2. 1.- A evolución da economía española
En España, o proceso de renovación da actividade económica
foi débil e moderado ao longo do século XIX e comezos do XX,
arrancando con forza desde mediados do pasado século,
especialmente na década de 1960. Desde entón, o
desenvolvemento económico pasa por períodos de expansión e
crecemento e por outros de contracción e crise, dependendo das
circunstancias internas e da conxuntura internacional.
1.1.- A recente modernización
Nas décadas finais do século XX e nos inicios do século XXI,
España viviu un proceso de modernización e desenvolvemento
económico que é apreciable en aspectos como:
Crecemento estable e continuado do PIB e, consecuentemente, da
renda per cápita, manifestada nunha notable melloría das
condicións de vida dos españois e no seu poder adquisitivo, con
melloras nos servizos de educación, sanidade, subsidio de
desemprego, pensións de xubilación... cubertas polas institucións
públicas, o que se denomina estado do benestar.
Terciarización da economía manifestada na diminución dos
sectores primario e secundario e un elevado crecemento do
terciario.
No entanto, existían e existen numerosas trabas e dificultades
que limitan o crecemento e dificultan unha maior transformación
do conxunto da economía, como:
3. Reducidos investimentos en investigación,
desenvolvemento e innovación tecnolóxica (i+D+i),
tanto por parte das administracións públicas como da
empresa privada, que alcanzan unicamente Ao 1,05%
do PIB. Como consecuencia, existe unha forte
dependencia do estranxeiro nas innovacións
tecnolóxicas e científicas.
Predominio das pequenas e medianas empresas e
industrias, con escasa presenza de multinacionais
(telefónica, Repsol, Pescanova, Inditex...).
A escaseza de materias primas para a industria e de
fontes de enerxía, especialmente das non renovables, e
que son as máis utilizadas (petróleo, gas natural),
limita o crecemento económico, enrarece a produción e
obriga a investir elevadas cantidades de capitais na súa
adquisición aos países produtores.
Existen obstáculos físicos que dificultan o
desenvolvemento económico de determinadas zonas
(disposición do relevo, que dificulta e encarece as
infraestruturas; ríos que non permiten a navegación; a
deficiente calidade de moitas terras de cultivo; a aridez
e escaseza de auga...).
4.
5. 1.2.- A crise económica
A crise financeira iniciada en 2007 en Estados Unidos
provocou unha crise económica global, que afectou a todos os
países, pero en maior medida aqueles máis directamente
vinculados coa economía norteamericana. España foi un dos países
máis duramente afectados e desde entón pasa por unha fase de
contracción e retroceso manifestada en:
O descenso continuado do PIB. Tamén se produce unha
diminución da renda per cápita dos españois, que en 2009 era un
4,1% inferior a de 2008.
Incremento considerable da taxa de desemprego, unha das
máis elevadas da UE (do 20,33% no 2010). O desemprego afecta
máis as mulleres, que seguen cobrando menos que os homes por
igual traballo, e os mozos e mozas, especialmente os cualificados,
que buscan o seu primeiro emprego.
2.- As actividades do sector primario
Agricultura, gandaría, aproveitamento do bosque e pesca, as
actividades básicas do sector primario ven reducir cada vez máis o
seu peso no conxunto da economía (arredor do 2,3% do PIB) e no
número de persoas que nel traballa (4,1% no 2009, fronte ao
63,3% en 1900).
8. 2.1.- As actividades agrícolas
A agricultura española superou, en termos xerais, o
sistema tradicional e presentando hoxe características
dunha agricultura modernizada tales como: emprego
de novas técnicas, tendencia á especialización por
rexións, crecente mecanización, selección de sementes,
ampliación do regadío, cultivos transxénicos...
Entre os principais cultivos destacan:
Os cereais: -trigo, cebada, avea, centeo, millo- con
grandes superficies dedicadas nas provincias do interior
de España.
A vide, utilizada como froita e para a elaboración de
viño,destacando a produción de Castela-A Mancha.
Noutras zonas de menor extensión lógranse boas
calidades e prestixio (cava catalán, A Rioxa, Xerez,
Montilla, Ribeira do Douro, Rías Baixas).
A oliveira, empregada para oliva de mesa e para a
obtención de aceite, ten concentrada a súa produción
en Estremadura e Andalucía, especialmente nas
provincias de Xaén e Córdoba. España é o primeiro
produtor mundial de aceite de oliva.
9. As leguminosas –lentellas, garavanzos, fabas-
cultívanse asociadas aos cereais e fan de
España o primeiro país produtor da UE.
As froitas e hortalizas, con rexións
especializadas e produtos de alta calidade:
Valencia en cítricos, Navarra en espárragos,
Canarias en plátanos, Lleida en peras e mazás,
Murcia en pementos e tomates...
O arroz, un cereal cultivado especialmente no
baixo Ebro, Valencia, Sevilla e Badaxoz.
Os cultivos industriais, aqueles que precisan ser
transformados para ser consumidos (tabaco,
algodón, xirasol, remolacha azucreira).
A floricultura, en plena expansión en Levante e
Cataluña.
12. 2.2.- A gandaría
É un sector que experimentou unha gran
transformación na súa estrutura e produción, o que
permitiu un importante crecemento dos rendementos.
En 2006 había en España:
- + de 180 millóns de aves
- 20 millóns de cabezas de gando porcino
- 6 “ bovino especializadas en
carne e leite
Téndese a potenciar a gandaría intensiva,
concentrando os animais en granxas. A gandaría
extensiva, na que os animais pacen ao aire libre, a
mecanización é mínima e os rendementos baixos.
Segue especializada por zonas: gando vacún no norte
peninsular; ovino e caprino no interior e Andalucía;
porcino en Estremadura.
2.3.- O aproveitamento forestal
As especies máis abundantes son as frondosas
(castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo, faia) e coníferas
13. (piñeiro). Nos últimos vinte anos a produción
mantívose arredor dos 15 millóns de metros cúbicos,
pero o seu valor económico vai en progresivo aumento.
Ademais da obtención de madeira resina e cortiza, as
árbores proporcionan a materia prima para a
elaboración de produtos como os taboleiros de
aglomerado, cartón e papel. As masas boscosas máis
importantes están na franxa cantábrica, no noroeste e
no suroeste peninsular.
2.4.- Paisaxes agrarias españolas
A combinación das condicións naturais e a acción
humana permite diferenciar en España cinco tipos
básicos de paisaxes agrarias.
a) Paisaxe agraria da España oceánica ou húmida
Tipo de hábitat: disperso, con moitos núcleos de
poboación.
Propiedade da terra: parcelas pequenas
(minifundismo); hai zonas con parcelas de maior
tamaño onde se implantou a concentración parcelaria.
14. A agricultura baséase no policultivo tradicional que
tende á especialización en cultivos de horta e forraxe
para o gando.
A gandaría é a principal actividade económica,
especializada no gando vacún.
A explotación forestal é importante pola abundancia
de árbores (carballos, castiñeiros, piñeiros,
eucaliptos).
b) Paisaxe agraria mediterránea
Tipo de hábitat: conviven o poboamento disperso máis
tradicional coa tendencia a concentración.
A propiedade da terra: pequena e mediana nas terras
de secaño e pequenas nas de regadío.
A agricultura é de secaño no val do Guadalquivir e nas
zonas prelitorais (cereais, vide, oliveira, amendoeira);
a de regadío alcanza elevados rendementos
(hortalizas e froitas –cítricos no Levante e tropicais
nas zonas de Granada e Málaga).
A gandaría ovina e caprina é abundante nas terras de
secaño; no val do Guadalquivir (reses bravas);
Cataluña posúe unha importante gandaría bovina e
15. A explotación forestal aproveita especialmente a
aciñeira, o piñeiro e a sobreira.
c) Paisaxe agraria do interior peninsular
Tipo de hábitat: concentrado.
A propiedade da terra: minifundio no val do Douro e
latifundios no resto.
A agricultura de secaño domina na meseta e zonas non
regadas do val do Ebro (cereal, vide e oliveira). A de
regadío nas veigas dos ríos (froitas, hortalizas, forraxes
e plantas industriais – tabaco, lúpulo, remolacha
azucreira, etc.
A gandaría ovina e caprina domina no centro e sur da
Meseta e, no oeste, a porcina.
A explotación forestal ten pouca importancia.
d) Paisaxe agraria de montaña húmida
Tipo de hábitat: disperso e escaso.
A propiedade da terra: pequenas parcelas, con
abundancia de propiedade comunal.
A agricultura do fondo dos vales produce cultivos de
horta; a maiores alturas (cultivos herbáceos e
16. A gandaría bovina, ovina e caprina pace ao aire
libre en réxime extensivo.
A explotación forestal (piñeiros, eucaliptos e
castiñeiros).
e) Paisaxe agraria das illas Canarias
Tipo de hábitat: concentrado e cada vez máis
escaso.
A propiedade da terra: pequenas e medianas
explotacións conviven coas grandes dedicadas
ao regadío.
A agricultura de secaño (vide e patacas); nos
regadíos abundan os monocultivos (plátano,
tomate, piña, aguacate, pemento).
A gandaría é escasa (ovina e caprina).
A explotación forestal é mínima pola escasa
presenza de arborado.
17. 3.- A pesca
É a actividade destinada a obter recursos
alimenticios das augas do mar, os ríos e lagos. A
costa española está organizada en 8 rexións,
sendo a do noroeste a máis importante.
A maioría das capturas son peixes (pescada,
sardiña, anchoas, atún, bonito...) e unha cuarta
parte do total son moluscos (polbo, lura,
choupa). Cada vez cobra maior importancia a
acuicultura (cría en catividade de especies de
mar ou de río).
18.
19. O destino básico é o consumo humano, ben en fresco
ou transformado (salgadura, conxelación, conserva), e
tamén para a obtención de fariñas e aceites.
Na actualidade esta actividade ten moitos
problemas: esgotamento de moitos caladoiros,
restricións que impoñen determinados países a pescar
nas augas de control exclusivo, as cotas que impón a
UE, fixando topes as capturas, a necesidade de
renovación e modernización das flotas, a carestía dos
combustibles e a inseguridade dalgunhas zonas de
pesca.
Como consecuencia de todo o anterior, a poboación
dedicada á pesca descende progresivamente, así como
a porcentaxe da achega do sector pesqueiro no PIB.
3.- A industria e a súa reestruturación
Os avances da tecnoloxía actual obriga a todas as
industrias a renovarse para poder competir no mercado
internacional (globalización).
20. 3.1.- As bases da industria
As materias primas e as fontes de enerxía son as
bases fundamentais da industria.
As materias primas son os recursos que emprega a
industria para elaborar os seus produtos. Segundo a
súa orixe, poden ser orgánicas, as que proceden das
actividades do sector primario, ou minerais, as
procedentes de xacementos mineiros (ferro, cobre,
chumbo...) e de canteiras (granito, lousa, mármore,
arxila...). España é deficitaria nalgunha das orgánicas
(algodón, madeira...) e moitas das minerais.
As fontes de enerxía permiten o funcionamento da
industria para que transforme as materias primas.
Unhas son renovables (hidráulica, eólica, solar) e
outras non (petróleo, gas, carbón). España é deficitaria
xa que importa o 85% da enerxía que consume. Entre
as máis utilizadas están: - o petróleo, a máis
empregada en todo tipo de industrias e nos
transportes. España aínda que non produce si ten unha
importante capacidade de refino do cru que importa de
países como Libia, Nixeria, Arabia Saudí e México;
21.
22. • - o carbón foi a fonte principal dos inicios da
industrialización. Segue a ser importante para a
produción eléctrica nas centrais térmicas. O
autoabastecemento cobre o 35% do total consumido,
destacando a produción da conca asturleonesa; - gas
natural é unha enerxía que aumenta progresivamente o
seu consumo por ser barato, ter unha elevada
capacidade calorífica e baixo nivel de contaminación.
España produce o 2,5% do que consume, importando
de Alxeria, Nixeria e Noruega a maior parte; - a enerxía
nuclear, obtida da fisión dos átomos de uranio
(xacementos en Salamanca e Badaxoz), é toda ela de
produción nacional e serve fundamentalmente para a
produción de electricidade. A súa produción está
estancada polo perigo que representan os seus
residuos; - enerxía hidráulica, a obtida das augas
embalsadas que moven turbinas que xeran
electricidade, é a máis abundante en España. Na
produción destaca Galicia e os grandes encoros dos
ríos Ebro, Douro e Teixo; - outras enerxías que
aumentan lentamente a súa produción e consumo son :
a solar, na que destaca a produción de Canarias,
Andalucía e Baleares;
23. a eólica, cunha produción en aumento especialmente en Galicia,
Navarra, Aragón e Canarias; a biomasa, na que destaca a
produción de Andalucía.
3.2.- Características e localización da industria
A industrialización española desenvolvese con forza
a partir da segunda metade do século XX debido, en
gran parte, ao impulso do Estado. Entre 1977 e 1985
atravesou unha dura fase de axuste e reconversión. Na
última década, experimentou un crecemento global
continuado grazas a renovación e modernización que
permitiu a mellora da produción en cantidade e
calidade. . Pero a partir de 2008 entrou nunha nova
crise. A industria española presenta hoxe as seguintes
características:
Forte dependencia do exterior en materias primas,
fontes de enerxía e tecnoloxía.
Importantes cambios pola incorporación das novas
tecnoloxías e nos sistemas de produción
(descentralización, subcontratas, produción flexible...).
Progresiva mellora da calidade dos produtos.
Aumento progresivo das exportacións
Predominio das pequenas e medianas empresas
24. Redución da intervención do estado
Cambio no perfil dos traballadores, aumentando o
número de técnicos e diminuíndo os manuais.
Escasos investimentos en I+D+i
Crecente preocupación polas cuestións
medioambientais.
En canto a localización, a industria española
presenta fortes desequilibrios, cunha elevada
concentración nunhas zonas –todas periféricas agás
Madrid- e un gran déficit noutras. Pódense diferenciar:
As áreas históricas: Cataluña e Levante (téxtil,
maquinaria, química, alimentación), País Vasco e
Asturias (minaría, siderurxia, metalurxia). Madrid pode
incluírse neste grupo, aínda que o seu
desenvolvemento é posterior e por causas diferentes
(política estatal de favorecer á capital).
Áreas de recente creación, a partir de mediados do
século XX, o estímulo estatal axuda a xurdir novos
focos industriais na periferia de cidades como
Valladolid, Zaragoza, Sevilla, Vigo e A Coruña, entre
outras.
25. 3.3.- Os sectores industriais
Co desenvolvemento da industria na década de
1960, España multiplicou e diversificou a súa industria
de modo que, na actualidade, conta cunha gran
variedade de sectores entre os que destacan:
Os sectores tradicionais: Siderurxia, localizada en
Cataluña, Levante, País Vasco e Asturias; a industria
naval, concentrada en grandes estaleiros (Ferrol, Vigo,
Cádiz, Valencia, Bilbao). A parte da construción de
barcos, momento no que hai unha forte recuperación,
se lle engade as reparacións e a construción de
plataformas petrolíferas; a industria téxtil do coiro e do
calzado, importante en Cataluña, Andalucía e Valencia,
ten que enfrontarse á competencia con menores
prezos, ademais da pirataría industrial; o sector da
minaría está en retroceso polo esgotamento dos
mellores filóns ou en vías de extinción (carbón, cinc,
piritas, mercurio...).
Os sectores máis dinámicos. Presentan boas
expectativas de futuro pola calidade dos seus produtos
e unha demanda en aumento.
26.
27. • Posúen unha organización flexible e, polo xeral, contan
con abundante capital estranxeiro. A maioría son
industrias de bens de consumo. Destacan a industria
automobilística, na que España e o 4º produtor
europeo, conta cunha alta participación de capital
estranxeiro e que ten as principais fábricas en Vigo
(PSA Peugeot – Citroën), Valladolid (FASA – Renault),
Valencia (Ford), Barcelona (SEAT); industrias
alimentarias –lácteas, cárnicas, conservas, aceite,
bebidas, tabaco... - están moi repartidas por toda
España. A presenza de capital estranxeiro é notable xa
que en seis de cada dez empresas son filiais de
empresas multinacionais; industria química e
farmacéutica, con múltiples actividades e empresas
tanto de actividades de base (petroquímica,
plásticos...) como de consumo (deterxentes, cosmética,
medicamentos); téxtil e confección, un sector de gran
importancia en Galicia, Cataluña e Valencia (Inditex,
Mango...); o sector da edificación e das obras públicas
achega case o 20% da produción industrial e da
emprego ao 10% da poboación.
28. 4.- Os servizos
É o motor da economía, o máis importante na creación
do PIB (60%), na creación de emprego (71% da
poboación ocupada) e o número de empresas (arredor
de 2 millóns) dedicadas ao transporte, comercio,
turismo, tecnoloxías da información, inmobiliarias e de
aluguer, servizos a empresas, actividades recreativas e
culturais e servizos persoais. Todo isto permite falar da
terciarización da economía española.
4.1.- O desenvolvemento do sector terciario
O seu forte crecemento está relacionado con:
- Aumento da capacidade adquisitiva dos españois
- A mellora da capacitación profesional
- A mellora das infraestruturas viarias (autovías,
autopistas, liñas de alta velocidade...)
- Aumento dos servizos públicos (educación,
sanidade, asistencia) proporcionados polo Estado e as
Comunidades Autónomas
- Os cambios producidos nas traballadoras e
traballadores da industria actual, co aumento de
técnicos cualificados.
29. Entre as características máis salientables están:
Máis da metade das empresas teñen menos de
2 traballadores o que indica o elevado número
de negocios familiares; só 2,5% teñen máis de
20 traballadores, aínda que o seu negocio
supera o 35% do total do sector.
As comunidades autónomas con maior
participación no volume de negocios son Madrid
e Cataluña, que suman algo máis da metade do
conxunto español.
4.2.- Transportes e comunicacións
Os transportes poden realizarse por:
– Estradas (9.600 km de autovías, 2.700 km de
autoestradas, 170.000 de estradas principais e
510.000 de secundarias) polas que circulan uns 31
millóns de vehículos. A disposición da rede é radial,
con centro en Madrid.
30.
31. – Ferrocarril (13.000 km de vía ancha por RENFE e
2.000 km de vía estreita por FEVE) que está
modernizando as unidades e acurtando os tempos
dos traxectos coas liñas de alta velocidade (AVE). O
ferrocarril segue a ser un importante medio de
transporte para mercadorías pesadas.
– Metro, o transporte máis utilizado nas cidades que o
posúen para transporte de viaxeiros: Madrid,
Barcelona, Valencia, Bilbao.
– Transporte aéreo utiliza avións e aeroportos, entre
os que destacan os de Baraxas (Madrid), El Prat
(Barcelona). Os que reciben máis turistas son os de
Palma de Mallorca, Málaga, Gran Canaria e Tenerife.
– Transporte marítimo serve, fundamentalmente para
o comercio de mercadorías de gran volume co
exterior. España posúe unha importante flota de
mercantes e numerosos portos.
As comunicacións destacan polo auxe das novas
tecnoloxías, especialmente das telecomunicacións:
32.
33. de comunicacións entre particulares e empresas
(teléfono fixo e móbil, Fax, correo electrónico, internet)
e servizo rápido de mercadorías (mensaxaría urxente).
4.3.- As actividades comerciais
O comercio representa o 65% do volume de
negocio do conxunto do sector servizos. España está
entre os cinco primeiros países da UE por volume de
negocio do comercio. A balanza comercial é deficitaria,
pois son maiores as importacións que as exportacións;
os ingresos por turismo e os investimentos estranxeiros
compensan en parte este déficit.
O comercio interior sofre un proceso de
transformación derivado, esencialmente, da instalación
de grandes superficies comerciais, moitas delas filiais
de multinacionais, e supermercados, que obrigan a
unha reestruturación do pequeno comercio tradicional.
No comercio exterior, España intercambia o maior
volume de mercadorías cos países da UE, América
Latina, EE UU, Xapón e Oriente Próximo. As maiores
importacións corresponden a petróleo, gas natural e
produtos industriais de alta tecnoloxía.
34. Nas exportacións destacan os produtos agrarios, o
sector automobilístico e produtos semielaborados.
4.4.- O turismo
España é un dos primeiros países do mundo en
número de turistas, atraídos polo sol e as praias, as
paisaxes naturais, e a riqueza e variedade da oferta
cultural. É unha actividade que dá emprego a miles de
españois e de estranxeiros.
Os aloxamentos turísticos poden ser hoteis (uns
17.000 que ofertan 1.600.000 prazas), apartamentos
(130.000 con capacidade para 500.000 persoas,
cámpings, aloxamentos de turismo rural, etc.
O turismo tradicional en España é o que busca sol e
praia. Os destinos favoritos dos españois son Canarias,
Andalucía, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Os
dos estranxeiros –ingleses, alemáns, franceses- son as
Baleares, Canarias, a Costa do Sol malagueña e a
Costa Brava catalá. É un turismo masivo que ten fortes
efectos medioambientais (excesiva urbanización,
elevado consumo de auga, densidade de tráfico...).
35.
36. Outras modalidades turísticas: o turismo rural,
que potencia vivir uns días de ocio en contacto coa
natureza e as xentes do mundo rural; o de balnearios,
unha modalidade que recobra importancia como
medicina alternativa; o deportivo, que ofrece
múltiples variantes, desde o golf aos deportes de neve;
o cultural e historiográfico, que trata de atraer
turistas mediante o deseño de programas musicais, de
teatro, danza, exposicións, circuítos que inclúen visitas
a centros históricos e artísticos.
5.- Os desequilibrios territoriais
O desenvolvemento económico actual
mantén un dos trazos característicos dos inicios
da industrialización, é dicir, os fortes contrastes
rexionais, que tratan de paliarse mediante
políticas oficiais destinadas a corrixilos.
37. 5.1.- Os contrastes entre comunidades autónomas
Comunidades máis desenvolvidas, nas que se
inclúen os territorios industrializados inicialmente
(Cataluña, País Vasco). Madrid, beneficiada por unha
política económica que fixo da súa área metropolitana
un importante foco industrial e de servizos.
Comunidades de desenvolvemento máis recente como
Navarra, que lidera hoxe o crecemento económico por
comunidades autónomas, ben situada xeograficamente
no corredor do Ebro, onde tamén se sitúa A Rioxa.
Baleares, grazas á achega do sector servizos.
Comunidades de desenvolvemento medio, un
grupo formado por Valencia, Murcia, Asturias, e
Cantabria, unha no interior –Castela e León- e o
arquipélago de Canarias.
Comunidades de baixo desenvolvemento, formado
por dúas comunidades situadas na periferia – Andalucía
e Galicia- e outras dúas no interior –Castela A Mancha
e Estremadura.
38. Estes contrastes veñen de antigo, intensificándose
coa industrialización do século XIX e hoxe son
apreciables en datos como: a poboación (con
densidades moito menores as menos desenvolvidas e
cunha poboación moito máis envellecida); os sectores
económicos (mentres que en Madrid e no País Vasco o
sector agrario achega só o 1% do PIB, en Andalucía e
Estremadura alcanza o 14%); a porcentaxe de
empresas en relación á poboación, onde se aprecia
claramente a disparidade entre comunidades
tradicionalmente agrarias que manteñen índices de
desenvolvemento menor.
5.2.- Medidas correctoras dos desequilibrios
Co obxecto de aproximar os valores económicos das
comunidades autónomas e da calidade de vida dos seus
habitantes, os diferentes gobernos puxeron en práctica
políticas correctoras. Entre as medidas adoptadas
destacaron a creación dos Polos de Desenvolvemento
nos anos sesenta, Axencias de Desenvolvemento
Rexional (1980), os fondos procedentes da UE (FEDER,
FEOGA, FEP, FSE...).