SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 74
Parque NaturalParque Natural
Baixa LimiaBaixa Limia
Serra do XurésSerra do Xurés
SUPERFICIE: 29.345 ha
CONCELLOS:Entrimo, Lobios, Muíños,
Bande, Calvos de Randín, Lobeira (Ourense).
Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o
conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras
do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa
Eufemia, do Xurés e do Pisco).
Ten un gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.
PROTECCIÓN:
Parque Natural (febreiro 1993) e
ampliado en outubro de 2009.
Forma parte tamén da Zona de Especial
Protección dos Valores Naturais: “Baixa
Limia-Serra do Xurés” (31.287 ha) e “Baixa
Limia” de 33.920 ha; da Zona especial de
conservación (ZEC) “Baixa Limia” (33.921
ha) e da Reserva da Biosfera “Reserva da
Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”
A área forma unha unidade coa ZEPA
PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional
Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.
Trátase do primeiro parque
transfronteirizo designado como
EUROPARC (GêresXurés) pola FNNP.
Está incluído no inventario de áreas
importantes para a herpetofauna española
(Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de
Conservación da Natureza, 2004).
O parque natural inclúe varias zonas de Reserva Integral, en áreas de valor natural moi alto
nas que prevalece a conservación sobre calquera outro tipo de actividade: o Barranco de
Olelas, os cumios e amesetamentos superiores da serra do Xurés, o Barranco da Cruz de
Touro (ao sur de Santa Eufemia) e o contorno da Barxa, no val do río Salas.
Olelas
O RELEVO
Unha sucesión de serras compartidas entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, montes
do Quinxo, Santa Eufemia, Cruz de Piñeiro, Xurés, Pisco e A Pena. As cotas máximas son os
altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da
serra Gerês-Xurés. A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito
rosado de mica negra) que dan lugar a un relevo abrupto de picos espectaculares e grandes
bolos rochosos.
Destaca pola súa paisaxe agreste de masas graníticas (especialmente O Quinxo, Xurés e
Santa Eufemia) en contraste con serras de contornos máis suaves. A altitude oscila entre os
125 e os 1.540 m sobre o nivel do mar, e a maior parte da zona está por enriba dos 1.000 m.
Dominan as áreas ocupadas por extensos rochedos e as pendentes abruptas.
Serra do Xurés desde o alto da serra de Queguas
SERRA DO LABOREIRO
Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo,
Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada
por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
O pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van
ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou,
Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro,
afluente do Limia.
SERRA DE QUEGUAS
Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Leboreiro, rodeada polos vales dos
ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con
1.233 m e Pena Grande, con 1.208 m. Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e
etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos.
Serra de Queguas.
MONTES DO QUINXO
Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana
ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal
e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e
formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.
Montes do Quinxo en Olelas
SERRA DE SANTA EUFEMIA
Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa
Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha
importante flora e fauna e varios endemismos. Unha gran área da serra está declarada
Reserva Integral
SERRA DO XURÉS/GERÈS
Con orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas
paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de
contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m).
A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra)
que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña
fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. O primeiro
tramo da serra, ao leste da Portela do Homen, coñécese co nome de Serra da Cruz do
Piñeiro.
As Gralleiras
SERRA DO PISCO
Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés
polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son
suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman
unha paisaxe de castelos e bolos moi erosionada.
SERRA DA PENA
Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín no límite con Portugal. O
punto máis alto é o Monteagudo con 1.363 m. Hai unha grande área de migmatitas e algún
neis glandular da serie llo de Sapo. Hai tamén unha gran intrusión de granito de dúas micas
e algúns diques de aplita e pegmatita.
Os Pitoes
FORMACIÓNS ROCHOSAS DESTACADAS:
Os anos de erosión crearon formas curiosas nos granitos das serras.
Pica das Gralleiras
As Gralleiras
(Serra do Xurés)
Pica de Illa
(serra do Quinxo)
Camiño da Fontefría
GLACIARISMO:
No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha
superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo,
especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos
glaciares, vales glaciares (Vilameá -punto de interese xeolóxico-); moreas glaciares
(Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).
Val glaciar de Vilameá, rochas
laterais e moreas.
CLIMA:
As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a
mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas
especialmente baixas na parte oriental.
As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha
ampla variedade de microclimas e ecosistemas de gran riqueza biolóxica.
OS RÍOS
O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa
lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo,
Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos
teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos
e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a
produción de enerxía hidroeléctrica (Lindoso, As Cunchas, Grou e Salas).
RÍO LIMIA/LIMA
Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer
maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e
rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desemboca en Viana
do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Grou, río do Casal ou da
Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.
O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.
Río Salas
Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes
son o Lobios, Cabaleiros e Mao.
Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa,
Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego
da Portela,
Pozo Negro
Encoro do Salas desde o alto do Pisco
Río Caldo
Nace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no
encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.
O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e
que son aproveitadas con fins medicinais.
Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha).
Corga da Fecha nun afluente do Río
Caldo.
Área termal no río Caldo, en Lobios
Río Barcia ou Castro Laboreiro
Nace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e
Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da
Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.
Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.
Pozas do Mallón
Río Nau
Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu
curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.
Río Pacín ou da Montaña
Baixa da serra de Queguas (rego da
Montaña) e recolle afluentes da serra
do Quinxo (Agro e rego de Illa).
Xúntase co Limia no encoro de
Lindoso, en Lantamil.
Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha
do Fragón, Corga das Rozadas e
Corga de Merlán (río da Montaña),
Pozo Caído (río Pacín).
Río Grou
Recolle as augas do concello de Lobeira e
baixa cara ao sur ata o Limia. Está
explotado por unha minicentral.
Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da
Ramallosa (Fragoso).
Corga de Castrelo
FLORA
As características climáticas da zona, de transición entre a zona atlántica e a
mediterránea, dan lugar a unha gran riqueza florística (máis de 600 especies) na
que se mesturan especies de ambos tipos con diversidade de hábitats terrestres
e acuáticos: fragas, pradeiras de montaña, turbeiras, matogueiras, bosques de
ribeira, pradeiras húmidas, ríos, encoros... onde se atopan numerosos
endemismos ibéricos e locais.
Bosque da Barxa
Mato de uces e carqueixas nos montes do Quinxo.
Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza
só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.
Érbedo (Arbutus unedo). Arbusto ou pequena árbore que en Galiza
aparece nas áreas de clima con influencia mediterránea.
Sanguiño (Rhamnus frangula). Árbore de pequeno
porte que gosta de humidade. Aparece á beira dos
ríos e dos regueiros..
Lirio do Xurés (Iris boissieri) iridácea
endémica galaico-portuguesa, unha das
especies máis emblemáticas do parque
natural, que ten aquí a maior poboación das
tres coñecidas en España e que está
considerada en perigo crítico de extinción.
Eryngium duriaei juresianum, un cardo
endémico da Serra do Xurés.
Armeria humilis. Un endemismo dos cumes do Xures e Leboreiro.
Sedum forsteranum. So se
atopa no sur-leste de Galiza.
Paradisea lusitanica. Unha liliácea
endémica do Norte de Portugal e NO de
España. Atópase no sur de Galiza.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballos (Quercus robur):
-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá,
Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de
perímetro).
-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).
-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m
de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios
(3,53 m de perímetro)
ÁRBORES SENLLEIRAS
Sobreiras (Quercus suber)
-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).
FAUNA
A Serra do Xurés acolle unha importante representación da fauna silvestre galega
que se atopa en todo tipo de hábitas acuáticos ou terrestres. Conta coa presenza
de numerosas especies escasas e consideradas en perigo ou vulnerables.
Cabra fera (Cabra pirenaica victoriae).
Foi introducida desde 1997 en
substitución do endemismo local
(Capra pyrenaica subsp. lusitanica)
extinta en 1892.
MAMÍFEROS: Censadas máis de 30 especies: destaca a presenza do desmán
(Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta
(Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), así como os
quirópteros, con especies pouco coñecidas, como o morcego da fraga
(Barbastella barbastellus). Citouse tamén o leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas
serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea.
Morcego de ferradura
(Rhinolophus ferrumequinum)
Donicela (Mustela nivalis)
AVES: Máis de 140 especies. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo
especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como é o caso da aguia
real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), e o bufo real
(Bubo bubo) cunha pequena poboación nidificante reforzada coa solta de varios
exemplares. Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o miñato
abelleiro (Pernis apivorus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta
(Circus pygargus), e o falcón peregrino (Falco peregrinus).
Aguia perdigueira
(Hieraaetus fasciatus)
Bufo real
(Bubo bubo).
Aves ligadas aos rochedos e matogueiras de montaña, con moitas especies de
distribución máis ou menos localizada en Galiza: o pombo pequeno (Columba
oenas), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a pica campestre (Anthus
campestris), o pedreiro rubio (Oenanthe hispanica), os merlos rubio (Monticola
saxatilis), e azul (Monticola solitarius), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e o
escribente hortelán (Emberiza hortulana).
Pica campestre (Anthus campestris)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
O espazo (xuntamente co Parque Nacional Peneda-Gerês) acolle algunhas das
poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a
pica das árbores (Anthus trivialis), a a papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanzo
vermello (Lanius collurio ), o cardeal ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), e o
escribente amarelo (Emberiza citrinella). O cruzabico (Loxia curvirostra), ten aquí
unha das súas poucas (quizais a única) zona de cría en Galiza.
Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como
invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus) con concentracións moi
notables no encoro do Salas, e a cría da píllara pequena (Charadrius dubius).
Mergullón cristado (Podiceps cristatus).Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula),
RÉPTILES:
15 especies: destacan a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), a cobra
rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), a cobra riscada (Rhinechis
scalaris) e, singularmente, a víbora fociñuda (Vipera latasti) que só se atopa
en contados puntos da provincia de Ourense.
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)
Cobregón, cobra rateira
(Malpolon monspessulanus), a cobra
galega que pode acadar o maior tamaño,
case 2 m de lonxitude.
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
Lagarto das silveiras
(Lacerta schreiberi).
Macho adulto e cría.
ANFIBIOS
12 especies. Destaca a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa
lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal.
Saramaganta, píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), habita nos numerosos regatos de augas
rápidas en vagoadas máis ou menos sombrizas,
PEIXES: Coñécense seis especies, entre as que destacan como máis
características o barbo (Barbus bocagei) (a súa distribución en Galiza restrínxese
ás concas do Limia e do Támega), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella
(Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento
(Gasterosteus gymnurus).
Espiñentos na lagoa dos Carríns
INVERTEBRADOS: destaca a presenza da lesma (Geomalacus maculosus), a
vacaloura (Lucanus cervus), e o cabalo do demo (Macromia splendens)
(incluídas no Anexo II da Directiva Hábitats) e a bolboreta (Erebia triarius
subsp. Mendesi).
Cigarra (Cicadetta montana).
Antes de converterse no adulto da
imaxe a larva pasa varios anos
enterrada zugando saiba das raíces
das árbores e matogueiras.
Bolboreta (Erebia triarius)
Chlorophorus trifasciatus, un
escarabello de cornos longos.
HISTORIA/PATRIMONIO CULTURAL
As terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas
deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os
romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de
comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes
valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.
Dolme “Casa da Moura” na
Serra de Queguas.
A Baixa Limia foi unha importante
zona de pasoa na época romana. Por
esta zona discorría unha das catro
vías, a que cruzaba pola Portela do
Home, que atravesaban Galiza para
unir Braga e Astorga.
Calzada romana en
Riocaldo (Lobios)
Muíño no Río Nau.
Pontella no río da Montaña,
en Queguas.
Albariza. As produccións das abellas, que
aproveitan a gran cantidade e variedade de
flores que producen os matos, son unha
achega para a economía das persoas que
viven nestas áreas.
Chivana, un refuxio de pastores típico
das montañas do Xurés.
Queguas
Capela da Nosa Señora do Xurés (Lobios).
Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán.
A Carballeira (Queguas)
Mina das Sombras (Lobios).
Nos cumes da serra do Xures atópase volframio que foi explotado, sobre todo, durante a II Guerra
Mundial. Pecharon definitivamente na década de 1970.
USOS E APROVEITAMENTO
Agrogandeiro, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica…. Destaca a raza de
vacas autóctonas “cachena” de Olelas e os cabalos garranos.
Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que
se está levando a cabo un programa de recuperación.
As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300
kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas
autóctonas está impulsando a súa recuperación.
Alvite, um dos asentamentos máis altos na Serra do Xurés.
Centro de Información do Parque Natural, en Lobios.
ITINERARIOS NATURAIS:
Por toda a área do Parque Natural hai indicados intinerarios de distinta dificultade e duración:
-Serra do Xurés: Mina das Sombras (val de Vilameá); río Vilameá; Padrendo; cabaniña do Curro; de
Guende ás Gralleiras A Fontefría; de Guntumil a Pitões;
-Serra de Queguas: A Chaira: camiño entre Vilar e Queguas (bosque de Queguas, pallozas de Corrales,
dolme Casa da Moura)
-Monte do Quinxo e barranco de Olelas
-Val do Río Caldo e Corga da Fecha
-Serra de Santa Eufemia
-Serra do Pisco
Os incendios deixaron a súa
pegada no Xurés.
PROBLEMAS
Incendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión,
abandono do rural, extinción de especies, especies invasoras...…
Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o
gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao
longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo
descarnado.
MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
Abril 2016

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
monadela
 

Ähnlich wie Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés (20)

Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
LIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/MasmaLIC Ría de Foz/Masma
LIC Ría de Foz/Masma
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 

Mehr von monadela

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

  • 1. Parque NaturalParque Natural Baixa LimiaBaixa Limia Serra do XurésSerra do Xurés
  • 2. SUPERFICIE: 29.345 ha CONCELLOS:Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Calvos de Randín, Lobeira (Ourense).
  • 3. Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). Ten un gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.
  • 4. PROTECCIÓN: Parque Natural (febreiro 1993) e ampliado en outubro de 2009. Forma parte tamén da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais: “Baixa Limia-Serra do Xurés” (31.287 ha) e “Baixa Limia” de 33.920 ha; da Zona especial de conservación (ZEC) “Baixa Limia” (33.921 ha) e da Reserva da Biosfera “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés” A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal. Trátase do primeiro parque transfronteirizo designado como EUROPARC (GêresXurés) pola FNNP. Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004).
  • 5. O parque natural inclúe varias zonas de Reserva Integral, en áreas de valor natural moi alto nas que prevalece a conservación sobre calquera outro tipo de actividade: o Barranco de Olelas, os cumios e amesetamentos superiores da serra do Xurés, o Barranco da Cruz de Touro (ao sur de Santa Eufemia) e o contorno da Barxa, no val do río Salas. Olelas
  • 6. O RELEVO Unha sucesión de serras compartidas entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, montes do Quinxo, Santa Eufemia, Cruz de Piñeiro, Xurés, Pisco e A Pena. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés. A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar a un relevo abrupto de picos espectaculares e grandes bolos rochosos.
  • 7. Destaca pola súa paisaxe agreste de masas graníticas (especialmente O Quinxo, Xurés e Santa Eufemia) en contraste con serras de contornos máis suaves. A altitude oscila entre os 125 e os 1.540 m sobre o nivel do mar, e a maior parte da zona está por enriba dos 1.000 m. Dominan as áreas ocupadas por extensos rochedos e as pendentes abruptas. Serra do Xurés desde o alto da serra de Queguas
  • 8. SERRA DO LABOREIRO Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. O pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro, afluente do Limia.
  • 9. SERRA DE QUEGUAS Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Leboreiro, rodeada polos vales dos ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m e Pena Grande, con 1.208 m. Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos.
  • 11. MONTES DO QUINXO Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.
  • 12. Montes do Quinxo en Olelas
  • 13. SERRA DE SANTA EUFEMIA Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha gran área da serra está declarada Reserva Integral
  • 14. SERRA DO XURÉS/GERÈS Con orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. O primeiro tramo da serra, ao leste da Portela do Homen, coñécese co nome de Serra da Cruz do Piñeiro.
  • 16. SERRA DO PISCO Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe de castelos e bolos moi erosionada.
  • 17. SERRA DA PENA Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín no límite con Portugal. O punto máis alto é o Monteagudo con 1.363 m. Hai unha grande área de migmatitas e algún neis glandular da serie llo de Sapo. Hai tamén unha gran intrusión de granito de dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita.
  • 18. Os Pitoes FORMACIÓNS ROCHOSAS DESTACADAS: Os anos de erosión crearon formas curiosas nos granitos das serras.
  • 20. As Gralleiras (Serra do Xurés) Pica de Illa (serra do Quinxo)
  • 22. GLACIARISMO: No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares, vales glaciares (Vilameá -punto de interese xeolóxico-); moreas glaciares (Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).
  • 23. Val glaciar de Vilameá, rochas laterais e moreas.
  • 24. CLIMA: As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas e ecosistemas de gran riqueza biolóxica.
  • 25. OS RÍOS O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica (Lindoso, As Cunchas, Grou e Salas).
  • 26. RÍO LIMIA/LIMA Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desemboca en Viana do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.
  • 27. O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.
  • 28. Río Salas Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da Portela, Pozo Negro
  • 29. Encoro do Salas desde o alto do Pisco
  • 30. Río Caldo Nace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá. O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais. Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha). Corga da Fecha nun afluente do Río Caldo.
  • 31. Área termal no río Caldo, en Lobios
  • 32. Río Barcia ou Castro Laboreiro Nace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas. Pozas do Mallón
  • 33. Río Nau Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.
  • 34. Río Pacín ou da Montaña Baixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil. Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña), Pozo Caído (río Pacín).
  • 35. Río Grou Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral. Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da Ramallosa (Fragoso). Corga de Castrelo
  • 36. FLORA As características climáticas da zona, de transición entre a zona atlántica e a mediterránea, dan lugar a unha gran riqueza florística (máis de 600 especies) na que se mesturan especies de ambos tipos con diversidade de hábitats terrestres e acuáticos: fragas, pradeiras de montaña, turbeiras, matogueiras, bosques de ribeira, pradeiras húmidas, ríos, encoros... onde se atopan numerosos endemismos ibéricos e locais.
  • 38. Mato de uces e carqueixas nos montes do Quinxo.
  • 39. Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.
  • 40. Érbedo (Arbutus unedo). Arbusto ou pequena árbore que en Galiza aparece nas áreas de clima con influencia mediterránea.
  • 41. Sanguiño (Rhamnus frangula). Árbore de pequeno porte que gosta de humidade. Aparece á beira dos ríos e dos regueiros..
  • 42. Lirio do Xurés (Iris boissieri) iridácea endémica galaico-portuguesa, unha das especies máis emblemáticas do parque natural, que ten aquí a maior poboación das tres coñecidas en España e que está considerada en perigo crítico de extinción. Eryngium duriaei juresianum, un cardo endémico da Serra do Xurés.
  • 43. Armeria humilis. Un endemismo dos cumes do Xures e Leboreiro.
  • 44. Sedum forsteranum. So se atopa no sur-leste de Galiza. Paradisea lusitanica. Unha liliácea endémica do Norte de Portugal e NO de España. Atópase no sur de Galiza.
  • 45. ÁRBORES SENLLEIRAS Carballos (Quercus robur): -Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro). -San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
  • 46. ÁRBORES SENLLEIRAS Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica). -Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)
  • 47. ÁRBORES SENLLEIRAS Sobreiras (Quercus suber) -Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).
  • 48. FAUNA A Serra do Xurés acolle unha importante representación da fauna silvestre galega que se atopa en todo tipo de hábitas acuáticos ou terrestres. Conta coa presenza de numerosas especies escasas e consideradas en perigo ou vulnerables. Cabra fera (Cabra pirenaica victoriae). Foi introducida desde 1997 en substitución do endemismo local (Capra pyrenaica subsp. lusitanica) extinta en 1892.
  • 49. MAMÍFEROS: Censadas máis de 30 especies: destaca a presenza do desmán (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), así como os quirópteros, con especies pouco coñecidas, como o morcego da fraga (Barbastella barbastellus). Citouse tamén o leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea. Morcego de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) Donicela (Mustela nivalis)
  • 50. AVES: Máis de 140 especies. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como é o caso da aguia real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), e o bufo real (Bubo bubo) cunha pequena poboación nidificante reforzada coa solta de varios exemplares. Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o miñato abelleiro (Pernis apivorus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), e o falcón peregrino (Falco peregrinus). Aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus) Bufo real (Bubo bubo).
  • 51. Aves ligadas aos rochedos e matogueiras de montaña, con moitas especies de distribución máis ou menos localizada en Galiza: o pombo pequeno (Columba oenas), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a pica campestre (Anthus campestris), o pedreiro rubio (Oenanthe hispanica), os merlos rubio (Monticola saxatilis), e azul (Monticola solitarius), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e o escribente hortelán (Emberiza hortulana). Pica campestre (Anthus campestris)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
  • 52. O espazo (xuntamente co Parque Nacional Peneda-Gerês) acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a pica das árbores (Anthus trivialis), a a papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanzo vermello (Lanius collurio ), o cardeal ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella). O cruzabico (Loxia curvirostra), ten aquí unha das súas poucas (quizais a única) zona de cría en Galiza. Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus) con concentracións moi notables no encoro do Salas, e a cría da píllara pequena (Charadrius dubius). Mergullón cristado (Podiceps cristatus).Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula),
  • 53. RÉPTILES: 15 especies: destacan a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), a cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), a cobra riscada (Rhinechis scalaris) e, singularmente, a víbora fociñuda (Vipera latasti) que só se atopa en contados puntos da provincia de Ourense. Lagarta rabuda (Psammodromus algirus) Cobregón, cobra rateira (Malpolon monspessulanus), a cobra galega que pode acadar o maior tamaño, case 2 m de lonxitude. Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
  • 54. Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Macho adulto e cría.
  • 55. ANFIBIOS 12 especies. Destaca a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal. Saramaganta, píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), habita nos numerosos regatos de augas rápidas en vagoadas máis ou menos sombrizas,
  • 56. PEIXES: Coñécense seis especies, entre as que destacan como máis características o barbo (Barbus bocagei) (a súa distribución en Galiza restrínxese ás concas do Limia e do Támega), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento (Gasterosteus gymnurus). Espiñentos na lagoa dos Carríns
  • 57. INVERTEBRADOS: destaca a presenza da lesma (Geomalacus maculosus), a vacaloura (Lucanus cervus), e o cabalo do demo (Macromia splendens) (incluídas no Anexo II da Directiva Hábitats) e a bolboreta (Erebia triarius subsp. Mendesi). Cigarra (Cicadetta montana). Antes de converterse no adulto da imaxe a larva pasa varios anos enterrada zugando saiba das raíces das árbores e matogueiras. Bolboreta (Erebia triarius) Chlorophorus trifasciatus, un escarabello de cornos longos.
  • 58. HISTORIA/PATRIMONIO CULTURAL As terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico. Dolme “Casa da Moura” na Serra de Queguas.
  • 59. A Baixa Limia foi unha importante zona de pasoa na época romana. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga. Calzada romana en Riocaldo (Lobios)
  • 61. Pontella no río da Montaña, en Queguas.
  • 62. Albariza. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas. Chivana, un refuxio de pastores típico das montañas do Xurés.
  • 64. Capela da Nosa Señora do Xurés (Lobios).
  • 65. Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas)
  • 66. Mina das Sombras (Lobios). Nos cumes da serra do Xures atópase volframio que foi explotado, sobre todo, durante a II Guerra Mundial. Pecharon definitivamente na década de 1970.
  • 67. USOS E APROVEITAMENTO Agrogandeiro, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica…. Destaca a raza de vacas autóctonas “cachena” de Olelas e os cabalos garranos. Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que se está levando a cabo un programa de recuperación.
  • 68. As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.
  • 69. Alvite, um dos asentamentos máis altos na Serra do Xurés.
  • 70. Centro de Información do Parque Natural, en Lobios.
  • 71. ITINERARIOS NATURAIS: Por toda a área do Parque Natural hai indicados intinerarios de distinta dificultade e duración: -Serra do Xurés: Mina das Sombras (val de Vilameá); río Vilameá; Padrendo; cabaniña do Curro; de Guende ás Gralleiras A Fontefría; de Guntumil a Pitões; -Serra de Queguas: A Chaira: camiño entre Vilar e Queguas (bosque de Queguas, pallozas de Corrales, dolme Casa da Moura) -Monte do Quinxo e barranco de Olelas -Val do Río Caldo e Corga da Fecha -Serra de Santa Eufemia -Serra do Pisco
  • 72. Os incendios deixaron a súa pegada no Xurés. PROBLEMAS Incendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión, abandono do rural, extinción de especies, especies invasoras...… Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo descarnado.
  • 73.
  • 74. MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro Abril 2016