SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 197
VIGO
A NATUREZA
Vista desde a Serra do Galiñeiro
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal
Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen
grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión
Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai
numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios
deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de
sendeirismo.
SUPERFICIE: 612,2 km2
POBOACIÓN: 421.558
habitantes (2015)
CONCELLOS: Baiona,
Fornelos de Montes,
Gondomar, Mos, Nigrán,
Pazos de Borbén, O Porriño,
Redondela, Salceda de
Caselas, Soutomaior e Vigo.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
P N “Illas Atlántica de Galiza”
-LICs: “Illas Cíes”, “Enseada
de San Simón”, “ A
Ramallosa”, “Gándaras de
Budiño” e “Río Tea”
CLIMA
Costa de Baiona no inverno
O clima é temperado, suave, como corresponde á súa situación nas Rías Baixas, con variantes
microclimáticas propiciadas pola diferente orientación dos vales e a altitude dos montes.
ACTIVIDADES
Polígono industrial e canteiras do Porriño
A comarca de Vigo está moi densamente poboada, con máis da metade dos habitantes
concentrados na cidade de Vigo, centro comercial e de servizos.
As actividade industriais concéntanse nas áreas de Vigo e O Porriño. No resto da comarca
practícase tamén a agrogandaría e as explotacións forestais.
Destaca a actividade pesqueira nas localidades costeiras, en especial en Vigo e o cultivo de
albariño acollido á DO Rías Baixas.
Asteleiro en Vigo
Lonxa de Vigo
PATRIMONIO
As Penisas Pequenas (Monteferro, Nigrán). Conxunto de petróglifos e muíños rupestres.
Toda a comarca estivo poboada desde tempos remotos e conserva importantes mostras de
patrimonio arqueolóxico (castros, petróglifos, mámoas), etnográfico (muíños, pontellas,
pasos, hórreos, núcleos tradicionais, patrimonio marítimo...) e artístico (igrexas, pazos,
edificios urbáns, pontes, monumentos, museos...)
Dolme de Meixueiro (Mos)
Castro de Vigo
Castro de Alcabre en Vigo
Ex Colexiata de Santa María (Baiona)
Capela de Santa Marta (Baíña, Baiona)
Igrxa de Santa Liberata (Baiona)
Igrexa de Donas (Gondomar) Igrexa de Peitieiros (Gondomar)
IgrExa de Santa María de Guizán (Mos)
Igrexa de San Salvador de Louredo (Mos)
Igrexa de Panxón (Nigrán)
do arquitecto Antonio Palacios
Restos da capela visigótica de Panxón
(Nigrán), de finais do século VII.
Redondela, Convento de Vilavella
Capela da Peneda (O Viso, Redondela)
Igrexa de Arcade (Soutomaior)
Igrexa de Soutomaior
Capela de San Caitano en Soutomaior
Igrexa de Coruxo (Vigo)
Igrexa de Santiago de Bembrive (Vigo)
Igrexa de Santa María de Castrelos (Vigo)
Igrexa de Navia (Vigo)
Cruceiro da Trinidade (Baiona)
Fortaleza do Castro (Vigo)
Castelo de Monterreal, no Monte do Boi (Baiona)
Hai un sendeiro natural que permite rodealo e desde o
que se pode gozar de excelentes vistas da costa.
Pazo de Aballe (Salceda de Caselas)
Pazo do Pegullal (Salceda de Caselas)
Pazo Quiñones de León (Vigo)
Acolle o Museo Municipal de Vigo
Museo do Mar de Vigo
Illas de San Simón e San Antón, declaradas Ben de
Interese Cultural en 1999.
Na actualidade acollen o Centro de Recuperación da
Memoria que conta con auditorio, biblioteca, escola
do mar, esculturas...
CONCELLOS
SUPERFICIE: 35,3 km2
POBOACIÓN: 12.072 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Baíña, Baiona (Sta. María e Sta. María de Fora), Baredo, Belesar e A Ramallosa
Vista de Baiona desde o alto da Virxe da Rocha
BAIONA
Ocupa o extremo SO da comarca. O territorio do concello aséntase nas abas do norte da serra
da Groba, que baixan desde os cumes, de máis de 600 m, ao mar; e un curto tramo do final do
val e o esteiro do río Miñor; polo que conta cunha paisaxe rica e variada na que se atopa un
tramo de costa rochosa exposta, entre cabo Silleiro e o monte do Boi, un tramo de costa
abrigada con boas praias, dentro da badía, o esteiro do Miñor, protexido como LIC, e a serra
da Groba.
A vila de Baiona é na actualidade un dos centros turísticos máis
coñecidos de Galiza que conta cun concurrido porto deportivo. Foi
durante os séculos XVI e XVII a base da flota defensiva de Galiza e o
lugar da arribada da primeira carabela que viña de América.
As principais actividades son os servizos (especialmente o turismo), a industria e a pesca.
Baiona conserva un importante patrimonio: igrexas, castelos, cascos tradicionais, patrimonio
marítimo...
Hai varios sendeiros e rutas naturais nos que se pode gozar de paisaxes de costa, ríos e vistas
panorámicas.
Virxe da Rocha, imaxe monumental deseñada polo
arquitecto Antonio Palacios. Está situada nun outeiro
ao pé da vila. A propia imaxe é un mirador ao que se
ascende por unha escaleira interior.
Vista de Fornelos de Montes desde Coto Eiras
FORNELOS DE MONTES
Atópase ao NE da comarca e ocupa a parte máis alonxada da costa de toda a comarca e
tamén é a de releve máis accidentado. Abrangue territorios na serra do Suído e Coto Eiras, a
cunca do río Parada, parte do val do río Oitavén e o encoro de Eiras, e a metade leste do val
do río Barragán.
SUPERFICIE: 83 km2
POBOACIÓN: 1.714 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Calvos, Estacas,
Fornelos de Montes, A Laxe,
Oitavén, Traspielas e Ventín
Oitavén, rodeado polos ríos Oitavén
e Barragán, no encoro de Eiras.
As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais e os servizos.
Fornelos de Montes ofrece paisaxes de montaña, bosques de carballos e ríos con rápidos e
fervenzas nos que se poden realizar diversas rutas de sendeirimo.
Tamén conserva un rico patrimonio cultural: muíños, pontes, igrexas, núcleos tradicionais...
Acueduto no monte da Cidade
Vista xeral do concello de Gondomar desde o Galiñeiro
SUPERFICIE: 74,4 km2
POBOACIÓN: 14.192 habitantes (2016)
PARROQUIAS: Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e
Vincios.
GONDOMAR
Atópase ao sur da comarca. O territorio do concello ten inclinación cara ao noroeste. Baixa
desde a serra da Groba ao sur (con alturas próximas aos 500 m) e os montes do Galiñeiro (699
m) ao leste, aos ríos Zamáns e Miñor.
Detalle da igrexa de Mañufe
As principais actividades son os servizos, a industria, as explotacións forestais... Un bo
número de persoas traballan fora do concello, especialmente na industria.
Gondomar conserva un interesante patrimonio cultural (igrexas, pazos) e natural. Nos
montes do Galiñeiro pódense facer rutas de sendeirismo e prácticas de escalada.
Acueduto de Bravos (Gondomar)
Vista do Mos coa zona sur da serra do Galleiro ao fondo
SUPERFICIE: 53 km2
POBOACIÓN: 15.324
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cela,
Dornelas, Guizán,
Louredo, Mos, Pereiras,
Petelos, Sanguiñeda,
Tameiga e Torroso.
MOS
Atópase ao leste da comarca. Aséntase no Val do Louro, na Depresión Meridiana, entre as
serras do Galiñeiro, ao oeste, e a do Galleiro, ao leste, ocupando o primeiro tramo do val do
río Louro.
O río Louro en Mos. Parte do Camiño Portugués segue o río
Louro e está acondicionado como sendeiro natural.
As principais actividades son a industria, os servizos, a construción e a actividade forestal.
Mos conserva un rico patrimonio: petróglifos, mámoas, igrexas, pazos...
Polo concello pasa o Camiño Xacobeo Portugués.
Igrexa de Santa María de Guizán (Mos)
Vista desde os montes da Groba: Monteferro, Panxón, A Ramallosa e frecha
da desembocadura do río Miñor sobre a que se asenta a praia Ladeira.
SUPERFICIE: 34,5 km2
POBOACIÓN: 17.715
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Camos,
Chandebrito, Nigrán, Panxón,
Parada, Priegue e A
Ramallosa.
NIGRÁN
Está situado ao oeste da comarca, no extremo sur da ría de Vigo. O territorio ten inclinación
NE-SO entre as estribacións da serra do Galiñeiro (Chandebrito 502 m) o val do río Miñor e o
mar. Os ríos, todos de curto percorrido, son afluentes Miñor agás o Muíños que desemboca
na praia América. A costa conta con areais extensos (Praia América, Panxón e Patos), áreas
rochosas (Monteferro) e illas (illas Estelas).
Praia de Arealoura (máis coñecida como praia América), Panxón e Monteferro. Panxón é unha vila mariñeira e turística
situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños ou Lourido.
As principais actividades son os servizos, a pesca, a industria e a agricultura.
Acolle un importante patrimonio: igrexas, núcleos tradicionaos, patrimonio marítimo...
En Nigrán hai dous espazos naturais de interese, protexidos como LICs, o esteiro da Ramallosa
e Monteferro e illas Estelas.
Vista de Pazos de Borbén desde Coto de Égoas, en Moscoso
SUPERFICIE: 50 km2
POBOACIÓN: 3.075
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Amoedo,
Borbén, Cepeda, A Ermida,
Moscoso, Nespereira, Pazos
e Xunqueiras.
PAZOS DE BORBÉN
Sitúase ao norleste da comarca, na zona de transición entre a serra do Galleiro e as
estribacións máis ao sur do Suído. Ocupa unha zona de cumes dos que arrancan, en todas
direccións, os vales, e os cursos, de numerosos ríos: cara ao sur o Borbén, afluente do Tea;
cara ao norte o Pequeno e o Barragán que van ao Oitavén; cara ao suroeste o Nespereira-
Louro e cara ao oeste o Alvedosa, polo que ten un relevo irregular e un clima un algo máis
chuvioso que o resto da comarca.
Nespereira desde o Galleiro
As principais actividades son os servizos, as actividades forestais e pequenas industrias.
Moitos habitantes traballan fora do concello.
Conserva petróglifos, muíños, igrexas... e un rico patrimonio natural na contorna dos ríos.
Penedo do Pedroso, onde converxen
os concellos de Pazos de Borbén,
Soutomaior e Redondela
Vista parcial do concello de Porriño
e os polígonos industriais das
Gándaras desde o Faro de Budiño.
SUPERFICIE: 61 km2
POBOACIÓN: 18.508 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Atios, Budiño,
Cans, Chenlo, Mosende,
Pontellas, O Porriño e Torneiros
O PORRIÑO
Atópase ao SE da comarca, no Val do Louro, na Depresión Meridiana. O relevo do Porriño ten
unha parte central chan, o interior da Depresión Meridiana que atravesa o concello de norte a
sur, ao leste os montes de Cans e de Budiño e ao oeste a serra do Galiñeiro. O río principal e o
Louro que no sur do concello mantén unha ampla zona de inundación as Gándaras de Budiño
dunha grande riqueza ecolóxica.
Casa do Concello do
arquitecto Antonio Palacios.
As principais actividades son a industria, a extracción e transformación do granito e os
servizos.
Acolle un rico patrimonio: igrexas, muíños, pontes...
Dentro do concello de Porriño atópase parte do espazo protexido, LIC Gándaras de Budiño e
varios tramos do Sendeiro das Greas que percorren os montes do concello pasando polos
lugares de maior interese histórico e paisaxístico.
Unha das pozas nas Gándaras de Budiño
Vista de Redondela e o esteiro do río Alvedosa desde o Galleiro
SUPERFICIE: 52 km2
POBOACIÓN: 29.909
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Cabeiro,
Cedeira, Cesantes, Chapela,
Negros, Quintela,
Reboreda, Redondela,
Saxamonde, Trasmañó,
Ventosela, Vilar da Infesta e
O Viso.
REDONDELA
Está situado ao oeste da comarca, á beira do mar. O relevo está marcado pola Depresión
Meridiana e os montes que a bordean, que en Redondela están próximos aos 500 m de
altitude, e a costa, que pola proximidade dos montes, é escarpada agás nas proximidades da
desembocadura do río Alvedosa, que forma un esteiro, e na praia de Cesantes.
Redondela, o río Alvedosa e un dos viadutos do tren
As principais actividades son a industria, os servizos e a pesca.
Consereva un rico patrimonio cultural: petróglifos, mámoas, casco histórico, pazos, igrexas,
muíños, pontes...
A costa do concello atópase dentro do LIC Enseada de San Simón.
A Portela e o Porto de Cesantes
Paisaxe de Salceda de Caselas desde os Montes de Budiño
SUPERFICIE: 36 km2
POBOACIÓN: 8.873
habitantes (2015).
PARROQUIAS: Budiño,
Entenza, Parderrubias, A
Picoña, Salceda (San Xurxo
e Santa María) e Soutelo.
SALCEDA DE CASELAS
Ocupa o extremo SE da comarca. O relevo presenta unha inclinación cara ao sur (que propicia
unha maior exposición ao sol que fai o clima máis cálido) desde os, aproximadamente, 400 m
das estribacións dos montes de Budiño ás proximidades do río Miño cara ao que baixan os
pequenos ríos do concello, Caselas e rego Ponte de Ferreiro.
Pedra traballada pola erosión
no Parque Forestal do Faro
As principais actividades son a construción, a industria, os servizos, aa explotación do granito
e o cultivo da vide.
Conserva igrexas, pazos, cruceiros... Dentro do concello pódese gozar do parque forestal do
Faro e percorrer dous tramos do Sendeiro das Greas.
Portal de acceso ao pazo do Pegullal, onde se atopa o
Carballo de San Bieito, un exemplar centenario.
Arcade desde A Peneda
SUPERFICIE: 25 km2
POBOACIÓN: 7.356
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Arcade e
Soutomaior
SOUTOMAIOR
Situado ao NO da comarca. O relevo está conformado polo tramo final do val dos ríos
Verdugo, Oitavén e o seu afluente Pequeno, e os montes que os rodean, o monte
Redondiñas, polo norte, e o Monzón, polo sur.
A costa, por atoparse ao fondo da ría, é abrigada, baixa, recortada e rochosa; de augas pouco
profundas na que quedan grandes áreas ao descuberto coa marea baixa que son lugares de
cría para diferentes clases de moluscos e zonas de abrigo e descanso para moitas aves
acuáticas e limícolas.
Castelo de Soutomaior. Lugar de interese monumental, paisaxístico e
botánico, que acolle unha das mellores colección de árbores de xardín da
As principais actividades son os servizos, a industria, a acuicultura, o marisqueo e o cultivo da
viña (acollida á D O Rías Baixas).
Conserva igrexas, castelos, pontes, núcleos tradicionais... e a costa está incluída no LIC
Enseada de San Simón.
Porto de Vigo e ría desde o monte
do Castro, un excelente miradoiro
sobre a cidade e a ría
VIGO
Ocupa a metade da fachada costeira da comarca. O relevo está conformado polas caídas, cara
ao norte e cara ao oeste, das estribacións da serra do Galiñeiro, e polas abas sur do monte
Ferreira, entre as que se extende o Val do Fragoso que acolle a cunca do río Lagares, ao que
van o Eifonso e o Barxa. No sur, o río Zamáns, que nace na cara norte do Galiñeiro leva as súas
augas ao río Miñor.
Na costa temos que distinguir dúas zonas: a das illas Cies, toda ela rochosa e exposta cara ao
mar aberto, e con algunhas boas praias na parte que da á ría; e a costa continental na que, a
pesar de ter case a metade da súa lonxitude ocupada por instalacións portuarias, se alternan
as zonas rochosas e areosas polo que conta con numerosas praias entre as que destaca, tanto
polo seu tamaño como polas súas infraestructuras, a de Samil.
SUPERFICIE: 108 km2
POBOACIÓN: 292.817 habitantes
(2016)
PARROQUIAS: Alcabre, Beade,
Bembrive, Cabral, Candeán,
Castrelos, Comesaña, Coruxo,
Freixeiro, Lavadores, Matamá,
Navia, Oia, Saiáns, Sampaio,
Sárdoma, Valadares, Vigo e
Zamáns.
Vigo é a cidade máis grande de Galiza, é o máis importante porto pesqueiro e conserveiro do Estado e un dos primeiros
de Europa. É o primeiro centro industrial de Galiza, no que destacan a construción naval, a produción de automóbiles e a
industria conserveira.
O concello de Vigo é a agrupación urbana máis grande de Galiza e máis do 70% da poboación
está concentrada na capital do concello.
As principais actividades son os servizos, a industria e a pesca.
Acolle un importante patrimonio cultural: castros, edificios urbáns, igrexas, museos, pazos...
Praia de Bouzas.
Unha das zonas
de Vigo que
conserva o seu
aspecto
tradicional.
A nivel natural Vigo conta, como elemento principal, coas illas Cies, que forman parte do
Parque Natural das Illas Atlánticas; con varios e interesantes parques urbáns, sobre todo o de
Castrelos cunha boa extensión e magníficos exemplares de árbores de distintas especies; doce
parques forestais, situados case todos en montes comunais das diferentes parroquias; varios
tramos do sendeiro das greas, que percorre os montes do concello e numerosos sendeiros
urbans.
Vistas de Vigo
RELEVO
Esteiro do Lagares e montes de Valadares (Alba, Cepudo), desde os que hai moi bos vistas sobre a cidade de Vigo e a ría
O territorio da comarca está atravesado de norte a sur pola Depresión Meridiana, flanqueada
polo leste polos montes de Soutomaior, a serra do Galleiro e os montes de Budiño e polo
oeste polos montes de Redondela e a serra do Galiñeiro; logo, desde os montes do oeste
baixa ata o mar, ocupando toda a metade sur da ría de Vigo, e desde os montes de
Soutomaior vai gañando altura cara ao leste polo Coto de Eiras ata superar os 1.000 m na
serra do Suído. O sur da comarca está marcado pola serra da Groba que fai de linde coa
comarca do Baixo Miño e o norte polo río Oitavén.
Monte Alba coa ría de Vigo ao fondo
Abrodia (Asphodellus albus), unha planta
que abonda nos cumes castigados polo lume.
Toxos e breixos, as plantas máis comúns no mato dos cumes
A vexetación é moi variada. Nos cumes das montañas máis altas domina o mato de toxos,
breixos, uces, xestas e carqueixas. Nos vales dos ríos das zonas montañosas consérvanse
carballeiras e bosques de ribeira e a maior parte do terreo forestal está cuberto de
plantacións de piñeiros e eucaliptos.
Serra do Suído: mato e carballeiras
Liques, ou tona da pedra. Primeiros colonizadores das rochas. Formas de vida que moitas veces pasan desapercibidas,
pero que observadas máis de preto amosan formas e deseños moi curiosos.
Carricanta (Ephippigera ephippiger), vive en lugares secos
de vexetación escasa como os curutos dos montes.
A fauna é a típica de matogueiras e grandes espazos abertos, así como de fragas. Algunhas
serras acollen especies de grande interese como o lobo, o gato bravo, o falcón abelleiro, a
gatafornela... Nalgunhas áreas viven vacas e cabalos en semiliberdade.
Chasco (Saxicola torcuata)
Cabalos no cume da Groba
A PENEDA. Pequeno monte illado de 327 m de altura situado entre Soutomaior e Redondela desde o que se divisan
unhas vistas expléndidas sobre a contorna, en especial sobre a enseada de San Simón e o val do Verdugo. No seu cume
atópase a capela da Virxe das Neves ou da Peneda e unha sobreira de gran porte.
Cara norte da serra da Groba desde o Galiñeiro
SERRA DA GROBA
É unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se extende desde Baiona ata A
Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola
erosión. O cume máis alto é o monte da Groba, con 663 m.
Accedese por unha estrada que sae de Baiona cara ao Rosal que percorre os cumes.
Vista da serra do Galiñeiro desde Monteferro
MONTES DO GALIÑEIRO
É unha cadea de montañas situadas entre Gondomar, Vigo, O Porriño e Tui, con orientación
NO-SE. Formada na parte norte por gneis e na sur por pedra de gran. O pico máis alto é o
monte do Galiñeiro con 705 m. Na vertente oeste nace o río Miñor e na leste pequenos cursos
de auga afluentes dos ríos Louro e Miño. Desde os cumes hai boas vistas panorámicas sobre a
costa de Baiona e a Ría de Vigo cara ao Oeste e sobre as Gándaras de Budiño ao Leste.
O Acceso faise desde Vincios ou Morgadáns.
O Galiñeiro desde o Arruído. As rochas están espidas de vexetación despois de varios incendios.
Vistas desde os cumes do Galiñeiro dos montes Chan Grande e Outeiro Grande (linde entre os concellos de Vigo e
Nigrán) e as Illas Cíes. Os montes do Galiñeiro son os máis coñecidos e visitados dos sistemas montañosos da comarca.
Cumes do Galiñeiro
Cumes do Galiñeiro e Val Miñor
Faro de Budiño
FARO DE BUDIÑO
Situado no linde entre O Porriño e Salceda de Caselas. É unha ringleira de penedos graníticos
entre os que destaca unha grande masa de granito Rosa Porriño con paredes de ata 100 m de
altura que se mantén intacto entre as explotacións da zona. O acceso faise desde a estrada de
Porriño a Salceda de Caselas, no Alto da Forca.
“O Pianista” preto de Cans
A acción da auga, os cambios de temperatura e os fenómenos químicos dan lugar a numerosas formas que reciben
distintos nomes: bolos, penedos, pedras cabaleiras, pías e cacholas... Moitos teñen os nomes das figuras ás que se
asemellan.
Vista da aba oeste do Galleiro desde o Galiñeiro. Entre eles atópase a Depresión Meridina, unha grande falla que se
extende entre Tui e Carballo.
SERRA DE GALLEIRO
Serra de 12 km de lonxitude con orientación NE-SO limitada polas concas do Tea ao leste, e as
do Louro e o río do Vilar ao oeste. Está formada por rochas graníticas que nos cumes están
espidas formando bolos e penedos. O punto máis alto é Coto de Cales, con 742 m. Accedese
desde Os Valos, na estrada Porriño-Redondela.
O Galleiro desde o mar con Redondela no primeiro plano
Vista dos cumes do Suído cara a Fornelos
SERRA DO SUÍDO
Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves
con orientación N-S. O cume máis alto da comarca é o Coto Miñoto, con 1.059 m onde
converxen os concellos de Fornelos de Montes, Covelo e Avión.
Na serra do Suído prodúcese unha zona de contacto entre as rochas metamórficas
precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso
que domina na vertente oeste.
Accedese desde Fornelos de Montes pola estrada que vai pola Laxe e A Airoa a Avión.
Cabeceiras do río Parada nas abas do Suído
A Airoa (A Laxe), o asentamento máis alto de Fornelos de Montes nas abas do Suído
Cumes de COTO DE EIRA (884 m)
COTO DE EIRA
Un grupo de pequenos cumes situado entre as cuncas do Tea (Alén e Aboal) e o Oitavén
(Barragán e Ventín). Pódese considerar unha prolongación da serra do Suído da que o separa
a falla pola que corre o río Alén. Accedese desde Fornelos por Ventín.
Coto da Erbededa (897 m)
Foxo do lobo de Ventín, debaixo do Coto dos Corvos (Fornelos de Montes)
OS RÍOS
Río Parada ou
Valdohome, nas abas
da serra do Suído.
Os ríos da comarca son curtos e seguen, obrigados polo releve, direccións diferentes: ao norte
están os ríos Verdugo e Oitavén que corren de leste a oeste, desde as serras da Dorsal,
marcando en varios puntos do seu curso a fronteira da comarca; seguindo a dirección das
fallas da depresión meridiana e outras paralelas, corren, con dirección NS, o Alvedosa, o río
Louro e arranca o río Borbén, afluente do Tea, e entre os montes que bordean polo oeste a
Depresión e o mar discorren os ríos Lagares, Miñor-Zamáns e da Groba.
Río Parada
Os ríos da comarca, en moitos tramos
do seu curso, conservan un ambienta
natural sen alteracións onde
podemos atopar unha grande
diversidade de flora e fauna.
Podemos atopar excelentes bosques
de ribeira e, nos vales máis altos,
carballeiras estensas.
Nos bosque de ribeira atópanse
amieiras, salgueiros, freixos,
sabugueiros, sanguiños, carballos e na
parte do curso baixo eucaliptos. Nas
augas remansadas hai espadanas,
lirios, oucas, lentellas de auga,
bricios, espigas de auga,
Myriophylum, pe de boi... e nas beiras
fentos (dentabrú, fento macho, fento
femia, Blechnum...), herba salgueira,
lúpulo, hedras, valdeba, silva,
salgueiriño, amarelle, menta de auga,
violeta, reina, adelfiña, molinia...
Bosques de salgueiros, amieiras e carballos na
zona protexida das Gándaras de Budiño
Lirio amarelo (Iris pseudoacorus)Carex paniculata
Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos
cursos de auga limpa e rápida.
Nas augas dos ríos hai troitas, escalos, anguías, reos e na zona de influencia das mareas,
muxes. Nas beiras hai unha boa representación de réptiles, anfibios, aves, mamíferos e
insectos.
Calopterix virgo. Cabaliños do demo, libeliñas,
gaiteiros... están sempre presentes na beira da
auga, dentro da que se desenvolven antes de
acadaren a fase adulta.
Confluencia do Verdugo e o Oitavén
RIOS VERDUGO-OITAVÉN
O Verdugo nace na Serra do Cando, percorre terras de A Lama, Pontecaldelas e Soutomaior e
desemboca na ría de Vigo entre Arcade (Soutomaior) e Pontesampaio (Pontevedra) despois
de 40 km de percorrido. Na comarca recibe as augas do Oitavén e os seus afluentes
Ámbolos dous ríos, debido ás múltiples fracturas da súa cunca e ao desnivel do seu curso (en
30 km salvan 800 m de desnivel), discorren encaixados e con cambios constantes de dirección,
con tramos nos que abondan os rápidos, pozas e fervenzas. Nesta comarca recollen as augas
dos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior.
Ponte da Comboa O Verdugo en Soutomaior
Ponte sobre o Verdugo entre Arcade e Pontesampaio
Vista do río Barragán no encoro de Eiras.
O encoro de Eiras, no Oitavén abastece de auga á cidade de Vigo e ás poboacións da súa área de influencia. Neste encoro
o Oitavén recibe ao seu afluente, o Barragán, un río que conserva nas súas beiras un bosque autóctono ao que se pode
acceder desde San Vicente, ao pé do encoro.
RÍO OITAVÉN
É o principal afluente do Verdugo. Nace na Serra do Suído e despois de 33 km de percorrido por terras dos
concellos de A Lama, Fornelos de Montes e Soutomaior xúntase co Verdugo sete quilómetros antes da
desembocadura.
O principal afluente pola dereita, nesta comarca é o Portalago; e pola esquerda o Parada ou Valdeome,
Barragán ou Freazal e Pequeno ou Aranza.
FERVENZA DE COTOGRANDE
No río Valdohome, unha das cabeceiras do Parada
(Oitavén). Hai unha serie de rápidos e pequenas
fervenzas, a maior de 8 m de altura, no lugar de Eiroa
(Fornelos de Montes).
COMO CHEGAR:
Na subida ao Suído pola estrada de Verducido (na
Lama) á Laxe e Eiroa, xunto ás primeiras construcións
do lugar da Eiroa cóllese, á esquerda, un camiño que
baixa ao río. Logo de cruzar unha pontella séguese o
camiño que sobe remontando o río polos carreiros do
monte e a uns 400 m vese a fervenza máis grande.
Pódese baixar con dificultade.
FERVENZA DOS CASARIÑOS
No lugar de Eiroa (Fornelos de Montes). No rego
da Fonte Uceira, un afluente do Val do Home,
unha das cabeceiras do Parada (Oitavén). O rego
cae nun gran desnivel en rochas graníticas
formando dous grandes saltos.
COMO CHEGAR:
Desde Fornelos de Montes ou Ponte Cadelas
vaise a Verducido e desde alí a Eiroa, por unha
estrada que sobe á serra do Suído. Pasada Eiroa,
a 1.400 m das últimas casas atópase unha
explotación gandeira á dereita da estrada.
Séguense uns cen metros e, despois dunha curva
moi ancha, hai unha entrada á esquerda (un
terreo limpo a xeito de pista). Déixase o coche,
camíñase cara ao río ata a parte alta do monte e
xa se ve a magnífica freixa en fronte.
FERVENZA DE VERDUCIDO
O río Parada, no linde entre A Lama e Fornelos de Montes,
salva un gran desnivel entre rochas graníticas onde forma
fermosos saltos e fervenzas.
COMO CHEGAR: Na Estrada PO 255, entre A Lama e
Fornelos de Montes, pásase Verducido e chégase á ponte
sobre o río. Desde alí pódese seguir pola marxe dereita e
ver algúns rápidos e a fervenza principal de lonxe. Para
vela mellor é preciso seguir pola estrada ata o primeiro
cruce á dereita que sube polo lugar de Outeiriños, e alí
coller de novo á dereita uns cen metros ata o remate da
pista desde onde baixa un carreiro á esquerda que segue o
río ata as fervenzas.
Catro comunidades de montes (Traspielas, Calvos,
Moscoso e Xunqueiras) dos concellos de Pazos de
Borbén e Fornelos de Montes habilitaron unha ruta
de 17 km que percorre a fraga e a beira do río
Barragán. Nesta camiñada podemos gozar, ademais,
de todas as manifestacións da auga, da calma, nos
moitos remansos que se forman nos atrancos, e das
carreiras e o son, nos rápidos e as fervenzas; e
tamén de mostras culturais: o castro da Cidade,
muíños, pontellas, un acueduto…
RÍO BARRAGÁN
É un afluente do Oitavén que nace na aba
oeste do Coto Eiras e percorre terras dos
concellos de Mondariz, Pazos de Borbén e
Fornelos de Montes. O último tramo do seu
curso está afectado polo encoro de Eiras,
onde se xunta co Oitavén.
O seu val acolle unha das fragas naturais
mellor conservadas da provincia de
Pontevedra, dunha grande biodiversidade,
onde se mesturan as especies propias do
bosque atlántico coas de ribeira.
FERVENZA DO POZO MACHADO
En Traspielas (Fornelos de Montes), no río de Pielas, un
afluente do Barrragán que baixa do Coto Eiras.
COMO CHEGAR: seguindo a senda da Fraga do Barragán río
arriba, ao chegar ao punto onde desemboca o rego de
Pielas crúzase o río polos pasos (está indicado) e
remóntase o rego. Un pouco máis arriba crúzase. Alí
mesmo un carreiro curto e dificultoso leva á fervenza da
parte baixa. Volvemos ao carreiro principal e seguimos
subindo por unha forte encosta en pedra; ao remate da
mesma un carreiro á dereira lévanos ao Pozo Machado.
Tamén se pode acceder desde Pardalongas facendo a ruta
ao muíño do Piñeiro e seguir baixando polo sendeiro das
Greas.
Muíño no río de Pielas (Barrragán)
FERVENZA DE ARANZA-A FRAGA.
No río Oitavén en Aranza (Soutomaior).
Pozas, rápidos e saltos pequenos de 5 m.
COMO CHEGAR: No lugar de Aranza hai que subir
camiñando ata a Rúa Nova, na parte alta do lugar desde
onde se ve o canón do río. Un carreiro estreito baixa
cara un muíño. Augas abaixo hai saltos sucesivos e
pozas. Remontando o río polo seu cauce (só no verán),
medio km despois vense novos rápidos escavados na
pedra, que se prolongan varios km río arriba.
RÍO BORBÉN
É un afluente do Tea que nace na aba
oeste das últimas estribacións da serra
do Suído. Está protexido dentro do
espazo Río Tea.
RÍO ALVEDOSA
Nace ao norte da serra do Galleiro e despois de percorrer 9 km polos concellos de Pazos de
Borbén e Redondela, desauga na enseada de San Simón, na ría de Vigo.
FERVENZA DE SAN PAIO
En Santo Paio de Abaixo, Reboreda (Redondela), nunha zona con varios muíños hoxe dedicados á hostelería. Xusto
debaixo do Muíño Vello atópase este salto de case 10 metros de altura que salva un penedo granítico.
COMO CHEGAR: Na saída da estrada de Redondela a Pazos de Borbén, a 250 metros do casco urbano un camiño
asfaltado baixa á dereita, xusto antes da nave dun supermercado e debaixo do viaduto do AVE.
O río Lagares preto da desembocadura. Na
parte baixa do curso existe un sendeiro que
se pode percorrer a pé ou en bicicleta.
RÍO LAGARES
Nace nos montes no Coto Ferreira.
A súa cunca forma o val do Fragoso
en Vigo. Desemboca na Ría de Vigo,
entre as praias de Samil e Fonteliña.
FERVENZA DE RÍO EIFONSO.
Na parroquia de Bembrive do concello de Vigo.
O río Eifonso é un afluente do Lagares que nace ao norte
da serra do Galiñeiro.
COMO CHEGAR: desde Vigo cóllese a estrada que vai a
Bembrive ata a ermida de San Cibrán e desde alí seguese
un carreiro pola beira do río.
Ponte Orbenlle sobre o Louro, no Camiño Xacobeo
Portugués, entre os concellos de O Porriño e Tui.
RÍO LOURO
Baixa desde o monte de A Serra, en Pazos de Borbén e xúntase co Miño en Tui. No seu curso
baixo atravesa as gándaras de Budiño, unha zona húmida de gran interese ecolóxico que está
protexida como LIC/ZEP.
O río Louro en O Porriño
Lagoa nas Gándaras de Budiño, unha gran zona húmida situada nas marxes do río Louro
FERVENZA DAS LAXES (GALOMEIRA)
En Cans (O Porriño). No río de Couso, un afluente do
Louro de pouco caudal que salva 100 metros de desnivel
nun treito moi pequeno. Hai saltos sucesivos de case 10 m
de altura e pequenas pozas. O máis destacado é a
fervenza Galomeira.
COMO CHEGAR: No alto do Confurco, nas saídas da N-120
e autovia A-52, unha estrada leva a Couso. Xusto ao
comezo, á dereita nunha curva, están sinalizados os
muíños restaurados das Laxes. Unha ruta de
aproximadamente 1 km (ida e volta) remonta o río
seguindo os distintos saltos, aos que non se accede pola
dificultade do terreo.
FERVENZA DE CHENLO
En Chenlo (Porriño), no rego de Chenlo, un
afluente do Louro que baixa dos Montes do
Galiñeiro. Un salto duns 20 m de altura.
COMO CHEGAR: Desde Porriño collemos a
estrada a Gondomar e nela o desvio a
Mosende e Tui; na entrada de Mosende o
desvio a Chenlo e, ao chegar a Canadelo o
cruce que sinala a Igrexa. A fervenza vese á
dereita da estrada cando se cruza o río.
Ponte da Ramallosa, ou ponte da Xunqueira do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona. É unha das pontes de
Galiza na que se realizaba o ritual do Bautismo Prenatal.
RÍO MIÑOR
Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas da serra do
Galiñeiro. Ten un percorrido sinuoso por terreos dos concellos de Nigrán e Baiona formando o
Val Miñor. Despois de 16 km desauga en Sabarís. Unha barra de area (praia de Ladeira) pecha
parcialmente o esteiro da Ramallosa.
Muíño das Maquías no río Zamáns, preto do encoro
que abastece de auga á cidade de Vigo.
FREIXA DE ZAMÁNS
No rego de Zamáns ou Amiudal (Miñor), unha fervenza
con pouca auga (agás en día de moita chuvia) que esbara
por unha enorme escorregadoira de laxes graníticas en
varios tramos.
COMO CHEGAR: desde cóllese o cruce á dereita ata o lugar
da Igrexa e séguese ata o seu remate, onde se colle á
esquerda. Séguese durante uns 400 m e tómase unha
pista de terra á dereita ata chegar ao regato (uns 300 m).
Para ver as fervenzas sóbese un pequeno tramo por un
carreiro do monte.
Encoro de Zamáns, para o abastecemento de auga á cidade de Vigo
Ponte en Sabarís
RÍO DA GROBA
Nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no esteiro da
Ramallosa, en Sabarís, moi preto do Miñor. A maior parte do seu percorrido está ocupado por
construcións e muros e circula practicamente por unha canle artificial que acusa moito as
enchentes en épocas de chuvias abundantes.
REGO DOS MUÍÑOS
Nace nos montes de Chandebrito e ten todo o seu curso polo concello de Nigrán, onde
desemboca na praia de Arealoura (Praia América).
A COSTA
Vista da Ría de Vigo con Monteferro no primeiro plano
O litoral da comarca inclúe parte da banda sur da Ría de Vigo (desde a desembocadura do río
verdugo) e un pequeno tramo na costa exterior de Baiona, ata o Faro Silleiro, así como as illas
Cíes, Estelas e San Simón.
A costa é rochosa e recortada, exposta na cara que da ao mar aberto das illas e na parte de
fora da ría Nas partes protexidas e a todo o longo do interior da ría altérnanse as zonas
rochosas e os areais. No fondo da ría e na desembocadura dos ríos hai esteiros con áreas
pouco fondas e lamacentas.
Illas Cíes
A costa da da comarca acolle ecosistemas dun grande valor biolóxico que dan lugar a espazos
naturais de gran interese e son a base dunha importante actividade marisqueira, pesqueira,
acuícola, industrial e turística.
Varios tramos están protexidos no Parque Nacional da Illas Atlánticas e nos LICs “Enseada de
San Simón”, “Illas Estelas”, “A Ramallosa”
Rochas en Baiona
Na costa rochosa exposta o mar bate sen descanso. Nestes hábitats viven seres que desenvolven
mecanismos para resistir os movementos do mar e o constante choque das ondas. As algas suxeitanse
fortemente as pedras e déixanse mover ondeando os seus talos e frondes flexibles, ou desenvólvense
apegadas ás pedras e nas pozas. Os animais agóchanse nas fendas e pozas das rochas (polbo, cangrexos,
cóngaro, ourizo), entre as algas (maragotas, sargos, badexos) ou fíxanse ás rochas con dististos
mecanismos (lapas, chuponas, caracolas, percebes, arneiróns...). En terra desenvólvense especies
resistentes á salinidade e á influencia dos ventos mariños como os liques ou tonas da pedra, o pirixel do
mar ou a herba de namorar.
As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus
ovatus) aparecen durante o verán nos areais do
A camariña (Corema album) é unha especie única do
litoral occidental Ibério e das Illas Azores que se atopa
en perigo de extinción. Nas dunas das Cíes atópanse a
única poboación do sur de Galiza.
Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra o
pirixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta
que os navengantes dos tempos antigos comían en
ensalada para previr o escorbuto.
As rochas da zona supralitoral atópanse
cubertas por varias clases de liques.
Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas
que so cobre ocasionalmente a marea.
Bocho e verdello, dúas algas comúns nos esteiros
Ameixas. Os areais protexidos do interior da ría son un excelente lugar para o desenvolvemento de bivalvos que se
atopan por toda a zona intermareal e son unha importante fonte de recursos para as xentes do mar.
Chuponas ou ventosas (Bunodactos verrucosa).
Apegadas ás rochas dos cantís viven arneiróns, mexillóns, percebes... E as pozas que deixa o debalar da marea están
cheas das cores das chuponas, animais de estructura moi simple, sen órganos diferenciados que so abandoan a súa
inmobilidade cando quedan en seco ou cando unha presa cae entre os seus tentáculos.
Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e cangrexos,
habitantes habituais das rochas do litoral.
Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos
fondos areoso-fangosos alimentándose de
partículas que filtra da area.
Bilurico (Tringa totanus). Individuos procedentes de
Europa invernan por toda a costa galega nas zonas
lamacentas de marismos e esteiros.
O escáncer de 5 dedos (Chalcides bedriagai) é un
pequeno lagarto coas patas atrofiadas que se atopa
nas dunas das Cíes. É exclusivo da Península Ibérica
e de distribución moi escasa en Galiza.
RÍA DE VIGO
A ría de Vigo ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de
Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O
estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San Simón, unha zona abrigada
con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas.
Vista da Ría de Vigo desde o monte da Guía
Ría de Vigo
Ría de Vigo
Ría de Vigo desde o Coto da Águia
Ría de Vigo desde A Madroa
Ría de Vigo (Enseada de San Simón) desde o monte da Peneda
Ría de Vigo: illa Toralla, praia de Samil e cidade de Vigo
ENSEADA DE SAN SIMÓN desde O Morrazo.
A Enseada de San Simón, situada no fondo da ría de Vigo, É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos
procedentes das achegas dos ríos. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas. É unha zona abrigada con
augas pouco profundas, cunha grande superficie que queda descuberta ao debalar o mar.
Na enseada de San Simón atópábanse os famosos bancos de ostras de Arcade, hoxe esgotados.
ENSEADA DE SAN SIMÓN, coa frecha na que se asentan as praias d do Cabo e Cesantes e a illa de San Simón
Desembocadura do Oitavén na enseada de San Simón, coas illas Alvedosas ao fondo.
Praia do Peirao (Arcade)
ILLAS DE SAN SIMÓN e SAN ANTÓN, dúas pequenas illas unidas por unha ponte situadas fronte á praia de Cesantes.
ILLA DE SAN SIMÓN e PRAIA DO CABO, situada na parte norte da frecha de area
Costa de Cesantes e illa de San Simón
PRAIA DE CESANTES, situada na parte sur da frecha de San Simón.
Un acolledor areal de 2.400 m de lonxitude que se sitúa ao sur dunha frecha areosa.
Estreito de Rande e punta de Castiñeira
Chapela e ESTREITO DE RANDE desde o Coto Fenteira. Chapela é un núcleo portuario e industrial, practicamente
unha prolongación da cidade de Vigo, que pertence ao concello de Redondela.
Vigo
Vigo e a ría desde o Monte do Castro
Ría de Vigo desde o monte do Castro
Praia do Cocho (Alcabre, Vigo)
Areal da Mourisca e Museo do Mar (Alcabre, Vigo)
PRAIA DE SAMIL, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro de Vigo convértea na máis concurrida e
mellor dotada de servizos. No inverno é un bo lugar paseo.
Desembocadura do río Lagares, praia de Fonteíña e Illa de Toralla
Illa Toralla e Cíes desde o Galiñeiro
Cabo Estai
Praia de Patos (Nigrán)
MONTE FERRO E PRAIA DE PATOS
Punta de Meda en Monteferro e illas Cíes
Monteferro
ILLAS ESTELAS e Cabo Silleiro desde Monteferro.
As Illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena), situadas fronte á punta de Meda
entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón. A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Non teñen árbores e
están practicamente cubertas de mato de toxos e breixos. Os seus fondos mariños son dunha grande riqueza biolóxica.
Xunto con Monteferro forman parte do LIC “Illas Estelas”.
MONTE LOURIDO E PRAIA AMÉRICA
Praia da Madorra (Panxón, Nigrán)
Praia de Panxón (Nigrán)
PRAIA DE AREALOURA, máis coñecida como PRAIA AMÉRICA, na costa de Nigrán.
Praia América e rego dos Muíños (Nigrán). Ao fondo Baiona
A RAMALLOSA, MONTE LOURIDO E PRAIA AMÉRICA
A RAMALLOSA (esteiro do Miñor) desde o monte Lourido
Praia Ladeira (Baiona)
Enseada de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
Praia de Santa Marta (Baiona)
Baiona
Baiona, Monteferro, illas Estela e illas Cíes
Illa Carral na punta de Cabo Silleiro. Ao pé do faro vello hai unha área de lecer e unha
praia cuberta de vidros procedentes do antigo vertedoiro de lixo.
Cabo Silleiro, límite sur da boca da ría e da comarca de Vigo
ILLAS CÍES
Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do Faro,
Monteagudo, San Martiño e varios illotes.
As costas occidentais das tres illas son cantís abruptos batidos polos temporais do Atlántico e
as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas.
Consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII, na actualidade
acondicionado como centro de visitantes do parque Nacional.
Forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas e están protexidas ademais como como
Parque Natural desde 1980, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e LIC/ZEP.
Reciben unha afluencia masiva de visitantes o que obrigou a restrinxir o acceso.
As illas Norte e do Faro están unidas por un istmo de area (praia das Rodas) e un pequeno dique entre os que se forma
unha lagoa mareal.
Vista desde o Alto do Príncipe
Pedra da Campá, na illa do Faro
Illa do Faro
AS ÁRBORES
Carballeira de Barragán
Na comarca podemos atopar algunhas fragas
autóctonas en lugares afastados e numerosos
exemplares de árbores senlleiras en parques,
xardíns e espazos urbáns.
Os parques das cidades son bos lugares para a
observación de árbores, sobre todo especies
alóctonas que, nalgúns casos son exemplares
monumentais. Destacan os parques da cidade
de Vigo (Castrelos, O Castro, Alameda), o
castelo de Soutomaior, a illa de San Simón, así
como outros plantados en xardíns particulares,
sobre todo pazos, rúas e prazas.
(P): Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza
ILLA DE SAN SIMÓN (Redondela):
-Carreira de Buxos (P)
-Eucaliptos
-Cedro do Atlas
-Castiñeiro de Indias
-Acacia melanoxilon
-Tilleira prateada
Paseo de buxos (Buxus sempervirens) da illa de San Simón
CASTELO-PAZO DE SOUTOMAIOR:
-Araucaria araucana (P)
-Araucaria excelsa
-Alcipreste de Lawson (P)
-Camelias
-Castiñeiros
-Criptomeria japonica (P)
-Criptomereia japónica elegans
-Douglasias verdes (piñeiro Oregón)
-Eucalipto cinereo
-Plátanos de sombra
-Secuoia vermella (P)
-Calocedro de California
-Picea
-Phitosporum
-Casuarina
-Taxodios
-Piñeiro Patula
-Piceas de Sitka
-Tilleiras
-Abeto branco
-Abeto de Nordman
-Pinsapo
-Notofagus
-Acivros
-Érbedos
-Carballos
-Carballo americano
-Tsuga do Canadá
-Cedro do Atlas
-Alcipreste de California
-Tulipeiro
-Piñeiro de Monterrei
-Acacia melanoxilon
-Fentos (Cyathea cooperi)
Alcipretes de Lawson
(Chamaecyparis lawsoniana)
-32,4 m de altura, 9,10 m de
perímetro na base.
Secuoia vermella (Sequoia sempervirens) do Pazo
Soutomaior. Ten máis de 100 anos. Mide 39 m de
altura e 9,25 m de perímetro.
Araucaria araucana
-27 m de altura
-2,46 m de perímetro
PAZO CASTRELOS (Vigo):
-Ailanto
-Arce real
-Butias brasileiras
-Carpes
-Rododendro
-Eucaliptos (P)
-Castiñeiros de Indias
-Freixos
-Faias (P)
-Faias purpúreas
-Liwingstona austral
-Magnolia grandiflora
-Camelias
-Phitosphoro ondulado
-Plátanos
-Tulipeiros de Virxinia (P)
-Secuoia
-Pradairo
-Acacia
-Abelaira
-Araucaria angustifolia
-Araucaria heterophila
-Árbore do amor
-Tuia plicata
-Palmeiras canarias
-Palmeiras de abano (Trachycarpus)
-Taxodios
-Amieira
-Cedros
-Piñeiro bravo
-Fentos arbóreos
-Cerdeira
Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipefera) do Parque
de Castrelos. Mide 28 m de altura e case 6 m de
perímetro. É unha árbore con vistosas flores e que no
outono adquire unha fermosa cor amarela.
Camelia xapónica “Matusalén” do Pazo de
Castrelos. Plantada en 1860. Mide 7,50 m de
altura, 3,75 m de contorno troncal e ten unha
copa de case 16 m de diámetro.
ALAMEDA-PRAZA COMPOSTELA (Vigo):
-Casuarinas (P)
-Grevillea robusta
-Nogueiras negras americanas
-Washingtonia filamentosa
-Castiñeiros de Indias
Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo
PARQUE O CASTRO (Vigo):
-Piñeiro de Monterrei
-Carballos americanos
-Cedro
-Acacias
-Piñeiro bravo
-Melaleuca armillaris
Carballos americanos (Quercus robur) do monte do Castro
PAZO TORRES DE AGRELO (Redondela):
-Camelia sasanqua (P)
-Camelias xapónicas (P)
-Criptomeria elegante
-Loureiros
-Livistona austral
-Araucaria excelsa
-Tuia xigante (P)
Camelia xapónica
Camelia
sasanqua
PAZO TORRECEDEIRA (Redondela):
-Calocedro decurrens (California) (P)
-Cedro do Himalaia
-Faia púrpura
-Liquidambar
Liquidámbar
(Liquidambar styraciflua)
do Pazo de Torrecedeira
Dous exemplares.
-25,5 e 18,5 m de altura, e 2,63 e
2,35 m de perímetro.
Carballo de Amoedo (Pazos de Borbén)
-3,75 m de perímetro.
Carballo (Quercus robur) do Adro de Moscoso
(Pazos de Borbén).
-3,30 m de perímetro.
Carballo do pazo do Pegullal
(Salceda de Caselas)
Carballo en Barragán
Sobreira Pazo Vilarés (Vilaza, Gondomar)
-4,5 m de perímetro.
Sobreira (Quercus suber) do Pazo Pampillón
(Vilaza, Gondomar)
Sobreira do Cristo de Arriba (Reboreda) (P)
17,8 m de altura e 6,03 m de perímetro.
Sobreira da Capela da Peneda (Redondela).
-10,5 m de altura; 5,19 m de perímetro.
Sobreiras da Capela da Ascensión
(Entenza, Salceda de Caselas)
-5,68 e 6,62 m de perímetro.
Oliveira do Paseo de Alfonso XII
en Vigo. É o símbolo da cidade de
Vigo.
Plantada arredor de 1815, a partir
dunha ponla doutra moi antiga,
do século XV, que estaba na
Colexiata de Santa María, que,
segundo contan, “debaixo dela
podían traballar sete zapateiros” e
que foi cortada en 1814. (P)
Oliveira da igrexa de Guizán
(Mos). -3,20 m de perímetro
Oliveira da igrexa de Coruxo (Vigo)
-2,4 m de perímetro
Oliveira da igrexa de Soutomaior
-2,15 m de perímetro
Chopo negro (Populus nigra) en Gondomar
Freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia)
de Albarín (Atios, O Porriño) (P)
-4,35 m de perímetro.
Cunninghamias (Cunninghamia lanceolata) do Pazo
de Gondomar (P)
-Seis exemplares. A máis grande, mide 40,2 m de
altura e 4,60 m de perímetro.
Piñeiro manso (Pinus pinea)
de Mexachán (Redondela)
ESPAZOS PROTEXIDOS
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS/ILLAS CÍES
As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980, Zona de Especial Protección para as
Aves (ZEPA), LIC/ZEP, e forman parte, xunto con Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e
Malveiras do PARQUE NACIONAL “ILLAS ATLÁNTICAS” desde xuño de 2000.
O espazo protexido comprende ademais unha faixa perimetral de 100 m medidos a partir da
baixamar equinocial coa que se completa unha superficie de 1.000,80 ha. A Consellería de
Pesca ten prohibida a pesca submariña neste espazo desde 1992.
As ILLAS CÍES teñen un grande interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico. A insularidade, a
pesar da súa proximidade á costa, e as variacións ambientais permitiron o asentamento e a
preservación de especies únicas.
A maior riqueza ecolóxica atópase no espazo marítimo pola grande diversidade de biotopos
(áreas de costa rochosa e areosa, tanto exposta como protexida) e pola cantidade e variedade
de especies que se atopan neles. Os fondos mariños das illas son importantes áreas de cría de
peixes e mariscos, polo que actúan como reserva biolóxica dos recursos pesqueiros e
marisqueiros das zonas próximas.
Gaivota patiamarela (Larus cachinans) con
polos duns poucos días.
O máis destacado da fauna terrestre das Cíes
son as aves mariñas sobre todo as gaivotas
(22.000 parellas, a colonia máis grande do
mundo), e os corvos mariños cristados (a
colonia máis importante do suroeste de Europa
cunhas 1.000 parellas).
Illa Estela Grande
LIC/ZEC ILLAS ESTELAS
O espazo protexido abrangue as illas Estelas (dúas pequenas illas, Estela Grande e Estela
Pequena), algún pequeno illote e o litoral de Monteferro. Pertence ao concello de Nigrán. Das
713 ha protexidas unha grande parte é ecosistema mariño, cun fondos mariños dunha
enorme riqueza biolóxica.
LIC/ZEC A RAMALLOSA
Espazo situado na desembocadura do río Miñor, 92 ha protexidas pertencentes aos concellos
de Baiona e Nigrán. É unha zona de marismas separada e defendida do mar aberto pola
ampla barra areosa da praia Ladeira. Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas
tranquilas e mornas, mantén unha grande diversidade de invertebrados que serven de
alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta zona unha
importante área de descanso, sobre todo no inverno.
Vista desde Cedeira (Redondela)
LIC/ZEC ENSEADA DE SAN SIMÓN
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande (nesta comarca os concellos de
Redondela e Soutomaior). É un ecosistema cunha alta productividade biolóxica e dunha
grande riqueza marisqueira (sobre todo bivalvos) que acolle unha importante poboación de
aves acuáticas sedentarias ou de paso.
Este espazo acolle diferentes
ecosistemas húmidos: lagoa
natural, lagoas de orixe
antrópica (formadas nos ocos
deixados polas explotacións
de arxila), depresións
inundadas (temporal ou
permanentemente), zonas
trurbosas, prados, bosques de
ribeira e río. Ten un alto valor
biolóxico pola riqueza
botánica (especies acuáticas)
e faunística (anfibios,
sapocunchos, aves acuáticas,
insectos...).
LIC/ZEC GÁNDARAS DE BUDIÑO
O espazo protexido abrangue 834 ha, a maior parte nos concellos de O Porriño e Salceda de
Caselas; parte do curso do río Louro e as zonas húmidas limítrofes.
Garza nas Gándaras de Budiño
Río Alén
LIC/ZEC RÍO TEA
Abrangue o curso do río Tea desde Fofe, e parte dos seus afluentes Alén, Xabriña, Borbén, e
Uma. 357,13 ha nos concellos de Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario,
Ponteareas, Salvaterra de Miño.
O espazo é importante pola excelente conservación da vexetación de ribeira e pola riqueza
piscícola das súas augas.
Río Borbén
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
setembro 2017

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterramonadela
 

Was ist angesagt? (20)

Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 

Ähnlich wie Comarca Vigo

Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 

Ähnlich wie Comarca Vigo (11)

Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 

Mehr von monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Kürzlich hochgeladen

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Comarca Vigo

  • 2. Vista desde a Serra do Galiñeiro Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos. A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar. A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
  • 3. SUPERFICIE: 612,2 km2 POBOACIÓN: 421.558 habitantes (2015) CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo. ESPAZOS PROTEXIDOS: P N “Illas Atlántica de Galiza” -LICs: “Illas Cíes”, “Enseada de San Simón”, “ A Ramallosa”, “Gándaras de Budiño” e “Río Tea”
  • 4. CLIMA Costa de Baiona no inverno O clima é temperado, suave, como corresponde á súa situación nas Rías Baixas, con variantes microclimáticas propiciadas pola diferente orientación dos vales e a altitude dos montes.
  • 5. ACTIVIDADES Polígono industrial e canteiras do Porriño A comarca de Vigo está moi densamente poboada, con máis da metade dos habitantes concentrados na cidade de Vigo, centro comercial e de servizos. As actividade industriais concéntanse nas áreas de Vigo e O Porriño. No resto da comarca practícase tamén a agrogandaría e as explotacións forestais. Destaca a actividade pesqueira nas localidades costeiras, en especial en Vigo e o cultivo de albariño acollido á DO Rías Baixas.
  • 8. PATRIMONIO As Penisas Pequenas (Monteferro, Nigrán). Conxunto de petróglifos e muíños rupestres. Toda a comarca estivo poboada desde tempos remotos e conserva importantes mostras de patrimonio arqueolóxico (castros, petróglifos, mámoas), etnográfico (muíños, pontellas, pasos, hórreos, núcleos tradicionais, patrimonio marítimo...) e artístico (igrexas, pazos, edificios urbáns, pontes, monumentos, museos...)
  • 11. Castro de Alcabre en Vigo
  • 12. Ex Colexiata de Santa María (Baiona)
  • 13. Capela de Santa Marta (Baíña, Baiona) Igrxa de Santa Liberata (Baiona)
  • 14. Igrexa de Donas (Gondomar) Igrexa de Peitieiros (Gondomar)
  • 15. IgrExa de Santa María de Guizán (Mos) Igrexa de San Salvador de Louredo (Mos)
  • 16. Igrexa de Panxón (Nigrán) do arquitecto Antonio Palacios
  • 17. Restos da capela visigótica de Panxón (Nigrán), de finais do século VII.
  • 19. Capela da Peneda (O Viso, Redondela)
  • 20. Igrexa de Arcade (Soutomaior)
  • 21. Igrexa de Soutomaior Capela de San Caitano en Soutomaior
  • 23. Igrexa de Santiago de Bembrive (Vigo)
  • 24. Igrexa de Santa María de Castrelos (Vigo)
  • 25. Igrexa de Navia (Vigo)
  • 28. Castelo de Monterreal, no Monte do Boi (Baiona) Hai un sendeiro natural que permite rodealo e desde o que se pode gozar de excelentes vistas da costa.
  • 29. Pazo de Aballe (Salceda de Caselas) Pazo do Pegullal (Salceda de Caselas)
  • 30. Pazo Quiñones de León (Vigo) Acolle o Museo Municipal de Vigo
  • 31. Museo do Mar de Vigo
  • 32. Illas de San Simón e San Antón, declaradas Ben de Interese Cultural en 1999. Na actualidade acollen o Centro de Recuperación da Memoria que conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, esculturas...
  • 33. CONCELLOS SUPERFICIE: 35,3 km2 POBOACIÓN: 12.072 habitantes (2015) PARROQUIAS: Baíña, Baiona (Sta. María e Sta. María de Fora), Baredo, Belesar e A Ramallosa Vista de Baiona desde o alto da Virxe da Rocha BAIONA Ocupa o extremo SO da comarca. O territorio do concello aséntase nas abas do norte da serra da Groba, que baixan desde os cumes, de máis de 600 m, ao mar; e un curto tramo do final do val e o esteiro do río Miñor; polo que conta cunha paisaxe rica e variada na que se atopa un tramo de costa rochosa exposta, entre cabo Silleiro e o monte do Boi, un tramo de costa abrigada con boas praias, dentro da badía, o esteiro do Miñor, protexido como LIC, e a serra da Groba.
  • 34. A vila de Baiona é na actualidade un dos centros turísticos máis coñecidos de Galiza que conta cun concurrido porto deportivo. Foi durante os séculos XVI e XVII a base da flota defensiva de Galiza e o lugar da arribada da primeira carabela que viña de América. As principais actividades son os servizos (especialmente o turismo), a industria e a pesca. Baiona conserva un importante patrimonio: igrexas, castelos, cascos tradicionais, patrimonio marítimo... Hai varios sendeiros e rutas naturais nos que se pode gozar de paisaxes de costa, ríos e vistas panorámicas. Virxe da Rocha, imaxe monumental deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. Está situada nun outeiro ao pé da vila. A propia imaxe é un mirador ao que se ascende por unha escaleira interior.
  • 35. Vista de Fornelos de Montes desde Coto Eiras FORNELOS DE MONTES Atópase ao NE da comarca e ocupa a parte máis alonxada da costa de toda a comarca e tamén é a de releve máis accidentado. Abrangue territorios na serra do Suído e Coto Eiras, a cunca do río Parada, parte do val do río Oitavén e o encoro de Eiras, e a metade leste do val do río Barragán. SUPERFICIE: 83 km2 POBOACIÓN: 1.714 habitantes (2014) PARROQUIAS: Calvos, Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín
  • 36. Oitavén, rodeado polos ríos Oitavén e Barragán, no encoro de Eiras. As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais e os servizos. Fornelos de Montes ofrece paisaxes de montaña, bosques de carballos e ríos con rápidos e fervenzas nos que se poden realizar diversas rutas de sendeirimo. Tamén conserva un rico patrimonio cultural: muíños, pontes, igrexas, núcleos tradicionais... Acueduto no monte da Cidade
  • 37. Vista xeral do concello de Gondomar desde o Galiñeiro SUPERFICIE: 74,4 km2 POBOACIÓN: 14.192 habitantes (2016) PARROQUIAS: Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios. GONDOMAR Atópase ao sur da comarca. O territorio do concello ten inclinación cara ao noroeste. Baixa desde a serra da Groba ao sur (con alturas próximas aos 500 m) e os montes do Galiñeiro (699 m) ao leste, aos ríos Zamáns e Miñor.
  • 38. Detalle da igrexa de Mañufe As principais actividades son os servizos, a industria, as explotacións forestais... Un bo número de persoas traballan fora do concello, especialmente na industria. Gondomar conserva un interesante patrimonio cultural (igrexas, pazos) e natural. Nos montes do Galiñeiro pódense facer rutas de sendeirismo e prácticas de escalada. Acueduto de Bravos (Gondomar)
  • 39. Vista do Mos coa zona sur da serra do Galleiro ao fondo SUPERFICIE: 53 km2 POBOACIÓN: 15.324 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. MOS Atópase ao leste da comarca. Aséntase no Val do Louro, na Depresión Meridiana, entre as serras do Galiñeiro, ao oeste, e a do Galleiro, ao leste, ocupando o primeiro tramo do val do río Louro.
  • 40. O río Louro en Mos. Parte do Camiño Portugués segue o río Louro e está acondicionado como sendeiro natural. As principais actividades son a industria, os servizos, a construción e a actividade forestal. Mos conserva un rico patrimonio: petróglifos, mámoas, igrexas, pazos... Polo concello pasa o Camiño Xacobeo Portugués. Igrexa de Santa María de Guizán (Mos)
  • 41. Vista desde os montes da Groba: Monteferro, Panxón, A Ramallosa e frecha da desembocadura do río Miñor sobre a que se asenta a praia Ladeira. SUPERFICIE: 34,5 km2 POBOACIÓN: 17.715 habitantes (2014) PARROQUIAS: Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e A Ramallosa. NIGRÁN Está situado ao oeste da comarca, no extremo sur da ría de Vigo. O territorio ten inclinación NE-SO entre as estribacións da serra do Galiñeiro (Chandebrito 502 m) o val do río Miñor e o mar. Os ríos, todos de curto percorrido, son afluentes Miñor agás o Muíños que desemboca na praia América. A costa conta con areais extensos (Praia América, Panxón e Patos), áreas rochosas (Monteferro) e illas (illas Estelas).
  • 42. Praia de Arealoura (máis coñecida como praia América), Panxón e Monteferro. Panxón é unha vila mariñeira e turística situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños ou Lourido. As principais actividades son os servizos, a pesca, a industria e a agricultura. Acolle un importante patrimonio: igrexas, núcleos tradicionaos, patrimonio marítimo... En Nigrán hai dous espazos naturais de interese, protexidos como LICs, o esteiro da Ramallosa e Monteferro e illas Estelas.
  • 43. Vista de Pazos de Borbén desde Coto de Égoas, en Moscoso SUPERFICIE: 50 km2 POBOACIÓN: 3.075 habitantes (2014) PARROQUIAS: Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras. PAZOS DE BORBÉN Sitúase ao norleste da comarca, na zona de transición entre a serra do Galleiro e as estribacións máis ao sur do Suído. Ocupa unha zona de cumes dos que arrancan, en todas direccións, os vales, e os cursos, de numerosos ríos: cara ao sur o Borbén, afluente do Tea; cara ao norte o Pequeno e o Barragán que van ao Oitavén; cara ao suroeste o Nespereira- Louro e cara ao oeste o Alvedosa, polo que ten un relevo irregular e un clima un algo máis chuvioso que o resto da comarca.
  • 44. Nespereira desde o Galleiro As principais actividades son os servizos, as actividades forestais e pequenas industrias. Moitos habitantes traballan fora do concello. Conserva petróglifos, muíños, igrexas... e un rico patrimonio natural na contorna dos ríos. Penedo do Pedroso, onde converxen os concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela
  • 45. Vista parcial do concello de Porriño e os polígonos industriais das Gándaras desde o Faro de Budiño. SUPERFICIE: 61 km2 POBOACIÓN: 18.508 habitantes (2014) PARROQUIAS: Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros O PORRIÑO Atópase ao SE da comarca, no Val do Louro, na Depresión Meridiana. O relevo do Porriño ten unha parte central chan, o interior da Depresión Meridiana que atravesa o concello de norte a sur, ao leste os montes de Cans e de Budiño e ao oeste a serra do Galiñeiro. O río principal e o Louro que no sur do concello mantén unha ampla zona de inundación as Gándaras de Budiño dunha grande riqueza ecolóxica.
  • 46. Casa do Concello do arquitecto Antonio Palacios. As principais actividades son a industria, a extracción e transformación do granito e os servizos. Acolle un rico patrimonio: igrexas, muíños, pontes... Dentro do concello de Porriño atópase parte do espazo protexido, LIC Gándaras de Budiño e varios tramos do Sendeiro das Greas que percorren os montes do concello pasando polos lugares de maior interese histórico e paisaxístico. Unha das pozas nas Gándaras de Budiño
  • 47. Vista de Redondela e o esteiro do río Alvedosa desde o Galleiro SUPERFICIE: 52 km2 POBOACIÓN: 29.909 habitantes (2014). PARROQUIAS: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar da Infesta e O Viso. REDONDELA Está situado ao oeste da comarca, á beira do mar. O relevo está marcado pola Depresión Meridiana e os montes que a bordean, que en Redondela están próximos aos 500 m de altitude, e a costa, que pola proximidade dos montes, é escarpada agás nas proximidades da desembocadura do río Alvedosa, que forma un esteiro, e na praia de Cesantes.
  • 48. Redondela, o río Alvedosa e un dos viadutos do tren As principais actividades son a industria, os servizos e a pesca. Consereva un rico patrimonio cultural: petróglifos, mámoas, casco histórico, pazos, igrexas, muíños, pontes... A costa do concello atópase dentro do LIC Enseada de San Simón. A Portela e o Porto de Cesantes
  • 49. Paisaxe de Salceda de Caselas desde os Montes de Budiño SUPERFICIE: 36 km2 POBOACIÓN: 8.873 habitantes (2015). PARROQUIAS: Budiño, Entenza, Parderrubias, A Picoña, Salceda (San Xurxo e Santa María) e Soutelo. SALCEDA DE CASELAS Ocupa o extremo SE da comarca. O relevo presenta unha inclinación cara ao sur (que propicia unha maior exposición ao sol que fai o clima máis cálido) desde os, aproximadamente, 400 m das estribacións dos montes de Budiño ás proximidades do río Miño cara ao que baixan os pequenos ríos do concello, Caselas e rego Ponte de Ferreiro.
  • 50. Pedra traballada pola erosión no Parque Forestal do Faro As principais actividades son a construción, a industria, os servizos, aa explotación do granito e o cultivo da vide. Conserva igrexas, pazos, cruceiros... Dentro do concello pódese gozar do parque forestal do Faro e percorrer dous tramos do Sendeiro das Greas. Portal de acceso ao pazo do Pegullal, onde se atopa o Carballo de San Bieito, un exemplar centenario.
  • 51. Arcade desde A Peneda SUPERFICIE: 25 km2 POBOACIÓN: 7.356 habitantes (2014). PARROQUIAS: Arcade e Soutomaior SOUTOMAIOR Situado ao NO da comarca. O relevo está conformado polo tramo final do val dos ríos Verdugo, Oitavén e o seu afluente Pequeno, e os montes que os rodean, o monte Redondiñas, polo norte, e o Monzón, polo sur. A costa, por atoparse ao fondo da ría, é abrigada, baixa, recortada e rochosa; de augas pouco profundas na que quedan grandes áreas ao descuberto coa marea baixa que son lugares de cría para diferentes clases de moluscos e zonas de abrigo e descanso para moitas aves acuáticas e limícolas.
  • 52. Castelo de Soutomaior. Lugar de interese monumental, paisaxístico e botánico, que acolle unha das mellores colección de árbores de xardín da As principais actividades son os servizos, a industria, a acuicultura, o marisqueo e o cultivo da viña (acollida á D O Rías Baixas). Conserva igrexas, castelos, pontes, núcleos tradicionais... e a costa está incluída no LIC Enseada de San Simón.
  • 53. Porto de Vigo e ría desde o monte do Castro, un excelente miradoiro sobre a cidade e a ría VIGO Ocupa a metade da fachada costeira da comarca. O relevo está conformado polas caídas, cara ao norte e cara ao oeste, das estribacións da serra do Galiñeiro, e polas abas sur do monte Ferreira, entre as que se extende o Val do Fragoso que acolle a cunca do río Lagares, ao que van o Eifonso e o Barxa. No sur, o río Zamáns, que nace na cara norte do Galiñeiro leva as súas augas ao río Miñor. Na costa temos que distinguir dúas zonas: a das illas Cies, toda ela rochosa e exposta cara ao mar aberto, e con algunhas boas praias na parte que da á ría; e a costa continental na que, a pesar de ter case a metade da súa lonxitude ocupada por instalacións portuarias, se alternan as zonas rochosas e areosas polo que conta con numerosas praias entre as que destaca, tanto polo seu tamaño como polas súas infraestructuras, a de Samil. SUPERFICIE: 108 km2 POBOACIÓN: 292.817 habitantes (2016) PARROQUIAS: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sampaio, Sárdoma, Valadares, Vigo e Zamáns.
  • 54. Vigo é a cidade máis grande de Galiza, é o máis importante porto pesqueiro e conserveiro do Estado e un dos primeiros de Europa. É o primeiro centro industrial de Galiza, no que destacan a construción naval, a produción de automóbiles e a industria conserveira. O concello de Vigo é a agrupación urbana máis grande de Galiza e máis do 70% da poboación está concentrada na capital do concello. As principais actividades son os servizos, a industria e a pesca. Acolle un importante patrimonio cultural: castros, edificios urbáns, igrexas, museos, pazos...
  • 55. Praia de Bouzas. Unha das zonas de Vigo que conserva o seu aspecto tradicional. A nivel natural Vigo conta, como elemento principal, coas illas Cies, que forman parte do Parque Natural das Illas Atlánticas; con varios e interesantes parques urbáns, sobre todo o de Castrelos cunha boa extensión e magníficos exemplares de árbores de distintas especies; doce parques forestais, situados case todos en montes comunais das diferentes parroquias; varios tramos do sendeiro das greas, que percorre os montes do concello e numerosos sendeiros urbans.
  • 57. RELEVO Esteiro do Lagares e montes de Valadares (Alba, Cepudo), desde os que hai moi bos vistas sobre a cidade de Vigo e a ría O territorio da comarca está atravesado de norte a sur pola Depresión Meridiana, flanqueada polo leste polos montes de Soutomaior, a serra do Galleiro e os montes de Budiño e polo oeste polos montes de Redondela e a serra do Galiñeiro; logo, desde os montes do oeste baixa ata o mar, ocupando toda a metade sur da ría de Vigo, e desde os montes de Soutomaior vai gañando altura cara ao leste polo Coto de Eiras ata superar os 1.000 m na serra do Suído. O sur da comarca está marcado pola serra da Groba que fai de linde coa comarca do Baixo Miño e o norte polo río Oitavén.
  • 58. Monte Alba coa ría de Vigo ao fondo
  • 59. Abrodia (Asphodellus albus), unha planta que abonda nos cumes castigados polo lume. Toxos e breixos, as plantas máis comúns no mato dos cumes
  • 60. A vexetación é moi variada. Nos cumes das montañas máis altas domina o mato de toxos, breixos, uces, xestas e carqueixas. Nos vales dos ríos das zonas montañosas consérvanse carballeiras e bosques de ribeira e a maior parte do terreo forestal está cuberto de plantacións de piñeiros e eucaliptos. Serra do Suído: mato e carballeiras
  • 61. Liques, ou tona da pedra. Primeiros colonizadores das rochas. Formas de vida que moitas veces pasan desapercibidas, pero que observadas máis de preto amosan formas e deseños moi curiosos.
  • 62. Carricanta (Ephippigera ephippiger), vive en lugares secos de vexetación escasa como os curutos dos montes. A fauna é a típica de matogueiras e grandes espazos abertos, así como de fragas. Algunhas serras acollen especies de grande interese como o lobo, o gato bravo, o falcón abelleiro, a gatafornela... Nalgunhas áreas viven vacas e cabalos en semiliberdade. Chasco (Saxicola torcuata)
  • 63. Cabalos no cume da Groba
  • 64. A PENEDA. Pequeno monte illado de 327 m de altura situado entre Soutomaior e Redondela desde o que se divisan unhas vistas expléndidas sobre a contorna, en especial sobre a enseada de San Simón e o val do Verdugo. No seu cume atópase a capela da Virxe das Neves ou da Peneda e unha sobreira de gran porte.
  • 65. Cara norte da serra da Groba desde o Galiñeiro SERRA DA GROBA É unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se extende desde Baiona ata A Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola erosión. O cume máis alto é o monte da Groba, con 663 m. Accedese por unha estrada que sae de Baiona cara ao Rosal que percorre os cumes.
  • 66. Vista da serra do Galiñeiro desde Monteferro MONTES DO GALIÑEIRO É unha cadea de montañas situadas entre Gondomar, Vigo, O Porriño e Tui, con orientación NO-SE. Formada na parte norte por gneis e na sur por pedra de gran. O pico máis alto é o monte do Galiñeiro con 705 m. Na vertente oeste nace o río Miñor e na leste pequenos cursos de auga afluentes dos ríos Louro e Miño. Desde os cumes hai boas vistas panorámicas sobre a costa de Baiona e a Ría de Vigo cara ao Oeste e sobre as Gándaras de Budiño ao Leste. O Acceso faise desde Vincios ou Morgadáns.
  • 67. O Galiñeiro desde o Arruído. As rochas están espidas de vexetación despois de varios incendios.
  • 68. Vistas desde os cumes do Galiñeiro dos montes Chan Grande e Outeiro Grande (linde entre os concellos de Vigo e Nigrán) e as Illas Cíes. Os montes do Galiñeiro son os máis coñecidos e visitados dos sistemas montañosos da comarca.
  • 70. Cumes do Galiñeiro e Val Miñor
  • 71. Faro de Budiño FARO DE BUDIÑO Situado no linde entre O Porriño e Salceda de Caselas. É unha ringleira de penedos graníticos entre os que destaca unha grande masa de granito Rosa Porriño con paredes de ata 100 m de altura que se mantén intacto entre as explotacións da zona. O acceso faise desde a estrada de Porriño a Salceda de Caselas, no Alto da Forca.
  • 72. “O Pianista” preto de Cans A acción da auga, os cambios de temperatura e os fenómenos químicos dan lugar a numerosas formas que reciben distintos nomes: bolos, penedos, pedras cabaleiras, pías e cacholas... Moitos teñen os nomes das figuras ás que se asemellan.
  • 73. Vista da aba oeste do Galleiro desde o Galiñeiro. Entre eles atópase a Depresión Meridina, unha grande falla que se extende entre Tui e Carballo. SERRA DE GALLEIRO Serra de 12 km de lonxitude con orientación NE-SO limitada polas concas do Tea ao leste, e as do Louro e o río do Vilar ao oeste. Está formada por rochas graníticas que nos cumes están espidas formando bolos e penedos. O punto máis alto é Coto de Cales, con 742 m. Accedese desde Os Valos, na estrada Porriño-Redondela.
  • 74. O Galleiro desde o mar con Redondela no primeiro plano
  • 75. Vista dos cumes do Suído cara a Fornelos SERRA DO SUÍDO Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S. O cume máis alto da comarca é o Coto Miñoto, con 1.059 m onde converxen os concellos de Fornelos de Montes, Covelo e Avión. Na serra do Suído prodúcese unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste. Accedese desde Fornelos de Montes pola estrada que vai pola Laxe e A Airoa a Avión.
  • 76. Cabeceiras do río Parada nas abas do Suído
  • 77. A Airoa (A Laxe), o asentamento máis alto de Fornelos de Montes nas abas do Suído
  • 78. Cumes de COTO DE EIRA (884 m) COTO DE EIRA Un grupo de pequenos cumes situado entre as cuncas do Tea (Alén e Aboal) e o Oitavén (Barragán e Ventín). Pódese considerar unha prolongación da serra do Suído da que o separa a falla pola que corre o río Alén. Accedese desde Fornelos por Ventín.
  • 79. Coto da Erbededa (897 m)
  • 80. Foxo do lobo de Ventín, debaixo do Coto dos Corvos (Fornelos de Montes)
  • 81. OS RÍOS Río Parada ou Valdohome, nas abas da serra do Suído. Os ríos da comarca son curtos e seguen, obrigados polo releve, direccións diferentes: ao norte están os ríos Verdugo e Oitavén que corren de leste a oeste, desde as serras da Dorsal, marcando en varios puntos do seu curso a fronteira da comarca; seguindo a dirección das fallas da depresión meridiana e outras paralelas, corren, con dirección NS, o Alvedosa, o río Louro e arranca o río Borbén, afluente do Tea, e entre os montes que bordean polo oeste a Depresión e o mar discorren os ríos Lagares, Miñor-Zamáns e da Groba.
  • 82. Río Parada Os ríos da comarca, en moitos tramos do seu curso, conservan un ambienta natural sen alteracións onde podemos atopar unha grande diversidade de flora e fauna. Podemos atopar excelentes bosques de ribeira e, nos vales máis altos, carballeiras estensas. Nos bosque de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, sanguiños, carballos e na parte do curso baixo eucaliptos. Nas augas remansadas hai espadanas, lirios, oucas, lentellas de auga, bricios, espigas de auga, Myriophylum, pe de boi... e nas beiras fentos (dentabrú, fento macho, fento femia, Blechnum...), herba salgueira, lúpulo, hedras, valdeba, silva, salgueiriño, amarelle, menta de auga, violeta, reina, adelfiña, molinia...
  • 83. Bosques de salgueiros, amieiras e carballos na zona protexida das Gándaras de Budiño
  • 84. Lirio amarelo (Iris pseudoacorus)Carex paniculata
  • 85. Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos de auga limpa e rápida. Nas augas dos ríos hai troitas, escalos, anguías, reos e na zona de influencia das mareas, muxes. Nas beiras hai unha boa representación de réptiles, anfibios, aves, mamíferos e insectos. Calopterix virgo. Cabaliños do demo, libeliñas, gaiteiros... están sempre presentes na beira da auga, dentro da que se desenvolven antes de acadaren a fase adulta.
  • 86. Confluencia do Verdugo e o Oitavén RIOS VERDUGO-OITAVÉN O Verdugo nace na Serra do Cando, percorre terras de A Lama, Pontecaldelas e Soutomaior e desemboca na ría de Vigo entre Arcade (Soutomaior) e Pontesampaio (Pontevedra) despois de 40 km de percorrido. Na comarca recibe as augas do Oitavén e os seus afluentes Ámbolos dous ríos, debido ás múltiples fracturas da súa cunca e ao desnivel do seu curso (en 30 km salvan 800 m de desnivel), discorren encaixados e con cambios constantes de dirección, con tramos nos que abondan os rápidos, pozas e fervenzas. Nesta comarca recollen as augas dos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior.
  • 87. Ponte da Comboa O Verdugo en Soutomaior
  • 88. Ponte sobre o Verdugo entre Arcade e Pontesampaio
  • 89. Vista do río Barragán no encoro de Eiras. O encoro de Eiras, no Oitavén abastece de auga á cidade de Vigo e ás poboacións da súa área de influencia. Neste encoro o Oitavén recibe ao seu afluente, o Barragán, un río que conserva nas súas beiras un bosque autóctono ao que se pode acceder desde San Vicente, ao pé do encoro. RÍO OITAVÉN É o principal afluente do Verdugo. Nace na Serra do Suído e despois de 33 km de percorrido por terras dos concellos de A Lama, Fornelos de Montes e Soutomaior xúntase co Verdugo sete quilómetros antes da desembocadura. O principal afluente pola dereita, nesta comarca é o Portalago; e pola esquerda o Parada ou Valdeome, Barragán ou Freazal e Pequeno ou Aranza.
  • 90. FERVENZA DE COTOGRANDE No río Valdohome, unha das cabeceiras do Parada (Oitavén). Hai unha serie de rápidos e pequenas fervenzas, a maior de 8 m de altura, no lugar de Eiroa (Fornelos de Montes). COMO CHEGAR: Na subida ao Suído pola estrada de Verducido (na Lama) á Laxe e Eiroa, xunto ás primeiras construcións do lugar da Eiroa cóllese, á esquerda, un camiño que baixa ao río. Logo de cruzar unha pontella séguese o camiño que sobe remontando o río polos carreiros do monte e a uns 400 m vese a fervenza máis grande. Pódese baixar con dificultade.
  • 91. FERVENZA DOS CASARIÑOS No lugar de Eiroa (Fornelos de Montes). No rego da Fonte Uceira, un afluente do Val do Home, unha das cabeceiras do Parada (Oitavén). O rego cae nun gran desnivel en rochas graníticas formando dous grandes saltos. COMO CHEGAR: Desde Fornelos de Montes ou Ponte Cadelas vaise a Verducido e desde alí a Eiroa, por unha estrada que sobe á serra do Suído. Pasada Eiroa, a 1.400 m das últimas casas atópase unha explotación gandeira á dereita da estrada. Séguense uns cen metros e, despois dunha curva moi ancha, hai unha entrada á esquerda (un terreo limpo a xeito de pista). Déixase o coche, camíñase cara ao río ata a parte alta do monte e xa se ve a magnífica freixa en fronte.
  • 92. FERVENZA DE VERDUCIDO O río Parada, no linde entre A Lama e Fornelos de Montes, salva un gran desnivel entre rochas graníticas onde forma fermosos saltos e fervenzas. COMO CHEGAR: Na Estrada PO 255, entre A Lama e Fornelos de Montes, pásase Verducido e chégase á ponte sobre o río. Desde alí pódese seguir pola marxe dereita e ver algúns rápidos e a fervenza principal de lonxe. Para vela mellor é preciso seguir pola estrada ata o primeiro cruce á dereita que sube polo lugar de Outeiriños, e alí coller de novo á dereita uns cen metros ata o remate da pista desde onde baixa un carreiro á esquerda que segue o río ata as fervenzas.
  • 93. Catro comunidades de montes (Traspielas, Calvos, Moscoso e Xunqueiras) dos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes habilitaron unha ruta de 17 km que percorre a fraga e a beira do río Barragán. Nesta camiñada podemos gozar, ademais, de todas as manifestacións da auga, da calma, nos moitos remansos que se forman nos atrancos, e das carreiras e o son, nos rápidos e as fervenzas; e tamén de mostras culturais: o castro da Cidade, muíños, pontellas, un acueduto… RÍO BARRAGÁN É un afluente do Oitavén que nace na aba oeste do Coto Eiras e percorre terras dos concellos de Mondariz, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. O último tramo do seu curso está afectado polo encoro de Eiras, onde se xunta co Oitavén. O seu val acolle unha das fragas naturais mellor conservadas da provincia de Pontevedra, dunha grande biodiversidade, onde se mesturan as especies propias do bosque atlántico coas de ribeira.
  • 94. FERVENZA DO POZO MACHADO En Traspielas (Fornelos de Montes), no río de Pielas, un afluente do Barrragán que baixa do Coto Eiras. COMO CHEGAR: seguindo a senda da Fraga do Barragán río arriba, ao chegar ao punto onde desemboca o rego de Pielas crúzase o río polos pasos (está indicado) e remóntase o rego. Un pouco máis arriba crúzase. Alí mesmo un carreiro curto e dificultoso leva á fervenza da parte baixa. Volvemos ao carreiro principal e seguimos subindo por unha forte encosta en pedra; ao remate da mesma un carreiro á dereira lévanos ao Pozo Machado. Tamén se pode acceder desde Pardalongas facendo a ruta ao muíño do Piñeiro e seguir baixando polo sendeiro das Greas.
  • 95. Muíño no río de Pielas (Barrragán)
  • 96. FERVENZA DE ARANZA-A FRAGA. No río Oitavén en Aranza (Soutomaior). Pozas, rápidos e saltos pequenos de 5 m. COMO CHEGAR: No lugar de Aranza hai que subir camiñando ata a Rúa Nova, na parte alta do lugar desde onde se ve o canón do río. Un carreiro estreito baixa cara un muíño. Augas abaixo hai saltos sucesivos e pozas. Remontando o río polo seu cauce (só no verán), medio km despois vense novos rápidos escavados na pedra, que se prolongan varios km río arriba.
  • 97. RÍO BORBÉN É un afluente do Tea que nace na aba oeste das últimas estribacións da serra do Suído. Está protexido dentro do espazo Río Tea.
  • 98. RÍO ALVEDOSA Nace ao norte da serra do Galleiro e despois de percorrer 9 km polos concellos de Pazos de Borbén e Redondela, desauga na enseada de San Simón, na ría de Vigo.
  • 99. FERVENZA DE SAN PAIO En Santo Paio de Abaixo, Reboreda (Redondela), nunha zona con varios muíños hoxe dedicados á hostelería. Xusto debaixo do Muíño Vello atópase este salto de case 10 metros de altura que salva un penedo granítico. COMO CHEGAR: Na saída da estrada de Redondela a Pazos de Borbén, a 250 metros do casco urbano un camiño asfaltado baixa á dereita, xusto antes da nave dun supermercado e debaixo do viaduto do AVE.
  • 100. O río Lagares preto da desembocadura. Na parte baixa do curso existe un sendeiro que se pode percorrer a pé ou en bicicleta. RÍO LAGARES Nace nos montes no Coto Ferreira. A súa cunca forma o val do Fragoso en Vigo. Desemboca na Ría de Vigo, entre as praias de Samil e Fonteliña.
  • 101. FERVENZA DE RÍO EIFONSO. Na parroquia de Bembrive do concello de Vigo. O río Eifonso é un afluente do Lagares que nace ao norte da serra do Galiñeiro. COMO CHEGAR: desde Vigo cóllese a estrada que vai a Bembrive ata a ermida de San Cibrán e desde alí seguese un carreiro pola beira do río.
  • 102. Ponte Orbenlle sobre o Louro, no Camiño Xacobeo Portugués, entre os concellos de O Porriño e Tui. RÍO LOURO Baixa desde o monte de A Serra, en Pazos de Borbén e xúntase co Miño en Tui. No seu curso baixo atravesa as gándaras de Budiño, unha zona húmida de gran interese ecolóxico que está protexida como LIC/ZEP. O río Louro en O Porriño
  • 103. Lagoa nas Gándaras de Budiño, unha gran zona húmida situada nas marxes do río Louro
  • 104. FERVENZA DAS LAXES (GALOMEIRA) En Cans (O Porriño). No río de Couso, un afluente do Louro de pouco caudal que salva 100 metros de desnivel nun treito moi pequeno. Hai saltos sucesivos de case 10 m de altura e pequenas pozas. O máis destacado é a fervenza Galomeira. COMO CHEGAR: No alto do Confurco, nas saídas da N-120 e autovia A-52, unha estrada leva a Couso. Xusto ao comezo, á dereita nunha curva, están sinalizados os muíños restaurados das Laxes. Unha ruta de aproximadamente 1 km (ida e volta) remonta o río seguindo os distintos saltos, aos que non se accede pola dificultade do terreo.
  • 105. FERVENZA DE CHENLO En Chenlo (Porriño), no rego de Chenlo, un afluente do Louro que baixa dos Montes do Galiñeiro. Un salto duns 20 m de altura. COMO CHEGAR: Desde Porriño collemos a estrada a Gondomar e nela o desvio a Mosende e Tui; na entrada de Mosende o desvio a Chenlo e, ao chegar a Canadelo o cruce que sinala a Igrexa. A fervenza vese á dereita da estrada cando se cruza o río.
  • 106. Ponte da Ramallosa, ou ponte da Xunqueira do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona. É unha das pontes de Galiza na que se realizaba o ritual do Bautismo Prenatal. RÍO MIÑOR Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas da serra do Galiñeiro. Ten un percorrido sinuoso por terreos dos concellos de Nigrán e Baiona formando o Val Miñor. Despois de 16 km desauga en Sabarís. Unha barra de area (praia de Ladeira) pecha parcialmente o esteiro da Ramallosa.
  • 107. Muíño das Maquías no río Zamáns, preto do encoro que abastece de auga á cidade de Vigo. FREIXA DE ZAMÁNS No rego de Zamáns ou Amiudal (Miñor), unha fervenza con pouca auga (agás en día de moita chuvia) que esbara por unha enorme escorregadoira de laxes graníticas en varios tramos. COMO CHEGAR: desde cóllese o cruce á dereita ata o lugar da Igrexa e séguese ata o seu remate, onde se colle á esquerda. Séguese durante uns 400 m e tómase unha pista de terra á dereita ata chegar ao regato (uns 300 m). Para ver as fervenzas sóbese un pequeno tramo por un carreiro do monte.
  • 108. Encoro de Zamáns, para o abastecemento de auga á cidade de Vigo
  • 109. Ponte en Sabarís RÍO DA GROBA Nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no esteiro da Ramallosa, en Sabarís, moi preto do Miñor. A maior parte do seu percorrido está ocupado por construcións e muros e circula practicamente por unha canle artificial que acusa moito as enchentes en épocas de chuvias abundantes.
  • 110. REGO DOS MUÍÑOS Nace nos montes de Chandebrito e ten todo o seu curso polo concello de Nigrán, onde desemboca na praia de Arealoura (Praia América).
  • 111. A COSTA Vista da Ría de Vigo con Monteferro no primeiro plano O litoral da comarca inclúe parte da banda sur da Ría de Vigo (desde a desembocadura do río verdugo) e un pequeno tramo na costa exterior de Baiona, ata o Faro Silleiro, así como as illas Cíes, Estelas e San Simón. A costa é rochosa e recortada, exposta na cara que da ao mar aberto das illas e na parte de fora da ría Nas partes protexidas e a todo o longo do interior da ría altérnanse as zonas rochosas e os areais. No fondo da ría e na desembocadura dos ríos hai esteiros con áreas pouco fondas e lamacentas.
  • 112. Illas Cíes A costa da da comarca acolle ecosistemas dun grande valor biolóxico que dan lugar a espazos naturais de gran interese e son a base dunha importante actividade marisqueira, pesqueira, acuícola, industrial e turística. Varios tramos están protexidos no Parque Nacional da Illas Atlánticas e nos LICs “Enseada de San Simón”, “Illas Estelas”, “A Ramallosa”
  • 113. Rochas en Baiona Na costa rochosa exposta o mar bate sen descanso. Nestes hábitats viven seres que desenvolven mecanismos para resistir os movementos do mar e o constante choque das ondas. As algas suxeitanse fortemente as pedras e déixanse mover ondeando os seus talos e frondes flexibles, ou desenvólvense apegadas ás pedras e nas pozas. Os animais agóchanse nas fendas e pozas das rochas (polbo, cangrexos, cóngaro, ourizo), entre as algas (maragotas, sargos, badexos) ou fíxanse ás rochas con dististos mecanismos (lapas, chuponas, caracolas, percebes, arneiróns...). En terra desenvólvense especies resistentes á salinidade e á influencia dos ventos mariños como os liques ou tonas da pedra, o pirixel do mar ou a herba de namorar.
  • 114. As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus ovatus) aparecen durante o verán nos areais do A camariña (Corema album) é unha especie única do litoral occidental Ibério e das Illas Azores que se atopa en perigo de extinción. Nas dunas das Cíes atópanse a única poboación do sur de Galiza.
  • 115. Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra o pirixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta que os navengantes dos tempos antigos comían en ensalada para previr o escorbuto. As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques.
  • 116. Xunco mariño. Forma grandes pradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea. Bocho e verdello, dúas algas comúns nos esteiros
  • 117. Ameixas. Os areais protexidos do interior da ría son un excelente lugar para o desenvolvemento de bivalvos que se atopan por toda a zona intermareal e son unha importante fonte de recursos para as xentes do mar.
  • 118. Chuponas ou ventosas (Bunodactos verrucosa). Apegadas ás rochas dos cantís viven arneiróns, mexillóns, percebes... E as pozas que deixa o debalar da marea están cheas das cores das chuponas, animais de estructura moi simple, sen órganos diferenciados que so abandoan a súa inmobilidade cando quedan en seco ou cando unha presa cae entre os seus tentáculos.
  • 119. Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e cangrexos, habitantes habituais das rochas do litoral. Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos fondos areoso-fangosos alimentándose de partículas que filtra da area.
  • 120. Bilurico (Tringa totanus). Individuos procedentes de Europa invernan por toda a costa galega nas zonas lamacentas de marismos e esteiros. O escáncer de 5 dedos (Chalcides bedriagai) é un pequeno lagarto coas patas atrofiadas que se atopa nas dunas das Cíes. É exclusivo da Península Ibérica e de distribución moi escasa en Galiza.
  • 121. RÍA DE VIGO A ría de Vigo ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Vista da Ría de Vigo desde o monte da Guía
  • 124. Ría de Vigo desde o Coto da Águia
  • 125. Ría de Vigo desde A Madroa
  • 126. Ría de Vigo (Enseada de San Simón) desde o monte da Peneda
  • 127. Ría de Vigo: illa Toralla, praia de Samil e cidade de Vigo
  • 128. ENSEADA DE SAN SIMÓN desde O Morrazo. A Enseada de San Simón, situada no fondo da ría de Vigo, É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas. É unha zona abrigada con augas pouco profundas, cunha grande superficie que queda descuberta ao debalar o mar. Na enseada de San Simón atópábanse os famosos bancos de ostras de Arcade, hoxe esgotados.
  • 129. ENSEADA DE SAN SIMÓN, coa frecha na que se asentan as praias d do Cabo e Cesantes e a illa de San Simón
  • 130. Desembocadura do Oitavén na enseada de San Simón, coas illas Alvedosas ao fondo.
  • 131. Praia do Peirao (Arcade)
  • 132. ILLAS DE SAN SIMÓN e SAN ANTÓN, dúas pequenas illas unidas por unha ponte situadas fronte á praia de Cesantes.
  • 133. ILLA DE SAN SIMÓN e PRAIA DO CABO, situada na parte norte da frecha de area
  • 134. Costa de Cesantes e illa de San Simón
  • 135. PRAIA DE CESANTES, situada na parte sur da frecha de San Simón. Un acolledor areal de 2.400 m de lonxitude que se sitúa ao sur dunha frecha areosa.
  • 136. Estreito de Rande e punta de Castiñeira
  • 137. Chapela e ESTREITO DE RANDE desde o Coto Fenteira. Chapela é un núcleo portuario e industrial, practicamente unha prolongación da cidade de Vigo, que pertence ao concello de Redondela.
  • 138. Vigo
  • 139. Vigo e a ría desde o Monte do Castro
  • 140. Ría de Vigo desde o monte do Castro
  • 141. Praia do Cocho (Alcabre, Vigo)
  • 142. Areal da Mourisca e Museo do Mar (Alcabre, Vigo)
  • 143. PRAIA DE SAMIL, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro de Vigo convértea na máis concurrida e mellor dotada de servizos. No inverno é un bo lugar paseo.
  • 144. Desembocadura do río Lagares, praia de Fonteíña e Illa de Toralla
  • 145. Illa Toralla e Cíes desde o Galiñeiro
  • 147. Praia de Patos (Nigrán)
  • 148. MONTE FERRO E PRAIA DE PATOS
  • 149. Punta de Meda en Monteferro e illas Cíes
  • 151. ILLAS ESTELAS e Cabo Silleiro desde Monteferro. As Illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena), situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón. A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Non teñen árbores e están practicamente cubertas de mato de toxos e breixos. Os seus fondos mariños son dunha grande riqueza biolóxica. Xunto con Monteferro forman parte do LIC “Illas Estelas”.
  • 152. MONTE LOURIDO E PRAIA AMÉRICA
  • 153. Praia da Madorra (Panxón, Nigrán)
  • 154. Praia de Panxón (Nigrán)
  • 155. PRAIA DE AREALOURA, máis coñecida como PRAIA AMÉRICA, na costa de Nigrán.
  • 156. Praia América e rego dos Muíños (Nigrán). Ao fondo Baiona
  • 157. A RAMALLOSA, MONTE LOURIDO E PRAIA AMÉRICA
  • 158. A RAMALLOSA (esteiro do Miñor) desde o monte Lourido
  • 160. Enseada de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
  • 161. Praia de Santa Marta (Baiona)
  • 162. Baiona
  • 163. Baiona, Monteferro, illas Estela e illas Cíes
  • 164. Illa Carral na punta de Cabo Silleiro. Ao pé do faro vello hai unha área de lecer e unha praia cuberta de vidros procedentes do antigo vertedoiro de lixo.
  • 165. Cabo Silleiro, límite sur da boca da ría e da comarca de Vigo
  • 166. ILLAS CÍES Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do Faro, Monteagudo, San Martiño e varios illotes. As costas occidentais das tres illas son cantís abruptos batidos polos temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas. Consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII, na actualidade acondicionado como centro de visitantes do parque Nacional. Forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas e están protexidas ademais como como Parque Natural desde 1980, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e LIC/ZEP. Reciben unha afluencia masiva de visitantes o que obrigou a restrinxir o acceso.
  • 167. As illas Norte e do Faro están unidas por un istmo de area (praia das Rodas) e un pequeno dique entre os que se forma unha lagoa mareal.
  • 168. Vista desde o Alto do Príncipe
  • 169. Pedra da Campá, na illa do Faro
  • 171. AS ÁRBORES Carballeira de Barragán Na comarca podemos atopar algunhas fragas autóctonas en lugares afastados e numerosos exemplares de árbores senlleiras en parques, xardíns e espazos urbáns. Os parques das cidades son bos lugares para a observación de árbores, sobre todo especies alóctonas que, nalgúns casos son exemplares monumentais. Destacan os parques da cidade de Vigo (Castrelos, O Castro, Alameda), o castelo de Soutomaior, a illa de San Simón, así como outros plantados en xardíns particulares, sobre todo pazos, rúas e prazas. (P): Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 172. ILLA DE SAN SIMÓN (Redondela): -Carreira de Buxos (P) -Eucaliptos -Cedro do Atlas -Castiñeiro de Indias -Acacia melanoxilon -Tilleira prateada Paseo de buxos (Buxus sempervirens) da illa de San Simón
  • 173. CASTELO-PAZO DE SOUTOMAIOR: -Araucaria araucana (P) -Araucaria excelsa -Alcipreste de Lawson (P) -Camelias -Castiñeiros -Criptomeria japonica (P) -Criptomereia japónica elegans -Douglasias verdes (piñeiro Oregón) -Eucalipto cinereo -Plátanos de sombra -Secuoia vermella (P) -Calocedro de California -Picea -Phitosporum -Casuarina -Taxodios -Piñeiro Patula -Piceas de Sitka -Tilleiras -Abeto branco -Abeto de Nordman -Pinsapo -Notofagus -Acivros -Érbedos -Carballos -Carballo americano -Tsuga do Canadá -Cedro do Atlas -Alcipreste de California -Tulipeiro -Piñeiro de Monterrei -Acacia melanoxilon -Fentos (Cyathea cooperi) Alcipretes de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana) -32,4 m de altura, 9,10 m de perímetro na base.
  • 174. Secuoia vermella (Sequoia sempervirens) do Pazo Soutomaior. Ten máis de 100 anos. Mide 39 m de altura e 9,25 m de perímetro. Araucaria araucana -27 m de altura -2,46 m de perímetro
  • 175. PAZO CASTRELOS (Vigo): -Ailanto -Arce real -Butias brasileiras -Carpes -Rododendro -Eucaliptos (P) -Castiñeiros de Indias -Freixos -Faias (P) -Faias purpúreas -Liwingstona austral -Magnolia grandiflora -Camelias -Phitosphoro ondulado -Plátanos -Tulipeiros de Virxinia (P) -Secuoia -Pradairo -Acacia -Abelaira -Araucaria angustifolia -Araucaria heterophila -Árbore do amor -Tuia plicata -Palmeiras canarias -Palmeiras de abano (Trachycarpus) -Taxodios -Amieira -Cedros -Piñeiro bravo -Fentos arbóreos -Cerdeira
  • 176. Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipefera) do Parque de Castrelos. Mide 28 m de altura e case 6 m de perímetro. É unha árbore con vistosas flores e que no outono adquire unha fermosa cor amarela. Camelia xapónica “Matusalén” do Pazo de Castrelos. Plantada en 1860. Mide 7,50 m de altura, 3,75 m de contorno troncal e ten unha copa de case 16 m de diámetro.
  • 177. ALAMEDA-PRAZA COMPOSTELA (Vigo): -Casuarinas (P) -Grevillea robusta -Nogueiras negras americanas -Washingtonia filamentosa -Castiñeiros de Indias Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo
  • 178. PARQUE O CASTRO (Vigo): -Piñeiro de Monterrei -Carballos americanos -Cedro -Acacias -Piñeiro bravo -Melaleuca armillaris Carballos americanos (Quercus robur) do monte do Castro
  • 179. PAZO TORRES DE AGRELO (Redondela): -Camelia sasanqua (P) -Camelias xapónicas (P) -Criptomeria elegante -Loureiros -Livistona austral -Araucaria excelsa -Tuia xigante (P) Camelia xapónica Camelia sasanqua
  • 180. PAZO TORRECEDEIRA (Redondela): -Calocedro decurrens (California) (P) -Cedro do Himalaia -Faia púrpura -Liquidambar Liquidámbar (Liquidambar styraciflua) do Pazo de Torrecedeira Dous exemplares. -25,5 e 18,5 m de altura, e 2,63 e 2,35 m de perímetro.
  • 181. Carballo de Amoedo (Pazos de Borbén) -3,75 m de perímetro. Carballo (Quercus robur) do Adro de Moscoso (Pazos de Borbén). -3,30 m de perímetro.
  • 182. Carballo do pazo do Pegullal (Salceda de Caselas) Carballo en Barragán
  • 183. Sobreira Pazo Vilarés (Vilaza, Gondomar) -4,5 m de perímetro. Sobreira (Quercus suber) do Pazo Pampillón (Vilaza, Gondomar)
  • 184. Sobreira do Cristo de Arriba (Reboreda) (P) 17,8 m de altura e 6,03 m de perímetro. Sobreira da Capela da Peneda (Redondela). -10,5 m de altura; 5,19 m de perímetro.
  • 185. Sobreiras da Capela da Ascensión (Entenza, Salceda de Caselas) -5,68 e 6,62 m de perímetro.
  • 186. Oliveira do Paseo de Alfonso XII en Vigo. É o símbolo da cidade de Vigo. Plantada arredor de 1815, a partir dunha ponla doutra moi antiga, do século XV, que estaba na Colexiata de Santa María, que, segundo contan, “debaixo dela podían traballar sete zapateiros” e que foi cortada en 1814. (P)
  • 187. Oliveira da igrexa de Guizán (Mos). -3,20 m de perímetro Oliveira da igrexa de Coruxo (Vigo) -2,4 m de perímetro Oliveira da igrexa de Soutomaior -2,15 m de perímetro
  • 188. Chopo negro (Populus nigra) en Gondomar Freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) de Albarín (Atios, O Porriño) (P) -4,35 m de perímetro.
  • 189. Cunninghamias (Cunninghamia lanceolata) do Pazo de Gondomar (P) -Seis exemplares. A máis grande, mide 40,2 m de altura e 4,60 m de perímetro. Piñeiro manso (Pinus pinea) de Mexachán (Redondela)
  • 190. ESPAZOS PROTEXIDOS PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS/ILLAS CÍES As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), LIC/ZEP, e forman parte, xunto con Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras do PARQUE NACIONAL “ILLAS ATLÁNTICAS” desde xuño de 2000. O espazo protexido comprende ademais unha faixa perimetral de 100 m medidos a partir da baixamar equinocial coa que se completa unha superficie de 1.000,80 ha. A Consellería de Pesca ten prohibida a pesca submariña neste espazo desde 1992.
  • 191. As ILLAS CÍES teñen un grande interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico. A insularidade, a pesar da súa proximidade á costa, e as variacións ambientais permitiron o asentamento e a preservación de especies únicas. A maior riqueza ecolóxica atópase no espazo marítimo pola grande diversidade de biotopos (áreas de costa rochosa e areosa, tanto exposta como protexida) e pola cantidade e variedade de especies que se atopan neles. Os fondos mariños das illas son importantes áreas de cría de peixes e mariscos, polo que actúan como reserva biolóxica dos recursos pesqueiros e marisqueiros das zonas próximas. Gaivota patiamarela (Larus cachinans) con polos duns poucos días. O máis destacado da fauna terrestre das Cíes son as aves mariñas sobre todo as gaivotas (22.000 parellas, a colonia máis grande do mundo), e os corvos mariños cristados (a colonia máis importante do suroeste de Europa cunhas 1.000 parellas).
  • 192. Illa Estela Grande LIC/ZEC ILLAS ESTELAS O espazo protexido abrangue as illas Estelas (dúas pequenas illas, Estela Grande e Estela Pequena), algún pequeno illote e o litoral de Monteferro. Pertence ao concello de Nigrán. Das 713 ha protexidas unha grande parte é ecosistema mariño, cun fondos mariños dunha enorme riqueza biolóxica.
  • 193. LIC/ZEC A RAMALLOSA Espazo situado na desembocadura do río Miñor, 92 ha protexidas pertencentes aos concellos de Baiona e Nigrán. É unha zona de marismas separada e defendida do mar aberto pola ampla barra areosa da praia Ladeira. Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas tranquilas e mornas, mantén unha grande diversidade de invertebrados que serven de alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta zona unha importante área de descanso, sobre todo no inverno.
  • 194. Vista desde Cedeira (Redondela) LIC/ZEC ENSEADA DE SAN SIMÓN Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande (nesta comarca os concellos de Redondela e Soutomaior). É un ecosistema cunha alta productividade biolóxica e dunha grande riqueza marisqueira (sobre todo bivalvos) que acolle unha importante poboación de aves acuáticas sedentarias ou de paso.
  • 195. Este espazo acolle diferentes ecosistemas húmidos: lagoa natural, lagoas de orixe antrópica (formadas nos ocos deixados polas explotacións de arxila), depresións inundadas (temporal ou permanentemente), zonas trurbosas, prados, bosques de ribeira e río. Ten un alto valor biolóxico pola riqueza botánica (especies acuáticas) e faunística (anfibios, sapocunchos, aves acuáticas, insectos...). LIC/ZEC GÁNDARAS DE BUDIÑO O espazo protexido abrangue 834 ha, a maior parte nos concellos de O Porriño e Salceda de Caselas; parte do curso do río Louro e as zonas húmidas limítrofes. Garza nas Gándaras de Budiño
  • 196. Río Alén LIC/ZEC RÍO TEA Abrangue o curso do río Tea desde Fofe, e parte dos seus afluentes Alén, Xabriña, Borbén, e Uma. 357,13 ha nos concellos de Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño. O espazo é importante pola excelente conservación da vexetación de ribeira e pola riqueza piscícola das súas augas. Río Borbén
  • 197. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta setembro 2017