IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
Río Miño
1.
2. O MIÑO é o río máis longo e máis importante de Galiza.
Percorre o seu territorio de Nordeste a Suroeste recollendo
auga de milleiros de afluentes.
Val do Miño desde a serra do Faro
3. Superficie da cunca: 17,026 km2
A maior parte en Galiza
E o resto en Portugal e
Castela-León (Sil)
4. Perfil do Miño
Desde o seu nacemento o Miño salva un desnivel de 695 m
LONXITUDE: 307,5 km
Co Sil: 20 km máis
6. RÉXIME
Pluvial, con augas altas en inverno e moderado estiaxe
durante o verán.
O Miño en Ombreiro (Lugo)
7. CLIMA
Atlántico, máis húmido e fresco no curso alto e
máis seco e cálido nos cursos medio e baixo.
Vides no Ribeiro.
Prados na Terra Cha
8.
9. MEIRA
NACEMENTO:
Pedregal de Irimia, na serra de Meira, a uns 800 m de altitude.
Lagoa de Fonmiñá
Unha surxencia en rochas calcárias que
incrementa notablemente o caudal do río
Miño, ao pouco do seu nacemento.
O Miño en Meira
Pedregal de Irimia
10. Azúmara
Anllo
O Azúmara en Castro de Rei
O Labrada (Anllo) en Abadín
Nace na serra do Xistral, preto de
Labrada e xúntase co Miño en Castro de
Rei. Cando entra no concello de
Cospeito divídese en dous brazos, un
que, co nome de río Guisande, vai á
lagoa de Cospeito e segue ata
desembocar no Támoga, e outro que
segue cara ao Miño.
Nace na serra do Mirador, nas
proximidades de Castro (Pol) e, despois
de 25 km, desemboca no Miño na
parroquia de Orexe (Bazar).
11. O Miño na Terra Cha
Lea
O Lea en Duarría
Ven do monte de Fitoiro nas
proximidades de Laga (Suego-Pol).
Percorre terras nos concellos de Pol e
Castro de Rei e verte no Miño en
Beloi.
12. RÁBADE
Támoga
O Miño en Rábade
O Támoga en Támoga
Baixa do monte Monseibán, na Serra do
Xistral. Pasa polos concellos de Abadín,
Vilalba, Cospeito e Begonte e
desemboca no Miño nas proximidades
de Cela, facendo de linde entre os
concellos de Outeiro de Rei e Cospeito.
Drena a lagoa de Cospeito. Lagoa de Cospeito
13. Ladra
OUTEIRO DE REI
O Miño en Santa Sabela
O Ladra en Begonte
Fórmase pola confluencia dos ríos
Trimaz e Madalena que nacen na Serra
da Carba. Pasa por terras de Vilalba,
Begonte e Outeiro de Rei. Os principais
afluentes son o Parga e o Labrada.
Desemboca no Miño en Santa Sabela
(Outeiro de Rei).
+información
14. Narla
O Narla en Friol
Recolle as augas dos montes do
Corno de Boi e do Cordal de Ousá.
Percorre 24 km en terreos de Friol e
Outeiro de Rei e xúntase co Miño en
Ombreiro.
O Miño en Ombreiro
O Miño en Outeiro de Rei
16. Ferreira
Chamoso
Neira
O Chamoso no Corgo
O Ferreira en Guntín
O Neira en Láncara
Nace en Sucastro (Augas Santas-Palas
de Rei). Percorre terras dos concellos
de Palas de Rei, Guntín e Portomarín.
Nace nas proximidades de Fontaneira
(Baleira). Ten un percorrido de 56 km e
desemboca no Miño entre os concellos de
O Páramo e O Corgo.
+información
17. PORTOMARÍN
Asma
Loio
O Loio en ParadelaO Asma en Chantada
BELESAR
Nace na vertente luguesa da serra do
Faro e desmboca no canón do Miño, en
Chantada.
Nace na serra do Páramo e xúntase co
miño no encoro de Belesar, en Paradela.
19. O Miño no cabo do Mundo,
entre O Saviñao e Chantada
20. OS PEARES
Búbal Sil
O Miño e o Sil nos PearesO Búbal nos Peares
OS PEARES
É o principal afluente do Miño, o máis
longo (228 km) e o máis caudaloso. Nace
na Cordilleira Cantábrica, ao pé de Peña
Orniz, a 1.980 metros de altitude, na
comarca da Laciana (León) e xúntase co
Miño nos Peares, facendo linde entre as
provincias de Lugo e Ourense.
Baixa da serra
da Martiñá e
bótase no
Miño nos
Peares, entre
Carballedo e
A Peroxa.
+información
22. CASTRELO DE MIÑO
Barbantiño
O Miño en Castrelo do Miño
O Barbantiño entre Punxín e Amoeiro
CASTRELO
Nace en Orbán (Vilamarín-
Ourense). Percorre terreos dos
concellos de Vilamarín, Cea,
Amoeiro e Ourense, e xúntase co
Miño en Barbantes.
23. Vista do Miño desde
o monte de
San Trocado
(O Ribeiro)
Avia
O Avia en Leiro
Nace en Fonte Avia (Serra do Suído).
Percorre os concellos de Avión, Beade,
Boborás, O Carballiño, Cenlle, Leiro e
Ribadavia. Nesta vila únese ao Miño.
+información
24. Arnoia
Cerves
O Arnoia en Allariz
Fervenza de Tourón no Cerves
Nace no Faro de Avión e percorre terras
do concello de Melón salvando un gran
desnivel ata se botar no Miño.
Nace na serra de San Mamede e desemboca
no Miño en Quinteiros (Arnoia). Ten un
percorrido de 87 km e é a cunca máis ampla
da provincia de Ourense.
+información
25. Barxas
Deva
Deva
O Deva entre Cortegada e Pontedeva
O Deva en Arbo
O Barxas na Pontebarxas
A FRIEIRA
O Deva nace na Serra do Laboreiro e
xúntase co Miño facendo línde entre os
concellos de Cortegada e Pontedeva.
Nace na serra do Laboreiro e duranto
case todo o seu percorrido fai fronteira
entre Ourense (Padrenda) e Portugal ata
botarse no Miño en Pontebarxas.
Baixa desde a serra do Faro de Avión
ao Miño e discorre entre este e os
montes de Covelo e A Paradanta en
terras de A Caniza e Arbo.
27. Val do Miño desde o miradoiro da
Nosa Sra. Da Graça (Sa-Portugal).
Ao fondo os montes da Paradanta
e San Nomedio.
MELGAÇO
28. Mouro
ARBO
AS NEVES O Mouro en
Ponte de Mouro
Nace na serra da Peneda e desemboca no
Miño en Pontedemouro.
29. MONÇAO
GadanhaTea
SALVATERRA
O Miño en Salvaterra
O Gadanha en PiñeirosO Tea en Ponteareas
Nace no monte Mancelo (Fraga-Covelo) e,
despois de 50 km desemboca no Miño en
Salvaterra de Miño.
Xúntase co Miño en Troporiz (Monçao).
+información
31. VALENÇA
Louro
TUI
O Miño entre Tui e Valença
O Louro en Tui
O Miño en Tui
O Miño en Valença
Baixa desde o monte da Serra,
en Pazos de Borbén e xúntase co
Miño en Tui. Atravesa as
gándaras de Budiño.
33. VILANOVA DA CERVEIRA
Tamuxe
GOIÁN
O Tamuxe
en Loureza
O Miño en Vilanova da Cerveira
O Miño en Vilanova da Cerveira
O Miño en Goián
Nace en San Pedro de Burgueira (Oia) e
despois de percorrer 14 km en terras de
Oia e O Rosal desemboca en Tabagón.
37. CAMINHA
Coura
A GUARDA
DESEMBOCADURA: Océano Atlántico
Praia do Muíño en Camposancos
O Coura en Vilardemouros
Nace na serra da Boalhosa e, despois de 50
km desemboca en Caminha.
38. O Tegra e a desembocadura do Miño desde Camiña.
O Miño desemboca no Atlántico formando un esteiro de 8 km de
lonxitude e entre 0,5 e 1,8 km de anchura. Aséntase nunha antiga falla
flanqueada por bloques graníticos. É pouco profundo e con escasa
pendente. O influxo das mareas chega ata Tui, 30 km río arriba.
39. XEOLOXÍA
Na cunca do Miño atopamos terras chairas, canóns e fervenzas (sobre
todo nos numerosos afluentes). A primeira parte do curso discorre
pola Terra Cha e a partir de Lugo encáixase en diferentes tramos.
As rochas son moi
variadas. Na
primeira parte do
curso xistos, lousas,
cuarcitas… e no
resto granitos.
O Miño na Fervenza, entre Lugo e O Corgo. Ata este lugar o Miño é un
río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no remate da Terra Cha,
inicia un rápido descenso e escava o profundo val que chega ata pasados
Os Peares.
41. Pedregal de Irimia, na Serra de
Meira. Formado por coadas de
bloques e derrubes de cuarcitas
de orixe periglaciar que se
produciron durante os ciclos de
xeo-desxeo da última glaciación
do Cuaternario (hai entre18.000 e
13.000 anos).
43. Tourón, no río Cerves
Augas Caídas
no rego de Marce
FERVENZAS: Augas Caídas (rego de Marce), Búbal, Erbedeiro,
Canón Mao, Casteligo, Xares, Cenza, Arcos, San Lázaro, Río
Cerves, Barbantiño…
45. LAGOAS: Fonmiñá, Cospeito, Caque, Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune,
Santa Cristina, Seixas, Fabás, Codesido, Caldelas de Tui…
Fonmiñá Caldelas de Tui
Cospeito
46. ILLAS: Cela, Santa Comba, Seivane, Boeira, Fillaboa, Canosa…
Seivane
Fillaboa
Cela
A Ínsua, fronte á desembocadura do Miño
47. Vista, desde o monte Tegra, do esteiro do Miño á altura da unión co Tamuxe. Os sedimentos
do esteiro formaron varias illas e bancos de area que afloran na marea baixa (Ariños). En
primeiro termo aparece a illa Canosa, detrás as do Grilo, Bimbias e Varandas. Máis a fóra o
illote areoso Morraxeira de Seixas.
48. Illas Boega e dos Amores vistas desde o mirador do Cervo (Portugal).
49. ESTEIRO do Miño: a acción oposta das correntes fluviais e
mariñas forma as frechas de Camposancos e Caminha
50. Termas de Ourense (A Chabasqueira)
Termas do Prexegueiro no río Cerves
SURXENCIAS TERMAIS:
Lugo, Ourense, Monçao,
Caldelas de Tui (Miño), Baños
de Molgas (Arnoia), Río
Cerves.
Balneario de Monçao
51. FLORA
En xeral consérvanse bosques de ribeira en todo o percorrido e
vexetación palustre nas áreas de inundación, brañas e lameiros.
O Miño en Salvaterra
52. Nos bosques de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sanguiños... e
nas súas augas ou nas beiras oucas, Myriophilium, ranúnculos, xuncos,
molinia, bricios, pe de boi, espadainas, ambroíño enano, espigas de auga,
oucas, xuncos, reina...
En varias illas do Miño atópanse variedades de fentos únicas en Galicia:
Equisetum hyemale, Equisetum palustre, Ophioglosum lusitanicum...
AmieiraFreixo
57. Nos esteiros e marismas hai grandes
superficies cubertas de carrizos,
antelas, canabazas, e xuncos. Ademais
podemos atopar eleocaris, platanaria,
verdoaga marítima, herba coral, estrela
das xunqueiras, sosa... Nas praias da
marxe portuguesa hai unha poboación
de camariña.
Os areais e as dunas da desembocadura
están poboados por feo, xunco
marítimo, arenaria, leiteira, alhelí
mariño, honquenia, carrasca de San
Xoan, colexas, herba de namorar,
grama mariña, cardo mariño, rabo de
lebre... e as dunas fixadas por bosques
de piñeiros.
Xunco (Juncus effussus). Cobre grandes
extensións dos lameiros do esteiro.
58. FAUNA
MAMÍFEROS: lontra,
aguaneiros…
AVES: lavancos, garzas,
galiñas de auga,
galiñolas negras,
mergullón pequeno... Lontra (Lutra lutra)
Lavancos
Garza real
(Ardea cinerea)
Piro curlibico (Calidris alpina).
Vese nos pasos migratorios no
esteiro.
59. RÉPTILES: sapoconcho,
cobra de auga…
ANFIBIOS: saramaganta galega,
ra verde, ra patilonga, ra
vermella, pintafontes, estroza,
salamántica…
Ra verde Ra vermella
Cobra sapeira
60. PEIXES: salmón, lamprea, troita,
espiñento, anguía, escalo, boga
de río…
A lamprea (Petromyzon marinus) nace nos
ríos, baixa ao mar, onde permanece varios
anos alimentándose de sangue dos peixes e
logo volve a subir aos ríos para desovar e
morrer. Na subida e cando se pesca.
A anguía (Anguilla anguilla) vive nos
ríos e vai desovar ao mar. As larvas
arrastradas polas correntes chegan de
novo ás bocas dos ríos en forma de
meixóns.
61. INSECTOS: cabalos do demo, libeliñas, chinches de auga,
escorpións de auga, ditiscos, efímeras. Mosquitos...
Libeliña e ninfas de distintos tipos de libeliñas.
MOLUSCOS: mexillón,
caracois e lapa de río…
Mexillón de río Lapas de río
62. ESPAZOS PROTEXIDOS
●
RESERVAS DA BIOSFERA: Terras
do Miño e Terras de Allariz.
●
PARQUES NACIONAIS:
Invernadoiro, Enciña da Lastra,
Peneda-Gerès.
●
LICs: Serra do Xistral, Parga-
Ladra-Támoga, Canóns do Sil, O
Courel, Monte do Faro, Pena
Veidosa, Baixo Miño, Careón, Río
Cabe, Pena Trevinca, Macizo
Central, Bidueiral de
Montederramo, Río Navea, Río Tea,
Gándaras de Budiño (Galiza); Alto
Sil, Ribeiras do Sil e afluentes,
Enciña da Lastra e Ancares
(Castela-León)
●
ZEPAs: Enciña da Lastra, Esteiros
do Miño e Coura.
63. O Baixo Miño é un espazo de alta productividade. O río é rico en lampreas, angulas, reos,
sábalos, vermellas, troitas, escalos, zamborcas...e o esteiro é unha das zonas de Galiza de
maior afluencia de aves acuáticas (hai censadas máis de 70 especies). A maior afluencia
prodúcese nos pasos invernais.
64. APROVEITAMENTO
Desde tempos antigos o Miño foi aproveitado para navegar en pequenos tramos, para
a pesca e, sobre todo, para mover distintos aparellos hidráulicos: muíños, mazos,
batáns… Na actualidade está explotado en numerosos encoros para producir enerxía
eléctrica. Nas súa beiras cultívanse excelentes viños e abrollan fontes termais que se
aproveitan en baños tradicionais e modernos balnearios.
Acea e central hidroeléctrica en Velle (Ourense)
71. O Miño en Arbo, cos
pescos das lampreas.
No Miño consérvanse e seguen a ser usados
os pescos, construcións nas que se fixan as
nasas para a pesca de lampreas.
74. Belesar, no Canón do Miño.
As escarpadas ribeiras do río por terras de Chantada son unha zona produtora de viño grazas
aos socalcos construídos nas ladeiras. A produción de viño dos canóns do Miño e o Sil está
acollida á denominación de orixe “Ribeira Sacra”.
75. TRANSPORTE
Barcas con pousas para os culeiros.
Belesar
Carocho en Goián
Batuxo en
Outeiro de Rei
Antigas barcas de dornas
Batuxo na área de
lecer de Begonte
77. DATOS HISTÓRICOS
O Miño e algúns dos seus afluentes (Sil, Bibei...) foron amplamente
explotados polos romanos para extraer ouro. Quedan restos das
explotacións en Montefurado e Caldesiños.
Montefurado, no río Sil
78. Restos das Termas Romanas de Lugo que se atopan no interior do actual
balneario, ao pé do río Miño. Foron construídas entre os séculos I e II.
Ao longo do Miño consérvase un rico patrimonio arquitectónico
(pontes, termas) etnográfico e industrial (muíños, batáns, mazos,
barcos…).
80. TRADICIÓNS-LENDAS
Desde tempos moi antigos a tradición popular sitúa no Miño
diferentes seres míticos relacionados cos ríos: homes e mulleres
peixe, lavandeiras, feiticeiras, encantos, xacios e xacias.
San Martiño de Braga (século VI) na
súa obra “De correctione rusticorum”
dinos: “Numerosos son os demos que,
expulsados dos ceos, presiden mar, os
ríos, as fontes e os bosques, aos que os
homes ignorantes do Deus verdadeiro
lles fan sacrificios, no mar adoran a
Neptuno, nos ríos as Lamias, nas
fontes as Ninfas...”
81. PROBLEMAS:
Contaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas,
exceso de encoros, especies invasoras, sobrepesca...
Encoro de Belesar en Portomarín. A construción do encoro anegou máis de 300 ha
de cutivos e o antigo Portomarín, que foi reemprazado por un novo asentamento
construído nas proximidades.
82. Bico de coral (Strilda astrid), fuxido da
cautividade, reprodúcese habitualmente
nas beiras do río Miño. Corbicula fluminea, unha ameixa de orixe
asiática que ocupa grandes tramos do río.
ESPECIES INVASORAS
83. Mimosa. Unha árbore orixinaria de
Australia que invadeu as beiras do
Miño e moitos dos seus afluentes.
Egeria densa
Dúas plantas invasoras procedentes dos
acuarios.
Egeria densa
Fento mosquito (Azolla)