1. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANEXO 3
ANEXO 3
Proxecto de traballo
TÍTULO: Eureka!
TEMPORALIZACIÓN: todo o curso.
XUSTIFICACIÓN: na miña programación non concibo este proxecto como unha proposta de ac-
tividades fixa de acordo a uns obxectivos e uns contidos previamente establecidos. Quero que
sexa un proceso conxunto de construción de coñecementos, onde nenos/as e mestre adqui-
ramos novas aprendizaxes sobre a temática do proxecto. A través del, buscamos o imprevisto
e agardamos o fortuíto. En moitas ocasións, saberemos como comeza un proceso (e de aí a
proposta de obxectivos e contidos reflectidos máis abaixo), pero non como vai rematar. O propio
proceso de experimentación pódenos levar a outras actividades que necesitamos realizar para
poder solucionar dúbidas que previamente non nos inquedaban.
A flotación de diferentes obxectos supón unha interrogante moi habitual nos cativos/as.
Nos diálogos espontáneos con eles/as, xorden preguntas como: Por que flota un barco se pesa
tanto? O meu patiño de goma flota pero o meu cochiño de xoguete non, por que? Pois ben, de
cuestións como estas, tan achegadas á experiencia infantil, parte este proxecto. O feito de, ao
longo de todas as unidades, manexar moitos e diferentes tipos de obxectos permítenos experi-
mentar con gran variedade de cousas: follas de árbore, garfos, area… Mais, o proxecto non po-
de limitarse a realización de simples ex-
perimentos de flotación, senón que debe
ir máis alá. Ese será o punto de parti-
da pero non o de chegada. En efecto,
desa temática poden partir novas cues-
tións (de que están feitos eses obxectos,
onde se elaboran, que traballos están
implicados na súa fabricación…) que
poden conducir o proxecto por camiños inesperados e motivadores para os cativos e cativas.
Ramón B. París Lago 3-1
2. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANEXO 3
Este proxecto tamén supón unha vía de relación coas familias. Solicitaremos a súa cola-
boración para que, por exemplo, nos faciliten os materiais que necesitamos para os experimen-
tos. Ademais, poderán ver os procesos e resultados acadados nestes a través da páxina web do
centro (TIC).
COMPETENCIAS BÁSICAS MÁIS RELACIONADAS: Competencia matemática (Coñecemento
das propiedades dos obxectos) e a Competencia para aprender a aprender (Experimentación
con diferentes tipos de obxectos en múltiples circunstancias).
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
OBXECTIVOS:
1) Utilizar os diferentes sentidos para explorar o mundo que o rodea.
2) Adquirir a coordinación óculo-manual no manexo de diferentes utensilios.
CONTIDOS:
- Os sentidos.
- Exploración de obxectos do contorno a través dos sentidos.
- Desenvolvemento de habilidades motrices finas a través do uso de diferentes obxectos.
- Gusto pola exploración sensorial.
- Confianza no manexo de diferentes obxectos.
ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO
OBXECTIVOS:
1) Achegarse a medición dalgunhas magnitudes físicas: peso, capacidade, lonxitude.
2) Experimentar a flotación de numerosos obxectos en distintos líquidos.
3) Clasificar e comparar obxectos de acordo a un ou varios atributos.
4) Manter unha actitude de curiosidade cara a experimentación das propiedades dos obxectos.
CONTIDOS:
- As propiedades dos obxectos: cor, forma, número, tamaño.
- A medida: peso, lonxitude e capacidade.
- Os cuantificadores básicos: moito, pouco, máis/menos/igual que, tanto como…
Ramón B. París Lago 3-2
3. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANEXO 3
- Agrupación de obxectos tendo en conta as súas propiedades (flotan ou non, caen rápido ao
deixalos caer, p.e.).
- Realización de sinxelos experimentos de flotación con diferentes obxectos relacionados coa
temática da unidade.
- Utilización de cuantificadores básicos para comparar obxectos do contorno.
- Interese por investigar as propiedades dos obxectos.
ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN
OBXECTIVOS:
1) Expresar oralmente feitos relacionados cos experimentos levados a cabo.
2) Practicar a grafía das palabras relacionadas co proxecto.
3) Desenvolver as habilidades plásticas na realización de paneis infomativos e murais.
4) Utilizar o programa Notebook para discriminar as propiedades dalgúns obxectos.
5) Empregar as palabras inglesas, galegas e castelás para referirse ás propiedades dos obxec-
tos.
CONTIDOS:
- Vocabulario do proxecto en inglés, galego e castelán.
- Interpretación de pictogramas relacionados co centro de interese: flotar, caer...
- Identificación e representación de diferentes letras en palabras e frases relacionadas co pro-
xecto.
- Elaboración e manexo dun mural para clasificar obxectos polas súas propiedades.
- Manexo dos programas Notebook para diferenciar as características de obxectos. (TIC)
- Utilización das palabras flotar, caer e afundirse en inglés, galego e castelán.
- Gusto polo manipulación de diferentes libros, manuais, posters...
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1) Utilizar os diferentes sentidos na manipulación de diferentes obxectos.
2) Iniciarse na medición do peso, capacidade, lonxitude…
3) Realizar experimentos de flotación con varios obxectos e clasificalos segundo os efectos.
Ramón B. París Lago 3-3
4. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANEXO 3
4) Verbalizar sucesos relacionados con diferentes experimentos.
5) Utilizar diferentes técnicas plásticas na realización de murais nos tres idiomas.
6) Apreciar o uso das TIC nas súas actividades habituais.
FASES DO PROXECTO (SECUENCIA DE ACTIVIDADES):
DETECCIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Comezaremos sempre realizando unha pequena conversa en grupo na que, a través de dife-
rentes preguntas, iremos coñecendo aquilo que os cativos saben sobre os obxectos cos que
imos experimentar, a súa orixe, os materiais dos que están feitos, etc.
COMUNICACIÓN E RECOLLIDA DE IDEAS PREVIAS
Logo dese diálogo chega o momento da reflexión para o mestre, é dicir, en función daquilo que
coñecen previamente, cal é a mellor forma de encarar o experimento: traballamos diferentes lí-
quidos? Buscamos novos obxectos? Pedímoslles outros similares? Despois o que toca é a for-
mulación de hipóteses. É agora cado os nenos e nenas deben facer as súas predicións (lem-
bramos o que di o currículo da Educación Infantil con respecto ao pensamento lóxico-
matemático: formulando hipóteses e buscando alternativas, solucións e novas posibilidades, an-
ticipando consecuencias, individualmente e en grupo, tendo en conta as opinións e as achegas
das demais persoas, o consenso e a negociación).
BUSCA DE FONTES DE INFORMACIÓN
Agora cómpre que utilicemos as fontes das que dispoñemos na aula e na casa de cada un para
buscar sobre o que queremos experimentar: internet, libros, revistas, coñecementos dos adul-
tos… Nesta fase, a colaboración das familias resultará, por tanto, esencial.
ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
Entre todos, unha vez recadada a información, planificaremos o experimento do mes. Farémolo
en función do que coñeciamos antes de comezar, das hipóteses que formulamos e da informa-
ción que recadamos.
Ramón B. París Lago 3-4
5. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANEXO 3
DESENVOLVEMENTO DE PROPOSTAS
Realizaremos os experimentos, comprobaremos os resultados, analizaremos os efectos das no-
sas accións…
AVALIACIÓN
Por último, reflexionaremos sobre aquilo que sabiamos ao comezo, é dicir, antes de realizar os
experimentos e despois de executalos. Veremos que modificacións podemos introducir en vin-
deiros experimentos de próximas unidades didácticas (somerxelos en aceite, en mel, etc.) para
ampliar todo o que imos aprendendo.
Ramón B. París Lago 3-5