SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 9
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Published on Eduga (http://www.edu.xunta.gal/eduga)
Inicio > Unha montaña de cine!
Unha montaña de cine!
Plan Proxecta [1]
Rocío Méndez Penela. Mestra de Pedagoxía Terapéutica e directora do CPI Uxío Novoneira
Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
rocio.mendez@edu.xunta.es [2]
1. Xustificación
O CPI Uxío Novoneira é un centro público integrado onde se imparte educación infantil, educación primaria e educación secundaria
obrigatoria e que escolariza 31 alumnos e alumnas. Está situado en Pedrafita do Cebreiro, un concello da provincia de Lugo nas
montañas dos Ancares e do Courel. É un centro con moi pouca matrícula debido aos problemas de despoboación que está
sufrindo a zona desde hai anos.
O número de alumnado leva a que, en primaria e infantil, os grupos estean formados por varios niveis; todo o alumnado de infantil
está nunha mesma aula (2 nenas e 4 nenos), tamén o de primeiro a terceiro de primaria (2 nenas e 6 nenos) e, por último, o de
cuarto a sexto de primaria, que constitúe un grupo formado por 4 nenas e 2 nenos. En secundaria, non hai agrupamentos a pesar
da baixa matrícula, o que provoca que haxa titorías dun só alumno como sucede en terceiro da ESO. O total de alumnos en
secundaria é de 11 (3 alumnos en primeiro, 2 en segundo, 1 en terceiro e 5 en cuarto da ESO).
Con estes datos, desde o principio a idea foi implicarnos nun proxecto que permitise traballar varios niveis e varias etapas: desde
cuarto de primaria ata cuarto da ESO, un total de 17 alumnos e alumnas.
Gran parte do alumnado vive en núcleos de poboación moi dispersos e afastados entre si, habitados por moi poucas familias e nos
que abundan as persoas maiores e apenas hai nenos e rapaces debido ao problema de envellecemento que castiga esta zona.
Para estes alumnos e alumnas, o centro non é simplemente un lugar educativo, senón que sobre todo se converte no seu lugar de
socialización, onde poden relacionarse con persoas da súa idade, algo que non poden facer nos lugares onde viven dada a
dispersión xeográfica das súas poboacións nas que poucas veces hai nenos de idades similares.
O alumnado é consciente destes problemas demográficos e de illamento e nalgún caso pode chegar a percibirse certo desprezo
cara ao contorno no que viven; noutros si que se valora, pero en ningún caso son conscientes do potencial educativo da súa
realidade.
A concentración de diferentes niveis dentro de cada grupo (3 cursos por unidade), dentro dos que hai, pola súa vez, diferentes
ritmos, ademais do escaso número de profesorado nas etapas de infantil e primaria, cun horario sobrecargado sen horas para a
coordinación de proxectos, leva a que se siga traballando dun modo individual e compartimentado en canto a distintos niveis e
materias. Tamén se percibe a necesidade de ter en conta a realidade do alumnado e de implicar o resto da comunidade educativa
no proceso de ensinanza-aprendizaxe, aumentando o potencial motivador dos contidos e achegándonos á comunidade, o que
facilita que se valore a tarefa educativa, algo que figura entre os obxectivos de mellora do centro desde hai varios cursos.
Por todo isto, unha vez publicada a oferta da Consellería dos Plans Proxecta para o curso 2017/18, o proxecto Cinema en curso
pareceunos unha oportunidade para o traballo por proxectos xa que implicaba tanto o profesorado como o alumnado de diferentes
etapas, ademais de ofrecer unha oportunidade única para traballar coa realidade do alumnado, é dicir, unha educación
personalizada na que eles e elas se converten en protagonistas, usando metodoloxías activas e contextualizadas que permitan
acadar unha aprendizaxe significativa e fomentado o traballo grupal e cooperativo. Outras características do proxecto son a
interdisciplinariedade, o traballo de todas as competencias clave e a implicación de toda a comunidade educativa. Ao mesmo
tempo, este proxecto permitiralle ao noso alumnado redescubrir e valorar a súa realidade máis próxima, que é inmensamente rica
en canto ás súas xentes, natureza, cultura e costumes.
2. Descrición do proxecto
O proxecto pretende fomentar a expresión persoal, un papel activo do alumnado na súa aprendizaxe e poñer en valor o
ámbito no que viven, facéndoos conscientes da riqueza e das posibilidades que este ten, aproveitándonos de que o cine ten un
gran potencial pedagóxico e artístico que permite explorar o mundo, coñecelo e reflexionar sobre el. É importante neste proxecto
que cada alumno individualmente experimente todas as fases da creación cinematográfica: elección, decisión, dúbidas, temores e,
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
1 de 9 19/06/2019 15:00
sobre todo, a emoción de poder expresarse doutro modo.
Os principais obxectivos deste proxecto son:
Levar o cine á educación como ferramenta didáctica e tamén como obxecto de estudo.
Fomentar o traballo por competencias.
Formar o alumnado de forma integral, incluíndo a educación emocional, e o cine, que activa sensacións e sentimentos, é
unha ferramenta clave.
Chegar a toda a comunidade do centro, non só á educativa, para continuar con este tipo de traballo nos próximos anos e
facer chegar o noso traballo a outros lugares.
2.1 Participantes
O alumnado que participará no proxecto será todo o que está na educación secundaria obrigatoria (11 alumnos e alumnas) e todo
o grupo de cuarto a sexto de primaria (6 alumnos e alumnas), o que fai un total de 17 alumnos de idades comprendidas entre os 9
e os 16 anos.
2.2 Estratexias
O desenvolvemento do proxecto conta con diferentes fases e diferentes actividades principais, aínda que dentro destas actividades
hai unha parte que estiveron presentes en varios momentos e outras ao longo de todo o proceso. Entre as actividades tipo
destacamos:
Ver, analizar e comentar fragmentos de documentais.
Gravar, editar, ver, analizar e comentar planos realizados polo alumnado.
Idear, rodar, editar e expoñer o documental.
Aprender a usar as ferramentas informáticas necesarias.
Expoñer a través da páxina de Cinema en curso todo o traballo realizado durante todo o proxecto.
O proxecto iniciouse no mes de outubro vendo fragmentos documentais, xunto cos demais centros participantes no Cinema en
curso, no CGAI na cidade da Coruña e finalizou no mes de xuño coa proxección das producións dos centros participantes no
mesmo lugar. Cada semana dedicouse un mínimo de 2 horas lectivas ao proxecto e foron 20 as xornadas completas de traballo
cun profesional do cine.
Dependendo do tipo de sesión co cineasta, traballouse co grupo completo (por exemplo, cando se vían as gravacións, documentais
etc.) ou en pequenos grupos heteroxéneos e que foron variando para favorecer a interacción entre todos (por exemplo, nos
momentos de realizar as gravacións).
Gravación no inverno
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
2 de 9 19/06/2019 15:00
É fundamental o papel do profesorado á hora de que todo o alumnado se sinta parte dun grupo, traballando de forma cooperativa,
chegando a acordos e compromisos, facendo moitas rotacións no papel que cada alumno desenvolve no grupo, rompendo os roles
habituais do alumnado noutras situacións.
Na primeira sesión de traballo co alumnado, fíxose unha avaliación inicial (debemos partir dos coñecementos e actitudes previas
para unha aprendizaxe significativa) a través dun debate sobre cuestións relacionadas co cine (por exemplo, que é o cine para
cada un deles, actitudes e hábitos relacionados coa visión de películas, preferencias no caso de rodar unha película etc.). Nesa
mesma sesión, explicámoslle ao alumnado en que consistiría o proxecto dunha forma atractiva e motivadora, transmitíndolle que é
outro modo de desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desde o principio, e en todas as fases do proxecto, é importante
que o alumnado teña claro os obxectivos que se perseguen en cada actividade, que comprenda o proceso do proxecto e o seu
cronograma. Tamén no momento de avaliación, sendo fundamental que fagan unha autoavaliación reflexiva.
Partindo das características do alumnado e do contorno do centro, así como das súas ideas previas, faise unha selección inicial de
fragmentos de cine documental. Á hora de ver os fragmentos, analizamos e falamos sobre os seguintes aspectos: tipos de
planos, duración destes, ritmos e velocidades de montaxe; tipos de espazos; encadramentos; luces, cores e horas do día no que
se filman; meteoroloxía; sons; carteis ou voces: ton, ritmo, pausas, dicción, texto; actitude ou acción do retratado e a súa relación
co espazo e coa cámara.
Para o traballo de ver, reflexionar e analizar os fragmentos documentais, trabállase cunha disposición da aula en forma de U que
permita a interacción e o diálogo. O profesorado só actúa como guía, promovendo o diálogo pero intentando que sexa o propio
alumnado o que xestione este proceso.
Tras esta primeira sesión, o alumnado visitou a páxina web de Cinema en curso para coñecer mellor o proxecto e a outros centros
participantes, así como traballos realizados outros anos. Tamén se aproveitou para facer a presentación do grupo na páxina web,
que se pode ver na seguinte ligazón [3].
Ao longo do proxecto, o alumnado foi creando dentro da aula asignada para o traballo neste proxecto un espazo de cine e cada
un deles tivo o seu propio caderno do proxecto, onde foron tomando notas sobre os fragmentos dos documentais, as aprendizaxes,
a ideación do documental etc.
Durante todo o proxecto o material que se foi incluíndo pouco a pouco nos espazos de cine e nos cadernos foi:
Capturas de pantalla, co nome do cineasta e o título e posibles anotacións.
Capturas dos planos do mundo do alumnado.
Posibles liñas de exploración, apuntamentos, notas, textos, sensacións etc. que ían axudando na concepción do documental
final.
Listaxes de posibles planos, horas do día, sons, persoas etc. que poderían formar parte do documental final.
Mapas das súas aldeas, vilas… situando os lugares nos que se ía filmando.
Cronogramas, calendarios, organización da rodaxe etc.
Antes de empezar a rodaxe tamén nos familiarizamos co equipo de rodaxe profesional (cámara, trípode, micrófono etc.) e
explicáronse as distintas funcións do alumnado dentro do equipo de rodaxe (director, cámara, sonidista, cablista, script etc.).
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
3 de 9 19/06/2019 15:00
Coñecendo o equipo profesional
O alumnado filmou Planos do mundo durante todo o curso cos seus teléfonos móbiles ou coa cámara do centro. Os planos do
mundo pódense clasificar en catro categorías: espazos, retratos de oficios, travellings e animais. Comezamos a filmar estes planos
no centro, para darlle ao alumnado unhas pautas de traballo, pero enseguida se animaron a facelo nas súas horas libres, ás veces
axudados pola familia, amigos etc. Os primeiros planos desde o centro poden verse na seguinte ligazón [4].
O proceso de edición dos vídeos gravados polo alumnado fíxose no centro aprendendo a traballar co programa de edición de
vídeos, VideoPad. O alumnado creou textos para cada plano, explicando a experiencia da filmación, indicando o día, lugar e hora e
indicando os cineastas nos que se inspiraron. Unha vez editados os vídeos, colgáronse na páxina web do proxect [4]o.
Tamén traballamos a gravación do primeiro retrato no ámbito próximo do centro e escollemos a Suso, o dono da única
queixería de Pedrafita, que recuperou o oficio de como elaborar o queixo tradicional do Cebreiro.
Divididos en grupos, repartimos o traballo, gravando catro planos nos que se retrataba todo o traballo que alí se realiza, como é o
proceso e o lugar. Para rematar, no centro, montáronse os planos feitos na queixería e aprendemos como inserir voces nos planos,
como modulalas, como superpoñer imaxes, transición de son e imaxe, a importancia de ter planos de duración suficiente para ter
liberdade na montaxe…
A gravación do retrato foi moi interesante e permitiu aprender como hai que dirixirse ás persoas que filmamos, presentándose e
explicando que é o que se está a facer. Outra das aprendizaxes que permitiu o traballo co retrato é a importancia de respectar o
tempo das persoas coas que se está a falar, darlles tempo para pensar e para responder as preguntas e prestar atención a como
dirixirse a eles, falarlles con respecto e ser moi agradecidos co tempo dedicado. Este retrato pode verse na seguinte ligazón. [5]
A través da gravación dos Planos do mundo, o alumnado fixo un redescubrimento documental do seu contorno (espazos, retratos
de persoas e oficios etc.) e foi consciente do seu potencial, poñéndoo en valor.
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
4 de 9 19/06/2019 15:00
Gravación paisaxes na primavera
Documentándose, observando os espazos, prestando atención ás súas vivencias e historias, o alumnado non só descubre a
creación cinematográfica, senón que tamén se aproxima aos lugares e persoas dunha forma diferente, máis intensa e sensible.
Foron moitos os planos filmados polo alumnado, a súa implicación foi moi alta, ao igual ca o número de gravacións achegadas;
algunhas delas poden verse na páxina web de Cine en curso [6].
Durante todo o proxecto é importante realizar fotos de todo o proceso, recollendo todas as actividades. Os responsables son os
alumnos e alumnas. Tamén son eles os que as van colgando na páxina web do proxecto realizando as distintas entradas nas que
explican as actividades realizadas. Deste modo son conscientes de como se lle está dando visibilidade ao seu traballo máis aló da
propia comunidade educativa. Ademais, a páxina web permite que o alumnado poida ver o traballo que están a realizar outros
centros implicados no proxecto en Madrid, Cataluña, Euskadi, Alemaña, A Arxentina e Chile, achegándolles outras realidades
completamente diferentes ás que teñen ao seu redor.
Por outra parte, a participación das familias foi clave no desenvolvemento do proxecto, xa que permitiron que se realizase parte
das gravacións nas súas casas e lugares de traballo, ademais de parte da comunidade que se amosou desde o primeiro momento
disposta a colaborar no traballo realizado polos rapaces e rapazas.
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
5 de 9 19/06/2019 15:00
Gravación coas familias
Tamén foi fundamental a coordinación co persoal do CGAI, Mónica Iglesias e Lucía Vilela e, por suposto, a coordinación
permanente co cineasta Marcos Flórez.
2.3 Produto final
Para a realización deste documental final, comezamos pola documentación da película, a realización do guión e a súa concepción
e planificación. Ideouse a partir de todos os planos que foron gravando os alumnos e alumnas.
Durante todas as sesións de ideación e concepción da película houbo espazo para ver os fragmentos dos documentais, que tamén
eran fonte de ideas e inspiración. A ideación do documental foi realizada por completo polo alumnado xa que son os que mellor
coñecen o contorno, os seus lugares, as súas xentes etc. O profesorado e o cineasta fixeron de guías e mediadores neste proceso
que foi aberto, flexible, colectivo, cooperativo e consensuado.
Creouse un plan de rodaxe e organización, que foi constantemente reaxustado e revisado, establecendo un calendario, horarios e
grupos de rodaxe coas rotacións de cargos oportunas (director, cámara, sonidista, script). A pesar da flexibilidade, houbo que
establecer uns horarios fixos para certos momentos, como poder concertar as citas cos retratados, tendo en conta, ademais,
aspectos como a luz coa que se quere gravar cada un dos lugares, decisión que debe tomar de forma consensuada o alumnado.
Nesta fase reflexionamos co alumnado o orzamento con todos os recursos necesarios para a gravación da película:
desprazamentos, comidas etc.
No guión da rodaxe hai que prever un mínimo de 4-5 horas seguidas para cada grupo, que estará formado por catro alumnos. É
importante que entre a sesión de gravación dun grupo e outro haxa un momento de encontro e comunicación do grupo completo
para que poidan comentar brevemente as súas experiencias de rodaxe e que o documental, a pesar de estar rodado por varios
grupos distintos, poida ter unha coherencia e continuidade.
Para finalizar procedeuse á montaxe da película, comezando por ver todo o material filmado durante o proceso de rodaxe.
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
6 de 9 19/06/2019 15:00
Proceso de montaxe
Antes de iniciar a montaxe co programa de edición de vídeo, o alumnado empezou a organizar o material con capturas impresas
en papel. O grupo completo decidiu como sería a montaxe en liñas xerais. A continuación, cada un dos grupos de rodaxe montou o
que gravou. Durante esta fase deciden os textos que aparecerán na película. Unha vez que a película estivo montada, viuse o
traballo con todo o grupo para cerrar a película despois dun diálogo sobre o documental final, facendo as apreciacións oportunas e
indicando posibles pequenos cambios que se poderían facer. Decidiuse o título de forma consensuada e buscando que se
identifique coa idea do documental.
Ligazón ao documental [7]
2.4 Impacto
Unha vez acabado o documental e coincidindo co final de curso, presentouse durante o festival de fin de curso para toda a
comunidade, así como para os participantes no devandito documental e aquelas persoas que estean interesadas. O alumnado foi o
encargado de elaborar as invitacións e os carteis anunciando o lugar e a hora da estrea da película. Tamén se anunciou a estrea
do documental a través da páxina de Cinema en curso e da páxina web do centro. Tras ver a película, o alumnado fixo unha breve
explicación de todo o proceso; como se concibiu, referentes cinematográficos que tiveron, proceso de rodaxe e montaxe etc.
A revista escolar reservou unhas páxinas para a explicación do proxecto. Esta revista non só chega a alumnado, profesorado e
familias, senón que tamén reciben un exemplar os centros da montaña lucense, persoas que colaboran co centro como o
profesorado de actividades extraescolares, o persoal de cociña etc., ademais do Servizo de Dinamización da Lingua Galega da
Delegación de Lugo.
O documental foi presentado, así mesmo, na sala do CGAI na Coruña, xunto cos traballos dos outros centros participantes no
proxecto Cine en curso en Galicia e na sala do Matadero de Madrid no eido estatal.
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
7 de 9 19/06/2019 15:00
Palabras clave: Interdisplinariedade [8]
Implicación da comunidade [9]
Competencias clave [10]
educación audiovisual [11]
Formación integral [12]
Etnografía [13]
Proxección no CGAI
Bibliografía:
http://www.cinemaencurs.org/es/ [14]
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira/ [15]
Diarios de espazos
El cielo gira, de Mercedes Álvarez (España, 2004)
Innisfree, de José Luis Guerin (España, 1990)
Las estaciones /Vremena goda, de Artavazd Pelechian (URSS, 1975)
Travelling
Diary 1973-1983, de David Perlov (Israel, Gran Bretaña, 1973-1983)
Perfiles campesinos: la vida moderna/Profils paysans: la vie moderne, de Raymond Depardon (Francia, 2008)
Retratos
La Ville Louvre, de Nicolas Philibert (Francia, 1990)
Perfiles campesinos: la aproximación/Profils paysans: l’approche, de Raymond Depardon (Francia, 2001)
El cielo gira, de Mercedes Álvarez (España, 2004)
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
8 de 9 19/06/2019 15:00
Daguerrotipos / Daguerréotypes, de Agnès Varda (Francia, 1976)
Resumo:
O proxecto Cinema en curso dentro dos plans Proxecta constituíu o marco para iniciar no CPI Uxío Novoneira o traballo por
proxectos e a aprendizaxe cooperativa e contextualizada, implicando tanto o profesorado como o alumnado de diferentes etapas e
toda a comunidade educativa, poñendo ademais de manifesto todo o potencial etnográfico da zona, que quedou reflectido no
documental Dende o noso.
Imaxe portada:
Source URL: http://www.edu.xunta.gal/eduga/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
Links
[1] http://www.edu.xunta.gal/eduga/secciones-revista/plan-proxecta
[2] mailto:rocio.mendez@edu.xunta.es
[3] http://É fundamental o papel do profesorado á hora de que todo o alumnado se sinta parte dun grupo, traballando de forma cooperativa, chegando a acordos e
compromisos, facendo moitas rotacións no papel que cada alumno desenvolve no grupo, rompendo os roles habituais do alumnado noutras situacións. Na
primeira sesión de traballo co alumnado, fíxose unha avaliación inicial (debemos partir dos coñecementos e actitudes previas para unha aprendizaxe significativa)
a través dun debate sobre cuestións relacionadas co cine (por exemplo, que é o cine para cada un deles, actitudes e hábitos relacionados coa visión de películas,
preferencias no caso de rodar unha película etc.). Nesa mesma sesión, explicámoslle ao alumnado en que consistiría o proxecto dunha forma atractiva e
motivadora, transmitíndolle que é outro modo de desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desde o principio, e en todas as fases do proxecto, é
importante que o alumnado teña claro os obxectivos que se perseguen en cada actividade, que comprenda o proceso do proxecto e o seu cronograma. Tamén no
momento de avaliación, sendo fundamental que fagan unha autoavaliación reflexiva. Partindo das características do alumnado e do contorno do centro, así como
das súas ideas previas, faise unha selección inicial de fragmentos de cine documental. Á hora de ver os fragmentos, analizamos e falamos sobre os seguintes
aspectos: tipos de planos, duración destes, ritmos e velocidades de montaxe; tipos de espazos; encadramentos; luces, cores e horas do día no que se filman;
meteoroloxía; sons; carteis ou voces: ton, ritmo, pausas, dicción, texto; actitude ou acción do retratado e a súa relación co espazo e coa cámara. Para o traballo
de ver, reflexionar e analizar os fragmentos documentais, trabállase cunha disposición da aula en forma de U que permita a interacción e o diálogo. O
profesorado só actúa como guía, promovendo o diálogo pero intentando que sexa o propio alumnado o que xestione este proceso. Tras esta primeira sesión, o
alumnado visitou a páxina web de Cinema en curso para coñecer mellor o proxecto e a outros centros participantes, así como traballos realizados outros anos.
Tamén se aproveitou para facer a presentación do grupo na páxina web, que se pode ver na seguinte ligazón: http://www.cinemaencurs.org/es/node/4043
[4] http://www.cinemaencurs.org/es/node/4088
[5] https://vimeo.com/247883648
[6] http://www.cinemaencurs.org/es/node/4506
[7] https://vimeo.com/273153803
[8] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1516
[9] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1517
[10] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/740
[11] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/888
[12] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1518
[13] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1519
[14] http://www.cinemaencurs.org/es/
[15] http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira/
Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine
9 de 9 19/06/2019 15:00

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (16)

Guia curso curso 19-20
Guia curso   curso 19-20Guia curso   curso 19-20
Guia curso curso 19-20
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense. O sistema educativo canadiense.
O sistema educativo canadiense.
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Boletín final nais e pais 2015-2016
Boletín final nais e pais 2015-2016Boletín final nais e pais 2015-2016
Boletín final nais e pais 2015-2016
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias
 
Plan de Convivencia do Centro
Plan de Convivencia do CentroPlan de Convivencia do Centro
Plan de Convivencia do Centro
 
Conclusións world
Conclusións worldConclusións world
Conclusións world
 
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
 

Ähnlich wie Unha montana de cine

Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02xoserivas
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroPoster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroFende Testas
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14mackerel100
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeainoaaa
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galiciamalubei
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...chusiadai
 

Ähnlich wie Unha montana de cine (20)

Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroPoster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galicia
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
 

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Doc jun 05 2020(1)
Doc jun 05 2020(1)Doc jun 05 2020(1)
Doc jun 05 2020(1)
 

Kürzlich hochgeladen

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Unha montana de cine

  • 1. Published on Eduga (http://www.edu.xunta.gal/eduga) Inicio > Unha montaña de cine! Unha montaña de cine! Plan Proxecta [1] Rocío Méndez Penela. Mestra de Pedagoxía Terapéutica e directora do CPI Uxío Novoneira Pedrafita do Cebreiro (Lugo) rocio.mendez@edu.xunta.es [2] 1. Xustificación O CPI Uxío Novoneira é un centro público integrado onde se imparte educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria e que escolariza 31 alumnos e alumnas. Está situado en Pedrafita do Cebreiro, un concello da provincia de Lugo nas montañas dos Ancares e do Courel. É un centro con moi pouca matrícula debido aos problemas de despoboación que está sufrindo a zona desde hai anos. O número de alumnado leva a que, en primaria e infantil, os grupos estean formados por varios niveis; todo o alumnado de infantil está nunha mesma aula (2 nenas e 4 nenos), tamén o de primeiro a terceiro de primaria (2 nenas e 6 nenos) e, por último, o de cuarto a sexto de primaria, que constitúe un grupo formado por 4 nenas e 2 nenos. En secundaria, non hai agrupamentos a pesar da baixa matrícula, o que provoca que haxa titorías dun só alumno como sucede en terceiro da ESO. O total de alumnos en secundaria é de 11 (3 alumnos en primeiro, 2 en segundo, 1 en terceiro e 5 en cuarto da ESO). Con estes datos, desde o principio a idea foi implicarnos nun proxecto que permitise traballar varios niveis e varias etapas: desde cuarto de primaria ata cuarto da ESO, un total de 17 alumnos e alumnas. Gran parte do alumnado vive en núcleos de poboación moi dispersos e afastados entre si, habitados por moi poucas familias e nos que abundan as persoas maiores e apenas hai nenos e rapaces debido ao problema de envellecemento que castiga esta zona. Para estes alumnos e alumnas, o centro non é simplemente un lugar educativo, senón que sobre todo se converte no seu lugar de socialización, onde poden relacionarse con persoas da súa idade, algo que non poden facer nos lugares onde viven dada a dispersión xeográfica das súas poboacións nas que poucas veces hai nenos de idades similares. O alumnado é consciente destes problemas demográficos e de illamento e nalgún caso pode chegar a percibirse certo desprezo cara ao contorno no que viven; noutros si que se valora, pero en ningún caso son conscientes do potencial educativo da súa realidade. A concentración de diferentes niveis dentro de cada grupo (3 cursos por unidade), dentro dos que hai, pola súa vez, diferentes ritmos, ademais do escaso número de profesorado nas etapas de infantil e primaria, cun horario sobrecargado sen horas para a coordinación de proxectos, leva a que se siga traballando dun modo individual e compartimentado en canto a distintos niveis e materias. Tamén se percibe a necesidade de ter en conta a realidade do alumnado e de implicar o resto da comunidade educativa no proceso de ensinanza-aprendizaxe, aumentando o potencial motivador dos contidos e achegándonos á comunidade, o que facilita que se valore a tarefa educativa, algo que figura entre os obxectivos de mellora do centro desde hai varios cursos. Por todo isto, unha vez publicada a oferta da Consellería dos Plans Proxecta para o curso 2017/18, o proxecto Cinema en curso pareceunos unha oportunidade para o traballo por proxectos xa que implicaba tanto o profesorado como o alumnado de diferentes etapas, ademais de ofrecer unha oportunidade única para traballar coa realidade do alumnado, é dicir, unha educación personalizada na que eles e elas se converten en protagonistas, usando metodoloxías activas e contextualizadas que permitan acadar unha aprendizaxe significativa e fomentado o traballo grupal e cooperativo. Outras características do proxecto son a interdisciplinariedade, o traballo de todas as competencias clave e a implicación de toda a comunidade educativa. Ao mesmo tempo, este proxecto permitiralle ao noso alumnado redescubrir e valorar a súa realidade máis próxima, que é inmensamente rica en canto ás súas xentes, natureza, cultura e costumes. 2. Descrición do proxecto O proxecto pretende fomentar a expresión persoal, un papel activo do alumnado na súa aprendizaxe e poñer en valor o ámbito no que viven, facéndoos conscientes da riqueza e das posibilidades que este ten, aproveitándonos de que o cine ten un gran potencial pedagóxico e artístico que permite explorar o mundo, coñecelo e reflexionar sobre el. É importante neste proxecto que cada alumno individualmente experimente todas as fases da creación cinematográfica: elección, decisión, dúbidas, temores e, Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 1 de 9 19/06/2019 15:00
  • 2. sobre todo, a emoción de poder expresarse doutro modo. Os principais obxectivos deste proxecto son: Levar o cine á educación como ferramenta didáctica e tamén como obxecto de estudo. Fomentar o traballo por competencias. Formar o alumnado de forma integral, incluíndo a educación emocional, e o cine, que activa sensacións e sentimentos, é unha ferramenta clave. Chegar a toda a comunidade do centro, non só á educativa, para continuar con este tipo de traballo nos próximos anos e facer chegar o noso traballo a outros lugares. 2.1 Participantes O alumnado que participará no proxecto será todo o que está na educación secundaria obrigatoria (11 alumnos e alumnas) e todo o grupo de cuarto a sexto de primaria (6 alumnos e alumnas), o que fai un total de 17 alumnos de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos. 2.2 Estratexias O desenvolvemento do proxecto conta con diferentes fases e diferentes actividades principais, aínda que dentro destas actividades hai unha parte que estiveron presentes en varios momentos e outras ao longo de todo o proceso. Entre as actividades tipo destacamos: Ver, analizar e comentar fragmentos de documentais. Gravar, editar, ver, analizar e comentar planos realizados polo alumnado. Idear, rodar, editar e expoñer o documental. Aprender a usar as ferramentas informáticas necesarias. Expoñer a través da páxina de Cinema en curso todo o traballo realizado durante todo o proxecto. O proxecto iniciouse no mes de outubro vendo fragmentos documentais, xunto cos demais centros participantes no Cinema en curso, no CGAI na cidade da Coruña e finalizou no mes de xuño coa proxección das producións dos centros participantes no mesmo lugar. Cada semana dedicouse un mínimo de 2 horas lectivas ao proxecto e foron 20 as xornadas completas de traballo cun profesional do cine. Dependendo do tipo de sesión co cineasta, traballouse co grupo completo (por exemplo, cando se vían as gravacións, documentais etc.) ou en pequenos grupos heteroxéneos e que foron variando para favorecer a interacción entre todos (por exemplo, nos momentos de realizar as gravacións). Gravación no inverno Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 2 de 9 19/06/2019 15:00
  • 3. É fundamental o papel do profesorado á hora de que todo o alumnado se sinta parte dun grupo, traballando de forma cooperativa, chegando a acordos e compromisos, facendo moitas rotacións no papel que cada alumno desenvolve no grupo, rompendo os roles habituais do alumnado noutras situacións. Na primeira sesión de traballo co alumnado, fíxose unha avaliación inicial (debemos partir dos coñecementos e actitudes previas para unha aprendizaxe significativa) a través dun debate sobre cuestións relacionadas co cine (por exemplo, que é o cine para cada un deles, actitudes e hábitos relacionados coa visión de películas, preferencias no caso de rodar unha película etc.). Nesa mesma sesión, explicámoslle ao alumnado en que consistiría o proxecto dunha forma atractiva e motivadora, transmitíndolle que é outro modo de desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desde o principio, e en todas as fases do proxecto, é importante que o alumnado teña claro os obxectivos que se perseguen en cada actividade, que comprenda o proceso do proxecto e o seu cronograma. Tamén no momento de avaliación, sendo fundamental que fagan unha autoavaliación reflexiva. Partindo das características do alumnado e do contorno do centro, así como das súas ideas previas, faise unha selección inicial de fragmentos de cine documental. Á hora de ver os fragmentos, analizamos e falamos sobre os seguintes aspectos: tipos de planos, duración destes, ritmos e velocidades de montaxe; tipos de espazos; encadramentos; luces, cores e horas do día no que se filman; meteoroloxía; sons; carteis ou voces: ton, ritmo, pausas, dicción, texto; actitude ou acción do retratado e a súa relación co espazo e coa cámara. Para o traballo de ver, reflexionar e analizar os fragmentos documentais, trabállase cunha disposición da aula en forma de U que permita a interacción e o diálogo. O profesorado só actúa como guía, promovendo o diálogo pero intentando que sexa o propio alumnado o que xestione este proceso. Tras esta primeira sesión, o alumnado visitou a páxina web de Cinema en curso para coñecer mellor o proxecto e a outros centros participantes, así como traballos realizados outros anos. Tamén se aproveitou para facer a presentación do grupo na páxina web, que se pode ver na seguinte ligazón [3]. Ao longo do proxecto, o alumnado foi creando dentro da aula asignada para o traballo neste proxecto un espazo de cine e cada un deles tivo o seu propio caderno do proxecto, onde foron tomando notas sobre os fragmentos dos documentais, as aprendizaxes, a ideación do documental etc. Durante todo o proxecto o material que se foi incluíndo pouco a pouco nos espazos de cine e nos cadernos foi: Capturas de pantalla, co nome do cineasta e o título e posibles anotacións. Capturas dos planos do mundo do alumnado. Posibles liñas de exploración, apuntamentos, notas, textos, sensacións etc. que ían axudando na concepción do documental final. Listaxes de posibles planos, horas do día, sons, persoas etc. que poderían formar parte do documental final. Mapas das súas aldeas, vilas… situando os lugares nos que se ía filmando. Cronogramas, calendarios, organización da rodaxe etc. Antes de empezar a rodaxe tamén nos familiarizamos co equipo de rodaxe profesional (cámara, trípode, micrófono etc.) e explicáronse as distintas funcións do alumnado dentro do equipo de rodaxe (director, cámara, sonidista, cablista, script etc.). Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 3 de 9 19/06/2019 15:00
  • 4. Coñecendo o equipo profesional O alumnado filmou Planos do mundo durante todo o curso cos seus teléfonos móbiles ou coa cámara do centro. Os planos do mundo pódense clasificar en catro categorías: espazos, retratos de oficios, travellings e animais. Comezamos a filmar estes planos no centro, para darlle ao alumnado unhas pautas de traballo, pero enseguida se animaron a facelo nas súas horas libres, ás veces axudados pola familia, amigos etc. Os primeiros planos desde o centro poden verse na seguinte ligazón [4]. O proceso de edición dos vídeos gravados polo alumnado fíxose no centro aprendendo a traballar co programa de edición de vídeos, VideoPad. O alumnado creou textos para cada plano, explicando a experiencia da filmación, indicando o día, lugar e hora e indicando os cineastas nos que se inspiraron. Unha vez editados os vídeos, colgáronse na páxina web do proxect [4]o. Tamén traballamos a gravación do primeiro retrato no ámbito próximo do centro e escollemos a Suso, o dono da única queixería de Pedrafita, que recuperou o oficio de como elaborar o queixo tradicional do Cebreiro. Divididos en grupos, repartimos o traballo, gravando catro planos nos que se retrataba todo o traballo que alí se realiza, como é o proceso e o lugar. Para rematar, no centro, montáronse os planos feitos na queixería e aprendemos como inserir voces nos planos, como modulalas, como superpoñer imaxes, transición de son e imaxe, a importancia de ter planos de duración suficiente para ter liberdade na montaxe… A gravación do retrato foi moi interesante e permitiu aprender como hai que dirixirse ás persoas que filmamos, presentándose e explicando que é o que se está a facer. Outra das aprendizaxes que permitiu o traballo co retrato é a importancia de respectar o tempo das persoas coas que se está a falar, darlles tempo para pensar e para responder as preguntas e prestar atención a como dirixirse a eles, falarlles con respecto e ser moi agradecidos co tempo dedicado. Este retrato pode verse na seguinte ligazón. [5] A través da gravación dos Planos do mundo, o alumnado fixo un redescubrimento documental do seu contorno (espazos, retratos de persoas e oficios etc.) e foi consciente do seu potencial, poñéndoo en valor. Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 4 de 9 19/06/2019 15:00
  • 5. Gravación paisaxes na primavera Documentándose, observando os espazos, prestando atención ás súas vivencias e historias, o alumnado non só descubre a creación cinematográfica, senón que tamén se aproxima aos lugares e persoas dunha forma diferente, máis intensa e sensible. Foron moitos os planos filmados polo alumnado, a súa implicación foi moi alta, ao igual ca o número de gravacións achegadas; algunhas delas poden verse na páxina web de Cine en curso [6]. Durante todo o proxecto é importante realizar fotos de todo o proceso, recollendo todas as actividades. Os responsables son os alumnos e alumnas. Tamén son eles os que as van colgando na páxina web do proxecto realizando as distintas entradas nas que explican as actividades realizadas. Deste modo son conscientes de como se lle está dando visibilidade ao seu traballo máis aló da propia comunidade educativa. Ademais, a páxina web permite que o alumnado poida ver o traballo que están a realizar outros centros implicados no proxecto en Madrid, Cataluña, Euskadi, Alemaña, A Arxentina e Chile, achegándolles outras realidades completamente diferentes ás que teñen ao seu redor. Por outra parte, a participación das familias foi clave no desenvolvemento do proxecto, xa que permitiron que se realizase parte das gravacións nas súas casas e lugares de traballo, ademais de parte da comunidade que se amosou desde o primeiro momento disposta a colaborar no traballo realizado polos rapaces e rapazas. Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 5 de 9 19/06/2019 15:00
  • 6. Gravación coas familias Tamén foi fundamental a coordinación co persoal do CGAI, Mónica Iglesias e Lucía Vilela e, por suposto, a coordinación permanente co cineasta Marcos Flórez. 2.3 Produto final Para a realización deste documental final, comezamos pola documentación da película, a realización do guión e a súa concepción e planificación. Ideouse a partir de todos os planos que foron gravando os alumnos e alumnas. Durante todas as sesións de ideación e concepción da película houbo espazo para ver os fragmentos dos documentais, que tamén eran fonte de ideas e inspiración. A ideación do documental foi realizada por completo polo alumnado xa que son os que mellor coñecen o contorno, os seus lugares, as súas xentes etc. O profesorado e o cineasta fixeron de guías e mediadores neste proceso que foi aberto, flexible, colectivo, cooperativo e consensuado. Creouse un plan de rodaxe e organización, que foi constantemente reaxustado e revisado, establecendo un calendario, horarios e grupos de rodaxe coas rotacións de cargos oportunas (director, cámara, sonidista, script). A pesar da flexibilidade, houbo que establecer uns horarios fixos para certos momentos, como poder concertar as citas cos retratados, tendo en conta, ademais, aspectos como a luz coa que se quere gravar cada un dos lugares, decisión que debe tomar de forma consensuada o alumnado. Nesta fase reflexionamos co alumnado o orzamento con todos os recursos necesarios para a gravación da película: desprazamentos, comidas etc. No guión da rodaxe hai que prever un mínimo de 4-5 horas seguidas para cada grupo, que estará formado por catro alumnos. É importante que entre a sesión de gravación dun grupo e outro haxa un momento de encontro e comunicación do grupo completo para que poidan comentar brevemente as súas experiencias de rodaxe e que o documental, a pesar de estar rodado por varios grupos distintos, poida ter unha coherencia e continuidade. Para finalizar procedeuse á montaxe da película, comezando por ver todo o material filmado durante o proceso de rodaxe. Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 6 de 9 19/06/2019 15:00
  • 7. Proceso de montaxe Antes de iniciar a montaxe co programa de edición de vídeo, o alumnado empezou a organizar o material con capturas impresas en papel. O grupo completo decidiu como sería a montaxe en liñas xerais. A continuación, cada un dos grupos de rodaxe montou o que gravou. Durante esta fase deciden os textos que aparecerán na película. Unha vez que a película estivo montada, viuse o traballo con todo o grupo para cerrar a película despois dun diálogo sobre o documental final, facendo as apreciacións oportunas e indicando posibles pequenos cambios que se poderían facer. Decidiuse o título de forma consensuada e buscando que se identifique coa idea do documental. Ligazón ao documental [7] 2.4 Impacto Unha vez acabado o documental e coincidindo co final de curso, presentouse durante o festival de fin de curso para toda a comunidade, así como para os participantes no devandito documental e aquelas persoas que estean interesadas. O alumnado foi o encargado de elaborar as invitacións e os carteis anunciando o lugar e a hora da estrea da película. Tamén se anunciou a estrea do documental a través da páxina de Cinema en curso e da páxina web do centro. Tras ver a película, o alumnado fixo unha breve explicación de todo o proceso; como se concibiu, referentes cinematográficos que tiveron, proceso de rodaxe e montaxe etc. A revista escolar reservou unhas páxinas para a explicación do proxecto. Esta revista non só chega a alumnado, profesorado e familias, senón que tamén reciben un exemplar os centros da montaña lucense, persoas que colaboran co centro como o profesorado de actividades extraescolares, o persoal de cociña etc., ademais do Servizo de Dinamización da Lingua Galega da Delegación de Lugo. O documental foi presentado, así mesmo, na sala do CGAI na Coruña, xunto cos traballos dos outros centros participantes no proxecto Cine en curso en Galicia e na sala do Matadero de Madrid no eido estatal. Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 7 de 9 19/06/2019 15:00
  • 8. Palabras clave: Interdisplinariedade [8] Implicación da comunidade [9] Competencias clave [10] educación audiovisual [11] Formación integral [12] Etnografía [13] Proxección no CGAI Bibliografía: http://www.cinemaencurs.org/es/ [14] http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira/ [15] Diarios de espazos El cielo gira, de Mercedes Álvarez (España, 2004) Innisfree, de José Luis Guerin (España, 1990) Las estaciones /Vremena goda, de Artavazd Pelechian (URSS, 1975) Travelling Diary 1973-1983, de David Perlov (Israel, Gran Bretaña, 1973-1983) Perfiles campesinos: la vida moderna/Profils paysans: la vie moderne, de Raymond Depardon (Francia, 2008) Retratos La Ville Louvre, de Nicolas Philibert (Francia, 1990) Perfiles campesinos: la aproximación/Profils paysans: l’approche, de Raymond Depardon (Francia, 2001) El cielo gira, de Mercedes Álvarez (España, 2004) Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 8 de 9 19/06/2019 15:00
  • 9. Daguerrotipos / Daguerréotypes, de Agnès Varda (Francia, 1976) Resumo: O proxecto Cinema en curso dentro dos plans Proxecta constituíu o marco para iniciar no CPI Uxío Novoneira o traballo por proxectos e a aprendizaxe cooperativa e contextualizada, implicando tanto o profesorado como o alumnado de diferentes etapas e toda a comunidade educativa, poñendo ademais de manifesto todo o potencial etnográfico da zona, que quedou reflectido no documental Dende o noso. Imaxe portada: Source URL: http://www.edu.xunta.gal/eduga/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine Links [1] http://www.edu.xunta.gal/eduga/secciones-revista/plan-proxecta [2] mailto:rocio.mendez@edu.xunta.es [3] http://É fundamental o papel do profesorado á hora de que todo o alumnado se sinta parte dun grupo, traballando de forma cooperativa, chegando a acordos e compromisos, facendo moitas rotacións no papel que cada alumno desenvolve no grupo, rompendo os roles habituais do alumnado noutras situacións. Na primeira sesión de traballo co alumnado, fíxose unha avaliación inicial (debemos partir dos coñecementos e actitudes previas para unha aprendizaxe significativa) a través dun debate sobre cuestións relacionadas co cine (por exemplo, que é o cine para cada un deles, actitudes e hábitos relacionados coa visión de películas, preferencias no caso de rodar unha película etc.). Nesa mesma sesión, explicámoslle ao alumnado en que consistiría o proxecto dunha forma atractiva e motivadora, transmitíndolle que é outro modo de desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desde o principio, e en todas as fases do proxecto, é importante que o alumnado teña claro os obxectivos que se perseguen en cada actividade, que comprenda o proceso do proxecto e o seu cronograma. Tamén no momento de avaliación, sendo fundamental que fagan unha autoavaliación reflexiva. Partindo das características do alumnado e do contorno do centro, así como das súas ideas previas, faise unha selección inicial de fragmentos de cine documental. Á hora de ver os fragmentos, analizamos e falamos sobre os seguintes aspectos: tipos de planos, duración destes, ritmos e velocidades de montaxe; tipos de espazos; encadramentos; luces, cores e horas do día no que se filman; meteoroloxía; sons; carteis ou voces: ton, ritmo, pausas, dicción, texto; actitude ou acción do retratado e a súa relación co espazo e coa cámara. Para o traballo de ver, reflexionar e analizar os fragmentos documentais, trabállase cunha disposición da aula en forma de U que permita a interacción e o diálogo. O profesorado só actúa como guía, promovendo o diálogo pero intentando que sexa o propio alumnado o que xestione este proceso. Tras esta primeira sesión, o alumnado visitou a páxina web de Cinema en curso para coñecer mellor o proxecto e a outros centros participantes, así como traballos realizados outros anos. Tamén se aproveitou para facer a presentación do grupo na páxina web, que se pode ver na seguinte ligazón: http://www.cinemaencurs.org/es/node/4043 [4] http://www.cinemaencurs.org/es/node/4088 [5] https://vimeo.com/247883648 [6] http://www.cinemaencurs.org/es/node/4506 [7] https://vimeo.com/273153803 [8] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1516 [9] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1517 [10] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/740 [11] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/888 [12] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1518 [13] http://www.edu.xunta.gal/eduga/tags/1519 [14] http://www.cinemaencurs.org/es/ [15] http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira/ Unha montaña de cine! http://www.edu.xunta.gal/eduga/print/1732/plan-proxecta/unha-montana-cine 9 de 9 19/06/2019 15:00