SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
día da troula · 2019
RICARDOFLORES
Autor teatral, poeta, creador de narracións breves e
artigos de opinión, impulsor de iniciativas culturais...
Ricardo Flores foi un sadense comprometido coa
lingua e coa identidade de Galicia desde a
emigración. Tamén coa nosa música e coa nosa lírica
popular, á que prestou especial atención.
Ricardo Flórez Pérez nace en Sada de Arriba no ano
de 1903, nun fogar campesiño e mariñeiro. Desde moi
novo compatibiliza a escola co traballo, primeiro no
campo, despois nunha forxa. É tamén sendo moi novo
cando descobre a súa paixón: o teatro. En Sada es-
trea varias obras da súa autoría antes de tomar o ca-
miño da emigración no ano 1929.
Unha vez instalado en Buenos Aires, achégase aos cír-
culos galeguistas, amosando un compromiso ideolóxico
cunha arela á que nunca renunciará: a dunha Galicia
libre de complexos culturais e lingüísticos para desen-
volver a personalidade propia. Flores vai ser un dos di-
rixentes da Sociedade Nazonalista Pondal nos anos 30,
e formará parte, despois da Guerra, da Irmandade
Galega e do Consello de Galiza, do que será secreta-
rio. Ademais, presidirá o Centro Provincial Coruñés.
Creación literaria
e compromiso coa lingua
Sempre co obxectivo da dignificación
cultural de Galicia, Ricardo Flores
desenvolveu unha fértil actividade
literaria. Ao pouco de se asentar en
Buenos Aires, retoma as súas labores
de dramaturgo, estreando unha nova
peza, Mai e filla. Nos anos seguintes
levaría ás táboas obras como Un ovo
de dúas xemas, Catro estampas de
beira-mar, Ugio ou Para isso som teu
amigo, con gran éxito entre a colecti-
vidade galega, dado que conseguían
retratar con naturalidade e fidelida-
de a Galicia da súa infancia e xu-
ventude. De feito, a maioría das pe-
zas están ambientadas en Sada, e
nos seus diálogos non é difícil atopar
referencias a lugares como Beloi,
Mondego ou Sada de Arriba. Con
Varela Buxán e Blanco Amor, conver-
teríase no autor máis representado
da emigración, compaxinando a es-
crita coa dirección do cadro teatral
Lugrís Freire.
Tamén cultivaría a narrativa, editan-
do en prensa unha serie de contos
ambientados en Sada de Arriba, e
exerceu o xornalismo en diferentes
revistas e periódicos da colectivida-
de galega de Buenos Aires. Por outra
parte, a recompilación da poesía po-
pular galega constituíu unha das súas
principais dedicacións. No 1984 ve-
ría luz unha ampla Escolma de canti-
gas galegas.
Unha das súas maiores teimas estri-
baría na defensa da opción ortográ-
fica reintegracionista, apostando por
un achegamento ao portugués. De
feito, será un dos precursores desta
corrente. A súa vocación pola apren-
dizaxe levarao a seguir asistindo,
con máis de 95 anos, a cursos de lin-
gua galega na Federación de Socie-
dades Gallegas.
A música: entre a creación e a recompilación
Ricardo Flores tamén lle dedicaría parte do seu tem-
po á música, compilando melodías tradicionais para a
súa interpretación por parte das corais da colectivi-
dade. El mesmo presidiu a Sociedade Coral Os Rumo-
rosos, formando parte do coro como cantante.
Ademais, será autor de diversas pezas. Musicará le-
tras recollidas da tradición oral –de Sada e das Ma-
riñas, nomeadamente– e os seus propios poemas, al-
gúns de inspiración popular e outros de corte social,
centrados na defensa da lingua.
Entendía a música tradicional como unha manifesta-
ción fundamental da cultura galega, en estreita mari-
daxe coa poesía. A cantiga, nacida para acompañar
situacións de festa ou de traballo, era para el unha
expresión dos “traços psicológicos que caracterizam
ao galego”, desa “maneira de ser própria, exclusiva-
mente sua”.
Sada sempre presente
O mozo de 26 anos que arribaba a Buenos Aires en
1929, levaba canda si unha paixón pola terra natal,
por Sada, que nunca o había abandonar. Nada máis
chegar, entraría a formar parte da sociedade Unidos
de Sada, participando en actos nos que se evocaba
á vila desde a distancia. Ao longo da súa vida, cru-
zaría o Atlántico con certa frecuencia para visitar a
súa familia. Este apego por Sada levaríao a ambien-
tar o groso da súa obra nos escenarios da súa infan-
cia e xuventude.
Ricardo Flores falecía en Buenos Aires en 2002, aos
99 anos. Era, daquela, o patriarca da colectividade
galega en Arxentina e todo un referente alén mar de
entrega e compromiso coa causa da galeguidade.
Manuel Pérez Lorenzo
DÍA DATROULA 2019 | PROGRAMA
Como non hai dúas sen tres,
no 2019 celebraremos aTerceira edición
do Día daTroula na vila de Sada.
16 DE MAIO, HOMENAXE
Este ano homenaxearemos ao escritor
sadense Ricardo Flores cun acto o día 16 de
maio no Hotel Alda Sada Marina.
Lembraremos a súa vida e actividade, facendo
honra e palabra da súa dedicación pola cultura.
18 DE MAIO, DÍA DATROULA
Comezará as 12:30 h con “Cantos polos Bares”,
cando os locais hosteleiros deSada abran as
súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra.
Grupos: Airiños do Eume | A fonte de Merlán
| Airiños da Bandoxa | Os do fondo da barra | No
Combaro | Cantares dos Pendellos | O son do río
|Viute o demo |Os folieiros | Os Rebentos da
Crunha |Muiñeiros do Sarela | Os feroces da
Galgueira | Alén do mar | Ponte ó rejo | e máis…
Ás 18:00 h abrirase a primeira parte da Foliada
Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns
Suárez Picallo. Ás 19:30 h desfrutaremos do
concerto de A música de Cecebre e ás 21:00 de
Os Carunchos, para continuar coa segunda par-
te da Foliada Popular do Día daTroula ás 22:30.
CONTAMOS CONVOSCO UNANO MÁIS!

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Negra sombra
Negra sombraNegra sombra
Negra sombrapad250194
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfpaveam
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Marlou
 
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)Marlou
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegasmanugar
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañotesafer
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalNoeliaVentosinosBast
 

Was ist angesagt? (20)

Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
A arte no exilio
A arte no exilioA arte no exilio
A arte no exilio
 
Negra sombra
Negra sombraNegra sombra
Negra sombra
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdf
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)
 
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
A fiestra baldeira. Rafael Dieste (por María Domínguez Picón)
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolaño
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 

Ähnlich wie DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES

Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroFiz
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castroaninha9813
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroErick-10
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez Blanco
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez BlancoBiografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez Blanco
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez BlancoCarmela Garcia
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 

Ähnlich wie DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES (20)

Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Día de rosalía
Día de rosalíaDía de rosalía
Día de rosalía
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez Blanco
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez BlancoBiografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez Blanco
Biografía de Rosalia de Castro de Noah Álvarez Blanco
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 

DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES

  • 1. día da troula · 2019 RICARDOFLORES
  • 2. Autor teatral, poeta, creador de narracións breves e artigos de opinión, impulsor de iniciativas culturais... Ricardo Flores foi un sadense comprometido coa lingua e coa identidade de Galicia desde a emigración. Tamén coa nosa música e coa nosa lírica popular, á que prestou especial atención. Ricardo Flórez Pérez nace en Sada de Arriba no ano de 1903, nun fogar campesiño e mariñeiro. Desde moi novo compatibiliza a escola co traballo, primeiro no campo, despois nunha forxa. É tamén sendo moi novo cando descobre a súa paixón: o teatro. En Sada es- trea varias obras da súa autoría antes de tomar o ca- miño da emigración no ano 1929. Unha vez instalado en Buenos Aires, achégase aos cír- culos galeguistas, amosando un compromiso ideolóxico cunha arela á que nunca renunciará: a dunha Galicia libre de complexos culturais e lingüísticos para desen- volver a personalidade propia. Flores vai ser un dos di- rixentes da Sociedade Nazonalista Pondal nos anos 30, e formará parte, despois da Guerra, da Irmandade Galega e do Consello de Galiza, do que será secreta- rio. Ademais, presidirá o Centro Provincial Coruñés.
  • 3. Creación literaria e compromiso coa lingua Sempre co obxectivo da dignificación cultural de Galicia, Ricardo Flores desenvolveu unha fértil actividade literaria. Ao pouco de se asentar en Buenos Aires, retoma as súas labores de dramaturgo, estreando unha nova peza, Mai e filla. Nos anos seguintes levaría ás táboas obras como Un ovo de dúas xemas, Catro estampas de beira-mar, Ugio ou Para isso som teu amigo, con gran éxito entre a colecti- vidade galega, dado que conseguían retratar con naturalidade e fidelida- de a Galicia da súa infancia e xu- ventude. De feito, a maioría das pe- zas están ambientadas en Sada, e nos seus diálogos non é difícil atopar referencias a lugares como Beloi, Mondego ou Sada de Arriba. Con Varela Buxán e Blanco Amor, conver- teríase no autor máis representado da emigración, compaxinando a es- crita coa dirección do cadro teatral Lugrís Freire. Tamén cultivaría a narrativa, editan- do en prensa unha serie de contos ambientados en Sada de Arriba, e exerceu o xornalismo en diferentes revistas e periódicos da colectivida- de galega de Buenos Aires. Por outra parte, a recompilación da poesía po- pular galega constituíu unha das súas principais dedicacións. No 1984 ve- ría luz unha ampla Escolma de canti- gas galegas. Unha das súas maiores teimas estri- baría na defensa da opción ortográ- fica reintegracionista, apostando por un achegamento ao portugués. De feito, será un dos precursores desta corrente. A súa vocación pola apren- dizaxe levarao a seguir asistindo, con máis de 95 anos, a cursos de lin- gua galega na Federación de Socie- dades Gallegas.
  • 4. A música: entre a creación e a recompilación Ricardo Flores tamén lle dedicaría parte do seu tem- po á música, compilando melodías tradicionais para a súa interpretación por parte das corais da colectivi- dade. El mesmo presidiu a Sociedade Coral Os Rumo- rosos, formando parte do coro como cantante. Ademais, será autor de diversas pezas. Musicará le- tras recollidas da tradición oral –de Sada e das Ma- riñas, nomeadamente– e os seus propios poemas, al- gúns de inspiración popular e outros de corte social, centrados na defensa da lingua. Entendía a música tradicional como unha manifesta- ción fundamental da cultura galega, en estreita mari- daxe coa poesía. A cantiga, nacida para acompañar situacións de festa ou de traballo, era para el unha expresión dos “traços psicológicos que caracterizam ao galego”, desa “maneira de ser própria, exclusiva- mente sua”.
  • 5. Sada sempre presente O mozo de 26 anos que arribaba a Buenos Aires en 1929, levaba canda si unha paixón pola terra natal, por Sada, que nunca o había abandonar. Nada máis chegar, entraría a formar parte da sociedade Unidos de Sada, participando en actos nos que se evocaba á vila desde a distancia. Ao longo da súa vida, cru- zaría o Atlántico con certa frecuencia para visitar a súa familia. Este apego por Sada levaríao a ambien- tar o groso da súa obra nos escenarios da súa infan- cia e xuventude. Ricardo Flores falecía en Buenos Aires en 2002, aos 99 anos. Era, daquela, o patriarca da colectividade galega en Arxentina e todo un referente alén mar de entrega e compromiso coa causa da galeguidade. Manuel Pérez Lorenzo
  • 6. DÍA DATROULA 2019 | PROGRAMA Como non hai dúas sen tres, no 2019 celebraremos aTerceira edición do Día daTroula na vila de Sada. 16 DE MAIO, HOMENAXE Este ano homenaxearemos ao escritor sadense Ricardo Flores cun acto o día 16 de maio no Hotel Alda Sada Marina. Lembraremos a súa vida e actividade, facendo honra e palabra da súa dedicación pola cultura. 18 DE MAIO, DÍA DATROULA Comezará as 12:30 h con “Cantos polos Bares”, cando os locais hosteleiros deSada abran as súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra. Grupos: Airiños do Eume | A fonte de Merlán | Airiños da Bandoxa | Os do fondo da barra | No Combaro | Cantares dos Pendellos | O son do río |Viute o demo |Os folieiros | Os Rebentos da Crunha |Muiñeiros do Sarela | Os feroces da Galgueira | Alén do mar | Ponte ó rejo | e máis… Ás 18:00 h abrirase a primeira parte da Foliada Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns Suárez Picallo. Ás 19:30 h desfrutaremos do concerto de A música de Cecebre e ás 21:00 de Os Carunchos, para continuar coa segunda par- te da Foliada Popular do Día daTroula ás 22:30. CONTAMOS CONVOSCO UNANO MÁIS!