Nerea e Sarai presentannos un poema de María Mariño. A obra escrita desta muller non obedece ás normas; a súa é unha poética crebada que tensa e racha a lingua na procura da voz que exprese ese raro e valioso mundo escuro que caracteriza á súa poesía