SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 62
Poemas da natureza
O TEMPO
Uxío Novoneyra
REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.
Corre o vento na erba de gadañar.
Canta a cousa que non canta
canta a chicharra na erba
canta a erba na gadaña.
/
ABANICA a labrandeira no beirón da presa.
A auga non pasa. Corre brilla espella.
/
CHAMA a sombra.
Xa non se óin os chíos
dos paxariños
tan d’acotío sonan.
O centeo correndo ó vento
i eu quedo n’eso que un non nembra
nin esquece
de tan lene e fondo que chega.
ESTÁ o aire enfexo
n’algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados...
ENFEXO: entregado por
completo.
VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
SOUTO sin folla! Cerdeiras
roxas e bidueiras marelas!
/
DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas
as bouzas roxas pardecen cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.
PASA o sol lene
sobor do souto quedo que afonda
na morte longa
como se il non fora
o Pai Sol. Recenden
as derradeiras froitas refeitas.
Calan as aves que quedan.
Na tarde
todo quere ser o aire...
Cain as follas dando voltas
e fican todas ó pe da árbore.
CEMBAS d’arandeiras!
Argana da Pena Branca
baixo das matas d’abraira
entr’as pestanas da pena!
Ven dos castiñeiros
un ventiño pequeno
abalala...
NEBRAS DE VERLO DE OVELLA: nubes
en forma de guedellas de ovella. Cirrocúmulos.
INORDE a fatos pra León
nebras de verlo de ovella
cardiadas brancas e mestas.
Ollándoas altas traspor
riba das taras marelas
ún soña nas lonxes terras...
O ruxir do carrozo
o ceo do fondo do pozo.
Todo sabe e deixa ver
que vai chover.
Eu sein o que oio
no souto soio
e non sein
o que sein.
CHOVE pra que eu soñe...
CHOVE
non sein desd’onde nin pra onde...
No quedo da tarde
ollo longo nembrando choivas d’antes.
BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda a nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña.
BARBAÑA: chovisca, chuvia miúda.
CHOVE nas veigas sin que se oia.
Unha tras outra
cain as follas dando voltas.
Ollando a serra calada
ún agarda
unha cousa queda e lonxana.
CHOVE xunto e miudo...
Como siga unhos días iste tempo
vai dar gusto
ver cubertas de mofo as penas
as paredes vellas
as ourelas dos ríos
i as presas
as estoldas dos muíños
os teitos
os castiñeiros xa sin folla
i as árbores todas.
NACEN as tollemerendas
polos campazos i os chaos
na Cemba da Remesqueda
no Souto de San Romao.
Cai a choiva que dá sono
no quedo serán dos prados
i eu cravo enviso os meus ollos
sin ver o que estoun ollando...
ESTO sí é chover e ventare!
Que noite pra mariñeiros e camiñantes!
Metidiño na camiña
tapadiño hastr’as orellas
sinto zapicar as beiras
entr’o vento que axubría...
BEIRAS: auga que cae dos
beirados das cubertas.
“Chove
na casa do probe”
CHOVE no monte e nas viñas
Envolca a auga en regueiras
e ailí onde cain as beiras
baila muiñeiras miudiñas...
1
CAI a chuvia soñando
cai o espacio engaiolado.
2
CHOVE
e sólo o quedo se move.
Enviso n’algo que non deixo
teño su beirado
da cabana o xeito calado
do val na follata de freixo
o rebolo i as herbas cargadas
de pingoadas.
CHOVE pausiño pras sombras
chove pra baixo e pra riba.
O aire do sono en sono
a auga pinga que pinga...
Ven a noite polos eidos...
Vaise a tarde que nin xeme
decindo adeus con un xeito
que non sein nin se me esquece.
CHOVE maina e calada.
Veinse os fíus da auga
contra as bandas das penas...
En soutos e devesas
as pingoadas esbaran e baixan
petando de folla en folla.
Por veces
co vento a ruxidoira
medra i esvece
en ondas que ún alonga...
PINGOADAS: pingas de
auga.
LOAIRAS: lampos errantes de sol ou lúa,
con vento e nubes espalladas.
LOAIRAS de sol!
ventaladas d’aire
e razadas d’auga!
/
DENDE nino pequeno
voun ver sempre o ríu que ameteu
que me fai ise aceno
que sein eu.
RAZADAS: golpes de vento, choiva ou
sol.
TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oíu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz a auga a goforón.
Regan os prados a cachón.
Dinde nino pequeno
vou ver sempre o río que ameteu
que me fai ise aceno
que sein eu.
AMETEU: medrou de
caudal.
OLLO o ceo mouro cun medo antergo.
Torna a abella ó trobo
a anduriña cingue o voo.
Van a nebras do trono nun son agoreiro.
ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
brúa nos castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas.
ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.
TARAS altas campas
onde o sol non pasa
esvece na hora alta!
/
MONTES do Leste
ó sol que esvece!
Mofo que eu ollo
no souto solo
cando ún quere
a cousa máis lene!
SOL QUE ESVECE: que
esvaece, desaparece.
QUE é a coor do ucedo?
(Van os tesos pro Inverno).
É a serra que ó ceo se enleva?
É o ceo que baixa?
É a nebra
ou a brétema da ollada?
Non sein qué agarda a terra
qué agarda a alma.
Eu ben sein que é certa a seguranza.
Eu non sein se é certa a seguranza.
Mais
eilí onde o ollar vai e ven un xeito
hai algo certo.
Ben o soupo de nino o ollar pirmeiro.
E inda ha volver teimar a teima.
Por onde me veo esta certeza
heina volver perder e volver éla.
NEBRAS
LONGAS altas fiañas
nin quedas nin pasan
tirando das cousas non contadas
que así me paran... NEBRA: néboa: nubes baixas (estratos)
BRÉTEMA: néboa lixeira
ZOA o vento e relumbra polas uces.
Sai o sol e súmese nas nebras.
Polos montes baixan e ruben
sombras longas esgadas e negras...
/
PASAN as nebras porriba da braña
e polo monte o sol a manchas-
Eu debruzado na presa
enviso nela.
Pasan as nebras por baixo da auga...
PASAN pasan as nebras...
Eu sinto que me deixan e me levan..
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Esta door que agarda só que a acendan!
Ise algo meu que en todo se me queda!
AGROS restrellas bouzas taros das penas
ucedos da serra pecha
cando pasan as nebras i o inverno negrea!
/
EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro
ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
/
UCEDO pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!
O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno.
MAÑÁNS de xeada!
Espertar co día á ventan
encollerse na cama
achegar a roupa á cara
i ouvir andar tropeando pola casa.
Canta a vaca
cas astas na escada.
Canta o galo
pandeando o corpo i o canto.
XEA
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo....
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.
TREMPOS: bloques de terra, neve ou auga
xeados. Bloques soltos de lazo.
TOURÓN: chan endurecido polas grandes xeadas.
TROUSOS: neveiros, pilas de neve.
Restos de neve que quedan nos tesos.
CARAMBELOS: CARAMBOS, auga
conxelada penduradas das beiras das pedras e
cubertas.
AUGA XEADA no
camiño.
TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos
por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas
escazurrado
ouveando polas penas...
Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!
Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.
Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!
Xeadas brancas e negras!
Castiñeiros do Estreito!
Prados da Veiga do Couso!
Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!
LAZ: lama con xeo.
XABREIRO: terreo frío e pouco
soleado.
carambelos
PENAS da Garamela
que eu ollo da cama
nas mañáns caladas
cando a raia do sol chega
ó Penedo Furado
e derrétese o pano
dos cristales xeados!
NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
Eu a ollar pro lume
i o lume a ollarme.
O lume sin queimarme
fai de min fume.
PACEN as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co’elas.
Febreiro chove
febreiro xea
febreiro neva
neve lixeira...
DOBRAN as campás da neve.
A alma de seu gardada
tornouse inda máis calada
e nin pode nin se astreve.
Falopiña a falopiña
vai branquexando a cortiña.
Cada miniña seu sono
cada copo sua flairiña.
FALOPIÑA: folerpa, farrapo de
neve.
NEVA
e non leva
Todo o tempo a unha hora.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Cai a neve polvoriña
cai a neve a plomo
como nun ámeto pechado
cai a neve fora...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
QUEDO nevaba.
Tra-la fiestra
deixei cair os brazos.
O espacio alumouse
e xa non cai a neve
cai o espacio...
NORDE último
das campanas da neve!
Frol do fumo!
Frol de silencio ceibe!
ESTRELAMPADA de maio
romaxe d’avelaíñas!
Embarrosada d’orvallo
flaira d’abraira á pinga!
Corpiño de bidueira
delgada e ben seguida
que ten pro vento maneiras
ollos de auga movida!
ESTRELAMPAR:
escampar.
ORVALLO: rosada, chuvia fina.
FOTOS
Adela Leiro, Mon Daporta
TEXTOS
Uxío Novoneyra
(Os eidos, Poemas de doada
certeza)
Marzo de 2010

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Cabanillas e a natureza-os meses
Cabanillas e a natureza-os mesesCabanillas e a natureza-os meses
Cabanillas e a natureza-os meses
iesasorey
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
monadela
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
Encarna
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
monadela
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
Reme Rbm
 

Was ist angesagt? (20)

Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Cabanillas e a natureza-os meses
Cabanillas e a natureza-os mesesCabanillas e a natureza-os meses
Cabanillas e a natureza-os meses
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Tempo
TempoTempo
Tempo
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
A primavera. Manuel Curros Enríquez
A primavera.  Manuel Curros EnríquezA primavera.  Manuel Curros Enríquez
A primavera. Manuel Curros Enríquez
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a natureza
 

Ähnlich wie Novoneyra "A natureza-o tempo"

Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
iesasorey
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
monadela
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
Plastilina3
 
Raúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO BRaúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO B
Loli Cid Cid
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
cenlf
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e Iria
Loli Cid Cid
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
iesasorey
 

Ähnlich wie Novoneyra "A natureza-o tempo" (20)

Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
O courel de uxío
O courel de uxíoO courel de uxío
O courel de uxío
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Raúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO BRaúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO B
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Inverno
InvernoInverno
Inverno
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e Iria
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
Poemas BatallOns
Poemas BatallOnsPoemas BatallOns
Poemas BatallOns
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 

Mehr von monadela

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Novoneyra "A natureza-o tempo"

  • 1. Poemas da natureza O TEMPO Uxío Novoneyra
  • 2. REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. / ABANICA a labrandeira no beirón da presa. A auga non pasa. Corre brilla espella. / CHAMA a sombra. Xa non se óin os chíos dos paxariños tan d’acotío sonan.
  • 3. O centeo correndo ó vento i eu quedo n’eso que un non nembra nin esquece de tan lene e fondo que chega.
  • 4. ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados... ENFEXO: entregado por completo.
  • 5. VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo...
  • 6. SOUTO sin folla! Cerdeiras roxas e bidueiras marelas! / DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O vento solo no souto do outo outono.
  • 7. PASA o sol lene sobor do souto quedo que afonda na morte longa como se il non fora o Pai Sol. Recenden as derradeiras froitas refeitas. Calan as aves que quedan. Na tarde todo quere ser o aire... Cain as follas dando voltas e fican todas ó pe da árbore.
  • 8. CEMBAS d’arandeiras! Argana da Pena Branca baixo das matas d’abraira entr’as pestanas da pena! Ven dos castiñeiros un ventiño pequeno abalala...
  • 9. NEBRAS DE VERLO DE OVELLA: nubes en forma de guedellas de ovella. Cirrocúmulos. INORDE a fatos pra León nebras de verlo de ovella cardiadas brancas e mestas. Ollándoas altas traspor riba das taras marelas ún soña nas lonxes terras...
  • 10. O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa ver que vai chover. Eu sein o que oio no souto soio e non sein o que sein.
  • 11. CHOVE pra que eu soñe...
  • 12. CHOVE non sein desd’onde nin pra onde... No quedo da tarde ollo longo nembrando choivas d’antes.
  • 13. BARBAÑA barbaña... Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña.
  • 15. CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas. Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda e lonxana.
  • 16. CHOVE xunto e miudo... Como siga unhos días iste tempo vai dar gusto ver cubertas de mofo as penas as paredes vellas as ourelas dos ríos i as presas as estoldas dos muíños os teitos os castiñeiros xa sin folla i as árbores todas.
  • 17. NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. Cai a choiva que dá sono no quedo serán dos prados i eu cravo enviso os meus ollos sin ver o que estoun ollando...
  • 18. ESTO sí é chover e ventare! Que noite pra mariñeiros e camiñantes! Metidiño na camiña tapadiño hastr’as orellas sinto zapicar as beiras entr’o vento que axubría...
  • 19. BEIRAS: auga que cae dos beirados das cubertas.
  • 20. “Chove na casa do probe” CHOVE no monte e nas viñas Envolca a auga en regueiras e ailí onde cain as beiras baila muiñeiras miudiñas...
  • 21. 1 CAI a chuvia soñando cai o espacio engaiolado. 2 CHOVE e sólo o quedo se move. Enviso n’algo que non deixo teño su beirado da cabana o xeito calado do val na follata de freixo o rebolo i as herbas cargadas de pingoadas.
  • 22. CHOVE pausiño pras sombras chove pra baixo e pra riba. O aire do sono en sono a auga pinga que pinga... Ven a noite polos eidos... Vaise a tarde que nin xeme decindo adeus con un xeito que non sein nin se me esquece.
  • 23. CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas das penas... En soutos e devesas as pingoadas esbaran e baixan petando de folla en folla. Por veces co vento a ruxidoira medra i esvece en ondas que ún alonga...
  • 25. LOAIRAS: lampos errantes de sol ou lúa, con vento e nubes espalladas. LOAIRAS de sol! ventaladas d’aire e razadas d’auga! / DENDE nino pequeno voun ver sempre o ríu que ameteu que me fai ise aceno que sein eu.
  • 26. RAZADAS: golpes de vento, choiva ou sol.
  • 27. TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu sólo foi pra quen a oíu. Ameteu o río ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz a auga a goforón. Regan os prados a cachón. Dinde nino pequeno vou ver sempre o río que ameteu que me fai ise aceno que sein eu.
  • 29. OLLO o ceo mouro cun medo antergo. Torna a abella ó trobo a anduriña cingue o voo. Van a nebras do trono nun son agoreiro.
  • 30. ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas brúa nos castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas. ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.
  • 31. TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES do Leste ó sol que esvece! Mofo que eu ollo no souto solo cando ún quere a cousa máis lene! SOL QUE ESVECE: que esvaece, desaparece.
  • 32. QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? Non sein qué agarda a terra qué agarda a alma. Eu ben sein que é certa a seguranza. Eu non sein se é certa a seguranza. Mais eilí onde o ollar vai e ven un xeito hai algo certo. Ben o soupo de nino o ollar pirmeiro. E inda ha volver teimar a teima. Por onde me veo esta certeza heina volver perder e volver éla.
  • 33. NEBRAS LONGAS altas fiañas nin quedas nin pasan tirando das cousas non contadas que así me paran... NEBRA: néboa: nubes baixas (estratos) BRÉTEMA: néboa lixeira
  • 34. ZOA o vento e relumbra polas uces. Sai o sol e súmese nas nebras. Polos montes baixan e ruben sombras longas esgadas e negras... / PASAN as nebras porriba da braña e polo monte o sol a manchas- Eu debruzado na presa enviso nela. Pasan as nebras por baixo da auga...
  • 35. PASAN pasan as nebras... Eu sinto que me deixan e me levan.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Esta door que agarda só que a acendan! Ise algo meu que en todo se me queda!
  • 36. AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras i o inverno negrea! / EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
  • 37. PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
  • 38. FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
  • 39. O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.
  • 40. MAÑÁNS de xeada! Espertar co día á ventan encollerse na cama achegar a roupa á cara i ouvir andar tropeando pola casa. Canta a vaca cas astas na escada. Canta o galo pandeando o corpo i o canto.
  • 41. XEA Fai un frío que queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousos os carambelos! Cruza un lobo.... Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.
  • 42. TREMPOS: bloques de terra, neve ou auga xeados. Bloques soltos de lazo.
  • 43. TOURÓN: chan endurecido polas grandes xeadas.
  • 44. TROUSOS: neveiros, pilas de neve. Restos de neve que quedan nos tesos.
  • 45. CARAMBELOS: CARAMBOS, auga conxelada penduradas das beiras das pedras e cubertas.
  • 47. TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas escazurrado ouveando polas penas... Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido! Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos. Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia! Xeadas brancas e negras! Castiñeiros do Estreito! Prados da Veiga do Couso! Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!
  • 49. XABREIRO: terreo frío e pouco soleado.
  • 51. PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia do sol chega ó Penedo Furado e derrétese o pano dos cristales xeados!
  • 52. NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume.
  • 53. PACEN as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co’elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira...
  • 54. DOBRAN as campás da neve. A alma de seu gardada tornouse inda máis calada e nin pode nin se astreve. Falopiña a falopiña vai branquexando a cortiña. Cada miniña seu sono cada copo sua flairiña.
  • 56. NEVA e non leva Todo o tempo a unha hora. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Cai a neve polvoriña cai a neve a plomo como nun ámeto pechado cai a neve fora... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
  • 57. QUEDO nevaba. Tra-la fiestra deixei cair os brazos. O espacio alumouse e xa non cai a neve cai o espacio...
  • 58.
  • 59. NORDE último das campanas da neve! Frol do fumo! Frol de silencio ceibe!
  • 60. ESTRELAMPADA de maio romaxe d’avelaíñas! Embarrosada d’orvallo flaira d’abraira á pinga! Corpiño de bidueira delgada e ben seguida que ten pro vento maneiras ollos de auga movida! ESTRELAMPAR: escampar.
  • 62. FOTOS Adela Leiro, Mon Daporta TEXTOS Uxío Novoneyra (Os eidos, Poemas de doada certeza) Marzo de 2010