SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 4
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Que me queres, amor? é unha colección de dezaseis relatos publicada
en 1995 polo escritor, xornalista e poeta Manuel Rivas Barrós, unha
das figuras máis destacadas no panorama actual das letras galegas. A
obra tivo un gran éxito e foi levada ao cine polo director José Luis
Cuerda como A lingua das bolboretas (o segundo relato do libro).
Manuel Rivas naceu no barrio coruñés de Montealto, en 1957. Dende
moi novo, iniciou o seu labor como xornalista e estudou a carreira de
Ciencias da Información en Madrid. Mantívose sempre comprometido
con problemas sociais e ecolóxicos: foi socio fundador de Greenpeace
e a súa actividade foi fundamental en acontecementos como o
desastre do Prestige. É un dos representantes máis notables do
xornalismo galego de hoxe, xa que colabora de xeito habitual co diario
El País e dirixe a revista Luzes de Galiza. Na súa obra literaria vese
reflectido este forte compromiso social, e abarca títulos como os
poemarios Libro de Antroido, Balada nas praias do oeste ou Ningún
cisne, e as obras narrativas Un millón de vacas, O lapis do carpinteiro
ou, da que estamos a falar, Que me queres, amor?. Asemade, recibiu
numerosos premios como, entre outros, o Premio da Crítica de
Narrativa Galega en dúas ocasións: por Un millón de vacas e o O lapis
do carpinteiro; e o Premio Nacional de Narrativa mais o Premio
Torrente Ballester por Que me queres, amor?, ambos no ano 1996. En
definitiva, Manuel Rivas converteuse nun gran referente literario
caracterizado polo seu hábil manexo da linguaxe, a súa autenticidade
e a tenrura das súas historias.
Que me queres, amor? atópase dividido en dezaseis relatos curtos.
Debido á súa brevidade, na maioría deles non se especifica o lugar nin
a época en que transcorre a acción, pero si coñecemos algúns. Por
exemplo, coñecemos que o sucedido en “A lingua das bolboretas” ten
lugar nos anos previos e durante a guerra civil; en “Un saxo na néboa”,
aclarárase que a historia acontece no ano 1949, e en “A leiteira de
Vermeer”, o protagonista dinos que viaxa a Amsterdam no ano 1992.
No que se refire ao espazo, tamén posuímos escasos datos. Sabemos
que os feitos están localizados en vilas e cidades galegas, moitos
deles na Coruña, pois o autor alude en ocasións a rúas e lugares
concretos da súa cidade natal.
Ao longo dos diferentes relatos da obra trátanse temáticas moi
numerosas e variadas. O tema principal é o amor, manifestado en
moitas das súas situacións: o amor filial: “Só por aí” (amósase a gran
preocupación que teñen uns pais polo seu fillo ao que non entenden,
así como a problemática dos cambios xeracionais), “A moza do
pantalón pirata” (relátase a forte protección dun pai cara á súa filla) e
“A leiteira de Vermeer” (descríbese o amor inefable dun mozo pola súa
nai mediante o recordo infantil); o desengano amoroso e o desamor:
“As cousas” (unha parella sofre a dor da infidelidade) e “Conga, conga”
(vese unha relación que rompe e un amor que acaba); o amor
imposible: “Un saxo na néboa” (o protagonista namorase
perdidamente dunha rapaza, pero o seu amor é imposible por unha
serie de circunstancias desta); o amor asentado e a felicidade
matrimonial: “Vostedes serán moi felices” (os protagonistas son un
matrimonio feliz); o amor carnal: “Carmiña” (relátanse os encontros
sexuais entre dous individuos); o amor romántico: “Que me queres,
amor?” (o protagonista explica o moito que ama a unha moza e como
se acorda dela nos momentos previos á súa morte). A amizade está
tamén presente nalgúns relatos como, por exemplo, “A lingua das
bolboretas”, onde un alumno (Ramón ou “Pardal”) e o seu mestre
forman un forte lazo amistoso. As inxustizas da guerra, en concreto,
da Guerra Civil, amósanse en “A lingua das bolboretas”, xa que o seu
estalido trunca a relación entre o alumno e o mestre, ademais de
ocasionarlle problemas á familia republicana do protagonista. O tema
do crime aparece en “As cousas” (unha moza asasina a súa parella
por mor dunha infidelidade) ou en “Que me queres, amor?” (o
protagonista describe a preparación dun atraco). A infancia vese
reflectida de dous xeitos: por unha banda, a nenez feliz; por outra, o
maltrato infantil (“Un saxo na néboa” e “Vostedes serán felices”). Os
demoledores efectos da emigración vense en: “O inmenso
camposanto da Habana” (o protagonista é Amaro, que emigrara a
Cuba sen facerse con moitas riquezas). A morte, en “O inmenso
camposanto da Habana” (o vello Amaro morre nunha situación triste,
solitaria e miserábel: nunha taberna sen que ninguén o dese por
morto). E, finalmente, a grandeza do sinxelo e o valor das
pequenas cousas, que se amosa, por exemplo, na brancura luminosa
do leite fresco de “A leiteira de Vermeer”. Este último tema resulta
bastante recorrente en toda a obra do autor.
Os personaxes que aparecen ao longo do libro son moi numerosos.
Malia a brevidade dos relatos, algúns resultan ser bastante complexos;
porén, moitos deles aparecen de xeito fugaz. En trazos xerais, Manuel
Rivas reflicte neles dúas cuestións: por unha banda, valores humanos
como a lealdade, o amor, a amizade e a nobreza; por outra, a dureza
ante situacións de inxustiza e os instintos máis agresivos que poden
chegar a posuír as persoas. Ademais, existe un forte contraste entre
os diferentes personaxes e tamén contradicións internas en cada un
deles. Moitas veces a situación á que se enfrontan (ben sexan
problemas familiares ou políticos como a guerra) lévaos a actuar dun
xeito amoral e mesmo a traizoaren aos seus seres queridos (un
exemplo disto vémolo en “A lingua das bolboretas”, onde finalmente
Pardal traizoa o seu querido mestre pola presión que recae sobre el).
A obra presenta unha linguaxe sinxela e concisa, sen verbosidade. O
autor é capaz de expresar as súas ideas con poucas palabras e
adecuadas, o que permite que a lectura sexa áxil e dinámica.
Ademais, abundan os diálogos (o que tamén contribúe a esta
axilidade). O narrador combínase (nalgúns relatos é en primeira
persoa e noutros é omnisciente) e, como é característico do autor,
existe un gran poder evocador, que se acada mediante un tenue
lirismo conciso (é dicir, unha expresión profunda e íntima chea de
entusiasmo e inspiración).
Dende o meu punto de vista cualificaría esta obra como sensible e
valiosa, pois pese á sinxeleza da linguaxe e axilidade da lectura, dá pé
a unha profunda reflexión. Ao longo das cento oitenta páxinas do libro,
a tenrura e o humor emerxen como os mellores refuxios e fortalezas
da humanidade, mais, ao mesmo tempo, pode resultar intenso e
doloroso nalgunhas ocasións, debido á extrema dureza dos
acontecementos. En definitiva, Que me queres, amor? é unha obra
dotada de delicadeza e imaxinación na que Manuel Rivas sabe
amosar, mediante un bo repertorio de rexistros, a mestura de crueza e
dozura que adoita estar agochada detrás de toda acción humana.
Trátase, en calquera caso, dunha lectura amena e agradábel, dende
logo, pola miña parte, moi recomendábel.
SARA MÍGUEZ PAIS
2º BACHARELATO D

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
carlalago95
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
Lourenço Alvarez Ruiz
 

Was ist angesagt? (20)

Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
poesia galega
poesia galegapoesia galega
poesia galega
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 

Ähnlich wie Que me queres

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
xenevra
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
xenevra
 
Xéneros épicos
Xéneros épicosXéneros épicos
Xéneros épicos
smcr6699
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
Lourenço Alvarez Ruiz
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75
Dores Fdez López
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 

Ähnlich wie Que me queres (20)

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Xéneros épicos
Xéneros épicosXéneros épicos
Xéneros épicos
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
 
Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975Prosa a partir de 1975
Prosa a partir de 1975
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 

Mehr von normalizacioniesn1ordes

Mehr von normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Que me queres

  • 1. Que me queres, amor? é unha colección de dezaseis relatos publicada en 1995 polo escritor, xornalista e poeta Manuel Rivas Barrós, unha das figuras máis destacadas no panorama actual das letras galegas. A obra tivo un gran éxito e foi levada ao cine polo director José Luis Cuerda como A lingua das bolboretas (o segundo relato do libro). Manuel Rivas naceu no barrio coruñés de Montealto, en 1957. Dende moi novo, iniciou o seu labor como xornalista e estudou a carreira de Ciencias da Información en Madrid. Mantívose sempre comprometido con problemas sociais e ecolóxicos: foi socio fundador de Greenpeace e a súa actividade foi fundamental en acontecementos como o desastre do Prestige. É un dos representantes máis notables do xornalismo galego de hoxe, xa que colabora de xeito habitual co diario El País e dirixe a revista Luzes de Galiza. Na súa obra literaria vese reflectido este forte compromiso social, e abarca títulos como os
  • 2. poemarios Libro de Antroido, Balada nas praias do oeste ou Ningún cisne, e as obras narrativas Un millón de vacas, O lapis do carpinteiro ou, da que estamos a falar, Que me queres, amor?. Asemade, recibiu numerosos premios como, entre outros, o Premio da Crítica de Narrativa Galega en dúas ocasións: por Un millón de vacas e o O lapis do carpinteiro; e o Premio Nacional de Narrativa mais o Premio Torrente Ballester por Que me queres, amor?, ambos no ano 1996. En definitiva, Manuel Rivas converteuse nun gran referente literario caracterizado polo seu hábil manexo da linguaxe, a súa autenticidade e a tenrura das súas historias. Que me queres, amor? atópase dividido en dezaseis relatos curtos. Debido á súa brevidade, na maioría deles non se especifica o lugar nin a época en que transcorre a acción, pero si coñecemos algúns. Por exemplo, coñecemos que o sucedido en “A lingua das bolboretas” ten lugar nos anos previos e durante a guerra civil; en “Un saxo na néboa”, aclarárase que a historia acontece no ano 1949, e en “A leiteira de Vermeer”, o protagonista dinos que viaxa a Amsterdam no ano 1992. No que se refire ao espazo, tamén posuímos escasos datos. Sabemos que os feitos están localizados en vilas e cidades galegas, moitos deles na Coruña, pois o autor alude en ocasións a rúas e lugares concretos da súa cidade natal. Ao longo dos diferentes relatos da obra trátanse temáticas moi numerosas e variadas. O tema principal é o amor, manifestado en moitas das súas situacións: o amor filial: “Só por aí” (amósase a gran preocupación que teñen uns pais polo seu fillo ao que non entenden, así como a problemática dos cambios xeracionais), “A moza do pantalón pirata” (relátase a forte protección dun pai cara á súa filla) e “A leiteira de Vermeer” (descríbese o amor inefable dun mozo pola súa nai mediante o recordo infantil); o desengano amoroso e o desamor: “As cousas” (unha parella sofre a dor da infidelidade) e “Conga, conga” (vese unha relación que rompe e un amor que acaba); o amor imposible: “Un saxo na néboa” (o protagonista namorase perdidamente dunha rapaza, pero o seu amor é imposible por unha serie de circunstancias desta); o amor asentado e a felicidade matrimonial: “Vostedes serán moi felices” (os protagonistas son un matrimonio feliz); o amor carnal: “Carmiña” (relátanse os encontros sexuais entre dous individuos); o amor romántico: “Que me queres, amor?” (o protagonista explica o moito que ama a unha moza e como se acorda dela nos momentos previos á súa morte). A amizade está
  • 3. tamén presente nalgúns relatos como, por exemplo, “A lingua das bolboretas”, onde un alumno (Ramón ou “Pardal”) e o seu mestre forman un forte lazo amistoso. As inxustizas da guerra, en concreto, da Guerra Civil, amósanse en “A lingua das bolboretas”, xa que o seu estalido trunca a relación entre o alumno e o mestre, ademais de ocasionarlle problemas á familia republicana do protagonista. O tema do crime aparece en “As cousas” (unha moza asasina a súa parella por mor dunha infidelidade) ou en “Que me queres, amor?” (o protagonista describe a preparación dun atraco). A infancia vese reflectida de dous xeitos: por unha banda, a nenez feliz; por outra, o maltrato infantil (“Un saxo na néboa” e “Vostedes serán felices”). Os demoledores efectos da emigración vense en: “O inmenso camposanto da Habana” (o protagonista é Amaro, que emigrara a Cuba sen facerse con moitas riquezas). A morte, en “O inmenso camposanto da Habana” (o vello Amaro morre nunha situación triste, solitaria e miserábel: nunha taberna sen que ninguén o dese por morto). E, finalmente, a grandeza do sinxelo e o valor das pequenas cousas, que se amosa, por exemplo, na brancura luminosa do leite fresco de “A leiteira de Vermeer”. Este último tema resulta bastante recorrente en toda a obra do autor. Os personaxes que aparecen ao longo do libro son moi numerosos. Malia a brevidade dos relatos, algúns resultan ser bastante complexos; porén, moitos deles aparecen de xeito fugaz. En trazos xerais, Manuel Rivas reflicte neles dúas cuestións: por unha banda, valores humanos como a lealdade, o amor, a amizade e a nobreza; por outra, a dureza ante situacións de inxustiza e os instintos máis agresivos que poden chegar a posuír as persoas. Ademais, existe un forte contraste entre os diferentes personaxes e tamén contradicións internas en cada un deles. Moitas veces a situación á que se enfrontan (ben sexan problemas familiares ou políticos como a guerra) lévaos a actuar dun xeito amoral e mesmo a traizoaren aos seus seres queridos (un exemplo disto vémolo en “A lingua das bolboretas”, onde finalmente Pardal traizoa o seu querido mestre pola presión que recae sobre el). A obra presenta unha linguaxe sinxela e concisa, sen verbosidade. O autor é capaz de expresar as súas ideas con poucas palabras e adecuadas, o que permite que a lectura sexa áxil e dinámica. Ademais, abundan os diálogos (o que tamén contribúe a esta axilidade). O narrador combínase (nalgúns relatos é en primeira persoa e noutros é omnisciente) e, como é característico do autor,
  • 4. existe un gran poder evocador, que se acada mediante un tenue lirismo conciso (é dicir, unha expresión profunda e íntima chea de entusiasmo e inspiración). Dende o meu punto de vista cualificaría esta obra como sensible e valiosa, pois pese á sinxeleza da linguaxe e axilidade da lectura, dá pé a unha profunda reflexión. Ao longo das cento oitenta páxinas do libro, a tenrura e o humor emerxen como os mellores refuxios e fortalezas da humanidade, mais, ao mesmo tempo, pode resultar intenso e doloroso nalgunhas ocasións, debido á extrema dureza dos acontecementos. En definitiva, Que me queres, amor? é unha obra dotada de delicadeza e imaxinación na que Manuel Rivas sabe amosar, mediante un bo repertorio de rexistros, a mestura de crueza e dozura que adoita estar agochada detrás de toda acción humana. Trátase, en calquera caso, dunha lectura amena e agradábel, dende logo, pola miña parte, moi recomendábel. SARA MÍGUEZ PAIS 2º BACHARELATO D