3. 1.- AS ORIXES DE ROMA
● Unha lenda conta que Rómulo e
Remo, descendentes do troiano
Eneas, fundaron a cidade de Roma
no ano 753 a.C.
● No primeiro milenio a.C., a
Península Itálica estaba ocupada por
diferentes pobos: no norte residían os
etruscos, no centro habitaban os
latinos e no sur había colonias
gregas (Magna Grecia).
● No século VIII a. C. Os latinos
ocuparon os sete outeiros próximos
ao Tíber, onde levantaron os
primeiros poboados que anos máis
tarde deron lugar a unha cidade que
se chamaría Roma.
4. ● Durante este período a forma de goberno que tivo a a cidade foi a
monarquía, onde o rei tiña todos os poderes e gobernaba coa axuda dun
Senado, composto por patricios, isto é, os membros das grandes familias
aristocráticas.
● Roma tivo sete reis, catro de orixe latina e tres etruscos, un pobo que ocupou
o Lacio (centro da península itálica).
● Formáronse dous grupos sociais ben diferenciados: patricios (eran
propietarios e gobernaban a cidade) e plebeos (non tiñan propiedades e
carecían de dereitos políticos).
2.- A ÉPOCA DA MONARQUÍA (753-509 a.C.)
5. 3.- A ROMA REPUBLICANA (509 a.C.-27 a.C.)
POLÍTICA
.● No ano 509 a.C., os patricios alíanse cos
plebeos e rematan co derradeiro monarca (rei)
etrusco: Tarquinio o Soberbio. Roma
converteuse nunha República.
● Os poderes que antes tiña o monarca
repartiuse en tres institucións:
– Os comicios: xuntanza en asemblea
para votaren as leis e elixiren os
maxistrados.
– Os maxistrados: eran elixidos
anualmente e gobernaban a cidade.
Os máis importantes eran os
cónsules.
– O Senado: formado por 300 antigos
maxistrados, case todos patricios.
Ratificaba as leis aprobadas nos
comicios e resolvía os asuntos de
política exterior e finanzas.
6. SOCIEDADE
● Os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos que os patricios. No século V a.C.
conseguiron un representante que defendía os seus intereses, o Tribuno da plebe e a
Lei das Doce Táboas, a lei da igualdade romana, que os convertía en cidadáns.
● No entanto, as mulleres quedaban excluídas da cidadanía ao igual que os
estranxeiros.
● Os escravos non gozaban de ningún dereito e pertencían ao seu amo. Se este lles
concedía a liberdade, convertíanse en libertos. A sociedade da Roma antiga foi
escravista.
● Entre os anos 133 e 44 a.C. a república romana entrou en crise debido a conflitos
sociais, como a revolta dirixida polos irmáns Graco (no século II a.C.) ou a revolta de
escravos (séc. I a.C.) liderada por Espartaco, e ás Guerras civís onde xefes militares
ao fronte das lexións se fixeron co poder, como sucedeu, por exemplo, con Xulio César
que logo sería asasinado.
7. CONQUISTAS
● Roma conquistou enormes territorios entorno ao mar Mediterráneo (mare nostrum)
grazas a un numeroso e eficaz exército, as lexións romanas: someteu toda a península
Itálica, enfrontouse e derrotou, nas denominadas Guerras Púnicas, a Cartago,
apoderouse de Grecia, Hispania, a Galia, Britania e de zonas de Europa central. Todas
estas conquistas proporcionáronlle enormes riquezas.
8. ● Tras a morte de Xulio César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu os seus rivais nunha
guerra civil e converteuse no home máis poderoso de Roma. No ano 27 a.C., o Senado
concedeulle o título de Augusto (Octavio Augusto), que significa "elixido polos deuses".
● Augusto concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares e inaugurou
un novo sistema de goberno: o Imperio. Foi nomeado xefe do exército co título de
emperador.
● As antigas institucións republicanas (Senado, comicios,…) continuaron existindo,
pero carecían de todo poder real.
● A sociedade durante o Imperio dividíase en cidadáns (nobilitas, cabaleiros, plebe) e
non cidadáns (libertos e escravos).
● Os territorios do Imperio organizáronse en provincias, cun gobernador á fronte.
● Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión. Foi a
época da pax romana e dunha gran prosperidade.
● En todo o Imperio adoptouse a lingua e a cultura latinas (romanización).
● No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a todos os
habitantes do Imperio.
4.- O IMPERIO ROMANO
4.1 O ALTO IMPERIO ROMANO
10. A sociedade durante o Imperio
Reconstrución da cidade de RomaReconstrución da cidade de Roma
11. ● A partir do século III, o Imperio romano entrou en crise por unha serie de
causas: ataques dos pobos bárbaros, debilitación da autoridade imperial,
revoltas militares e dificultades económicas que o empobreceron.
● No ano 395 d.C., o emperador Teodosio, para facilitar a defensa do Imperio,
dividiuno entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio.
– O Imperio romano de Occidente.
– O Imperio romano de Oriente ou bizantino que perdurará ata o 1453.
● Dende finais do século III, diversos pobos xermánicos ou bárbaros (suevos,
vándalos, alanos, visigodos, hunos -dirixidos por Atila-, etc.) foron invadindo o
Imperio romano de Occidente.
● No ano 476, Odoacro destituíu a Rómulo Augústulo, último emperador
romano de occidente.
● Coa caída do Imperio de Occidente iníciase en Europa unha nova época: a
Idade Media.
4.- O IMPERIO ROMANO
4.1 A CRISE DO SÉCULO III E O BAIXO IMPERIO ROMANO
14. 6.- A PROSPERIDADE AGRÍCOLA E COMERCIAL
● Os romanos desenvolveron unha próspera agricultura e introduciron nos
lugares conquistados avances: arado romano, muíño de gran, prensa de aceite
e viño, e novos sistemas de regadío e cultivos.
● A explotación agrícola realizábase en:
– Colonias agrícolas, propiedade de pequenos campesiños que as
traballaban para subsistir.
– Vilas, latifundios en mans de ricos e poderosos romanos traballados por
escravos.
● As relacións comerciais entre todos os lugares do Imperio realizábanse
esencialmente por mar.
● Tamén se construíron por todo o Imperio extensas calzadas que unían Roma
coas provincias e as súas cidades máis importantes.
● A existencia dunha moeda utilizable en todas as terras do Imperio facilitou o
comercio: as, denario, sestercio.
18. 7.- A RELIXIÓN ROMANA. O CRISTIANISMO
● Os romanos, igual que os gregos, eran politeístas. Adoraban os mesmos
deuses, só que lles cambiaron o nome: Xúpiter (Zeus), Neptuno (Poseidón),…
● Os romanos tiñan uns deuses que coidaban da casa e do fogar, lares e
penates. Tamén honraban aos seus antepasados, os deuses manes.
● A partires do I d.C, os romanos libres debían prometerlle fidelidade a Roma e
ao Emperador, convertendo a este último case nun Deus, organizándose un
culto imperial.
● O cristianismo xurdiu en Palestina como unha nova relixión monoteísta
baseada nas ensinanzas de Xesús de Nazaret.
● As autoridades romanas considerábanos rebeldes e comezaron a perseguir
aos cristiáns. Moitos morreron crucificados ou botados ás fieras.
● No ano 313 d.C., Constantino autorizou a nova relixión (Edicto de Milán), e
acabou coas persecucións aos cristiáns, converténdose el mesmo ao
cristianismo.
● No 380 d.C. o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do
Imperio (Edicto de Tesalónica).
21. 8.- A HERDANZA CULTURAL ROMANA
● Os romanos foron un pobo máis práctico que os gregos xa que foron grandes
enxeñeiros e amantes do ocio.
● Unha das grandes contribucións da cultura romana á civilización occidental
foi o dereito (leis e normas polas que se rixe unha sociedade).
● O latín era a lingua oficial do Imperio e deu orixe as linguas romances.
● Nas zonas baixo o poder de Roma produciuse un proceso de romanización,
é dicir, de adopcións das súas institucións, costumes, organización social e
lingua.
22. 9.- ARTE ROMANA
● Os romanos salientaron na construción de obras públicas e
no urbanismo, foron grandes enxeñeiros.
● Nas súas edificacións mesturaron elementos
arquitectónicos gregos, como o sistema de sustentación por
columnas, con técnicas etruscas ou orientais, como o
arco e a bóveda. Tamén empregaron a cúpula.
● Empregaban como material construtivo ladrillos e un
primitivo formigón, outra das contribucións da arquitectura
romana. Os edificios públicos máis luxosos recubríanse de
adobe pintado ou de mármore.
● As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas
formaban unha cuadrícula. As vivendas podían ser
unifamiliares (domus) ou de varios andares, que acabaron
recibindo tamén o nome de ínsulas.
● O eixe da cidade viña definido por dúas rúas principais: o
cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe Le-O) que se cruzában
nunha gran praza, o foro, que acollía os edificios públicos
máis importantes.
Plano dunha cidade romana
9.1 A ARQUITECTURA: AS CIDADES
23.
24. OBRAS PÚBLICAS
Entre as obras públicas romanas cabe salientar as seguintes:
● Os edificios relixiosos, como o templo, tanto de planta rectangular como circular.
● Os edificios destinados á administración e ao goberno, como o foro e mais a basílica.
● Os espazos para o lecer, entre os que salientan o teatro, o anfiteatro, o circo e mais as
termas.
● As vías de comunicación, principalmente as calzadas e as pontes.
● Os acuedutos para abasteceren de auga as cidades.
● Os monumentos conmemorativos, como as columnas, os mausoleos e os arcos de
triunfo.
Columna de Trajano
Mausoleo de Augusto Arco de Constantino
28. ● A escultura romana está moi
influída pola grega. Coñecemos
moitas esculturas gregas porque ata
nós chegaron as súas copias
romanas, non as orixinais.
TIPOLOXÍA ESCULTÓRICA
– Retrato: que presenta un
marcado realismo en
contraposición co idealismo dos
gregos, amosaban mesmo os
defectos da persoa
representada. O busto, que é a
representación da cabeza e
dunha parte do tronco, acadou
un enorme éxito, así como as
estatuas ecuestres.
– Relevo: Amosan aspectos da
vida cotiá e as xestas dos
exércitos e dos emperadores
romanos (conmemorativos).
Togado Barberini
Marco Aurelio
Augusto de prima porta
Procesión Ara Pacis
9.2 A ESCULTURA ROMANA
29. 9.3 A PINTURA ROMANA
● Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais. Consérvanse sobre
todo na cidade de Pompeia. As devanditas pinturas realizábanse coa técnica do fresco
● Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as
paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía.
● A pintura caracterizábase polo seu realismo, detallismo, colorido e uso da perspectiva.
30. 9.4 O MOSAICO
● Os mosaicos servían para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das
casas. Elaborábanos con pequenas pezas de pedra, vídro ou cerámica chamadas
teselas.
● Os mosaicos podían ter decoración xeométrica ou figurativa. Na decoración
figurativa representábanse temas da vida cotiá, mitolóxicos, paisaxes,...