SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 59
Downloaden Sie, um offline zu lesen
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
1
-
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
2
DATOS XERAIS DO CENTRO:
Tipo de centro: CPI
Denominación oficial: UXÍO NOVONEIRA
Código do centro: 27015967
Provincia: LUGO
Enderezo: ESTRADA CERVANTES S/N
Código Postal: 27670
Teléfono: 982870633/982870634
N.I.F: Q-7755208-A
Dirección de correo electrónico: cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
Páxina Web: http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
Número de unidades: 6
Número de unidades:
Número de unidades: E. Inf. E.Prim. E.S.O.
Catalogadas 0 2 4
Funcionando 1 2 4
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
3
Órgano de participación no control e xestión: O CONSELLO ESCOLAR
Cargo Nome e apelidos Data de renovación
Presidenta: Rocío Méndez Penela
X. estudios primaria -
X. estudios secundaria -
Repres. Concello: Mª Pilar Frey Castro
Repres. profesorado:
-
Javier A. Rey Souto
-
Repres. A.N.P.A. Elvira Fernández Aira
Repres. Pais/nais Teresa González Casas
-
Represen. de alumnos:
Carla Fernández Arias
-
-
Represen. adm./sevizos -
Secretaria: -
Calendario de reunións:
 Consello Escolar:
o Como mínimo, unha vez ao trimestre e sempre que o convoque a
súa presidenta ou o solicite un tercio polo menos, dos seus
membros.
 Claustro de Profesores/as:
o Como mínimo, unha vez ao trimestre e sempre que o convoque a
súa presidenta ou o solicite un tercio polo menos, dos seus
membros.
 Comisión de coordinación Pedagóxica:
o Reunións mensuais.
 Equipos de ciclo:
o Todos os martes lectivos no horario de 13.50h a 14.50h
 Equipo de normalización lingüística:
o Reunións mensuais.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
4
 Equipo de Actividades complementarias e extraescolares:
o Reunirase o coordinador e profesorado responsable de cada
actividade concreta, sempre que sexa necesario
 Equipo de apoio á Biblioteca:
o Reunirase a coordinadora e o profesorado do equipo sempre que
sexa necesario.
 Comisión de coordinación para avaliación de diagnóstico. Reunirase as
veces necesarias. Estará constituída por:
o Directora
o Xefes de Estudos de primaria e secundaria
o Xefa do Departamento de Orientación
o Un titor/a por cada un dos niveis a avaliar
 Equipo de Orientación
o Reunións mensuais.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
5
a) DOCUMENTO Nº 1: PLAN ANUAL:
a. Obxectivos de organización e xestión:
1. Potenciar o desenvolvemento integral dos alumnos/as así como o máximo
desenvolvemento das capacidades individuais, da súa autonomía e identidade
persoal, das competencias básicas e da recuperación das aprendizaxes
imprescindibles non adquiridas no curso 19/20 tras a situación xerada pola
pandemia da COVID-19 e a suspensión das clases presenciais.
2. Reforzar a labor do Departamento de Orientación como órgano de
información, asesoramento e orientación a todos os membros da comunidade
educativa favorecendo o desenvolvemento integral do alumnado e tendo en
conta o seu entorno familiar, escolar e social, prestando especial atención
neste curso ao alumnado no que se detecten problemas emocionais, de
aprendizaxe, etc. a raíz da situación provocada polo coronavirus que afecta a
todos os ámbitos sociais e persoais.
3. Incentivar e facilitar a formación permanente do profesorado
facilitandoespecialmente a participación en proxectos e/ou programas de
innovación educativa, como sucedeu os cursos pasados a través da
participación en varios Plans Proxecta, ademais facilitar información sobre a
oferta formativa. Neste curso darase prioridade a toda a formación
relacionada coa formación sobre a ensinanza a distancia, o uso da aula virtual
e a educación emocional.
4. Traballar na consecución dun bo clima de convivencia do centro no marco
dunha escola COEDUCATIVA e conseguir a INCLUSIÓN de todos os
membros da comunidade escolar sen ningún tipo de discriminación, traballando
especialmente na eliminación de roles tradicionais de xénero, moi acentuados
neste tipo de contextos e na eliminación de prexuízos cara outras culturas
como é a árabe, coa que está tendo os primeiros contactos trala chegada de
alumnado procedente de Marrocos.
5. Previr a aparición de conflitos dentro da comunidade educativa e
priorizar a negociación como medio para a súa resolución, aproveitando as
súas posibilidades educativas e aplicando as medidas correctoras
correspondentes segundo o NOFC cando sexa necesario. Tamén se priorizará
traballar a non culpabilización en situacións de contaxio, a empatía e o
coidado dos demais.
6. Colaborar na realización de actividades conxuntas coa ANPA e con
organismos e institucións externas respectando as decisións dos Equipos
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
6
Docentes e fomentar as relacións entre tódolos membros da comunidade
educativa.
7. Optimizar o funcionamento a nivel organizativo do centro e revisar e
introducir as modificacións necesarias nos documentos de xestión interna
para axustalos á normativa actual e adecualos á realidade cambiante dun
centro.
8. Dinamizar o uso da biblioteca, aula de informática e uso das tecnoloxías
da información e da comunicación existentes no centro. Potenciar a
adquisición dos coñecementos cientifico-tecnolóxicos do alumnado de cara a
unha mellor adquisición das competencias STEM.
9. Mellorar o grao de desenvolvemento da competencia lingüística
especialmente o tratamento da información, a comprensión lectora e a
expresión oral (sen esquecer a importancia da escrita), así como a adquisición
de hábitos e técnicas de traballo intelectual. Aproveitar a presenza este
curso do Auxiliar de Conversa para fomentar actitudes positivas cara á lingua
estranxeira (Inglés).
10. Destacar a importancia do uso da nosa Lingua e promovela a través do
EDLG, e continuar coa labor de facer cumprir a normativa da Lingua Galega e
de que esta se desenvolva correctamente.
b. Actividades previstas para acadar os obxectivos propostos:
1. Adecuación do proceso de ensinanza e aprendizaxe así como da
avaliación aos obxectivos, criterios e estándares de avaliación facilitando un
óptimo desenvolvemento das competencias básicas e unha recuperación das
aprendizaxes imprescindibles non adquiridas pola situación de educación non
presencial durante o curso 2019-2020. Programar para a diversidade e
conseguir unha rápida intervención co alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo, especialmente no caso do alumnado con maiores dificultades de
acceso ao sistema de traballo durante o terceiro trimestre do curso pasado.
Promover un clima de autoconfianza e autoestima que facilite aos alumnos/as a
súa integración na sociedade. Establecer criterios para o envío de tarefas
extraescolares en función da idade e das necesidades de cada alumno/a de cara
a mellorar o rendemento escolar e sempre tendo en conta a conciliación familiar.
2. Propoñendo estratexias de ensino/aprendizaxe que aumenten a
motivación do alumnado cara as actividades de estudo e asesorando e orientando
ao profesorado para levalas a cabo e tamén procurando unha maior implicación
por parte das familias no proceso de ensino/aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
3. Participación nas Seccións Bilingües en 1º, 2º e 3º cursos de Primaria
na área de Educación Artística na materia de Expresión Plástica, en 2º e 3ºde
ESO na materia de Tecnoloxías/Tecnoloxía; Proxecto Webs dinámicas sen
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
7
obviar proxectos de innovación, propostas e iniciativas ben sexa a nivel
individual ou de equipo, nos que teña a posibilidade de participar o profesorado
do centro ao longo do curso académico. Participación nos cursos de formación do
profesorado (preferentemente por vía telemática) relacionados coa ensinanza a
distancia e/ou semipresencial e o uso da aula virtual.
4. Aprendizaxe de hábitos de convivencia positivos e valores tales como
xustiza, solidariedade, igualdade, colaboración, respecto, aceptación dos demais,
empatía, coidado dos demais, etc; todo elo baixo un clima de diálogo entre os
membros da comunidade educativa. Continuar coa implementación do Plan de
Igualdade axustado á realidade do centro.
5. Cumprir as directrices do Plan de Convivencia e das NOF (coas
modificacións incorporadas a través do Plan de acollida tras a situación COVID
do curso 19-20) e fomentar as boas relacións entre os diferentes membros da
Comunidade Educativa.Darlle a máxima difusión posible ao Plan de Convivencia
actualizado e ás NOF de centro a través da páxina web, das titorías de
alumnos/as e da comunicación coas familias.
6. Manter unha comunicación bidireccional coas familias e integralas na
vida do centro a través da súa participación nas actividades do mesmo e da
ANPA e a concienciación da importancia que ten a súa implicación para que o
alumnado faga un maior aproveitamento das actividades escolares, ben a través
de circulares informativas, reunións cos titores e titoras ou coa Orientadora do
centro e da ANPA do Centro.
7.Constante revisión dos documentos de organización e funcionamento
para a mellora unha vez que foron actualizadose adaptados á normativa vixente.
O curso pasado actualizouse o Proxecto Educativo para completar os aspectos
que non estaban aínda recollidos con respecto ás últimas modificacións
lexislativas e durante o presente curso a elaboración do Plan de adaptación á
situación COVID, o Plan de Continxencia e o Plan de Acollida que serán
permanentemente actualizados en función da situación da pandemia e das
regulacións normativas que vaian aprobándose.
8. Continuar coa posta en funcionamento do Proxecto Meiga na nosa
biblioteca e seguir a facer dela un espazo dinamizador da vida escolar, de
búsqueda de información e fonte de lecer; durante o presente curso, debido ás
medidas do Plan de adaptación, será fundamental o papel das bibliotecas de aula
en Primaria e Infantil para conseguir este obxectivo. Favorecer o uso das TIC
como ferramenta, instrumento e recurso de ensinanza e de aprendizaxe.
Potenciar o uso da páxina web como medio de intercambio de información entre
a comunidade educativa, nun curso marcado polas actividades separadas por
grupos dentro do centro, sen festivais nos que participe toda a comunidade
educativa, o seu papel será fundamental para a divulgación das actividades do
centro, incluso entre os diferentes grupos de alumnado.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
8
9. Participación en plans plurilingüísticos a través das seccións bilingües.
Dinamización da aprendizaxe da lingua estraxeira (Inglés) dunha forma máis
natural ao contar coa presenza dun Auxiliar de Conversa. Deseñar e fomentar
actividades de lectura e comprensión lectora seguindo as directrices marcadas
na LOMCE, demais normativa e nas propias programacións en canto ao
desenvolvemento da competencia lectora e á hora de ler.
10. Colaborar co EDLG dende tódolos ámbitos da comunidade educativa.
c. Recursos dispoñibles
1. Para acadar os obxectivos propostos contamos como nos cursos
inmediatamente anteriores co recurso indispensable para levar a cabo calquera
proxecto educativo, que non é máis que o traballo cooperativo, colaborativo e
coordinado de toda a comunidade educativa, liderada polos seus docentes que
son o motor indispensable para o bo funcionamento do centro.
2. Contamos tamén cos recursos humanos, económicos e materiais que cada
ano aporta a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a
organización e o funcionamento do centro. E por suposto con outras institucións
ligadas á comunidade educativa como é o caso do Concello e da ANPA que se
constituiu hai tres cursos e que valoramos como un recurso moi valioso e de gran
potencial.
d. Proposta de accións de mellora dos resultados da avaliación
diagnóstica
O alumnado non realizou os exames de avaliación de diagnóstico debido ao
confinamento e ensinanza non presencial, pero mantéñense as seguintes medidas
xa propostas dende o curso 15/16. O curso pasado non foi necesario introducir
novas medidas posto que os resultados da avaliación foron bos.
1. Respecto ao currículo:
Competencia en comunicación lingüística
• Potenciar a comprensión lectora en tódalas materias do currículo.
• Potenciar a expresión oral en tódalas materias (por exemplo,
exposición de traballos, examesorais ….)
• Fomentar a produción escrita nas diferentes materias ( traballos,
redaccións, comentarios de textos …)
• Establecer estratexias de lectura de grupo en voz alta, prestando
especial atención naexactitude dos que le e naentoación.
• Fomentar as técnicas de traballo intelectual.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
9
• Promover o gusto polo traballo ben feito, coidando a orde, a limpeza e
a caligrafía nasproducións escritas
Competencia matemática
• Identificar os datos que nos son útiles dos que non son necesarios
para resolver o problema.
• Utilizar as expresións matemáticas correctas en todo o proceso e no
resultado.
2. Respecto a práctica docente:
Competencia en comunicación lingüística
• Traballar con actividades orais e escritas de comprensión lectora e
facerunhaanálise do lido: personaxes, partes do texto...
• Empregar actividades sobre textos curtos, axeitadosao nivel do
alumnado, para os que se formulen preguntas literais, inferenciais e
críticas. E ir aumentado a súa extensión a medida que os alumnos e
alumnas vaian demostrando maior dominio.
• Realizar actividades que favorezan a adquisición de vocabulario.
• Levar a cabo actividades de descricións de persoas, animais, obxectos e
lugares próximos aos alumnos/as
• Traballar con textos de lectura individual e colectiva na clase e escoita
de lecturas feitas polo profesorado.
Competencia matemática
• Traballar con gráficas e funcións en todas as áreas posibles.
• Favorecer que o alumnado elixa o método de resolución (mental,
empregando calculadora, … ) e expresar de maneira elemental o proceso
seguido na realización dos cálculos.
• Utilizar nociónsxeométricas básicas e sistemas de representación
espacial para interpretar, comprender, elaborar e comunicar informacións
relativas aoespazo físico, e para resolver problemas diversos de
orientación e representación espacial.
• Realizar cálculos con números naturais utilizando o significado e as
propiedades das operacións básicas e aplicando con seguridade o modo de
cálculo máisaxeitado.
3. Outros factores
a)Respecto á organización e funcionamento do centro
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
10
• Favorecer a coordinación entre o profesorado da etapa de educación
primaria e o de secundaria.
• Facilitar os tempos e os espazos para traballarconxuntamente o
profesorado do C.P.I.
b) Respecto á titoría
• Traballar as técnicas de traballo intelectual.
• Fomentar o hábito de estudo no alumnado.
• Seguir traballandonamellora da motivación do noso alumnado.
c) Respecto á convivencia
No centro existe un bo clima relacional e non se detectan problemas de
convivencia nin de integración no alumnado.
d) Respecto á familia e o entorno
• Implicar as familias no proceso educativo dos seusfillos e fillas.
• Impulsar os canles de comunicación e participación das familias no centro.
• Conseguir unhacontinuidade entre o traballo realizado na clase e o que se
faina casa.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
11
b) DOCUMENTO Nº 2: HORARIO XERAL DO CENTRO
a. Horario lectivo do centro
Horario lectivo De mañá De tarde
Luns Infantil:
09:45-13:05
Primaria:
09:45 – 13.35
Secundaria:
09:45 – 13.35
Martes Infantil
09:45-13:15
Primaria:
09:45 – 13.45
Secundaria:
09:45-14.15
Infantil e Primaria:
14.50 – 16.30
Secundaria:
14.50-16.30
Mércores Infantil
09:45-13:15
Primaria:
09:45 – 13.55
Secundaria:
09:45-14.15
Infantil e Primaria:
15.30 – 16.30
Secundaria:
14.50-16.30
Xoves Infantil
09:45-13:15
Primaria:
09:45 – 13.55
Secundaria:
09:45-14.15
Infantil e Primaria:
15.30 – 16.30
Secundaria:
14.50-16.30
Venres Infantil
09:45-13:15
Primaria:
09:45 – 13.55
Secundaria:
09:45-14.15
Infantil e Primaria:
15.30 – 16.30
Secundaria:
14.50-16.30
FÓRA DO HORARIO LECTIVO: o centro poderá ser usado para actividades
organizadas pola ANPA e será un membro da directiva da ANPA o/a
responsable do peche das instalación.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
12
Horario lectivo Meses de setembro e xuño
De luns a venres 10.00- 13.00
• O horario do transporte pola tarde é os luns ás 14.30h,
independientemente das actividades organizadas pola ANPA, e de martes a
venres as 16.30 h. para todo o alumnado de outubro a maio. En setembro e xuño
é ás 16.00 h.
b. Horario do tempo de lecer(1)
Horario de lecer
Infantil e Primaria ESO
Desde outubro a maio:
Luns: 11.25 – 11.55
Martes: 11:35 – 11:55
Merc., xoves, venres: 11:45
– 12:15
Meses de setembro e xuño:
11.40 – 12.05
13.45 – 14.10
Desde outubro a maio:
Luns: 11.25 – 11.55
Martes a venres: 12:15 – 12:35
Meses de setembro e xuño:
Luns a xoves: 12.00 – 12.20 / 13.20 –
13.40
Venres: 11:20 – 11:50 /13:10 – 13:40
c. Horario de dispoñibilidade para os alumnos/as dos servizos e
instalacións do centro
Horario servizos
para alumnos
De outubro a maio
Luns: 09.45-14.30
Setembro e xuño
Resto semana: 09.45 – 16.30 10.00 – 16.00
d. Horario no que o centro permanecerá aberto a disposición da
comunidade educativa
Horario apertura á
comunidade
De outubro a maio
Luns: 09.45 -14.30
Setembro e xuño
Resto semana: 09.45 – 16.30 10.00 – 16.00
e. Horario de verán
Horario apertura á
comunidade
Pola mañá (xullo)
10.00 – 13.00
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
13
(1) ZONAS DE ATENCIÓN PREFERENTE E QUENDAS DE VIXILANCIA
Infantil e Primaria
ZONA LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
1
11.25 – 11.55
1 mestre
11:35 – 11:55
1 mestre
11:45 – 12:15
1 mestre
11:45 – 12:15
1 mestre
11:45 – 12:15
1 mestrePATIO/PATIO
CUBERTO
2
11.25 – 11.55
1 mestre
11:35 – 11:55
1 mestre
11:35 – 11:55
1 mestre
11:35 – 11:55
1 mestre
11:35 – 11:55
1 mestre
POLIDEPORTIVO
/PATIO
EXTERIOR
3
09:45/16.30
1 mestre/a
09:45/16.30
1 mestre/a
09:45/16.30
1 mestre/a
10.30/17.15
1 mestre/a
09:45/16.30
1 mestre/a
ENTRADA -
SAÍDA
TRANSPORTE
ESCOLAR
Secundaria
•En setembro e xuño o horario de atención preferente e quendas de
vixianza cadra co horario de recreo e de entrada- saída do
transporte escolar de ámbolos dous meses.
•A atención, coidado e vixianza dos usuarios/as do comedor escolar
durante a comida e tempo restante ata a hora que comezan as clases
pola tarde ou son recollidos polo transporte escolar é
ZONA LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
11.25 – 11.55
1 profesor/a
12:15 – 12:35
1 profesor/a
12:15 – 12:35
1 profesor/a
12:15 – 12:35
1 profesor/a
12:15 – 12:35
1 profesor/aPOLIDEPORTIVO
/SALA PINPON
09:45/16.30
1 profesor/a
09:45/16.30
1 profesor/a
09:45/16.30
1 profesor/a
09:45/16.30
1 profesor/a
09:45/16.30
1 profesor/a
ENTRADA -
SAÍDA
TRANSPORTE
ESCOLAR
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
14
responsabilidade da empresa adxudicataria, TURGALIA, nas
condicións contractuais derivadas da adxudicación.
DOCUMENTO Nº 3: ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
f. Transporte escolar:
Ruta nº Alumnos Tempo Empresa
1
(ida e retorno con
acompañante)
Pedrafita-Peregrino
Celeiró
Chandepena
S. Pedro de Riocereixa
Rabaceira
6 55 min EMPRESA MONFORTE S.A.
2
(ida e retorno con
acompañante)
Pedrafita-Praza
Casa Carolo
Hospital
Fonfría
Louzarela I
Louzarela II
15 50 min EMPRESA MONFORTE S.A.
3
(ida e retorno con
acompañante)
Brañas
San Pedro
Fonteferreira
Barxamaior
Foxos
Busnullán
Sabugos
12 60 min AUTOS AUBESA
g. Comedor escolar:
 Datos xerais
Tipo de comedor (A,B,C,D,E..) A
Tipo de xestión (Xestión propia,
catering, etc.)
MODALIDADE B
Contratación da elaboración de comidas
nasdependencias do centro, a cargo
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
15
dunhaempresa do sector hostaleiro.
Alumnos que fan uso do servizo 33
Alumnos que reciben axuda 28
Importe da axuda Gratuidade total: 28
Bonificación agás na contía de 2,50 €: 1
Bonificación agás na contía de 1 €:0
Sen bonificación: 4
Achega das familias 1 € por día de servizo: 0
2,5€ por día de servizo: 1
4,5 € por día de servizo: 4
Alumnos sen axuda 4
Importe da achega destes alumnos 4,5 €: 4
2,5€: 1
Outros comensais 0
Total comensais 33 (están solicitadas dúas prazas máis para
cubrir a totalidade de alumnado máis a
persoa responsable do equipo directivo)
 Persoal que intervén no servicio
Encargada (Directora) Rocío Méndez Penela
Cociñeira: María José Aira Saco
Axudante: -
Persoal colaborador:
Tres persoas a cargo da empresa prestan o servizo de atención, cuidado e vixilancia, aínda que
unha delas é a cociñeira.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
16
4.- DOCUMENTO Nº 5: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
c) Obxectivos
O obxectivo principal en canto ás Actividades Extraescolares e
Complementarias é conseguir acolaboración do profesorado do Centro na
organización, desenvolvemento e execución das mesmaspara a ampliación e o
afondamento na formación integral do alumnado.
Para esto, tentarase levar a termo os seguintes obxectivos xerais:
• Dinamizar a actividade cultural e deportiva no Centro.
• Deseñar e organizar actividades físicas como recurso de ocio activo
• Coordinar as actividades extraescolares e complementarias promovidas
polos Departamentos didácticos e titorías.
• Realizar AF no entorno e en grupo, respectandoo e coidandoo como medio
de práctica deportiva así como favorecendo a integración de todas as
persoas e animando á súa participación.
• Difundir a información sobre actividades que é posible realizar co
alumnado, a alumnado e profesorado.
• Fomentar a comunicación entre os diferentes sectores que conforman a
comunidade educativa, así como o contacto e a relación coas diferentes
entidades e institucións.
• Facilitar o emprego da biblioteca como lugar de traballo multidisciplinar e
disfrute persoal.
d) Actividades COMPLEMENTARIAS previstas
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
P
R
I
M
E
I
R
17-26 outubro
6/11/20
TODO O
CENTRO POR
TITORÍAS
TODO O
CENTRO
Día da Biblioteca
Samaín e Halloween
Contacontos de historias de medo
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
DEPARTAMENTO DE LINGUA INGLESA
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
E PROFESORADO COLABORADOR
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
17
O TODO O
CENTRO
Magosto
Este curso non haberá castañada co
alumnado e familias pero por
titorías faranse actividades
relacionadas coas costumes da festa
e cos xogos tradicionais.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
DPTO ED. FÍSICA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ECOMPLEMENTARIAS,
PROFESORADO COLABORADOR.
ESO
CHARLA DUN ESPECIALISTA
SOBRE PROS E CONTRAS
DOS DEPORTES DE ELITE
DPTO ED. FÍSICA
ESO
TORNEOS DEPORTIVOS
INTERNOS
DPTO ED. FÍSICA
25/11/20 TODO O
CENTRO
Día Mundial contra a Violencia
de Xénero
Visionado e reflexión sobre
fragmentos do filme “Te doy mis
ojos” para ESO.
Vídeo colaborativo de todo o centro
rexeitando a violencia de xénero.
DEPARTAMENTOSDE ORIENTACIÓN E PT
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS,
PROFESORADO COLABORADOR.
3 de decembro TODO O
CENTRO
DÍA INTERNACIONAL DAS
PERSOAS CON
DISCAPACIDADE.
DPTO. ORIENTACIÓN
22/12/20 TODO O
CENTRO Nadal. Festival retransmitido “on
line” para facilitar a
colaboración de toda a
comunidade educativa.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA,
DPTO ED. FISICA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS,
PROFESORADO COLABORADOR.
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
S
E
G
U
29/1/21 TODO O
CENTRO Día da Paz
Acividade colaborativa entre as
diferentes titorías e posta en
común de forma virtual.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS,
PROFESORADO COLABORADOR
3/02/21 TODO O
CENTRO Casan os paxariños
.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
PROFESORADO COLABORADOR
13/02/21 TODO O
CENTRO Entroido.
.Desfiles por aulas no exterior do
centro.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS,
PROFESORADO COLABORADOR
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
18
N
D
O
08/3/21 TODO O
CENTRO Día Internacional da Muller
Traballadora
Para 4º, 5º e 6º de Primaria
intentarase organizar á actividade
suspendida o ano pasado co paso
á actividade lectiva non
presencial (iniciación á carreira
de Orientación coa temática de
mulleres e deporte.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓNLINGÜÍSTICA
DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN E PT
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
PROFESORADO COLABORADOR
8-12/03/21
23/3/20
TODO O
CENTRO
Semana da Prensa (Exposición de
revistas antigas do centro)
Día Internacional da Poesía
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
PROFESORADO COLABORADOR
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
7 de abril
TODO O
CENTRO
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE DEPARTAMENTO DE FÍSICA E
QUÍMICA
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
PROFESORADO COLABORADOR
T
E
R
do 10
ao 14
de maio
TODO O
CENTRO
Semana das Letras Galegas.
BIBLIOTECA E ENDL
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA, BIBLIOTECA
E PROFESORADO COLABORADOR
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E
QUÍMICA
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
EQUIPO DE NORM. LINGÜÍSTICA,
E PROFESORADO COLABORADOR
23/4/21 TODO O
CENTRO
Día do libro
4/06/21 TODO O
CENTRO
Día Mundial do Medio Ambiente
23/6/21
TODO O
CENTRO
Fín de Curso, festa
Todo o
curso
TODO O
CENTRO
Revista escolar Cumes Nº 18
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
19
C
E
I
R
O
Por
determinar 5º e 6º
PRIMARIA
E ESO
(sempre que
a actividade
se poida
Charla informativa do Plan director
para a convivencia e mellora da
seguridade DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN
TITORES/AS
TODO O CENTRO
DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA
PROFESORADO PARTICIPANTE
Todo o
curso
TODO O
CENTRO
Proxecto webs dinámicas
todo o
curso
TODO O
CENTRO Fonoteca do centro
todo o
curso
TODO O
CENTRO Concursos e Obradoiros
Todo o
curso
PRIMARIA
E ESO TORNEOS DEPORTIVOS CON
OUTROS CENTROS DA COMARCA
(se as condicións sanitarias o permiten)
e) Actividades EXTRAESCOLARES previstas.
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
1º
TODO TRIMESTR
MARTES E
XOVES
ESO
LIGA INTERNA DE TENIS DE
MESA E BADMINTON
DPTO ED. FÍSICA
Outubro-Novembro
Educación
Primaria
VISITA PARA COÑECER OS
RECURSOS DO CONCELLO
DIRECTORA E TITORES/AS
Outubro-Novembro ESO
Sendeirismo/orientación deportiva
por Pedrafita e arredores
DPTO ED. FÍSICA
15/11/21 ESO
Exposición de proxectos para
conmemorar a semana da ciencia en
Galicia e conexións co alumnado de
primaria e algún científico a través
de videoconferencia.
DPTO. FÍSICA E QUÍMICA
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
2º
Por determinar ESO CAMIÑO DE SANTIAGO DPTO. ED. FÍSICA
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
TRIMESTRE ESO
Torneos internos de voleyball ( recreos de
luns, mércores e venres) e de 3x3 de
baloncesto (martes e xoves)
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
20
maio ESO
Acercamento ao SURF
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
xuño ESO
Acercamento ao piragüismo
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
MAIO ESO
Iniciación á escalada no rocódromo de Lugo
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
xuño ESO
SAÍDA POLO MEDIO NATURAL PARA
REALIZAR UNHA AF
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
MAIO ESO
II Congreso científico da montaña
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
MAIO/XUÑO ESO
PINT OF SCIENCE: Presentación de
proxectos nun establecemento hosteleiro de
Pedrafita do Cebreiro
DPTO DE FÍSICA E QUÍMICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
MAIO ESO
Galiciencia
DPTO DE ED. FÍSICA
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
Por
determinar
ESO
Primaria
Infantil
Camiñata polo Concello de Pedrafita
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
DPTO. CIENCIAS SOCIAIS
TITORES E TITORAS DE INFANTIL
E PRIMARIA
xuño
INFANTIL
PRIMARIA
Ruta de sendeirismo polos arredores de
Lugo (O Veral, Río Rato, etc.) ou por
Ponferrada (Ruta do Bosque encantado de
Cobrana)
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
TITORES E MESTRES PRIMARIA
Ultima
semana de
xuño
TODOS
Excursión Fin de Curso
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
PROFESORES E MESTRES
COLABORADORES
Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
P
O
R
por determinar
ESO E
PRIMARIA
CAMPIONATOS DEPORTIVOS
CON OUTROS CENTROS
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
DPTO. EDUCACIÓN FISICA E E.F.
PRIMARIA
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
21
D
E
T
E
R
M
I
N
A
R
Ao longo do
curso ESO
PRIMARIA
INFANTIL
ACTIVIDADES E SAÍDAS DA
FUNDACIÓN OSO PARDO
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
PROFESORES E MESTRES
COLABORADORES
Ao longo do
curso ESO
PRIMARIA
INFANTIL
ACTIVIDADES E SAÍDAS
DENTRO DO PLAN PROXECTA
PROTEXE O TEU MEDIO
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
PROFESORES E MESTRES
COLABORADORES
ESO
PRIMARIA
INFANTIL
ACTIVIDADES
E SAÍDAS
DENTRO DO
PROXECTO
ESPAZOS
MAKER
ACT. EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
PROFESORES E MESTRES
COLABORADORES
Ao longo do curso
por determinar INFANTIL
PRIMARIA
ESO
Todas aquelas que xurdan ao longo
do curso
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
E COMPLEMENTARIAS
PROFESORADO COLABORADOR
As actividades previstas polo Departamento de Orientación quedan ademais
inseridas no PAADO que se xunta coa Programación do Departamento.
f) Actividades EXTRAESCOLARES DA ANPA previstas.
Debido á situación provocada pola pandemia a ANPA decidiu non realizar
actividades extraescolares durante este curso.
g) Criterios e condicións para a utilización de instalacións do centro por
parte de persoas alleas á Comunidade Educativa. (D. 201/03 sobre xestión
económica).
h) Anteproxecto económico:
• Presuposto para o período setembro- decembro.Según as
necesidades do centro.
• Presuposto par ao período xaneiro- xuño.Según as necesidades
do centro.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
22
5.- DOCUMENTO Nº 6: PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A
POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA
a. Composición do equipo de Dinamización da Lingua Galega
COMPOSICIÓN APELIDOS E NOME
Profesor/a E. Inf.- ------
Profesor/a E. Prim. Sonia García González
Profesor/a E. Secun Mª Luísa Arias Yáñez
Alumno/a Carla Fernández Arias
Alumno/a Paula Pol Frey
Alumno/a David Núñez Bravo
P.non docente Mª Leticia Balea Rodríguez
b. Obxectivos
- Valorar a lingua galega como instrumento de comunicación
- Actualizar o Proxecto Lingüístico do Centro.
- Fomentar unha actitudes crítica ante os prexuízos lingüísticos.
- Participar de forma activa en situacións propias do ámbito educativo.
- Valorar a lingua galega como propia.
- Facer uso da lingua galega en todos os contextos
- Respectar a variedade dialectal do galego.
- Recoñecer as interferencias lingüísticas.
- Valorar a tradición oral a través de obradoiros e das festas.
- Difundir o uso científico e tecnolóxico do galego
- Chegar a un nivel de total normalización do galego tanto a nivel
administrativo, xestión pedagóxica e interacción didáctica.
- Ofrecer actividades educativas abertas que impliquen un recoñemento
da lingua.
c. Plan específico para o ensino:
 Lingua materna predominante e que se utiliza na aula: Galego
 Horario dedicado á adquisición da outra lingua oficial:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
23
Infantil 3 anos : 5 h.
Infantil 4 anos : 5 h.
Infantil 5 anos : 5 h.
Primaria 1º : 12 h.
Primaria 2º : 12 h.
Primaria 3º : 12 h.
Primaria 4º : 11 h.
Primaria 5º : 11 h.
Primaria 6º : 11 h.
Ed. Secundaria:
1º ESO 14 h.
2º ESO 14h.
3º ESO 15h.
4º ESO 17h.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:
REPARTO POR LINGUAS DAS MATERIAS
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
MATEMÁTICAS
APLICADAS/ACADÉMICAS
CAST. CAST. CAST. CAST.
LINGUA E LITERATURA
CASTELÁ
CAST. CAST. CAST. CAST.
XEOGRAFÍA E HISTORIA GAL. GAL. GAL. GAL.
LINGUA E LITERATURA GALEGA GAL. GAL. GAL. GAL.
EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL CAST. -- CAST. CAST.
RELIXIÓN CATÓLICA GAL. GAL. GAL. GAL.
EDUCACIÓN FÍSICA GAL. GAL. CAST. GAL.
VALORES CÍVICOS CAST. GAL. GAL. GAL.
TITORÍA CAST. GAL. GAL. GAL.
LIBRE ELECCIÓN CAST. GAL -- --
LINGUA ESTRANXEIRA- INGLÉS -- -- -- --
LINGUA ESTRANXEIRA-FRANCÉS -- -- -- --
TECNOLOXÍA/S -- CAST. CAST. CAST.
MÚSICA -- GAL. GAL. GAL.
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA GAL. -- GAL. GAL.
FÍSICA-QUÍMICA -- CAST. CAST. CAST.
TICS -- -- -- CAST.
CULTURA CLÁSICA -- -- GAL. GAL.
LATÍN -- -- -- CAST.
TOTAL GALEGO 14 14 15 20
TOTAL CASTELÁN 13 14 15 22
d. Plan xeral:
 Actividades previstas.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
24
Este curso todas as actividades organizaranse por titorías pero buscarase a
forma de facer partícipes a todo o alumnado, ben a través de exposicións,
vídeos colaborativos ou de videoconferencias.
TRIM Data Curso
ACTIVIDADE A
REALIZAR
P
R
I
M
E
I
R
O
outubro Infantil,Primaria,ESO Día da Biblioteca (por
titorías coas bibliotecas de
aula)
novembro Comunidade educativa Samaín
novembro Comunidade educativa Festa do Magosto
Decembro Comunidade educativa Festa do Nadal
TRIM Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR
S
E
G
U
N
D
O
Xaneiro Infantil, Primaria,
ESO
Día da Paz
Febreiro Infantil, Primaria,
ESO
Casan os paxariños
Marzo Comunidade educativa Festa do Entroido
Infantil, Primaria,
ESO
Día Internacional do Poesía
TRIM Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR
T
E
R
C
Abril Comunidade
educativa
Día do Libro
Maio Comunidade
educativa
Semana das Letras Galegas
Xuño Comunidade
educativa
Revista Escolar CUMES
e Festa fin de curso
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
25
E
I
R
O
Curso
2020-21
Infantil,
Primaria,ESO
Concursos e Obradoiros
e. Anteproxecto económico:
• Presuposto para o período setembro- decembro.
• Presuposto par ao período xaneiro- xuño
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
26
7.- DOCUMENTO Nº 7: PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
NO CENTRO:
MODALIDADES DE FORMACIÓN NºPROFESORES/AS TEMPORALIZACIÓN HORAS FORMACIÓN.
Cursos 16 Ao longo do curso
Grupo de traballo
Seminarios: 16 Ao longo do curso
Programas e prox.investigación
Proxectos europeos 1 Ao longo do curso
Licencias estudios
Cursos especialización
Outros : Programas deportivos 2 (un para Primaria e
outro para ESO)
Ao longo do curso
Seccións bilingües:
Contamos con tres na ESO, en 2º, 3ºe 4º da ESO, e na área de Tecnoloxía/s,
aínda que este curso a de 4º de ESO queda en suspensión por non haber
alumnado matriculado nesta materia.
Tamén temos tres en primaria na materia de Plástica en 1º, 2º e 3º de Primaria.
Dende o pasado curso 2014/2015 ata o curso pasado no que o recuperamos
(aínda que tivo que regresar ao seu país de orixe no mes de marzo debido á
pandemia provocada pola COVID) non contabamos con auxiliar de conversa. A
súa presenza resulta moi positiva xa que se integra no centro como un membro
máis da comunidade e ademais é transmisora doutra cultura e realidade social o
que esperta moito interese no alumnado. Para aproveitar a dispoñibilidade
horaria do auxiliar de conversa traballaba en tódolos niveis educativos
optimizándo ao máximo nivel este gran recurso.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
27
PLAN ANUAL DE LECTURA
1.Obxectivos
• Dinamizar a biblioteca escolar, a través dunha
reorganización/catalogación dos fondos xa existentes e da
actualización dos mesmos.
• Preparar a biblioteca como un lugar de consulta e préstamos seguro
con espazos para a consulta, sistema de corentena de libros, etc.
Durante o horario lectivo a biblioteca estará aberta ao alumnado de
ESO sempre acompañado polo profesorado. Se se fai uso de mesas e
cadeiras serán desinfectadas antes e despois do seu uso. O aforo
máximo está establecido no Plan de adaptación á situación COVID en 5
alumnos/as e contarase con xel hidroalcohólico . As sesións de
contacontos este curso non terán lugar na biblioteca para asegurar o
mantemento dos grupos estables, serán nas aulas de cada grupo
estable e sempre respectando as condicións de seguridade.
• Revisar materiais e recursos empregados para o desenvolvemento da
competencia lectora e do hábito lector, procurando diversificar os
mesmos e tendo en conta as posibilidades que ofrecen as TIC.
• Facer aportacións á revista escolar con experiencias relacionadas coa
lectura.
• Potenciar o hábito lector e espertar a necesidade de ler dende as
idades máis temperás, a través de contacontos coma os de Kalandraka,
a hora de ler, etc.
• Mellorar a lectoescritura nos seguintes aspectos: exactitude,
velocidade e comprensión lectora, aspectos grafo-motrices,
ortográficos e expresivos.
• Empregar a biblioteca como canle para a integración das novas
tecnoloxías.
• Posibilitar o acceso igualitario aos bens culturais, actuando como
axente de compensación social.
• Implicar a toda a comunidade educativa en actividades que promovan
hábitos lectores.
• Establecer nas programacións de cada área e materia as estratexias
axeitadas para o desenvolvemento da competencia lectora e o fomento
do hábito lector.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
28
• No caso dunha ensinanza non presencial a biblioteca organizará
actividades para proporcionar os recursos necesarios para a procura
de información e de selección de recursos documentais a través da
páxina web do centro.
• A través da materia de libre elección de 2º de ESO “Investigación e
tratamento da Información” planificaranse actividades para o uso
crítico da información e dos medios de información para dotar ao
alumnado de recursos de cara á identificación de noticias falsas e
búsqueda de información en sitios fiables.
2. Organización de espazos e tempos:
Dende o curso 16/17 iniciamos a posta en marcha da hora de ler. O
equipo de biblioteca realiza un calendario das sesión trimestrais que se
adicarán á lectura intentando que non coincidan sempre nas mesmas
áreas. Este calendario é repartido nas aula de ESO e entre o
profesorado. Este curso tamén se intentará facer o mesmo na etapa de
Primaria e Infantil aínda que nestas etapas o alumnado dedica unha
parte importante á lectura. A maior dificultade está en que en primaria
os grupos están formados por tres niveis simultaneamente.
Nas aulas de Infantil e Primaria as bibliotecas de aula organizaranse de
forma que os recursos cos que conta cheguen aos rapaces e rapazas de
forma máis atractiva e accesible, especialmente neste curso no que o
uso da biblioteca de centro queda reducida a profesorado (que
seleccionará os recursos para a súa biblioteca de aula) e ao alumnado de
ESO.
Na biblioteca do centro tratarase de organizar o espazo para a lectura
orientado á ESO.
Actividades previstas e liñas prioritarias de actuación para a Biblioteca:
a. En relación coa Organización e Xestión da Biblioteca:
-Continuar coa automatización e organización da colección da biblioteca.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
29
-Continuar coa provisión de servizos básicos de préstamo dos libros e
provisión de recursos de apoio para os distintos departamentos e clases.
b. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa
integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao
desenvolvemento das competencias básicas do alumnado:
-Organizar actividades en coordinación co Equipo de Dinamización da
Lingua Galega, para programar actividades moi relacionadas coa
celebración dos diversos días significativos ao longo do ano escolar, como
poden ser o día do Magosto, día da Paz, o día da Arbore, o día
internacional contra a violencia de xénero, etc.
-Dotar de máis recursos de lectura nos que se visibilice e destaque a vida
e as aportacións das mulleres ao longo da historia, nos que apareza
representada a diversidade cultural, sexual, familiar, etc. representando
outras culturas, o colectivo LGTBI, diferentes tipoloxías de familias, etc.
-Organización de actividades en coordinación co Dpto. de actividades
Extraescolares e complementarias, facendo uso da Biblioteca como
espazo e recurso para a organización de obradoiros, charlas,
conferencias, e presentación de obras de teatro, etc.
-Colaborar co Equipo Directivo e o Departamento de Orientación na posta
en marcha da hora de lernas diferentes etapas, algo que xa se iniciou en
ESO o pasado curso con bos resultados.
c. En relación coa formación de usuarios e adquisición da competencia
informacional, ou de uso e tratamento da información:
-Unha vez estea posta máis en orden o tema da catalogación dos libros na
Biblioteca, procederase a ter xornadas de presentación aos alumnos (este
curso só alumnado de ESO), que poderanse coordinar cos distintos
departamentos para, dende seu ángulo específico de actuación e interese,
amosarlle aos alumnos as vantaxes do seu uso.
-Isto tamén implicaría un pequeño cursiño ou explicación que podería
ponerse en marcha co obxecto de explicarle aos alumnos aínda máis o
funcionamento e a importancia do Proxecto Meiga.
d. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto
Lector do Centro:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
30
-Manter aberta a Biblioteca no tempo de lecer sempre que os recursos
persoais o fagan posible este curso non será posible pola limitación de
aforo, pero farase durante o maior número de horas lectivas para que
sexa posible o seu uso durante as horas en que o alumnado pode acudir
acompañado polo profesorado.
-Intentar manter contacto estreito coa algunha libraría de Lugo, para
buscar e traer carteis, pósteres,etc, das últimas novas que eles teñan na
libraría, e así estimular a interesados alumnos/as pola lectura.
e. Outras actuacións relacionadas con proxectos e programas nos que está
inmerso o centro:
-Agora mesmo non temos ningún programa oficial para este ano escolar;
sin embargo, nun proxecto no que participou o corpo de profesores no
desenvolvemento das TIC na Aula, si que moitas propostas que se fixeron
dende os distintos departamentos, presentáronse coa posibilidade de ser
levadas a cabo na Biblioteca, e cos seus recursos.
3. Seccións
A biblioteca do centro está organizadas por áreas de
coñecemento/materias e ten un espazo específico para os libros de
lectura catalogados por idades, un espazo con recursos audiovisuais
dispoñibles, unha sección de cómics ou novelas gráficas e na entrada un
espazo para as novidades ou para a exposición de libros relacionados
cunha temática que se esté traballando, data conmemorativa próxima,
etc.
4. Recursos humanos
• Titores e titoras de Infantil e Primaria
• Responsable da dinamización da biblioteca
• Coordinador do equipo de actividades complementarias e
extraescolares.
• Departamento de orientación
• Equipo responsable das TICs
• Equipo directivo
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
31
5. Itinerarios
O material empregado debe facilitar que ao longo da escolarización nas
diferentes etapas o alumnado teña unha experiencia cun amplo abano de
modalidades textuais.
- En infantil terán contacto con contos clásicos, contos
máis actuáis, libros ilustrados, libros de imaxes,
contos en formato dixital.
- En primaria as lecturas farán que o alumnado teña
contacto con contos, fábulas, cartas (especialmente
nos primeiros cursos) textos instructivos, poemas,
novas, cartas, diarios, teatro, cómics (nos cursos máis
altos de primaria).
- En ESO seguirán a traballarse con todas estas
tipoloxías textuais e traballarase ademáis con textos
argumentativos e expositivos.
Ao longo de cada etapa entre as temáticas sobre as que se traballará sempre
estará algún libro sobre a igualdade de xénero e a diversidade afectivo-sexual.
6. Actividades programadas
• Produccións escritas relacionadas co 8 de marzo “Día
Internacional da Muller” ou co 25 de novembro “Día Internacional
contra a violencia de xénero”.
• Concurso de postais de Nadal.
• Elaboración de poemas co gallo da celebración do día da Poesía ou
a Candeloria.
• Escritura do pregón de Entroido por parte do alumnado.
• Contacontos de Kalandraka.
• Aportacións do alumnado á revista escolar con producción
escritas sobre as actividades realizadas no centro.
• Exposición adicada ao autor ou autora homenaxeada en letras
galegas.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
32
7. Actividades para a implicación das familias
• Circulares con orientacións sobre posibilidades de lectura, como
fomentar o hábito lector, etc.
• Xa que durante este curso non se pode continuar coa invitación ás
familias ás sesións con contacontos que se realizan no centro,
divulgaranse as actividades a través da páxina web.
8. Criterios e procedementos de Avaliación:
-Dos servizos da Biblioteca: número de alumnos e a frecuencia de uso dos
libros, de préstamo dos mesmos, e de préstamo dos DVDs.
-Control do número de actividades que se leven a cabo polos distintos
Departamentos, co fin de mellorar moito a utilidade que a Biblioteca poda
ter para o Centro Educativo.
-Poden facerse periódicamente reunión cos distintos departamentos, para
intentar ver como se lles pode axudar na presentación e na ensinanza dos
seus diversos temase unidades a tratar ao longo do curso. Do mesmo
xeito, poden facerse intentos de traballar un tema do xeito transversal,
que poida ser plantexado e exposto na Biblioteca, por medio de carteis ou
pósteres
-Control do número de libros que se reorganizan e catalogan dos fondos
xa existentes e os de nova adquisición.
MATERIAS DE LIBRE ELECCIÓN CURSO 2020-21
Para o curso 2020-21 as materias elexidas polo Claustro son:
- Afondamento/reforzo de Matemáticas en 4º de Educación Primaria
- Afondamento/reforzo de Lingua Castelá para 6º de Educación
Primaria
- Promoción de Hábitos de Vida Saudables para 1º ESO
- Investigación e tratamento da Información para 2º ESO.
CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS PARA CASA
O profesorado de EP poderá solicitar ao alumnado a realización de tarefas
extraescolares siempre que o considere necesario para o axeitado
desenvolvemento das competencias clave. Esta proposta terá en conta os
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
33
procesos e ritmos de aprendizaxe das alumnas e alumnos e atenderá a un
principio de progresividade ao longo da etapa educativa e no caso de
establecerse deberán ter un adecuado encaixe na vida familiar.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
34
ADENDA PLAN DE CONVIVENCIA
1.Obxectivos
• Potenciar as titorías en cada aula en colaboración co Departamento de
Orientación.
• Establecer medidas de coñecemento e difusión das normas do centro
por parte de toda a comunidade educativa.
• Facilitar ao profesorado instrumentos de prevención da violencia de
xénero.
• Potenciar a negociación como medio para unha resolución pacífica dos
conflitos.
• Realizar actividades que fomenten o respecto á diversidade e a
igualdade de xénero.
• Organizar tempos e espazos de forma que se potencie unha
convivencia pacífica.
2. Organización de espazos e tempos:
Dende o curso pasado iniciamos unha reorganización dos tempos de lecer
en Secundaria, xa que son os momentos nos que máis problemas
relacionados coa convivencia adoitan aparecer.
Diversificáronse os espazos disponibles de forma que non só contan co
polideportivo, senón que tamén poden facer uso da sala de pin pon, que
se dotou con outros xogos de mesa que diversifiquen as opción de lecer
para os rapaces e rapazas.
Para aumentar a vixianza durante o tempo de lecer nos desprazamentos
ao polideportivo o alumnado deberá esperar na entrada do centro ao
profesor/a de garda antes de subir e será este o responsable de levar
as chaves e abrir este espazo.
3. Actividades previstas e liñas prioritarias de actuación en relación coa
convivencia:
• Asesoramento do Departamento de Orientación ás titorías sobre
hábitos de estudo, orientación académica e vocacional, igualdade de
xénero, normas de convivencia,…
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
35
• Difusión das normas de convivencia a través de carteis nas aulas, as
sesión de titoría do primeiro mes, a reunión informativa coas
familias de principio de curso, a páxina web, guía do curso que
inclúe as normas de convivencia e as sancións,…
• Colaboración con organizacións como a Garda Civil dentro do Plan
Director, a Cruz Vermella, asociacións contra a violencia de xénero,
… para promover unha educación afectivo-sexual axeitada, a
igualdade entre homes e mulleres, a xestión pacífica dos
conflitos,…
• Fomentar a creación dunha escola de pais e nais.
• Establecer canles de comunicación da existencia de agresións
físicas ou psicolóxicas así como calquer problema de convivencia.
4. Recursos humanos
• Titorese titoras.
• Xefe e xefa de Estudos.
• Departamento de orientación
• Equipo directivo
• Consello escolar.
5. Actividades programadas
• Entrega de dossiers informativos sobre o funcionamento do
centro ao profesorado novo no centro.
• Actividades programadas pola responsable de dinamización da
convivencia en colaboración co Departamento de Orientación,
relacionadas co 8 de marzo “Día Internacional da Muller” ou co 25
de novembro “Día Internacional contra a violencia de xénero”.
• Entrega de dossiers ás titorías por parte do Departamento de
Orientación con materiais que faciliten a acción titorial
coordinada.
• Difusión a través da revista escolar das actividades realizadas no
centro en relación coa convivencia.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
36
• Exposicións (murais, carteis, imaxes,…)relacionadas coa
convivencia, a igualdade e a educación afectivo-sexual.
• Traballar dende Educación Infantil a Educación Emocional.
• Realizar actividades de titoría programadas no grupo referidas a:
relacións no grupo, fomento da amizade, tarefas colaborativas,
sensibilización fronte ao maltrato, conciencia da importancia do
coidado das relacións afectivas e emocionais; así como habilidades
sociais asertivas e de autocoñecemento que exerciten as técnicas
de autocontrol, empatía e resistencia á frustración.
• Manter a través da acción titorial contactos periódicos coas
familias para compartir información e asegurar a mutua
colaboración.
• Reunións periódicas dos titores da ESO coordinadas polo
Departamento de Orientación co obxecto de deseñar accións
conxuntas para a mellora da convivencia no centro
• Aumentar a vixilancia en zonas comúns: aseos corredores,
recreos, entradas e saídas, comedor …
• Aplicar medidas de seguridade nos equipos informáticos que usan
os alumnos/as e establecer normas de uso destes equipos.
• Asesorar ás familias sobre o uso das redes sociais, móviles, etc.
6. Criterios e procedementos de Avaliación:
-Número de partes de incidencia e gravidade das condutas contrarias á
convivencia no centro. Grao de colaboración do alumnado e familias
implicados así como a reincidencia nestas condutas.
-Número de entrevistas coas familias de cada titoría.
-Reunión trimestral da comisión de Convivencia no seo do Consello Escolar.
-Participación e implicación do alumnado nas actividades relacionadas coa
convivencia, ben sexa na titoría ou a nivel de centro.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
37
ADENDA DO PLAN DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN
2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO E NECESIDADES
3. OBXECTIVOS
4. VALORACIÓN DE NECESIDADES E PLANIFICACIÓN XERAL DAS
ACTUACIÓNS E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
5. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
6. CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE
RECURSOS
7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS
PROFESIONAIS EN RELACIÓN COAS MEDIDAS DESEÑADAS PARA
O CENTRO
8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN
9. SEGUEMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
38
1. INTRODUCIÓN
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,no capítulo I establece os principios e fins
do sistema educativo, entre os que se considera a atención á diversidade como o
fundamento que debe presidir toda a ensinanza co obxectivo de proporcionar ao
alumnado unha educación axeitada ás súas características.
O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do
alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no
Capítulo I, artigo 3, o concepto de atención á diversidade, establecendo o conxunto de
medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás
diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións,
intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. O obxectivo é lograr que
todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social das súas
capacidades, garantindo unha igualdade efectiva de oportunidades, e en especial, aos
alumnos que presentan unhas necesidades educativas específicas.
Neste marco de actuación, o Plan de Atención á Diversidade do centro recolle as liñas
xerais que enmarcan a atención á diversidade e as actuacións a desenvolver para a
adecuación da resposta educativa á totalidade do alumnado do centro, e formará parte
do Proxecto Educativo de Centro.
Ao comezo de cada curso, o departamento de orientación elaborará a proposta da
concreción anual deste Plan, coas actuacións e medidas específicas que se
desenvolverán ao longo do curso e que formará parte da programación xeral anual
(D.229/2011, do 7 de decembro)
No presente documento recóllense as principais medidas de atención á diversidade a
desenvolver categorizadas en ordinarias e extraordinarias, o profesorado responsable
de cada actuación, alumnado ás que van dirixidas e temporalización previsible. Tendo en
conta que ditas actuacións constitúen o punto de partida, sendo susceptibles de
modificacións para adaptarse a cambios ou novas necesidades que se produzan.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
39
2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO E NECESIDADES
O CPI Uxío Novoneira é un centro público situado nunha zona de montaña
a 60 km da capital de Lugo e recolle alumnos e alumnas de diferentes parroquias
do concello, que acoden ao centro en transporte escolar.
As principais actividades económicas son a gandería e a agricultura, xunto
á actividade turística, centrada no camiño de Santiago e no turismo rural. O
poder adquisitivo da maior parte da poboación é medio-baixo, así mesmo, o nivel
cultural está marcado pola situación económica, social e cultural das familias
(estudos primarios) e polo illamento no que se atopan as aldeas, con pouca
facilidade de acceso a actividades culturais como cine, exposicións,
acontecementos culturais e artísticos, etc. xa que teñen que desprazarse para
iso. A lingua utilizada maioritariamente é o galego, sendo poucas as familias que
usan a cotío o castelán. O nivel de estudos da maioría dos habitantes da zona
non supera o graduado escolar ou o bacharelato.
Para a avaliación das necesidades do centro en canto á atención á
diversidade, seguimos unha metodoloxía cualitativa utilizando os seguintes
procedementos:
 Análise da documentación do centro.
 Entrevistas con profesores/as e titores/as.
 Observación directa do centro e das súas características.
Algunhas das características do noso CPI son:
 Escaso número do alumnado: o que vai e favorecer unha atención a
diversidade máis personalizada por parte do profesorado.
 A atención a diversidade estenderase prioritariamente nos niveis máis
xerais: o grupo da aula clase, tendo como primeiro responsable do
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
40
funcionamento de mesmo á persoa titora que englobará na súa figura
as accións de orientación e titoría máis básicas en colaboración co DO,
que se concretará a través das actividades programas no PAT.
 Horario lectivo do profesorado: para o profesorado que non teña o seu
horario lectivo completo, a atención á diversidade será actividade
prioritaria sobre calquera outra das establecidas na Orde do 17 xullo
de 2007.
 A especialista en pedagoxía terapéutica realiza apoio educativo fóra
da aula, polo que se fomentará a colaboración e cooperación entre a
especialista en PT e o profesor de área, a fin de ofrecer ao alumnado
a resposta educativa que máis se axuste as súas necesidades e
características.
As necesidades mais salientables que responden a realidade do noso centro son:
 Compensar a situación de partida desfavorecida dunha parte do
alumnado, especialmente no relativo á súa contorna cultural,
asegurando oportunidades para todo o alumnado.
 Reducir o abandono e fracaso escolar entre o alumnado.
 Fomentar a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade entre
homes e mulleres, activos na loita contra a desigualdade por razóns de
xénero que permanece en moitos ámbitos e que en zonas do rural vese
con maior incidencia
3. OBXECTIVOS
- Proporcionar aos alumnos e alumnas unha resposta educativa
adecuada e de calidade que lle permita acadar o maior
desenvolvemento persoal e social, e de forma especial aqueles que
presentan necesidade específica de atención educativa.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
41
- Planificar propostas educativas diversificadas de organización,
procedementos, metodoloxía e avaliación adaptadas ás necesidades
do alumnado do centro.
- Establecer canles de participación e cooperación entre os distintos
profesionais do equipo educativo que interveñen co alumnado con
necesidades específicas de atención educativa.
- Priorizar a prevención, detección precoz e atención temperá de
dificultades de aprendizaxe.
- Fomentar a titoría como instrumento para a prevención, detección e
atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
- Organizar e coordinar os recursos persoais e materiais do centro
cara á mellor eficacia das accións deseñadas.
- Promover a colaboración e coordinación con institucións e organismos
externos ao centro.
Obxectivos específicos.
Relacionados co desenvolvemento persoal e social.
- Acadar un clima adecuado que permita a cohesión do grupo e ofrecer
posibilidades de participación óptimas.
- Desenvolver estratexias que permitan acadar procesos
autorreguladores dos seus comportamentos sociais.
- Garantir unha orientación personalizada en función das características
e necesidades do alumnado.
- Desenvolver a motivación, construción do autoconcepto e a autoestima.
- Desenvolver a acollida do novo alumnado e aquel procedente do
estranxeiro.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
42
Relacionados co desenvolvemento cognitivo.
- Adquirir as competencias e coñecementos básicos de cada etapa.
- Analizar as necesidades educativas e ofrecer a resposta axeitada.
- Establecer a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e de
compensación educativa para o logro dunha educación de calidade.
- Compensar os posibles desfases curriculares do alumnado con
desvantaxe social e cultural.
Relacionados coa mellora da convivencia
- Desenvolver actitudes de responsabilidade, coñecemento dos outros e
relacións de empatía.
- Establecer canles fluídas de comunicación coas familias, facilitando
información sobre os progresos das súas fillas e fillos e as medidas
adoptadas en cada caso.
- Desenvolver estratexias de resolución de conflitos mediante o diálogo
e a comunicación asertiva.
- Desenvolver actitudes de aceptación e tolerancia ante a diferenza.
4. VALORACIÓN DE NECESIDADES E PLANIFICACIÓN XERAL DAS
ACTUACIÓNS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A identificación das necesidades do alumnado, a súa valoración e a resposta
educativa constitúen procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos á
diversidade. Realizarase mediante:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
43
- Análise dos expedientes do alumnado.
- Avaliación inicial realizada a comezos de curso.
- Intercambio de información coa familias e diferentes profesionais
que interveñen na formación do alumnado.
- Xuntanzas de avaliación de cada trimestre.
- Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada
alumna e alumno e proporanse as medidas de atención á diversidade
precisas.
- En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades
detectadas.
Identificadas as necesidades, plantéxanse unha serie de necesidades de tipo
organizativo e curricular.
Necesidades de tipo organizativo:
- Promover unha atención axustada ás posibilidades de cada alumna e
alumno, planificando propostas educativas diversificadas de organización,
procedementos, metodoloxía e avaliación adaptadas ás súas necesidades.
- Sistematizar a atención á diversidade dentro da actividade docente, o
que esixe unificar e coordinar as actuacións entre Departamentos
Didácticos, Departamento de Orientación e Xefatura de Estudos coa
finalidade de favorecer a adquisición dos obxectivos pedagóxicos do
centro.
Necesidades de tipo curricular:
- Elaborar as programacións didácticas tendo en conta a diversidade e
características reais do alumnado ( estilos de aprendizaxe diferentes,
condicionantes persoais e/ou sociais, dificultades específicas de
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
44
aprendizaxe, escolaridade irregular, incorporación tardía ao sistema
educativo).
- Secuenciación de medidas, esgotando as medidas ordinarias previstas
previas ás extraordinarias.
A orientación académica e profesional
A orientación académica e profesional levarase a cabo nos diferentes
niveis:
a) A nivel de aula: a través do titor ou titora co seu grupo de alumnos/as
na hora de titoría.
b) A nivel de centro, o Departamento de Orientación informará e
asesorará ó alumnado e familias, tanto de maneira xeral como
individualmente; mediante charlas, reunións, xornadas, exposicións....
Tendo presente que algunhas das actividades como a participación en
xornadas ou visitas a centros de formación profesional, universidades,
etc. estarán condicionadas por cómo evolucione a situación e as
medidas de seguridade sanitaria derivadas do covid19.
Tamén se levará a cabo o asesoramento individual, tanto do alumnado
como as familias, segundo sexa necesario e/ou requirido.
c) A nivel provincial, pódese solicitar a colaboración do Equipo de
Orientación Específico para asesorar ou poñer en contacto con outros
profesionais de cara a ofrecer unha maior información e
asesoramento aos nosos alumnos/as.
A titoría
A titoría recoñécese no centro como unha das medidas fundamentais de
prevención e compensación de dificultades, tanto de tipo persoal como
académico.
Algunhas das accións a desenvolver son:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
45
 O coñecemento e seguimento persoal dos/as alumnos/as, das súas
capacidades, intereses, motivacións, dificultades... Neste sentido, a
coordinación do/a titor/a co resto do equipo educativo é esencial e
fundamental.
 O coñecemento do contorno sociofamiliar do alumnado e o contacto periódico
coas familias a través de entrevistas e/ou reunións, onde se lles comunicará e
informará constantemente do desenvolvemento académico e persoal dos seus
fillos/as.
 No caso de ensino non presencial, si se da a situación de confinamento
debido o covid19, se terá que prestar especial atención a posibles
dificultades derivadas da situación emocional de alumnado e familias, e do
uso axeitado dos recursos de teleformación.
 A dirección e coordinación das sesións de avaliación co resto do equipo
educativo de cara a garantir continuidade e coherencia nas actuacións e a
dotar da mellor resposta conxunta ás necesidades que vaian xurdindo.
 Ante as necesidades específicas de apoio educativo, serán un elemento clave
de coordinación do Departamento de Orientación, para a realización da
oportuna avaliación psicopedagóxica, se se estimara necesaria, para a
detección das dificultades de aprendizaxe do alumnado e para a posta en
marcha das medidas oportunas. As familias estarán constantemente
informadas do proceso seguido na atención ás dificultades dos seus fillos/as.
 Algúns dos contidos que mediante a acción titorial se traballará co alumnado
son:
- Técnicas de traballo intelectual e adquisición de hábitos de estudo.
- Igualdade e prevención de violencia de xénero.
- Habilidades sociais.
- Integración e solución de conflitos.
- Valores e diversidade.
- Educación afectivo – sexual.
- Orientación académica e profesional.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
46
 O Departamento de Orientación coordinarase co equipo educativo para o
asesoramento e colaboración no deseño das sesións de titoría.
5. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
As medidas de atención á diversidade constitúen aquelas actuacións, estratexias
e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás
necesidades educativas do alumnado.
As principais medidas de atención á diversidade desenvolvidas polo centro son
de dous tipos: ordinarias e extraordinarias.
Enténdese por medidas ordinarias todas aquelas que faciliten a adecuación do
currículo prescrito, sen alteración significativas dos seus obxectivos, contidos e
criterios de avaliación, ao contexto sociocultural do centro e ás características
do alumnado.
Enténdese por medidas extraordinarias todas aquelas dirixidas a dar resposta
ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio
educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario
e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso,
nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización.
Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas
insuficientes.
Hai que ter en conta os seguintes aspectos para a aplicación destas medidas:
− Aplicaranse unha vez esgotadas as medidas ordinarias ou por resultaren
estas insuficientes.
− É necesario a autorización: Dirección do centro, do servizo de Inspección
Educativa, da Xefatura Territorial ou da Dirección Xeral que proceda e,
se é o caso, informe xustificativo do Departamento de Orientación.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
47
− Estarán suxeitas a un proceso de revisión periódica para introducir as
modificacións que as necesidades requiran.
As medidas adoptadas no presente curso son as que se indican:
5.1. Medidas ordinarias
- Adecuación da estrutura organizativa do centro: espazos, horarios,
agrupamentos, organización e xestión de aula. Estas actuacións
estableceranse de acordo cos principios de normalización, inclusión,
promoción da convivencia, igualdade de oportunidades e interculturalidade.
- Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado. Nas
programacións didácticas as xefas e xefes de departamento concretarán os
elementos establecidos segundo a normativa vixente. Así mesmo cada
profesora e profesor, dende a súa materia, adaptará a programación do seu
departamento ás peculiaridades de cada grupo.
- Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos,
titoría entre iguais, e outras que promovan a inclusión.O traballo en pequeno
grupo favorece a relación entre o alumnado, a cooperación e colaboración,
potenciando o aproveitamento das habilidades de cada un para o traballo en
común.
- Reforzo educativo. Medida que atende ás dificultades do alumnado xurdidas
nun momento do proceso educativo e que, mediante pequenas modificacións
nos elementos prescritivos do currículo, pode seguir o proceso ordinario de
ensino- aprendizaxe. Levarase a cabo dentro da aula ordinaria e por parte da
profesora ou profesor de área.
- Apoios do profesorado con dispoñibilidade horaria nas materias
instrumentais especialmente a alumnos que teñen dificultades nas materias
instrumentais por proceder do estranxeiro.
- Programas de enriquecemento curricular. Destinados a alumnas e alumnos que
presentan un nivel de competencia curricular superior ao seu grupo de
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
48
referencia. Levarase a cabo, de xeito ordinario, por parte da profesora ou
profesor de área de dentro da aula.
- Programas de recuperación.Os departamentos didácticos elaborarán
programas de recuperación destinados ás alumnas e alumnos con materias
pendentes.
- Programas de habilidades sociais. Realizaranse co alumnado talleres e
actuacións encamiñadas a traballar aspectos relacionados co coñecemento e
control das emocións coa finalidade de mellorar a calidade das relacións
sociais e resolver ou prever dificultades nas súas relacións cos demais.
- Exención da 2º Lingua estranxeira: As alumnas e alumnos que presenten
claras dificultades no proceso de aprendizaxe, e en particular na área de
lingua, estarán exentos da 2ª Lingua estranxeira e recibirán reforzo
educativo nesas horas.
- Permanencia un ano máis no curso. Medida previa a calquera
posibilidade de medida extraordinaria, e cun máximo de dous na etapa.
5.2. Medidas extraordinarias
- Adaptacións curriculares. Precisan avaliación diagnóstica efectuada polo
departamento de orientación a petición do profeso ou profesora de área que
será o encargado de elaborar a proposta curricular en colaboración do
profesorado de apoio e o asesoramento do DO.
- Apoio da especialista en Pedagoxía Terapéutica e profesorado que
desempeñe labores de apoio. As intervencións específicas serán propostas
polas profesoras e profesores da materia obxecto, valoradas polo
departamento de orientación. O seu labor será coordinado polo DO.
6. CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS
RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS:
No artigo 4 do capítulo I do Decreto 229/2011 sinálanse os seguintes principios
xerais de actuación para a atención á diversidade:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
49
- Normalización e inclusión.
- Equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación.
- Flexibilidade e accesibilidade.
- Interculturalidade e promoción de convivencia.
- Autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade
educativa.
- Atención a todo o alumnado.
- Accións preventivas e de detección temperá.
- Priorizar medidas de carácter ordinario e normalizador.
- Enfoque multidisciplinar e de colaboración e coordinación.
- Información e asesoramento ás familias.
Tendo estes criterios en conta, establécense a seguinte distribución de
recursos:
- Estas actuacións organízanse dentro do horario xeral do centro,
adaptándose ao horario e o agrupamento do alumnado.
- Para conseguir a optimización dos recursos, é necesario unificar criterios
de actuación entre o profesorado que intervén no proceso educativo do
grupo, clarificando as funcións que corresponden ao titor/a, ao equipo de
profesorado e, se é o caso, ao profesorado de apoio.
- As intervencións específicas, levadas a cabo pola especialista de
pedagoxía terapéutica, realizaranse naqueles casos de alumnado con
necesidades especificas de apoio educativo, contando co informe previo
do departamento de orientación.
- As necesidades detectaranse a través das reunións de titores/as, a
orientadora e profesora de PT, dos resultados das probas de avaliación
inicial de comezos de curso, das diferentes sesión de avaliación e dos
resultados das probas de diagnóstico. Aínda que en calquera momento do
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
50
curso, tan pronto como se detecten dificultades hai que establecer os
apoios e reforzos oportunos, será na avaliación ordinaria e extraordinaria
onde se concrete que medidas de atención á diversidade que garantan
unha resposta axeitada ás necesidades detectadas do alumnado.
- No mes de setembro, tendo en conta os recursos materiais e persoais dos
que dispón o centro, decídese as medidas de atención á diversidade de
cara o presente curso.
A profesora especialista en pedagoxía terapéutica xunto coa orientadora
establecerán o horario de atención ao alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo, así como as distintas modalidades;
proposta que será presentada ao equipo educativo para a súa aprobación.
- Para o deseño desta atención teranse en conta os seguintes criterios
prioritarios:
- 1. Atenderase ao alumnado obxecto dunha adaptación curricular
significativa.
- 2. Aquel alumnado que así o aconselle o correspondente informe
psicopedagóxico.
- 3. Priorizaranse os apoios realizados no curso anterior, nos primeiros
cursos de primaria e nos cursos 1º e 2º da ESO.
- Deste xeito o alumnado que será atendido pola Departamento de
Orientación será o seguinte:
Curso Necesidades Medidas Horas semanais
Alumna
de 5º de
Educación
Infantil
Retraso na linguaxe
dende o nacemento, que
xa recibiu estimulación
en logopeda privada e
Reforzo fóra da aula 2-3 sesións semanais.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
51
pendente de valorar no
HULA para recibir
atención temperá.
Alumna
de 5º de
Educación
Infantil
Alumno con ausencia casi
total de linguaxe oral e
pendente de valorar no
HULA para recibir
atención temperá.
Reforzo fóra da aula 2-3 sesións semanais.
Alumno
de 3º de
Primaria
Alumno procedente de
Marrocos con
dificultades nas linguas
que dificultan a
comprensión de parte
dos contidos da área de
matemáticas
Refozo fóra da aula por
parte da mestra de PT
4 horas semanais nas
linguas e 1 hora en
matemáticas.
Alumno
de 3º de
Primaria
Alumno cun retraso
lectoescritor que
dificulta a comprensión
de parte dos contidos da
área de matemáticas
Refozo fóra da aula por
parte da mestra de PT
4 horas semanais nas
linguas e 1 hora en
matemáticas.
Alumno
de 4º de
Primaria
Alumno con dificultades
nas linguas, tanto na
comprensión como nas
produccións escritas.
Refozo fóra da aula por
parte da mestra de PT
2 horas semanais nas
linguas.
Alumno
de 5º Ed.
Primaria
Alumno con informe de
neuropsiquiatría de TDA.
Promociona con 4
Reforzo fóra da aula
por parte da mestra de
PT
1 hora na área de
matemáticas e 4
horas na área de
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
52
materias non superadas e
presenta dificultades nas
áreas instrumentais.
lingua.
5º Ed.
Primaria
Alumno valorado pola
unidade de
neuropsiquiatría.
Promociona con 4
materias non superadas e
presenta dificultades nas
áreas instrumentais, así
como unha baixa
autoestima e pouca
tolerancia á frustración.
Aprendizaxe de
técnicas de
autocontrol, tolerancia
á frustración, a través
do traballo coa
orientadora.
Reforzo fóra da aula
por parte da mestra de
PT
5 horas na área de
lingua fóra da aula
2º ESO Alumno con de
aprendizaxe valorado por
neuropediatría con TDA.
Exención da 2ª lingua
estranxeira
2 horas semanais
impartidas pola
mestra de PT
- A proposta inicial do alumnado que conforma os agrupamentos de apoio
estará suxeito a revisións e modificacións periódicas ao longo do curso en
función da súa evolución e da posibilidade de novas incorporacións, neste
caso haberá que valorar os resultados da avaliación de dous alumnos de 1º
de Primaria. A asistencia de algún alumno/a á apoio non poderá exceder o
horario máximo establecido, sendo este dun terzo da xornada escolar.
- Os pais/nais dos alumnos/as susceptibles deste apoio serán informados polos
titores/DO das medidas que se van a adoptar e dos obxectivos que se pretenden
acadar.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
53
7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS
EN RELACIÓN COAS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO.
Titor ou titora e profesorado.
- Coñecer as características persoais de cada alumna e alumno a través da análise
do seu expediente e de todos aqueles documentos válidos para este
coñecemento.
- Informar ás familias de todos aqueles aspectos curriculares e/ou organizativos
que impliquen medidas de atención á diversidade ordinarias ou extraordinarias.
- Facer un seguimento xeral dos procesos de ensino-aprendizaxe para detectar
as dificultades e as necesidades educativas coa finalidade de artellar respostas
educativas coherentes e, demandar, no seu caso, os oportunos asesoramentos,
reforzos e apoios.
- Coordinar coa xefa do departamento de orientación a intervención educativa do
alumnado que presenten necesidades específicas de apoio educativo.
- Coordinar co demais profesorado do grupo o axuste dos programas,
especialmente no referente ás respostas educativas ante as necesidades máis
específicas de reforzo e apoio.
- Promover un contexto de colaboración coa familia, intercambiando información
relevante que afecte á educación dos seus fillos e fillas.
Profesorado de apoio.
- Participar nas sesións de avaliación que afecten ao alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo.
- Colaborar, xunto coa xefa do departamento de orientación e o/a titor/a, na
organización da atención do alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
54
- Prestarlle atención docente directa ao alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo, segundo o establecido na proposta do informe da orientadora do
centro.
- Axudar ao profesorado da materia e/ou titor/a na identificación de posibles
necesidades educativas do seu grupo.
- Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións curriculares,
así como das medidas de reforzo, se é o caso, e daquelas outras dirixidas á
atención á diversidade.
- Colaborar na metodoloxía e avaliación a seguir co alumnado con dificultades.
- Participar na elaboración de material para traballar co alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo.
- Participar, de ser necesario, co titor/a nas reunións coas familias do alumnado
con necesidades específicas de apoio educativo.
Xefatura do Departamento de Orientación.
- Participar na avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que fose derivado polo
profesorado e/ou nais, pais ou titores e titoras legais, a través do protocolo de
derivación; así como realizar o informe psicopedagóxico no que se recolla, analice
e valore a información recollida no proceso da avaliación psicopedagóxica.
- Elaborar o correspondente ditame de escolarización para aqueles casos onde se
requira unha modalidade diferente e/ou recursos extraordinarios.
- Establecer a proposta de organización de atención ao alumnado por parte do
profesorado especialista, coa participación do profesorado titor do alumnado e
da profesora de pedagoxía terapéutica e/ou audición e linguaxe. Elevar esta
proposta á xefatura de estudos.
- Asesorar ao equipo directivo sobre as medidas de atención á diversidade.
- Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección
precoz de dificultades de aprendizaxe.
- Asesorar aos departamentos didácticos e profesorado en xeral nos procesos de
axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións de
curso, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
55
- Facilitar asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes
medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de
apoio educativo.
- Coordinar as actuacións levadas a cabo polo profesorado do centro así como dos
profesionais de fóra do centro que interveñan na atención do alumnado con
necesidades específicas de apoio educativo.
Xefaturas de departamento didáctico.
- Ter en conta e transmitir ao resto do departamento a información xeral sobre
as medidas de atención á diversidade e neae do centro.
- Reflectir as medidas na memoria e nas programacións e facer seguimento e
propostas.
- Colaborar na construción e revisión dos criterios de organización das medidas de
atención á diversidade , así como asumir e responsabilizarse do acordado no plan
xeral de atención á diversidade.
- Colaborar coa Xefatura de Estudos e Orientación na elaboración e corrección
das probas de nivel para determinar o nivel de competencia curricular do
alumnado novo procedente do estranxeiro.
Equipo directivo.
- Dispoñer e pór en marcha as medidas de atención á diversidade adecuadas ás
necesidades detectadas e aos recursos dispoñibles.
- Coordinar todas as actuacións previstas, xunto co resto do profesorado, tendo
en conta o establecido na proposta de concreción anual do plan xeral de atención
á diversidade.
- Velar polo cumprimento de tódalas actuacións establecidas neste Plan.
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
56
8.MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN:
8.1 INTERNOS:
- Reunións de departamentos didácticos.
- Reunións do departamento de orientación.
- Reunión de coordinación para a acción titorial.
- Reunións entre titores, orientador/a do centro adscrito e orientador/a do
centro para organizar o intercambio de información, a acollida e
incorporación das novas alumnas e alumnos, coordinado polas
correspondentes xefaturas de estudos.
- Reunións entre orientadora e profesorado de apoio, para concretar e
desenvolver o programa de traballo e seguimento de casos.
- Sesións de avaliación inicial e trimestrais coordinadas polas titoras e titores
e xefatura de estudos.
8. 2 CANLES DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS E SERVIZOS
EXTERNOS:
As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán compartir o
esforzo educativo, participando e colaborando, nos termos legalmente
establecidos, nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos
educativos do alumnado, particularmente nos ámbitos referidos a: mellora da
autonomía, esforzo, autoestima, participación e convivencia. As nais, pais ou
titores e titoras legais do alumnado deberán colaborar no proceso de avaliación
inicial do alumnado así como no das posibles avaliacións psicopedagóxicas.
Para promover a implicación das nais, pais ou titoras e titores legais do alumnado
realizaranse as seguintes actuacións:
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
57
- Reunión inicial ao comezo do curso para facilitar información sobre a
organización e funcionamento do centro.
- Entrevistas periódicas ao longo do curso para seguimento académico e
persoal dos alumnos.
- Información a través da páxina web do instituto.
Para algunhas intervencións contamos con colaboracións externas como:
- Equipos de Orientación Específicos aos que solicitar colaboración para
desenvolver as funcións do Departamento de Orientación (avaliación
psicopedagóxica de alumnado, orientacións sobre modalidades de
escolarización, metodoloxías, recursos…) segundo demandas e
necesidades.
- Inspección Educativa, que autorizará e asesorará sobre as medidas
de atención á diversidade.
- Servizo Galego de Saúde. Solicitarase colaboración no diagnóstico de
casos e en problemáticas sociais específicas, empregando para o
protocolo de derivación aconsellado polo equipo específico.
- Asociacións, centros educativos, entidades do entorno, para xornadas
informativas, charlas de especialistas ou asesoramento (Garda Civil,
USC, Quérote mais).
9. SEGUEMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA
Segundo o Decreto 229/2011 de atención á diversidade, “o Departamento de
Orientación de cada centro elaborará a correspondente memoria do Plan Xeral de
Atención á Diversidade, e establecerá, de ser o caso, as pertinentes propostas de
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
58
mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do Departamento de Orientación e, en
consecuencia, á memoria anual do centro.”
A valoración deste Plan realizarase analizando os seguintes indicadores:
- Avaliación dos resultados obtidos polo alumnado que participou nas diferentes
actuacións e medidas de atención á diversidade.
- Información do profesorado que realizou algunha medida de atención á
diversidade e informes do profesorado de pedagoxía terapéutica.
- Coordinación co profesorado respecto ás MAD
- Avaliación interna do propio plan de atención á diversidade no que se
determinará o grao de consecución dos obxectivos previstos, a adecuación ás
necesidades reais do centro e o nivel de participación dos distintos elementos
da comunidade educativa e servizos externos.
O proceso a seguir será:
- Análise e valoracións a través das reunións dos titores/as coa orientadora.
- Análise e valoración nas reunións dos departamentos didácticos.
- Seguimento a través das reunións do departamento de orientación.
-
P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21
59
A PXA foi revisada e aprobada en Consello Escolar o 15 de outubro de 2020.
Pedrafita, a 15 de Outubro de 2020

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (11)

Nofc v2019
Nofc v2019Nofc v2019
Nofc v2019
 
Unha montana de cine
Unha montana de cineUnha montana de cine
Unha montana de cine
 
Guia curso inf e primaria curso 16-17
Guia curso inf e primaria  curso 16-17Guia curso inf e primaria  curso 16-17
Guia curso inf e primaria curso 16-17
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaci...
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivencia
 
Guia curso curso 18-19
Guia curso   curso 18-19Guia curso   curso 18-19
Guia curso curso 18-19
 

Ähnlich wie Pxa 20 21

PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdfPLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdfaidadourado
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024CEIPN1TUI
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroMaria Pato
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Maria Pato
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Maria Pato
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroMaria Pato
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfCEIPN1TUI
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabrielagabriela sanchez
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021CEIPMaceda
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10josemiguens
 

Ähnlich wie Pxa 20 21 (20)

PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdfPLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua Proxecto de xornada continua
Proxecto de xornada continua
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
 
Tics
TicsTics
Tics
 

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 

Kürzlich hochgeladen (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

Pxa 20 21

  • 1. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 1 - C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
  • 2. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 2 DATOS XERAIS DO CENTRO: Tipo de centro: CPI Denominación oficial: UXÍO NOVONEIRA Código do centro: 27015967 Provincia: LUGO Enderezo: ESTRADA CERVANTES S/N Código Postal: 27670 Teléfono: 982870633/982870634 N.I.F: Q-7755208-A Dirección de correo electrónico: cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es Páxina Web: http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira Número de unidades: 6 Número de unidades: Número de unidades: E. Inf. E.Prim. E.S.O. Catalogadas 0 2 4 Funcionando 1 2 4
  • 3. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 3 Órgano de participación no control e xestión: O CONSELLO ESCOLAR Cargo Nome e apelidos Data de renovación Presidenta: Rocío Méndez Penela X. estudios primaria - X. estudios secundaria - Repres. Concello: Mª Pilar Frey Castro Repres. profesorado: - Javier A. Rey Souto - Repres. A.N.P.A. Elvira Fernández Aira Repres. Pais/nais Teresa González Casas - Represen. de alumnos: Carla Fernández Arias - - Represen. adm./sevizos - Secretaria: - Calendario de reunións:  Consello Escolar: o Como mínimo, unha vez ao trimestre e sempre que o convoque a súa presidenta ou o solicite un tercio polo menos, dos seus membros.  Claustro de Profesores/as: o Como mínimo, unha vez ao trimestre e sempre que o convoque a súa presidenta ou o solicite un tercio polo menos, dos seus membros.  Comisión de coordinación Pedagóxica: o Reunións mensuais.  Equipos de ciclo: o Todos os martes lectivos no horario de 13.50h a 14.50h  Equipo de normalización lingüística: o Reunións mensuais.
  • 4. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 4  Equipo de Actividades complementarias e extraescolares: o Reunirase o coordinador e profesorado responsable de cada actividade concreta, sempre que sexa necesario  Equipo de apoio á Biblioteca: o Reunirase a coordinadora e o profesorado do equipo sempre que sexa necesario.  Comisión de coordinación para avaliación de diagnóstico. Reunirase as veces necesarias. Estará constituída por: o Directora o Xefes de Estudos de primaria e secundaria o Xefa do Departamento de Orientación o Un titor/a por cada un dos niveis a avaliar  Equipo de Orientación o Reunións mensuais.
  • 5. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 5 a) DOCUMENTO Nº 1: PLAN ANUAL: a. Obxectivos de organización e xestión: 1. Potenciar o desenvolvemento integral dos alumnos/as así como o máximo desenvolvemento das capacidades individuais, da súa autonomía e identidade persoal, das competencias básicas e da recuperación das aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso 19/20 tras a situación xerada pola pandemia da COVID-19 e a suspensión das clases presenciais. 2. Reforzar a labor do Departamento de Orientación como órgano de información, asesoramento e orientación a todos os membros da comunidade educativa favorecendo o desenvolvemento integral do alumnado e tendo en conta o seu entorno familiar, escolar e social, prestando especial atención neste curso ao alumnado no que se detecten problemas emocionais, de aprendizaxe, etc. a raíz da situación provocada polo coronavirus que afecta a todos os ámbitos sociais e persoais. 3. Incentivar e facilitar a formación permanente do profesorado facilitandoespecialmente a participación en proxectos e/ou programas de innovación educativa, como sucedeu os cursos pasados a través da participación en varios Plans Proxecta, ademais facilitar información sobre a oferta formativa. Neste curso darase prioridade a toda a formación relacionada coa formación sobre a ensinanza a distancia, o uso da aula virtual e a educación emocional. 4. Traballar na consecución dun bo clima de convivencia do centro no marco dunha escola COEDUCATIVA e conseguir a INCLUSIÓN de todos os membros da comunidade escolar sen ningún tipo de discriminación, traballando especialmente na eliminación de roles tradicionais de xénero, moi acentuados neste tipo de contextos e na eliminación de prexuízos cara outras culturas como é a árabe, coa que está tendo os primeiros contactos trala chegada de alumnado procedente de Marrocos. 5. Previr a aparición de conflitos dentro da comunidade educativa e priorizar a negociación como medio para a súa resolución, aproveitando as súas posibilidades educativas e aplicando as medidas correctoras correspondentes segundo o NOFC cando sexa necesario. Tamén se priorizará traballar a non culpabilización en situacións de contaxio, a empatía e o coidado dos demais. 6. Colaborar na realización de actividades conxuntas coa ANPA e con organismos e institucións externas respectando as decisións dos Equipos
  • 6. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 6 Docentes e fomentar as relacións entre tódolos membros da comunidade educativa. 7. Optimizar o funcionamento a nivel organizativo do centro e revisar e introducir as modificacións necesarias nos documentos de xestión interna para axustalos á normativa actual e adecualos á realidade cambiante dun centro. 8. Dinamizar o uso da biblioteca, aula de informática e uso das tecnoloxías da información e da comunicación existentes no centro. Potenciar a adquisición dos coñecementos cientifico-tecnolóxicos do alumnado de cara a unha mellor adquisición das competencias STEM. 9. Mellorar o grao de desenvolvemento da competencia lingüística especialmente o tratamento da información, a comprensión lectora e a expresión oral (sen esquecer a importancia da escrita), así como a adquisición de hábitos e técnicas de traballo intelectual. Aproveitar a presenza este curso do Auxiliar de Conversa para fomentar actitudes positivas cara á lingua estranxeira (Inglés). 10. Destacar a importancia do uso da nosa Lingua e promovela a través do EDLG, e continuar coa labor de facer cumprir a normativa da Lingua Galega e de que esta se desenvolva correctamente. b. Actividades previstas para acadar os obxectivos propostos: 1. Adecuación do proceso de ensinanza e aprendizaxe así como da avaliación aos obxectivos, criterios e estándares de avaliación facilitando un óptimo desenvolvemento das competencias básicas e unha recuperación das aprendizaxes imprescindibles non adquiridas pola situación de educación non presencial durante o curso 2019-2020. Programar para a diversidade e conseguir unha rápida intervención co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, especialmente no caso do alumnado con maiores dificultades de acceso ao sistema de traballo durante o terceiro trimestre do curso pasado. Promover un clima de autoconfianza e autoestima que facilite aos alumnos/as a súa integración na sociedade. Establecer criterios para o envío de tarefas extraescolares en función da idade e das necesidades de cada alumno/a de cara a mellorar o rendemento escolar e sempre tendo en conta a conciliación familiar. 2. Propoñendo estratexias de ensino/aprendizaxe que aumenten a motivación do alumnado cara as actividades de estudo e asesorando e orientando ao profesorado para levalas a cabo e tamén procurando unha maior implicación por parte das familias no proceso de ensino/aprendizaxe dos seus fillos e fillas. 3. Participación nas Seccións Bilingües en 1º, 2º e 3º cursos de Primaria na área de Educación Artística na materia de Expresión Plástica, en 2º e 3ºde ESO na materia de Tecnoloxías/Tecnoloxía; Proxecto Webs dinámicas sen
  • 7. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 7 obviar proxectos de innovación, propostas e iniciativas ben sexa a nivel individual ou de equipo, nos que teña a posibilidade de participar o profesorado do centro ao longo do curso académico. Participación nos cursos de formación do profesorado (preferentemente por vía telemática) relacionados coa ensinanza a distancia e/ou semipresencial e o uso da aula virtual. 4. Aprendizaxe de hábitos de convivencia positivos e valores tales como xustiza, solidariedade, igualdade, colaboración, respecto, aceptación dos demais, empatía, coidado dos demais, etc; todo elo baixo un clima de diálogo entre os membros da comunidade educativa. Continuar coa implementación do Plan de Igualdade axustado á realidade do centro. 5. Cumprir as directrices do Plan de Convivencia e das NOF (coas modificacións incorporadas a través do Plan de acollida tras a situación COVID do curso 19-20) e fomentar as boas relacións entre os diferentes membros da Comunidade Educativa.Darlle a máxima difusión posible ao Plan de Convivencia actualizado e ás NOF de centro a través da páxina web, das titorías de alumnos/as e da comunicación coas familias. 6. Manter unha comunicación bidireccional coas familias e integralas na vida do centro a través da súa participación nas actividades do mesmo e da ANPA e a concienciación da importancia que ten a súa implicación para que o alumnado faga un maior aproveitamento das actividades escolares, ben a través de circulares informativas, reunións cos titores e titoras ou coa Orientadora do centro e da ANPA do Centro. 7.Constante revisión dos documentos de organización e funcionamento para a mellora unha vez que foron actualizadose adaptados á normativa vixente. O curso pasado actualizouse o Proxecto Educativo para completar os aspectos que non estaban aínda recollidos con respecto ás últimas modificacións lexislativas e durante o presente curso a elaboración do Plan de adaptación á situación COVID, o Plan de Continxencia e o Plan de Acollida que serán permanentemente actualizados en función da situación da pandemia e das regulacións normativas que vaian aprobándose. 8. Continuar coa posta en funcionamento do Proxecto Meiga na nosa biblioteca e seguir a facer dela un espazo dinamizador da vida escolar, de búsqueda de información e fonte de lecer; durante o presente curso, debido ás medidas do Plan de adaptación, será fundamental o papel das bibliotecas de aula en Primaria e Infantil para conseguir este obxectivo. Favorecer o uso das TIC como ferramenta, instrumento e recurso de ensinanza e de aprendizaxe. Potenciar o uso da páxina web como medio de intercambio de información entre a comunidade educativa, nun curso marcado polas actividades separadas por grupos dentro do centro, sen festivais nos que participe toda a comunidade educativa, o seu papel será fundamental para a divulgación das actividades do centro, incluso entre os diferentes grupos de alumnado.
  • 8. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 8 9. Participación en plans plurilingüísticos a través das seccións bilingües. Dinamización da aprendizaxe da lingua estraxeira (Inglés) dunha forma máis natural ao contar coa presenza dun Auxiliar de Conversa. Deseñar e fomentar actividades de lectura e comprensión lectora seguindo as directrices marcadas na LOMCE, demais normativa e nas propias programacións en canto ao desenvolvemento da competencia lectora e á hora de ler. 10. Colaborar co EDLG dende tódolos ámbitos da comunidade educativa. c. Recursos dispoñibles 1. Para acadar os obxectivos propostos contamos como nos cursos inmediatamente anteriores co recurso indispensable para levar a cabo calquera proxecto educativo, que non é máis que o traballo cooperativo, colaborativo e coordinado de toda a comunidade educativa, liderada polos seus docentes que son o motor indispensable para o bo funcionamento do centro. 2. Contamos tamén cos recursos humanos, económicos e materiais que cada ano aporta a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e o funcionamento do centro. E por suposto con outras institucións ligadas á comunidade educativa como é o caso do Concello e da ANPA que se constituiu hai tres cursos e que valoramos como un recurso moi valioso e de gran potencial. d. Proposta de accións de mellora dos resultados da avaliación diagnóstica O alumnado non realizou os exames de avaliación de diagnóstico debido ao confinamento e ensinanza non presencial, pero mantéñense as seguintes medidas xa propostas dende o curso 15/16. O curso pasado non foi necesario introducir novas medidas posto que os resultados da avaliación foron bos. 1. Respecto ao currículo: Competencia en comunicación lingüística • Potenciar a comprensión lectora en tódalas materias do currículo. • Potenciar a expresión oral en tódalas materias (por exemplo, exposición de traballos, examesorais ….) • Fomentar a produción escrita nas diferentes materias ( traballos, redaccións, comentarios de textos …) • Establecer estratexias de lectura de grupo en voz alta, prestando especial atención naexactitude dos que le e naentoación. • Fomentar as técnicas de traballo intelectual.
  • 9. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 9 • Promover o gusto polo traballo ben feito, coidando a orde, a limpeza e a caligrafía nasproducións escritas Competencia matemática • Identificar os datos que nos son útiles dos que non son necesarios para resolver o problema. • Utilizar as expresións matemáticas correctas en todo o proceso e no resultado. 2. Respecto a práctica docente: Competencia en comunicación lingüística • Traballar con actividades orais e escritas de comprensión lectora e facerunhaanálise do lido: personaxes, partes do texto... • Empregar actividades sobre textos curtos, axeitadosao nivel do alumnado, para os que se formulen preguntas literais, inferenciais e críticas. E ir aumentado a súa extensión a medida que os alumnos e alumnas vaian demostrando maior dominio. • Realizar actividades que favorezan a adquisición de vocabulario. • Levar a cabo actividades de descricións de persoas, animais, obxectos e lugares próximos aos alumnos/as • Traballar con textos de lectura individual e colectiva na clase e escoita de lecturas feitas polo profesorado. Competencia matemática • Traballar con gráficas e funcións en todas as áreas posibles. • Favorecer que o alumnado elixa o método de resolución (mental, empregando calculadora, … ) e expresar de maneira elemental o proceso seguido na realización dos cálculos. • Utilizar nociónsxeométricas básicas e sistemas de representación espacial para interpretar, comprender, elaborar e comunicar informacións relativas aoespazo físico, e para resolver problemas diversos de orientación e representación espacial. • Realizar cálculos con números naturais utilizando o significado e as propiedades das operacións básicas e aplicando con seguridade o modo de cálculo máisaxeitado. 3. Outros factores a)Respecto á organización e funcionamento do centro
  • 10. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 10 • Favorecer a coordinación entre o profesorado da etapa de educación primaria e o de secundaria. • Facilitar os tempos e os espazos para traballarconxuntamente o profesorado do C.P.I. b) Respecto á titoría • Traballar as técnicas de traballo intelectual. • Fomentar o hábito de estudo no alumnado. • Seguir traballandonamellora da motivación do noso alumnado. c) Respecto á convivencia No centro existe un bo clima relacional e non se detectan problemas de convivencia nin de integración no alumnado. d) Respecto á familia e o entorno • Implicar as familias no proceso educativo dos seusfillos e fillas. • Impulsar os canles de comunicación e participación das familias no centro. • Conseguir unhacontinuidade entre o traballo realizado na clase e o que se faina casa.
  • 11. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 11 b) DOCUMENTO Nº 2: HORARIO XERAL DO CENTRO a. Horario lectivo do centro Horario lectivo De mañá De tarde Luns Infantil: 09:45-13:05 Primaria: 09:45 – 13.35 Secundaria: 09:45 – 13.35 Martes Infantil 09:45-13:15 Primaria: 09:45 – 13.45 Secundaria: 09:45-14.15 Infantil e Primaria: 14.50 – 16.30 Secundaria: 14.50-16.30 Mércores Infantil 09:45-13:15 Primaria: 09:45 – 13.55 Secundaria: 09:45-14.15 Infantil e Primaria: 15.30 – 16.30 Secundaria: 14.50-16.30 Xoves Infantil 09:45-13:15 Primaria: 09:45 – 13.55 Secundaria: 09:45-14.15 Infantil e Primaria: 15.30 – 16.30 Secundaria: 14.50-16.30 Venres Infantil 09:45-13:15 Primaria: 09:45 – 13.55 Secundaria: 09:45-14.15 Infantil e Primaria: 15.30 – 16.30 Secundaria: 14.50-16.30 FÓRA DO HORARIO LECTIVO: o centro poderá ser usado para actividades organizadas pola ANPA e será un membro da directiva da ANPA o/a responsable do peche das instalación.
  • 12. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 12 Horario lectivo Meses de setembro e xuño De luns a venres 10.00- 13.00 • O horario do transporte pola tarde é os luns ás 14.30h, independientemente das actividades organizadas pola ANPA, e de martes a venres as 16.30 h. para todo o alumnado de outubro a maio. En setembro e xuño é ás 16.00 h. b. Horario do tempo de lecer(1) Horario de lecer Infantil e Primaria ESO Desde outubro a maio: Luns: 11.25 – 11.55 Martes: 11:35 – 11:55 Merc., xoves, venres: 11:45 – 12:15 Meses de setembro e xuño: 11.40 – 12.05 13.45 – 14.10 Desde outubro a maio: Luns: 11.25 – 11.55 Martes a venres: 12:15 – 12:35 Meses de setembro e xuño: Luns a xoves: 12.00 – 12.20 / 13.20 – 13.40 Venres: 11:20 – 11:50 /13:10 – 13:40 c. Horario de dispoñibilidade para os alumnos/as dos servizos e instalacións do centro Horario servizos para alumnos De outubro a maio Luns: 09.45-14.30 Setembro e xuño Resto semana: 09.45 – 16.30 10.00 – 16.00 d. Horario no que o centro permanecerá aberto a disposición da comunidade educativa Horario apertura á comunidade De outubro a maio Luns: 09.45 -14.30 Setembro e xuño Resto semana: 09.45 – 16.30 10.00 – 16.00 e. Horario de verán Horario apertura á comunidade Pola mañá (xullo) 10.00 – 13.00
  • 13. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 13 (1) ZONAS DE ATENCIÓN PREFERENTE E QUENDAS DE VIXILANCIA Infantil e Primaria ZONA LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES 1 11.25 – 11.55 1 mestre 11:35 – 11:55 1 mestre 11:45 – 12:15 1 mestre 11:45 – 12:15 1 mestre 11:45 – 12:15 1 mestrePATIO/PATIO CUBERTO 2 11.25 – 11.55 1 mestre 11:35 – 11:55 1 mestre 11:35 – 11:55 1 mestre 11:35 – 11:55 1 mestre 11:35 – 11:55 1 mestre POLIDEPORTIVO /PATIO EXTERIOR 3 09:45/16.30 1 mestre/a 09:45/16.30 1 mestre/a 09:45/16.30 1 mestre/a 10.30/17.15 1 mestre/a 09:45/16.30 1 mestre/a ENTRADA - SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR Secundaria •En setembro e xuño o horario de atención preferente e quendas de vixianza cadra co horario de recreo e de entrada- saída do transporte escolar de ámbolos dous meses. •A atención, coidado e vixianza dos usuarios/as do comedor escolar durante a comida e tempo restante ata a hora que comezan as clases pola tarde ou son recollidos polo transporte escolar é ZONA LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES 11.25 – 11.55 1 profesor/a 12:15 – 12:35 1 profesor/a 12:15 – 12:35 1 profesor/a 12:15 – 12:35 1 profesor/a 12:15 – 12:35 1 profesor/aPOLIDEPORTIVO /SALA PINPON 09:45/16.30 1 profesor/a 09:45/16.30 1 profesor/a 09:45/16.30 1 profesor/a 09:45/16.30 1 profesor/a 09:45/16.30 1 profesor/a ENTRADA - SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR
  • 14. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 14 responsabilidade da empresa adxudicataria, TURGALIA, nas condicións contractuais derivadas da adxudicación. DOCUMENTO Nº 3: ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS f. Transporte escolar: Ruta nº Alumnos Tempo Empresa 1 (ida e retorno con acompañante) Pedrafita-Peregrino Celeiró Chandepena S. Pedro de Riocereixa Rabaceira 6 55 min EMPRESA MONFORTE S.A. 2 (ida e retorno con acompañante) Pedrafita-Praza Casa Carolo Hospital Fonfría Louzarela I Louzarela II 15 50 min EMPRESA MONFORTE S.A. 3 (ida e retorno con acompañante) Brañas San Pedro Fonteferreira Barxamaior Foxos Busnullán Sabugos 12 60 min AUTOS AUBESA g. Comedor escolar:  Datos xerais Tipo de comedor (A,B,C,D,E..) A Tipo de xestión (Xestión propia, catering, etc.) MODALIDADE B Contratación da elaboración de comidas nasdependencias do centro, a cargo
  • 15. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 15 dunhaempresa do sector hostaleiro. Alumnos que fan uso do servizo 33 Alumnos que reciben axuda 28 Importe da axuda Gratuidade total: 28 Bonificación agás na contía de 2,50 €: 1 Bonificación agás na contía de 1 €:0 Sen bonificación: 4 Achega das familias 1 € por día de servizo: 0 2,5€ por día de servizo: 1 4,5 € por día de servizo: 4 Alumnos sen axuda 4 Importe da achega destes alumnos 4,5 €: 4 2,5€: 1 Outros comensais 0 Total comensais 33 (están solicitadas dúas prazas máis para cubrir a totalidade de alumnado máis a persoa responsable do equipo directivo)  Persoal que intervén no servicio Encargada (Directora) Rocío Méndez Penela Cociñeira: María José Aira Saco Axudante: - Persoal colaborador: Tres persoas a cargo da empresa prestan o servizo de atención, cuidado e vixilancia, aínda que unha delas é a cociñeira.
  • 16. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 16 4.- DOCUMENTO Nº 5: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES c) Obxectivos O obxectivo principal en canto ás Actividades Extraescolares e Complementarias é conseguir acolaboración do profesorado do Centro na organización, desenvolvemento e execución das mesmaspara a ampliación e o afondamento na formación integral do alumnado. Para esto, tentarase levar a termo os seguintes obxectivos xerais: • Dinamizar a actividade cultural e deportiva no Centro. • Deseñar e organizar actividades físicas como recurso de ocio activo • Coordinar as actividades extraescolares e complementarias promovidas polos Departamentos didácticos e titorías. • Realizar AF no entorno e en grupo, respectandoo e coidandoo como medio de práctica deportiva así como favorecendo a integración de todas as persoas e animando á súa participación. • Difundir a información sobre actividades que é posible realizar co alumnado, a alumnado e profesorado. • Fomentar a comunicación entre os diferentes sectores que conforman a comunidade educativa, así como o contacto e a relación coas diferentes entidades e institucións. • Facilitar o emprego da biblioteca como lugar de traballo multidisciplinar e disfrute persoal. d) Actividades COMPLEMENTARIAS previstas Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES P R I M E I R 17-26 outubro 6/11/20 TODO O CENTRO POR TITORÍAS TODO O CENTRO Día da Biblioteca Samaín e Halloween Contacontos de historias de medo EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA INGLESA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS E PROFESORADO COLABORADOR
  • 17. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 17 O TODO O CENTRO Magosto Este curso non haberá castañada co alumnado e familias pero por titorías faranse actividades relacionadas coas costumes da festa e cos xogos tradicionais. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DPTO ED. FÍSICA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ECOMPLEMENTARIAS, PROFESORADO COLABORADOR. ESO CHARLA DUN ESPECIALISTA SOBRE PROS E CONTRAS DOS DEPORTES DE ELITE DPTO ED. FÍSICA ESO TORNEOS DEPORTIVOS INTERNOS DPTO ED. FÍSICA 25/11/20 TODO O CENTRO Día Mundial contra a Violencia de Xénero Visionado e reflexión sobre fragmentos do filme “Te doy mis ojos” para ESO. Vídeo colaborativo de todo o centro rexeitando a violencia de xénero. DEPARTAMENTOSDE ORIENTACIÓN E PT EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS, PROFESORADO COLABORADOR. 3 de decembro TODO O CENTRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. DPTO. ORIENTACIÓN 22/12/20 TODO O CENTRO Nadal. Festival retransmitido “on line” para facilitar a colaboración de toda a comunidade educativa. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DPTO ED. FISICA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS, PROFESORADO COLABORADOR. Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES S E G U 29/1/21 TODO O CENTRO Día da Paz Acividade colaborativa entre as diferentes titorías e posta en común de forma virtual. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS, PROFESORADO COLABORADOR 3/02/21 TODO O CENTRO Casan os paxariños . EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROFESORADO COLABORADOR 13/02/21 TODO O CENTRO Entroido. .Desfiles por aulas no exterior do centro. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS, PROFESORADO COLABORADOR
  • 18. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 18 N D O 08/3/21 TODO O CENTRO Día Internacional da Muller Traballadora Para 4º, 5º e 6º de Primaria intentarase organizar á actividade suspendida o ano pasado co paso á actividade lectiva non presencial (iniciación á carreira de Orientación coa temática de mulleres e deporte. EQUIPO DE DINAMIZACIÓNLINGÜÍSTICA DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN E PT DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORADO COLABORADOR 8-12/03/21 23/3/20 TODO O CENTRO Semana da Prensa (Exposición de revistas antigas do centro) Día Internacional da Poesía EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROFESORADO COLABORADOR Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES 7 de abril TODO O CENTRO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORADO COLABORADOR T E R do 10 ao 14 de maio TODO O CENTRO Semana das Letras Galegas. BIBLIOTECA E ENDL EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, BIBLIOTECA E PROFESORADO COLABORADOR DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS EQUIPO DE NORM. LINGÜÍSTICA, E PROFESORADO COLABORADOR 23/4/21 TODO O CENTRO Día do libro 4/06/21 TODO O CENTRO Día Mundial do Medio Ambiente 23/6/21 TODO O CENTRO Fín de Curso, festa Todo o curso TODO O CENTRO Revista escolar Cumes Nº 18
  • 19. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 19 C E I R O Por determinar 5º e 6º PRIMARIA E ESO (sempre que a actividade se poida Charla informativa do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN TITORES/AS TODO O CENTRO DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA PROFESORADO PARTICIPANTE Todo o curso TODO O CENTRO Proxecto webs dinámicas todo o curso TODO O CENTRO Fonoteca do centro todo o curso TODO O CENTRO Concursos e Obradoiros Todo o curso PRIMARIA E ESO TORNEOS DEPORTIVOS CON OUTROS CENTROS DA COMARCA (se as condicións sanitarias o permiten) e) Actividades EXTRAESCOLARES previstas. Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES 1º TODO TRIMESTR MARTES E XOVES ESO LIGA INTERNA DE TENIS DE MESA E BADMINTON DPTO ED. FÍSICA Outubro-Novembro Educación Primaria VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS DO CONCELLO DIRECTORA E TITORES/AS Outubro-Novembro ESO Sendeirismo/orientación deportiva por Pedrafita e arredores DPTO ED. FÍSICA 15/11/21 ESO Exposición de proxectos para conmemorar a semana da ciencia en Galicia e conexións co alumnado de primaria e algún científico a través de videoconferencia. DPTO. FÍSICA E QUÍMICA Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES 2º Por determinar ESO CAMIÑO DE SANTIAGO DPTO. ED. FÍSICA Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES TRIMESTRE ESO Torneos internos de voleyball ( recreos de luns, mércores e venres) e de 3x3 de baloncesto (martes e xoves) DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
  • 20. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 20 maio ESO Acercamento ao SURF DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS xuño ESO Acercamento ao piragüismo DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS MAIO ESO Iniciación á escalada no rocódromo de Lugo DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS xuño ESO SAÍDA POLO MEDIO NATURAL PARA REALIZAR UNHA AF DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS MAIO ESO II Congreso científico da montaña DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS MAIO/XUÑO ESO PINT OF SCIENCE: Presentación de proxectos nun establecemento hosteleiro de Pedrafita do Cebreiro DPTO DE FÍSICA E QUÍMICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS MAIO ESO Galiciencia DPTO DE ED. FÍSICA ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS Por determinar ESO Primaria Infantil Camiñata polo Concello de Pedrafita ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS DPTO. CIENCIAS SOCIAIS TITORES E TITORAS DE INFANTIL E PRIMARIA xuño INFANTIL PRIMARIA Ruta de sendeirismo polos arredores de Lugo (O Veral, Río Rato, etc.) ou por Ponferrada (Ruta do Bosque encantado de Cobrana) ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS TITORES E MESTRES PRIMARIA Ultima semana de xuño TODOS Excursión Fin de Curso ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORES E MESTRES COLABORADORES Trim Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES P O R por determinar ESO E PRIMARIA CAMPIONATOS DEPORTIVOS CON OUTROS CENTROS ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS DPTO. EDUCACIÓN FISICA E E.F. PRIMARIA
  • 21. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 21 D E T E R M I N A R Ao longo do curso ESO PRIMARIA INFANTIL ACTIVIDADES E SAÍDAS DA FUNDACIÓN OSO PARDO ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORES E MESTRES COLABORADORES Ao longo do curso ESO PRIMARIA INFANTIL ACTIVIDADES E SAÍDAS DENTRO DO PLAN PROXECTA PROTEXE O TEU MEDIO ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORES E MESTRES COLABORADORES ESO PRIMARIA INFANTIL ACTIVIDADES E SAÍDAS DENTRO DO PROXECTO ESPAZOS MAKER ACT. EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORES E MESTRES COLABORADORES Ao longo do curso por determinar INFANTIL PRIMARIA ESO Todas aquelas que xurdan ao longo do curso ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS PROFESORADO COLABORADOR As actividades previstas polo Departamento de Orientación quedan ademais inseridas no PAADO que se xunta coa Programación do Departamento. f) Actividades EXTRAESCOLARES DA ANPA previstas. Debido á situación provocada pola pandemia a ANPA decidiu non realizar actividades extraescolares durante este curso. g) Criterios e condicións para a utilización de instalacións do centro por parte de persoas alleas á Comunidade Educativa. (D. 201/03 sobre xestión económica). h) Anteproxecto económico: • Presuposto para o período setembro- decembro.Según as necesidades do centro. • Presuposto par ao período xaneiro- xuño.Según as necesidades do centro.
  • 22. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 22 5.- DOCUMENTO Nº 6: PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA a. Composición do equipo de Dinamización da Lingua Galega COMPOSICIÓN APELIDOS E NOME Profesor/a E. Inf.- ------ Profesor/a E. Prim. Sonia García González Profesor/a E. Secun Mª Luísa Arias Yáñez Alumno/a Carla Fernández Arias Alumno/a Paula Pol Frey Alumno/a David Núñez Bravo P.non docente Mª Leticia Balea Rodríguez b. Obxectivos - Valorar a lingua galega como instrumento de comunicación - Actualizar o Proxecto Lingüístico do Centro. - Fomentar unha actitudes crítica ante os prexuízos lingüísticos. - Participar de forma activa en situacións propias do ámbito educativo. - Valorar a lingua galega como propia. - Facer uso da lingua galega en todos os contextos - Respectar a variedade dialectal do galego. - Recoñecer as interferencias lingüísticas. - Valorar a tradición oral a través de obradoiros e das festas. - Difundir o uso científico e tecnolóxico do galego - Chegar a un nivel de total normalización do galego tanto a nivel administrativo, xestión pedagóxica e interacción didáctica. - Ofrecer actividades educativas abertas que impliquen un recoñemento da lingua. c. Plan específico para o ensino:  Lingua materna predominante e que se utiliza na aula: Galego  Horario dedicado á adquisición da outra lingua oficial:
  • 23. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 23 Infantil 3 anos : 5 h. Infantil 4 anos : 5 h. Infantil 5 anos : 5 h. Primaria 1º : 12 h. Primaria 2º : 12 h. Primaria 3º : 12 h. Primaria 4º : 11 h. Primaria 5º : 11 h. Primaria 6º : 11 h. Ed. Secundaria: 1º ESO 14 h. 2º ESO 14h. 3º ESO 15h. 4º ESO 17h. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: REPARTO POR LINGUAS DAS MATERIAS 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO MATEMÁTICAS APLICADAS/ACADÉMICAS CAST. CAST. CAST. CAST. LINGUA E LITERATURA CASTELÁ CAST. CAST. CAST. CAST. XEOGRAFÍA E HISTORIA GAL. GAL. GAL. GAL. LINGUA E LITERATURA GALEGA GAL. GAL. GAL. GAL. EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL CAST. -- CAST. CAST. RELIXIÓN CATÓLICA GAL. GAL. GAL. GAL. EDUCACIÓN FÍSICA GAL. GAL. CAST. GAL. VALORES CÍVICOS CAST. GAL. GAL. GAL. TITORÍA CAST. GAL. GAL. GAL. LIBRE ELECCIÓN CAST. GAL -- -- LINGUA ESTRANXEIRA- INGLÉS -- -- -- -- LINGUA ESTRANXEIRA-FRANCÉS -- -- -- -- TECNOLOXÍA/S -- CAST. CAST. CAST. MÚSICA -- GAL. GAL. GAL. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA GAL. -- GAL. GAL. FÍSICA-QUÍMICA -- CAST. CAST. CAST. TICS -- -- -- CAST. CULTURA CLÁSICA -- -- GAL. GAL. LATÍN -- -- -- CAST. TOTAL GALEGO 14 14 15 20 TOTAL CASTELÁN 13 14 15 22 d. Plan xeral:  Actividades previstas.
  • 24. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 24 Este curso todas as actividades organizaranse por titorías pero buscarase a forma de facer partícipes a todo o alumnado, ben a través de exposicións, vídeos colaborativos ou de videoconferencias. TRIM Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR P R I M E I R O outubro Infantil,Primaria,ESO Día da Biblioteca (por titorías coas bibliotecas de aula) novembro Comunidade educativa Samaín novembro Comunidade educativa Festa do Magosto Decembro Comunidade educativa Festa do Nadal TRIM Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR S E G U N D O Xaneiro Infantil, Primaria, ESO Día da Paz Febreiro Infantil, Primaria, ESO Casan os paxariños Marzo Comunidade educativa Festa do Entroido Infantil, Primaria, ESO Día Internacional do Poesía TRIM Data Curso ACTIVIDADE A REALIZAR T E R C Abril Comunidade educativa Día do Libro Maio Comunidade educativa Semana das Letras Galegas Xuño Comunidade educativa Revista Escolar CUMES e Festa fin de curso
  • 25. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 25 E I R O Curso 2020-21 Infantil, Primaria,ESO Concursos e Obradoiros e. Anteproxecto económico: • Presuposto para o período setembro- decembro. • Presuposto par ao período xaneiro- xuño
  • 26. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 26 7.- DOCUMENTO Nº 7: PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NO CENTRO: MODALIDADES DE FORMACIÓN NºPROFESORES/AS TEMPORALIZACIÓN HORAS FORMACIÓN. Cursos 16 Ao longo do curso Grupo de traballo Seminarios: 16 Ao longo do curso Programas e prox.investigación Proxectos europeos 1 Ao longo do curso Licencias estudios Cursos especialización Outros : Programas deportivos 2 (un para Primaria e outro para ESO) Ao longo do curso Seccións bilingües: Contamos con tres na ESO, en 2º, 3ºe 4º da ESO, e na área de Tecnoloxía/s, aínda que este curso a de 4º de ESO queda en suspensión por non haber alumnado matriculado nesta materia. Tamén temos tres en primaria na materia de Plástica en 1º, 2º e 3º de Primaria. Dende o pasado curso 2014/2015 ata o curso pasado no que o recuperamos (aínda que tivo que regresar ao seu país de orixe no mes de marzo debido á pandemia provocada pola COVID) non contabamos con auxiliar de conversa. A súa presenza resulta moi positiva xa que se integra no centro como un membro máis da comunidade e ademais é transmisora doutra cultura e realidade social o que esperta moito interese no alumnado. Para aproveitar a dispoñibilidade horaria do auxiliar de conversa traballaba en tódolos niveis educativos optimizándo ao máximo nivel este gran recurso.
  • 27. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 27 PLAN ANUAL DE LECTURA 1.Obxectivos • Dinamizar a biblioteca escolar, a través dunha reorganización/catalogación dos fondos xa existentes e da actualización dos mesmos. • Preparar a biblioteca como un lugar de consulta e préstamos seguro con espazos para a consulta, sistema de corentena de libros, etc. Durante o horario lectivo a biblioteca estará aberta ao alumnado de ESO sempre acompañado polo profesorado. Se se fai uso de mesas e cadeiras serán desinfectadas antes e despois do seu uso. O aforo máximo está establecido no Plan de adaptación á situación COVID en 5 alumnos/as e contarase con xel hidroalcohólico . As sesións de contacontos este curso non terán lugar na biblioteca para asegurar o mantemento dos grupos estables, serán nas aulas de cada grupo estable e sempre respectando as condicións de seguridade. • Revisar materiais e recursos empregados para o desenvolvemento da competencia lectora e do hábito lector, procurando diversificar os mesmos e tendo en conta as posibilidades que ofrecen as TIC. • Facer aportacións á revista escolar con experiencias relacionadas coa lectura. • Potenciar o hábito lector e espertar a necesidade de ler dende as idades máis temperás, a través de contacontos coma os de Kalandraka, a hora de ler, etc. • Mellorar a lectoescritura nos seguintes aspectos: exactitude, velocidade e comprensión lectora, aspectos grafo-motrices, ortográficos e expresivos. • Empregar a biblioteca como canle para a integración das novas tecnoloxías. • Posibilitar o acceso igualitario aos bens culturais, actuando como axente de compensación social. • Implicar a toda a comunidade educativa en actividades que promovan hábitos lectores. • Establecer nas programacións de cada área e materia as estratexias axeitadas para o desenvolvemento da competencia lectora e o fomento do hábito lector.
  • 28. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 28 • No caso dunha ensinanza non presencial a biblioteca organizará actividades para proporcionar os recursos necesarios para a procura de información e de selección de recursos documentais a través da páxina web do centro. • A través da materia de libre elección de 2º de ESO “Investigación e tratamento da Información” planificaranse actividades para o uso crítico da información e dos medios de información para dotar ao alumnado de recursos de cara á identificación de noticias falsas e búsqueda de información en sitios fiables. 2. Organización de espazos e tempos: Dende o curso 16/17 iniciamos a posta en marcha da hora de ler. O equipo de biblioteca realiza un calendario das sesión trimestrais que se adicarán á lectura intentando que non coincidan sempre nas mesmas áreas. Este calendario é repartido nas aula de ESO e entre o profesorado. Este curso tamén se intentará facer o mesmo na etapa de Primaria e Infantil aínda que nestas etapas o alumnado dedica unha parte importante á lectura. A maior dificultade está en que en primaria os grupos están formados por tres niveis simultaneamente. Nas aulas de Infantil e Primaria as bibliotecas de aula organizaranse de forma que os recursos cos que conta cheguen aos rapaces e rapazas de forma máis atractiva e accesible, especialmente neste curso no que o uso da biblioteca de centro queda reducida a profesorado (que seleccionará os recursos para a súa biblioteca de aula) e ao alumnado de ESO. Na biblioteca do centro tratarase de organizar o espazo para a lectura orientado á ESO. Actividades previstas e liñas prioritarias de actuación para a Biblioteca: a. En relación coa Organización e Xestión da Biblioteca: -Continuar coa automatización e organización da colección da biblioteca.
  • 29. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 29 -Continuar coa provisión de servizos básicos de préstamo dos libros e provisión de recursos de apoio para os distintos departamentos e clases. b. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado: -Organizar actividades en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para programar actividades moi relacionadas coa celebración dos diversos días significativos ao longo do ano escolar, como poden ser o día do Magosto, día da Paz, o día da Arbore, o día internacional contra a violencia de xénero, etc. -Dotar de máis recursos de lectura nos que se visibilice e destaque a vida e as aportacións das mulleres ao longo da historia, nos que apareza representada a diversidade cultural, sexual, familiar, etc. representando outras culturas, o colectivo LGTBI, diferentes tipoloxías de familias, etc. -Organización de actividades en coordinación co Dpto. de actividades Extraescolares e complementarias, facendo uso da Biblioteca como espazo e recurso para a organización de obradoiros, charlas, conferencias, e presentación de obras de teatro, etc. -Colaborar co Equipo Directivo e o Departamento de Orientación na posta en marcha da hora de lernas diferentes etapas, algo que xa se iniciou en ESO o pasado curso con bos resultados. c. En relación coa formación de usuarios e adquisición da competencia informacional, ou de uso e tratamento da información: -Unha vez estea posta máis en orden o tema da catalogación dos libros na Biblioteca, procederase a ter xornadas de presentación aos alumnos (este curso só alumnado de ESO), que poderanse coordinar cos distintos departamentos para, dende seu ángulo específico de actuación e interese, amosarlle aos alumnos as vantaxes do seu uso. -Isto tamén implicaría un pequeño cursiño ou explicación que podería ponerse en marcha co obxecto de explicarle aos alumnos aínda máis o funcionamento e a importancia do Proxecto Meiga. d. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector do Centro:
  • 30. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 30 -Manter aberta a Biblioteca no tempo de lecer sempre que os recursos persoais o fagan posible este curso non será posible pola limitación de aforo, pero farase durante o maior número de horas lectivas para que sexa posible o seu uso durante as horas en que o alumnado pode acudir acompañado polo profesorado. -Intentar manter contacto estreito coa algunha libraría de Lugo, para buscar e traer carteis, pósteres,etc, das últimas novas que eles teñan na libraría, e así estimular a interesados alumnos/as pola lectura. e. Outras actuacións relacionadas con proxectos e programas nos que está inmerso o centro: -Agora mesmo non temos ningún programa oficial para este ano escolar; sin embargo, nun proxecto no que participou o corpo de profesores no desenvolvemento das TIC na Aula, si que moitas propostas que se fixeron dende os distintos departamentos, presentáronse coa posibilidade de ser levadas a cabo na Biblioteca, e cos seus recursos. 3. Seccións A biblioteca do centro está organizadas por áreas de coñecemento/materias e ten un espazo específico para os libros de lectura catalogados por idades, un espazo con recursos audiovisuais dispoñibles, unha sección de cómics ou novelas gráficas e na entrada un espazo para as novidades ou para a exposición de libros relacionados cunha temática que se esté traballando, data conmemorativa próxima, etc. 4. Recursos humanos • Titores e titoras de Infantil e Primaria • Responsable da dinamización da biblioteca • Coordinador do equipo de actividades complementarias e extraescolares. • Departamento de orientación • Equipo responsable das TICs • Equipo directivo
  • 31. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 31 5. Itinerarios O material empregado debe facilitar que ao longo da escolarización nas diferentes etapas o alumnado teña unha experiencia cun amplo abano de modalidades textuais. - En infantil terán contacto con contos clásicos, contos máis actuáis, libros ilustrados, libros de imaxes, contos en formato dixital. - En primaria as lecturas farán que o alumnado teña contacto con contos, fábulas, cartas (especialmente nos primeiros cursos) textos instructivos, poemas, novas, cartas, diarios, teatro, cómics (nos cursos máis altos de primaria). - En ESO seguirán a traballarse con todas estas tipoloxías textuais e traballarase ademáis con textos argumentativos e expositivos. Ao longo de cada etapa entre as temáticas sobre as que se traballará sempre estará algún libro sobre a igualdade de xénero e a diversidade afectivo-sexual. 6. Actividades programadas • Produccións escritas relacionadas co 8 de marzo “Día Internacional da Muller” ou co 25 de novembro “Día Internacional contra a violencia de xénero”. • Concurso de postais de Nadal. • Elaboración de poemas co gallo da celebración do día da Poesía ou a Candeloria. • Escritura do pregón de Entroido por parte do alumnado. • Contacontos de Kalandraka. • Aportacións do alumnado á revista escolar con producción escritas sobre as actividades realizadas no centro. • Exposición adicada ao autor ou autora homenaxeada en letras galegas.
  • 32. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 32 7. Actividades para a implicación das familias • Circulares con orientacións sobre posibilidades de lectura, como fomentar o hábito lector, etc. • Xa que durante este curso non se pode continuar coa invitación ás familias ás sesións con contacontos que se realizan no centro, divulgaranse as actividades a través da páxina web. 8. Criterios e procedementos de Avaliación: -Dos servizos da Biblioteca: número de alumnos e a frecuencia de uso dos libros, de préstamo dos mesmos, e de préstamo dos DVDs. -Control do número de actividades que se leven a cabo polos distintos Departamentos, co fin de mellorar moito a utilidade que a Biblioteca poda ter para o Centro Educativo. -Poden facerse periódicamente reunión cos distintos departamentos, para intentar ver como se lles pode axudar na presentación e na ensinanza dos seus diversos temase unidades a tratar ao longo do curso. Do mesmo xeito, poden facerse intentos de traballar un tema do xeito transversal, que poida ser plantexado e exposto na Biblioteca, por medio de carteis ou pósteres -Control do número de libros que se reorganizan e catalogan dos fondos xa existentes e os de nova adquisición. MATERIAS DE LIBRE ELECCIÓN CURSO 2020-21 Para o curso 2020-21 as materias elexidas polo Claustro son: - Afondamento/reforzo de Matemáticas en 4º de Educación Primaria - Afondamento/reforzo de Lingua Castelá para 6º de Educación Primaria - Promoción de Hábitos de Vida Saudables para 1º ESO - Investigación e tratamento da Información para 2º ESO. CRITERIOS PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS PARA CASA O profesorado de EP poderá solicitar ao alumnado a realización de tarefas extraescolares siempre que o considere necesario para o axeitado desenvolvemento das competencias clave. Esta proposta terá en conta os
  • 33. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 33 procesos e ritmos de aprendizaxe das alumnas e alumnos e atenderá a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa e no caso de establecerse deberán ter un adecuado encaixe na vida familiar.
  • 34. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 34 ADENDA PLAN DE CONVIVENCIA 1.Obxectivos • Potenciar as titorías en cada aula en colaboración co Departamento de Orientación. • Establecer medidas de coñecemento e difusión das normas do centro por parte de toda a comunidade educativa. • Facilitar ao profesorado instrumentos de prevención da violencia de xénero. • Potenciar a negociación como medio para unha resolución pacífica dos conflitos. • Realizar actividades que fomenten o respecto á diversidade e a igualdade de xénero. • Organizar tempos e espazos de forma que se potencie unha convivencia pacífica. 2. Organización de espazos e tempos: Dende o curso pasado iniciamos unha reorganización dos tempos de lecer en Secundaria, xa que son os momentos nos que máis problemas relacionados coa convivencia adoitan aparecer. Diversificáronse os espazos disponibles de forma que non só contan co polideportivo, senón que tamén poden facer uso da sala de pin pon, que se dotou con outros xogos de mesa que diversifiquen as opción de lecer para os rapaces e rapazas. Para aumentar a vixianza durante o tempo de lecer nos desprazamentos ao polideportivo o alumnado deberá esperar na entrada do centro ao profesor/a de garda antes de subir e será este o responsable de levar as chaves e abrir este espazo. 3. Actividades previstas e liñas prioritarias de actuación en relación coa convivencia: • Asesoramento do Departamento de Orientación ás titorías sobre hábitos de estudo, orientación académica e vocacional, igualdade de xénero, normas de convivencia,…
  • 35. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 35 • Difusión das normas de convivencia a través de carteis nas aulas, as sesión de titoría do primeiro mes, a reunión informativa coas familias de principio de curso, a páxina web, guía do curso que inclúe as normas de convivencia e as sancións,… • Colaboración con organizacións como a Garda Civil dentro do Plan Director, a Cruz Vermella, asociacións contra a violencia de xénero, … para promover unha educación afectivo-sexual axeitada, a igualdade entre homes e mulleres, a xestión pacífica dos conflitos,… • Fomentar a creación dunha escola de pais e nais. • Establecer canles de comunicación da existencia de agresións físicas ou psicolóxicas así como calquer problema de convivencia. 4. Recursos humanos • Titorese titoras. • Xefe e xefa de Estudos. • Departamento de orientación • Equipo directivo • Consello escolar. 5. Actividades programadas • Entrega de dossiers informativos sobre o funcionamento do centro ao profesorado novo no centro. • Actividades programadas pola responsable de dinamización da convivencia en colaboración co Departamento de Orientación, relacionadas co 8 de marzo “Día Internacional da Muller” ou co 25 de novembro “Día Internacional contra a violencia de xénero”. • Entrega de dossiers ás titorías por parte do Departamento de Orientación con materiais que faciliten a acción titorial coordinada. • Difusión a través da revista escolar das actividades realizadas no centro en relación coa convivencia.
  • 36. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 36 • Exposicións (murais, carteis, imaxes,…)relacionadas coa convivencia, a igualdade e a educación afectivo-sexual. • Traballar dende Educación Infantil a Educación Emocional. • Realizar actividades de titoría programadas no grupo referidas a: relacións no grupo, fomento da amizade, tarefas colaborativas, sensibilización fronte ao maltrato, conciencia da importancia do coidado das relacións afectivas e emocionais; así como habilidades sociais asertivas e de autocoñecemento que exerciten as técnicas de autocontrol, empatía e resistencia á frustración. • Manter a través da acción titorial contactos periódicos coas familias para compartir información e asegurar a mutua colaboración. • Reunións periódicas dos titores da ESO coordinadas polo Departamento de Orientación co obxecto de deseñar accións conxuntas para a mellora da convivencia no centro • Aumentar a vixilancia en zonas comúns: aseos corredores, recreos, entradas e saídas, comedor … • Aplicar medidas de seguridade nos equipos informáticos que usan os alumnos/as e establecer normas de uso destes equipos. • Asesorar ás familias sobre o uso das redes sociais, móviles, etc. 6. Criterios e procedementos de Avaliación: -Número de partes de incidencia e gravidade das condutas contrarias á convivencia no centro. Grao de colaboración do alumnado e familias implicados así como a reincidencia nestas condutas. -Número de entrevistas coas familias de cada titoría. -Reunión trimestral da comisión de Convivencia no seo do Consello Escolar. -Participación e implicación do alumnado nas actividades relacionadas coa convivencia, ben sexa na titoría ou a nivel de centro.
  • 37. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 37 ADENDA DO PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO E NECESIDADES 3. OBXECTIVOS 4. VALORACIÓN DE NECESIDADES E PLANIFICACIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 5. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 6. CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE RECURSOS 7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN COAS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO 8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN 9. SEGUEMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN
  • 38. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 38 1. INTRODUCIÓN A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,no capítulo I establece os principios e fins do sistema educativo, entre os que se considera a atención á diversidade como o fundamento que debe presidir toda a ensinanza co obxectivo de proporcionar ao alumnado unha educación axeitada ás súas características. O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no Capítulo I, artigo 3, o concepto de atención á diversidade, establecendo o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. O obxectivo é lograr que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social das súas capacidades, garantindo unha igualdade efectiva de oportunidades, e en especial, aos alumnos que presentan unhas necesidades educativas específicas. Neste marco de actuación, o Plan de Atención á Diversidade do centro recolle as liñas xerais que enmarcan a atención á diversidade e as actuacións a desenvolver para a adecuación da resposta educativa á totalidade do alumnado do centro, e formará parte do Proxecto Educativo de Centro. Ao comezo de cada curso, o departamento de orientación elaborará a proposta da concreción anual deste Plan, coas actuacións e medidas específicas que se desenvolverán ao longo do curso e que formará parte da programación xeral anual (D.229/2011, do 7 de decembro) No presente documento recóllense as principais medidas de atención á diversidade a desenvolver categorizadas en ordinarias e extraordinarias, o profesorado responsable de cada actuación, alumnado ás que van dirixidas e temporalización previsible. Tendo en conta que ditas actuacións constitúen o punto de partida, sendo susceptibles de modificacións para adaptarse a cambios ou novas necesidades que se produzan.
  • 39. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 39 2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO E NECESIDADES O CPI Uxío Novoneira é un centro público situado nunha zona de montaña a 60 km da capital de Lugo e recolle alumnos e alumnas de diferentes parroquias do concello, que acoden ao centro en transporte escolar. As principais actividades económicas son a gandería e a agricultura, xunto á actividade turística, centrada no camiño de Santiago e no turismo rural. O poder adquisitivo da maior parte da poboación é medio-baixo, así mesmo, o nivel cultural está marcado pola situación económica, social e cultural das familias (estudos primarios) e polo illamento no que se atopan as aldeas, con pouca facilidade de acceso a actividades culturais como cine, exposicións, acontecementos culturais e artísticos, etc. xa que teñen que desprazarse para iso. A lingua utilizada maioritariamente é o galego, sendo poucas as familias que usan a cotío o castelán. O nivel de estudos da maioría dos habitantes da zona non supera o graduado escolar ou o bacharelato. Para a avaliación das necesidades do centro en canto á atención á diversidade, seguimos unha metodoloxía cualitativa utilizando os seguintes procedementos:  Análise da documentación do centro.  Entrevistas con profesores/as e titores/as.  Observación directa do centro e das súas características. Algunhas das características do noso CPI son:  Escaso número do alumnado: o que vai e favorecer unha atención a diversidade máis personalizada por parte do profesorado.  A atención a diversidade estenderase prioritariamente nos niveis máis xerais: o grupo da aula clase, tendo como primeiro responsable do
  • 40. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 40 funcionamento de mesmo á persoa titora que englobará na súa figura as accións de orientación e titoría máis básicas en colaboración co DO, que se concretará a través das actividades programas no PAT.  Horario lectivo do profesorado: para o profesorado que non teña o seu horario lectivo completo, a atención á diversidade será actividade prioritaria sobre calquera outra das establecidas na Orde do 17 xullo de 2007.  A especialista en pedagoxía terapéutica realiza apoio educativo fóra da aula, polo que se fomentará a colaboración e cooperación entre a especialista en PT e o profesor de área, a fin de ofrecer ao alumnado a resposta educativa que máis se axuste as súas necesidades e características. As necesidades mais salientables que responden a realidade do noso centro son:  Compensar a situación de partida desfavorecida dunha parte do alumnado, especialmente no relativo á súa contorna cultural, asegurando oportunidades para todo o alumnado.  Reducir o abandono e fracaso escolar entre o alumnado.  Fomentar a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade entre homes e mulleres, activos na loita contra a desigualdade por razóns de xénero que permanece en moitos ámbitos e que en zonas do rural vese con maior incidencia 3. OBXECTIVOS - Proporcionar aos alumnos e alumnas unha resposta educativa adecuada e de calidade que lle permita acadar o maior desenvolvemento persoal e social, e de forma especial aqueles que presentan necesidade específica de atención educativa.
  • 41. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 41 - Planificar propostas educativas diversificadas de organización, procedementos, metodoloxía e avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado do centro. - Establecer canles de participación e cooperación entre os distintos profesionais do equipo educativo que interveñen co alumnado con necesidades específicas de atención educativa. - Priorizar a prevención, detección precoz e atención temperá de dificultades de aprendizaxe. - Fomentar a titoría como instrumento para a prevención, detección e atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo. - Organizar e coordinar os recursos persoais e materiais do centro cara á mellor eficacia das accións deseñadas. - Promover a colaboración e coordinación con institucións e organismos externos ao centro. Obxectivos específicos. Relacionados co desenvolvemento persoal e social. - Acadar un clima adecuado que permita a cohesión do grupo e ofrecer posibilidades de participación óptimas. - Desenvolver estratexias que permitan acadar procesos autorreguladores dos seus comportamentos sociais. - Garantir unha orientación personalizada en función das características e necesidades do alumnado. - Desenvolver a motivación, construción do autoconcepto e a autoestima. - Desenvolver a acollida do novo alumnado e aquel procedente do estranxeiro.
  • 42. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 42 Relacionados co desenvolvemento cognitivo. - Adquirir as competencias e coñecementos básicos de cada etapa. - Analizar as necesidades educativas e ofrecer a resposta axeitada. - Establecer a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e de compensación educativa para o logro dunha educación de calidade. - Compensar os posibles desfases curriculares do alumnado con desvantaxe social e cultural. Relacionados coa mellora da convivencia - Desenvolver actitudes de responsabilidade, coñecemento dos outros e relacións de empatía. - Establecer canles fluídas de comunicación coas familias, facilitando información sobre os progresos das súas fillas e fillos e as medidas adoptadas en cada caso. - Desenvolver estratexias de resolución de conflitos mediante o diálogo e a comunicación asertiva. - Desenvolver actitudes de aceptación e tolerancia ante a diferenza. 4. VALORACIÓN DE NECESIDADES E PLANIFICACIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A identificación das necesidades do alumnado, a súa valoración e a resposta educativa constitúen procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos á diversidade. Realizarase mediante:
  • 43. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 43 - Análise dos expedientes do alumnado. - Avaliación inicial realizada a comezos de curso. - Intercambio de información coa familias e diferentes profesionais que interveñen na formación do alumnado. - Xuntanzas de avaliación de cada trimestre. - Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada alumna e alumno e proporanse as medidas de atención á diversidade precisas. - En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades detectadas. Identificadas as necesidades, plantéxanse unha serie de necesidades de tipo organizativo e curricular. Necesidades de tipo organizativo: - Promover unha atención axustada ás posibilidades de cada alumna e alumno, planificando propostas educativas diversificadas de organización, procedementos, metodoloxía e avaliación adaptadas ás súas necesidades. - Sistematizar a atención á diversidade dentro da actividade docente, o que esixe unificar e coordinar as actuacións entre Departamentos Didácticos, Departamento de Orientación e Xefatura de Estudos coa finalidade de favorecer a adquisición dos obxectivos pedagóxicos do centro. Necesidades de tipo curricular: - Elaborar as programacións didácticas tendo en conta a diversidade e características reais do alumnado ( estilos de aprendizaxe diferentes, condicionantes persoais e/ou sociais, dificultades específicas de
  • 44. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 44 aprendizaxe, escolaridade irregular, incorporación tardía ao sistema educativo). - Secuenciación de medidas, esgotando as medidas ordinarias previstas previas ás extraordinarias. A orientación académica e profesional A orientación académica e profesional levarase a cabo nos diferentes niveis: a) A nivel de aula: a través do titor ou titora co seu grupo de alumnos/as na hora de titoría. b) A nivel de centro, o Departamento de Orientación informará e asesorará ó alumnado e familias, tanto de maneira xeral como individualmente; mediante charlas, reunións, xornadas, exposicións.... Tendo presente que algunhas das actividades como a participación en xornadas ou visitas a centros de formación profesional, universidades, etc. estarán condicionadas por cómo evolucione a situación e as medidas de seguridade sanitaria derivadas do covid19. Tamén se levará a cabo o asesoramento individual, tanto do alumnado como as familias, segundo sexa necesario e/ou requirido. c) A nivel provincial, pódese solicitar a colaboración do Equipo de Orientación Específico para asesorar ou poñer en contacto con outros profesionais de cara a ofrecer unha maior información e asesoramento aos nosos alumnos/as. A titoría A titoría recoñécese no centro como unha das medidas fundamentais de prevención e compensación de dificultades, tanto de tipo persoal como académico. Algunhas das accións a desenvolver son:
  • 45. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 45  O coñecemento e seguimento persoal dos/as alumnos/as, das súas capacidades, intereses, motivacións, dificultades... Neste sentido, a coordinación do/a titor/a co resto do equipo educativo é esencial e fundamental.  O coñecemento do contorno sociofamiliar do alumnado e o contacto periódico coas familias a través de entrevistas e/ou reunións, onde se lles comunicará e informará constantemente do desenvolvemento académico e persoal dos seus fillos/as.  No caso de ensino non presencial, si se da a situación de confinamento debido o covid19, se terá que prestar especial atención a posibles dificultades derivadas da situación emocional de alumnado e familias, e do uso axeitado dos recursos de teleformación.  A dirección e coordinación das sesións de avaliación co resto do equipo educativo de cara a garantir continuidade e coherencia nas actuacións e a dotar da mellor resposta conxunta ás necesidades que vaian xurdindo.  Ante as necesidades específicas de apoio educativo, serán un elemento clave de coordinación do Departamento de Orientación, para a realización da oportuna avaliación psicopedagóxica, se se estimara necesaria, para a detección das dificultades de aprendizaxe do alumnado e para a posta en marcha das medidas oportunas. As familias estarán constantemente informadas do proceso seguido na atención ás dificultades dos seus fillos/as.  Algúns dos contidos que mediante a acción titorial se traballará co alumnado son: - Técnicas de traballo intelectual e adquisición de hábitos de estudo. - Igualdade e prevención de violencia de xénero. - Habilidades sociais. - Integración e solución de conflitos. - Valores e diversidade. - Educación afectivo – sexual. - Orientación académica e profesional.
  • 46. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 46  O Departamento de Orientación coordinarase co equipo educativo para o asesoramento e colaboración no deseño das sesións de titoría. 5. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE As medidas de atención á diversidade constitúen aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. As principais medidas de atención á diversidade desenvolvidas polo centro son de dous tipos: ordinarias e extraordinarias. Enténdese por medidas ordinarias todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescrito, sen alteración significativas dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural do centro e ás características do alumnado. Enténdese por medidas extraordinarias todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes. Hai que ter en conta os seguintes aspectos para a aplicación destas medidas: − Aplicaranse unha vez esgotadas as medidas ordinarias ou por resultaren estas insuficientes. − É necesario a autorización: Dirección do centro, do servizo de Inspección Educativa, da Xefatura Territorial ou da Dirección Xeral que proceda e, se é o caso, informe xustificativo do Departamento de Orientación.
  • 47. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 47 − Estarán suxeitas a un proceso de revisión periódica para introducir as modificacións que as necesidades requiran. As medidas adoptadas no presente curso son as que se indican: 5.1. Medidas ordinarias - Adecuación da estrutura organizativa do centro: espazos, horarios, agrupamentos, organización e xestión de aula. Estas actuacións estableceranse de acordo cos principios de normalización, inclusión, promoción da convivencia, igualdade de oportunidades e interculturalidade. - Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado. Nas programacións didácticas as xefas e xefes de departamento concretarán os elementos establecidos segundo a normativa vixente. Así mesmo cada profesora e profesor, dende a súa materia, adaptará a programación do seu departamento ás peculiaridades de cada grupo. - Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, e outras que promovan a inclusión.O traballo en pequeno grupo favorece a relación entre o alumnado, a cooperación e colaboración, potenciando o aproveitamento das habilidades de cada un para o traballo en común. - Reforzo educativo. Medida que atende ás dificultades do alumnado xurdidas nun momento do proceso educativo e que, mediante pequenas modificacións nos elementos prescritivos do currículo, pode seguir o proceso ordinario de ensino- aprendizaxe. Levarase a cabo dentro da aula ordinaria e por parte da profesora ou profesor de área. - Apoios do profesorado con dispoñibilidade horaria nas materias instrumentais especialmente a alumnos que teñen dificultades nas materias instrumentais por proceder do estranxeiro. - Programas de enriquecemento curricular. Destinados a alumnas e alumnos que presentan un nivel de competencia curricular superior ao seu grupo de
  • 48. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 48 referencia. Levarase a cabo, de xeito ordinario, por parte da profesora ou profesor de área de dentro da aula. - Programas de recuperación.Os departamentos didácticos elaborarán programas de recuperación destinados ás alumnas e alumnos con materias pendentes. - Programas de habilidades sociais. Realizaranse co alumnado talleres e actuacións encamiñadas a traballar aspectos relacionados co coñecemento e control das emocións coa finalidade de mellorar a calidade das relacións sociais e resolver ou prever dificultades nas súas relacións cos demais. - Exención da 2º Lingua estranxeira: As alumnas e alumnos que presenten claras dificultades no proceso de aprendizaxe, e en particular na área de lingua, estarán exentos da 2ª Lingua estranxeira e recibirán reforzo educativo nesas horas. - Permanencia un ano máis no curso. Medida previa a calquera posibilidade de medida extraordinaria, e cun máximo de dous na etapa. 5.2. Medidas extraordinarias - Adaptacións curriculares. Precisan avaliación diagnóstica efectuada polo departamento de orientación a petición do profeso ou profesora de área que será o encargado de elaborar a proposta curricular en colaboración do profesorado de apoio e o asesoramento do DO. - Apoio da especialista en Pedagoxía Terapéutica e profesorado que desempeñe labores de apoio. As intervencións específicas serán propostas polas profesoras e profesores da materia obxecto, valoradas polo departamento de orientación. O seu labor será coordinado polo DO. 6. CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS: No artigo 4 do capítulo I do Decreto 229/2011 sinálanse os seguintes principios xerais de actuación para a atención á diversidade:
  • 49. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 49 - Normalización e inclusión. - Equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación. - Flexibilidade e accesibilidade. - Interculturalidade e promoción de convivencia. - Autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa. - Atención a todo o alumnado. - Accións preventivas e de detección temperá. - Priorizar medidas de carácter ordinario e normalizador. - Enfoque multidisciplinar e de colaboración e coordinación. - Información e asesoramento ás familias. Tendo estes criterios en conta, establécense a seguinte distribución de recursos: - Estas actuacións organízanse dentro do horario xeral do centro, adaptándose ao horario e o agrupamento do alumnado. - Para conseguir a optimización dos recursos, é necesario unificar criterios de actuación entre o profesorado que intervén no proceso educativo do grupo, clarificando as funcións que corresponden ao titor/a, ao equipo de profesorado e, se é o caso, ao profesorado de apoio. - As intervencións específicas, levadas a cabo pola especialista de pedagoxía terapéutica, realizaranse naqueles casos de alumnado con necesidades especificas de apoio educativo, contando co informe previo do departamento de orientación. - As necesidades detectaranse a través das reunións de titores/as, a orientadora e profesora de PT, dos resultados das probas de avaliación inicial de comezos de curso, das diferentes sesión de avaliación e dos resultados das probas de diagnóstico. Aínda que en calquera momento do
  • 50. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 50 curso, tan pronto como se detecten dificultades hai que establecer os apoios e reforzos oportunos, será na avaliación ordinaria e extraordinaria onde se concrete que medidas de atención á diversidade que garantan unha resposta axeitada ás necesidades detectadas do alumnado. - No mes de setembro, tendo en conta os recursos materiais e persoais dos que dispón o centro, decídese as medidas de atención á diversidade de cara o presente curso. A profesora especialista en pedagoxía terapéutica xunto coa orientadora establecerán o horario de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, así como as distintas modalidades; proposta que será presentada ao equipo educativo para a súa aprobación. - Para o deseño desta atención teranse en conta os seguintes criterios prioritarios: - 1. Atenderase ao alumnado obxecto dunha adaptación curricular significativa. - 2. Aquel alumnado que así o aconselle o correspondente informe psicopedagóxico. - 3. Priorizaranse os apoios realizados no curso anterior, nos primeiros cursos de primaria e nos cursos 1º e 2º da ESO. - Deste xeito o alumnado que será atendido pola Departamento de Orientación será o seguinte: Curso Necesidades Medidas Horas semanais Alumna de 5º de Educación Infantil Retraso na linguaxe dende o nacemento, que xa recibiu estimulación en logopeda privada e Reforzo fóra da aula 2-3 sesións semanais.
  • 51. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 51 pendente de valorar no HULA para recibir atención temperá. Alumna de 5º de Educación Infantil Alumno con ausencia casi total de linguaxe oral e pendente de valorar no HULA para recibir atención temperá. Reforzo fóra da aula 2-3 sesións semanais. Alumno de 3º de Primaria Alumno procedente de Marrocos con dificultades nas linguas que dificultan a comprensión de parte dos contidos da área de matemáticas Refozo fóra da aula por parte da mestra de PT 4 horas semanais nas linguas e 1 hora en matemáticas. Alumno de 3º de Primaria Alumno cun retraso lectoescritor que dificulta a comprensión de parte dos contidos da área de matemáticas Refozo fóra da aula por parte da mestra de PT 4 horas semanais nas linguas e 1 hora en matemáticas. Alumno de 4º de Primaria Alumno con dificultades nas linguas, tanto na comprensión como nas produccións escritas. Refozo fóra da aula por parte da mestra de PT 2 horas semanais nas linguas. Alumno de 5º Ed. Primaria Alumno con informe de neuropsiquiatría de TDA. Promociona con 4 Reforzo fóra da aula por parte da mestra de PT 1 hora na área de matemáticas e 4 horas na área de
  • 52. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 52 materias non superadas e presenta dificultades nas áreas instrumentais. lingua. 5º Ed. Primaria Alumno valorado pola unidade de neuropsiquiatría. Promociona con 4 materias non superadas e presenta dificultades nas áreas instrumentais, así como unha baixa autoestima e pouca tolerancia á frustración. Aprendizaxe de técnicas de autocontrol, tolerancia á frustración, a través do traballo coa orientadora. Reforzo fóra da aula por parte da mestra de PT 5 horas na área de lingua fóra da aula 2º ESO Alumno con de aprendizaxe valorado por neuropediatría con TDA. Exención da 2ª lingua estranxeira 2 horas semanais impartidas pola mestra de PT - A proposta inicial do alumnado que conforma os agrupamentos de apoio estará suxeito a revisións e modificacións periódicas ao longo do curso en función da súa evolución e da posibilidade de novas incorporacións, neste caso haberá que valorar os resultados da avaliación de dous alumnos de 1º de Primaria. A asistencia de algún alumno/a á apoio non poderá exceder o horario máximo establecido, sendo este dun terzo da xornada escolar. - Os pais/nais dos alumnos/as susceptibles deste apoio serán informados polos titores/DO das medidas que se van a adoptar e dos obxectivos que se pretenden acadar.
  • 53. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 53 7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN COAS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO. Titor ou titora e profesorado. - Coñecer as características persoais de cada alumna e alumno a través da análise do seu expediente e de todos aqueles documentos válidos para este coñecemento. - Informar ás familias de todos aqueles aspectos curriculares e/ou organizativos que impliquen medidas de atención á diversidade ordinarias ou extraordinarias. - Facer un seguimento xeral dos procesos de ensino-aprendizaxe para detectar as dificultades e as necesidades educativas coa finalidade de artellar respostas educativas coherentes e, demandar, no seu caso, os oportunos asesoramentos, reforzos e apoios. - Coordinar coa xefa do departamento de orientación a intervención educativa do alumnado que presenten necesidades específicas de apoio educativo. - Coordinar co demais profesorado do grupo o axuste dos programas, especialmente no referente ás respostas educativas ante as necesidades máis específicas de reforzo e apoio. - Promover un contexto de colaboración coa familia, intercambiando información relevante que afecte á educación dos seus fillos e fillas. Profesorado de apoio. - Participar nas sesións de avaliación que afecten ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. - Colaborar, xunto coa xefa do departamento de orientación e o/a titor/a, na organización da atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • 54. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 54 - Prestarlle atención docente directa ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, segundo o establecido na proposta do informe da orientadora do centro. - Axudar ao profesorado da materia e/ou titor/a na identificación de posibles necesidades educativas do seu grupo. - Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións curriculares, así como das medidas de reforzo, se é o caso, e daquelas outras dirixidas á atención á diversidade. - Colaborar na metodoloxía e avaliación a seguir co alumnado con dificultades. - Participar na elaboración de material para traballar co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. - Participar, de ser necesario, co titor/a nas reunións coas familias do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Xefatura do Departamento de Orientación. - Participar na avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que fose derivado polo profesorado e/ou nais, pais ou titores e titoras legais, a través do protocolo de derivación; así como realizar o informe psicopedagóxico no que se recolla, analice e valore a información recollida no proceso da avaliación psicopedagóxica. - Elaborar o correspondente ditame de escolarización para aqueles casos onde se requira unha modalidade diferente e/ou recursos extraordinarios. - Establecer a proposta de organización de atención ao alumnado por parte do profesorado especialista, coa participación do profesorado titor do alumnado e da profesora de pedagoxía terapéutica e/ou audición e linguaxe. Elevar esta proposta á xefatura de estudos. - Asesorar ao equipo directivo sobre as medidas de atención á diversidade. - Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe. - Asesorar aos departamentos didácticos e profesorado en xeral nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións de curso, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares.
  • 55. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 55 - Facilitar asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo. - Coordinar as actuacións levadas a cabo polo profesorado do centro así como dos profesionais de fóra do centro que interveñan na atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Xefaturas de departamento didáctico. - Ter en conta e transmitir ao resto do departamento a información xeral sobre as medidas de atención á diversidade e neae do centro. - Reflectir as medidas na memoria e nas programacións e facer seguimento e propostas. - Colaborar na construción e revisión dos criterios de organización das medidas de atención á diversidade , así como asumir e responsabilizarse do acordado no plan xeral de atención á diversidade. - Colaborar coa Xefatura de Estudos e Orientación na elaboración e corrección das probas de nivel para determinar o nivel de competencia curricular do alumnado novo procedente do estranxeiro. Equipo directivo. - Dispoñer e pór en marcha as medidas de atención á diversidade adecuadas ás necesidades detectadas e aos recursos dispoñibles. - Coordinar todas as actuacións previstas, xunto co resto do profesorado, tendo en conta o establecido na proposta de concreción anual do plan xeral de atención á diversidade. - Velar polo cumprimento de tódalas actuacións establecidas neste Plan.
  • 56. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 56 8.MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN: 8.1 INTERNOS: - Reunións de departamentos didácticos. - Reunións do departamento de orientación. - Reunión de coordinación para a acción titorial. - Reunións entre titores, orientador/a do centro adscrito e orientador/a do centro para organizar o intercambio de información, a acollida e incorporación das novas alumnas e alumnos, coordinado polas correspondentes xefaturas de estudos. - Reunións entre orientadora e profesorado de apoio, para concretar e desenvolver o programa de traballo e seguimento de casos. - Sesións de avaliación inicial e trimestrais coordinadas polas titoras e titores e xefatura de estudos. 8. 2 CANLES DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS E SERVIZOS EXTERNOS: As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán compartir o esforzo educativo, participando e colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos educativos do alumnado, particularmente nos ámbitos referidos a: mellora da autonomía, esforzo, autoestima, participación e convivencia. As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán colaborar no proceso de avaliación inicial do alumnado así como no das posibles avaliacións psicopedagóxicas. Para promover a implicación das nais, pais ou titoras e titores legais do alumnado realizaranse as seguintes actuacións:
  • 57. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 57 - Reunión inicial ao comezo do curso para facilitar información sobre a organización e funcionamento do centro. - Entrevistas periódicas ao longo do curso para seguimento académico e persoal dos alumnos. - Información a través da páxina web do instituto. Para algunhas intervencións contamos con colaboracións externas como: - Equipos de Orientación Específicos aos que solicitar colaboración para desenvolver as funcións do Departamento de Orientación (avaliación psicopedagóxica de alumnado, orientacións sobre modalidades de escolarización, metodoloxías, recursos…) segundo demandas e necesidades. - Inspección Educativa, que autorizará e asesorará sobre as medidas de atención á diversidade. - Servizo Galego de Saúde. Solicitarase colaboración no diagnóstico de casos e en problemáticas sociais específicas, empregando para o protocolo de derivación aconsellado polo equipo específico. - Asociacións, centros educativos, entidades do entorno, para xornadas informativas, charlas de especialistas ou asesoramento (Garda Civil, USC, Quérote mais). 9. SEGUEMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA Segundo o Decreto 229/2011 de atención á diversidade, “o Departamento de Orientación de cada centro elaborará a correspondente memoria do Plan Xeral de Atención á Diversidade, e establecerá, de ser o caso, as pertinentes propostas de
  • 58. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 58 mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do Departamento de Orientación e, en consecuencia, á memoria anual do centro.” A valoración deste Plan realizarase analizando os seguintes indicadores: - Avaliación dos resultados obtidos polo alumnado que participou nas diferentes actuacións e medidas de atención á diversidade. - Información do profesorado que realizou algunha medida de atención á diversidade e informes do profesorado de pedagoxía terapéutica. - Coordinación co profesorado respecto ás MAD - Avaliación interna do propio plan de atención á diversidade no que se determinará o grao de consecución dos obxectivos previstos, a adecuación ás necesidades reais do centro e o nivel de participación dos distintos elementos da comunidade educativa e servizos externos. O proceso a seguir será: - Análise e valoracións a través das reunións dos titores/as coa orientadora. - Análise e valoración nas reunións dos departamentos didácticos. - Seguimento a través das reunións do departamento de orientación. -
  • 59. P. X. A. CPI UXÍO NOVONEIRA 2020/21 59 A PXA foi revisada e aprobada en Consello Escolar o 15 de outubro de 2020. Pedrafita, a 15 de Outubro de 2020