SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 64
Downloaden Sie, um offline zu lesen
1
ÍNDICE
Introdución …………………………………………………………………………… 2
Programación escolar ………………………………………………………………. 3
- Actividades comúns para os catro museos ………………………………. 5
- Museo Provincial de Lugo ………………………………………….……... 15
- Museo Fortalezas San Paio de Narla ……………………………….…… 19
- Pazo de Tor …………………………………………………………….…… 22
- Museo Provincial do Mar ………………………………………….……….. 24
Programa extraescolar …………………………………………………………….. 26
- Actividades comúns para os catro museos ……………………………… 27
- Museo Provincial de Lugo ………………………………………………….. 32
- Museo Fortalezas San Paio de Narla …………………………………….. 33
- Pazo de Tor ………………………………………………………………….. 37
- Museo Provincial do Mar …………………………………………………… 40
Memoria e Discapacidade …………………………………………………………. 43
Memoria e Migración ……………………………………………………………….. 46
Proxectos ……………………………...…………………………………………….. 48
Exposicións ………………………………………………………………………….. 53
Xornadas e conferencias …………………………...……………………………… 56
Eventos ………………………………………………………………………………. 59
Proxección externa ………………………………………………………………… 61
2
INTRODUCIÓN
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo lévase a cabo un modelo de xestión
próximo, en diálogo permanente coa sociedade. O obxectivo é converter os museos en
lugares de encontro, accesibles e inclusivos polo que fortalecer o vínculo coa sociedade
é esencial. Para conseguilo tratamos sempre de responder ás novas demandas xeradas
por unha realidade cambiante e en constante evolución, Poñemos o foco nos coidados,
no autocoidado e no coidado dos demais, e ofrecemos unha serie de actividades que
non van destinadas a determinados colectivos senón que son accesibles na súa
totalidade.
Presentamos a continuación unha programación integral para o último trimestre do ano
2021. Ten dous eixos principais: por un lado, preténdese dar visibilidade a unha figura
tan esencial como é a muller rural e, por outro, trátase de aprender a coidar a mente.
3
4
PROGRAMACIÓN ESCOLAR
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo,
a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo
Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e
Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para
o curso escolar 2021-2022.
Como cada ano, o obxectivo primordial que perseguimos é achegar o patrimonio
conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto
de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle.
Consideramos que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha
tarefa divertida, polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o
alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma.
Do mesmo xeito, conscientes da nova realidade que vivimos por mor da COVID-19,
ofrecemos actividades que poden ser realizadas tanto presencialmente nos museos
coma de xeito virtual, e mesmo en ambos formatos. Ademais, contamos con "maletas
viaxeiras" dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os
centros escolares cargadas de coñecemento e diversión.
O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer
lazos coa comunidade educativa, e afronta con ilusión este novo curso escolar.
Descubre a nosa programación e contacta con nós na plataforma educativa:
www.comunidadermpl.es
5
VISITA DE INICIACIÓN AO MUSEO
A Rede Museística Provincial ofrece aos centros escolares “visitas de iniciación” a
cada un dos catro museos que a integran: Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza
San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar.
Ditas visitas poderán ser presenciais, recibindo ao alumnado no museo, ou inmersivas,
empregando os recursos 3D dispoñibles na nosa plataforma educativa. Do mesmo xeito,
poderán ser adaptadas a temáticas concretas que sexan de interese para o profesorado
ou para o alumnado, sempre que estean en relación coas coleccións expostas.
EFECTO ESPELLO: RETRATO, AUTORRETRATO E SELFIE
O desexo do ser humano de efixiarse ou inmortalizarse para a posteridade foi unha
constante ao longo da historia: a pintura, a escultura ou a numismática son disciplinas
nas que o retrato tivo especial relevancia e significado. A invención da fotografía
cambiou por completo o concepto e o formato deste tipo de representacións, ata o punto
de que, na actualidade, podemos “inmortalizar” a alguén ou facer un “selfie” en calquera
momento e lugar.
Esta proposta didáctica está enfocada en dar a coñecer, a través das obras expostas
nos nosos museos, a historia e evolución do retrato nas diferentes artes plásticas, a
intención que hai detrás deste tipo de representacións, o seu significado ou que artistas
destacaron por cultivar este xénero.
Falaremos de retratos, de autorretratos e da revolución que supuxo o “selfie”, veremos
a diferencia entre unha representación calculada ata o máis mínimo detalle e a
inmediatez dunha fotografía tomada sen pensar, e preguntarémonos se a intención e o
significado de retratarnos variou co paso do tempo ou se, pola contra, segue mantendo
a mesma esencia e intencionalidade.
6
Trátase dunha actividade que pode realizarse tanto presencialmente como de xeito
virtual, así como en calquera dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo
(ou mesmo nos catro):
 No Museo Provincial de Lugo
Veremos a evolución e os distintos tipos de retrato a través da pintura, a escultura e a
numismática: efixies en moedas, bustos, retratos de familia e individuais,
representacións de medio corpo e de corpo enteiro, etc. Quen se representa e por que?
Como se representa a un rei ou raíña e como ás persoas doutras clases sociais? Que
nos queren dicir os detalles dos ambientes e dos espazos nos que se retratan?
Reflexionaremos sobre estas cuestións mentres percorremos as coleccións do museo.
 No Museo Pazo de Tor
Veremos a colección de retratos conservados no pazo, nos que figuran os membros da
familia que viviu nel, como a súa derradeira propietaria, Dª María Paz Taboada.
Reflexionaremos sobre a importancia deste tipo de representacións nos contextos
pacegos e sobre como conforman, xunto co resto do patrimonio conservado no pazo,
un auténtico “retrato dun sector social”: neste caso, da fidalguía galega.
 No Museo Provincial do Mar
O noso Museo do Mar é o “retrato” das xentes San Cibrao e da Mariña Lucense. Cando
cruzamos as súas portas recíbenos cos retratos de Dª Manuela Goñi e D. José Mª
Fernández, matrimonio migrante que aportou o diñeiro co que se construíu o edificio,
que naceu como escola. Tamén contamos co retrato do profesor que iniciou, xunto co
seu alumnado, as coleccións que deron orixe ao museo, D. Francisco Rivera Casás. E,
por último, na colección de fotografías doadas polos veciños e veciñas da zona,
contamos con diversos retratos dos traballadores e traballadoras dos oficios do mar.
Falaremos e reflexionaremos sobre o significado de cada tipo de retrato, apreciaremos
o contraste entre os retratos de oficios do mar e os “selfies” que adoitamos sacar
actualmente na praia e coñeceremos a relación do mar coa disciplina do retrato.
 No Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Os retratos que conservamos en San Paio de Narla móstrannos ás persoas anónimas,
aos traballadores e traballadoras do campo que non posan nin se engalanan para ser
retratadas, senón que nos mostran os labores da súa vida diaria. Aquí falaremos doutro
tipo de retrato, diferente e afastado das fastosas representacións da realeza, da nobreza
ou da burguesía; e reflexionaremos sobre a diferenza entre o “realismo” deste tipo de
imaxes e a “realidade maquillada” das que consumimos nas redes sociais. Se o Pazo
7
de Tor era un “retrato da fidalguía”, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla é o “retrato
da xente do campo”.
ESCAPE ROOMS: XOGA EN REDE
A Rede Museística Provincial de Lugo
oferta varias escape room que teñen
como obxectivo achegar á rapazada as
diferentes coleccións dos museos de xeito
interactivo, lúdico e interdisciplinario. Os
xogos escape room son actividades, cada
vez máis estendidas, nas que as persoas
participantes empregan a lóxica, os seus
coñecementos e o enxeño para resolver
probas dentro dunha misión que deben
completar. Desde a Rede Museística
Provincial consideramos fundamental espertar na infancia e na xuventude a curiosidade
e o respecto polo patrimonio e, con esta proposta, pretendemos fomentar o
descubrimento do patrimonio conservado nos nosos catro museos a través da
gamificación ou aprendizaxe baseada en xogos.
As nosas escape room compóñense de
diferentes xogos, con temáticas específicas,
nos que cada participante se mergullará nas
coleccións dos museos empregando como
plataforma as visitas virtuais 3D das que
dispoñemos. Cada aventura está integrada
na visita virtual mediante puntos interactivos
de cores, nos que se atopan as diferentes
probas que se deben resolver. Ademais,
todas as escape room contan cunha
personaxe que irá guiando á persoa
participante durante todo o percorrido ata
completar a misión.
Dez aventuras para escoller:
1. Lugo romano: Coñecemos a vida da antiga Lucus Augusti da man dunha moza
castrexa que se infiltra na cidade. Itinerario: coleccións de arqueoloxía de época
romana.
2. Como nos vestimos ao longo da historia: Acompañamos a unha deseñadora
de moda a coñecer como vestían os homes e as mulleres dos diferentes
períodos históricos. Itinerario: Prehistoria, Cultura castrexa, Roma, Idade Media,
Romanticismo e Traxe tradicional galego.
3. Vexo, vexo… e descubro o meu entorno: Axudámoslle a unha xabarina a
buscar o lugar ideal para vivir; aprendendo a identificar as diferentes paisaxes,
principalmente de Galicia, e os elementos naturais que as compoñen a través
das obras do Museo Provincial de Lugo. Itinerario: paisaxe de montaña, paisaxe
mariña, paisaxe urbana, paisaxe rural, paisaxe lucense.
8
4. Igualdade: Coñecemos a unha pantasma que vive no Museo Provincial de Lugo
e que nos mostra a obra das mulleres artistas que temos expostas.
5. ODS: Coidamos dun planeta Terra que se atopa enfermo con 17 remedios
convertidos en misións relacionadas con cada un dos 17 Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible. Itinerario: percorrido polas coleccións do Museo
Provincial de Lugo.
6. Crea o teu museo: Acompañamos a un cadro que acaba de chegar ao Museo
Provincial de Lugo para axudarlle a coñecer que é un museo, que tipos de
museos existen, quen traballa neles e que coleccións podemos atopar expostas.
7. A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo: Viaxamos ata o
mundo medieval para coñecer a vida e sociedade deste período histórico.
Acompáñannos catro personaxes: un frade franciscano no Museo Provincial de
Lugo, un cabaleiro no Museo-Fortaleza San Paio de Narla, unha campesiña no
Pazo de Tor e un carpinteiro de Ribeira no Museo Provincial do Mar.
8. Pazo de Tor: Percorremos as coleccións do Pazo de Tor coa súa derradeira
propietaria, Dona Mª Paz Taboada.
9. San Paio de Narla: Intentamos escapar da Fortaleza de San Paio de Narla
coñecendo as súas coleccións.
10. Museo do Mar: Coñecemos o patrimonio do Museo Provincial do Mar mentres
tentamos salvar á balea Cipriana.
 Queres saber máis? Descarga aquí a unidade didáctica da actividade.
DIVERSIGUALDADE NA REDE
A Rede Museística Provincial de Lugo centra o seu labor nas persoas e, polo tanto, a
súa estratexia baséase en buscar canles de comunicación entre os museos e as
comunidades na súa diversidade. As coleccións serán, entón, ferramentas sobre as que
abrir o diálogo, desde a escoita e a reflexión, para unha educación na tolerancia e o
respecto.
Afrontar a diversidade desde a familia, a escola e o museo significa traballar na
prevención de situacións de acoso, vulnerabilidade e exclusión, tanto nos presentes
como nos futuros ciclos educativos para, en definitiva, formar persoas cunha mellor
fortaleza social.
Esta proposta didáctica xira ao redor de tres eixos fundamentais:
 Recoñecer a diversidade sexual e de identidades na nosa sociedade.
 Incluír novos relatos sobre as coleccións cos que nos representen a
todas/todos/todxs.
 Fortalecer as relacións entre a comunidade, os museos e o territorio como
lugares onde aprender a ser, a coñecer, a convivir e a facer de forma sostible.
Queres saber máis e coñecer as actividades que vos propoñemos? Descarga aquí os
nosos cadernos didácticos.
Caderno para familias
Caderno para o profesorado
9
Caderno para alumnado de 2º de infantil, 1º e 2º de primaria
Caderno para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO
Caderno para alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato
PROGRAMA ESCOLAR SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO
Os museos que non serven para a vida non serven para nada, proclama o Movemento
para unha Nova Museoloxía (MINOM). A Rede Museística Provincial de Lugo, en
coherencia con este principio, traballa desde o territorio, a través do patrimonio e coa
comunidade, como espazos abertos á escoita, á re exión, e á tolerancia ante a
pluralidade social.
En consecuencia, este bloque educativo centrado na Igualdade de Xénero desenvolve
accións que afondan nos conceptos de identidade, recoñecemento, visibilidade e
respecto, como dereitos funda para a convivencia.
Traballaremos varios eixos fundamentais utilizando as coleccións dos museos como
medio:
 Recoñecemos mulleres artistas.
 Valoramos as tarefas atribuídas ás mulleres na Historia, especialmente as dos
coidados.
 Rachamos cos estereotipos de xénero e destacamos a diversidade de ser.
 Identificamos o papel das mulleres no desenvolvemento das sociedades, en
especial nas comunidades rurais, desde a ollada do ecofeminismo.
Cales son os nosos obxectivos?:
10
 Promover a igualdade con perspectiva de xénero entre o alumnado.
 Eliminar os prexuízos sexistas fomentando o pensamento crítico e respectando
a diversidade de xénero.
 Estimular a creatividade para xerar relatos inclusivos dentro do museo.
 Aumentar o coñecemento sobre as mulleres artistas na historia da arte.
 Recoñecer a historia das mulleres como parte esencial da evolución humana.
 Impulsar unha actitude comprometida, ecoloxista e cidadá na defensa dos
dereitos humanos.
 Acadar as metas da Axenda 2030, e particularmente o Obxectivo de
Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 sobre a Igualdade de Xénero.
A nosa programación sobre Igualdade de Xénero inclúe múltiples propostas e
actividades, enfocadas e deseñadas especificamente para os distintos ciclos escolares
e para as familias. Aquí podes descargar os cadernos didácticos:
 Caderno para o profesorado
 Caderno para Educación Infantil
 Caderno para Educación Primaria
 Caderno para ESO
 Caderno para BAC
 Caderno para familias
TRAVESÍA POLA HISTORIA A TRAVÉS DE 4 MUSEOS
No ano 1679, Marie Catherine le Jumel, coñecida coma condesa D’Aulnoy, atravesou
os Pirineos camiño da península. O primeiro que fixo foi cambiar o seu medio de
transporte. Escolleu o máis apropiado para unha orografía e un sistema de estradas,
digámoslle, complicadas: unha liteira de mulos, unha sorte de todoterreo de luxo de
tracción animal. A madame percorreu o país e, excelente contista, deixou escrito un
diario da súa travesía, un documento trufado de anécdotas, impresións e, vaites, tamén
imprecisións, que segue a ser de lectura impagábel.
11
Con esta actividade pretendemos que nenos e nenas viaxen cara atrás no tempo, como
fixo a condesa, e percorran a provincia de Lugo partindo dos catro museos da Rede
Museística Provincial: o Museo Provincial de Lugo, o Museo-Fortaleza de San Paio de
Narla, o Museo Pazo de Tor e o Museo Provincial do Mar.
En cada un dos nosos/vosos museos, hai diversos medios de transporte que nos levan
a un pasado de camiños accidentados. Darémoslle ao alumno/alumna dúas opcións
para escoller e un obxectivo, unha meta de chegada: ao longo do seu itinerario pola
provincia, poderán tomar como punto de partida calquera dos tres primeiros museos
que mencionamos, pero terán que chegar a San Cibrao, ao Museo Provincial do Mar.
Queres saber como emprender esta aventura? Descarga aquí a unidade didáctica da
actividade.
CREAMOS CONTOS POPULARES
Este proxecto consiste nunha actividade didáctica que emprega obxectos pertencentes
ás coleccións da Rede Museística Provincial para crear diferentes tipos de contos
populares. Trátase, polo tanto, dunha tentativa de achegar ao alumnado ó patrimonio
material da Rede e ao patrimonio inmaterial que supón a literatura de tradición oral
galega
.
A actividade consta de dúas partes presentadas separadamente en dous arquivos PDF,
que serán remitidos aos centros educativos que o soliciten. Na primeira, preséntase a
actividade e as principais características dos contos populares, de forma que sirva de
guía pra a produción de contos que se levará a cabo posteriormente. A segunda parte
consiste nun documento interactivo no que se proporcionan distintas opcións (ilustradas
con pezas das coleccións da Rede Museística) que o alumnado terá ir seleccionando
para desenvolver a súa historia. Por último, cada participante terá unha serie de notas
escritas a partir das que poderá narrar o seu conto ao resto da aula.
Esta proposta didáctica pode realizarse de xeito virtual ou completarse cunha visita
presencial ás coleccións que se traballaron durante a elaboración dos contos.
12
UN RONSEL DE FUTURO:O XOGO DA LITERATURA, O CINE E
O TEATRO A TRAVÉS DO MUSEO
“Ronsel de futuro” é un proxecto que mira cara o pasado para proxectarse no futuro a
través das ferramentas que nos ofrecen o teatro, o cinema e a literatura. Trátase dun
proxecto educativo de web-serie, elaborada cos centros educativos que participen nas
actividades da programación escolar dos catro museos da Rede Museística Provincial
de Lugo.
Obxectivos:
 Dar a coñecer os nosos museos a través do audiovisual.
 Entender a importancia do museo como relator e promotor de historias.
 Fomentar a creatividade e creación de contidos audiovisuais, literarios ou
teatrais.
Como participar?
Aqueles centros escolares que realicen algunha das actividades didácticas da nosa
programación poderán partipar, se o desexan, na realización desta web-serie. O equipo
humano da Rede Museística continuará en contacto co grupo, proporcionándolle as
pautas e os recursos para a gravación dun vídeo curto, de 5 ou 6 minutos, que constituirá
un capítulo da serie. O alumnado poderá empregar todos os recursos do eido da
literatura, o teatro ou o cine para construír un relato baseado na actividade que realizou
anteriormente no museo, no que supuxo para el/ela esa experiencia ou no aprendido
durante a mesma.
Haberá premios para as mellores curtas!
Ao remate do curso escolar, coincidindo coa estrea da web-serie, farase unha entrega
de premios ás mellores curtas ou capítulos:
1º premio.
2º premio.
3º premio.
13
1º Accésit.
2º Accésit.
3º Accésit.
MUSEO VIAXEIRO
Dede a Rede Museística Provincial de Lugo buscamos estar sempre preto da
comunidade escolar, tecendo lazos con ela e ofrecéndolle propostas educativas
diversas, multidisciplinares e inclusivas. Con este fin, este curso presentamos o proxecto
“Museo viaxeiro”, unha actividade novidosa que cambia as tornas da relación museo-
visitante: nesta ocasión seremos nós quen visitemos os centros escolares! Para iso,
contamos con “maletas viaxeiras”; cargadas de materiais educativos, recursos
interactivos e toda a esencia dos nosos catro museos.
Con esta particular equipaxe,
desprazarémonos ata os centros de
ensino para plantar a semente dun
proxecto didáctico que medrará ao
longo do curso escolar e no que o
alumnado será o protagonista.
Aprenderemos que é un museo, quen
traballa nel, como se forman as
coleccións, por que é importante
conservar o noso patrimonio e de que
maneira podemos, a través da historia
e da cultura, construír un mundo máis
sostible e inclusivo.
Trala nosa visita, deixaremos a maleta
a disposición da rapazada, que a empregará para crear o seu propio
museo traballando conceptos como patrimonio, identidade, territorio, inclusión ou
sostibilidade. Finalmente, esa equipaxe que viaxou ata a escola cargada con materiais
dos nosos museos, retornará a nós máis grande e pesada, pois traerá novos museos e
novas miradas ao patrimonio: as de cada alumno ou alumna.
HACKEANDO O MUSEO
Os museos cambian do mesmo xeito que o fan os ideais e as motivacións de quen
gozan deles. Deben ser espazos inclusivos, universais, cómodos e amables con todo o
mundo e para iso é necesaria unha visión ampla, unha mirada que inclúa a perspectiva
infantil. Partindo disto, propoñemos hackear o museo, entendendo hackear como a
acción de irromper ou ingresar nun sistema e alteralo. Neste caso, presentamos unha
actividade na que xs nenxs formulen propostas sobre como debería ser un museo, como
14
o montarían segundo o seu criterio, en que fracasa o museo actual e cal sería o
percorrido museolóxico máis inclusivo.
A actividade consiste en facer unha visita ao museos dunha maneira pouco habitual,
fixando a nosa atención naquilo que soe pasar desapercibido ou mirando o coñecido
dunha forma diferente. Trátase de descubrir como o museo pode ser máis vivo e
inclusivo fomentando así a curiosidade, o descubrimento, a creatividade e a reflexión e
dano axs nenxs a capacidade de ser críticxs. .
Como broche final propoñemos crear pezas artísticas que respondan á pregunta: que
obxectos nos definen?
AGROCULTURA: RURALIZAMOS A ESCOLA!
Alumnado de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato
Convocamos aos centros de ensino a presentar traballos que salienten o valor do medio
rural e o seu patrimonio material, inmaterial e/ou humano. A convocatoria ten como
obxectivo promocionar investigacións e proxectos que afonden no coñecemento destes
eixos fundamentais e involucren a toda a comunidade, así como recoñecer o papel das
mulleres como conservadoras da memoria e axentes de desenvolvemento do territorio.
O formato poderá ser multidisplinar, apoiado con medios audiovisuais, instalacións ou
publicacións. *A inscrición realizarase no correo electrónico
comunidadermpl@gmail.com durante o mes de outubro de 2021 e o prazo de
presentación de proxectos rematará en marzo de 2022.
*A confirmar
15
LUGO ROMANO
“Lugo romano” é unha actividade que pretende achegar ao alumnado a unha etapa
fundamental da historia da cidade de Lugo e de todo o noroeste peninsular, desde a
instalación do campamento militar romano, pasando pola fundación de Lucus
Augusti ata a plena romanización.
A metodoloxía que se seguirá nesta proposta é a realización dun percorrido polas
distintas salas do museo que atesouran pezas relacionadas coa liña temática sobre o
Lugo romano, velaí o itinerario proposto:
1.Claustro: Comezamos o itinerario no antigo claustro do convento de San Francisco.
Neste espazo consérvanse as placas fundacionais da cidade, coa inscrición do seu
fundador Paullus Fabius Maximus; pezas que marcan o comezo de Lucus Augusti como
unha das grandes urbes do noroeste hispano. Ao seu carón atopamos tamén unha seria
de aras votivas, que nos amosan o sincretismo entre deuses indíxenas e romanos e nos
falan da tolerancia relixiosa romana con respecto a outros cultos (sempre e cando estes
non fosen unha ameaza ao statu quo do poder romano).
Continuamos cara ás estelas funerarias, facendo fincapé na de Philtates. Esta peza
amosa distintas caras da sociedade romana: a importancia da escravitude para a
economía, o irrelevante papel político e social das mulleres, a importancia do aspecto
físico para as clases altas, etc.
Rematamos no claustro vendo o miliario atopado en Friol, seguramente pertencente á
Vía XIX. Os miliarios marcaban as distancias en millas e estaban situados nas vías de
comunicación que unían as distintas cidades.
2. Sala de mosaicos: Nesta sala vemos os Mosaicos de Armañá e da Domus Oceani,
exemplos ambos da importancia das domus romanas. Seguimos coa estela funeraria
de Crecente e rematamos coas demais estatuas e relevos
3. Sala de exposicións temporais: Neste espazo visitamos a canalización e a división
das distintas estancias dunha domus, así como os restos dunha calzada romana.
4. Sección de arqueoloxía na sala 9: Na sección de arqueoloxía atopamos distintas
pezas que nos axudan a entender a vida en época romana, como a Águia do Caurel,
a Tabula Hospitalis do Caurel, o tear vertical de pesas, cerámica, fíbulas,
pulseiras, lucernas, moedas, etc.
16
RUTAS LITERARIAS
Dende fai case vinte anos, o Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo,
leva empregando a literatura como vehículo de comunicación artística coa intención de
combinala co museo dunha maneira lúdica e proveitosa, onde se mesture o inmaterial
e o material, lingua e patrimonio. Con este obxectivo nace a actividade “Rutas literarias”,
coa que pretendemos que a rapazada do ensino secundario sinta o museo como un
espazo de memoria e un lugar onde imaxinar a historia.
Ledicia Costas, Anxo Fariña, Andrea Maceiras e Carlos Negro poñen o seu maxín a
disposición do alumnado con catro relatos, recollidos no libro Contos de fantasmas no
museo [podes descargalo aquí], que nos mergullarán na fantasía e no misterio do
Museo Provincial. As catro rutas literarias que se van desenvolver derivan destes
relatos, e son as seguintes:
 A Ruta do carneiro alado: ten como referente o conto “A maldición do carneiro
alado” de Ledicia Costas, unha desacougante aventura protagonizada pola
adolescente Abril que se perde dentro dun cadro.
 A Ruta de Minos: inspírase no relato “A esperanza do Maldito” de Anxo Fariña,
unha historia que nos retrotrae no tempo ata o Olimpo dos deuses do mundo
clásico: Zeus, Antíope, Afrodita, Dédalo, Pasífae e Minos, o monstro namorado.
 A Ruta do astrágalo: ten como eixe o relato de “Astrágalo” de Andrea Maceiras.
Un xogo fantástico que mestura unha tabula lusoria de época romana cun
computador actual: un gaña, un vive, un perde, un morre.
 A Ruta do paxaro: ten como guía o conto “O paxaro na gaiola” de Carlos Negro.
Unha hábil metáfora que trata os conflitos da adolescencia, especialmente o do
acoso sexista.
A mecánica da actividade é moi sinxela. A/O docente dará a ler ao alumnado,
previamente á realización da ruta, os Contos de fantasmas no museo. Unha vez
realizada esta tarefa individual, comezará a actividade propiamente dita, que se divide
en dúas partes ben diferenciadas:
 Na primeira parte o alumnado, dividido en grupos de entre 5 e 6 persoas,
resolverá un cuestionario de 20 preguntas relacionadas cun dos relatos que leu.
A cada grupo asignaráselle un cuestionario por sorteo, de xeito que cada equipo
faga unha ruta diferente.
 Na segunda parte, poranse en común as respostas dos diferentes grupos co fin
de chegar ao veredicto de que ruta foi a mellor completada. Durante este tempo,
aproveitaremos tamén para ampliar os coñecementos acerca das obras do
Museo Provincial presentes no relato escollido.
As “Rutas literarias” poden realizarse tanto de xeito presencial, visitando e percorrendo
o museo para resolver os cuestionarios, como de xeito virtual, mediante unha conexión
co persoal do museo na que se empregarán recursos 3D.
17
QUEBRACABEZAS/ MEMORY/ CÓDIGO ODS 2030
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen un chamamento
universal á acción para pór fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as
perspectivas das persoas en todo o mundo. En 2015, tódolos Estados Membros das
Nacións Unidas aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030 para o
desenvolvemento sostible, na cal se establece un plan para acadalos antes do ano
2030.
Esta proposta didáctica está destinada a dar a coñecer e concienciar ao alumnado de
Educación Primaria e Secundaria sobre a importancia dos 17 ODS. Trátase dunha visita
ao Museo Provincial de Lugo que percorrerá unha serie de pezas a través das que se
abordará cada un dos obxectivos: por cada ODS veremos dúas obras, unha positiva
que permita amosar os beneficios de acadalo e outra negativa que mostre as perdas e
os inconvenientes que terá para o planeta e para as persoas non acadalo.
Unha vez concertada a visita, remitirase ao profesorado unha listaxe coas obras e pezas
que se tratarán, coas fotografías correspondentes, co fin de que o alumnado poida
realizar unha toma de contacto previa co tema.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (UNESCO)
1. Fin da pobreza
2. Fame cero
3. Saúde e benestar
4. Educación de calidade
5. Igualdade de xénero
6. Auga limpa e saneamento
7. Enerxía asequible e non contaminante
8. Traballo decente e crecemento económico
9. Industria, innovación e infraestrutura
10. Reducción das desigualdades
11. Cidades e comunidades sustentables
12. Producción e consumo responsables
13. Acción polo clima
14. Vida submarina
15. Vida de ecosistemas terrestres
16. Paz, xustiza e institucións sólidas
17. Alianzas para lograr os obxectivos
18
+ info: https://es.unesco.org/sdgs
A ARTE DO GRAVADO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
O Museo Provincial de Lugo conta cunha importante colección de gravados, así como
cunha sección propia dedicada a artistas que cultivaron esta técnica. Co fin de dar a
coñecer a obra destes autores e o funcionamento da técnica do gravado, unha das máis
complexas do traballo artístico, nace esta actividade destinada ao alumnado de
Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.
Trátase dunha visita na que viaxaremos a través da historia do gravado para aprender
que é unha xilografía, unha litografía ou unha augaforte; que instrumentos se
empregaban para a súa realización e que artistas galegos e lucenses destacaron polo
seu dominio desta técnica.
A actividade pode concluír cun taller práctico no que a rapazada elaborará o seu propio
gravado aplicando os coñecementos adquiridos.
19
.
CONTACONTOS NA REDE
Desde a Rede Museística avogamos por recuperar a
tradicionalidade dos contacontos, esa narrativa de tradición
oral que pasou de xeración en xeración, e mesturala coa
literatura participativa, onde o alumnado é o axente activo que
se vai integrar na historia, buscando así a interacción e
aprendizaxe continua ao longo desta actividade.
A través de diferentes modalidades adaptadas ás idades do alumnado, e tendo o
“contacontos” como fío condutor, adentrarémonos nos catro museos da Rede
Museística e na súa contorna, escenario destas historias contadas. Estimularemos a
imaxinación e a creatividade, espertaremos a sensibilidade e traballaremos valores
educacionais; buscando o estudo do noso pasado e a nosa contorna, así como a
transmisión da herdanza cultural, social e patrimonial.
Atopa máis información aquí.
A SEMENTE DE ANTANO
Con esta actividade mergullarémonos na historia dos nosos devanceiros e devanceiras
nun escenario característicamente rural. A Fortaleza de San Paio de Narla, pola súa
historia e ubicación, e grazas as coleccións que atopamos no seu interior, é un lugar
privilexiado para coñecer e recuperar a memoria da vida rural. Coñeceremos quen
traballaba as terras, en que condicións vivían, como chegaron os seus coñecementos
ata os nosos días ou como evolucionaron co paso do tempo as ferramentas e os
elementos empregados no traballo diario.
Trátase dunha proposta didáctica que avoga por unha aprendizaxe cooperativa onde o
alumnado vai ser o protagonista, e desenvolverase en cinco bloques nos que se
combinará o traballo na aula coa visita ao museo.
BLOQUE 1: Coñecer a nosa contorna
1. O alumnado achegarase ao seu entorno procurando testemuños orais e
fotografías do mesmo. Con ese material analizará as características do seu lugar
de orixe: tipos de construcións, orografía, flora, etc.
20
2. Daranse a coñecer autores e autoras que escribiron sobre esa zona e as súas
paisaxes. Recolleranse poemas e fragmentos narrativos de autores como
Castelao, Manuel María, Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro,
Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Ler ese contido literario permitirá
mostrar como grandes autores estaban orgullosos de onde eran e do mundo do
rural.
3. Empregarase a música e as cancións tracidionais para coñecer e describir o
territorio.
4. Rematarase o bloque traballando as artes pictóricas. O alumnado, a través das
fotografías acadadas e de toda a información obtida, debuxará a paisaxe que
para el representa a súa terra.
BLOQUE 2: O rural
1. Observación da colección das fotografías de Walter Ebeling para achegarnos ao
campesiñado e ao mundo do rural.
2. Recollida de testemuños orais, por parte de alumnado e profesorado, das
persoas maiores da súa familia ou entorno para ilustrar verbalmente o que xa
nos amosaron as fotografías.
3. As persoas maiores e a importancia da memoria a través dos testemuños.
Coloquio sobre o alzheimer adaptado segundo a idade, poñendo de relevo o
tesouro das lembranzas.
4. En relación co punto anterior, cada neno ou nena apuntará cinco lembranzas
importantes na súa vida nun papel de cores, co seu nome, data e idade actual.
Despois, depositaranse todos os da clase nun bote de cristal, que se reservará
para empregar noutra actividade.
BLOQUE 3: Somos o que comemos
1. Asemblea para falar sobre que lle aporta o rural ás cidades e por que é un dos
motores económicos.
2. Somos o que comemos: a importancia da alimentación saudable a través da
agricultura ecolóxica. Que comían os nosos devanceiros e que comemos agora?
3. Experiencia sensorial e olfactiva. Traballaremos os sentidos a través dos
alimentos.
21
4. Posta en común sobre a beleza relativa e a singularidade particular: cada
producto ecolóxicos é diferente, non seguen un patrón; idea que se pode
trasladar as persoas, xa que na diversidade está a esencia.
5. A terra. Plantaremos o bote de cristal coas lembranzas xunto cunha semente ou
puga dunha árbore autóctona. Marcaremos cun letreiro a nosa ubicación e
controlaremos o crecemento da mesma.
BLOQUE 4: Canto avanzamos en 100 anos?
1. Comparativa entre o mobiliario antigo e o actual empregando como contexto a
Fortaleza de San Paio de Narla. Comparación dos útiles de labranza, utensilios
de diario, etc. Explicación da historia e utilidade de cada peza.
2. O alumnado traerá da súa casa (o a dos seus avós ou avoas) o obxecto máis
antigo que atopen. Cada un deles contará a historia e uso da peza, facendo así
unha mesa redonda para intercambiar coñecementos.
3. Breve debate sobre a evolución da reciclaxe desde a antigüidade ata a
actualidade. División da clase para defender os pros e contras dos avances
tecnolóxicos como ferramentas útiles pero tamén contaminantes.
BLOQUE 5: Que aprendemos?
1. Se a situación sanitaria o permite, visita ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla.
2. Posta en común dos conceptos aprendidos durante o desenvolvemento dos
bloques anteriores.
3. Para finalizar, o alumnado empregará a canle de expresión artística que máis lle
represente (pintura, música, prosa ou verso) para lembrar o concepto que máis
lle gustou ou sorprendeu.
22
O TEU GABINETE DE CURIOSIDADES
Ao longo da Idade Moderna, o exotismo, a apetencia por aquilo extravagante por nunca
visto, era algo moi cobizado e valioso, desde animais nin sequera soñados ata supostos
cornos de unicornio ou plumas de paxaros exóticos, peixes globo, minerais ou pedras
de propiedades máxicas. Os nobres e eruditos fixeron acopio deste tipo de cousas.
Servían para impresionar, mais tamén para reter nalgún recuncho da casa un anaco
deses lugares lonxanos e misteriosos. Consecuencia dese gusto polo estrano e do afán
de coñecemento, foron as cámaras de marabillas ou gabinetes de curiosidades, xermolo
dos actuais museos.
En tempos dos Pazos coma o de Tor seguiu esta práctica, que non estaba ao alcance
de todos; tan só unha minoría, coma a fidalguía máis cosmopolita, acubillaba nas
diferentes estancias dos seus pazos pezas exóticas e, xa dicimos, de toda caste:
minerais, animais, vexetais, trebellos, etc.
Esta actividade presenta dous enfoques: un de carácter rural/natural e outro
urbano/tecnolóxico. Pretendemos conxugalos a través da observación, análise e
finalmente reflexión sobre o percorrido dado pola nena ou neno no proceso. Todo
comeza por unha pregunta moi sinxela. Que elementos caracterizan a túa paisaxe cotiá?
Ou tamén, que elementos o fan diferentes a outras contornas que coñeces? Para definir
estes elementos e así describir as características da súa contorna inmediata, os nenos
e nenas deberán reunir diferentes obxectos ou descricións, escritas e tamén artísticas;
debuxándoas, compilando eses obxectos, investigándoos. Para iso, disporán dun
caderno de notas, dun lapis e goma e tamén dun saco ou bolsa.
O alumnado sairá á súa contorna, ao xardín, ao bosque, á vila, á ribeira do río ou praia…
e recollerá canto lle chame a atención: follas caídas, pedras, pequenos obxectos,
fragmentos de materiais… No seu caderno, tomará nota de todo e acompañará as súas
descricións do explorado con debuxos, das plumas que ten recollido, por exemplo, das
follas ou mesmo da paisaxe que contextualiza a súa búsqueda. No caderno tamén
poderá describir a fauna e a flora que está a contemplar, incluso as construcións que lle
parezan importantes.
23
O seguinte paso será organizar un gabinete de curiosidades ou
cámara de marabillas. Consistirá na exposición dos obxectos e da súa explicación. O
conxunto estará todo relacionado a criterio do alumno/a, quen exporá aos
compañeiros/as e ao profesor/a a súa colección e a relación que ten coa súa contorna.
Queres saber máis? Descarga aquí a unidade didáctica desta actividade.
24
PAISAXES CULTURAIS NA REDE MUSEÍSTICA: O MAR DE
LUGO NO MUSOE DO MAR
Lugo é unha provincia con mar. É algo evidente, pero que realmente moita xente
descoñece. A imaxe que se proxecta da provincia desde o exterior é a dun territorio
interior, marcado polos vales, as chairas e a montaña. Isto non ten nada de malo, pero
a provincia de Lugo é moito mais diversa e conta cunha riqueza que hai que poñer en
valor. Lugo ten mar, ten unha das maiores flotas pesqueiras do Cantábrico, ten praias,
ten mareas e ten temporais. E Lugo ten unha xanela aberta ao mar en forma de Museo
Provincial do Mar.
Un museo que conta unha história épica de navegantes e cazadores de baleas, con
espazo para o lirismo narrativo das praias repletas de cunchas nas que cantan as
pescantinas ao traballar. Un museo que fala da historia do ser humano, pero tamén da
tremenda e fráxil biodiversidade do medio mariño. Un museo para aproveitar e
simbolizar esa parte da provincia que mira ao norte e nos conecta co mundo “mar-por-
medio”. Así, aproveitando os múltiples recursos cos que contamos no Museo Provincial
do Mar, ofrecemos un conxunto de propostas didácticas que combinan o traballo na aula
coa aprendizaxe lúdica e activa no museo:
 Actividades na aula en colaboración co museo:
– Coñecemos a costa e o mar de Lugo a través de mapas, fotografías e textos.
– Pensamos en museos da nosa órbita xeográfica e social segundo o lugar de ubicación
do centro lectivo.
– Reflexionamos sobre as paisaxes da nosa comarca e os seus traballos tradicionais.
– Especulamos sobre o que pode haber nun museo do mar.
– Traballamos sobre a historia das navegacións.
– Reflexionamos sobre todo aquilo que pode ofrecer o mar e a ribeira.
– Enumeramos e investigamos sobre os animais que viven no mar e nas áreas costeiras.
 Actividades no museo:
– Visita guiada. Museo relator de historias: Con esta actividade é o propio alumnado
o que constrúe o significado das pezas do museo, potenciando a súa capacidade de
observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico.
– Actividades interactivas:
1. A agulla de marear: Desde os inicios dos tempos, o ser humano foi artellando
sistemas e aparatos para viaxar cada vez mais lonxe. A través da análise dos
25
diversos instrumentos de navegación cos que contamos no Museo Provincial do
Mar, convertémonos en descubridores e descubridoras de territorios afastados.
2. Por aí resopla: O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser o custodio dos
ósos dunha especie de balea xa extinguida e que se cazaba, ata o século XVIII,
nas augas do Cantábrico. Imos navegar cara atrás no tempo para mergullarnos
na tradición daqueles cazadores de baleas.
3. Largando as redes: Cando os mariñeiros largan as redes ás augas do mar, non
teñen a certeza do que vai vir nelas. Así tamén o alumnado descubrirá que
especies se capturan e que artes se usan.
4. Arriba a bandeira: Aprendemos a comunicación no mar antes da invención da
radio e ao tempo reflexionamos sobre o mar como fronteira comunmente
universal e encrucillada de culturas.
5. Facedores de barcos: Nas ribeiras da Mariña Lucense xa se construían
carabelas no s. XIV. Co nacemento, no s. XIX, do complexo industrial de
Sargadelos, aumenta o fluxo comercial e increméntase a construción naval,
sobre todo de barcos de cabotaxe (como bergantíns e goletas), aínda que das
carpintarías de ribeira tamén saían traiñóns e chalupas, utilizados tanto para a
pesca da sardiña como para a caza da balea. Cales son as partes máis
importantes dun barco, cales as técnicas construtivas, cales as árbores das que
se obtiña a madeira, cales as ferramentas usadas polos carpinteiros? De seguro
que navegando por esta parte da nosa historia xorden aínda moitas máis
preguntas.
6. Alguén che dixo canto duraba o teu lixo?: A contaminación é un dos máis
graves problemas para os nosos océanos e para a sostibilidade e pervivencia do
planeta. Algúns científicos sinalan que no 2050 haberá máis lixo no mar que
peixes, xa que cada ano botamos toneladas e toneladas de residuos, sobre todo
plásticos, que tardan máis de 400 anos en biodegradarse. No lixo que tiramos
ao mar, como os restos de aparello, quedan atrapados ata morrer
peixes, tartarugas ou mamíferos mariños, e os plásticos e microplásticos pasan
aos seus sistemas dixestivos causándolles o mesmo efecto, podendo chegar
incluso, no proceso da cadea alimentaria, a especies que se comercializan para
o consumo humano. Reducir o consumo de plásticos e outros refugallos, reciclar
axeitadamente, reutilizar… son algunas das claves para axudar a manter os
ecosistemas mariños.
 Actividades posteriores á visita:
– Crea o teu propio museo: O alumnado construirá de forma práctica, imaxinativa ou
simplemente teórica o seu proprio museo a partir dun diálogo cos e coas docentes, coa
súa comunidade e co persoal da Rede Museística. Poderá realizarse como continuidade
do Museo Provincial do Mar ou como reflexo crítico da comunidade do centro educativo
do alumno/a.
26
27
Memoria e Terra. RECOLECTORAS
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo celebramos o Día Internacional das
Mulleres Rurais cun programa de actividades que quere pór en valor á muller como
axente de desenvolvemento do territorio e da nosa identidade cultural. Recuperaremos
o pasado para reimaxinar o futuro: poñendo en valor o labor das nosas antepasadas,
reflexionaremos sobre o estado actual da muller no rural e trazaremos perspectivas de
futuro en torno aos conceptos de igualdade e sostibilidade.
A provincia de Lugo, a máis grande de Galicia, destaca polo seu marcado carácter rural,
sendo o sector primario unha parte fundamental da súa identidade e economía. Os catro
museos da Rede Museística recollen a idiosincrasia e a riqueza deste territorio: a vida
e traballo no campo na Fortaleza de San Paio de Narla e no Pazo de Tor, o mundo
mariñeiro no Museo do Mar e a esencia de toda a provincia no Museo Provincial de
Lugo.
Así pois, a través das nosas coleccións, centraremos o foco no rural lucense e nas súas
mulleres, ofrecendo unha mirada realista e positiva dun medio de vida que conxuga
territorio, patrimonio (material e inmaterial) e convivencia interxeracional. Este programa
está aberto á participación dos centros escolares, aos colectivos do mundo rural, ás
familias e a calquera persoa que, de xeito individual, desexe explorar a riqueza
patrimonial e humana da nosa provincia.
OBXECTIVO
- Afianzar a relación entre territorio e museos.
- Visibilizar o labor da muller rural na construción da nosa identidade cultural.
- Recuperar a memoria das nosas antepasadas.
- Poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa provincia a través das
mulleres rurais.
- Ofrecer unha mirada positiva e realista sobre a situación actual do mundo rural.
- Propoñer estratexias de coñecemento e posta en valor do medio rural.
28
ACTIVIDADES
A memoria nun mandil
Presencial/Online
Todos os públicos
O mandil empregado polas mulleres rurais converteuse, co paso do tempo, nun
auténtico símbolo de identidade. Dora a Desbrozadora, esa personaxe entrañable de
Luis Davila O Bichero, converteu en icono o seu mandil; e en moitas vilas galegas
podemos ver graffitis xigantescos de mulleres bravas vestindo a prenda con orgullo.
Así pois, o mandilón deixou de ser unha simple vestimenta para transformarse nunha
especie de armadura que garda a memoria da muller rural, unha sorte de capa de
heroína que reflicte tradición, traballo, loita e dignidade a modo de superpoderes.
Con esta actividade queremos convidarte a explorar todo o que un mandilón pode
ofrecer e crear aquel que será o noso propio.
RuralizARTE. AgroCultura: Museo, territorio e comunidade.
Presencial /Online
Todos os públicos
Itinerarios dialogados onde compartiremos experiencias sobre o mundo rural e o traballo
das mulleres nos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo.
A SAÚDE MENTAL. Un dereito necesario
MAÑÁ PODES SER TI
A arte e a creatividade levan consigo a capacidade de mellorar as nosas vidas, ao ser
canles coas que expresar nosos pensamentos, sentimentos e vivencias. Mirar unha obra
de arte implica evadirse do mundo material para dirixir a nosa mente cara ao imaxinado
mais, en ocasións, a ollada dá a volta cara ao noso interior e, nese momento, buscamos
unha relación entre nós e a peza, poñendo en evidencia o que sentimos ao contemplala.
En liña con esta reflexión, un estudo da Organización Mundial da Saúde (OMS)
(https://www.euro.who.int/en/publications/abstracts/what-is-the-evidence-on-the-role-
of-thearts-in-improving-health-and-well-being-a-scoping-review-2019) recoñece o
importante papel das artes na mellora da saúde e o benestar, tanto na prevención da
enfermidade como na xestión e tratamento, e indica que ese papel se debería seguir
fomentando cun compromiso artístico a todos os niveis, así como apoiando a
colaboración intersectorial.
29
A saúde mental e a arte estableceron desde sempre fortes conexións, desde un extremo
como é a estigmatización da arte contemporánea como “arte provocada pola tolemia”,
ata o outro, onde os museos máis modernos apostan por deseños que acompañan á
meditación.
Do mesmo xeito, son moitos os/as artistas ao longo da historia que padeceron
enfermidades mentais e reflectiron o seu sentir por medio da arte, o que fomentou a
construción cultural do/da artista de éxito como unha persoa de carácter atormentado e
de espírito revolto, atribulado polas súas emocións. Esta concepción dos “xenios/as da
arte” asociada ao desequilibrio mental propiciou a creación dunha visión romántica da
enfermidade mental coa que temos que rachar: non debemos confundir a
desestigmatización da enfermidade coa súa mitificación; a mellor maneira de entender
obra destes/as artistas é como medio para identificar emocións, para aprender a
xestionar o que sentimos, para visibilizar a importancia da saúde mental e para darnos
conta de que calquera persoa pode padecer unha enfermidade mental nalgún momento
da vida.
Co fin de romper co tabú que envolve ás enfermidades mentais e co propósito de
desvelarnos como seres conscientes das súas emocións, creamos esta unidade na que
as coleccións dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo actúan como
mediadoras e espellos nos que recoñecernos. Propoñemos un conxunto de actividades
nas que, tanto participantes individuais como colectivos que traballan no eido da saúde
mental, crearán e difundirán novos relatos e formas de entender a arte como vehículo
de transmisión dunha importante mensaxe: MAÑÁ PODES SER TI.
OBXECTIVOS
- Concienciar sobre saúde mental a través das coleccións dos Museos da Rede
Museística Provincial de Lugo.
- Romper cos estereotipos asociados ás enfermidades mentais.
- Visibilizar a importancia da educación emocional e de traballar a empatía.
- Mellorar a calidade de vida das persoas con estratexias de creatividade na arte.
- Fomentar o espírito crítico na mirada das e dos visitantes ao museo.
ACTIVIDADES
EmocionARTE
Presencial
Público adulto e todos os niveis de escolares
Os seres humanos estamos compostos de emocións diversas, sinxelas e complexas.
Algunhas coñecémolas ben, outras son máis difíciles de identificar. Con esta actividade
falaremos das emocións, recoñecerémolas nas obras dos museos da Rede Museística
Provincial de Lugo e trataremos de darlles forma a través da creación artística. O
resultado poderá ter formato de vídeo, colaxe ou texto, a prol de darlle visibilidade a
estes procesos e que outras persoas poidan sentirse tamén representadas.
30
A árbore da vida
Presencial e online
Todos os públicos
A saúde é como unha semente que medra coa axuda e os coidados de todas e todos.
Por iso creamos esta árbore que vos recibirá en cada museo da Rede Museística
Provincial de Lugo, na que poderedes deixar comentarios, vivencias, anotacións ou
desexos relacionados coa saúde mental que sirvan de alento para outras persoas.
Para participar desde a modalidade online poderedes achegarnos as vosas mensaxes
por correo electrónico ou a través das nosas redes sociais.
Unha rede de emocións
Redes Sociais
Todos os públicos
A través das redes sociais compartiremos obras do noso percorrido emocional polos
catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Nesas publicacións abertas á
participación reflexionaremos sobre diferentes sentimentos e emocións que nos
espertan as obras e os seus relatos.
Serán benvidas outras imaxes que de xeito particular se queiran compartir baixo o
cancelo #RedeEmocións
Itinerarios invisibles
Presencial
De 10 a 14 anos
O museo é un gran laboratorio de experimentación. Con esta actividade os rapaces e
rapazas converteranse en profesionais da Rede Museística Provincial de Lugo, como
comisarios e comisarias dunha grande exposición para a que seleccionarán pezas das
nosas coleccións que falen de emocións como a alegría, a tristeza, a soidade, a
angustia, o estrés, etc. Quedarán sinaladas con puntos de cores.
Igualmente, elixirán aquelas que lles suxiran calma e acougo, coas que deixaremos feito
un percorrido que se incluirá no itinerario habitual dos museos.
31
TAPAS DE CULTURA
Na Rede Museística Provincial de Lugo rematamos o verán ofrecendo “Tapas de
cultura”, visitas presenciais de curta duración ás principais salas de cada un dos nosos
museos, excepto no Pazo de Tor, onde se visitará a exposición “Viaxe no Tempo”.
Durante 15-20 minutos cada día, iremos compartindo as historias, os segredos e os
pormenores das pezas que conforman as nosas coleccións.
Se queres participar, contacta con nós en comunidadermpl@gmail.com
32
“MULLERES ARTISTAS: 500 ANOS”, con Virginia Ribas
Data: 18 de outubro
Idades: Todas as idades
Horario: De 17:00h a 20:00h
COIDÁNDONOS EN REDE
O autocoidado persoal, físico e emocional é un dos piares do noso benestar por iso
debemos incentivalo nxs nenxs desde unha idade temperá.
Partindo desta premisa, desde a Rede Museística ofrecemos unha serie de actividades
variadas que teñen como obxectivo ensinar axs nenxs a ser partícipes e conscientes de
que deben coidarse e fomentar o autocoidado e a autonomía, algo sumamente
importante para a súa felicidade e calidade de vida futura.
Datas: de martes a venres a partir do 15 de setembro
Idades: De 5 a 8 anos (primeira quincena de cada mes)
De 9 a 12 anos (segunda quincena de cada mes)
Horario: De 17:00h a 19:00h
Aforo reducido.
PROGRAMA DE NADAL
Diferentes actividades coas que se pretende que este período de lecer sexa tamén,
amais de entretemento, de aproveitamento para coñecer un pouco mellor os fondos dos
museos da Rede. Cada museo ten características e contidos diferenciados polo que as
actividades que se ofertan son tamén singulares.
Datas: 23 e 29 de decembro e 3 de xaneiro
Horario: De 17:00h a 19:00h
Idade: Todas as idades.
33
“Á MANEIRA DE ROMÁN CORBATO”, con Román Corbato
Taller que propón, a través do debuxo e a escultura, repensar a idea do refuxio desde
un punto de vista artístico, empregando materiais cotiáns.
Data: 14 de setembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 17:00h a 20:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
DEBUXANDO A NATUREZA, con Mariana Roura
Plasmaremos especies e paisaxes relacionados coa Fortaleza San Paio de Narla,
indagando en novos coñecementos e técnicas.
Data: 21 e 28 de setembro
Idades: A partir de 10 anos
Horario: De 17:00h a 20:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
DOS PIES PARA DOS
Resumo: “Dos pies para dos” é un dúo creado por un bailarín belga e unha bailarina
vasca, que invita ao público a adentrarse nunha viaxe onde a necesidade de continuar
nos deixa ver un constante fluxo, capaz de non parar grazas á cooperación. Trata de
compartir unha relación de dous corpos distintos, que a pesar de todo, ofrecen o seu
corpo e se deixan tomar polo outro para compartir unha visión da fina liña que hai entre
o corpo como lugar de loita, ou como lugar de colaboración.
Data: 24 de setembro
Horario: Ás 17:30h (15 minutos + coloquio)
34
Compañía: Duo Olaia & Gilles.
Peza: Dos pies para Dos.
Idea e interpretación: Gilles Noël y Olaia Valle.
Ollo externo: María Ibarretxe.
Música: Miren Lizeaga, Jone Amezaga, Ioritz Galarraga, Gilles Noël y Olaia
Valle.
Residencias: Utopian Getxo, Azkuna Zentroa, Punto de Fuga.
Colabora: Gobierno Vasco, Dantzan Bilaka.
BONECA DE MILLO
Setembro é mes de colleitas, e por iso, voltaremos ao pasado para facer unha fermosa
boneca de millo, un dos xoguetes máis prezados para xs pequenxs de antano e ao
mesmo tempo, amuleto para atraer abundancia aos fogares.
Data: 25 de setembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
FACEDORAS DE VIDA
Homenaxe as mulleres rurais a través de testemuños reais dispostos nas nosas salas
que van narrar a súa historia de vida empregando a fotografía e a palabra.
Elas serán a semente dun arquivo fotográfico que imos realizar ca comunidade do
Museo Fortaleza San Paio de Narla ao longo do ano.
Data: 15 de outubro, Día da Muller Rural
Idades: Todas as idades
Horario: De 16:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
35
SAMAÍN
Vivos e mortos bailaran a noite do 31 de outubro nas inmediacións da Fortaleza San
Paio de Narla, festexando unha das festas paganas con máis tradición na Galiza, o
Samaín.
Data: 31 de outubro
Idades: Todas as idades
Horario: A partir das 16:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
CONTOS AO CARÓN DO LUME
O frío do inverno e o lume da cheminea son o escenario perfecto para que xs nosxs
avxs narren e reciten historias, historias que van trasladarnos a un imaxinativo
mundo máxico, e que mellor escenario que o noso museo.
Data: 20 de novembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
OBRADOIROS DE NADAL
A tradición é parte da nosa identidade, e este Nadal imos seguir traballando para que o
pasado estea máis presente ca nunca.
TEAS, TESOIRAS, IMAXINACIÓN...E ACCIÓN
Nestas datas imos traballar na tradición do Nadal elaborando os roupaxes e o
decorado do evento que vai ser o colofón dun fermoso ano, o PESEBRE
VIVENTE.
Data: 11 de decembro e 18 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
36
PESEBRE VIVENTE
Data: 23 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 16:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
TRASTADAS INOCENTES
Xogo de pistas. Muricego e a súa axudante dedicarónse a facer trastadas no Museo
Fortaleza San Paio de Narla, seredes quen de devolver o museo ao seu estado
habitual?
Data: 28 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
CANTOS DE REIS
Cantos e sorrisos inundarán as rúas de Friol da man dxs nosxs pequeamigxs,
encargados de recuperar unha tradición tan fermosa como os Cantos de Reis.
Data: 5 de xaneiro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
37
DOS PIES PARA DOS
Resumo: Dos pies para dos é un dúo creado por un bailarín belga e unha bailarina
vasca, que invita ao público a adentrarse nunha viaxe onde a necesidade de continuar
nos deixa ver un constante fluxo, capaz de non parar grazas á cooperación. Trata de
compartir unha relación de deous corpos distintos, que a pesar de todo, ofrecen o seu
corpo e se deixan tomar polo outro para compartir unha visión da fina liña que hai entre
o corpo como lugar de loita, ou como lugar de colaboración.
Data: 26 de setembro
Horario: Ás 12:30h (15 minutos + coloquio)
Compañía: Duo Olaia & Gilles.
Peza: Dos pies para Dos.
Idea e interpretación: Gilles Noël y Olaia Valle.
Ollo externo: María Ibarretxe.
Música: Miren Lizeaga, Jone Amezaga, Ioritz Galarraga, Gilles Noël y Olaia
Valle.
Residencias: Utopian Getxo, Azkuna Zentroa, Punto de Fuga.
Colabora: Gobierno Vasco, Dantzan Bilaka.
MagosTor
O outono tamén é tempo de colleita. O castiñeiro, fermosa árbore que tanto deu e nos
dá, está presente en cada recuncho do Pazo. I seu froito, sorpresa dun ourizo, habita a
memoria de cadaquén, e evoca as texturas propias desta estación, crepúsculo do verán,
anticipo do inverno. O magosto é a expresión lúdica, cultural da caída das follas. Logo,
que mellor homenaxe que facer un magosto e compartir o seu froito, as súas receitas e
refraneiros. Cultura outoniza, ao fin e ao cabo.
Data: sábado 9 de outubro
38
Horarios: 12:00h
Idades: Todas as idades
O cogomelo, a colleita silvestre
Os labores no Pazo parece que non rematan nunca; cada época debía de ser
aproveitada ben para a sementeira, para o coidado e a colleita, mais os cogomelos son
bastante “seus” e segundo o tempo aparecen aquí e acolá. Iremos á procura deles para
facermos a nosa pescuda sobre as calidades de cada un, cales son aptos para o seu
consumo, como collelos e onde se acubillan. Así que caderno en man e a explorar!
Data: sábado 30 de ouutbro
Horario: 16:00h
Idades: Todas as idades
Pan de forno
O Pazo de Tor conserva o seu muíño de auga e dous fornos onde se cocía o pan, base
da alimentación da humanidade dende hai miles de anos. Pero para telo pasabase
traballiño. O máis agradecido do proceso, que experimentaremos aquí, era o de
amasalo e mandalo para o forno, aínda que con moito tino! Que maior ledicia que facer
o noso boliño de Pan!
Data: sábado 13 de novembro
Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
As postais, ulas?
Hoxe, coas novas tecnoloxías, coa dixitalización perversa da realidade física, mudou o
xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos. As
postais de Nadal tiñan a nosa impronta, o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu
reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor, ou a nostalxia
por algunha ausencia querida, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de
gravado.
Data: sábado 18 de decembro
Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
39
A luminaria en Tor
Un Obradoiro moi recurente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis
por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial,
imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. Achégate a
decubrilo!
Data: xoves 23 de decembro
Horario: 12:30h
Idades: Todas as idades
40
PEIXES RAROS, RAROS, RAROS.
A natureza sorpréndenos moi habitualmente con especies do máis curiosas e
singulares.
Mergullarnos polo medio dalgunhas das que habitan as augas mariñas e deixar navegar
a nosa creatividade será o noso reto desta volta.
Data: 2 de outubro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
SAMAÍN NO MUSEO DO MAR
A Costa Cantábrica está moi ligada á celebración de orixe Celta do Samaín, esa noite
na que o Mundo dos Vivos e dos mortos coinciden.
É por iso que no Museo Provincial do Mar propoñemos a xs nosxs Pequeamigxs un
Samaín Mariño.
Data: 31 de outubro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
IMPOSIBLES? NON!!!!!
Cales son as nosas fortalezas?
Cales as nosas debilidades?
Onde está o límite das nosas capacidades?
Que podes facer ti para conquerir unha sociedade inclusiva e normalizada?
Imos pensalo e reimaxinalo.
41
Data: 27 de novembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
MIGRAR, OUTRO XEITO DE VIAXAR
Hai moitas especies que na procura do alimento e de climas máis benévolos emprenden
longas rutas polo mar ou polo aire.
As persoas, como unha especie máis das que conformamos o Planeta Terra, tamén nos
vemos obrigadas en ocasións a viaxar a novos lugares na procura de novas
oportunidades de vida.
Guerras, catástrofes, necesidades económicas... son algunhas das causas que nos
empuxan a iniciar esa viaxe para a que imos a preparar a nosa equipaxe.
Data: 18 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
NO NADAL A MUSEAR
·CAMIÑOS DE ESTRELAS
Desde fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros
de terra e mar.
Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e nos
ímonos encargar de buscar as que brilan no noso pedazo de ceo.
Data: 29 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE
Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos días medíu o paso
do tempo.
Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan será
a nosa meta neste case derradeiro último día do ano.
Data: 30 de decembro.
42
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
43
44
MEMORIA E DISCAPACIDADE
COÑECELAS É RECOÑECELAS.
Posta en valor da memoria individual das mulleres con discapacidade da provincia de
Lugo.
As memorias e saberes populares conforman parte do noso patrimonio inmaterial e ao
recuperar esas memorias estamos a recuperar unha parte do noso patrimonio, xa que
moitos dos microdiscursos, neste caso os das mulleres con discapacidade nunca
formaron parte dos relatos e discursos das élites que se recollían nos museos.
A partir do día 18 de setembro, data na que se celebran as Xornadas Europeas do
Patrimonio, comezaremos unha serie de conversas e entrevistas con mulleres con
discapacidade da provincia de Lugo nas que unindo oralidade e tecnoloxía darán como
resultado un mapa sonoro das voces xeolocalizadas destas mulleres que
presentaremos o día 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, para coñecer
e visibilizar, comprender e recoñecer os procesos vitais das mulleres con
discapacidade.
IMAXINANDO ÁS ESCURAS
Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da Rede
Museística Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a saír do confort
dos nosos muros, a deixar que sexan as persoas as que expoñan as súas necesidades
e preferencias, a adaptarnos a satisfacer esas necesidades e preferencias, levamos de
novo a riqueza patrimonial das nosas coleccións ao colectivo de persoas cegas e con
discapacidade visual da ONCE de Galicia.
Estas visitas que se engloban baixo o nome de “Imaxinando ás escuras”, faranse en
modalidade online mediante a plataforma ZOOM, un dos sistemas que nos vimos
obrigadxs a usar durante os momentos nos que a pandemia forzou o peche físico dos
nosos museos, pero que ten demostrado que sen substituír a presencialidade, é un
medio que tamén presenta vantaxes á hora de difundir e dar a coñecer o noso patrimonio
e de manternos en contacto e activo coa nosa comunidade.
As tres próximas visitas programadas para os meses de outubro e novembro son:
Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla.
Data: 19 outubro.
Horario: 12:00.
45
A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do Mar.
Data: 9 de novembro.
Horario: 12:00.
A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo.
Data: 23 de novembro.
Horario: 12:00.
PROGRAMA COLABORACIÓN CON ALUME
Os museos da Rede son de todos e todas e para todos e todas. Partindo desta premisa,
resulta esencial o vínculo co terceiro sector, unha unión que se materializa neste caso
nun programa en colaboración con ALUME e que consiste nunha serie de actividades
entre as que destacan as visitas inmersivas.
46
47
MEMORIA E MIGRACIÓN
Proximidade Llunyana
Muller, rural, memoria e migración. A realidade da migración Lugo-Barcelona no
século XX.
Día do Migrante: 18 de decembro
48
49
PROXECTOS
“Recolectoras” Memoria e Terra.
50
Breve introdución:
O proxecto “Recolectoras” configúrase motivado pola proximidade do 15 de outubro, día
internacional da muller rural, en formato de creacións colaborativas da man de mulleres
artistas contemporáneas do tecido cultural galego, para crear unha conversa coa
comunidade, cos espazos naturais, co patrimonio e as coleccións dos Museo da Rede
Museística.
Percorrendo os concellos do interior de Lugo coa intencionalidade de achegar o arte e
da actividade contemporánea a terreos con índices de despoboación severos e por en
valor as súas mulleres, a súas historias e o seu (e nosos) patrimonio natural e inmaterial.
Muller e rural:
A figura feminina será a nosa necesaria protagonista motivadas polo día internacional
da muller rural (15 de outubro) enmarcado dende 2007 por Naciones Unidas. O longo
da historia a figura feminina neste sector ten protagonizado a vendima, a recollida da
castaña, etc, mais pesares de estar presentes na loita polo acceso á terra, estas
mulleres foron invisibles e non puideron ser propietarias do seu traballo.
Preténdese por en primeiro plano, de forma transversal, o coidado e traballo da nosa
contorna natural da man destas traballadoras, o problema ante a despoboación en
concellos do interior galego, a reivindicación do sector agrario como base económica da
nosa sociedade, valorar a importancia dos nosos espazos naturais e visibilizar e poñer
en valor a presenza das nosas mulleres artistas, así como a transcendente capacidade
do arte para xerar redes fortes e eternas que poñen no foco as persoas. Dende a
experimentación e o achegamento á arte contemporánea coma unha canle de conversa
unitaria, configuraremos creacións artísticas colectivas que outorguen presencia e
reivindicación os relatos destas mulleres e das súas vivenzas.
O programa:
A proposta “Recolectoras” nace en formato de “obradoiros e produción” percorrendo
diversos concellos do interior de Lugo, nos cales a cidadanía poida compartir a súa
realidade e memoria experiencial na contorna rural mediante a relación directa con
artistas contemporáneas, e xunto as cales configurarán o proxecto que represente a
permanencia de dita memoria.
As xornadas:
O programa configúrase en dous xornadas de obradoiros e produción temáticos, cada
un deles protagonizados por unha artistas do tecido cultural galego. Dende a pintura, o
gravado, a escultura e a performance, preséntanse catro xornadas de creación
compartida de sete horas de duración. Iniciando no mes de outubro e finalizando o
proxecto no mes de decembro cunha exposición colectiva dos resultados nun dos
Museos da Rede Museística.
51
Proposta de temporalidade:
Primeira quincena de outubro: viaxes ao territorio de mediación
9 novembro: Artista - xornada de creación coa comunidade ou obradoiro colaborativo.
Exemplo de temporalidade: de 10-13h // 16-20h.
10 novembro: Artista - xornada de creación coa comunidade ou obradoiro colaborativo
Exemplo de temporalidade: de 10-13h // 16-20h.
10 de xaneiro de 2022: inauguración da exposición dos traballos
Finalización do proxecto:
O proxecto culminará coa exposición colectiva dos resultados nunha das sedes da Rede
Museística Provincial. No deseño expositivo preténdese presentar, as creación
contemporáneas emerxidas das xornadas, os relatos que deron lugar a estas creacións,
o proceso da súa formalización e, sobre todo, as persoas que se agochan tras estas tan
importantes testemuñas.
Dita proposta expositiva configúrase en conversa cos fondos da colección dos museos,
tendo en conta o patrimonio que estes custodian e o ligado, física e emocionalmente
que as pezas etnográficas e artísticas están cos relatos do noso proxecto. Xerando
deste xeito un proxecto expositivo que pon en valor, xa non únicamente a motivación
que o crea, senón tamén as institucións que son responsables da súa creación e da
permanencia da memoria histórica e cultural que define o territorio Lucense.
Provisionalmente proponse para inicios de decembro para non adentrarnos en datas e
festividades de Nadal. Creando o perfecto peche para o proxecto e iniciando o vindeiro
2022 cunha nova ollada arredor das nosas mulleres do rural e tendo iniciado unha
(agardamos) lonxeva conversa coa nosa contorna natural, as figuras que o crean, os
concellos que as definen e as artistas que participan de dita conversa. Pensando na
nosa Galiza e na inmensa historia, cultura e arte que a configuran.
Os concellos:
Como temos mencionado o longo do proxecto. preténdese percorrer os concellos rurais
do interior da provincia de Lugo. Prestando especial atención a aqueles que teñen un
índice de poboación decrecente nas estadísticas dos derradeiros anos.
A selección dos concellos variará en función da dispoñibilidade que estes poidan ter (ou
consideren) de cara a participación no proxecto.
Este proxecto pretende a maiores da nosa temática inicial, conversar sobre a loita contra
a despoboación no rural galego, poñendo en valor a súa contorna natural como centro
turístico así como o coidado e traballo deste patrimonio natural.
As artistas:
A selección de artistas baséase nunha proposta multidisciplinar e multixeracional de
mulleres que forman parte do noso tecido cultural galego. Creando en conxunto un
52
achegamento diverso a técnicas, disciplinas e formalizacións cun marcado carácter
social.
Deste xeito propoñemos as seguintes creadoras:
Ana Gesto: Performance (acción colaborativa).
María Gar: Artista gráfica e instalativa (obradoiro de creación colaborativa) .
Isabell Seidel: Pintora (pintura en base a memoria da comunidade) .
Andrea Torres: Escultora (obradoiro de creación colaborativa).
53
EXPOSICIÓNS
54
Viaxe no tempo
Lugar: Pazo de Tor
Data: do 1 ao 30 de setembro
A partir do día 1 de setembro pode visitarse no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
a exposición Viaxe no Tempo. Esta mostra, patrocinada pola Área de Cultura da
Deputación de Lugo e coordinada pola Rede Museística da Deputación de Lugo, é o
resultado dun proxecto de recompilación de imaxes fotográficas antigas doadas polos
e polas habitantes de Barreiros e Ribadeo para a súa dixitalización, restauración e, en
casos concretos, o seu coloreado. Fíxose unha convocatoria a través das redes sociais,
coa colaboración dos Concellos de Barreiros e Ribadeo, convidando á participación. As
fotografías, unha vez recollidas e escaneadas, foron devoltas aos seus propietarios e
propietarias, o que permitiu traballar na versión dixital. Unha vez dixitalizadas,
ordenáronse e catalogáronse, grazas ao cal logrouse facer esta selección coa que
podemos volver atrás no tempo e descubrir o pasado destes municipios.
Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción
Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria.
Colabora a Rede Museística Provincial de Lugo. Operación cofinanciada pola Unión
Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE). O FSE inviste no teu futuro.
Con esta mostra, a Rede Museística da Deputación de Lugo incide no lema do ICOM
para este ano de Recuperar e reimaxinar a través do seu programa de Vencellos coa
memoria.
Dentro do Programa Recuperar e Reimaxinar:
o Inauguración da exposición “Un mundo dous mundos” de María
Jesús Pérez Carballo
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Data: 4 de outubro
Horario: 12:00h
o Inauguración da exposición de Dolores Guerrero
55
A Ulloa. Fotografías centrípetas
Lugar: Sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo
Data de inauguración: 15 de outubro
Resumo: O Instituto de Estudos Ulloáns organiza unha exposición fotográfica que pon
en diálogo diferentes olladas de mulleres vencelladas á Comarca da Ulloa sobre o seu
territorio. As propostas fotográficas parten todas elas dunha reflexión, crítica ou posta
en valor dalgún aspecto relacionado coa Comarca da Ulloa. A seguinte exposición
colectiva irá acompañada, ademais, dun libreto informativo que contextualice cada una
das propostas no seu marco de referencia procurando dar cabida á reflexión das autoras
e dende as perspectivas social, histórica, pedagóxica e/ou territorial.
Somos unha Rede
A Rede Museísitica Provincial foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano
206, e aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación
Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo-
Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar. Malia que cada museo
posúe a súa identidade e carácter propios, os catro traballan en rede dentro dun
modelo de xestión que fomenta vínculos e aproveita recursos, dunha forma
sostible e responsable. Partindo desta base, presentamos unha exposición na
que pezas dun museo se van a expoñer noutro, así ata completar a Rede. Un
exemplo disto é un bando de Carpintería de Ribeira do Museo Provincial do Mar
que vai estar exposto no Pazo de Tor.
56
57
XORNADAS E CONFERENCIAS
XORNADAS: REDE DE MUSEOS, REDE DE PERSOAS.
REVISITANDO 15 ANOS DE PERCORRIDO.
Data 17 de decembro
XORNADAS EUROPEAS DO PATRIMONIO
Data: 18 e 19 de setembro
SANTA EULALIA DE BÓVEDA: DATACIÓNS ABSOLUTAS DUN
EDIFICIO SEN CONSENSO.
Resumo: Tras transcorrer case un século desde o seu descubrimento en 1926, Santa
Eulalia de Bóveda (Lugo) segue sendo un controvertido edificio tanto desde o punto de
vista da súa funcionalidade como da súa cronoloxía. O obxectivo deste equipo de
investigación foi levar a cabo un estudo pormenorizado de diferentes materiais
construtivos empregados no edificio, coa intención de tentar obter unha cronoloxía
absoluta para as distintas fases identificadas grazas á lectura de paramentos
desenvolvida no ano 2008. Realizouse unha caracterización detallada dos morteiros
conservados, e a datación por Luminiscencia Ópticamente Estimulada (OSL) e
radiocarbono de morteiros e termoluminiscencia (TL) e OSL de ladrillos. O estudo
destes materiais foi complexo, en parte, por tratarse do primeiro exemplo no que esta
técnica se aplicou de forma sistemática en Galicia, en parte, porque o edificio foi
sometido a diferentes restauracións e tratamentos de conservación ao longo do tempo
que alteraron en gran medida os morteiros de cal do mesmo nas xonas máis expostas.
Na actualidade, grazas á experiencia acumulada noutros exemplos galegos dentro de
distintos proxectos de investigación, e a financiación obtiva da Fundación Palarq para
desenvolver un traballo de datación específico do monumento e dos restos de pintura
da desaparecida bóveda central conservados no Museo Provincial de Lugo, puidemos
volver a traballar cos resultados preliminares e con novos datos. Tras desenvolver
finalmente un total de 40 datacións, o que o convirte no edificio mellor estudado dende
esta perspectiva a nivel mundial, estamos en condicións de compartir os resultados das
mesmas e abrir un novo debate sobre este monumento a partir xa de conclusións
definitivas.
Conferenciantes: Rebeca Blanco-Rotea (Grupo de Investigación Síncrisis, USC), Jorge
Sanjurjo Sánchez (Unidade de Xeocronoloxía - Instituto Universitario de Xeoloxía,
Universidade da Coruña - UdC), David Freire Liste (University of Trás-os-Montes e Alto
Douro - UTAD)
Lugar: Museo Provincial de Lugo (sala de mosaicos)
Data: 23 de setembro
Hora: 19.30-21.00
58
MESA REDONDA COA REDE LUCENSE DE VOLUNTARIADO
Data: 2 de decembro
SUBMARINOS ALEMÁNS NA MARIÑA LUCENSE. Charla impartida
Juan Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia pola USC
Data: 20 de novembro
Horario: 19:00h
Lugar: Museo Provincial do Mar
UN DÍA A BORDO NA ARMADA BORBÓNICA DO SVIII. HOMES
E MULLERES NO MAR GALEGO. Charla impartida por José María Leal
Bóveda, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo.
Data: 20 de novembro
Horario: 19:00h
Lugar: Museo Provincial do Mar
59
60
EVENTOS
Preestreno Webserie Ronsel de Futuro
Data: 30 de setembro
Horario: 20:30h
Lugar: Facultade de Humanidades
Presentación Artigo Sorriso de Daniel
Data: 3 de outubro
Presentación do Proxecto de Mónica Alonso dentro do Cabodano do
Centro de Estudos Fotográficos (CEF)
Asistirán Manuel Sendón, comisario do proxecto, Mónica Alonso, artista, Maite Ferreiro,
vicepresidenta Deputacion, Encarna Lago, RMPL, e Aurelia Balseiro, MPL
Data: 8 de outubro
Horario: 17:30h
Lugar: Museo Provincial de lugo
Estreno Webserie Ronsel de Futuro
Data: 21 de outubro
Hora: 20:30h
Lugar: Cinema Numax en Santiago de Compostela
Presentación Publicacións e Artigos Boletín da Rede Museística Provincial
de Lugo. Memoria 15 anos da Rede Museísitica Provincial de Lugo.
Data: 15 de decembro
61
62
CONVITES RECIBIDOS E ACEPTADOS A XERENCIA
o Xornada "Da EMERXENCIA (CREATIVA) organizada polo Consello da
Cultura Galega.
Data: 21 de setembro
Lugar: Santiago de Compostela
o Xornadas Pedagóxicas no MUNAL de México
Data: do 6 ao 10 de outubro
o Curso Museos- Patrimonio Inclusivo organizadas pola Deputación de
Bizkaia.
Data: 26 de outubro
o Participación en mesa de debate sobre museos sociais en Santander.
Data: 26 de outubro
Horario: 19h
Lugar: Santander
o Jornadas Mujeres Rurales y Cultura organizadas por La Ortiga Colectiva
Cantabria.
Data: 27 de outubro
Lugar: Cantabria
o Xornadas sobre Diagnose do Museo Local organizadas pola Deputación
de Coruña en Santiago.
Data: 4 de novembro
Lugar: Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela
o Xornadas Museos e Educación organizadas polo grupo RODA e
o Museo de Pontevedra.
Data: 5 de novembro
63
o Seminario para iniciar colaboración arredor do proxecto europeo
Fenetres sur le paysage para construír unha estratexia para desenvolver
un proxecto europeo de cooperación para os anos 2023-2025.
Data: 16 e 17 de novembro
Lugar: Occitane (Francia)
o Seminario El patrimonio arqueológico y su socialización. Nuevos retos
y propuestas para la educación en igualdad en el ámbito museístico
Museo Arqueologico Nacional .
Data: Día 19 ás 11,15
Lugar: Madrid
PRESENTACIÓN/COMUNICACIÓN A CARGO DE DIRECCIÓN E
PERSOAL DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
o La exposición iberoamericana. Ayer y hoy. Una oportunidad para todos.
Diferentes perspectivas hacia un objetivo común.
Participantes: Aurelia Balseiro García e María Quiroga Figueroa
Data 13 de outubro
Lugar: Sevilla

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Encarna Lago
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...Encarna Lago
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educaciónrmplugo
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
Programa diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoPrograma diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoBibliotecadicoruna
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOaquintadoslibros
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaFati Veloso Blanco
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Encarna Lago
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOEncarna Lago
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Encarna Lago
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEEncarna Lago
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversarioguest685315df
 

Was ist angesagt? (20)

Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
 
Creatividade 2014
Creatividade 2014Creatividade 2014
Creatividade 2014
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Programa diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoPrograma diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galego
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e biblioteca
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
 
Crea o teu museo
Crea o teu museoCrea o teu museo
Crea o teu museo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
 
Memoria2013 tor
Memoria2013 torMemoria2013 tor
Memoria2013 tor
 

Ähnlich wie Programación da Rede Museística Provincial de Lugo

Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaEncarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaMemoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaEncarna Lago
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Marlou
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOEncarna Lago
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migraciónrmplugo
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoPSM
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 

Ähnlich wie Programación da Rede Museística Provincial de Lugo (20)

Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristina
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaMemoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 

Mehr von Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

Mehr von Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

Programación da Rede Museística Provincial de Lugo

  • 1.
  • 2. 1 ÍNDICE Introdución …………………………………………………………………………… 2 Programación escolar ………………………………………………………………. 3 - Actividades comúns para os catro museos ………………………………. 5 - Museo Provincial de Lugo ………………………………………….……... 15 - Museo Fortalezas San Paio de Narla ……………………………….…… 19 - Pazo de Tor …………………………………………………………….…… 22 - Museo Provincial do Mar ………………………………………….……….. 24 Programa extraescolar …………………………………………………………….. 26 - Actividades comúns para os catro museos ……………………………… 27 - Museo Provincial de Lugo ………………………………………………….. 32 - Museo Fortalezas San Paio de Narla …………………………………….. 33 - Pazo de Tor ………………………………………………………………….. 37 - Museo Provincial do Mar …………………………………………………… 40 Memoria e Discapacidade …………………………………………………………. 43 Memoria e Migración ……………………………………………………………….. 46 Proxectos ……………………………...…………………………………………….. 48 Exposicións ………………………………………………………………………….. 53 Xornadas e conferencias …………………………...……………………………… 56 Eventos ………………………………………………………………………………. 59 Proxección externa ………………………………………………………………… 61
  • 3. 2 INTRODUCIÓN Desde a Rede Museística Provincial de Lugo lévase a cabo un modelo de xestión próximo, en diálogo permanente coa sociedade. O obxectivo é converter os museos en lugares de encontro, accesibles e inclusivos polo que fortalecer o vínculo coa sociedade é esencial. Para conseguilo tratamos sempre de responder ás novas demandas xeradas por unha realidade cambiante e en constante evolución, Poñemos o foco nos coidados, no autocoidado e no coidado dos demais, e ofrecemos unha serie de actividades que non van destinadas a determinados colectivos senón que son accesibles na súa totalidade. Presentamos a continuación unha programación integral para o último trimestre do ano 2021. Ten dous eixos principais: por un lado, preténdese dar visibilidade a unha figura tan esencial como é a muller rural e, por outro, trátase de aprender a coidar a mente.
  • 4. 3
  • 5. 4 PROGRAMACIÓN ESCOLAR A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2021-2022. Como cada ano, o obxectivo primordial que perseguimos é achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle. Consideramos que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha tarefa divertida, polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma. Do mesmo xeito, conscientes da nova realidade que vivimos por mor da COVID-19, ofrecemos actividades que poden ser realizadas tanto presencialmente nos museos coma de xeito virtual, e mesmo en ambos formatos. Ademais, contamos con "maletas viaxeiras" dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os centros escolares cargadas de coñecemento e diversión. O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer lazos coa comunidade educativa, e afronta con ilusión este novo curso escolar. Descubre a nosa programación e contacta con nós na plataforma educativa: www.comunidadermpl.es
  • 6. 5 VISITA DE INICIACIÓN AO MUSEO A Rede Museística Provincial ofrece aos centros escolares “visitas de iniciación” a cada un dos catro museos que a integran: Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar. Ditas visitas poderán ser presenciais, recibindo ao alumnado no museo, ou inmersivas, empregando os recursos 3D dispoñibles na nosa plataforma educativa. Do mesmo xeito, poderán ser adaptadas a temáticas concretas que sexan de interese para o profesorado ou para o alumnado, sempre que estean en relación coas coleccións expostas. EFECTO ESPELLO: RETRATO, AUTORRETRATO E SELFIE O desexo do ser humano de efixiarse ou inmortalizarse para a posteridade foi unha constante ao longo da historia: a pintura, a escultura ou a numismática son disciplinas nas que o retrato tivo especial relevancia e significado. A invención da fotografía cambiou por completo o concepto e o formato deste tipo de representacións, ata o punto de que, na actualidade, podemos “inmortalizar” a alguén ou facer un “selfie” en calquera momento e lugar. Esta proposta didáctica está enfocada en dar a coñecer, a través das obras expostas nos nosos museos, a historia e evolución do retrato nas diferentes artes plásticas, a intención que hai detrás deste tipo de representacións, o seu significado ou que artistas destacaron por cultivar este xénero. Falaremos de retratos, de autorretratos e da revolución que supuxo o “selfie”, veremos a diferencia entre unha representación calculada ata o máis mínimo detalle e a inmediatez dunha fotografía tomada sen pensar, e preguntarémonos se a intención e o significado de retratarnos variou co paso do tempo ou se, pola contra, segue mantendo a mesma esencia e intencionalidade.
  • 7. 6 Trátase dunha actividade que pode realizarse tanto presencialmente como de xeito virtual, así como en calquera dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo (ou mesmo nos catro):  No Museo Provincial de Lugo Veremos a evolución e os distintos tipos de retrato a través da pintura, a escultura e a numismática: efixies en moedas, bustos, retratos de familia e individuais, representacións de medio corpo e de corpo enteiro, etc. Quen se representa e por que? Como se representa a un rei ou raíña e como ás persoas doutras clases sociais? Que nos queren dicir os detalles dos ambientes e dos espazos nos que se retratan? Reflexionaremos sobre estas cuestións mentres percorremos as coleccións do museo.  No Museo Pazo de Tor Veremos a colección de retratos conservados no pazo, nos que figuran os membros da familia que viviu nel, como a súa derradeira propietaria, Dª María Paz Taboada. Reflexionaremos sobre a importancia deste tipo de representacións nos contextos pacegos e sobre como conforman, xunto co resto do patrimonio conservado no pazo, un auténtico “retrato dun sector social”: neste caso, da fidalguía galega.  No Museo Provincial do Mar O noso Museo do Mar é o “retrato” das xentes San Cibrao e da Mariña Lucense. Cando cruzamos as súas portas recíbenos cos retratos de Dª Manuela Goñi e D. José Mª Fernández, matrimonio migrante que aportou o diñeiro co que se construíu o edificio, que naceu como escola. Tamén contamos co retrato do profesor que iniciou, xunto co seu alumnado, as coleccións que deron orixe ao museo, D. Francisco Rivera Casás. E, por último, na colección de fotografías doadas polos veciños e veciñas da zona, contamos con diversos retratos dos traballadores e traballadoras dos oficios do mar. Falaremos e reflexionaremos sobre o significado de cada tipo de retrato, apreciaremos o contraste entre os retratos de oficios do mar e os “selfies” que adoitamos sacar actualmente na praia e coñeceremos a relación do mar coa disciplina do retrato.  No Museo-Fortaleza San Paio de Narla Os retratos que conservamos en San Paio de Narla móstrannos ás persoas anónimas, aos traballadores e traballadoras do campo que non posan nin se engalanan para ser retratadas, senón que nos mostran os labores da súa vida diaria. Aquí falaremos doutro tipo de retrato, diferente e afastado das fastosas representacións da realeza, da nobreza ou da burguesía; e reflexionaremos sobre a diferenza entre o “realismo” deste tipo de imaxes e a “realidade maquillada” das que consumimos nas redes sociais. Se o Pazo
  • 8. 7 de Tor era un “retrato da fidalguía”, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla é o “retrato da xente do campo”. ESCAPE ROOMS: XOGA EN REDE A Rede Museística Provincial de Lugo oferta varias escape room que teñen como obxectivo achegar á rapazada as diferentes coleccións dos museos de xeito interactivo, lúdico e interdisciplinario. Os xogos escape room son actividades, cada vez máis estendidas, nas que as persoas participantes empregan a lóxica, os seus coñecementos e o enxeño para resolver probas dentro dunha misión que deben completar. Desde a Rede Museística Provincial consideramos fundamental espertar na infancia e na xuventude a curiosidade e o respecto polo patrimonio e, con esta proposta, pretendemos fomentar o descubrimento do patrimonio conservado nos nosos catro museos a través da gamificación ou aprendizaxe baseada en xogos. As nosas escape room compóñense de diferentes xogos, con temáticas específicas, nos que cada participante se mergullará nas coleccións dos museos empregando como plataforma as visitas virtuais 3D das que dispoñemos. Cada aventura está integrada na visita virtual mediante puntos interactivos de cores, nos que se atopan as diferentes probas que se deben resolver. Ademais, todas as escape room contan cunha personaxe que irá guiando á persoa participante durante todo o percorrido ata completar a misión. Dez aventuras para escoller: 1. Lugo romano: Coñecemos a vida da antiga Lucus Augusti da man dunha moza castrexa que se infiltra na cidade. Itinerario: coleccións de arqueoloxía de época romana. 2. Como nos vestimos ao longo da historia: Acompañamos a unha deseñadora de moda a coñecer como vestían os homes e as mulleres dos diferentes períodos históricos. Itinerario: Prehistoria, Cultura castrexa, Roma, Idade Media, Romanticismo e Traxe tradicional galego. 3. Vexo, vexo… e descubro o meu entorno: Axudámoslle a unha xabarina a buscar o lugar ideal para vivir; aprendendo a identificar as diferentes paisaxes, principalmente de Galicia, e os elementos naturais que as compoñen a través das obras do Museo Provincial de Lugo. Itinerario: paisaxe de montaña, paisaxe mariña, paisaxe urbana, paisaxe rural, paisaxe lucense.
  • 9. 8 4. Igualdade: Coñecemos a unha pantasma que vive no Museo Provincial de Lugo e que nos mostra a obra das mulleres artistas que temos expostas. 5. ODS: Coidamos dun planeta Terra que se atopa enfermo con 17 remedios convertidos en misións relacionadas con cada un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Itinerario: percorrido polas coleccións do Museo Provincial de Lugo. 6. Crea o teu museo: Acompañamos a un cadro que acaba de chegar ao Museo Provincial de Lugo para axudarlle a coñecer que é un museo, que tipos de museos existen, quen traballa neles e que coleccións podemos atopar expostas. 7. A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo: Viaxamos ata o mundo medieval para coñecer a vida e sociedade deste período histórico. Acompáñannos catro personaxes: un frade franciscano no Museo Provincial de Lugo, un cabaleiro no Museo-Fortaleza San Paio de Narla, unha campesiña no Pazo de Tor e un carpinteiro de Ribeira no Museo Provincial do Mar. 8. Pazo de Tor: Percorremos as coleccións do Pazo de Tor coa súa derradeira propietaria, Dona Mª Paz Taboada. 9. San Paio de Narla: Intentamos escapar da Fortaleza de San Paio de Narla coñecendo as súas coleccións. 10. Museo do Mar: Coñecemos o patrimonio do Museo Provincial do Mar mentres tentamos salvar á balea Cipriana.  Queres saber máis? Descarga aquí a unidade didáctica da actividade. DIVERSIGUALDADE NA REDE A Rede Museística Provincial de Lugo centra o seu labor nas persoas e, polo tanto, a súa estratexia baséase en buscar canles de comunicación entre os museos e as comunidades na súa diversidade. As coleccións serán, entón, ferramentas sobre as que abrir o diálogo, desde a escoita e a reflexión, para unha educación na tolerancia e o respecto. Afrontar a diversidade desde a familia, a escola e o museo significa traballar na prevención de situacións de acoso, vulnerabilidade e exclusión, tanto nos presentes como nos futuros ciclos educativos para, en definitiva, formar persoas cunha mellor fortaleza social. Esta proposta didáctica xira ao redor de tres eixos fundamentais:  Recoñecer a diversidade sexual e de identidades na nosa sociedade.  Incluír novos relatos sobre as coleccións cos que nos representen a todas/todos/todxs.  Fortalecer as relacións entre a comunidade, os museos e o territorio como lugares onde aprender a ser, a coñecer, a convivir e a facer de forma sostible. Queres saber máis e coñecer as actividades que vos propoñemos? Descarga aquí os nosos cadernos didácticos. Caderno para familias Caderno para o profesorado
  • 10. 9 Caderno para alumnado de 2º de infantil, 1º e 2º de primaria Caderno para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO Caderno para alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato PROGRAMA ESCOLAR SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO Os museos que non serven para a vida non serven para nada, proclama o Movemento para unha Nova Museoloxía (MINOM). A Rede Museística Provincial de Lugo, en coherencia con este principio, traballa desde o territorio, a través do patrimonio e coa comunidade, como espazos abertos á escoita, á re exión, e á tolerancia ante a pluralidade social. En consecuencia, este bloque educativo centrado na Igualdade de Xénero desenvolve accións que afondan nos conceptos de identidade, recoñecemento, visibilidade e respecto, como dereitos funda para a convivencia. Traballaremos varios eixos fundamentais utilizando as coleccións dos museos como medio:  Recoñecemos mulleres artistas.  Valoramos as tarefas atribuídas ás mulleres na Historia, especialmente as dos coidados.  Rachamos cos estereotipos de xénero e destacamos a diversidade de ser.  Identificamos o papel das mulleres no desenvolvemento das sociedades, en especial nas comunidades rurais, desde a ollada do ecofeminismo. Cales son os nosos obxectivos?:
  • 11. 10  Promover a igualdade con perspectiva de xénero entre o alumnado.  Eliminar os prexuízos sexistas fomentando o pensamento crítico e respectando a diversidade de xénero.  Estimular a creatividade para xerar relatos inclusivos dentro do museo.  Aumentar o coñecemento sobre as mulleres artistas na historia da arte.  Recoñecer a historia das mulleres como parte esencial da evolución humana.  Impulsar unha actitude comprometida, ecoloxista e cidadá na defensa dos dereitos humanos.  Acadar as metas da Axenda 2030, e particularmente o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 sobre a Igualdade de Xénero. A nosa programación sobre Igualdade de Xénero inclúe múltiples propostas e actividades, enfocadas e deseñadas especificamente para os distintos ciclos escolares e para as familias. Aquí podes descargar os cadernos didácticos:  Caderno para o profesorado  Caderno para Educación Infantil  Caderno para Educación Primaria  Caderno para ESO  Caderno para BAC  Caderno para familias TRAVESÍA POLA HISTORIA A TRAVÉS DE 4 MUSEOS No ano 1679, Marie Catherine le Jumel, coñecida coma condesa D’Aulnoy, atravesou os Pirineos camiño da península. O primeiro que fixo foi cambiar o seu medio de transporte. Escolleu o máis apropiado para unha orografía e un sistema de estradas, digámoslle, complicadas: unha liteira de mulos, unha sorte de todoterreo de luxo de tracción animal. A madame percorreu o país e, excelente contista, deixou escrito un diario da súa travesía, un documento trufado de anécdotas, impresións e, vaites, tamén imprecisións, que segue a ser de lectura impagábel.
  • 12. 11 Con esta actividade pretendemos que nenos e nenas viaxen cara atrás no tempo, como fixo a condesa, e percorran a provincia de Lugo partindo dos catro museos da Rede Museística Provincial: o Museo Provincial de Lugo, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, o Museo Pazo de Tor e o Museo Provincial do Mar. En cada un dos nosos/vosos museos, hai diversos medios de transporte que nos levan a un pasado de camiños accidentados. Darémoslle ao alumno/alumna dúas opcións para escoller e un obxectivo, unha meta de chegada: ao longo do seu itinerario pola provincia, poderán tomar como punto de partida calquera dos tres primeiros museos que mencionamos, pero terán que chegar a San Cibrao, ao Museo Provincial do Mar. Queres saber como emprender esta aventura? Descarga aquí a unidade didáctica da actividade. CREAMOS CONTOS POPULARES Este proxecto consiste nunha actividade didáctica que emprega obxectos pertencentes ás coleccións da Rede Museística Provincial para crear diferentes tipos de contos populares. Trátase, polo tanto, dunha tentativa de achegar ao alumnado ó patrimonio material da Rede e ao patrimonio inmaterial que supón a literatura de tradición oral galega . A actividade consta de dúas partes presentadas separadamente en dous arquivos PDF, que serán remitidos aos centros educativos que o soliciten. Na primeira, preséntase a actividade e as principais características dos contos populares, de forma que sirva de guía pra a produción de contos que se levará a cabo posteriormente. A segunda parte consiste nun documento interactivo no que se proporcionan distintas opcións (ilustradas con pezas das coleccións da Rede Museística) que o alumnado terá ir seleccionando para desenvolver a súa historia. Por último, cada participante terá unha serie de notas escritas a partir das que poderá narrar o seu conto ao resto da aula. Esta proposta didáctica pode realizarse de xeito virtual ou completarse cunha visita presencial ás coleccións que se traballaron durante a elaboración dos contos.
  • 13. 12 UN RONSEL DE FUTURO:O XOGO DA LITERATURA, O CINE E O TEATRO A TRAVÉS DO MUSEO “Ronsel de futuro” é un proxecto que mira cara o pasado para proxectarse no futuro a través das ferramentas que nos ofrecen o teatro, o cinema e a literatura. Trátase dun proxecto educativo de web-serie, elaborada cos centros educativos que participen nas actividades da programación escolar dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Obxectivos:  Dar a coñecer os nosos museos a través do audiovisual.  Entender a importancia do museo como relator e promotor de historias.  Fomentar a creatividade e creación de contidos audiovisuais, literarios ou teatrais. Como participar? Aqueles centros escolares que realicen algunha das actividades didácticas da nosa programación poderán partipar, se o desexan, na realización desta web-serie. O equipo humano da Rede Museística continuará en contacto co grupo, proporcionándolle as pautas e os recursos para a gravación dun vídeo curto, de 5 ou 6 minutos, que constituirá un capítulo da serie. O alumnado poderá empregar todos os recursos do eido da literatura, o teatro ou o cine para construír un relato baseado na actividade que realizou anteriormente no museo, no que supuxo para el/ela esa experiencia ou no aprendido durante a mesma. Haberá premios para as mellores curtas! Ao remate do curso escolar, coincidindo coa estrea da web-serie, farase unha entrega de premios ás mellores curtas ou capítulos: 1º premio. 2º premio. 3º premio.
  • 14. 13 1º Accésit. 2º Accésit. 3º Accésit. MUSEO VIAXEIRO Dede a Rede Museística Provincial de Lugo buscamos estar sempre preto da comunidade escolar, tecendo lazos con ela e ofrecéndolle propostas educativas diversas, multidisciplinares e inclusivas. Con este fin, este curso presentamos o proxecto “Museo viaxeiro”, unha actividade novidosa que cambia as tornas da relación museo- visitante: nesta ocasión seremos nós quen visitemos os centros escolares! Para iso, contamos con “maletas viaxeiras”; cargadas de materiais educativos, recursos interactivos e toda a esencia dos nosos catro museos. Con esta particular equipaxe, desprazarémonos ata os centros de ensino para plantar a semente dun proxecto didáctico que medrará ao longo do curso escolar e no que o alumnado será o protagonista. Aprenderemos que é un museo, quen traballa nel, como se forman as coleccións, por que é importante conservar o noso patrimonio e de que maneira podemos, a través da historia e da cultura, construír un mundo máis sostible e inclusivo. Trala nosa visita, deixaremos a maleta a disposición da rapazada, que a empregará para crear o seu propio museo traballando conceptos como patrimonio, identidade, territorio, inclusión ou sostibilidade. Finalmente, esa equipaxe que viaxou ata a escola cargada con materiais dos nosos museos, retornará a nós máis grande e pesada, pois traerá novos museos e novas miradas ao patrimonio: as de cada alumno ou alumna. HACKEANDO O MUSEO Os museos cambian do mesmo xeito que o fan os ideais e as motivacións de quen gozan deles. Deben ser espazos inclusivos, universais, cómodos e amables con todo o mundo e para iso é necesaria unha visión ampla, unha mirada que inclúa a perspectiva infantil. Partindo disto, propoñemos hackear o museo, entendendo hackear como a acción de irromper ou ingresar nun sistema e alteralo. Neste caso, presentamos unha actividade na que xs nenxs formulen propostas sobre como debería ser un museo, como
  • 15. 14 o montarían segundo o seu criterio, en que fracasa o museo actual e cal sería o percorrido museolóxico máis inclusivo. A actividade consiste en facer unha visita ao museos dunha maneira pouco habitual, fixando a nosa atención naquilo que soe pasar desapercibido ou mirando o coñecido dunha forma diferente. Trátase de descubrir como o museo pode ser máis vivo e inclusivo fomentando así a curiosidade, o descubrimento, a creatividade e a reflexión e dano axs nenxs a capacidade de ser críticxs. . Como broche final propoñemos crear pezas artísticas que respondan á pregunta: que obxectos nos definen? AGROCULTURA: RURALIZAMOS A ESCOLA! Alumnado de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato Convocamos aos centros de ensino a presentar traballos que salienten o valor do medio rural e o seu patrimonio material, inmaterial e/ou humano. A convocatoria ten como obxectivo promocionar investigacións e proxectos que afonden no coñecemento destes eixos fundamentais e involucren a toda a comunidade, así como recoñecer o papel das mulleres como conservadoras da memoria e axentes de desenvolvemento do territorio. O formato poderá ser multidisplinar, apoiado con medios audiovisuais, instalacións ou publicacións. *A inscrición realizarase no correo electrónico comunidadermpl@gmail.com durante o mes de outubro de 2021 e o prazo de presentación de proxectos rematará en marzo de 2022. *A confirmar
  • 16. 15 LUGO ROMANO “Lugo romano” é unha actividade que pretende achegar ao alumnado a unha etapa fundamental da historia da cidade de Lugo e de todo o noroeste peninsular, desde a instalación do campamento militar romano, pasando pola fundación de Lucus Augusti ata a plena romanización. A metodoloxía que se seguirá nesta proposta é a realización dun percorrido polas distintas salas do museo que atesouran pezas relacionadas coa liña temática sobre o Lugo romano, velaí o itinerario proposto: 1.Claustro: Comezamos o itinerario no antigo claustro do convento de San Francisco. Neste espazo consérvanse as placas fundacionais da cidade, coa inscrición do seu fundador Paullus Fabius Maximus; pezas que marcan o comezo de Lucus Augusti como unha das grandes urbes do noroeste hispano. Ao seu carón atopamos tamén unha seria de aras votivas, que nos amosan o sincretismo entre deuses indíxenas e romanos e nos falan da tolerancia relixiosa romana con respecto a outros cultos (sempre e cando estes non fosen unha ameaza ao statu quo do poder romano). Continuamos cara ás estelas funerarias, facendo fincapé na de Philtates. Esta peza amosa distintas caras da sociedade romana: a importancia da escravitude para a economía, o irrelevante papel político e social das mulleres, a importancia do aspecto físico para as clases altas, etc. Rematamos no claustro vendo o miliario atopado en Friol, seguramente pertencente á Vía XIX. Os miliarios marcaban as distancias en millas e estaban situados nas vías de comunicación que unían as distintas cidades. 2. Sala de mosaicos: Nesta sala vemos os Mosaicos de Armañá e da Domus Oceani, exemplos ambos da importancia das domus romanas. Seguimos coa estela funeraria de Crecente e rematamos coas demais estatuas e relevos 3. Sala de exposicións temporais: Neste espazo visitamos a canalización e a división das distintas estancias dunha domus, así como os restos dunha calzada romana. 4. Sección de arqueoloxía na sala 9: Na sección de arqueoloxía atopamos distintas pezas que nos axudan a entender a vida en época romana, como a Águia do Caurel, a Tabula Hospitalis do Caurel, o tear vertical de pesas, cerámica, fíbulas, pulseiras, lucernas, moedas, etc.
  • 17. 16 RUTAS LITERARIAS Dende fai case vinte anos, o Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo, leva empregando a literatura como vehículo de comunicación artística coa intención de combinala co museo dunha maneira lúdica e proveitosa, onde se mesture o inmaterial e o material, lingua e patrimonio. Con este obxectivo nace a actividade “Rutas literarias”, coa que pretendemos que a rapazada do ensino secundario sinta o museo como un espazo de memoria e un lugar onde imaxinar a historia. Ledicia Costas, Anxo Fariña, Andrea Maceiras e Carlos Negro poñen o seu maxín a disposición do alumnado con catro relatos, recollidos no libro Contos de fantasmas no museo [podes descargalo aquí], que nos mergullarán na fantasía e no misterio do Museo Provincial. As catro rutas literarias que se van desenvolver derivan destes relatos, e son as seguintes:  A Ruta do carneiro alado: ten como referente o conto “A maldición do carneiro alado” de Ledicia Costas, unha desacougante aventura protagonizada pola adolescente Abril que se perde dentro dun cadro.  A Ruta de Minos: inspírase no relato “A esperanza do Maldito” de Anxo Fariña, unha historia que nos retrotrae no tempo ata o Olimpo dos deuses do mundo clásico: Zeus, Antíope, Afrodita, Dédalo, Pasífae e Minos, o monstro namorado.  A Ruta do astrágalo: ten como eixe o relato de “Astrágalo” de Andrea Maceiras. Un xogo fantástico que mestura unha tabula lusoria de época romana cun computador actual: un gaña, un vive, un perde, un morre.  A Ruta do paxaro: ten como guía o conto “O paxaro na gaiola” de Carlos Negro. Unha hábil metáfora que trata os conflitos da adolescencia, especialmente o do acoso sexista. A mecánica da actividade é moi sinxela. A/O docente dará a ler ao alumnado, previamente á realización da ruta, os Contos de fantasmas no museo. Unha vez realizada esta tarefa individual, comezará a actividade propiamente dita, que se divide en dúas partes ben diferenciadas:  Na primeira parte o alumnado, dividido en grupos de entre 5 e 6 persoas, resolverá un cuestionario de 20 preguntas relacionadas cun dos relatos que leu. A cada grupo asignaráselle un cuestionario por sorteo, de xeito que cada equipo faga unha ruta diferente.  Na segunda parte, poranse en común as respostas dos diferentes grupos co fin de chegar ao veredicto de que ruta foi a mellor completada. Durante este tempo, aproveitaremos tamén para ampliar os coñecementos acerca das obras do Museo Provincial presentes no relato escollido. As “Rutas literarias” poden realizarse tanto de xeito presencial, visitando e percorrendo o museo para resolver os cuestionarios, como de xeito virtual, mediante unha conexión co persoal do museo na que se empregarán recursos 3D.
  • 18. 17 QUEBRACABEZAS/ MEMORY/ CÓDIGO ODS 2030 Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen un chamamento universal á acción para pór fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo. En 2015, tódolos Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, na cal se establece un plan para acadalos antes do ano 2030. Esta proposta didáctica está destinada a dar a coñecer e concienciar ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria sobre a importancia dos 17 ODS. Trátase dunha visita ao Museo Provincial de Lugo que percorrerá unha serie de pezas a través das que se abordará cada un dos obxectivos: por cada ODS veremos dúas obras, unha positiva que permita amosar os beneficios de acadalo e outra negativa que mostre as perdas e os inconvenientes que terá para o planeta e para as persoas non acadalo. Unha vez concertada a visita, remitirase ao profesorado unha listaxe coas obras e pezas que se tratarán, coas fotografías correspondentes, co fin de que o alumnado poida realizar unha toma de contacto previa co tema. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (UNESCO) 1. Fin da pobreza 2. Fame cero 3. Saúde e benestar 4. Educación de calidade 5. Igualdade de xénero 6. Auga limpa e saneamento 7. Enerxía asequible e non contaminante 8. Traballo decente e crecemento económico 9. Industria, innovación e infraestrutura 10. Reducción das desigualdades 11. Cidades e comunidades sustentables 12. Producción e consumo responsables 13. Acción polo clima 14. Vida submarina 15. Vida de ecosistemas terrestres 16. Paz, xustiza e institucións sólidas 17. Alianzas para lograr os obxectivos
  • 19. 18 + info: https://es.unesco.org/sdgs A ARTE DO GRAVADO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO O Museo Provincial de Lugo conta cunha importante colección de gravados, así como cunha sección propia dedicada a artistas que cultivaron esta técnica. Co fin de dar a coñecer a obra destes autores e o funcionamento da técnica do gravado, unha das máis complexas do traballo artístico, nace esta actividade destinada ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato. Trátase dunha visita na que viaxaremos a través da historia do gravado para aprender que é unha xilografía, unha litografía ou unha augaforte; que instrumentos se empregaban para a súa realización e que artistas galegos e lucenses destacaron polo seu dominio desta técnica. A actividade pode concluír cun taller práctico no que a rapazada elaborará o seu propio gravado aplicando os coñecementos adquiridos.
  • 20. 19 . CONTACONTOS NA REDE Desde a Rede Museística avogamos por recuperar a tradicionalidade dos contacontos, esa narrativa de tradición oral que pasou de xeración en xeración, e mesturala coa literatura participativa, onde o alumnado é o axente activo que se vai integrar na historia, buscando así a interacción e aprendizaxe continua ao longo desta actividade. A través de diferentes modalidades adaptadas ás idades do alumnado, e tendo o “contacontos” como fío condutor, adentrarémonos nos catro museos da Rede Museística e na súa contorna, escenario destas historias contadas. Estimularemos a imaxinación e a creatividade, espertaremos a sensibilidade e traballaremos valores educacionais; buscando o estudo do noso pasado e a nosa contorna, así como a transmisión da herdanza cultural, social e patrimonial. Atopa máis información aquí. A SEMENTE DE ANTANO Con esta actividade mergullarémonos na historia dos nosos devanceiros e devanceiras nun escenario característicamente rural. A Fortaleza de San Paio de Narla, pola súa historia e ubicación, e grazas as coleccións que atopamos no seu interior, é un lugar privilexiado para coñecer e recuperar a memoria da vida rural. Coñeceremos quen traballaba as terras, en que condicións vivían, como chegaron os seus coñecementos ata os nosos días ou como evolucionaron co paso do tempo as ferramentas e os elementos empregados no traballo diario. Trátase dunha proposta didáctica que avoga por unha aprendizaxe cooperativa onde o alumnado vai ser o protagonista, e desenvolverase en cinco bloques nos que se combinará o traballo na aula coa visita ao museo. BLOQUE 1: Coñecer a nosa contorna 1. O alumnado achegarase ao seu entorno procurando testemuños orais e fotografías do mesmo. Con ese material analizará as características do seu lugar de orixe: tipos de construcións, orografía, flora, etc.
  • 21. 20 2. Daranse a coñecer autores e autoras que escribiron sobre esa zona e as súas paisaxes. Recolleranse poemas e fragmentos narrativos de autores como Castelao, Manuel María, Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Ler ese contido literario permitirá mostrar como grandes autores estaban orgullosos de onde eran e do mundo do rural. 3. Empregarase a música e as cancións tracidionais para coñecer e describir o territorio. 4. Rematarase o bloque traballando as artes pictóricas. O alumnado, a través das fotografías acadadas e de toda a información obtida, debuxará a paisaxe que para el representa a súa terra. BLOQUE 2: O rural 1. Observación da colección das fotografías de Walter Ebeling para achegarnos ao campesiñado e ao mundo do rural. 2. Recollida de testemuños orais, por parte de alumnado e profesorado, das persoas maiores da súa familia ou entorno para ilustrar verbalmente o que xa nos amosaron as fotografías. 3. As persoas maiores e a importancia da memoria a través dos testemuños. Coloquio sobre o alzheimer adaptado segundo a idade, poñendo de relevo o tesouro das lembranzas. 4. En relación co punto anterior, cada neno ou nena apuntará cinco lembranzas importantes na súa vida nun papel de cores, co seu nome, data e idade actual. Despois, depositaranse todos os da clase nun bote de cristal, que se reservará para empregar noutra actividade. BLOQUE 3: Somos o que comemos 1. Asemblea para falar sobre que lle aporta o rural ás cidades e por que é un dos motores económicos. 2. Somos o que comemos: a importancia da alimentación saudable a través da agricultura ecolóxica. Que comían os nosos devanceiros e que comemos agora? 3. Experiencia sensorial e olfactiva. Traballaremos os sentidos a través dos alimentos.
  • 22. 21 4. Posta en común sobre a beleza relativa e a singularidade particular: cada producto ecolóxicos é diferente, non seguen un patrón; idea que se pode trasladar as persoas, xa que na diversidade está a esencia. 5. A terra. Plantaremos o bote de cristal coas lembranzas xunto cunha semente ou puga dunha árbore autóctona. Marcaremos cun letreiro a nosa ubicación e controlaremos o crecemento da mesma. BLOQUE 4: Canto avanzamos en 100 anos? 1. Comparativa entre o mobiliario antigo e o actual empregando como contexto a Fortaleza de San Paio de Narla. Comparación dos útiles de labranza, utensilios de diario, etc. Explicación da historia e utilidade de cada peza. 2. O alumnado traerá da súa casa (o a dos seus avós ou avoas) o obxecto máis antigo que atopen. Cada un deles contará a historia e uso da peza, facendo así unha mesa redonda para intercambiar coñecementos. 3. Breve debate sobre a evolución da reciclaxe desde a antigüidade ata a actualidade. División da clase para defender os pros e contras dos avances tecnolóxicos como ferramentas útiles pero tamén contaminantes. BLOQUE 5: Que aprendemos? 1. Se a situación sanitaria o permite, visita ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla. 2. Posta en común dos conceptos aprendidos durante o desenvolvemento dos bloques anteriores. 3. Para finalizar, o alumnado empregará a canle de expresión artística que máis lle represente (pintura, música, prosa ou verso) para lembrar o concepto que máis lle gustou ou sorprendeu.
  • 23. 22 O TEU GABINETE DE CURIOSIDADES Ao longo da Idade Moderna, o exotismo, a apetencia por aquilo extravagante por nunca visto, era algo moi cobizado e valioso, desde animais nin sequera soñados ata supostos cornos de unicornio ou plumas de paxaros exóticos, peixes globo, minerais ou pedras de propiedades máxicas. Os nobres e eruditos fixeron acopio deste tipo de cousas. Servían para impresionar, mais tamén para reter nalgún recuncho da casa un anaco deses lugares lonxanos e misteriosos. Consecuencia dese gusto polo estrano e do afán de coñecemento, foron as cámaras de marabillas ou gabinetes de curiosidades, xermolo dos actuais museos. En tempos dos Pazos coma o de Tor seguiu esta práctica, que non estaba ao alcance de todos; tan só unha minoría, coma a fidalguía máis cosmopolita, acubillaba nas diferentes estancias dos seus pazos pezas exóticas e, xa dicimos, de toda caste: minerais, animais, vexetais, trebellos, etc. Esta actividade presenta dous enfoques: un de carácter rural/natural e outro urbano/tecnolóxico. Pretendemos conxugalos a través da observación, análise e finalmente reflexión sobre o percorrido dado pola nena ou neno no proceso. Todo comeza por unha pregunta moi sinxela. Que elementos caracterizan a túa paisaxe cotiá? Ou tamén, que elementos o fan diferentes a outras contornas que coñeces? Para definir estes elementos e así describir as características da súa contorna inmediata, os nenos e nenas deberán reunir diferentes obxectos ou descricións, escritas e tamén artísticas; debuxándoas, compilando eses obxectos, investigándoos. Para iso, disporán dun caderno de notas, dun lapis e goma e tamén dun saco ou bolsa. O alumnado sairá á súa contorna, ao xardín, ao bosque, á vila, á ribeira do río ou praia… e recollerá canto lle chame a atención: follas caídas, pedras, pequenos obxectos, fragmentos de materiais… No seu caderno, tomará nota de todo e acompañará as súas descricións do explorado con debuxos, das plumas que ten recollido, por exemplo, das follas ou mesmo da paisaxe que contextualiza a súa búsqueda. No caderno tamén poderá describir a fauna e a flora que está a contemplar, incluso as construcións que lle parezan importantes.
  • 24. 23 O seguinte paso será organizar un gabinete de curiosidades ou cámara de marabillas. Consistirá na exposición dos obxectos e da súa explicación. O conxunto estará todo relacionado a criterio do alumno/a, quen exporá aos compañeiros/as e ao profesor/a a súa colección e a relación que ten coa súa contorna. Queres saber máis? Descarga aquí a unidade didáctica desta actividade.
  • 25. 24 PAISAXES CULTURAIS NA REDE MUSEÍSTICA: O MAR DE LUGO NO MUSOE DO MAR Lugo é unha provincia con mar. É algo evidente, pero que realmente moita xente descoñece. A imaxe que se proxecta da provincia desde o exterior é a dun territorio interior, marcado polos vales, as chairas e a montaña. Isto non ten nada de malo, pero a provincia de Lugo é moito mais diversa e conta cunha riqueza que hai que poñer en valor. Lugo ten mar, ten unha das maiores flotas pesqueiras do Cantábrico, ten praias, ten mareas e ten temporais. E Lugo ten unha xanela aberta ao mar en forma de Museo Provincial do Mar. Un museo que conta unha história épica de navegantes e cazadores de baleas, con espazo para o lirismo narrativo das praias repletas de cunchas nas que cantan as pescantinas ao traballar. Un museo que fala da historia do ser humano, pero tamén da tremenda e fráxil biodiversidade do medio mariño. Un museo para aproveitar e simbolizar esa parte da provincia que mira ao norte e nos conecta co mundo “mar-por- medio”. Así, aproveitando os múltiples recursos cos que contamos no Museo Provincial do Mar, ofrecemos un conxunto de propostas didácticas que combinan o traballo na aula coa aprendizaxe lúdica e activa no museo:  Actividades na aula en colaboración co museo: – Coñecemos a costa e o mar de Lugo a través de mapas, fotografías e textos. – Pensamos en museos da nosa órbita xeográfica e social segundo o lugar de ubicación do centro lectivo. – Reflexionamos sobre as paisaxes da nosa comarca e os seus traballos tradicionais. – Especulamos sobre o que pode haber nun museo do mar. – Traballamos sobre a historia das navegacións. – Reflexionamos sobre todo aquilo que pode ofrecer o mar e a ribeira. – Enumeramos e investigamos sobre os animais que viven no mar e nas áreas costeiras.  Actividades no museo: – Visita guiada. Museo relator de historias: Con esta actividade é o propio alumnado o que constrúe o significado das pezas do museo, potenciando a súa capacidade de observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico. – Actividades interactivas: 1. A agulla de marear: Desde os inicios dos tempos, o ser humano foi artellando sistemas e aparatos para viaxar cada vez mais lonxe. A través da análise dos
  • 26. 25 diversos instrumentos de navegación cos que contamos no Museo Provincial do Mar, convertémonos en descubridores e descubridoras de territorios afastados. 2. Por aí resopla: O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser o custodio dos ósos dunha especie de balea xa extinguida e que se cazaba, ata o século XVIII, nas augas do Cantábrico. Imos navegar cara atrás no tempo para mergullarnos na tradición daqueles cazadores de baleas. 3. Largando as redes: Cando os mariñeiros largan as redes ás augas do mar, non teñen a certeza do que vai vir nelas. Así tamén o alumnado descubrirá que especies se capturan e que artes se usan. 4. Arriba a bandeira: Aprendemos a comunicación no mar antes da invención da radio e ao tempo reflexionamos sobre o mar como fronteira comunmente universal e encrucillada de culturas. 5. Facedores de barcos: Nas ribeiras da Mariña Lucense xa se construían carabelas no s. XIV. Co nacemento, no s. XIX, do complexo industrial de Sargadelos, aumenta o fluxo comercial e increméntase a construción naval, sobre todo de barcos de cabotaxe (como bergantíns e goletas), aínda que das carpintarías de ribeira tamén saían traiñóns e chalupas, utilizados tanto para a pesca da sardiña como para a caza da balea. Cales son as partes máis importantes dun barco, cales as técnicas construtivas, cales as árbores das que se obtiña a madeira, cales as ferramentas usadas polos carpinteiros? De seguro que navegando por esta parte da nosa historia xorden aínda moitas máis preguntas. 6. Alguén che dixo canto duraba o teu lixo?: A contaminación é un dos máis graves problemas para os nosos océanos e para a sostibilidade e pervivencia do planeta. Algúns científicos sinalan que no 2050 haberá máis lixo no mar que peixes, xa que cada ano botamos toneladas e toneladas de residuos, sobre todo plásticos, que tardan máis de 400 anos en biodegradarse. No lixo que tiramos ao mar, como os restos de aparello, quedan atrapados ata morrer peixes, tartarugas ou mamíferos mariños, e os plásticos e microplásticos pasan aos seus sistemas dixestivos causándolles o mesmo efecto, podendo chegar incluso, no proceso da cadea alimentaria, a especies que se comercializan para o consumo humano. Reducir o consumo de plásticos e outros refugallos, reciclar axeitadamente, reutilizar… son algunas das claves para axudar a manter os ecosistemas mariños.  Actividades posteriores á visita: – Crea o teu propio museo: O alumnado construirá de forma práctica, imaxinativa ou simplemente teórica o seu proprio museo a partir dun diálogo cos e coas docentes, coa súa comunidade e co persoal da Rede Museística. Poderá realizarse como continuidade do Museo Provincial do Mar ou como reflexo crítico da comunidade do centro educativo do alumno/a.
  • 27. 26
  • 28. 27 Memoria e Terra. RECOLECTORAS Desde a Rede Museística Provincial de Lugo celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais cun programa de actividades que quere pór en valor á muller como axente de desenvolvemento do territorio e da nosa identidade cultural. Recuperaremos o pasado para reimaxinar o futuro: poñendo en valor o labor das nosas antepasadas, reflexionaremos sobre o estado actual da muller no rural e trazaremos perspectivas de futuro en torno aos conceptos de igualdade e sostibilidade. A provincia de Lugo, a máis grande de Galicia, destaca polo seu marcado carácter rural, sendo o sector primario unha parte fundamental da súa identidade e economía. Os catro museos da Rede Museística recollen a idiosincrasia e a riqueza deste territorio: a vida e traballo no campo na Fortaleza de San Paio de Narla e no Pazo de Tor, o mundo mariñeiro no Museo do Mar e a esencia de toda a provincia no Museo Provincial de Lugo. Así pois, a través das nosas coleccións, centraremos o foco no rural lucense e nas súas mulleres, ofrecendo unha mirada realista e positiva dun medio de vida que conxuga territorio, patrimonio (material e inmaterial) e convivencia interxeracional. Este programa está aberto á participación dos centros escolares, aos colectivos do mundo rural, ás familias e a calquera persoa que, de xeito individual, desexe explorar a riqueza patrimonial e humana da nosa provincia. OBXECTIVO - Afianzar a relación entre territorio e museos. - Visibilizar o labor da muller rural na construción da nosa identidade cultural. - Recuperar a memoria das nosas antepasadas. - Poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa provincia a través das mulleres rurais. - Ofrecer unha mirada positiva e realista sobre a situación actual do mundo rural. - Propoñer estratexias de coñecemento e posta en valor do medio rural.
  • 29. 28 ACTIVIDADES A memoria nun mandil Presencial/Online Todos os públicos O mandil empregado polas mulleres rurais converteuse, co paso do tempo, nun auténtico símbolo de identidade. Dora a Desbrozadora, esa personaxe entrañable de Luis Davila O Bichero, converteu en icono o seu mandil; e en moitas vilas galegas podemos ver graffitis xigantescos de mulleres bravas vestindo a prenda con orgullo. Así pois, o mandilón deixou de ser unha simple vestimenta para transformarse nunha especie de armadura que garda a memoria da muller rural, unha sorte de capa de heroína que reflicte tradición, traballo, loita e dignidade a modo de superpoderes. Con esta actividade queremos convidarte a explorar todo o que un mandilón pode ofrecer e crear aquel que será o noso propio. RuralizARTE. AgroCultura: Museo, territorio e comunidade. Presencial /Online Todos os públicos Itinerarios dialogados onde compartiremos experiencias sobre o mundo rural e o traballo das mulleres nos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. A SAÚDE MENTAL. Un dereito necesario MAÑÁ PODES SER TI A arte e a creatividade levan consigo a capacidade de mellorar as nosas vidas, ao ser canles coas que expresar nosos pensamentos, sentimentos e vivencias. Mirar unha obra de arte implica evadirse do mundo material para dirixir a nosa mente cara ao imaxinado mais, en ocasións, a ollada dá a volta cara ao noso interior e, nese momento, buscamos unha relación entre nós e a peza, poñendo en evidencia o que sentimos ao contemplala. En liña con esta reflexión, un estudo da Organización Mundial da Saúde (OMS) (https://www.euro.who.int/en/publications/abstracts/what-is-the-evidence-on-the-role- of-thearts-in-improving-health-and-well-being-a-scoping-review-2019) recoñece o importante papel das artes na mellora da saúde e o benestar, tanto na prevención da enfermidade como na xestión e tratamento, e indica que ese papel se debería seguir fomentando cun compromiso artístico a todos os niveis, así como apoiando a colaboración intersectorial.
  • 30. 29 A saúde mental e a arte estableceron desde sempre fortes conexións, desde un extremo como é a estigmatización da arte contemporánea como “arte provocada pola tolemia”, ata o outro, onde os museos máis modernos apostan por deseños que acompañan á meditación. Do mesmo xeito, son moitos os/as artistas ao longo da historia que padeceron enfermidades mentais e reflectiron o seu sentir por medio da arte, o que fomentou a construción cultural do/da artista de éxito como unha persoa de carácter atormentado e de espírito revolto, atribulado polas súas emocións. Esta concepción dos “xenios/as da arte” asociada ao desequilibrio mental propiciou a creación dunha visión romántica da enfermidade mental coa que temos que rachar: non debemos confundir a desestigmatización da enfermidade coa súa mitificación; a mellor maneira de entender obra destes/as artistas é como medio para identificar emocións, para aprender a xestionar o que sentimos, para visibilizar a importancia da saúde mental e para darnos conta de que calquera persoa pode padecer unha enfermidade mental nalgún momento da vida. Co fin de romper co tabú que envolve ás enfermidades mentais e co propósito de desvelarnos como seres conscientes das súas emocións, creamos esta unidade na que as coleccións dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo actúan como mediadoras e espellos nos que recoñecernos. Propoñemos un conxunto de actividades nas que, tanto participantes individuais como colectivos que traballan no eido da saúde mental, crearán e difundirán novos relatos e formas de entender a arte como vehículo de transmisión dunha importante mensaxe: MAÑÁ PODES SER TI. OBXECTIVOS - Concienciar sobre saúde mental a través das coleccións dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo. - Romper cos estereotipos asociados ás enfermidades mentais. - Visibilizar a importancia da educación emocional e de traballar a empatía. - Mellorar a calidade de vida das persoas con estratexias de creatividade na arte. - Fomentar o espírito crítico na mirada das e dos visitantes ao museo. ACTIVIDADES EmocionARTE Presencial Público adulto e todos os niveis de escolares Os seres humanos estamos compostos de emocións diversas, sinxelas e complexas. Algunhas coñecémolas ben, outras son máis difíciles de identificar. Con esta actividade falaremos das emocións, recoñecerémolas nas obras dos museos da Rede Museística Provincial de Lugo e trataremos de darlles forma a través da creación artística. O resultado poderá ter formato de vídeo, colaxe ou texto, a prol de darlle visibilidade a estes procesos e que outras persoas poidan sentirse tamén representadas.
  • 31. 30 A árbore da vida Presencial e online Todos os públicos A saúde é como unha semente que medra coa axuda e os coidados de todas e todos. Por iso creamos esta árbore que vos recibirá en cada museo da Rede Museística Provincial de Lugo, na que poderedes deixar comentarios, vivencias, anotacións ou desexos relacionados coa saúde mental que sirvan de alento para outras persoas. Para participar desde a modalidade online poderedes achegarnos as vosas mensaxes por correo electrónico ou a través das nosas redes sociais. Unha rede de emocións Redes Sociais Todos os públicos A través das redes sociais compartiremos obras do noso percorrido emocional polos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Nesas publicacións abertas á participación reflexionaremos sobre diferentes sentimentos e emocións que nos espertan as obras e os seus relatos. Serán benvidas outras imaxes que de xeito particular se queiran compartir baixo o cancelo #RedeEmocións Itinerarios invisibles Presencial De 10 a 14 anos O museo é un gran laboratorio de experimentación. Con esta actividade os rapaces e rapazas converteranse en profesionais da Rede Museística Provincial de Lugo, como comisarios e comisarias dunha grande exposición para a que seleccionarán pezas das nosas coleccións que falen de emocións como a alegría, a tristeza, a soidade, a angustia, o estrés, etc. Quedarán sinaladas con puntos de cores. Igualmente, elixirán aquelas que lles suxiran calma e acougo, coas que deixaremos feito un percorrido que se incluirá no itinerario habitual dos museos.
  • 32. 31 TAPAS DE CULTURA Na Rede Museística Provincial de Lugo rematamos o verán ofrecendo “Tapas de cultura”, visitas presenciais de curta duración ás principais salas de cada un dos nosos museos, excepto no Pazo de Tor, onde se visitará a exposición “Viaxe no Tempo”. Durante 15-20 minutos cada día, iremos compartindo as historias, os segredos e os pormenores das pezas que conforman as nosas coleccións. Se queres participar, contacta con nós en comunidadermpl@gmail.com
  • 33. 32 “MULLERES ARTISTAS: 500 ANOS”, con Virginia Ribas Data: 18 de outubro Idades: Todas as idades Horario: De 17:00h a 20:00h COIDÁNDONOS EN REDE O autocoidado persoal, físico e emocional é un dos piares do noso benestar por iso debemos incentivalo nxs nenxs desde unha idade temperá. Partindo desta premisa, desde a Rede Museística ofrecemos unha serie de actividades variadas que teñen como obxectivo ensinar axs nenxs a ser partícipes e conscientes de que deben coidarse e fomentar o autocoidado e a autonomía, algo sumamente importante para a súa felicidade e calidade de vida futura. Datas: de martes a venres a partir do 15 de setembro Idades: De 5 a 8 anos (primeira quincena de cada mes) De 9 a 12 anos (segunda quincena de cada mes) Horario: De 17:00h a 19:00h Aforo reducido. PROGRAMA DE NADAL Diferentes actividades coas que se pretende que este período de lecer sexa tamén, amais de entretemento, de aproveitamento para coñecer un pouco mellor os fondos dos museos da Rede. Cada museo ten características e contidos diferenciados polo que as actividades que se ofertan son tamén singulares. Datas: 23 e 29 de decembro e 3 de xaneiro Horario: De 17:00h a 19:00h Idade: Todas as idades.
  • 34. 33 “Á MANEIRA DE ROMÁN CORBATO”, con Román Corbato Taller que propón, a través do debuxo e a escultura, repensar a idea do refuxio desde un punto de vista artístico, empregando materiais cotiáns. Data: 14 de setembro Idades: Todas as idades Horario: De 17:00h a 20:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla DEBUXANDO A NATUREZA, con Mariana Roura Plasmaremos especies e paisaxes relacionados coa Fortaleza San Paio de Narla, indagando en novos coñecementos e técnicas. Data: 21 e 28 de setembro Idades: A partir de 10 anos Horario: De 17:00h a 20:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla DOS PIES PARA DOS Resumo: “Dos pies para dos” é un dúo creado por un bailarín belga e unha bailarina vasca, que invita ao público a adentrarse nunha viaxe onde a necesidade de continuar nos deixa ver un constante fluxo, capaz de non parar grazas á cooperación. Trata de compartir unha relación de dous corpos distintos, que a pesar de todo, ofrecen o seu corpo e se deixan tomar polo outro para compartir unha visión da fina liña que hai entre o corpo como lugar de loita, ou como lugar de colaboración. Data: 24 de setembro Horario: Ás 17:30h (15 minutos + coloquio)
  • 35. 34 Compañía: Duo Olaia & Gilles. Peza: Dos pies para Dos. Idea e interpretación: Gilles Noël y Olaia Valle. Ollo externo: María Ibarretxe. Música: Miren Lizeaga, Jone Amezaga, Ioritz Galarraga, Gilles Noël y Olaia Valle. Residencias: Utopian Getxo, Azkuna Zentroa, Punto de Fuga. Colabora: Gobierno Vasco, Dantzan Bilaka. BONECA DE MILLO Setembro é mes de colleitas, e por iso, voltaremos ao pasado para facer unha fermosa boneca de millo, un dos xoguetes máis prezados para xs pequenxs de antano e ao mesmo tempo, amuleto para atraer abundancia aos fogares. Data: 25 de setembro Idades: Todas as idades Horario: De 12:00h a 14:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla FACEDORAS DE VIDA Homenaxe as mulleres rurais a través de testemuños reais dispostos nas nosas salas que van narrar a súa historia de vida empregando a fotografía e a palabra. Elas serán a semente dun arquivo fotográfico que imos realizar ca comunidade do Museo Fortaleza San Paio de Narla ao longo do ano. Data: 15 de outubro, Día da Muller Rural Idades: Todas as idades Horario: De 16:00h a 18:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
  • 36. 35 SAMAÍN Vivos e mortos bailaran a noite do 31 de outubro nas inmediacións da Fortaleza San Paio de Narla, festexando unha das festas paganas con máis tradición na Galiza, o Samaín. Data: 31 de outubro Idades: Todas as idades Horario: A partir das 16:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla CONTOS AO CARÓN DO LUME O frío do inverno e o lume da cheminea son o escenario perfecto para que xs nosxs avxs narren e reciten historias, historias que van trasladarnos a un imaxinativo mundo máxico, e que mellor escenario que o noso museo. Data: 20 de novembro Idades: Todas as idades Horario: De 12:00h a 14:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla OBRADOIROS DE NADAL A tradición é parte da nosa identidade, e este Nadal imos seguir traballando para que o pasado estea máis presente ca nunca. TEAS, TESOIRAS, IMAXINACIÓN...E ACCIÓN Nestas datas imos traballar na tradición do Nadal elaborando os roupaxes e o decorado do evento que vai ser o colofón dun fermoso ano, o PESEBRE VIVENTE. Data: 11 de decembro e 18 de decembro Idades: Todas as idades Horario: De 12:00h a 14:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
  • 37. 36 PESEBRE VIVENTE Data: 23 de decembro Idades: Todas as idades Horario: De 16:00h a 18:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla TRASTADAS INOCENTES Xogo de pistas. Muricego e a súa axudante dedicarónse a facer trastadas no Museo Fortaleza San Paio de Narla, seredes quen de devolver o museo ao seu estado habitual? Data: 28 de decembro Idades: Todas as idades Horario: De 12:00h a 14:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla CANTOS DE REIS Cantos e sorrisos inundarán as rúas de Friol da man dxs nosxs pequeamigxs, encargados de recuperar unha tradición tan fermosa como os Cantos de Reis. Data: 5 de xaneiro Idades: Todas as idades Horario: De 12:00h a 14:00h Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
  • 38. 37 DOS PIES PARA DOS Resumo: Dos pies para dos é un dúo creado por un bailarín belga e unha bailarina vasca, que invita ao público a adentrarse nunha viaxe onde a necesidade de continuar nos deixa ver un constante fluxo, capaz de non parar grazas á cooperación. Trata de compartir unha relación de deous corpos distintos, que a pesar de todo, ofrecen o seu corpo e se deixan tomar polo outro para compartir unha visión da fina liña que hai entre o corpo como lugar de loita, ou como lugar de colaboración. Data: 26 de setembro Horario: Ás 12:30h (15 minutos + coloquio) Compañía: Duo Olaia & Gilles. Peza: Dos pies para Dos. Idea e interpretación: Gilles Noël y Olaia Valle. Ollo externo: María Ibarretxe. Música: Miren Lizeaga, Jone Amezaga, Ioritz Galarraga, Gilles Noël y Olaia Valle. Residencias: Utopian Getxo, Azkuna Zentroa, Punto de Fuga. Colabora: Gobierno Vasco, Dantzan Bilaka. MagosTor O outono tamén é tempo de colleita. O castiñeiro, fermosa árbore que tanto deu e nos dá, está presente en cada recuncho do Pazo. I seu froito, sorpresa dun ourizo, habita a memoria de cadaquén, e evoca as texturas propias desta estación, crepúsculo do verán, anticipo do inverno. O magosto é a expresión lúdica, cultural da caída das follas. Logo, que mellor homenaxe que facer un magosto e compartir o seu froito, as súas receitas e refraneiros. Cultura outoniza, ao fin e ao cabo. Data: sábado 9 de outubro
  • 39. 38 Horarios: 12:00h Idades: Todas as idades O cogomelo, a colleita silvestre Os labores no Pazo parece que non rematan nunca; cada época debía de ser aproveitada ben para a sementeira, para o coidado e a colleita, mais os cogomelos son bastante “seus” e segundo o tempo aparecen aquí e acolá. Iremos á procura deles para facermos a nosa pescuda sobre as calidades de cada un, cales son aptos para o seu consumo, como collelos e onde se acubillan. Así que caderno en man e a explorar! Data: sábado 30 de ouutbro Horario: 16:00h Idades: Todas as idades Pan de forno O Pazo de Tor conserva o seu muíño de auga e dous fornos onde se cocía o pan, base da alimentación da humanidade dende hai miles de anos. Pero para telo pasabase traballiño. O máis agradecido do proceso, que experimentaremos aquí, era o de amasalo e mandalo para o forno, aínda que con moito tino! Que maior ledicia que facer o noso boliño de Pan! Data: sábado 13 de novembro Horario: 12:00h Idades: Todas as idades As postais, ulas? Hoxe, coas novas tecnoloxías, coa dixitalización perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos. As postais de Nadal tiñan a nosa impronta, o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor, ou a nostalxia por algunha ausencia querida, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado. Data: sábado 18 de decembro Horario: 12:00h Idades: Todas as idades
  • 40. 39 A luminaria en Tor Un Obradoiro moi recurente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. Achégate a decubrilo! Data: xoves 23 de decembro Horario: 12:30h Idades: Todas as idades
  • 41. 40 PEIXES RAROS, RAROS, RAROS. A natureza sorpréndenos moi habitualmente con especies do máis curiosas e singulares. Mergullarnos polo medio dalgunhas das que habitan as augas mariñas e deixar navegar a nosa creatividade será o noso reto desta volta. Data: 2 de outubro. Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar. SAMAÍN NO MUSEO DO MAR A Costa Cantábrica está moi ligada á celebración de orixe Celta do Samaín, esa noite na que o Mundo dos Vivos e dos mortos coinciden. É por iso que no Museo Provincial do Mar propoñemos a xs nosxs Pequeamigxs un Samaín Mariño. Data: 31 de outubro. Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar. IMPOSIBLES? NON!!!!! Cales son as nosas fortalezas? Cales as nosas debilidades? Onde está o límite das nosas capacidades? Que podes facer ti para conquerir unha sociedade inclusiva e normalizada? Imos pensalo e reimaxinalo.
  • 42. 41 Data: 27 de novembro. Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar. MIGRAR, OUTRO XEITO DE VIAXAR Hai moitas especies que na procura do alimento e de climas máis benévolos emprenden longas rutas polo mar ou polo aire. As persoas, como unha especie máis das que conformamos o Planeta Terra, tamén nos vemos obrigadas en ocasións a viaxar a novos lugares na procura de novas oportunidades de vida. Guerras, catástrofes, necesidades económicas... son algunhas das causas que nos empuxan a iniciar esa viaxe para a que imos a preparar a nosa equipaxe. Data: 18 de decembro. Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar. NO NADAL A MUSEAR ·CAMIÑOS DE ESTRELAS Desde fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros de terra e mar. Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e nos ímonos encargar de buscar as que brilan no noso pedazo de ceo. Data: 29 de decembro. Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar. NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos días medíu o paso do tempo. Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan será a nosa meta neste case derradeiro último día do ano. Data: 30 de decembro.
  • 43. 42 Prazas: 10. Horario: de 11:30 a 13:30 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar.
  • 44. 43
  • 45. 44 MEMORIA E DISCAPACIDADE COÑECELAS É RECOÑECELAS. Posta en valor da memoria individual das mulleres con discapacidade da provincia de Lugo. As memorias e saberes populares conforman parte do noso patrimonio inmaterial e ao recuperar esas memorias estamos a recuperar unha parte do noso patrimonio, xa que moitos dos microdiscursos, neste caso os das mulleres con discapacidade nunca formaron parte dos relatos e discursos das élites que se recollían nos museos. A partir do día 18 de setembro, data na que se celebran as Xornadas Europeas do Patrimonio, comezaremos unha serie de conversas e entrevistas con mulleres con discapacidade da provincia de Lugo nas que unindo oralidade e tecnoloxía darán como resultado un mapa sonoro das voces xeolocalizadas destas mulleres que presentaremos o día 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, para coñecer e visibilizar, comprender e recoñecer os procesos vitais das mulleres con discapacidade. IMAXINANDO ÁS ESCURAS Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da Rede Museística Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a saír do confort dos nosos muros, a deixar que sexan as persoas as que expoñan as súas necesidades e preferencias, a adaptarnos a satisfacer esas necesidades e preferencias, levamos de novo a riqueza patrimonial das nosas coleccións ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual da ONCE de Galicia. Estas visitas que se engloban baixo o nome de “Imaxinando ás escuras”, faranse en modalidade online mediante a plataforma ZOOM, un dos sistemas que nos vimos obrigadxs a usar durante os momentos nos que a pandemia forzou o peche físico dos nosos museos, pero que ten demostrado que sen substituír a presencialidade, é un medio que tamén presenta vantaxes á hora de difundir e dar a coñecer o noso patrimonio e de manternos en contacto e activo coa nosa comunidade. As tres próximas visitas programadas para os meses de outubro e novembro son: Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla. Data: 19 outubro. Horario: 12:00.
  • 46. 45 A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do Mar. Data: 9 de novembro. Horario: 12:00. A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo. Data: 23 de novembro. Horario: 12:00. PROGRAMA COLABORACIÓN CON ALUME Os museos da Rede son de todos e todas e para todos e todas. Partindo desta premisa, resulta esencial o vínculo co terceiro sector, unha unión que se materializa neste caso nun programa en colaboración con ALUME e que consiste nunha serie de actividades entre as que destacan as visitas inmersivas.
  • 47. 46
  • 48. 47 MEMORIA E MIGRACIÓN Proximidade Llunyana Muller, rural, memoria e migración. A realidade da migración Lugo-Barcelona no século XX. Día do Migrante: 18 de decembro
  • 49. 48
  • 51. 50 Breve introdución: O proxecto “Recolectoras” configúrase motivado pola proximidade do 15 de outubro, día internacional da muller rural, en formato de creacións colaborativas da man de mulleres artistas contemporáneas do tecido cultural galego, para crear unha conversa coa comunidade, cos espazos naturais, co patrimonio e as coleccións dos Museo da Rede Museística. Percorrendo os concellos do interior de Lugo coa intencionalidade de achegar o arte e da actividade contemporánea a terreos con índices de despoboación severos e por en valor as súas mulleres, a súas historias e o seu (e nosos) patrimonio natural e inmaterial. Muller e rural: A figura feminina será a nosa necesaria protagonista motivadas polo día internacional da muller rural (15 de outubro) enmarcado dende 2007 por Naciones Unidas. O longo da historia a figura feminina neste sector ten protagonizado a vendima, a recollida da castaña, etc, mais pesares de estar presentes na loita polo acceso á terra, estas mulleres foron invisibles e non puideron ser propietarias do seu traballo. Preténdese por en primeiro plano, de forma transversal, o coidado e traballo da nosa contorna natural da man destas traballadoras, o problema ante a despoboación en concellos do interior galego, a reivindicación do sector agrario como base económica da nosa sociedade, valorar a importancia dos nosos espazos naturais e visibilizar e poñer en valor a presenza das nosas mulleres artistas, así como a transcendente capacidade do arte para xerar redes fortes e eternas que poñen no foco as persoas. Dende a experimentación e o achegamento á arte contemporánea coma unha canle de conversa unitaria, configuraremos creacións artísticas colectivas que outorguen presencia e reivindicación os relatos destas mulleres e das súas vivenzas. O programa: A proposta “Recolectoras” nace en formato de “obradoiros e produción” percorrendo diversos concellos do interior de Lugo, nos cales a cidadanía poida compartir a súa realidade e memoria experiencial na contorna rural mediante a relación directa con artistas contemporáneas, e xunto as cales configurarán o proxecto que represente a permanencia de dita memoria. As xornadas: O programa configúrase en dous xornadas de obradoiros e produción temáticos, cada un deles protagonizados por unha artistas do tecido cultural galego. Dende a pintura, o gravado, a escultura e a performance, preséntanse catro xornadas de creación compartida de sete horas de duración. Iniciando no mes de outubro e finalizando o proxecto no mes de decembro cunha exposición colectiva dos resultados nun dos Museos da Rede Museística.
  • 52. 51 Proposta de temporalidade: Primeira quincena de outubro: viaxes ao territorio de mediación 9 novembro: Artista - xornada de creación coa comunidade ou obradoiro colaborativo. Exemplo de temporalidade: de 10-13h // 16-20h. 10 novembro: Artista - xornada de creación coa comunidade ou obradoiro colaborativo Exemplo de temporalidade: de 10-13h // 16-20h. 10 de xaneiro de 2022: inauguración da exposición dos traballos Finalización do proxecto: O proxecto culminará coa exposición colectiva dos resultados nunha das sedes da Rede Museística Provincial. No deseño expositivo preténdese presentar, as creación contemporáneas emerxidas das xornadas, os relatos que deron lugar a estas creacións, o proceso da súa formalización e, sobre todo, as persoas que se agochan tras estas tan importantes testemuñas. Dita proposta expositiva configúrase en conversa cos fondos da colección dos museos, tendo en conta o patrimonio que estes custodian e o ligado, física e emocionalmente que as pezas etnográficas e artísticas están cos relatos do noso proxecto. Xerando deste xeito un proxecto expositivo que pon en valor, xa non únicamente a motivación que o crea, senón tamén as institucións que son responsables da súa creación e da permanencia da memoria histórica e cultural que define o territorio Lucense. Provisionalmente proponse para inicios de decembro para non adentrarnos en datas e festividades de Nadal. Creando o perfecto peche para o proxecto e iniciando o vindeiro 2022 cunha nova ollada arredor das nosas mulleres do rural e tendo iniciado unha (agardamos) lonxeva conversa coa nosa contorna natural, as figuras que o crean, os concellos que as definen e as artistas que participan de dita conversa. Pensando na nosa Galiza e na inmensa historia, cultura e arte que a configuran. Os concellos: Como temos mencionado o longo do proxecto. preténdese percorrer os concellos rurais do interior da provincia de Lugo. Prestando especial atención a aqueles que teñen un índice de poboación decrecente nas estadísticas dos derradeiros anos. A selección dos concellos variará en función da dispoñibilidade que estes poidan ter (ou consideren) de cara a participación no proxecto. Este proxecto pretende a maiores da nosa temática inicial, conversar sobre a loita contra a despoboación no rural galego, poñendo en valor a súa contorna natural como centro turístico así como o coidado e traballo deste patrimonio natural. As artistas: A selección de artistas baséase nunha proposta multidisciplinar e multixeracional de mulleres que forman parte do noso tecido cultural galego. Creando en conxunto un
  • 53. 52 achegamento diverso a técnicas, disciplinas e formalizacións cun marcado carácter social. Deste xeito propoñemos as seguintes creadoras: Ana Gesto: Performance (acción colaborativa). María Gar: Artista gráfica e instalativa (obradoiro de creación colaborativa) . Isabell Seidel: Pintora (pintura en base a memoria da comunidade) . Andrea Torres: Escultora (obradoiro de creación colaborativa).
  • 55. 54 Viaxe no tempo Lugar: Pazo de Tor Data: do 1 ao 30 de setembro A partir do día 1 de setembro pode visitarse no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) a exposición Viaxe no Tempo. Esta mostra, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e coordinada pola Rede Museística da Deputación de Lugo, é o resultado dun proxecto de recompilación de imaxes fotográficas antigas doadas polos e polas habitantes de Barreiros e Ribadeo para a súa dixitalización, restauración e, en casos concretos, o seu coloreado. Fíxose unha convocatoria a través das redes sociais, coa colaboración dos Concellos de Barreiros e Ribadeo, convidando á participación. As fotografías, unha vez recollidas e escaneadas, foron devoltas aos seus propietarios e propietarias, o que permitiu traballar na versión dixital. Unha vez dixitalizadas, ordenáronse e catalogáronse, grazas ao cal logrouse facer esta selección coa que podemos volver atrás no tempo e descubrir o pasado destes municipios. Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria. Colabora a Rede Museística Provincial de Lugo. Operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE). O FSE inviste no teu futuro. Con esta mostra, a Rede Museística da Deputación de Lugo incide no lema do ICOM para este ano de Recuperar e reimaxinar a través do seu programa de Vencellos coa memoria. Dentro do Programa Recuperar e Reimaxinar: o Inauguración da exposición “Un mundo dous mundos” de María Jesús Pérez Carballo Lugar: Museo Provincial de Lugo Data: 4 de outubro Horario: 12:00h o Inauguración da exposición de Dolores Guerrero
  • 56. 55 A Ulloa. Fotografías centrípetas Lugar: Sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo Data de inauguración: 15 de outubro Resumo: O Instituto de Estudos Ulloáns organiza unha exposición fotográfica que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres vencelladas á Comarca da Ulloa sobre o seu territorio. As propostas fotográficas parten todas elas dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa Comarca da Ulloa. A seguinte exposición colectiva irá acompañada, ademais, dun libreto informativo que contextualice cada una das propostas no seu marco de referencia procurando dar cabida á reflexión das autoras e dende as perspectivas social, histórica, pedagóxica e/ou territorial. Somos unha Rede A Rede Museísitica Provincial foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano 206, e aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo- Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar. Malia que cada museo posúe a súa identidade e carácter propios, os catro traballan en rede dentro dun modelo de xestión que fomenta vínculos e aproveita recursos, dunha forma sostible e responsable. Partindo desta base, presentamos unha exposición na que pezas dun museo se van a expoñer noutro, así ata completar a Rede. Un exemplo disto é un bando de Carpintería de Ribeira do Museo Provincial do Mar que vai estar exposto no Pazo de Tor.
  • 57. 56
  • 58. 57 XORNADAS E CONFERENCIAS XORNADAS: REDE DE MUSEOS, REDE DE PERSOAS. REVISITANDO 15 ANOS DE PERCORRIDO. Data 17 de decembro XORNADAS EUROPEAS DO PATRIMONIO Data: 18 e 19 de setembro SANTA EULALIA DE BÓVEDA: DATACIÓNS ABSOLUTAS DUN EDIFICIO SEN CONSENSO. Resumo: Tras transcorrer case un século desde o seu descubrimento en 1926, Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) segue sendo un controvertido edificio tanto desde o punto de vista da súa funcionalidade como da súa cronoloxía. O obxectivo deste equipo de investigación foi levar a cabo un estudo pormenorizado de diferentes materiais construtivos empregados no edificio, coa intención de tentar obter unha cronoloxía absoluta para as distintas fases identificadas grazas á lectura de paramentos desenvolvida no ano 2008. Realizouse unha caracterización detallada dos morteiros conservados, e a datación por Luminiscencia Ópticamente Estimulada (OSL) e radiocarbono de morteiros e termoluminiscencia (TL) e OSL de ladrillos. O estudo destes materiais foi complexo, en parte, por tratarse do primeiro exemplo no que esta técnica se aplicou de forma sistemática en Galicia, en parte, porque o edificio foi sometido a diferentes restauracións e tratamentos de conservación ao longo do tempo que alteraron en gran medida os morteiros de cal do mesmo nas xonas máis expostas. Na actualidade, grazas á experiencia acumulada noutros exemplos galegos dentro de distintos proxectos de investigación, e a financiación obtiva da Fundación Palarq para desenvolver un traballo de datación específico do monumento e dos restos de pintura da desaparecida bóveda central conservados no Museo Provincial de Lugo, puidemos volver a traballar cos resultados preliminares e con novos datos. Tras desenvolver finalmente un total de 40 datacións, o que o convirte no edificio mellor estudado dende esta perspectiva a nivel mundial, estamos en condicións de compartir os resultados das mesmas e abrir un novo debate sobre este monumento a partir xa de conclusións definitivas. Conferenciantes: Rebeca Blanco-Rotea (Grupo de Investigación Síncrisis, USC), Jorge Sanjurjo Sánchez (Unidade de Xeocronoloxía - Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña - UdC), David Freire Liste (University of Trás-os-Montes e Alto Douro - UTAD) Lugar: Museo Provincial de Lugo (sala de mosaicos) Data: 23 de setembro Hora: 19.30-21.00
  • 59. 58 MESA REDONDA COA REDE LUCENSE DE VOLUNTARIADO Data: 2 de decembro SUBMARINOS ALEMÁNS NA MARIÑA LUCENSE. Charla impartida Juan Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia pola USC Data: 20 de novembro Horario: 19:00h Lugar: Museo Provincial do Mar UN DÍA A BORDO NA ARMADA BORBÓNICA DO SVIII. HOMES E MULLERES NO MAR GALEGO. Charla impartida por José María Leal Bóveda, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo. Data: 20 de novembro Horario: 19:00h Lugar: Museo Provincial do Mar
  • 60. 59
  • 61. 60 EVENTOS Preestreno Webserie Ronsel de Futuro Data: 30 de setembro Horario: 20:30h Lugar: Facultade de Humanidades Presentación Artigo Sorriso de Daniel Data: 3 de outubro Presentación do Proxecto de Mónica Alonso dentro do Cabodano do Centro de Estudos Fotográficos (CEF) Asistirán Manuel Sendón, comisario do proxecto, Mónica Alonso, artista, Maite Ferreiro, vicepresidenta Deputacion, Encarna Lago, RMPL, e Aurelia Balseiro, MPL Data: 8 de outubro Horario: 17:30h Lugar: Museo Provincial de lugo Estreno Webserie Ronsel de Futuro Data: 21 de outubro Hora: 20:30h Lugar: Cinema Numax en Santiago de Compostela Presentación Publicacións e Artigos Boletín da Rede Museística Provincial de Lugo. Memoria 15 anos da Rede Museísitica Provincial de Lugo. Data: 15 de decembro
  • 62. 61
  • 63. 62 CONVITES RECIBIDOS E ACEPTADOS A XERENCIA o Xornada "Da EMERXENCIA (CREATIVA) organizada polo Consello da Cultura Galega. Data: 21 de setembro Lugar: Santiago de Compostela o Xornadas Pedagóxicas no MUNAL de México Data: do 6 ao 10 de outubro o Curso Museos- Patrimonio Inclusivo organizadas pola Deputación de Bizkaia. Data: 26 de outubro o Participación en mesa de debate sobre museos sociais en Santander. Data: 26 de outubro Horario: 19h Lugar: Santander o Jornadas Mujeres Rurales y Cultura organizadas por La Ortiga Colectiva Cantabria. Data: 27 de outubro Lugar: Cantabria o Xornadas sobre Diagnose do Museo Local organizadas pola Deputación de Coruña en Santiago. Data: 4 de novembro Lugar: Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela o Xornadas Museos e Educación organizadas polo grupo RODA e o Museo de Pontevedra. Data: 5 de novembro
  • 64. 63 o Seminario para iniciar colaboración arredor do proxecto europeo Fenetres sur le paysage para construír unha estratexia para desenvolver un proxecto europeo de cooperación para os anos 2023-2025. Data: 16 e 17 de novembro Lugar: Occitane (Francia) o Seminario El patrimonio arqueológico y su socialización. Nuevos retos y propuestas para la educación en igualdad en el ámbito museístico Museo Arqueologico Nacional . Data: Día 19 ás 11,15 Lugar: Madrid PRESENTACIÓN/COMUNICACIÓN A CARGO DE DIRECCIÓN E PERSOAL DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO o La exposición iberoamericana. Ayer y hoy. Una oportunidad para todos. Diferentes perspectivas hacia un objetivo común. Participantes: Aurelia Balseiro García e María Quiroga Figueroa Data 13 de outubro Lugar: Sevilla