SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 88
BAIXA LIMIA
A NATUREZA
A comarca da Baixa Limia
abrangue o tramo do val
do río Limia
comprendido entre as
serras do Xurés e o
Leboreiro e as propias
serras ata a fronteira
portuguesa.
CONCELLOS: Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños
ESPAZOS PROTEXIDOS: Dentro desta comarca atópase o Parque Natural Baixa Limia-Serra do
Xurés (declarado en 1992) e a maioría do territorio pertence tamén ao LIC do mesmo nome e
á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
E unha comarca cunha longa e coñecida historia por ser un dos pasos naturais entre
Galiza e Portugal. Nela deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e,
sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías
de comunicación da provincia Gallaecica.
Miliarios ao pe da da vía romana que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaba Galiza para unir Braga e Astorga.
Ruínas romanas do campamento de Aquis Querquernis, próximas aos Baños de
Bande. Só poden verse cando o nivel das augas do encoro das Conchas é moi baixo.
Preto destas ruínas atópase o centro de interpretación “A Vila Romana”.
Acolle grandes valores naturais (paisaxísticos, xeolóxicos, ecolóxicos).
As súas características climáticas, de transición entre a zona atlántica e a
mediterránea, xunto coas diferenzas de altitude, dan lugar a unha gran variedade de
ecosistemas de gran riqueza biolóxica: pradeiras de montaña, monte baixo, bosques
de montaña, bosques de ribeira... nos que podemos atopar algunhas especies
únicas.
As Gralleira, na serra do Xurés.
CLIMA
As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea.
Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na
parte oriental.
As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla
variedade de microclimas.
ACTIVIDADES
Agrogandeiría, forestal, turismo, produción de enerxía eléctrica…
As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos
estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa
recuperación.
Por toda a comarca podemos atopar un rico
patrimonio cultural (hitórico, etnográfico...)
de todas as épocas.
Dolmes: Casota do Foxo, Casiña da Moura ao pé do
encoro de Salas; Casa da Moura (Queguas).
Restos romanos: calzada romana, miliarios en Portela
do Homen, campamento romano de Aquis
Querquernis.
Igrexas: Santa Comba de Bande, capela da Nosa
Señora do Xurés, capela de San Bieito de Grou...
Chivanas ou casarotas: Cabaniña do Curro, Curral do
Mouro, Pión de Paredes, Curral da Carballa...
Cortes: Asentamentos estacionais para subir co
gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas)
Albarizas: Estruturas de pedra que protexen os
cortizos: Olelas e Alvite.
Foxos de Lobo: Covateiras (Bande), casa do Lobo de
Guende (foxo de cabrita), ...
Explotacións mineiras: especialmente para a
explotación do volframio, moi activas durante a II
Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década
de 1970. Mina das Sombras (Lobios).
Muíños hidráulicos: na maioría dos ríos.
Termas: Riocaldo, Bande.
PATRIMONIO CULTURAL
Peto de ánimas en Grou
Cortes da Carballeira en Queguas
CONCELLOS
BANDE
Superficie: 99 km2
Poboacións: 1.735 habitantes (2015)
Parroquias: Bande, Os Baños, Cadós, Calvos, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Guín,
Nogueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar.
O territorio de Bande é alto polo norte onde se atopan as estribacións da Serra do
Leboreiro (Porto de Lamas con 1.147 m) e os montes de Bande que acadan no Coto da
Fonte Santa 1.090 m de altitude, e van perdendo altura a medida que se achegan ao río
Limia que fai de fronteira natural entre Bande e Muíños na mesma comarca, e A Peroxa da
comarca da Limia. O río principal e o Limia que no sur do municipio está encorado pola
presa das Conchas, o outro río importante do concello é o Cadós que fai todo o seu
percorrido dentro do territorio de Bande para xuntarse ao Limia no encoro.
Bande desde a Pena da Hedra.
Santa Comba de Bande, unha das
principais representacións da arte
visigótica na Península, construída a
finais do século VII.
ENTRIMO
Superficie: 85,43 km2
Poboación: 1.323 habitantes (2014)
Parroquias: Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceans.
O territorio e de grandes alturas e pendentes fortes xa que polo norte está ocupado pola
Serra de Queguas (1.112 m en Corraídos); e polo oeste ten os Montes do Quinxo (1.163 m). O
río principal é o Limia, encorado na presa do Lindoso e os seus afluentes Agro e Castro
Laboreiro.
A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o
mirador do Pedreiriño (na estrada de A Terrachá a Queguas),
desde o que se ve case toda a comarca.
Igrexa de Entrimo
Queguas.
LOBEIRA
Superficie: 68,9 km2
Poboación: 813 habitantes (2015).
Parroquias: A Fraga, Grou (San Martiño) compartida con Lobios, Grou (Santa Cruz), Lobeira,
Monte Longo, San Xes de Vilariño e Santa Comba.
O relevo está marcado polos cumes e as fortes pendentes que baixan da serra do Laboreiro (o
punto máis alto da serra - O Codesal- con 1.344 m está na fronteira con Portugal).
O río principal é o Grou.
Senderiz e a Serra do Laboreiro.
Cabalos na Serra do Laboreiro.
LOBIOS
Superficie: 168,38 km2
Poboación: 2.025 habitantes (2014).
Parroquias: Araúxo (San Martiño), Araúxo (San Paio), A Cela, Grou (San Mamede), Grou (San
Martiño) compartida con Lobeira, A Illa, Lobios, Manín, Río Caldo e Torno.
Sube polo noroeste até a Serra de Queguas e polo oeste ata os Montes do Quinxo aínda que a
meirande parte do seu territorio atópase ao sur do Limia, entre o río e a fronteira portuguesa,
coas Serras do Xurés (coas maiores alturas) e Santa Eufemia. O relevo caracterízase por unha
sucesión de fortes pendentes con profundos vales escavados polos afluentes do Limia.
Val do río Caldo desde a Corga da Frecha, coas
poboacións de Torneiros e Riocaldo.
Restos da vila romana de Riocaldo
MUÍÑOS
Superficie: 109,66 km2
Poboación: 1.622 habitantes (2014)
Parroquias: Barxés, Cadós, Couso de Salas, Farnadeiros, Maus de Salas, Muíños, Parda de
Ventosa, Porqueirós, Prado de Limia, Requiás, Souto de Limia e Xermeade.
O relevo está dominado pola Serra do Xurés (acada os 1.448 m de altura no Coto das
Gralleiras) e o Pisco. Os ríos máis importantes son o Limia (encoro das Conchas) e o Salas, que
o atravesa de leste a oeste.
Vista de Muíños e o encoro das Conchas desde a área recreativa que
se atopa na estrada de Mugueimes a Maus de Salas.
Dolme Casiña de Moura, ao pé do encoro de Salas. Trasladado
ao seu asentamento actual para evitar que quedase asolagado
polo encorlo.
RELEVO
O relevo está marcado polo val do río Limia, que empeza a encaixarse xusto ao entrar na
comarca (pasando dos 600 m de altitude da Limia aos 250 m na fronteira portuguesa) e as
serras, que a rodean e que sobrepasan case todas os 1.000 m de altura: polo norte os
montes de Bande e as lombas da Pena da Edra; polo oeste as serras do Leboreiro, Queguas
e os montes do Quinxo; polo sur as serras de Santa Eufemia, O Xurés e O Pisco, e polo
nordeste a serra de S. Tomé; e o contraste entre as formas redondeadas dos montes do
norte e o oeste e as formas violentas, fortemente marcadas pola erosión, do sur, formas ás
que contribuiu, de maneira decisiva, a actividade glaciar de tempos pasados que deixou a
súa pegada impresa nas abas dos montes e nos vales dos que baixan do Xurés.
As especiais características físicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no límite entre as áreas de
influencia climática atlántica e mediterránea, converten a esta comarca nun lugar no que se mesturan as
especies de ámbalas dúas zonas ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas
únicas. Na flora atopamos o loro (Prunus lusitanica), recordo da flora de épocas pasadas (única
localización en Galiza), o lirio do Xurés (Iris boissieri), en perigo de extinción, o cardo do Xurés (Eryngium
duriaei subsp juresianum, a Xolantha globularifolia endémica do NO da península ibérica, case exclusiva
de Galiza, Anemona trifolia endémica de Galiza e a metade norte de Portugal, Armeria humilis subsp
humilis, endemismo das serras do Xurés e o Gerês ademais de carballos, rebolos, sobreiras, erbedos,
estripos, pereiras bravas, capudres...
Arzaia ou cantroxo (Lavandula
stoechas). Planta característica
do clima mediterráneo,
endémica do oeste da península
Ibérica e común en lugares secos
da metade sur de Galiza.
Vencetósigo (Vincetoxicum hirundinaria).
Este pequeno arbusto tóxico florece nas
abas soleadas das áreas cálidas do Xurés.
Sedum forsteranum. Coloniza noiros e valados desde os que
chama a atención pola cor amarela dos numerosos grupos de
flores. So se atopa no sur-leste de Galiza
Na fauna tamén se atopan especies atlánticas e mediterráneas típicas. Insectos como as cigarras, a águia
real, cunha poboación moi escasa actualmente reforzada con soltas, ou a cabra fera, extinguida no século
pasado e reintroducida na área do parque.
Lagarto das silveiras (Lacerta schreibei).
O macho, na época de celo presenta unha fermosa cor
azul na cabeza.
Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
SERRA DO LABOREIRO
Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea,
Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas
na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
Os pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia
(Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...). Na vertente
portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro, afluente do Limia que é a fonteira
natural con Portugal nunha gran parte do seu percorrido.
Accedese desde Lobeira, por Parada do Monte e Fraga; desde Outeiro das Augas (as Catro Cruces), por
Xacebáns ou por Padrenda.
O Codesal, a máxima altura do Laboreiro, chamada localmente
o 31, por coíncidir con ese poste fronteirizo.
Panorámica da serra do Laboreiro.
Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno
tamaño que só vive nas montañas da metade
norte da península Ibérica, en terreos pobres,
pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m
de altitude.
SERRA DE QUEGUAS
Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeado polos vales dos ríos Agro e
Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m.
Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques
autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre todo o Xurés.
Accedese desde Entrimo, pola estrada de Queguas.
Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a que se poden facer varias rotas de
senderismo. Á dereira o val do río da Montaña, nas cabeceiras do Agro.
Piornos e formacións graníticas nos cumes da serra de Queguas en Ameixueiras.
MONTES DO QUINXO
Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo.
Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É
unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas.
O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral. Accedese desde Olelas.
Montes do Quinxo co val do río Barxas ou
Castro Leboreiro á dereita.
Montes do Quinxo.
SERRA DE SANTA EUFEMIA
Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de
Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos.
e unha parte da serra está declarada Reserva Integral.
Accédese pola estrada de Lobios a Portela do Homen.
Serra de Santa Eufemia desde O Xurés.
Aporia crataegui.
En Galiza só é común no sur de
Ourense, onde as eirugas se
alimentas de estripos.
Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co
encoro de Lindoso, no río Limia.
SERRA DO XURÉS
Está situada ao sur da provincia de Ourense, con orientación NE-SO, compartida con Portugal (Gerês).
Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de
contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das
rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo
característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi
explotada no tempo da II Guerra Mundial.
Na serra do Xurés consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de
Europa: circos glaciares, morrenas (Val do Vilameá ou val das Sombras), rochas estriadas, acumulacións de
depósitos fluvioglaciais e vales en artesa. Na ladeira noroeste nacen afluentes do río Caldo (Vilameá,
Lobios, Cabaleiros, Teixeira...)
Accedese desde Lobios.
Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a
Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia. No mirador hai un panel coa imaxe da serra
na que aparecen os nomes dos picos máis destacados.
As Gralleiras e a Fontefría desde o encoro de Salas.
Alto da Fontefría
Coto das Gralleiras
GLACIARISMO
No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60
km2
, entre os 1.300 e os 1.500 m de altura. Por toda a zona consérvanse vestixios destes fenómenos:
Circos e vales glaciares, moreas, sedimentos periglaciares...
O Val de Vilameá esta considerado como punto de interese xeolóxico.
Val de Vilameá. Á esquerda o Altar dos Cabrós e A Nevosa, o cume máis alto da serra.
Val de Vilameá
A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso
de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso
consérvanse pequenos bosques con carballos, erbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas
cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas
Rochas graníticas e breixos.
Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp.
juresianum), especie endémica do Xurés.
Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste
Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no
Xurés e ocasionalmente no Courel.
Herba de namorar
(Armeria humilis),
endemismo dos
cumes do Xurés-
Gerês.
Cigarra (Cicadella montana). Antes de converterse no adulto
da imaxe a lava pasa varios anos enterrada zugando saiba
das raíces das árbores e matogueiras.
A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica),
subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu
hai máis dun século. Actualmente hai un programa
de recuperación con Capra pirenaica victoriae.
Chivanas, refuxios
temporais dos pastores
na montaña.
Albariza. As produccións
das abellas, que
aproveitan a gran
cantidade e variedade
de flores que producen
os matos, son unha
achega para a economía
das persoas que viven
nestas áreas.
SERRA DO PISCO
Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste (na
Portela de Pitòes). O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves
e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi
erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha
zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas.
Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores.
Accedese desde Guntumil (Calvos de Randin), ou pola estrada de Portugal.
Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
Vista xeral da serra do Pisco
desde Portugal.
Lagarta rabuda
(Psammodromus algirus).
Gosta de lugares cálidos,
cubertos de mato baixo, polo
que só se atopa na metade
sur de Galiza.
LOMBAS DA PENA DA EDRA
Prolongación cara ao nordeste da Serra do Leboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes
achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m e Coto
da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para todo o contorno: Serra do
Xurés, O Leboreiro, terras de Bande e Celanova...
Tomelo do país
(Thymus caespititius).
Ocupa terreos degradados
e rochosos nos cumes e
noiros.
MONTES DE BANDE
Pequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A
Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m.
Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Furriolo accedese pola estrada de Celanova a
Vilar de Santos.
Vista xeral dos Montes de
Bande desde Muíños.
RÍOS
O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.
O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e
completan a rede os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a
serras que o rodean. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se
forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros
para a produción de enerxía hidroeléctrica.
Nas beiras dos ríos hai salgueiros, amieiras e freixos acompañados de sanguiños, fentos e especies propias
das correntes e ribeiras. Entre os animais podemos atopar peixes, ras, libeliñas, cabalos do demo e outros
insectos relacionados coa auga.
Salgueiros nas augas quedas no río encorado.
Río de montaña, de corrente rápida. No centro, de cor
crara, salgueiros nodosos (Salix salvifolia) endemismo da
metade occidental da península Ibérica que se atopa na
Baixa Limia.
Patinadores ou zapateiros.
Viven en augas quedas e
correntes lentes alimentándose
de pequenos animais que atopan
na superficie da auga.
AS AUGAS TERMAIS
Un dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais que xorden en distintos
puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia e Caldo.
Baños de Bande. As augas desta
surxencia abrollan a 48ºC.
Surxencia na canle do río Caldo. As augas saen a unha
temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e
fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila
Termal de Riocaldo.
Unha parte da surxencia termal do río Caldo é recollida
nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños
da zona galegos e portugueses, xa que son augas
recomendadas para tratar problemas da pel, vías
respiratorias e reúma.
Vila romana termal de Ríocaldo
O Limia no encoro das Conchas.
RÍO LIMIA
Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra
nesta comarca onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos
encoros da Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na
fronteira portuguesa. Desemboca Viana do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós,
Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.
Encoro de Lindoso, compartido con Portugal.
Praia fluvial en Muíños. Unha parte
de escasa pendente da beira do
encoro da Conchas, en Muíños, está
acondicionada como praia flivial e área
de lecer para a práctica de deporte
acuáticos.
Canón do Limia
Coñecido co nome de Os Infernos, é un
pequeno tramo do río sen encorar entre os
encoros das Conchas e Lindoso.
Vese desde a estrada de Grou, pola marxe
dereita do río. Pódese baixar desde a antiga
central pero é moi complicado.
Desembocadura do Salas
no Limia, no encoro de
Lindoso.
RÍO SALAS
Nace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido fóra da comarca entre a serra da Pena e
os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco antes de
entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de Salas.
Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de Lindoso. Os
afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao.
Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo
Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da
Portela.
Encoro do Salas desde o alto do Pisco
A Fecha
Xermeade (Muíños)
Regato da Portela
Requiás (Muíños)
Fecha Carneira
Rego de Salgueiros
A Cela (Lobios)
Fecha de Cela
Muíños-Lobios
Pozo Negro, Pozo da Seima
Cela (Lobios)
As Olas
Río Mao
A Cela (Lobios)
As Forcadiñas
Río Chao de Requeixo
San Paio de Araúxo (Lobios)
RÍO LOBIOS
O río Lobios nace na Serra do Xurés, entre A
Nevosa e Os Carrís, e en menos de 10 km,
descende case en liña recta ao Limia, ao que
se xunta na vila de Lobios.
Río Lobios
Saa (Lobios)
RÍO CALDO
Nace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no
encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.
O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e
que son aproveitadas con fins medicinais.
Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha), río Vilameá.
Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita).
Na parte alta apréciase o paso fronteirizo da Portela do Homen.
RÍO VILAMEÁ
É un afluente pola dereita do río Caldo que nace no
Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se
aprecian claramente as pegadas do glaciarismo.
O río Vilameá forma pozas e pequenas fervenzas en
todo o seu curso. Un ruta indicada permite achegarse
a elas.
Rio Caldo.Calzada romana. Desde Riocaldo unha ruta á
beira do río lévanos polos restos dunha vila
termal romana, a calzada e varios muíños ata
o conxunto de milirios romanos. A partir
deste tramo continúa un sendeiro estreito
ata a fronteira portuguesa de Portela do
Homen.
Área termal no río Caldo, en Lobios
Corga da Fecha
O regato da Fecha, afluente do río Caldo, forma
varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas
graníticas.
RÍO NAU
Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu
curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.
Unha ruta indicada (Dos Muíños) permite percorer un tramo.
RÍO CADÓS
Recolle as augas das Lombas da Edra e lévaas ao encoro das Cunchas, drenando unha gran parte do
concello de Bande. Está explotado por unha minicentral.
Fervenzas: Ponte Cadós e Pombeira.
A Pombeira (Bande)
Ponte Cadós (Bande)
Rabo de Besta
Río Grou (Limia)
San Xes de Vilariño (Lobeira)
RÍO GROU
Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa
cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha
minicentral.
Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da
Ramallosa (Fragoso), Corga do Poleiro, Corga da
Fecha...
Corga do Castrelo
Río Grou (Limia)
Torneiros (Lobeira)/Grou
Corga do Poleiro
Río Fragoso ou Grou (Limia)
Parada do Monte (Lobeira)
Corga das Rozadas
Río da Montaña (Limia)
Queguas-Entrimo
Fecha do Fragón
Corga das Rozadas
(Río da Montaña-Agro)
Queguas-Entrimo
RÍO PACÍN OU DA MONTAÑA
Baixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa).
Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil.
Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña),
Pozo Caído (río Pacín).
A Pesqueira
(Rego de Porto Mosteirón-Limia)
Grou-Lobios
Pozo Caído (Río Pacín)
Río Pacín
Entrimo
Río Agro (Río da Montaña)
Entrimo
Corga da Fecha
Rego da Illa (Pacín)
Illa (Entrimo)
Corga da Feixa
Rego da Illa (Pacín)
Illa (Entrimo)
RÍO BARCIA OU CASTRO LABOREIRO
Nace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e
Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da
Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.
Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.
Barranco de Olelas
Pozas do Mallón
Río Castro Leboreiro (Limia)
Olelas, Entrimo
AS ÁRBORES
As masas arbóreas non son moi abundantes na comarca. Só se conservan algúns bosques
nas partes máis escarpadas dos vales e nas beiras dos ríos.
Carballeira da Barxa, unha das poucas carballeiras naturais da serra
do Xurés. Na Reserva Integral do Parque, Visítase na ruta “A Cela-
Pitoes” que pasa poe Salgueiros, cun permiso especial.
Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).
En Galiza só se atopa no Xurés e no
val do Arnoia.
Carballos da Praza de San Roque en Bande.
ÁRBORES
SENLLEIRAS
Carballos (Quercus robur):
-Praza de San Roque en Bande. Dous
exemplares de 5,5 e 6,5 m de perímetro.
Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras
da Xunta de Galiza.
-Monte da Clamadoira, no Barrio de
Muíños (concello de Muíños) (5 m de
perímetro).
-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
-Capela de San Bieito de Grou (Lobios),
varios exemplares.
-Capela da Nosa Señora do Xurés en
Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata
5,57 m de perímetro).
-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios
-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
Queguas.
Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).
-Capela da Clamadoira, do Barrio de Muíños.
-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de
perímetro)
-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65
m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios
Castiñeiro
(Castanea sativa)
-Mugueimes, Muíños
(8 m de perímetro)
Sobreiras (Quercus suber)
-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).
ESPAZOS PROTEXIDOS
-LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés (decembro 2004) (33.921 ha)
-ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) (marzo 2014): (33.921 ha)
“Baixa Limia-Serra do Xurés”
-Parque Natural “Baixa Limia”
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de 31.287 ha
-Forma parte da “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”
-A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional
Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.
Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española
(Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004).
Local do centro de Interpretación do Parque Natural
“Baixa Limia-Serra do Xurés”.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Abril 2016

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
monadela
 

Was ist angesagt? (20)

Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 

Andere mochten auch

Pintura gallega
Pintura gallegaPintura gallega
Pintura gallega
agarridog
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
LOPEZMOURENZA
 
Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)
GeoEuropaUNLa
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
monadela
 
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copiaFervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
LOPEZMOURENZA
 
Xentilicios1
Xentilicios1Xentilicios1
Xentilicios1
Santi P
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
monadela
 

Andere mochten auch (20)

Turismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoquesTurismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoques
 
Pintura gallega
Pintura gallegaPintura gallega
Pintura gallega
 
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudadQué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
 
Para Que Serve O Galego
Para Que Serve O GalegoPara Que Serve O Galego
Para Que Serve O Galego
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
 
Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)
 
Sierra del Caurel
Sierra del CaurelSierra del Caurel
Sierra del Caurel
 
Doc sintese
Doc sinteseDoc sintese
Doc sintese
 
Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)
 
María Mariño
María  MariñoMaría  Mariño
María Mariño
 
Ria de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso NaturalRia de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso Natural
 
Percorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por GalizaPercorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por Galiza
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 
Las fiestas
Las fiestasLas fiestas
Las fiestas
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
 
El senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo socialEl senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo social
 
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copiaFervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
Fervenzas lugo-140118074626-phpapp01 - copia
 
Monumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena CorneiraMonumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena Corneira
 
Xentilicios1
Xentilicios1Xentilicios1
Xentilicios1
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 

Ähnlich wie Comarca Baixa Limia

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
monadela
 

Ähnlich wie Comarca Baixa Limia (12)

Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 

Mehr von monadela

Mehr von monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Comarca Baixa Limia

  • 2. A comarca da Baixa Limia abrangue o tramo do val do río Limia comprendido entre as serras do Xurés e o Leboreiro e as propias serras ata a fronteira portuguesa.
  • 3. CONCELLOS: Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños ESPAZOS PROTEXIDOS: Dentro desta comarca atópase o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (declarado en 1992) e a maioría do territorio pertence tamén ao LIC do mesmo nome e á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
  • 4. E unha comarca cunha longa e coñecida historia por ser un dos pasos naturais entre Galiza e Portugal. Nela deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Miliarios ao pe da da vía romana que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaba Galiza para unir Braga e Astorga.
  • 5. Ruínas romanas do campamento de Aquis Querquernis, próximas aos Baños de Bande. Só poden verse cando o nivel das augas do encoro das Conchas é moi baixo. Preto destas ruínas atópase o centro de interpretación “A Vila Romana”.
  • 6. Acolle grandes valores naturais (paisaxísticos, xeolóxicos, ecolóxicos). As súas características climáticas, de transición entre a zona atlántica e a mediterránea, xunto coas diferenzas de altitude, dan lugar a unha gran variedade de ecosistemas de gran riqueza biolóxica: pradeiras de montaña, monte baixo, bosques de montaña, bosques de ribeira... nos que podemos atopar algunhas especies únicas. As Gralleira, na serra do Xurés.
  • 7. CLIMA As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas.
  • 8. ACTIVIDADES Agrogandeiría, forestal, turismo, produción de enerxía eléctrica… As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.
  • 9. Por toda a comarca podemos atopar un rico patrimonio cultural (hitórico, etnográfico...) de todas as épocas. Dolmes: Casota do Foxo, Casiña da Moura ao pé do encoro de Salas; Casa da Moura (Queguas). Restos romanos: calzada romana, miliarios en Portela do Homen, campamento romano de Aquis Querquernis. Igrexas: Santa Comba de Bande, capela da Nosa Señora do Xurés, capela de San Bieito de Grou... Chivanas ou casarotas: Cabaniña do Curro, Curral do Mouro, Pión de Paredes, Curral da Carballa... Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas) Albarizas: Estruturas de pedra que protexen os cortizos: Olelas e Alvite. Foxos de Lobo: Covateiras (Bande), casa do Lobo de Guende (foxo de cabrita), ... Explotacións mineiras: especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970. Mina das Sombras (Lobios). Muíños hidráulicos: na maioría dos ríos. Termas: Riocaldo, Bande. PATRIMONIO CULTURAL Peto de ánimas en Grou
  • 10. Cortes da Carballeira en Queguas
  • 11. CONCELLOS BANDE Superficie: 99 km2 Poboacións: 1.735 habitantes (2015) Parroquias: Bande, Os Baños, Cadós, Calvos, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Guín, Nogueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar. O territorio de Bande é alto polo norte onde se atopan as estribacións da Serra do Leboreiro (Porto de Lamas con 1.147 m) e os montes de Bande que acadan no Coto da Fonte Santa 1.090 m de altitude, e van perdendo altura a medida que se achegan ao río Limia que fai de fronteira natural entre Bande e Muíños na mesma comarca, e A Peroxa da comarca da Limia. O río principal e o Limia que no sur do municipio está encorado pola presa das Conchas, o outro río importante do concello é o Cadós que fai todo o seu percorrido dentro do territorio de Bande para xuntarse ao Limia no encoro. Bande desde a Pena da Hedra.
  • 12. Santa Comba de Bande, unha das principais representacións da arte visigótica na Península, construída a finais do século VII.
  • 13. ENTRIMO Superficie: 85,43 km2 Poboación: 1.323 habitantes (2014) Parroquias: Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceans. O territorio e de grandes alturas e pendentes fortes xa que polo norte está ocupado pola Serra de Queguas (1.112 m en Corraídos); e polo oeste ten os Montes do Quinxo (1.163 m). O río principal é o Limia, encorado na presa do Lindoso e os seus afluentes Agro e Castro Laboreiro. A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o mirador do Pedreiriño (na estrada de A Terrachá a Queguas), desde o que se ve case toda a comarca.
  • 16. LOBEIRA Superficie: 68,9 km2 Poboación: 813 habitantes (2015). Parroquias: A Fraga, Grou (San Martiño) compartida con Lobios, Grou (Santa Cruz), Lobeira, Monte Longo, San Xes de Vilariño e Santa Comba. O relevo está marcado polos cumes e as fortes pendentes que baixan da serra do Laboreiro (o punto máis alto da serra - O Codesal- con 1.344 m está na fronteira con Portugal). O río principal é o Grou. Senderiz e a Serra do Laboreiro.
  • 17. Cabalos na Serra do Laboreiro.
  • 18. LOBIOS Superficie: 168,38 km2 Poboación: 2.025 habitantes (2014). Parroquias: Araúxo (San Martiño), Araúxo (San Paio), A Cela, Grou (San Mamede), Grou (San Martiño) compartida con Lobeira, A Illa, Lobios, Manín, Río Caldo e Torno. Sube polo noroeste até a Serra de Queguas e polo oeste ata os Montes do Quinxo aínda que a meirande parte do seu territorio atópase ao sur do Limia, entre o río e a fronteira portuguesa, coas Serras do Xurés (coas maiores alturas) e Santa Eufemia. O relevo caracterízase por unha sucesión de fortes pendentes con profundos vales escavados polos afluentes do Limia. Val do río Caldo desde a Corga da Frecha, coas poboacións de Torneiros e Riocaldo.
  • 19. Restos da vila romana de Riocaldo
  • 20. MUÍÑOS Superficie: 109,66 km2 Poboación: 1.622 habitantes (2014) Parroquias: Barxés, Cadós, Couso de Salas, Farnadeiros, Maus de Salas, Muíños, Parda de Ventosa, Porqueirós, Prado de Limia, Requiás, Souto de Limia e Xermeade. O relevo está dominado pola Serra do Xurés (acada os 1.448 m de altura no Coto das Gralleiras) e o Pisco. Os ríos máis importantes son o Limia (encoro das Conchas) e o Salas, que o atravesa de leste a oeste. Vista de Muíños e o encoro das Conchas desde a área recreativa que se atopa na estrada de Mugueimes a Maus de Salas.
  • 21. Dolme Casiña de Moura, ao pé do encoro de Salas. Trasladado ao seu asentamento actual para evitar que quedase asolagado polo encorlo.
  • 22. RELEVO O relevo está marcado polo val do río Limia, que empeza a encaixarse xusto ao entrar na comarca (pasando dos 600 m de altitude da Limia aos 250 m na fronteira portuguesa) e as serras, que a rodean e que sobrepasan case todas os 1.000 m de altura: polo norte os montes de Bande e as lombas da Pena da Edra; polo oeste as serras do Leboreiro, Queguas e os montes do Quinxo; polo sur as serras de Santa Eufemia, O Xurés e O Pisco, e polo nordeste a serra de S. Tomé; e o contraste entre as formas redondeadas dos montes do norte e o oeste e as formas violentas, fortemente marcadas pola erosión, do sur, formas ás que contribuiu, de maneira decisiva, a actividade glaciar de tempos pasados que deixou a súa pegada impresa nas abas dos montes e nos vales dos que baixan do Xurés.
  • 23.
  • 24.
  • 25. As especiais características físicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no límite entre as áreas de influencia climática atlántica e mediterránea, converten a esta comarca nun lugar no que se mesturan as especies de ámbalas dúas zonas ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas únicas. Na flora atopamos o loro (Prunus lusitanica), recordo da flora de épocas pasadas (única localización en Galiza), o lirio do Xurés (Iris boissieri), en perigo de extinción, o cardo do Xurés (Eryngium duriaei subsp juresianum, a Xolantha globularifolia endémica do NO da península ibérica, case exclusiva de Galiza, Anemona trifolia endémica de Galiza e a metade norte de Portugal, Armeria humilis subsp humilis, endemismo das serras do Xurés e o Gerês ademais de carballos, rebolos, sobreiras, erbedos, estripos, pereiras bravas, capudres... Arzaia ou cantroxo (Lavandula stoechas). Planta característica do clima mediterráneo, endémica do oeste da península Ibérica e común en lugares secos da metade sur de Galiza. Vencetósigo (Vincetoxicum hirundinaria). Este pequeno arbusto tóxico florece nas abas soleadas das áreas cálidas do Xurés. Sedum forsteranum. Coloniza noiros e valados desde os que chama a atención pola cor amarela dos numerosos grupos de flores. So se atopa no sur-leste de Galiza
  • 26. Na fauna tamén se atopan especies atlánticas e mediterráneas típicas. Insectos como as cigarras, a águia real, cunha poboación moi escasa actualmente reforzada con soltas, ou a cabra fera, extinguida no século pasado e reintroducida na área do parque. Lagarto das silveiras (Lacerta schreibei). O macho, na época de celo presenta unha fermosa cor azul na cabeza. Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
  • 27. SERRA DO LABOREIRO Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro, afluente do Limia que é a fonteira natural con Portugal nunha gran parte do seu percorrido. Accedese desde Lobeira, por Parada do Monte e Fraga; desde Outeiro das Augas (as Catro Cruces), por Xacebáns ou por Padrenda. O Codesal, a máxima altura do Laboreiro, chamada localmente o 31, por coíncidir con ese poste fronteirizo.
  • 28. Panorámica da serra do Laboreiro. Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.
  • 29. SERRA DE QUEGUAS Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeado polos vales dos ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m. Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre todo o Xurés. Accedese desde Entrimo, pola estrada de Queguas. Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a que se poden facer varias rotas de senderismo. Á dereira o val do río da Montaña, nas cabeceiras do Agro.
  • 30. Piornos e formacións graníticas nos cumes da serra de Queguas en Ameixueiras.
  • 31. MONTES DO QUINXO Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral. Accedese desde Olelas. Montes do Quinxo co val do río Barxas ou Castro Leboreiro á dereita.
  • 33. SERRA DE SANTA EUFEMIA Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. e unha parte da serra está declarada Reserva Integral. Accédese pola estrada de Lobios a Portela do Homen. Serra de Santa Eufemia desde O Xurés.
  • 34. Aporia crataegui. En Galiza só é común no sur de Ourense, onde as eirugas se alimentas de estripos. Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co encoro de Lindoso, no río Limia.
  • 35. SERRA DO XURÉS Está situada ao sur da provincia de Ourense, con orientación NE-SO, compartida con Portugal (Gerês). Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. Na serra do Xurés consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, morrenas (Val do Vilameá ou val das Sombras), rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais e vales en artesa. Na ladeira noroeste nacen afluentes do río Caldo (Vilameá, Lobios, Cabaleiros, Teixeira...) Accedese desde Lobios. Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia. No mirador hai un panel coa imaxe da serra na que aparecen os nomes dos picos máis destacados.
  • 36. As Gralleiras e a Fontefría desde o encoro de Salas.
  • 39. GLACIARISMO No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2 , entre os 1.300 e os 1.500 m de altura. Por toda a zona consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos e vales glaciares, moreas, sedimentos periglaciares... O Val de Vilameá esta considerado como punto de interese xeolóxico. Val de Vilameá. Á esquerda o Altar dos Cabrós e A Nevosa, o cume máis alto da serra.
  • 41. A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, erbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas Rochas graníticas e breixos.
  • 42. Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés. Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente no Courel. Herba de namorar (Armeria humilis), endemismo dos cumes do Xurés- Gerês.
  • 43. Cigarra (Cicadella montana). Antes de converterse no adulto da imaxe a lava pasa varios anos enterrada zugando saiba das raíces das árbores e matogueiras. A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.
  • 44. Chivanas, refuxios temporais dos pastores na montaña. Albariza. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.
  • 45. SERRA DO PISCO Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste (na Portela de Pitòes). O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas. Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores. Accedese desde Guntumil (Calvos de Randin), ou pola estrada de Portugal. Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
  • 46. Vista xeral da serra do Pisco desde Portugal. Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Gosta de lugares cálidos, cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade sur de Galiza.
  • 47. LOMBAS DA PENA DA EDRA Prolongación cara ao nordeste da Serra do Leboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m e Coto da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para todo o contorno: Serra do Xurés, O Leboreiro, terras de Bande e Celanova...
  • 48. Tomelo do país (Thymus caespititius). Ocupa terreos degradados e rochosos nos cumes e noiros. MONTES DE BANDE Pequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m. Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Furriolo accedese pola estrada de Celanova a Vilar de Santos. Vista xeral dos Montes de Bande desde Muíños.
  • 49. RÍOS O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo. O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.
  • 50. Nas beiras dos ríos hai salgueiros, amieiras e freixos acompañados de sanguiños, fentos e especies propias das correntes e ribeiras. Entre os animais podemos atopar peixes, ras, libeliñas, cabalos do demo e outros insectos relacionados coa auga. Salgueiros nas augas quedas no río encorado. Río de montaña, de corrente rápida. No centro, de cor crara, salgueiros nodosos (Salix salvifolia) endemismo da metade occidental da península Ibérica que se atopa na Baixa Limia. Patinadores ou zapateiros. Viven en augas quedas e correntes lentes alimentándose de pequenos animais que atopan na superficie da auga.
  • 51. AS AUGAS TERMAIS Un dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais que xorden en distintos puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia e Caldo. Baños de Bande. As augas desta surxencia abrollan a 48ºC. Surxencia na canle do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila Termal de Riocaldo. Unha parte da surxencia termal do río Caldo é recollida nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños da zona galegos e portugueses, xa que son augas recomendadas para tratar problemas da pel, vías respiratorias e reúma. Vila romana termal de Ríocaldo
  • 52. O Limia no encoro das Conchas. RÍO LIMIA Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra nesta comarca onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa. Desemboca Viana do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós, Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.
  • 53. Encoro de Lindoso, compartido con Portugal. Praia fluvial en Muíños. Unha parte de escasa pendente da beira do encoro da Conchas, en Muíños, está acondicionada como praia flivial e área de lecer para a práctica de deporte acuáticos.
  • 54. Canón do Limia Coñecido co nome de Os Infernos, é un pequeno tramo do río sen encorar entre os encoros das Conchas e Lindoso. Vese desde a estrada de Grou, pola marxe dereita do río. Pódese baixar desde a antiga central pero é moi complicado.
  • 55. Desembocadura do Salas no Limia, no encoro de Lindoso. RÍO SALAS Nace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido fóra da comarca entre a serra da Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco antes de entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de Salas. Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da Portela.
  • 56. Encoro do Salas desde o alto do Pisco
  • 57. A Fecha Xermeade (Muíños) Regato da Portela Requiás (Muíños)
  • 58. Fecha Carneira Rego de Salgueiros A Cela (Lobios)
  • 59. Fecha de Cela Muíños-Lobios Pozo Negro, Pozo da Seima Cela (Lobios)
  • 60. As Olas Río Mao A Cela (Lobios)
  • 61. As Forcadiñas Río Chao de Requeixo San Paio de Araúxo (Lobios)
  • 62. RÍO LOBIOS O río Lobios nace na Serra do Xurés, entre A Nevosa e Os Carrís, e en menos de 10 km, descende case en liña recta ao Limia, ao que se xunta na vila de Lobios. Río Lobios Saa (Lobios)
  • 63. RÍO CALDO Nace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá. O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais. Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha), río Vilameá. Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita). Na parte alta apréciase o paso fronteirizo da Portela do Homen.
  • 64. RÍO VILAMEÁ É un afluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo. O río Vilameá forma pozas e pequenas fervenzas en todo o seu curso. Un ruta indicada permite achegarse a elas.
  • 65. Rio Caldo.Calzada romana. Desde Riocaldo unha ruta á beira do río lévanos polos restos dunha vila termal romana, a calzada e varios muíños ata o conxunto de milirios romanos. A partir deste tramo continúa un sendeiro estreito ata a fronteira portuguesa de Portela do Homen. Área termal no río Caldo, en Lobios
  • 66. Corga da Fecha O regato da Fecha, afluente do río Caldo, forma varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas.
  • 67. RÍO NAU Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos. Unha ruta indicada (Dos Muíños) permite percorer un tramo.
  • 68. RÍO CADÓS Recolle as augas das Lombas da Edra e lévaas ao encoro das Cunchas, drenando unha gran parte do concello de Bande. Está explotado por unha minicentral. Fervenzas: Ponte Cadós e Pombeira. A Pombeira (Bande)
  • 70. Rabo de Besta Río Grou (Limia) San Xes de Vilariño (Lobeira) RÍO GROU Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral. Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da Ramallosa (Fragoso), Corga do Poleiro, Corga da Fecha...
  • 71. Corga do Castrelo Río Grou (Limia) Torneiros (Lobeira)/Grou
  • 72. Corga do Poleiro Río Fragoso ou Grou (Limia) Parada do Monte (Lobeira)
  • 73. Corga das Rozadas Río da Montaña (Limia) Queguas-Entrimo Fecha do Fragón Corga das Rozadas (Río da Montaña-Agro) Queguas-Entrimo RÍO PACÍN OU DA MONTAÑA Baixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil. Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña), Pozo Caído (río Pacín).
  • 74. A Pesqueira (Rego de Porto Mosteirón-Limia) Grou-Lobios
  • 75. Pozo Caído (Río Pacín)
  • 77. Río Agro (Río da Montaña) Entrimo
  • 78. Corga da Fecha Rego da Illa (Pacín) Illa (Entrimo) Corga da Feixa Rego da Illa (Pacín) Illa (Entrimo)
  • 79. RÍO BARCIA OU CASTRO LABOREIRO Nace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas. Barranco de Olelas
  • 80. Pozas do Mallón Río Castro Leboreiro (Limia) Olelas, Entrimo
  • 81. AS ÁRBORES As masas arbóreas non son moi abundantes na comarca. Só se conservan algúns bosques nas partes máis escarpadas dos vales e nas beiras dos ríos. Carballeira da Barxa, unha das poucas carballeiras naturais da serra do Xurés. Na Reserva Integral do Parque, Visítase na ruta “A Cela- Pitoes” que pasa poe Salgueiros, cun permiso especial. Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.
  • 82. Carballos da Praza de San Roque en Bande. ÁRBORES SENLLEIRAS Carballos (Quercus robur): -Praza de San Roque en Bande. Dous exemplares de 5,5 e 6,5 m de perímetro. Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. -Monte da Clamadoira, no Barrio de Muíños (concello de Muíños) (5 m de perímetro). -San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios. -Capela de San Bieito de Grou (Lobios), varios exemplares. -Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).
  • 83. -Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios -San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
  • 84. Queguas. Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica). -Capela da Clamadoira, do Barrio de Muíños. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro) -Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios
  • 86. Sobreiras (Quercus suber) -Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).
  • 87. ESPAZOS PROTEXIDOS -LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés (decembro 2004) (33.921 ha) -ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) (marzo 2014): (33.921 ha) “Baixa Limia-Serra do Xurés” -Parque Natural “Baixa Limia” -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de 31.287 ha -Forma parte da “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés” -A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal. Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004). Local do centro de Interpretación do Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.
  • 88. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2016