SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 4
Downloaden Sie, um offline zu lesen
BIOLOXIA 4º ESO
                                                                                    Tema 4. As Funcións da Célula
Apuntes complementarios Tema 4 BX-4º ESO. Funcións da Célula


                                      NUTRICIÓN CELULAR


      A nutrición celular comprende o conxunto de procesos mediante os cales as células
intercambian materia e enerxía co seu medio.

       As partículas sólidas que ingresaron na célula por endocitosis están formadas por moléculas
cuxos átomos están unidos entre si por enlaces químicos. As moléculas e os átomos constitúen a
materia en enlaces químicos. Nestes queda retida a enerxía.

       Para que a materia e a enerxía poidan ser aproveitadas pola célula, é necesario que esta rompa
as moléculas de menor tamaño. Este proceso chámase dixestión, e prodúcese por acción das encimas
contidas nos lisosomas. As partes útiles da partícula pasan ao citoplasma e incorpóranse a el
(asimilación). As partes que non son útiles son eliminadas fóra da célula (exestión).

       As sustancias asimiladas teñen distintos fins: a materia úsase para elaborar outras moléculas,
para repor partes destruídas da estrutura celular e para liberar enerxía; este último proceso
denomínase respiración celular.

       Aínda que alimentación e nutrición utilízanse frecuentemente como sinónimos, son termos
diferentes xa que:

       •   A nutrición fai referencia aos nutrientes que compón os alimentos e comprende un
           conxunto de fenómenos involuntarios que suceden tras a inxestión dos alimentos, é dicir,
           a dixestión, a absorción ou paso ao sangue desde o tubo dixestivo dos seus compoñentes ou
           nutrientes, o seu metabolismo ou transformacións químicas nas células e excreción ou
           eliminación do organismo.

       •   A alimentación comprende un conxunto de actos voluntarios e conscientes que van
           dirixidos á elección, preparación e inxestión dos alimentos, fenómenos moi relacionados co
           medio sociocultural e económico (medio ambiente) e determinan polo menos en gran parte,
           os hábitos dietéticos e estilos de vida.


NUTRICIÓN AUTÓTROFA. Célula Vexetal.

         .As células que teñen nutrición autótrofa fabrican materia orgánica propia a partir de
materia inorgánica sinxela. Para realizar esta transformación, as células de nutrición autótrofa
obteñen enerxía da luz procedente do Sol. O termo autótrofo procede do grego e significa "que se alimenta en
por si".
         Os seres autótrofos son unha parte esencial na cadea alimenticia, xa que absorben a
enerxía solar ou fontes inorgánicas como o dióxido de carbono e convértenas en moléculas
orgánicas que son utilizadas para desenvolver funcións biolóxicas como o seu propio crecemento
celular e a doutros seres vivos chamados heterótrofos que os utilizan como alimento
BIOLOXIA 4º ESO
                                                                              Tema 4. As Funcións da Célula
      A nutrición autótrofa comprende tres fases: o paso de membrana, o metabolismo e a
excreción.


       1. Paso de membrana. É o proceso no cal as moléculas inorgánicas sinxelas, auga, sales e
dióxido de carbono, atravesan a membrana celular por absorción directa, sen gasto de enerxía por
parte da célula.


       2. Metabolismo. É o conxunto de reaccións químicas que teñen lugar no citoplasma celular,
e cuxos resultados son a obtención de enerxía bioquímica utilizable pola célula, a fabricación pola
célula e a fabricación de materia celular propia.
               O metabolismo presenta tres fases: A fotosínteses, o anabolismo e o catabolismo.

      a) A fotosínteses, que é o proceso no que se elabora materia orgánica, como os azucres, a
         partir de materia inorgánica, como a auga, dióxido de carbono e sales minerais.
         Para realizar esta reacción química requírese a enerxía bioquímica que a clorofila produce a
         partir da enerxía solar. A fotosínteses ten lugar nos cloroplastos das células vexetais, e a
         súa reacción xeral é:
               luz solar + CO2 + H2O + sales minerais ----------> materia orgánica + O2
                                                      ---------->

          A fotosínteses presenta unha fase luminosa, na que a enerxía procedente do Sol é
          transformada en enerxía bioquímica, e unha fase escura, na que, utilizando esta enerxía
          bioquímica, obtéñense azucres.
          Ademais das células vexetais, certas bacterias e algas son capaces de realizar a
          fotosínteses.

      b) O anabolismo ou fase de construción, na que, utilizando a enerxía bioquímica procedente
         da fotosínteses e do catabolismo, sintetízanse grandes moléculas ricas en enerxía.

      c) O catabolismo ou fase de destrución, na que, mediante a respiración celular que ten
         lugar nas mitocondrias, a materia orgánica é oxidada, obténdose enerxía bioquímica.


      3.- Excreción. É a eliminación, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo
procedentes do metabolismo.




NUTRICIÓN HETERÓTROFA. Célula Animal.

      A nutrición heterótrofa realízase cando a célula vai consumindo materia orgánica xa formada.

       Neste tipo de nutrición non hai, pois, transformación de materia inorgánica en materia
orgánica. Con todo, a nutrición heterótrofa permite a transformación dos alimentos en materia
celular propia. Posúen este tipo de nutrición algunhas bacterias, os protozoos, os fungos e os
animais.

.     Os seres heterótrofos, dependen dos autótrofos xa que aproveitan a súa enerxía e a da
materia que conteñen para fabricar moléculas orgánicas complexas. Os heterótrofos obteñen a
enerxía rompendo as moléculas dos seres autótrofos que comeron.
BIOLOXIA 4º ESO
                                                                                   Tema 4. As Funcións da Célula



. O proceso de nutrición heterótrofa dunha célula pódese dividir en sete etapas:

Captura
Captura – Inxestión – Dixestión - Paso de membrana – Defecación – Metabolismo – Excreción

1. Captura. A célula atrae as partículas alimenticias creando bulebules mediante as súas cilios ou
flaxelos, ou emitindo seudópodos, que engloban o alimento.


   Inxestión
2. Inxestión. A célula introduce o alimento nunha vacuola alimenticia ou fagosoma. Algunhas células
ciliadas, como os paramecios, teñen unha especie de boca, chamada citostoma, pola que fagocitan o
alimento.


3. Dixestión. Os lisosomas vertes as súas encimas dixestivas no fagosoma, que así se transformará en
vacuola dixestiva. Os encimas descompón os alimentos nas pequenas moléculas que as forman.


4. Paso de membrana. As pequenas moléculas liberadas na dixestión atravesan a membrana da
vacuola e difúndense polo citoplasma.


5. Defecación ou exestión. A célula expulsa ao exterior as moléculas que non lle son útiles.


6. Metabolismo. É o conxunto de reaccións que teñen lugar no citoplasma. O seu fin é obter enerxía
para a célula e construír materia orgánica celular propia. O metabolismo divídese en dúas fases:
                                           celular

       a. Anabolismo ou fase de construción na que, utilizando a enerxía bioquímica procedente do
catabolismo e as pequenas moléculas procedentes da dixestión, sintetízanse grandes moléculas
orgánicas.
          Catabolismo
       b. Catabolismo ou fase de destrución, na que a materia orgánica, mediante a respiración
celular, é oxidada no interior das mitocondrias, obténdose enerxía bioquímica.


7. Excreción. A excreción é a expulsión ao exterior, a través da membrana celular, dos produtos de
refugallo do catabolismo. Estes produtos son normalmente o dióxido de carbono , a auga e o
amoníaco.
BIOLOXIA 4º ESO
                                                                              Tema 4. As Funcións da Célula



                                      RELACIÓN CELULAR


      As funcións de relación son as que permiten á célula captar variacións nas condicións
ambientais (estímulos) e elaborar as respostas axeidatas para adaptarse ás novas condicións.
                         elaborar
      As respostas das células aos estímulos poden ser:

a) Enquistamento. Algunhas células, cando as condicións do medio son adversas, forman unha
cuberta moi resistente e pasan a un estado de vida latente ata que as condicións sexan favorables.
Este sistema é levado a cabo por algúns protozoos.


b) Tactismos. Movementos das células fronte aos estímulos. Son positivos cando dirixen a célula cara
ao estímulo e negativos cando a afastan. Lévano a cabo determinadas bacterias.
       Os tactismos prodúcense, principalmente, como resposta a estímulos mecánicos
       (tigmotactismo), luminosos (fototactismo), térmicos ou químicos.


c) Movemento ameboideo. Formación de prolongacións do citoplasma ou pseudópodos, cos que a
célula desprázase e captura alimento. É típico das amebas e dos glóbulos brancos.


d) Movemento contráctil. Se presenta en células que se contraen nunha dirección fixa, grazas a
estructuras intracelulares ou miofibrillas, como as células musculares.


e) Movemento vibratil. Movemento das células que teñen cilios ou flaxelos, como os
espermatozoides ou algúns protozoos.




Videos Relacionados:

   •   “A Fotosínteses” :
                            http://www.youtube.com/watch?v=-SMfPs1hUZg

   •   “Movemento ameboideo”:

                            http://www.youtube.com/watch?v=iRQTY_9Yekc

   •   “Movemento contráctil”:

                            http://www.youtube.com/watch?v=2-Due2YyxAA

   •   “Movemento vibrátil” :

                                 http://www.youtube.com/watch?v=BDwpNiczHa0

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (18)

Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
Nutrición animais
Nutrición animaisNutrición animais
Nutrición animais
 
Como son as nosas laura
Como son as nosas lauraComo son as nosas laura
Como son as nosas laura
 
A organización e estrutura dos seres vivos
A organización e estrutura dos seres vivosA organización e estrutura dos seres vivos
A organización e estrutura dos seres vivos
 
Tema 1. A CéLula
Tema 1. A CéLulaTema 1. A CéLula
Tema 1. A CéLula
 
Os sere vivos
Os sere vivos Os sere vivos
Os sere vivos
 
Os procariotas
Os procariotasOs procariotas
Os procariotas
 
Célula
CélulaCélula
Célula
 
A Célula
A CélulaA Célula
A Célula
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
TEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESOTEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESO
 
Organización dos seres vivos II: A Célula.
Organización dos seres vivos II: A Célula.Organización dos seres vivos II: A Célula.
Organización dos seres vivos II: A Célula.
 
A celula eucariota
A celula eucariotaA celula eucariota
A celula eucariota
 
Osserevivos 140220115755-phpapp02
Osserevivos 140220115755-phpapp02Osserevivos 140220115755-phpapp02
Osserevivos 140220115755-phpapp02
 
As principais funcións das células
As principais funcións das célulasAs principais funcións das células
As principais funcións das células
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 

Ähnlich wie Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso

Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célulairenetraba
 
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíaTema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíacolegiominmaculada
 
Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celulamontx189
 
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosTema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosmartamosquera
 
Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaLOPEZMOURENZA
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaLOPEZMOURENZA
 
A organización do corpo humano
A organización do corpo humanoA organización do corpo humano
A organización do corpo humanoirenetraba
 
Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009juanapardo
 

Ähnlich wie Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso (20)

Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célula
 
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíaTema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 
A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie
 
Mantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casaresMantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casares
 
1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso
 
A biosfera
A biosferaA biosfera
A biosfera
 
Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula
 
Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 
Célula4º
Célula4ºCélula4º
Célula4º
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosTema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
 
Organización celular
Organización celularOrganización celular
Organización celular
 
Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primaria
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimaria
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
A organización do corpo humano
A organización do corpo humanoA organización do corpo humano
A organización do corpo humano
 
Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009
 
Citoplasma
CitoplasmaCitoplasma
Citoplasma
 

Mehr von montx189

Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213montx189
 
Tema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretorTema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretormontx189
 
Boletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicaBoletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicamontx189
 
Tema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terraTema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terramontx189
 
Formulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosFormulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosmontx189
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratoriomontx189
 
Leyes gases
Leyes gasesLeyes gases
Leyes gasesmontx189
 
Fisica blog2
Fisica blog2Fisica blog2
Fisica blog2montx189
 
Fisica blog
Fisica blogFisica blog
Fisica blogmontx189
 
Blog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesBlog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesmontx189
 
Blog ruffini
Blog ruffiniBlog ruffini
Blog ruffinimontx189
 
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13montx189
 
Preguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terraPreguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terramontx189
 
Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13montx189
 
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)montx189
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasmontx189
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanomontx189
 
Opera y simplifica
Opera y simplificaOpera y simplifica
Opera y simplificamontx189
 
Boletin i mat4eso radicales y logaritmos 2012-13
Boletin  i  mat4eso radicales y logaritmos 2012-13Boletin  i  mat4eso radicales y logaritmos 2012-13
Boletin i mat4eso radicales y logaritmos 2012-13montx189
 

Mehr von montx189 (20)

Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213
 
Tema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretorTema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretor
 
Boletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicaBoletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamica
 
Fuerzas
FuerzasFuerzas
Fuerzas
 
Tema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terraTema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terra
 
Formulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosFormulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicos
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
 
Leyes gases
Leyes gasesLeyes gases
Leyes gases
 
Fisica blog2
Fisica blog2Fisica blog2
Fisica blog2
 
Fisica blog
Fisica blogFisica blog
Fisica blog
 
Blog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesBlog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 moviles
 
Blog ruffini
Blog ruffiniBlog ruffini
Blog ruffini
 
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
 
Preguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terraPreguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terra
 
Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13
 
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
 
Opera y simplifica
Opera y simplificaOpera y simplifica
Opera y simplifica
 
Boletin i mat4eso radicales y logaritmos 2012-13
Boletin  i  mat4eso radicales y logaritmos 2012-13Boletin  i  mat4eso radicales y logaritmos 2012-13
Boletin i mat4eso radicales y logaritmos 2012-13
 

Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso

  • 1. BIOLOXIA 4º ESO Tema 4. As Funcións da Célula Apuntes complementarios Tema 4 BX-4º ESO. Funcións da Célula NUTRICIÓN CELULAR A nutrición celular comprende o conxunto de procesos mediante os cales as células intercambian materia e enerxía co seu medio. As partículas sólidas que ingresaron na célula por endocitosis están formadas por moléculas cuxos átomos están unidos entre si por enlaces químicos. As moléculas e os átomos constitúen a materia en enlaces químicos. Nestes queda retida a enerxía. Para que a materia e a enerxía poidan ser aproveitadas pola célula, é necesario que esta rompa as moléculas de menor tamaño. Este proceso chámase dixestión, e prodúcese por acción das encimas contidas nos lisosomas. As partes útiles da partícula pasan ao citoplasma e incorpóranse a el (asimilación). As partes que non son útiles son eliminadas fóra da célula (exestión). As sustancias asimiladas teñen distintos fins: a materia úsase para elaborar outras moléculas, para repor partes destruídas da estrutura celular e para liberar enerxía; este último proceso denomínase respiración celular. Aínda que alimentación e nutrición utilízanse frecuentemente como sinónimos, son termos diferentes xa que: • A nutrición fai referencia aos nutrientes que compón os alimentos e comprende un conxunto de fenómenos involuntarios que suceden tras a inxestión dos alimentos, é dicir, a dixestión, a absorción ou paso ao sangue desde o tubo dixestivo dos seus compoñentes ou nutrientes, o seu metabolismo ou transformacións químicas nas células e excreción ou eliminación do organismo. • A alimentación comprende un conxunto de actos voluntarios e conscientes que van dirixidos á elección, preparación e inxestión dos alimentos, fenómenos moi relacionados co medio sociocultural e económico (medio ambiente) e determinan polo menos en gran parte, os hábitos dietéticos e estilos de vida. NUTRICIÓN AUTÓTROFA. Célula Vexetal. .As células que teñen nutrición autótrofa fabrican materia orgánica propia a partir de materia inorgánica sinxela. Para realizar esta transformación, as células de nutrición autótrofa obteñen enerxía da luz procedente do Sol. O termo autótrofo procede do grego e significa "que se alimenta en por si". Os seres autótrofos son unha parte esencial na cadea alimenticia, xa que absorben a enerxía solar ou fontes inorgánicas como o dióxido de carbono e convértenas en moléculas orgánicas que son utilizadas para desenvolver funcións biolóxicas como o seu propio crecemento celular e a doutros seres vivos chamados heterótrofos que os utilizan como alimento
  • 2. BIOLOXIA 4º ESO Tema 4. As Funcións da Célula A nutrición autótrofa comprende tres fases: o paso de membrana, o metabolismo e a excreción. 1. Paso de membrana. É o proceso no cal as moléculas inorgánicas sinxelas, auga, sales e dióxido de carbono, atravesan a membrana celular por absorción directa, sen gasto de enerxía por parte da célula. 2. Metabolismo. É o conxunto de reaccións químicas que teñen lugar no citoplasma celular, e cuxos resultados son a obtención de enerxía bioquímica utilizable pola célula, a fabricación pola célula e a fabricación de materia celular propia. O metabolismo presenta tres fases: A fotosínteses, o anabolismo e o catabolismo. a) A fotosínteses, que é o proceso no que se elabora materia orgánica, como os azucres, a partir de materia inorgánica, como a auga, dióxido de carbono e sales minerais. Para realizar esta reacción química requírese a enerxía bioquímica que a clorofila produce a partir da enerxía solar. A fotosínteses ten lugar nos cloroplastos das células vexetais, e a súa reacción xeral é: luz solar + CO2 + H2O + sales minerais ----------> materia orgánica + O2 ----------> A fotosínteses presenta unha fase luminosa, na que a enerxía procedente do Sol é transformada en enerxía bioquímica, e unha fase escura, na que, utilizando esta enerxía bioquímica, obtéñense azucres. Ademais das células vexetais, certas bacterias e algas son capaces de realizar a fotosínteses. b) O anabolismo ou fase de construción, na que, utilizando a enerxía bioquímica procedente da fotosínteses e do catabolismo, sintetízanse grandes moléculas ricas en enerxía. c) O catabolismo ou fase de destrución, na que, mediante a respiración celular que ten lugar nas mitocondrias, a materia orgánica é oxidada, obténdose enerxía bioquímica. 3.- Excreción. É a eliminación, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo procedentes do metabolismo. NUTRICIÓN HETERÓTROFA. Célula Animal. A nutrición heterótrofa realízase cando a célula vai consumindo materia orgánica xa formada. Neste tipo de nutrición non hai, pois, transformación de materia inorgánica en materia orgánica. Con todo, a nutrición heterótrofa permite a transformación dos alimentos en materia celular propia. Posúen este tipo de nutrición algunhas bacterias, os protozoos, os fungos e os animais. . Os seres heterótrofos, dependen dos autótrofos xa que aproveitan a súa enerxía e a da materia que conteñen para fabricar moléculas orgánicas complexas. Os heterótrofos obteñen a enerxía rompendo as moléculas dos seres autótrofos que comeron.
  • 3. BIOLOXIA 4º ESO Tema 4. As Funcións da Célula . O proceso de nutrición heterótrofa dunha célula pódese dividir en sete etapas: Captura Captura – Inxestión – Dixestión - Paso de membrana – Defecación – Metabolismo – Excreción 1. Captura. A célula atrae as partículas alimenticias creando bulebules mediante as súas cilios ou flaxelos, ou emitindo seudópodos, que engloban o alimento. Inxestión 2. Inxestión. A célula introduce o alimento nunha vacuola alimenticia ou fagosoma. Algunhas células ciliadas, como os paramecios, teñen unha especie de boca, chamada citostoma, pola que fagocitan o alimento. 3. Dixestión. Os lisosomas vertes as súas encimas dixestivas no fagosoma, que así se transformará en vacuola dixestiva. Os encimas descompón os alimentos nas pequenas moléculas que as forman. 4. Paso de membrana. As pequenas moléculas liberadas na dixestión atravesan a membrana da vacuola e difúndense polo citoplasma. 5. Defecación ou exestión. A célula expulsa ao exterior as moléculas que non lle son útiles. 6. Metabolismo. É o conxunto de reaccións que teñen lugar no citoplasma. O seu fin é obter enerxía para a célula e construír materia orgánica celular propia. O metabolismo divídese en dúas fases: celular a. Anabolismo ou fase de construción na que, utilizando a enerxía bioquímica procedente do catabolismo e as pequenas moléculas procedentes da dixestión, sintetízanse grandes moléculas orgánicas. Catabolismo b. Catabolismo ou fase de destrución, na que a materia orgánica, mediante a respiración celular, é oxidada no interior das mitocondrias, obténdose enerxía bioquímica. 7. Excreción. A excreción é a expulsión ao exterior, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo do catabolismo. Estes produtos son normalmente o dióxido de carbono , a auga e o amoníaco.
  • 4. BIOLOXIA 4º ESO Tema 4. As Funcións da Célula RELACIÓN CELULAR As funcións de relación son as que permiten á célula captar variacións nas condicións ambientais (estímulos) e elaborar as respostas axeidatas para adaptarse ás novas condicións. elaborar As respostas das células aos estímulos poden ser: a) Enquistamento. Algunhas células, cando as condicións do medio son adversas, forman unha cuberta moi resistente e pasan a un estado de vida latente ata que as condicións sexan favorables. Este sistema é levado a cabo por algúns protozoos. b) Tactismos. Movementos das células fronte aos estímulos. Son positivos cando dirixen a célula cara ao estímulo e negativos cando a afastan. Lévano a cabo determinadas bacterias. Os tactismos prodúcense, principalmente, como resposta a estímulos mecánicos (tigmotactismo), luminosos (fototactismo), térmicos ou químicos. c) Movemento ameboideo. Formación de prolongacións do citoplasma ou pseudópodos, cos que a célula desprázase e captura alimento. É típico das amebas e dos glóbulos brancos. d) Movemento contráctil. Se presenta en células que se contraen nunha dirección fixa, grazas a estructuras intracelulares ou miofibrillas, como as células musculares. e) Movemento vibratil. Movemento das células que teñen cilios ou flaxelos, como os espermatozoides ou algúns protozoos. Videos Relacionados: • “A Fotosínteses” : http://www.youtube.com/watch?v=-SMfPs1hUZg • “Movemento ameboideo”: http://www.youtube.com/watch?v=iRQTY_9Yekc • “Movemento contráctil”: http://www.youtube.com/watch?v=2-Due2YyxAA • “Movemento vibrátil” : http://www.youtube.com/watch?v=BDwpNiczHa0