SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
ANÁLISE DA SITUACIÓN E PROPOSTAS SOBRE A SANIDADE
                  PÚBLICA GALEGA.
Ante a próxima confrontación electoral a plataforma SOS Sanidade Pública fai pública
a súa posición sobre o proceso de deterioro sufrido nos últimos anos polo sistema
sanitario público.

Introdución:

A grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política
sanitaria:

· Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares
esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos
cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen
ningunha restrición. A Lei Xeral de Sanidade apoia esta estratexia.

· Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe
acceder aos servizos sanitarios que poida custear. Esta corrente, asumida con
entusiasmo polo PP, defende un argumentario elemental baseada en dúas falacias: a
insustentabilidade do actual sistema sanitario e que a xestión privada da sanidade é
máis eficiente que a pública. O Real Decreto Ley 16/2012, imposto polo goberno
central, é un paso capital nesta estratexia: recupera a figura do “asegurado”, polo que
hai colectivos de cidadáns que quedan excluídos da cobertura sanitaria.

A crise económica é utilizada como escusa polo actual goberno e por algunhas
autonomías afíns para realizar profundos recortes na sanidade pública que están a
producir un impacto severo na calidade asistencial e nas condicións laborais dos
sanitarios. O obxectivo real non é reducir o gasto público senón conseguir o desvío de
parte dos orzamentos cara petos privados.

Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a
cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación
e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados
polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia
medrou o triplo que co goberno bipartito.
A política sanitaria do Partido Popular está orientada a recortar o dereito á saúde
para transformalo nunha mercadoría. Pretende desmantelar o sistema sanitario
público, potenciar o aseguramento privado e dar participación ás empresas privadas
na prestación de servizos sanitarios con diñeiro público. Hai unha estratexia global -
impulsada polo FMI e o BCE- que o goberno do PP está a impoñer en Galicia desde o
inicio da lexislatura. As diferentes medidas adoptadas (redución dos orzamentos
sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, externalización
de actividades, privatización da xestión hospitalaria etc) están enmarcadas nesta
corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos
servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio. Estes son os
elementos básicos da súa actuación.

Os elementos básicos da estratexia sanitaria desenvolvida polo PP en Galicia

Deterioración e descapitalización do sistema sanitario público.

Privatización da estrutura do sistema e dos servizos que presta.

Desmantelamento dos alicerces do sistema: universalidade, equidade e accesibilidade
aos servizos.

1.- Deterioración e descapitalización do sistema sanitario público

O orzamento sanitario sufriu unha importante redución (300 millóns de euros respecto
do ano 2009, o que representa o custo do novo hospital de Vigo). Este recorte
traduciuse na paralización de programas clave e na redución da actividade dos
servizos asistenciais.

Suprimiron o Plan de Mellora da Atención Primaria, que supuxo a perda de máis 1.600
postos de traballo e a paralización da construción de 66 novos centros de saúde, que
deixaron en 19 (que ademais reduciron a superficie nun 30%).

Paralizaron a actividade hospitalaria de tarde, co consecuente aumento das listas de
espera. Os tempos de espera medraron un 30% respecto ao anos 2009 polo que
actualmente hai 38.000 pacientes que están pendentes de intervención cirúrxica.

Desmantelaron parcialmente e fixeron recortes nas áreas sanitarias do Barco,
Barbanza, Monforte, Burela, Salnés e Verín.

Tamén pecharon diversos servizos e paralizaron programas de saúde postos en
marcha polo anterior goberno. Anunciaron a supresión dos radiólogos de urxencias
nos hospitais comarcais; ademáis pecharon varios laboratorios de análises clínicos.
Suspenderon o desenvolvemento do Plan da Muller e abandonaron definitivamente o
Plan de Saúde Mental; suprimiron os programas de atención a drogodependentes e
pacientes con SIDA.

Houbo unha total ausencia de políticas de racionalización e de mellora da calidade, o
que supón o mantemento do gasto farmacéutico máis alto do Estado, por non
desenvolver estratexias integrais e polo uso irracional dos recursos, polo que se
malgastan máis de 550 millóns de euros ao ano.
Realizaron unha drástica redución do persoal co despedimento de interinos e
contratados (só repuxeron o 10% das vacantes resultantes das xubilacións e outras
vacantes), incumprindo a Lei de Saúde de Galicia que ordena realizar convocatorias
bianuais das vacantes.

 Abandonaron tamén os escasos incentivos laborais existentes dirixidos a mellorar a
calidade ou a eficiencia: fixeron recortes salariais e eliminaron días de descanso,
paralizaron a Carreira Profesional, e fixeron unha tremenda precarización das
condicións laborais coa utilización de contratos lixo por horas ou días sen cobertura
completa da seguridade social. Os novos profesionais da saúde están condenados ao
paro e, novamente, a emigrar a outros países para poder traballar.

2.- Privatización da estrutura do sistema e dos servizos asistenciais

A única partida do orzamento sanitario público que experimentou un incremento foi a
de concertos co sector privado.

Privatizaron servizos estratéxicos para o funcionamento do sistema como a Central de
Chamadas, a Plataforma Informática, ou a Central de Compras.

Van continuar e mesmo mellorar o concerto singular de Povisa, para o que cal
recortaron o proxecto de novo hospital de Vigo, no que suprimiron as 400 camas
previstas para asumir a atención da poboacion atendida ata agora por este centro
privado.

Privatizaron o financiamento, construción e xestión dos novos centros como o novo
hospital de Vigo que, ademais de multiplicar os seu custo de construción que pasa de
250 a 1.400 millóns de euros (1.800 se incluímos todos os conceptos), sufriu un serio
recorte na súa superficie, camas, servizos e na calidade dos materiais e equipamento.

Paralizaron a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra para construír un
hospital novo, de xestión privada, que multiplicará o seu custo e déixano baixo o
control de mans privadas (vai ser, probablemente, inviable na actual situación ce crise
económica). Tamén abandonaron os Plans Directorios dos Complexos Hospitalarios
de Ourense, A Coruña, Santiago e Ferrol, e as obras de reforma e a construción de
novos Centros de Saúde.

Externalizaron a diálese renal e outros servizos como a Anatomía Patolóxica e os
laboratorios dalgúns hospitais.

Manteñen a MEDTEC disfrazado de GALARIA, que ven actuando como un
instrumento dirixido á privatización dos recursos e controis tecnolóxicos e a facilitar a
penetración do sector privado na sanidade pública. Asímesmo manteñen as
Fundacións Sanitarias aínda acollidas a xestión privada como o INGO, 061, Centro de
Transfusións e o Instituto de Oftalmoloxía.

3.- Desmantelamento dos alicerces do sistema: Universalidade, equidade e
accesibilidade aos servizos

O desenvolvemento en Galicia do Real Decreto 16/2012 supón introducir o
copagamento (repago) por servizos e prestacións sanitarias. Este Real Decreto obriga
aos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, as próteses, o transporte en
ambulancia non urxente, e os alimentos especiais.

Tamén contempla a supresión da Carteira de Servizos única, universal e gratuíta no
momento do uso. Haberá servizos básicos, complementarios e accesorios. A
sanidade pública pode que limite a cobertura ao paquete básico, e haberá que pagar
polo resto das prestacións (ben directamente ou mediante un aseguramento
complementario). Neste grupo de servizos optativos pretenden incluír as mamografías,
os tratamento de esterilidade, a rehabilitación etc. Núñez Feijóo anunciou tamén a súa
intención de que os pacientes hospitalizados paguen a comida, a limpeza ou mesmo
as cadeiras utilizadas polos acompañantes.

Propostas da Plataforma SOS Sanidade Pública

1. Incrementar o gasto sanitario para recuperar o nivel do ano 2009.

2. Elaborar un Plan de Saúde que responda ás necesidades reais de todos os
cidadáns e garanta a racionalidade e a equidade.

3. Desenvolver políticas para racionalizar o gasto sanitario en lugar de recortar
dereitos e prestacións. Consideramos necesario reducir o gasto farmacéutico
inadecuado, a utilización irracional de probas diagnósticas ou terapéuticas que,
ademais de innecesarias, poden danar a saúde de quen as recibe. Hai que
desenvolver estratexias, consensuadas cos profesionais e cidadáns, dirixidas a
mellorar a calidade e a racionalidade das prestacións como guías clínicas, vías
clínicas ou protocolos dirixidos a diagnosticar e tratar con racionalidade baseada na
evidencia as enfermidades máis frecuentes e importantes.

4. Recuperar o modelo de financiamento público para construír, reparar e xestionar
todos os centros sanitarios. Hai que denunciar o incumprimento do contrato polas
empresas concesionarias privadas para a construción do Novo Hospital de Vigo e
devolvelo ao financiamento e xestión pública (a Concesionaria a reducido o centro nin
30% e carece de capacidade para financialo). Cómpre reiniciar de forma inmediata a
ampliación do Hospital Montecelo (que leva paralizado tres anos) con financiamento
público. E haberá que afrontar de xeito urxente os Plans Directorios dos Hospitais que
freen a súa deterioración e melloren a súa actividade adaptándoa ás necesidades
asistenciais de cada área (como contemplaba o Plan Directorio anulado polo actual
goberno da Xunta). Tamén será preciso levar ao Consello Interterritorial de Sanidade
a derogacion da Lei 15/1997 de novas formas de Xestión.

5. Hai que pór en marcha unha política incentivadora do persoal sanitario,
consensuada cos traballadores e os seus representantes, que contemple incentivos á
calidade, a racionalidade e a produtividade dos traballadores sanitarios; hai que
recuperar o desenvolvemento da Carreira Profesional.

6.- É preciso eliminar os contratos lixo, e suspender a política de redución de persoal e
de non repor as prazas dos profesionais que se xubilen; hai que volver substituír aos
profesionais ausentes por baixa laboral ou por vacacións para evitar o crecemento das
listas de espera e a masificación das consultas.
7.. Cómpre recuperar os Programas da Muller, Saúde Mental, Drogodependencias e o
de atención a persoas con SIDA.

8. Pechar GALARIA reintegrando os seus recursos e funcións ao sistema sanitario
público. Reintegrar a xestión pública do SERGAS as fundacións de xestión privada
como INGO, 061, Centro de Transfusións, Instituto de Oftalmoloxía, ou a FEGAS coias
funcións deberian ser asumidas pola Subdirección de Investigación e Docencia

9. Hai que anular o Concerto Singular de POVISA que debe converterse nun centro
concertado por patoloxías con carácter complementario.

10. Potenciar a Atención Primaria renovando un novo Plan de Mellora, que inclúa a
creación de novas prazas, a construción dos 66 centros de saúde previstos, a
eliminación das trabas para solicitar probas diagnósticas e a redución da burocracia.

11. Tamén se deberá utilizar plenamente os recursos públicos existentes, ampliando o
horario dos centros hospitalarios para reducir as listas de espera e evitar desviacións
innecesarias de pacientes a centros privados concertados. Incrementar os persoal e
ampliar a actividade dos centros sanitarios en xornada ordinaria de mañá e tarde.

12. Recuperar a xestión pública (co persoal público da Conselleria e do Sergas) dos
servizos de apoio, especialmente a Central de Compras, a Plataforma Informática, o
Centro Loxístico de Almacenamento e Suministro e os procesos de decisión sobre
prazas e concursos.

13. Hai que manter e dotar adecuadamente as Áreas Sanitarias cos recursos
necesarios para planificar, xestionar e atender de xeito integrado as necesidades e
problemas de saúde dos cidadáns con eficiencia, racionalidade e equidade.

14. Hai que suspender a aplicación en Galicia do Real Decreto 16/2012, que
actualmente implica a imposición do copagamento farmacéutico para os pensionistas,
a limitación de determinadas prestacións e a supresión do dereito á asistencia dos
inmigrantes.

15. Desenvolver para a participación e responsabilización de cidadáns e traballadores
sanitarios na planificación, xestión e control da actividade dos servizos sanitarios.
Propoñemos pór en marcha unha escola de formación para a participación cidadá
reorientando a orientación de Escola de Cidadáns dirixida a promover que os mesmos
se fagan cargo da atención dos seus familiares en lugar dos servizos de saúde.

16. Incrementar os recursos para a atención a enfermos crónicos e a coordinación cos
Servizos de Atención á Dependencia a nivel de cada Área. Crear unha Rede
Sociosanitaria coordinada co Servizo Galego de Saude.



                       Plataforma SOS Sanidade Pública

                                 Outubro de 2012
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (9)

Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galizaIlp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
 
Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E PontevedraSistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
 
Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011
 
A saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocioA saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocio
 
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
 
Nota de prensa obras plan director 25032013(1)
Nota de prensa obras plan director 25032013(1)Nota de prensa obras plan director 25032013(1)
Nota de prensa obras plan director 25032013(1)
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
 
Ssergas
SsergasSsergas
Ssergas
 

Andere mochten auch (6)

What is the Theory of Multiple Intelligences Part 2 Cultural Influence
What is the Theory of Multiple Intelligences Part 2 Cultural InfluenceWhat is the Theory of Multiple Intelligences Part 2 Cultural Influence
What is the Theory of Multiple Intelligences Part 2 Cultural Influence
 
Contrato civil
Contrato civil Contrato civil
Contrato civil
 
MODELO DE CONTRATO DE LOCACIÓN DE SERVICIOS PROFESIONALES
MODELO DE CONTRATO DE LOCACIÓN DE SERVICIOS PROFESIONALESMODELO DE CONTRATO DE LOCACIÓN DE SERVICIOS PROFESIONALES
MODELO DE CONTRATO DE LOCACIÓN DE SERVICIOS PROFESIONALES
 
Contrato de locacion de servicios empresa privada
Contrato de locacion de servicios empresa privadaContrato de locacion de servicios empresa privada
Contrato de locacion de servicios empresa privada
 
Contrato de prestacion de servicios
Contrato de prestacion de serviciosContrato de prestacion de servicios
Contrato de prestacion de servicios
 
Contrato a tiempo determinado
Contrato a tiempo determinadoContrato a tiempo determinado
Contrato a tiempo determinado
 

Ähnlich wie Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos

Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
oscargaliza
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
oscargaliza
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
oscargaliza
 
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourenseComunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
oscargaliza
 

Ähnlich wie Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos (20)

24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
 
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
 
Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En Marea
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourenseComunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
 

Mehr von oscargaliza

Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
oscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
oscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
oscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
oscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
oscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
oscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
oscargaliza
 

Mehr von oscargaliza (20)

Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 
2merchan
2merchan2merchan
2merchan
 
0merchan
0merchan0merchan
0merchan
 
1merchan
1merchan1merchan
1merchan
 

Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos

  • 1. ANÁLISE DA SITUACIÓN E PROPOSTAS SOBRE A SANIDADE PÚBLICA GALEGA. Ante a próxima confrontación electoral a plataforma SOS Sanidade Pública fai pública a súa posición sobre o proceso de deterioro sufrido nos últimos anos polo sistema sanitario público. Introdución: A grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria: · Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen ningunha restrición. A Lei Xeral de Sanidade apoia esta estratexia. · Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear. Esta corrente, asumida con entusiasmo polo PP, defende un argumentario elemental baseada en dúas falacias: a insustentabilidade do actual sistema sanitario e que a xestión privada da sanidade é máis eficiente que a pública. O Real Decreto Ley 16/2012, imposto polo goberno central, é un paso capital nesta estratexia: recupera a figura do “asegurado”, polo que hai colectivos de cidadáns que quedan excluídos da cobertura sanitaria. A crise económica é utilizada como escusa polo actual goberno e por algunhas autonomías afíns para realizar profundos recortes na sanidade pública que están a producir un impacto severo na calidade asistencial e nas condicións laborais dos sanitarios. O obxectivo real non é reducir o gasto público senón conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados. Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia medrou o triplo que co goberno bipartito.
  • 2. A política sanitaria do Partido Popular está orientada a recortar o dereito á saúde para transformalo nunha mercadoría. Pretende desmantelar o sistema sanitario público, potenciar o aseguramento privado e dar participación ás empresas privadas na prestación de servizos sanitarios con diñeiro público. Hai unha estratexia global - impulsada polo FMI e o BCE- que o goberno do PP está a impoñer en Galicia desde o inicio da lexislatura. As diferentes medidas adoptadas (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, externalización de actividades, privatización da xestión hospitalaria etc) están enmarcadas nesta corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio. Estes son os elementos básicos da súa actuación. Os elementos básicos da estratexia sanitaria desenvolvida polo PP en Galicia Deterioración e descapitalización do sistema sanitario público. Privatización da estrutura do sistema e dos servizos que presta. Desmantelamento dos alicerces do sistema: universalidade, equidade e accesibilidade aos servizos. 1.- Deterioración e descapitalización do sistema sanitario público O orzamento sanitario sufriu unha importante redución (300 millóns de euros respecto do ano 2009, o que representa o custo do novo hospital de Vigo). Este recorte traduciuse na paralización de programas clave e na redución da actividade dos servizos asistenciais. Suprimiron o Plan de Mellora da Atención Primaria, que supuxo a perda de máis 1.600 postos de traballo e a paralización da construción de 66 novos centros de saúde, que deixaron en 19 (que ademais reduciron a superficie nun 30%). Paralizaron a actividade hospitalaria de tarde, co consecuente aumento das listas de espera. Os tempos de espera medraron un 30% respecto ao anos 2009 polo que actualmente hai 38.000 pacientes que están pendentes de intervención cirúrxica. Desmantelaron parcialmente e fixeron recortes nas áreas sanitarias do Barco, Barbanza, Monforte, Burela, Salnés e Verín. Tamén pecharon diversos servizos e paralizaron programas de saúde postos en marcha polo anterior goberno. Anunciaron a supresión dos radiólogos de urxencias nos hospitais comarcais; ademáis pecharon varios laboratorios de análises clínicos. Suspenderon o desenvolvemento do Plan da Muller e abandonaron definitivamente o Plan de Saúde Mental; suprimiron os programas de atención a drogodependentes e pacientes con SIDA. Houbo unha total ausencia de políticas de racionalización e de mellora da calidade, o que supón o mantemento do gasto farmacéutico máis alto do Estado, por non desenvolver estratexias integrais e polo uso irracional dos recursos, polo que se malgastan máis de 550 millóns de euros ao ano.
  • 3. Realizaron unha drástica redución do persoal co despedimento de interinos e contratados (só repuxeron o 10% das vacantes resultantes das xubilacións e outras vacantes), incumprindo a Lei de Saúde de Galicia que ordena realizar convocatorias bianuais das vacantes. Abandonaron tamén os escasos incentivos laborais existentes dirixidos a mellorar a calidade ou a eficiencia: fixeron recortes salariais e eliminaron días de descanso, paralizaron a Carreira Profesional, e fixeron unha tremenda precarización das condicións laborais coa utilización de contratos lixo por horas ou días sen cobertura completa da seguridade social. Os novos profesionais da saúde están condenados ao paro e, novamente, a emigrar a outros países para poder traballar. 2.- Privatización da estrutura do sistema e dos servizos asistenciais A única partida do orzamento sanitario público que experimentou un incremento foi a de concertos co sector privado. Privatizaron servizos estratéxicos para o funcionamento do sistema como a Central de Chamadas, a Plataforma Informática, ou a Central de Compras. Van continuar e mesmo mellorar o concerto singular de Povisa, para o que cal recortaron o proxecto de novo hospital de Vigo, no que suprimiron as 400 camas previstas para asumir a atención da poboacion atendida ata agora por este centro privado. Privatizaron o financiamento, construción e xestión dos novos centros como o novo hospital de Vigo que, ademais de multiplicar os seu custo de construción que pasa de 250 a 1.400 millóns de euros (1.800 se incluímos todos os conceptos), sufriu un serio recorte na súa superficie, camas, servizos e na calidade dos materiais e equipamento. Paralizaron a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra para construír un hospital novo, de xestión privada, que multiplicará o seu custo e déixano baixo o control de mans privadas (vai ser, probablemente, inviable na actual situación ce crise económica). Tamén abandonaron os Plans Directorios dos Complexos Hospitalarios de Ourense, A Coruña, Santiago e Ferrol, e as obras de reforma e a construción de novos Centros de Saúde. Externalizaron a diálese renal e outros servizos como a Anatomía Patolóxica e os laboratorios dalgúns hospitais. Manteñen a MEDTEC disfrazado de GALARIA, que ven actuando como un instrumento dirixido á privatización dos recursos e controis tecnolóxicos e a facilitar a penetración do sector privado na sanidade pública. Asímesmo manteñen as Fundacións Sanitarias aínda acollidas a xestión privada como o INGO, 061, Centro de Transfusións e o Instituto de Oftalmoloxía. 3.- Desmantelamento dos alicerces do sistema: Universalidade, equidade e accesibilidade aos servizos O desenvolvemento en Galicia do Real Decreto 16/2012 supón introducir o copagamento (repago) por servizos e prestacións sanitarias. Este Real Decreto obriga
  • 4. aos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, as próteses, o transporte en ambulancia non urxente, e os alimentos especiais. Tamén contempla a supresión da Carteira de Servizos única, universal e gratuíta no momento do uso. Haberá servizos básicos, complementarios e accesorios. A sanidade pública pode que limite a cobertura ao paquete básico, e haberá que pagar polo resto das prestacións (ben directamente ou mediante un aseguramento complementario). Neste grupo de servizos optativos pretenden incluír as mamografías, os tratamento de esterilidade, a rehabilitación etc. Núñez Feijóo anunciou tamén a súa intención de que os pacientes hospitalizados paguen a comida, a limpeza ou mesmo as cadeiras utilizadas polos acompañantes. Propostas da Plataforma SOS Sanidade Pública 1. Incrementar o gasto sanitario para recuperar o nivel do ano 2009. 2. Elaborar un Plan de Saúde que responda ás necesidades reais de todos os cidadáns e garanta a racionalidade e a equidade. 3. Desenvolver políticas para racionalizar o gasto sanitario en lugar de recortar dereitos e prestacións. Consideramos necesario reducir o gasto farmacéutico inadecuado, a utilización irracional de probas diagnósticas ou terapéuticas que, ademais de innecesarias, poden danar a saúde de quen as recibe. Hai que desenvolver estratexias, consensuadas cos profesionais e cidadáns, dirixidas a mellorar a calidade e a racionalidade das prestacións como guías clínicas, vías clínicas ou protocolos dirixidos a diagnosticar e tratar con racionalidade baseada na evidencia as enfermidades máis frecuentes e importantes. 4. Recuperar o modelo de financiamento público para construír, reparar e xestionar todos os centros sanitarios. Hai que denunciar o incumprimento do contrato polas empresas concesionarias privadas para a construción do Novo Hospital de Vigo e devolvelo ao financiamento e xestión pública (a Concesionaria a reducido o centro nin 30% e carece de capacidade para financialo). Cómpre reiniciar de forma inmediata a ampliación do Hospital Montecelo (que leva paralizado tres anos) con financiamento público. E haberá que afrontar de xeito urxente os Plans Directorios dos Hospitais que freen a súa deterioración e melloren a súa actividade adaptándoa ás necesidades asistenciais de cada área (como contemplaba o Plan Directorio anulado polo actual goberno da Xunta). Tamén será preciso levar ao Consello Interterritorial de Sanidade a derogacion da Lei 15/1997 de novas formas de Xestión. 5. Hai que pór en marcha unha política incentivadora do persoal sanitario, consensuada cos traballadores e os seus representantes, que contemple incentivos á calidade, a racionalidade e a produtividade dos traballadores sanitarios; hai que recuperar o desenvolvemento da Carreira Profesional. 6.- É preciso eliminar os contratos lixo, e suspender a política de redución de persoal e de non repor as prazas dos profesionais que se xubilen; hai que volver substituír aos profesionais ausentes por baixa laboral ou por vacacións para evitar o crecemento das listas de espera e a masificación das consultas.
  • 5. 7.. Cómpre recuperar os Programas da Muller, Saúde Mental, Drogodependencias e o de atención a persoas con SIDA. 8. Pechar GALARIA reintegrando os seus recursos e funcións ao sistema sanitario público. Reintegrar a xestión pública do SERGAS as fundacións de xestión privada como INGO, 061, Centro de Transfusións, Instituto de Oftalmoloxía, ou a FEGAS coias funcións deberian ser asumidas pola Subdirección de Investigación e Docencia 9. Hai que anular o Concerto Singular de POVISA que debe converterse nun centro concertado por patoloxías con carácter complementario. 10. Potenciar a Atención Primaria renovando un novo Plan de Mellora, que inclúa a creación de novas prazas, a construción dos 66 centros de saúde previstos, a eliminación das trabas para solicitar probas diagnósticas e a redución da burocracia. 11. Tamén se deberá utilizar plenamente os recursos públicos existentes, ampliando o horario dos centros hospitalarios para reducir as listas de espera e evitar desviacións innecesarias de pacientes a centros privados concertados. Incrementar os persoal e ampliar a actividade dos centros sanitarios en xornada ordinaria de mañá e tarde. 12. Recuperar a xestión pública (co persoal público da Conselleria e do Sergas) dos servizos de apoio, especialmente a Central de Compras, a Plataforma Informática, o Centro Loxístico de Almacenamento e Suministro e os procesos de decisión sobre prazas e concursos. 13. Hai que manter e dotar adecuadamente as Áreas Sanitarias cos recursos necesarios para planificar, xestionar e atender de xeito integrado as necesidades e problemas de saúde dos cidadáns con eficiencia, racionalidade e equidade. 14. Hai que suspender a aplicación en Galicia do Real Decreto 16/2012, que actualmente implica a imposición do copagamento farmacéutico para os pensionistas, a limitación de determinadas prestacións e a supresión do dereito á asistencia dos inmigrantes. 15. Desenvolver para a participación e responsabilización de cidadáns e traballadores sanitarios na planificación, xestión e control da actividade dos servizos sanitarios. Propoñemos pór en marcha unha escola de formación para a participación cidadá reorientando a orientación de Escola de Cidadáns dirixida a promover que os mesmos se fagan cargo da atención dos seus familiares en lugar dos servizos de saúde. 16. Incrementar os recursos para a atención a enfermos crónicos e a coordinación cos Servizos de Atención á Dependencia a nivel de cada Área. Crear unha Rede Sociosanitaria coordinada co Servizo Galego de Saude. Plataforma SOS Sanidade Pública Outubro de 2012