SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 3
E. Blanco Amor: Escolma de textos de “A esmorga
TEXTO 1
A chuvia seguía a Deus dala e sentíase a enxurrada baixando dos altos do souto a escacharse
descontra os bacelos do hortal e a rolar polos carreiros trocados en regatos. Eu emborquei os pés na
cinza para me librar daquela mestura de dor e proído que non se podía aturar, e quedeime máis
aloleado. O tempo seguía con áer de tronada, anque cambeando a norde: puñérase tan fusco que
tivemos que alcender un quinqué, pois somellaba xa ter vido a noite. ¡que ben se estaba alí, naquela
morneza ao pé do lume con aquela augardente amorosiña, que eu bebía de a pouco para sentir o
gosto de bebela con todo o xuicio, namentres fóra bruaba o vento nos cantos do casal e ripáballes as
ponlas a unhas silveiras que se vían pola ventá que daba ao xardín do pazo...! Se non fose polo
arrecendo da comida que estaba porparando o Milhomes, ata gosto me daría irme quedando
adormentado, así como estaba, núo, coa fronte pousada nos xoenllos, sentindo asubiar os mollos no
lume, ceibe do "pensamento".
Comemos como abades e bebemos a nos fartar do mellor da cosecha vella que o Pega ía
traendo nunha canada, dun pipote, que era o dos señores. Baleiramos unha boa media ducia de
canadas, coasi sen sentilo non só porque manxamos moitísimo, senón porque tiña un labio suave e
groso ao mesmo tempo,e non era como ese viño chirlán que se bebe como graciosa e nunca se ve
cheio. Logo voltamos á augardente, anque esta vece queimada con zucre moreno... ¿Que ben se
estaba, sandiós, na morneza daquela farta bodega, ata daba preguiza o pórse a pensar que aquilo
finaría de alí a pouco e que un tería que saír e apandar outra vegada coa chuvia, co vento, coas
cousas do mundo cabrón...!
Texto 2
O altar maior locía todo aceso de candeas, que moito me chamou a atención que a tales horas da
noite isto socedese. Estaban aló, a carón, dúas ou tres ducias de cabaleiros, pois mulleres non se vían,
todos axoenllados, e ouvíase o besbellar dos rezos a pouca voce, e todos moi xuntos e rezando a eito,
coma si estivesen botando unha ladaíña, desas das misiós ou das rogativas... Eu non sabía cómo
trepar co raio das chancas ferradas pra que non fixesen estrondo nas laxes. Un daqueles cabaleiros
algo debeu de apercibire porque se voltou pra abesullare, pro xa nós estabamos acochados tras
dunhas colunas, descontra un confesonario.
Nestas, renxeu un pouquiño a porta e vimos ó municipal, que por certo era o tío Sardiña, metía
o morro un pouco, pro non pasou de eí. Anque non nos podía ver onde estabamos, por si es caso
metímonos no confesonario no mesmo istante en que de novo nos tentaba aquela fodida risa. O tío
Sardiña fitou un istante e logo foise, arrimando a porta a modiño. Ficamos un pouco sen saír,
agardando a que se alonxara por si lle daba por voltar a meter os fuciños, e mentrestanto encetamos a
segunda garrafa de augardente que estaba tan baril coma a primeira e que somellaba tere algún
engado co aquele seu xeito de pornos tan ledos.
Texto 3
“Contoume meu pai, pra me precavere, que unha Noiteboa, que os señores fóranse pra a vila, a
pasala cos parentes, fixeron unha desas que arden nun candil...Dempois de fartárense coma marraus,
fora a ialma, e de beberen até trousalo, meteuse o demo niles e fardáronse de pes a cabeza coa roupa
dos donos, e moi metidos en paletós e polisós fóronse a bailar ribeiranas na saa dos espellos, coa
Fuca e mais o Berzas, que son os criados máis vellos, sentados no estrado faguendo de señores que
polo visto estaban bébedos coma dous dises vedraños tolos que poñen follateiras e disque ó outro día
1
non se acordaban de nada. Cando chegaron os donos, ó mediar a mañá, parés que había un grande
estropicio, e moitos aínda estaban a dormir a rolla onde os collera o sono, até nos leitos dos amos e
dos nenos, que parés que foi o que máis os encabuxou... E anque os señores son bos coma o pan,
botáronnos a todos, non sendo os vellos. Da mozarría dos criados non quedou ninguén, anque
pediron e meteron moitos empeños... E hastra disque dúas rapazas de rairo, que estaban a xornal pra
a costura, resultaron logo preñadas, anque a xente fala moito... Pro o caso é que dende aquela,
ninguén pode chegarse á bodega sen licencia, e moito menos estando o alquitareiro, pois polo visto
naquil tempo, cando se andaba na estila, co gallo de viren a probar o augardente papaban cada pítima
que...”
O Pega era moi garuleiro, e cando se metía na leria esbardallaba sen darse acougo nen pra
remudar os azos. Eu nin tiña mentes de lle responder e, polo que se vía, os outros tamén o deixaban
palicar sen darlle moitos creto ó que decía.
Texto 4
Namentras o Bocas i eu andabamos a arreparar cousas, o Milhomes puxérase a remexer nun
moble que tiña trazas de ser arcaz posto de pe, todo cheio de caixonciños moi feitucos, coma de
xoguete. Cando ollei que sacaba dun deles unhas alfaias, funme para el tencionando de lle empecer
que fixese tal cousa, pois como xa teño dito unha cousa é andar de parranda i outra ser caloteiro.
Pero o Bocas meteuse por medio e puxéronse os dous a furgar nos caixonciños, que foi nesas cando
deron coas onzas de ouro que se lle alcontraron ao Bocas no peto... Porque o Bocas deulle ao outro
todas as alfaias, menos uns pendentes e un anel moi fermoso, que sen dúbida eran para darllos á
Viguesa... Non é por botar por ela facéndome agora o inocente, pero pódeme crer vostede que en
toda esta fachucada de ladroeiros eu non me metín , que enriba do meu corpo ren se atopou que non
fose meu, como vostede sabe e como xa dixen no coarteliño, anque mallaron en min canto quixeron
aqueles criminales para que dixese onde tiña agachadas as cousas...Si, señor, foron eles e ninguén
máis, que aínda escomenzaron a tarefa moi postos de acordo, pero logo cando ían aparecendo outras
cousas, puxéronse a rifar pola rapañota que estoxaba oílos...En canto os ollei así, tan destemidos e
asañados no roubo, decateime que non eran os rapaces que eu supuña ter ben coñecidos, aínda coas
súas chatas propias da mozarría esmorgante, senón xente que debía estar afeita a esa cras de aduvios
e nagocios.
Conque, aporveitando que estaban tan ocupados naquela compartilla de gitanos, funme
asoparando deles a modiño e cando me vin cabo da porta saquei as chancas dun envión coma se me
sacasen a ialma do corpo e pillando un dos cabuchos do candieiro, botei para fóra con mente de saír
de alí como puidese.
Texto 5
-Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están eí nos papeis, son o
Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como eiquí nos coñecemos todos e que non ofenden a
ninguén, proque Xan e Aladio poden ser calisquer, pero o Bocas e o Milhomes so poden ser os que
son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chaman Cibrán ou o Castizo, como vostede
guste, pois o meu pai tiña un castizo para servire porcas, con licencia...Anque tamén me chaman o
Tiñica e o Puchapodre, porque de rapaz tiven a tiña, que me durou ata mozo, e andaba coa gorra moi
apegada...
-
-Non, señor, non; para írmonos entendendo, pois xa me vou deprocatando que vostede non é
deiquí...
2
E. Blanco Amor: Escolma de textos de “A esmorga
-
Non, señor, non; non é que me importe senón para que me entenda, pois tamén lle tivemos un
capataz, que era da parte dos murcios, que aínda falándolle na súa fala non nos entendiamos...Pois
indo ao asunto, eran Xanciño o Bocas, ou Alifante ou o Peitodemacho, e máis Aladio o Milhomes,
ou o Papaganduxos, ou o Setesaias, ou o Maricallas, tamén como a vostede lle pete, que eiquí todos
temos onde escoller... Conque arrodeáronme rindo e zapicándome nas encostas, e o Milhomes
biliscándome na entreperna, como tiña por fodido costume, e querendo botarme a manta por enriba.
Deixáraos na Taberna do Narizán, había dous días, que era sábado, no comezo dunha daquelas
esmorgas que os fixeran tan sonados entre todos os esmorguistas de Auria e dos arredores, nas que se
metían e non saían ate quedar guindados por eí...
3

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
agarridog
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
osnososavos
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
guest121625
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Marlou
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
berres1
 

Was ist angesagt? (20)

Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Convite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os RosalesConvite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os Rosales
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
Paz Andrade Cespón
Paz Andrade CespónPaz Andrade Cespón
Paz Andrade Cespón
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez CastelaoAfonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Berres
BerresBerres
Berres
 

Andere mochten auch

Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
noagaliza
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
Xesús Amboaxe
 

Andere mochten auch (20)

Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 

Ähnlich wie Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor

SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
Marlou
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
iesasorey
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templarios
Yolanda Castro
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
sandryttas
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
elvira3
 

Ähnlich wie Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor (20)

Descrición de persoas
Descrición de persoasDescrición de persoas
Descrición de persoas
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Ánxel Fole
Ánxel FoleÁnxel Fole
Ánxel Fole
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templarios
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
 
A sereiña copia
A sereiña   copiaA sereiña   copia
A sereiña copia
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Cidades na literatura
Cidades na literaturaCidades na literatura
Cidades na literatura
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 

Mehr von noagaliza (10)

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor

  • 1. E. Blanco Amor: Escolma de textos de “A esmorga TEXTO 1 A chuvia seguía a Deus dala e sentíase a enxurrada baixando dos altos do souto a escacharse descontra os bacelos do hortal e a rolar polos carreiros trocados en regatos. Eu emborquei os pés na cinza para me librar daquela mestura de dor e proído que non se podía aturar, e quedeime máis aloleado. O tempo seguía con áer de tronada, anque cambeando a norde: puñérase tan fusco que tivemos que alcender un quinqué, pois somellaba xa ter vido a noite. ¡que ben se estaba alí, naquela morneza ao pé do lume con aquela augardente amorosiña, que eu bebía de a pouco para sentir o gosto de bebela con todo o xuicio, namentres fóra bruaba o vento nos cantos do casal e ripáballes as ponlas a unhas silveiras que se vían pola ventá que daba ao xardín do pazo...! Se non fose polo arrecendo da comida que estaba porparando o Milhomes, ata gosto me daría irme quedando adormentado, así como estaba, núo, coa fronte pousada nos xoenllos, sentindo asubiar os mollos no lume, ceibe do "pensamento". Comemos como abades e bebemos a nos fartar do mellor da cosecha vella que o Pega ía traendo nunha canada, dun pipote, que era o dos señores. Baleiramos unha boa media ducia de canadas, coasi sen sentilo non só porque manxamos moitísimo, senón porque tiña un labio suave e groso ao mesmo tempo,e non era como ese viño chirlán que se bebe como graciosa e nunca se ve cheio. Logo voltamos á augardente, anque esta vece queimada con zucre moreno... ¿Que ben se estaba, sandiós, na morneza daquela farta bodega, ata daba preguiza o pórse a pensar que aquilo finaría de alí a pouco e que un tería que saír e apandar outra vegada coa chuvia, co vento, coas cousas do mundo cabrón...! Texto 2 O altar maior locía todo aceso de candeas, que moito me chamou a atención que a tales horas da noite isto socedese. Estaban aló, a carón, dúas ou tres ducias de cabaleiros, pois mulleres non se vían, todos axoenllados, e ouvíase o besbellar dos rezos a pouca voce, e todos moi xuntos e rezando a eito, coma si estivesen botando unha ladaíña, desas das misiós ou das rogativas... Eu non sabía cómo trepar co raio das chancas ferradas pra que non fixesen estrondo nas laxes. Un daqueles cabaleiros algo debeu de apercibire porque se voltou pra abesullare, pro xa nós estabamos acochados tras dunhas colunas, descontra un confesonario. Nestas, renxeu un pouquiño a porta e vimos ó municipal, que por certo era o tío Sardiña, metía o morro un pouco, pro non pasou de eí. Anque non nos podía ver onde estabamos, por si es caso metímonos no confesonario no mesmo istante en que de novo nos tentaba aquela fodida risa. O tío Sardiña fitou un istante e logo foise, arrimando a porta a modiño. Ficamos un pouco sen saír, agardando a que se alonxara por si lle daba por voltar a meter os fuciños, e mentrestanto encetamos a segunda garrafa de augardente que estaba tan baril coma a primeira e que somellaba tere algún engado co aquele seu xeito de pornos tan ledos. Texto 3 “Contoume meu pai, pra me precavere, que unha Noiteboa, que os señores fóranse pra a vila, a pasala cos parentes, fixeron unha desas que arden nun candil...Dempois de fartárense coma marraus, fora a ialma, e de beberen até trousalo, meteuse o demo niles e fardáronse de pes a cabeza coa roupa dos donos, e moi metidos en paletós e polisós fóronse a bailar ribeiranas na saa dos espellos, coa Fuca e mais o Berzas, que son os criados máis vellos, sentados no estrado faguendo de señores que polo visto estaban bébedos coma dous dises vedraños tolos que poñen follateiras e disque ó outro día 1
  • 2. non se acordaban de nada. Cando chegaron os donos, ó mediar a mañá, parés que había un grande estropicio, e moitos aínda estaban a dormir a rolla onde os collera o sono, até nos leitos dos amos e dos nenos, que parés que foi o que máis os encabuxou... E anque os señores son bos coma o pan, botáronnos a todos, non sendo os vellos. Da mozarría dos criados non quedou ninguén, anque pediron e meteron moitos empeños... E hastra disque dúas rapazas de rairo, que estaban a xornal pra a costura, resultaron logo preñadas, anque a xente fala moito... Pro o caso é que dende aquela, ninguén pode chegarse á bodega sen licencia, e moito menos estando o alquitareiro, pois polo visto naquil tempo, cando se andaba na estila, co gallo de viren a probar o augardente papaban cada pítima que...” O Pega era moi garuleiro, e cando se metía na leria esbardallaba sen darse acougo nen pra remudar os azos. Eu nin tiña mentes de lle responder e, polo que se vía, os outros tamén o deixaban palicar sen darlle moitos creto ó que decía. Texto 4 Namentras o Bocas i eu andabamos a arreparar cousas, o Milhomes puxérase a remexer nun moble que tiña trazas de ser arcaz posto de pe, todo cheio de caixonciños moi feitucos, coma de xoguete. Cando ollei que sacaba dun deles unhas alfaias, funme para el tencionando de lle empecer que fixese tal cousa, pois como xa teño dito unha cousa é andar de parranda i outra ser caloteiro. Pero o Bocas meteuse por medio e puxéronse os dous a furgar nos caixonciños, que foi nesas cando deron coas onzas de ouro que se lle alcontraron ao Bocas no peto... Porque o Bocas deulle ao outro todas as alfaias, menos uns pendentes e un anel moi fermoso, que sen dúbida eran para darllos á Viguesa... Non é por botar por ela facéndome agora o inocente, pero pódeme crer vostede que en toda esta fachucada de ladroeiros eu non me metín , que enriba do meu corpo ren se atopou que non fose meu, como vostede sabe e como xa dixen no coarteliño, anque mallaron en min canto quixeron aqueles criminales para que dixese onde tiña agachadas as cousas...Si, señor, foron eles e ninguén máis, que aínda escomenzaron a tarefa moi postos de acordo, pero logo cando ían aparecendo outras cousas, puxéronse a rifar pola rapañota que estoxaba oílos...En canto os ollei así, tan destemidos e asañados no roubo, decateime que non eran os rapaces que eu supuña ter ben coñecidos, aínda coas súas chatas propias da mozarría esmorgante, senón xente que debía estar afeita a esa cras de aduvios e nagocios. Conque, aporveitando que estaban tan ocupados naquela compartilla de gitanos, funme asoparando deles a modiño e cando me vin cabo da porta saquei as chancas dun envión coma se me sacasen a ialma do corpo e pillando un dos cabuchos do candieiro, botei para fóra con mente de saír de alí como puidese. Texto 5 -Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están eí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como eiquí nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, proque Xan e Aladio poden ser calisquer, pero o Bocas e o Milhomes so poden ser os que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chaman Cibrán ou o Castizo, como vostede guste, pois o meu pai tiña un castizo para servire porcas, con licencia...Anque tamén me chaman o Tiñica e o Puchapodre, porque de rapaz tiven a tiña, que me durou ata mozo, e andaba coa gorra moi apegada... - -Non, señor, non; para írmonos entendendo, pois xa me vou deprocatando que vostede non é deiquí... 2
  • 3. E. Blanco Amor: Escolma de textos de “A esmorga - Non, señor, non; non é que me importe senón para que me entenda, pois tamén lle tivemos un capataz, que era da parte dos murcios, que aínda falándolle na súa fala non nos entendiamos...Pois indo ao asunto, eran Xanciño o Bocas, ou Alifante ou o Peitodemacho, e máis Aladio o Milhomes, ou o Papaganduxos, ou o Setesaias, ou o Maricallas, tamén como a vostede lle pete, que eiquí todos temos onde escoller... Conque arrodeáronme rindo e zapicándome nas encostas, e o Milhomes biliscándome na entreperna, como tiña por fodido costume, e querendo botarme a manta por enriba. Deixáraos na Taberna do Narizán, había dous días, que era sábado, no comezo dunha daquelas esmorgas que os fixeran tan sonados entre todos os esmorguistas de Auria e dos arredores, nas que se metían e non saían ate quedar guindados por eí... 3