2. Nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996 foi un escritor e poeta galego ao que neste ano 2011 se lle dedican as letras galegas. ‘Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte.’
3. Biografía básica Naceu en Monforte de Lemos dunha familia procedente do Incio. Cursou os seus primeiros estudos nos Escalopios e con 15 anos comezou a escribir. Ao remata-lo COU, marchou a Madrid co seu irmán a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía, carreira que abandonaría anos máis tarde. Pasa unha época de volta en Monforte traballando na empresa de vidro do seu pai pero finalmente volve a Madrid a estudar inglés, francés e alemán. Durante esta estancia en Madrid funda a revista Loia xunto a Manuel Rivas, Antón Patiño e o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro. Destacou sempre o seu gusto pola música, sobre todo por grupos coma Lou Reed, Pink Floyd ou Joy Division, e pola literatura en linguas xermánicas, á que xa era afeccionado dende a súa adolescencia.
4.
5.
6. Durante o final da súa vida, destacou o feito de que en ningún momento lle faltou compaña e foron moitos os amigos, compañeiros, familiares e coñecidos que o acompañaron na súa estancia no hospital. Foi soterrado no cemiterio de Santa Cristina de Viso, no Incio, e ten coma epitafio gravado na súa tumba os seguintes versos ‘Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.’ A tumba de Lois converteuse nestes anos nun lugar de peregrinación para a xente da súa xeración, debido ao seu potente valor icónico.
7. Contra a morte No ano 2009, rematou de gravarse ‘Contra a morte’ un documental sobre a vida de Lois no que participaron familiares: a súa nai e a súa irmá, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Piedad Cabo, e os seus amigos e compañeiros de xeración: Manuel Rivas, Santi Romero, Raúl López Sueiro, Xabier Seoane, Menchu Lamas, Antón Patiño, Lino Braxe ou Miguel Anxo Fernán-Vello. Tamén os fotógrafos que o retrataron: Manuel Vilariño, Xurxo Lobato ou Vari Caramés. Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro durante a rodaxe de ‘Contra a morte’
8. Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise sabendo que debería ter sabido impedirme a min mesmo descubrir que só fun un interludio atroz entre dous muros de silencio só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna aniquilación chea de nostalxia.
9. Recoñecemento Levábase xa varios anos reivindicando a figura de Lois Pereiro como merecedor de ser homenaxeado o día das Letras Galegas, sobre todo por parte do seu irmán e de Manuel Rivas, os que presentaron a súa candidatura, para a que traduciron a súa obra ó castelán, catalán e vasco. Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a Real Academia Galega, por medio do seu presidente Xosé Luís Méndez Ferrín fixo pública a súa decisión de dedicarlle o 17 de maio de 2011 a Lois Pereiro.
10. Ao comunicar esta decisión a RAG tamén explicou que apreciara no autor ‘evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo.’ Manuel Rivas, expresou a súa alegría pola decisión desta forma ‘Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular’
11. Obra Poemas 1981/1991 (1992) Poesía última de amor e enfermidade (1995) Poemas para unha Loia (1996) Náufragos do Paraíso (Novela inconclusa) (1997)