SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 4
Downloaden Sie, um offline zu lesen
HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO


    A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda metade do
século XVI cando a parroquia estaba a ser devastada por unha gran peste,
momento no que dúas irmás ofreceron un par de eguas a San Lourenzo, patrón
dá parroquia, a cambio de protección fronte á epidemia. Para evitar a
enfermidade, as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana non moi afastada do
pobo. Aquelas dúas bestas, doadas ao párroco, foron liberadas no monte e
multiplicáronse co tempo.
Os datos históricos reflicten o azoute da peste bubónica en Galicia no último
terzo do século XVI, entre 1567-1571, con dous novos brotes en 1578 e 1598.
A epidemia entrou, probablemente, polo Grove e afectou a Santiago e a outras
bisbarras galegas como a de Sabucedo. Por outro lado, a táctica de
esconderse en cabanas ou refuxios para evitar o contaxio parece ser que era o
método preventivo usado naquel século .
Non obstante, no XVII tiveron lugar varios episodios de peste e a finais de
século quedou constancia escrita, por primeira vez, da importancia das vacas e
dos cabalos en Sabucedo, polo que tamén este período podería ter sido aquel
ao que se refire a tradición oral.
Outra razón que avalaría a historicidade desta lenda é o feito de que en data
temperá, cara a 1724, está documentada a expresión “bestas do santo" para
referirse ás que se lle ofrecían ou consagraban a San Lourenzo a título de
devoción ou agradecemento por algún favor recibido, e que pertencían á igrexa
da parroquia. Esta consagración manifestábase cortandolles a punta das
orellas (orellas fanadas) aos poldros, chamados en Sabucedo "bichos". Na
actualidade estes son marcados na coxa (eguas) ou na anca (cabalos) cunha
marca que recorda á grella na que se martirizou a San Lourenzo. No XVIII
tamén temos a primeira noticia da “baixa”, en 1732, e no segundo terzo do
século aparecen documentados os termos rapar e curro.
Unha figura importante da rapa foi a do mordomo fabriqueiro, cargo ocupado
por un dos veciños do pobo para a atención, vixilancia e control das bestas.
Nos séculos XVIII e XIX anotábanse no Libro de Fábrica da igrexa o número de
bestas existentes e os nomes dos mordomos, costume que chegou ata 1864,
ano no que pasou a ser un cargo voluntario e deixaron de asentarse os nomes
debido á progresiva desaparición do concepto señorial da sociedade e á toma
de conciencia propia do pobo. Desde ese momento quedou configurada e
asentada esta tradición que chegou aos nosos días sen cambios sustanciais.
     Atendendo ao aspecto antropolóxico, hai que valorar tres momentos nesta
festa: a misa de alborada, a baixa e a rapa.
Misa de alborada
O compoñente relixioso estivo sempre presente e mantense hoxe a través
desta misa e das bestas do santo. Na Rapa de Sabucedo ten aplicación o que
o antropólogo Lisón Tolosana sinala como "orixinal triloxía hispana:
comunidade, festa, santo ou patrón titular."
Sen embargo, tamén actúan elementos de tipo máxico en certos ritos, así un
antigo costume dos veciños era o de levar a imaxe de San Lourenzo ao regato
de Trasdasichós e alí mollarlle os pés para pedirlle chuvia ao santo. O contexto
máxico relixioso aínda ten certo peso no subconsciente popular.
A baixa
É a operación de traslado das bestas desde os montes ata Sabucedo. Un
obxecto propio dese día e usado como apoio é o pau de moca, vara de carballo
con un vulto en forma de espulla ou excrecencia na parte que toca o chan. No
pobo teñen lugar dous encontros simbólicos, un é o da chegada da mocidade
coas bestas, intre no que se xuntan os mozos e a xente maior -que representa
a tradición viva da rapa- reafirmando así a identidade grupal. O segundo é o
dos veciños coas bestas do santo, é dicir, o encontro coa orixe mítica do pobo
como tal, xa que a eguada de San Lourenzo simboliza a súa propia existencia.
A rapa
É o acto máis espectacular grazas á valentía e á fortaleza dos mozos
(aloitadores) que se enfrontan as bestas. Antropólogos e sociólogos apuntan á
loita física como unha das características da festa: "a festa provoca certa
insensibilización física: os individuos fatíganse e líbranse a excesos
desacostumados que van facelos aceptar golpes ou mutilacións" (Gaston
Bouthoul). O aloitador, normalmente veciño de Sabucedo, encarna o espírito do
pobo e representao na loita pola súa identidade, na súa autoafirmación.
A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO
       Nos montes das serras do centro, do norte e do occidente de Galicia
aínda hoxe queda gando equino vivindo en liberdade, animais que son
reunidos unha vez ao ano para proceder ao seu marcado, corte de crinas e
selección de exemplares, actividade coñecida popularmente como "rapa" ou
"curro".
A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) celébrase cada ano
no primeiro fin de semana do mes de xullo. Na mañá do sábado ten lugar unha
"misa de alborada" na que se pide protección a San Lourenzo, patrón da
parroquia, para a "baixa" dos cabalos -baixada do monte- e o posterior curro. A
continuación, un grupo formado por veciños e visitantes de Sabucedo
emprende a marcha cara aos montes onde teñen o seu hábitat estes animais,
unha fermosa paraxe natural que rodea o pobo. Unha vez localizadas as
bestas, as greas rodéanse e encamíñanse de forma combinada ata alcanzar a
bagoada do Peón, onde se agrupan e se dirixen xuntas cara ao pobo,
chegando alí despois do mediodía.
As bestas permanecen nun cercado próximo ata ben avanzada a tarde,
momento no que se trasladan ao curro -recinto circular con muros de pedra- no
que se enfrontarán aos aloitadores. O traballo destes é, pola perigosidade que
entraña e a valentía que demostran, o acto máis espectacular desta festa. A
diferenza doutras rapas galegas, nas que se usan cordas e varas para someter
aos animais, en Sabucedo tan só se emprega a forza do home en loita corpo a
corpo co animal. Os aloitadores seguen un ritual establecido, un código de
actuación, herdado de xeración en xeración: dous van á cabeza do cabalo e
outro suxéitao polo rabo. Un dos que van á cabeza debe ser o que salte enriba
e cabalgue sobre a besta. Finalmente, o animal inmobilizado pode quedar de
pé ou ser derrubado completamente, dependendo da resistencia que presente,
e logo procédese a cortar as súas crinas e ao marcado.
      Outras rapas famosas de Galicia son as de Campo do Oso e Candaoso,
na provincia de Lugo; as de Capelada e Barbanza, na da Coruña, e as de
Morgadáns e Mougás na de Pontevedra.


Texto: Roberto Aneiros García (Conservador do Museo Etnolóxico)
BIBLIOGRAFÍA:


CABADA CASTRO, M. (1992) A rapa das bestas de Sabucedo, Vigo, Ed. Ir
indo.
GONZÁLEZ REBOREDO, X. M (1997) Festas laicas, en Galicia Antropoloxía.
Relixión, crenzas, festas, Tomo XXVII, A Coruña, Hércules de Ediciones.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

Ähnlich wie Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico (20)

A estrada
A estradaA estrada
A estrada
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2
 
Proxecto estrada
Proxecto  estradaProxecto  estrada
Proxecto estrada
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
Hackear.pptx museos
Hackear.pptx museosHackear.pptx museos
Hackear.pptx museos
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
O ENTROIDO
O ENTROIDOO ENTROIDO
O ENTROIDO
 
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZAA COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
A COMPAÑA E AS APARICIÓNS NA GALIZA
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
A compaña
A compañaA compaña
A compaña
 
A Laracha
A LarachaA Laracha
A Laracha
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
As árbores na cultura popular
As árbores na cultura popularAs árbores na cultura popular
As árbores na cultura popular
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 

Mehr von MUSEO ETNOLOXICO

Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014MUSEO ETNOLOXICO
 
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoPresentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMuseo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMUSEO ETNOLOXICO
 
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoCartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013MUSEO ETNOLOXICO
 
Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013MUSEO ETNOLOXICO
 
Folleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosFolleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosMUSEO ETNOLOXICO
 
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasFolleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasMUSEO ETNOLOXICO
 
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoA feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...MUSEO ETNOLOXICO
 
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011MUSEO ETNOLOXICO
 
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011MUSEO ETNOLOXICO
 
Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012MUSEO ETNOLOXICO
 

Mehr von MUSEO ETNOLOXICO (20)

Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014Folleto Día Internacional dos Museos 2014
Folleto Día Internacional dos Museos 2014
 
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxicoPresentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
Presentación libro el retrato y la muerte en museo etnolóxico
 
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromisoMuseo Abierto: tres programas y un compromiso
Museo Abierto: tres programas y un compromiso
 
Outono fotografico 2013
Outono fotografico 2013Outono fotografico 2013
Outono fotografico 2013
 
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxicoCartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
Cartaz cine outono 2013 museo etnoloxico
 
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
Cine de outono museo etnoloxico (ii) 2013
 
Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013Cartel marxes fílmicas 2013
Cartel marxes fílmicas 2013
 
Folleto de man
Folleto de manFolleto de man
Folleto de man
 
Vidal bolaño e a mit
Vidal bolaño e a mitVidal bolaño e a mit
Vidal bolaño e a mit
 
Folleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museosFolleto día internacional dos museos
Folleto día internacional dos museos
 
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadasFolleto II xornada bibliotecas_especializadas
Folleto II xornada bibliotecas_especializadas
 
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxicoA feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
A feira do viño 50 anos dun evento singular no etnolóxico
 
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO. 50 anos dun evento singular Exposición temporal n...
 
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
Historia antropologia y fuentes orales n46 2011
 
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
Historia antropologia y fuentes orales n45 2011
 
Techne n34 2011
Techne n34 2011Techne n34 2011
Techne n34 2011
 
Coré n27 2012
Coré n27 2012 Coré n27 2012
Coré n27 2012
 
Santi amil
Santi amilSanti amil
Santi amil
 
Ricardo alcalde
Ricardo alcaldeRicardo alcalde
Ricardo alcalde
 
Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012Cartel cine de outono 2012
Cartel cine de outono 2012
 

Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

  • 1. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda metade do século XVI cando a parroquia estaba a ser devastada por unha gran peste, momento no que dúas irmás ofreceron un par de eguas a San Lourenzo, patrón dá parroquia, a cambio de protección fronte á epidemia. Para evitar a enfermidade, as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana non moi afastada do pobo. Aquelas dúas bestas, doadas ao párroco, foron liberadas no monte e multiplicáronse co tempo. Os datos históricos reflicten o azoute da peste bubónica en Galicia no último terzo do século XVI, entre 1567-1571, con dous novos brotes en 1578 e 1598. A epidemia entrou, probablemente, polo Grove e afectou a Santiago e a outras bisbarras galegas como a de Sabucedo. Por outro lado, a táctica de esconderse en cabanas ou refuxios para evitar o contaxio parece ser que era o método preventivo usado naquel século . Non obstante, no XVII tiveron lugar varios episodios de peste e a finais de século quedou constancia escrita, por primeira vez, da importancia das vacas e dos cabalos en Sabucedo, polo que tamén este período podería ter sido aquel ao que se refire a tradición oral. Outra razón que avalaría a historicidade desta lenda é o feito de que en data temperá, cara a 1724, está documentada a expresión “bestas do santo" para referirse ás que se lle ofrecían ou consagraban a San Lourenzo a título de devoción ou agradecemento por algún favor recibido, e que pertencían á igrexa da parroquia. Esta consagración manifestábase cortandolles a punta das orellas (orellas fanadas) aos poldros, chamados en Sabucedo "bichos". Na actualidade estes son marcados na coxa (eguas) ou na anca (cabalos) cunha marca que recorda á grella na que se martirizou a San Lourenzo. No XVIII tamén temos a primeira noticia da “baixa”, en 1732, e no segundo terzo do século aparecen documentados os termos rapar e curro. Unha figura importante da rapa foi a do mordomo fabriqueiro, cargo ocupado por un dos veciños do pobo para a atención, vixilancia e control das bestas. Nos séculos XVIII e XIX anotábanse no Libro de Fábrica da igrexa o número de bestas existentes e os nomes dos mordomos, costume que chegou ata 1864, ano no que pasou a ser un cargo voluntario e deixaron de asentarse os nomes
  • 2. debido á progresiva desaparición do concepto señorial da sociedade e á toma de conciencia propia do pobo. Desde ese momento quedou configurada e asentada esta tradición que chegou aos nosos días sen cambios sustanciais. Atendendo ao aspecto antropolóxico, hai que valorar tres momentos nesta festa: a misa de alborada, a baixa e a rapa. Misa de alborada O compoñente relixioso estivo sempre presente e mantense hoxe a través desta misa e das bestas do santo. Na Rapa de Sabucedo ten aplicación o que o antropólogo Lisón Tolosana sinala como "orixinal triloxía hispana: comunidade, festa, santo ou patrón titular." Sen embargo, tamén actúan elementos de tipo máxico en certos ritos, así un antigo costume dos veciños era o de levar a imaxe de San Lourenzo ao regato de Trasdasichós e alí mollarlle os pés para pedirlle chuvia ao santo. O contexto máxico relixioso aínda ten certo peso no subconsciente popular. A baixa É a operación de traslado das bestas desde os montes ata Sabucedo. Un obxecto propio dese día e usado como apoio é o pau de moca, vara de carballo con un vulto en forma de espulla ou excrecencia na parte que toca o chan. No pobo teñen lugar dous encontros simbólicos, un é o da chegada da mocidade coas bestas, intre no que se xuntan os mozos e a xente maior -que representa a tradición viva da rapa- reafirmando así a identidade grupal. O segundo é o dos veciños coas bestas do santo, é dicir, o encontro coa orixe mítica do pobo como tal, xa que a eguada de San Lourenzo simboliza a súa propia existencia. A rapa É o acto máis espectacular grazas á valentía e á fortaleza dos mozos (aloitadores) que se enfrontan as bestas. Antropólogos e sociólogos apuntan á loita física como unha das características da festa: "a festa provoca certa insensibilización física: os individuos fatíganse e líbranse a excesos desacostumados que van facelos aceptar golpes ou mutilacións" (Gaston Bouthoul). O aloitador, normalmente veciño de Sabucedo, encarna o espírito do pobo e representao na loita pola súa identidade, na súa autoafirmación.
  • 3. A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO Nos montes das serras do centro, do norte e do occidente de Galicia aínda hoxe queda gando equino vivindo en liberdade, animais que son reunidos unha vez ao ano para proceder ao seu marcado, corte de crinas e selección de exemplares, actividade coñecida popularmente como "rapa" ou "curro". A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) celébrase cada ano no primeiro fin de semana do mes de xullo. Na mañá do sábado ten lugar unha "misa de alborada" na que se pide protección a San Lourenzo, patrón da parroquia, para a "baixa" dos cabalos -baixada do monte- e o posterior curro. A continuación, un grupo formado por veciños e visitantes de Sabucedo emprende a marcha cara aos montes onde teñen o seu hábitat estes animais, unha fermosa paraxe natural que rodea o pobo. Unha vez localizadas as bestas, as greas rodéanse e encamíñanse de forma combinada ata alcanzar a bagoada do Peón, onde se agrupan e se dirixen xuntas cara ao pobo, chegando alí despois do mediodía. As bestas permanecen nun cercado próximo ata ben avanzada a tarde, momento no que se trasladan ao curro -recinto circular con muros de pedra- no que se enfrontarán aos aloitadores. O traballo destes é, pola perigosidade que entraña e a valentía que demostran, o acto máis espectacular desta festa. A diferenza doutras rapas galegas, nas que se usan cordas e varas para someter aos animais, en Sabucedo tan só se emprega a forza do home en loita corpo a corpo co animal. Os aloitadores seguen un ritual establecido, un código de actuación, herdado de xeración en xeración: dous van á cabeza do cabalo e outro suxéitao polo rabo. Un dos que van á cabeza debe ser o que salte enriba e cabalgue sobre a besta. Finalmente, o animal inmobilizado pode quedar de pé ou ser derrubado completamente, dependendo da resistencia que presente, e logo procédese a cortar as súas crinas e ao marcado. Outras rapas famosas de Galicia son as de Campo do Oso e Candaoso, na provincia de Lugo; as de Capelada e Barbanza, na da Coruña, e as de Morgadáns e Mougás na de Pontevedra. Texto: Roberto Aneiros García (Conservador do Museo Etnolóxico)
  • 4. BIBLIOGRAFÍA: CABADA CASTRO, M. (1992) A rapa das bestas de Sabucedo, Vigo, Ed. Ir indo. GONZÁLEZ REBOREDO, X. M (1997) Festas laicas, en Galicia Antropoloxía. Relixión, crenzas, festas, Tomo XXVII, A Coruña, Hércules de Ediciones.