Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige
Anzeige

Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo

  1. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo Xullo 2017
  2. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 2 No contexto social e económico no que nos atopamos é sempre necesario crear solucións e estratexias imaxinativas para fortalecer a relación dos museos co seu público. Ofrecer experiencias de valor será o mellor recurso para atraer a visitantes cada vez máis esixentes. Captar a novxs visitantes custa entre 5 e 15 veces máis que facer que volva outra persoa que xa nos coñece (FERNÁNDEZ, 2013). En coherencia coa metodoloxía marcada no Programa de Novos Públicos 2017, a seis meses da súa implementación, estamos no momento de avaliar o seu desenvolvemento e formular as debidas correccións. Na natureza desta Rede está situar axs visitantes no centro da acción museolóxica, buscando a súa fidelización, unha relación máis forte co museo a través da total accesibilidade, a identificación coas coleccións e a participación activa. Facemos balance destes seis meses de execución do programa de Novos Públicos e as actividades que se levaron a cabo apoiando aos departamentos de didáctica, comunicación e xerencia. Enfocamos os puntos claves deste informe nos seguintes puntos: Incremento das visitas, os públicos máis fieis, a comunidade participante dos museos e recoñecemento na xestión.
  3. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 3 Balance
  4. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 4 Incremento das visitas Coa execución do Programa de Novos Públicos, neste primeiro semestre de 2017, os catro museos da Rede gozaron dun salientable aumento das visitas. De feito, estamos ante a mellor cifra dos últimos 17 anos. Só no mes de xullo no Museo Provincial de Lugo, contabilizáronse 2480 visitantes máis que en 2016, o que significa un incremento do 171%. Esta porcentaxe é tamén aplicable ao resto dos museos da Rede, mesmo aqueles que pecharon para a súa desinsectación (San Paio de Narla ou o Pazo de Tor) que medraron o seu número de visitas durante os dias que foron visitables.
  5. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 5 Número de visitantes no mes de xuño desde 2000 a 2017 3.319 3.256 2.591 3.941 3.780 4.144 5.679 3.909 5.461 4.039 4.201 3.877 3.842 4.737 4.063 3.779 3.483 5.963 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 ANOS
  6. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 6 Públicos máis fieis Pero unha boa xestión de públicos non insiste tanto no número como na relación que establece cada visitante tras a súa visita. Un museo sostible é aquel que mantén vínculos duradeiros e de reciprocidade para coa súa comunidade é un museo. Neste aspecto, destacamos os comentarios deixados nas redes sociais, así como o crecemento de seguidorxs en cada un dos perfís de facebook e twitter. Na rede especializada en turismo como é Tripadvisor, os museos da Rede acadaron os primeiros postos na clasificación de museos da provincia.
  7. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 7 Por outra banda, na atención directa que se realiza desde a vixilancia en sala, recóllese un alto nivel de satisfacción dxs viaxeirxs de fóra de Galicia a través das observacións sobre os contidos e as súas preguntas de orientación No que respecta a visitantes galegxs, denotan un crecente interese sobre as actividades e exposicións temporais que se desenvolven nos museos e unha evidencia de visita repetida en máis dunha ocasión. Por último, non esqueceremos aos propios habitantes de cada unha das poboacións onde se sitúan os museos que declaran como “redescubren” o museo por mor de catro motivacións: ▪ Da man dos seus fillos ou netos que viñeron co colexio e agora ensinan o museo aos seus familiares. ▪ Visitando as exposicións temporais ou asistindo ás actividades (conferencias, obradoiros, proxeccións). ▪ Porque “hai moito tempo que non viña” e escoitaron falar que estaba moi ben. ▪ Como anfitrións de amigos e familiares que están de paso pola cidade. Enquisa de captación de novos públicos Un formulario deseñado para recoller datos e impresións de quen nos visita. As súas conclusións serán xermolo de novas accións de captación e fidelización de públicos
  8. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 8
  9. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 9 Comunidade máis participante Nestes primeiro semestre fomentamos a participación dos colectivos sociais en actividades de inclusión organizadas desde a Rede Museística. Sobre este punto a Rede convértese e plataforma de diálogo para os temas sensibles que preocupan á nosa sociedade: capacidades diferentes, identidade de xéneros, violencia de xénero, dereitos da muller e migracións. Fagamos balance das actividades levadas a cabo por/para/con estes colectivos.  Culturas en Diálogo. Refuxiadxs e migrantes O 23 de xaneiro de 2017, dentro do programa de Culturas en Diálogo, de Museoloxía Social, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo, unha mesa redonda sobre Alepo, a cidade siria que se converteu en campo de batalla das diferentes faccións enfrontadas na longa guerra de Siria. Interviñeron a delegada de Cultura, Pilar García Porto, o director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso, Pedro Cantero, o tradutor del C. P. Monterroso, experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, o director de programas do C. Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso, a estudante de Socioloxía na Universidade Central de Venezuela, Nour Salih Chami, o refuxiado sirio residente na Coruña, Ahmad Llovia, a máster en Estudos Internacionais da USC e politóloga. Nour Al-Houssen, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
  10. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 10  Nós + Outrxs en rede Proxecto de colaboración que se desenvolve en torno á reflexión sobre a identidade, o xénero, o traballo en grupo, e o respecto á diversidade. Esta edición érguese desde a xenerosidade de nove artistas que ofrecen nove proxectos expositivos con todo tipo de linguaxes. A partir de aquí se realizan os obradoiros como unha creación artística conxunta entre asociacións sensibles e artistas. Participaron colectivos de toda a provincia: Asociación axuda ó enfermo mental A Mariña, Fundación ONCE, Síndrome de Down Lugo,Cogami Lugo, Cogami Ulloa, Agora Monforte, Centro de persoas con discapacidade de Bóveda, Secretariado Gitano, Asociación de Familias con menores Trans*, Arelas, ANPA colexio A Ponte, máis o club Senior da Rede Museística. En total, estiveron implicadas máis de 300 persoas realizando os diferentes obradoiros e chegaron a realizar entre todxs unha obra conxunta, monitoreada pola artista Violeta Bernardo.
  11. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 11
  12. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 12  IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación Para responder ao debate sobre identidade sexual e a súa representatividade nos museos, a Rede Museística acometeu a cuarta edición deste congreso con sesións dedicadas a colectivos, a relatorios científicos, a diferentes experiencias artísticas e doutros museos, e finalmente unha xornada dedicada a Maruja Mallo. Participaron 44 relatorxs, entre xs que se incluían representantes de colectivos sociais, artísticos e educativos, artistas e profesionais de museos de Lugo, Galicia, Castela e León e Madrid, que presentaron as súas propostas ante un aforo completo aos poucos días de iniciar o prazo de inscrición. Ademais dos relatorios presenciais, o congreso contou co conferencias enviadas a través de vídeo desde México, Costa Rica e Arxentina. Cunha asistencia limitada a 50 persoas, recibíronse 70 solicitudes de inscrición para os catro días de celebración: 10, 11, 31 de marzo e 1 de abril. Na necesidade de expandir as xornadas. utilizamos as redes socias, principalmente Facebook e Twitter para comunicar en directo o que acontecía en cada sesión. En Facebook, con preto de 2300 seguidorxs, chegouse aos 4378 impactos no punto máximo. En Twitter con apenas 267 seguidores e 1154 tuits publicados, acadáronse 30300 impresións no mes de marzo e 990 visitas ao perfil.
  13. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 13
  14. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 14  Mesa redonda contra a violencia de xénero Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo de xestión co tecido social con distintas asociacións, venres, día 16 de xuño, tivo lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, unha mesa redonda baixo o título Non quero ser a seguinte vítima, non quero ser un número mais, na que interviron como poñentes o maxistrado Adriano J. Alfonso Rodríguez, Doutor en Dereito, Criminólogo e xuíz dependente da Audiencia Provincial de Pontevedra e Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación Si, hai saída contra a violencia de Xénero.
  15. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 15  Xornada Feminista Organizado pola Plataforma Feminista de Lugo, e dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo de xestión co tecido social a través de distintas asociacións, o 17 de xuño tivo lugar no xardín do Museo Provincial de Lugo unha xornada feminista con diversas actividades: uo obradoiro "Desmontando os mitos do amor romántico", un pequeno xantar de convivio e unha charla de Cristina Palacios, da asociación de familias de menores transexuais Arelas. 
  16. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 16  Xuntanza de profesionais invitados por COGAMI Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo con diversos colectivos sociais (Redes de Liberdade) e a participación de proxectos europeos da man de COGAMI e os seus socios, o 22 de xuño, desenvolveuse, no Refectorio do Museo Provincial, unha xuntanza con profesionais de entidades procedentes de Italia, Grecia, Suecia e Gran Bretaña para coñecer como se traballa na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Nesta xuntanza, enmarcada dentro do programa Cultural Arts que permite recoñecer habilidades e coñecementos adquiridos por persoas con discapacidade a través da creatividade, a xerente, Encarna Lago, acompañada dos fotógrafos José Reigosa e Germán Limeres, do proxecto Fotografía a Cegas, así como tamén de persoal do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade dos catro museos que integran esta Rede, explicou aos visitantes que significa a accesibilidade cultural, que implica o acceso á cultura de todas as persoas, sen importar a súa condición. Tamén estivo presente o artista plástico Alberto Pena Rey, que falou do coñecido mural El Bosque Colectivo no que participou COGAMI. Pola tarde, representouse a performance “Cidade Palabra- Escritura Falada” de Vita Martínez, na que o seu corpo será o soporte da escritura e pintura.
  17. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 17  Orgullo LGTBI: Lugo Diversx "Orgullo LGTBI: Lugo Diversx", desenvolveuse durante sete días con actividades socioculturais, lúdicas e deportivas que buscan visibilizar e sensibilizar no respecto á diversidade sexual, poñendo énfase no orgullo e o empoderamento das persoas e colectivos minorizados pola sociedade. Todo isto unindo as sinerxias do eido asociativo e as administracións a través do programa da Rede Museística da Provincia de Lugo, Nós+outrxs en rede. Contu coa colaboración de Arelas, asociación de familias de menores trans, o Concello de Lugo. Conferencias, convocatorias artísticas, andainas, obradoiros, intervencións urbanas e concertos a prol de amosar a diversidade da nosa comunidade.
  18. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 18
  19. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 19  50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade A exposición xira arredor do percorrido histórico e social do Club de Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional que este ano celebra o seu 50 aniversario. Trátase dunha pequena homenaxe, a través de obxectos e paneis, por primeira vez expostos nun espazo museístico coas características axeitadas para poder visitala, consultala e gozala polas novas e vellas xeracións. Igualmente, a exposición tamén quere inducir á práctica saudable e lúdica da actividade deportiva. Dado que as necesidades dos cidadáns están sempre mudando, especialmente as dos máis novos, a Deputación de Lugo está na obriga de ofrecer respostas diferentes, e a organización de eventos e espazos culturais creativos e innovadores pode ser unha desas respostas adaptada aos novos tempos. A Rede Museística Provincial deu continuidade en 2017 ao seu Programa de Captación de Novos Públicos. Un dos seus públicos obxectivo é a mocidade, desde os 11 ata os 25 anos, que son, segundo as nosas estatísticas, quen menos afluencia e uso fai do propio museo. Con esta idea de fondo e na necesidade de seducir aos públicos novos con temas que lles interesan, relacionamos deporte/mocidade/cultura a través dun proxecto expositivo que amose a traxectoria histórica e social do Club Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional, e que este ano celebra o seu 50 aniversario. Ademais da exposición, realizáronse conferencias e actividades coa finalidade de festexar os 50 anos do club atraendo nos seus dous meses de exhibición a 842 persoas entre os que se encontraban grades afeccionaxs e deportistas, novxs visitantes ao museo, colectivos de capacidades diferentes, etc. Salientable foi a a xornada conmemorativa As Redes como xeradoras de cambio social, con unha notable presenza de colectivos sociais.
  20. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 20
  21. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 21 Recoñecementos ao modelo da Rede Museística Desde a posta en marcha do programa de Novos Públicos, a xerencia da Rede Museística foi invitada a compartir a súa experiencia como modelo de inclusión de públicos en diferentes ocasións de relevante importancia:  Invitada polo IV Encontro de Museos Portugal-Espanha, organizado polos organismos de tutela dos museos dos dous países: a Direçao Geral do Património Cultural e a Subdirección General de Museos Estatales, 13 de decembro 2016, Lisboa.  Publicación en el Boletín de AMMA (Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía) #9. Febrero 2017.  Exposición Culturas en diálogo . Lugo, Argentina Uruguay, caminos de ida y vuelta, no Museo de América. Do 24 de febreiro ao 26 de marzo. Madrid.  XIII Curso de Primavera Culturalb, 21 de maio, Universidade ed Santiago de Compostela.  Xornada de fomento da accesibilidade universal en Lugo, organizado por Auxilia, Predif Galicia e Lugo Monumental. Colaboran Raiolas, Asorlu, ONCE, Rede Museística provincial e voluntarios da UDP. 8 de xuño.  Os museos da Rede, museos mellor valorados da provincia segundo Tripadvisor  Artigo publicado en Lugo. Cultura Dixital Muralla Aberta #1. A Rede Museística Provincial. Dez anos construíndo comunidade.  Participación no congreso sobre O futuro da Educación organizado por Igaciencia, 4 de xullo. Santiago de Compostela.  Inclusión do programa institucional inclusivo da Rede Mueística Provinicial de Lugo no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural da Asociación Galega de Profesionais da xestión Cultura.  Intervención no Seminario Museos Etnografía e Antropoloxía no Museo do Pobo Galego, 28, 29 e 30 setembro, Santiago de Compostela,  IV Congresso Internacional de Educação e Acessibilidade em Museus e Património. Formação para a Inclusão: A Acessibilidade Universal é exequível, seleccionou a conferencia de Encarna Lago, Experiencias innovadoras de formación e inclusión social, en la red museística provincial de Lugo, como exemplo de boas prácticas na UE. 2, 3, 4 de outubro, Lisboa.
  22. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 22 Continuidade
  23. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 23 Os resultados de xeito positivo expostos anteriormente marcan a liña ascendente no que se está a desenvolver este programa de Novos Públicos. Pero aínda queda moito traballo por facer, Continuamos coa metodoloxía cíclica deste proxecto baseada en coñecer, deseñar, difundir, executar, documentar e avaliar para seguir facendo.  Recoller enquisas e información para completar a base de datos de colectivos e axentes sensibles e máis o terceiro sector.  Facilitar o traballo dos departamentos de comunicación, didáctica e conservación, como canles de transmisión ao público.  Potenciar a impresión que xs visitantes, usuarixs e participantes das actividades levan dos museos, na mellora da súa orientación e accesibilidade aos contidos.  Fomentar a participación da comunidade tamén nos clubs da Rede: Pequeamigos, Ei!,e Senior.
  24. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 24 Coñecer Enquisas Entrevistas Deseñar Plan para escolares Plan para a mocidade Plan para maiores Plan para colectivos Difundir Feiras Puntos de información RRSS Executar Museo Provincial de Lugo Museo Pazo de Tor Museo Fortaleza San Paio de Narla MUseo Provincial do Mar Documentar RRSS Arquivo Avaliar Criterios Correccións
  25. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 25 .Novas estratexias a engadir ao Plan  Proxección provincial O compromiso da Deputación de Lugo na mellora dos servizos públicos dos concellos da provincia maniféstase neste plan a través dunha liña de achegamento dos 67 concellos da provincia aos catro museos da Rede. Queremos con isto ampliar a acción de comunidade da Rede e os resultados acadados nos localidades de cada un dos museos. Con este fin deseñamos as seguintes accións: • Realización dun mapa de xeolocalización coas distancias entre os 67 concellos e os catro museos. • Distribución de información nas concellerías de cultura e turismo de todos os entes locais. • Solicitude de transporte entre os concellos que o requiran e os museos da Rede.  Ano Domingo Fotán En 2017 cómprense 200 anos desde o comezo dos traballos de Domingo Fontán, por “ponerlle cara a Galicia” que diría Otero Pedrayo, no seu nomeado mapa que se exhibe nas dependencias do Pazo de Tor.
Anzeige