SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 33
Parque Natural Fragas do Eume
DATA: 30-7-1997 PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial.  Está proposto para Reserva da Biosfera. CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume. VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...
Espazo situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba.  O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.
Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos. Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).
O río  Eume , eixo do parque natural,  nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xistos con fortes pendentes para finalmente formar a ría de Ares.
 
A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.
Encoro do Eume ou da Capela.  Antiga central Ventureira.
O Eume augas abaixo da presa.
Encoro do Eume e serra do Queixeiro
Central do Parrote no río San Bartolomeu.
Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral. A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.
Fraga do Eume no Verán.
Interior da Fraga
Fervenza de Teixido Fervenza no Canón do Eume
Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.
Río Sesín.  Os monxes de Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.
Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.
FLORA As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies.  Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.
Fentos no rego do Parrote. As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península:  Culcita macrocarpa  (especie de interese mundial en perigo de extinción),  Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...
Culcita Macrocarpa , unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente.  É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.
Woodwardia radicans , outro fento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.
Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia. Brións e hepáticas.
Hipérico Fento ( Hymenofilium )
FAUNA A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados.  Libeliña ( Calopterix splendens )
Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque. Picapeixes ( Alcedo Athis ). Pousa en ponlas enriba da auga desde as que mergulla para pillar peixes e insectos acuáticos. Ferreiro abelleiro ( Parus major ). Aniña nos ocos das árbores e aliméntase da ampla variedade de arañas e insectos que viven nos bosques. Bufo real ( Bubo bubo ).
Entre as 40 especies de mamíferos os máis salientábeis son o gato bravo, a xeneta, o lobo, o corzo, o porco teixo, a marta, o raposo, os morcegos, a lontra... Gato algario (xeneta) Gato bravo Lontra ( Lutra lutra )
Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta – Chioglossa lusitanica - endemismo do noroeste da Península Ibérica.).
Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada ( Geomalacus maculosus ) a caracola plana  Elona quimperiana , o escarabello  Pyrochroa coccinea,  o lepidóptero  Endromis versicolora  (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas. Albariña galega  ( Ctenocarabus galaicus ) Lesma manchada ( Geomalacus maculosus ) Caracola plana ( Elona quimperiana)
Bacaloura, macho e femia ( Lucanus cervus ). As larvas viven durante varios anos no interior das árbores. Escarabello rinoceronte ( Oryctes nasicornes ). Un escarabello de gran tamaño que pode medir máis de 4 cm de longo.  Pouco visible por ser de costumes nocturnos. As larvas aliméntanse durante varios anos nos toros das árbores podres.
Limenitis camilla , unha bolboreta que vive en zonas de arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de  Loniceras  (herbas salgueiras ou chuchameles).
 
MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS:  Mon Daporta

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosamonadela
 
LIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-AgüeiraLIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-Agüeiramonadela
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobradomonadela
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1cerredo
 
Baixa Limia serra do Xurés
Baixa Limia serra do XurésBaixa Limia serra do Xurés
Baixa Limia serra do Xurésiesasorey
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmonadela
 
Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel
Aves de Enseada do Umia o Grove-CartelAves de Enseada do Umia o Grove-Cartel
Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartelcandeadosalnes
 
Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]rosapazos
 
Lic encoro de Abegondo-Cecebre
Lic encoro de Abegondo-CecebreLic encoro de Abegondo-Cecebre
Lic encoro de Abegondo-Cecebremonadela
 
ZEPAS de Galiza
ZEPAS de GalizaZEPAS de Galiza
ZEPAS de Galizamonadela
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)monadela
 
Espazo natural Illa de Cortegada
Espazo natural Illa de CortegadaEspazo natural Illa de Cortegada
Espazo natural Illa de Cortegadamonadela
 
Un paraíso natural, as fragas do eume
Un paraíso natural, as fragas do eumeUn paraíso natural, as fragas do eume
Un paraíso natural, as fragas do eumearoaalba
 
Parque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésParque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésxurxomuinhos
 
Parques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaParques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaCharoAlonsoFdez
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnegomonadela
 

Was ist angesagt? (19)

LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosa
 
LIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-AgüeiraLIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-Agüeira
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobrado
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
Baixa Limia serra do Xurés
Baixa Limia serra do XurésBaixa Limia serra do Xurés
Baixa Limia serra do Xurés
 
Parques nacionales de españa
Parques nacionales de españaParques nacionales de españa
Parques nacionales de españa
 
Ecosistemas ii
Ecosistemas iiEcosistemas ii
Ecosistemas ii
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel
Aves de Enseada do Umia o Grove-CartelAves de Enseada do Umia o Grove-Cartel
Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel
 
Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]
 
Lic encoro de Abegondo-Cecebre
Lic encoro de Abegondo-CecebreLic encoro de Abegondo-Cecebre
Lic encoro de Abegondo-Cecebre
 
ZEPAS de Galiza
ZEPAS de GalizaZEPAS de Galiza
ZEPAS de Galiza
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)
 
Espazo natural Illa de Cortegada
Espazo natural Illa de CortegadaEspazo natural Illa de Cortegada
Espazo natural Illa de Cortegada
 
Un paraíso natural, as fragas do eume
Un paraíso natural, as fragas do eumeUn paraíso natural, as fragas do eume
Un paraíso natural, as fragas do eume
 
Parque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésParque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurés
 
Parques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaParques Nacionais en España
Parques Nacionais en España
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnego
 

Ähnlich wie AS FRAGAS DO EUME

Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eumelabartos
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Fragas do Eume
Fragas do Eume Fragas do Eume
Fragas do Eume iesasorey
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmxcamba
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01alfredocp2003
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegosiesasorey
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérezmonadela
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastramonadela
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastramonadela
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neiramonadela
 
LIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de BudiñoLIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de Budiñomonadela
 

Ähnlich wie AS FRAGAS DO EUME (18)

Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eume
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Fragas do Eume
Fragas do Eume Fragas do Eume
Fragas do Eume
 
Rio Eume
Rio EumeRio Eume
Rio Eume
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegos
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastra
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neira
 
As fragas do eume
As fragas do eumeAs fragas do eume
As fragas do eume
 
LIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de BudiñoLIC Gándaras de Budiño
LIC Gándaras de Budiño
 

Mehr von marichoni

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOS
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOSGUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOS
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOSmarichoni
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalmarichoni
 
Presentacion Programa de Educación Cívico-Responsable
Presentacion Programa de Educación Cívico-ResponsablePresentacion Programa de Educación Cívico-Responsable
Presentacion Programa de Educación Cívico-Responsablemarichoni
 
Acentuacion (diptongo hiato)
Acentuacion (diptongo hiato)Acentuacion (diptongo hiato)
Acentuacion (diptongo hiato)marichoni
 
Facendo pan (Adela Leiro)
Facendo pan (Adela Leiro)Facendo pan (Adela Leiro)
Facendo pan (Adela Leiro)marichoni
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiromarichoni
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)marichoni
 
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)marichoni
 
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)marichoni
 
Guia de investigación na rede
Guia de investigación na rede Guia de investigación na rede
Guia de investigación na rede marichoni
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciamarichoni
 
Recetario para a Paz
Recetario para a PazRecetario para a Paz
Recetario para a Pazmarichoni
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciamarichoni
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciamarichoni
 
Tema 13: Organización de España e de Galicia
Tema 13: Organización de España e de GaliciaTema 13: Organización de España e de Galicia
Tema 13: Organización de España e de Galiciamarichoni
 
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruz
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruzDecálogo de lectura para Educación Primaria cruz
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruzmarichoni
 
ATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROmarichoni
 
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)marichoni
 
Arbores galicia curiosas
Arbores galicia curiosasArbores galicia curiosas
Arbores galicia curiosasmarichoni
 

Mehr von marichoni (20)

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOS
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOSGUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOS
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2020 CEIP DE ROXOS
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Presentacion Programa de Educación Cívico-Responsable
Presentacion Programa de Educación Cívico-ResponsablePresentacion Programa de Educación Cívico-Responsable
Presentacion Programa de Educación Cívico-Responsable
 
Acentuacion (diptongo hiato)
Acentuacion (diptongo hiato)Acentuacion (diptongo hiato)
Acentuacion (diptongo hiato)
 
Facendo pan (Adela Leiro)
Facendo pan (Adela Leiro)Facendo pan (Adela Leiro)
Facendo pan (Adela Leiro)
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
 
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)
As cousas da Rata Luisa: o biscoito (Adela Leiro)
 
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)
RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)
 
Guia de investigación na rede
Guia de investigación na rede Guia de investigación na rede
Guia de investigación na rede
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua grecia
 
Recetario para a Paz
Recetario para a PazRecetario para a Paz
Recetario para a Paz
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua grecia
 
Historia para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua greciaHistoria para ninos antigua grecia
Historia para ninos antigua grecia
 
Tema 13: Organización de España e de Galicia
Tema 13: Organización de España e de GaliciaTema 13: Organización de España e de Galicia
Tema 13: Organización de España e de Galicia
 
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruz
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruzDecálogo de lectura para Educación Primaria cruz
Decálogo de lectura para Educación Primaria cruz
 
ATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBROATOPA O TEU LIBRO
ATOPA O TEU LIBRO
 
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)
Dia alimentación- CEIP DE PONZOS (Ferrol)
 
Sahara
 Sahara  Sahara
Sahara
 
Arbores galicia curiosas
Arbores galicia curiosasArbores galicia curiosas
Arbores galicia curiosas
 

AS FRAGAS DO EUME

  • 2. DATA: 30-7-1997 PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera. CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume. VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...
  • 3. Espazo situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba. O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.
  • 4. Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos. Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).
  • 5. O río Eume , eixo do parque natural, nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xistos con fortes pendentes para finalmente formar a ría de Ares.
  • 6.  
  • 7. A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.
  • 8. Encoro do Eume ou da Capela. Antiga central Ventureira.
  • 9. O Eume augas abaixo da presa.
  • 10. Encoro do Eume e serra do Queixeiro
  • 11. Central do Parrote no río San Bartolomeu.
  • 12. Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral. A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.
  • 13. Fraga do Eume no Verán.
  • 15. Fervenza de Teixido Fervenza no Canón do Eume
  • 16. Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.
  • 17. Río Sesín. Os monxes de Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.
  • 18. Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.
  • 19. FLORA As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.
  • 20. Fentos no rego do Parrote. As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...
  • 21. Culcita Macrocarpa , unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.
  • 22. Woodwardia radicans , outro fento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.
  • 23. Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia. Brións e hepáticas.
  • 24. Hipérico Fento ( Hymenofilium )
  • 25. FAUNA A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados. Libeliña ( Calopterix splendens )
  • 26. Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque. Picapeixes ( Alcedo Athis ). Pousa en ponlas enriba da auga desde as que mergulla para pillar peixes e insectos acuáticos. Ferreiro abelleiro ( Parus major ). Aniña nos ocos das árbores e aliméntase da ampla variedade de arañas e insectos que viven nos bosques. Bufo real ( Bubo bubo ).
  • 27. Entre as 40 especies de mamíferos os máis salientábeis son o gato bravo, a xeneta, o lobo, o corzo, o porco teixo, a marta, o raposo, os morcegos, a lontra... Gato algario (xeneta) Gato bravo Lontra ( Lutra lutra )
  • 28. Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta – Chioglossa lusitanica - endemismo do noroeste da Península Ibérica.).
  • 29. Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada ( Geomalacus maculosus ) a caracola plana Elona quimperiana , o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas. Albariña galega ( Ctenocarabus galaicus ) Lesma manchada ( Geomalacus maculosus ) Caracola plana ( Elona quimperiana)
  • 30. Bacaloura, macho e femia ( Lucanus cervus ). As larvas viven durante varios anos no interior das árbores. Escarabello rinoceronte ( Oryctes nasicornes ). Un escarabello de gran tamaño que pode medir máis de 4 cm de longo. Pouco visible por ser de costumes nocturnos. As larvas aliméntanse durante varios anos nos toros das árbores podres.
  • 31. Limenitis camilla , unha bolboreta que vive en zonas de arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de Loniceras (herbas salgueiras ou chuchameles).
  • 32.  
  • 33. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta