SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 117
ORTEGAL
A NATUREZA
Vista da costa da comarca desde Loiba: a Pena do Carro ou das tres Marías, Praia de Sarridal ou Ribeira Grande e punta
Bandeira. Ao fondo o cabo Ortegal.
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano
Atántico e o Mar Cantábrico.
O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e
Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e
praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous
sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas
serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
SUPERFICIE:
391,17 km2
POBOACIÓN:
16.000 habitantes
CONCELLOS:
Cariño, Cerdido,
Mañón e Ortigueira
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
-LICs “Ortigueira
Mera”, “Costa
Ártabra” e “Estaca
de Bares”.
-ZEPA e humidal
RAMSAR “Ría de
Ortigueira e
Ladrido”
-SITIO DE INTERESE
NACIONAL “Estaca
de Bares”.
CLIMA
Atlántico húmido, con veráns frescos.
ACTIVIDADES
As principais son a pesca e o marisqueo, os servizos, as explotación forestais, a mineiría
(lousas) e algunhas industrias relacionadas cos sectores anteriores.
Porto do Barqueiro
PATRIMONIO
Acolle un rico patrimonio cultural: o casco
antigo de Ortigueira, numerosos pazos e
igrexas, muíños de vento, río e marea,
xacementos arqueolóxicos, portos antigos e
tradicionais, festas e tradicións, entre as que
ocupa un lugar destacado o Festival Celta de
Ortigueira que se celebra desde o ano 1978.
Muíños de vento e de auga en Bares
Faro da
Estaca de
Bares
CONCELLOS
SUPERFICIE:
47,90 km2
POBOACIÓN:
4.241 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Cariño, Feás, Landoi, A
Pedra e Sismundi.
A vila de Cariño desde o mar
CARIÑO
Está situado ao oeste do concello ocupando parte da península do Cabo Ortegal, con costas
ao Atlántico, nos cantís da Capelada e ao interior da ría de Ortigueira.
O releve é moi irregular. Dominan os montes que caen bruscamente ao mar formando os
cantís máis altos da Península. O cume máis alto é o Vixía Herbeira, con 620 m.
Ao interior da ría desaugan pequenos ríos de curso curto e moita pendentes que forman
pequenos esteiros: o Lourido e o Seixo de Landoi.
Nasas no porto
As principais actividades son a pesca, as industrias relacionadas co mar e os servizos.
Ten importantes valores naturais asociados á costa, aos ríos e á serra da Capelada.
Unha grande parte do territorio municipal está protexido nos LICs “Costa Ártabra” e
“Ortigueira-Mera”.
Penedo no cantil do Cabo Ortegal
SUPERFICIE:
52,68 km2
POBOACIÓN:
1.249 habitantes
(2014)
PARROQUIAS:
A Barqueira, Os
Casás e Cerdido
A Vila da Igrexa
CERDIDO
Situado no suroeste da comarca. O releve é moi accidentado, nun territorio de transición
entre as serras e a costa. A maior parte é unha antiga superficie de erosión de 200 m de
altitude media na que destacan pequenas elevación e con profundos vales escavados polos
ríos. O cume méis alto é o Alto do Francoi, con 408 m. O río Mera fai de linde co concello de
Ortigueira e recibe os regos Silvao, Loureira e Guntín. O río Porto do Cabo atravesa o concello
de SL a NO no seu curso alto e medio e recibe o Felgosa, Pontellas e Mestas.
O Castro: área de lecer e miradoiro dentro da croa do
castro que se asenta ao pé da Vila da Igrexa.
É un concello eminentemente rural, sen núcleos importantes de poboación. As principais
actividades son a agrogandaría, o sector forestal e pequenas industrias relacionadas coa
madeira. A capital municipal é a Vila da Igrexa.
Os lugares de interese natural están asociados aos ríos. O curso do río Mera forma parte do
LIC “Ortigueira-Mera”.
Conserva un importantes patrimonio cultural: pontes, muíños, igrexas, pazos...
Igrexa de San Martiño de Cerdido. Algunhas partes
son de estilo gótico-isabelino, do século XVI.
Conserva uns interesantes retábulos barrocos.
SUPERFICIE:
82, 16 km2
POBOACIÓN:
1.454 habitantes
(2014)
PARROQUIAS:
Bares, As Grañas do
Sor, Mañón, Mogor e
As Ribeiras do Sor.
O Barqueiro, na banda
oeste da ría do mesmo
nome.
MAÑÓN
Ocupa unha faixa estreita de terreo no leste da comarca desde a punta de Estaca de Bares e a
banda oeste da ría do Barqueiro ata os cumes da serra da Faladoira. É o concello máis
septentrional de galiza e da Península Ibérica.
O territorio é moi irregular e repártese entre unha aliñación de serras con dirección norte-sur
(Serra da Meda, Coriscada e Faladoira) e os terreos costeiros e do val do Sor, que fai de linde
do concello, da comarca e da provincia polo leste.
Muíño de vento en Mañón,
actualmente utilizado como vivenda.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e a agrogandaría.
É un concello cunha natureza expléndida que conxuga cantís espectaculares, praias
acolledoras e vales fluviais con canóns e fervenzas. Está protexido no LIC e Sitio de Interese
Nacional “Estaca de Bares”.
Conta tamén cun rico patrimonio etnográfico (muíños hidráulicos e de vento, portos
pesqueiros con embarcacións tradicionais, casas mariñeiras...) e histórico-artístico (porto de
Bares, pontes, igrexas...).
O Porto de Bares está datado na Idade do Bronce (século VII
a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. A escolleira está
formada por grandes pelouros de seixo sen labrar. Na zona
apareceron restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha
necrópole romana (Cancela da Coxa de Arcos).
SUPERFICIE: 208,61 km2
POBOACIÓN:
6.136 habitantes (2015).
PARROQUIAS: Barbos, Céltigos,
Couzadoiro, Cuíña, Devesos, O
Ermo, Espasante, Os Freires,
ïnsua, Ladrido, Loiba, Luama,
Luía, Mera de Abaixo, Mera de
Arriba, O Mosteiro, As Neves,
Ortigueira, San Claudio, San
Salvador de Couzadoiro, Senra e
Veiga.
Vista de Ortigueira desde o Malecón.
A vila de Ortigueira conserva un interesante casco histórico no que destacan
o convento de San Domingos, a igrexa parroquial de Santa Marta e varios
pazos e casas tradicionais.
ORTIGUEIRA
É o concello máis estenso da comarca que ocupa toda a parte central con fronte á ría de
Ortigueira (sobre todo á banda leste). O territorio é moi irregular e a costa moi variada con
altos cantís, praias, esteiros e enseadas. As serras oriéntanse de norte a sur e separan os vales
dos ríos Mera e Baleo. Ao leste unha aliñación formada polas serras da Meda, Coriscada e
Faladoira, no linde con Mañón, e ao oeste a Capelada. O cume máis alto do concello é a Cruz
da Palloza, con 616 m, na serra da Faladoira.
Praia de Morouzos
As principais actividades son a agrogandaría, a pesca e o marisqueo, a silvicultura, a mineiría
(lousas) e industrias relacionadas, sobre todo, coa madeira e a lousa.
A costa do concello está protexida no LIC “Ortigueira-Mera” e nas áreas ZEPA e RAMSAR “Ría
de Ortigueira-Ladrido”.
Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, igrexas, mosteiros e pazos.
É dedestacar a celebración do Festival Internacional de Música Celta, declarada de Interese
Turístico Internacional.
Vista parcial da ría e o territorio de Ortigueira desde o
miradoiro do Castelo do Casón, na parroquia da Veiga.
Pódese chegara el seguindo unha ruta a pé ou en coche.
RELEVO
Na comarca de Ortegal distínguense tres unidades de releve. Ao leste unha aliñación de serras
que significan o comezo da Dorsal galega, sistema de serras que atravesa Galiza de norte a sur
desde Estaca de Bares, na serra de Meda (Facho da Meda, con 331 m), e van gañando altura
na Coriscada e na Faladoira, onde se atopa o cume máis alto da comarca, a Cruz da Palloza,
con 616 m. No oeste o macizo da Capelada que se estende polos lindes coa comarca de Ferrol
e cae ao mar en abruptos cantís. No centro un terreo máis chan, con pequenas elevacións e
atravesado polos vales dos ríos.
Vista desde os cumes
da Faladoira cara ao
Cabo Ortegal.
O relevo descende en
altura cara á costa.
Cantil do limo, onde as
montañas e o mar se funden
Os materiais son moi variados: lousas,
granitos, cuarcitas, neis ollo de sapo, rochas
básicas e ultrbásicas.
As cuarcita son rochas que
resisten a erosión e coroan
algúns cumes da serra da
Faladoira.
Detalle do gneis “ollo de sapo”.
O ollo de sapo é a máis característica das
rochas metamórficas galegas. Está
formado por cristais de seixo e
feldespatos dentro dunha matriz de filitas.
Cultivos forestais de eucaliptos, unha visión común nas paisaxes costeiras do norte
A maior parte dos montes están cubertos por plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nos cumes
máis altos hai mato de toxos e breixos, pasteiros ou turbeiras. Só nalgúns vales afastados se
conservan pequenas manchas de bosques autóctonos.
Toxo
Breixo (Erica cinerea)
Carricanta (Ephiphiger ephiphiger)
Pica dos prados (Anthus pratensis)
SERRA DA FALADOIRA
Esténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo
norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de
500 m de altura. Os montes máis altos na comarca son a Cruz da Palloza, con 616 m e a
Faladoira, con 605 m.
Vista dos cumes
achairados do alto da
serra da Faladoira
Gando, terreos achairados e vales profundos,
características da serra da Faladoira
A Faladoira está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de
sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas.
As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e
Esteiro da Loiba.
Nalguns vales conserva pequenas carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por
eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos.
Accedese pola estrada de Ortigueira ou Mañón ás Pontes.
Vista sobre a serra de Meda (Bares) e a ría do Barqueiro. Una ruta permite subir ao monte Facho da
Meda, de 331 m de altitude, desde o que se contemplan fermosas vistas panorámicas da costa.
SERRA DA CORISCADA
Pódese considerar que comeza en Estaca de Bares, aínda que nalgúns mapas aparece o
primeiro tramo co nome de serra do Solleiro ou da Meda. Ten orientación norte-sur e fai
límite entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra circula o río Sor. O punto
máis alto é o monte de Coriscada con 523 m. As rochas dominantes son lousas, cuarcitas,
xistos e unha banda do gneis “ollo de sapo”.
Vista dos cumes da serra da Coriscada
A vexetación dominante son as plantacións de eucalipto, pequenas masas de carballos na
parte máis alonxada da costa e, nos cumes, matogueira de breixos e toxos.
Un grande tramo está ocupado por un parque eólico. Desde os cumes hai unhas boas vistas
do cabo Ortegal, a costa de Ortigueira, Bares e a ría do Barqueiro.
Accedese desde distintos puntos pola estrada de Mañón ás Pontes ou desde Espasante.
Vista xeral da serra da Capelada desde Espasante
SERRA DA CAPELADA
Esténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con
orientación NE-SO.
O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas,
peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre
arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes.
A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada
dun forte basculamento a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E cara ao leste. A
vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira,
mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís.
O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.
Vixía Herbeira, o cume máis alto da Capelada, moi próximo ao mar,
sobre o que forma uns dos cantís máis altos de Europa.
Cumes da Capelada. A forza e a constancia do vento nesta
serra son aproveitadas para producir enerxía eléctrica.
O Penido
Rochas na Capelada. Segundo os últimos estudos poden ter unha antigüidade de 1.160 millóns de anos.
A Capelada é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas
das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos.
Unha parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”.
Accedese desde Cariño.
Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en
magnesio, ferro e metais pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das
plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas, como os endemismos
locais Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus,
Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel
mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico).
Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.
Centaurea borjae, un
endemismo mundial que so
se atopa na serra da
Capelada, en perigo de
extinción.
Nas partes da serra abrigadas do vento, especialmente cara á ría de Ortigueira,
a vexetación dominante son as plantacións de piñeiros e eucaliptos.
OS RÍOS
Muíño e fervenza no río Pontella en Cerdido
O sistema fluvial da comarca está organizado arredor de varias concas, todas orientadas cara
ao norte. Dous ríos de maior entidade: o Sor e os seus afluentes pola esquerda, e o Mera;
varios ríos de curto percorrido (Esteiro, Cota, Baleo, Maior, Pequeno, Casón e Lourido) que
desaugan no Cantábrico, na ría de Ortigueira; e os cursos alto e medio do Porto do Cabo que
desemboca na ría de Cedeira, no océano Atlántico.
Nos cursos altos son característicos os
vales estreitos e fortes pendentes, do que
é unha boa mostra este tramo do río Sor.
Woorwardia radicans, no
río Seixo, un fento relicto
do Terciario que só se
conserva nalgúns ríos do
norte de Galiza.
Son ríos de réxime pluvial, con tramos encaixados nos cursos altos, e dunha grande riqueza
biolóxica. Na súa contorna consérvanse especies de grande interese, algunhas moi raras ou en
perigo de extinción.
Caltha palustris, florece en primavera nas zonas
húmidas (brañas, beiras dos ríos)
Anemone nemorosa, florece en primavera
nos bosques e prados húmidos
Estalotes (Digitalis purpurea). Unha planta que se
pode atopar nas beiras de bosques e camiños que
chama a atención polas polas súas inflorescencias
de cor rosa púrpura.
Abelás. As abeleiras (Corylus avellana) son
frecuentes nas beiras dos ríos da comarca.
Libeliñas copulando
Garza real (Ardea cinerea)
O río Sor encaixado nun estreito val rochoso,
entre os concellos de Mañón e O Vicedo
RÍO SOR
As súas cabeceiras son o Xantos, que nace no Pico Montouto e o Tras da Serra co Batán e
Solloso, que nacen no Alto de San Xoán.
Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Mañón con Ourol e
O Vicedo e fai de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo.
Recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e
encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro,
despois de 49 km.
Ten como afluentes pola esquerda o Solloso, Casateite, Seixo, Arganza, Os Castros, San Roque
e Barral.
Ribeiras do Sor
Esteiro do Sor, no fondo da ría do Barqueiro
FERVENZA DE AUGA CAÍDA OU A MEXADOIRA
Na parroquia de Caión, no concello de Mañón.
No río do Seixo ou Couce, un afluente do Sor,
debaixo da serra da Coriscada. A fervenza
principal (Auga Caída ou A Mexadoira) salva un
desnivel en granito duns 50 m de altura no río do
Seixo e cae no río Sor pola súa marxe esquerda.
No río Seixo hai outras fervenzas máis pequenas
río arriba que se poden atopar seguindo pola súa
beira.
O Sor forma un tramo encaixado con rápidos.
Accedese desde a estrada de As Pontes a
Ortigueira collendo un desvío a Caión (Mañón).
Desde alí cóllese un cruce á dereita que indica o
miradoiro de auga Caída. Pódese baixar á base
da fervenza por un carreiro que hai onde remata
a estrada e seguir o río Sor.
RÍO ESTEIRO
Nace no monte Couto Vilariño (serra da Coriscada) e desemboca facendo fronteira entre os
concellos de Ortigueira e Mañón.
O río Esteiro chega con dificultade ao mar porque se vai perdendo nas areas da praia
de Esteiro en Mañón, pechada entre os cantís da Punta Vilardeira e e Herbosa.
RÍO COTA
É un pequeno río que nace no monte Couto Vilariño, na serra da Coriscada e desemboca na
praia de Espasante (Ortigueira).
Desembocadura do río Cota ou Dola,
na praia de Espasante
Frecha do Baleo, sobre a que está a praia de Morouzos
RÍO BALEO
Nace na Serra da Penela (A Faladoira) e percorre o concello de Ortigueira ata desembocar na
enseada do Ladrido (ría de Ortigueira). Pola esquerda recibe o Montecalvelo, Roca e Lompao,
e pola dereita o Meixón, Castrillón e Reboredo. Na súa desembocadura atópase unha barra
que forma a praia de Morouzos, cun importante sistema dunar.
O esteiro está protexido dentro do LIC/ZEC “Ortigueira-Mera” e forma parte tamén do espazo
“Ría de Ortigueira e Ladrido”, Humidal de importancia internacional (Convenio Ramsar) e
Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
Solpor na enseada do Ladrido, na desembocadura do Baleo
RÍO MAIOR
Nace nas estribacións da Faladoira (Taboada) e desemboca na ría de Ortigueira. Na súa
desembocadura consérvanse dous muíños de marea.
O río Maior canalizado preto da desembocadura
Muíño de marea no esteiro do Río Maior
O Mera en Ínsua,
entre Ortigueira e
As Somozas
RÍO MERA
Nace no monte Caxado e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche,
Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa
desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido.
Recibe pola dereita o Pulgueira e pola esquerda o Silvao, Loureira e Guntín.
O Mera está protexido
dentro do LIC
“Ortigueira-Mera”.
O esteiro forma parte
tamén do espazo “Ría
de Ortigueira e
Ladrido”, Humidal de
importancia
internacional
(Convenio Ramsar) e
Zona de Especial
Protección para as
Aves (ZEPA).
Área de lecer en Mera
FERVENZAS DO REGO DE LOUREIRO
Nun afluente do Mera, entre Os Casás (Cerdido) e Santa
Cruz (Moeche).
Na estrada de Neda a Ortigueira, despois de pasar
Loureiro, sae unha pista de terra con forte pendente que
baixa ao río. Unha vez alí remóntase o curso por un camiño
abandoado e chégase aos tres muíños entre os que hai
unha serie de rápidos, e por riba do terceiro está a
fervenza. Por abaixo dos muíños hai outra fervenza máis
pequena.
FERVENZA DO CURUTELO
No rego de Guitín, afluente do Mera. Na
parrroquia de Santa María de Mera
(Ortigueira).
Desde Sta María de Mera (Muiños de
Pontenoval) séguese o camiño que remonta o
río, crúzao, pasa logo por debaixo do viaduto
do tren e un pouco máis adiante faise carreiro,
crúzase de novo o río por unha pontella de
madeira e uns 300 m máis arriba atópase a
fervenza.
Esteiro do Mera, coa Capelada ao fondo
Ría de Ortigueira na desembocadura do Mera
POZO DO INFERNO
No rego Cerdeiras, unha das cabeceiras do Casón, na parroquia de Santo Adrián de Veiga (Ortigueira). Atópase
ao pé dos restos do castelo de Casón.
Unha ruta de sendeirismo sube preto do río e permite achegarse en varios puntos. Para localizar as fervenzas
hai que baixar ao río seguindo o ruído, por entre o mato. A máis grande está xusto ao pé dunha crista rochosa
que baixa desde o castelo.
Pódese acceder en coche por unha pista que baixa desde o acceso ao castelo de Casón.
RÍO CASÓN
Nace en Concepenido, na
serra da Capelada e
desemboca na enseda de
Mera. No seu curto
percorrido salva un grande
desnivel con numerosos
rápidos e pequenos saltos e
fervenzas.
Woodwardia radicans, un
fento relicto do Terciario que
só se atopa á beira de algúns
ríos do norte de Galiza.
RÍO SEIXO DE LANDOI
Nace na Serra de Capelada (Cedeira),
drena, xunto co Lourido e Casón, o
concello de Cariño e desemboca na
enseada do Esteiro, da Ría de
Ortigueira. O seu afluente principal é o
Zarza.
É un río de grande valor ecolóxico por
acoller nas súas beiras varias especies
de fentos en perigo de extinción.
O curso alto está protexido no LIC
“Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC
“Ortigueira-Mera”.
Culcita macrocarpa, un fento raro, de grande
tamaño, que ten no río do Seixo unha das moi
escasas localizacións en Galiza.
Outro dos fentos que vive nas beiras do río do
Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a
única poboación da Península Ibérica.
FERVENZA NO RÍO SEIXO. Accedese pola estrada que sube de
Feás a Santo André de Teixido. Atópase na proximidade
dunha canteira de Dunita.
RÍO LOURIDO
Nace na serra da Capelada (Vixía
Herbeira) e, despois dun curto
percorrido con moita pendente,
desemboca na enseada de Caleiro
en Cariño, na ría de Ortigueira.
Río Lourido preto
da desembocadura
FERVENZA DO RÍO MESTAS
Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo
nome. Unha sucesión de rápidos e pequenas
fervenzas en rochas metamórficas. A máis grande
ten 2 m de altura.
Na estrada de Cedeira a Cerdido, crúzase o río e
hai un camiño á esquerda que vai á fervenza
(debaixo da ponte).
RÍO DAS MESTAS
Nace en Penela (Montoxo-Cedeira) ,
percorre os límites entre Cedeira e
Cerdido e desemboca na enseada de
Esteiro (Ría de Cedeira). Na comarca
fai de linde durante un pequeno tramo
e recibe ao Porto do Cabo cos sus
afluentes Felgosa e Pontellas.
A cunca do río das mestas está
separada da do Mera polo monte
Francoi.
FERVENZA DE CARBALLEIRO
Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome.
O río Pontellas, afluente do Río Porto do Cabo (que á
súa vez desemboca no río das Mestas) forma unha
fervenza cun amplo fronte en rochas metamórficas de
aproximadamente 10 m de altura. Ao seu carón hai un
muíño.
Na estrada de Cedeira a Cerdido. Despois de pasar a
ponte do río hai un camiño á dereita Despois duns 50
m baixa outro camiño á dereita que vai ata a fervenza
e un muíño.
FERVENZA DO FORTE
Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome
O río Pombeiro ou Porto do Cabo, xusto antes de
xuntarse co Pontellas, ten un pequeno tramo
encaixado con rápidos, fervenzas e covas en rochas
metamórficas,
Accedese desde a fervenza do carballeiro por un
camiño que vai á minicentral, río arriba.
A COSTA
Vista da costa desde Pena Furada, cos
cantís de Picón e a Estaca de Bares.
A costa da comarca de Ortegal é o tramo comprendido entre a desembocadura do Sor, na ría
do Barqueiro e a Vixía Herbeira, pasado o Cabo Ortegal. Forma parte de dúas unidades
diferentes, o Arco Cantábrico e o Arco Ártabro.
É unha costa moi diversa morfoloxicamente e con gran variedade de rochas.
Anfibolitas na Capelada Serpentinas na Capelada
Rochas pregadas no Cabo Ortegal
Punta Herbosa
A sucesión de cantís e areais máis ou menos expostos da lugar a hábitats variados cunha rica
biodiversidade de flora e fauna mariña e terrestre.
A vexetación dominante nas áreas rochosas costeiras é o monte baixo (toxos, xestas e
queirugas). Nos cantís hai aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), herba namoradeira
(Armeria pubigera), catalinas (Silene scabriflora subsp. gallaecia), pudia xesta (Cytisus
commutatus subsp. merinoi), Linaria Polygalifolia subsp. aguillonensis, (que so se atopa na
costa da Coruña do cabo Vilán a Estaca de Bares), Inula Crithmoides...
Colexas (Silene uniflora subsp.
uniflora), especie típica de areais e
rochedos marítimos.Inula crithmoides, planta de follas carnosas que
medra en marismas e cantís.
Nas marismas hai sebas, herba coral, herba das anduriñas, Spartina maritima, Suaeda
maritima, Triglochin maritima, Glaux maritima, Pucinellia maritima, chantaxe de mar, acelga
salgada, estrela das xunqueiras, verdoaga mariña, buño, santolina de auga, xuncos,
esparganio e nas beiras pudia xesta (Cytisus commutatus subsp merinoi)
Chantaxe mariña (Plantago maritima)
Herba coral (Sarcocornia perennis)
Nas dunas destacan: Limonium binervosum, feo,
amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa
subsp. intermedia, correola de praia, alhelís,
paxariños amarelos, espigadilla do mar e as
orquídeas abelleira (Ophrys apifera) e neotia
(Spiranthes aestivalis).
Alhelí (Malcomia littorea)Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha
gramínea típica das dunas fixadas.
Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas
oceánicas que non se achegan á costa pero é
posible observalas con prismáticos mergullándose
para pescarGarzota (Egretta garzetta),
unha especie asídua dos esteiros
Ría do Barqueiro desde a ponte sobre o Sor, río que separa as provincias de Lugo (O Vicedo) e A Coruña
(Mañón). Á dereita atópase a praia de Arealonga e enfronte a vila mariñeira de O Barqueiro
RÍA DO BARQUEIRO
Ábrese entre as puntas do Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do
Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abondantes sedimentos
que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro,
ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis
altos entre Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo.
As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen
tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo
de sapo.
Praia de Bares
Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos. Ao fondo vese a illa Coelleira (O Vicedo).
O Porto de Bares data da Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron
tamén restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana.
ESTACA DE BARES
A Estaca de Bares é o punto máis ao Norte de Galiza e da Península Ibérica. Está formada
maioritariamente por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) que forman
cantís de ata 200 m de altura e varios illotes.
A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as
de Esteiro, Sarridal e Picón.
Faro e punta de Estaca de Bares. A erosión nos granitos orixinou unha paisaxe de bolos.
Na zona aparece tamén unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo.
Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminados co solpor
Punta Estaca de Bares
A erosión orixinou unha paisaxe granítica de bolos. Na zona aparece unha parte do dominio
do gneis glandular Ollo de Sapo e formacións de gabros.
Estaca de Bares é unha zona de gran interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e etnográfico.
Forma típica de erosión dos
granitos de Bares. Prodúcese
en granitos que sufriron unha
forte descompresión no
momento da súa formación,
o que ocasionou a formación
de diferentes capas.
Coído de Bares
RÍA DE ORTIGUEIRA
É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con
numeros entrantes, zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos Lourido, Casón e
Landoi que caen da Serra da Capelada e Mera, Maior, Baleo, Ladrido e Cota procedentes das
serras septentrionais da Dorsal Galega.
A parte leste está ocupada por marismas e a oeste por praias e cantís rochosos. Coa marea
baixa queda ao descuberto unha ampla chaira intermareal.
Vista panorámica da ría de Ortigueira,
desde Cariño ata a Estaca de Bares.
Vista parcial da Ría de Ortigueira desde a costa de Espasante
Detalle das lousas puídas polo mar. Praia de Esteiro.
A nivel xeolóxico é unha zona moi complexa onde converxen distintas formacións: a parte
central e oriental comprende o dominio Ollo de Sapo, no sur hai unha faixa de xistos, e a zona
Oeste está ocupada polas rochas ultrabásicas da Capelada.
Xistos en Espasante
Vista da Ría de Ortigueira desde o Castelo do Casón
A ría de Ortigueira é unha importante área de pesca de baixura e marisqueo. Ten un especial
interese ecolóxico polas marismas que acollen a numerosas especies de aves acuáticas, sobre
todo nos pasos de primavera e outono.
Está declarada HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (Convenio Ramsar) e Zona de
Especial Protección para as Aves (ZEPA). Está incluída, ademais, no LIC Ortigueira-Mera.
Punta Herbosa
Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa
O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena
marisma pechada cunha barra de area na que hai dunas
Praia de Esteiro, ao fondo o Cabo Ortegal
Vista desde os Cantís de Picón (Loiba) ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e o Coitelo de Pena
Furada. A continuación a punta do Picón ou da Costa dos Xuncos, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.
Os Coitelos nos cantís de Loiba
O Coitelo da Pena Furada nos cantís de Loiba
Recollendo algas na costa do Carro
Praia do Sarrigal, Punta Bandeixa e Pena das Tres Marías, desde a Ribeira do Carro.
Ao fondo Cabo Ortegal, pechando a Ría de Ortigueira.
Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro
Desde o monte de San Antón abránguese toda a enseada de San Antón ata a punta Bandexa, coas praias de San Antón,
Eirón e Mazorgán. Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...
Praia e porto de Espasante.
A praia coñécese tamén cos nomes de A Cuncha e Santa Eulalia e mide algo máis de 1 km de lonxitude.
Rochas na praia de Espasante. Nesta praia atópanse formacións rochosas de grande interese: basaltos, lavas
almofadadas procedentes de erupcións submariñas do Paleozoico e xistos con pregamentos.
Esteiro do Baleo
Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro do río Baleo (Ría do Ladrido).
Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo. Na illa de San Vicente houbo un convento de franciscanos que foi
abandoado no século XVI.
Muíño de marea en Ortigueira. Atópase no esteiro do Río Maior. Máis adentro hai outro muíño.
Vista parcial da ría de Ortigueira co esteiro do Baleo e a illa de San Vicente.
No primeiro plano, á dereita o monte Masanteiro, en Cariño.
A Ría de Ortigueira desde a Capelada. No primeiro plano o porto de Cariño e ao fondo a Estaca de Bares.
Un dos illotes do Cabo Ortegal
Cabo Ortegal, límite oeste da Ría de Ortigueira
Solpor no cabo Ortegal
O ARCO ÁRTABRO comeza no Cabo Ortegal e remata na península de Caión, en Arteixo. O
primeiro tramo (costa e cantís da Capelada) é abrupto e de pendentes case verticais con
dominio das rochas metamórficas básicas cun alto contido de minerais de ferro e magnesio
(anfibolitas, serpentinitas...).
Cabo Ortegal e Punta dos Aguillóns.
Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas.
Cabo Ortegal e faro desde o mar
Os Aguillóns de Cabo Ortegal (Cabalo Xoán, Os Tres Irmáns, Ínsua Maior, Rodicio e A Lonxa)
Os Aguillóns de Cabo Ortegal
Vista dos cantís do Limo
desde o Cabo Ortegal
Desde o Cabo Ortegal ata a punta
Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira
esténdese unha costa formada por
elevados cantís nos que dominan as
rochas metamórficas escuras e
densas (anfibolitas, granulitas,
ecloxitas e serpentinitas) que
corresponden a un anaco do manto
terrestre arrancado pola violencia da
Oroxénese Hercínica e depositado
sobre materiais máis recentes. A
finais do Periodo Terciario a
Península do Cabo Ortegal sufríu
unha elevación acompañada dun
forte basculamento cara ao leste: a
vertente oriental da Serra da
Capelada descende con suavidade
cara á Ría de Ortigueira, mentres que
a occidental é moi abrupta e forma
altos cantís. A zona forma parte do
LIC “Costa Ártabra”.
Un illote na costa de Ortegal
Cantís do Limo
Cantís do Limo
Cantís de Vixía Herbeira (con 613 m de altura), os máis altos de Galiza, e uns dos máis altos de Europa.
ÁRBORES
Bosque de
abelairas na
Capelada, a carón
A árbore dominante na comarca é o eucalipto, que ocupa grandes superficies en todos os
montes das zonas costeiras. Nalgunhas áreas hai tamén repoboacións de piñeiros.
Só nalgúns lugares afastados, nos vales e zonas altas das montañas se conservan algunhas
manchas de bosque atlántico formado por carballos acompañados de bidueiros, castiñeiros,
avelairas, estripos... Nalgúns parques e pazos consérvanse exemplares monumentais de
especies ornamentais. Destaca a plantación de camelias do Pazo de Torre de Lama, en Mañón
con máis de catrocentas varidedades.
En moitas zonas cultívanse mazáns para a elaboración de sidra sobre todo en Ortigueira, nas parroquias
de Mera, San Claudio e Santo Adrián de Veiga.
Eucaliptos
en Bares
Fraga atlántica residual na serra da Faladoira
Eucalito de Lagarea, na entrada de Ortigueira
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa).
Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña).
Impresionante paseo de alciprestes formado por
15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a
finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura
e 7 e 6 m de perímetro troncal.
ESPAZOS PROTEXIDOS
O maior interese
da Estaca de Bares
reside nas aves.
É un punto
privilexiado para
observar as
migracións, en
marzo en
desprazamento
cara ao norte e en
setembro cara ao
sur.
LIC ESTACA DE BARES
Espazo costeiro de 926 ha que abrangue a zona comprendida entre a Punta da Bandeixa en
Celtigos e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Ortigueira e Mañón.
A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias.
Observatorio ornitolóxico de Bares, construído en 1988.
Bares é punto de encontro de Grupos Ornitolóxicos e Naturalistas de moitos países para
observar os pasos migratorios das aves. Segundo algúns observadores pasan cada ano máis
de 80.000 desde mediados de agosto ata finais de outubro, parrulos pentumeiros, corvos
mariños, gaivotas (de varias especies), palleiras ou merdeiros, pardelas, falaropos...
SIN ESTACA DE BARES
Un espazo de 0,9 ha foi declarado en 1933 como SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL
LIC ORTIGUEIRA-MERA
Inclúe a parte interior da ría de Ortigueira, desde a punta de Sartán á punta do Tallo, o curso
do río Mera ata Soutochao e o rego de Soutochao (cos seus afluentes Pradovello e Canteira), e
áreas de bosque das súas beiras. 3.795 ha, na comarca, nos concellos de Cariño, Cerdido e
Ortigueira.
Podemos ver gran variedade e
cantidade de especies: cullereiro,
gabita, garza, garzota, avoceta, pilro
groso, pilro bulebule, pilro curlibico,
mazarico rabipinto, mazarico rabinegro,
mazarico curlí, píllara real, píllara
papuda, píllara cincenta, píllara
dourada grande, píllara riscada, avefría,
liorteiro, becacina cabra, bilurico
común, bilurico craro, bilurico alinegro,
bilurico bailón, pato asubión, pato
cullerete, pato cincento, cerceta real,
alavanco real, pato rabilongo, parrulo
pentumeiro común, mobella grande,
ganso cabecinegro, águia peixeira, cisne
real, gaivota chorona, gaivota
patiamarela, carrán cristado, corvo
mariño cristado...
HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (CONVENIO RAMSAR)
ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES (ZEPA) RÍA DE
ORTIGUEIRA E LADRIDO
A Ría de Ortigueira é un dos enclaves galegos de maior interese para as aves acuáticas, tanto
sedentarias como invernantes.
Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
Leucanthemum x corunnense. É un
endemismo da provincia da Coruña.
Na costa Ártabra atópanse especies
pouco comúns entre as que destacan os
endemismos locais: Centaurea borjae
(en perigo de extinción), Rumex scutatus
subsp gallaecicus, Leucanthemum
corunnese, Dryopteris guanchica (unha
especie de fento ameazada a nivel
mundial que so se coñece en Canarias e
no noroeste ibérico).
LIC COSTA ÁRTABRA
Abrangue 7.659 ha desde o cabo Ortegal ata a Enseada de Areosa, en Ares. Na comarca a
costa exterior do concello de Cariño formada por elevados cantís e parte da serra da
Capelada, incluíndo parte do curso do río Seixo de Landoi.
Podemos atopar ecosistemas diversos: cantis rochosos, turbeiras, vales fluviais, bosques de
piñeiros de repoboación e algúnhas manchas pequenas de bosques autóctonos con carballos,
aveleiras, estripos, amieiras, salgueiros e acivros.
Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves mariñas. A mediados do século XX
criaban no cabo Ortegal máis de 6.000 parellas de araos ibéricos. Actualmente non queda
ningún. Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.
As anfibolitas están constituídas por anfíboles,
plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita,
granates, e epidota.
A Capelada está considerada un PUNTO DE INTERESE XEOLÓXICO INTERNACIONAL
Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións
metamórficas restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica.
As ecloxitas orixináronse na codia interior e no
manto interior a elevadas temperaturas. Están
formadas por piroxenos verdes e granates
vermellos.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
marzo 2017

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 

Was ist angesagt? (20)

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 

Andere mochten auch

Canón do Miño
Canón do Miño Canón do Miño
Canón do Miño monadela
 
Lic Río Ouro
Lic Río OuroLic Río Ouro
Lic Río Ouromonadela
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suídomonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAgrela Elvixeo
 
Shader forge設定說明文件
Shader forge設定說明文件Shader forge設定說明文件
Shader forge設定說明文件River Wang
 
Exceptional children
Exceptional childrenExceptional children
Exceptional childrenJishna V V
 
Entering the Conversation (Week 2 2017)
Entering the Conversation (Week 2 2017)Entering the Conversation (Week 2 2017)
Entering the Conversation (Week 2 2017)Ron Martinez
 
Habilidades de pensamiento
Habilidades de pensamientoHabilidades de pensamiento
Habilidades de pensamientoCarolina Dusso
 
Climb Technical Overview
Climb Technical OverviewClimb Technical Overview
Climb Technical OverviewArif Ali
 

Andere mochten auch (16)

Canón do Miño
Canón do Miño Canón do Miño
Canón do Miño
 
Lic Río Ouro
Lic Río OuroLic Río Ouro
Lic Río Ouro
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suído
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
 
Merged
MergedMerged
Merged
 
Shader forge設定說明文件
Shader forge設定說明文件Shader forge設定說明文件
Shader forge設定說明文件
 
Exceptional children
Exceptional childrenExceptional children
Exceptional children
 
David Fay Janney
David Fay JanneyDavid Fay Janney
David Fay Janney
 
Entering the Conversation (Week 2 2017)
Entering the Conversation (Week 2 2017)Entering the Conversation (Week 2 2017)
Entering the Conversation (Week 2 2017)
 
As rochas
As rochasAs rochas
As rochas
 
5 march 2017
5 march 20175 march 2017
5 march 2017
 
Habilidades de pensamiento
Habilidades de pensamientoHabilidades de pensamiento
Habilidades de pensamiento
 
28804ip
28804ip28804ip
28804ip
 
Climb Technical Overview
Climb Technical OverviewClimb Technical Overview
Climb Technical Overview
 

Ähnlich wie Comarca Ortegal

Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabramonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueiramonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 

Ähnlich wie Comarca Ortegal (20)

Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueira
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 

Mehr von monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Ortegal

  • 2. Vista da costa da comarca desde Loiba: a Pena do Carro ou das tres Marías, Praia de Sarridal ou Ribeira Grande e punta Bandeira. Ao fondo o cabo Ortegal. A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira. É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
  • 3. SUPERFICIE: 391,17 km2 POBOACIÓN: 16.000 habitantes CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira ESPAZOS PROTEXIDOS: -LICs “Ortigueira Mera”, “Costa Ártabra” e “Estaca de Bares”. -ZEPA e humidal RAMSAR “Ría de Ortigueira e Ladrido” -SITIO DE INTERESE NACIONAL “Estaca de Bares”.
  • 4. CLIMA Atlántico húmido, con veráns frescos.
  • 5. ACTIVIDADES As principais son a pesca e o marisqueo, os servizos, as explotación forestais, a mineiría (lousas) e algunhas industrias relacionadas cos sectores anteriores. Porto do Barqueiro
  • 6. PATRIMONIO Acolle un rico patrimonio cultural: o casco antigo de Ortigueira, numerosos pazos e igrexas, muíños de vento, río e marea, xacementos arqueolóxicos, portos antigos e tradicionais, festas e tradicións, entre as que ocupa un lugar destacado o Festival Celta de Ortigueira que se celebra desde o ano 1978. Muíños de vento e de auga en Bares Faro da Estaca de Bares
  • 7. CONCELLOS SUPERFICIE: 47,90 km2 POBOACIÓN: 4.241 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi. A vila de Cariño desde o mar CARIÑO Está situado ao oeste do concello ocupando parte da península do Cabo Ortegal, con costas ao Atlántico, nos cantís da Capelada e ao interior da ría de Ortigueira. O releve é moi irregular. Dominan os montes que caen bruscamente ao mar formando os cantís máis altos da Península. O cume máis alto é o Vixía Herbeira, con 620 m. Ao interior da ría desaugan pequenos ríos de curso curto e moita pendentes que forman pequenos esteiros: o Lourido e o Seixo de Landoi.
  • 8. Nasas no porto As principais actividades son a pesca, as industrias relacionadas co mar e os servizos. Ten importantes valores naturais asociados á costa, aos ríos e á serra da Capelada. Unha grande parte do territorio municipal está protexido nos LICs “Costa Ártabra” e “Ortigueira-Mera”. Penedo no cantil do Cabo Ortegal
  • 9. SUPERFICIE: 52,68 km2 POBOACIÓN: 1.249 habitantes (2014) PARROQUIAS: A Barqueira, Os Casás e Cerdido A Vila da Igrexa CERDIDO Situado no suroeste da comarca. O releve é moi accidentado, nun territorio de transición entre as serras e a costa. A maior parte é unha antiga superficie de erosión de 200 m de altitude media na que destacan pequenas elevación e con profundos vales escavados polos ríos. O cume méis alto é o Alto do Francoi, con 408 m. O río Mera fai de linde co concello de Ortigueira e recibe os regos Silvao, Loureira e Guntín. O río Porto do Cabo atravesa o concello de SL a NO no seu curso alto e medio e recibe o Felgosa, Pontellas e Mestas.
  • 10. O Castro: área de lecer e miradoiro dentro da croa do castro que se asenta ao pé da Vila da Igrexa. É un concello eminentemente rural, sen núcleos importantes de poboación. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e pequenas industrias relacionadas coa madeira. A capital municipal é a Vila da Igrexa. Os lugares de interese natural están asociados aos ríos. O curso do río Mera forma parte do LIC “Ortigueira-Mera”. Conserva un importantes patrimonio cultural: pontes, muíños, igrexas, pazos... Igrexa de San Martiño de Cerdido. Algunhas partes son de estilo gótico-isabelino, do século XVI. Conserva uns interesantes retábulos barrocos.
  • 11. SUPERFICIE: 82, 16 km2 POBOACIÓN: 1.454 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bares, As Grañas do Sor, Mañón, Mogor e As Ribeiras do Sor. O Barqueiro, na banda oeste da ría do mesmo nome. MAÑÓN Ocupa unha faixa estreita de terreo no leste da comarca desde a punta de Estaca de Bares e a banda oeste da ría do Barqueiro ata os cumes da serra da Faladoira. É o concello máis septentrional de galiza e da Península Ibérica. O territorio é moi irregular e repártese entre unha aliñación de serras con dirección norte-sur (Serra da Meda, Coriscada e Faladoira) e os terreos costeiros e do val do Sor, que fai de linde do concello, da comarca e da provincia polo leste.
  • 12. Muíño de vento en Mañón, actualmente utilizado como vivenda. As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e a agrogandaría. É un concello cunha natureza expléndida que conxuga cantís espectaculares, praias acolledoras e vales fluviais con canóns e fervenzas. Está protexido no LIC e Sitio de Interese Nacional “Estaca de Bares”. Conta tamén cun rico patrimonio etnográfico (muíños hidráulicos e de vento, portos pesqueiros con embarcacións tradicionais, casas mariñeiras...) e histórico-artístico (porto de Bares, pontes, igrexas...). O Porto de Bares está datado na Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. A escolleira está formada por grandes pelouros de seixo sen labrar. Na zona apareceron restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana (Cancela da Coxa de Arcos).
  • 13. SUPERFICIE: 208,61 km2 POBOACIÓN: 6.136 habitantes (2015). PARROQUIAS: Barbos, Céltigos, Couzadoiro, Cuíña, Devesos, O Ermo, Espasante, Os Freires, ïnsua, Ladrido, Loiba, Luama, Luía, Mera de Abaixo, Mera de Arriba, O Mosteiro, As Neves, Ortigueira, San Claudio, San Salvador de Couzadoiro, Senra e Veiga. Vista de Ortigueira desde o Malecón. A vila de Ortigueira conserva un interesante casco histórico no que destacan o convento de San Domingos, a igrexa parroquial de Santa Marta e varios pazos e casas tradicionais. ORTIGUEIRA É o concello máis estenso da comarca que ocupa toda a parte central con fronte á ría de Ortigueira (sobre todo á banda leste). O territorio é moi irregular e a costa moi variada con altos cantís, praias, esteiros e enseadas. As serras oriéntanse de norte a sur e separan os vales dos ríos Mera e Baleo. Ao leste unha aliñación formada polas serras da Meda, Coriscada e Faladoira, no linde con Mañón, e ao oeste a Capelada. O cume máis alto do concello é a Cruz da Palloza, con 616 m, na serra da Faladoira.
  • 14. Praia de Morouzos As principais actividades son a agrogandaría, a pesca e o marisqueo, a silvicultura, a mineiría (lousas) e industrias relacionadas, sobre todo, coa madeira e a lousa. A costa do concello está protexida no LIC “Ortigueira-Mera” e nas áreas ZEPA e RAMSAR “Ría de Ortigueira-Ladrido”. Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, igrexas, mosteiros e pazos. É dedestacar a celebración do Festival Internacional de Música Celta, declarada de Interese Turístico Internacional. Vista parcial da ría e o territorio de Ortigueira desde o miradoiro do Castelo do Casón, na parroquia da Veiga. Pódese chegara el seguindo unha ruta a pé ou en coche.
  • 15. RELEVO Na comarca de Ortegal distínguense tres unidades de releve. Ao leste unha aliñación de serras que significan o comezo da Dorsal galega, sistema de serras que atravesa Galiza de norte a sur desde Estaca de Bares, na serra de Meda (Facho da Meda, con 331 m), e van gañando altura na Coriscada e na Faladoira, onde se atopa o cume máis alto da comarca, a Cruz da Palloza, con 616 m. No oeste o macizo da Capelada que se estende polos lindes coa comarca de Ferrol e cae ao mar en abruptos cantís. No centro un terreo máis chan, con pequenas elevacións e atravesado polos vales dos ríos. Vista desde os cumes da Faladoira cara ao Cabo Ortegal. O relevo descende en altura cara á costa.
  • 16. Cantil do limo, onde as montañas e o mar se funden
  • 17. Os materiais son moi variados: lousas, granitos, cuarcitas, neis ollo de sapo, rochas básicas e ultrbásicas. As cuarcita son rochas que resisten a erosión e coroan algúns cumes da serra da Faladoira. Detalle do gneis “ollo de sapo”. O ollo de sapo é a máis característica das rochas metamórficas galegas. Está formado por cristais de seixo e feldespatos dentro dunha matriz de filitas.
  • 18. Cultivos forestais de eucaliptos, unha visión común nas paisaxes costeiras do norte A maior parte dos montes están cubertos por plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nos cumes máis altos hai mato de toxos e breixos, pasteiros ou turbeiras. Só nalgúns vales afastados se conservan pequenas manchas de bosques autóctonos.
  • 20. Carricanta (Ephiphiger ephiphiger) Pica dos prados (Anthus pratensis)
  • 21. SERRA DA FALADOIRA Esténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os montes máis altos na comarca son a Cruz da Palloza, con 616 m e a Faladoira, con 605 m. Vista dos cumes achairados do alto da serra da Faladoira
  • 22. Gando, terreos achairados e vales profundos, características da serra da Faladoira A Faladoira está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas. As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e Esteiro da Loiba. Nalguns vales conserva pequenas carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos. Accedese pola estrada de Ortigueira ou Mañón ás Pontes.
  • 23. Vista sobre a serra de Meda (Bares) e a ría do Barqueiro. Una ruta permite subir ao monte Facho da Meda, de 331 m de altitude, desde o que se contemplan fermosas vistas panorámicas da costa. SERRA DA CORISCADA Pódese considerar que comeza en Estaca de Bares, aínda que nalgúns mapas aparece o primeiro tramo co nome de serra do Solleiro ou da Meda. Ten orientación norte-sur e fai límite entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra circula o río Sor. O punto máis alto é o monte de Coriscada con 523 m. As rochas dominantes son lousas, cuarcitas, xistos e unha banda do gneis “ollo de sapo”.
  • 24. Vista dos cumes da serra da Coriscada A vexetación dominante son as plantacións de eucalipto, pequenas masas de carballos na parte máis alonxada da costa e, nos cumes, matogueira de breixos e toxos. Un grande tramo está ocupado por un parque eólico. Desde os cumes hai unhas boas vistas do cabo Ortegal, a costa de Ortigueira, Bares e a ría do Barqueiro. Accedese desde distintos puntos pola estrada de Mañón ás Pontes ou desde Espasante.
  • 25. Vista xeral da serra da Capelada desde Espasante SERRA DA CAPELADA Esténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con orientación NE-SO. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E cara ao leste. A vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís. O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.
  • 26. Vixía Herbeira, o cume máis alto da Capelada, moi próximo ao mar, sobre o que forma uns dos cantís máis altos de Europa.
  • 27. Cumes da Capelada. A forza e a constancia do vento nesta serra son aproveitadas para producir enerxía eléctrica.
  • 29. Rochas na Capelada. Segundo os últimos estudos poden ter unha antigüidade de 1.160 millóns de anos. A Capelada é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Unha parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”. Accedese desde Cariño.
  • 30. Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio, ferro e metais pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas, como os endemismos locais Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico). Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade. Centaurea borjae, un endemismo mundial que so se atopa na serra da Capelada, en perigo de extinción.
  • 31. Nas partes da serra abrigadas do vento, especialmente cara á ría de Ortigueira, a vexetación dominante son as plantacións de piñeiros e eucaliptos.
  • 32. OS RÍOS Muíño e fervenza no río Pontella en Cerdido O sistema fluvial da comarca está organizado arredor de varias concas, todas orientadas cara ao norte. Dous ríos de maior entidade: o Sor e os seus afluentes pola esquerda, e o Mera; varios ríos de curto percorrido (Esteiro, Cota, Baleo, Maior, Pequeno, Casón e Lourido) que desaugan no Cantábrico, na ría de Ortigueira; e os cursos alto e medio do Porto do Cabo que desemboca na ría de Cedeira, no océano Atlántico. Nos cursos altos son característicos os vales estreitos e fortes pendentes, do que é unha boa mostra este tramo do río Sor.
  • 33. Woorwardia radicans, no río Seixo, un fento relicto do Terciario que só se conserva nalgúns ríos do norte de Galiza. Son ríos de réxime pluvial, con tramos encaixados nos cursos altos, e dunha grande riqueza biolóxica. Na súa contorna consérvanse especies de grande interese, algunhas moi raras ou en perigo de extinción.
  • 34. Caltha palustris, florece en primavera nas zonas húmidas (brañas, beiras dos ríos) Anemone nemorosa, florece en primavera nos bosques e prados húmidos
  • 35. Estalotes (Digitalis purpurea). Unha planta que se pode atopar nas beiras de bosques e camiños que chama a atención polas polas súas inflorescencias de cor rosa púrpura. Abelás. As abeleiras (Corylus avellana) son frecuentes nas beiras dos ríos da comarca.
  • 37. O río Sor encaixado nun estreito val rochoso, entre os concellos de Mañón e O Vicedo RÍO SOR As súas cabeceiras son o Xantos, que nace no Pico Montouto e o Tras da Serra co Batán e Solloso, que nacen no Alto de San Xoán. Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Mañón con Ourol e O Vicedo e fai de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. Recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro, despois de 49 km. Ten como afluentes pola esquerda o Solloso, Casateite, Seixo, Arganza, Os Castros, San Roque e Barral. Ribeiras do Sor
  • 38. Esteiro do Sor, no fondo da ría do Barqueiro
  • 39. FERVENZA DE AUGA CAÍDA OU A MEXADOIRA Na parroquia de Caión, no concello de Mañón. No río do Seixo ou Couce, un afluente do Sor, debaixo da serra da Coriscada. A fervenza principal (Auga Caída ou A Mexadoira) salva un desnivel en granito duns 50 m de altura no río do Seixo e cae no río Sor pola súa marxe esquerda. No río Seixo hai outras fervenzas máis pequenas río arriba que se poden atopar seguindo pola súa beira. O Sor forma un tramo encaixado con rápidos. Accedese desde a estrada de As Pontes a Ortigueira collendo un desvío a Caión (Mañón). Desde alí cóllese un cruce á dereita que indica o miradoiro de auga Caída. Pódese baixar á base da fervenza por un carreiro que hai onde remata a estrada e seguir o río Sor.
  • 40. RÍO ESTEIRO Nace no monte Couto Vilariño (serra da Coriscada) e desemboca facendo fronteira entre os concellos de Ortigueira e Mañón. O río Esteiro chega con dificultade ao mar porque se vai perdendo nas areas da praia de Esteiro en Mañón, pechada entre os cantís da Punta Vilardeira e e Herbosa.
  • 41. RÍO COTA É un pequeno río que nace no monte Couto Vilariño, na serra da Coriscada e desemboca na praia de Espasante (Ortigueira). Desembocadura do río Cota ou Dola, na praia de Espasante
  • 42. Frecha do Baleo, sobre a que está a praia de Morouzos RÍO BALEO Nace na Serra da Penela (A Faladoira) e percorre o concello de Ortigueira ata desembocar na enseada do Ladrido (ría de Ortigueira). Pola esquerda recibe o Montecalvelo, Roca e Lompao, e pola dereita o Meixón, Castrillón e Reboredo. Na súa desembocadura atópase unha barra que forma a praia de Morouzos, cun importante sistema dunar. O esteiro está protexido dentro do LIC/ZEC “Ortigueira-Mera” e forma parte tamén do espazo “Ría de Ortigueira e Ladrido”, Humidal de importancia internacional (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
  • 43. Solpor na enseada do Ladrido, na desembocadura do Baleo
  • 44. RÍO MAIOR Nace nas estribacións da Faladoira (Taboada) e desemboca na ría de Ortigueira. Na súa desembocadura consérvanse dous muíños de marea. O río Maior canalizado preto da desembocadura Muíño de marea no esteiro do Río Maior
  • 45. O Mera en Ínsua, entre Ortigueira e As Somozas RÍO MERA Nace no monte Caxado e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Recibe pola dereita o Pulgueira e pola esquerda o Silvao, Loureira e Guntín. O Mera está protexido dentro do LIC “Ortigueira-Mera”. O esteiro forma parte tamén do espazo “Ría de Ortigueira e Ladrido”, Humidal de importancia internacional (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
  • 46. Área de lecer en Mera
  • 47. FERVENZAS DO REGO DE LOUREIRO Nun afluente do Mera, entre Os Casás (Cerdido) e Santa Cruz (Moeche). Na estrada de Neda a Ortigueira, despois de pasar Loureiro, sae unha pista de terra con forte pendente que baixa ao río. Unha vez alí remóntase o curso por un camiño abandoado e chégase aos tres muíños entre os que hai unha serie de rápidos, e por riba do terceiro está a fervenza. Por abaixo dos muíños hai outra fervenza máis pequena.
  • 48. FERVENZA DO CURUTELO No rego de Guitín, afluente do Mera. Na parrroquia de Santa María de Mera (Ortigueira). Desde Sta María de Mera (Muiños de Pontenoval) séguese o camiño que remonta o río, crúzao, pasa logo por debaixo do viaduto do tren e un pouco máis adiante faise carreiro, crúzase de novo o río por unha pontella de madeira e uns 300 m máis arriba atópase a fervenza.
  • 49. Esteiro do Mera, coa Capelada ao fondo
  • 50. Ría de Ortigueira na desembocadura do Mera
  • 51. POZO DO INFERNO No rego Cerdeiras, unha das cabeceiras do Casón, na parroquia de Santo Adrián de Veiga (Ortigueira). Atópase ao pé dos restos do castelo de Casón. Unha ruta de sendeirismo sube preto do río e permite achegarse en varios puntos. Para localizar as fervenzas hai que baixar ao río seguindo o ruído, por entre o mato. A máis grande está xusto ao pé dunha crista rochosa que baixa desde o castelo. Pódese acceder en coche por unha pista que baixa desde o acceso ao castelo de Casón. RÍO CASÓN Nace en Concepenido, na serra da Capelada e desemboca na enseda de Mera. No seu curto percorrido salva un grande desnivel con numerosos rápidos e pequenos saltos e fervenzas.
  • 52. Woodwardia radicans, un fento relicto do Terciario que só se atopa á beira de algúns ríos do norte de Galiza. RÍO SEIXO DE LANDOI Nace na Serra de Capelada (Cedeira), drena, xunto co Lourido e Casón, o concello de Cariño e desemboca na enseada do Esteiro, da Ría de Ortigueira. O seu afluente principal é o Zarza. É un río de grande valor ecolóxico por acoller nas súas beiras varias especies de fentos en perigo de extinción. O curso alto está protexido no LIC “Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC “Ortigueira-Mera”.
  • 53. Culcita macrocarpa, un fento raro, de grande tamaño, que ten no río do Seixo unha das moi escasas localizacións en Galiza. Outro dos fentos que vive nas beiras do río do Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a única poboación da Península Ibérica. FERVENZA NO RÍO SEIXO. Accedese pola estrada que sube de Feás a Santo André de Teixido. Atópase na proximidade dunha canteira de Dunita.
  • 54. RÍO LOURIDO Nace na serra da Capelada (Vixía Herbeira) e, despois dun curto percorrido con moita pendente, desemboca na enseada de Caleiro en Cariño, na ría de Ortigueira. Río Lourido preto da desembocadura
  • 55. FERVENZA DO RÍO MESTAS Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome. Unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas en rochas metamórficas. A máis grande ten 2 m de altura. Na estrada de Cedeira a Cerdido, crúzase o río e hai un camiño á esquerda que vai á fervenza (debaixo da ponte). RÍO DAS MESTAS Nace en Penela (Montoxo-Cedeira) , percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Na comarca fai de linde durante un pequeno tramo e recibe ao Porto do Cabo cos sus afluentes Felgosa e Pontellas. A cunca do río das mestas está separada da do Mera polo monte Francoi.
  • 56. FERVENZA DE CARBALLEIRO Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome. O río Pontellas, afluente do Río Porto do Cabo (que á súa vez desemboca no río das Mestas) forma unha fervenza cun amplo fronte en rochas metamórficas de aproximadamente 10 m de altura. Ao seu carón hai un muíño. Na estrada de Cedeira a Cerdido. Despois de pasar a ponte do río hai un camiño á dereita Despois duns 50 m baixa outro camiño á dereita que vai ata a fervenza e un muíño. FERVENZA DO FORTE Na parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome O río Pombeiro ou Porto do Cabo, xusto antes de xuntarse co Pontellas, ten un pequeno tramo encaixado con rápidos, fervenzas e covas en rochas metamórficas, Accedese desde a fervenza do carballeiro por un camiño que vai á minicentral, río arriba.
  • 57. A COSTA Vista da costa desde Pena Furada, cos cantís de Picón e a Estaca de Bares. A costa da comarca de Ortegal é o tramo comprendido entre a desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro e a Vixía Herbeira, pasado o Cabo Ortegal. Forma parte de dúas unidades diferentes, o Arco Cantábrico e o Arco Ártabro.
  • 58. É unha costa moi diversa morfoloxicamente e con gran variedade de rochas. Anfibolitas na Capelada Serpentinas na Capelada
  • 59. Rochas pregadas no Cabo Ortegal
  • 60. Punta Herbosa A sucesión de cantís e areais máis ou menos expostos da lugar a hábitats variados cunha rica biodiversidade de flora e fauna mariña e terrestre.
  • 61. A vexetación dominante nas áreas rochosas costeiras é o monte baixo (toxos, xestas e queirugas). Nos cantís hai aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), herba namoradeira (Armeria pubigera), catalinas (Silene scabriflora subsp. gallaecia), pudia xesta (Cytisus commutatus subsp. merinoi), Linaria Polygalifolia subsp. aguillonensis, (que so se atopa na costa da Coruña do cabo Vilán a Estaca de Bares), Inula Crithmoides...
  • 62. Colexas (Silene uniflora subsp. uniflora), especie típica de areais e rochedos marítimos.Inula crithmoides, planta de follas carnosas que medra en marismas e cantís.
  • 63. Nas marismas hai sebas, herba coral, herba das anduriñas, Spartina maritima, Suaeda maritima, Triglochin maritima, Glaux maritima, Pucinellia maritima, chantaxe de mar, acelga salgada, estrela das xunqueiras, verdoaga mariña, buño, santolina de auga, xuncos, esparganio e nas beiras pudia xesta (Cytisus commutatus subsp merinoi) Chantaxe mariña (Plantago maritima) Herba coral (Sarcocornia perennis)
  • 64. Nas dunas destacan: Limonium binervosum, feo, amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa subsp. intermedia, correola de praia, alhelís, paxariños amarelos, espigadilla do mar e as orquídeas abelleira (Ophrys apifera) e neotia (Spiranthes aestivalis). Alhelí (Malcomia littorea)Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha gramínea típica das dunas fixadas.
  • 65. Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas oceánicas que non se achegan á costa pero é posible observalas con prismáticos mergullándose para pescarGarzota (Egretta garzetta), unha especie asídua dos esteiros
  • 66. Ría do Barqueiro desde a ponte sobre o Sor, río que separa as provincias de Lugo (O Vicedo) e A Coruña (Mañón). Á dereita atópase a praia de Arealonga e enfronte a vila mariñeira de O Barqueiro RÍA DO BARQUEIRO Ábrese entre as puntas do Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abondantes sedimentos que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis altos entre Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo.
  • 68. Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos. Ao fondo vese a illa Coelleira (O Vicedo). O Porto de Bares data da Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron tamén restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana.
  • 69. ESTACA DE BARES A Estaca de Bares é o punto máis ao Norte de Galiza e da Península Ibérica. Está formada maioritariamente por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) que forman cantís de ata 200 m de altura e varios illotes. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón. Faro e punta de Estaca de Bares. A erosión nos granitos orixinou unha paisaxe de bolos. Na zona aparece tamén unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo.
  • 70. Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminados co solpor
  • 72. A erosión orixinou unha paisaxe granítica de bolos. Na zona aparece unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo e formacións de gabros. Estaca de Bares é unha zona de gran interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e etnográfico. Forma típica de erosión dos granitos de Bares. Prodúcese en granitos que sufriron unha forte descompresión no momento da súa formación, o que ocasionou a formación de diferentes capas.
  • 74. RÍA DE ORTIGUEIRA É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con numeros entrantes, zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos Lourido, Casón e Landoi que caen da Serra da Capelada e Mera, Maior, Baleo, Ladrido e Cota procedentes das serras septentrionais da Dorsal Galega. A parte leste está ocupada por marismas e a oeste por praias e cantís rochosos. Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla chaira intermareal. Vista panorámica da ría de Ortigueira, desde Cariño ata a Estaca de Bares.
  • 75. Vista parcial da Ría de Ortigueira desde a costa de Espasante
  • 76. Detalle das lousas puídas polo mar. Praia de Esteiro. A nivel xeolóxico é unha zona moi complexa onde converxen distintas formacións: a parte central e oriental comprende o dominio Ollo de Sapo, no sur hai unha faixa de xistos, e a zona Oeste está ocupada polas rochas ultrabásicas da Capelada. Xistos en Espasante
  • 77. Vista da Ría de Ortigueira desde o Castelo do Casón A ría de Ortigueira é unha importante área de pesca de baixura e marisqueo. Ten un especial interese ecolóxico polas marismas que acollen a numerosas especies de aves acuáticas, sobre todo nos pasos de primavera e outono. Está declarada HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Está incluída, ademais, no LIC Ortigueira-Mera.
  • 79. Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa
  • 80. O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena marisma pechada cunha barra de area na que hai dunas
  • 81. Praia de Esteiro, ao fondo o Cabo Ortegal
  • 82. Vista desde os Cantís de Picón (Loiba) ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e o Coitelo de Pena Furada. A continuación a punta do Picón ou da Costa dos Xuncos, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.
  • 83. Os Coitelos nos cantís de Loiba
  • 84. O Coitelo da Pena Furada nos cantís de Loiba
  • 85. Recollendo algas na costa do Carro
  • 86. Praia do Sarrigal, Punta Bandeixa e Pena das Tres Marías, desde a Ribeira do Carro. Ao fondo Cabo Ortegal, pechando a Ría de Ortigueira.
  • 87. Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro
  • 88. Desde o monte de San Antón abránguese toda a enseada de San Antón ata a punta Bandexa, coas praias de San Antón, Eirón e Mazorgán. Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...
  • 89. Praia e porto de Espasante. A praia coñécese tamén cos nomes de A Cuncha e Santa Eulalia e mide algo máis de 1 km de lonxitude.
  • 90. Rochas na praia de Espasante. Nesta praia atópanse formacións rochosas de grande interese: basaltos, lavas almofadadas procedentes de erupcións submariñas do Paleozoico e xistos con pregamentos.
  • 92. Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro do río Baleo (Ría do Ladrido). Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo. Na illa de San Vicente houbo un convento de franciscanos que foi abandoado no século XVI.
  • 93. Muíño de marea en Ortigueira. Atópase no esteiro do Río Maior. Máis adentro hai outro muíño.
  • 94. Vista parcial da ría de Ortigueira co esteiro do Baleo e a illa de San Vicente. No primeiro plano, á dereita o monte Masanteiro, en Cariño.
  • 95. A Ría de Ortigueira desde a Capelada. No primeiro plano o porto de Cariño e ao fondo a Estaca de Bares.
  • 96. Un dos illotes do Cabo Ortegal
  • 97. Cabo Ortegal, límite oeste da Ría de Ortigueira
  • 98. Solpor no cabo Ortegal O ARCO ÁRTABRO comeza no Cabo Ortegal e remata na península de Caión, en Arteixo. O primeiro tramo (costa e cantís da Capelada) é abrupto e de pendentes case verticais con dominio das rochas metamórficas básicas cun alto contido de minerais de ferro e magnesio (anfibolitas, serpentinitas...).
  • 99. Cabo Ortegal e Punta dos Aguillóns. Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas.
  • 100. Cabo Ortegal e faro desde o mar
  • 101. Os Aguillóns de Cabo Ortegal (Cabalo Xoán, Os Tres Irmáns, Ínsua Maior, Rodicio e A Lonxa)
  • 102. Os Aguillóns de Cabo Ortegal
  • 103. Vista dos cantís do Limo desde o Cabo Ortegal Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste: a vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís. A zona forma parte do LIC “Costa Ártabra”.
  • 104. Un illote na costa de Ortegal
  • 107. Cantís de Vixía Herbeira (con 613 m de altura), os máis altos de Galiza, e uns dos máis altos de Europa.
  • 108. ÁRBORES Bosque de abelairas na Capelada, a carón A árbore dominante na comarca é o eucalipto, que ocupa grandes superficies en todos os montes das zonas costeiras. Nalgunhas áreas hai tamén repoboacións de piñeiros. Só nalgúns lugares afastados, nos vales e zonas altas das montañas se conservan algunhas manchas de bosque atlántico formado por carballos acompañados de bidueiros, castiñeiros, avelairas, estripos... Nalgúns parques e pazos consérvanse exemplares monumentais de especies ornamentais. Destaca a plantación de camelias do Pazo de Torre de Lama, en Mañón con máis de catrocentas varidedades. En moitas zonas cultívanse mazáns para a elaboración de sidra sobre todo en Ortigueira, nas parroquias de Mera, San Claudio e Santo Adrián de Veiga. Eucaliptos en Bares
  • 109. Fraga atlántica residual na serra da Faladoira
  • 110. Eucalito de Lagarea, na entrada de Ortigueira Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e 7 e 6 m de perímetro troncal.
  • 111. ESPAZOS PROTEXIDOS O maior interese da Estaca de Bares reside nas aves. É un punto privilexiado para observar as migracións, en marzo en desprazamento cara ao norte e en setembro cara ao sur. LIC ESTACA DE BARES Espazo costeiro de 926 ha que abrangue a zona comprendida entre a Punta da Bandeixa en Celtigos e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Ortigueira e Mañón. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias. Observatorio ornitolóxico de Bares, construído en 1988. Bares é punto de encontro de Grupos Ornitolóxicos e Naturalistas de moitos países para observar os pasos migratorios das aves. Segundo algúns observadores pasan cada ano máis de 80.000 desde mediados de agosto ata finais de outubro, parrulos pentumeiros, corvos mariños, gaivotas (de varias especies), palleiras ou merdeiros, pardelas, falaropos...
  • 112. SIN ESTACA DE BARES Un espazo de 0,9 ha foi declarado en 1933 como SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL
  • 113. LIC ORTIGUEIRA-MERA Inclúe a parte interior da ría de Ortigueira, desde a punta de Sartán á punta do Tallo, o curso do río Mera ata Soutochao e o rego de Soutochao (cos seus afluentes Pradovello e Canteira), e áreas de bosque das súas beiras. 3.795 ha, na comarca, nos concellos de Cariño, Cerdido e Ortigueira.
  • 114. Podemos ver gran variedade e cantidade de especies: cullereiro, gabita, garza, garzota, avoceta, pilro groso, pilro bulebule, pilro curlibico, mazarico rabipinto, mazarico rabinegro, mazarico curlí, píllara real, píllara papuda, píllara cincenta, píllara dourada grande, píllara riscada, avefría, liorteiro, becacina cabra, bilurico común, bilurico craro, bilurico alinegro, bilurico bailón, pato asubión, pato cullerete, pato cincento, cerceta real, alavanco real, pato rabilongo, parrulo pentumeiro común, mobella grande, ganso cabecinegro, águia peixeira, cisne real, gaivota chorona, gaivota patiamarela, carrán cristado, corvo mariño cristado... HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (CONVENIO RAMSAR) ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES (ZEPA) RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO A Ría de Ortigueira é un dos enclaves galegos de maior interese para as aves acuáticas, tanto sedentarias como invernantes. Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
  • 115. Leucanthemum x corunnense. É un endemismo da provincia da Coruña. Na costa Ártabra atópanse especies pouco comúns entre as que destacan os endemismos locais: Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico). LIC COSTA ÁRTABRA Abrangue 7.659 ha desde o cabo Ortegal ata a Enseada de Areosa, en Ares. Na comarca a costa exterior do concello de Cariño formada por elevados cantís e parte da serra da Capelada, incluíndo parte do curso do río Seixo de Landoi. Podemos atopar ecosistemas diversos: cantis rochosos, turbeiras, vales fluviais, bosques de piñeiros de repoboación e algúnhas manchas pequenas de bosques autóctonos con carballos, aveleiras, estripos, amieiras, salgueiros e acivros. Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves mariñas. A mediados do século XX criaban no cabo Ortegal máis de 6.000 parellas de araos ibéricos. Actualmente non queda ningún. Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.
  • 116. As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota. A Capelada está considerada un PUNTO DE INTERESE XEOLÓXICO INTERNACIONAL Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións metamórficas restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica. As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos.
  • 117. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro marzo 2017