SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 20
Downloaden Sie, um offline zu lesen
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
1
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
2
ÍNDICE
1. Introdución……………………………………………………………………….3
2. O marco legal. ………………………………………………...…………………4
3. Análise do contexto. ……………………………………………………….……6
a. O Concello de Pedrafita do Cebreiro: ámbito socioeconómico, cultural e
lingüístico. ………………………………………………………………6
b. CPI Uxío Novoneira: oferta educativa, características do alumnado
procedencia e competencia lingüística………………………………….7
4. Distribución lingüística curricular. Lingua en que se imparten as diferentes
materias en Educación Primaria e E. Secundaria Obrigatoria…………………...9
5. Medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das
linguas poda seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle
imparten…....11
5.1. Actividades para fomentar o uso da lingua castelá………………………..12
5.2. Actividades para fomentar o uso do inglés e do francés…………………...14
6. Obxectivos xerais e liñas de actuación para o fomento da lingua galega……...17
7. Medidas tendentes á impartición dun currículo integrado das linguas ………...19
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
3
1. INTRODUCIÓN
O PLC está recollido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no
ensino non universitario de Galicia. Este proxecto lingüístico, que forma parte do
proxecto educativo de centro, foi redactado por unha comisión integrada por
profesorado deste CPI, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de
coordinación pedagóxica e nel reflectiranse os puntos que recolle o decreto antes citado.
Con este PLC pretendemos acadar os seguintes obxectivos:
-garantir a competencia plena e en igualdade nas dúas linguas oficiais.
-acadar a adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s).
A análise feita implica que o noso alumnado ten o galego como lingua habitual
e, polo tanto, debe manter a súa lingua e consolidar unha competencia plena nela.
Ademais garantirase que adquira unha competencia plena e en igualdade en castelán e
que estea capacitado para unha comunicación efectiva nas outras dúas linguas que se
imparten no centro (francés e inglés), dentro do marco de promoción do plurilingüismo.
Todo isto non se pode pretender nun período de tempo curto senón que esta
planificación ha de levarse a cabo durante varios anos e dende aquí consideramos que a
coordinación entre todos os sectores da comunidade educativa é esencial.
Realizouse unha análise sociolingüística relativa ao lugar en que está situado o
centro educativo. Para dispoñer de datos actualizados manexáronse, entre outros, o
Censo de poboación do Instituto Galego de Estatística e sobre todo o Mapa
Sociolingüístico de Galicia (MSG) da Real Academia Galega. Ademais é
imprescindible tamén unha análise do estado actual do centro dende o punto de vista
lingüístico para constatar os avances ou retrocesos respecto de cursos anteriores, para
saber se imos polo bo camiño ou se se deben tomar medidas que nos permitan conseguir
os obxectivos marcados. Dado que a última enquisa se realizou no ano 2015 e non hai
unha variación significativa nin no número (Eran 36 e son 32) nin no alumnado obxecto
de estudo e análise, non se repetiu. Na última enquisa realizada recolléronse datos sobre
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
4
a lingua empregada habitualmente na súa vida cotiá, coa familia, fóra do ámbito escolar,
actitudes cara á normalización social da lingua galega, lingua empregada na
documentación interna e externa do centro, etc.
En ESO só unha das rapazas aprendeu a falar en castelán por proceder doutra
comunidade e dous en ambas linguas. Só en tres casos na casa, os pais/nais falan
castelán. A totalidade do alumnado de ESO fala galego cando lles falan en galego, e
case o 100% usan esta lingua para comunicarse no ámbito escolar, coas amizades, coa
familia, etc. Case en todos os casos cambian ao castelán cando un profesor/a ou un
compañeiro/a lles fala en castelán, sen embargo non collen apuntamentos na lingua en
que lles fala o docente, senón case no 100% dos casos en lingua galega.
Todos sinalan como outra lingua o inglés e úsano para as viaxes, comunicarse
cos peregrinos non castelán-falantes, para manexarse en internet, comprender letras de
cancións, etc. So en 8 casos non usan na práctica o seu coñecemento sobre o inglés.
Dende a realización desta enquisa cabe destacar que hai dous nenos de orixe
marroquí que chegaron no curso 2017-2018 no mes de xaneiro con total
descoñecemento das dúas linguas oficiais.
2. O MARCO LEGAL
As referencias legais do PLC son as seguintes:
- Constitución española (1978)
Artigo 3:
1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos as e os españois
teñen o deber de coñecela e o dereito a usala.
2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas
Comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio
cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
- Estatuto de autonomía de Galicia (1981)
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
5
Artigo 5:
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito
de coñecelos e usalos.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous
idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida
pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para
facilitar o seu coñecemento.
- Lei de normalización lingüística (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización
lingüística)
Artigo 2:
1. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do
castelán, linguas oficiais da Comunidade autónoma.
Artigo 12:
1. O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en
todos os niveis educativos.
2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das linguas
oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei.
Artigo 14:
3. As autoridades educativas garantirán que o alumnado, cando remate cada
ciclo en que o ensino do galego é obrigatorio, teña un coñecemento do
galego, a nivel oral e escrito, semellante ao do castelán.
“...ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia
lingüística nos dous idiomas oficiais...”. Nesta mesma liña, e desde unha
perspectiva máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas
rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo goberno do Estado español en
2001, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por
unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
6
-Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non
universitario de Galicia.
“...as linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan
un valor fundamental de cohesión dunha comunidade...”
3. ANÁLISE DO CONTEXTO:
3.1. O Concello de PEDRAFITA: ámbito socioeconómico, cultural e
lingüístico.
O CPI “Uxío Novoneira “ está ubicado na capitalidade do Municipio de
Pedrafita do Cebreiro (Lugo), zona oriental e limítrofe coa comunidade castelán-
leonesa, que está conformado por doce parroquias e encadrado no centro das serras
orientais de Galicia, entre as serras dos Ancarese O Courel, limitando cos concellos de
As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela e situado a unha altitude que
supera os 1.000 m. sobre o nivel do mar o que fai que as condicións climatolóxicas
sexan moi duras o que en ocasións afecta a vida cotiá das familias e tamén o
funcionamento normal do Centro. A fonte económica da maioría da poboación e a
gandería e agricultura polo que o sector primario aglutina a maior parte das familias
aínda que algunha tamén traballa no sector secundario, destacando dentro deste a
produción de queixos en pequenas industrias artesanais; e outra pequena parte ten a súa
base económica no sector servizos.
O número de habitantes que emprega o galego na súa vida cotiá e nas relacións
habituais coa sociedade é a práctica totalidade da poboación. Entenden e falan a lingua
galega case o 100% pero esta porcentaxe diminúe considerablemente cando falamos da
escrita ou a comprensión lectora, sobre todo na xente de idade avanzada (escasa
escolaridade).
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
7
3.2. O CPI Uxío Novoneira de Pedrafita: oferta educativa, características
do alumnado (procedencia) e competencia lingüística
DENOMINACIÓN OFICIAL........... CPI “UXÍO NOVONEIRA”
CÓDIGO DO CENTRO .............. 27015967
POBOACIÓN..................................... Pedrafita do Cebreiro
PROVINCIA ..................................... Lugo
ENDEREZO ..................................... Estrada de Cervantes s/n
CÓDIGO POSTAL ......................... 27670
TELÉFONO E FAX............................... 982870633
CORREO ELECTRÓNICO………… cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
C.I.F ................................................. Q-7755208-A
O número total de alumnos/as deste centro neste curso escolar é de 32
distribuídos/as nas tres etapas educativas que se imparten do seguinte xeito:
EDUCACIÓN INFANTIL: 12 alumnos/as
3 ANOS: 6 alumnos/as
4 ANOS: 4 alumnos/as
5 ANOS: 2 alumnos
EDUCACIÓN PRIMARIA: 12 alumnos/as
1º curso: 1
2º curso: 4
3º curso: 2
4º curso: 3
5º curso: 1
6º curso: 1
EDUCACIÓN SECUNDARIA: 8 alumnos/as
1º ESO: 3 alumnos/as
2º ESO: 1 alumnos/as
3º ESO: 3 alumnos/as
4º ESO: 1 alumnos/as
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
8
Todo o noso alumnado provén das parroquias que conforman o Concello de
Pedrafita ou arredores, agás unha nena que ven doutra comunidade, pero o seu entorno
familiar e social é o concello de Pedrafita e dous nenos de orixe marroquí que chegaron
en xaneiro de 2018 con total descoñecemento das dúas linguas oficiais. Unha pequena
parte reside na capitalidade e todos eles e elas son transportados.
A lingua galega é a lingua materna do noso alumnado, pois proceden de familias
que, polas características sociolingüísticas da nosa sociedade, adoitan ter o galego como
lingua familiar, aínda que hai algúns nenos nos que predominan as dúas linguas oficiais
(galego e castelán) debéndose esto a que hai matrimonios nos que un dos cónxuxes
proceden doutra comunidade. Viven nunha zona rural e case a totalidade son
galegofalantes. Galegofalantes dentro e fóra das aulas (coas súas familias, cos amigos,
na escola). Na pequena porcentaxe que constitúe o alumnado procedente doutro lugar
observase unha plena integración ao medio lingüístico e cultural que os rodea. O galego
é tamén a lingua vehicular do centro. O emprego dunha lingua como vehicular é a
mellor maneira de asegurar a competencia nela.
A vida diaria e a documentación administrativa e pedagóxica do noso centro
realízase en galego (actas, reunións, Claustros, Consello Escolar, avisos nos taboleiros,
documentación para os pais e as nais, boletíns de notas...). O mesmo acontece co
emprego das TIC -páxina web do centro- ou coas actividades complementarias e
extraescolares que se levan a cabo en todas as etapas educativas. Ademais da lingua
galega e a castelá os alumnos/as cursan a lingua francesa e a lingua inglesa.
Polo que respecta ao profesorado pódese dicir que se considera coa competencia
suficiente para desenvolverse con fluidez na súa docencia nas distintas linguas,
independentemente de cal sexa a súa lingua habitual. Ademais estima que posúe os
coñecementos necesarios para saber traballar e desenvolverse nun contexto de ensino
bilingüe. O profesorado traballará para evitar calquera tipo de situación discriminatoria
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
9
que poida xurdir a causa das linguas. En definitiva, o profesorado cumpre a normativa
vixente en canto a normalización lingüística.
4. DISTRIBUCIÓN LINGÜÍSTICA CURRICULAR
De acordo coa normativa vixente no Capítulo III, Artigo 4º:
Os principios a partir dos cales se elabora este decreto son os seguintes:
1. Garantía da adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas
oficiais de Galicia.
2. Garantía do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias
impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a
adquisición da competencia en igualdade nelas.
3. Adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s), nun marco
xeral de promoción do plurilingüismo no sistema educativo de Galicia.
A distribución lingüística nas diferentes etapas é a seguinte:
- EDUCACIÓN INFANTIL: a lingua materna predominante entre o alumnado, que é
tamén a lingua do contorno e que se utiliza na aula é o galego. Con respecto á outra
lingua oficial o profesorado procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita,
o coñecemento da outra lingua oficial dentro dos límites da etapa ou ciclo.
O método de traballo en Ed. Infantil parte do principio de globalización e do
aprendizaxe significativo. Ten en conta e desenvolve as capacidades que conforman a
personalidade do neno/a e a adquisición progresiva das competencias básicas
As actividades desenvoltas ao longo do curso foron deseñadas tendo en conta a
cooficialidade das dúas linguas (galego e castelán) pois o que pretendemos é a
evolución da súa aprendizaxe tanto a nivel comprensivo como expresivo. Para isto, na
aula de Infantil na asemblea, xogos de psicomotricidade, actividades plásticas,
biblioteca de aula, nas actividades lóxico-matemáticas, actividades de lecto-escritura,
actividades de xogo, nos recunchos e nos talleres traballamos na utilización e na
estimulación das dúas linguas para a adquisición do vocabulario, da correcta
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
10
pronunciación de fonemas, é dicir, adquisición da expresión e comprensión das dúas
linguas por igual.
Dende o inicio da súa escolarización no centro (4º de Educación Infantil) están en
contacto co inglés como lingua estranxeira de forma lúdica e motivadora durante unha
sesión semanal dentro do PALE (Programa de Anticipación da 1ª Lingua Estranxeira).
- EDUCACIÓN PRIMARIA:
Impártense en galego:
• Lingua galega
• Ciencias Sociais
• Ciencias Naturais
• Relixión
• Libre Configuración
Tamén será a lingua que servirá de apoio na aula de Lingua Estranxeira.
Impártense en castelán:
• Lingua castelá
• Matemáticas
• Educación Artística
• Educación Física
No caso de Plástica en 1º, 2º e 3º de Primaria, con sección bilingüe en Inglés, será o
castelán a lingua que servirá de apoio.
CADRO RESUMO
GALEGO Nº horas CASTELÁN Nº horas
L. Galega 4+4+4+4+4+3= 23 Lingua Castelá 4+4+4+4+4+3= 23
Ciencias Sociais 3+2+3+2+2+3= 15 Matemáticas 5+5+4+4+5+5= 28
Ciencias Naturais 2+2+2+2+2+2=12 Educación
Artística
2+2+2+2+2+2=12
Relixión 1+2+1+1+1+1=7 Educación Física 2+2+2+2+2+2=12
Libre configuración 1+1
Apoio á lingua estranxeira
(Inglés)
2+2+3+3+3+3=16
TOTAL ETAPA 75 TOTAL ETAPA 75
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
11
- EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:
REPARTO POR LINGUAS DAS MATERIAS
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
MATEMÁTICAS
APLICADAS/ACADÉMICAS
CAST. CAST. CAST. CAST.
LINGUA E LITERATURA
CASTELÁ
CAST. CAST. CAST. CAST.
XEOGRAFÍA E HISTORIA GAL. GAL. GAL. GAL.
LINGUA E LITERATURA GALEGA GAL. GAL. GAL. GAL.
EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL CAST. -- CAST. CAST.
RELIXIÓN CATÓLICA GAL. GAL. GAL. GAL.
EDUCACIÓN FÍSICA GAL. GAL. CAST. GAL.
VALORES CÍVICOS CAST. GAL. GAL. GAL.
TITORÍA CAST. GAL. GAL. GAL.
LIBRE ELECCIÓN CAST. GAL -- --
LINGUA ESTRANXEIRA- INGLÉS -- -- -- --
LINGUA ESTRANXEIRA-FRANCÉS -- -- -- --
TECNOLOXÍA/S -- CAST. CAST. CAST.
MÚSICA -- GAL. GAL. GAL.
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA GAL. -- GAL. GAL.
FÍSICA-QUÍMICA -- CAST. CAST. CAST.
TICS -- -- -- CAST.
CULTURA CLÁSICA -- -- GAL. GAL.
LATÍN -- -- -- CAST.
TOTAL GALEGO 14 14 15 20
TOTAL CASTELÁN 13 14 15 22
5. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE
DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS
ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN
A sociedade actual coa súa diversidade cultural e a súa necesidade de movemento,
aprémianos a ter instrumentos para relacionarnos. Estes instrumentos son as linguas. É
sabido que tanto o bilingüismo como o plurilingüismo axúdannos a facer conexións e
paralelismos entre as linguas, sendo así, máis doado aprender outras.
Dende os centros escolares, inténtase axudar ao alumnado a aprender e a saber
utilizar as diferentes linguas que se imparten.
Como queda establecido tanto na LOMCE coma no Decreto 86/2015 que
establece o currículo unificarase a terminoloxía e coordinaranse os contidos das linguas
para evitar repeticións.
O alumnado que non teña un axeitado desenvolvemento da competencia
lingüística nas dúas linguas cooficiais e na lingua estranxeira (inglés) poderá estar
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
12
exento en 1º e 2º de ESO dunha segunda lingua estranxeira (francés), se así o
decide o equipo docente e o aproba a dirección, previa información e autorización da
familia, recibindo reforzo da mestra de Pedagoxía Terapéutica e/ou do profesorado de
área.
O alumnado procedente do estranxeiro e doutra comunidade autónoma
escolarizado en 5º de Educación Primaria ou cursos superiores poderá estar exento
durante dous anos das cualificacións das probas de lingua galega segundo o
disposto no Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non
universitario de Galicia. Neste caso as medidas para atender a este alumnado están
recollidas no Plan de Atención á Diversidade e poden ser (sempre respetando o
principio de normalización e inclusión educativa):
- Grupo de adquisición de linguas no caso de contar con varios alumnos/as nesta
situación.
- Reforzo por parte da mestra de PT ou do profesorado con horas dispoñibles para
facer reforzos.
En todos os casos se procurará favorecer a participación na dinámica da clase e o
uso da lingua:
- Procurarase usar apoio visual que reforce as explicacións.
- Farase uso de debuxos e esquemas para favorecer a comprensión.
- Prestarase especial atención a explicar o vocabulario, especialmente o máis
específico, e a realizar actividades que permitan traballar con el.
- Usaranse diferentes tipos de linguaxe (xestual, oral, visual, etc.) que permita que
a información chegue por multicanal.
- Aproveitarase sempre que sexa posible a figura do alumno/a titor/a ou a axuda
dos compañeiros/as que poidan ofrecer axuda.
5.1- ACTIVIDADES PARA FOMENTAR O USO DA LINGUA
CASTELÁ:
- En todos os cursos poden adicarse horas lectivas a potenciar as seguintes
capacidades:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
13
Lectura dunha unidade didáctica, traballando o vocabulario e
manexando o diccionario
Subliñado de ideas principais
Elaboración dun esquema e resumo recurrindo ao diccionario
Unha breve exposición oral coas súas propias palabras dos
apartados traballados
Pódese plantexar un exercicio de búsqueda de información na
Biblioteca ou en direccións de Internet como fonte de
información complementaria
- Tamén se farán lecturas comprensivas de textos, usando o diccionario e
elaborando esquemas para que fagan un resumo por capítulos, escenas, temas
etc.
- O responsable e profesores da biblioteca poden seleccionar un tema, un autor e
organizar unha actividade de promoción da lectura, poden colocarse murais e
carteis por todo o centro
- Con motivo das vacaciones de Nadal e verán elaborarán un folleto con
recomendacións de lectura.
- Departamento de Lingua pode organizar un concurso literario en torno á
Celebración do Dia do Libro con entrega de premios.
- Outras actividades poden ser:
Contacontos, obradoiros literarios, mercado do expurgo da
biblioteca, asistencia á representación de obras literarias.
Poden organizarse visitas a casa dalgún autor para ver onde viviu,
paseou ou se inspirou e incluso ler pasaxes da súa obra.
- Á marxe de todas estas suxerencias, dende o Departamento de Lingua pensamos
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
14
que nos cursos de ESO é onde máis esforzo se debe facer para fomentar os
hábitos de lectura tan importantes para a formación cultural e persoal dos
rapaces e rapazas.
5.2-ACTIVIDADES PARA FOMENTAR O USO DO INGLÉS E DO
FRANCÉS:
As particulares condicións do C.P.I. Uxío Novoneira, centro situado na montaña
luguesa, alonxado de núcleos de poboación importantes, con poboació envellecida e
elevada dispersión xeográfica, inflúen notablemente na forma de aprender e relacionarse
do alumnado.
Nun mundo cada vez máis globalizado, no que a presencia de alumnado procedente
doutros países é habitual na maioría das aulas, no colexio de Pedrafita do Cebreiro non
son moi numerosos os alumnos doutras nacionalidades, pero neste momento asisten
dous alumnos procedentes de Marrocos. É, polo tanto, fundamental para o
desenvolvemento integral do alumnado intervir incluindo elementos que os acheguen a
realidades culturais alleas ás propias.
Unha forma de implementar estas intervencións é a través das seccións bilingües e a
través do Programa de anticipación da primeira lingua estranxeira para Educación
Infantil.
Na actualidade o centro ten implantadas un total de seis seccións bilingües en lingua
inglesa. Tres en primaria, en 1º, 2º e 3º na materia de Educación Plástica e tres na
educación secundaria obligatoria, en 2º, 3º e 4º na materia de Tecnoloxías/Tecnoloxía.
Estas seccións levan aparelladas, de xeito habitual, a presencia dun auxiliar de conversa
nativo de lingua inglesa no centro. Aínda que dende o curso 2014-2015 o centro non
dispón dunha persoa que cumpla esta función, sí que o fixo durante a lo menos os
últimos cinco anos anteriores a esta data. Na actualidade está sendo difícil contar coa
súa presenza ben por non ser asignado/a pola Consellería ou por renuncia do/a Auxiliar
os dous últimos cursos.
Outra función das sección bilingües, de igual ou maior relevancia ca anterior, é a de
axudar a toda a comunidade educativa na mellora da aprendizaxe de linguas
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
15
estranxeiras. Especialmente importante para ó alumnado debido á dificultade de acceso
que teñen a recursos ou actividades desenvoltas noutras linguas diferentes ás propias
fóra do ámbito escolar.
Nas seccións bilingües estúdiase vocabulario relacionado coas materias en lingua
inglesa pero trabállanse as catro destrezas fundamentais, ler, escribir, escoitar e falar,
facendo fincapé na capacidade de comunicación máis ca en contidos gramaticais ou
morfolóxicos.
Nas sección bilingües de Primaria a metodoloxía seguida é o traballo por proxectos o
que permite integrar o currículo de inglés e plástica con tarefas realizadas en grupo, no
que cada alumno/a vai construíndo a súa propia aprendizaxe dentro do grupo clase, e
adaptando a súa producción ao seu propio nivel de desenvolvemento.
E o feito de que o obxectivo prioritario non sexa o lingüístico favorece que a
participación sexa máis relaxada, sen temor a equivocarse, realizando só correcións que
faciliten a comprensión da mensaxe, polo que gañarán en seguridade e valorarán máis a
lingua estranxeira.
Nas dúas linguas estranxeiras impartidas no centro, inglés e francés, coa finalidade de
mellorar a comprensión e expresión orais (grandes lastres do alumnado en xeral),
realízanse as seguintes actividades:
• Exercicios de escoita, directamente relacionados con contidos vistos na aula ou
con temas do seu interese ou de actualidade. O soporte habitual para este tipo de
actividades é o CD ou o Pendrive, aínda que tamén utilizamos, e cada vez con
máis frecuencia, todo tipo de arquivos multimedia atopados na rede: testemuñas
de adolescentes, visionado de publicidades, de partes meteorolóxicos…
• A posteriori, realízanse as preguntas pertinentes para verificar a comprensión e
traballar a expresión oral.
• Visionado de películas en versión orixinal, subtituladas ao castelán.
• A escoita de cancións, tanto clásicas como contemporáneas, tamén forma parte
deste traballo integrador da lingua.
• A simulación de esceas reais na aula, axúdandolles a interiorizar frases feitas e
fórmulas de cortesía propias do país.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
16
• Lectura e posterior comentario de “documentos auténticos” na lingua de orixe.
Documentos como cartas, recortes de revistas ou periódicos…
• Xogos, tanto de mesa como na rede, relacionados con contidos vistos na clase.
• Carteis elaborados nas diferentes linguas.
• Proxectos coa participación de todo o centro para traballar un determinado
aspecto dende as diferentes linguas presentes no centro.
• Actividades para fomentar o achegamento a outras linguas e culturas como por
exemplo, o obradoiro de lingua portuguesa que se desenvolveu en varios cursos
pasados.
• Dentro da Revista do centro “Cumes”, aínda que a lingua maioritaria será o
galego, reservarase unha parte da publicación aos traballos realizados noutras
linguas e o traballo realizado nas diferentes sección bilingües do centro.
A lectura debe ser considerada fonte de saber, estimula a imaxinación e o pensamento,
tamén é una fonte de pracer e comunicación. Coas medidas para estimular o interese
pola lectura preténdese:
• Potenciar a comprensión lectora de linguas estranxeiras
• Desenvolver habilidades de lectura, escritura e expresión
• Promover a capacidade de expresarse con claridade, coherencia e sinxeleza.
• Lograr que o alumnado conserve ou descubra o hábito da lectura
• Fomentar no alumnado unha actitude reflexiva e crítica
• Utilizar medios informáticos como consulta, mellora e apoio da lectura
Nunha lingua estranxeira a lectura forma parte das actividades cotiás, sempre se len os
enunciados dos exercicios, os diálogos e ao mesmo tempo se reflexiona sobre o
funcionamento da lingua estranxeira e da propia lingua materna, establecendo os puntos
que teñen en común e aqueles onde hai diferenzas.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
17
O alumnado do Departamento de Francés deberá ler polo menos un libro nesta lingua
adaptado ao seu nivel facendo unha comprensión lectora eescrita do que leron.
Ademais do estudo da lingua esixirase coñecer a civilización e a cultura desa lingua, así,
os alumnos/as deberán buscar información e ler a propósito dos países francófonos,
lendo diálogos, escoitando cancións que estimulen a expresión oral e escrita.
O día do libro poderían organizarse actividades como visionado de películas en versión
orixinal, xogos e carteis elaborados en diferentes linguas, escoita de cancións clásicas
ou contemporáneas, lecturas compartidas en diferentes idiomas para comprender a
importancia do multicultural e da pluralidade de linguas.
Tamén se aproveitan datas conmemorativas como é Halloween ou Nadal para dar a
coñecer costumes propias dos países nos que se usan as linguas estranxeiras.
6. OBXECTIVOS XERAIS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O
FOMENTO DA LINGUA GALEGA.
Os obxectivos aquí expostos responden a favorecer a realidade lingüística do
centro e foron deseñados tendo en conta tres ámbitos de actuación como son o
profesorado, o alumnado e o centro:
o Valorar a lingua galega como instrumento de comunicación
o Expresarse correctamente, tanto a nivel oral como escrito
o Valorar a lingua galega como propia.
o Facer uso da lingua galega en todos os contextos
o Respectar a variedade dialectal do galego.
o Recoñecer as interferencias lingüísticas.
o Adquirir competencia oral e escrita.
o Valorar a tradición oral a través de obradoiros e das festas.
o Difundir o uso científico e tecnolóxico do galego
o Dar a coñecer materiais e recursos bibliográficos, audiovisuais e
pedagóxicos dispoñibles en galego.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
18
o Acadar unha normalización lingüística máxima.
o Chegar a un nivel de total normalización do galego tanto a nivel
administrativo, xestión pedagóxica e interacción didáctica.
En canto ás liñas de actuación tenderán á consecución dos obxectivos previsto se
implica na realización das actividades co fin de :
1- Sensibilizar á comunidade educativa ante o uso do galego
2- Analizar criticamente os prexuízos existentes sobre a lingua galega en xeral.
3- Difundir o uso científico do galego a través de publicacións periódicas.
4- Valorar a tradición oral.
Polo que respecta ás actividades sinalar que teñen como misión potenciar a
presenza da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía,
lingua e literatura, arte, folclore, etc, no ensino. O mesmo tempo, están pensadas
para lograr os obxectivos previstos e teñen en conta toda a comunidade educativa,
reforzándose así o espírito normalizador.
Estas actividades son as que de xeito específico e para cada curso figuran na
PXA, e tamén de xeito máis global as que se relacionana continuación:
- Participación en concursos, certames, tanto orais como escritos, obradoiros
literarios, etc. Intentar que o alumnado do centro se achegue (coa colaboración
dun escritor) aossegredos que agocha a creación literaria.
- Continuar dotando de máis material á biblioteca do centro.
- Expor unha serie de libros vencellados ás datas conmemorativas propostas na
PXA nas actividades complementarias para cada curso.
- Continuar coa catalogación dos fondos da biblioteca.
- Edición en galego da revista CUMES.
- Utilización da fonoteca do centro.
- Participación nas festas de tradición popular con arraigo no centro:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
19
o Magosto: invitación dalgún grupo musical
o Nadal: diversos actos (pezas de teatro, panxoliñas,…)
o Entroido: elaboración de coplas para as diferentes comparsas.
o Letras Galegas: estudo sobre o autor homenaxeado cada ano.
7.- MEDIDAS PARA IMPARTIR UN CURRÍCULO INTEGRADO DAS
LINGUAS
Os equipos docentes de cada curso/etapa deben ter en conta:
- Partir dos intereses do alumnado e intentar proponer en cada curso un proxecto
centrado no literatura ao que poidan facer aportacións dende as diferentes
áreas/materias.
- Traballar coa mesma tipoloxía textual en todas as linguas de forma coordinada
facéndoas coincidir na temporalización de cada materia. Aproveitarase para
facer traballos en relación coas datas conmemorativas ou doutras materias
facendo uso de dita tipoloxía.
- No mes de setembro durante a realización das programacións das diferentes
materias de lingua consensuarán os termos común e reflectirán os acordos na súa
programación.
- Dende a xefatura de estudos e a dirección do centro terase en conta á hora de
realizar os horarios, favorecer tempos para a coordinación do profesorado das
linguas.
- Dende a biblioteca do centro ofreceranse libros de lectura nos catro idiomas:
castelán, galego, inglés e francés.
- Fomentarase a lectura en todas as linguas como unha fonte de pracer, non como
unha obriga; ademais de valorala como medio para adquirir coñecementos.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
20
O Proxecto Lingüístico foi revisado e aprobado en Consello Escolar o 14 de outubro de
2019.
Pedrafita, a 14 de Outubro de 2019
A directora
Rocío Méndez Penela

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Proxecto linguistico pedrafita 2019

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Coordinadora Galega ENDL
 
Ogalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaOgalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaXosé Rodríguez
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativacenlf
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)guestf02e2e
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNemera
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglMarlou
 

Ähnlich wie Proxecto linguistico pedrafita 2019 (20)

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
 
Ogalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaOgalegonascienciastecnoloxia
Ogalegonascienciastecnoloxia
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativa
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Novo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensinoNovo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensino
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióN
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

Proxecto linguistico pedrafita 2019

  • 1. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 1
  • 2. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 2 ÍNDICE 1. Introdución……………………………………………………………………….3 2. O marco legal. ………………………………………………...…………………4 3. Análise do contexto. ……………………………………………………….……6 a. O Concello de Pedrafita do Cebreiro: ámbito socioeconómico, cultural e lingüístico. ………………………………………………………………6 b. CPI Uxío Novoneira: oferta educativa, características do alumnado procedencia e competencia lingüística………………………………….7 4. Distribución lingüística curricular. Lingua en que se imparten as diferentes materias en Educación Primaria e E. Secundaria Obrigatoria…………………...9 5. Medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poda seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten…....11 5.1. Actividades para fomentar o uso da lingua castelá………………………..12 5.2. Actividades para fomentar o uso do inglés e do francés…………………...14 6. Obxectivos xerais e liñas de actuación para o fomento da lingua galega……...17 7. Medidas tendentes á impartición dun currículo integrado das linguas ………...19
  • 3. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 3 1. INTRODUCIÓN O PLC está recollido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. Este proxecto lingüístico, que forma parte do proxecto educativo de centro, foi redactado por unha comisión integrada por profesorado deste CPI, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de coordinación pedagóxica e nel reflectiranse os puntos que recolle o decreto antes citado. Con este PLC pretendemos acadar os seguintes obxectivos: -garantir a competencia plena e en igualdade nas dúas linguas oficiais. -acadar a adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s). A análise feita implica que o noso alumnado ten o galego como lingua habitual e, polo tanto, debe manter a súa lingua e consolidar unha competencia plena nela. Ademais garantirase que adquira unha competencia plena e en igualdade en castelán e que estea capacitado para unha comunicación efectiva nas outras dúas linguas que se imparten no centro (francés e inglés), dentro do marco de promoción do plurilingüismo. Todo isto non se pode pretender nun período de tempo curto senón que esta planificación ha de levarse a cabo durante varios anos e dende aquí consideramos que a coordinación entre todos os sectores da comunidade educativa é esencial. Realizouse unha análise sociolingüística relativa ao lugar en que está situado o centro educativo. Para dispoñer de datos actualizados manexáronse, entre outros, o Censo de poboación do Instituto Galego de Estatística e sobre todo o Mapa Sociolingüístico de Galicia (MSG) da Real Academia Galega. Ademais é imprescindible tamén unha análise do estado actual do centro dende o punto de vista lingüístico para constatar os avances ou retrocesos respecto de cursos anteriores, para saber se imos polo bo camiño ou se se deben tomar medidas que nos permitan conseguir os obxectivos marcados. Dado que a última enquisa se realizou no ano 2015 e non hai unha variación significativa nin no número (Eran 36 e son 32) nin no alumnado obxecto de estudo e análise, non se repetiu. Na última enquisa realizada recolléronse datos sobre
  • 4. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 4 a lingua empregada habitualmente na súa vida cotiá, coa familia, fóra do ámbito escolar, actitudes cara á normalización social da lingua galega, lingua empregada na documentación interna e externa do centro, etc. En ESO só unha das rapazas aprendeu a falar en castelán por proceder doutra comunidade e dous en ambas linguas. Só en tres casos na casa, os pais/nais falan castelán. A totalidade do alumnado de ESO fala galego cando lles falan en galego, e case o 100% usan esta lingua para comunicarse no ámbito escolar, coas amizades, coa familia, etc. Case en todos os casos cambian ao castelán cando un profesor/a ou un compañeiro/a lles fala en castelán, sen embargo non collen apuntamentos na lingua en que lles fala o docente, senón case no 100% dos casos en lingua galega. Todos sinalan como outra lingua o inglés e úsano para as viaxes, comunicarse cos peregrinos non castelán-falantes, para manexarse en internet, comprender letras de cancións, etc. So en 8 casos non usan na práctica o seu coñecemento sobre o inglés. Dende a realización desta enquisa cabe destacar que hai dous nenos de orixe marroquí que chegaron no curso 2017-2018 no mes de xaneiro con total descoñecemento das dúas linguas oficiais. 2. O MARCO LEGAL As referencias legais do PLC son as seguintes: - Constitución española (1978) Artigo 3: 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos as e os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala. 2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos. 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección. - Estatuto de autonomía de Galicia (1981)
  • 5. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 5 Artigo 5: 1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. - Lei de normalización lingüística (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística) Artigo 2: 1. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade autónoma. Artigo 12: 1. O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos. 2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das linguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei. Artigo 14: 3. As autoridades educativas garantirán que o alumnado, cando remate cada ciclo en que o ensino do galego é obrigatorio, teña un coñecemento do galego, a nivel oral e escrito, semellante ao do castelán. “...ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais...”. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.
  • 6. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 6 -Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. “...as linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade...” 3. ANÁLISE DO CONTEXTO: 3.1. O Concello de PEDRAFITA: ámbito socioeconómico, cultural e lingüístico. O CPI “Uxío Novoneira “ está ubicado na capitalidade do Municipio de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), zona oriental e limítrofe coa comunidade castelán- leonesa, que está conformado por doce parroquias e encadrado no centro das serras orientais de Galicia, entre as serras dos Ancarese O Courel, limitando cos concellos de As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela e situado a unha altitude que supera os 1.000 m. sobre o nivel do mar o que fai que as condicións climatolóxicas sexan moi duras o que en ocasións afecta a vida cotiá das familias e tamén o funcionamento normal do Centro. A fonte económica da maioría da poboación e a gandería e agricultura polo que o sector primario aglutina a maior parte das familias aínda que algunha tamén traballa no sector secundario, destacando dentro deste a produción de queixos en pequenas industrias artesanais; e outra pequena parte ten a súa base económica no sector servizos. O número de habitantes que emprega o galego na súa vida cotiá e nas relacións habituais coa sociedade é a práctica totalidade da poboación. Entenden e falan a lingua galega case o 100% pero esta porcentaxe diminúe considerablemente cando falamos da escrita ou a comprensión lectora, sobre todo na xente de idade avanzada (escasa escolaridade).
  • 7. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 7 3.2. O CPI Uxío Novoneira de Pedrafita: oferta educativa, características do alumnado (procedencia) e competencia lingüística DENOMINACIÓN OFICIAL........... CPI “UXÍO NOVONEIRA” CÓDIGO DO CENTRO .............. 27015967 POBOACIÓN..................................... Pedrafita do Cebreiro PROVINCIA ..................................... Lugo ENDEREZO ..................................... Estrada de Cervantes s/n CÓDIGO POSTAL ......................... 27670 TELÉFONO E FAX............................... 982870633 CORREO ELECTRÓNICO………… cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es C.I.F ................................................. Q-7755208-A O número total de alumnos/as deste centro neste curso escolar é de 32 distribuídos/as nas tres etapas educativas que se imparten do seguinte xeito: EDUCACIÓN INFANTIL: 12 alumnos/as 3 ANOS: 6 alumnos/as 4 ANOS: 4 alumnos/as 5 ANOS: 2 alumnos EDUCACIÓN PRIMARIA: 12 alumnos/as 1º curso: 1 2º curso: 4 3º curso: 2 4º curso: 3 5º curso: 1 6º curso: 1 EDUCACIÓN SECUNDARIA: 8 alumnos/as 1º ESO: 3 alumnos/as 2º ESO: 1 alumnos/as 3º ESO: 3 alumnos/as 4º ESO: 1 alumnos/as
  • 8. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 8 Todo o noso alumnado provén das parroquias que conforman o Concello de Pedrafita ou arredores, agás unha nena que ven doutra comunidade, pero o seu entorno familiar e social é o concello de Pedrafita e dous nenos de orixe marroquí que chegaron en xaneiro de 2018 con total descoñecemento das dúas linguas oficiais. Unha pequena parte reside na capitalidade e todos eles e elas son transportados. A lingua galega é a lingua materna do noso alumnado, pois proceden de familias que, polas características sociolingüísticas da nosa sociedade, adoitan ter o galego como lingua familiar, aínda que hai algúns nenos nos que predominan as dúas linguas oficiais (galego e castelán) debéndose esto a que hai matrimonios nos que un dos cónxuxes proceden doutra comunidade. Viven nunha zona rural e case a totalidade son galegofalantes. Galegofalantes dentro e fóra das aulas (coas súas familias, cos amigos, na escola). Na pequena porcentaxe que constitúe o alumnado procedente doutro lugar observase unha plena integración ao medio lingüístico e cultural que os rodea. O galego é tamén a lingua vehicular do centro. O emprego dunha lingua como vehicular é a mellor maneira de asegurar a competencia nela. A vida diaria e a documentación administrativa e pedagóxica do noso centro realízase en galego (actas, reunións, Claustros, Consello Escolar, avisos nos taboleiros, documentación para os pais e as nais, boletíns de notas...). O mesmo acontece co emprego das TIC -páxina web do centro- ou coas actividades complementarias e extraescolares que se levan a cabo en todas as etapas educativas. Ademais da lingua galega e a castelá os alumnos/as cursan a lingua francesa e a lingua inglesa. Polo que respecta ao profesorado pódese dicir que se considera coa competencia suficiente para desenvolverse con fluidez na súa docencia nas distintas linguas, independentemente de cal sexa a súa lingua habitual. Ademais estima que posúe os coñecementos necesarios para saber traballar e desenvolverse nun contexto de ensino bilingüe. O profesorado traballará para evitar calquera tipo de situación discriminatoria
  • 9. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 9 que poida xurdir a causa das linguas. En definitiva, o profesorado cumpre a normativa vixente en canto a normalización lingüística. 4. DISTRIBUCIÓN LINGÜÍSTICA CURRICULAR De acordo coa normativa vixente no Capítulo III, Artigo 4º: Os principios a partir dos cales se elabora este decreto son os seguintes: 1. Garantía da adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia. 2. Garantía do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da competencia en igualdade nelas. 3. Adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s), nun marco xeral de promoción do plurilingüismo no sistema educativo de Galicia. A distribución lingüística nas diferentes etapas é a seguinte: - EDUCACIÓN INFANTIL: a lingua materna predominante entre o alumnado, que é tamén a lingua do contorno e que se utiliza na aula é o galego. Con respecto á outra lingua oficial o profesorado procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial dentro dos límites da etapa ou ciclo. O método de traballo en Ed. Infantil parte do principio de globalización e do aprendizaxe significativo. Ten en conta e desenvolve as capacidades que conforman a personalidade do neno/a e a adquisición progresiva das competencias básicas As actividades desenvoltas ao longo do curso foron deseñadas tendo en conta a cooficialidade das dúas linguas (galego e castelán) pois o que pretendemos é a evolución da súa aprendizaxe tanto a nivel comprensivo como expresivo. Para isto, na aula de Infantil na asemblea, xogos de psicomotricidade, actividades plásticas, biblioteca de aula, nas actividades lóxico-matemáticas, actividades de lecto-escritura, actividades de xogo, nos recunchos e nos talleres traballamos na utilización e na estimulación das dúas linguas para a adquisición do vocabulario, da correcta
  • 10. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 10 pronunciación de fonemas, é dicir, adquisición da expresión e comprensión das dúas linguas por igual. Dende o inicio da súa escolarización no centro (4º de Educación Infantil) están en contacto co inglés como lingua estranxeira de forma lúdica e motivadora durante unha sesión semanal dentro do PALE (Programa de Anticipación da 1ª Lingua Estranxeira). - EDUCACIÓN PRIMARIA: Impártense en galego: • Lingua galega • Ciencias Sociais • Ciencias Naturais • Relixión • Libre Configuración Tamén será a lingua que servirá de apoio na aula de Lingua Estranxeira. Impártense en castelán: • Lingua castelá • Matemáticas • Educación Artística • Educación Física No caso de Plástica en 1º, 2º e 3º de Primaria, con sección bilingüe en Inglés, será o castelán a lingua que servirá de apoio. CADRO RESUMO GALEGO Nº horas CASTELÁN Nº horas L. Galega 4+4+4+4+4+3= 23 Lingua Castelá 4+4+4+4+4+3= 23 Ciencias Sociais 3+2+3+2+2+3= 15 Matemáticas 5+5+4+4+5+5= 28 Ciencias Naturais 2+2+2+2+2+2=12 Educación Artística 2+2+2+2+2+2=12 Relixión 1+2+1+1+1+1=7 Educación Física 2+2+2+2+2+2=12 Libre configuración 1+1 Apoio á lingua estranxeira (Inglés) 2+2+3+3+3+3=16 TOTAL ETAPA 75 TOTAL ETAPA 75
  • 11. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 11 - EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: REPARTO POR LINGUAS DAS MATERIAS 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO MATEMÁTICAS APLICADAS/ACADÉMICAS CAST. CAST. CAST. CAST. LINGUA E LITERATURA CASTELÁ CAST. CAST. CAST. CAST. XEOGRAFÍA E HISTORIA GAL. GAL. GAL. GAL. LINGUA E LITERATURA GALEGA GAL. GAL. GAL. GAL. EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL CAST. -- CAST. CAST. RELIXIÓN CATÓLICA GAL. GAL. GAL. GAL. EDUCACIÓN FÍSICA GAL. GAL. CAST. GAL. VALORES CÍVICOS CAST. GAL. GAL. GAL. TITORÍA CAST. GAL. GAL. GAL. LIBRE ELECCIÓN CAST. GAL -- -- LINGUA ESTRANXEIRA- INGLÉS -- -- -- -- LINGUA ESTRANXEIRA-FRANCÉS -- -- -- -- TECNOLOXÍA/S -- CAST. CAST. CAST. MÚSICA -- GAL. GAL. GAL. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA GAL. -- GAL. GAL. FÍSICA-QUÍMICA -- CAST. CAST. CAST. TICS -- -- -- CAST. CULTURA CLÁSICA -- -- GAL. GAL. LATÍN -- -- -- CAST. TOTAL GALEGO 14 14 15 20 TOTAL CASTELÁN 13 14 15 22 5. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN A sociedade actual coa súa diversidade cultural e a súa necesidade de movemento, aprémianos a ter instrumentos para relacionarnos. Estes instrumentos son as linguas. É sabido que tanto o bilingüismo como o plurilingüismo axúdannos a facer conexións e paralelismos entre as linguas, sendo así, máis doado aprender outras. Dende os centros escolares, inténtase axudar ao alumnado a aprender e a saber utilizar as diferentes linguas que se imparten. Como queda establecido tanto na LOMCE coma no Decreto 86/2015 que establece o currículo unificarase a terminoloxía e coordinaranse os contidos das linguas para evitar repeticións. O alumnado que non teña un axeitado desenvolvemento da competencia lingüística nas dúas linguas cooficiais e na lingua estranxeira (inglés) poderá estar
  • 12. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 12 exento en 1º e 2º de ESO dunha segunda lingua estranxeira (francés), se así o decide o equipo docente e o aproba a dirección, previa información e autorización da familia, recibindo reforzo da mestra de Pedagoxía Terapéutica e/ou do profesorado de área. O alumnado procedente do estranxeiro e doutra comunidade autónoma escolarizado en 5º de Educación Primaria ou cursos superiores poderá estar exento durante dous anos das cualificacións das probas de lingua galega segundo o disposto no Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Neste caso as medidas para atender a este alumnado están recollidas no Plan de Atención á Diversidade e poden ser (sempre respetando o principio de normalización e inclusión educativa): - Grupo de adquisición de linguas no caso de contar con varios alumnos/as nesta situación. - Reforzo por parte da mestra de PT ou do profesorado con horas dispoñibles para facer reforzos. En todos os casos se procurará favorecer a participación na dinámica da clase e o uso da lingua: - Procurarase usar apoio visual que reforce as explicacións. - Farase uso de debuxos e esquemas para favorecer a comprensión. - Prestarase especial atención a explicar o vocabulario, especialmente o máis específico, e a realizar actividades que permitan traballar con el. - Usaranse diferentes tipos de linguaxe (xestual, oral, visual, etc.) que permita que a información chegue por multicanal. - Aproveitarase sempre que sexa posible a figura do alumno/a titor/a ou a axuda dos compañeiros/as que poidan ofrecer axuda. 5.1- ACTIVIDADES PARA FOMENTAR O USO DA LINGUA CASTELÁ: - En todos os cursos poden adicarse horas lectivas a potenciar as seguintes capacidades:
  • 13. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 13 Lectura dunha unidade didáctica, traballando o vocabulario e manexando o diccionario Subliñado de ideas principais Elaboración dun esquema e resumo recurrindo ao diccionario Unha breve exposición oral coas súas propias palabras dos apartados traballados Pódese plantexar un exercicio de búsqueda de información na Biblioteca ou en direccións de Internet como fonte de información complementaria - Tamén se farán lecturas comprensivas de textos, usando o diccionario e elaborando esquemas para que fagan un resumo por capítulos, escenas, temas etc. - O responsable e profesores da biblioteca poden seleccionar un tema, un autor e organizar unha actividade de promoción da lectura, poden colocarse murais e carteis por todo o centro - Con motivo das vacaciones de Nadal e verán elaborarán un folleto con recomendacións de lectura. - Departamento de Lingua pode organizar un concurso literario en torno á Celebración do Dia do Libro con entrega de premios. - Outras actividades poden ser: Contacontos, obradoiros literarios, mercado do expurgo da biblioteca, asistencia á representación de obras literarias. Poden organizarse visitas a casa dalgún autor para ver onde viviu, paseou ou se inspirou e incluso ler pasaxes da súa obra. - Á marxe de todas estas suxerencias, dende o Departamento de Lingua pensamos
  • 14. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 14 que nos cursos de ESO é onde máis esforzo se debe facer para fomentar os hábitos de lectura tan importantes para a formación cultural e persoal dos rapaces e rapazas. 5.2-ACTIVIDADES PARA FOMENTAR O USO DO INGLÉS E DO FRANCÉS: As particulares condicións do C.P.I. Uxío Novoneira, centro situado na montaña luguesa, alonxado de núcleos de poboación importantes, con poboació envellecida e elevada dispersión xeográfica, inflúen notablemente na forma de aprender e relacionarse do alumnado. Nun mundo cada vez máis globalizado, no que a presencia de alumnado procedente doutros países é habitual na maioría das aulas, no colexio de Pedrafita do Cebreiro non son moi numerosos os alumnos doutras nacionalidades, pero neste momento asisten dous alumnos procedentes de Marrocos. É, polo tanto, fundamental para o desenvolvemento integral do alumnado intervir incluindo elementos que os acheguen a realidades culturais alleas ás propias. Unha forma de implementar estas intervencións é a través das seccións bilingües e a través do Programa de anticipación da primeira lingua estranxeira para Educación Infantil. Na actualidade o centro ten implantadas un total de seis seccións bilingües en lingua inglesa. Tres en primaria, en 1º, 2º e 3º na materia de Educación Plástica e tres na educación secundaria obligatoria, en 2º, 3º e 4º na materia de Tecnoloxías/Tecnoloxía. Estas seccións levan aparelladas, de xeito habitual, a presencia dun auxiliar de conversa nativo de lingua inglesa no centro. Aínda que dende o curso 2014-2015 o centro non dispón dunha persoa que cumpla esta función, sí que o fixo durante a lo menos os últimos cinco anos anteriores a esta data. Na actualidade está sendo difícil contar coa súa presenza ben por non ser asignado/a pola Consellería ou por renuncia do/a Auxiliar os dous últimos cursos. Outra función das sección bilingües, de igual ou maior relevancia ca anterior, é a de axudar a toda a comunidade educativa na mellora da aprendizaxe de linguas
  • 15. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 15 estranxeiras. Especialmente importante para ó alumnado debido á dificultade de acceso que teñen a recursos ou actividades desenvoltas noutras linguas diferentes ás propias fóra do ámbito escolar. Nas seccións bilingües estúdiase vocabulario relacionado coas materias en lingua inglesa pero trabállanse as catro destrezas fundamentais, ler, escribir, escoitar e falar, facendo fincapé na capacidade de comunicación máis ca en contidos gramaticais ou morfolóxicos. Nas sección bilingües de Primaria a metodoloxía seguida é o traballo por proxectos o que permite integrar o currículo de inglés e plástica con tarefas realizadas en grupo, no que cada alumno/a vai construíndo a súa propia aprendizaxe dentro do grupo clase, e adaptando a súa producción ao seu propio nivel de desenvolvemento. E o feito de que o obxectivo prioritario non sexa o lingüístico favorece que a participación sexa máis relaxada, sen temor a equivocarse, realizando só correcións que faciliten a comprensión da mensaxe, polo que gañarán en seguridade e valorarán máis a lingua estranxeira. Nas dúas linguas estranxeiras impartidas no centro, inglés e francés, coa finalidade de mellorar a comprensión e expresión orais (grandes lastres do alumnado en xeral), realízanse as seguintes actividades: • Exercicios de escoita, directamente relacionados con contidos vistos na aula ou con temas do seu interese ou de actualidade. O soporte habitual para este tipo de actividades é o CD ou o Pendrive, aínda que tamén utilizamos, e cada vez con máis frecuencia, todo tipo de arquivos multimedia atopados na rede: testemuñas de adolescentes, visionado de publicidades, de partes meteorolóxicos… • A posteriori, realízanse as preguntas pertinentes para verificar a comprensión e traballar a expresión oral. • Visionado de películas en versión orixinal, subtituladas ao castelán. • A escoita de cancións, tanto clásicas como contemporáneas, tamén forma parte deste traballo integrador da lingua. • A simulación de esceas reais na aula, axúdandolles a interiorizar frases feitas e fórmulas de cortesía propias do país.
  • 16. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 16 • Lectura e posterior comentario de “documentos auténticos” na lingua de orixe. Documentos como cartas, recortes de revistas ou periódicos… • Xogos, tanto de mesa como na rede, relacionados con contidos vistos na clase. • Carteis elaborados nas diferentes linguas. • Proxectos coa participación de todo o centro para traballar un determinado aspecto dende as diferentes linguas presentes no centro. • Actividades para fomentar o achegamento a outras linguas e culturas como por exemplo, o obradoiro de lingua portuguesa que se desenvolveu en varios cursos pasados. • Dentro da Revista do centro “Cumes”, aínda que a lingua maioritaria será o galego, reservarase unha parte da publicación aos traballos realizados noutras linguas e o traballo realizado nas diferentes sección bilingües do centro. A lectura debe ser considerada fonte de saber, estimula a imaxinación e o pensamento, tamén é una fonte de pracer e comunicación. Coas medidas para estimular o interese pola lectura preténdese: • Potenciar a comprensión lectora de linguas estranxeiras • Desenvolver habilidades de lectura, escritura e expresión • Promover a capacidade de expresarse con claridade, coherencia e sinxeleza. • Lograr que o alumnado conserve ou descubra o hábito da lectura • Fomentar no alumnado unha actitude reflexiva e crítica • Utilizar medios informáticos como consulta, mellora e apoio da lectura Nunha lingua estranxeira a lectura forma parte das actividades cotiás, sempre se len os enunciados dos exercicios, os diálogos e ao mesmo tempo se reflexiona sobre o funcionamento da lingua estranxeira e da propia lingua materna, establecendo os puntos que teñen en común e aqueles onde hai diferenzas.
  • 17. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 17 O alumnado do Departamento de Francés deberá ler polo menos un libro nesta lingua adaptado ao seu nivel facendo unha comprensión lectora eescrita do que leron. Ademais do estudo da lingua esixirase coñecer a civilización e a cultura desa lingua, así, os alumnos/as deberán buscar información e ler a propósito dos países francófonos, lendo diálogos, escoitando cancións que estimulen a expresión oral e escrita. O día do libro poderían organizarse actividades como visionado de películas en versión orixinal, xogos e carteis elaborados en diferentes linguas, escoita de cancións clásicas ou contemporáneas, lecturas compartidas en diferentes idiomas para comprender a importancia do multicultural e da pluralidade de linguas. Tamén se aproveitan datas conmemorativas como é Halloween ou Nadal para dar a coñecer costumes propias dos países nos que se usan as linguas estranxeiras. 6. OBXECTIVOS XERAIS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. Os obxectivos aquí expostos responden a favorecer a realidade lingüística do centro e foron deseñados tendo en conta tres ámbitos de actuación como son o profesorado, o alumnado e o centro: o Valorar a lingua galega como instrumento de comunicación o Expresarse correctamente, tanto a nivel oral como escrito o Valorar a lingua galega como propia. o Facer uso da lingua galega en todos os contextos o Respectar a variedade dialectal do galego. o Recoñecer as interferencias lingüísticas. o Adquirir competencia oral e escrita. o Valorar a tradición oral a través de obradoiros e das festas. o Difundir o uso científico e tecnolóxico do galego o Dar a coñecer materiais e recursos bibliográficos, audiovisuais e pedagóxicos dispoñibles en galego.
  • 18. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 18 o Acadar unha normalización lingüística máxima. o Chegar a un nivel de total normalización do galego tanto a nivel administrativo, xestión pedagóxica e interacción didáctica. En canto ás liñas de actuación tenderán á consecución dos obxectivos previsto se implica na realización das actividades co fin de : 1- Sensibilizar á comunidade educativa ante o uso do galego 2- Analizar criticamente os prexuízos existentes sobre a lingua galega en xeral. 3- Difundir o uso científico do galego a través de publicacións periódicas. 4- Valorar a tradición oral. Polo que respecta ás actividades sinalar que teñen como misión potenciar a presenza da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua e literatura, arte, folclore, etc, no ensino. O mesmo tempo, están pensadas para lograr os obxectivos previstos e teñen en conta toda a comunidade educativa, reforzándose así o espírito normalizador. Estas actividades son as que de xeito específico e para cada curso figuran na PXA, e tamén de xeito máis global as que se relacionana continuación: - Participación en concursos, certames, tanto orais como escritos, obradoiros literarios, etc. Intentar que o alumnado do centro se achegue (coa colaboración dun escritor) aossegredos que agocha a creación literaria. - Continuar dotando de máis material á biblioteca do centro. - Expor unha serie de libros vencellados ás datas conmemorativas propostas na PXA nas actividades complementarias para cada curso. - Continuar coa catalogación dos fondos da biblioteca. - Edición en galego da revista CUMES. - Utilización da fonoteca do centro. - Participación nas festas de tradición popular con arraigo no centro:
  • 19. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 19 o Magosto: invitación dalgún grupo musical o Nadal: diversos actos (pezas de teatro, panxoliñas,…) o Entroido: elaboración de coplas para as diferentes comparsas. o Letras Galegas: estudo sobre o autor homenaxeado cada ano. 7.- MEDIDAS PARA IMPARTIR UN CURRÍCULO INTEGRADO DAS LINGUAS Os equipos docentes de cada curso/etapa deben ter en conta: - Partir dos intereses do alumnado e intentar proponer en cada curso un proxecto centrado no literatura ao que poidan facer aportacións dende as diferentes áreas/materias. - Traballar coa mesma tipoloxía textual en todas as linguas de forma coordinada facéndoas coincidir na temporalización de cada materia. Aproveitarase para facer traballos en relación coas datas conmemorativas ou doutras materias facendo uso de dita tipoloxía. - No mes de setembro durante a realización das programacións das diferentes materias de lingua consensuarán os termos común e reflectirán os acordos na súa programación. - Dende a xefatura de estudos e a dirección do centro terase en conta á hora de realizar os horarios, favorecer tempos para a coordinación do profesorado das linguas. - Dende a biblioteca do centro ofreceranse libros de lectura nos catro idiomas: castelán, galego, inglés e francés. - Fomentarase a lectura en todas as linguas como unha fonte de pracer, non como unha obriga; ademais de valorala como medio para adquirir coñecementos.
  • 20. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 20 O Proxecto Lingüístico foi revisado e aprobado en Consello Escolar o 14 de outubro de 2019. Pedrafita, a 14 de Outubro de 2019 A directora Rocío Méndez Penela