SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 5
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos
1
BOTAS DE ELÁSTICO
-...?
-O papai ordenara de facer un pozo negro en Auguela. Fíxoo el só no verao. Era un pozo negro que
lle saíra da ialma. Nunca se tal vira elí.
Auguela está no deserto da Chaira, na caeira onde os fentais sinalan unha lentura que logo é fiaño de
auga e pouco máis alá corga e regueiro, para facerse moi lonxe un río grande chamado Tuño.
–...?
-Non señor, o papai nunca fixera o pozo negro con tal intención.
–...?
-Iso soubémolo máis tarde. Eu, ao tempo, era meniña de once anos. Viviamos en Vilar, na freguesía de
Lavadores. O papai era encargado de obra de Comesaña. Eu non sabía nada. Despois sóubeno.
A Social quixera pillar o papai da nena porque na caseta da obra efectivamente houbera xuntanzas.
Vírano entrar varias veces a cas de Xosé Velo, nas Travesas. O papai era, de certo, da organización. A
meniña, daquela, non sabía cousa.
–...?
-A mamai e mais eu deixamos a casopiña de Vilar, en Lavadores. E viñémonos prá serra. Viñemos a
Auguela, a nosa aldea nativa. Viñemos ao noso ser, onde o papai ordenara de facer unha casiña nova de
tixolo, con mesmo pozo negro.
Auguela son dez casas e algunhas cortes e canastros. Todos os teitos son de colmo menos a casa
que fixera coas súas maos o papai da meniña. Ao avó da meniña collérano os falanxistas de Verín e
matárono nunha zanxa do Furriolo, con outros dez que sacaran do Convento. En Auguela teñen
ovellas e algunha vaca. Pacen na Chaira. O Penagache avisa, non lonxe, da raia de Portugal.
–...?
-Que o papai viñera tamén a Auguela por se achantar só eramos sabedoras a mamai e mais eu.
O papai da nena puxera tellado e fixera o pozo negro coma unha afirmación de fe na decencia
humana. De casa en casa de xentes fieis, con diversos disfarces, logrou chegar a Celanova o fuxitivo e,
desde alí, polos camiños montesíos, gañou o lugar nativo. Acochou no pozo negro.
–...?
-O pozo negro estaba no patio. Tiñamos na casa un retrete de madeira que comunicaba, por meo
dun desaugue de cimento, co pozo negro. O pozo negro tiña uns catro metros de fondura. Despois
de nos servirmos do retrete, ao facer de corpo, botabamos caldeiros de auga pra que circulase a
porquería contra o pozo negro.
–...?
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos
2
-O papai, una vez que se meteu no pozo negro, rabuñou nas paredes de sábrego e fixo unha
camareta nun lado, algo alta. Case non se podía mover, porque se se puña de pé no fondo do pozo
negro enterrábase no zorro. Así e todo, el deu orde de que seguisemos, a mamai e mais eu,
ensuciando no retrete coma sempre.
–...?
-Dentro do pozo negro tiña unha escada pola que saía nas altas horas da noite a esparexer polo
patio e a estar coa mamai. Eu vino moi poucas veces. Era de noite cando se lavaba, cando comía e
cando mudaba a roupiña. Era así, señor. O pozo estaba tapado cunha grade de madeira sobre a que
había unha meda de candeas. Saía por un buraco tan pequeno coma o tobo dun coello. Durante o
primeiro inverno non pasou nada, pro fora terríbel pró papai.
Na primavera chegaron dous homes a Auguela. Vestían de traxe e garavata, pero a súa roupa
non era boa. Semellaba pasada e suxa. Tiñan aspecto serio e ollar insolente e fixo. Calzaban todos
botas negras, suxeitas á canela por un elástico.
–...?
-Non señor. Eu non sabía que eran da Brigadilla da Garda Civil. Só se me facían raros por
levaren os dous unha mesma caste de botas negras e con dous elásticos en forma de U para se
cinguiren á canela. Debían de ser unhas botas moi quentes pró inverno.
–...?
-Si. Un dos dous era máis alto, máis xoven, e tiña un bigodiño arroxado. Sorría seguido.
Metíanme medo os seus ollos azuis. Volveu el só, moitas veces, pra falar comigo.
O Sarxento da Brigadilla quería que a neniña lle contase onde estaba agachado o papai. Onde é
que el estaba. Preguntárallo unha e outra vez, todo ao longo da primavera, conforme os días ían
medrando. Aparecíalle o Sarxento nos lugares máis inesperados: por tras dunha cañota, coma
tal.Igual ca unha aparición, ao voltar a nena á casa coa súa potiña de leite das vacas dos veciños de
Angoreus.
–...?
–Si, comigo, case só falaba comigo. Coa miña nai non falou máis cá primeira vez, cando viñeran os
dous das botas de elástico. Na tenda namais que preguntou nunha ocasión e informouse do que levaba a
miña nai á casa en cuestión de alimentos.
As proporcións de sucre ou arroz que a mamai da meniña levaba eran as adecuadas para dúas
persoas pobres. Nun fugaz interrogatorio á ama da tenda de Santa María de Vilar das Las, a legua e
mea de Augela, o Sarxento informouse e semellou cadrar conforme. Así e todo el sabía que tiñan unha
horta e unha cabuxa.
–...?
–A primeira vez que se achegou a min asusteime moito. Diume un paquete de galletas María, marca
Oliveira. Lembrareime sempre de tal particularidade. Porque a miña nai non me vise o galano, cominas
todas antes de chegar á casa.
Unha certa complicidade ligara aquel día a meniña co Sarxento.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos
3
–...?
-Non. Non me atrevía a lle decer á miña nai que falara con aquel home.
–...?
-Non. A segunda vez que falei con aquel home xa deixei de lle ter medo.
–...?
–Sentía unha especie de confianza. Aínda que lle pareza mentira, colléralle...
–Si, cariño.
Ao longo das entrevistas, sempre en lugares non frecuentados, estabelecérase un ligame. Unha
complicidade visguenta, coma o zorro do ludre. A meniña chegara a lle querer ao Sarxento do sorrir
manso e dos ollos azuis. Cando el tardaba en vir á Auguela, a meniña andaba triste. Unhas veces
traguíalle pirulís e, outras, galletas. Un día veulle cunha caixiña cadrada adornada con cunchas e
buguinas. A meniña embrullouna entre farrapos e agachouna no faiado.
–...?
-Cada vez que aquel home estaba onda min, preguntábame polo sitio no que estaba agachado meu
pai. Cada vez que o facía, algo me queimaba no peito. Baixaba, entón, os ollos e, sempre, sempre, a
vista se me ía pousar nos pés calzados con botas de elástico. Aquelas botas dábanme noxo.
Acordábame, entón, moito o pai. E apertaba os beizos. Xamais lle direi onde está agachado o meu
papai, pensaba con forza. E botaba a correr prá casa.
–...?
-Señor, coma tal eu viña dos cataqueses, ou sexa da doutrina, pola verea vella de Santa María, canda
as outras raparigas e todas apañando froles e facendo guirlandas. El agardaba, non sei como,
velándome, a que cada unha das miñas compañeiras collese polo seu carreiro, cara á casa. E saíame
entón e...
–...?
-Si. Púñame contente ao o ver, pro, non sei por que, a ledicia convertíase nunca sorte de noxo ao
reparar nas botas negras con elástico.
–...?
—Coido que o pior pró papai fora o inverno.
Mesmo conxelara o visgo do ludre que comunicaba o retrete co pozo negro. Na súa toqueira, o papai
da meniña embrullábase en cobertores e daba dente con dente. Tiña a parte superior das orellas, as
maos e as dedas en carne viva, das frieiras. Cortáranselle os beizos. Cando a neve cubriu a meda de
candeas, o frío fíxose un algo soportábel aló embaixo. A saída nocturna era, para o papai da meniña,
coma un entrar no ceo. As dúas ou tres horas na cama, coa esposa, devolvíanlle a vida e o contento.
Logo había que tupir de novo, co papai dentro, o buraco de saída do pozo negro, axuntando neve cun
angazo. Antes de o sol saír, a mamai da meniña trepaba sobre as pegadas do seu home e confondíaas
con outros rastros orientados en todas as direcciones do patio.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos
4
–...?
-Así que, coa primavera, iso é, veu o home das botas de elástico que me dixo un día que se eu lle
non decer onde estaba o papai que virían outros homes da Garda Civil e que habían prender á mamai e
habían mallar nela até que dixese todo. Eu estiven chorando pola noite e decidín que cando viñese outra
vez o home ía levalo até o pozo negro e decerlle que alí estaba meu pai. Eu ía facer iso porque lle non
batese á miña nai. Iso foi cando
xa se fora o inverno.
–...?
-Foi o día pior da miña vida.
–...?
-Rómpesemelle a ialma só de acordalo. Non me obrigue a falar máis.
–...?
-Primeiro espertei cun bruído de cascos de cabalos. Debruceime na fiestra e vin oito Gardas Civís
que desmontaban e tiraban dunha funda cada un seu fusil, non sendo un, que empuñou unha pistola.
Xeóuseme a ialma, señor. Case ao mesmo momento sentín o motor dun turismo e, de contado, apareceu
un home cunha gorra encarnada; a par del o das botas de elástico. Os do tricornio negro desfixeron a
culatazos mea casa. Dispararon contra a tablilla do teito e contra as portas. Colleron á miña nai pola
trenza e levárona arrastras onda a morea de frouma baixo da cal o meu papai estaba agachado.
Chegara un Tenente da Garda Civil con sete números a Auguela. Era preciso fechar o caso da célula
da ANG de Vigo. Faltáballes o fillo da puta que tiña que estar alí. Se a Brigadilla non fora capaz de
descobrir nada, faríao el. Chegaron a cabalo desde Celanova. Pronto incorporóuselles o Sarxento da
Brigadilla nun Baliglia de Comandancia. Rexistraron con berros e xuramentos a casa toda, a cómoda, a
artesa, os dous armarios, o faio. Dispararon, si. Racharon de a feito, con pracer. Como estaba convido,
foron esforzar a muller do fuxido, berrando moito aos catro ventos o que ían facer, o que estaban
facendo. Querían que o fuxido os ouvise. Ouvise que catro termaban dos pés e maos dela e que o Cabo
xa lle erguía as saias. O Tenente ría ás gargalladas coa mao na barriga.
–...?
-Eu fun correndo onda o home que me daba as galletas e me saía nos camiños. Sentinno coma un
salvador, coma un amigo quirido. Dime onde está, dime a min onde está -díxome. Dimo a min, a min
só. Se non mo dis, eu non podo paralos. Se o atopan eles, mátanno. Eu abría xa a boca pra decerlle que
o papai estaba no pozo negro, cando, por baixar a ollada de vergonza, din coa vista nas botas de
elástico. E calei.
–...?
-Un de tricornio colleume das orellas e díxome: mira, mira. Olla o que lle facemos á puta da túa nai.
Voltei a vista para o home das botas de elástico que presenciaba todo inmóbil, cos brazos cruzados e un
mimo de contrariedade nos fuciños de londra, que antes me pareceran boca linda. Lembro detalles sen
importancia: unha ponta da camisa del rebirichada pra fóra, unha insignia co xugo e as frechas da
Falange nunha das lapelas do seu traxe gastado. Fíxome coa cabeza un signo raro, coma se me dixese
adeus. O tipo da gorra de prato con funda vermella sorría divertido. Foi entón cando papai se puxo a
berrar dentro do pozo que parasen quedos, que el xa se daba.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos
5
–...?
-Non señor. Tanto berraban os Gardas Civís que a voz de meu pai de primeiras non se sentía.
–...?
-A miña nai non dera un chío. Eu sei que a miña nai non berrou por non obrigar o meu pai a
delatarse. Toulle certa. Pro axiña se removeu algo na morea da frouma e meu pai apareceu fóra,
chimpando candeas e grade contra arriba, nun chouto, coas maos en alto. Ao velo todos, incluído o
fulano da gorra vermella, foron contra del e derrubáronno no chao. E pechei os ollos e tapei os ouvidos
coas maos.
Cando o Tenente viu o pai da meniña aló, á luz da primavera, branco coma a esperma e coas palmas
das maos arriba, botouse contra súa e zorregoulle un golpe co cano da pistola Astra do nove longo na
cara. Derrubouno no chao. Precipitáronse todos sobre o caído e deron en o escoucear e en mallalo coas
culatas das tercerolas. Ao tempo que o facían bruaban coma animais, xuraban e insultábanno. Os
cabalos espaventábanse e turraban das rédeas atadas nas argolas. A nai da meniña trataba de impedir os
golpes e era rexeitada, cun culatazo no baixo ventre que a deixaba retorcéndose de dor polo chao do
patio. Somentes o Sarxento da Brigadilla permanecía inmóbil, ollando fixamente para a meniña, cos
brazos cruzados e un aceno de displicencia nas comisuras da boca.
–...?
-Levaron o meu pai, coa cara chea de sangue, atado ao rabo do cabalo do chefe dos Gardas. Miña
nai atronaba o mundo cos seus urros. Eu achegueime ao home das botas de elástico. El ollou pré min
con raiba e torceu o bico co seu bigodiño loiro. Por un intre, penséi que me ía bater. Eu odieino, e aínda
o odio con toda a miña ialma. Por que non me dixeches onde estaba, pécora -díxome cunha ponta de
cuspe en cada canto da boca. E meteuse no coche co home da gorra de funda vermella. Por que non mo
dixeches, pécora.
Cando subía ao Baliglia, a meniña fixouse por derradeira vez nas botas de elástico, e comprendeu. O
Sarxento da Brigadilla soubera desde o primeiro intre onde se achantaba seu pai. Quería que a meniña
llo dixese e deixala ferida de remorso para o resto da vida. O seu fracaso, a causa da irrupción do
Tenente e dos seus números, enchíao de decepción.
E a meniña correu ao faiado, desembrullou a caixiña con buguinas da Toxa e quedou estantía, a
contemplala.

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nósnoagaliza
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobonoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...noagaliza
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villaltanoagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabananoagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalnoagaliza
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galeganoagaliza
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelaonoagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelaonoagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismonoagaliza
 

Andere mochten auch (20)

As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 

Ähnlich wie Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos

1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soMarlou
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicrequesmarixgv
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfEncarna Lago
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativasandryttas
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciapabloedlg
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 

Ähnlich wie Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos (20)

1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdf
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Poemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolosPoemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolos
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxiaA poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
 

Mehr von noagaliza

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerranoagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoánnoagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerranoagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegonoagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilasnoagaliza
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrentenoagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarionoagaliza
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II Repúblicanoagaliza
 

Mehr von noagaliza (11)

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos

  • 1. Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos 1 BOTAS DE ELÁSTICO -...? -O papai ordenara de facer un pozo negro en Auguela. Fíxoo el só no verao. Era un pozo negro que lle saíra da ialma. Nunca se tal vira elí. Auguela está no deserto da Chaira, na caeira onde os fentais sinalan unha lentura que logo é fiaño de auga e pouco máis alá corga e regueiro, para facerse moi lonxe un río grande chamado Tuño. –...? -Non señor, o papai nunca fixera o pozo negro con tal intención. –...? -Iso soubémolo máis tarde. Eu, ao tempo, era meniña de once anos. Viviamos en Vilar, na freguesía de Lavadores. O papai era encargado de obra de Comesaña. Eu non sabía nada. Despois sóubeno. A Social quixera pillar o papai da nena porque na caseta da obra efectivamente houbera xuntanzas. Vírano entrar varias veces a cas de Xosé Velo, nas Travesas. O papai era, de certo, da organización. A meniña, daquela, non sabía cousa. –...? -A mamai e mais eu deixamos a casopiña de Vilar, en Lavadores. E viñémonos prá serra. Viñemos a Auguela, a nosa aldea nativa. Viñemos ao noso ser, onde o papai ordenara de facer unha casiña nova de tixolo, con mesmo pozo negro. Auguela son dez casas e algunhas cortes e canastros. Todos os teitos son de colmo menos a casa que fixera coas súas maos o papai da meniña. Ao avó da meniña collérano os falanxistas de Verín e matárono nunha zanxa do Furriolo, con outros dez que sacaran do Convento. En Auguela teñen ovellas e algunha vaca. Pacen na Chaira. O Penagache avisa, non lonxe, da raia de Portugal. –...? -Que o papai viñera tamén a Auguela por se achantar só eramos sabedoras a mamai e mais eu. O papai da nena puxera tellado e fixera o pozo negro coma unha afirmación de fe na decencia humana. De casa en casa de xentes fieis, con diversos disfarces, logrou chegar a Celanova o fuxitivo e, desde alí, polos camiños montesíos, gañou o lugar nativo. Acochou no pozo negro. –...? -O pozo negro estaba no patio. Tiñamos na casa un retrete de madeira que comunicaba, por meo dun desaugue de cimento, co pozo negro. O pozo negro tiña uns catro metros de fondura. Despois de nos servirmos do retrete, ao facer de corpo, botabamos caldeiros de auga pra que circulase a porquería contra o pozo negro. –...?
  • 2. Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos 2 -O papai, una vez que se meteu no pozo negro, rabuñou nas paredes de sábrego e fixo unha camareta nun lado, algo alta. Case non se podía mover, porque se se puña de pé no fondo do pozo negro enterrábase no zorro. Así e todo, el deu orde de que seguisemos, a mamai e mais eu, ensuciando no retrete coma sempre. –...? -Dentro do pozo negro tiña unha escada pola que saía nas altas horas da noite a esparexer polo patio e a estar coa mamai. Eu vino moi poucas veces. Era de noite cando se lavaba, cando comía e cando mudaba a roupiña. Era así, señor. O pozo estaba tapado cunha grade de madeira sobre a que había unha meda de candeas. Saía por un buraco tan pequeno coma o tobo dun coello. Durante o primeiro inverno non pasou nada, pro fora terríbel pró papai. Na primavera chegaron dous homes a Auguela. Vestían de traxe e garavata, pero a súa roupa non era boa. Semellaba pasada e suxa. Tiñan aspecto serio e ollar insolente e fixo. Calzaban todos botas negras, suxeitas á canela por un elástico. –...? -Non señor. Eu non sabía que eran da Brigadilla da Garda Civil. Só se me facían raros por levaren os dous unha mesma caste de botas negras e con dous elásticos en forma de U para se cinguiren á canela. Debían de ser unhas botas moi quentes pró inverno. –...? -Si. Un dos dous era máis alto, máis xoven, e tiña un bigodiño arroxado. Sorría seguido. Metíanme medo os seus ollos azuis. Volveu el só, moitas veces, pra falar comigo. O Sarxento da Brigadilla quería que a neniña lle contase onde estaba agachado o papai. Onde é que el estaba. Preguntárallo unha e outra vez, todo ao longo da primavera, conforme os días ían medrando. Aparecíalle o Sarxento nos lugares máis inesperados: por tras dunha cañota, coma tal.Igual ca unha aparición, ao voltar a nena á casa coa súa potiña de leite das vacas dos veciños de Angoreus. –...? –Si, comigo, case só falaba comigo. Coa miña nai non falou máis cá primeira vez, cando viñeran os dous das botas de elástico. Na tenda namais que preguntou nunha ocasión e informouse do que levaba a miña nai á casa en cuestión de alimentos. As proporcións de sucre ou arroz que a mamai da meniña levaba eran as adecuadas para dúas persoas pobres. Nun fugaz interrogatorio á ama da tenda de Santa María de Vilar das Las, a legua e mea de Augela, o Sarxento informouse e semellou cadrar conforme. Así e todo el sabía que tiñan unha horta e unha cabuxa. –...? –A primeira vez que se achegou a min asusteime moito. Diume un paquete de galletas María, marca Oliveira. Lembrareime sempre de tal particularidade. Porque a miña nai non me vise o galano, cominas todas antes de chegar á casa. Unha certa complicidade ligara aquel día a meniña co Sarxento.
  • 3. Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos 3 –...? -Non. Non me atrevía a lle decer á miña nai que falara con aquel home. –...? -Non. A segunda vez que falei con aquel home xa deixei de lle ter medo. –...? –Sentía unha especie de confianza. Aínda que lle pareza mentira, colléralle... –Si, cariño. Ao longo das entrevistas, sempre en lugares non frecuentados, estabelecérase un ligame. Unha complicidade visguenta, coma o zorro do ludre. A meniña chegara a lle querer ao Sarxento do sorrir manso e dos ollos azuis. Cando el tardaba en vir á Auguela, a meniña andaba triste. Unhas veces traguíalle pirulís e, outras, galletas. Un día veulle cunha caixiña cadrada adornada con cunchas e buguinas. A meniña embrullouna entre farrapos e agachouna no faiado. –...? -Cada vez que aquel home estaba onda min, preguntábame polo sitio no que estaba agachado meu pai. Cada vez que o facía, algo me queimaba no peito. Baixaba, entón, os ollos e, sempre, sempre, a vista se me ía pousar nos pés calzados con botas de elástico. Aquelas botas dábanme noxo. Acordábame, entón, moito o pai. E apertaba os beizos. Xamais lle direi onde está agachado o meu papai, pensaba con forza. E botaba a correr prá casa. –...? -Señor, coma tal eu viña dos cataqueses, ou sexa da doutrina, pola verea vella de Santa María, canda as outras raparigas e todas apañando froles e facendo guirlandas. El agardaba, non sei como, velándome, a que cada unha das miñas compañeiras collese polo seu carreiro, cara á casa. E saíame entón e... –...? -Si. Púñame contente ao o ver, pro, non sei por que, a ledicia convertíase nunca sorte de noxo ao reparar nas botas negras con elástico. –...? —Coido que o pior pró papai fora o inverno. Mesmo conxelara o visgo do ludre que comunicaba o retrete co pozo negro. Na súa toqueira, o papai da meniña embrullábase en cobertores e daba dente con dente. Tiña a parte superior das orellas, as maos e as dedas en carne viva, das frieiras. Cortáranselle os beizos. Cando a neve cubriu a meda de candeas, o frío fíxose un algo soportábel aló embaixo. A saída nocturna era, para o papai da meniña, coma un entrar no ceo. As dúas ou tres horas na cama, coa esposa, devolvíanlle a vida e o contento. Logo había que tupir de novo, co papai dentro, o buraco de saída do pozo negro, axuntando neve cun angazo. Antes de o sol saír, a mamai da meniña trepaba sobre as pegadas do seu home e confondíaas con outros rastros orientados en todas as direcciones do patio.
  • 4. Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos 4 –...? -Así que, coa primavera, iso é, veu o home das botas de elástico que me dixo un día que se eu lle non decer onde estaba o papai que virían outros homes da Garda Civil e que habían prender á mamai e habían mallar nela até que dixese todo. Eu estiven chorando pola noite e decidín que cando viñese outra vez o home ía levalo até o pozo negro e decerlle que alí estaba meu pai. Eu ía facer iso porque lle non batese á miña nai. Iso foi cando xa se fora o inverno. –...? -Foi o día pior da miña vida. –...? -Rómpesemelle a ialma só de acordalo. Non me obrigue a falar máis. –...? -Primeiro espertei cun bruído de cascos de cabalos. Debruceime na fiestra e vin oito Gardas Civís que desmontaban e tiraban dunha funda cada un seu fusil, non sendo un, que empuñou unha pistola. Xeóuseme a ialma, señor. Case ao mesmo momento sentín o motor dun turismo e, de contado, apareceu un home cunha gorra encarnada; a par del o das botas de elástico. Os do tricornio negro desfixeron a culatazos mea casa. Dispararon contra a tablilla do teito e contra as portas. Colleron á miña nai pola trenza e levárona arrastras onda a morea de frouma baixo da cal o meu papai estaba agachado. Chegara un Tenente da Garda Civil con sete números a Auguela. Era preciso fechar o caso da célula da ANG de Vigo. Faltáballes o fillo da puta que tiña que estar alí. Se a Brigadilla non fora capaz de descobrir nada, faríao el. Chegaron a cabalo desde Celanova. Pronto incorporóuselles o Sarxento da Brigadilla nun Baliglia de Comandancia. Rexistraron con berros e xuramentos a casa toda, a cómoda, a artesa, os dous armarios, o faio. Dispararon, si. Racharon de a feito, con pracer. Como estaba convido, foron esforzar a muller do fuxido, berrando moito aos catro ventos o que ían facer, o que estaban facendo. Querían que o fuxido os ouvise. Ouvise que catro termaban dos pés e maos dela e que o Cabo xa lle erguía as saias. O Tenente ría ás gargalladas coa mao na barriga. –...? -Eu fun correndo onda o home que me daba as galletas e me saía nos camiños. Sentinno coma un salvador, coma un amigo quirido. Dime onde está, dime a min onde está -díxome. Dimo a min, a min só. Se non mo dis, eu non podo paralos. Se o atopan eles, mátanno. Eu abría xa a boca pra decerlle que o papai estaba no pozo negro, cando, por baixar a ollada de vergonza, din coa vista nas botas de elástico. E calei. –...? -Un de tricornio colleume das orellas e díxome: mira, mira. Olla o que lle facemos á puta da túa nai. Voltei a vista para o home das botas de elástico que presenciaba todo inmóbil, cos brazos cruzados e un mimo de contrariedade nos fuciños de londra, que antes me pareceran boca linda. Lembro detalles sen importancia: unha ponta da camisa del rebirichada pra fóra, unha insignia co xugo e as frechas da Falange nunha das lapelas do seu traxe gastado. Fíxome coa cabeza un signo raro, coma se me dixese adeus. O tipo da gorra de prato con funda vermella sorría divertido. Foi entón cando papai se puxo a berrar dentro do pozo que parasen quedos, que el xa se daba.
  • 5. Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico de Arraianos 5 –...? -Non señor. Tanto berraban os Gardas Civís que a voz de meu pai de primeiras non se sentía. –...? -A miña nai non dera un chío. Eu sei que a miña nai non berrou por non obrigar o meu pai a delatarse. Toulle certa. Pro axiña se removeu algo na morea da frouma e meu pai apareceu fóra, chimpando candeas e grade contra arriba, nun chouto, coas maos en alto. Ao velo todos, incluído o fulano da gorra vermella, foron contra del e derrubáronno no chao. E pechei os ollos e tapei os ouvidos coas maos. Cando o Tenente viu o pai da meniña aló, á luz da primavera, branco coma a esperma e coas palmas das maos arriba, botouse contra súa e zorregoulle un golpe co cano da pistola Astra do nove longo na cara. Derrubouno no chao. Precipitáronse todos sobre o caído e deron en o escoucear e en mallalo coas culatas das tercerolas. Ao tempo que o facían bruaban coma animais, xuraban e insultábanno. Os cabalos espaventábanse e turraban das rédeas atadas nas argolas. A nai da meniña trataba de impedir os golpes e era rexeitada, cun culatazo no baixo ventre que a deixaba retorcéndose de dor polo chao do patio. Somentes o Sarxento da Brigadilla permanecía inmóbil, ollando fixamente para a meniña, cos brazos cruzados e un aceno de displicencia nas comisuras da boca. –...? -Levaron o meu pai, coa cara chea de sangue, atado ao rabo do cabalo do chefe dos Gardas. Miña nai atronaba o mundo cos seus urros. Eu achegueime ao home das botas de elástico. El ollou pré min con raiba e torceu o bico co seu bigodiño loiro. Por un intre, penséi que me ía bater. Eu odieino, e aínda o odio con toda a miña ialma. Por que non me dixeches onde estaba, pécora -díxome cunha ponta de cuspe en cada canto da boca. E meteuse no coche co home da gorra de funda vermella. Por que non mo dixeches, pécora. Cando subía ao Baliglia, a meniña fixouse por derradeira vez nas botas de elástico, e comprendeu. O Sarxento da Brigadilla soubera desde o primeiro intre onde se achantaba seu pai. Quería que a meniña llo dixese e deixala ferida de remorso para o resto da vida. O seu fracaso, a causa da irrupción do Tenente e dos seus números, enchíao de decepción. E a meniña correu ao faiado, desembrullou a caixiña con buguinas da Toxa e quedou estantía, a contemplala.