SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 89
Unha escolma con
algunhas das
árbores máis
comúns nos
parques e xardíns
galegos.
(P): Incluída no Catálogo de
Árbores Senlleiras da Xunta de
Galiza.
ALCANFOREIRO
(Cinnamomum camphora)
Son árbores da familia das lauráceas
nativos de Extremo Oriente. Son de
follas persistentes que desprenden
un olos característico.
Pazo de Rubiáns
(Vilagarcía de Arousa)
-19 m de altura e 4,19 m
de perímetro. (P)
ARCES
Son árbores da familia das aceráceas, de follas opostas
e lobuladas e cos foitos con ás (sámaras dobles). Son
árbores moi valoradas para os parques e xardíns, en
especial polas vivas cores das súas follas no outono.
Arce americano (Acer negundo). Ramo con froitos.
Orixinario de América do Norte. Coas follas
opostas e compostas.
Acer palmatum. Nos parques e xardíns atópanse moitas variedades de
arces coas follas simples e palmeadas de fermosas cores no outono.
Arce real (Acer
platanoides). Parque de
Castrelos (Vigo). Mide 34 m
de altura.
BUXO (Buxus sempervirens)
Arbusto ou árbore da familia das buxáceas que pode acadar os 5 m de altura
coa copa baixa e densa. As follas son persistentes, simples, opostas, de
forma elíptica ou ovada, de ata 15 mm de lonxitude, de cor verde escura e
coirentas, e co peciolo curto. As flores nacen en distinto pé e son moi
pequenas. Os froitos son cápsulas pequenas e duras que se abren en tres
partes.
É unha especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia,
cultivada desde moi antigo para formar sebes e abeirar paseos. É habitual
formar sebes artísticas e labirintos.
Buxos do Pazo de Santa Cruz de
Ribadulla (Vedra-A Coruña). Son
os máis vellos de Galiza.
Atópanse formando paseos e
algúns en estado silvestre. Os
máis grande miden 8 m de altura
e teñen arredor de douscentos
anos. (P)
O buxo atópase naturalizado
em Galiza, sobre todo nas
serras orientais, onde
algúns autores opinan que é
espontánea.
A súa madeira é moi
apreciada para torneado e
emprégase para
instrumentos musicais,
sobre todo para gaitas.
En moitos casos chámaselle
erroneamente mirto.
Tarde de húmidos azuis.
Neste abril de aire de árbores,
un vello xardín pacego
-entre verdes de buxos
verdes, de loureiros,
de tilos-
e un rumor de augas
por caneiros e fontes
apaga tódalas voces.
Luis Rei Núñez
“Oca. A Ronda Invisible”.
Buxos do Pazo de Oca (A Estrada-Pontevedra).
Os máis grandes miden 13 m de altura. (P)
Buxeda do Mosteiro de San Lourenzo
(Santiago de Compostela)
(P)
Buxos na illa de San Simón. (P)
CAMELIAS
Árbores da familia das teáceas, orixinarias
do Xapón e Corea, das que se coñecen máis
de 3.000 variedades cultivadas.
É a árbore de xardín máis representativa de
Galiza, onde é moi abundante, sobre todo
nas Rías Baixas.
O cultivo de camelias ten unha gran tradición
desde finais do século XVIII e comezos do
XIX, ligada sobre todo aos xardíns dos
pazos.
Cultívanse sobre todo tres especies Camellia
japonica, C. reticulata e C. sasanqua.
Camelia xapónica “Matusalén” do Pazo de Castrelos (Vigo). Plantada en 1860. Mide 7,50
m de altura, 3,75 m de perímetro e unha copa de case 16 m de diámetro. (P)
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Ten arredor
de 150 anos e mide máis de 32 m de altura e 4
m de perímetro. (P)
Xardín de Padrón. Mide 26 m de
altura e foi plantado na segunda
metade do século XIX. (P)
CARBALLO
(Quercus robur “fastiguiata”)
É unha variedade que se caracteriza
polas ponlas erguidas.
CARBALLO
AMERICANO
(Quercus rubra)
Árbore da familia das fagáceas
que pode medir ata 25 m de
altura, co toro dereito e forte e
tona de cor gris prateada crara e
con estrías. Os froitos (landras)
tardan dous anos en completar o
seu desenvolvemento.
As follas son simples, de 10 a 25
cm de lonxitude, ovais, lobuladas
e dentadas. Son caedizas e
coloréanse vivamente no outono.
É orixinaria do leste de América
do Norte.
Carballo americano. O Castro (Vigo).
CARPE (Carpinus betulus)
Árbore da familia das betuláceas
que pode acadar os 30 m de
altura. É orixinaria de Europa e
do suroeste de Asia. En Galiza
non é moi común.
As follas son caedizas, simples, de forma
ovada coa beira doblemente dentada e no
outono adquiren unha cor amarela moi
viva.
Os froitos son aquenios rodeados dunha
brácteas trilobuladas
Carpes do Pazo de Castrelos (Vigo).
Miden de 23 a 30 m de altura.
CASTIÑEIRO
DAS INDIAS
(Aesculus hippocastanum)
Árbore da familia das
hipocastanáceas, orixinaria dos
Balcáns coa copa abombada e
densa, que pode acadar os 30 m de
altura. A tona é de cor parda
escura con fisuras.
As follas son caedizas compostas-
palmeadas, moi grandes, formadas
por 5-7 foliolos ovovados,
rematados en punta e coa beira
serrada.
As flores son hermafroditas, de cor
branca ou rosada, agrupadas
nunha panícula vertical. Florece en
abril.
É unha árbore empregada desde antigo
como ornamental e moi popular en Galiza.
Castiñeiro de Indias do xardín de Padrón. Mide
arredor de 29 m de altura. (P)
Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo.
Freixo florido do Pazo Mariñán.
(Bergondo). Mide 13 m de altura.
FREIXO
FLORIDO
(Fraxinus ornus)
Ten as flores moi vistosas,
hermafroditas, de cor branca
agrupadas en grandes acios
terminais.
LIQUIDAMBAR
(Liquidambar styraciflua)
Árbore de orixe americana, da
familia das hammaelidáceas que
pode acadar 40 m de altura. A tona
nas ponlas medra en forma de
costelas de cortiza. As follas son
palmeadas e no outono adquiren
unha coración moi viva que vai do
púrpura ao amarelo.
Liquidámbar no pazo de
Torrecedeira (Redondela), os
máis grandes de Galiza (acadan
35 m de altura). (P)
MAGNOLIAS
Árbores ou arbustos da familia da
magnoliáceas orixinarios de Asia,
América, As Antillas e Filipinas con
folla persistente ou caediza e flores
grandes e chamativas. Son especies
moi primitivas o que se aprecia na súa
estrutura floral, pola disposición e o
grande número dos órganos de
reprodución das flores.
En Galiza son moi abundantes nos xardíns
dos pazos e cidades e cultívanse diversas
variedades. As máis comúns son a M.
grandiflora e a M. soulangeana. Tamén
aparecen puntualmente a M. acuminata (a
máis destacada atópase no Xardín das
Angustias de Ferrol) e M. Campbelli (pazo de
Santa Cruz de Rivadulla).
MAGNOLIA (Magnolia grandiflora)
Árbore de copa cónica e ampla que
pode acadar os 25 m de altura, co toro
dereito e robusto e a tona gris, fendida
en pequenas placas.
É orixinaria dos montes de California
As follas son persistentes, simples de forma
lanceolada coa beira enteira, de ata 25 cm
de lonxitude e 10 cm de ancho. Son duras,
lisas e brillantes polo dereito e castañas e
peludas polo envés.
As flores son simples e completas, moi
grandes (ata 25 cm de diámetro), formadas por
3 sépalos verdes, 6-12 pétalos brancos e
carnosos e numerosos estames de cor
púrpura dispostos en espiral e tamén
numerosos ovarios.
Os froitos agrúpanse nunha estrutura
semellante a unha piña de cor vermella, de 10
cm de lonxitude que cando abre deixa ver as
sementes ovais, negras e brillantes, colgadas
de pequenos rabiños vermellos.
Magnolia grandiflora de Santa Rita.
(Narón-A Coruña).
É a máis vella das que se coñecen en
Galiza. Ten máis de douscentos
anos, mide 14 m de altura e 6 m de
perímetro. (P)
Magnolia grandiflora do Pazo de Rubiáns
(Vilagarcía-Pontevedra). Neste pazo hai
dúas magnolias de 19 m de altura con
máis de 160 anos. (P)
Magnolia grandiflora do Pazo Serantellos
(Cambados-Pontevedra). Ten arredor de 150 anos
e mide 15 m de altura e 4 m perímetro.
MAGNOLIA SOULANXEANA
Magnolia de folla caediza que non
acada tanto tamaño e florece
profusamente antes de botar as follas
a finais do inverno e comezos da
primavera.
As flores son brancas por dentro e de cor rosa
craro a rosa púrpura por fóra.
Pazo de Gandarón. Carballeira. (Pontevedra). Foi plantada a
finais do século XIX e ten arredor de 16 m de altura.
METROSIDERO
(Metrosideros excelsa)
Árbore orixinario de Nova
Celandia, raro en Galiza. Destaca
polas raíces aéreas que colgan
dos seus talos.
Metrosidero do Patio da Policía Municipal
(A Coruña). Ten máis de cen anos e mide 18,50 m
de altura e 6,38 m de perímetro. (P)
Metrosidero do xardín da Torre de
Andrade. (Pontedeume). Ten 22 m
de altura e 5 m de perímetro. (P)
MIRTA
(Myrtus conmunis)
Arbusto de orixe
mediterránea da
familia das mirtáceas,
que pode acadar 5 m
de altura.
É moi raro en Galiza e
atópase naturalizado
nalgúns bosques e
cultivado nos xardíns.
Crara noite,
piano entre magnolias,
voz de mirto ou de oboe.
Luis Pimentel
“Sombra do aire na herba”
Mirtos do Pazo de Mariñán (Bergondo). Os máis antigos (máis de 150 anos)
e de maior tamaño.
-4,9 e 5,7 m de altura e 1,3 m de perímetro. (P)
MOREIRAS
Árbores caducifolias
nativas das rexións cálidas
e temperadas de Asia,
África e Norteamérica.
Medran rapidamente cando
son novas, pero logo
raramente pasan dos 15 m
de altura.
Teñen un froito múltiple
(mora). As follas
empréganse como alimento
das eirugas da seda.
En Galiza son comúns nos
xardíns.
MOREIRA NEGRA (Morus nigra)
Cangas de Foz (Foz)
- Mide arredor de 4 m de perímetro. (P)
OMBÚ
(Phytolaca dioica)
Árbore da familia das
fitolacáceas de orixe
sudamericana que destaca
pola estrutura do seu toro,
ancho na base e que forma
ocos e ramificacións.
Xeralmente a folla é persistente
pero en Galiza, polo clima,
compórtase como caediza.
Os máis grandes atópanse en
Oleiros, Pazo de santa Cruz de
Ribadulla, Casa-museo de Rosalía
de Castro (Padrón) e xardíns
Méndez Núñez (A Coruña).
Ombú do Pazo de Santa Cruz de
Ribadulla. Mide 11,5 m de altura. (P)
Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz. (Oleiros-A Coruña). Ten 13 m de altura e
un toro formado por varios brazos cun perímetro en conxunto de 15 m. (P)
PLÁTANO DE
SOMBRA
(Platanus x hispanica)
Árbore da familia das platanáceas, de
copa ampla e alta que pode acadar os
50 m de altura co toro dereito e forte,
coa tona de cor verde-gris que se
desprende en placas que deixan
manchas de cor amarela crara.
É un híbrido entre o platano occidental,
orixinario do leste de Norteamérica e o
oriental, orixinario do surleste de
Europa. Medra rapidamente e soporta
moi ben os ambientes das cidades e a
contaminación.
É unha das árbores máis comúns nos
parques, á beira das estradas e rúas. En
Galiza atópanse numerosos exemplares
monumentais.
Alongos (Toén)
As follas son caedizas, simples e alternas
e poden superar os 20 cm de lonxitude.
Son de cor verde brillante polo dereito e
máis claras e con borra polo revés.
As flores femininas e os froitos nacen en
agrupacións esféricas que aparecen en
ramiños.
Plátanos do Pazo de Castrelos. Os máis
grandes miden 46, 45 e 38 m de altura e
máis de 5 m de perímetro.
Plátanos do Pazo Mariñán (Bergondo. A
Coruña). Foron plantados a finais do
século XIX. Algúns exemplares acadan 50
m de altura e case 6 m de perímetro. (P)
Plátanos da praza de Azcárraga (A Coruña).
Plátanos do Pazo de Dompiñor
(O Incio-Lugo). O máis grande mide 46 m
de altura. (P)
RODODENDRO
(Rododendron arboreum)
Arbusto ou árbore que pode
acadar 15 m de altura coas
follas persistentes simples,
alternas e de forma
lanceolada coa beira enteira.
Atópase cultivado en gran
cantidade de parques e
xardíns.
Rododendro do Pazo de Castrelos
Rododendro do pazo de Serantellos
(Cambados-Pontevedra). Dous
exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura e
aproximadamente 150 anos.
As flores dos rododendros son
hermafroditas, coa corola acampanada
e agrupadas en ramiños. As cores
varían de branca a encarnada, rosa ou
púrpura.
SÓFORA DO
XAPÓN
(Sophora japonica)
Árbore da familia das
leguminosas orixinaria da
China. Ten as follas
compostas e froitos
formados por legumes
carnosas.
Sóforas dos Xardíns do Posío (Ourense). Teñen máis
de 100 anos. A máis grande mide 20 m de altura e
máis de 3 m de perímetro.
Sófora da variedade “pendula” do Pazo
de Lourizán (Pontevedra). (P)
TILEIRAS
Árbores da familia da tiliáceas de
copa ampla, abombada e mesta que
pode acadar os 30 m de altura.
Prixinarias do Sureste de Europa e
Asia Menor.
As máis comúns son a tilleira de
folla grande (Tilia platyphyllos) e a
tilleira prateada (Tilia tomentosas)
Follas de Tilia platyphyllos.
Flores de Tilia tomentosa.
O rabo floral leva unha bráctea laminar
típica de forma oval-alongada que se
separa do mesmo na metade.
Desprenden un olor característico.
Tileiras (Tilia platyphyllos) do Pazo de Oca.
(A Estrada-Pontevedra). Arredor de 50
exemplares de máis de 100 anos e ata 30 m
de altura, dispostos en dúas fileiras. (P)
Tileiras prateadas (Tilia tomentosa) do mosteiro
de Oseira (San Cristovo de Cea-Ourense). Cinco
exemplares, o máis grande de ata 26 m de
altura. Foron plantados hai uns 70 anos. (P)
TULIPEIRO DE
VIRXINIA
(Liriodendron tulipefera).
É unha árbore da familia das
magnoliáceas con vistosas flores
e que no outono adquire unha
fermosa cor amarela.
Tulipeiro de Virxinia. Parque de Castrelos (Vigo).
Mide 28 m de altura e case 6 m de perímetro. (P)
GINKGO
(Ginkgo biloba)
Árbore ximnosperma da
familia das ginkgoaceas coa
copa irregular, delgada e
estreita, que pode acadar os
30 metros de altura. O toro é
dereito pouco ramificado, coa
tona de cor gris-castaña
crara con sucos e fendas.
É unha especie dioica. As flores
masculinas son amentos cilíndricos
de cor amarela, as femininas son de
forma esférica, pequenas e de cor
verde, sen pétalos e formadas por
dous primordios seminais. Saen en
grupos de 2-3.
As follas son caedizas, simples, de ata
10 cm de lonxitude, con forma de
abano.
A semente está rodeada dunha
envoltura carnosa que ao madurar é
de cor amarela e de olor desagradable.
O ginkgo e orixinario da China e consídérase un fósil vivo por ser o único representante actual de
especies do Xurásico. Moi valorado en xardinería pola vistosa cor amarela das súas follas en outono.
Ginkgos do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.
Ginkgos do Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela.
Miden 26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos. (P)
ABETOS
Co nome de abetos coñécense varias árbores de aspecto semellante -típico
porte piramidal- que se distinguen pola posición e tamaño dos conos, entre
as que están os abetos verdadeiros (que teñen os conos ergueitos que se
descaman na árbore), as piceas (cos conos colgantes) e as tsugas e
pseudotsugas (cos conos colgantes máis pequenos).
ABETO, ABETO BRANCO
(Abies alba).
Orixinario de Europa.
Follas aciculares coa punta
roma dispostas en dúas
fileiras. Conos ergueitos
Abeto branco do Carballal
(Arca, A Estrada)
-23,10 m de altura e 2,92 m
de perímetro. (P)
ABETO DO CÁUCASO
(Abies nordmanniana).
Orixinario do Cáucaso e
nordeste Turquía.
Abeto do Cáucaso. Paseo da Ferradura, (Santiago de
Compostela). Chamado “A Perona” por ser plantado por Eva
Duarte de Perón en 1947. Mide 32 m de altura e 3,80 m de
perímetro troncal. (P)
ABETO DE DOUGLAS
(Pseudotsuga menziesii). Orixinario do este de
Norteamérica. Pode acadar unha gran altura.
As follas desprenden, ao fregalas, un arume de
limón.
Pazo Casanova (Bermás de Arriba, O Pino)
-34,10 m de altura e 5,53 m de perímetro. (P)
Picea do Castelo de
Soutomaior.
-2,36 m de perímetro
ABETO VERMELLO, PICEA COMÚN
(Picea abies)
Orixinaria de Europa, desde os países nórdicos
ata os Balcáns. Pode acadar unha altura de 70 m.
As piñas longas, colgantes, non se desfán ao
madurar.
PINSAPO (Abies pinsapo) do Pazo
de Trasalba (Amoeiro-Ourense).
Ten 25 m de altura e 6,5 m de
perímetro no toro.
Recentemente destruído por un raio.
PINSAPO (Abies pinsapo)
Orixinario do Sur da Península Ibérica.
ALCIPRESTES
Co nome nome común de
alcipreste coñencense varios
xéneros de ximnospermas da
familia das cupresáceas
(Cupressus, Chamaecyparis e
Thujas), que se caracterizan
por ter as follas escamiformes,
as flores femininas e
masculinas separadas no
mesmo pé ou en pés diferentes
e os conos pequenos e
globulares.
A principal característica é o
seu porte columnar-cónico e
as ponlas cilíndricas.
ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO
(Cupressus sempervirens).
Orixinario do sudoeste de Asia e leste
do Mediterráneo.
Alcipreste mediterráneo do Mosteiro de
Ferreira de Pantón. Mide 16,50 m de altura.
Alcipreste mediterráneo. Casa da Cultura.
Quiroga. Mide 27,50 m de altura.
Alcipreste mediterráneo. Samos (Lugo).
Pode acadar perto dos 500 anos e mide 26
m de altura e 3,25 m de perímetro.
“O ALCIPRÉS E A ERMIDA”,
Millenta soles deron volta ó mundo
desque unha santa man benedictina
chantou en terra este alciprés altivo
cabo da ermida.
As sedentas raíces alongadas
ó maino río, as ponlas arrandea
na luminosa outura dos frolidos
campos de estrelas.
O tronco forte, ríxido e cincento
enmantado en follaxe verdemouro,
vive sereo, estático, calado,
místico ensono. .....
Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958.
CRENZAS E COSTUMES
Os ramos de alcipreste úsanse contra
o mal de ollo.
CANTARES
Alcipreste non se rega
porque na lentura nace;
amor firme non se esquece
por máis traballos que pase.
ALCIPRESTE DE
CALIFORNIA
Cupressus macrocarpa
É orixinario da península
de Monterrei, en California.
Ten a copa máis
redondeada e aplanada. As
follas desprenden arume a
limón ao seren fregadas.
Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15
exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e
7 e 6 m de perímetro troncal. Recientemente algúns caeron a causa dos temporais. (P)
Alcipreste de California. Pazo de Quintáns
(Meis-Pontevedra). Ten uns 140 anos. Mide 30
m de altura e 8,6 m de perímetro. (P)
Alcipreste de California. A Misericordia
(Viveiro-Lugo). Ten uns 130 anos e mide 23 m
de altura e 8 m de perímetro. (P)
ALCIPRESTE DE LAWSON
(Chamaecyparis lawsoniana).
É orixinario de Oregón e California.
O xénero Chamaeciparis caracterízase
por ter as ponlas aplanadas e os conos
moi pequenos.
Alciprestes de Lawson. Castelo de Soutomaior.
Foi plantado a fináis do século XIX. Mide 31 m de
altura. O toro está formado por seis brazos que se
ramifican desde abaixo e que en conxunto miden
máis de 6 m de contorno. (P)
Alciprestes de Lawson. Casa dos Quiroga,
Hospital (O Incio-Lugo). Miden 24 m de altura e
arredor de 9 m de perímetro troncal. (P)
ARAUCARIAS
Coníferas de folla perenne con
toros monopódicos e ponlas
verticiladas, coas follas
escamiformes, agudas e
duras, de tamaños variados.
Os conos desfanse na árbore.
ARAUCARIA DO BRASIL
(Araucaria angustifolia).
Xardín de Caldas (Pontevedra).
Mide 32 m de altura. (P)
ARAUCARIA EXCELSA
(Araucaria heterophylla)
Pazo de Lourizán (Pontevedra). Mide
33 m de altura e 3,10 de perímetro.
Ten máis de cen anos. (P)
ARAUCARIA DE
CHILE, PEHUÉN
(Araucaria
araucana),
orixinaria dos
Andes arxentinos
e chilenos.
Castelo de
Soutomaior
(Pontevedra).
Mide 26 m de
altura e 2,40 m de
perímetro. (P)
CALOCEDRO DE CALIFORNIA
(Calocedrus decurrens).
Cupresácea de porte columnar, coas
ponlas aplanadas.
É orixinaria do oeste de Norteamérica.
Calocedro do
Castelo de
Soutomaior
(Pontevedra).
-5,04 m de
perímetro. Pazo Rubiáns (Vilagarcia de Arousa)
-30 m de altura, 5,25 m de perímetro.
CEDROS
Son orixinarios das
montañas de Asia
Occidental e do norte de
África. Caracterízanse por
ter dúas clases de
acículas, unhas que se
insiren illadas sobre
ponlas longas e outras
agrupadas en feixes
sobre ponlas curtas.
As piñas desintégranse
na árbore ao madurar.
Cono do cedro coa súa
típica forma globosa.
Cedro do Atlas (Cedrus atlantica).
Centro da terceira idade. Melide.
-25 e 23 m de altura.
Cedros do Himalaia (Cedrus deodara).
Xardíns de Vincenti (Pontevedra).
Teñen arredor de cen anos e miden 23
a 27 m de altura. (P)
Cedros azuis (Cedrus atlantica, variedade
Glauca). Pazo de Gandarón (Pontevedra).
Miden 26 a 30 m de altura.
Cedro do Líbano (Cedrus libani). Pazo de
Lourizán (Pontevedra). Mide 30,5 m de
altura e 5,20 m de perímetro.
Ten arredor de 120 anos. (P)
CRIPTOMERIA
Conífera orixinaria de Asia Oriental que se caracteriza por ter as follas
persistentes en forma de lesna e conos globosos pequenos moi
abundantes. Coñécese tamén co nome de cedro xaponés.
Criptomeria (Cryptomeria japonica).
Castelo de Soutomaior (Pontevedra).
Ten máis de 130 anos. Mide 29 m de
altura e 4,60 m de perímetro. (P)
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-34,10 m de altura; 3,87 m de perímetro.
(P)
Criptomeria
(Cryptomeria japonica,
variedade Elegans).
Pazo de Oca (A Estrada).
Mide 27 m de altura e case 4 m
de perímetro troncal.
Esta variedade de criptpmeria
ten as copas amplas e
redondeadas e as súas follas
cambian de cor no inverno
como resposta ao frío. (P)
TAXODIÁCEAS
Familia de coníferas (anxiospermas) formada por árbores de follas
escamiforme-aciculares persistentes ou caedizas.
ponla de secuoia vermella
SECUOIA VERMELLA (Sequoia sempervirens)
É unha árbore orixinaria do sur de Oregón e California, de copa piramidal
que no su lugar de orixe acada máis de cen metros de altura. As follas
son lineales-aciculares de aproximadamente 2 cm de lonxitude.
Secuoia vermella do Pazo de Soutomaior.
Ten máis de 100 anos. Mide 39 m de altura e 9,25
m de perímetro. (P)
Secuoias vermellas do Xardín de Padrón.
Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos.
(P)
Secuoias xigantes na Finca Forqueiros (Beluso, Bueu)
-46,60 m de altura e 6,32 m de perímetro.
SECUOIA XIGANTE (Sequoiadendrom giganteum).
É orixinaria de California. Ten as follas moi pequenas e
agudas.
Secuoia xigante do Pazo O Casal. Bergondo.
Ten máis de cen anos e mide 31 m de altura e
máis de 9 m de perímetro. (P)
Secuoia xigante do Parque Rosalía de
Castro (Lugo). Varios exemplares. O máis
grande mide 31,50 m de altura.
METASECUOIA
(Metasequoia glyptrostroboides)
É unha conífera de folla caediza
orixinaria do suroeste de China.
Metasecuoia do Pazo de Lourizán. Pontevedra. Mide 28 m de altura
TUIA XIGANTE (Thuja plicata)
Son árbores orixinarias de América
do Norte. As ponlas son aplanadas e
as follas, ao fregalas, despiden un
olor a limón e eucalipto mesturado.
Os conos son pequenos e
alongados.
Tuia xigante do Pazo Torres Agrelo (Redondela).
Medía 32 m de altura e un raio rompeu o toro
principal. (P)
CUNINGAMIA (Cunninghamia lanceolata)
Conífera orixinaria da China de copa
columnar irregular. Os cono son ovoides e
pequenos. As máis grandes atópanse no
Pazo de Gondomar e miden arredor de 40 m.
Cuningamia do Parque de Caldas
de Reis. Mide 31 m de altura.
TAXODIO (Taxodium distichum)
Son coníferas de folla caediza que adquiren
unhas vistosas tonalidades no outono. Son
orixinarias de México e do sudoeste de
Estados Unidos onde habitan en zonas
pantanosas. Emiten unhas características
raíces aéreas (neumatóforos) para suxeitarse
mellor nos terreos lamacentos e coller aire.
Taxodios do xardín de Artime (Vilagarcía de Arousa).
O máis destacado mide 33 m de altura e 5,80 de perímetro. (P)
PALMEIRAS
Monocotiledóneas de porte arbóreo co toro febroso sen ramificar e as follas
grandes, pinnadas ou palmeadas. Son comúns nos parques e xardíns das zonas
costeiras. A máis abundante é a palmeira canaria.
PALMEIRA CANARIA (Phoenix canariensis)
Ten as follas pinnadas, arqueadas, de 5 a 7 m
de lonxitude, flores pouco aparentes, en pés
separados, en grandes acios de espigas
amarelas. Os froitos son drupas ovais de 2 a 3
cm de lonxitude, de cor amarela e parda ao
madurar. A semente oval, grande, dura, cun
profundo suco lonxitudinal. É orixinaria das
Illas Canarias.
Palmeira canaria dos Xardíns Méndez Núñez
(A Coruña). Entre o grupo de palmeiras
canarias destes xardíns atópase a máis
grande de Galiza con 25 m de altura.
PALMEIRA DATILEIRA (Phoenix dactylifera).
Nativa do Sahara e zonas limítrofes. Os
dátiles consúmense como alimento.
Pazo de Mariñán (Bergondo). Miden 11,50 e 14, 50 m
de altura.
PALMEIRA DO SENEGAL
(Phoenix reclinata)
Destaca pola gran cantidade de
talos que emite desde as raíces.
Xardín de Padrón. (P)
COQUEIRO DE CHILE
(Jubaea chilensis)
É nativa dunha pequena área
de Chile central.
Pode acadar os 25 m de altura e ter
toros de 1,3 m de diámetro. Os
froitos son pequenos (chamados
“coquitos” en Chile) e empréganse
en confitería.
Pazo de Meirás. (Sada)
-18 m de altura e 3,60 m
de perímetro.
(P)
BUTIA BRASILEÑA
(Butia capitata)
Orixinaria de Sudamérica.
Pazo de Castrelos (Vigo).
Catro exemplares de 8 a 9,50
m de altura.
LIVISTONA DE AUSTRALIA
(Livistona australis)
Nativa de Australia.
Pazo de Castrelos (Vigo).
Mide 15 m de altura.
PALMEIRA DE ABANO
(Trachycarpus fortunei).
É orixinaria da China
central.
As follas son planas,
grandes e divididas
radialmente ata a metade.
O toro está recuberto de
febras escuras.
Parque de Castrelos (Vigo).
Washingtonia robusta do Pazo de Santa Cruz
(Vedra). Miden 25 e 26 m de altura. (P)
Washingtonia filifera da Praza de
Compostela (Vigo). Mide 23 m de altura.
WASINTONIAS
Son palmeiras orixinarias de México e do
suroeste dos Estados Unidos co estipe vertical e
alto e as follas en forma de abano co limbo
dividido radialmente ata a metade.
Cordyline australis
Árbore perennifolio da
familia das lilíaceas que
pode acadar 10 de altura de
toro recto coas follas
simples, enteiras dispostas
en moutas terminais.
É orixinaria de Nova Zelanda.
É moi común nos xardíns
das zonas costeiras.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Setembro 2015

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
monadela
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
pilarfzx
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)
monadela
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
iesasorey
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
monadela
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambados
iesasorey
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)
monadela
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
PaulaReySilva
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
Carmen Cid Manzano
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
monadela
 

Was ist angesagt? (20)

Magnolias
MagnoliasMagnolias
Magnolias
 
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambados
 
O carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia RodríguezO carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia Rodríguez
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucarias
 
O carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David SobradoO carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David Sobrado
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Rueiro
RueiroRueiro
Rueiro
 

Andere mochten auch (8)

Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Ecosistemas ii
Ecosistemas iiEcosistemas ii
Ecosistemas ii
 
Fai Algo Por Alguen
Fai Algo Por AlguenFai Algo Por Alguen
Fai Algo Por Alguen
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Bosques galegos
Bosques galegosBosques galegos
Bosques galegos
 
As árbores na cultura popular
As árbores na cultura popularAs árbores na cultura popular
As árbores na cultura popular
 
Bitsdearboles
BitsdearbolesBitsdearboles
Bitsdearboles
 
Tipos de hojas
Tipos de hojasTipos de hojas
Tipos de hojas
 

Ähnlich wie Árbores ornamentais (Galiza)

Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)
monadela
 
Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)
monadela
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)
monadela
 
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
monadela
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
monadela
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
monadela
 
Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)
monadela
 

Ähnlich wie Árbores ornamentais (Galiza) (20)

Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)
 
Ombú
OmbúOmbú
Ombú
 
Freixos
FreixosFreixos
Freixos
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 
Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)Teixo (Taxus baccata)
Teixo (Taxus baccata)
 
Tilleira
TilleiraTilleira
Tilleira
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)
 
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
 
Camelia
Camelia Camelia
Camelia
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
 
Tulipeiro
TulipeiroTulipeiro
Tulipeiro
 
Picea, abeto vermello
Picea, abeto vermelloPicea, abeto vermello
Picea, abeto vermello
 
Cedros
CedrosCedros
Cedros
 
Árbores da Pastora
Árbores da PastoraÁrbores da Pastora
Árbores da Pastora
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
 
Abetos
AbetosAbetos
Abetos
 
O carballo
O carballoO carballo
O carballo
 
Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)Acacia (Acacia melanoxylon)
Acacia (Acacia melanoxylon)
 

Mehr von monadela

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Árbores ornamentais (Galiza)

  • 1.
  • 2. Unha escolma con algunhas das árbores máis comúns nos parques e xardíns galegos. (P): Incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 3. ALCANFOREIRO (Cinnamomum camphora) Son árbores da familia das lauráceas nativos de Extremo Oriente. Son de follas persistentes que desprenden un olos característico. Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) -19 m de altura e 4,19 m de perímetro. (P)
  • 4. ARCES Son árbores da familia das aceráceas, de follas opostas e lobuladas e cos foitos con ás (sámaras dobles). Son árbores moi valoradas para os parques e xardíns, en especial polas vivas cores das súas follas no outono.
  • 5. Arce americano (Acer negundo). Ramo con froitos. Orixinario de América do Norte. Coas follas opostas e compostas.
  • 6. Acer palmatum. Nos parques e xardíns atópanse moitas variedades de arces coas follas simples e palmeadas de fermosas cores no outono.
  • 7. Arce real (Acer platanoides). Parque de Castrelos (Vigo). Mide 34 m de altura.
  • 8. BUXO (Buxus sempervirens) Arbusto ou árbore da familia das buxáceas que pode acadar os 5 m de altura coa copa baixa e densa. As follas son persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, de ata 15 mm de lonxitude, de cor verde escura e coirentas, e co peciolo curto. As flores nacen en distinto pé e son moi pequenas. Os froitos son cápsulas pequenas e duras que se abren en tres partes. É unha especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia, cultivada desde moi antigo para formar sebes e abeirar paseos. É habitual formar sebes artísticas e labirintos.
  • 9. Buxos do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña). Son os máis vellos de Galiza. Atópanse formando paseos e algúns en estado silvestre. Os máis grande miden 8 m de altura e teñen arredor de douscentos anos. (P) O buxo atópase naturalizado em Galiza, sobre todo nas serras orientais, onde algúns autores opinan que é espontánea. A súa madeira é moi apreciada para torneado e emprégase para instrumentos musicais, sobre todo para gaitas. En moitos casos chámaselle erroneamente mirto.
  • 10. Tarde de húmidos azuis. Neste abril de aire de árbores, un vello xardín pacego -entre verdes de buxos verdes, de loureiros, de tilos- e un rumor de augas por caneiros e fontes apaga tódalas voces. Luis Rei Núñez “Oca. A Ronda Invisible”. Buxos do Pazo de Oca (A Estrada-Pontevedra). Os máis grandes miden 13 m de altura. (P)
  • 11. Buxeda do Mosteiro de San Lourenzo (Santiago de Compostela) (P)
  • 12. Buxos na illa de San Simón. (P)
  • 13. CAMELIAS Árbores da familia das teáceas, orixinarias do Xapón e Corea, das que se coñecen máis de 3.000 variedades cultivadas. É a árbore de xardín máis representativa de Galiza, onde é moi abundante, sobre todo nas Rías Baixas. O cultivo de camelias ten unha gran tradición desde finais do século XVIII e comezos do XIX, ligada sobre todo aos xardíns dos pazos. Cultívanse sobre todo tres especies Camellia japonica, C. reticulata e C. sasanqua.
  • 14. Camelia xapónica “Matusalén” do Pazo de Castrelos (Vigo). Plantada en 1860. Mide 7,50 m de altura, 3,75 m de perímetro e unha copa de case 16 m de diámetro. (P)
  • 15. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Ten arredor de 150 anos e mide máis de 32 m de altura e 4 m de perímetro. (P) Xardín de Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda metade do século XIX. (P) CARBALLO (Quercus robur “fastiguiata”) É unha variedade que se caracteriza polas ponlas erguidas.
  • 16. CARBALLO AMERICANO (Quercus rubra) Árbore da familia das fagáceas que pode medir ata 25 m de altura, co toro dereito e forte e tona de cor gris prateada crara e con estrías. Os froitos (landras) tardan dous anos en completar o seu desenvolvemento. As follas son simples, de 10 a 25 cm de lonxitude, ovais, lobuladas e dentadas. Son caedizas e coloréanse vivamente no outono. É orixinaria do leste de América do Norte.
  • 17. Carballo americano. O Castro (Vigo).
  • 18. CARPE (Carpinus betulus) Árbore da familia das betuláceas que pode acadar os 30 m de altura. É orixinaria de Europa e do suroeste de Asia. En Galiza non é moi común. As follas son caedizas, simples, de forma ovada coa beira doblemente dentada e no outono adquiren unha cor amarela moi viva. Os froitos son aquenios rodeados dunha brácteas trilobuladas Carpes do Pazo de Castrelos (Vigo). Miden de 23 a 30 m de altura.
  • 19. CASTIÑEIRO DAS INDIAS (Aesculus hippocastanum) Árbore da familia das hipocastanáceas, orixinaria dos Balcáns coa copa abombada e densa, que pode acadar os 30 m de altura. A tona é de cor parda escura con fisuras. As follas son caedizas compostas- palmeadas, moi grandes, formadas por 5-7 foliolos ovovados, rematados en punta e coa beira serrada. As flores son hermafroditas, de cor branca ou rosada, agrupadas nunha panícula vertical. Florece en abril. É unha árbore empregada desde antigo como ornamental e moi popular en Galiza.
  • 20. Castiñeiro de Indias do xardín de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura. (P) Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo.
  • 21. Freixo florido do Pazo Mariñán. (Bergondo). Mide 13 m de altura. FREIXO FLORIDO (Fraxinus ornus) Ten as flores moi vistosas, hermafroditas, de cor branca agrupadas en grandes acios terminais.
  • 22. LIQUIDAMBAR (Liquidambar styraciflua) Árbore de orixe americana, da familia das hammaelidáceas que pode acadar 40 m de altura. A tona nas ponlas medra en forma de costelas de cortiza. As follas son palmeadas e no outono adquiren unha coración moi viva que vai do púrpura ao amarelo.
  • 23. Liquidámbar no pazo de Torrecedeira (Redondela), os máis grandes de Galiza (acadan 35 m de altura). (P)
  • 24. MAGNOLIAS Árbores ou arbustos da familia da magnoliáceas orixinarios de Asia, América, As Antillas e Filipinas con folla persistente ou caediza e flores grandes e chamativas. Son especies moi primitivas o que se aprecia na súa estrutura floral, pola disposición e o grande número dos órganos de reprodución das flores. En Galiza son moi abundantes nos xardíns dos pazos e cidades e cultívanse diversas variedades. As máis comúns son a M. grandiflora e a M. soulangeana. Tamén aparecen puntualmente a M. acuminata (a máis destacada atópase no Xardín das Angustias de Ferrol) e M. Campbelli (pazo de Santa Cruz de Rivadulla).
  • 25. MAGNOLIA (Magnolia grandiflora) Árbore de copa cónica e ampla que pode acadar os 25 m de altura, co toro dereito e robusto e a tona gris, fendida en pequenas placas. É orixinaria dos montes de California As follas son persistentes, simples de forma lanceolada coa beira enteira, de ata 25 cm de lonxitude e 10 cm de ancho. Son duras, lisas e brillantes polo dereito e castañas e peludas polo envés.
  • 26. As flores son simples e completas, moi grandes (ata 25 cm de diámetro), formadas por 3 sépalos verdes, 6-12 pétalos brancos e carnosos e numerosos estames de cor púrpura dispostos en espiral e tamén numerosos ovarios. Os froitos agrúpanse nunha estrutura semellante a unha piña de cor vermella, de 10 cm de lonxitude que cando abre deixa ver as sementes ovais, negras e brillantes, colgadas de pequenos rabiños vermellos.
  • 27. Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón-A Coruña). É a máis vella das que se coñecen en Galiza. Ten máis de douscentos anos, mide 14 m de altura e 6 m de perímetro. (P)
  • 28. Magnolia grandiflora do Pazo de Rubiáns (Vilagarcía-Pontevedra). Neste pazo hai dúas magnolias de 19 m de altura con máis de 160 anos. (P) Magnolia grandiflora do Pazo Serantellos (Cambados-Pontevedra). Ten arredor de 150 anos e mide 15 m de altura e 4 m perímetro.
  • 29. MAGNOLIA SOULANXEANA Magnolia de folla caediza que non acada tanto tamaño e florece profusamente antes de botar as follas a finais do inverno e comezos da primavera. As flores son brancas por dentro e de cor rosa craro a rosa púrpura por fóra. Pazo de Gandarón. Carballeira. (Pontevedra). Foi plantada a finais do século XIX e ten arredor de 16 m de altura.
  • 30. METROSIDERO (Metrosideros excelsa) Árbore orixinario de Nova Celandia, raro en Galiza. Destaca polas raíces aéreas que colgan dos seus talos. Metrosidero do Patio da Policía Municipal (A Coruña). Ten máis de cen anos e mide 18,50 m de altura e 6,38 m de perímetro. (P) Metrosidero do xardín da Torre de Andrade. (Pontedeume). Ten 22 m de altura e 5 m de perímetro. (P)
  • 31. MIRTA (Myrtus conmunis) Arbusto de orixe mediterránea da familia das mirtáceas, que pode acadar 5 m de altura. É moi raro en Galiza e atópase naturalizado nalgúns bosques e cultivado nos xardíns. Crara noite, piano entre magnolias, voz de mirto ou de oboe. Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”
  • 32. Mirtos do Pazo de Mariñán (Bergondo). Os máis antigos (máis de 150 anos) e de maior tamaño. -4,9 e 5,7 m de altura e 1,3 m de perímetro. (P)
  • 33. MOREIRAS Árbores caducifolias nativas das rexións cálidas e temperadas de Asia, África e Norteamérica. Medran rapidamente cando son novas, pero logo raramente pasan dos 15 m de altura. Teñen un froito múltiple (mora). As follas empréganse como alimento das eirugas da seda. En Galiza son comúns nos xardíns. MOREIRA NEGRA (Morus nigra) Cangas de Foz (Foz) - Mide arredor de 4 m de perímetro. (P)
  • 34. OMBÚ (Phytolaca dioica) Árbore da familia das fitolacáceas de orixe sudamericana que destaca pola estrutura do seu toro, ancho na base e que forma ocos e ramificacións. Xeralmente a folla é persistente pero en Galiza, polo clima, compórtase como caediza. Os máis grandes atópanse en Oleiros, Pazo de santa Cruz de Ribadulla, Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón) e xardíns Méndez Núñez (A Coruña). Ombú do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Mide 11,5 m de altura. (P)
  • 35. Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz. (Oleiros-A Coruña). Ten 13 m de altura e un toro formado por varios brazos cun perímetro en conxunto de 15 m. (P)
  • 36. PLÁTANO DE SOMBRA (Platanus x hispanica) Árbore da familia das platanáceas, de copa ampla e alta que pode acadar os 50 m de altura co toro dereito e forte, coa tona de cor verde-gris que se desprende en placas que deixan manchas de cor amarela crara. É un híbrido entre o platano occidental, orixinario do leste de Norteamérica e o oriental, orixinario do surleste de Europa. Medra rapidamente e soporta moi ben os ambientes das cidades e a contaminación. É unha das árbores máis comúns nos parques, á beira das estradas e rúas. En Galiza atópanse numerosos exemplares monumentais. Alongos (Toén)
  • 37. As follas son caedizas, simples e alternas e poden superar os 20 cm de lonxitude. Son de cor verde brillante polo dereito e máis claras e con borra polo revés. As flores femininas e os froitos nacen en agrupacións esféricas que aparecen en ramiños.
  • 38. Plátanos do Pazo de Castrelos. Os máis grandes miden 46, 45 e 38 m de altura e máis de 5 m de perímetro. Plátanos do Pazo Mariñán (Bergondo. A Coruña). Foron plantados a finais do século XIX. Algúns exemplares acadan 50 m de altura e case 6 m de perímetro. (P)
  • 39. Plátanos da praza de Azcárraga (A Coruña). Plátanos do Pazo de Dompiñor (O Incio-Lugo). O máis grande mide 46 m de altura. (P)
  • 40. RODODENDRO (Rododendron arboreum) Arbusto ou árbore que pode acadar 15 m de altura coas follas persistentes simples, alternas e de forma lanceolada coa beira enteira. Atópase cultivado en gran cantidade de parques e xardíns. Rododendro do Pazo de Castrelos
  • 41. Rododendro do pazo de Serantellos (Cambados-Pontevedra). Dous exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura e aproximadamente 150 anos. As flores dos rododendros son hermafroditas, coa corola acampanada e agrupadas en ramiños. As cores varían de branca a encarnada, rosa ou púrpura.
  • 42. SÓFORA DO XAPÓN (Sophora japonica) Árbore da familia das leguminosas orixinaria da China. Ten as follas compostas e froitos formados por legumes carnosas. Sóforas dos Xardíns do Posío (Ourense). Teñen máis de 100 anos. A máis grande mide 20 m de altura e máis de 3 m de perímetro.
  • 43. Sófora da variedade “pendula” do Pazo de Lourizán (Pontevedra). (P)
  • 44. TILEIRAS Árbores da familia da tiliáceas de copa ampla, abombada e mesta que pode acadar os 30 m de altura. Prixinarias do Sureste de Europa e Asia Menor. As máis comúns son a tilleira de folla grande (Tilia platyphyllos) e a tilleira prateada (Tilia tomentosas) Follas de Tilia platyphyllos. Flores de Tilia tomentosa. O rabo floral leva unha bráctea laminar típica de forma oval-alongada que se separa do mesmo na metade. Desprenden un olor característico.
  • 45. Tileiras (Tilia platyphyllos) do Pazo de Oca. (A Estrada-Pontevedra). Arredor de 50 exemplares de máis de 100 anos e ata 30 m de altura, dispostos en dúas fileiras. (P) Tileiras prateadas (Tilia tomentosa) do mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea-Ourense). Cinco exemplares, o máis grande de ata 26 m de altura. Foron plantados hai uns 70 anos. (P)
  • 46. TULIPEIRO DE VIRXINIA (Liriodendron tulipefera). É unha árbore da familia das magnoliáceas con vistosas flores e que no outono adquire unha fermosa cor amarela. Tulipeiro de Virxinia. Parque de Castrelos (Vigo). Mide 28 m de altura e case 6 m de perímetro. (P)
  • 47. GINKGO (Ginkgo biloba) Árbore ximnosperma da familia das ginkgoaceas coa copa irregular, delgada e estreita, que pode acadar os 30 metros de altura. O toro é dereito pouco ramificado, coa tona de cor gris-castaña crara con sucos e fendas. É unha especie dioica. As flores masculinas son amentos cilíndricos de cor amarela, as femininas son de forma esférica, pequenas e de cor verde, sen pétalos e formadas por dous primordios seminais. Saen en grupos de 2-3. As follas son caedizas, simples, de ata 10 cm de lonxitude, con forma de abano. A semente está rodeada dunha envoltura carnosa que ao madurar é de cor amarela e de olor desagradable.
  • 48. O ginkgo e orixinario da China e consídérase un fósil vivo por ser o único representante actual de especies do Xurásico. Moi valorado en xardinería pola vistosa cor amarela das súas follas en outono. Ginkgos do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 49. Ginkgos do Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela. Miden 26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos. (P)
  • 50. ABETOS Co nome de abetos coñécense varias árbores de aspecto semellante -típico porte piramidal- que se distinguen pola posición e tamaño dos conos, entre as que están os abetos verdadeiros (que teñen os conos ergueitos que se descaman na árbore), as piceas (cos conos colgantes) e as tsugas e pseudotsugas (cos conos colgantes máis pequenos).
  • 51. ABETO, ABETO BRANCO (Abies alba). Orixinario de Europa. Follas aciculares coa punta roma dispostas en dúas fileiras. Conos ergueitos Abeto branco do Carballal (Arca, A Estrada) -23,10 m de altura e 2,92 m de perímetro. (P)
  • 52. ABETO DO CÁUCASO (Abies nordmanniana). Orixinario do Cáucaso e nordeste Turquía. Abeto do Cáucaso. Paseo da Ferradura, (Santiago de Compostela). Chamado “A Perona” por ser plantado por Eva Duarte de Perón en 1947. Mide 32 m de altura e 3,80 m de perímetro troncal. (P)
  • 53. ABETO DE DOUGLAS (Pseudotsuga menziesii). Orixinario do este de Norteamérica. Pode acadar unha gran altura. As follas desprenden, ao fregalas, un arume de limón. Pazo Casanova (Bermás de Arriba, O Pino) -34,10 m de altura e 5,53 m de perímetro. (P)
  • 54. Picea do Castelo de Soutomaior. -2,36 m de perímetro ABETO VERMELLO, PICEA COMÚN (Picea abies) Orixinaria de Europa, desde os países nórdicos ata os Balcáns. Pode acadar unha altura de 70 m. As piñas longas, colgantes, non se desfán ao madurar.
  • 55. PINSAPO (Abies pinsapo) do Pazo de Trasalba (Amoeiro-Ourense). Ten 25 m de altura e 6,5 m de perímetro no toro. Recentemente destruído por un raio. PINSAPO (Abies pinsapo) Orixinario do Sur da Península Ibérica.
  • 56. ALCIPRESTES Co nome nome común de alcipreste coñencense varios xéneros de ximnospermas da familia das cupresáceas (Cupressus, Chamaecyparis e Thujas), que se caracterizan por ter as follas escamiformes, as flores femininas e masculinas separadas no mesmo pé ou en pés diferentes e os conos pequenos e globulares. A principal característica é o seu porte columnar-cónico e as ponlas cilíndricas.
  • 57. ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO (Cupressus sempervirens). Orixinario do sudoeste de Asia e leste do Mediterráneo. Alcipreste mediterráneo do Mosteiro de Ferreira de Pantón. Mide 16,50 m de altura. Alcipreste mediterráneo. Casa da Cultura. Quiroga. Mide 27,50 m de altura.
  • 58. Alcipreste mediterráneo. Samos (Lugo). Pode acadar perto dos 500 anos e mide 26 m de altura e 3,25 m de perímetro. “O ALCIPRÉS E A ERMIDA”, Millenta soles deron volta ó mundo desque unha santa man benedictina chantou en terra este alciprés altivo cabo da ermida. As sedentas raíces alongadas ó maino río, as ponlas arrandea na luminosa outura dos frolidos campos de estrelas. O tronco forte, ríxido e cincento enmantado en follaxe verdemouro, vive sereo, estático, calado, místico ensono. ..... Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958. CRENZAS E COSTUMES Os ramos de alcipreste úsanse contra o mal de ollo. CANTARES Alcipreste non se rega porque na lentura nace; amor firme non se esquece por máis traballos que pase.
  • 59. ALCIPRESTE DE CALIFORNIA Cupressus macrocarpa É orixinario da península de Monterrei, en California. Ten a copa máis redondeada e aplanada. As follas desprenden arume a limón ao seren fregadas. Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e 7 e 6 m de perímetro troncal. Recientemente algúns caeron a causa dos temporais. (P)
  • 60. Alcipreste de California. Pazo de Quintáns (Meis-Pontevedra). Ten uns 140 anos. Mide 30 m de altura e 8,6 m de perímetro. (P) Alcipreste de California. A Misericordia (Viveiro-Lugo). Ten uns 130 anos e mide 23 m de altura e 8 m de perímetro. (P)
  • 61. ALCIPRESTE DE LAWSON (Chamaecyparis lawsoniana). É orixinario de Oregón e California. O xénero Chamaeciparis caracterízase por ter as ponlas aplanadas e os conos moi pequenos. Alciprestes de Lawson. Castelo de Soutomaior. Foi plantado a fináis do século XIX. Mide 31 m de altura. O toro está formado por seis brazos que se ramifican desde abaixo e que en conxunto miden máis de 6 m de contorno. (P) Alciprestes de Lawson. Casa dos Quiroga, Hospital (O Incio-Lugo). Miden 24 m de altura e arredor de 9 m de perímetro troncal. (P)
  • 62. ARAUCARIAS Coníferas de folla perenne con toros monopódicos e ponlas verticiladas, coas follas escamiformes, agudas e duras, de tamaños variados. Os conos desfanse na árbore. ARAUCARIA DO BRASIL (Araucaria angustifolia). Xardín de Caldas (Pontevedra). Mide 32 m de altura. (P)
  • 63. ARAUCARIA EXCELSA (Araucaria heterophylla) Pazo de Lourizán (Pontevedra). Mide 33 m de altura e 3,10 de perímetro. Ten máis de cen anos. (P) ARAUCARIA DE CHILE, PEHUÉN (Araucaria araucana), orixinaria dos Andes arxentinos e chilenos. Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Mide 26 m de altura e 2,40 m de perímetro. (P)
  • 64. CALOCEDRO DE CALIFORNIA (Calocedrus decurrens). Cupresácea de porte columnar, coas ponlas aplanadas. É orixinaria do oeste de Norteamérica. Calocedro do Castelo de Soutomaior (Pontevedra). -5,04 m de perímetro. Pazo Rubiáns (Vilagarcia de Arousa) -30 m de altura, 5,25 m de perímetro.
  • 65. CEDROS Son orixinarios das montañas de Asia Occidental e do norte de África. Caracterízanse por ter dúas clases de acículas, unhas que se insiren illadas sobre ponlas longas e outras agrupadas en feixes sobre ponlas curtas. As piñas desintégranse na árbore ao madurar. Cono do cedro coa súa típica forma globosa.
  • 66. Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Centro da terceira idade. Melide. -25 e 23 m de altura. Cedros do Himalaia (Cedrus deodara). Xardíns de Vincenti (Pontevedra). Teñen arredor de cen anos e miden 23 a 27 m de altura. (P)
  • 67. Cedros azuis (Cedrus atlantica, variedade Glauca). Pazo de Gandarón (Pontevedra). Miden 26 a 30 m de altura. Cedro do Líbano (Cedrus libani). Pazo de Lourizán (Pontevedra). Mide 30,5 m de altura e 5,20 m de perímetro. Ten arredor de 120 anos. (P)
  • 68. CRIPTOMERIA Conífera orixinaria de Asia Oriental que se caracteriza por ter as follas persistentes en forma de lesna e conos globosos pequenos moi abundantes. Coñécese tamén co nome de cedro xaponés.
  • 69. Criptomeria (Cryptomeria japonica). Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Ten máis de 130 anos. Mide 29 m de altura e 4,60 m de perímetro. (P) Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -34,10 m de altura; 3,87 m de perímetro. (P)
  • 70. Criptomeria (Cryptomeria japonica, variedade Elegans). Pazo de Oca (A Estrada). Mide 27 m de altura e case 4 m de perímetro troncal. Esta variedade de criptpmeria ten as copas amplas e redondeadas e as súas follas cambian de cor no inverno como resposta ao frío. (P)
  • 71. TAXODIÁCEAS Familia de coníferas (anxiospermas) formada por árbores de follas escamiforme-aciculares persistentes ou caedizas. ponla de secuoia vermella
  • 72. SECUOIA VERMELLA (Sequoia sempervirens) É unha árbore orixinaria do sur de Oregón e California, de copa piramidal que no su lugar de orixe acada máis de cen metros de altura. As follas son lineales-aciculares de aproximadamente 2 cm de lonxitude. Secuoia vermella do Pazo de Soutomaior. Ten máis de 100 anos. Mide 39 m de altura e 9,25 m de perímetro. (P) Secuoias vermellas do Xardín de Padrón. Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos. (P)
  • 73. Secuoias xigantes na Finca Forqueiros (Beluso, Bueu) -46,60 m de altura e 6,32 m de perímetro.
  • 74. SECUOIA XIGANTE (Sequoiadendrom giganteum). É orixinaria de California. Ten as follas moi pequenas e agudas. Secuoia xigante do Pazo O Casal. Bergondo. Ten máis de cen anos e mide 31 m de altura e máis de 9 m de perímetro. (P) Secuoia xigante do Parque Rosalía de Castro (Lugo). Varios exemplares. O máis grande mide 31,50 m de altura.
  • 75. METASECUOIA (Metasequoia glyptrostroboides) É unha conífera de folla caediza orixinaria do suroeste de China. Metasecuoia do Pazo de Lourizán. Pontevedra. Mide 28 m de altura
  • 76. TUIA XIGANTE (Thuja plicata) Son árbores orixinarias de América do Norte. As ponlas son aplanadas e as follas, ao fregalas, despiden un olor a limón e eucalipto mesturado. Os conos son pequenos e alongados. Tuia xigante do Pazo Torres Agrelo (Redondela). Medía 32 m de altura e un raio rompeu o toro principal. (P)
  • 77. CUNINGAMIA (Cunninghamia lanceolata) Conífera orixinaria da China de copa columnar irregular. Os cono son ovoides e pequenos. As máis grandes atópanse no Pazo de Gondomar e miden arredor de 40 m. Cuningamia do Parque de Caldas de Reis. Mide 31 m de altura.
  • 78. TAXODIO (Taxodium distichum) Son coníferas de folla caediza que adquiren unhas vistosas tonalidades no outono. Son orixinarias de México e do sudoeste de Estados Unidos onde habitan en zonas pantanosas. Emiten unhas características raíces aéreas (neumatóforos) para suxeitarse mellor nos terreos lamacentos e coller aire.
  • 79. Taxodios do xardín de Artime (Vilagarcía de Arousa). O máis destacado mide 33 m de altura e 5,80 de perímetro. (P)
  • 80. PALMEIRAS Monocotiledóneas de porte arbóreo co toro febroso sen ramificar e as follas grandes, pinnadas ou palmeadas. Son comúns nos parques e xardíns das zonas costeiras. A máis abundante é a palmeira canaria.
  • 81. PALMEIRA CANARIA (Phoenix canariensis) Ten as follas pinnadas, arqueadas, de 5 a 7 m de lonxitude, flores pouco aparentes, en pés separados, en grandes acios de espigas amarelas. Os froitos son drupas ovais de 2 a 3 cm de lonxitude, de cor amarela e parda ao madurar. A semente oval, grande, dura, cun profundo suco lonxitudinal. É orixinaria das Illas Canarias. Palmeira canaria dos Xardíns Méndez Núñez (A Coruña). Entre o grupo de palmeiras canarias destes xardíns atópase a máis grande de Galiza con 25 m de altura.
  • 82. PALMEIRA DATILEIRA (Phoenix dactylifera). Nativa do Sahara e zonas limítrofes. Os dátiles consúmense como alimento. Pazo de Mariñán (Bergondo). Miden 11,50 e 14, 50 m de altura. PALMEIRA DO SENEGAL (Phoenix reclinata) Destaca pola gran cantidade de talos que emite desde as raíces. Xardín de Padrón. (P)
  • 83. COQUEIRO DE CHILE (Jubaea chilensis) É nativa dunha pequena área de Chile central. Pode acadar os 25 m de altura e ter toros de 1,3 m de diámetro. Os froitos son pequenos (chamados “coquitos” en Chile) e empréganse en confitería. Pazo de Meirás. (Sada) -18 m de altura e 3,60 m de perímetro. (P)
  • 84. BUTIA BRASILEÑA (Butia capitata) Orixinaria de Sudamérica. Pazo de Castrelos (Vigo). Catro exemplares de 8 a 9,50 m de altura.
  • 85. LIVISTONA DE AUSTRALIA (Livistona australis) Nativa de Australia. Pazo de Castrelos (Vigo). Mide 15 m de altura.
  • 86. PALMEIRA DE ABANO (Trachycarpus fortunei). É orixinaria da China central. As follas son planas, grandes e divididas radialmente ata a metade. O toro está recuberto de febras escuras. Parque de Castrelos (Vigo).
  • 87. Washingtonia robusta do Pazo de Santa Cruz (Vedra). Miden 25 e 26 m de altura. (P) Washingtonia filifera da Praza de Compostela (Vigo). Mide 23 m de altura. WASINTONIAS Son palmeiras orixinarias de México e do suroeste dos Estados Unidos co estipe vertical e alto e as follas en forma de abano co limbo dividido radialmente ata a metade.
  • 88. Cordyline australis Árbore perennifolio da familia das lilíaceas que pode acadar 10 de altura de toro recto coas follas simples, enteiras dispostas en moutas terminais. É orixinaria de Nova Zelanda. É moi común nos xardíns das zonas costeiras.
  • 89. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Setembro 2015