"A Margarita de Bayle" foi un poema de Rubén Darío, publicado en 1908. O poeta nicaragüense foi invitado por unha familia amiga á paradisiaca illa de Cardón. Alí escribiu o célebre poema por petición da nena da familia, e á que llo regalou e titulou co seu nome. Este poema de Rubén Darío representa ata onde pode chegar a imaxinación dos sonos dunha nena. É un poema moi tenro, no sentido de que te fai entrar nun mundo ó cal deixamos de acudir cando nos facemos maiores. Este feito contrástase coa aparición do pai, como autoridade que a saca do seu mundo para internala na realidade de novo.