1. O Pazo de Tor constitúe en si mesmo unha das máis importantes mostras da
arquitectura pacega galega, e custodia ademais unha riquísima colección de
obxectos artísticos testemuño do modo de vida nobre na Galicia da Idade
Moderna.
Está situado nunha elevación que lle serve de mirador sobre o val de Lemos, na
parroquía de San Xoán de Tor, no concello de Monforte de Lemos.
Un pouco de Historia:
Ós conflictivos séculos XIV e XV, nos que a aristocracia inzou Galicia de castelos
e casas-torre, sucedeu unha idade Moderna caracterizada pola estabilidade, na
que a mesma nobreza pasou a residir en pazos acordes co novo estilo de vida máis
pacífico imposto pola Monarquía . Sendo pois propiedades das mesmas familias, os
pazos xorden nas cercanías dos antigos castelos e torres, sobre os seus alicerces
ou, as veces, en torno súa, por agregación de novas arquitecturas cabe as vellas
torres.
Este parecer ser tamén o caso de Tor. Autores como Vázquez Seijas falan
da existencia dun antigo castelo nos arredores do actual pazo, e está testemuñada
a presenza dunha torre adosada a construcción actual, destruída polas tropas
francesas na Guerra da Independencia; aínda que certos restos desa torre teñan
chegado ata nós, a súa pouca entidades impide coñecer se sé trataba dunha
herdanza dos séculos baixomediavais ou se, coma en tantos outros pazos galegos,
procedía dunha etapa constructiva posterior ( pero en todo caso anterior ó edificio
(pero en todo caso anterior ó edificio actual)na que a súa función non sería xa
defensiva, senón ea dun elemento emblemático que simbolizaría visualmente o o
poder dos donos ante os labregos do contorno, e as súas nobres e antigas orixes
ante os seus iguais fidalgos.
O Pazo de Tor pode ser datado básicamente no último tercio do século XVIII. Esta
cronoloxía coincide coa da meirande parte dos pazos galegos, en especial no seus
mellores exemplo, datados ó longo do século XVIII, sobre todo na súa segunda
metade.
Esta gran actividade constructiva no rural galego, na que é enmarcable o pazo de
Tor, é froito fundamentalmente de dous factores: a situación económica e
demográfica expansiva da Galicia da época, e o enriquecemento e dinamismo social
da clase para a que se contruiron os pazos, a fidalguía rural. Ésta era a principal
receptora dos beneficios dun agoro galego en expansión gracias á práctica do
subforo, que a colocaba como intermediaria entre os donos da terra –alta nobreza
e institución eclesiástica- e os labregos que a cultivaban. Esta situación
2. privilexiada veráse consolidada en 1763 coa Pragmática de Perpetuación de Foros
de Carlos III, que deu á fidalguía unha seguridade xurídica e económica axiña
reflictida na construcción de suntuosas residencias rurais, os pazos.
De tódolos xeitos, malia inscribirse tipolóxica, cronolóxica e historicamente no
mundo pacego galego de fins da Idade Moderna, o de Tor posúe características
orixinais que o diferencian e o destacan entre outro pazos da súa mesma época e
estilo.
Arquitectonicamenté o seu tamaño e proporción, e a calidade do traballo dos
mestres canteiros que o construiron, singularízano entre os pazos lugueses e aínda
galegos. Aínda que Tor teña, como todos os pazos galegos do seu tempo, moitos
elementos que denotan o seu carácter de centro de explotación agropecuaria, e
que o vencellan ás tipoloxías propias da arquitectura popular do rural galego da
Idade Moderna, a súa fábrica transcende o carácter de “ casa grande” labrega
especialmente rica propio da maioría dos pazos contemporáneos, con elementos que
suxiren un maior coñecemento dos recursos e da linguaxe arquitectónica das
correntes cultas do gran Barroco galego, aínda que fora un coñecemento indirecto
e de segunda man.
Desde o punto de vista histórico, as orixes do pazo de Tor remóntanse a varios
séculos antes do nacemento e consolidación da chamada “fidalguía intermediaria”: a
liñaxe fundadora, e as que ó longo dos séculos se vincularán a ela por matrimonio,
pertencen ó máis granado da nobreza galega non titulada, consolidada nos séculos
XIV e XV. Ademais, os vinculeiros de Tor durante os séculos XVI-XVIII gozan
dunha prestancia social que transcende claramente á da maioría dos membros da
fidalguía rural galega de entón.
Por outra parte, o pazo de Tor posúe unha distinción de carácter político que cabe
retrotraer ós séculos mediavais e que o diferencia claramente de moitas casas
fidalgas da Galicia do Antigo Réxime. Tor era cabeza dun señoría xurisdiccional que
comprendías as parroquias de San Xoán e San Xulián de Tor, nunha Galicia na que o
poder xurisdiccional era case monopolizado pola igrexa e as grandes casas nobres
tituladas, quedando moi lonxe das posibilidades da maioría da fidalguía residente
nos pazos. Malia que a fins da Idade Media o poder xurisdiccional dos señores de
Tor extendíase tamén as parroquias de Abuíme, Castillón e Tuiriz baixo o señorío
doutro membros da familia. Aínda se conservan na fachada do pazo de Tor as
“cadeas de misericordia”, símbolo do exercicio de poder xudicial civil e criminal por
parte dos seus señores.
3. OS SEÑORES DE TOR:
As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV, disfrutando da
súa posesión os seus descendentes directos ata a súa derradeira dona, Dª María de
la Paz Taboada de Andrés, y Zúñiga, que lo doou a Excelentísima Deputación de
Lugo.
Os Garza entrocarón en sucesivos matrimonios con outras casas fidalgas
sobranceiras na Galicia interior, como as dos Taboada, Valcárcel, Somoza,Losada,
Sarmiento, Quiroga, Valladares, Temes…No século XVII, polo matrimonio entre
don Lope Sánchez de Quiroga y Garza e María Álvarez de Castro y Somoza, os
señores de Tor chegarán a entrocar coa máis poderosa liñaxe da nobreza titulada
galega, a dos Condes de Lemos, a cuio círculo de vasalos pertencía durante os
séculos XVII e XVII.
O primeiro persoeiro ben testemuñado desta familia foi, a cabalo entre os século
XIV e XV, Pedro Garza de Castillón “O Vello “, señor dos coutos de San Xoán e San
Xulián de Tor, Castillón Tuiriz e Abuíme en terras de Lemos.
O seu neto Pedro Garza de Castillón ”O Mozo” ou Pedro de Tor, casado
cunha parente de García Rodríguez Valcárcel, adiantado –gobernador- real de
Galicia, verá confiscadas as súas terras e señoríos pola súa participación na II
Guerra Irmandiña(1467-1469); só retornarán á familia gracias á intervención do
seu irmán Gonzalo ante os Reis Católicos, ós que servira na Guerra de Granada.
Durante a Idade Moderna, trala a herdanza da casa de Tor polo primoxénito de
Pedro de Tor, Diego de Quiroga Garza, as enerxías dos señores de Tor encáuzanse
á carreira militar ó servizo da Monarquía, e a obtención de oficios e prebendas
(hábitos das ordes militares, cargos no Santo Oficio e nas administración
municipais, dignidades eclesiásticas para os segundóns da casa…)Especial relevancia
política e social adquiriron os vinculeiros da casa da segunda metade do XVI e a
primeira do VII, Lope Sánchez de Quiroga y Garza e seu fillo Francisco Garza de
Quiroga, gracias ó seu parentesco coa Casa condal de Lemos, nese momento no
cumio do seu esplendor e influencia política.
Sen embargo, durante estes séculos a principal actividade da familia foi o a
administración e o engrandecemento do seu gran patrimonio rústico, a través de
dúas vías recorrentes na nobreza contemporánea: a vinculación de bens inmobles
inalleables, que debían ser herdados por un único titular, o vinculeiro, polo xeral o
primoxénito da casa), e os matrimonios endogámicos destes vinculeiros con
membros da súa mesma clase, preferiblemente vinculeiro á súa vez, para agrandar
o se patrimonio; o éxito dos señores e señoras de Tor neste sentido amósase nas
4. súas alianzas matrimoniais con algunhas das máis importantes casas fidalgas de
Galicia.
A principal proba da boa administración e engrandecemento dos dominios
territoriais de Tor constitúea sen dúbida a construcción a fins do XVIII dun dos
pazos máis destacables de Galicia, tanto pola súa arquitectura como polas ricas
coleccións de obras de arte que nel se conservan.
A ARQUITECTURA DO PAZO:
Como xa se dixo, o pazo de Tor é un magnífico exemplo da arquitectura
pacega galega, datable no último tercio do século XVIII, con algún vestixio
anterior e algunha reforma posterior( como as reparacións efectuadas tralo seu
incencio polas tropas napoleónicas). É encadrable dentro do estilo Barroco, de
longa pervivencia en Galicia, pero xa tamizado por certo sentimento estético
neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego de ordes clásicas.
Tor presenta unha planta moi recorrente na arquitectura dos pazos galegos,
en especial os de data avanzada: tres corpos dispostos en forma de U, co central
de menor tamaño e os laterais que adiantan sobre o plano, deixando no medio un
patio de honor.
O artellamento interno do edificio ven motivado pola necesidade de
conxugar nel a súa condición de residencia dunha familia e a da cabeza dunha
explotación agropecuaria. Consta pois de dúas plantas: un baixo de servizo que
alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria(cocheiras,
adegas, corte, tulla…) e a vivenda dos criados e caseiros, e un primeiro andar
reservado a residencia dos donos do pazo.
A fachada principal do pazo, precedida dun amplo xardín, é un bo exemplo da
versión máis austera e simétrica do Barroco. No centro da planta baixa ábrese
unha gran porta rematada en arco de medio punto adovelado, flanqueada a cada
lado por tres piares de granito rematados en capiteis dóricos, que sosteñen dous
balcón con varandas de ferro forxado. A apertura de vans no primeiro andar
estructúranse de forma regular, en base a sete fiestras, coa central disposta
xusto enriba da porta, seguida a cada lado de dúas rectangulares de acceso ós
balcóns e outra cadrada;: esta disposición simétrica é rachada en parte pola
presencia dunha única pedra de armas ó lado esquerdo da porta.
A articulación do patio de honor como marco de acollida ó visitante cumpre
unha función estética e escenográfica moi cara ó urbanismo barroco, permitindo
aprecias a grandeza do edificio desde un perspectiva ampla. Presidido por unha
5. gran escaleira de pedra, que conduce a unha longa solaina con varanda de granito,
composta de peitoril e baloustrada. A solaina cúbrese cunha prolongación do
tellado da casa apoiada en finas columnas de capiteis dóricos que parten do
peitoril. Na planta baixa da cruxía menor ábrense dúas grandes arcadas que dan
acceso a uns soportais onde hoxe se expoñen catro carruaxes.
Os xardíns quizais o máis interesante sexa o que se atopa na súa parte
traseira, encadrable no estilo do xardín francés qaue se impón en toda Europa
desde o S.XVII, e articulado en torno a labirintos feitos con chantos de lousa en
espiral.
O conxunto do pazo e os xardín atópase pechado por un gran valado de
mampostería no que se abre un portalón coroado por ameas que, xa sen ningún
carácter defensivo, xogan un papel decorativo e simbólico: lembrar ó visitante a
antigüidade e nobreza da liñaxe dona do pazo, remontable ata a época feudal.
No portalón campea unha pedra de armas coa mesma función de dar fe da
nobreza dos posuidores de Tor, e a de resumir en símbolos heráldicos as diversas
liñaxes nobres coas que estes entroncaron.
Breve descrición das dependencias interiores da planta nobre do Pazo e dos seus
contidos:
Traspasando o portalón do pazo, atópase o patio inteior. Baixo as arcadas do patio
preséntase unha colección de oito xugos e exhíbense tamén catro carruaxes en
proceso de restauración.
0-CORREDOR
Decorado con litografías, nel sitúase un moble de recibidor, un paragúeiro, con
paraugas antigos, tres deles con empuñadura de prata, e tamén unha curiosa
colección de sombreiros.
1-SALA DE ARMAS
Presidida por unha tea de seda, da que colga un escudo de armas do pazo, ó redor
dela sitúanse dúas armaduras e un conxunto de panoplias con espadas e armas de
fogo.Ocupa a parte central da dependencia unha grande mesa rectangular feita en
madeira de castiñeiro con caixoeiras talladas, sobre ela varias pezas de bronce.
6. Entre o mobiliario desta sala hai tamén unha liteira para o transporte de persoas
na que según a tradicción foi trasladado o corpo de San Pegerto desde Barcelona
hasta Buciños (Carballedo) e un armario barroco policromado para gardas as pezas
de caza.
Tamén se expoñen nesta sala unha colección de bastóns, algúns deles con
empuñaduras de metal, marfil, madeiras talladas e outro metais nobres.
2.-SALÓN DO NORTE
Nesta estancia cólganse varios retratos ó óleo entre eles o da última propietaria
do pazo, Dna:Mª Paz Taboada, flanqueado polos dos seus pais e Bisavós. Entre
outro retratos familiares figuraun de Don Melitón de Cuenca, de autoría de
Dionisio Fierros,outro un do que foi bispo de Salamanca, Varela de Temes (sec.
XIX) e doutros eclesiásticos como un coengo de Santiago e un bispo de Mondoñedo
José Francisco Losada y Quiroga(S.XVIII).
O fondo do salón unha vitrina de tres corpos, recolle un valioso conxunto de
catorce abanos, alfaias antigas e de distintas mostras de artes decorativas de moi
variadas procedencias. Entre outras poden destacarse: unha cruz de Caravaca en
prata, unha braceira castrexa en bronce (ó parecer procedente do castro de Tor),
un xogo de xadrez de estilizadas figuras en marfil, condecoracións, relicarios,
artigos de fumador, básculas de precisión para moedas….
Na mesa central ocupa un lugar preferente un xarrón de cerámica pintado a man
por Zuluaga.
Noutro recanto da estancia, outra vitrina recolle un misceláneo conxunto de pezas
de desigual valor artístico: abanos, pipas, faldriqueira e diversos recipientes de
vidro e cerámica…etc.
Este salón está comunicado coa capela ou oratorio da casa, o que facía posible
seguir os oficios relixiosos sen deixar a planta nobre.
3.-CAPELA
Retablo con imaxinería. Segundo unha inscrición que se conserva, a policromía
deste retablo ó igual que a pintura decorativa das paredes foi realizada en 1909
polo pintor monfortino José Casanova Cortiñas.
4.-DESPACHO
Con acceso dende o Salón Norte. Destaca entre o mobiliario un bargueño a xogo
cun escritorio e estanterías, e un armario empotrado onde se custodia unha vaixela
7. completa de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José María
Varela e outras pezas soltas pertencentes a distintas etapas da Real Fábrica de
Sargadelos.
5-CUARTO DO BISPO
Amoblado co seu mobiliario orixinal: cama coa cabeceira torneada e tallada con
motivos barrocos e bargueño do sec XVII en marquetería de carey e bronce, moble
lavabo, etc.
6.-CUARTO DE CONVIDADOS
Dormitorio con unha cama e un lavabo con espello, mobiliario diverso: escritorio,
alfombra tecida a man e vitrina con algunhos exemplares de peinetas.
7.-CUARTO DE BAÑO PRINCIPAL
Tamén dende a Sala de armas accédese o cuarto de baño no que destaca a
impresionante bañeira de mármore feita dunha soa peza.
8.-SALÓN DE BILLAR
Así chamado pola antiga mesa de billar que ocupa a parte central do salón. O
mobiliario complétase cunha serie de tresillos, sofás e diváns e diversas mesas de
xogo distribuídas polo recinto. A esquerda segundo se entra vindo da Sala de
Armas, pode verse un armario de madeira maciza de grandes dimensión destinado a
colchoeira. En esa mesma zoa hai un reloxo de pé, da casa inglesa Dorrel, con caixa
decorada con motivos orientais en dourado.
Dos cadros que se colgan nas paredes deste salón, destacan entre diversos
gravados e unha árbore xenealóxica da familia, tres óleos que representan a “María
Magadalena”, “San Francisco de Asís e os santos franciscanos” e “A Virxe de
Guadalupe”
9.-CUARTO DA SEÑORA
O cuarto que ocupou a úljtima señora da casa, Dona Mª Paz Taboada, conta entre o
seu mobiliario cun moble de tocador con labores de incrustación de madeira e un
buró-librería que contén, entre outras pezas curiosas, uns zapatos femininos de
raso vermello que pertenceron á súa avoa dona Paz de Zúñiga.
Hai tamén nesta habitación varias mostras de pintura, case todas de tema
relixioso, entre elas: dous óleos sobre táboa “A Anunciación” e “O soño de San
Xosé”, asinados por Landeira, pintor do século XVIII, outro óle representa “A
caridade”.Destaca tamén un retrato do fillo do pintor, asinado por Agrassot,
8. artista emparentado co marido da última dona do Pazo e do que tamén se conservan
outras obras en distinta dependencias do mesmo.
10-CUARTO INFANTIL
Con cama de barco en madeira de caoba e outro mobiliario e pezas decorativas.
11.-SALÓN DO MEDIODÍA
A estancia máis luminosa e cálida do pazo. Das súas paredes colgan tres espellos de
gran tamaño, un deles enfrentado a porta de entrada e flanqueado polas duas
fiestras que se abren o exterior. Outro dos espellos está situado sobre unha
cheminea decorada cun reloxo de sobremesa con figuras en bronce. Este salón
acolle varias interesantes mostras de pintura de distintas épocas: un jóleo sobre
cobre, “Martirio de San Lorenzo”, copia de Tiziano e outros tres óleos asinados por
Agrassot:”Paisaxe”,”Sagrada familia” e “Ecce Homo”.Aínda hai outro óleo anónimo
“A Virxe do Carme”. Baixo este cadro atópase un piano casa londinense
Collar&Collard, do XIX e un clavicordio da casa londinense Longman&Broderip, do
século XVIII.
12.-DORMITORIO PRINCIPAL
Unha estructura de madeira con tres arcadas neogóticas divide nesta estancia a
zoa de dormir e a de estar. Entre o mobiliario deste dormitorio sobresae unha
cama con dosel do século XVII, procedente de Nápoles; feita en madeira de pao
santo e decorada profusamente con incrustacións, placas e calados de bronce. Ó
lado deste cama está o berce de varias xeración da familia con discretos adornos
en marquetería. Do mobiliario da zona de estar cómpre sinalar un sofá ovalado de
catro corpos (confidente), un armario e un escritorio.
13.-CORREDOR
Un espacioso corredor, decorado con varios exemplares de bargueño e outras
singulares mostras de mobiliario vai dando paso, a man dereita, as dependencias
que se describen de seguido.
14.-CUARTO DE ESTAR
Comunicado tamén co salón do mediodía. Ademais do seu mobiliario hai nesta sala
varias litografías que representan ós xenerais carlistal Rafel Tristany e Juan
Castells e outra co retrato do aspirante ó trono, Carlos VII de Borbón. Nseste
cuarto colga tamén un retrato de María de Andrés, nai de dona María Paz Taboada.
15.- COMEDOR DE DIARIO
9. Co seu mobiliario
16.-COMEDOR PRINCIPAL
O mobiliario do comedor disponse ó redor dunha gran mesa central sobre a que se
presenta a vaixela de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José
María Varela. Sobre un arcón do século XVIII pode verse unha bandexa de prata
de grandes dimensión , co escudo da casa, e vaso de prata con inscrición “TOR”.
Nunha das equinas da estancia hai outra cheminea, de recente construción,
adornada con pezas de bronce (quinqués de aceite, candís de petróleo, braseiros,
…etc). Bargueño e un reloxo de marca Alfredo Delege.
As paredes do comedor loce un tapiz cunha escea de caza e varios óleos. Entre eles
mencionaremos os retrato do cardeal Payá, e un óleo procedente de México que
representa á Virxe das Maravillas.
Tamén hai outros tres óleos de tema bíblico que formaban parte dunha colección
familiar que se dispersou: “Xuízo de Salomón”, “A fuxida a Exipto” e “A entrada a
Xerusalén”. Outro óleo de maior tamaño representa a San Francisco Xavier.
Na entrada do comedor colga un curioso retrato exvoto de Don Francisco José de
Quiroga y Losada, axeonllado diante dunha imaxe da Virxe das Ermitas, e feito en
agradecemento pola curación dunha grave doenza.
17.-BIBLIOTECA
Conservánse nela un total de 2948 volumenes que dan corpo a 2154 títulos. Dese
conxunto 1252 obras foron editadas no século XX, 506 no século XIX, 321 no
XVIII, 57 no XVII e 18 no XVI
Entre algunhas das moitas obras valiosas que se poderían mencionar,
destacaremos: Libro de la Montería, de Argote de Molina(1580), Historia general
de todas las cosas sucedidas en el mundo en estos cincuenta años de nuestro
tiempo… de Pavlo Iovio, bispo de Nochera, (1572), Las decadas, de Tito Livio,
impreso en letra gótica en Zaragoza(1520) e un tratado de albeitería de Pedro
López de Camora, editado en Logroño en 1580.