3. Planta herbácea bianual orixinaria
de Asia.
Aprovéitanse as xemas (dentes)
que xorden no talo subterráneo e
gardan as reservas para a
brotación do ano seguinte.
Plántase no inverno e recóllese
ao final do verán.
4. TALO
Bulbo esférico dividido en 6 a 12 pezas
(“dentes”) envoltos en cascas brancas ou
rosadas, segundo a variedade, cada un cunha
xema da que pode agromar unha nova planta.
Desprenden un olor forte e característico.
O verdadeiro talo é a parte dura situada debaixo
do bulbo do que saen as raíces fasciculadas. No
segundo ano bota un talo floral dereito.
5. FOLLAS
Simples, de forma linear, cos nervos
paralelos, carnosas, de cor verde-azul,
de ata 30 cm de lonxitude.
6. FLORES
Pequenas, con seis pétalos
brancos e seis estames que
sobresaen. Agrupadas nun
ramiño globoso no extremo
dun talo vertical. Florece no
verán do segundo ano.
allo bravo
8. Plántase en decembro-xaneiro e
páñase aos oito meses.
CICLO ANUAL-ALLO
* segundo ano
Folla
*
Flor
*
Froito
xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro
9. USOS
Alimento e condimento. Úsanse sobre
todo os bulbos e tamén os brotes tenros
das follas.
Ten numerosas aplicacións mediciñais.
O allo é rico en vitaminas (B6, B3, B5),
minerais (calcio, ferro, magnesio, fósforo
e cinc) e antioxidantes.
O principal produtor do mundo é China
con 12 millóns de toneladas anuais.
10. ALLO PORRO
(Allium ampeloprasum var. porrum)
Semellante ao allo, cultívase para
aproveitar os talos e as follas como
alimento.
Montaxe: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon
Daporta, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta