SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
O lapis do carpinteiro
O lapis do carpinteiro é unha novela publicada en 1998, que se
analizará nesta recensión. Previamente á explicación das características da
obra cómpre coñecer algúns datos sobre o seu autor, Manuel Rivas Barros.
O devandito escritor, nado na cidade da Coruña no 1957, é tamén
poeta e ensaísta. É un dos autores vivos máis importantes da nosa
literatura, así mesmo, é membro da Real Academia Galega.
A meirande parte da súa obra está escrita na lingua propia, porén,
tamén escribe artigos para xornais en castelán. Pódense citar O pobo da
noite, Un millón de vacas, As voces baixas ou Que me queres, amor?
Na obra a analizar, O lapis do carpinteiro (1998), unha das máis lidas e
traducidas da nosa literatura, o autor crea un retrato da sociedade a da
situación que se viviu durante a Guerra Civil Española, época na que
transcorren a meirande parte dos feitos e na que viven os personaxes.
Entre estes é imprescindíbel mencionar o protagonista da novela, o
doutor Daniel da Barca, de ideoloxía comunista, debido á cal será
represaliado polo bando sublevado e condenado á pena capital. Diversos
factores, como a súa nacionalidade cubana, levarán a que este castigo se
vexa reducido á cadea perpetua.
Así mesmo, cómpre mencionar a Marisa Mallo, filla dunha familia
acomodada, a cal se opón á súa relación con Daniel da Barca. Ela tentará,
sen éxito, axudalo a fuxir dos diferentes cárceres nos que se atope preso.
Do mesmo xeito, é de especial relevancia a figura de Herbal, garda de
seguridade das prisións nas que da Barca cumprirá a súa condena, xa que
sempre que este sexa trasladado pedirá tamén Herbal un cambio de destino.
A súa obsesión con el débese a que dende neno está namorado de Marisa
Mallo.
Igualmente, destaca o Pintor, estivo encarcerado ao mesmo tempo
que da Barca. Foi asasinado por Herbal, o que causou que este imaxinase
que a súa pantasma o perseguía.
Tamén se debe considerar a Vida e a Morte como personaxes, posto
que na obra ambas as dúas se personifican, que o autor converte en dúas
irmás enfadadas entre si, debido a que vida rompeu o xuramento de
permaneceren sempre xuntas. Cando un personaxe está a piques de finar, a
Morte aparéceselle e incluso pode chegar a manter unha conversa con ela.
Como xa se explicou, estes personaxes viviron durante a Guerra Civil
Española, durante a que transcorre a meirande parte da historia. O autor
indica isto de xeito directo, ao achegar datas e localidades concretas, que,
ademais de permitir ao lector situar a obra cronoloxicamente, aumentan a
verosimilitude da narración, por suxeriren que a historia ocorreu realmente
neses momentos e lugares. (“O reloxo da estación de tren da Coruña…” ou
“... nas vésperas das eleccións de 1936.”)
A obra reflicte a sociedade do momento no cal se ambienta. Destaca
especialmente a violencia empregada, a pobreza predominante e a situación
da muller. Esta última obsérvase na situación de irmá de Herbal, que sofre
violencia de xénero nunha sociedade na que carece dos medios para
denunciar estas agresións e que ve a súa situación como algo normal e sen
importancia.
Débese salientar a existencia dun lugar chamado Fronteira, que
posiblemente sexa o transunto literario dunha parte de Galicia relacionada
coa muller na que o autor se inspirou para crear a Marisa Mallo.
Así mesmo, é preciso indicar que non toda a obra ocorre nin en
Galicia (“En Medina del Campo un home bateu na ventá e saudou a Da
Barca.”) nin durante a Guerra Civil, posto que son frecuentes as analepses e
prolepses; na meirande parte das veces, vinculadas a recordos ou historias
contadas polos personaxes.
Do mesmo xeito que a historia toma lugar nun momento e lugar
determinados, baséase tamén en sucesos verídicos: o romance entre do
doutor Francisco Comesaña e Ascensión Concheiro, nada en Ordes, son
representados na obra por Daniel Da Barca e Marisa Mallo,
respectivamente.
Explicados os personaxes e a ambientación, cómpre analizar o
argumento da obra. Como xa se precisou, na narración intercálanse varias
analepses e prolepses, o que dificulta nalgunhas ocasións establecer de
xeito claro unha liña argumental. Cómpre salientar así mesmo que o autor
incluíu na obra fragmentos que aparentemente non son relevantes na trama,
pero permiten coñecer en profundidade os protagonistas.
A novela comeza cunha entrevista de Carlos Sousa ao doutor da
Barca, que se atopa exiliado, na que se centrará no período no que estivo
preso. A continuación, a narración céntrase na figura de Herbal, que se
atopa nun prostíbulo; onde lle contará a unha das meretrices parte da
historia.
Posteriormente nárrase como se coñeceron o doutor da Barca e o
Pintor. Este atopábase pintando nun manicomio e cando tentou saír as
portas estaban fechadas. O doutor gastoulle unha broma facéndoo crer que
o confudiran cun dos reclusos.
Tras este fragmento anterior á historia, explícase que a Herbal lle fora
encargado seguir a da Barca, así como que tomase parte no paseo do
pintor.
O doutor foi fusilado, mais sobreviviu. Unhas lavandeiras atopárono
no río malferido e curárono. Ingresou de novo no cárcere e, unha vez
curado, sometérono ao consello de guerra, que o sentenciou á pena capital.
Debido en parte a súa dobre nacionalidade, o asunto converteuse nun
debate a nivel internacional, feito que permitiu que a pena se reducise a
cadea perpetua. Tras isto, nárrase un breve fragmento relacionado con
Fronteira e Marisa Mallo, na que esta intenta, sen éxito, que o seu avó
interceda a favor de da Barca para obter o indulto.
Tras esa paréntese, retómase a historia co traslado do doutor fóra de
Galicia, mostrando antes como se despiden el e Marisa Mallo na estación de
tren da Coruña. Un tempo despois, ambos os dous casaran por poderes.
Finalmente, Daniel da Barca regresa a Galicia, e tras pasar coa súa muller
unha serodia noite de vodas, cumpre a súa pena na illa de San Simón.
Á hora de analizar calquera novela cómpre valorar ademais dos
aspectos xa analizados, os pertencentes ao estilo.
Por unha banda, débese diferenciar o autor, que é a persoa real que
escribe a narración, neste caso Manuel Rivas, do narrador, que é voz que
cumpre a función de describir o espazo, o desenvolvemento do tempo, as
personaxes da novela e a súa acción.
Convén salientar o feito de que nesta obra se mesturen distintos tipos
de narrador. Os principais son o omnisciente en terceira persoa, o propio da
novela tradicional; e o homodiexético en primeira persoa, neste caso Herbal,
que lle conta a historia dende a súa perspectiva a María da Visitação.
Igualmente, temos de considerar a voz dos personaxes. No discurso
directo o narrador cédelle directamente a voz ao personaxe, son, polo tanto,
os diálogos da novela; no discurso indirecto non se oe a voz do personaxe, é
o narrador quen nola transmite coas súas propias palabras; no monólogo
interior ou fluxo de conciencia transcríbense directamente, en 1ª persoa (sen
intervención do narrador) os pensamentos máis íntimos e desordenados do
personaxe; e o discurso indirecto libre é un híbrido no que a voz do
personaxe penetra na estrutura formal do discurso, introduce o pensamento
dos personaxes sen que o narrador abandone a súa tutela nin a terceira
persoa (ausencia introdutoria dos verba dicendi). É este último o que se
emprega principalmente, acompañado puntualmente do monólogo interior.
Do mesmo xeito, nesta obra é continua a ruptura da linearidade por
medio da retrospección, analepse ou "flash-back"; anticipación ou prolepse;
atemporalidade ou ucronía; pausas descritivas; historias intercaladas…
Finalmente, analizadas as características máis salientábeis da obra,
considero interesante incluír unha pequena opinión persoal. Coido que esta
obra é importante sobre todo polo feito de mostrar que detrás de cada
conflito bélico, de cada bomba, de cada fusilamento… hai unha historia
humana. As cifras de mortos non son meros datos que se deben estudar
para un exame de Historia, son vidas humanas, cuxa perda causou dor,
pena e sufrimento aos seus seres queridos. A historia de Daniel da Barca e
de Marisa Mallo é unha entre os milleiros que a Guerra Civil ocasionou e un
recordatorio do que pode suceder de admitírense ideas totalitarias que
atentan contra as liberdades individuais e colectivos, co que se producirían
privacións da liberdade e incluso atentados contra a propia vida por ideais
políticos, por opinións, por seren eles mesmos… Pese á xa comentada
estrutura, que innegabelmente está coidada ata o extremo e denota unha
elevada preocupación pola forma da obra, na miña opinión o máis
salientábel desta novela é o feito de que se plasme esta intrahistoria e a
capacidade que o autor ten de transmitir por medio dela.
Adrián González Viqueira
Lapis carpinteiro

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010xenevra
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
poesia galega
poesia galegapoesia galega
poesia galegavalcorto1
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Xéneros épicos
Xéneros épicosXéneros épicos
Xéneros épicossmcr6699
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amorMaría Sánchez
 
Elementos estruturais da novela
Elementos estruturais da novelaElementos estruturais da novela
Elementos estruturais da novelabegonaprofe
 
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011biliomalveiras
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Loli Cid Cid
 

Was ist angesagt? (20)

tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
poesia galega
poesia galegapoesia galega
poesia galega
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Xéneros épicos
Xéneros épicosXéneros épicos
Xéneros épicos
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Elementos estruturais da novela
Elementos estruturais da novelaElementos estruturais da novela
Elementos estruturais da novela
 
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
O estranxeiro
O estranxeiroO estranxeiro
O estranxeiro
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]
 

Ähnlich wie Lapis carpinteiro

Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010xenevra
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75Dores Fdez López
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975laurafernanlopez
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAMarlou
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 

Ähnlich wie Lapis carpinteiro (20)

Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975
 
Boom
BoomBoom
Boom
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
Nova narrativa galega
Nova narrativa galegaNova narrativa galega
Nova narrativa galega
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
A novela no século xx
A novela no século xxA novela no século xx
A novela no século xx
 
A novela no século xx
A novela no século xxA novela no século xx
A novela no século xx
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 

Mehr von normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 

Lapis carpinteiro

  • 1. O lapis do carpinteiro O lapis do carpinteiro é unha novela publicada en 1998, que se analizará nesta recensión. Previamente á explicación das características da obra cómpre coñecer algúns datos sobre o seu autor, Manuel Rivas Barros. O devandito escritor, nado na cidade da Coruña no 1957, é tamén poeta e ensaísta. É un dos autores vivos máis importantes da nosa literatura, así mesmo, é membro da Real Academia Galega. A meirande parte da súa obra está escrita na lingua propia, porén, tamén escribe artigos para xornais en castelán. Pódense citar O pobo da noite, Un millón de vacas, As voces baixas ou Que me queres, amor?
  • 2. Na obra a analizar, O lapis do carpinteiro (1998), unha das máis lidas e traducidas da nosa literatura, o autor crea un retrato da sociedade a da situación que se viviu durante a Guerra Civil Española, época na que transcorren a meirande parte dos feitos e na que viven os personaxes. Entre estes é imprescindíbel mencionar o protagonista da novela, o doutor Daniel da Barca, de ideoloxía comunista, debido á cal será represaliado polo bando sublevado e condenado á pena capital. Diversos factores, como a súa nacionalidade cubana, levarán a que este castigo se vexa reducido á cadea perpetua. Así mesmo, cómpre mencionar a Marisa Mallo, filla dunha familia acomodada, a cal se opón á súa relación con Daniel da Barca. Ela tentará, sen éxito, axudalo a fuxir dos diferentes cárceres nos que se atope preso. Do mesmo xeito, é de especial relevancia a figura de Herbal, garda de seguridade das prisións nas que da Barca cumprirá a súa condena, xa que sempre que este sexa trasladado pedirá tamén Herbal un cambio de destino. A súa obsesión con el débese a que dende neno está namorado de Marisa Mallo. Igualmente, destaca o Pintor, estivo encarcerado ao mesmo tempo que da Barca. Foi asasinado por Herbal, o que causou que este imaxinase que a súa pantasma o perseguía. Tamén se debe considerar a Vida e a Morte como personaxes, posto que na obra ambas as dúas se personifican, que o autor converte en dúas irmás enfadadas entre si, debido a que vida rompeu o xuramento de permaneceren sempre xuntas. Cando un personaxe está a piques de finar, a Morte aparéceselle e incluso pode chegar a manter unha conversa con ela. Como xa se explicou, estes personaxes viviron durante a Guerra Civil Española, durante a que transcorre a meirande parte da historia. O autor indica isto de xeito directo, ao achegar datas e localidades concretas, que, ademais de permitir ao lector situar a obra cronoloxicamente, aumentan a verosimilitude da narración, por suxeriren que a historia ocorreu realmente neses momentos e lugares. (“O reloxo da estación de tren da Coruña…” ou “... nas vésperas das eleccións de 1936.”)
  • 3. A obra reflicte a sociedade do momento no cal se ambienta. Destaca especialmente a violencia empregada, a pobreza predominante e a situación da muller. Esta última obsérvase na situación de irmá de Herbal, que sofre violencia de xénero nunha sociedade na que carece dos medios para denunciar estas agresións e que ve a súa situación como algo normal e sen importancia. Débese salientar a existencia dun lugar chamado Fronteira, que posiblemente sexa o transunto literario dunha parte de Galicia relacionada coa muller na que o autor se inspirou para crear a Marisa Mallo. Así mesmo, é preciso indicar que non toda a obra ocorre nin en Galicia (“En Medina del Campo un home bateu na ventá e saudou a Da Barca.”) nin durante a Guerra Civil, posto que son frecuentes as analepses e prolepses; na meirande parte das veces, vinculadas a recordos ou historias contadas polos personaxes. Do mesmo xeito que a historia toma lugar nun momento e lugar determinados, baséase tamén en sucesos verídicos: o romance entre do doutor Francisco Comesaña e Ascensión Concheiro, nada en Ordes, son representados na obra por Daniel Da Barca e Marisa Mallo, respectivamente. Explicados os personaxes e a ambientación, cómpre analizar o argumento da obra. Como xa se precisou, na narración intercálanse varias analepses e prolepses, o que dificulta nalgunhas ocasións establecer de xeito claro unha liña argumental. Cómpre salientar así mesmo que o autor incluíu na obra fragmentos que aparentemente non son relevantes na trama, pero permiten coñecer en profundidade os protagonistas. A novela comeza cunha entrevista de Carlos Sousa ao doutor da Barca, que se atopa exiliado, na que se centrará no período no que estivo preso. A continuación, a narración céntrase na figura de Herbal, que se atopa nun prostíbulo; onde lle contará a unha das meretrices parte da historia. Posteriormente nárrase como se coñeceron o doutor da Barca e o Pintor. Este atopábase pintando nun manicomio e cando tentou saír as portas estaban fechadas. O doutor gastoulle unha broma facéndoo crer que o confudiran cun dos reclusos.
  • 4. Tras este fragmento anterior á historia, explícase que a Herbal lle fora encargado seguir a da Barca, así como que tomase parte no paseo do pintor. O doutor foi fusilado, mais sobreviviu. Unhas lavandeiras atopárono no río malferido e curárono. Ingresou de novo no cárcere e, unha vez curado, sometérono ao consello de guerra, que o sentenciou á pena capital. Debido en parte a súa dobre nacionalidade, o asunto converteuse nun debate a nivel internacional, feito que permitiu que a pena se reducise a cadea perpetua. Tras isto, nárrase un breve fragmento relacionado con Fronteira e Marisa Mallo, na que esta intenta, sen éxito, que o seu avó interceda a favor de da Barca para obter o indulto. Tras esa paréntese, retómase a historia co traslado do doutor fóra de Galicia, mostrando antes como se despiden el e Marisa Mallo na estación de tren da Coruña. Un tempo despois, ambos os dous casaran por poderes. Finalmente, Daniel da Barca regresa a Galicia, e tras pasar coa súa muller unha serodia noite de vodas, cumpre a súa pena na illa de San Simón. Á hora de analizar calquera novela cómpre valorar ademais dos aspectos xa analizados, os pertencentes ao estilo. Por unha banda, débese diferenciar o autor, que é a persoa real que escribe a narración, neste caso Manuel Rivas, do narrador, que é voz que cumpre a función de describir o espazo, o desenvolvemento do tempo, as personaxes da novela e a súa acción. Convén salientar o feito de que nesta obra se mesturen distintos tipos de narrador. Os principais son o omnisciente en terceira persoa, o propio da novela tradicional; e o homodiexético en primeira persoa, neste caso Herbal, que lle conta a historia dende a súa perspectiva a María da Visitação. Igualmente, temos de considerar a voz dos personaxes. No discurso directo o narrador cédelle directamente a voz ao personaxe, son, polo tanto, os diálogos da novela; no discurso indirecto non se oe a voz do personaxe, é o narrador quen nola transmite coas súas propias palabras; no monólogo interior ou fluxo de conciencia transcríbense directamente, en 1ª persoa (sen intervención do narrador) os pensamentos máis íntimos e desordenados do personaxe; e o discurso indirecto libre é un híbrido no que a voz do personaxe penetra na estrutura formal do discurso, introduce o pensamento
  • 5. dos personaxes sen que o narrador abandone a súa tutela nin a terceira persoa (ausencia introdutoria dos verba dicendi). É este último o que se emprega principalmente, acompañado puntualmente do monólogo interior. Do mesmo xeito, nesta obra é continua a ruptura da linearidade por medio da retrospección, analepse ou "flash-back"; anticipación ou prolepse; atemporalidade ou ucronía; pausas descritivas; historias intercaladas… Finalmente, analizadas as características máis salientábeis da obra, considero interesante incluír unha pequena opinión persoal. Coido que esta obra é importante sobre todo polo feito de mostrar que detrás de cada conflito bélico, de cada bomba, de cada fusilamento… hai unha historia humana. As cifras de mortos non son meros datos que se deben estudar para un exame de Historia, son vidas humanas, cuxa perda causou dor, pena e sufrimento aos seus seres queridos. A historia de Daniel da Barca e de Marisa Mallo é unha entre os milleiros que a Guerra Civil ocasionou e un recordatorio do que pode suceder de admitírense ideas totalitarias que atentan contra as liberdades individuais e colectivos, co que se producirían privacións da liberdade e incluso atentados contra a propia vida por ideais políticos, por opinións, por seren eles mesmos… Pese á xa comentada estrutura, que innegabelmente está coidada ata o extremo e denota unha elevada preocupación pola forma da obra, na miña opinión o máis salientábel desta novela é o feito de que se plasme esta intrahistoria e a capacidade que o autor ten de transmitir por medio dela. Adrián González Viqueira