SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 14
Downloaden Sie, um offline zu lesen
PROXECTOS INCLUSIVOS
DA
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE
LUGO
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo queremos manifestar a nosa satisfacción polo
lema escollido este ano para a celebración das Xornadas Europeas do Patrimonio: “Patrimonio
Inclusivo” (Heritage for All). Preténdese con este lema reconsiderar e repensar a forma en que
achegamos o patrimonio á cidadanía.
No ADN da RMPL está desde a súa creación no ano 2006 conseguir museos accesibles e
inclusivos nos que ninguén quede fóra do acceso ao patrimonio por causas económicas,
sociais, de xénero, culturais, …
E por iso que xa desde o ano 2007 contamos na Rede cun programa institucional inclusivo:
https://es.slideshare.net/redemuseistica/programa-institucional-inclusivo-de-la-red-
musestica-de-lugo. Logo de procurar facer que os nosos museos sexan accesibles tanto física
como sensorial e cognoscitivamente e que as persoas que conforman a nosa plantilla
estivesen formadas para a atención de todo tipo de públicos, buscamos que a nosa
programación sexa inclusiva, permitindo a participación de toda a comunidade, feito que nós
ten sido recoñecido con diversos premios entre os que sinalamos: premio Galicia Inclusión
Anade en el 2017, premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI e premio ONCE
Solidaridade en 2011. Estes recoñecementos servennos de acicate para seguir poñendo ás
persoas no centro, para continuar coa labor de que ninguén quede fóra do acceso ao noso
patrimonio,contribuíndo así á súa participación e inclusión na sociedade.
Programa Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo.
UNHA REDE MUSEÍSTICA POSIBLE.
Dentro dos actos para conmemorar as Xornadas Europeas do Patrimonio, os días 18 e 19 de
setembro levaremos a cabo desde a Rede Museística Provincial de Lugo as seguintes accións:
● VISITAS TELEFÓNICAS AO MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA
Éste é o único dos Museos da Rede no que a accesibilidade física non é posible por motivos
arquitectónicos. E por iso que no empeño de achegar o noso patrimonio a todas as persoas,
neste caso farémolo en forma de visitas telefónicas que permitirán ao colectivo con
movilidade reducida desfrutar deste anaco da nosa historia.
Para concertar estas visitas haberá que chamar ao teléfono 982375156.
● VISITAS INMERSIVAS
Son visitas temáticas nas que combinamos a tecnoloxía multicanle coa intervención directa do
persoal do museo e dos visitantxs que se realizan en todos os museos da Rede Museística
Provincial e de acceso a calquera persoa que se inscriba previamente. Unha maneira de
facilitar o acceso á cultura e o patrimonio da nosa provincia de Lugo:
https://comunidadermpl.es/visitas-inmersivas-3d/
● FEITO PARA TI
Esta actividade consiste na construción de experiencias en base as necesidades de cada persoa
ou colectivo.
Xurde da necesidade de seguir en contacto coa nosa comunidade cando se produce o peche
físico dos museos durante a crise sanitaria derivada do Covid, buscando ese achegamento
mediante os medios tecnolóxicos máis axeitados para cada persoa , xa sea vía telefónica,
whatsapp, zoom, skype... Achegarémonos aos colectivos de COGAMI, AGORA E ACADAR.
Programación continuada da RMPL:
✓ COÑECELAS É RECOÑECELAS
Posta en valor da memoria individual das mulleres con discapacidade da provincia de Lugo.
As memorias e saberes populares conforman parte do noso patrimonio inmaterial e ao
recuperar esas memorias estamos a recuperar unha parte do noso patrimonio, xa que moitos
dos microdiscursos, neste caso os das mulleres con discapacidade nunca formaron parte dos
relatos e discursos das élites que se recollían nos museos.
A partir do día 18 de setembro, data na que se celebran as Xornadas Europeas do Patrimonio,
comezaremos unha serie de conversas e entrevistas con mulleres con discapacidade da
provincia de Lugo nas que unindo oralidade e tecnoloxía darán como resultado un mapa
sonoro das voces xeolocalizadas destas mulleres que presentaremos o día 3 de decembro, Día
Internacional da Discapacidade, para coñecer e visibilizar, comprender e recoñecer os
procesos vitais das mulleres con discapacidade.
✓ RECUPERAR ONDE VIVIMOS , REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS
Esta actividade está aberta á participación de todos os colectivos e nela traballaremos ao redor
de tres datas que marcan o “ ronsel”, a pegada, o rastro que estamos a debuxar: o pasado,
representado no nacemento da Rede Museística en 2006, o presente co 18 de maio, Día
Internacional dos Museos, como punto de partida e o futuro coa vista posta na consecución
dos Obxectivos da Axenda 2030.
Así, desde o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións, recolleremos
imaxes do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes
polos que discorría a cotiandade que queremos recuperar.
Debemos ter presente que hai moito futuro no pasado, que só coñecendo o pasado
entenderemos o noso presente e afrontaremos mellor o noso futuro.
Ademais, para completar a actividade, as persoas participantes deberán responder con
imaxinación a como pensan que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano
2030.
O formato é libre, podendo ser achegas multimedia, textos, composicións, colaxes, etc...
✓ EMOCIÓNARTE
O 10 de outubro conmemórase o Día Internacional da Saúde Mental, que este ano ten como
lema:
A saúde mental. Un dereito necesario.
Mañá podes ser ti.
Fomentar o coidado e a procura do benestar eliminando os estigmas que a enfermidade
mental conleva, usando os fondos dos museos xunto coa creatividade e a arte como
ferramentas terapéuticas e de transformación é a premisa que nos leva a deseñar unha
unidade didáctica que se ofertará á comunidade educativa, para que o alumnado tome
conciencia o máis cedo posible desta realidade.
Por outra banda acompañarase esta unidade cunha serie de actividades extraescolares
dirixidas a todo tipo de públicos nas que se buscarán as emocións que o noso patrimonio
suscita nas persoas participantes, utilizando tanto a presencialidade, como as opcións
multicanle e as redes sociais.
✓ FOTOGRAFÍA A CEGAS
Este proxecto de continuidade da Rede Museística Provincial de Lugo nace no ano 2012 froito
da necesidade de adaptar o posto de traballo de unha persoa con discapcidade visual que pasa
a formar parte da plantilla da Rede.
Esta necesidade individual dunha persoa convírtese nunha oportunidade que se lle vai a
ofertar ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual de achegarse ás coleccións
dos museos que conforman a Rede e aos seus territorios e ás realidades das súas
comunidades, desde unha perspectiva negada a este colectivo, á da imaxe refrectida na
fotografía como expresión de emocións e sentimentos.
Este proxecto supón tamén un xeito de actividade formativa para as persoas que compoñen a
plantilla da Rede Museística Provincial de Lugo, pois ao colaborar co colectivo de persoas cegas
e con deficiencia visual, coñecen de primeira man ás súas dificultades e necesidades.
Despois de catro edicións, presentamos este ano 2021 unha nova convocatoria de
"FOTOGRAFÍA A CEGAS", que someterá ao noso patrimonio a unha interpretación visual e
fotográfica por parte de persoas cegas e con discapacidade visual, e que rematará cunha
exposición dos traballos realizados por elas.
✓ SAUDARTE
O obxectivo deste proxecto é humanizar a estancia hospitalaria dos pacientes pediátricos a
través da experiencia cultural nos museos da Rede Museística Provincial. Ofrecemos unha
programación de actividades que se centran nas necesidades e na atención individualizada de
cada neno ou nena, así como das súas familias. Ademais, están deseñadas nun formato
sinxelo, lixeiro e flexible; pensado para seren realizadas en pouco tempo e ao longo da
semana, co fin de facilitar o descanso da rapazada participante.
✓ IMAXINANDO ÁS ESCURAS
Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da Rede Museística
Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a saír do confort dos nosos muros,
a deixar que sexan as persoas as que expoñan as súas necesidades e preferencias, a
adaptarnos a satisfacer esas necesidades e preferencias, levamos de novo a riqueza
patrimonial das nosas coleccións ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual da
ONCE de Galicia.
Nestas visitas que se engloban baixo o nome de "Imaxinando ás escuras", aproveitaremos as
posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía multicanle, pero sen perder a cercanía da
presencialidade virtual das nosas visitas inmersivas á hora de difundir e dar a coñecer o noso
patrimonio e de manternos en contacto activo coa nosa comunidade.
As tres próximas visitas programadas para os meses de outubro e novembro son:
Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla.
A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do Mar.
A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo.
✓ FACÉMONOS ESCOITAR? MAPA SONORO DA MEMORIA COLECTIVA LUCENSE
VINCULADA Á REALIDAE LGTBIQA+.
Mediante un chamamento dirixido á poboación de todo o territorio lucense desde o mes de
xuño de 2021, recompilaremos a través de audios de móvil testemuñas orais nas que se
transmiten vivencias, anécdotas, experiencias e lembranzas vinculadas á temática LGTBIQA+
acaecidas ao longo do territorio provincial.
Resultado deste proceso obteremos un mapa sonoro formado por fragmentos de audio de
numerosas persoas que ao longo das súas vidas viviron, presenciaron, sufriron ou celebraron
momentos, afectos e vivencias que hoxe en día constrúen a realidade LGTBIQA+ da provincia
de Lugo e que nos sitúan nun determinado punto do camiño no avance cara a construción de
sociedades nas que pague a pena vivir.
Este proxecto é froito dunha colaboración entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a
través da Rede Museística Provincial, o Colectivo Agrocuir da Ulloa e a Cooperativa Indaga, no
marco das celebracións do Orgullo LGTB 2021. Senta unha boa oportunidade para recuperar
lembranzas da poboación, do tecido social e das institucións da provincia de Lugo no eido
LGTBIQA+, contribuíndo á necesaria celebración dos avances logrados na historia recente da
provincia e servindo tamén para identificar os obstáculos e retos aínda presentes.
✓ ARQUITECTURAS DA MEMORIA
Desde Friol, recollida de testemuñas orais e en primeira persoa das vivencias das nosas
comunidades, en especial as rurais, coas que subliñamos o valor do noso patrimonio cultural e
a súa raizame no territorio.
✓ REFUXIADXS. DIACONÍA
A mostra 'Refuxiadxs. Diaconía', resultado do I Certame de Fotografía 'Soños a través da
mirada', actividade desenvolvida no marco das Xornadas Migrantes de Soños. Esta exposición,
organizada por Diaconía. Comunidade Diversa, recolle a obra de Iago Rois Abel. Comunidad
Diversa.
✓ 113+
En Lugo conviven máis de 113 nacionalidades diferentes e a través deste proxecto queremos
coñecer as súas inquedanzas e emocións como migrantes, poñendo os museos como lugar de
encontro e suscitadores deses recordos que as obras de arte despertan neles. Coñecer outras
culturas diferentes fai que as nosas institucións medren en riqueza e tolerancia, xa que
coñecendo o diferente seremos capaces de valoralo como merece e poderemos axudar na súa
difusión e coñecemento.
✓ CULTURAS EN DIÁLOGO
Programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo
e Arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural,
entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e
onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade.
O seu obxectivo principal radica en investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir
a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo, fomentando a
participación activa de todos os colectivos e resaltando as súas propias manifestacións
culturais.
✓ ÁLBUM DA MEMORIA COMPARTIDA
Neste obradoiro, a partir dunha selección de obxectos do Museo Pazo de Tor, e usando a
psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, vaise tratar de desencadear nas
persoas participantes a lembranza de vivencias a través do motor emocional, establecendo
pontes entre o pasado e o presente. Ademais, neste obradoiro vaise facilitar material para
empregar na casa ou no propio centro, polos familiares ou polos coidadores para que poidan
utilizalo, facendo entre todos un álbum de memoria compartida.
A través de varias sesións, que se desenvolverán nas instalacións dos catro museos da Rede
Museística da Deputación de Lugo e con distintas actividades (Memoria do pan, receitas da
memoria, nobelo da memoria, tirando do fío, etc) vanse tratar temas diferentes.
✓ TI EN MIN, EU EN TI
Baixo o título “Ti en min, eu en ti. Museos con todxs” preséntanse as bases teóricas e
metodolóxicas dun proxecto que pretende derrubar barreiras e promover a inclusión e a
accesibilidade das persoas con Trastornos no Espectro Autista aos Museos e, con eles, ao
Patrimonio Cultural. Empregando os recursos de lectura fácil e os SAAC, o obradoiro tenta
achegar o patrimonio á sociedade, humanizar os museos, encher de afectividade o inanimado
e compoñer, a partir dos múltiples micro-relatos, un meta-relato colectivo, inclusivo e
accesíbel.
✓ TECENDO REDES. TECENDO RECORDOS
Esta exposición está organizada por Afalu Alzhéimer e Federación Alzhéimer Galicia, con
paneis fotográficos que amosan o traballo que realizan as asociacións e froito das accións a
prol de manter e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e dos seus familiares.
✓ RONSEL DE FUTURO
"Ronsel de futuro" é un proxecto que mira cara o pasado para proxectarse no futuro a través
das ferramentas que nos ofrece o cinema. Trátase dun proxecto de web-serie para dar a
coñecer os nosos museos a través do audiovisual e entender a importancia do museo como
relator e promotor de historias.
✓ MUSEOS PÚBLICOS 25.2 : TRABALLOS REALIZADOS POLOS RECLUSOS DO CENTRO
PENITENCIARIO DE BONXE.
Dentro do proxecto global EnREDarte, o programa Espazos Públicos de Visibilidade pon en
marcha a iniciativa Museos Públicos 25.2 co dobre obxectivo de achegar os museos a
colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios dos mesmos e o de colaborar na
integración social a través da cultura, atendendo ao mandado no artigo 25.2 da Constitución:
"As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á
reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado a
pena de prisión que estiver cumprindo a mesma gozará dos dereitos fundamentais deste
Capítulo, agás os que se vexan expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o
sentido da pena e a lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e
aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao
desenvolvemento integral da súa personalidade".
Baixo estas premisas, o MPLugo (integrado na Rede Museística Provincial) e o Centro
Penitenciario de Bonxe colaboran con unha actividade que consta de dúas fases:
1º fase: visitas ao Centro Penitenciario de Bonxe: para dar a coñecer ao persoal recluso deste
centro os museos lucenses e os seus contidos a través de charlas, complementadas con
diversas actividades.
2ª fase: Exposición dos traballos realizados polxs reclusxs do Centro Penitenciario de Bonxe,
que darán a coñecer os seus traballos aos visitantes dos museos da Rede.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO

Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGO
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGOCAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGO
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGOEncarna Lago
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Encarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Encarna Lago
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Encarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisEncarna Lago
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 

Ähnlich wie JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO (20)

Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGO
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGOCAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGO
CAPACIDADES DIFERENTES . MUSEOS SEN LIMITES ARTÍGO ENCARNA LAGO
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos CulturaisMemoria prácticas Máster Servizos Culturais
Memoria prácticas Máster Servizos Culturais
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 

Mehr von Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 

Mehr von Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO

  • 2. Desde a Rede Museística Provincial de Lugo queremos manifestar a nosa satisfacción polo lema escollido este ano para a celebración das Xornadas Europeas do Patrimonio: “Patrimonio Inclusivo” (Heritage for All). Preténdese con este lema reconsiderar e repensar a forma en que achegamos o patrimonio á cidadanía. No ADN da RMPL está desde a súa creación no ano 2006 conseguir museos accesibles e inclusivos nos que ninguén quede fóra do acceso ao patrimonio por causas económicas, sociais, de xénero, culturais, … E por iso que xa desde o ano 2007 contamos na Rede cun programa institucional inclusivo: https://es.slideshare.net/redemuseistica/programa-institucional-inclusivo-de-la-red- musestica-de-lugo. Logo de procurar facer que os nosos museos sexan accesibles tanto física como sensorial e cognoscitivamente e que as persoas que conforman a nosa plantilla estivesen formadas para a atención de todo tipo de públicos, buscamos que a nosa programación sexa inclusiva, permitindo a participación de toda a comunidade, feito que nós ten sido recoñecido con diversos premios entre os que sinalamos: premio Galicia Inclusión Anade en el 2017, premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI e premio ONCE Solidaridade en 2011. Estes recoñecementos servennos de acicate para seguir poñendo ás persoas no centro, para continuar coa labor de que ninguén quede fóra do acceso ao noso patrimonio,contribuíndo así á súa participación e inclusión na sociedade.
  • 3. Programa Inclusivo da Rede Museística Provincial de Lugo. UNHA REDE MUSEÍSTICA POSIBLE. Dentro dos actos para conmemorar as Xornadas Europeas do Patrimonio, os días 18 e 19 de setembro levaremos a cabo desde a Rede Museística Provincial de Lugo as seguintes accións: ● VISITAS TELEFÓNICAS AO MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA Éste é o único dos Museos da Rede no que a accesibilidade física non é posible por motivos arquitectónicos. E por iso que no empeño de achegar o noso patrimonio a todas as persoas, neste caso farémolo en forma de visitas telefónicas que permitirán ao colectivo con movilidade reducida desfrutar deste anaco da nosa historia. Para concertar estas visitas haberá que chamar ao teléfono 982375156. ● VISITAS INMERSIVAS Son visitas temáticas nas que combinamos a tecnoloxía multicanle coa intervención directa do persoal do museo e dos visitantxs que se realizan en todos os museos da Rede Museística Provincial e de acceso a calquera persoa que se inscriba previamente. Unha maneira de facilitar o acceso á cultura e o patrimonio da nosa provincia de Lugo: https://comunidadermpl.es/visitas-inmersivas-3d/
  • 4. ● FEITO PARA TI Esta actividade consiste na construción de experiencias en base as necesidades de cada persoa ou colectivo. Xurde da necesidade de seguir en contacto coa nosa comunidade cando se produce o peche físico dos museos durante a crise sanitaria derivada do Covid, buscando ese achegamento mediante os medios tecnolóxicos máis axeitados para cada persoa , xa sea vía telefónica, whatsapp, zoom, skype... Achegarémonos aos colectivos de COGAMI, AGORA E ACADAR. Programación continuada da RMPL: ✓ COÑECELAS É RECOÑECELAS Posta en valor da memoria individual das mulleres con discapacidade da provincia de Lugo. As memorias e saberes populares conforman parte do noso patrimonio inmaterial e ao recuperar esas memorias estamos a recuperar unha parte do noso patrimonio, xa que moitos dos microdiscursos, neste caso os das mulleres con discapacidade nunca formaron parte dos relatos e discursos das élites que se recollían nos museos. A partir do día 18 de setembro, data na que se celebran as Xornadas Europeas do Patrimonio, comezaremos unha serie de conversas e entrevistas con mulleres con discapacidade da provincia de Lugo nas que unindo oralidade e tecnoloxía darán como resultado un mapa sonoro das voces xeolocalizadas destas mulleres que presentaremos o día 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, para coñecer e visibilizar, comprender e recoñecer os procesos vitais das mulleres con discapacidade. ✓ RECUPERAR ONDE VIVIMOS , REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS Esta actividade está aberta á participación de todos os colectivos e nela traballaremos ao redor de tres datas que marcan o “ ronsel”, a pegada, o rastro que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006, o presente co 18 de maio, Día Internacional dos Museos, como punto de partida e o futuro coa vista posta na consecución dos Obxectivos da Axenda 2030. Así, desde o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións, recolleremos imaxes do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polos que discorría a cotiandade que queremos recuperar. Debemos ter presente que hai moito futuro no pasado, que só coñecendo o pasado entenderemos o noso presente e afrontaremos mellor o noso futuro.
  • 5. Ademais, para completar a actividade, as persoas participantes deberán responder con imaxinación a como pensan que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano 2030. O formato é libre, podendo ser achegas multimedia, textos, composicións, colaxes, etc... ✓ EMOCIÓNARTE O 10 de outubro conmemórase o Día Internacional da Saúde Mental, que este ano ten como lema: A saúde mental. Un dereito necesario. Mañá podes ser ti. Fomentar o coidado e a procura do benestar eliminando os estigmas que a enfermidade mental conleva, usando os fondos dos museos xunto coa creatividade e a arte como ferramentas terapéuticas e de transformación é a premisa que nos leva a deseñar unha unidade didáctica que se ofertará á comunidade educativa, para que o alumnado tome conciencia o máis cedo posible desta realidade. Por outra banda acompañarase esta unidade cunha serie de actividades extraescolares dirixidas a todo tipo de públicos nas que se buscarán as emocións que o noso patrimonio suscita nas persoas participantes, utilizando tanto a presencialidade, como as opcións multicanle e as redes sociais. ✓ FOTOGRAFÍA A CEGAS Este proxecto de continuidade da Rede Museística Provincial de Lugo nace no ano 2012 froito da necesidade de adaptar o posto de traballo de unha persoa con discapcidade visual que pasa a formar parte da plantilla da Rede. Esta necesidade individual dunha persoa convírtese nunha oportunidade que se lle vai a ofertar ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual de achegarse ás coleccións dos museos que conforman a Rede e aos seus territorios e ás realidades das súas
  • 6. comunidades, desde unha perspectiva negada a este colectivo, á da imaxe refrectida na fotografía como expresión de emocións e sentimentos. Este proxecto supón tamén un xeito de actividade formativa para as persoas que compoñen a plantilla da Rede Museística Provincial de Lugo, pois ao colaborar co colectivo de persoas cegas e con deficiencia visual, coñecen de primeira man ás súas dificultades e necesidades. Despois de catro edicións, presentamos este ano 2021 unha nova convocatoria de "FOTOGRAFÍA A CEGAS", que someterá ao noso patrimonio a unha interpretación visual e fotográfica por parte de persoas cegas e con discapacidade visual, e que rematará cunha exposición dos traballos realizados por elas.
  • 7. ✓ SAUDARTE O obxectivo deste proxecto é humanizar a estancia hospitalaria dos pacientes pediátricos a través da experiencia cultural nos museos da Rede Museística Provincial. Ofrecemos unha programación de actividades que se centran nas necesidades e na atención individualizada de cada neno ou nena, así como das súas familias. Ademais, están deseñadas nun formato sinxelo, lixeiro e flexible; pensado para seren realizadas en pouco tempo e ao longo da semana, co fin de facilitar o descanso da rapazada participante. ✓ IMAXINANDO ÁS ESCURAS Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da Rede Museística Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a saír do confort dos nosos muros, a deixar que sexan as persoas as que expoñan as súas necesidades e preferencias, a adaptarnos a satisfacer esas necesidades e preferencias, levamos de novo a riqueza
  • 8. patrimonial das nosas coleccións ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual da ONCE de Galicia. Nestas visitas que se engloban baixo o nome de "Imaxinando ás escuras", aproveitaremos as posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía multicanle, pero sen perder a cercanía da presencialidade virtual das nosas visitas inmersivas á hora de difundir e dar a coñecer o noso patrimonio e de manternos en contacto activo coa nosa comunidade. As tres próximas visitas programadas para os meses de outubro e novembro son: Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla. A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do Mar. A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo. ✓ FACÉMONOS ESCOITAR? MAPA SONORO DA MEMORIA COLECTIVA LUCENSE VINCULADA Á REALIDAE LGTBIQA+. Mediante un chamamento dirixido á poboación de todo o territorio lucense desde o mes de xuño de 2021, recompilaremos a través de audios de móvil testemuñas orais nas que se transmiten vivencias, anécdotas, experiencias e lembranzas vinculadas á temática LGTBIQA+ acaecidas ao longo do territorio provincial. Resultado deste proceso obteremos un mapa sonoro formado por fragmentos de audio de numerosas persoas que ao longo das súas vidas viviron, presenciaron, sufriron ou celebraron momentos, afectos e vivencias que hoxe en día constrúen a realidade LGTBIQA+ da provincia de Lugo e que nos sitúan nun determinado punto do camiño no avance cara a construción de sociedades nas que pague a pena vivir. Este proxecto é froito dunha colaboración entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial, o Colectivo Agrocuir da Ulloa e a Cooperativa Indaga, no marco das celebracións do Orgullo LGTB 2021. Senta unha boa oportunidade para recuperar lembranzas da poboación, do tecido social e das institucións da provincia de Lugo no eido
  • 9. LGTBIQA+, contribuíndo á necesaria celebración dos avances logrados na historia recente da provincia e servindo tamén para identificar os obstáculos e retos aínda presentes. ✓ ARQUITECTURAS DA MEMORIA Desde Friol, recollida de testemuñas orais e en primeira persoa das vivencias das nosas comunidades, en especial as rurais, coas que subliñamos o valor do noso patrimonio cultural e a súa raizame no territorio. ✓ REFUXIADXS. DIACONÍA A mostra 'Refuxiadxs. Diaconía', resultado do I Certame de Fotografía 'Soños a través da mirada', actividade desenvolvida no marco das Xornadas Migrantes de Soños. Esta exposición, organizada por Diaconía. Comunidade Diversa, recolle a obra de Iago Rois Abel. Comunidad Diversa. ✓ 113+
  • 10. En Lugo conviven máis de 113 nacionalidades diferentes e a través deste proxecto queremos coñecer as súas inquedanzas e emocións como migrantes, poñendo os museos como lugar de encontro e suscitadores deses recordos que as obras de arte despertan neles. Coñecer outras culturas diferentes fai que as nosas institucións medren en riqueza e tolerancia, xa que coñecendo o diferente seremos capaces de valoralo como merece e poderemos axudar na súa difusión e coñecemento. ✓ CULTURAS EN DIÁLOGO Programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e Arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade. O seu obxectivo principal radica en investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo, fomentando a
  • 11. participación activa de todos os colectivos e resaltando as súas propias manifestacións culturais. ✓ ÁLBUM DA MEMORIA COMPARTIDA Neste obradoiro, a partir dunha selección de obxectos do Museo Pazo de Tor, e usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, vaise tratar de desencadear nas persoas participantes a lembranza de vivencias a través do motor emocional, establecendo pontes entre o pasado e o presente. Ademais, neste obradoiro vaise facilitar material para empregar na casa ou no propio centro, polos familiares ou polos coidadores para que poidan utilizalo, facendo entre todos un álbum de memoria compartida. A través de varias sesións, que se desenvolverán nas instalacións dos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo e con distintas actividades (Memoria do pan, receitas da memoria, nobelo da memoria, tirando do fío, etc) vanse tratar temas diferentes. ✓ TI EN MIN, EU EN TI
  • 12. Baixo o título “Ti en min, eu en ti. Museos con todxs” preséntanse as bases teóricas e metodolóxicas dun proxecto que pretende derrubar barreiras e promover a inclusión e a accesibilidade das persoas con Trastornos no Espectro Autista aos Museos e, con eles, ao Patrimonio Cultural. Empregando os recursos de lectura fácil e os SAAC, o obradoiro tenta achegar o patrimonio á sociedade, humanizar os museos, encher de afectividade o inanimado e compoñer, a partir dos múltiples micro-relatos, un meta-relato colectivo, inclusivo e accesíbel. ✓ TECENDO REDES. TECENDO RECORDOS
  • 13. Esta exposición está organizada por Afalu Alzhéimer e Federación Alzhéimer Galicia, con paneis fotográficos que amosan o traballo que realizan as asociacións e froito das accións a prol de manter e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e dos seus familiares. ✓ RONSEL DE FUTURO "Ronsel de futuro" é un proxecto que mira cara o pasado para proxectarse no futuro a través das ferramentas que nos ofrece o cinema. Trátase dun proxecto de web-serie para dar a coñecer os nosos museos a través do audiovisual e entender a importancia do museo como relator e promotor de historias. ✓ MUSEOS PÚBLICOS 25.2 : TRABALLOS REALIZADOS POLOS RECLUSOS DO CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE.
  • 14. Dentro do proxecto global EnREDarte, o programa Espazos Públicos de Visibilidade pon en marcha a iniciativa Museos Públicos 25.2 co dobre obxectivo de achegar os museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios dos mesmos e o de colaborar na integración social a través da cultura, atendendo ao mandado no artigo 25.2 da Constitución: "As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estiver cumprindo a mesma gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo, agás os que se vexan expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da pena e a lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao desenvolvemento integral da súa personalidade". Baixo estas premisas, o MPLugo (integrado na Rede Museística Provincial) e o Centro Penitenciario de Bonxe colaboran con unha actividade que consta de dúas fases: 1º fase: visitas ao Centro Penitenciario de Bonxe: para dar a coñecer ao persoal recluso deste centro os museos lucenses e os seus contidos a través de charlas, complementadas con diversas actividades. 2ª fase: Exposición dos traballos realizados polxs reclusxs do Centro Penitenciario de Bonxe, que darán a coñecer os seus traballos aos visitantes dos museos da Rede.