1.
ACHEGAMENTO AO TEMA
Un ferreiro primitivo
O ferro necesitou moito máis tempo para ser fundido co
cobre e o bronce (Idade dos Metais). Non se conseguiu no
vello continente de Europa ata o ano setecentos antes de
Cristo, mentres en China facíase dende tempos ancestrais.
2.
O ferreiro tivo en Galicia unha longa tradición;os ferreiros
galegos son herdeiros dos fundidores do bronce. En
Galicia a aparición dos primeiros instrumentos de ferro
coinciden coa época castrexa, polo que os xacementos
atopados nos devanditos lugares acadan a maior
antigüidade. A pezas achadas son: cravos, fouces,
ferraduras… máis tarde, coa aparición de escouras
dabondo, amosan que a forxa do ferro debeu de ser unha
tarefa a cotío en moitos destes poboados. A medida que o
home foi facéndose sedentario e co avance da agricultura
(Neolítico) tivo a pouco a forxa do ferro, malia as súas
dificultades, acabou por ter en Galicia grande relevancia
sobre todo en Lugo tanto nas montañas como na súa
propia costa. Durante a romanización (Idade
Antiga)moitos castros situáronse preto dos xacementos de
ferro que existían nas montañas orientais, e xurdiron
pequenas poboacións que se dedicaron á extracción do
metal. Na Idade Media o traballo do ferro acadou en
Galicia un importante pulo grazas a que se aplicou a forza
hidráulica e as ferrerías situáronse no fondo dos vales
galegos, a carón dos ríos onde a auga adquiriu case a
mesma importancia que o propio ferro e o carbón. Estas
ferrerías mantivéronse en Galicia ata o século XIX, na
maioría dos casos eran propiedade dos mosteiros. Os
ferreiros galego foron os primeiros e principais fabricantes
de todo tipo de apeiros non tan só para o rural galego
senón para boa parte da Península Ibérica, sobre todo para
Castela onde había moita demanda das fouces para a sega
3.
dos seus inmensos campos. Hai máis de medio século en
calquera núcleo de poboación contaba co seu ferreiro que
remendaba ou arranxaba o máis diversos obxectos
metálicos, sobre todo no noroeste da provincia de Lugo
preto da cunca do río Eo , na fronteira entre Galicia e
Asturias. As pezas estaban enmangadas polos mesmos
ferreiros en pezas de madeira. As árbores usadas para facer
os mangos eran o bidueiro, o chopo ou a queiroga.
4.
Etapas da Historia
● Prehistoria (2 000 000 a. C ao 3 500 a.C). Apareceu
o ser humano e distínguense o Paleolítico, Mesolítico
Neolíto e a Idade dos Metais. Pasou dunha economía
depredadora a unha economía produtora.
● Idade Antiga (do 3 500 a. C. ao século V d. C.).
Primeiras cultura e cultura grecolatina.
● Idade Media (do 476 d. C ao século XV).
Feudalismo. Arte Románico e Gótico.Descubriuse
América, caeu Constantinopla e inventouse a
Imprenta.
● Idade Moderna (do século XV ao XVIII). Primeiros
estados. Guerras de relixión. Absolutismo.
Renacemento e Barroco.
● Idade Contemporánea (Desde Revolución francesa
ao século XXI…)
5.
POBOS DOMINADORES DO FERRO
Hititas:Os hititas, foron unha poboación de orixe
indoeuropea que se desenvolveu na península de Anatolia
central entre os séculos XVIII e XX. C. Pare que falaba
una lingua indoeuropea utilizando os seus propios
xerogíficos. Os hititas chegaron a crear un influínte e
poderoso imperio grazas a súa superioridade militar e as
súas grandes habilidades diplomáticas, e tornándose o
poder de "terceiro" en Oriente Medio (xunto coa Babilonia
e Exipto). Eles ñe atribuíble un dos primeiros usos de ferro
en Oriente Medio para desenvolver armas e artigos de
luxo.
(Fonte: Historia Universal SALVAT)
Celtas: Grupo de sociedades tribais e aldeas que falaban
linguas celtas , unha rama das linguas indoeuropeas e
estaban ubicadas en Europa, que compartiron cultura
6.
material e comezaron na Idade do Ferro (1200 400 a. C.)
ao redor dos Alpes (período de Hallstatt) e,
posteriormente, na etapa do Ferro (La Tène
período).Pódese dicir que os celtas son a base da Galicia
actual e dos ferreiros en particular. Tiñan un gran
coñecemento da forxa ata obter o produto final. Os celtas
desenvolveron unha importante metalurxia e orfebrería
introduciendo innovacións técnicas.
http://www.taringa.net/posts/info/14626449/Elejercito
celta.html
7.
MATERIA PRIMA (MADEIRA, CARBÓN, FERRO,
ACEIRO)
A madeira é empregada e traballada polo propio
ferreiro para a elaboración dos mangos.
Toda a ferramenta que fai van enmangadas, ocúpase
el mesmo de todo o proceso,dende a recollida ata o
barnizado.Este proceso enriquécese moi
considerablemente cando falamos dun navalleiro,xa que a
navalla tradicional da zona (Conforto,Mousende…) recibe
tratamento especial,sendo o seu mango obxecto dunha
decoración ,que non existe no caso do mango do fouciño
ou do coitelo.
O carbón é o material que serve de combustible na
forxa. Ata o século XIX empregábase unicamente carbón
vexetal para fundir e traballar o ferro. Por iso as ferrerías
e mazos eran construídos onde había bosques e monte de
uz.
8.
Para temperar é aconsellable usar carbón vexetal xa que
quenta máis lentamente (moi
importante á hora de temperar).
Este carbón acostúmase facer
de uces nun furado excavado no
chan. Énchese o furado de
ramas e troncos de uz e
préndeselle lume deixandoo
arder ata que se formen tizóns e despois cúbrense con terra
ata que se apague, posteriormen apártase a terra e sácase o
carbón.
O carbón obtíñase mediante unha combustión
anaeróbica de leña,roble, cepos e uz.
Habitualmente os mesmos ferreiros carbonaron o seu
propio carbón do monte e cando se prohibiu facer lume no
monte,recurrían a facer ese traballo de noite.
O ferro: O ferro é un metal moi dútil e maleable que
o ferreiro emprega nas ferramentas que non precisan fío. O
ferro non existe en estado libre agás en pequenos
9.
xacementos en Grenlandia e Irlanda.As menas de ferro son
as seguintes: magnetita, olixisto, limonita, siderita, pirita.
Sempre foi moi abundante en Galicia. Para as ferramentas
de corte precísase aceiro.O ferro cada vez se usa menos,
agora úsase máis o aceiro. Na forxa, o aceiro é o que
corta, o ferro, o que aguanta e o soporta. Éstas son as
diferenzas que teñen máis claras os ferreiros. Esta
diferencia ven dada en que o aceiro ten un pequeno
contido de carbono, que é o que permite que a ferramenta
forxada colla corte pero ten dunha menor dureza e
resistencia. O ferro, pola contra resulta moi duro e en
navallas e coitelos, aínda que na ferramenta bruta sí
utilizan o ferro pola súa resistencia e dureza.
10.
FORMAS DE TRABALLAR O FERRO
Distínguense dúas clases de ferro de fundición:
fundición branca,resultado dun enfriamento rápido e a
fundición gris,resultado dun enfriamento lento e na que o
carbono atópase en forma de grafito.Para obter o aceiro a
partir desta mesturar hai que separar a maior parte do
carbono das demais impurezas non metálicas usando
diferentes métodos.
Coñécese como ferro doce e ferro forxado o ferro que
contén menos do 0,02% de carbono.Como o seu nome
indica,pódese golpear e forxar ao roxo para mergullalo a
continuación na auga sen que se endureza.
O ferro presenta propiedades mecánicas moi
interesantes:é duro, dútil maleable en frío, vólvese
plástico a partir dos 800 ºC e pódese forxar, laminar e
soldar consigo mesmo. Pertence á familia dos metais de
transición e pode unirse de forma directa a maioria do non
metais. O osíxeno en frío non exerce acción ninguha sobre
o ferro, a non ser que se atope dividido. Exposto ao aire
húmido, corróese de maneira notable. Hai diferentes
métodos para protexelo da corrosión.
O ferro, ainda que usado desde a idade dos metais, é
un metal que adquiriu gran importancia co desenrolo da
industria metalúrxica no século XX.
11.
CENTROS DE PRODUCIÓN
ferrería,mazo e forxa
Ferrería: Eran as siderurxias de base.Transforma o
mineral en barras de ferro.Como por exemplo: A vilaseca
(Riotorto).
Unha ferrería era o edificio no que se calcinaba,
fundía ou reducía o mineral, para despois machacalo por
medio dun mazo ata formar un lingote ou vergallón.
Mazo: Estira as barras, adelganzándoas e facilitando o
traballo posterior con eles.
Como por exemplo: Bogo(A
Pontenova) ou o mazo da
Fraga (Ferreiravella).
Os mazos era o edificio no
que se aloxa o mazo. A súa
localización precisa da proximidade dunha corrente
fluvial e da existencia dun desnivel que permita crear un
salto de agua de certa importancia. Por outra parte é
necesario pensar na infraestrutura que permitira desviar o
caudal do río. Despois hai que canalizala ata o lugar onde
se atopa o mazo; Por último, almacenala ata dispoñer
12.
dunha cantidade suficiente para asegurar o bo
funcionamento durante o maior tempo posible.
Forxa: Pode considerarse a cociña do ferreiro. Acostuman
a vir herdadas de pais a fillos. Ocúpase dos labores máis
delicados, dándolle forma e rematando totalmente a peza.
Como por exemplo Soutelo (Riotorto)
A forxa é un proceso de conformado por deformación
plástica que pode realizarse en quente ou en frío no que a
deformación do material se produce pola aplicación de
forzas de compresión. Hai que destacar que é un proceso
de conformación de materiais no que se produce arranque
da viruta, con o que se produce un importante aforro de
material . A forxa é un arte e lugar de traballo do forxador
e do ferreiro, cuxo traballo consiste en dar forma ao metal
por medio de fogo e martelo. Debe estar nun lugar que
reciba pouca luz para poder apreciar, sen dificultade, a cor
que colle o ferro.
13.
A FORXA E AS FERRAMENTAS
A forxa é o lugar onde o ferreiro se encarga de
traballar o ferro. Debe estar nun lugar que teña pouca luz
para poder apreciar perfectamente o color que colle o
ferro. Para facelo necesita unha serie de ferramentas e
accesorios.
“DESTAJADOR” FORXA DE VENTILADOR
ELÉCTRICO
ELEMENTOS
IMPRESCINDIBLES
FORXA DE FOL
14.
As ferramentas non sufriron moitas variacións ao
longo dos séculos, moi semellantes ás que usaban na Idade
Media. As básicas eran catro: tenaces (curvas e chas
dependendo do contorno da peza que se deba traballar)),
marras, martelos e talladeiras.
Martelos Chas
Outro xeito de clasificalas é o seguinte:
Ferramentas de trazado: Son bastante sinxelas,unha regla
graduada,calibre,escuadra e granete ou punzón.
Ferramentas de corte: Comprende a cizala de man,serra de
man, tixeiras, buril, escopilo, chairas de ingre,etc.
Actualmente tamén se usa a tranzadora e a desbardadora.
Ferramentas de taladrado: Son accionadas eléctricamente
nos nosos días, xa que antes accionábanse coa man, entre
elas destacan o taladro de man e o taladro de columna coas
brocas correspondentes.
Ferramentas de acabado:Que se usan para darlle o “toque”
15.
final ás pezas. Neste grupo englóbase as diferentes limas
(redondeada, recta, media caña, triangularete) así como os
cinquillos de púas metálicas,xa sexan manuais ou
eléctricas.
Con todas estas ferramentas realízanse unha gran
variedade de obxectos para diferentes usos agrícolas, para
pesca ou para decoración.
16.
O MAZO
O mazo é un artiluxo
formado por un eixe de
madeira que xira sobre
uns espigóns. Nos seus
extremos leva unha
roda, que está formada
por pelas de madeira
sobre as que cae a auga desde un alxibe. O mazo necesita
auga para funcionar.
A velocidade depende do número de turbulencias de
malugreiros e da velocidade do rodicio,sendo o valor
regulador polo ferreiro. todos os que se coñecen en Galicia
reciben a auga de arriba, ende o banzado. Antes do seu
descubrimento a elaboración do ferro facíase a base de
martelos. A primeira constancia da existencia de este
artiluxio procede do Bierzo e está datada no ano 1245.
Eran hidráulicos . Os último foron trocados por mazos
eléctricos. Os mazos eran moito máis pequenos cas
ferrerías.
Os mazos , ao igual que as ferrerías, podían ser
propiedade dun mosteiro, fidalgo ou empresario, pero
predominan os de propiedade “comunitaria” de varios
ferreriros que se turnaban por quendas . O da Fraga (
Ferreiravella, Riotorto) pertencía a once. Usábano para
17.
forxar o ferro e darlle forma a fouces e fouciños e despois
remátabano nas súas forxas. Cada un tiña que levar as súas
ferramentas, ferro, carbón e deixalo cada un na súa
carboneira, bodego ou “casiña”.
Antigo mazo da Fraga ( imaxe de Forxas
hidráulicas,mazos ou machucos no norte galego, Justino
Fernández.Edicios do Castro. Páx.83)
Actualmente o traballo que realizaba o mazo, faise co
martinete ou martelo mecánico que é accionado por un
motor eléctrico.
18.
Bodegos reconstruídos
PROCESO DE TRABALLO DUN
FERREIRO
No caderno nº 17 (1994) publicado pola asociación
“xermolos”, os pasos que debe dar un ferreiro desde que
inicia o seu traballo ata que o finaliza son os seguintes:
1 Buscar o ferro axeitado para a peza que queremos facer.
2 Cortalo a medida que queremos darlle á peza coa
cizalla, a tronzadora, a serra…
3 Quentalo coa tenaza máis axeitada e erguelo ata a incre,
ou ata o outro útil para darlle a forma que queremos, para
isto utilizaremos o tipo de martelo axeitado. As operacións
máis comúns neste paso da feitura dunha peza son:
19.
dobrado.
estirado.
achaflanado.
curvado.
perfilado.
acanalado
redondeado, etc.
5 E como o ferro nestas operacións xa se enfriou algo, hai
que volver a poñelo ó roxo vivo, porque é o xeito de
traballalo para que non se produzan grietas ou fisuras…,
ata acadar a peza que queremos. Para iso pode facer falta
actuar sobre o ferro con algunha destas operacións:
soldado.
remachado.
taladrado.
temperado, etc.
6 Para rematar o traballo, e debido á facilidade de
oxidación do ferro sempre hai que darlle algún tipo de
protección, xa sexa pintado cos productos axeitados ou
darlle un tratamento a base de aceite de linaza ou dalgún
tipo de ácidos corrosivos.
20.
DIFERENTES TIPOS DE
FERREIROS
Ferreiro de forxa. É o ferreiro que desenvolve o
traballo nunha forxa.
Ferreiro ferrador. Ferreiro especializado en ferrar
animais: cabalos,burros, mulos…
22.
mantemento da instalación.
Ferreiro de ferrería. Estaban especializados no
traballo do ferro e na súa reducción. Había unha
especialización dentro da ferrería; o mestre ferreiro de
mazo traballaba con oficial e aprendiz e economicamente
era o máis acomodado.Todos coñecían a técnica para usar
o mazo tanto no forxado como no mantemento da
instalación.
23.
A FORXA NA ACTUALIDADE
Novas ideas, novas tecnoloxías, novos conceptos e
novos mercados inspiran a actual xeración de ferreiros a
plasmar nas súas obras tradición e modernidad.
Compre orientar a forxa hacia outra vertentes
alonxadas da fabricación de ferramentas de corte. Debe,
como o están facendo moitos ferreiros no seu proceso de
adaptación, orientarse hacia un plano máis artístico. A
escultura sería outro campo a desenvolver. Deste xeito
convertiríase nunha posibilidade profesional atractiva para
as novas xeracións.
Dentro do municipio de Riotorto existe unha mostra
desa incorporación de xente nova ao oficio. Óscar Villada
vai introducindo novedades; ademais de fabricar fouciños
de herba ( maioritariamente van para Pontevedra), coitelos
de xamón, etc. tamén deseña e confecciona obxectos de
adorno. O proceso a seguir no traballo, segundo Óscar, é o
mesmo, agás que o ferro procede de barras máis pequenas
e recibe unha capa de tinta e outra de barniz para
conseguir o acabado que desexa. O importante é facer que
a actividade sexa competitiva. O mango das fouces
fabrícase con madeira de chopo e os de coitelos con
madeira de cerdeira.
25.
A LITERATURA E O FERRO
Existe literatura ambientada na historia e nos ferreiros. Por
exemplo o poema de Cesáreo Popariña Mourelle:
Nas falda dunha montaña
nun regato o sol espella,
alí é Ferreiravella,
un pobo que hai no val (...)
Xentes de terra luguesa
axuntamento de Riotorto
pouco laboran no horto
que e sitio de ferreiros.
Cada fogar unha forxa;
son case todos os ferreiros
26.
herdanza dos devanceiros
i enden de caldear.
Abundan as cantigas ambientadas no mundo dos ferreiros,
coma o seguinte que fai referencia ao desazón dos cregos
cando os ferreiros traballaban en Domingo.
Moito se enoxaba o crego
porque o ferreiro petaba
os domingos de mañá.
E non cataba o moi cego
que mentre un bate o ferro
bate outro na campá
O ferreiro foi a misa
non soupo decir o Credo
cando tocaron a santos
acordouselle o martelo
A golpes das badalada do campaneiro
o Crego chama a misa a xente
pero ao escoitar o martelo do ferreiro
27.
mellor acuden a fornalla para estar ao quente.
Outras fan referencia a suciedade do oficio
Non te cases cun ferreiro
que ten moito que lavar
cásate cun mariñeiro
que ven lavado do mar
Meniña non te cases cun ferreiro
que sempre estase a luxar
casate cun carniceiro
que tripas ache de dar
Ou ao perigo do lume
Non te cases cun ferreiro
que te quiman as músicas
casate cun carpinteiro
que che fai cousas bonitas
28.
Sen esquecer un famoso refrán que se usa a cotío en
moitas situacións:
● Na casa do ferreiro todos aprenden a petar para poder o
ferro estricar.
● Se queres ter ferramentas para labrar onda o ferreiro tes
que ir a buscar.
● Ollo de ferreiro e compás de carpinteiro.
● O ferreiro da maldición, cando ten ferro, non ten carbón e
cando o ten, non ten devoción.
● De ferreiro a ferreiro non pasa diñeiro.
● Nunca un ferreiro lle negou un cravo a outro ferreiro.
● O ferreiro con barbas e as letras con babas.
● O ferreiro sen carbón é coma o ano sin razón.
● Quen polo aprendiz deixa ao ferreiro gasta o ferro e perde
diñeiro.
● Ser coma o ferreiro de moito estronicio que de tanto
machacar esquecese do oficio.
● Meniña se te casas cun ferreiro telo que lavar primeiro.
● Mentras haxa carbón na fornalla o ferreiro ten traballo
para a xornada.
● Macheta de carpinteiro, filla de taberneiro e calzóns de
ferreiro non os quero por ningún diñeiro.
Moitos galegos, como reflicte Rosalía, marcharon aos
campos de Castela e empregaban os fouciños elaborados
polos ferreiros (moitos deles de Riotorto) para gañarse o
pan soportando duras condicións. Aquí había que esperar
ata os meses de xullo e agosto para que estivesen de volta
eses xornaleiros para poder facer as segas na zona.
Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
29.
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.
Cando foi, iba sorrindo,
cando ven, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito
Aquel máis que neve branco,
aquel de dozuras cheo,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.
Foi a Castilla por pan
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida.
peniñas por alimento.
Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡Casteláns, casteláns,
tendes corazón de fero
30.
LOCALIZACIÓN DE FERRERÍAS
NAS ZONAS PRÓXIMAS
No concello de A Pontenova está a de Vilaboa ou de
Bogo (esta parroquia é de recente creación polo que na
documentación sempre se fai referencia ao nome de
Vilaboa). Pódese situar cara ao
1534. Segundo relata Clodio
González Pérez na súa obra A
producción tradicional do ferro en
Galicia, no século XVIII non
funcionaba, xa que no catastro do
Marqués de La Ensenada, consta que
había dous mazos que existiron ata
non hai moitos anos no lugar do
Machuco.
En 1798 acordaron restaurala. Seguramente o mineral
procedía da zona ( as minas de Vilaodriz entraron en
explotación entre o 19031904 dando orixe á vila de A
Pontenova). Un incendio acabou para sempre con esta
factoría. De todo o conxunto sobresaía o banzado.
páx. 195 ,A producción tradicional do ferro en Galicia
31.
GLOSARIO
ABALAR. Accionar o barquín repetidas veces para
insulfar unha corrente continua de auga ao lume.As
mulleres dos ferreiros ian o mazo a abalar.
ABRIR. Quitarlle curva á folla dun fouciño,a golpe de
mazo ou de martelo na forxa.
ACARBONADO. Carbón de pedra xa usado polo ferreiro
e que ao ir queimado, queda máis limpo, empregando
aquel en ocasións como sucedáneo do carbón vexetal.
ACEIRO. Ferro con certa porcentaxe de carbono e
doutros elementos,especialmente se é inoxidable.
AFIADOR. O que afía na moa. Traballa sobre todo con
aceiro ao carbono (F114), máis barato , máis axeitado para
ferramenta de corte e mellor de traballar na forxa que o
inoxidable , aínda que co incoveniente da súa oxidación
se permanece mollado . É bo aceiro cando descubre ben na
templa e corta ben.
AFIAR. Rebaixar , púir e facer fío a unha ferramenta para
que corte mellor.
ANCLA. Parte do fouciño que, sen fío e xeito de pescozo,
une a folla co mango, e que pode presentar variacións na
súa lonxitude e forma,en función do modelo.Pode ser
recta,torta ou levantada,de puxavante….
32.
ÁRBOL. No mazo hidráulico, eixe de duramadre de
carballo nomque vai a roda e tamén os catro malogreiros
encargados de erguer o mango do mazo transformando así
o movemento de rotación en movemento de persución.
ARGOLA. Nos coitelos e fouciños, pequena peza
metálica destinada a reforzar os mangos e mellorar a
apariencia.
BANZADO. En instalacións hidráulicas como o mazo ou
a moa, depósito no que se acumula a auga , e que se sitúa
ao pé do enxeño mesmo, onde o salto ou desnivel é maior.
BAÑO. Na forxa depósito cheo de auga e situado a man,
para temperar, arrefriar, mollar ou lavar unha ferramenta.
Adoita situarse na parte baixa do regazal.
BARNIZ. Mestura de verniz para a madeira e gasolina ou
disolvente que o afiador fai e aplica aplica sobre a
ferramente despois de afiada e secada.
BARQUÍN. Fol de grandes dimensións que,instalado na
forxa a un lado do regazal e accionada por medio dunha
vara, permite proporcionar aire para avivar a combustión.
BORRA. Restos de ferro, aceiro e carbón que se mestura e
acumulan no fondo do regazal coas altas temperaturas
formando unha pasta útil na operación do caldeado.
CAL/CANLE. Nas moas hidráulicas , tramo feito co
tronco dunha árbore ou pedras polo que a auga da presa
33.
chegaba ata un rodicio con palas, facéndoo xirar e
accionando así todo o enxeño.
CALDA. Parte do ferro que o ferreiro logra quentar nunha
soa vez , para modificalo a continuación co martelo sobra
a incre, O número de caldas variará en función do tamaño
da peza e da súa complexidade.
CALDEAR. Técnica de forxa , complexa en desuso, que
consistía en soldar ferro e aceiro a base de sucesivas caldas
no lume e golpes de mazo.
CARBÓN. Combustible que o ferreiro precisa para
quentar o ferro.
CHAS. Tenaces do ferreiro, de brazos máis ben longos,
para agarrar o metal en quente, e que varían na forma das
pinzas, en función daquilo que pretenden agarrar.
CHIFRÓN. Conduto vertical baixo o banzado, polo que,
unha vez accionada a vara da trompa, cae a auga destinada
a xerar unha corrente de aire que avive o lume do regazal.
CISCO. Capa de fume e cinzas que se vai adherindo á
parede.
COTA. Contrafío, parte grosa e oposta ao corte nunha
ferramenta feita para este propósito.
CRAVUÑAR. Na forxa, técnica que segue ao espalmado
e antecede á templa, que consiste en adelgazar ben o fío.
34.
DAR Á UÑA. Proba que se fai co coitelo unha vez afiado
na moa para comprobar que leva o fío axeitado: duro pero
algo flexible.
EMPAVONAR. Rematar o afiado, pulindo a peza e
acabando o fío na moa indicada para iso.
ESPALMAR. Na forxa operación que antecede ao
cravuñado e que segue ao estirado. Consiste en dar a
forma ao fouciño no mazo, a partir dunha pequena tira moi
estirada de aceiro.
ESTIRAR. Sacar fouciños a partir dunha tira ou platina de
aceiro que é quentada e golpeada no mazo en caldas
sucesivas.
FERREIRO. Persoa que labra o ferro e o aceiro nunha
foxa, a lume e martelo, para facer ferramentas variadas,
especialmente fouciños, navallas…
FÍO. Parte cortante dun fouciño, coitelo ou ferramenta de
corte. A sona dos ferreiros de Riotorto procede en gran
medida do excepcional corte que acadaban como resultado
do labrado tradicional do aceiro na forxa e o afiado a
conciencia nas moas.
FORXA. Espazo ou taller no que o ferreiro traballa o ferro
e o aceiro.
INCRE. Base voluminosa de aceiro sobre a que bate o
mazo, ou o ferreiro co martelo na súa forxa e que debe ir
35.
agarrado a un cepo convenientemente soterrado para ter
firmeza e estabilidade.
MACHUCO. Mazo hidráulico.
MALUGREIROS. Son as catro levas coas que conta o
árbol para levantar o mango do xigantesco martelo e
deixalo caer con todo o seu peso sobre a incre.
MARCA. Letras ou símbolos postos na ferramenta e que
serven para identificar ao ferreiro que a fixo.
MAZO. Enxeño hidráulico que, aproveitando a forza e
enerxía da auga dos ríos, permitía accionar repetida e
velozmente un martelo ou mazo de grandes dimensións e
peso, co que os ferreiros podían estirar e adelgazar grandes
pezas de ferro ou aceiro unha vez quentadas no regazal.
MOA. Pedra circular,de grao, que o afiador emprega,
sempre en contacto con auga, para desbastar, afiar e puír
as ferramentas de corte que o ferreiro fai na forxa..
RODICIO. Roda do mazo ou da moa hidráulica.
TALLADEIRA. Ferramenta que emprega o ferreiro para
cortar o aceiro en quente.
TEMPLAR/TEMPERAR. Técnica que segue ao
cravuñado e que consiste en meter ao roxo a peza forxada
nun baño de auga, para que o cambio brusco de
temperatura lle dea dureza ao corte da ferramenta.
36.
TORNO. Máquina eléctrica que, mediante un movemento
de rotación, fai virar a gran velocidade a peza de madeira
que o ferreiro debasta ata sacar o mango.
TORNEAR. Labrar no torno a madeira dos mangos ata
deixalos redondos e suaves
TROMPA. No mazo hidráulico, sistema, que accionado
desde o interior do edificio polo ferreiro, permite xerar
unha corriente de aire a partir da caída dun chorro de auga
desde o banzado, coa finalidade de avivar o lume no
regazal.
VARILLA. Parte do fouciño que serve de brazo entre a
folla e o mango.
Definicións extraidas de “A FALA DO FERRO: VOCABULARIO DOS FERREIROS,
AS MULLERES, AFIADORES E OUTRAS XENTES DE RIOTORTO (LUGO).
Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.