Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Meteo muxía 14 15
1. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
METEOMUXÍA,
RECUNCHO PARA APRENDER
METEOROLOXÍA
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
2. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
ÍNDICE
1. Título.
2. Introdución.
3. Obxectivos.
4. Organización, desenvolvemento e metodoloxía.
5. Avaliación.
6. Colaboradores.
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
3. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
1- TÍTULO
METEOMUXÍA, RECUNCHO PARA APRENDER METEOROLOXÍA.
2- INTRODUCIÓN
No IES Ramón Caamaño un equipo formado por once profesores pertencentes a dez
departamentos, propoñemos continuar coa nosa andaina meteorolóxica participando con todo o
alumnado do centro no Programa MeteoEscolas.
Intentamos mellorar a práctica educativa realizando investigación na escola, a través do traballo
cooperativo do alumnado e do profesorado e desenvolvendo, de forma interdisciplinar,
competencias e valores no ámbito medioambiental.
O noso plan de traballo co alumnado, nas diferentes materias, será o seguinte:
CIENCIAS DA NATUREZA / BIO-XEO
- Farase diariamente traballo de campo coas medicións de parámetros meteorolóxicos, rexistro
dos datos e introdución dos mesmos en MeteoGalicia.
- Realizaranse lecturas e faladoiros científicos arredor dos relatos de "A treboada de C", da serie
Contos Climánticos.
- Participarase nunha visita guiada organizada polo concello de Muxía, aos secadoiros de congro,
forma de conservación do peixe que tan directamente relacionada está cos ventos que sopran na
contorna muxiá.
ÁMBITO CIENTÍFICO (3º PDC)
- Realizaranse estudos comparativos entre diferentes MeteoEscolas.
- Investigarase no laboratorio realizando experimentos sobre correntes mariñas, ventos,
movementos da Terra...
- Compararanse os mapas construídos usando proxeccións isoareais e os construídos utilizando
proxeccións conformes (tipo Mercator), analizando cales son máis adecuados para as
representacións climatolóxicas.
- Buscarase información e prepararanse presentacións con diferentes temáticas: A influencia do
clima nos ecosistemas, quentamento global e incremento do efecto invernadoiro,
Paleoclimatoloxía...
ÁMBITO CIENTÍFICO (4º PDC) / F-Q
- Realizaranse investigacións meteorolóxicas con formulacións e contrastacións de hipóteses
utilizando os datos que se vaian recollendo. Comprobarase se unha hipótese é falsa ou se é unha
explicación aceptable da realidade. Intentaranse encontrar relacións entre dous feitos e observar
como evoluciona un proceso no tempo.
TECNOLOXÍA
- Construirase un colector térmico, un quentador de auga por enerxía solar, analizando a súa
eficacia. Valorarase e argumentarase o aproveitamento e rendibilidade dunha fonte de enerxía
renovable e respectuosa co medio ambiente.
- Realizaranse prácticas de electrónica fabricando detectores-sensores caseiros de luz,
temperatura..., relacionándoos co automatizado de procesos cotiás como alumeado público,
espertadores solares...
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
4. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
PRI / EDUCACIÓN PLÁSTICA
- Realizarase un pequeno estudo sobre o comportamento dos animais ante a chegada de chuvias,
treboadas...
- Identificaranse a vexetación e fauna características da zona climática de Galicia. Realizarase un
gran mural bioclimático.
CIENCIAS SOCIAIS XEOGRAFÍA E HISTORIA
- Realizarase un achegamento ao mundo dos fenómenos meteorolóxicos adversos, cun
seguimento semanal (prensa, MeteoGalicia, AEMET) de sucesos importantes relacionados co
clima no mundo. Rexistraranse nunha páxina Web.
- Recrearanse algúns fenómenos meteorolóxicos mediante experimentos.
- Continuarase co concurso "O clima e a paisaxe", para dar a coñecer a realidade climática e
paisaxística da contorna.
INFORMÁTICA
- Traballarase a realidade aumentada a través de códigos QR para coñecer a realidade
meteorolóxica da contorna.
ATENCIÓN EDUCATIVA
- Filmaranse curtametraxes de animación utilizando a técnica do "Stop Motion", creando a ilusión
de movemento a través da superposición de fotografías relacionadas co clima da nosa contorna.
LINGUA INGLESA
- Construirase un observatorio de nubes.
- Realizaranse exposicións e programas de radio con temática meteorolóxica.
LINGUA FRANCESA
- Visita a MeteoGalicia co obxectivo de achegar a meteoroloxía ao alumnado.
- Crearase un xogo: LE TEMPS DU JEU - LE JEU DU TEMPS, que consistirá na elaboración de
tarxetas con textos, palabras ou deseños para que os xogadores atopen as parellas
correspondentes.
LINGUA CASTELÁ
Estudarase a presenza dos fenómenos atmosféricos na literatura.
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
5. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
3- OBXECTIVOS
Durante todo o curso, alumnos e profesores de diferentes áreas, traballaremos conxuntamente
para chegar á consecución dos seguintes obxectivos:
OBXECTIVOS XERAIS
- Desenvolver o espírito de observación e análise da contorna.
- Promover a integración da aprendizaxe colaborativa para desenvolver as competencias básicas.
- Involucrar activamente o alumnado no proceso de construción do coñecemento para acadar
maior motivación.
- Conseguir que o alumnado aprenda facendo.
- Desenvolver de forma interdisciplinar competencias en investigación medioambiental.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Achegar os adolescentes ao mundo da Meteoroloxía.
- Desenvolver as habilidades investigadoras no alumnado, fomentando o uso de métodos de
traballo rigorosos e científicos.
- Utilizar ferramentas matemáticas para o tratamento e análise de datos.
- Dotar ao alumnado de estratexias de busca, análise e comunicación da información.
- Utilizar as TIC de maneira aplicada: realidade aumentada, animacións...
- Potenciar a creatividade.
- Adquirir capacidade para entender a Meteoroloxía en Lingua Inglesa e Francesa.
- Investigar a presenza do tema meteorolóxico na literatura.
4- ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA
ORGANIZACIÓN
- A principios do mes de outubro recolléronse as diferentes ideas que os profesores participantes
aportaron para o proxecto.
- A experiencia meteorolóxica coa que nos queremos comprometer neste curso, necesitará de
varios espazos: Estación meteorolóxica nunha parcela do instituto, aulas dos grupos, aula de
Informática, aula de Música, aula de Plástica, Laboratorio, taller de Tecnoloxía, Biblioteca, Radio
Buserana e o exterior do instituto, en diferentes parroquias de Muxía.
- O proxecto será desenvolvido ao longo do curso, por tratarse dun plan anual. Iniciarase a posta
en marcha no mes de novembro de 2014 e rematará a finais de maio de 2015.
DESENVOLVEMENTO
- Información ao alumnado e organización do traballo. Unha vez que sexa admitido o proxecto,
cada profesor colaborador informará ao alumnado correspondente das diferentes actuacións que
se desenvolverán na súa materia. Dependendo da tarefa, a organización do traballo será
individual, en pequeno grupo ou en gran grupo. As propostas aportadas polo alumnado, que
enriquecerán o proxecto, serán analizadas e incorporadas ao plan de traballo.
- Durante sete meses, o alumnado desenvolverá as súas tarefas co apoio e supervisión do
profesorado. Os traballos serán realizados na propia clase ou como actividade extraescolar,
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
6. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
segundo o carácter máis ou menos curricular dos temas traballados.
- Crearase un blog onde se irán editando os traballos, fomentando a difusión do proxecto entre as
familias e a comunidade educativa.
- O día cinco de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, realizaremos a xornada de
exposición dos produtos finais do proxecto.
METODOLOXÍA
- Aplicarase unha metodoloxía activa na que o alumnado sexa o protagonista da súa aprendizaxe,
a través da busca e do tratamento de información procedente de diversas fontes e enfrontándose
ao emprego de novas ferramentas informáticas.
- A metodoloxía axustarase á seguinte secuencia:
- Obter información curricular sobre o tema.
- Desenvolver as diferentes tarefas.
- Expoñer os resultados, conclusións, produtos finais... en diferentes soportes e utilizando
unha linguaxe precisa.
- Buscarase a implicación a través da motivación.
- Fomentarase a construción de aprendizaxes significativas.
- Promoverase o desenvolvemento da capacidade de aprender a aprender.
- Contribuirase a crear un clima de cooperacioón .
- Facilitarase a aprendizaxe, axudándoos a construír, adquirir e desenvolver as competencias
básicas.
5- AVALIACIÓN
A avaliación non será unha fase independente do proxecto, formará parte del. Haberá que ir
axustando a intervención educativa para ir reconducíndoo, cun mantemento aberto e flexible.
Analizaranse os progresos e os retrocesos así como a eficacia do proxecto deseñado, coa
finalidade de melloralo.
A avaliación será formativa, estará integrada nas diferentes tarefas do proxecto e permitirá a
retroalimentación.
Como instrumentos de avaliación utilizaremos cuestionarios, documentos de síntese, escadas de
valoración..., axeitados a cada unha das actividades que queiramos avaliar.
Os profesores participantes asistiremos a xuntanzas para expoñer resultados parciais e posibles
modificacións no establecido inicialmente.
Ao remate do proxecto avaliaremos de maneira sistematizada o cumprimento dos obxectivos
formulados. Utilizaremos cuestionarios para analizar se a práctica educativa foi a axeitada, ata
que punto se acadaron as competencias e como se desenvolveu o proceso de aprendizaxe.
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15
7. PROGRAMA METEOESCOLAS – METEOGALICIA
6 – COLABORADORES
ALUMNADO 1º ESO (38) 2º ESO (18) 3º ESO (30) 4º ESO (31)
PROFESORADO ESPECIALIDADE
Calviño Louzao, Esteban Matemáticas
Corujo Otero, Tatiana Inglés
Fernández Sánchez, David Música
Loriente Acebedo, Ana María Debuxo
Mariño Abuín, Xoán Bautista Francés
Mayo Mayo, Juan José Física e química
Oróns García, Divina Matemáticas
Quintela Caamaño, Leticia Xeografía e historia
Sierra Figueroa, Raquel Tecnoloxía
Tobío Recarey, Margarita Bioloxía e xeoloxía / Coordinadora
Vega Madroñero, María de la Fe Lingua castelá e literatura
PLAN PROXECTA IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2014-15