) e as
costeiras, relacionadas co comercio
marítimo e a pesca (Pontevedra, A Coruña,
Ribadeo, Noia, Betanzos,...).
VILAS E CIDADES GALEGAS NA IDADE MEDIA
● Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da
Península e a de Europa, viviu tempos difíciles, de crises políticas e sociais:
– Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame, seguiulles a entrada
da Peste Negra polo porto de Baiona en 1348 que provocou miles de vítimas.
– As xentes das vilas e das cidades protagonizaron revoltas contra os abusos dos señores,
sobre todo contra os bispos: Lugo (Martiño Cego e María Castaña, 1386), Santiago (1418) e
Ourense (1419).
– A revolta máis significativa foi a dos irmandiños. A orixe do conflito está na violencia con que
actuaron os señores feudais á hora de esixir o pago das rendas e impoñer novos tributos,
ademais de saquear as propiedades dos labregos. Ante esta situación, labregos e habitantes
de vilas e cidades formaron irmandades, asociacións de axuda mutua para enfrontarse aos
señores.
● No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios
dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos
con extrema dureza, estivo dirixida por Roi Xordo e rematou coa derrota dos
irmandiños.
● Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Gran Guerra Irmandiña que reuniu a gran
parte da poboación galega nunha irmandade contra os abusos da nobreza (Andrade,
Moscoso, Lemos, Ulloa,...). Os líderes máis salientables foron Alonso de Lanzós,
Pedro de Osorio e Diego de Lemos. A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e
fortalezas dos nobres. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130
fortalezas foron destruídas. Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e,
baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela,
derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago.
8.- A GALICIA MEDIEVAL
Castelo de Navia de Suarna: unha
das moitas fortalezas destruídas
polos irmandiños.
Castelo de Pambre (Palas
de Rei): un dos poucos
castelos que quedaron en
pé trala revolta irmandiña.
FIN

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

La Edad Media. Los reinos cristianos
La Edad Media. Los reinos cristianosLa Edad Media. Los reinos cristianos
La Edad Media. Los reinos cristianos
smerino
 
Al Andalus evolucion politica
Al Andalus evolucion politicaAl Andalus evolucion politica
Al Andalus evolucion politica
Oscar Leon
 
TRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUSTRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUS
4crodrigo
 

Was ist angesagt? (20)

La península Ibérica en los siglos XI y XV
La península Ibérica en los siglos XI y XVLa península Ibérica en los siglos XI y XV
La península Ibérica en los siglos XI y XV
 
Adh 2 eso formación y expansión de los reinos cristianos
Adh 2 eso formación y expansión de los reinos cristianosAdh 2 eso formación y expansión de los reinos cristianos
Adh 2 eso formación y expansión de los reinos cristianos
 
1º de ESO - Tema 5 - Los climas de la Tierra
1º de ESO - Tema 5 - Los climas de la Tierra1º de ESO - Tema 5 - Los climas de la Tierra
1º de ESO - Tema 5 - Los climas de la Tierra
 
LOS GRANDES REINOS PENINSULARES
LOS GRANDES REINOS PENINSULARESLOS GRANDES REINOS PENINSULARES
LOS GRANDES REINOS PENINSULARES
 
Al andalus presentacion completa
Al andalus presentacion completaAl andalus presentacion completa
Al andalus presentacion completa
 
Tema 6. Al-Andalus
Tema 6. Al-AndalusTema 6. Al-Andalus
Tema 6. Al-Andalus
 
Historia de una frontera
Historia de una fronteraHistoria de una frontera
Historia de una frontera
 
ESQUEMA TEMA 5 AL-ANDALUS
ESQUEMA TEMA 5 AL-ANDALUSESQUEMA TEMA 5 AL-ANDALUS
ESQUEMA TEMA 5 AL-ANDALUS
 
La Edad Media. Los reinos cristianos
La Edad Media. Los reinos cristianosLa Edad Media. Los reinos cristianos
La Edad Media. Los reinos cristianos
 
Al Andalus evolucion politica
Al Andalus evolucion politicaAl Andalus evolucion politica
Al Andalus evolucion politica
 
Tema 2: l'Edat Mitjana: Al-Àndalus i els regnes cristians (segles VIII-XV).
Tema 2: l'Edat Mitjana: Al-Àndalus i els regnes cristians (segles VIII-XV).Tema 2: l'Edat Mitjana: Al-Àndalus i els regnes cristians (segles VIII-XV).
Tema 2: l'Edat Mitjana: Al-Àndalus i els regnes cristians (segles VIII-XV).
 
Al andalus 2º ESO
Al andalus 2º ESOAl andalus 2º ESO
Al andalus 2º ESO
 
La fragmentación del mundo antiguo 2º ESO
La fragmentación del mundo antiguo 2º ESOLa fragmentación del mundo antiguo 2º ESO
La fragmentación del mundo antiguo 2º ESO
 
Tema 6 al andalus 2º eso
Tema 6 al andalus 2º esoTema 6 al andalus 2º eso
Tema 6 al andalus 2º eso
 
La fi del món antic.
La fi del món antic. La fi del món antic.
La fi del món antic.
 
Adh 2 eso la europa feudal
Adh 2 eso  la europa feudalAdh 2 eso  la europa feudal
Adh 2 eso la europa feudal
 
El Islam 2º ESO
El Islam 2º ESOEl Islam 2º ESO
El Islam 2º ESO
 
TRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUSTRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUS
 
7. Los reinos cristianos hispánicos
7. Los reinos cristianos hispánicos7. Los reinos cristianos hispánicos
7. Los reinos cristianos hispánicos
 
TEMA 5 LA PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE LOS SIGLOS XI Y XV
TEMA 5 LA PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE LOS SIGLOS XI Y XVTEMA 5 LA PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE LOS SIGLOS XI Y XV
TEMA 5 LA PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE LOS SIGLOS XI Y XV
 

Ähnlich wie Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
rubempaul
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
rubempaul
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
camposseijo
 
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsularesFormación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
mercedesdans
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Daniel Verea Vázquez
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
icoico1
 
Península Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade MediaPenínsula Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade Media
pedriculas
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
saratoti
 
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristiansTema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
Santi Pazos
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
rubempaul
 
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsularesTema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
Daniel Verea Vázquez
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
rubempaul
 

Ähnlich wie Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia (20)

Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsularesFormación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
 
Presentación cc sociais
Presentación cc sociaisPresentación cc sociais
Presentación cc sociais
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de CastelaTema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
 
Península Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade MediaPenínsula Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade Media
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
 
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristiansTema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsularesTema 5. os grandes reinos peninsulares
Tema 5. os grandes reinos peninsulares
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 

Mehr von rubempaul

2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 

Mehr von rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

  • 1. 2º ESO OS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES NA IDADE MEDIA. O REINO DE GALICIA
  • 2. 1.- ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES ● Os musulmáns controlaron rapidamente a maior parte da Península Ibérica dende a súa chegada no 711, menos as zonas montañosas do norte onde xurdiron núcleos de resistencia cristiáns. ● Na zona de Asturias, a poboación indíxena liderada polo nobre visigodo Don Pelayo derrotou aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), feito que se considera como o inicio da Reconquista. Este triunfo permitiu a formación do Reino de Asturias. ● A zona dos Pirineos estivo controlada por Carlomagno durante a segunda metade do século VIII, foi a chamada Marca Hispánica. A medida que a autoridade dos reis francos diminuía, estes territorios foron gobernados por familias nobres locais que acabaron por formar o reino de Pamplona, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os condados cataláns.
  • 3. 2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN ● A Reconquista foi un proceso no que os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras peninsulares dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda. ● Entre os séculos VIII e X o avance cristián foi moi lento: – O reino de Asturias trasladou a capital de Oviedo a León, orixinándose o reino de León. No seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia e os condados de Castela e de Portugal. – Na zona oriental o reinos e condados cristiáns ampliaron cara o sur os seus dominios.
  • 4. EXPANSIÓN DO REINO DE ASTURIAS (SS. VIII-X) REINOS E CONDADOS PIRENAICOS (SS. VIII-X) A PENÍNSULA IBÉRICA NO SÉCULO X
  • 5. ● Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa fragmentación nos reinos de taifas favoreceu o avance cristián cara ao sur: – No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I, 1038), incorporando máis tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia. No século XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva entre os reinos de León e Castela (Fernando III, 1230). – O núcleo navarro chegou ao seu apoxeo con Sancho III o Maior. Rei de Navarra entre os anos 1000-1035, estendeu o seu poder a Aragón e Castela. Foi o monarca máis poderoso dos reinos cristiáns da Península Ibérica no s. XI. – No século XI, os condados aragoneses deron lugar ao reino de Aragón (Ramiro I, 1035), que se transformou no século XII na Coroa de Aragón (Alfonso II, 1164) incorporando os territorios do principado de Cataluña e o reino de Valencia no século XIII (Jaime I o conquistador, 1238). – No século XII o condado de Portugal consegue a independencia do reino de León, xurdindo o reino de Portugal (Afonso Henriques – Afonso I, 1143). 2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
  • 6. ● A finais do século XIII só quedaba na Península un reino musulmán: o reino de Granada, independente ata o 1492, ano no que foi conquistado polos casteláns. Remataba así a presenza musulmá e a Reconquista. 2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN A península ibérica no século XV
  • 7. EVOLUCIÓN DAS FRONTEIRAS ENTRE OS REINOS CRISTIÁNS E AL-ANDALUS
  • 8. 3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS ● Paralelamente ao proceso de Reconquista tivo lugar o da repoboación cristiá, é dicir, a ocupación das terras que foran conquistadas e logo abandonadas polos musulmáns. ● Entre os séculos VIII e X: – Realizouse a repoboación das zonas situadas ao norte do río Douro e dos vales pirenaicos, terras que pasaban a ser propiedade do rei que as conquistara. – O rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen o ocupase e cultivase (Presura). Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros, pero tamén houbo campesiños libres. – Para atraer poboación, os reis cristiáns concedían cartas de poboamento, documentos que delimitaban o territorio e liberaban de obrigas feudais aos seus habitantes TIPOS DE REPOBOACIÓN
  • 9. 3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS ● Nos séculos XI e XIII: – Repoboáronse os vales do Ebro e do Texo mediante un sistema denominado concejil. – Os reis trataron de atraer poboación concedendo liberdades e privilexios aos poboadores de vilas ou cidades situadas en zona perigosa e de fronteira. – O repoboación baseouse na creación de concellos e cidades ás que se dotou de Foros ou Cartas Pueblas. Estes foros outorgaban liberdades e privilexios aos seus habitantes: exención dalgúns impostos, redución de penas por certos delitos,... ● A partires do século XIII: – Principalmente na zona estremeña e andaluza, os monarcas estableceron o sistema de repartimiento, é dicir, repartían entre nobres e ordes militares grandes extensións de terras para que as poboasen, controlasen e defendesen. Formáronse, deste xeito, grandes latifundios. CARTA PUEBLA DE CIDADE REAL (1255, ALFONSO X “O SABIO”)
  • 10. 4.- A EXPANSIÓN DA COROA DE ARAGÓN POLO MEDITERRÁNEO ● Ademais da conquista dos reinos musulmáns, os reis de Aragón expandíronse polo Mediterráneo entre os séculos XIII e XV. ● As zonas ocupadas foron: Baleares, Sicilia, Sardeña, Malta, sur da península italiana (reino de Nápoles) e os ducados de Atenas e Neopatria (Grecia). ● Nesta expansión tiveron un papel destacado as compañías de almogávares, soldados mercenarios.
  • 11. ● A sociedade cristiá peninsular foi, como no resto de Europa, unha sociedade estamental e xerarquizada. ● Os grupos privilexiados eran os nobres e os eclesiásticos. Polo servizos que lles prestaron aos reis durante a Reconquista obtiveron grandes beneficios. ● A condición dos non privilexiados, é dicir, o resto da poboación, variaba segundo dependesen dun señor feudal (laico ou eclesiástico) ou directamente do rei. 5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL NOS REINOS CRISTIÁNS PIRÁMIDE SOCIAL FEUDAL
  • 12. 5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL ● Os diferentes reinos medievais peninsulares presentan os seguintes trazos comúns: – O rei era o soberano, tiña o poder supremo que, segundo a Igrexa, era concedido por Deus. – O reino era patrimonio dos reis, de modo que podía dividilo entre os seus herdeiros. A partires do século XIII considerouse que o reino debía transmitirse íntegro, sen dividir. – O poder do rei estaba baseado nas relacións de vasalaxe que establecía cos nobres e cos eclesiásticos. – Aparecen as Cortes (León, 1188) nas que estaban representados a nobreza, o clero e os habitantes das cidades. A función principal era a aprobación de novos impostos. Podían facer peticións ao rei. Fernando III de Castela
  • 13. 5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL ● Entre Castela e Aragón había notables diferenzas en canto ao exercicio do poder dos monarcas: – Na Coroa de Castela o poder real foi cada vez máis forte, de modo que os reis impuxeron a súa autoridade recortáronlles privilexios aos señores e unificando os dereitos forais en todo o territorio, agás no caso dos señoríos vascos. As mulleres podían herdar o reino. O herdeiro real recibía o título de príncipe de Asturias. – Na Coroa de Aragón os monarcas seguían unha tradición pactista pola que os reis debían comprometerse a respectar as leis e institucións (privilexios forais) de cada reino (diferentes en Aragón, Cataluña e Valencia). As mulleres non podían reinar. Escudo da Coroa de Aragón
  • 14. 6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO ● A economía dos reinos cristiáns ata o século XI era rural e fundamentouse na gandaría e a agricultura. A terra era a base da riqueza e do poder. O desenvolvemento urbano e comercial era moi débil. ● A partires do século XII: – Melloraron os rendementos agrarios e tiveron gran importancia os cultivos destinados ao comercio como o trigo, a vide e a oliveira. – Produciuse un forte desenvolvemento da gandaría, especialmente a ovina en Castela. A la obtida das ovellas abastecía os mercados peninsulares e era exportada a Europa. O Honrado Concejo de la Mesta (1273), institución da que formaban parte os grandes propietarios de rabaños, regulaba as actividades gandeiras. A MESTA
  • 15. 6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO ● A revitalización das vellas cidades e a fundación doutras novas estivo vinculada, en gran medida, coa produción téxtil e artesanal, o comercio e a exportación de la. ● No caso de Castela, o comercio da la concentrábase en Burgos, e dende alí transportábase aos portos do Cantábrico (Laredo, Bilbao, Castro Urdiales) desde onde se embarcaba cara a Flandres, sobre todo a Bruxes. Para este comercio xurdiron mercados e feiras como a de Medina del Campo. ● Na Coroa de Aragón destacaron as cidades de Barcelona e Valencia estimuladas polo comercio marítimo polo Mar Mediterráneo e cara a Flandres. Nelas desenvolvéronse actividades artesanais e manufacturas (téxtil, metalúrxica, construción naval). ● Nos portos principais do Mediterráneo creáronse os Consulados da Mar para defender os intereses dos comerciantes da Coroa de Aragón, principalmente cataláns. A prosperidade comercial entre os séculos XIII-XV favoreceu o desenvolvemento dunha poderosa burguesía.
  • 16. RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE CASTELA
  • 17. RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE ARAGÓN
  • 18. 7.- CONFLITOS SOCIAIS E POLÍTICOS NA BAIXA IDADE MEDIA ● A mediados do século XIV a chegada da epidemia de Peste Negra (1348) deu lugar a un período de crise económica e social nos reinos peninsulares. Producíronse revoltas campesiñas, conflitos nas cidades e enfrontamentos entre nobreza e monarquía. ● En Castela a nobreza enfrontouse en diferentes momentos á monarquía para recuperar os seus privilexios. O conflito máis importante foi a guerra civil entre Pedro I, apoiado polos burgueses, e Enrique II, co soporte dos nobres. A vitoria deste último inaugurou unha nova dinastía, a Trastámara (1369), no trono castelán. ● Na Coroa de Aragón, a crise económica provocou o colapso do comercio marítimo. O territorio máis prexudicado foi Cataluña. Ademais, un conflito político levou ao cambio de dinastía, os Trastámara (Compromiso de Caspe, 1412). En Cataluña desatáronse graves conflitos sociais como as revoltas remensas e unha guerra civil (1462-1472) entre o rei, apoiado pola Busca (pequenos artesáns e comerciantes), e a Biga (oligarquía urbana).
  • 19. 8.- A GALICIA MEDIEVAL ● A presenza musulmá en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións de saqueo e castigo no territorio galego. A máis significativa foi a dirixida por Almanzor no 997 contra a cidade de Santiago. ● Durante os séculos IX e X as costas galegas sufriron ataques e saqueos dos vikingos, que chegaron ata o interior (Santiago e Lugo). Para defender a entrada a Santiago pola ría de Arousa, os bispos de Compostela levantaron fortalezas como as Torres do Oeste en Catoira. Reconstrución Actualidade
  • 20. 8.- A GALICIA MEDIEVAL ● Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte de Alfonso III no 910, foi creado o reino de Galicia e outorgado en herdanza a un dos seus fillos, Ordoño II. ● Foi reino independente do reino de León en breves períodos (910-914, 926-929, 1065-1071), sempre como resultado de repartimentos hereditarios. ● A titulación de reis de Galicia entre os monarcas medievais casteláns e os seus sucesores no reino de España perviviu ata o século XIX. ● O condado de Portugal, que formara parte do reino de Galicia, no século XII estaba gobernado por Afonso Henriques, vasalo do rei Alfonso VII de León e Castela que, en 1143, foi proclamado rei de Portugal (Afonso I). ● A separación portuguesa reduciu Galicia aos límites actuais. ORDOÑO II
  • 21. 8.- A GALICIA MEDIEVAL CASTELO DE DOIRAS MOSTEIRO DE OSEIRA ● O establecemento do réxime feudal en Galicia permitiu a concentración do poder e da propiedade da terra nas mans da nobreza, os bispos e os mosteiros. ● Entre os séculos VIII e XIII, os nobres máis poderosos foron os condes pertencentes a poderosas familias: Présaras, Traba. Conseguiron formar grandes patrimonios grazas ás doazóns reais como pago polos servizos prestados. ● Entre os séculos XIV e XV, a vella nobreza condal foi desprazada por novas liñaxes (Osorio, Andrade, Lemos, Altamira, Sarmiento, Soutomaior), a chamada nobreza dos cabaleiros, favorecida con mercés e patrimonios por Enrique de Trastámara pola axuda que lle prestaran na loita contra Pedro I. ● Os señores eclesiásticos formaban o grupo máis poderoso da sociedade galega polas propiedades que tiñan e rendas que percibían: – Destacaron os mosteiros (Sobrado, Oseira, Meira, Oia, Celanova,...) que acumulaban terras procedentes de doazóns de fieis, compras e concesións dos reis. Realizaban a explotación mediante granxas. – As sedes episcopais, especialmente a de Santiago, acumularon grandes propiedades e dominaron extensos territorios.
  • 22. 8.- A GALICIA MEDIEVAL DIEGO XELMÍREZ CATEDRAL DE SANTIAGO: RECONSTRUCIÓN ● O descubrimento, no 813, dunha tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do apóstolo Santiago permitiulle á cidade de Compostela e aos seus bispos beneficiarse do seu culto. ● O máis destacado dos seus bispos foi Diego Xelmírez quen se dedicou a potenciar a cidade e o seu señorío, organizando as peregrinacións, dándolle un importante empuxe construtivo á catedral e conseguindo do Papa, en 1122, o privilexio do Ano Santo (todos os anos nos que o 25 de xullo coincida en domingo). ● O labor de Xelmírez permite falar da era compostelá como a época de florecemento de Santiago de Compostela e o seu señorío no século XII.
  • 23. 8.- A GALICIA MEDIEVAL ● A poboación galega sometida aos señores (non privilexiados) vivía no campo, nas vilas e nas cidades: – A maioría dos labregos galegos traballaban terras arrendadas en foro. Os foros eran contratos de longa duración nos que unha persoa (señor) ou institución (mosteiro, igrexa) propietaria lle cedía a outra o uso dunha terra a cambio dunha renda, case sempre en especie. – Os burgueses cobraron importancia a partires do século XIII pola reactivación da vida urbana. – As vilas e cidades que máis se desenvolveron foron as sedes episcopais (Mondoñero, Tui, Ourense, Lugo e Santiago), as que estaban situadas no camiño de peregrinación a Santiago (Portomarín, Melide, Arzúa) e as costeiras, relacionadas co comercio marítimo e a pesca (Pontevedra, A Coruña, Ribadeo, Noia, Betanzos,...). VILAS E CIDADES GALEGAS NA IDADE MEDIA
  • 24. ● Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles, de crises políticas e sociais: – Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame, seguiulles a entrada da Peste Negra polo porto de Baiona en 1348 que provocou miles de vítimas. – As xentes das vilas e das cidades protagonizaron revoltas contra os abusos dos señores, sobre todo contra os bispos: Lugo (Martiño Cego e María Castaña, 1386), Santiago (1418) e Ourense (1419). – A revolta máis significativa foi a dos irmandiños. A orixe do conflito está na violencia con que actuaron os señores feudais á hora de esixir o pago das rendas e impoñer novos tributos, ademais de saquear as propiedades dos labregos. Ante esta situación, labregos e habitantes de vilas e cidades formaron irmandades, asociacións de axuda mutua para enfrontarse aos señores. ● No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, estivo dirixida por Roi Xordo e rematou coa derrota dos irmandiños. ● Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Gran Guerra Irmandiña que reuniu a gran parte da poboación galega nunha irmandade contra os abusos da nobreza (Andrade, Moscoso, Lemos, Ulloa,...). Os líderes máis salientables foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos. A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas dos nobres. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas. Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela, derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago. 8.- A GALICIA MEDIEVAL
  • 25. Castelo de Navia de Suarna: unha das moitas fortalezas destruídas polos irmandiños. Castelo de Pambre (Palas de Rei): un dos poucos castelos que quedaron en pé trala revolta irmandiña.
  • 26. FIN